CARACTERÍSTICAS
O xabarín é un porco
salvaxe que representa un
dos mamíferos máis
grandes (pode alcanzar 1.60
metros de lonxitude) .
É tímido agás cando está
ferido que se transforma nun
animal fero e perigoso.
Ten o corpo robusto con cabeza triangular prolongada nunha
pequena trompa. Os seus cairos (colmillos) son saíntes.
Considerase que é antecesor do porco doméstico.
3.
ONDE VIVE
O xabarín (Sus scrofa ) é
un mamífero artiodáctilo da
familia dos suidos presente
en Europa, aínda que
tamén hai subespecies en
América, África e Asia.
O xabarín pódese encontrar
na península Ibérica, onde
a súa poboación é
abundante e é considerado
como peza de caza maior.
Está incluído na lista 100
das especies exóticas
invasoras más prexudiciais
do mundo.
4.
QUE COME
Aliméntase de todo, é omnívoro:
froitas silvestres, sementes,
froitos secos, insectos,
tubérculos, raíces, cereais,
vermes, mamíferos pequenos,
serpes, fungos, caracois, ovos e
polos de aves que fan o niño no
chan, carroña.
5.
ESPECIES
•Sus scrofa scrofa:habita
en África do noroeste,
Europa e Asia do oeste.
•Sus scrofa ussuricus:
habita en Asia e Xapón do
norte.
•Sus scrofa cristatus:
habita en Asia menor
peninsular, a India e no
este afastado.
•Sus scrofa vittatus habita
en Indonesia.
6.
COSTUMES
Ten hábitos nocturnos, durante o
día repousa nunha especie de
cama ou pequena escavación que
realiza no chan ao abrigo de rochas
ou matogueiras.
Vive en familias, cun macho e unha
femia xunto ás súas crías. As
femias conducen ás crías algo
maiores, mentres que os machos
protexen a retagarda do grupo.
Gústalle envorcallarse no lodo e auga, co que elimina gran
cantidade de parasitos do seu denso pelame, para a continuación
refregarse fortemente contra unha árbore.
7.
CURIOSIDADES
A súavisión é escasa, pero o seu
olfacto e oído son agudos.
Encántalles a auga e son
excelentes nadadores.
Percorren grandes distancias a
gran velocidade.
Durante os meses de outono/inverno, os machos pelexan para
conquistar a unha femia. En marzo nacen as crías (jabatos) que
moitas veces teñen raias no pelo, pero a súa cor vaise igualando
a medida que medran.