Unidade 1. A                 ESPAÑA DOS                        REIS  CATÓLICOS:                  A  DINASTÍA              ...
INTRODUCIÓN:       Con Carlos V inaugúrase a dinastía dos Austrias que gobernará Españanos séculos XVI e XVII. Durante o p...
•   Rosellón e Cerdaña ( 1493 ) condados que foron devoltos por              Francia grazas aos contactos diplomáticos con...
2       O SÉCULO XVI : DO IMPERIO DE CARLOS I        Á MONARQUÍA DE FILIPE II 2.1      O FUNCIONAMENTO DO APARATO ADMINIST...
e ordes reais. Aínda así as cidades conservaron, en certa medida,             a súa autonomía.         •   As Cortes. Van ...
en Granada. O segundo ámbito de produción industrial era a elaboración deferro en numerosas ferrerías que se estendían des...
nacemento. A nobreza era un dos grupos privilexiados e ser parte integrantedela obrigaba a manter un decoro ou respecto ao...
Burócratas - altos maxistrados, notarios, escríbanos,                 rexedores - e profesións liberais como médicos e cir...
política imperial de Carlos I ( excesivos gastos que ocasionaba a súa eleccióncomo emperador ). Foron derrotados en Villal...
POLÍTICA INTERIOR. Filipe II tentou manter ante todo a unidade da fecatólica e utilizou para tal fin como instrumento polí...
Armada Invencible será derrotada en 1588 pola superioridade da              artillería inglesa e polas adversas condicións...
En Escultura desenvólvese sobre todo unha tendencia monumental aogusto italiano representada por Pompeo Leoni que realiza ...
autóctonos; e os gremios pasaron a converterse nunha rémora para odesenvolvemento industrial xa que se pechan ante novas t...
FILIPE III ( 1598-1612 ). .        POLÍTICA INTERIOR . A monarquía católica foi gobernada en boamedida por validos, como n...
no terreo político a perda do poder do emperador que estaría sometido ásdecisións que tomasen os estados alemáns na Dieta....
• A andaluza : Zurbarán, Murillo, Valdés Leal.         •    A madrileña: Carreño, C.Coello e Velázquez que cultiva nos seu...
•   As gobernacións ou provincias que ocupaban un territorio máis                pequeno ao fronte dos cales estaba un gob...
• O grupo social dominante está integrado por brancos,               europeos e crioulos ( fillos de españois nacidos en A...
5. Pódense considerar as Cortes da Idade Moderna como unantecedente dos parlamentos actuais?. Razoa a resposta. Pensa en q...
Henrique: Cousa estraña! Que un labrador tan humilde estime tanto asúa fama! Vive Deus que non é razón matalo ! Eu fágolle...
Formas de       Explosión      Explosión     Explosión      Explosión       Explosióndesenvolvemento     violenta       vi...
AUTOS DE FÉ DE  VALLADOLID NOREINADO DE FILIPE II        14. Completa o seguinte cadro sobre a política exterior de Carlos...
- Elevada taxa de natalidade                   - Caída da natalidade.      17. Completa o seguinte esquema:               ...
xudeus, revolta das comunidades, batalla de Lepanto, paz de Westfalia,sublevación aragonesa, desastre da Armada invencible...
• Un acontecemento, un incendio, unha voda, a coroación dun rei,          a firma dun tratado, son algo fugaz . Teñen unha...
3.000.000        2.500.000        2.000.000                                                                               ...
•   Para orientar didacticamente ao profesorado tanto dende o punto             de vista literario, como histórico é moi ú...
A VIDA NO EXÉRCITO      Evidentemente o modo de vida dos soldados e oficiais variabaenormemente. Así mentres os oficiais d...
ESTEBANILLO GONZÁLEZ       O vintetrés de xuño de 1634 un exército de 19.000 soldados españoissaíu de Milán, en Italia, pa...
O CAPITÁN ALATRISTE       O escritor Arturo Pérez Reverte escribiu unha serie de libros deaventuras que teñen como protago...
• Os dous textos que che propoñemos remítenmos a dúas victorias        españolas ( Breda en 1625 e Nördlinger no 1634 ) pe...
Evans, R.J. W. , La monarquía de los Habsburgos ( 1550-1700 ),Barcelona, 1989.Fernández Álvarez, Manuel, Carlos V, el Caes...
Molas Ribalta, Pere, La monarquía española ( siglos XVI-XVIII ), Madrid    1990.    Molas Ribalta, Pere y otros, Manual de...
Passuth, L. Más perenne que el bronce.    Pérez Reverte, A. El capitán Alatriste, Limpieza de sangre, El Sol de    Breda.....
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

964 views

Published on

Apuntes sobre la dinastía de los Austrias en España en los siglos XVI y XVII

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
964
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2
Actions
Shares
0
Downloads
11
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

  1. 1. Unidade 1. A ESPAÑA DOS REIS CATÓLICOS: A DINASTÍA DOS AUSTRIAS. ( por Dolores E.García Gómez ) ÍNDICE 1. Os Reis Católicos 2. O século XVI : do imperio de Carlos I á monarquía de Filipe II 2.1. O funcionamento do aparato administrativo 2.2. A poboación e as principais actividades económicas 2.3. Aspectos sociais 2.4. Política exterior e interior 2.5. Cultura e arte: Renacemento e Humanismo en España 3. O século XVII: a decadencia 3.1. O descenso demográfico e o afundimento económico 3.2. Unha sociedade en crise 3.3. A crise política: a perda de hexemonía europea e os pro- blemas internos. 3.4. O apoxeo cultural e artístico: o século de ouro das letras e o Barroco español 4. A América española nos séculos XVI e XVII 5. Cuestionario 6. Ampliación 7. Bibliografía 8. Obras literarias 9. Filmografía
  2. 2. INTRODUCIÓN: Con Carlos V inaugúrase a dinastía dos Austrias que gobernará Españanos séculos XVI e XVII. Durante o primeiro século e cos Austrias Maiores -Carlos I e Filipe II - a Península Ibérica vivirá un período de esplendor que setraducirá na superioridade do Imperio español sobre o resto de Europa. Polacontra, o século XVII dará paso a unha época de crise baixo os AustriasMenores - Filipe III, Filipe IV e Carlos II - que provocará que se traslade áFrancia de Lois XIV o título de potencia hexemónica no continente europeo.1 OS REIS CATÓLICOS Un dos trazos fundamentais da Idade Media foi a perda de poder domonarca fronte aos nobres. Pois ben, o derradeiro século do medievo enCastela caracterízase, a nivel político, polo esforzo constante da nobreza porcontrolar o poder real. Co rei Henrique IV agudízase esta loita quedesembocará na guerra civil que enfrontará á súa filla, Xoana a Beltranexa, coasúa tía, Isabel, irmán do rei e muller de Fernando de Aragón dende 1469. Osnobres pretendían debilitar o poder real e apoiaron a Isabel pensando que seríaunha raíña fácil de dominar. Este conflito tivo tamén unha vertente internacionalxa que Portugal apoiou a Xoana e Aragón a Isabel. A paz de Alcaçovas ( 1479) puxo fin ao problema dinástico afianzando na coroa a Isabel que se revelarácoma unha raíña que non estaba disposta a tolerar as intromisións da nobrezae que ademais encarnaba o desexo das cidades de contar cunha autoridadereal forte. A monarquía dos REIS CATÓLICOS - Isabel I de Castela e Fernandode Aragón ( 1477-1504 ) - non supuxo a unidade dos reinos pois na prácticaambos estados seguían mantendo as súas leis, institucións, moeda, lingua...Isonon quita para que o conxunto castelán-aragonés fose considerado no exteriorcomo España ou monarquía hispánica. POLÍTICA INTERIOR. A primeira tarefa que van a acometer é o intentode levar a cabo a unidade territorial da península. Procédese así, a través dediferentes vías, á anexión de: • Granada ( 1492 ) que foi tomada polas armas aos musulmáns.
  3. 3. • Rosellón e Cerdaña ( 1493 ) condados que foron devoltos por Francia grazas aos contactos diplomáticos con Aragón selados no Tratado de Barcelona. • Canarias ocupada por Castela en 1499. • Navarra ( 1512 ) conquistada polos exércitos do duque de Alba. Ao mesmo tempo, os Reis Católicos levan a cabo o proceso deinstauración dunha monarquía autoritaria na que o soberano realmentegoberna e é fonte de poder. Os reis conseguiron este obxectivo a través de tresvías: • Sometemento da nobreza, atraéndoa á corte con promesas de cargos. • Control do clero e das minorías relixiosas. Lógrase o dereito de nomear as persoas que desempeñarán altos cargos eclesiásticos ( Padroado Real en Granada e Indias ). Coa creación en 1478 do Tribunal da Inquisición vixiábanse ás minorías étnicas e relixiosas, o que derivou na expulsión dos xudeus en 1492 e na conversión en masa dos mouros do antigo reino de Granada no ano 1502 senón querían verse forzados a abandonar a península. Ante a disxuntiva, a maioría converteuse, aínda que en segredo seguían a practicar a súa relixión, e foron chamados mouriscos. • Levouse a cabo tamén unha profunda reorganización administrativa que supuxo: a introdución de letrados saídos das universidades no Consello Real que se erixiu como principal instrumento de goberno asesorando aos reis; o sometemento das Cortes; a creación de órganos de xustiza coma as Chancelerías en Valladolid e Granada; a reorganización do exército e da facenda ; e o control dos municipios coa creación da figura dos corrixidores. POLÍTICA EXTERIOR. Mentres Castela inicia a carreira americana eocupa prazas no norte de África ( Melilla, Orán, Arxel, Túnez e Trípoli),Fernando, en pugna con Francia, dirixe os seus esforzos á anexión do reino deNápoles. A confrontación con Francia conducirá ao deseño dunha políticamatrimonial que ten como fin último a busca de alianzas ( Portugal, Inglaterra eAustria ) que garantan apoios fronte ao país veciño O testamento de Isabel a Católica deixaba como herdeira a súa fillaXoana pero no caso de ausencia ou incapacidade de esta ( afectada porgraves problemas mentais ) recaía a rexencia no seu marido Fernando ata queo fillo de Xoana e Filipe, Carlos arquiduque de Austria, cumprise os vinte anos.
  4. 4. 2 O SÉCULO XVI : DO IMPERIO DE CARLOS I Á MONARQUÍA DE FILIPE II 2.1 O FUNCIONAMENTO DO APARATO ADMINISTRATIVO A monarquía española era unha monarquía global composta por unhavariedade de reinos que pertencían ao rei por conquista ou herdanza. Duranteestes séculos a monarquía dos Austrias avanzará co propósito de impoñerunha monarquía autoritaria pero atópase cunha serie de elementos que limitanas súas posibilidades de actuación. En primeiro lugar, exercía o dominio sobreun conxunto de territorios que tiñan como soberano a un rei que non residíaneles. En segundo lugar, o seu goberno, como tal monarquía composta,baseábase no respecto ás propias institucións de cada un deses territorios. Nofondo, a monarquía existía por un diálogo continuo entre o centro do reino e osterritorios periféricos sen que ningún deles se impuxese e a súa capacidade desupervivencia suxire que estes vínculos non eran febles. Ao non posuír os reisun corpo de oficiais extenso que transmitise as súas ordes, o que farán serápactar coas elites ou grupos sociais dominantes de cada territorio. Peroademais debían respectar os dereitos, deberes e privilexios de cada un dosestamentos ou grupos sociais - nobreza, clero, estado chan – dos que secompoñía a sociedade actuando como xuíces supremos entre eles. Os principais organismos de goberno van a ser os seguintes: • Os Consellos. Eran órganos consultivos que asesoraban ao monarca no exercicio das tarefas de goberno. Uns encargábanse de diversas materias ou asuntos que afectaban ao conxunto da monarquía ( Facenda ), e outros tiñan un ámbito territorial (Navarra, Italia, Portugal ). • Os Secretarios reais ocupábanse de trasladar memoriais e consultas escritas ao monarca para, despois, devolver a resposta do rei aos Consellos. Prodúcese agora un cambio na forma na que o rei despacha os asuntos de goberno, antes de forma oral, e cada vez máis a través da consulta escrita. • Vicerreis. Substituían a figura do rei nos territorios nos que este faltaba. • Audiencias. Eran tribunais de xustiza e existían tanto na Coroa de Castela ( Granada, Galicia, Canarias e Sevilla ) como na de Aragón ( Zaragoza, Valencia, Barcelona, Mallorca ). • Corrixidores. Os monarcas intentan controlar os municipios a través de funcionarios que velan polo cumprimento dos intereses
  5. 5. e ordes reais. Aínda así as cidades conservaron, en certa medida, a súa autonomía. • As Cortes. Van perdendo importancia e o número de veces en que se reúnen redúcese co tempo. Deixan de ser convocadas por nobres e eclesiásticos pasando a xuntarse só o rei con cada unha das dezaoito cidades que tiñan voto en Cortes. 2.2 A POBOACIÓN E AS PRINCIPAIS ACTIVIDADES ECONÓMICAS A Poboación. En termos xerais a poboación española ao longo doséculo XVI experimentou un crecemento demográfico e boa proba diso son astestemuñas de novas rompas de terras, a fundación de poboacións e aemigración de casteláns ás Indias. Así, a finais de século podemos calcular queEspaña tería aproximadamente uns oito millóns de habitantes. Ascaracterísticas desta poboación serían as seguintes : • Poboación eminentemente rural ( ¾ partes da poboación ). • Elevada taxa de natalidade ( 40 por mil ). • Estaba afectada por fases de mortalidade catastrófica debida á suma de crises agrarias, epidemias e fames. • A causa do crecemento foi a boa marcha da economía, o que fixo que a xente casase máis - incremento da taxa de nupcialidade - e a idades máis temperás. A Economía. Debemos sinalar en primeiro lugar a agricultura, base daeconomía, que experimentou ao longo do século XV un aumento de produciónbasicamente extensivo, é dicir, producíase máis porque se puxeran en cultivonovas terras non porque se mellorasen os rendementos por unidade desuperficie. De feito, as ferramentas era moi rudimentarias, as terras estabanmal aboadas e necesitábase unha man de obra numerosa para traballar oscampos. Os cultivos fundamentais eran os cereais - trigo, centeo, cebada eavea - dedicados á subsistencia, e a vide e a oliveira destinadas ácomercialización. As frecuentes crises agrarias, que provocaban un aumentodos prezos, intentáronse solucionar con pósitos ou almacéns de cereais, conimportacións e fixando un prezo máximo ao que se podía vender o pan - taxado pan -. A Industria. A produción artesanal urbana estaba organizada engremios nos cales se agrupaban os que se dedicaban a un oficio determinado,por exemplo, zapateiros, prateiros, acibecheiros... Entre os sectores“industriais“ máis destacados estaría o de panos de la dedicado ao consumointerno con centros en Segovia e Córdoba. Tamén destaca a sedaría localizada
  6. 6. en Granada. O segundo ámbito de produción industrial era a elaboración deferro en numerosas ferrerías que se estendían desde Galicia ata os Perineos eque servirían posteriormente para fabricar armas. O Comercio. O interior era moi limitado debido á penosa estruturaviaria e de transportes, o que facía as comunicacións lentas e difíciles. Debidoa iso, cada comarca víase abocada practicamente ao autoabastecemento.Destaca a importancia que tiñan algunhas feiras como as de Medina do Campoe Rioseco. O comercio exterior peninsular pódese dicir que corresponde ao do unpaís atrasado industrialmente pois predominan as exportacións de materiasprimas e produtos agrarios en tanto que as importacións son basicamentemanufacturas, deixando aparte os cereais importados polas rexións costeiras.Polo tanto, a balanza comercial era claramente deficitaria. As rutas comerciaismáis destacadas son: • A do Mediterráneo que experimenta un descenso. A Italia expórtanse la, azucre, pementa e coiros, e de alí impórtanse teas, armas, produtos manufacturados, sedas e perfumes. • O comercio co norte de Europa, que unía os portos de Bilbao, Laredo e Santander, por onde saía la, ferro, aceite, ouro e prata, cos dos Países Baixos, de onde chegaban teas, libros, papel, cereais, estaño e peixe. Así, materias primas como a la eran exportadas en bruto e volvían a España transformadas en manufacturas - teas flamencas - a prezos elevados. • O comercio americano foi sen dúbida o máis importante de todos. Exportábanse produtos agrarios españois - viño, trigo, gando, materias tintorias, aceite, arroz, augardente, froitos secos - e tamén estranxeiros - como teas dos Países Baixos -. As importacións consistían fundamentalmente en ouro, prata, e outras mercadorías como cacao, tabaco, tomate, millo e pataca. Asemade o comercio exterior hispano actuaba tamén de reexportador a Europa das materias primas que viñan de América - cacao, azucre, plantas colorantes - as cales non compensaban, ao igual cas exportacións nacionais, o alto valor das importacións. Este desequilibrio da balanza de pagos inténtase saldar coa saída de metais preciosos como ocorre no caso das partidas que se dirixían aos Países Baixos. En xeral, este comercio viviu unha conxuntura favorable se exceptuamos unha breve caída entre 1550 e 1562. 2.3 ASPECTOS SOCIAIS Na sociedade hispana do século XVI a pertenza a unha familiadeterminaba o estamento ou grupo social, así un fillo de nobre o era por
  7. 7. nacemento. A nobreza era un dos grupos privilexiados e ser parte integrantedela obrigaba a manter un decoro ou respecto ao estamento. Isto levabaconsigo que os nobres non podían dedicarse a actividades consideradas viles- artesanía, comercio - xa que se consideraba algo indecoroso. O privilexioreportaba unha serie de vantaxes: acceso a cargos políticos, preeminenciasocial, beneficios económicos, exención de impostos, etc. Algúns nobres nonsó eran donos de extensos territorios que arrendaban en partes a campesiños,senón que tamén ostentaban ás veces sobre eles o título de señorío, inclusosobre terras das que non eran propietarios, o que supoñía para os vasalos opago de rendas e dereitos de vasalaxe e para os nobres a designación deoficiais para o goberno e a administración de xustiza. Polo tanto, a meirandeparte dos nobres eran rendeiros e a institución do morgado lles permitíaconservar integro o patrimonio familiar herdándoo o fillo maior, o cal só podíadispoñer dos seus froitos, xa que non podía vendelo. Dentro da nobreza existíaunha variada gama de situacións: • Un grupo reducido de grandes títulos donos de enormes rendas e extensas terras. • Un elevado número de cabaleiros urbanos que coparían os cargos municipais. • Nunha escala máis baixa estarían os fidalgos. O Clero. A entrada no estamento clerical entrañaba tamén privilexios:non pagaban impostos; tiñan a súa propia xustiza eclesiástica; gozaban dedonativos, de variadas rendas - señoríos eclesiásticos - e do décimo; e os seusbens estaban amortizados, é dicir, transmitíanse indivisos e non podían serobxecto de venda. Pódense distinguir variadas situacións: • Alto clero: arcebispos, canónicos, abades...que constituían unha especie de aristocracia clerical. Este grupo estaba integrado polos segundóns da nobreza. • Baixo Clero: párrocos, frades, monxes... Terceiro Estado. Estaba composto polos seguintes grupos: • Mundo Urbano: Alta burguesía urbana dedicada ao comercio de exportación e importación. Comerciantes ao por maior de lenzos, panos, sedas, tecidos vastos....
  8. 8. Burócratas - altos maxistrados, notarios, escríbanos, rexedores - e profesións liberais como médicos e cirurxiáns. Comerciantes polo miúdo ou regatóns agrupados en confrarías ou gremios. Un amplo número de marxinados sociais: pobres, delincuentes, pícaros, vagabundos, escravos, minorías étnicas e relixiosas. • Mundo Rural: Na cúspide estaban os adiñeirados ou principais que compaxinaban a explotación das súas propiedades coa administración de bens da nobreza e clero e posuían as veces oficios nos concellos. Labradores, pequenos propietarios rurais que cultivaban algunhas parcelas da súa propiedade pero que tiñan que tomar outras en arrendo. Xornaleiros, campesiños que se contrataban para realizar labores agrarias e non dispoñían de ferramentas nin de animais. 2.4 A POLÍTICA EXTERIOR E INTERIOR CARLOS I ( 1516-1556 ) recibe á morte do seu pai os territorios da casaducal de Borgoña, dos que Filipe o Fermoso fora gobernador por herdanza dasúa nai María de Borgoña, é dicir o Franco Condado e os Países Baixos. Coneste último nome coñecíanse os actuais territorios de Bélxica, Holanda,Luxemburgo e unha parte do norte de Francia ( Artois, Flandes e Hainaut ). Dasúa nai Xoana, herda a Coroa de Castela cos territorios americanos, o reino deAragón coas posesións de Sicilia, Cerdeña e Nápoles e o reino de Navarra. Epor último do seu avó paterno, Maximiliano de Habsburgo, adquire os territoriosaustríacos e o dereito ao título imperial do Sacro Imperio Romano Xermánico. POLÍTICA INTERIOR. Destaca en primeiro lugar a Revolta dasComunidades ( 1520-21 ) que agrupaban ás clases medias urbanas ( baixanobreza, alta burguesía urbana, pequenos mercaderes, xuristas, artesáns... )de cidades como Toledo - o seu líder era Padilla -, Segovia - Bravo -,Salamanca - Maldonado -, Ávila ou Cuenca. Podemos resumir o seu programapolítico nos seguintes puntos: limitación do poder real coa institucionalizacióndunhas cortes máis poderosas, supresión dos corrixidores e dos cargosoutorgados a estranxeiros ( Adriano de Utrecht, Gullermo de Croy...) e crítica á
  9. 9. política imperial de Carlos I ( excesivos gastos que ocasionaba a súa eleccióncomo emperador ). Foron derrotados en Villalar polo exército real que contabaco apoio da alta nobreza alertada polas revoltas antiseñoriais que seproduciran. As sublevacións das Xermanías en Valencia e Mallorca tiveron comoprotagonistas a artesáns e campesiños. Na cidade de Valencia o movementoten a súa orixe no descontento das clase baixas urbanas polo control dogoberno municipal exercido por parte dos cabaleiros e do patriciado ou clasesaltas urbanas. No campo o movemento converteuse nun levantamento anti-señorial e antinobiliar cun forte carácter de odio aos mudéxares - antigosmusulmáns - debido á protección que a nobreza lles prestaba fronte aoscampesiños cristiáns. POLÍTICA EXTERIOR. O título imperial fixo que Carlos I se considerasepor riba das monarquías nacionais e que concibise a idea de crear un Imperio,unha República cristiá, non se utilizaba o concepto de Europa, unida no eidopolítico e relixioso. O seu plan tropezou coas seguintes oposicións: • Con Francia enfrontouse polos territorios italianos que xa foran obxecto de atención do seu avó Fernando. O Milanesado pasou a mans españolas pola victoria de Pavía ( 1525 ) e o Tratado de Madrid asinado un ano máis tarde. A oposición do Papado á presencia española en Italia desembocou na alianza entre franceses e ingleses aínda que a victoria sería para Carlos I que saqueou Roma - Paz de Cambray en 1529 -. Finalmente e pola paz de Crepy en 1544 España asumiu o control sobre a península italiana. • Ao imperio turco venceuno en Viena e Túnez ( 1535 ) e fracasou en Arxel. • O seu enfrontamento cos príncipes protestantes alemáns, unidos na liga de Smalkalda, saldouse cunha victoria efémera en Mühlberg e coa Paz de Augsburgo (1555 ) o Imperio alemán dividiuse entre principados protestantes e católicos. A raíz deste fracaso, será o seu irmá Fernando quen reciba o título imperial xunto cos territorios austríacos. FILIPE II ( 1556-1598 ) Herdou os territorios de seu pai Carlos I aos queengadiu o reino de Portugal en 1580. Perdeu en cambio as antigas posesiónsaustríacas dos Habsburgo e o título imperial que pasou a mans do seu tíoFernando I.
  10. 10. POLÍTICA INTERIOR. Filipe II tentou manter ante todo a unidade da fecatólica e utilizou para tal fin como instrumento político a Inquisición. Estetribunal vixiou e actuou contra os conversos ou cristiáns novos ( antigos xudeuse musulmáns convertidos ao cristianismo ) e perseguiu aos seguidores dasherexías protestantes. Estes grupos non atoparon o seu sitio dentro dasociedade estamental e foron considerados como estranxeiros. Esta falla deintegración na sociedade cristiá provocou sucesos como a dispersión dosmouriscos granadinos despois da Revolta das Alpuxarras ( 1568-70 ). Outrasmedidas de control encamiñadas neste caso á vixilancia dos cristiáns vellosforon: a extensión dos estatutos de limpeza de sangue, que demostraban quenon se tiña ascendencia xudía, requisito indispensable para ingresar en ordesrelixiosas, colexios maiores, certas profesións,....; a prohibición de estudar noestranxeiro, os índices de libros prohibidos, etc.. Debemos destacar tamén dentro do seu reinado a sublevaciónaragonesa dos anos 1591-92. A causa foi a fuxida a Aragón do antigosecretario real, Antonio Pérez, quen fora acusado de vender segredos deestado. Unha vez alí refuxiase nos foros aragoneses e ante a negativa dacidade a entregalo, o exército real entra en Zaragoza e os foros foronrestrinxidos. POLÍTICA EXTERIOR. O seu goberno estará máis centrado nosterritorios hispánicos, en preservar a superioridade de estes en Europa e encontinuar a tarefa de defensor da fe cristián. Os adversarios da súa monarquíason os mesmos que os de seu pai: • Venceu a Francia en San Quintín e firmou con ela o tratado de Cateau-Cambrésis ( 1559 ) polo cal o país galo abandonaba toda pretensión sobre Italia. • Os turcos otománs foron derrotados pola Santa Liga ( España, Venecia e o Papado ) na batalla de Lepanto ( 1571 ). • O enfrontamento cós protestantes tivo agora tres novos escenarios: Nos Países Baixos os conflitos estenderanse dende 1566 ata 1597. Neste territorio a dura represión política e relixiosa levada a cabo polos gobernadores reais, como o duque de Alba, provocou a escisión en dúas zonas. No norte, a Unión de Utrecht, calvinista, separase de España converténdose na República das Provincias Unidas - Holanda -. No sur, católico, Bélxica e Luxemburgo conforman a Unión de Arras cuxa soberanía Filipe II entregou á súa filla Isabel Clara Eugenia. Os problemas con Inglaterra xorden polo apoio de Isabel II aos protestantes franceses e aos sublevados dos Países Baixos e porque os seus corsarios ameazaban o comercio coas Indias. A
  11. 11. Armada Invencible será derrotada en 1588 pola superioridade da artillería inglesa e polas adversas condicións meteorolóxicas. En Francia, Filipe II apoiará aos católicos fronte aos hugonotes ( calvinistas franceses ). 2.5 CULTURA E ARTE: RENACEMENTO E HUMANISMO EN ESPAÑA. CULTURA. En España podemos dicir que a recuperación daAntigüidade clásica é moi limitada e superficial tanto no referente ao dominiodas linguas clásicas como á asunción de valores éticos, filosóficos e políticosexpresados nos textos antigos. O Renacemento español é bastante tardío,importa moito de Italia e as institucións que levan a cabo a labor de mecenadoson a Coroa e os nobres.A superficialidade con que se asumiu o Renacementona Península quizás teña que ver co papel que desempeñou a Inquisición quevixiou bastante a investigación e a erudición. É licito falar de Renacemento en aspectos como : Literatatura, ondesobresae a obra de Fernando de Rojas, A Celestina ( 1499 ) e certos estudosfilolóxicos como a Gramática Castelán de Antonio de Nebrija ; en Medicina coalabor desenvolvida pola Universidade de Valencia; ou en Ciencias relacionadascoa Navegación moi directamente influenciadas polos avances ou innovaciónsda Casa de Contratación de Sevilla. Arte. En Arquitectura podemos sinalar tres fases : • Plateresco: no primeiro tercio do século XVI o influxo italiano déixase ver na riqueza decorativa a base de medallóns, temas heráldicos, grutescos, fornelas, piastras e columnas abalaustradas que ocupan as fachadas de edificios como a Universidade de Salamanca, o Mosteiro de San Marcos en León, ou o Hospital Real e o pazo Fonseca en Santiago. • Purismo; nesta segunda etapa a exuberancia anterior deixa paso a un clasicismo de liñas puras visible nos seguintes edificios: Pazo de Carlos V en Granada ( Pedro de Machuca ), Catedral da mesma cidade ( Diego de Siloé ), fachada da Universidade de Alcalá de Henares ( Rodrigo Gil de Hontañon ) e catedral de Xaén ( Andrés de Vandelvira ) . • Herreriano: co rei Filipe II, o último tercio do século XVI, influenciado xa pola Contrarreforma, atopará a súa máxima expresión no Pazo-Mosteiro de San Lorenzo do Escorial realizado por Juan de Herrera e Juan Bautista de Toledo, caracterizado pola austeridade na decoración.
  12. 12. En Escultura desenvólvese sobre todo unha tendencia monumental aogusto italiano representada por Pompeo Leoni que realiza para o Escorial osgrupos funerarios de Carlos V e Filipe II en bronce. Por último a Pintura renacentista ten o seu máis senlleiro representantena figura do Greco cun estilo pictórico caracterizado polas cores frías ( grises,verdes, azuis ), a eliminación dos fondos das paisaxes que son substituídos porceos fantasmagóricos, o alongamento das figuras e a expresividade dosrostros. A súa obra máis emblemática será O enterro do conde de Orgaz(1586-87 ).3 O SÉCULO XVII : A DECADENCIA 3.1 O DESCENSO DEMOGRÁFICO E O AFUNDIMENTO ECONÓMICO. Crise Demográfica. As perdas de poboación dos reinos hispánicosdurante este século foron considerables e as causas debemos buscalas enepidemias - peste, difteria, tifos - , crises agrarias, guerras, emigracións caraAmérica, expulsión de minorías como os mouriscos, excesivo número derelixiosos, etc.....Prodúcese polo tanto con respecto ao século XVI, unha caídada natalidade, un aumento da mortalidade e un descenso da taxa denupcialidade acompañada dun idade máis tardía de acceso ao matrimonio. Aoconcluír o século, a poboación concentrábase basicamente na periferia,mentres que o centro peninsular estaba despoboado. Tamén se produciu unhaparalela ruralización da poboación. Crise agrícola. Experiméntase unha caída da produción agrícola noséculo XVII debida, entre outros factores, ao propio descenso demográfico –hai menos poboación e polo tanto consúmese menos -, ao arcaísmo dossistemas de cultivo e ás malas colleitas provocadas pola seca, as choivastorrenciais, etc. Este baixón da produción é maior no sector cerealístico,mentres que cultivos como a oliveira e o viñedo gañan terreo. Na zona norte –Galicia, Asturias e País Vasco –asístese a unha importante transformación doréxime de cultivos coa difusión do millo, o que explica, a pesar da crisedemográfica xeral, que a poboación aumentara ao longo do século XVII. Encanto a gandería, mentres a transhumante mantívose estancada, a estanteexperimenta un descenso. Crise industrial. Produciuse unha decadencia que podemos observarsobre todo no sector téxtil da la e da seda que obedece a varias razóns: acaída da poboación reduciu a demanda interna; a crise agraria supuxo oendebedamento do campesiñado o que contraeu aínda máis a demanda; oaumento dos impostos provocou o encarecemento dos artigos que taménincrementaron os prezos debido ás manipulacións monetarias; detéctasetamén unha invasión de tecidos foráneos debido á política aduaneira damonarquía que non era moi proteccionista con respecto aos produtos
  13. 13. autóctonos; e os gremios pasaron a converterse nunha rémora para odesenvolvemento industrial xa que se pechan ante novas técnicas. Crise comercial. No comercio interior seguía sen existir un verdadeiromercado organizado entre os distintos reinos peninsulares. Respecto ao exterior, o comercio cos Países Baixos entra en crise apartir de 1570-75, debido a rebelión holandesa e a crise financeira de Amberes. En canto ao americano estáncase nos anos 1610-20 e afúndese a partirde mediados de século. Varios factores inflúen neste declive: América comezaa ser autosuficiente con respecto ao exterior; aumentan os impostos polosartigos que entraban e saían da península; o sistema de flotas que se dirixíacara ao novo continente era moi custoso; e por último, nalgunhas ocasións, acoroa incautábase das remesas de prata entrantes. 3.2 UNHA SOCIEDADE EN CRISE A nobreza viu aumentada o seu numero ao longo do século xa que seconcederon títulos a aqueles que podían mercalos. A crise económicaafectoulles e procuraron paliala intensificando a explotación das súas fincas,vixiando aos seus administradores e recortando gastos suntuarios. O clero medrou tamén en efectivos, sen dúbida polos beneficios que oestado reportaba. O valor das rendas eclesiásticas tamén decaeu a causa dacrise económica e da despoboación. En canto ao Terceiro Estado a depresión económica incrementou aposibilidade de ascenso social de membros de este estamento que seenriqueceran cara outros superiores ben fora por medio de matrimonios ououtras vías. Dentro da poboación rural o número de xornaleiros aumentou xaque moitos pequenos campesiños se endebedaran para saír da crise eperderan as súas terras. Algúns emigraron ás cidades e pasaron a engrosar ogrupo dos marxinados, vagabundos e pícaros. 3.3 A CRISE POLÍTICA : A PERDA DA HEXEMONÍA EUROPEA E OS PROBLEMAS INTERNOS Durante o século XVII España continuou sendo un imperio mundial perosen o prestixio do que gozara na centuria anterior. Dispoñía de extensosterritorios, riquezas e forzas pero ao mesmo tempo os gastos eran enormes eos inimigos cada vez maiores. Esta centuria verá o ocaso do imperio e a perdada supremacía europea que pasará a mans da Francia de Lois XIV.
  14. 14. FILIPE III ( 1598-1612 ). . POLÍTICA INTERIOR . A monarquía católica foi gobernada en boamedida por validos, como neste reinado o duque de Lerma. Estamos nunhaetapa de corrupción e desaxuste monetario. O feito máis importante foi adefinitiva expulsión dos mouriscos ( 1609 ). POLÍTICA EXTERIOR. O seu reinado foi considerado como pacifista,aínda que na época a Pax Hispánica era un sistema demasiado fráxil baseadono continuo ir e vir de diplomáticos nas chancelarías tentando evitar quecalquera problema o abatese. Non convén esquecer que seguiron existindoconflitos como a continuación de hostilidades con Holanda, coa que senembargo chegouse á Tregua dos Doce anos ( 1609 ). Asinouse tamén a pazcon Inglaterra e con Francia. FILIPE IV. ( 1621-1665 ). POLÍTICA INTERIOR. Debemos destacar a política reformista levada acabo polo valido do rei, o conde-duque de Olivares. Esta centrábase no intentode desviar unha parte dos impostos que recaían sobre Castela cara outrosreinos da monarquía que debían ter as mesmas responsabilidades e dereitos.A súa idea de formar un exército de 140.000 soldados sufragado por cada reinodenominouse Unión de Armas e provocou sendas sublevacións en Cataluña ePortugal en 1640. En Cataluña a revolta iniciouse polos abusos ocasionadospolos soldados aloxados na zona que loitaban contra Francia, o que conduciuao levantamento dos segadores o día de Corpus Christi aos que se sumaría aclase gobernante. En Portugal produciuse mais ben un golpe de estado daclase dirixente que proclama a súa independencia con respecto a España, coaaxuda de Francia e Inglaterra, elixindo como novo rei a Xoán IV. POLÍTICA EXTERIOR. Durante o seu reinado ten lugar a Guerra dostrinta anos ( 1618- 1648 ). Dende a Paz de Augsburgo, Alemaña estabadividida en estados protestantes ( luteranos e calvinistas ) e católicosgobernados por príncipes, sete dos cales elixían o emperador, cargo queostentaba Fernando II, pertencente a dinastía dos Austrias no poder tamén enEspaña. A guerra comezou sendo un conflito relixioso que estourou nunrecanto de Bohemia, Praga, xa que os nobres protestantes subleváronse epropuxeron como novo emperador a Federico V, príncipe calvinista doPalatinado. Fórmanse dous bandos : dun lado, os protestantes que recibenaxuda de Francia - enfrontada sempre cos Austrias - , Holanda, Dinamarca eSuecia ( interesada en obter posicións privilexiadas no Báltico ); doutro, oemperador alemán apoiado por España que actuaba non só por solidariedadedinástica, senón tamén porque estaba interesada en asegurar ascomunicacións entre Italia e os países Baixos e sobre todo en preservarHolanda. A guerra conclúe coa Paz de Westfalia ( 1648 ) que supuxo aindependencia de Holanda, cesións territoriais no Imperio a Francia e Suecia, e
  15. 15. no terreo político a perda do poder do emperador que estaría sometido ásdecisións que tomasen os estados alemáns na Dieta. Para España suporá o finda hexemonía europea que pasa a mans da Francia do rei Lois XIV. CARLOS II ( 1665-1700 ). POLÍTICA INTERIOR. Home de escasa capacidade o poder estará enmans de camarillas palacianas. Neses anos apreciase nos ministros a vontadede levar a cabo reformas, sobre todo en materia de facenda que liberasen apoboación da agoniante presión fiscal. POLÍTICA EXTERIOR. Acudimos ao ocaso de España como potenciaEuropea, xa que non foi quen de responder militarmente ao expansionismo deLois XVI que ocupará a zona fronteiriza franco-belga e o Franco-Condado. 3.4 O APOXEO CULTURAL E ARTÍSTICO. O SÉCULO DE OURO DAS LETRAS E O BARROCO ESPAÑOL A crise do século XVII non afectou aos aspectos culturais que viven unauténtica centuria de ouro. Estamos no século do teatro no que destacanautores como Lope de Vega - Fuenteovejuna ( 1612 -14 ) -, Tirso de Molina ouCalderón da Barca - A vida é soño ( 1634 ) -. No terreo da novela destacanMiguel de Cervantes co Quixote ( 1605-1615 ), e dentro da picaresca Quevedo,Historia da vida do Buscón ( 1626 ). En poesía sobresaen Góngora e Quevedo. Arquitectura. O urbanismo adquire un gran protagonismo aourbanizarse amplas zoas e configuralas como prazas. De trazado rectangulardefinen un espazo pechado destinado á celebración de festas e reunións decarácter popular, dende execucións públicas, procesións, vodas reais, etc. Unexemplo sería a praza Maior de Madrid de Juan Gómez de Mora. Do mesmo xeito que o escenario é o punto principal de atención noteatro, os arquitectos acaparan a mirada do paseante coa fachada e asícatedrais, conventos, concellos e outras edificacións deixan a súa marca nascidades barrocas como Santiago. Escultura. É de tema relixioso desenvolvéndose sobre todo os pasosprocesionais realizados en madeira policromada. Debemos destacar a EscolaCastelá con Gregorio Hernández e o seu Cristo xacente e a andaluza na calsobresae Martínez Montañés. Pintura. O forte sentimento relixioso impulsa a sinxeleza da pintura, ostemas populares, a atención ao detalle, o naturalismo realista e os retratos depersonaxes da corte. A nivel formal estamos ante o dominio da cor, da luz e daperspectiva aérea. Existen tres escolas: • A valenciana: Ribera, Ribalta.
  16. 16. • A andaluza : Zurbarán, Murillo, Valdés Leal. • A madrileña: Carreño, C.Coello e Velázquez que cultiva nos seus cadros variedade de temas: Bodegóns con figuras que representan escenas da vida cotián: Vella fritindo ovos, O augador de Sevilla. Mitoloxías onde humaniza aos personaxes populares: A fragua de Vulcano. Lenzos relixiosos de gran espiritualidade e influxo clásico: Cristo crucificado. Retratos onde a familia real, a Corte e os bufóns, ou ananos adquiren dignidade e comprensión.4 A AMÉRICA ESPAÑOLA NOS SÉCULOS XVI E XVII A organización política e administrativa das Indias realízase a dousniveis en España e América : En España: • A Casa da Contratación ( 1503 ), organismo reitor e fiscalizador do comercio, navegación e emigración coas Indias, ademais de escola de navegantes. • Consello de Indias ( 1523 ) que se encarga de todos os asuntos lexislativos, administrativos, xudiciais e fiscais relativos a Indias. En América: • Os vicerreinados, que eran extensas demarcacións territoriais ( Nova España con capital en México e o de Perú con sede en Lima ) ao fronte das cales estaba un vicerrei que recibía os títulos de gobernador, presidente de Audiencia - atribucións xudiciais - e capitán xeral - funcións militares -.
  17. 17. • As gobernacións ou provincias que ocupaban un territorio máis pequeno ao fronte dos cales estaba un gobernador con funcións administrativas e xudiciais. • Os corriximentos, divisións administrativas menores cun corrixidor ao fronte do municipio, encargado da administración local. • As Audiencias ou altos tribunais de xustiza. Polo que se refire a economía, estaba estruturada nos seguintessectores: • A minería era o motor da economía colonial, sobre todo a prata cos xacementos de Potosí ( Bolivia ) e Zacatecas ( México ). • O sector agrario. A titularidade das terras, ao igual que no caso das minas, pasou á Coroa española que recoñeceu a propiedade indíxena das terras comunais e concedeu terreos aos españois a través de doazóns, aínda que estes realizaron tamén ocupacións ilegais posteriormente recoñecidas. Introducíronse cultivos europeos como o trigo, a vide, oliveira, hortalizas, cana de azucre, etc. A agricultura de exportación a España baseouse en cinco cultivos: cacao, tabaco, cana de azucre, café e anil. A gandería era practicamente inexistente ata que a levaron os europeos: gando vacún, cabalar, mular, lanar, caprino, aves de curral, etc • A industria non foi fomentada polos españois xa que podía supoñer unha ameaza para os produtos artesanais procedentes de España. Só podemos citar dous exemplos que son a construción naval ( estaleiros da Habana ) e a elaboración de téxtiles ( seda, algodón e la ). • O comercio. América era explotada en beneficio exclusivo da Coroa o que implicaba o monopolio do comercio coas colonias. Para protexelo, establecéronse diversos mecanismos: control oficial ( Casa da Contratación ), porto único ( Sevilla ) e navegación protexida con escolta militar. Coa conquista española, a poboación indíxena diminuíu de formadrástica debido ás epidemias, á violencia empregada polos españois e a súapropia desgana vital. Calcúlase que os españois emigraron a América nunnúmero que se cifra en medio millón para a Idade Moderna. Produciuse taménunha emigración forzada de negros. Polo tanto, a sociedade indiana presentaun carácter multirracial e estamental organizada nos seguintes grupos:
  18. 18. • O grupo social dominante está integrado por brancos, europeos e crioulos ( fillos de españois nacidos en América ). A nobreza ( altos cargos administrativos ), o clero e os funcionarios eran na maioría dos casos españois. Os terratenentes, grandes comerciantes, e mineiros eran na súa meirande parte crioulos. • Os brancos integraban tamén os sectores medios da sociedade, formados por medianos e pequenos propietarios de terras e minas, comerciantes polo miúdo, avogados, médicos, burocracia local, artesáns, etc. • Os grupos inferiores incluían a mestizos ( descendentes de brancos e indíxenas ), mulatos ( de brancos e negros ), zambos ( de negros e indíxenas ), negros libres dedicados a artesáns dos gremios máis pobres, xornaleiros agrícolas, etc. No terreo cultural, España buscou a asimilación dos indios, tarefa quefoi encomendada aos relixiosos en todos os niveis educativos. Así, creáronseuniversidades como a de Santo Domingo ( 1538 ) e a de Lima e México (1551).O papel da Igrexa foi determinante xa que a evanxelización era indispensablepara a conquista e colonización. A acción misioneira foi levada a cabo porordes relixiosas como agostiños, dominicos, franciscanos e xesuítas. Estesúltimos ensaiaron a creación de comunidades autosuficientes ( as reducións )nas cales o traballo era colectivo e onde os xesuítas educaban e protexían aosindios manténdoos ao marxe do mundo colonial.5 CUESTIONARIO 1. Unha árbore xenealóxica representa o esquema dos antecedentesfamiliares dunha personaxe histórica. Propoñémosche que fagas o de Carlos Ique deberás encher cos territorios que pertencían a cada un dos seus avósmaternos e paternos. 2. Realiza un mapa onde reflictas o proceso de unificación peninsularseguido polos Reis Católicos e Filipe II. Por exemplo: matrimonio - 1469 -,conquista do Reino de Granada - 1492 -... 3. Explica a seguinte frase de Richard Mackenney “ser rebelde ao reiacabará equivalendo a ser herexe contra a fe e onde ser herexe será o mesmoque rebelarse contra o rei “. 4. Lembra as funcións que desempeñaban cada unha destasinstitucións: Consellos, Secretarios reais, Audiencias, Casa da Contratación eVicerreis.
  19. 19. 5. Pódense considerar as Cortes da Idade Moderna como unantecedente dos parlamentos actuais?. Razoa a resposta. Pensa en quen asconvocan, que persoas se reúnen, que decisións poden tomar, etc. 6. Busca no teu libro de texto ou ben en internert o mapa da densidadede poboación en España en 1600, poderías dicir en que zonas se rexistra unhamaior densidade ? 7. Realiza un mapa das principais rutas do comercio español durante oséculo XVI. Coloca nel os principais portos comerciais ( Bilbao, Sevilla,Santander ) e indica en cada zona os principais obxectos de exportación eimportación. 8. Don Fadrique fora comendador ( titular dun señorío territorial queantes pertencera a unha Orde militar e sobre o que exercía a xurisdición epercibía ingresos ) e tivera un comportamento irreprochable para os seussúbditos ata que se namora dunha labradora, Casilda, o día da súa voda.Aproveitándose dos seus privilexios, argúe diversas trampas para conseguila,pero morre a mans do esposo dela, Peribañez. Tras dar morte a Don Fadrique,Peribañez preséntase ante o rei e este perdóalle. Peribañez: (...) ¿Non me oirás sequera ( rei ) Henrique, pois xusticeirochámante? Reina: Ben di. Oídelle, señor. ( Rei ) Henrique: Ben dicides, non me lembraba que as partes téñenseque oír, e máis cando son tan fracas. Prosegue. Peribañez: Eu son un home, aínda que de vilán casta, limpo de sangue,e xamais de hebrea ou mora manchada. Fun o mellor de meus iguais, e, encantas cousas trataba, déronme primeiro voto, e trouxen seis anos vara (refírese a que foi alcalde ). Casei coa que ves, tamén limpa, aínda que vilán;virtuosa, se a viu a envexa asida a fama. O comendador Fadrique, da vosavila de Ocaña señor e comendador, deu como mozo, en amala (...). Con istotentou unha noite, que ausente de Ocaña estaba, forzar á miña muller, máisfora coa esperanza burlada (...) . Atopei ás miñas portas rompidas e á miñamuller destoucada, coma cordeiriña simple que está do lobo nas garras deuvoces, cheguei, saquei a mesma daga e espada que cinguín para servirte, nonpara tan triste fazaña, paseille o peito...... Henrique: Que vos parece ? Raíña: Que chorei, que é a resposta que basta para ver que non é delitosenón valor.
  20. 20. Henrique: Cousa estraña! Que un labrador tan humilde estime tanto asúa fama! Vive Deus que non é razón matalo ! Eu fágolle graza da vida ....Máisque digo ? Isto xustiza chámase. Lope de Vega, Peribañez e o comendador de Ocaña Despois de ler atentamente o texto contesta as seguintes preguntas: • A que grupo social pertence Peribañez? Razoa a resposta. • Explica o significado da frase “ limpo de sangue “ e a importancia que tiña na España dos Austrias. • Pertence ao mesmo estamento a súa muller Casilda? Crees que era posible o matrimonio entre persoas de distintos grupos sociais? • En que grupo social colocarías ao comendador? • Por que o rei estráñase de que Peribañez estime en tanto o seu honor? • Que imaxe tiñan os súbditos do rei? 9. Por movemento social na Idade Moderna podemos entender aquelesactos colectivos encamiñados a presentar ante as autoridades, grupos ousociedade en xeral unha demanda precisa. Presentámosche un cadro-esquema dos principais conflitos sociais en España durante os séculos XVI eXVII que debes encher coa información aportada na unidade. Movemento Comunidades Xermanías Sublevación Levantamento Revolta social Aragonesa catalán portuguesa Cronoloxía 1520-21 Protagonistas Clases medias urbanas Causas Autoritarismo e política imperial
  21. 21. Formas de Explosión Explosión Explosión Explosión Explosióndesenvolvemento violenta violenta violenta violenta violenta Estrutura Sen Sen Sen Sen Sen organizativa organización organización organización organización organización previa.Xorde previa.Xorde previa.Xorde previa.Xorde previa.Xorde co conflito co conflito co conflito co conflito co conflitoSolución que se Limitar o pretende poder real Finalidade Fracaso 10. Durante a Reforma a resposta do catolicismo romano é emprender ocamiño da Contrarreforma. Que medidas contrarreformistas levará a caboFilipe II nos seus territorios ? 11. Analiza as diferenzas existentes entre a concepción política deCarlos I e a do seu fillo Filipe II.( Son moi útiles para traballar sobre estasfiguras os libros da Enciclopedia para novos da editorial Cambridge) 12. Ao redor da figura do rei Filipe II creouse toda unha lenda negra queconduciría incluso a unha célebre obra do poeta alemán Schiller “ Don Carlos “( 1788-89 ) e a ópera de Verdi “ Don Carlo “. Pregunta aos profesores/as demúsica e literatura do teu centro e busca información en internet,recomendámosche as páxinas : http://www.lector.net/verdic98/felipe4.htm ,www.cliorevista.orange.es/clio/reportajes/1199_1.html. 13. Describe e xulga os seguintes acontecementos: ACONTECEMENTO DESCRICIÓN XUIZO QUE CHE MERECEN EXPULSIÓN DOS XUDEUS ( 1492 )
  22. 22. AUTOS DE FÉ DE VALLADOLID NOREINADO DE FILIPE II 14. Completa o seguinte cadro sobre a política exterior de Carlos I eFilipe II. FRONTE DE LOITA CARLOS I FILIPE II FRANCIA ROMA TURCOS OTOMÁNS PORTUGAL PROTESTANTES 15. En moitas ocasións tendemos a achegarnos aos acontecementoshistóricos só dende unha perspectiva europeística, así a batalla de Lepanto évista por nós como un dos grandes episodios bélicos do século XVI e senembargo os turcos lembran e magnifican a batalla naval de Prevenza que tenlugar o 28 de setembro de 1538. Busca datos sobre ela na rede e razoa aimportancia que tivo para os otománs. 16. Indica as variables demográficas características dunha época decrecemento como a do século XVI español e compáraas coas da unhasituación adversa tomando como exemplo o século XVII: SÉCULO XVI SECULO XVII
  23. 23. - Elevada taxa de natalidade - Caída da natalidade. 17. Completa o seguinte esquema: CAUSAS DA CRISE DO SÉCULO XVIIDEMOGRÁFICAS ECONÓMICAS SOCIAIS POLÍTICAS 18. O Arbitrismo foi un conxunto de proxectos e medidas aparecidas enEspaña entre os séculos XVI e XVII que trataban de buscar unha solución aosproblemas que suscitaba a decadencia española. As solucións propostas, entreoutras, foron as seguintes: abolición da deshonra legal do traballo, poñer freo ásaída de metais preciosos e a venta de materias primas ao exterior,introducción de manufacturas, etc. Imaxina que es un arbitrista español doséculo XVII e elabora un memorial dirixido ao rei en onde aportes soluciónspara saír da crise que vivía España nestes momentos. 19. Fai un breve resumo sobre a evolución do problema mourisco enEspaña . 20. Compara a imaxe de Tiziano do emperador Carlos V a cabalo coa dorei Carlos II e comenta como reflicten momentos históricos radicalmentedistintos da historia de España. Fíxate como en ambos casos crease unhaimaxe de poder colocando ao monarca a cabalo. ( Para poder ver e interpretartoda unha galería de retratos de monarcas españois pódese consultar a páxinaweb: http://www.museodelprado.es/pagina-principal/educacion/el-prado-en-el-aula/material-didactico-exposiciones-temporales/., El retrato español en elmuseo del Prado. Del Greco a Goya. Moi útiles son tamén as guías didácticasdo Museo do Prado sobre os reis de España no museo tanto os da casaHabsburgo como a Borbón ) 21. Constrúe unha liña de tempo e sitúa nela os seguintesacontecementos: tregua dos doce anos, conquista de Granada, anexión dePortugal, tratado de Cateau-Cambrésis, paz de Augsburgo, expulsión dos
  24. 24. xudeus, revolta das comunidades, batalla de Lepanto, paz de Westfalia,sublevación aragonesa, desastre da Armada invencible. 22. Ananos, xograres e bufóns estaban de moda nas cortes europeas.Na española eran moi respectados, así os representa Velázquez, valorando asúa dignidade. Fixándote nas imaxes do “ Neno de Vallecas “ e “ As meninas “indica: • ¿ Que pensas ti destes personaxes ?. Compáraos cos reais. • Elixe o que máis te chame a atención e descríbeo amplamente. • Dentro da riquísima policromía das Meninas escolle tres cores dominantes. • Que personaxes están representados no espello? • Coa axuda do teu profesor/a explica como logra o autor o dominio da perspectiva aérea. • Busca versións das “ Meninas “ de autores contemporáneos. 23. Sobre a figura de Velázquez recomendamos aos profesores/as queos alumnos, partindo ben de diapositivas ou imaxes plastificadas das principaisobras do autor ben coa axuda do taboleiro electrónico, realicen os exercicios docaderno didáctico que acompañaba a exposición itinerante organizado polaxunta de Andalucía en 1999 con ocasión do IV Centenario do nacemento dopintor e que se mostrou no museo de Belas Artes de Coruña e tamén enOurense. O caderno pódese mercar en internet na librería virtual da Xunta deAndalucía ou ben poñéndose en contacto co Museo de Belas Artes da Coruña.Outra páxina web moi interesante éhttp://www.artehistoria.jcyl.es/genios/videos/index.html xa que nela pódesevisionar tres vídeos sobre o pintor: Velázquez, pintor de pintores, As Meninas, eAs Lanzas. Por último, destacar outro magnifico recurso na rede sobreVelázquez na que se poden atopar datos sobre a súa vida, obra, tempo,museos, xogos:http://www.juntadeandalucia.es/averroes/recursos_informaticos/concurso1999/3premio/presenta.htm 24. Busca información na rede(http://es.wikipedia.org/wiki/Sofonisba_Anguissola) sobre SofonisbaAnguisciola. Reflexiona sobre o feito de que os libros de historia silencian enmoitas ocasións o papel desempeñado polas mulleres. 25. Nos estudos de historia é moi importante a duración dos fenómenoshistóricos:
  25. 25. • Un acontecemento, un incendio, unha voda, a coroación dun rei, a firma dun tratado, son algo fugaz . Teñen unha duración corta. • Temos en segundo lugar un conxunto de acontecementos que poden ser económicos, políticos, sociais e culturais. Teñen unha duración maior có acontecemento, aínda que segue sendo breve e caracterízanse polas flutuacións, os cambios constantes. Utilízase entón o concepto de tempo medio, de duración media da conxuntura. Este termo utilízase preferentemente en historia económica e nos remite aos cambios que se producen na vida económica como as alzas e baixadas na produción, as oscilacións nos prezos, etc. • Por último, existen realidades históricas, estruturas que duran un tempo longo e que permanecen por debaixo do continuo cambio dos acontecementos e dos conxunturais. Por exemplo, e seguindo coa economía, a estrutura económica imperante nestes séculos en España caracterizada pola importancia da produción agrícola sobre a industria ou “ artesanía “, polas crises de subsistencia, a escaseza tecnolóxica, etc. Neste exercicio estudaremos a conxuntura da chegada de metaispreciosos a península para entender a estrutura económica de España nosséculos XVI e XVII. Períodos Quilos de ouro Quilos de prata 1503-1510 4.965 1511-1520 9.153 1521-1530 4.889 148 1531-1540 14.446 86.193 1541-1550 24.957 117.573 1551-1560 42.620 303.121 1561-1570 11.530 942.858 1571-1580 9.429 1.118.592 1581-1590 12.101 2.103.027 1591-1600 19.451 2.707.626 1601-1610 11.764 2.213.631 1611-1620 8.855 2.192.255 1621-1630 3.889 2.192.255 1631-1640 1.240 2.192.255 1641-1650 1.549 2.192.255 1651-1660 469 2.192.255
  26. 26. 3.000.000 2.500.000 2.000.000 Quilos de ouro 1.500.000 Quilos de prata 1.000.000 500.000 0 1503-1510 1521-1530 1541-1550 1561-1570 1581-1590 1601-1610 1621-1630 1641-1650 No gráfico de barras que che amosamos pódese ver que basicamenterecibiamos de América prata e que o ouro supoñía unha pequena cantidade noconxunto das importacións. Representa os datos referidos á prata mediante ungráfico lineal. A continuación, describe a evolución da súa chegada a Españadurante os séculos XVI e XVI. Que períodos rexistran unha maior arribada?Cando comeza a notarse un estancamento e unha crise?. 26. É moi aconsellable a lectura nestas idades da primeira novela queinaugura o ciclo do Capitán Alatriste de A. Pérez Reverte. É conveniente que oprofesor complete a lectura coa utilización na clase dunha serie de recursos : • Libro de A. Pérez Reverte El capitán Alatriste y la España del siglo de oro, xa que ten un carácter moi didáctico presentando de forma atractiva temas como o Madrid da época, relixión e Inquisición, a vida cotián, o honor e os duelos, deportes.....que axudan a comprender a España do XVII. • Orientacións sobre como traballar coa película na revista Making of- Cuadernos de cine y educación ano 2007 nº 48. • Información variada referida tamén a vida cotián na España do século de ouro en http://www.artehistoria.jcyl.es/historia/vida.htm. • Páxina web: http://www.capitanalatriste.com/index.htm
  27. 27. • Para orientar didacticamente ao profesorado tanto dende o punto de vista literario, como histórico é moi útil a páxina web: http://www.sapiens.ya.com/bizienbiblio/recursos/alatriste.htm6 TEMA DE AMPLIACIÓN: A GUERRA E OS SOLDADOS NA IDADE MODERNA As fontes a partir das cales se pode obter información sobre este temason os museos militares, castelos, murallas, libros da época sobre a guerra eas súas técnicas, gravados, pinturas, cartas, e diarios de soldados, informesoficiais de goberno, etc.. PROCEDENCIA DOS RECLUTAS Case ningún país europeo podía permitirse manter un exércitoprofesional permanente xa que isto supoñía pagar tamén ás tropas en épocade paz. Polo tanto, cada vez que estouraba unha guerra, había que recrutaraos veteranos e alistar novos soldados. En ocasións, o número era insuficiente,polo que se recorría a mercenarios que compoñían as veces ata 1/3 ou ametade do exército. Procedían na súa meirande parte de zoas montañosas conterreos non aptos para a agricultura e cuxa poboación tiña que buscar outraforma de gañarse a vida: estados do sur de Alemaña, cantóns suízos, e osBalcáns. Os recrutas organizábanse en escuadras de vintecinco soldados baixo omando dun cabo. Cada escuadrón pertencía a unha compañía de 150 homesao mando dun capitán. Por último, a compañía encadrábase nun rexemento de1500 homes controlados por un coronel. Os soldados rasos pertencían ás clases baixas, mentres que os oficiaiseran homes saídos das clases altas da sociedade. ASPECTO DOS SOLDADOS Acostumaban a levar barba e bigote xa que pensaban que lles conferíaun aspecto máis fero, adecuado para a loita. Non levaban uniformes, comohoxe en día, senón que cada un elixía as súas propias roupas porque críaseque así loitaría con máis valor e alegría. A única maneira de distinguir aoscamaradas dos inimigos era un marca distintiva que levaban todos na roupa:azul para Francia, vermello para España. Algunhas veces, os soldados loitaban practicamente nus ou vestidos confarrapos xa que a muda completa que recibían ao incorporarse ao exércitodesgastábase moi facilmente coa vida activa. Moitos deles presentaban unaspecto horrible: mal vestidos, deformados polas feridas de guerra, marcas...
  28. 28. A VIDA NO EXÉRCITO Evidentemente o modo de vida dos soldados e oficiais variabaenormemente. Así mentres os oficiais durmían en tendas de dobre teito, ossoldados facíano ao raso. Se non estaban coa compañía, os soldados aloxábanse en casas decivís en onde obtiñan cama e comida co conseguinte prexuízo para estesúltimos. A paga que recibían estes soldados non era escasa, pero adoitabaatrasarse en ocasións anos. Cando os exércitos permanecían mobilizados varios anos, non eraestraño que os soldados contraesen matrimonio e que as mulleresacompañasen na marcha ao marido. Estes exércitos perdían cada vez máis soldados por diferentes motivos.O principal eran as enfermidades - peste, varíola, disentería, malaria,tuberculose, sífilis - e as feridas producidas no campo de batalla tales como asfracturas ou lesións en pernas ou brazos, que se solucionaban amputando omembro danado. Durante os séculos XVI e XVII só España dispoñía dehospitais militares para as súas tropas. Os exércitos perdían tamén a os seusintegrantes por culpa das desercións. Aqueles que lograban sobrevivir ata oremate do conflito licenciábanse entregando as súas armas e recibindo acambio os salarios atrasados. AS ARMAS Os soldados de infantería usaban fundamentalmente a pica e omosquete. A pica era un arma moi longa ( entre 4,5 e 6 m ) e difícil demanexar. O mosquete era un arma de fogo de utilización lenta, xa que era moipesada ( uns nove quilos ) e para disparala necesitábase un pé en forma deforca e uns 28 movementos. A súa utilización foise perfeccionando co tempo. Nos séculos da Idade Moderna a cabalería decidiu abandonar asarmaduras completas conservando só os protectores de peito, lombo e coxas.A razón foi que a extensión das armas de fogo provocou que para evitalas,tivesen que aumentar a rapidez do seu ataque dificultado por armaduras quepesaban máis de trinta quilos. Como cascos utilizaron primeiro o morrión e logoa langostera. As súas armas eran as pistolas largas e sobre todo as espadas. Durante o século XVI as tropas formábanse en ringleiras estreitas, unhasdetrás doutras, coa infantería no centro e a cabalería e a artillería aos lados. Oenfrontamento abríano os mosqueteiros e posteriormente comezaba o combatepica a pica. As pequenas unidades de cabalería mantíñanse ao marxe. Na centuria seguinte, o esquema variou. Os xinetes eran máis efectivose a cabalería crecera, así que as batallas abríronse cun ataque masivo destas.
  29. 29. ESTEBANILLO GONZÁLEZ O vintetrés de xuño de 1634 un exército de 19.000 soldados españoissaíu de Milán, en Italia, para cruzar os Alpes camiño de Alemaña. Ao fronte domesmo atopábase o irmán do rei Filipe IV, o príncipe Fernando, que perseguíaprincipalmente dous obxectivos: o primeiro, localizar e destruír un exército detropas suecas no sur de Alemaña; e segundo, derrotar aos rebeldesholandeses nos Países Baixos. No exército de Don Fernando viaxaba unsoldado - cociñeiro de nome Estebanillo González que escribiu un libro sobreas súas fazañas nos Países Baixos. Estebanillo González lembra que levaba o mosquete atado cunha corda,porque tanto o percusor como a culata estaban rotos; en vista do estado da súaarma, decidiu encher os seus frascos de pólvora con sal e pementa, pois así,segundo dicía “ xa que non podía loitar polo menos comería decentemente “.Por esta mesma razón substituíu a súa espada militar por tres coitelos decociña, un grande, outro mediano, e outro pequeno, para poder aproveitarcalquera tipo de comida que se cruzara no seu camiño. Fixeron falla tres semanas de penalidades para chegar a Insbruck, áoutra beira dos Alpes, onde recibiron a súa paga e puideron descansar.Ademais da paga, repartíronse roupas e botas novas para os que onecesitasen e impuxéronse castigos a todos os que cometeran algunha falta outrataran de desertar polo camiño. Despois dunha boa tempada de descanso en Insbruck, o exércitochegou a Munich o vintecatro de agosto. Agora atopábanse relativamentecerca das tropas dos seus aliados, os católicos alemáns, e tamén das dos seusinimigos, os suecos e protestantes alemáns. Dende alí, foron avanzandocautelosamente ata que o dous de setembro chegaron ás aforas de Nördligen,unha cidade ao noroeste de Munich, onde se reuniron co exército dos católicosalemáns para acampar os dous xuntos e loitar contra os protestantes. Ninguénpode negar que a de Nördlingen foi para os españois unha gran victoria. Estebanillo saíu indemne da aventura: o ruído dos primeiros disparosfora demasiado para el e como xa non aguantaba máis, meteu a súa cabezanun burato xunto a un cabalo morto, finxindo ser o xinete do mesmo, taménmorto. Só se atreveu a saír cando oíu aos españois que celebraban a victoria.Entón púxose en pé dun salto, sacou o coitelo de cociña máis grande quelevaba e uniuse a persecución contra os protestantes para “ rebañar a unscantos suecos “ e para apuñalar e roubar canto puidese aos mortos e aosmoribundos que quedaban no campo de batalla. O dez de setembro o príncipe Filipe fixo formar aos seus homes encolumna e púxose en marcha cara os Países Baixos ( Bruxelas ). As estradaseran malas e a paisaxe desértica: os pobos reducidos a cinzas e os poucossuperviventes parecían sombras farrapentas. O exército non chegou a súameta ata o catro de novembro de 1634.
  30. 30. O CAPITÁN ALATRISTE O escritor Arturo Pérez Reverte escribiu unha serie de libros deaventuras que teñen como protagonista a un soldado veterano dos tercios deFlandes, o capitán Alatriste, que vive no Madrid do século XVII e cuxascorrerías son contadas por un mozo Iñigo Balboa. Na aventura titulada O sol deBreda cóntasenos o asedio a esta cidade holandesa e a posterior victoria dosespañois. “ A tales datas do negocio, o de Breda non era xa para España cuestiónmilitar senón reputación. Estaba o mundo en suspense agardando o fracasodas armas do rei católico. Ata o sultán dos turcos - a quen malos suores deraCristo - esperaba o desenlace para ver se o noso rei noso señor saía poderosoou minguado do trance, e da Europa converxían os ollos de todos reis epríncipes, en especial os de Francia e a Inglaterra, sempre atento para sacartallada das nosas desgracias e doerse dos goces españois, como ocorríatamén no Mediterráneo cos venecianos e ata co papa de Roma. Que a súasantidade, pese a ser vicario da divinizade na terra e toda a , e pese tamén aque eramos os españois os que facíamos o traballo sucio en Europaarruinándonos en defensa de Deus e María Santísima, procuraba amolarnoscanto podía e aínda máis, por ceos de nosa influenza en Italia (...). Ao fin decontas e xusto un século antes do de Breda, o seu antecesor, Clemente VII,tivera que poñer pes en polvorosa, remangándose a sotana (...) cando osespañois e os lansquenetes de noso emperador Carlos V - que levaban sencobrar unha paga dende que o Cid Campeador era cabo -asaltaron as súasmurallas e saquearon Roma sen respectar pazos, nin cardeais, nin mulleres,nin conventos “ ACTIVIDADES • Nun mapa mudo de Europa marca a ruta seguida polo exército do príncipe Fernando en 1634. Así obterás o itinerario coñecido como “ Camiño español “. Calcula os meses que durou a viaxe. • A partir da información que te presentamos e do relato de Estebanillo González, que imaxe tes dos exércitos da época? parécenche moi profesionais? • Que famoso episodio do reinado de Carlos I lembra o paxe do capitán Alatriste ? • Iñigo Balboa fai referencia aos inimigos que tiña a coroa española no século XVII . Enuméraos e cita as causas de tal enemizade. • Tamén di que a política exterior seguida polos españois levábaos directamente á ruína. Estas de acordo con tal apreciación?. Razoa a resposta.
  31. 31. • Os dous textos que che propoñemos remítenmos a dúas victorias españolas ( Breda en 1625 e Nördlinger no 1634 ) pertencentes a un conflito xeneralizado que vive Europa no século XVII. Menciónao e analiza as súas causas e consecuencias. • Na “ Rendición de Breda “, Velázquez optou por reflectir non unha escena de loita senón o momento en que Justino de Nassau, gobernador da praza conquistada, entrega as chaves da cidade ao xeral das tropas españolas Ambrosio de Spínola. A escena é dividida en dúas partes onde se colocan a vencedores e vencidos. Con que símbolos se representan uns e outros?.7 BIBLIOGRAFÍA Belenguer, Ernest, El imperio hispánico 1479-1665, Barcelona 1994. Bennassar, Bartolomé y otros, Historia moderna, Madrid 1980. Bennassar, Bartolomé y Kucil, 1492. Un mundo nuevo, Madrid 1992. Bouza, F., Los Austrias Mayores, Imperio y monarquía de Carlos I y Felipe II, Madrid, 1996. Corvisier, André, Historia moderna, Barcelona, Labor, 1977. Chaunu, Pierre, La civilización de la Europa clásica, Barcelona 1975. Delumeau, Jean, La civilización del Renacimiento, Barcelona 1977. Domínguez Ortiz, Antonio, Historia Universal III. Edad Moderna, Barcelona 1983. Domínguez Ortiz, Antonio, Historia Universal III. Edad Moderna, Barcelona 1983. Dulmen, R. Van, Los inicios de la Europa moderna ( 1550-1648 ), Madrid, 1984. Elliot, J.H., La Europa dividida ( 1559-1598 ), Madrid 1973. Elliot, J., Richelieu y Olivares, Barcelona, 1980. Elliot, J.H., El Viejo Mundo y el Nuevo, 1492-1650, Madrid 1984.
  32. 32. Evans, R.J. W. , La monarquía de los Habsburgos ( 1550-1700 ),Barcelona, 1989.Fernández Álvarez, Manuel, Carlos V, el Caesar y el hombre, Madrid1999.Fernández Álvarez,M., y A. Díaz Medina, Los Austrias Mayores y laculminación del Imperio ( 1516-1598 ), Madrid, 1987.Fernández Álvarez, Manuel, Juana la loca, la Cautiva de Tordesillas,Madrid 2000.Fernández Álvarez, Manuel, Felipe II y su tiempo, Madrid 2004.García Cárcel, R., La cultura del siglo de oro, Madrid, 1996.Gerahrd, D., La Vieja Europa. Factores de continuidad en la Historiaeuropea ( 1000-1800 ), Madrid 1991.Hale, J.R., La Europa del Renacimiento, Madrid 1973.Hay, Denis, La época del Renacimiento, Barcelona 1972.Hernández Sánchez –Barba, M., La monarquía española y América,Madrid 1990.Kamen, Henry, La sociedad europea ( 1500-1700 ), Madrid 1987.Koenigsberg, H.G., El mundo moderno, Barcelona 1991.Koenigsberger, H., y Mosse, G.L., El siglo XVI, Madrid 1974.Ladero Quesada, Miguel Ángel, La España de los Reyes Católicos,Madrid 1999.Mann, Golo, Historia Universal.VII . De la Reforma a la Revolución, 2vols., Madrid 1988.Maravall, José Antonio, Carlos V y el pensamiento político delRenacimiento, Madrid 1960.Margolin, Jean C., y otros, Los inicios de la Edad Moderna, Madrid 1992Martínez Ruiz, Enrique, y otros, Introducción a la Historia moderna,Madrid 1991.
  33. 33. Molas Ribalta, Pere, La monarquía española ( siglos XVI-XVIII ), Madrid 1990. Molas Ribalta, Pere y otros, Manual de historia moderna, Barcelona 1993. Parker, Geoffrey., Felipe II, Madrid,1979. Parker, Geoffrey, Europa en crisis ( 1598-1648 ), Madrid 1981. Parker, Geoffrey, La guerra de los Treinta Anos, Barcelona, 1988. Pennington, D. H., La Europa del siglo XVII, Madrid, Aguilar 1973. Pérez, J., Isabel y Fernando. Los Reyes Católicos, Madrid 1988. Pérez, Joseph, Carlos V, Madrid, 1999. Pérez, Joseph, Los comuneros, Madrid 2001. Sánchez Belén. J.A., Los Austrias Menores. La monarquía española en el siglo XVII, Madrid, 1996. Tenenti, Alberto, La formación del mundo moderno ( siglos XIV-XVII ), Barcelona 1985. Thomas, Hugh, El Imperio español , Barcelona, 2003. Trevor Roper, H., La época de la expansión. Europa y el mundo desde 1559, Madrid 1988.8 OBRAS LITERARIAS Alí, T. A la sombra del granado. Anónimo, El Lazarillo de Tormes. Anónimo, Vida y hechos de Estebanillo González. Arteaga, A. La princesa de Ebolí. Dominguez, M. P. El diamante de la reina. Passuth, L. Señor natural.
  34. 34. Passuth, L. Más perenne que el bronce. Pérez Reverte, A. El capitán Alatriste, Limpieza de sangre, El Sol de Breda....... Quevedo, F. El Buscón. Sicardi, A. El castillo y el brocado.9 FILMOGRAFÍA Aranda, V. Juana la loca, 2001. Cuerda, J.L. La Marrana, 1992. Díaz Yanes, J. Alatriste, 2006. Feyder, J. La Kermesse heroica, 1935 Miró P. E perro del hortelano, 1996 Salce L. El Greco, 1964. Uribe, I. El rei pasmao, 1963. Vega G. La Celestina, 1996. Os vídeos correspondentes a esa etapa histórica da colección Memoria de España de T.V.E e da Historia no seu lugar da Nova Historia de España da editorial Planeta.

×