SlideShare a Scribd company logo
1 of 43
Unidade 1. A               ESPAÑA DOS                        REIS
  CATÓLICOS:                A  DINASTÍA                      DOS
  AUSTRIAS.




  Fachada do Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela
ÍNDICE
1. Os Reis Católicos
2. O século XVI : do imperio de Carlos I á monarquía de Filipe II
       2.1. O funcionamento do aparato administrativo
       2.2. A poboación e as principais actividades económicas
       2.3. Aspectos sociais
       2.4. Política exterior e interior
       2.5. Cultura e arte: Renacemento e Humanismo en España
3. O século XVII: a decadencia
       3.1. O descenso demográfico e o afundimento económico
       3.2. Unha sociedade en crise
       3.3. A crise política: a perda de hexemonía europea e os pro-
       blemas internos.
       3.4. O apoxeo cultural e artístico: o século de ouro das letras
       e o Barroco español
4. A América española nos séculos XVI e XVII
5. Cuestionario
6. Ampliación
7. Bibliografía
8. Obras literarias
9. Filmografía
INTRODUCIÓN:
       Con Carlos V inaugúrase a dinastía dos Austrias que gobernará España
nos séculos XVI e XVII. Durante o primeiro século e cos Austrias Maiores -
Carlos I e Filipe II - a Península Ibérica vivirá un período de esplendor que se
traducirá na superioridade do Imperio español sobre o resto de Europa. Pola
contra, o século XVII dará paso a unha época de crise baixo os Austrias
Menores - Filipe III, Filipe IV e Carlos II - que provocará que se traslade á
Francia de Lois XIV o título de potencia hexemónica no continente europeo.


1       OS REIS CATÓLICOS
       Un dos trazos fundamentais da Idade Media foi a perda de poder do
monarca fronte aos nobres. Pois ben, o derradeiro século do medievo en
Castela caracterízase, a nivel político, polo esforzo constante da nobreza por
controlar o poder real. Co rei Henrique IV agudízase esta loita que
desembocará na guerra civil que enfrontará á súa filla, Xoana a Beltranexa, coa
súa tía, Isabel, irmán do rei e muller de Fernando de Aragón dende 1469. Os
nobres pretendían debilitar o poder real e apoiaron a Isabel pensando que sería
unha raíña fácil de dominar. Este conflito tivo tamén unha vertente internacional
xa que Portugal apoiou a Xoana e Aragón a Isabel. A paz de Alcaçovas
( 1479 ) puxo fin ao problema dinástico afianzando na coroa a Isabel que se
revelará coma unha raíña que non estaba disposta a tolerar as intromisións da
nobreza e que ademais encarnaba o desexo das cidades de contar cunha
autoridade real forte.

      A monarquía dos REIS CATÓLICOS - Isabel I de Castela e Fernando
de Aragón ( 1477-1504 ) - non supuxo a unidade dos reinos pois na práctica
ambos estados seguían mantendo as súas leis, institucións, moeda, lingua...Iso
non quita para que o conxunto castelán-aragonés fose considerado no exterior
como España ou monarquía hispánica.
POLÍTICA INTERIOR. A primeira tarefa que van a acometer é o intento
de levar a cabo a unidade territorial da península. Procédese así, a través de
diferentes vías, á anexión de:

          •   Granada ( 1492 ) que foi tomada polas armas aos musulmáns.

          •   Rosellón e Cerdaña ( 1493 ) condados que foron devoltos por
              Francia grazas aos contactos diplomáticos con Aragón selados no
              Tratado de Barcelona.

          •   Canarias ocupada por Castela en 1499.

          •   Navarra ( 1512 ) conquistada polos exércitos do duque de Alba.

       Ao mesmo tempo, os Reis Católicos levan a cabo o proceso de
instauración dunha monarquía autoritaria na que o soberano realmente
goberna e é fonte de poder. Os reis conseguiron este obxectivo a través de tres
vías:

          •   Sometemento da nobreza, atraéndoa á corte con promesas de
              cargos.

          •   Control do clero e das minorías relixiosas. Lógrase o dereito de
              nomear as persoas que desempeñarán altos cargos eclesiásticos
              ( Padroado Real en Granada e Indias ). Coa creación en 1478 do
              Tribunal da Inquisición vixiábanse ás minorías étnicas e relixiosas,
              o que derivou na expulsión dos xudeus en 1492 e na conversión
              en masa dos mouros do antigo reino de Granada no ano 1502
              senón querían verse forzados a abandonar a península. Ante a
              disxuntiva, a maioría converteuse, aínda que en segredo seguían
              a practicar a súa relixión, e foron chamados mouriscos.

          •   Levouse a cabo tamén unha profunda reorganización
              administrativa que supuxo: a introdución de letrados saídos das
              universidades no Consello Real que se erixiu como principal
              instrumento de goberno asesorando aos reis; o sometemento das
              Cortes; a creación de órganos de xustiza coma as Chancelerías
              en Valladolid e Granada; a reorganización do exército e da
              facenda ; e o control dos municipios coa creación da figura dos
              corrixidores.

       POLÍTICA EXTERIOR. Mentres Castela inicia a carreira americana e
ocupa prazas no norte de África ( Melilla, Orán, Arxel, Túnez e Trípoli),
Fernando, en pugna con Francia, dirixe os seus esforzos á anexión do reino de
Nápoles. A confrontación con Francia conducirá ao deseño dunha política
matrimonial que ten como fin último a busca de alianzas ( Portugal, Inglaterra e
Austria ) que garantan apoios fronte ao país veciño
O testamento de Isabel a Católica deixaba como herdeira a súa filla
Xoana pero no caso de ausencia ou incapacidade de esta ( afectada por
graves problemas mentais ) recaía a rexencia no seu marido Fernando ata que
o fillo de Xoana e Filipe, Carlos arquiduque de Austria, cumprise os vinte anos.

       Neste enlace accédese a unha liña de tempo que axuda a seguir o tema.


2       O SÉCULO XVI : DO IMPERIO DE CARLOS I
        Á MONARQUÍA DE FILIPE II
 2.1      O FUNCIONAMENTO DO APARATO ADMINISTRATIVO

        A monarquía española era unha monarquía global composta por unha
variedade de reinos que pertencían ao rei por conquista ou herdanza. Durante
estes séculos a monarquía dos Austrias avanzará co propósito de impoñer
unha monarquía autoritaria pero atópase cunha serie de elementos que limitan
as súas posibilidades de actuación. En primeiro lugar, exercía o dominio sobre
un conxunto de territorios que tiñan como soberano a un rei que non residía
neles. En segundo lugar, o seu goberno, como tal monarquía composta,
baseábase no respecto ás propias institucións de cada un deses territorios. No
fondo, a monarquía existía por un diálogo continuo entre o centro do reino e os
territorios periféricos sen que ningún deles se impuxese e a súa capacidade de
supervivencia suxire que estes vínculos non eran febles. Ao non posuír os reis
un corpo de oficiais extenso que transmitise as súas ordes, o que farán será
pactar coas elites ou grupos sociais dominantes de cada territorio. Pero
ademais debían respectar os dereitos, deberes e privilexios de cada un dos
estamentos ou grupos sociais - nobreza, clero, estado chan – dos que se
compoñía a sociedade actuando como xuíces supremos entre eles.

       Os principais organismos de goberno van a ser os seguintes:

          •   Os Consellos. Eran órganos consultivos que asesoraban ao
              monarca no exercicio das tarefas de goberno. Uns encargábanse
              de diversas materias ou asuntos que afectaban ao conxunto da
              monarquía ( Facenda ), e outros tiñan un ámbito territorial
              (Navarra, Italia, Portugal ).

          •   Os Secretarios reais ocupábanse de trasladar memoriais e
              consultas escritas ao monarca para, despois, devolver a resposta
              do rei aos Consellos. Prodúcese agora un cambio na forma na
              que o rei despacha os asuntos de goberno, antes de forma oral, e
              cada vez máis a través da consulta escrita.

          •   Vicerreis. Substituían a figura do rei nos territorios nos que este
              faltaba.
•   Audiencias. Eran tribunais de xustiza e existían tanto na Coroa de
             Castela ( Granada, Galicia, Canarias e Sevilla ) como na de
             Aragón ( Zaragoza, Valencia, Barcelona, Mallorca ).

         •   Corrixidores. Os monarcas intentan controlar os municipios a
             través de funcionarios que velan polo cumprimento dos intereses
             e ordes reais. Aínda así as cidades conservaron, en certa medida,
             a súa autonomía.

         •   As Cortes. Van perdendo importancia e o número de veces en
             que se reúnen redúcese co tempo. Deixan de ser convocadas por
             nobres e eclesiásticos pasando a xuntarse só o rei con cada unha
             das dezaoito cidades que tiñan voto en Cortes.

 2.2      A POBOACIÓN            E   AS     PRINCIPAIS       ACTIVIDADES
          ECONÓMICAS

      A Poboación. En termos xerais a poboación española ao longo do
século XVI experimentou un crecemento demográfico e boa proba diso son as
testemuñas de novas rompas de terras, a fundación de poboacións e a
emigración de casteláns ás Indias. Así, a finais de século podemos calcular que
España tería aproximadamente uns oito millóns de habitantes. As
características desta poboación serían as seguintes :

         •   Poboación eminentemente rural ( ¾ partes da poboación ).

         •   Elevada taxa de natalidade ( 40 por mil ).

         •   Estaba afectada por fases de mortalidade catastrófica debida á
             suma de crises agrarias, epidemias e fames.

         •   A causa do crecemento foi a boa marcha da economía, o que fixo
             que a xente casase máis - incremento da taxa de nupcialidade - e
             a idades máis temperás.

       A Economía. Debemos sinalar en primeiro lugar a agricultura, base da
economía, que experimentou ao longo do século XV un aumento de produción
basicamente extensivo, é dicir, producíase máis porque se puxeran en cultivo
novas terras non porque se mellorasen os rendementos por unidade de
superficie. De feito, as ferramentas era moi rudimentarias, as terras estaban
mal aboadas e necesitábase unha man de obra numerosa para traballar os
campos. Os cultivos fundamentais eran os cereais - trigo, centeo, cebada e
avea - dedicados á subsistencia, e a vide e a oliveira destinadas á
comercialización. As frecuentes crises agrarias, que provocaban un aumento
dos prezos, intentáronse solucionar con pósitos ou almacéns de cereais, con
importacións e fixando un prezo máximo ao que se podía vender o pan - taxa
do pan -.

       A Industria. A produción artesanal urbana estaba organizada en
gremios nos cales se agrupaban os que se dedicaban a un oficio determinado,
por exemplo, zapateiros, prateiros, acibecheiros... Entre os sectores
“industriais“ máis destacados estaría o de panos de la dedicado ao consumo
interno con centros en Segovia e Córdoba. Tamén destaca a sedaría localizada
en Granada. O segundo ámbito de produción industrial era a elaboración de
ferro en numerosas ferrerías que se estendían desde Galicia ata os Perineos e
que servirían posteriormente para fabricar armas.

       O Comercio. O interior era moi limitado debido á penosa estrutura
viaria e de transportes, o que facía as comunicacións lentas e difíciles. Debido
a iso, cada comarca víase abocada practicamente ao autoabastecemento.
Destaca a importancia que tiñan algunhas feiras como as de Medina do Campo
e Rioseco.

       O comercio exterior peninsular pódese dicir que corresponde ao do un
país atrasado industrialmente pois predominan as exportacións de materias
primas e produtos agrarios en tanto que as importacións son basicamente
manufacturas, deixando aparte os cereais importados polas rexións costeiras.
Polo tanto, a balanza comercial era claramente deficitaria. As rutas comerciais
máis destacadas son:

          •   A do Mediterráneo que experimenta un descenso. A Italia
              expórtanse la, azucre, pementa e coiros, e de alí impórtanse teas,
              armas, produtos manufacturados, sedas e perfumes.

          •   O comercio co norte de Europa, que unía os portos de Bilbao,
              Laredo e Santander, por onde saía la, ferro, aceite, ouro e prata,
              cos dos Países Baixos, de onde chegaban teas, libros, papel,
              cereais, estaño e peixe. Así, materias primas como a la eran
              exportadas en bruto e volvían a España transformadas en
              manufacturas - teas flamencas - a prezos elevados.

          •   O comercio americano foi sen dúbida o máis importante de todos.
              Exportábanse produtos agrarios españois - viño, trigo, gando,
              materias tintorias, aceite, arroz, augardente, froitos secos - e
              tamén estranxeiros - como teas dos Países Baixos -. As
              importacións consistían fundamentalmente en ouro, prata, e
              outras mercadorías como cacao, tabaco, tomate, millo e pataca.
              Asemade o comercio exterior hispano actuaba tamén de
              reexportador a Europa das materias primas que viñan de América
              - cacao, azucre, plantas colorantes - as cales non compensaban,
              ao igual cas exportacións nacionais, o alto valor das importacións.
              Este desequilibrio da balanza de pagos inténtase saldar coa saída
              de metais preciosos como ocorre no caso das partidas que se
dirixían aos Países Baixos. En xeral, este comercio viviu unha
              conxuntura favorable se exceptuamos unha breve caída entre
              1550 e 1562.

 2.3      ASPECTOS SOCIAIS

        Na sociedade hispana do século XVI a pertenza a unha familia
determinaba o estamento ou grupo social, así un fillo de nobre o era por
nacemento. A nobreza era un dos grupos privilexiados e ser parte integrante
dela obrigaba a manter un decoro ou respecto ao estamento. Isto levaba
consigo que os nobres non podían dedicarse a actividades consideradas viles
- artesanía, comercio - xa que se consideraba algo indecoroso. O privilexio
reportaba unha serie de vantaxes: acceso a cargos políticos, preeminencia
social, beneficios económicos, exención de impostos, etc. Algúns nobres non
só eran donos de extensos territorios que arrendaban en partes a campesiños,
senón que tamén ostentaban ás veces sobre eles o título de señorío, incluso
sobre terras das que non eran propietarios, o que supoñía para os vasalos o
pago de rendas e dereitos de vasalaxe e para os nobres a designación de
oficiais para o goberno e a administración de xustiza. Polo tanto, a meirande
parte dos nobres eran rendeiros e a institución do morgado lles permitía
conservar integro o patrimonio familiar herdándoo o fillo maior, o cal só podía
dispoñer dos seus froitos, xa que non podía vendelo. Dentro da nobreza existía
unha variada gama de situacións:

          •   Un grupo reducido de grandes títulos donos de enormes rendas e
              extensas terras.

          •   Un elevado número de cabaleiros urbanos que coparían os
              cargos municipais.

          •   Nunha escala máis baixa estarían os fidalgos.

      O Clero. A entrada no estamento clerical entrañaba tamén privilexios:
non pagaban impostos; tiñan a súa propia xustiza eclesiástica; gozaban de
donativos, de variadas rendas - señoríos eclesiásticos - e do décimo; e os seus
bens estaban amortizados, é dicir, transmitíanse indivisos e non podían ser
obxecto de venda. Pódense distinguir variadas situacións:

              •   Alto clero: arcebispos, canónicos, abades...que constituían
                  unha especie de aristocracia clerical. Este grupo estaba
                  integrado polos segundóns da nobreza.

              •   Baixo Clero: párrocos, frades, monxes...

       Terceiro Estado. Estaba composto polos seguintes grupos:
•   Mundo Urbano:

              Alta burguesía urbana dedicada ao comercio de exportación e
               importación.

              Comerciantes ao por maior de lenzos, panos, sedas, tecidos
               vastos....

              Burócratas - altos maxistrados, notarios, escríbanos,
               rexedores - e profesións liberais como médicos e cirurxiáns.

              Comerciantes polo miúdo         ou   regatóns   agrupados    en
               confrarías ou gremios.

              Un amplo número de marxinados sociais: pobres,
               delincuentes, pícaros, vagabundos, escravos, minorías étnicas
               e relixiosas.

             •   Mundo Rural:

              Na cúspide estaban os adiñeirados ou principais que
               compaxinaban a explotación das súas propiedades coa
               administración de bens da nobreza e clero e posuían as veces
               oficios nos concellos.

              Labradores, pequenos propietarios rurais que cultivaban
               algunhas parcelas da súa propiedade pero que tiñan que
               tomar outras en arrendo.

              Xornaleiros, campesiños que se contrataban para realizar
               labores agrarias e non dispoñían de ferramentas nin de
               animais.

 2.4      A POLÍTICA EXTERIOR E INTERIOR

        CARLOS I ( 1516-1556 ) recibe á morte do seu pai os territorios da casa
ducal de Borgoña, dos que Filipe o Fermoso fora gobernador por herdanza da
súa nai María de Borgoña, é dicir o Franco Condado e os Países Baixos. Con
este último nome coñecíanse os actuais territorios de Bélxica, Holanda,
Luxemburgo e unha parte do norte de Francia ( Artois, Flandes e Hainaut ). Da
súa nai Xoana, herda a Coroa de Castela cos territorios americanos, o reino de
Aragón coas posesións de Sicilia, Cerdeña e Nápoles e o reino de Navarra. E
por último do seu avó paterno, Maximiliano de Habsburgo, adquire os territorios
austríacos e o dereito ao título imperial do Sacro Imperio Romano Xermánico.
POLÍTICA INTERIOR. Destaca en primeiro lugar a Revolta das
Comunidades ( 1520-21 ) que agrupaban ás clases medias urbanas ( baixa
nobreza, alta burguesía urbana, pequenos mercaderes, xuristas, artesáns... )
de cidades como Toledo - o seu líder era Padilla -, Segovia - Bravo -,
Salamanca - Maldonado -, Ávila ou Cuenca. Podemos resumir o seu programa
político nos seguintes puntos: limitación do poder real coa institucionalización
dunhas cortes máis poderosas, supresión dos corrixidores e dos cargos
outorgados a estranxeiros ( Adriano de Utrecht, Gullermo de Croy...) e crítica á
política imperial de Carlos I ( excesivos gastos que ocasionaba a súa elección
como emperador ). Foron derrotados en Villalar polo exército real que contaba
co apoio da alta nobreza alertada polas revoltas antiseñoriais que se
produciran.

       As sublevacións das Xermanías en Valencia e Mallorca tiveron como
protagonistas a artesáns e campesiños. Na cidade de Valencia o movemento
ten a súa orixe no descontento das clase baixas urbanas polo control do
goberno municipal exercido por parte dos cabaleiros e do patriciado ou clases
altas urbanas. No campo o movemento converteuse nun levantamento anti-
señorial e antinobiliar cun forte carácter de odio aos mudéxares - antigos
musulmáns - debido á protección que a nobreza lles prestaba fronte aos
campesiños cristiáns.

        POLÍTICA EXTERIOR. O título imperial fixo que Carlos I se considerase
por riba das monarquías nacionais e que concibise a idea de crear un Imperio,
unha República cristiá, non se utilizaba o concepto de Europa, unida no eido
político e relixioso. O seu plan tropezou coas seguintes oposicións:

          •   Con Francia enfrontouse polos territorios italianos que xa foran
              obxecto de atención do seu avó Fernando. O Milanesado pasou a
              mans españolas pola victoria de Pavía ( 1525 ) e o Tratado de
              Madrid asinado un ano máis tarde. A oposición do Papado á
              presencia española en Italia desembocou na alianza entre
              franceses e ingleses aínda que a victoria sería para Carlos I que
              saqueou Roma - Paz de Cambray en 1529 -. Finalmente e pola
              paz de Crepy en 1544 España asumiu o control sobre a península
              italiana.

          •   Ao imperio turco venceuno en Viena e Túnez ( 1535 ) e fracasou
              en Arxel.

          •   O seu enfrontamento cos príncipes protestantes alemáns, unidos
              na liga de Smalkalda, saldouse cunha victoria efémera en
              Mühlberg e coa Paz de Augsburgo (1555 ) o Imperio alemán
              dividiuse entre principados protestantes e católicos. A raíz deste
              fracaso, será o seu irmá Fernando quen reciba o título imperial
              xunto cos territorios austríacos.
FILIPE II ( 1556-1598 ) Herdou os territorios de seu pai Carlos I aos que
engadiu o reino de Portugal en 1580. Perdeu en cambio as antigas posesións
austríacas dos Habsburgo e o título imperial que pasou a mans do seu tío
Fernando I.




        POLÍTICA INTERIOR. Filipe II tentou manter ante todo a unidade da fe
católica e utilizou para tal fin como instrumento político a Inquisición. Este
tribunal vixiou e actuou contra os conversos ou cristiáns novos ( antigos xudeus
e musulmáns convertidos ao cristianismo ) e perseguiu aos seguidores das
herexías protestantes. Estes grupos non atoparon o seu sitio dentro da
sociedade estamental e foron considerados como estranxeiros. Esta falla de
integración na sociedade cristiá provocou sucesos como a dispersión dos
mouriscos granadinos despois da Revolta das Alpuxarras ( 1568-70 ). Outras
medidas de control encamiñadas neste caso á vixilancia dos cristiáns vellos
foron: a extensión dos estatutos de limpeza de sangue, que demostraban que
non se tiña ascendencia xudía, requisito indispensable para ingresar en ordes
relixiosas, colexios maiores, certas profesións,....; a prohibición de estudar no
estranxeiro, os índices de libros prohibidos, etc..

       Debemos destacar tamén dentro do seu reinado a sublevación
aragonesa dos anos 1591-92. A causa foi a fuxida a Aragón do antigo
secretario real, Antonio Pérez, quen fora acusado de vender segredos de
estado. Unha vez alí refuxiase nos foros aragoneses e ante a negativa da
cidade a entregalo, o exército real entra en Zaragoza e os foros foron
restrinxidos.

        POLÍTICA EXTERIOR. O seu goberno estará máis centrado nos
territorios hispánicos, en preservar a superioridade de estes en Europa e en
continuar a tarefa de defensor da fe cristián. Os adversarios da súa monarquía
son os mesmos que os de seu pai:

          •   Venceu a Francia en San Quintín e firmou con ela o tratado de
              Cateau-Cambrésis ( 1559 ) polo cal o país galo abandonaba toda
              pretensión sobre Italia.
•   Os turcos otománs foron derrotados pola Santa Liga ( España,
              Venecia e o Papado ) na batalla de Lepanto ( 1571 ).

          •   O enfrontamento cós protestantes tivo agora tres novos
              escenarios:

           Nos Países Baixos os conflitos estenderanse dende 1566 ata
            1597. Neste territorio a dura represión política e relixiosa levada a
            cabo polos gobernadores reais, como o duque de Alba, provocou
            a escisión en dúas zonas. No norte, a Unión de Utrecht, calvinista,
            separase de España converténdose na República das Provincias
            Unidas - Holanda -. No sur, católico, Bélxica e Luxemburgo
            conforman a Unión de Arras cuxa soberanía Filipe II entregou á
            súa filla Isabel Clara Eugenia.

           Os problemas con Inglaterra xorden polo apoio de Isabel II aos
            protestantes franceses e aos sublevados dos Países Baixos e
            porque os seus corsarios ameazaban o comercio coas Indias. A
            Armada Invencible será derrotada en 1588 pola superioridade da
            artillería inglesa e polas adversas condicións meteorolóxicas.

           En Francia, Filipe II apoiará aos católicos fronte aos hugonotes
            ( calvinistas franceses ).

 2.5      CULTURA E ARTE: RENACEMENTO E HUMANISMO EN
          ESPAÑA.

       CULTURA. En España podemos dicir que a recuperación da
Antigüidade clásica é moi limitada e superficial tanto no referente ao dominio
das linguas clásicas como á asunción de valores éticos, filosóficos e políticos
expresados nos textos antigos. O Renacemento español é bastante tardío,
importa moito de Italia e as institucións que levan a cabo a labor de mecenado
son a Coroa e os nobres.A superficialidade con que se asumiu o Renacemento
na Península quizás teña que ver co papel que desempeñou a Inquisición que
vixiou bastante a investigación e a erudición.

        É licito falar de Renacemento en aspectos como : Literatatura, onde
sobresae a obra de Fernando de Rojas, A Celestina ( 1499 ) e certos estudos
filolóxicos como a Gramática Castelán de Antonio de Nebrija ; en Medicina coa
labor desenvolvida pola Universidade de Valencia; ou en Ciencias relacionadas
coa Navegación moi directamente influenciadas polos avances ou innovacións
da Casa de Contratación de Sevilla.

       Arte. En Arquitectura podemos sinalar tres fases :

          •   Plateresco: no primeiro tercio do século XVI o influxo italiano
              déixase ver na riqueza decorativa a base de medallóns, temas
heráldicos,   grutescos,    fornelas,  piastras  e columnas
              abalaustradas que ocupan as fachadas de edificios como a
              Universidade de Salamanca, o Mosteiro de San Marcos en León,
              ou o Hospital Real e o pazo Fonseca en Santiago.




          •   Purismo; nesta segunda etapa a exuberancia anterior deixa paso
              a un clasicismo de liñas puras visible nos seguintes edificios:
              Pazo de Carlos V en Granada ( Pedro de Machuca ), Catedral da
              mesma cidade ( Diego de Siloé ), fachada da Universidade de
              Alcalá de Henares ( Rodrigo Gil de Hontañon ) e catedral de Xaén
              ( Andrés de Vandelvira ) .

          •   Herreriano: co rei Filipe II, o último tercio do século XVI,
              influenciado xa pola Contrarreforma, atopará a súa máxima
              expresión no Pazo-Mosteiro de San Lorenzo do Escorial
              realizado por Juan de Herrera e Juan Bautista de Toledo,
              caracterizado pola austeridade na decoración.




      En Escultura desenvólvese sobre todo unha tendencia monumental ao
gusto italiano representada por Pompeo Leoni que realiza para o Escorial os
grupos funerarios de Carlos V e Filipe II en bronce.

       Por último a Pintura renacentista ten o seu máis senlleiro representante
na figura do Greco cun estilo pictórico caracterizado polas cores frías ( grises,
verdes, azuis ), a eliminación dos fondos das paisaxes que son substituídos por
ceos fantasmagóricos, o alongamento das figuras e a expresividade dos
rostros. A súa obra máis emblemática será O enterro do conde de Orgaz
(1586-87 ).
3       O SÉCULO XVII : A DECADENCIA
 3.1      O DESCENSO DEMOGRÁFICO E O AFUNDIMENTO
          ECONÓMICO.

        Crise Demográfica. As perdas de poboación dos reinos hispánicos
durante este século foron considerables e as causas debemos buscalas en
epidemias - peste, difteria, tifos - , crises agrarias, guerras, emigracións cara
América, expulsión de minorías como os mouriscos, excesivo número de
relixiosos, etc.....Prodúcese polo tanto con respecto ao século XVI, unha caída
da natalidade, un aumento da mortalidade e un descenso da taxa de
nupcialidade acompañada dun idade máis tardía de acceso ao matrimonio. Ao
concluír o século, a poboación concentrábase basicamente na periferia,
mentres que o centro peninsular estaba despoboado. Tamén se produciu unha
paralela ruralización da poboación.

       Crise agrícola. Experiméntase unha caída da produción agrícola no
século XVII debida, entre outros factores, ao propio descenso demográfico –
hai menos poboación e polo tanto consúmese menos -, ao arcaísmo dos
sistemas de cultivo e ás malas colleitas provocadas pola seca, as choivas
torrenciais, etc. Este baixón da produción é maior no sector cerealístico,
mentres que cultivos como a oliveira e o viñedo gañan terreo. Na zona norte –
Galicia, Asturias e País Vasco –asístese a unha importante transformación do
réxime de cultivos coa difusión do millo, o que explica, a pesar da crise
demográfica xeral, que a poboación aumentara ao longo do século XVII. En
canto a gandería, mentres a transhumante mantívose estancada, a estante
experimenta un descenso.
Crise industrial. Produciuse unha decadencia que podemos observar
sobre todo no sector téxtil da la e da seda que obedece a varias razóns: a
caída da poboación reduciu a demanda interna; a crise agraria supuxo o
endebedamento do campesiñado o que contraeu aínda máis a demanda; o
aumento dos impostos provocou o encarecemento dos artigos que tamén
incrementaron os prezos debido ás manipulacións monetarias; detéctase
tamén unha invasión de tecidos foráneos debido á política aduaneira da
monarquía que non era moi proteccionista con respecto aos produtos
autóctonos; e os gremios pasaron a converterse nunha rémora para o
desenvolvemento industrial xa que se pechan ante novas técnicas.

     Crise comercial. No comercio interior seguía sen existir un verdadeiro
mercado organizado entre os distintos reinos peninsulares.

        Respecto ao exterior, o comercio cos Países Baixos entra en crise a
partir de 1570-75, debido a rebelión holandesa e a crise financeira de Amberes.

       En canto ao americano estáncase nos anos 1610-20 e afúndese a partir
de mediados de século. Varios factores inflúen neste declive: América comeza
a ser autosuficiente con respecto ao exterior; aumentan os impostos polos
artigos que entraban e saían da península; o sistema de flotas que se dirixía
cara ao novo continente era moi custoso; e por último, nalgunhas ocasións, a
coroa incautábase das remesas de prata entrantes.

 3.2      UNHA SOCIEDADE EN CRISE

       A nobreza viu aumentada o seu numero ao longo do século xa que se
concederon títulos a aqueles que podían mercalos. A crise económica
afectoulles e procuraron paliala intensificando a explotación das súas fincas,
vixiando aos seus administradores e recortando gastos suntuarios.

       O clero medrou tamén en efectivos, sen dúbida polos beneficios que o
estado reportaba. O valor das rendas eclesiásticas tamén decaeu a causa da
crise económica e da despoboación.

        En canto ao Terceiro Estado a depresión económica incrementou a
posibilidade de ascenso social de membros de este estamento que se
enriqueceran cara outros superiores ben fora por medio de matrimonios ou
outras vías. Dentro da poboación rural o número de xornaleiros aumentou xa
que moitos pequenos campesiños se endebedaran para saír da crise e
perderan as súas terras. Algúns emigraron ás cidades e pasaron a engrosar o
grupo dos marxinados, vagabundos e pícaros.
3.3      A CRISE POLÍTICA : A PERDA DA HEXEMONÍA
          EUROPEA E OS PROBLEMAS INTERNOS

        Durante o século XVII España continuou sendo un imperio mundial pero
sen o prestixio do que gozara na centuria anterior. Dispoñía de extensos
territorios, riquezas e forzas pero ao mesmo tempo os gastos eran enormes e
os inimigos cada vez maiores. Esta centuria verá o ocaso do imperio e a perda
da supremacía europea que pasará a mans da Francia de Lois XIV.

       FILIPE III ( 1598-1612 ).




        POLÍTICA INTERIOR . A monarquía católica foi gobernada en boa
medida por validos, como neste reinado o duque de Lerma. Estamos nunha
etapa de corrupción e desaxuste monetario. O feito máis importante foi a
definitiva expulsión dos mouriscos ( 1609 ).

        POLÍTICA EXTERIOR. O seu reinado foi considerado como pacifista,
aínda que na época a Pax Hispánica era un sistema demasiado fráxil baseado
no continuo ir e vir de diplomáticos nas chancelarías tentando evitar que
calquera problema o abatese. Non convén esquecer que seguiron existindo
conflitos como a continuación de hostilidades con Holanda, coa que sen
embargo chegouse á Tregua dos Doce anos ( 1609 ). Asinouse tamén a paz
con Inglaterra e con Francia.
FILIPE IV. ( 1621-1665 ).




       POLÍTICA INTERIOR. Debemos destacar a política reformista levada a
cabo polo valido do rei, o conde-duque de Olivares. Esta centrábase no intento
de desviar unha parte dos impostos que recaían sobre Castela cara outros
reinos da monarquía que debían ter as mesmas responsabilidades e dereitos.
A súa idea de formar un exército de 140.000 soldados sufragado por cada reino
denominouse Unión de Armas e provocou sendas sublevacións en Cataluña e
Portugal en 1640. En Cataluña a revolta iniciouse polos abusos ocasionados
polos soldados aloxados na zona que loitaban contra Francia, o que conduciu
ao levantamento dos segadores o día de Corpus Christi aos que se sumaría a
clase gobernante. En Portugal produciuse mais ben un golpe de estado da
clase dirixente que proclama a súa independencia con respecto a España, coa
axuda de Francia e Inglaterra, elixindo como novo rei a Xoán IV.

       POLÍTICA EXTERIOR. Durante o seu reinado ten lugar a Guerra dos
trinta anos ( 1618- 1648 ). Dende a Paz de Augsburgo, Alemaña estaba
dividida en estados protestantes ( luteranos e calvinistas ) e católicos
gobernados por príncipes, sete dos cales elixían o emperador, cargo que
ostentaba Fernando II, pertencente a dinastía dos Austrias no poder tamén en
España. A guerra comezou sendo un conflito relixioso que estourou nun
recanto de Bohemia, Praga, xa que os nobres protestantes subleváronse e
propuxeron como novo emperador a Federico V, príncipe calvinista do
Palatinado. Fórmanse dous bandos : dun lado, os protestantes que reciben
axuda de Francia - enfrontada sempre cos Austrias - , Holanda, Dinamarca e
Suecia ( interesada en obter posicións privilexiadas no Báltico ); doutro, o
emperador alemán apoiado por España que actuaba non só por solidariedade
dinástica, senón tamén porque estaba interesada en asegurar as
comunicacións entre Italia e os países Baixos e sobre todo en preservar
Holanda.

       A guerra conclúe coa Paz de Westfalia ( 1648 ) que supuxo a
independencia de Holanda, cesións territoriais no Imperio a Francia e Suecia, e
no terreo político a perda do poder do emperador que estaría sometido ás
decisións que tomasen os estados alemáns na Dieta. Para España suporá o fin
da hexemonía europea que pasa a mans da Francia do rei Lois XIV.

       CARLOS II ( 1665-1700 ).

      POLÍTICA INTERIOR. Home de escasa capacidade o poder estará en
mans de camarillas palacianas. Neses anos apreciase nos ministros a vontade
de levar a cabo reformas, sobre todo en materia de facenda que liberasen a
poboación da agoniante presión fiscal.

      POLÍTICA EXTERIOR. Acudimos ao ocaso de España como potencia
Europea, xa que non foi quen de responder militarmente ao expansionismo de
Lois XVI que ocupará a zona fronteiriza franco-belga e o Franco-Condado.

 3.4      O APOXEO CULTURAL E ARTÍSTICO. O SÉCULO DE
          OURO DAS LETRAS E O BARROCO ESPAÑOL

       A crise do século XVII non afectou aos aspectos culturais que viven un
auténtica centuria de ouro. Estamos no século do teatro no que destacan
autores como Lope de Vega - Fuenteovejuna ( 1612 -14 ) -, Tirso de Molina ou
Calderón da Barca - A vida é soño ( 1634 ) -. No terreo da novela destacan
Miguel de Cervantes co Quixote ( 1605-1615 ), e dentro da picaresca Quevedo,
Historia da vida do Buscón ( 1626 ). En poesía sobresaen Góngora e Quevedo.

      Arquitectura. O urbanismo adquire un gran protagonismo ao
urbanizarse amplas zoas e configuralas como prazas. De trazado rectangular
definen un espazo pechado destinado á celebración de festas e reunións de
carácter popular, dende execucións públicas, procesións, vodas reais, etc. Un
exemplo sería a praza Maior de Madrid de Juan Gómez de Mora.

       Do mesmo xeito que o escenario é o punto principal de atención no
teatro, os arquitectos acaparan a mirada do paseante coa fachada e así
catedrais, conventos, concellos e outras edificacións deixan a súa marca nas
cidades barrocas como Santiago.

      Escultura. É de tema relixioso desenvolvéndose sobre todo os pasos
procesionais realizados en madeira policromada. Debemos destacar a Escola
Castelá con Gregorio Hernández e o seu Cristo xacente e a andaluza na cal
sobresae Martínez Montañés.

      Pintura. O forte sentimento relixioso impulsa a sinxeleza da pintura, os
temas populares, a atención ao detalle, o naturalismo realista e os retratos de
personaxes da corte. A nivel formal estamos ante o dominio da cor, da luz e da
perspectiva aérea. Existen tres escolas:

          •   A valenciana: Ribera, Ribalta.
•   A andaluza : Zurbarán, Murillo, Valdés Leal.

•    A madrileña: Carreño, C.Coello e Velázquez que cultiva nos seus
    cadros variedade de temas:

     Bodegóns con figuras que representan escenas da vida cotián:
      Vella fritindo ovos, O augador de Sevilla.

     Mitoloxías onde humaniza aos personaxes populares: A fragua
      de Vulcano.

     Lenzos relixiosos de gran espiritualidade e influxo clásico:
      Cristo crucificado.

     Acontecementos históricos, A rendición de Breda.




     Retratos onde a familia real, a Corte e os bufóns, ou ananos
      adquiren dignidade e comprensión.
4      A AMÉRICA ESPAÑOLA NOS SÉCULOS XVI
       E XVII




       A organización política e administrativa das Indias realízase a dous
niveis en España e América :

      En España:

            •   A Casa da Contratación ( 1503 ), organismo reitor e
                fiscalizador do comercio, navegación e emigración coas
                Indias, ademais de escola de navegantes.

            •   Consello de Indias ( 1523 ) que se encarga de todos os
                asuntos lexislativos, administrativos, xudiciais e fiscais
                relativos a Indias.

      En América:

            •   Os vicerreinados, que eran extensas demarcacións territoriais
                ( Nova España con capital en México e o de Perú con sede en
                Lima ) ao fronte das cales estaba un vicerrei que recibía os
                títulos de gobernador, presidente de Audiencia - atribucións
                xudiciais - e capitán xeral - funcións militares -.
•   As gobernacións ou provincias que ocupaban un territorio máis
                pequeno ao fronte dos cales estaba un gobernador con
                funcións administrativas e xudiciais.

            •   Os corriximentos, divisións administrativas menores cun
                corrixidor ao fronte do municipio, encargado da administración
                local.

            •   As Audiencias ou altos tribunais de xustiza.

      Polo que se refire a economía, estaba estruturada nos seguintes
sectores:

            •   A minería era o motor da economía colonial, sobre todo a
                prata cos xacementos de Potosí ( Bolivia ) e Zacatecas
                ( México ).

            •   O sector agrario. A titularidade das terras, ao igual que no
                caso das minas, pasou á Coroa española que recoñeceu a
                propiedade indíxena das terras comunais e concedeu terreos
                aos españois a través de doazóns, aínda que estes realizaron
                tamén ocupacións ilegais posteriormente recoñecidas.
                Introducíronse cultivos europeos como o trigo, a vide, oliveira,
                hortalizas, cana de azucre, etc. A agricultura de exportación a
                España baseouse en cinco cultivos: cacao, tabaco, cana de
                azucre, café e anil. A gandería era practicamente inexistente
                ata que a levaron os europeos: gando vacún, cabalar, mular,
                lanar, caprino, aves de curral, etc

            •   A industria non foi fomentada polos españois xa que podía
                supoñer unha ameaza para os produtos artesanais
                procedentes de España. Só podemos citar dous exemplos que
                son a construción naval ( estaleiros da Habana ) e a
                elaboración de téxtiles ( seda, algodón e la ).

            •   O comercio. América era explotada en beneficio exclusivo da
                Coroa o que implicaba o monopolio do comercio coas
                colonias.     Para     protexelo,   establecéronse      diversos
                mecanismos: control oficial ( Casa da Contratación ), porto
                único ( Sevilla ) e navegación protexida con escolta militar.

       Coa conquista española, a poboación indíxena diminuíu de forma
drástica debido ás epidemias, á violencia empregada polos españois e a súa
propia desgana vital. Calcúlase que os españois emigraron a América nun
número que se cifra en medio millón para a Idade Moderna. Produciuse tamén
unha emigración forzada de negros. Polo tanto, a sociedade indiana presenta
un carácter multirracial e estamental organizada nos seguintes grupos:
• O grupo social dominante está integrado por brancos,
               europeos e crioulos ( fillos de españois nacidos en América ).
               A nobreza ( altos cargos administrativos ), o clero e os
               funcionarios eran na maioría dos casos españois. Os
               terratenentes, grandes comerciantes, e mineiros eran na súa
               meirande parte crioulos.

             • Os brancos integraban tamén os sectores medios da
               sociedade, formados por medianos e pequenos propietarios
               de terras e minas, comerciantes polo miúdo, avogados,
               médicos, burocracia local, artesáns, etc.

             • Os grupos inferiores incluían a mestizos ( descendentes de
               brancos e indíxenas ), mulatos ( de brancos e negros ),
               zambos ( de negros e indíxenas ), negros libres dedicados a
               artesáns dos gremios máis pobres, xornaleiros agrícolas, etc.

       No terreo cultural, España buscou a asimilación dos indios, tarefa que
foi encomendada aos relixiosos en todos os niveis educativos. Así, creáronse
universidades como a de Santo Domingo ( 1538 ) e a de Lima e México (1551).
O papel da Igrexa foi determinante xa que a evanxelización era indispensable
para a conquista e colonización. A acción misioneira foi levada a cabo por
ordes relixiosas como agostiños, dominicos, franciscanos e xesuítas. Estes
últimos ensaiaron a creación de comunidades autosuficientes ( as reducións )
nas cales o traballo era colectivo e onde os xesuítas educaban e protexían aos
indios manténdoos ao marxe do mundo colonial.
5       CUESTIONARIO
       1. Unha árbore xenealóxica representa o esquema dos antecedentes
familiares dunha personaxe histórica. Propoñémosche que fagas o de Carlos I
o primeiro membro da casa dos Austrias.

      2. Realiza un mapa onde reflictas o proceso de unificación peninsular
seguido polos Reis Católicos e Filipe II. Por exemplo: matrimonio - 1469 -,
conquista do Reino de Granada - 1492 -...

      3. Explica a seguinte frase de Richard Mackenney “ser rebelde ao rei
acabará equivalendo a ser herexe contra a fe e onde ser herexe será o mesmo
que rebelarse contra o rei “.

        4. Lembra as funcións que desempeñaban cada unha destas
institucións: Consellos, Secretarios reais, Audiencias, Casa da Contratación e
Vicerreis.

      5. Pódense considerar as Cortes da Idade Moderna como un
antecedente dos parlamentos actuais?. Razoa a resposta. Pensa en quen as
convocan, que persoas se reunen, que decisións poden tomar, etc.

      6. Despois de observar o mapa da densidade de poboación en España
en 1600, poderías dicir en que zonas se rexistra unha maior densidade ?

      7. Realiza un mapa das principais rutas do comercio español durante o
século XVI. Coloca nel os principais portos comerciais ( Bilbao, Sevilla,
Santander ) e indica en cada zona os principais obxectos de exportación e
importación.

       8. Don Fadrique fora comendador ( titular dun señorío territorial que
antes pertencera a unha Orde militar e sobre o que exercía a xurisdición e
percibía ingresos ) e tivera un comportamento irreprochable para os seus
súbditos ata que se namora dunha labradora, Casilda, o día da súa voda.
Aproveitándose dos seus privilexios, argúe diversas trampas para conseguila,
pero morre a mans do esposo dela, Peribáñez. Tras dar morte a Don Fadrique,
Peribáñez preséntase ante o rei e este perdóalle.

     Peribáñez: (...) ¿Non me oirás sequera ( rei ) Henrique, pois xusticeiro
chámante?

      Reina: Ben di. Oídelle, señor.

       ( Rei ) Henrique: Ben dicides, non me lembraba que as partes téñense
que oír, e máis cando son tan fracas. Prosegue.
Peribáñez: Eu son un home, aínda que de vilán casta, limpo de sangue,
e xamais de hebrea ou mora manchada. Fun o mellor de meus iguais, e, en
cantas cousas trataba, déronme primeiro voto, e trouxen seis anos vara
( refírese a que foi alcalde ). Casei coa que ves, tamén limpa, aínda que vilán;
virtuosa, se a viu a envexa asida a fama. O comendador Fadrique, da vosa
vila de Ocaña señor e comendador, deu como mozo, en amala (...). Con isto
tentou unha noite, que ausente de Ocaña estaba, forzar á miña muller, máis
fora coa esperanza burlada (...) . Atopei ás miñas portas rompidas e á miña
muller destoucada, coma cordeiriña simple que está do lobo nas garras deu
voces, cheguei, saquei a mesma daga e espada que cinguín para servirte, non
para tan triste fazaña, paseille o peito......

      Henrique: Que vos parece ?

      Raíña: Que chorei, que é a resposta que basta para ver que non é delito
senón valor.

      Henrique: Cousa estraña! Que un labrador tan humilde estime tanto a
súa fama! Vive Deus que non é razón matalo ! Eu fágolle graza da vida ....Máis
que digo ? Isto xustiza chámase.

                          Lope de Vega, Peribáñez e o comendador de Ocaña

      Despois de ler atentamente o texto contesta as seguintes preguntas:

             •   A que grupo social pertence Peribáñez? Razoa a resposta.

             •   Explica o significado da frase “ limpo de sangue “ e a
                 importancia que tiña na España dos Austrias.

             •   Pertence ao mesmo estamento a súa muller Casilda? Cres
                 que era posible o matrimonio entre persoas de distintos grupos
                 sociais?

             •   En que grupo social colocarías ao comendador?

             •   Por que o rei estráñase de que Peribáñez estime en tanto o
                 seu honor?

             •   Que imaxe tiñan os súbditos do rei?

      9. Por movemento social na Idade Moderna podemos entender aqueles
actos colectivos encamiñados a presentar ante as autoridades, grupos ou
sociedade en xeral unha demanda precisa. Presentámosche un cadro-
esquema dos principais conflitos sociais en España durante os séculos XVI e
XVII que debes encher coa información aportada na unidade.
Movemento       Comunidades     Xermanías      Sublevación    Levantamento     Revolta
    social                                        Aragonesa        catalán      portuguesa



  Cronoloxía      1520-21



 Protagonistas    Clases medias
                     urbanas



    Causas        Autoritarismo
                    e política
                    imperial



   Formas de        Explosión      Explosión     Explosión      Explosión       Explosión
desenvolvemento      violenta       violenta     violenta       violenta        violenta



   Estrutura          Sen             Sen            Sen             Sen            Sen
  organizativa    organización    organización   organización    organización   organización
                  previa.Xorde    previa.Xorde   previa.Xorde    previa.Xorde   previa.Xorde
                   co conflito     co conflito    co conflito     co conflito    co conflito




Solución que se      Limitar o
   pretende         poder real



   Finalidade        Fracaso



        10. Que medidas contrarreformistas levará a cabo Filipe II nos seus
territorios ?

       11. Analiza as diferencias existentes entre a concepción política de
Carlos I e a do seu fillo Filipe II.( Son moi útiles para traballar sobre estas
figuras os libros da Enciclopedia para novos da editorial Cambridge)

      12. Ao redor da figura do rei Filipe II creouse toda unha lenda negra que
conduciría incluso a unha célebre obra do poeta alemán Schiller “ Don Carlos “
( 1788-89 ) e a ópera de Verdi “ Don Carlo “. Pregunta aos profesores/as de
música e literatura do teu centro e busca información en internet,
recomendámosche as páxinas : http://www.lector.net/verdic98/felipe4.htm ,
www.cliorevista.orange.es/clio/reportajes/1199_1.html.

      13. Describe e xulga os seguintes acontecementos:



  ACONTECEMENTO                DESCRICIÓN              XUIZO QUE CHE
                                                         MERECEN



   EXPULSIÓN DOS
   XUDEUS ( 1492 )



  AUTOS DE FÉ DE
  VALLADOLID NO
REINADO DE FILIPE II



        14. Completa o seguinte cadro sobre a política exterior de Carlos I e
Filipe II.



  FRONTE DE LOITA               CARLOS I                    FILIPE II



       FRANCIA



        ROMA



 TURCOS OTOMÁNS



     PORTUGAL



   PROTESTANTES
15. En moitas ocasións tendemos a achegarnos aos acontecementos
históricos só dende unha perspectiva europeística, así a batalla de Lepanto é
vista por nós como un dos grandes episodios bélicos do século XVI e sen
embargo os turcos lembran e magnifican a batalla naval de Prevenza que ten
lugar o 28 de setembro de 1538. Busca datos sobre ela na rede e razoa a
importancia que tivo para os otománs.

       16. Indica as variables demográficas características dunha época de
crecemento como a do século XVI español e compáraas coas da unha
situación adversa tomando como exemplo o século XVII:

      SÉCULO XVI                                      SECULO XVII

      - Elevada taxa de natalidade                    - Caída da natalidade.




      17. Completa o seguinte esquema:

                    CAUSAS DA CRISE DO SÉCULO XVII



DEMOGRÁFICAS          ECONÓMICAS             SOCIAIS             POLÍTICAS




       18. O Arbitrismo foi un conxunto de proxectos e medidas aparecidas en
España entre os séculos XVI e XVII que trataban de buscar unha solución aos
problemas que suscitaba a decadencia española. As solucións propostas, entre
outras, foron as seguintes: abolición da deshonra legal do traballo, poñer freo á
saída de metais preciosos e a venta de materias primas ao exterior,
introducción de manufacturas, etc. Imaxina que es un arbitrista español do
século XVII e elabora un memorial dirixido ao rei en onde aportes solucións
para saír da crise que vivía España nestes momentos.

     19. Fai un breve resumo sobre a evolución do problema mourisco en
España .

        20. Compara a imaxe de Tiziano do emperador Carlos V a cabalo coa do
rei Carlos II e comenta como reflicten momentos históricos radicalmente
distintos da historia de España. Fíxate como en ambos casos crease unha
imaxe de poder colocando ao monarca a cabalo. ( Para poder ver e interpretar
toda unha galería de retratos de monarcas españois pódese consultar a páxina
web: http://www.museodelprado.es/pagina-principal/educacion/el-prado-en-el-
aula/material-didactico-exposiciones-temporales/., El retrato español en el
museo del Prado. Del Greco a Goya. Moi útiles son tamén as guías didácticas
do Museo do Prado sobre os reis de España no museo tanto os da casa
Habsburgo como a Borbón )

      21. Constrúe unha liña de tempo e sitúa nela os seguintes
acontecementos: tregua dos doce anos, conquista de Granada, anexión de
Portugal, tratado de Cateau-Cambrésis, paz de Augsburgo, expulsión dos
xudeus, revolta das comunidades, batalla de Lepanto, paz de Westfalia,
sublevación aragonesa, desastre da Armada invencible.

        22. Ananos, xograres e bufóns estaban de moda nas cortes europeas.
Na española eran moi respectados, así os representa Velázquez, valorando a
súa dignidade. Fixándote nas imaxes do “ Neno de Vallecas “ e “ As meninas “
indica:

          •   ¿ Que pensas ti destes personaxes ?. Compáraos cos reais.

          •   Elixe o que máis te chame a atención e descríbeo amplamente.

          •   Dentro da riquísima policromía das Meninas escolle tres cores
              dominantes.

          •   Que personaxes están representados no espello?

          •   Coa axuda do teu profesor/a explica como logra o autor o dominio
              da perspectiva aérea.

          •   Busca versións das “ Meninas “ de autores contemporáneos.

      23. Sobre a figura de Velázquez recomendamos aos profesores/as que
os alumnos, partindo ben de diapositivas ou imaxes plastificadas das principais
obras do autor ben coa axuda do taboleiro electrónico, realicen os exercicios do
caderno didáctico que acompañaba a exposición itinerante organizado pola
xunta de Andalucía en 1999 con ocasión do IV Centenario do nacemento do
pintor e que se mostrou no museo de Belas Artes de Coruña e tamén en
Ourense. O caderno pódese mercar en internet na librería virtual da Xunta de
Andalucía ou ben poñéndose en contacto co Museo de Belas Artes da Coruña.
Outra            páxina          web           moi          interesante         é
http://www.artehistoria.jcyl.es/genios/videos/index.html xa que nela pódese
visionar tres vídeos sobre o pintor: Velázquez, pintor de pintores, As Meninas, e
As Lanzas. Por último, destacar outro magnifico recurso na rede sobre
Velázquez na que se poden atopar datos sobre a súa vida, obra, tempo,
museos,                                                                   xogos:
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/recursos_informaticos/concurso1999/
3premio/presenta.htm

        24.            Busca            información         na             rede
(http://es.wikipedia.org/wiki/Sofonisba_Anguissola)     sobre         Sofonisba
Anguisciola. Reflexiona sobre o feito de que os libros de historia silencian en
moitas ocasións o papel desempeñado polas mulleres.

        25. Nos estudos de historia é moi importante a duración dos fenómenos
históricos:

          •   Un acontecemento, un incendio, unha voda, a coroación dun rei,
              a firma dun tratado, son algo fugaz . Teñen unha duración corta.

          •   Temos en segundo lugar un conxunto de acontecementos que
              poden ser económicos, políticos, sociais e culturais. Teñen unha
              duración maior có acontecemento, aínda que segue sendo breve
              e caracterízanse polas flutuacións, os cambios constantes.
              Utilízase entón o concepto de tempo medio, de duración media
              da conxuntura. Este termo utilízase preferentemente en historia
              económica e nos remite aos cambios que se producen na vida
              económica como as alzas e baixadas na produción, as oscilacións
              nos prezos, etc.

          •   Por último, existen realidades históricas, estruturas que duran un
              tempo longo e que permanecen por debaixo do continuo cambio
              dos acontecementos e dos conxunturais. Por exemplo, e
              seguindo coa economía, a estrutura económica imperante nestes
              séculos en España caracterizada pola importancia da produción
              agrícola sobre a industria ou “ artesanía “, polas crises de
              subsistencia, a escaseza tecnolóxica, etc.

      Neste exercicio estudaremos a conxuntura da chegada de metais
preciosos a península para entender a estrutura económica de España nos
séculos XVI e XVII.
Períodos                               Quilos de ouro                                       Quilos de prata
             1503-1510                              4.965
             1511-1520                              9.153
             1521-1530                              4.889                                                148
             1531-1540                              14.446                                               86.193
             1541-1550                              24.957                                               117.573
             1551-1560                              42.620                                               303.121
             1561-1570                              11.530                                               942.858
             1571-1580                              9.429                                                1.118.592
             1581-1590                              12.101                                               2.103.027
             1591-1600                              19.451                                               2.707.626
             1601-1610                              11.764                                               2.213.631
             1611-1620                              8.855                                                2.192.255
             1621-1630                              3.889                                                2.192.255
             1631-1640                              1.240                                                2.192.255
             1641-1650                              1.549                                                2.192.255
             1651-1660                              469                                                  2.192.255


        3.000.000

        2.500.000

        2.000.000
                                                                                                                     Quilos de ouro
        1.500.000
                                                                                                                     Quilos de prata
        1.000.000

          500.000

                 0
                     1503-1510
                                 1521-1530
                                             1541-1550
                                                         1561-1570
                                                                     1581-1590
                                                                                 1601-1610
                                                                                             1621-1630
                                                                                                         1641-1650




       No gráfico de barras que che amosamos pódese ver que basicamente
recibiamos de América prata e que o ouro supoñía unha pequena cantidade no
conxunto das importacións. Representa os datos referidos á prata mediante un
gráfico lineal. A continuación, describe a evolución da súa chegada a España
durante os séculos XVI e XVI. Que períodos rexistran unha maior arribada?
Cando comeza a notarse un estancamento e unha crise?.
26. É moi aconsellable a lectura nestas idades da primeira novela que
inaugura o ciclo do Capitán Alatriste de A. Pérez Reverte. É conveniente que o
profesor complete a lectura coa utilización na clase dunha serie de recursos :

         •   Libro de A. Pérez Reverte El capitán Alatriste y la España del
             siglo de oro, xa que ten un carácter moi didáctico presentando de
             forma atractiva temas como o Madrid da época, relixión e
             Inquisición, a vida cotián, o honor e os duelos, deportes.....que
             axudan a comprender a España do XVII.

         •   Orientacións sobre como traballar coa película na revista Making
             of- Cuadernos de cine y educación ano 2007 nº 48.

         •   Información variada referida tamén a vida cotián na España do
             século de ouro en http://www.artehistoria.jcyl.es/historia/vida.htm.

         •   Páxina web: http://www.capitanalatriste.com/index.htm

         •   Para orientar didacticamente ao profesorado tanto dende o punto
             de vista literario, como histórico é moi útil a páxina web:
             http://www.sapiens.ya.com/bizienbiblio/recursos/alatriste.htm
6   TEMA DE AMPLIACIÓN
As fontes a partir das cales se pode obter información sobre este tema
son os museos militares, castelos, murallas, libros da época sobre a guerra e
as súas técnicas, gravados, pinturas, cartas, e diarios de soldados, informes
oficiais de goberno, etc..

          PROCEDENCIA DOS RECLUTAS

       Case ningún país europeo podía permitirse manter un exército
profesional permanente xa que isto supoñía pagar tamén ás tropas en época
de paz. Polo tanto, cada vez que estouraba unha guerra, había que recrutar
aos veteranos e alistar novos soldados. En ocasións, o número era insuficiente,
polo que se recorría a mercenarios que compoñían as veces ata 1/3 ou a
metade do exército. Procedían na súa meirande parte de zoas montañosas con
terreos non aptos para a agricultura e cuxa poboación tiña que buscar outra
forma de gañarse a vida: estados do sur de Alemaña, cantóns suízos, e os
Balcáns.

      Os recrutas organizábanse en escuadras de vintecinco soldados baixo o
mando dun cabo. Cada escuadrón pertencía a unha compañía de 150 homes
ao mando dun capitán. Por último, a compañía encadrábase nun rexemento de
1500 homes controlados por un coronel.

      Os soldados rasos pertencían ás clases baixas, mentres que os oficiais
eran homes saídos das clases altas da sociedade.

          ASPECTO DOS SOLDADOS

       Acostumaban a levar barba e bigote xa que pensaban que lles confería
un aspecto máis fero, adecuado para a loita. Non levaban uniformes, como
hoxe en día, senón que cada un elixía as súas propias roupas porque críase
que así loitaría con máis valor e alegría. A única maneira de distinguir aos
camaradas dos inimigos era un marca distintiva que levaban todos na roupa:
azul para Francia, vermello para España.

       Algunhas veces, os soldados loitaban practicamente nus ou vestidos con
farrapos xa que a muda completa que recibían ao incorporarse ao exército
desgastábase moi facilmente coa vida activa. Moitos deles presentaban un
aspecto horrible: mal vestidos, deformados polas feridas de guerra, marcas...

 A VIDA NO EXÉRCITO

      Evidentemente o modo de vida dos soldados e oficiais variaba
enormemente. Así mentres os oficiais durmían en tendas de dobre teito, os
soldados facíano ao raso.
Se non estaban coa compañía, os soldados aloxábanse en casas de
civís en onde obtiñan cama e comida co conseguinte prexuízo para estes
últimos. A paga que recibían estes soldados non era escasa, pero adoitaba
atrasarse en ocasións anos.

      Cando os exércitos permanecían mobilizados varios anos, non era
estraño que os soldados contraesen matrimonio e que as mulleres
acompañasen na marcha ao marido.

       Estes exércitos perdían cada vez máis soldados por diferentes motivos.
O principal eran as enfermidades - peste, varíola, disentería, malaria,
tuberculose, sífilis - e as feridas producidas no campo de batalla tales como as
fracturas ou lesións en pernas ou brazos, que se solucionaban amputando o
membro danado. Durante os séculos XVI e XVII só España dispoñía de
hospitais militares para as súas tropas. Os exércitos perdían tamén a os seus
integrantes por culpa das desercións. Aqueles que lograban sobrevivir ata o
remate do conflito licenciábanse entregando as súas armas e recibindo a
cambio os salarios atrasados.

 AS ARMAS

       Os soldados de infantería usaban fundamentalmente a pica e o
mosquete. A pica era un arma moi longa ( entre 4,5 e 6 m ) e difícil de
manexar. O mosquete era un arma de fogo de utilización lenta, xa que era moi
pesada ( uns nove quilos ) e para disparala necesitábase un pé en forma de
forca e uns 28 movementos. A súa utilización foise perfeccionando co tempo.

       Nos séculos da Idade Moderna a cabalería decidiu abandonar as
armaduras completas conservando só os protectores de peito, lombo e coxas.
A razón foi que a extensión das armas de fogo provocou que para evitalas,
tivesen que aumentar a rapidez do seu ataque dificultado por armaduras que
pesaban máis de trinta quilos. Como cascos utilizaron primeiro o morrión e logo
a langostera. As súas armas eran as pistolas largas e sobre todo as espadas.

       Durante o século XVI as tropas formábanse en ringleiras estreitas, unhas
detrás doutras, coa infantería no centro e a cabalería e a artillería aos lados. O
enfrontamento abríano os mosqueteiros e posteriormente comezaba o combate
pica a pica. As pequenas unidades de cabalería mantíñanse ao marxe.

      Na centuria seguinte, o esquema variou. Os xinetes eran máis efectivos
e a cabalería crecera, así que as batallas abríronse cun ataque masivo destas.

 ESTEBANILLO GONZÁLEZ

      O vintetrés de xuño de 1634 un exército de 19.000 soldados españois
saíu de Milán, en Italia, para cruzar os Alpes camiño de Alemaña. Ao fronte do
mesmo atopábase o irmán do rei Filipe IV, o príncipe Fernando, que perseguía
principalmente dous obxectivos: o primeiro, localizar e destruír un exército de
tropas suecas no sur de Alemaña; e segundo, derrotar aos rebeldes
holandeses nos Países Baixos. No exército de Don Fernando viaxaba un
soldado - cociñeiro de nome Estebanillo González que escribiu un libro sobre
as súas fazañas nos Países Baixos.

      Estebanillo González lembra que levaba o mosquete atado cunha corda,
porque tanto o percusor como a culata estaban rotos; en vista do estado da súa
arma, decidiu encher os seus frascos de pólvora con sal e pementa, pois así,
segundo dicía “ xa que non podía loitar polo menos comería decentemente “.
Por esta mesma razón substituíu a súa espada militar por tres coitelos de
cociña, un grande, outro mediano, e outro pequeno, para poder aproveitar
calquera tipo de comida que se cruzara no seu camiño.

       Fixeron falla tres semanas de penalidades para chegar a Insbruck, á
outra beira dos Alpes, onde recibiron a súa paga e puideron descansar.
Ademais da paga, repartíronse roupas e botas novas para os que o
necesitasen e impuxéronse castigos a todos os que cometeran algunha falta ou
trataran de desertar polo camiño.

       Despois dunha boa tempada de descanso en Insbruck, o exército
chegou a Munich o vintecatro de agosto. Agora atopábanse relativamente
cerca das tropas dos seus aliados, os católicos alemáns, e tamén das dos seus
inimigos, os suecos e protestantes alemáns. Dende alí, foron avanzando
cautelosamente ata que o dous de setembro chegaron ás aforas de Nördligen,
unha cidade ao noroeste de Munich, onde se reuniron co exército dos católicos
alemáns para acampar os dous xuntos e loitar contra os protestantes. Ninguén
pode negar que a de Nördlingen foi para os españois unha gran victoria.

       Estebanillo saíu indemne da aventura: o ruído dos primeiros disparos
fora demasiado para el e como xa non aguantaba máis, meteu a súa cabeza
nun burato xunto a un cabalo morto, finxindo ser o xinete do mesmo, tamén
morto. Só se atreveu a saír cando oíu aos españois que celebraban a victoria.
Entón púxose en pé dun salto, sacou o coitelo de cociña máis grande que
levaba e uniuse a persecución contra os protestantes para “ rebañar a uns
cantos suecos “ e para apuñalar e roubar canto puidese aos mortos e aos
moribundos que quedaban no campo de batalla.

      O dez de setembro o príncipe Filipe fixo formar aos seus homes en
columna e púxose en marcha cara os Países Baixos ( Bruxelas ). As estradas
eran malas e a paisaxe desértica: os pobos reducidos a cinzas e os poucos
superviventes parecían sombras farrapentas. O exército non chegou a súa
meta ata o catro de novembro de 1634.

          O CAPITÁN ALATRISTE

      O escritor Arturo Pérez Reverte escribiu unha serie de libros de
aventuras que teñen como protagonista a un soldado veterano dos tercios de
Flandes, o capitán Alatriste, que vive no Madrid do século XVII e cuxas
correrías son contadas por un mozo Iñigo Balboa. Na aventura titulada O sol de
Breda cóntasenos o asedio a esta cidade holandesa e a posterior victoria dos
españois.

        “ A tales datas do negocio, o de Breda non era xa para España cuestión
militar senón reputación. Estaba o mundo en suspense agardando o fracaso
das armas do rei católico. Ata o sultán dos turcos - a quen malos suores dera
Cristo - esperaba o desenlace para ver se o noso rei noso señor saía poderoso
ou minguado do trance, e da Europa converxían os ollos de todos reis e
príncipes, en especial os de Francia e a Inglaterra, sempre atento para sacar
tallada das nosas desgracias e doerse dos goces españois, como ocorría
tamén no Mediterráneo cos venecianos e ata co papa de Roma. Que a súa
santidade, pese a ser vicario da divinizade na terra e toda a , e pese tamén a
que eramos os españois os que facíamos o traballo sucio en Europa
arruinándonos en defensa de Deus e María Santísima, procuraba amolarnos
canto podía e aínda máis, por ceos de nosa influenza en Italia (...). Ao fin de
contas e xusto un século antes do de Breda, o seu antecesor, Clemente VII,
tivera que poñer pes en polvorosa, remangándose a sotana (...) cando os
españois e os lansquenetes de noso emperador Carlos V - que levaban sen
cobrar unha paga dende que o Cid Campeador era cabo -asaltaron as súas
murallas e saquearon Roma sen respectar pazos, nin cardeais, nin mulleres,
nin conventos “

 ACTIVIDADES

         •   Nun mapa mudo de Europa marca a ruta seguida polo exército do
             príncipe Fernando en 1634. Así obterás o itinerario coñecido
             como “ Camiño español “. Calcula os meses que durou a viaxe.

         •   A partir da información que te presentamos e do relato de
             Estebanillo González, que imaxe tes dos exércitos da época?
             parécenche moi profesionais?

         •   Que famoso episodio do reinado de Carlos I lembra o paxe do
             capitán Alatriste ?

         •   Iñigo Balboa fai referencia aos inimigos que tiña a coroa española
             no século XVII . Enuméraos e cita as causas de tal enemizade.

         •   Tamén di que a política exterior seguida polos españois levábaos
             directamente á ruína. Estas de acordo con tal apreciación?.
             Razoa a resposta.

         •   Os dous textos que che propoñemos remítenmos a dúas victorias
             españolas ( Breda en 1625 e Nördlinger no 1634 ) pertencentes a
un conflito xeneralizado que vive Europa no século XVII.
    Menciónao e analiza as súas causas e consecuencias.

•   Na “ Rendición de Breda “, Velázquez optou por reflectir non unha
    escena de loita senón o momento en que Justino de Nassau,
    gobernador da praza conquistada, entrega as chaves da cidade
    ao xeral das tropas españolas Ambrosio de Spínola. A escena é
    dividida en dúas partes onde se colocan a vencedores e vencidos.
    Con que símbolos se representan uns e outros?.
7    BIBLIOGRAFÍA
    Belenguer, Ernest, El imperio hispánico 1479-1665, Barcelona 1994.

    Bennassar, Bartolomé y otros, Historia moderna, Madrid 1980.

    Bennassar, Bartolomé y Kucil, 1492. Un mundo nuevo, Madrid 1992.

    Bouza, F., Los Austrias Mayores, Imperio y monarquía de Carlos I y
    Felipe II, Madrid, 1996.

    Corvisier, André, Historia moderna, Barcelona, Labor, 1977.

    Chaunu, Pierre, La civilización de la Europa clásica, Barcelona 1975.

    Delumeau, Jean, La civilización del Renacimiento, Barcelona 1977.

    Domínguez Ortiz, Antonio, Historia Universal III. Edad Moderna,
    Barcelona 1983.

    Domínguez Ortiz, Antonio, Historia Universal III. Edad Moderna,
    Barcelona 1983.

    Dulmen, R. Van, Los       inicios de la Europa moderna ( 1550-1648 ),
    Madrid, 1984.

    Elliot, J.H., La Europa dividida ( 1559-1598 ), Madrid 1973.

    Elliot, J., Richelieu y Olivares, Barcelona, 1980.

    Elliot, J.H., El Viejo Mundo y el Nuevo, 1492-1650, Madrid 1984.

    Evans, R.J. W. , La monarquía de los Habsburgos ( 1550-1700 ),
    Barcelona, 1989.

    Fernández Álvarez, Manuel, Carlos V, el Caesar y el hombre, Madrid
    1999.

    Fernández Álvarez,M., y A. Díaz Medina, Los Austrias Mayores y la
    culminación del Imperio ( 1516-1598 ), Madrid, 1987.
Fernández Álvarez, Manuel, Juana la loca, la Cautiva de Tordesillas,
Madrid 2000.

Fernández Álvarez, Manuel, Felipe II y su tiempo, Madrid 2004.

García Cárcel, R., La cultura del siglo de oro, Madrid, 1996.

Gerahrd, D., La Vieja Europa. Factores de continuidad en la Historia
europea ( 1000-1800 ), Madrid 1991.

Hale, J.R., La Europa del Renacimiento, Madrid 1973.

Hay, Denis, La época del Renacimiento, Barcelona 1972.

Hernández Sánchez –Barba, M., La monarquía española y América,
Madrid 1990.

Kamen, Henry, La sociedad europea ( 1500-1700 ), Madrid 1987.

Koenigsberg, H.G., El mundo moderno, Barcelona 1991.

Koenigsberger, H., y Mosse, G.L., El siglo XVI, Madrid 1974.

Ladero Quesada, Miguel Ángel, La España de los Reyes Católicos,
Madrid 1999.

Mann, Golo, Historia Universal.VII . De la Reforma a la Revolución, 2
vols., Madrid 1988.

Maravall, José Antonio, Carlos V y el pensamiento político del
Renacimiento, Madrid 1960.

Margolin, Jean C., y otros, Los inicios de la Edad Moderna, Madrid 1992

Martínez Ruiz, Enrique, y otros, Introducción a la Historia moderna,
Madrid 1991.

Molas Ribalta, Pere, La monarquía española ( siglos XVI-XVIII ), Madrid
1990.

Molas Ribalta, Pere y otros, Manual de historia moderna, Barcelona
1993.

Parker, Geoffrey., Felipe II, Madrid,1979.
Parker, Geoffrey, Europa en crisis ( 1598-1648 ), Madrid 1981.

Parker, Geoffrey, La guerra de los Treinta Anos, Barcelona, 1988.

Pennington, D. H., La Europa del siglo XVII, Madrid, Aguilar 1973.

Pérez, J., Isabel y Fernando. Los Reyes Católicos, Madrid 1988.

Pérez, Joseph, Carlos V, Madrid, 1999.

Pérez, Joseph, Los comuneros, Madrid 2001.

Sánchez Belén. J.A., Los Austrias Menores. La monarquía española en
el siglo XVII, Madrid, 1996.

Tenenti, Alberto, La formación del mundo moderno ( siglos XIV-XVII ),
Barcelona 1985.

Thomas, Hugh, El Imperio español , Barcelona, 2003.

Trevor Roper, H., La época de la expansión. Europa y el mundo desde
1559, Madrid 1988.
8     OBRAS LITERARIAS
    Alí, T. A la sombra del granado.

    Anónimo, El Lazarillo de Tormes.

    Anónimo, Vida y hechos de Estebanillo González.

    Arteaga, A. La princesa de Ebolí.

    Dominguez, M. P. El diamante de la reina.

    Passuth, L. Señor natural.

    Passuth, L. Más perenne que el bronce.

    Pérez Reverte, A. El capitán Alatriste, Limpieza de sangre, El Sol de
    Breda.......

    Quevedo, F. El Buscón.

    Sicardi, A. El castillo y el brocado.


9     FILMOGRAFÍA
    Aranda, V. Juana la loca, 2001.

    Cuerda, J.L. La Marrana, 1992.

    Díaz Yanes, J. Alatriste, 2006.

    Feyder, J. La Kermesse heroica, 1935

    Miró P. E perro del hortelano, 1996

    Salce L. El Greco, 1964.


    Uribe, I. El rei pasmao, 1963.


    Vega G. La Celestina, 1996.
Os vídeos correspondentes a esa etapa histórica da colección Memoria
de España de T.V.E e da Historia no seu lugar da Nova Historia de
España da editorial Planeta.
A España dos Reis Católicos

More Related Content

What's hot

Tema 12: Galicia na Idade Moderna
Tema 12: Galicia na Idade ModernaTema 12: Galicia na Idade Moderna
Tema 12: Galicia na Idade ModernaSanti Pazos
 
renacemento 110517020217-phpapp02
renacemento 110517020217-phpapp02renacemento 110517020217-phpapp02
renacemento 110517020217-phpapp02LOPEZMOURENZA
 
A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)rubempaul
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalrubempaul
 
Tema 5 Os grandes reinos peninsulares
Tema 5 Os grandes reinos peninsularesTema 5 Os grandes reinos peninsulares
Tema 5 Os grandes reinos peninsularesrubempaul
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Mediarubempaul
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalrubempaul
 
Unidade 5 al andalus
Unidade 5 al andalusUnidade 5 al andalus
Unidade 5 al andaluscamposseijo
 
Reis Católicos. Os descubrimentos xeográficos
Reis Católicos. Os descubrimentos xeográficosReis Católicos. Os descubrimentos xeográficos
Reis Católicos. Os descubrimentos xeográficosAgrela Elvixeo
 
06 os reinos cristiáns hispánicos
06 os reinos cristiáns hispánicos06 os reinos cristiáns hispánicos
06 os reinos cristiáns hispánicosroberto
 
A fragmentación do Mundo Antigo
A fragmentación do Mundo AntigoA fragmentación do Mundo Antigo
A fragmentación do Mundo AntigoAgrela Elvixeo
 
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galiciarubempaul
 
A península ibérica (s
A península ibérica (sA península ibérica (s
A península ibérica (smasinisa
 
Os Austrias. Auxe e decadencia
Os Austrias. Auxe e decadenciaOs Austrias. Auxe e decadencia
Os Austrias. Auxe e decadenciaAgrela Elvixeo
 
Tema 7 O nacemento do mundo moderno
Tema 7 O nacemento do mundo modernoTema 7 O nacemento do mundo moderno
Tema 7 O nacemento do mundo modernorubempaul
 
Organización administrativa e ordenación territorial en España
Organización administrativa e ordenación territorial en EspañaOrganización administrativa e ordenación territorial en España
Organización administrativa e ordenación territorial en EspañaAgrela Elvixeo
 
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)rubempaul
 
Unidade 9 imperio español
Unidade 9 imperio españolUnidade 9 imperio español
Unidade 9 imperio españolcamposseijo
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galiciarubempaul
 
Vocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAUVocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAUAgrela Elvixeo
 

What's hot (20)

Tema 12: Galicia na Idade Moderna
Tema 12: Galicia na Idade ModernaTema 12: Galicia na Idade Moderna
Tema 12: Galicia na Idade Moderna
 
renacemento 110517020217-phpapp02
renacemento 110517020217-phpapp02renacemento 110517020217-phpapp02
renacemento 110517020217-phpapp02
 
A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudal
 
Tema 5 Os grandes reinos peninsulares
Tema 5 Os grandes reinos peninsularesTema 5 Os grandes reinos peninsulares
Tema 5 Os grandes reinos peninsulares
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudal
 
Unidade 5 al andalus
Unidade 5 al andalusUnidade 5 al andalus
Unidade 5 al andalus
 
Reis Católicos. Os descubrimentos xeográficos
Reis Católicos. Os descubrimentos xeográficosReis Católicos. Os descubrimentos xeográficos
Reis Católicos. Os descubrimentos xeográficos
 
06 os reinos cristiáns hispánicos
06 os reinos cristiáns hispánicos06 os reinos cristiáns hispánicos
06 os reinos cristiáns hispánicos
 
A fragmentación do Mundo Antigo
A fragmentación do Mundo AntigoA fragmentación do Mundo Antigo
A fragmentación do Mundo Antigo
 
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
 
A península ibérica (s
A península ibérica (sA península ibérica (s
A península ibérica (s
 
Os Austrias. Auxe e decadencia
Os Austrias. Auxe e decadenciaOs Austrias. Auxe e decadencia
Os Austrias. Auxe e decadencia
 
Tema 7 O nacemento do mundo moderno
Tema 7 O nacemento do mundo modernoTema 7 O nacemento do mundo moderno
Tema 7 O nacemento do mundo moderno
 
Organización administrativa e ordenación territorial en España
Organización administrativa e ordenación territorial en EspañaOrganización administrativa e ordenación territorial en España
Organización administrativa e ordenación territorial en España
 
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
 
Unidade 9 imperio español
Unidade 9 imperio españolUnidade 9 imperio español
Unidade 9 imperio español
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
 
Vocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAUVocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAU
 

Viewers also liked

Rexións bioxeográficas española
Rexións bioxeográficas españolaRexións bioxeográficas española
Rexións bioxeográficas españolaCarlosbabilon
 
Diversidad biogeográfica en España. Las cliseries
Diversidad biogeográfica en España. Las cliseriesDiversidad biogeográfica en España. Las cliseries
Diversidad biogeográfica en España. Las cliseriesMadelman68
 
Sector gandeiro e forestal
Sector gandeiro e forestalSector gandeiro e forestal
Sector gandeiro e forestalCarlosbabilon
 
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...rubempaul
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)rubempaul
 
Paisaxes naturais de galicia
Paisaxes naturais de galiciaPaisaxes naturais de galicia
Paisaxes naturais de galiciacaruncho
 
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficeElaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficerubempaul
 
Концепция развития Информационно-издательского комплекса НГУ
Концепция развития Информационно-издательского комплекса НГУКонцепция развития Информационно-издательского комплекса НГУ
Концепция развития Информационно-издательского комплекса НГУSerge Florov
 
Vocabulario sobre vegetación
Vocabulario sobre vegetaciónVocabulario sobre vegetación
Vocabulario sobre vegetaciónIES Las Musas
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primariorubempaul
 
Unidade 4 paisaxes vexetais
Unidade 4   paisaxes vexetaisUnidade 4   paisaxes vexetais
Unidade 4 paisaxes vexetaiscaruncho
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)rubempaul
 
Dardanelos practica 002 cliserie de guadarrama
Dardanelos practica 002 cliserie de guadarramaDardanelos practica 002 cliserie de guadarrama
Dardanelos practica 002 cliserie de guadarramaDardanelos
 
Comentario De Una Cliserie
Comentario De Una CliserieComentario De Una Cliserie
Comentario De Una CliserieRaul Benavente
 
Tema 3 Diversidad HíDrica Y Biogeografica Ii
Tema 3  Diversidad HíDrica Y Biogeografica IiTema 3  Diversidad HíDrica Y Biogeografica Ii
Tema 3 Diversidad HíDrica Y Biogeografica IiMario Vicedo pellin
 

Viewers also liked (18)

Rexións bioxeográficas española
Rexións bioxeográficas españolaRexións bioxeográficas española
Rexións bioxeográficas española
 
Diversidad biogeográfica en España. Las cliseries
Diversidad biogeográfica en España. Las cliseriesDiversidad biogeográfica en España. Las cliseries
Diversidad biogeográfica en España. Las cliseries
 
Paisaxe de montaña
Paisaxe de montañaPaisaxe de montaña
Paisaxe de montaña
 
Sector gandeiro e forestal
Sector gandeiro e forestalSector gandeiro e forestal
Sector gandeiro e forestal
 
Rexión eurosiberiana
Rexión eurosiberianaRexión eurosiberiana
Rexión eurosiberiana
 
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
 
Paisaxes naturais de galicia
Paisaxes naturais de galiciaPaisaxes naturais de galicia
Paisaxes naturais de galicia
 
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficeElaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
 
Концепция развития Информационно-издательского комплекса НГУ
Концепция развития Информационно-издательского комплекса НГУКонцепция развития Информационно-издательского комплекса НГУ
Концепция развития Информационно-издательского комплекса НГУ
 
Vocabulario sobre vegetación
Vocabulario sobre vegetaciónVocabulario sobre vegetación
Vocabulario sobre vegetación
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Unidade 4 paisaxes vexetais
Unidade 4   paisaxes vexetaisUnidade 4   paisaxes vexetais
Unidade 4 paisaxes vexetais
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
 
Cliseries
CliseriesCliseries
Cliseries
 
Dardanelos practica 002 cliserie de guadarrama
Dardanelos practica 002 cliserie de guadarramaDardanelos practica 002 cliserie de guadarrama
Dardanelos practica 002 cliserie de guadarrama
 
Comentario De Una Cliserie
Comentario De Una CliserieComentario De Una Cliserie
Comentario De Una Cliserie
 
Tema 3 Diversidad HíDrica Y Biogeografica Ii
Tema 3  Diversidad HíDrica Y Biogeografica IiTema 3  Diversidad HíDrica Y Biogeografica Ii
Tema 3 Diversidad HíDrica Y Biogeografica Ii
 

Similar to A España dos Reis Católicos

Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia EspañaUnidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia EspañaAgrela Elvixeo
 
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptx
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptxUNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptx
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptxalbatrigo
 
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptrubempaul
 
Tema 5. os grandes reinos peninsulares
Tema 5. os grandes reinos peninsularesTema 5. os grandes reinos peninsulares
Tema 5. os grandes reinos peninsularesdanielvereavazquez
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade modernamttq
 
O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
 O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.  O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español. guest7c5a895
 
tema5-osgrandesreinospeninsulares-120112145248-phpapp02.ppt
tema5-osgrandesreinospeninsulares-120112145248-phpapp02.ppttema5-osgrandesreinospeninsulares-120112145248-phpapp02.ppt
tema5-osgrandesreinospeninsulares-120112145248-phpapp02.pptsaratoti
 
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)masinisa
 
08c a orixe do mundo moderno
08c a orixe do mundo moderno08c a orixe do mundo moderno
08c a orixe do mundo modernoroberto
 
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio españolroberto
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementocamposseijo
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade modernamttq
 
Unidade 4. o reformismo borbónico
Unidade 4. o reformismo borbónicoUnidade 4. o reformismo borbónico
Unidade 4. o reformismo borbónicoAgrela Elvixeo
 
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfApuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfBerta Campos
 
A reconquista
A reconquistaA reconquista
A reconquistaicoico1
 
Tema 8: Os Reis Católicos e a Arte Renacentista en España
Tema 8:  Os Reis Católicos e a Arte Renacentista en EspañaTema 8:  Os Reis Católicos e a Arte Renacentista en España
Tema 8: Os Reis Católicos e a Arte Renacentista en EspañaSanti Pazos
 
Unidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolUnidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolcamposseijo
 

Similar to A España dos Reis Católicos (20)

Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia EspañaUnidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
 
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptx
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptxUNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptx
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptx
 
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 5. os grandes reinos peninsulares
Tema 5. os grandes reinos peninsularesTema 5. os grandes reinos peninsulares
Tema 5. os grandes reinos peninsulares
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade moderna
 
O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
 O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.  O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
 
tema5-osgrandesreinospeninsulares-120112145248-phpapp02.ppt
tema5-osgrandesreinospeninsulares-120112145248-phpapp02.ppttema5-osgrandesreinospeninsulares-120112145248-phpapp02.ppt
tema5-osgrandesreinospeninsulares-120112145248-phpapp02.ppt
 
Tema6 150518150755-lva1-app6892
Tema6 150518150755-lva1-app6892Tema6 150518150755-lva1-app6892
Tema6 150518150755-lva1-app6892
 
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)
 
UNIDADE 1/2 - 3º E.S.O.
UNIDADE 1/2 - 3º E.S.O.UNIDADE 1/2 - 3º E.S.O.
UNIDADE 1/2 - 3º E.S.O.
 
08c a orixe do mundo moderno
08c a orixe do mundo moderno08c a orixe do mundo moderno
08c a orixe do mundo moderno
 
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacemento
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade moderna
 
Unidade 4. o reformismo borbónico
Unidade 4. o reformismo borbónicoUnidade 4. o reformismo borbónico
Unidade 4. o reformismo borbónico
 
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfApuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
 
A reconquista
A reconquistaA reconquista
A reconquista
 
Tema 8: Os Reis Católicos e a Arte Renacentista en España
Tema 8:  Os Reis Católicos e a Arte Renacentista en EspañaTema 8:  Os Reis Católicos e a Arte Renacentista en España
Tema 8: Os Reis Católicos e a Arte Renacentista en España
 
Tema 2. 3º ESO
Tema 2. 3º ESOTema 2. 3º ESO
Tema 2. 3º ESO
 
Unidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolUnidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio español
 

A España dos Reis Católicos

  • 1. Unidade 1. A ESPAÑA DOS REIS CATÓLICOS: A DINASTÍA DOS AUSTRIAS. Fachada do Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela
  • 2. ÍNDICE 1. Os Reis Católicos 2. O século XVI : do imperio de Carlos I á monarquía de Filipe II 2.1. O funcionamento do aparato administrativo 2.2. A poboación e as principais actividades económicas 2.3. Aspectos sociais 2.4. Política exterior e interior 2.5. Cultura e arte: Renacemento e Humanismo en España 3. O século XVII: a decadencia 3.1. O descenso demográfico e o afundimento económico 3.2. Unha sociedade en crise 3.3. A crise política: a perda de hexemonía europea e os pro- blemas internos. 3.4. O apoxeo cultural e artístico: o século de ouro das letras e o Barroco español 4. A América española nos séculos XVI e XVII 5. Cuestionario 6. Ampliación 7. Bibliografía 8. Obras literarias 9. Filmografía
  • 3. INTRODUCIÓN: Con Carlos V inaugúrase a dinastía dos Austrias que gobernará España nos séculos XVI e XVII. Durante o primeiro século e cos Austrias Maiores - Carlos I e Filipe II - a Península Ibérica vivirá un período de esplendor que se traducirá na superioridade do Imperio español sobre o resto de Europa. Pola contra, o século XVII dará paso a unha época de crise baixo os Austrias Menores - Filipe III, Filipe IV e Carlos II - que provocará que se traslade á Francia de Lois XIV o título de potencia hexemónica no continente europeo. 1 OS REIS CATÓLICOS Un dos trazos fundamentais da Idade Media foi a perda de poder do monarca fronte aos nobres. Pois ben, o derradeiro século do medievo en Castela caracterízase, a nivel político, polo esforzo constante da nobreza por controlar o poder real. Co rei Henrique IV agudízase esta loita que desembocará na guerra civil que enfrontará á súa filla, Xoana a Beltranexa, coa súa tía, Isabel, irmán do rei e muller de Fernando de Aragón dende 1469. Os nobres pretendían debilitar o poder real e apoiaron a Isabel pensando que sería unha raíña fácil de dominar. Este conflito tivo tamén unha vertente internacional xa que Portugal apoiou a Xoana e Aragón a Isabel. A paz de Alcaçovas ( 1479 ) puxo fin ao problema dinástico afianzando na coroa a Isabel que se revelará coma unha raíña que non estaba disposta a tolerar as intromisións da nobreza e que ademais encarnaba o desexo das cidades de contar cunha autoridade real forte. A monarquía dos REIS CATÓLICOS - Isabel I de Castela e Fernando de Aragón ( 1477-1504 ) - non supuxo a unidade dos reinos pois na práctica ambos estados seguían mantendo as súas leis, institucións, moeda, lingua...Iso non quita para que o conxunto castelán-aragonés fose considerado no exterior como España ou monarquía hispánica.
  • 4. POLÍTICA INTERIOR. A primeira tarefa que van a acometer é o intento de levar a cabo a unidade territorial da península. Procédese así, a través de diferentes vías, á anexión de: • Granada ( 1492 ) que foi tomada polas armas aos musulmáns. • Rosellón e Cerdaña ( 1493 ) condados que foron devoltos por Francia grazas aos contactos diplomáticos con Aragón selados no Tratado de Barcelona. • Canarias ocupada por Castela en 1499. • Navarra ( 1512 ) conquistada polos exércitos do duque de Alba. Ao mesmo tempo, os Reis Católicos levan a cabo o proceso de instauración dunha monarquía autoritaria na que o soberano realmente goberna e é fonte de poder. Os reis conseguiron este obxectivo a través de tres vías: • Sometemento da nobreza, atraéndoa á corte con promesas de cargos. • Control do clero e das minorías relixiosas. Lógrase o dereito de nomear as persoas que desempeñarán altos cargos eclesiásticos ( Padroado Real en Granada e Indias ). Coa creación en 1478 do Tribunal da Inquisición vixiábanse ás minorías étnicas e relixiosas, o que derivou na expulsión dos xudeus en 1492 e na conversión en masa dos mouros do antigo reino de Granada no ano 1502 senón querían verse forzados a abandonar a península. Ante a disxuntiva, a maioría converteuse, aínda que en segredo seguían a practicar a súa relixión, e foron chamados mouriscos. • Levouse a cabo tamén unha profunda reorganización administrativa que supuxo: a introdución de letrados saídos das universidades no Consello Real que se erixiu como principal instrumento de goberno asesorando aos reis; o sometemento das Cortes; a creación de órganos de xustiza coma as Chancelerías en Valladolid e Granada; a reorganización do exército e da facenda ; e o control dos municipios coa creación da figura dos corrixidores. POLÍTICA EXTERIOR. Mentres Castela inicia a carreira americana e ocupa prazas no norte de África ( Melilla, Orán, Arxel, Túnez e Trípoli), Fernando, en pugna con Francia, dirixe os seus esforzos á anexión do reino de Nápoles. A confrontación con Francia conducirá ao deseño dunha política matrimonial que ten como fin último a busca de alianzas ( Portugal, Inglaterra e Austria ) que garantan apoios fronte ao país veciño
  • 5. O testamento de Isabel a Católica deixaba como herdeira a súa filla Xoana pero no caso de ausencia ou incapacidade de esta ( afectada por graves problemas mentais ) recaía a rexencia no seu marido Fernando ata que o fillo de Xoana e Filipe, Carlos arquiduque de Austria, cumprise os vinte anos. Neste enlace accédese a unha liña de tempo que axuda a seguir o tema. 2 O SÉCULO XVI : DO IMPERIO DE CARLOS I Á MONARQUÍA DE FILIPE II 2.1 O FUNCIONAMENTO DO APARATO ADMINISTRATIVO A monarquía española era unha monarquía global composta por unha variedade de reinos que pertencían ao rei por conquista ou herdanza. Durante estes séculos a monarquía dos Austrias avanzará co propósito de impoñer unha monarquía autoritaria pero atópase cunha serie de elementos que limitan as súas posibilidades de actuación. En primeiro lugar, exercía o dominio sobre un conxunto de territorios que tiñan como soberano a un rei que non residía neles. En segundo lugar, o seu goberno, como tal monarquía composta, baseábase no respecto ás propias institucións de cada un deses territorios. No fondo, a monarquía existía por un diálogo continuo entre o centro do reino e os territorios periféricos sen que ningún deles se impuxese e a súa capacidade de supervivencia suxire que estes vínculos non eran febles. Ao non posuír os reis un corpo de oficiais extenso que transmitise as súas ordes, o que farán será pactar coas elites ou grupos sociais dominantes de cada territorio. Pero ademais debían respectar os dereitos, deberes e privilexios de cada un dos estamentos ou grupos sociais - nobreza, clero, estado chan – dos que se compoñía a sociedade actuando como xuíces supremos entre eles. Os principais organismos de goberno van a ser os seguintes: • Os Consellos. Eran órganos consultivos que asesoraban ao monarca no exercicio das tarefas de goberno. Uns encargábanse de diversas materias ou asuntos que afectaban ao conxunto da monarquía ( Facenda ), e outros tiñan un ámbito territorial (Navarra, Italia, Portugal ). • Os Secretarios reais ocupábanse de trasladar memoriais e consultas escritas ao monarca para, despois, devolver a resposta do rei aos Consellos. Prodúcese agora un cambio na forma na que o rei despacha os asuntos de goberno, antes de forma oral, e cada vez máis a través da consulta escrita. • Vicerreis. Substituían a figura do rei nos territorios nos que este faltaba.
  • 6. Audiencias. Eran tribunais de xustiza e existían tanto na Coroa de Castela ( Granada, Galicia, Canarias e Sevilla ) como na de Aragón ( Zaragoza, Valencia, Barcelona, Mallorca ). • Corrixidores. Os monarcas intentan controlar os municipios a través de funcionarios que velan polo cumprimento dos intereses e ordes reais. Aínda así as cidades conservaron, en certa medida, a súa autonomía. • As Cortes. Van perdendo importancia e o número de veces en que se reúnen redúcese co tempo. Deixan de ser convocadas por nobres e eclesiásticos pasando a xuntarse só o rei con cada unha das dezaoito cidades que tiñan voto en Cortes. 2.2 A POBOACIÓN E AS PRINCIPAIS ACTIVIDADES ECONÓMICAS A Poboación. En termos xerais a poboación española ao longo do século XVI experimentou un crecemento demográfico e boa proba diso son as testemuñas de novas rompas de terras, a fundación de poboacións e a emigración de casteláns ás Indias. Así, a finais de século podemos calcular que España tería aproximadamente uns oito millóns de habitantes. As características desta poboación serían as seguintes : • Poboación eminentemente rural ( ¾ partes da poboación ). • Elevada taxa de natalidade ( 40 por mil ). • Estaba afectada por fases de mortalidade catastrófica debida á suma de crises agrarias, epidemias e fames. • A causa do crecemento foi a boa marcha da economía, o que fixo que a xente casase máis - incremento da taxa de nupcialidade - e a idades máis temperás. A Economía. Debemos sinalar en primeiro lugar a agricultura, base da economía, que experimentou ao longo do século XV un aumento de produción basicamente extensivo, é dicir, producíase máis porque se puxeran en cultivo novas terras non porque se mellorasen os rendementos por unidade de superficie. De feito, as ferramentas era moi rudimentarias, as terras estaban mal aboadas e necesitábase unha man de obra numerosa para traballar os campos. Os cultivos fundamentais eran os cereais - trigo, centeo, cebada e avea - dedicados á subsistencia, e a vide e a oliveira destinadas á comercialización. As frecuentes crises agrarias, que provocaban un aumento dos prezos, intentáronse solucionar con pósitos ou almacéns de cereais, con
  • 7. importacións e fixando un prezo máximo ao que se podía vender o pan - taxa do pan -. A Industria. A produción artesanal urbana estaba organizada en gremios nos cales se agrupaban os que se dedicaban a un oficio determinado, por exemplo, zapateiros, prateiros, acibecheiros... Entre os sectores “industriais“ máis destacados estaría o de panos de la dedicado ao consumo interno con centros en Segovia e Córdoba. Tamén destaca a sedaría localizada en Granada. O segundo ámbito de produción industrial era a elaboración de ferro en numerosas ferrerías que se estendían desde Galicia ata os Perineos e que servirían posteriormente para fabricar armas. O Comercio. O interior era moi limitado debido á penosa estrutura viaria e de transportes, o que facía as comunicacións lentas e difíciles. Debido a iso, cada comarca víase abocada practicamente ao autoabastecemento. Destaca a importancia que tiñan algunhas feiras como as de Medina do Campo e Rioseco. O comercio exterior peninsular pódese dicir que corresponde ao do un país atrasado industrialmente pois predominan as exportacións de materias primas e produtos agrarios en tanto que as importacións son basicamente manufacturas, deixando aparte os cereais importados polas rexións costeiras. Polo tanto, a balanza comercial era claramente deficitaria. As rutas comerciais máis destacadas son: • A do Mediterráneo que experimenta un descenso. A Italia expórtanse la, azucre, pementa e coiros, e de alí impórtanse teas, armas, produtos manufacturados, sedas e perfumes. • O comercio co norte de Europa, que unía os portos de Bilbao, Laredo e Santander, por onde saía la, ferro, aceite, ouro e prata, cos dos Países Baixos, de onde chegaban teas, libros, papel, cereais, estaño e peixe. Así, materias primas como a la eran exportadas en bruto e volvían a España transformadas en manufacturas - teas flamencas - a prezos elevados. • O comercio americano foi sen dúbida o máis importante de todos. Exportábanse produtos agrarios españois - viño, trigo, gando, materias tintorias, aceite, arroz, augardente, froitos secos - e tamén estranxeiros - como teas dos Países Baixos -. As importacións consistían fundamentalmente en ouro, prata, e outras mercadorías como cacao, tabaco, tomate, millo e pataca. Asemade o comercio exterior hispano actuaba tamén de reexportador a Europa das materias primas que viñan de América - cacao, azucre, plantas colorantes - as cales non compensaban, ao igual cas exportacións nacionais, o alto valor das importacións. Este desequilibrio da balanza de pagos inténtase saldar coa saída de metais preciosos como ocorre no caso das partidas que se
  • 8. dirixían aos Países Baixos. En xeral, este comercio viviu unha conxuntura favorable se exceptuamos unha breve caída entre 1550 e 1562. 2.3 ASPECTOS SOCIAIS Na sociedade hispana do século XVI a pertenza a unha familia determinaba o estamento ou grupo social, así un fillo de nobre o era por nacemento. A nobreza era un dos grupos privilexiados e ser parte integrante dela obrigaba a manter un decoro ou respecto ao estamento. Isto levaba consigo que os nobres non podían dedicarse a actividades consideradas viles - artesanía, comercio - xa que se consideraba algo indecoroso. O privilexio reportaba unha serie de vantaxes: acceso a cargos políticos, preeminencia social, beneficios económicos, exención de impostos, etc. Algúns nobres non só eran donos de extensos territorios que arrendaban en partes a campesiños, senón que tamén ostentaban ás veces sobre eles o título de señorío, incluso sobre terras das que non eran propietarios, o que supoñía para os vasalos o pago de rendas e dereitos de vasalaxe e para os nobres a designación de oficiais para o goberno e a administración de xustiza. Polo tanto, a meirande parte dos nobres eran rendeiros e a institución do morgado lles permitía conservar integro o patrimonio familiar herdándoo o fillo maior, o cal só podía dispoñer dos seus froitos, xa que non podía vendelo. Dentro da nobreza existía unha variada gama de situacións: • Un grupo reducido de grandes títulos donos de enormes rendas e extensas terras. • Un elevado número de cabaleiros urbanos que coparían os cargos municipais. • Nunha escala máis baixa estarían os fidalgos. O Clero. A entrada no estamento clerical entrañaba tamén privilexios: non pagaban impostos; tiñan a súa propia xustiza eclesiástica; gozaban de donativos, de variadas rendas - señoríos eclesiásticos - e do décimo; e os seus bens estaban amortizados, é dicir, transmitíanse indivisos e non podían ser obxecto de venda. Pódense distinguir variadas situacións: • Alto clero: arcebispos, canónicos, abades...que constituían unha especie de aristocracia clerical. Este grupo estaba integrado polos segundóns da nobreza. • Baixo Clero: párrocos, frades, monxes... Terceiro Estado. Estaba composto polos seguintes grupos:
  • 9. Mundo Urbano:  Alta burguesía urbana dedicada ao comercio de exportación e importación.  Comerciantes ao por maior de lenzos, panos, sedas, tecidos vastos....  Burócratas - altos maxistrados, notarios, escríbanos, rexedores - e profesións liberais como médicos e cirurxiáns.  Comerciantes polo miúdo ou regatóns agrupados en confrarías ou gremios.  Un amplo número de marxinados sociais: pobres, delincuentes, pícaros, vagabundos, escravos, minorías étnicas e relixiosas. • Mundo Rural:  Na cúspide estaban os adiñeirados ou principais que compaxinaban a explotación das súas propiedades coa administración de bens da nobreza e clero e posuían as veces oficios nos concellos.  Labradores, pequenos propietarios rurais que cultivaban algunhas parcelas da súa propiedade pero que tiñan que tomar outras en arrendo.  Xornaleiros, campesiños que se contrataban para realizar labores agrarias e non dispoñían de ferramentas nin de animais. 2.4 A POLÍTICA EXTERIOR E INTERIOR CARLOS I ( 1516-1556 ) recibe á morte do seu pai os territorios da casa ducal de Borgoña, dos que Filipe o Fermoso fora gobernador por herdanza da súa nai María de Borgoña, é dicir o Franco Condado e os Países Baixos. Con este último nome coñecíanse os actuais territorios de Bélxica, Holanda, Luxemburgo e unha parte do norte de Francia ( Artois, Flandes e Hainaut ). Da súa nai Xoana, herda a Coroa de Castela cos territorios americanos, o reino de Aragón coas posesións de Sicilia, Cerdeña e Nápoles e o reino de Navarra. E por último do seu avó paterno, Maximiliano de Habsburgo, adquire os territorios austríacos e o dereito ao título imperial do Sacro Imperio Romano Xermánico.
  • 10. POLÍTICA INTERIOR. Destaca en primeiro lugar a Revolta das Comunidades ( 1520-21 ) que agrupaban ás clases medias urbanas ( baixa nobreza, alta burguesía urbana, pequenos mercaderes, xuristas, artesáns... ) de cidades como Toledo - o seu líder era Padilla -, Segovia - Bravo -, Salamanca - Maldonado -, Ávila ou Cuenca. Podemos resumir o seu programa político nos seguintes puntos: limitación do poder real coa institucionalización dunhas cortes máis poderosas, supresión dos corrixidores e dos cargos outorgados a estranxeiros ( Adriano de Utrecht, Gullermo de Croy...) e crítica á política imperial de Carlos I ( excesivos gastos que ocasionaba a súa elección como emperador ). Foron derrotados en Villalar polo exército real que contaba co apoio da alta nobreza alertada polas revoltas antiseñoriais que se produciran. As sublevacións das Xermanías en Valencia e Mallorca tiveron como protagonistas a artesáns e campesiños. Na cidade de Valencia o movemento ten a súa orixe no descontento das clase baixas urbanas polo control do goberno municipal exercido por parte dos cabaleiros e do patriciado ou clases altas urbanas. No campo o movemento converteuse nun levantamento anti- señorial e antinobiliar cun forte carácter de odio aos mudéxares - antigos musulmáns - debido á protección que a nobreza lles prestaba fronte aos campesiños cristiáns. POLÍTICA EXTERIOR. O título imperial fixo que Carlos I se considerase por riba das monarquías nacionais e que concibise a idea de crear un Imperio, unha República cristiá, non se utilizaba o concepto de Europa, unida no eido político e relixioso. O seu plan tropezou coas seguintes oposicións: • Con Francia enfrontouse polos territorios italianos que xa foran obxecto de atención do seu avó Fernando. O Milanesado pasou a mans españolas pola victoria de Pavía ( 1525 ) e o Tratado de Madrid asinado un ano máis tarde. A oposición do Papado á presencia española en Italia desembocou na alianza entre franceses e ingleses aínda que a victoria sería para Carlos I que saqueou Roma - Paz de Cambray en 1529 -. Finalmente e pola paz de Crepy en 1544 España asumiu o control sobre a península italiana. • Ao imperio turco venceuno en Viena e Túnez ( 1535 ) e fracasou en Arxel. • O seu enfrontamento cos príncipes protestantes alemáns, unidos na liga de Smalkalda, saldouse cunha victoria efémera en Mühlberg e coa Paz de Augsburgo (1555 ) o Imperio alemán dividiuse entre principados protestantes e católicos. A raíz deste fracaso, será o seu irmá Fernando quen reciba o título imperial xunto cos territorios austríacos.
  • 11. FILIPE II ( 1556-1598 ) Herdou os territorios de seu pai Carlos I aos que engadiu o reino de Portugal en 1580. Perdeu en cambio as antigas posesións austríacas dos Habsburgo e o título imperial que pasou a mans do seu tío Fernando I. POLÍTICA INTERIOR. Filipe II tentou manter ante todo a unidade da fe católica e utilizou para tal fin como instrumento político a Inquisición. Este tribunal vixiou e actuou contra os conversos ou cristiáns novos ( antigos xudeus e musulmáns convertidos ao cristianismo ) e perseguiu aos seguidores das herexías protestantes. Estes grupos non atoparon o seu sitio dentro da sociedade estamental e foron considerados como estranxeiros. Esta falla de integración na sociedade cristiá provocou sucesos como a dispersión dos mouriscos granadinos despois da Revolta das Alpuxarras ( 1568-70 ). Outras medidas de control encamiñadas neste caso á vixilancia dos cristiáns vellos foron: a extensión dos estatutos de limpeza de sangue, que demostraban que non se tiña ascendencia xudía, requisito indispensable para ingresar en ordes relixiosas, colexios maiores, certas profesións,....; a prohibición de estudar no estranxeiro, os índices de libros prohibidos, etc.. Debemos destacar tamén dentro do seu reinado a sublevación aragonesa dos anos 1591-92. A causa foi a fuxida a Aragón do antigo secretario real, Antonio Pérez, quen fora acusado de vender segredos de estado. Unha vez alí refuxiase nos foros aragoneses e ante a negativa da cidade a entregalo, o exército real entra en Zaragoza e os foros foron restrinxidos. POLÍTICA EXTERIOR. O seu goberno estará máis centrado nos territorios hispánicos, en preservar a superioridade de estes en Europa e en continuar a tarefa de defensor da fe cristián. Os adversarios da súa monarquía son os mesmos que os de seu pai: • Venceu a Francia en San Quintín e firmou con ela o tratado de Cateau-Cambrésis ( 1559 ) polo cal o país galo abandonaba toda pretensión sobre Italia.
  • 12. Os turcos otománs foron derrotados pola Santa Liga ( España, Venecia e o Papado ) na batalla de Lepanto ( 1571 ). • O enfrontamento cós protestantes tivo agora tres novos escenarios:  Nos Países Baixos os conflitos estenderanse dende 1566 ata 1597. Neste territorio a dura represión política e relixiosa levada a cabo polos gobernadores reais, como o duque de Alba, provocou a escisión en dúas zonas. No norte, a Unión de Utrecht, calvinista, separase de España converténdose na República das Provincias Unidas - Holanda -. No sur, católico, Bélxica e Luxemburgo conforman a Unión de Arras cuxa soberanía Filipe II entregou á súa filla Isabel Clara Eugenia.  Os problemas con Inglaterra xorden polo apoio de Isabel II aos protestantes franceses e aos sublevados dos Países Baixos e porque os seus corsarios ameazaban o comercio coas Indias. A Armada Invencible será derrotada en 1588 pola superioridade da artillería inglesa e polas adversas condicións meteorolóxicas.  En Francia, Filipe II apoiará aos católicos fronte aos hugonotes ( calvinistas franceses ). 2.5 CULTURA E ARTE: RENACEMENTO E HUMANISMO EN ESPAÑA. CULTURA. En España podemos dicir que a recuperación da Antigüidade clásica é moi limitada e superficial tanto no referente ao dominio das linguas clásicas como á asunción de valores éticos, filosóficos e políticos expresados nos textos antigos. O Renacemento español é bastante tardío, importa moito de Italia e as institucións que levan a cabo a labor de mecenado son a Coroa e os nobres.A superficialidade con que se asumiu o Renacemento na Península quizás teña que ver co papel que desempeñou a Inquisición que vixiou bastante a investigación e a erudición. É licito falar de Renacemento en aspectos como : Literatatura, onde sobresae a obra de Fernando de Rojas, A Celestina ( 1499 ) e certos estudos filolóxicos como a Gramática Castelán de Antonio de Nebrija ; en Medicina coa labor desenvolvida pola Universidade de Valencia; ou en Ciencias relacionadas coa Navegación moi directamente influenciadas polos avances ou innovacións da Casa de Contratación de Sevilla. Arte. En Arquitectura podemos sinalar tres fases : • Plateresco: no primeiro tercio do século XVI o influxo italiano déixase ver na riqueza decorativa a base de medallóns, temas
  • 13. heráldicos, grutescos, fornelas, piastras e columnas abalaustradas que ocupan as fachadas de edificios como a Universidade de Salamanca, o Mosteiro de San Marcos en León, ou o Hospital Real e o pazo Fonseca en Santiago. • Purismo; nesta segunda etapa a exuberancia anterior deixa paso a un clasicismo de liñas puras visible nos seguintes edificios: Pazo de Carlos V en Granada ( Pedro de Machuca ), Catedral da mesma cidade ( Diego de Siloé ), fachada da Universidade de Alcalá de Henares ( Rodrigo Gil de Hontañon ) e catedral de Xaén ( Andrés de Vandelvira ) . • Herreriano: co rei Filipe II, o último tercio do século XVI, influenciado xa pola Contrarreforma, atopará a súa máxima expresión no Pazo-Mosteiro de San Lorenzo do Escorial realizado por Juan de Herrera e Juan Bautista de Toledo, caracterizado pola austeridade na decoración. En Escultura desenvólvese sobre todo unha tendencia monumental ao gusto italiano representada por Pompeo Leoni que realiza para o Escorial os grupos funerarios de Carlos V e Filipe II en bronce. Por último a Pintura renacentista ten o seu máis senlleiro representante na figura do Greco cun estilo pictórico caracterizado polas cores frías ( grises, verdes, azuis ), a eliminación dos fondos das paisaxes que son substituídos por ceos fantasmagóricos, o alongamento das figuras e a expresividade dos rostros. A súa obra máis emblemática será O enterro do conde de Orgaz (1586-87 ).
  • 14. 3 O SÉCULO XVII : A DECADENCIA 3.1 O DESCENSO DEMOGRÁFICO E O AFUNDIMENTO ECONÓMICO. Crise Demográfica. As perdas de poboación dos reinos hispánicos durante este século foron considerables e as causas debemos buscalas en epidemias - peste, difteria, tifos - , crises agrarias, guerras, emigracións cara América, expulsión de minorías como os mouriscos, excesivo número de relixiosos, etc.....Prodúcese polo tanto con respecto ao século XVI, unha caída da natalidade, un aumento da mortalidade e un descenso da taxa de nupcialidade acompañada dun idade máis tardía de acceso ao matrimonio. Ao concluír o século, a poboación concentrábase basicamente na periferia, mentres que o centro peninsular estaba despoboado. Tamén se produciu unha paralela ruralización da poboación. Crise agrícola. Experiméntase unha caída da produción agrícola no século XVII debida, entre outros factores, ao propio descenso demográfico – hai menos poboación e polo tanto consúmese menos -, ao arcaísmo dos sistemas de cultivo e ás malas colleitas provocadas pola seca, as choivas torrenciais, etc. Este baixón da produción é maior no sector cerealístico, mentres que cultivos como a oliveira e o viñedo gañan terreo. Na zona norte – Galicia, Asturias e País Vasco –asístese a unha importante transformación do réxime de cultivos coa difusión do millo, o que explica, a pesar da crise demográfica xeral, que a poboación aumentara ao longo do século XVII. En canto a gandería, mentres a transhumante mantívose estancada, a estante experimenta un descenso.
  • 15. Crise industrial. Produciuse unha decadencia que podemos observar sobre todo no sector téxtil da la e da seda que obedece a varias razóns: a caída da poboación reduciu a demanda interna; a crise agraria supuxo o endebedamento do campesiñado o que contraeu aínda máis a demanda; o aumento dos impostos provocou o encarecemento dos artigos que tamén incrementaron os prezos debido ás manipulacións monetarias; detéctase tamén unha invasión de tecidos foráneos debido á política aduaneira da monarquía que non era moi proteccionista con respecto aos produtos autóctonos; e os gremios pasaron a converterse nunha rémora para o desenvolvemento industrial xa que se pechan ante novas técnicas. Crise comercial. No comercio interior seguía sen existir un verdadeiro mercado organizado entre os distintos reinos peninsulares. Respecto ao exterior, o comercio cos Países Baixos entra en crise a partir de 1570-75, debido a rebelión holandesa e a crise financeira de Amberes. En canto ao americano estáncase nos anos 1610-20 e afúndese a partir de mediados de século. Varios factores inflúen neste declive: América comeza a ser autosuficiente con respecto ao exterior; aumentan os impostos polos artigos que entraban e saían da península; o sistema de flotas que se dirixía cara ao novo continente era moi custoso; e por último, nalgunhas ocasións, a coroa incautábase das remesas de prata entrantes. 3.2 UNHA SOCIEDADE EN CRISE A nobreza viu aumentada o seu numero ao longo do século xa que se concederon títulos a aqueles que podían mercalos. A crise económica afectoulles e procuraron paliala intensificando a explotación das súas fincas, vixiando aos seus administradores e recortando gastos suntuarios. O clero medrou tamén en efectivos, sen dúbida polos beneficios que o estado reportaba. O valor das rendas eclesiásticas tamén decaeu a causa da crise económica e da despoboación. En canto ao Terceiro Estado a depresión económica incrementou a posibilidade de ascenso social de membros de este estamento que se enriqueceran cara outros superiores ben fora por medio de matrimonios ou outras vías. Dentro da poboación rural o número de xornaleiros aumentou xa que moitos pequenos campesiños se endebedaran para saír da crise e perderan as súas terras. Algúns emigraron ás cidades e pasaron a engrosar o grupo dos marxinados, vagabundos e pícaros.
  • 16. 3.3 A CRISE POLÍTICA : A PERDA DA HEXEMONÍA EUROPEA E OS PROBLEMAS INTERNOS Durante o século XVII España continuou sendo un imperio mundial pero sen o prestixio do que gozara na centuria anterior. Dispoñía de extensos territorios, riquezas e forzas pero ao mesmo tempo os gastos eran enormes e os inimigos cada vez maiores. Esta centuria verá o ocaso do imperio e a perda da supremacía europea que pasará a mans da Francia de Lois XIV. FILIPE III ( 1598-1612 ). POLÍTICA INTERIOR . A monarquía católica foi gobernada en boa medida por validos, como neste reinado o duque de Lerma. Estamos nunha etapa de corrupción e desaxuste monetario. O feito máis importante foi a definitiva expulsión dos mouriscos ( 1609 ). POLÍTICA EXTERIOR. O seu reinado foi considerado como pacifista, aínda que na época a Pax Hispánica era un sistema demasiado fráxil baseado no continuo ir e vir de diplomáticos nas chancelarías tentando evitar que calquera problema o abatese. Non convén esquecer que seguiron existindo conflitos como a continuación de hostilidades con Holanda, coa que sen embargo chegouse á Tregua dos Doce anos ( 1609 ). Asinouse tamén a paz con Inglaterra e con Francia.
  • 17. FILIPE IV. ( 1621-1665 ). POLÍTICA INTERIOR. Debemos destacar a política reformista levada a cabo polo valido do rei, o conde-duque de Olivares. Esta centrábase no intento de desviar unha parte dos impostos que recaían sobre Castela cara outros reinos da monarquía que debían ter as mesmas responsabilidades e dereitos. A súa idea de formar un exército de 140.000 soldados sufragado por cada reino denominouse Unión de Armas e provocou sendas sublevacións en Cataluña e Portugal en 1640. En Cataluña a revolta iniciouse polos abusos ocasionados polos soldados aloxados na zona que loitaban contra Francia, o que conduciu ao levantamento dos segadores o día de Corpus Christi aos que se sumaría a clase gobernante. En Portugal produciuse mais ben un golpe de estado da clase dirixente que proclama a súa independencia con respecto a España, coa axuda de Francia e Inglaterra, elixindo como novo rei a Xoán IV. POLÍTICA EXTERIOR. Durante o seu reinado ten lugar a Guerra dos trinta anos ( 1618- 1648 ). Dende a Paz de Augsburgo, Alemaña estaba dividida en estados protestantes ( luteranos e calvinistas ) e católicos gobernados por príncipes, sete dos cales elixían o emperador, cargo que ostentaba Fernando II, pertencente a dinastía dos Austrias no poder tamén en España. A guerra comezou sendo un conflito relixioso que estourou nun recanto de Bohemia, Praga, xa que os nobres protestantes subleváronse e propuxeron como novo emperador a Federico V, príncipe calvinista do Palatinado. Fórmanse dous bandos : dun lado, os protestantes que reciben axuda de Francia - enfrontada sempre cos Austrias - , Holanda, Dinamarca e Suecia ( interesada en obter posicións privilexiadas no Báltico ); doutro, o emperador alemán apoiado por España que actuaba non só por solidariedade dinástica, senón tamén porque estaba interesada en asegurar as comunicacións entre Italia e os países Baixos e sobre todo en preservar Holanda. A guerra conclúe coa Paz de Westfalia ( 1648 ) que supuxo a independencia de Holanda, cesións territoriais no Imperio a Francia e Suecia, e no terreo político a perda do poder do emperador que estaría sometido ás
  • 18. decisións que tomasen os estados alemáns na Dieta. Para España suporá o fin da hexemonía europea que pasa a mans da Francia do rei Lois XIV. CARLOS II ( 1665-1700 ). POLÍTICA INTERIOR. Home de escasa capacidade o poder estará en mans de camarillas palacianas. Neses anos apreciase nos ministros a vontade de levar a cabo reformas, sobre todo en materia de facenda que liberasen a poboación da agoniante presión fiscal. POLÍTICA EXTERIOR. Acudimos ao ocaso de España como potencia Europea, xa que non foi quen de responder militarmente ao expansionismo de Lois XVI que ocupará a zona fronteiriza franco-belga e o Franco-Condado. 3.4 O APOXEO CULTURAL E ARTÍSTICO. O SÉCULO DE OURO DAS LETRAS E O BARROCO ESPAÑOL A crise do século XVII non afectou aos aspectos culturais que viven un auténtica centuria de ouro. Estamos no século do teatro no que destacan autores como Lope de Vega - Fuenteovejuna ( 1612 -14 ) -, Tirso de Molina ou Calderón da Barca - A vida é soño ( 1634 ) -. No terreo da novela destacan Miguel de Cervantes co Quixote ( 1605-1615 ), e dentro da picaresca Quevedo, Historia da vida do Buscón ( 1626 ). En poesía sobresaen Góngora e Quevedo. Arquitectura. O urbanismo adquire un gran protagonismo ao urbanizarse amplas zoas e configuralas como prazas. De trazado rectangular definen un espazo pechado destinado á celebración de festas e reunións de carácter popular, dende execucións públicas, procesións, vodas reais, etc. Un exemplo sería a praza Maior de Madrid de Juan Gómez de Mora. Do mesmo xeito que o escenario é o punto principal de atención no teatro, os arquitectos acaparan a mirada do paseante coa fachada e así catedrais, conventos, concellos e outras edificacións deixan a súa marca nas cidades barrocas como Santiago. Escultura. É de tema relixioso desenvolvéndose sobre todo os pasos procesionais realizados en madeira policromada. Debemos destacar a Escola Castelá con Gregorio Hernández e o seu Cristo xacente e a andaluza na cal sobresae Martínez Montañés. Pintura. O forte sentimento relixioso impulsa a sinxeleza da pintura, os temas populares, a atención ao detalle, o naturalismo realista e os retratos de personaxes da corte. A nivel formal estamos ante o dominio da cor, da luz e da perspectiva aérea. Existen tres escolas: • A valenciana: Ribera, Ribalta.
  • 19. A andaluza : Zurbarán, Murillo, Valdés Leal. • A madrileña: Carreño, C.Coello e Velázquez que cultiva nos seus cadros variedade de temas:  Bodegóns con figuras que representan escenas da vida cotián: Vella fritindo ovos, O augador de Sevilla.  Mitoloxías onde humaniza aos personaxes populares: A fragua de Vulcano.  Lenzos relixiosos de gran espiritualidade e influxo clásico: Cristo crucificado.  Acontecementos históricos, A rendición de Breda.  Retratos onde a familia real, a Corte e os bufóns, ou ananos adquiren dignidade e comprensión.
  • 20. 4 A AMÉRICA ESPAÑOLA NOS SÉCULOS XVI E XVII A organización política e administrativa das Indias realízase a dous niveis en España e América : En España: • A Casa da Contratación ( 1503 ), organismo reitor e fiscalizador do comercio, navegación e emigración coas Indias, ademais de escola de navegantes. • Consello de Indias ( 1523 ) que se encarga de todos os asuntos lexislativos, administrativos, xudiciais e fiscais relativos a Indias. En América: • Os vicerreinados, que eran extensas demarcacións territoriais ( Nova España con capital en México e o de Perú con sede en Lima ) ao fronte das cales estaba un vicerrei que recibía os títulos de gobernador, presidente de Audiencia - atribucións xudiciais - e capitán xeral - funcións militares -.
  • 21. As gobernacións ou provincias que ocupaban un territorio máis pequeno ao fronte dos cales estaba un gobernador con funcións administrativas e xudiciais. • Os corriximentos, divisións administrativas menores cun corrixidor ao fronte do municipio, encargado da administración local. • As Audiencias ou altos tribunais de xustiza. Polo que se refire a economía, estaba estruturada nos seguintes sectores: • A minería era o motor da economía colonial, sobre todo a prata cos xacementos de Potosí ( Bolivia ) e Zacatecas ( México ). • O sector agrario. A titularidade das terras, ao igual que no caso das minas, pasou á Coroa española que recoñeceu a propiedade indíxena das terras comunais e concedeu terreos aos españois a través de doazóns, aínda que estes realizaron tamén ocupacións ilegais posteriormente recoñecidas. Introducíronse cultivos europeos como o trigo, a vide, oliveira, hortalizas, cana de azucre, etc. A agricultura de exportación a España baseouse en cinco cultivos: cacao, tabaco, cana de azucre, café e anil. A gandería era practicamente inexistente ata que a levaron os europeos: gando vacún, cabalar, mular, lanar, caprino, aves de curral, etc • A industria non foi fomentada polos españois xa que podía supoñer unha ameaza para os produtos artesanais procedentes de España. Só podemos citar dous exemplos que son a construción naval ( estaleiros da Habana ) e a elaboración de téxtiles ( seda, algodón e la ). • O comercio. América era explotada en beneficio exclusivo da Coroa o que implicaba o monopolio do comercio coas colonias. Para protexelo, establecéronse diversos mecanismos: control oficial ( Casa da Contratación ), porto único ( Sevilla ) e navegación protexida con escolta militar. Coa conquista española, a poboación indíxena diminuíu de forma drástica debido ás epidemias, á violencia empregada polos españois e a súa propia desgana vital. Calcúlase que os españois emigraron a América nun número que se cifra en medio millón para a Idade Moderna. Produciuse tamén unha emigración forzada de negros. Polo tanto, a sociedade indiana presenta un carácter multirracial e estamental organizada nos seguintes grupos:
  • 22. • O grupo social dominante está integrado por brancos, europeos e crioulos ( fillos de españois nacidos en América ). A nobreza ( altos cargos administrativos ), o clero e os funcionarios eran na maioría dos casos españois. Os terratenentes, grandes comerciantes, e mineiros eran na súa meirande parte crioulos. • Os brancos integraban tamén os sectores medios da sociedade, formados por medianos e pequenos propietarios de terras e minas, comerciantes polo miúdo, avogados, médicos, burocracia local, artesáns, etc. • Os grupos inferiores incluían a mestizos ( descendentes de brancos e indíxenas ), mulatos ( de brancos e negros ), zambos ( de negros e indíxenas ), negros libres dedicados a artesáns dos gremios máis pobres, xornaleiros agrícolas, etc. No terreo cultural, España buscou a asimilación dos indios, tarefa que foi encomendada aos relixiosos en todos os niveis educativos. Así, creáronse universidades como a de Santo Domingo ( 1538 ) e a de Lima e México (1551). O papel da Igrexa foi determinante xa que a evanxelización era indispensable para a conquista e colonización. A acción misioneira foi levada a cabo por ordes relixiosas como agostiños, dominicos, franciscanos e xesuítas. Estes últimos ensaiaron a creación de comunidades autosuficientes ( as reducións ) nas cales o traballo era colectivo e onde os xesuítas educaban e protexían aos indios manténdoos ao marxe do mundo colonial.
  • 23. 5 CUESTIONARIO 1. Unha árbore xenealóxica representa o esquema dos antecedentes familiares dunha personaxe histórica. Propoñémosche que fagas o de Carlos I o primeiro membro da casa dos Austrias. 2. Realiza un mapa onde reflictas o proceso de unificación peninsular seguido polos Reis Católicos e Filipe II. Por exemplo: matrimonio - 1469 -, conquista do Reino de Granada - 1492 -... 3. Explica a seguinte frase de Richard Mackenney “ser rebelde ao rei acabará equivalendo a ser herexe contra a fe e onde ser herexe será o mesmo que rebelarse contra o rei “. 4. Lembra as funcións que desempeñaban cada unha destas institucións: Consellos, Secretarios reais, Audiencias, Casa da Contratación e Vicerreis. 5. Pódense considerar as Cortes da Idade Moderna como un antecedente dos parlamentos actuais?. Razoa a resposta. Pensa en quen as convocan, que persoas se reunen, que decisións poden tomar, etc. 6. Despois de observar o mapa da densidade de poboación en España en 1600, poderías dicir en que zonas se rexistra unha maior densidade ? 7. Realiza un mapa das principais rutas do comercio español durante o século XVI. Coloca nel os principais portos comerciais ( Bilbao, Sevilla, Santander ) e indica en cada zona os principais obxectos de exportación e importación. 8. Don Fadrique fora comendador ( titular dun señorío territorial que antes pertencera a unha Orde militar e sobre o que exercía a xurisdición e percibía ingresos ) e tivera un comportamento irreprochable para os seus súbditos ata que se namora dunha labradora, Casilda, o día da súa voda. Aproveitándose dos seus privilexios, argúe diversas trampas para conseguila, pero morre a mans do esposo dela, Peribáñez. Tras dar morte a Don Fadrique, Peribáñez preséntase ante o rei e este perdóalle. Peribáñez: (...) ¿Non me oirás sequera ( rei ) Henrique, pois xusticeiro chámante? Reina: Ben di. Oídelle, señor. ( Rei ) Henrique: Ben dicides, non me lembraba que as partes téñense que oír, e máis cando son tan fracas. Prosegue.
  • 24. Peribáñez: Eu son un home, aínda que de vilán casta, limpo de sangue, e xamais de hebrea ou mora manchada. Fun o mellor de meus iguais, e, en cantas cousas trataba, déronme primeiro voto, e trouxen seis anos vara ( refírese a que foi alcalde ). Casei coa que ves, tamén limpa, aínda que vilán; virtuosa, se a viu a envexa asida a fama. O comendador Fadrique, da vosa vila de Ocaña señor e comendador, deu como mozo, en amala (...). Con isto tentou unha noite, que ausente de Ocaña estaba, forzar á miña muller, máis fora coa esperanza burlada (...) . Atopei ás miñas portas rompidas e á miña muller destoucada, coma cordeiriña simple que está do lobo nas garras deu voces, cheguei, saquei a mesma daga e espada que cinguín para servirte, non para tan triste fazaña, paseille o peito...... Henrique: Que vos parece ? Raíña: Que chorei, que é a resposta que basta para ver que non é delito senón valor. Henrique: Cousa estraña! Que un labrador tan humilde estime tanto a súa fama! Vive Deus que non é razón matalo ! Eu fágolle graza da vida ....Máis que digo ? Isto xustiza chámase. Lope de Vega, Peribáñez e o comendador de Ocaña Despois de ler atentamente o texto contesta as seguintes preguntas: • A que grupo social pertence Peribáñez? Razoa a resposta. • Explica o significado da frase “ limpo de sangue “ e a importancia que tiña na España dos Austrias. • Pertence ao mesmo estamento a súa muller Casilda? Cres que era posible o matrimonio entre persoas de distintos grupos sociais? • En que grupo social colocarías ao comendador? • Por que o rei estráñase de que Peribáñez estime en tanto o seu honor? • Que imaxe tiñan os súbditos do rei? 9. Por movemento social na Idade Moderna podemos entender aqueles actos colectivos encamiñados a presentar ante as autoridades, grupos ou sociedade en xeral unha demanda precisa. Presentámosche un cadro- esquema dos principais conflitos sociais en España durante os séculos XVI e XVII que debes encher coa información aportada na unidade.
  • 25. Movemento Comunidades Xermanías Sublevación Levantamento Revolta social Aragonesa catalán portuguesa Cronoloxía 1520-21 Protagonistas Clases medias urbanas Causas Autoritarismo e política imperial Formas de Explosión Explosión Explosión Explosión Explosión desenvolvemento violenta violenta violenta violenta violenta Estrutura Sen Sen Sen Sen Sen organizativa organización organización organización organización organización previa.Xorde previa.Xorde previa.Xorde previa.Xorde previa.Xorde co conflito co conflito co conflito co conflito co conflito Solución que se Limitar o pretende poder real Finalidade Fracaso 10. Que medidas contrarreformistas levará a cabo Filipe II nos seus territorios ? 11. Analiza as diferencias existentes entre a concepción política de Carlos I e a do seu fillo Filipe II.( Son moi útiles para traballar sobre estas figuras os libros da Enciclopedia para novos da editorial Cambridge) 12. Ao redor da figura do rei Filipe II creouse toda unha lenda negra que conduciría incluso a unha célebre obra do poeta alemán Schiller “ Don Carlos “ ( 1788-89 ) e a ópera de Verdi “ Don Carlo “. Pregunta aos profesores/as de música e literatura do teu centro e busca información en internet,
  • 26. recomendámosche as páxinas : http://www.lector.net/verdic98/felipe4.htm , www.cliorevista.orange.es/clio/reportajes/1199_1.html. 13. Describe e xulga os seguintes acontecementos: ACONTECEMENTO DESCRICIÓN XUIZO QUE CHE MERECEN EXPULSIÓN DOS XUDEUS ( 1492 ) AUTOS DE FÉ DE VALLADOLID NO REINADO DE FILIPE II 14. Completa o seguinte cadro sobre a política exterior de Carlos I e Filipe II. FRONTE DE LOITA CARLOS I FILIPE II FRANCIA ROMA TURCOS OTOMÁNS PORTUGAL PROTESTANTES
  • 27. 15. En moitas ocasións tendemos a achegarnos aos acontecementos históricos só dende unha perspectiva europeística, así a batalla de Lepanto é vista por nós como un dos grandes episodios bélicos do século XVI e sen embargo os turcos lembran e magnifican a batalla naval de Prevenza que ten lugar o 28 de setembro de 1538. Busca datos sobre ela na rede e razoa a importancia que tivo para os otománs. 16. Indica as variables demográficas características dunha época de crecemento como a do século XVI español e compáraas coas da unha situación adversa tomando como exemplo o século XVII: SÉCULO XVI SECULO XVII - Elevada taxa de natalidade - Caída da natalidade. 17. Completa o seguinte esquema: CAUSAS DA CRISE DO SÉCULO XVII DEMOGRÁFICAS ECONÓMICAS SOCIAIS POLÍTICAS 18. O Arbitrismo foi un conxunto de proxectos e medidas aparecidas en España entre os séculos XVI e XVII que trataban de buscar unha solución aos problemas que suscitaba a decadencia española. As solucións propostas, entre outras, foron as seguintes: abolición da deshonra legal do traballo, poñer freo á saída de metais preciosos e a venta de materias primas ao exterior, introducción de manufacturas, etc. Imaxina que es un arbitrista español do
  • 28. século XVII e elabora un memorial dirixido ao rei en onde aportes solucións para saír da crise que vivía España nestes momentos. 19. Fai un breve resumo sobre a evolución do problema mourisco en España . 20. Compara a imaxe de Tiziano do emperador Carlos V a cabalo coa do rei Carlos II e comenta como reflicten momentos históricos radicalmente distintos da historia de España. Fíxate como en ambos casos crease unha imaxe de poder colocando ao monarca a cabalo. ( Para poder ver e interpretar toda unha galería de retratos de monarcas españois pódese consultar a páxina web: http://www.museodelprado.es/pagina-principal/educacion/el-prado-en-el- aula/material-didactico-exposiciones-temporales/., El retrato español en el museo del Prado. Del Greco a Goya. Moi útiles son tamén as guías didácticas do Museo do Prado sobre os reis de España no museo tanto os da casa Habsburgo como a Borbón ) 21. Constrúe unha liña de tempo e sitúa nela os seguintes acontecementos: tregua dos doce anos, conquista de Granada, anexión de Portugal, tratado de Cateau-Cambrésis, paz de Augsburgo, expulsión dos xudeus, revolta das comunidades, batalla de Lepanto, paz de Westfalia, sublevación aragonesa, desastre da Armada invencible. 22. Ananos, xograres e bufóns estaban de moda nas cortes europeas. Na española eran moi respectados, así os representa Velázquez, valorando a súa dignidade. Fixándote nas imaxes do “ Neno de Vallecas “ e “ As meninas “ indica: • ¿ Que pensas ti destes personaxes ?. Compáraos cos reais. • Elixe o que máis te chame a atención e descríbeo amplamente. • Dentro da riquísima policromía das Meninas escolle tres cores dominantes. • Que personaxes están representados no espello? • Coa axuda do teu profesor/a explica como logra o autor o dominio da perspectiva aérea. • Busca versións das “ Meninas “ de autores contemporáneos. 23. Sobre a figura de Velázquez recomendamos aos profesores/as que os alumnos, partindo ben de diapositivas ou imaxes plastificadas das principais obras do autor ben coa axuda do taboleiro electrónico, realicen os exercicios do caderno didáctico que acompañaba a exposición itinerante organizado pola
  • 29. xunta de Andalucía en 1999 con ocasión do IV Centenario do nacemento do pintor e que se mostrou no museo de Belas Artes de Coruña e tamén en Ourense. O caderno pódese mercar en internet na librería virtual da Xunta de Andalucía ou ben poñéndose en contacto co Museo de Belas Artes da Coruña. Outra páxina web moi interesante é http://www.artehistoria.jcyl.es/genios/videos/index.html xa que nela pódese visionar tres vídeos sobre o pintor: Velázquez, pintor de pintores, As Meninas, e As Lanzas. Por último, destacar outro magnifico recurso na rede sobre Velázquez na que se poden atopar datos sobre a súa vida, obra, tempo, museos, xogos: http://www.juntadeandalucia.es/averroes/recursos_informaticos/concurso1999/ 3premio/presenta.htm 24. Busca información na rede (http://es.wikipedia.org/wiki/Sofonisba_Anguissola) sobre Sofonisba Anguisciola. Reflexiona sobre o feito de que os libros de historia silencian en moitas ocasións o papel desempeñado polas mulleres. 25. Nos estudos de historia é moi importante a duración dos fenómenos históricos: • Un acontecemento, un incendio, unha voda, a coroación dun rei, a firma dun tratado, son algo fugaz . Teñen unha duración corta. • Temos en segundo lugar un conxunto de acontecementos que poden ser económicos, políticos, sociais e culturais. Teñen unha duración maior có acontecemento, aínda que segue sendo breve e caracterízanse polas flutuacións, os cambios constantes. Utilízase entón o concepto de tempo medio, de duración media da conxuntura. Este termo utilízase preferentemente en historia económica e nos remite aos cambios que se producen na vida económica como as alzas e baixadas na produción, as oscilacións nos prezos, etc. • Por último, existen realidades históricas, estruturas que duran un tempo longo e que permanecen por debaixo do continuo cambio dos acontecementos e dos conxunturais. Por exemplo, e seguindo coa economía, a estrutura económica imperante nestes séculos en España caracterizada pola importancia da produción agrícola sobre a industria ou “ artesanía “, polas crises de subsistencia, a escaseza tecnolóxica, etc. Neste exercicio estudaremos a conxuntura da chegada de metais preciosos a península para entender a estrutura económica de España nos séculos XVI e XVII.
  • 30. Períodos Quilos de ouro Quilos de prata 1503-1510 4.965 1511-1520 9.153 1521-1530 4.889 148 1531-1540 14.446 86.193 1541-1550 24.957 117.573 1551-1560 42.620 303.121 1561-1570 11.530 942.858 1571-1580 9.429 1.118.592 1581-1590 12.101 2.103.027 1591-1600 19.451 2.707.626 1601-1610 11.764 2.213.631 1611-1620 8.855 2.192.255 1621-1630 3.889 2.192.255 1631-1640 1.240 2.192.255 1641-1650 1.549 2.192.255 1651-1660 469 2.192.255 3.000.000 2.500.000 2.000.000 Quilos de ouro 1.500.000 Quilos de prata 1.000.000 500.000 0 1503-1510 1521-1530 1541-1550 1561-1570 1581-1590 1601-1610 1621-1630 1641-1650 No gráfico de barras que che amosamos pódese ver que basicamente recibiamos de América prata e que o ouro supoñía unha pequena cantidade no conxunto das importacións. Representa os datos referidos á prata mediante un gráfico lineal. A continuación, describe a evolución da súa chegada a España durante os séculos XVI e XVI. Que períodos rexistran unha maior arribada? Cando comeza a notarse un estancamento e unha crise?.
  • 31. 26. É moi aconsellable a lectura nestas idades da primeira novela que inaugura o ciclo do Capitán Alatriste de A. Pérez Reverte. É conveniente que o profesor complete a lectura coa utilización na clase dunha serie de recursos : • Libro de A. Pérez Reverte El capitán Alatriste y la España del siglo de oro, xa que ten un carácter moi didáctico presentando de forma atractiva temas como o Madrid da época, relixión e Inquisición, a vida cotián, o honor e os duelos, deportes.....que axudan a comprender a España do XVII. • Orientacións sobre como traballar coa película na revista Making of- Cuadernos de cine y educación ano 2007 nº 48. • Información variada referida tamén a vida cotián na España do século de ouro en http://www.artehistoria.jcyl.es/historia/vida.htm. • Páxina web: http://www.capitanalatriste.com/index.htm • Para orientar didacticamente ao profesorado tanto dende o punto de vista literario, como histórico é moi útil a páxina web: http://www.sapiens.ya.com/bizienbiblio/recursos/alatriste.htm
  • 32. 6 TEMA DE AMPLIACIÓN
  • 33. As fontes a partir das cales se pode obter información sobre este tema son os museos militares, castelos, murallas, libros da época sobre a guerra e as súas técnicas, gravados, pinturas, cartas, e diarios de soldados, informes oficiais de goberno, etc.. PROCEDENCIA DOS RECLUTAS Case ningún país europeo podía permitirse manter un exército profesional permanente xa que isto supoñía pagar tamén ás tropas en época de paz. Polo tanto, cada vez que estouraba unha guerra, había que recrutar aos veteranos e alistar novos soldados. En ocasións, o número era insuficiente, polo que se recorría a mercenarios que compoñían as veces ata 1/3 ou a metade do exército. Procedían na súa meirande parte de zoas montañosas con terreos non aptos para a agricultura e cuxa poboación tiña que buscar outra forma de gañarse a vida: estados do sur de Alemaña, cantóns suízos, e os Balcáns. Os recrutas organizábanse en escuadras de vintecinco soldados baixo o mando dun cabo. Cada escuadrón pertencía a unha compañía de 150 homes ao mando dun capitán. Por último, a compañía encadrábase nun rexemento de 1500 homes controlados por un coronel. Os soldados rasos pertencían ás clases baixas, mentres que os oficiais eran homes saídos das clases altas da sociedade. ASPECTO DOS SOLDADOS Acostumaban a levar barba e bigote xa que pensaban que lles confería un aspecto máis fero, adecuado para a loita. Non levaban uniformes, como hoxe en día, senón que cada un elixía as súas propias roupas porque críase que así loitaría con máis valor e alegría. A única maneira de distinguir aos camaradas dos inimigos era un marca distintiva que levaban todos na roupa: azul para Francia, vermello para España. Algunhas veces, os soldados loitaban practicamente nus ou vestidos con farrapos xa que a muda completa que recibían ao incorporarse ao exército desgastábase moi facilmente coa vida activa. Moitos deles presentaban un aspecto horrible: mal vestidos, deformados polas feridas de guerra, marcas... A VIDA NO EXÉRCITO Evidentemente o modo de vida dos soldados e oficiais variaba enormemente. Así mentres os oficiais durmían en tendas de dobre teito, os soldados facíano ao raso.
  • 34. Se non estaban coa compañía, os soldados aloxábanse en casas de civís en onde obtiñan cama e comida co conseguinte prexuízo para estes últimos. A paga que recibían estes soldados non era escasa, pero adoitaba atrasarse en ocasións anos. Cando os exércitos permanecían mobilizados varios anos, non era estraño que os soldados contraesen matrimonio e que as mulleres acompañasen na marcha ao marido. Estes exércitos perdían cada vez máis soldados por diferentes motivos. O principal eran as enfermidades - peste, varíola, disentería, malaria, tuberculose, sífilis - e as feridas producidas no campo de batalla tales como as fracturas ou lesións en pernas ou brazos, que se solucionaban amputando o membro danado. Durante os séculos XVI e XVII só España dispoñía de hospitais militares para as súas tropas. Os exércitos perdían tamén a os seus integrantes por culpa das desercións. Aqueles que lograban sobrevivir ata o remate do conflito licenciábanse entregando as súas armas e recibindo a cambio os salarios atrasados. AS ARMAS Os soldados de infantería usaban fundamentalmente a pica e o mosquete. A pica era un arma moi longa ( entre 4,5 e 6 m ) e difícil de manexar. O mosquete era un arma de fogo de utilización lenta, xa que era moi pesada ( uns nove quilos ) e para disparala necesitábase un pé en forma de forca e uns 28 movementos. A súa utilización foise perfeccionando co tempo. Nos séculos da Idade Moderna a cabalería decidiu abandonar as armaduras completas conservando só os protectores de peito, lombo e coxas. A razón foi que a extensión das armas de fogo provocou que para evitalas, tivesen que aumentar a rapidez do seu ataque dificultado por armaduras que pesaban máis de trinta quilos. Como cascos utilizaron primeiro o morrión e logo a langostera. As súas armas eran as pistolas largas e sobre todo as espadas. Durante o século XVI as tropas formábanse en ringleiras estreitas, unhas detrás doutras, coa infantería no centro e a cabalería e a artillería aos lados. O enfrontamento abríano os mosqueteiros e posteriormente comezaba o combate pica a pica. As pequenas unidades de cabalería mantíñanse ao marxe. Na centuria seguinte, o esquema variou. Os xinetes eran máis efectivos e a cabalería crecera, así que as batallas abríronse cun ataque masivo destas. ESTEBANILLO GONZÁLEZ O vintetrés de xuño de 1634 un exército de 19.000 soldados españois saíu de Milán, en Italia, para cruzar os Alpes camiño de Alemaña. Ao fronte do mesmo atopábase o irmán do rei Filipe IV, o príncipe Fernando, que perseguía
  • 35. principalmente dous obxectivos: o primeiro, localizar e destruír un exército de tropas suecas no sur de Alemaña; e segundo, derrotar aos rebeldes holandeses nos Países Baixos. No exército de Don Fernando viaxaba un soldado - cociñeiro de nome Estebanillo González que escribiu un libro sobre as súas fazañas nos Países Baixos. Estebanillo González lembra que levaba o mosquete atado cunha corda, porque tanto o percusor como a culata estaban rotos; en vista do estado da súa arma, decidiu encher os seus frascos de pólvora con sal e pementa, pois así, segundo dicía “ xa que non podía loitar polo menos comería decentemente “. Por esta mesma razón substituíu a súa espada militar por tres coitelos de cociña, un grande, outro mediano, e outro pequeno, para poder aproveitar calquera tipo de comida que se cruzara no seu camiño. Fixeron falla tres semanas de penalidades para chegar a Insbruck, á outra beira dos Alpes, onde recibiron a súa paga e puideron descansar. Ademais da paga, repartíronse roupas e botas novas para os que o necesitasen e impuxéronse castigos a todos os que cometeran algunha falta ou trataran de desertar polo camiño. Despois dunha boa tempada de descanso en Insbruck, o exército chegou a Munich o vintecatro de agosto. Agora atopábanse relativamente cerca das tropas dos seus aliados, os católicos alemáns, e tamén das dos seus inimigos, os suecos e protestantes alemáns. Dende alí, foron avanzando cautelosamente ata que o dous de setembro chegaron ás aforas de Nördligen, unha cidade ao noroeste de Munich, onde se reuniron co exército dos católicos alemáns para acampar os dous xuntos e loitar contra os protestantes. Ninguén pode negar que a de Nördlingen foi para os españois unha gran victoria. Estebanillo saíu indemne da aventura: o ruído dos primeiros disparos fora demasiado para el e como xa non aguantaba máis, meteu a súa cabeza nun burato xunto a un cabalo morto, finxindo ser o xinete do mesmo, tamén morto. Só se atreveu a saír cando oíu aos españois que celebraban a victoria. Entón púxose en pé dun salto, sacou o coitelo de cociña máis grande que levaba e uniuse a persecución contra os protestantes para “ rebañar a uns cantos suecos “ e para apuñalar e roubar canto puidese aos mortos e aos moribundos que quedaban no campo de batalla. O dez de setembro o príncipe Filipe fixo formar aos seus homes en columna e púxose en marcha cara os Países Baixos ( Bruxelas ). As estradas eran malas e a paisaxe desértica: os pobos reducidos a cinzas e os poucos superviventes parecían sombras farrapentas. O exército non chegou a súa meta ata o catro de novembro de 1634. O CAPITÁN ALATRISTE O escritor Arturo Pérez Reverte escribiu unha serie de libros de aventuras que teñen como protagonista a un soldado veterano dos tercios de
  • 36. Flandes, o capitán Alatriste, que vive no Madrid do século XVII e cuxas correrías son contadas por un mozo Iñigo Balboa. Na aventura titulada O sol de Breda cóntasenos o asedio a esta cidade holandesa e a posterior victoria dos españois. “ A tales datas do negocio, o de Breda non era xa para España cuestión militar senón reputación. Estaba o mundo en suspense agardando o fracaso das armas do rei católico. Ata o sultán dos turcos - a quen malos suores dera Cristo - esperaba o desenlace para ver se o noso rei noso señor saía poderoso ou minguado do trance, e da Europa converxían os ollos de todos reis e príncipes, en especial os de Francia e a Inglaterra, sempre atento para sacar tallada das nosas desgracias e doerse dos goces españois, como ocorría tamén no Mediterráneo cos venecianos e ata co papa de Roma. Que a súa santidade, pese a ser vicario da divinizade na terra e toda a , e pese tamén a que eramos os españois os que facíamos o traballo sucio en Europa arruinándonos en defensa de Deus e María Santísima, procuraba amolarnos canto podía e aínda máis, por ceos de nosa influenza en Italia (...). Ao fin de contas e xusto un século antes do de Breda, o seu antecesor, Clemente VII, tivera que poñer pes en polvorosa, remangándose a sotana (...) cando os españois e os lansquenetes de noso emperador Carlos V - que levaban sen cobrar unha paga dende que o Cid Campeador era cabo -asaltaron as súas murallas e saquearon Roma sen respectar pazos, nin cardeais, nin mulleres, nin conventos “ ACTIVIDADES • Nun mapa mudo de Europa marca a ruta seguida polo exército do príncipe Fernando en 1634. Así obterás o itinerario coñecido como “ Camiño español “. Calcula os meses que durou a viaxe. • A partir da información que te presentamos e do relato de Estebanillo González, que imaxe tes dos exércitos da época? parécenche moi profesionais? • Que famoso episodio do reinado de Carlos I lembra o paxe do capitán Alatriste ? • Iñigo Balboa fai referencia aos inimigos que tiña a coroa española no século XVII . Enuméraos e cita as causas de tal enemizade. • Tamén di que a política exterior seguida polos españois levábaos directamente á ruína. Estas de acordo con tal apreciación?. Razoa a resposta. • Os dous textos que che propoñemos remítenmos a dúas victorias españolas ( Breda en 1625 e Nördlinger no 1634 ) pertencentes a
  • 37. un conflito xeneralizado que vive Europa no século XVII. Menciónao e analiza as súas causas e consecuencias. • Na “ Rendición de Breda “, Velázquez optou por reflectir non unha escena de loita senón o momento en que Justino de Nassau, gobernador da praza conquistada, entrega as chaves da cidade ao xeral das tropas españolas Ambrosio de Spínola. A escena é dividida en dúas partes onde se colocan a vencedores e vencidos. Con que símbolos se representan uns e outros?.
  • 38. 7 BIBLIOGRAFÍA Belenguer, Ernest, El imperio hispánico 1479-1665, Barcelona 1994. Bennassar, Bartolomé y otros, Historia moderna, Madrid 1980. Bennassar, Bartolomé y Kucil, 1492. Un mundo nuevo, Madrid 1992. Bouza, F., Los Austrias Mayores, Imperio y monarquía de Carlos I y Felipe II, Madrid, 1996. Corvisier, André, Historia moderna, Barcelona, Labor, 1977. Chaunu, Pierre, La civilización de la Europa clásica, Barcelona 1975. Delumeau, Jean, La civilización del Renacimiento, Barcelona 1977. Domínguez Ortiz, Antonio, Historia Universal III. Edad Moderna, Barcelona 1983. Domínguez Ortiz, Antonio, Historia Universal III. Edad Moderna, Barcelona 1983. Dulmen, R. Van, Los inicios de la Europa moderna ( 1550-1648 ), Madrid, 1984. Elliot, J.H., La Europa dividida ( 1559-1598 ), Madrid 1973. Elliot, J., Richelieu y Olivares, Barcelona, 1980. Elliot, J.H., El Viejo Mundo y el Nuevo, 1492-1650, Madrid 1984. Evans, R.J. W. , La monarquía de los Habsburgos ( 1550-1700 ), Barcelona, 1989. Fernández Álvarez, Manuel, Carlos V, el Caesar y el hombre, Madrid 1999. Fernández Álvarez,M., y A. Díaz Medina, Los Austrias Mayores y la culminación del Imperio ( 1516-1598 ), Madrid, 1987.
  • 39. Fernández Álvarez, Manuel, Juana la loca, la Cautiva de Tordesillas, Madrid 2000. Fernández Álvarez, Manuel, Felipe II y su tiempo, Madrid 2004. García Cárcel, R., La cultura del siglo de oro, Madrid, 1996. Gerahrd, D., La Vieja Europa. Factores de continuidad en la Historia europea ( 1000-1800 ), Madrid 1991. Hale, J.R., La Europa del Renacimiento, Madrid 1973. Hay, Denis, La época del Renacimiento, Barcelona 1972. Hernández Sánchez –Barba, M., La monarquía española y América, Madrid 1990. Kamen, Henry, La sociedad europea ( 1500-1700 ), Madrid 1987. Koenigsberg, H.G., El mundo moderno, Barcelona 1991. Koenigsberger, H., y Mosse, G.L., El siglo XVI, Madrid 1974. Ladero Quesada, Miguel Ángel, La España de los Reyes Católicos, Madrid 1999. Mann, Golo, Historia Universal.VII . De la Reforma a la Revolución, 2 vols., Madrid 1988. Maravall, José Antonio, Carlos V y el pensamiento político del Renacimiento, Madrid 1960. Margolin, Jean C., y otros, Los inicios de la Edad Moderna, Madrid 1992 Martínez Ruiz, Enrique, y otros, Introducción a la Historia moderna, Madrid 1991. Molas Ribalta, Pere, La monarquía española ( siglos XVI-XVIII ), Madrid 1990. Molas Ribalta, Pere y otros, Manual de historia moderna, Barcelona 1993. Parker, Geoffrey., Felipe II, Madrid,1979.
  • 40. Parker, Geoffrey, Europa en crisis ( 1598-1648 ), Madrid 1981. Parker, Geoffrey, La guerra de los Treinta Anos, Barcelona, 1988. Pennington, D. H., La Europa del siglo XVII, Madrid, Aguilar 1973. Pérez, J., Isabel y Fernando. Los Reyes Católicos, Madrid 1988. Pérez, Joseph, Carlos V, Madrid, 1999. Pérez, Joseph, Los comuneros, Madrid 2001. Sánchez Belén. J.A., Los Austrias Menores. La monarquía española en el siglo XVII, Madrid, 1996. Tenenti, Alberto, La formación del mundo moderno ( siglos XIV-XVII ), Barcelona 1985. Thomas, Hugh, El Imperio español , Barcelona, 2003. Trevor Roper, H., La época de la expansión. Europa y el mundo desde 1559, Madrid 1988.
  • 41. 8 OBRAS LITERARIAS Alí, T. A la sombra del granado. Anónimo, El Lazarillo de Tormes. Anónimo, Vida y hechos de Estebanillo González. Arteaga, A. La princesa de Ebolí. Dominguez, M. P. El diamante de la reina. Passuth, L. Señor natural. Passuth, L. Más perenne que el bronce. Pérez Reverte, A. El capitán Alatriste, Limpieza de sangre, El Sol de Breda....... Quevedo, F. El Buscón. Sicardi, A. El castillo y el brocado. 9 FILMOGRAFÍA Aranda, V. Juana la loca, 2001. Cuerda, J.L. La Marrana, 1992. Díaz Yanes, J. Alatriste, 2006. Feyder, J. La Kermesse heroica, 1935 Miró P. E perro del hortelano, 1996 Salce L. El Greco, 1964. Uribe, I. El rei pasmao, 1963. Vega G. La Celestina, 1996.
  • 42. Os vídeos correspondentes a esa etapa histórica da colección Memoria de España de T.V.E e da Historia no seu lugar da Nova Historia de España da editorial Planeta.