SlideShare a Scribd company logo
1 of 24
O comercio e os transportes
07
1. A actividade comercial
2. O comercio internacional actual
3. Fluxos e bloques comerciais
4. A función dos transportes
5. Redes e transportes terrestres
6. Transportes aéreo e marítimo
Introdución
• O comercio é a actividade mediante a cal os recursos que se
obteñen da natureza, os obxectos fabricados e os servizos se
poñen á disposición dos consumidores.
• O comercio desenvólvese a escala planetaria e é un dos
principais factores do desenvolvemento económico mundial.
• A circulación de persoas, de produtos e de servizos precisa
redes e medios de transporte rápidos e seguros.
• As comunicacións precisan das tecnoloxías máis avanzadas
para que a información se transmita no mesmo intre en que se
produce.
07
1.1. Que é o comercio?
• O comercio consiste na compra e mais na venda de
mercadorías co fin de satisfacer as necesidades da poboación.
• Inicialmente, a actividade comercial realizábase mediante o
troco, isto é, o intercambio duns produtos por outros.
• Posteriormente, coa aparición da moeda, púidoselles dar un
valor máis exacto ás mercadorías e ampliouse o ámbito das
actividades comerciais.
07 1. A actividade comercial
1.2. Comercio interior e comercio exterior
• O comercio interior é o que ten lugar dentro dun país.
• Pode ser por xunto, efectuado polos comerciantes por xunto que
compran grandes cantidades de mercadorías e llelas venden a
comerciantes ou a empresas, ou polo miúdo, que vende
directamente ao público pequenas cantidades.
• O comercio exterior é o que realiza un país con outros países.
Inclúe tanto as vendas de produtos nacionais, ou exportacións,
como as compras de produtos do exterior, ou importacións.
07 1. A actividade comercial
1.3. A balanza comercial
• A balanza comercial é a diferenza entre os bens que un país
vende ao exterior e os que lles merca a outros países:
• Se o valor das compras de bens ao exterior é inferior ao valor
das vendas que se fan a outros países, dise que a balanza
comercial é positiva.
• Se as importacións superan as exportacións, a balanza
comercial é negativa.
07 1. A actividade comercial
1.4. A balanza de pagamentos
• A balanza de pagamentos rexistra todos os intercambios
económicos dun país, tanto de bens materiais, como de servizos,
ou de bens financeiros.
• Cando na balanza de pagamentos os ingresos superan os gastos
dise que é excedentaria.
• Cando na balanza de pagamentos os ingresos son menores que os
gastos dise que é deficitaria.
07 1. A actividade comercial
2.1. As características do comercio actual
• A actividade comercial na actualidade caracterízase por:
• Mover enormes cantidades de produtos moi diferentes. Para
iso precisa duns medios de transporte de gran capacidade e
eficacia, a prezos razoables.
• Crear unha rede de relacións de ámbito mundial.
• Ser unha actividade, xunto ao transporte, que ocupa a moitas
persoas.
• Concentrarse, cada vez máis, nun reducido número de
empresas.
07 2. O comercio internacional actual
2.2. Intercambios comerciais internacionais
• Desde a segunda metade do século XX, o comercio internacional
experimentou un desenvolvemento espectacular: abrangue
espazos moi amplos e aumenta constantemente o seu valor
económico.
• O maior volume de intercambios realízase entre a Unión
Europea, Xapón, China, Asia oriental e os Estados Unidos.
Comercialízase sobre todo con produtos manufacturados.
07 2. O comercio internacional actual
O comercio internacional actual
07
3.1. Os fluxos comerciais
• A denominación de fluxos comerciais refírese ao movemento
entre vendedores e compradores producido polos intercambios
comerciais. Estes fluxos poden ser:
• Fluxos de materias primas. Os países produtores non sempre
consomen todas as materias primas que extraen, pero si que as
venden.
• Fluxos de produtos manufacturados. O 80% dos intercambios de
produtos manufacturados que se fan no mundo proceden dos
países máis desenvolvidos.
• Fluxos de capitais. Mobilizan enormes cantidades de diñeiro que
circulan constantemente por todo o mundo. Con cartos pódense
efectuar préstamos bancarios, investimentos, ou mercar e vender
empresas ou accións en bolsa.
07 3. Fluxos e bloques comerciais
3.2. Fluxos de información
• Os fluxos de información xeneralizáronse coa aparición das
tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), que
permiten expandir de forma inmediata a información.
• Pero, asemade, a expansión das novas tecnoloxías é moi
desigual, de maneira que a súa implantación depende do grao de
desenvolvemento de cada país.
07 3. Fluxos e bloques comerciais
3.3. Os bloques comerciais
• A mundialización dos intercambios obrigou a moitos países a
agrupárense en bloques comerciais para eliminar rivalidades e
regular os fluxos. Teñen en común:
 Proximidade espacial.
 Unión de alfándegas.
 Redistribución industrial.
 Fronte común.
 Complementariedade e unión de esforzos.
07 3. Fluxos e bloques comerciais
Principais bloques comerciais
07
4.1. O transporte
• O transporte é a actividade mediante a cal unha persoa ou
mercadoría se traslada dun lugar a outro.
• O transporte aéreo, o terrestre e o marítimo son os sistemas de
transporte que permiten os desprazamentos.
• As estradas, as vías férreas, os portos e os aeroportos son as
infraestruturas necesarias para a circulación dos medios de
transporte.
• Funcións:
 Permite o desprazamento cotián da poboación.
 Posibilita os desprazamentos a lugares moi afastados.
 Fai posible a distribución de bens e servizos.
07 4. A función dos transportes
4.3. A revolución dos transportes
• A revolución nos medios de transporte nos últimos cincuenta anos tivo como
obxectivo transportar maior cantidade de persoas e de carga, de forma máis
rápida, segura e económica. Os cambios máis significativos foron:
 O aumento de tonelaxe.
 A intermodalidade no transporte de mercadorías.
 O aumento da velocidade.
 A mellora na infraestrutura viaria.
 O aumento da seguridade.
 A redución no prezo do transporte.
 Os avances nas telecomunicacións.
07 4. A función dos transportes
5.1. As redes de transporte
• As redes de transporte son un conxunto de infraestruturas por
onde poden circular con facilidade os vehículos.
• Están formadas por eixes ou liñas que unen dous ou máis puntos
conectados entre si e dispostos como unha malla que se estende
sobre un territorio de forma máis ou menos densa.
• Os lugares centrais destes eixes son os nós de transporte.
• Nas áreas economicamente máis importantes a rede de
transportes é moi densa. Hai un bo funcionamento dos
desprazamentos.
• Os países pouco relacionados cos centros mundiais de poder
teñen redes de transporte escasas e pouco densas.
07 5. Redes e transportes terrestres
5.2. O transporte terrestre
• O transporte por estrada. A estrada é a infraestrutura máis
utilizada para transportar persoas e mercadorías. Forma unha
rede moi estruturada e densa.
• O transporte por ferrocarril. É óptimo para percorrer distancias
medias e longas, tanto para pasaxeiros como para mercadorías.
• Actualmente, no transporte por ferrocarril desenvolvéronse
melloras técnicas que permiten maior capacidade de pasaxeiros e
de carga, e máis velocidade:
• Os trens de alta velocidade (TAV).
• Os trens rápidos (TR).
07 5. Redes e transportes terrestres
Transportes terrestres
07
6. Transportes aéreo e marítimo
6.1. O transporte aéreo
6.2. O transporte marítimo
07
6.1. O transporte aéreo
• É o máis axeitado para o desprazamento de persoas a grandes
distancias e para o transporte de mercadorías lixeiras, grazas á
súa rapidez e seguridade.
• É un transporte caro porque os avións consomen moito
carburante e precisan un rigoroso mantemento.
• Os aeroportos esixen grandes espazos para que o transporte
aéreo sexa eficaz.
07 6. Transportes aéreo e marítimo
Transporte aéreo
07
Aeroportos España
6.2. O transporte marítimo
• É a forma máis idónea para desprazar a moita distancia
mercadorías pesadas ou perigosas a baixo prezo.
• Un dos inconvenientes do transporte marítimo é que é moi
lento. Ademais, a súa carga é moitas veces perigosa e pode
supoñer un risco para o ecosistema mariño.
07 6. Transportes aéreo e marítimo
Transporte marítimo
07

More Related Content

Viewers also liked (6)

Traballo sobre a inmigración (cc.ss)
Traballo sobre a inmigración (cc.ss)Traballo sobre a inmigración (cc.ss)
Traballo sobre a inmigración (cc.ss)
 
Marques de sargadelos presentación (1)
Marques de sargadelos presentación (1)Marques de sargadelos presentación (1)
Marques de sargadelos presentación (1)
 
Trabajo lore sociales
Trabajo lore socialesTrabajo lore sociales
Trabajo lore sociales
 
Frederick taylor
Frederick taylorFrederick taylor
Frederick taylor
 
Isabel de baviera lucía cambeses 1ºbach.pptx
Isabel de baviera  lucía cambeses 1ºbach.pptxIsabel de baviera  lucía cambeses 1ºbach.pptx
Isabel de baviera lucía cambeses 1ºbach.pptx
 
Thomas malthus
Thomas malthusThomas malthus
Thomas malthus
 

Similar to 3eso ud7

Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciariorubempaul
 
Xeografia 2 powerpoint
Xeografia 2 powerpointXeografia 2 powerpoint
Xeografia 2 powerpointsilvanarisitas
 
Globalización
GlobalizaciónGlobalización
GlobalizaciónCynthiacbm
 
Xeografía servizos
Xeografía servizosXeografía servizos
Xeografía servizosmasinisa
 
Vocabulario sector terciario
Vocabulario sector terciarioVocabulario sector terciario
Vocabulario sector terciariodosideza
 

Similar to 3eso ud7 (8)

Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10
 
Xeografia 2 powerpoint
Xeografia 2 powerpointXeografia 2 powerpoint
Xeografia 2 powerpoint
 
Globalización
GlobalizaciónGlobalización
Globalización
 
Xeografía servizos
Xeografía servizosXeografía servizos
Xeografía servizos
 
Vocabulario sector terciario
Vocabulario sector terciarioVocabulario sector terciario
Vocabulario sector terciario
 

More from Enrique Cardona

03 CuestiónsHistoria4ºESOTema3.pdf
03 CuestiónsHistoria4ºESOTema3.pdf03 CuestiónsHistoria4ºESOTema3.pdf
03 CuestiónsHistoria4ºESOTema3.pdfEnrique Cardona
 
01 Cuestions UD1 Ilustración.pdf
01 Cuestions UD1 Ilustración.pdf01 Cuestions UD1 Ilustración.pdf
01 Cuestions UD1 Ilustración.pdfEnrique Cardona
 
4. facer grupos e agrupamentos
4. facer grupos e agrupamentos4. facer grupos e agrupamentos
4. facer grupos e agrupamentosEnrique Cardona
 
3. etiquetas na aula virtual
3. etiquetas na aula virtual3. etiquetas na aula virtual
3. etiquetas na aula virtualEnrique Cardona
 
2 subir un arquivo na aula virtual
2  subir un arquivo na aula virtual2  subir un arquivo na aula virtual
2 subir un arquivo na aula virtualEnrique Cardona
 
9. usar a av para levar as notas do alumnado
9. usar a av para levar as notas do alumnado9. usar a av para levar as notas do alumnado
9. usar a av para levar as notas do alumnadoEnrique Cardona
 
7. actividades e recursos na aula virtual
7. actividades e recursos na aula virtual7. actividades e recursos na aula virtual
7. actividades e recursos na aula virtualEnrique Cardona
 
6. correxir tarefas pola av
6. correxir tarefas pola av6. correxir tarefas pola av
6. correxir tarefas pola avEnrique Cardona
 
5. pedir tarefas pola av
5. pedir tarefas pola av5. pedir tarefas pola av
5. pedir tarefas pola avEnrique Cardona
 
Presentacion 3eso ud4 completa
Presentacion 3eso ud4 completaPresentacion 3eso ud4 completa
Presentacion 3eso ud4 completaEnrique Cardona
 

More from Enrique Cardona (15)

03 CuestiónsHistoria4ºESOTema3.pdf
03 CuestiónsHistoria4ºESOTema3.pdf03 CuestiónsHistoria4ºESOTema3.pdf
03 CuestiónsHistoria4ºESOTema3.pdf
 
02 Cuestionario.pdf
02 Cuestionario.pdf02 Cuestionario.pdf
02 Cuestionario.pdf
 
01 Cuestions UD1 Ilustración.pdf
01 Cuestions UD1 Ilustración.pdf01 Cuestions UD1 Ilustración.pdf
01 Cuestions UD1 Ilustración.pdf
 
4. facer grupos e agrupamentos
4. facer grupos e agrupamentos4. facer grupos e agrupamentos
4. facer grupos e agrupamentos
 
3. etiquetas na aula virtual
3. etiquetas na aula virtual3. etiquetas na aula virtual
3. etiquetas na aula virtual
 
2 subir un arquivo na aula virtual
2  subir un arquivo na aula virtual2  subir un arquivo na aula virtual
2 subir un arquivo na aula virtual
 
1. crear cursos
1. crear cursos1. crear cursos
1. crear cursos
 
9. usar a av para levar as notas do alumnado
9. usar a av para levar as notas do alumnado9. usar a av para levar as notas do alumnado
9. usar a av para levar as notas do alumnado
 
8. preguntas na av
8. preguntas na av8. preguntas na av
8. preguntas na av
 
7. actividades e recursos na aula virtual
7. actividades e recursos na aula virtual7. actividades e recursos na aula virtual
7. actividades e recursos na aula virtual
 
6. correxir tarefas pola av
6. correxir tarefas pola av6. correxir tarefas pola av
6. correxir tarefas pola av
 
5. pedir tarefas pola av
5. pedir tarefas pola av5. pedir tarefas pola av
5. pedir tarefas pola av
 
ud6
ud6ud6
ud6
 
Ud5 3eso
Ud5 3esoUd5 3eso
Ud5 3eso
 
Presentacion 3eso ud4 completa
Presentacion 3eso ud4 completaPresentacion 3eso ud4 completa
Presentacion 3eso ud4 completa
 

3eso ud7

  • 1. O comercio e os transportes 07 1. A actividade comercial 2. O comercio internacional actual 3. Fluxos e bloques comerciais 4. A función dos transportes 5. Redes e transportes terrestres 6. Transportes aéreo e marítimo
  • 2. Introdución • O comercio é a actividade mediante a cal os recursos que se obteñen da natureza, os obxectos fabricados e os servizos se poñen á disposición dos consumidores. • O comercio desenvólvese a escala planetaria e é un dos principais factores do desenvolvemento económico mundial. • A circulación de persoas, de produtos e de servizos precisa redes e medios de transporte rápidos e seguros. • As comunicacións precisan das tecnoloxías máis avanzadas para que a información se transmita no mesmo intre en que se produce. 07
  • 3. 1.1. Que é o comercio? • O comercio consiste na compra e mais na venda de mercadorías co fin de satisfacer as necesidades da poboación. • Inicialmente, a actividade comercial realizábase mediante o troco, isto é, o intercambio duns produtos por outros. • Posteriormente, coa aparición da moeda, púidoselles dar un valor máis exacto ás mercadorías e ampliouse o ámbito das actividades comerciais. 07 1. A actividade comercial
  • 4. 1.2. Comercio interior e comercio exterior • O comercio interior é o que ten lugar dentro dun país. • Pode ser por xunto, efectuado polos comerciantes por xunto que compran grandes cantidades de mercadorías e llelas venden a comerciantes ou a empresas, ou polo miúdo, que vende directamente ao público pequenas cantidades. • O comercio exterior é o que realiza un país con outros países. Inclúe tanto as vendas de produtos nacionais, ou exportacións, como as compras de produtos do exterior, ou importacións. 07 1. A actividade comercial
  • 5. 1.3. A balanza comercial • A balanza comercial é a diferenza entre os bens que un país vende ao exterior e os que lles merca a outros países: • Se o valor das compras de bens ao exterior é inferior ao valor das vendas que se fan a outros países, dise que a balanza comercial é positiva. • Se as importacións superan as exportacións, a balanza comercial é negativa. 07 1. A actividade comercial
  • 6. 1.4. A balanza de pagamentos • A balanza de pagamentos rexistra todos os intercambios económicos dun país, tanto de bens materiais, como de servizos, ou de bens financeiros. • Cando na balanza de pagamentos os ingresos superan os gastos dise que é excedentaria. • Cando na balanza de pagamentos os ingresos son menores que os gastos dise que é deficitaria. 07 1. A actividade comercial
  • 7. 2.1. As características do comercio actual • A actividade comercial na actualidade caracterízase por: • Mover enormes cantidades de produtos moi diferentes. Para iso precisa duns medios de transporte de gran capacidade e eficacia, a prezos razoables. • Crear unha rede de relacións de ámbito mundial. • Ser unha actividade, xunto ao transporte, que ocupa a moitas persoas. • Concentrarse, cada vez máis, nun reducido número de empresas. 07 2. O comercio internacional actual
  • 8. 2.2. Intercambios comerciais internacionais • Desde a segunda metade do século XX, o comercio internacional experimentou un desenvolvemento espectacular: abrangue espazos moi amplos e aumenta constantemente o seu valor económico. • O maior volume de intercambios realízase entre a Unión Europea, Xapón, China, Asia oriental e os Estados Unidos. Comercialízase sobre todo con produtos manufacturados. 07 2. O comercio internacional actual
  • 10. 3.1. Os fluxos comerciais • A denominación de fluxos comerciais refírese ao movemento entre vendedores e compradores producido polos intercambios comerciais. Estes fluxos poden ser: • Fluxos de materias primas. Os países produtores non sempre consomen todas as materias primas que extraen, pero si que as venden. • Fluxos de produtos manufacturados. O 80% dos intercambios de produtos manufacturados que se fan no mundo proceden dos países máis desenvolvidos. • Fluxos de capitais. Mobilizan enormes cantidades de diñeiro que circulan constantemente por todo o mundo. Con cartos pódense efectuar préstamos bancarios, investimentos, ou mercar e vender empresas ou accións en bolsa. 07 3. Fluxos e bloques comerciais
  • 11. 3.2. Fluxos de información • Os fluxos de información xeneralizáronse coa aparición das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), que permiten expandir de forma inmediata a información. • Pero, asemade, a expansión das novas tecnoloxías é moi desigual, de maneira que a súa implantación depende do grao de desenvolvemento de cada país. 07 3. Fluxos e bloques comerciais
  • 12. 3.3. Os bloques comerciais • A mundialización dos intercambios obrigou a moitos países a agrupárense en bloques comerciais para eliminar rivalidades e regular os fluxos. Teñen en común:  Proximidade espacial.  Unión de alfándegas.  Redistribución industrial.  Fronte común.  Complementariedade e unión de esforzos. 07 3. Fluxos e bloques comerciais
  • 14. 4.1. O transporte • O transporte é a actividade mediante a cal unha persoa ou mercadoría se traslada dun lugar a outro. • O transporte aéreo, o terrestre e o marítimo son os sistemas de transporte que permiten os desprazamentos. • As estradas, as vías férreas, os portos e os aeroportos son as infraestruturas necesarias para a circulación dos medios de transporte. • Funcións:  Permite o desprazamento cotián da poboación.  Posibilita os desprazamentos a lugares moi afastados.  Fai posible a distribución de bens e servizos. 07 4. A función dos transportes
  • 15. 4.3. A revolución dos transportes • A revolución nos medios de transporte nos últimos cincuenta anos tivo como obxectivo transportar maior cantidade de persoas e de carga, de forma máis rápida, segura e económica. Os cambios máis significativos foron:  O aumento de tonelaxe.  A intermodalidade no transporte de mercadorías.  O aumento da velocidade.  A mellora na infraestrutura viaria.  O aumento da seguridade.  A redución no prezo do transporte.  Os avances nas telecomunicacións. 07 4. A función dos transportes
  • 16. 5.1. As redes de transporte • As redes de transporte son un conxunto de infraestruturas por onde poden circular con facilidade os vehículos. • Están formadas por eixes ou liñas que unen dous ou máis puntos conectados entre si e dispostos como unha malla que se estende sobre un territorio de forma máis ou menos densa. • Os lugares centrais destes eixes son os nós de transporte. • Nas áreas economicamente máis importantes a rede de transportes é moi densa. Hai un bo funcionamento dos desprazamentos. • Os países pouco relacionados cos centros mundiais de poder teñen redes de transporte escasas e pouco densas. 07 5. Redes e transportes terrestres
  • 17. 5.2. O transporte terrestre • O transporte por estrada. A estrada é a infraestrutura máis utilizada para transportar persoas e mercadorías. Forma unha rede moi estruturada e densa. • O transporte por ferrocarril. É óptimo para percorrer distancias medias e longas, tanto para pasaxeiros como para mercadorías. • Actualmente, no transporte por ferrocarril desenvolvéronse melloras técnicas que permiten maior capacidade de pasaxeiros e de carga, e máis velocidade: • Os trens de alta velocidade (TAV). • Os trens rápidos (TR). 07 5. Redes e transportes terrestres
  • 19. 6. Transportes aéreo e marítimo 6.1. O transporte aéreo 6.2. O transporte marítimo 07
  • 20. 6.1. O transporte aéreo • É o máis axeitado para o desprazamento de persoas a grandes distancias e para o transporte de mercadorías lixeiras, grazas á súa rapidez e seguridade. • É un transporte caro porque os avións consomen moito carburante e precisan un rigoroso mantemento. • Os aeroportos esixen grandes espazos para que o transporte aéreo sexa eficaz. 07 6. Transportes aéreo e marítimo
  • 23. 6.2. O transporte marítimo • É a forma máis idónea para desprazar a moita distancia mercadorías pesadas ou perigosas a baixo prezo. • Un dos inconvenientes do transporte marítimo é que é moi lento. Ademais, a súa carga é moitas veces perigosa e pode supoñer un risco para o ecosistema mariño. 07 6. Transportes aéreo e marítimo