SlideShare a Scribd company logo
1 of 11
Download to read offline
As calculadoras de Harvard
Williamina Fleming
A astronomía -a ciencia en
xeral- na segunda metade do
XIX xa non é un labor solitario
de xenios pegados ao ocular,
senón que necesita moitos
ollos e mans para acadar
certa sistematización, mais
aínda nun momento no que a
fotografía se converte nunha
ferramenta común e a
investigación depende da
análise exhaustiva de miles e
miles de placas.
Galaxia de Andrómeda. Colección de placas da Universidade de Harvard.
A fotografía supuxo na segunda
metade do século XIX un
cambio radical na observación
do universo. Grazas á maior
capacidade de captación de luz
que ten o filme fotográfico, a
ciencia puido adquirir moita
información nova que non
estaba ao alcance do ollo
humano.
Pléiades. Colección de placas da Universidade de Harvard.
Nas últimas décadas do século XIX o observatorio
de Harvard, baixo a dirección de Edward Charles
Pickering, emprendeu un proxecto científico
ambicioso: a creación dun catálogo estelar
actualizado financiado con diñeiro achegado pola
viúva de Henry Draper en homenaxe ao seu
marido. O mítico grupo das “calculadoras de
Harvard” naceu arredor deste proxecto. As
mulleres cobraban un salario moito menor e iso
era unha vantaxe para o observatorio, que podía
multiplicar a man de obra polo mesmo diñeiro;
mais tamén é xusto recoñecer que o profesor
Pickering lles recoñeceu un papel impensábel
nesa altura en moitos outros lugares do planeta e
as animaba a publicar artigos e medrar
profesionalmente.
Edward Charles Pickering (1846-1919)
Unha desas mulleres foi Williamina
Paton Stevens, por todos chamada Mina,
nacida en Dundee, Escocia, o 15 de maio
de 1857. Revelouse coma unha nena
intelixente na escola e xa con 14 anos
púxose do outro lado na aula: ao tempo
que seguía aprendendo empezou a dar
clases nas escolas públicas da vila para
así axudar coas necesidades dunha casa
con nove fillos.
En maio de 1877 casou cun home viúvo,
James Fleming, e ao cabo dun ano, en
decembro de 1878, os dous marcharon a
Boston, Massachussetts, para emprender
novos camiños.
Williamina Fleming (1857-1911)
Uns meses despois ela queda embarazada e foi
niso que a súa vida deu un primeiro xiro
inesperado: o seu home, James, abandonouna e
Mina Fleming quedou soa, cun fillo por vir e a miles
de quilómetros do seu país natal. De mestra precoz
en Escocia a inmigrante e nai solteira na costa leste
dos Estados Unidos, sen diñeiro nin lugar onde
vivir.
Nun curioso e inesperado golpe de fortuna, Mina
atopou traballo coma asistenta na casa do profesor
Pickering. Este non tardou moito en ofrecerlle un
posto ben diferente no observatorio: facer traballos
“de despacho”, manter arquivos, ordenar e copiar a
información e facer cálculos matemáticos. Pasou
en poucos meses de levar a casa do señor
Pickering a exercer coma astrónoma profesional.
No outono do mesmo 1879 volveu a Escocia para
dar a luz ao seu fillo e despois regresou a Harvard,
onde en 1881 obtería un posto permanente no
equipo do observatorio.
Williamina Fleming (1857-1911)
Unha das achegas de Williamina foi a de
desenvolver un sistema de clasificación dos
tipos de estrelas mediante letras en función
da cantidade de hidróxeno detectado nelas
co estudo do seu espectro luminoso. Máis
alá da catalogación de estrelas, Mina
descubriu ao longo da súa carreira 10 novas
(estrelas que ao final do seu ciclo “explotan”
producindo un súbito aumento de brillo),
cincuenta e tantas nebulosas -unha delas,
en 1888, é un dos obxectos máis fermosos
do ceo profundo, a Nebulosa da Cabeza de
Cabalo– e máis de 300 estrelas variábeis. Foi
tamén a editora das publicacións e informes
do observatorio e estivo ao mando do grupo
das “calculadoras”.
Nebulosas da Chama (NGC2024) e da Cabeza de Cabalo. Autor:
Alfredo Madrigal
Os diarios de Mina dan conta, porén,
da súa claridade de ideas respecto da
inxusta brecha salarial entre homes e
mulleres. Así, o 12 de marzo de 1900
escribe estas liñas memorábeis:
“Tiven unha conversa co Director a conta dos salarios das mulleres. El parece
pensar que ningún traballo é demasiado ou difícil para min, non importa cal
sexa a responsabilidade ou cantas as horas de dedicación. Mais en canto saco o
tema do salario, inmediatamente se me di que eu recibo un pagamento
excelente para o que é común entre as mulleres.
Se el dese apenas un paso para averiguar como está de equivocado en relación
con este tema aprendería unhas cantas cousas que lle abrirían os ollos e o
deixarían pensando. Ás veces síntome tentada a deixalo e que probe con
algunha outra, ou que algúns dos homes fagan o meu traballo, para que
descubra por el mesmo o que está conseguindo de min por 1500 dólares ao ano,
comparado cos 2500 que cobran outros asistentes.
Pensará el algunha vez que eu teño unha casa e unha familia que sacar adiante,
igual que calquera home? Mais supoño que unha muller non ten dereito a tales
comodidades. E esta é considerada unha era progresista! …Síntome ao bordo de
virme abaixo”.
En 1899 Williamina foi designada
arquiveira -”curator”- das fotografías
astronómicas: era o primeiro posto
de responsabilidade en mans dunha
muller na Universidade de Harvard.
Logo, en 1906, foi ordenada membro
honoraria da Royal Astronomical
Society de Londres.
Case ao final da súa vida, en 1910
participou noutro gran achado, o das
“ananas brancas”, estrelas no final
das súas vidas despois de case
esgotar o hidróxeno (o “combustíbel”
para as reaccións nucleares), perder
as capas externas e ficar
comprimidas nun espazo reducido
extremadamente denso (coma o Sol
mais comprimido no volume da
Terra).
Morreu de pneumonía en Boston o 21 de maio de 1911. O obituario que
apareceu no boletín mensual da Royal Astronomical Society menciona unha
curiosa lenda familiar que ela contaba. Ao parecer, a bisavoa de Williamina
casou cun oficial dos 79th Highlanders, o capitán Walker, que prestou servizos
na Guerra de Independencia de España ás ordes do tenente xeneral Sir John
Moore. A muller non se separou del durante a guerra e quedou embarazada.
Na batalla de Elviña, o 16 de xaneiro de 1809, morreu o capitán Walker canda
sir John Moore e varios centos de militares británicos máis. O mesmo día e no
campo de batalla deu a luz a señora Walker: foi en territorio galego que naceu
John Walker, o avó de Williamina.

More Related Content

What's hot

Astrónomos boa
Astrónomos boaAstrónomos boa
Astrónomos boaMella95
 
Mulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelasMulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelasangelciencia
 
Presentación
PresentaciónPresentación
Presentaciónmak-rc
 
Astronomos.
Astronomos.Astronomos.
Astronomos.mak-rc
 
Modelo dun sistema binario.
Modelo dun sistema binario.Modelo dun sistema binario.
Modelo dun sistema binario.marelatarabela
 
Domingo Ruiz Pineda
Domingo Ruiz PinedaDomingo Ruiz Pineda
Domingo Ruiz Pinedaecursocig
 
Comprobación 2ª lei Kepler
Comprobación 2ª lei KeplerComprobación 2ª lei Kepler
Comprobación 2ª lei Keplermarelatarabela
 
Mulleres matemáticas
Mulleres matemáticasMulleres matemáticas
Mulleres matemáticascarxibai
 
22 mulleres matemáticas
22 mulleres matemáticas22 mulleres matemáticas
22 mulleres matemáticascarxibai
 
Grandes astrónomos
Grandes astrónomosGrandes astrónomos
Grandes astrónomosaceipdarbo
 

What's hot (17)

Jocelyn bell
Jocelyn bellJocelyn bell
Jocelyn bell
 
Astrónomos boa
Astrónomos boaAstrónomos boa
Astrónomos boa
 
Mulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelasMulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelas
 
Premio fonseca
Premio fonsecaPremio fonseca
Premio fonseca
 
Presentación
PresentaciónPresentación
Presentación
 
Astronomos.
Astronomos.Astronomos.
Astronomos.
 
Modelo dun sistema binario.
Modelo dun sistema binario.Modelo dun sistema binario.
Modelo dun sistema binario.
 
Domingo Ruiz Pineda
Domingo Ruiz PinedaDomingo Ruiz Pineda
Domingo Ruiz Pineda
 
Preguntas cmc 1 c
Preguntas cmc 1 cPreguntas cmc 1 c
Preguntas cmc 1 c
 
Comprobación 2ª lei Kepler
Comprobación 2ª lei KeplerComprobación 2ª lei Kepler
Comprobación 2ª lei Kepler
 
"Historia do tempo" de Stephen Hawking por Andrea Fernández Novoa
"Historia do tempo" de Stephen Hawking por Andrea Fernández Novoa"Historia do tempo" de Stephen Hawking por Andrea Fernández Novoa
"Historia do tempo" de Stephen Hawking por Andrea Fernández Novoa
 
Mulleres matemáticas
Mulleres matemáticasMulleres matemáticas
Mulleres matemáticas
 
Orixe do universo 2013 2014
Orixe do universo 2013 2014Orixe do universo 2013 2014
Orixe do universo 2013 2014
 
Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano
Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum MetropolitanoRecomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano
Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano
 
22 mulleres matemáticas
22 mulleres matemáticas22 mulleres matemáticas
22 mulleres matemáticas
 
Grandes astrónomos
Grandes astrónomosGrandes astrónomos
Grandes astrónomos
 
Preguntas cmc
Preguntas cmcPreguntas cmc
Preguntas cmc
 

Similar to Williamina Fleming

Similar to Williamina Fleming (20)

Carla,yan,nere
Carla,yan,nereCarla,yan,nere
Carla,yan,nere
 
Máis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomasMáis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomas
 
Muller mat presentacion
Muller mat presentacionMuller mat presentacion
Muller mat presentacion
 
Marie Curie
Marie CurieMarie Curie
Marie Curie
 
Carolina Herschel
Carolina HerschelCarolina Herschel
Carolina Herschel
 
Galileo Galilei
Galileo GalileiGalileo Galilei
Galileo Galilei
 
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein.
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein. Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein.
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein.
 
Galileo Galilei
Galileo GalileiGalileo Galilei
Galileo Galilei
 
Grandes astronomos
Grandes astronomosGrandes astronomos
Grandes astronomos
 
Mulleres matemáticas
Mulleres matemáticasMulleres matemáticas
Mulleres matemáticas
 
As damas do laboratorio
As damas do laboratorioAs damas do laboratorio
As damas do laboratorio
 
Carolina Herschel
Carolina HerschelCarolina Herschel
Carolina Herschel
 
Presentación a expedicion ao pacifico
Presentación a expedicion ao pacificoPresentación a expedicion ao pacifico
Presentación a expedicion ao pacifico
 
Mary Somerville
Mary SomervilleMary Somerville
Mary Somerville
 
Einstein e as maquinas do tempo
Einstein e as maquinas do tempoEinstein e as maquinas do tempo
Einstein e as maquinas do tempo
 
Astronom@s
Astronom@sAstronom@s
Astronom@s
 
Maria Mitchell
Maria MitchellMaria Mitchell
Maria Mitchell
 
Maria Mitchell
Maria MitchellMaria Mitchell
Maria Mitchell
 
Presentación2 (2)
Presentación2 (2)Presentación2 (2)
Presentación2 (2)
 
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOURO
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOUROHISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOURO
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOURO
 

More from anoiteenecesaria

CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solarCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solaranoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA EstrelasCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelasanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na CoruñaCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruñaanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noiteCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noiteanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelaciónsCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelaciónsanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceoCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceoanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universoCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universoanoiteenecesaria
 
Andrea Ghez e os buracos negros supermasivos
Andrea Ghez e os buracos negros supermasivosAndrea Ghez e os buracos negros supermasivos
Andrea Ghez e os buracos negros supermasivosanoiteenecesaria
 
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións anoiteenecesaria
 
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solaranoiteenecesaria
 
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxicoanoiteenecesaria
 
3. O ceo nocturno é rico e dinámico
3. O ceo nocturno é rico e dinámico3. O ceo nocturno é rico e dinámico
3. O ceo nocturno é rico e dinámicoanoiteenecesaria
 
2. Os fenómenos astronómicos podemos experimentalos no noso día a día
2. Os fenómenos astronómicos podemos  experimentalos no noso día a día2. Os fenómenos astronómicos podemos  experimentalos no noso día a día
2. Os fenómenos astronómicos podemos experimentalos no noso día a díaanoiteenecesaria
 
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidadeanoiteenecesaria
 
Einstein e a(s) relatividade(s)
Einstein e a(s) relatividade(s)Einstein e a(s) relatividade(s)
Einstein e a(s) relatividade(s)anoiteenecesaria
 

More from anoiteenecesaria (20)

CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solarCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA EstrelasCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na CoruñaCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noiteCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelaciónsCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceoCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universoCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
 
Andrea Ghez e os buracos negros supermasivos
Andrea Ghez e os buracos negros supermasivosAndrea Ghez e os buracos negros supermasivos
Andrea Ghez e os buracos negros supermasivos
 
Vera Rubin
Vera RubinVera Rubin
Vera Rubin
 
Henrietta Leavitt
Henrietta LeavittHenrietta Leavitt
Henrietta Leavitt
 
Os límites da visión
Os límites da visiónOs límites da visión
Os límites da visión
 
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
 
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
 
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
 
3. O ceo nocturno é rico e dinámico
3. O ceo nocturno é rico e dinámico3. O ceo nocturno é rico e dinámico
3. O ceo nocturno é rico e dinámico
 
2. Os fenómenos astronómicos podemos experimentalos no noso día a día
2. Os fenómenos astronómicos podemos  experimentalos no noso día a día2. Os fenómenos astronómicos podemos  experimentalos no noso día a día
2. Os fenómenos astronómicos podemos experimentalos no noso día a día
 
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
 
Einstein e a(s) relatividade(s)
Einstein e a(s) relatividade(s)Einstein e a(s) relatividade(s)
Einstein e a(s) relatividade(s)
 
Isaac Newton
Isaac NewtonIsaac Newton
Isaac Newton
 
As leis de Kepler
As leis de KeplerAs leis de Kepler
As leis de Kepler
 

Williamina Fleming

  • 1. As calculadoras de Harvard Williamina Fleming
  • 2. A astronomía -a ciencia en xeral- na segunda metade do XIX xa non é un labor solitario de xenios pegados ao ocular, senón que necesita moitos ollos e mans para acadar certa sistematización, mais aínda nun momento no que a fotografía se converte nunha ferramenta común e a investigación depende da análise exhaustiva de miles e miles de placas. Galaxia de Andrómeda. Colección de placas da Universidade de Harvard.
  • 3. A fotografía supuxo na segunda metade do século XIX un cambio radical na observación do universo. Grazas á maior capacidade de captación de luz que ten o filme fotográfico, a ciencia puido adquirir moita información nova que non estaba ao alcance do ollo humano. Pléiades. Colección de placas da Universidade de Harvard.
  • 4. Nas últimas décadas do século XIX o observatorio de Harvard, baixo a dirección de Edward Charles Pickering, emprendeu un proxecto científico ambicioso: a creación dun catálogo estelar actualizado financiado con diñeiro achegado pola viúva de Henry Draper en homenaxe ao seu marido. O mítico grupo das “calculadoras de Harvard” naceu arredor deste proxecto. As mulleres cobraban un salario moito menor e iso era unha vantaxe para o observatorio, que podía multiplicar a man de obra polo mesmo diñeiro; mais tamén é xusto recoñecer que o profesor Pickering lles recoñeceu un papel impensábel nesa altura en moitos outros lugares do planeta e as animaba a publicar artigos e medrar profesionalmente. Edward Charles Pickering (1846-1919)
  • 5. Unha desas mulleres foi Williamina Paton Stevens, por todos chamada Mina, nacida en Dundee, Escocia, o 15 de maio de 1857. Revelouse coma unha nena intelixente na escola e xa con 14 anos púxose do outro lado na aula: ao tempo que seguía aprendendo empezou a dar clases nas escolas públicas da vila para así axudar coas necesidades dunha casa con nove fillos. En maio de 1877 casou cun home viúvo, James Fleming, e ao cabo dun ano, en decembro de 1878, os dous marcharon a Boston, Massachussetts, para emprender novos camiños. Williamina Fleming (1857-1911)
  • 6. Uns meses despois ela queda embarazada e foi niso que a súa vida deu un primeiro xiro inesperado: o seu home, James, abandonouna e Mina Fleming quedou soa, cun fillo por vir e a miles de quilómetros do seu país natal. De mestra precoz en Escocia a inmigrante e nai solteira na costa leste dos Estados Unidos, sen diñeiro nin lugar onde vivir. Nun curioso e inesperado golpe de fortuna, Mina atopou traballo coma asistenta na casa do profesor Pickering. Este non tardou moito en ofrecerlle un posto ben diferente no observatorio: facer traballos “de despacho”, manter arquivos, ordenar e copiar a información e facer cálculos matemáticos. Pasou en poucos meses de levar a casa do señor Pickering a exercer coma astrónoma profesional. No outono do mesmo 1879 volveu a Escocia para dar a luz ao seu fillo e despois regresou a Harvard, onde en 1881 obtería un posto permanente no equipo do observatorio. Williamina Fleming (1857-1911)
  • 7. Unha das achegas de Williamina foi a de desenvolver un sistema de clasificación dos tipos de estrelas mediante letras en función da cantidade de hidróxeno detectado nelas co estudo do seu espectro luminoso. Máis alá da catalogación de estrelas, Mina descubriu ao longo da súa carreira 10 novas (estrelas que ao final do seu ciclo “explotan” producindo un súbito aumento de brillo), cincuenta e tantas nebulosas -unha delas, en 1888, é un dos obxectos máis fermosos do ceo profundo, a Nebulosa da Cabeza de Cabalo– e máis de 300 estrelas variábeis. Foi tamén a editora das publicacións e informes do observatorio e estivo ao mando do grupo das “calculadoras”. Nebulosas da Chama (NGC2024) e da Cabeza de Cabalo. Autor: Alfredo Madrigal
  • 8. Os diarios de Mina dan conta, porén, da súa claridade de ideas respecto da inxusta brecha salarial entre homes e mulleres. Así, o 12 de marzo de 1900 escribe estas liñas memorábeis:
  • 9. “Tiven unha conversa co Director a conta dos salarios das mulleres. El parece pensar que ningún traballo é demasiado ou difícil para min, non importa cal sexa a responsabilidade ou cantas as horas de dedicación. Mais en canto saco o tema do salario, inmediatamente se me di que eu recibo un pagamento excelente para o que é común entre as mulleres. Se el dese apenas un paso para averiguar como está de equivocado en relación con este tema aprendería unhas cantas cousas que lle abrirían os ollos e o deixarían pensando. Ás veces síntome tentada a deixalo e que probe con algunha outra, ou que algúns dos homes fagan o meu traballo, para que descubra por el mesmo o que está conseguindo de min por 1500 dólares ao ano, comparado cos 2500 que cobran outros asistentes. Pensará el algunha vez que eu teño unha casa e unha familia que sacar adiante, igual que calquera home? Mais supoño que unha muller non ten dereito a tales comodidades. E esta é considerada unha era progresista! …Síntome ao bordo de virme abaixo”.
  • 10. En 1899 Williamina foi designada arquiveira -”curator”- das fotografías astronómicas: era o primeiro posto de responsabilidade en mans dunha muller na Universidade de Harvard. Logo, en 1906, foi ordenada membro honoraria da Royal Astronomical Society de Londres. Case ao final da súa vida, en 1910 participou noutro gran achado, o das “ananas brancas”, estrelas no final das súas vidas despois de case esgotar o hidróxeno (o “combustíbel” para as reaccións nucleares), perder as capas externas e ficar comprimidas nun espazo reducido extremadamente denso (coma o Sol mais comprimido no volume da Terra).
  • 11. Morreu de pneumonía en Boston o 21 de maio de 1911. O obituario que apareceu no boletín mensual da Royal Astronomical Society menciona unha curiosa lenda familiar que ela contaba. Ao parecer, a bisavoa de Williamina casou cun oficial dos 79th Highlanders, o capitán Walker, que prestou servizos na Guerra de Independencia de España ás ordes do tenente xeneral Sir John Moore. A muller non se separou del durante a guerra e quedou embarazada. Na batalla de Elviña, o 16 de xaneiro de 1809, morreu o capitán Walker canda sir John Moore e varios centos de militares británicos máis. O mesmo día e no campo de batalla deu a luz a señora Walker: foi en territorio galego que naceu John Walker, o avó de Williamina.