SlideShare a Scribd company logo
1 of 13
Download to read offline
As mulleres na carreira ao espazo
Imaxe: vista aérea de NASA Langley en 2011. NASA. Dominio público.
En 1915 fundouse a NACA, National
Advisory Committee for Aeronautics, co
obxectivo de promover a industria
aeronáutica. A matemática, física e
química Pearl I. Young (1895-1968) foi a
primeira muller contratada por este
organismo público, xa en 1922. Tivo
como destino o centro de investigación
de Langley, onde daquela traballaban
só 32 persoas. Retirouse da NASA en
1961.
Pearl I. Young. Imaxe: NASA. Dominio público.
En 1935 foron contratadas cinco mulleres
para formar un grupo de cálculo. Nunha
época na que non había aínda
computadores, o seu traballo consistía
en procesar todos os datos procedentes
dos test dos túneles de vento e as
probas de voo. A experiencia foi moi
positiva e en poucos anos os e as
computadoras humanas eran unha
parte esencial do centro de operacións.
E segundo un memorando de abril de
1942, “os enxeñeiros mesmo admiten
que as mulleres computadoras fan o
traballo con máis rapidez e exactitude
do que eles poderían”.
Imaxe: NASA. Dominio público.
A aposta aeronáutica exixía máis e máis
persoal, e máis aínda coa entrada do país
na II Guerra Mundial: Langley medrou en
edificios e equipamentos e multiplicouse
o número de empregados. Tamén, por
suposto, o de persoas encargadas dos
cálculos. E posto que nese tempo moitos
homes eran mobilizados para a guerra, a
proporción de mulleres contratadas tivo
que aumentar. Fíxose un exercicio activo
de fichaxe de mulleres nos “college” e
universidades. Era, ademais, un emprego
ben pagado en comparación cos que
unha muller podía optar a ter na época.
Son varios centos as mulleres que
traballaron como computadoras en
Langley.
Imaxe: computadora de Langley con máquina Friden. NASA.
Dominio público.
Neses anos 40 Langley empezou a
contratar tamén mulleres negras con
formación superior, ao principio nunha
sección diferenciada do centro: só se
reunían cos equipos “brancos” cando a
necesidade o requiría. Segundo o libro
“Hidden Figures” de Margot Lee Shetterly,
son polo menos cincuenta as mulleres
afroamericanas que traballaron en
Langley entre 1943 e 1980, ben fose como
computadoras ou como matemáticas e
enxeñeiras.
Imaxe: plano de edificio de Langley con espazos segregados. NASA.
Dominio público.
Dorothy Vaughan
N: 20 de setembro de 1910, Kansas City, Missouri (EEUU)
M: 10 de novembro de 2008, Hampton, Virxinia (EEUU)
Estudou matemáticas na universidade Wilberforce
de Ohio, a primeira xestionada por afroamericanos.
En 1943 ingresou no centro de investigación de
Langley da NACA, organismo precedente da NASA
(que se fundou en 1958) e foi asignada a un grupo de
computadoras. Dorothy acabou por ser a primeira
muller afroamericana en acadar o posto de
“supervisora”. Especializouse como programadora
experta na linguaxe FORTRAN. Retirouse da NASA
en 1971.
Imaxe: Dorothy Vaughan. NASA. Dominio público.
Katherine Johnson
N: 26 de agosto de 1918, White Sulphur Springs, Virxinia Oeste
(EEUU)
M: 24 de febreiro de 2020, Newport News, Virxinia (EEUU)
Entrou en Langley en 1953, primeiro como calculadora e
logo adscrita á División de Investigación do Voo.
Traballou no cálculo das traxectorias das misións
espaciais pioneiras: o lanzamento de Alan Shephard
primeiro, a posta en órbita de John Glenn logo. Glenn
exixiu que fose ela quen fixese as comprobacións
definitivas antes de saír ao espazo: “Get the girl to check
the numbers”. Uns anos despois participaría na misión
Apollo XI, que puxo na Lúa a Neil Armstrong e Buzz
Aldrin.
Retirouse en 1986. Dende 2016 o centro de
computación de Langley leva o seu nome, Katherine G.
Johnson.
Imaxe: Katherine Johnson en 2015 na entrega
da Medalla Presidencial da Liberdade. NASA.
Dominio público.
Mary Jackson
N: 9 de abril de 1921, Hampton, Virxinia (EEUU)
M: 11 de febreiro de 2005, , Hampton, Virxinia (EEUU)
Inicialmente formou parte do grupo de
calculadoras de Dorothy Vaughan, mais en
1953 pasou a traballar co enxeñeiro da NACA
Kazimierz Czarnecki, que a animou a seguir
estudando para optar a mellores postos.
Debeu solicitar un permiso especial para
poder ir á clase na Universidade de Virxinia
canda outros estudantes brancos, mais
finalmente en 1958 converteuse na primeira
enxeñeira negra da NASA. Retirouse en 1985.
Imaxe: Mary en Langley, 1980. NASA. Dominio público.
FIGURAS OCULTAS
Margot Lee Shetterly
O libro de historia da ciencia no que se basa a
película homónima investiga as traxectorias de
catro mulleres afroamericanas pioneiras.
Dorothy Vaughan, Mary Jackson, Katherine
Johnson e Christine Darden traballaron na
NASA nos primeiros anos da carreira espacial
nunha altura na que nos EEUU persistían leis
de segregación racial. A loita polos dereitos civís
e o esforzo científico para saír ao espazo corren
en paralelo nas súas biografías apaixonantes.
RECOMENDACIÓNS ASTRONÓMICAS
Margaret Hamilton
N: 17 de agosto de 1936, Paoli, Indiana (EEUU)
Científica e enxeñeira de programación
(atribúeselle a invención do concepto
“software engineering”), liderou o equipo
do MIT que fixo os programas informáticos
a bordo das naves Apollo.
Imaxe: Margaret en 1969 a carón das listaxes de programas
producidos para as misións Apollo. NASA. Dominio público.
Valentina Tereshkova
Валенти́на Терешко́ва
N: 6 de marzo de 1937, Bolshoye
Maslennikovo (URSS)
Primeira muller no espazo, o 16 de xuño de
1963 como piloto do Vostok 6. Orbitou a
Terra 48 veces: pasou no espazo 2 días, 22
horas e 50 minutos. Segue a ser a única
muller que estivo nunha misión espacial en
solitario.
Imaxe: RIA Novosti Archive. Fonte: wikipedia.
Non houbo outra muller no
espazo até 1982: a cosmonauta
Svetlana Savitskaya (n. 1948). A
terceira, e primeira muller
estadounidense, foi Sally Ride
(1951-2012), que voou no STS-7
(coa Challenger) en 1983.
Imaxe: Sally Ride, NASA. Dominio público.
ASTRONAUTAS
Jim Ottaviani e Maris Wicks
Banda deseñada que relata, con humor, a
peripecia das primeiras mulleres astronautas e
os desafíos aos que se viron sometidas para
probar que estaban igual de capacitadas ca os
homes para ir ao espazo.
RECOMENDACIÓNS ASTRONÓMICAS

More Related Content

Similar to As mulleres na carreira ao espazo

Similar to As mulleres na carreira ao espazo (9)

Máis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomasMáis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomas
 
Astronautas
AstronautasAstronautas
Astronautas
 
Mulleres na Ciencia
Mulleres na CienciaMulleres na Ciencia
Mulleres na Ciencia
 
Astronautas vivos das misións Apollo
Astronautas vivos das misións ApolloAstronautas vivos das misións Apollo
Astronautas vivos das misións Apollo
 
Mulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelasMulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelas
 
22 mulleres matemáticas
22 mulleres matemáticas22 mulleres matemáticas
22 mulleres matemáticas
 
Mulleres matemáticas
Mulleres matemáticasMulleres matemáticas
Mulleres matemáticas
 
Mulleres astrounautas
Mulleres astrounautasMulleres astrounautas
Mulleres astrounautas
 
O Programa Apolo en imaxes
O Programa Apolo en imaxesO Programa Apolo en imaxes
O Programa Apolo en imaxes
 

More from anoiteenecesaria

CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solarCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solaranoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA EstrelasCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelasanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na CoruñaCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruñaanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noiteCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noiteanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelaciónsCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelaciónsanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceoCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceoanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universoCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universoanoiteenecesaria
 
Andrea Ghez e os buracos negros supermasivos
Andrea Ghez e os buracos negros supermasivosAndrea Ghez e os buracos negros supermasivos
Andrea Ghez e os buracos negros supermasivosanoiteenecesaria
 
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións anoiteenecesaria
 
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solaranoiteenecesaria
 
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxicoanoiteenecesaria
 
4. A astronomía é a ciencia que estuda os obxectos celestes e os fenómenos no...
4. A astronomía é a ciencia que estuda os obxectos celestes e os fenómenos no...4. A astronomía é a ciencia que estuda os obxectos celestes e os fenómenos no...
4. A astronomía é a ciencia que estuda os obxectos celestes e os fenómenos no...anoiteenecesaria
 
3. O ceo nocturno é rico e dinámico
3. O ceo nocturno é rico e dinámico3. O ceo nocturno é rico e dinámico
3. O ceo nocturno é rico e dinámicoanoiteenecesaria
 
2. Os fenómenos astronómicos podemos experimentalos no noso día a día
2. Os fenómenos astronómicos podemos  experimentalos no noso día a día2. Os fenómenos astronómicos podemos  experimentalos no noso día a día
2. Os fenómenos astronómicos podemos experimentalos no noso día a díaanoiteenecesaria
 
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidadeanoiteenecesaria
 
Einstein e a(s) relatividade(s)
Einstein e a(s) relatividade(s)Einstein e a(s) relatividade(s)
Einstein e a(s) relatividade(s)anoiteenecesaria
 

More from anoiteenecesaria (20)

CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solarCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA EstrelasCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na CoruñaCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noiteCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelaciónsCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceoCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universoCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
 
Andrea Ghez e os buracos negros supermasivos
Andrea Ghez e os buracos negros supermasivosAndrea Ghez e os buracos negros supermasivos
Andrea Ghez e os buracos negros supermasivos
 
Margaret Burbidge
Margaret BurbidgeMargaret Burbidge
Margaret Burbidge
 
Cecilia Payne
Cecilia PayneCecilia Payne
Cecilia Payne
 
Os límites da visión
Os límites da visiónOs límites da visión
Os límites da visión
 
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
 
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
 
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
 
4. A astronomía é a ciencia que estuda os obxectos celestes e os fenómenos no...
4. A astronomía é a ciencia que estuda os obxectos celestes e os fenómenos no...4. A astronomía é a ciencia que estuda os obxectos celestes e os fenómenos no...
4. A astronomía é a ciencia que estuda os obxectos celestes e os fenómenos no...
 
3. O ceo nocturno é rico e dinámico
3. O ceo nocturno é rico e dinámico3. O ceo nocturno é rico e dinámico
3. O ceo nocturno é rico e dinámico
 
2. Os fenómenos astronómicos podemos experimentalos no noso día a día
2. Os fenómenos astronómicos podemos  experimentalos no noso día a día2. Os fenómenos astronómicos podemos  experimentalos no noso día a día
2. Os fenómenos astronómicos podemos experimentalos no noso día a día
 
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
 
Einstein e a(s) relatividade(s)
Einstein e a(s) relatividade(s)Einstein e a(s) relatividade(s)
Einstein e a(s) relatividade(s)
 
Isaac Newton
Isaac NewtonIsaac Newton
Isaac Newton
 

As mulleres na carreira ao espazo

  • 1. As mulleres na carreira ao espazo Imaxe: vista aérea de NASA Langley en 2011. NASA. Dominio público.
  • 2. En 1915 fundouse a NACA, National Advisory Committee for Aeronautics, co obxectivo de promover a industria aeronáutica. A matemática, física e química Pearl I. Young (1895-1968) foi a primeira muller contratada por este organismo público, xa en 1922. Tivo como destino o centro de investigación de Langley, onde daquela traballaban só 32 persoas. Retirouse da NASA en 1961. Pearl I. Young. Imaxe: NASA. Dominio público.
  • 3. En 1935 foron contratadas cinco mulleres para formar un grupo de cálculo. Nunha época na que non había aínda computadores, o seu traballo consistía en procesar todos os datos procedentes dos test dos túneles de vento e as probas de voo. A experiencia foi moi positiva e en poucos anos os e as computadoras humanas eran unha parte esencial do centro de operacións. E segundo un memorando de abril de 1942, “os enxeñeiros mesmo admiten que as mulleres computadoras fan o traballo con máis rapidez e exactitude do que eles poderían”. Imaxe: NASA. Dominio público.
  • 4. A aposta aeronáutica exixía máis e máis persoal, e máis aínda coa entrada do país na II Guerra Mundial: Langley medrou en edificios e equipamentos e multiplicouse o número de empregados. Tamén, por suposto, o de persoas encargadas dos cálculos. E posto que nese tempo moitos homes eran mobilizados para a guerra, a proporción de mulleres contratadas tivo que aumentar. Fíxose un exercicio activo de fichaxe de mulleres nos “college” e universidades. Era, ademais, un emprego ben pagado en comparación cos que unha muller podía optar a ter na época. Son varios centos as mulleres que traballaron como computadoras en Langley. Imaxe: computadora de Langley con máquina Friden. NASA. Dominio público.
  • 5. Neses anos 40 Langley empezou a contratar tamén mulleres negras con formación superior, ao principio nunha sección diferenciada do centro: só se reunían cos equipos “brancos” cando a necesidade o requiría. Segundo o libro “Hidden Figures” de Margot Lee Shetterly, son polo menos cincuenta as mulleres afroamericanas que traballaron en Langley entre 1943 e 1980, ben fose como computadoras ou como matemáticas e enxeñeiras. Imaxe: plano de edificio de Langley con espazos segregados. NASA. Dominio público.
  • 6. Dorothy Vaughan N: 20 de setembro de 1910, Kansas City, Missouri (EEUU) M: 10 de novembro de 2008, Hampton, Virxinia (EEUU) Estudou matemáticas na universidade Wilberforce de Ohio, a primeira xestionada por afroamericanos. En 1943 ingresou no centro de investigación de Langley da NACA, organismo precedente da NASA (que se fundou en 1958) e foi asignada a un grupo de computadoras. Dorothy acabou por ser a primeira muller afroamericana en acadar o posto de “supervisora”. Especializouse como programadora experta na linguaxe FORTRAN. Retirouse da NASA en 1971. Imaxe: Dorothy Vaughan. NASA. Dominio público.
  • 7. Katherine Johnson N: 26 de agosto de 1918, White Sulphur Springs, Virxinia Oeste (EEUU) M: 24 de febreiro de 2020, Newport News, Virxinia (EEUU) Entrou en Langley en 1953, primeiro como calculadora e logo adscrita á División de Investigación do Voo. Traballou no cálculo das traxectorias das misións espaciais pioneiras: o lanzamento de Alan Shephard primeiro, a posta en órbita de John Glenn logo. Glenn exixiu que fose ela quen fixese as comprobacións definitivas antes de saír ao espazo: “Get the girl to check the numbers”. Uns anos despois participaría na misión Apollo XI, que puxo na Lúa a Neil Armstrong e Buzz Aldrin. Retirouse en 1986. Dende 2016 o centro de computación de Langley leva o seu nome, Katherine G. Johnson. Imaxe: Katherine Johnson en 2015 na entrega da Medalla Presidencial da Liberdade. NASA. Dominio público.
  • 8. Mary Jackson N: 9 de abril de 1921, Hampton, Virxinia (EEUU) M: 11 de febreiro de 2005, , Hampton, Virxinia (EEUU) Inicialmente formou parte do grupo de calculadoras de Dorothy Vaughan, mais en 1953 pasou a traballar co enxeñeiro da NACA Kazimierz Czarnecki, que a animou a seguir estudando para optar a mellores postos. Debeu solicitar un permiso especial para poder ir á clase na Universidade de Virxinia canda outros estudantes brancos, mais finalmente en 1958 converteuse na primeira enxeñeira negra da NASA. Retirouse en 1985. Imaxe: Mary en Langley, 1980. NASA. Dominio público.
  • 9. FIGURAS OCULTAS Margot Lee Shetterly O libro de historia da ciencia no que se basa a película homónima investiga as traxectorias de catro mulleres afroamericanas pioneiras. Dorothy Vaughan, Mary Jackson, Katherine Johnson e Christine Darden traballaron na NASA nos primeiros anos da carreira espacial nunha altura na que nos EEUU persistían leis de segregación racial. A loita polos dereitos civís e o esforzo científico para saír ao espazo corren en paralelo nas súas biografías apaixonantes. RECOMENDACIÓNS ASTRONÓMICAS
  • 10. Margaret Hamilton N: 17 de agosto de 1936, Paoli, Indiana (EEUU) Científica e enxeñeira de programación (atribúeselle a invención do concepto “software engineering”), liderou o equipo do MIT que fixo os programas informáticos a bordo das naves Apollo. Imaxe: Margaret en 1969 a carón das listaxes de programas producidos para as misións Apollo. NASA. Dominio público.
  • 11. Valentina Tereshkova Валенти́на Терешко́ва N: 6 de marzo de 1937, Bolshoye Maslennikovo (URSS) Primeira muller no espazo, o 16 de xuño de 1963 como piloto do Vostok 6. Orbitou a Terra 48 veces: pasou no espazo 2 días, 22 horas e 50 minutos. Segue a ser a única muller que estivo nunha misión espacial en solitario. Imaxe: RIA Novosti Archive. Fonte: wikipedia.
  • 12. Non houbo outra muller no espazo até 1982: a cosmonauta Svetlana Savitskaya (n. 1948). A terceira, e primeira muller estadounidense, foi Sally Ride (1951-2012), que voou no STS-7 (coa Challenger) en 1983. Imaxe: Sally Ride, NASA. Dominio público.
  • 13. ASTRONAUTAS Jim Ottaviani e Maris Wicks Banda deseñada que relata, con humor, a peripecia das primeiras mulleres astronautas e os desafíos aos que se viron sometidas para probar que estaban igual de capacitadas ca os homes para ir ao espazo. RECOMENDACIÓNS ASTRONÓMICAS