SlideShare a Scribd company logo
1 of 13
Download to read offline
O ceo é para tod@s | GRANDES IDEAS DA ASTRONOMÍA
3. O ceo nocturno é rico e dinámico
Imaxe: 
Stellarium
3.1. Podemos ver varios miles de estrelas a simple vista nunha noite clara e escura.
Cando  miramos  o  ceo  nocturno  lonxe  da  contaminación  luminosa  das  cidades  e 
durante unha Lúa nova, podemos ver unhas 4000 estrelas a ollo nu. Dependendo da 
nosa posición na Terra e da época da observación poden ser visíbeis a ollo ceibe os 
cinco planetas máis brillantes do noso sistema solar, a banda da Vía Láctea, dúas 
galaxias satélite da Vía Láctea (as nubes de Magalhães) e a galaxia de Andrómeda 
(unha galaxia espiral grande).
Imaxe: O Sol na Vía Láctea. Adaptado de NASA/JPL­
Caltech/ESO/R. Hurt. Dominio público.
3.2. Todas as estrelas que vemos a 
simple  vista  pertencen  á  nosa 
galaxia.
Aínda  que  hai  miles  de  millóns  de 
estrelas noutras galaxias e centos de 
miles  de  millóns  de  galaxias  no 
universo  observábel,  esas  estrelas 
están  demasiado  lonxe  e  son 
demasiado  débiles  para  os  nosos 
ollos  como  para  distinguilas  como 
puntos individuais de luz.
3.3. O ceo nocturno axuda a orientármonos na Terra e navegar.
O ceo nocturno permítenos atopar os puntos cardinais. No hemisferio norte o xeito 
máis sinxelo de atopar o norte é buscar a estrela Polar, que está moi perto do polo 
norte celeste.
Imaxe: Heavens­Above.com
5 veces a distancia 
Merak­Dubhe
No  hemisferio  sur  a  estrela  Sigma  Octantis,  que  é  a  máis  próxima  ao  polo  sur 
celeste,  non  é  doada  de  ver.  Porén,  hai  un  método  rápido  para  localizar  o  sur 
empregando  a  constelación  da  Cruz  e  as  dúas  estrelas  máis  brillantes  da 
constelación do Centauro.
Imaxe: Heavens­Above.com
3.4. A rotación do eixo da Terra móvese 
(precesa) ao longo de miles de anos.
A  medida  que  a  Terra  rota  arredor  do 
seu  eixo,  este  móvese  como  unha 
buxaina.  A  dirección  do  eixo  de 
rotación  cambia  nun  lento  movemento 
de  precesión  cun  período  de  26000 
anos.  Este  movemento  fai  que  o  eixo 
apunte  en  diferentes  direccións  ao 
longo do tempo e, en consecuencia, os 
polos  norte  e  sur  celeste  cambian 
lentamente de posición. 
Imaxe: NASA, Mysid (Wikipedia), dominio público
Por exemplo, a estrela Polar deixará 
nalgún momento de sinalar o norte 
e pasará a marcalo outra estrela en 
función  da  dirección  do  eixo  da 
Terra  nese  momento.  Aínda  que 
agora  non  hai  ningunha  estrela 
brillante  sinalando  o  polo  sur 
celeste,  no  futuro  pode  que  haxa 
unha verdadeira “estrela do sur”.
Hai  5000  anos  o  norte  estaba  sinalado  pola  estrela 
Thuban, da constelación do Dragón. Dentro de 8000 anos 
será  Deneb,  no  Cisne,  quen  sinale  esa  dirección.  Imaxe: 
Tau olunga (Wikipedia), CC BY­SA 2.5ʻ
Imaxe:  “A  perda  da  escuridade”, 
International Dark­Sky Association
3.5.  Só  uns  poucos  corpos  celestes 
brillan abondo como para ser vistos 
a ollo ceibe cando o Sol está sobre o 
horizonte.
A  maioría  dos  obxectos  do  ceo 
nocturno  son  demasiado  débiles 
como  para  seren  observados  de  día 
contra  a  luz  brillante  do  Sol.  Un 
efecto  semellante  ocorre  de  noite 
nas  cidades  cando,  debido  á 
contaminación  luminosa,  vemos 
apenas  unha  pequena  fracción  das 
estrelas  a  causa  do  brillo  da  luz 
artificial. 
Só  uns  poucos  corpos  celestes  son 
suficientemente  brillantes  para  seren 
vistos a ollo ceibe cando o Sol está sobre o 
horizonte.  Dependendo  da  súa  fase,  é 
posíbel ver a Lúa durante o día. En certos 
momentos, Venus pode verse ao amencer 
(“luceiro matutino”) ou ao solpor (“luceiro 
vespertino”) e, sabendo onde está, mesmo 
pode verse en pleno día. Moi de tarde en 
tarde, un cometa particularmente brillante 
pode ser visíbel incluso de día.  
Imaxe: Pioneer Venus Orbiter (1979). NASA ­ NASA Space 
Science Data Coordinated Archive. Dominio público.
3.6.  Os  obxectos  celestes  saen  polo 
leste e póñense polo oeste debido á 
rotación da Terra.
Debido  á  rotación  da  Terra  arredor 
do  seu  eixo  do  oeste  cara  ao  leste, 
un  observador  na  superficie  ve  que 
todo  o  ceo  se  move  no  sentido 
oposto,  de  leste  a  oeste,  como  se 
aparentemente  xirase  arredor  do 
noso planeta.
Denominamos  “movemento  diúrno” 
a  este  movemento  aparente  do  ceo 
arredor da Terra. Esa é a razón pola 
cal  vemos  saír  todos  os  corpos 
celestes  pola  metade  leste  do 
horizonte  e  poñerse  pola  metade 
oeste.
Imaxe: Babak Tafreshi para ESO. CC BY 4.0.
3.7. As estrelas escintilan debido á nosa atmosfera.
Cando  a  luz  dunha  estrela  entra  na  nosa  atmosfera  e  viaxa  a  través  das  súas 
diferentes capas, cambia constantemente de dirección debido á refracción en capas 
con distinta temperatura e densidade. A consecuencia disto, o brillo da luz da estrela 
e a dirección desde a cal nos chega aquí na Terra está cambiando constantemente. 
Para  un  observador  na  Terra,  a  estrela  parece  escintilar.  Cos  planetas  o  efecto  é 
moito menos aparente (ou perceptíbel). A razón é que os planetas poden verse como 
pequenos discos (algo que pode apreciarse con prismáticos), mentres que as estrelas 
vémolas como puntos de luz, e como toda a luz procede dun  único punto é máis 
susceptíbel de experimentar cambios pola refracción.
Imaxe: adaptada 
de Bob King, Sky 
& Telescope
Imaxe: ESO/C. Malin, CC BY 4.0
3.8.  Millóns  de  meteoroides 
entran na atmosfera da Terra 
cada día.
Un  meteoroide  é un  pequeno 
obxecto  rochoso  ou  metálico 
cuxo  tamaño  vai  desde  un 
gran  de  area  até  un  metro. 
Cando entra  na  atmosfera  da 
Terra  quéntase  debido  á 
presión de choque, o cal xera 
un fío de luz no ceo nocturno. 
Chamamos  a  este  fenómeno 
“meteoro” ou “estrela fugaz”.
Imaxe: o asteroide 2008 TC3 entrou na atmosfera o 7 de outubro de 
2008 e estoupou sobre o deserto de Namibia; calcúlase que pesaba 80 
toneladas. Recuperáronse 600 meteoritos coma os da imaxe cun peso 
total de 10,5 kg. NASA / SETI / P. Jenniskens, dominio público.
Cando  un  meteoroide  sobrevive 
ao paso pola atmosfera terrestre e 
chega  á  superficie,  chamámolo 
“meteorito”.
Millóns de meteoroides entran na 
atmosfera  cada  día,  mais  a 
maioría  quéimanse  en  gas  e  po 
antes de tocar o chan.

More Related Content

What's hot (20)

O sistema solar
O sistema solarO sistema solar
O sistema solar
 
Cinturón de kuiper
Cinturón de kuiperCinturón de kuiper
Cinturón de kuiper
 
Tema 1 o noso lugar no universo juani
Tema 1 o noso lugar no universo juaniTema 1 o noso lugar no universo juani
Tema 1 o noso lugar no universo juani
 
Tema3. o universo-e_o_sistema_solar2
Tema3. o universo-e_o_sistema_solar2Tema3. o universo-e_o_sistema_solar2
Tema3. o universo-e_o_sistema_solar2
 
O sistema solar
O sistema solar O sistema solar
O sistema solar
 
Tema 5. apuntamentos o universo. i
Tema 5. apuntamentos o universo. iTema 5. apuntamentos o universo. i
Tema 5. apuntamentos o universo. i
 
Vera Rubin
Vera RubinVera Rubin
Vera Rubin
 
As estrelas
As estrelasAs estrelas
As estrelas
 
A TERRA E O SISTEMA SOLAR
A TERRA E O SISTEMA SOLARA TERRA E O SISTEMA SOLAR
A TERRA E O SISTEMA SOLAR
 
Jupiter
JupiterJupiter
Jupiter
 
Astronomia
AstronomiaAstronomia
Astronomia
 
1 universo e _terra
1 universo e _terra1 universo e _terra
1 universo e _terra
 
1 universo e _terra2
1 universo e _terra21 universo e _terra2
1 universo e _terra2
 
Sistema solar
Sistema solarSistema solar
Sistema solar
 
1 universo e _terra3
1 universo e _terra31 universo e _terra3
1 universo e _terra3
 
Neptunoooo
NeptunooooNeptunoooo
Neptunoooo
 
Houbo unha vez
Houbo unha vezHoubo unha vez
Houbo unha vez
 
Sistema solar 5º 2012
Sistema solar 5º 2012Sistema solar 5º 2012
Sistema solar 5º 2012
 
NOVEMBRO ASTRONÓMICO
NOVEMBRO ASTRONÓMICONOVEMBRO ASTRONÓMICO
NOVEMBRO ASTRONÓMICO
 
Cosmoloxía04 5-estruturauniverso
Cosmoloxía04  5-estruturauniversoCosmoloxía04  5-estruturauniverso
Cosmoloxía04 5-estruturauniverso
 

Similar to 3. O ceo nocturno é rico e dinámico

O Sistema Solar ( fran)
O Sistema Solar ( fran)O Sistema Solar ( fran)
O Sistema Solar ( fran)encarnavilla
 
A Terra No Universo UD 7
A Terra No Universo UD 7A Terra No Universo UD 7
A Terra No Universo UD 7Cristina
 
Tema 6 o universo e o sistema solar
Tema 6  o universo e o sistema solarTema 6  o universo e o sistema solar
Tema 6 o universo e o sistema solarmariavilanodar
 
O Universo e O sistema solar. Clase 2b
O Universo e O sistema solar. Clase 2bO Universo e O sistema solar. Clase 2b
O Universo e O sistema solar. Clase 2bRecursos Educativos
 
O universo e o sistema solar
O universo e o sistema solarO universo e o sistema solar
O universo e o sistema solarFento
 
O universo e o sistema solar 2
O universo e o sistema solar 2O universo e o sistema solar 2
O universo e o sistema solar 2Fento
 
O universo e o noso planeta
O universo e o noso planetaO universo e o noso planeta
O universo e o noso planetairenetraba
 

Similar to 3. O ceo nocturno é rico e dinámico (20)

O sistema solar
O sistema solarO sistema solar
O sistema solar
 
O Sistema Solar ( fran)
O Sistema Solar ( fran)O Sistema Solar ( fran)
O Sistema Solar ( fran)
 
O Universo
O UniversoO Universo
O Universo
 
A Terra No Universo UD 7
A Terra No Universo UD 7A Terra No Universo UD 7
A Terra No Universo UD 7
 
1º eso.tema 5 (II) A terra e Lúa
1º eso.tema 5 (II) A terra e Lúa1º eso.tema 5 (II) A terra e Lúa
1º eso.tema 5 (II) A terra e Lúa
 
O universo e a terra
O universo e a terraO universo e a terra
O universo e a terra
 
1º eso.tema 5 ii.A terra e lúa
1º eso.tema 5 ii.A terra e lúa1º eso.tema 5 ii.A terra e lúa
1º eso.tema 5 ii.A terra e lúa
 
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
 
Tema 1. 1º eso
Tema 1. 1º esoTema 1. 1º eso
Tema 1. 1º eso
 
O sistema solar
O sistema solarO sistema solar
O sistema solar
 
Tema 6 o universo e o sistema solar
Tema 6  o universo e o sistema solarTema 6  o universo e o sistema solar
Tema 6 o universo e o sistema solar
 
O Universo e O sistema solar. Clase 2b
O Universo e O sistema solar. Clase 2bO Universo e O sistema solar. Clase 2b
O Universo e O sistema solar. Clase 2b
 
Saturno cmc
Saturno cmcSaturno cmc
Saturno cmc
 
O universo e o sistema solar
O universo e o sistema solarO universo e o sistema solar
O universo e o sistema solar
 
O universo e o sistema solar 2
O universo e o sistema solar 2O universo e o sistema solar 2
O universo e o sistema solar 2
 
O universo e o noso planeta
O universo e o noso planetaO universo e o noso planeta
O universo e o noso planeta
 
Sistema solar
Sistema  solar Sistema  solar
Sistema solar
 
O sistema solar
O sistema solarO sistema solar
O sistema solar
 
O universoresumo.docx
O universoresumo.docxO universoresumo.docx
O universoresumo.docx
 
Mercurio
MercurioMercurio
Mercurio
 

More from anoiteenecesaria

Máis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomasMáis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomasanoiteenecesaria
 
Máis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomasMáis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomasanoiteenecesaria
 
As mulleres na carreira ao espazo
As mulleres na carreira ao espazoAs mulleres na carreira ao espazo
As mulleres na carreira ao espazoanoiteenecesaria
 
O ceo do verán (Efervesciencia 2021)
O ceo do verán (Efervesciencia 2021)O ceo do verán (Efervesciencia 2021)
O ceo do verán (Efervesciencia 2021)anoiteenecesaria
 
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións anoiteenecesaria
 
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxicoanoiteenecesaria
 
4. A astronomía é a ciencia que estuda os obxectos celestes e os fenómenos no...
4. A astronomía é a ciencia que estuda os obxectos celestes e os fenómenos no...4. A astronomía é a ciencia que estuda os obxectos celestes e os fenómenos no...
4. A astronomía é a ciencia que estuda os obxectos celestes e os fenómenos no...anoiteenecesaria
 
2. Os fenómenos astronómicos podemos experimentalos no noso día a día
2. Os fenómenos astronómicos podemos  experimentalos no noso día a día2. Os fenómenos astronómicos podemos  experimentalos no noso día a día
2. Os fenómenos astronómicos podemos experimentalos no noso día a díaanoiteenecesaria
 
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidadeanoiteenecesaria
 
Einstein e a(s) relatividade(s)
Einstein e a(s) relatividade(s)Einstein e a(s) relatividade(s)
Einstein e a(s) relatividade(s)anoiteenecesaria
 

More from anoiteenecesaria (20)

Máis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomasMáis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomas
 
Máis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomasMáis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomas
 
Hexágono do inverno
Hexágono do invernoHexágono do inverno
Hexágono do inverno
 
As mulleres na carreira ao espazo
As mulleres na carreira ao espazoAs mulleres na carreira ao espazo
As mulleres na carreira ao espazo
 
Margaret Burbidge
Margaret BurbidgeMargaret Burbidge
Margaret Burbidge
 
Annie Jump Cannon
Annie Jump CannonAnnie Jump Cannon
Annie Jump Cannon
 
Cecilia Payne
Cecilia PayneCecilia Payne
Cecilia Payne
 
Henrietta Leavitt
Henrietta LeavittHenrietta Leavitt
Henrietta Leavitt
 
Williamina Fleming
Williamina FlemingWilliamina Fleming
Williamina Fleming
 
O carro da Osa Maior
O carro da Osa MaiorO carro da Osa Maior
O carro da Osa Maior
 
Caroline Herschel
Caroline HerschelCaroline Herschel
Caroline Herschel
 
A de astrónomas
A de astrónomasA de astrónomas
A de astrónomas
 
O ceo do verán (Efervesciencia 2021)
O ceo do verán (Efervesciencia 2021)O ceo do verán (Efervesciencia 2021)
O ceo do verán (Efervesciencia 2021)
 
Triángulo de verán
Triángulo de veránTriángulo de verán
Triángulo de verán
 
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
 
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
 
4. A astronomía é a ciencia que estuda os obxectos celestes e os fenómenos no...
4. A astronomía é a ciencia que estuda os obxectos celestes e os fenómenos no...4. A astronomía é a ciencia que estuda os obxectos celestes e os fenómenos no...
4. A astronomía é a ciencia que estuda os obxectos celestes e os fenómenos no...
 
2. Os fenómenos astronómicos podemos experimentalos no noso día a día
2. Os fenómenos astronómicos podemos  experimentalos no noso día a día2. Os fenómenos astronómicos podemos  experimentalos no noso día a día
2. Os fenómenos astronómicos podemos experimentalos no noso día a día
 
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
 
Einstein e a(s) relatividade(s)
Einstein e a(s) relatividade(s)Einstein e a(s) relatividade(s)
Einstein e a(s) relatividade(s)
 

3. O ceo nocturno é rico e dinámico