SlideShare a Scribd company logo
1 of 20
Download to read offline
As calculadoras de Harvard
Cecilia Payne
Outra muller de referencia do
grupo de Harvard é Cecilia Helena
Payne. Naceu en Wendover,
Inglaterra, o 10 de maio de 1900. O
seu pai, avogado e historiador,
morreu sendo ela moi nena así
que ficou ao coidado unicamente
da nai. Estudou nunha escola para
mozas de Londres, St Paul's Girls'
School, e logo gañou unha bolsa
para estudar no Newnham
College, vinculado á Universidade
de Cambridge, botánica, física e
química, mais unha conferencia á
que asistiu cambioulle a vida.
Imaxe: Smithsonian Institution. Sen restricións para uso
persoal e didáctico. Sitio web: https://www.si.edu/
O conferenciante era Arthur Stanley Eddington e falou sobre a famosa expedición
de 1919 á illa do Príncipe no Golfo de Guinea para fotografar as estrelas próximas ao
Sol durante a eclipse do 29 de maio. O experimento serviu de proba experimental da
Teoría da Relatividade Xeral de Einstein.
Máis adiante Cecilia expresou o impacto que lle supuxo esa conferencia, que a levou
a apaixonarse pola astronomía: “The result was a complete transformation of my
world picture... My world had been so shaken that I experienced something very like
a nervous breakdown”
Imaxe: Martin Pawley. Dominio público.
Arthur Stanley Eddington
(1882-1944)
Fotografía de Arthur Eddington: George
Grantham Bain Collection, Library of Congress
Prints e Photographs Division Washington, D.C.
Dominio público.
Imaxe da dereita: edición do 22 de novembro
de 1919 do Illustrated London News.
Acabou os estudos no College, aínda que
sen obter recoñecemento ningún por ser
muller: Cambridge non concedeu títulos de
licenciatura a mulleres até 1948. Consciente
de que no Reino Unido non tería opción de
dedicarse á investigación, convenceuse de
que debía emigrar aos EEUU e comezou a
buscar programas de apoio e bolsas para
cumprir o seu obxectivo.
Imaxe: Smithsonian Institution. Sen restricións para uso
persoal e didáctico. Sitio web: https://www.si.edu/
Nesa altura o Observatorio de Harvard non tiña
unha misión formativa: o seu obxectivo era a
produción de novo coñecemento. Cando, á morte
de Edward Pickering, foi nomeado director Harlow
Shapley, este acordou iniciar un programa de
posgrao para formar novos astrónomos. Shapley
fora alumno en Princeton de Henry Noris Russell e
sabía que o éxito deste programa pasaba por
dispoñer de bolsas para os estudantes e nesa altura
Harvard tiña só unha: a bolsa de astronomía Edward
Pickering para mulleres creada en 1916 pola
Asociación Maria Mitchell de Nantucket. Shapley
centrou, pois, a súa atención nas mulleres formadas
nas facultades de ciencias.
Harlow Shapley (1885-1972)
Imaxe: Smithsonian Institution. Sen
restricións para uso persoal e didáctico.
Sitio web: https://www.si.edu/
A primeira elixida, en xaneiro de 1923,
foi Adelaide Ames, formada no Vassar
College e que logo de intentar, sen
éxito, traballar como xornalista, optou
pola astronomía como camiño de vida.
Á axudante de Shapley tocoulle un
asunto que era xa un clásico da casa: as
distancias estelares, de moda dende o
descubrimento da relación período e
brillo por Henrietta Leavitt.
Adelaide Ames faleceu en 1932 nun
accidente de barco mentres estaba de
vacacións.
Adelaide Ames (1900-1932)
Fonte da imaxe: descoñecida.
A segunda estudante de posgrao en Harvard foi
Cecilia Helena Payne. Adelaide e Cecilia faríanse
amigas inseparábeis (chamábanas as “heavenly
twins”) e compartían adoración polo estilo de
Harlow Shapley, máis informal e “fresco”.
Por suposto, a Cecilia tamén lle propuxeron
proseguir o traballo de fotometría da señora
Leavitt, mais ela manifestou ter outro interese: a
análise dos espectros estelares á luz da nova
ciencia da física atómica. En Cambridge Cecilia
Payne aprendera con Niels Bohr e traballara no
Laboratorio Cavendish, case o fogar de J. J.
Thompson, así que estaba familiarizada cos
novos modelos atómicos. Era, pois, a persoa
mellor preparada do observatorio para un
proxecto así.
Shapley apoiouna e deulle pleno acceso á
colección de placas fotográficas. “E que pasa se
rompo algunha?”, preguntoule Cecilia. “Se iso
acontece, poderás quedar cos anacos se
queres”, respondeulle. Niels Bohr (1885-1962)
Imaxe: Library of Congress. Dominio público.
Nese tempo pensábase que a composición das
capas exteriores das estrelas debería ser parecida á
da Terra, isto é, que as estrelas estaban formadas
polos mesmos materiais e quizais en proporcións
semellantes. O estudo dos espectros das estrelas
sinalara a presenza de moitos deles.
Baseándose en investigacións previas do físico indio
Meghnad Saha sobre a ionización dos átomos,
Cecilia Payne comprendeu que as variacións nas
liñas dos espectros non se debían só á presenza de
distintos elementos químicos, senón tamén á
existencia de diferentes estados de ionización a
diferentes temperaturas, produto da excitación dos
átomos ao estaren a temperaturas moi elevadas
(haberá, pois, átomos en estado fundamental e
átomos excitados e iso fai que a interpretación dos
espectros sexa aínda menos sinxela).
Meghnad Saha (1893-1956)
Imaxe: Dominio público.
Imaxe: obtida do sitio web http://light.physics.auth.gr/enc/wavelength_en.html
Imaxe: creación propia. Dominio público.
O espectro continuo ocorre cando se excitan gases densos (ou sólidos,
líquidos) e as bandas de cores de emisión resultantes amplíanse pola colisión
entre os átomos. Unha fonte de luz continua (por exemplo, unha lámpada
incandescente) emite luz en todas as lonxitudes de onda, xa que as bandas
ampliadas se solapan entre si de forma que xa non se poden identificar as
liñas de emisión individuais. A radiación de corpo negro é un exemplo de
espectro continuo.
Imaxe: creación propia. Dominio público.
O espectro de emisión prodúcese por gases quentes de baixa densidade onde
a colisión dos átomos é limitada. As bandas de cores de emisión no espectro
correspóndense con fotóns emitidos de enerxías discretas. Os fotóns emí­
tense
cando os átomos dos gases se excitan e os electróns excitados volven ao seu
estado fundamental. Dado que as posibles transicións de enerxí­
a nos átomos
son fixas e varían para diferentes elementos, o espectro de emisión pódese
utilizar para identificar a composición elemental.
Imaxe: creación propia. Dominio público.
O espectro de absorción resulta cando a luz continua atravesa unha nube de
gas fría e diluída (transparente). Os átomos do gas absorben a luz en
lonxitudes de onda características discretas e reemí­
tena en todas as direccións.
Dado que é moi improbábel que o fotón reemitido teña a mesma dirección
que o fotón absorbido, a intensidade da luz nas lonxitudes de onda
características reducirase, mostraranse bandas máis escuras no espectro de
absorción. Nos átomos as liñas de absorción e emisión ocorren exactamente
nas mesmas lonxitudes de onda, así que se pode pensar que o espectro de
absorción é o inverso exacto do espectro de emisión do mesmo elemento.
Absorber fotóns = “absorber cores”
A investigación metódica de Cecilia
Payne confirmaba que a proporción
nas estrelas de certos elementos,
como o silicio, o carbono e outros
metais, coincidía coa que se tomaba
por certa nese tempo, mais o ratio de
presenza do hidróxeno, porén, debería
multiplicarse por un factor enorme.
Descubriu que só un de cada 200
millóns de átomos de hidróxeno no Sol
estaba excitado (ionizado) e por iso a
cantidade de H estaba moi, moi
infrarrepresentada nos espectros.
Imaxe: pintura de Patricia Watwood da Harvard University Portrait
Collection. Agasallo de Dudley e Georgene Herschbach.
Fotografía: © President and Fellows of Harvard College
A cantidade de hidróxeno nas estrelas era un millón
de veces maior do que se cría e iso convertía ao
hidróxeno no elemento principal das estrelas. Unha
argumentación parecida valía para o helio e en
suma deixaba o resto de elementos reducidos case
a meras “trazas” na composición estelar. O
resultado era tan insólito para o coñecemento
daquel tempo -e tan oposto ás crenzas de Henry
Russell- que Cecilia Payne aceptou suavizar as súas
conclusións e dar esas cifras sorprendentemente
altas como irreais. Hoxe en día acéptase que un 74%
das estrelas é hidróxeno, un 24% helio e que o resto
de elementos compoñen conxuntamente o 2%
restante.
Cecilia Payne foi a primeira muller en doutorarse en
Harvard. A súa tese, Stellar Atmospheres: a
contribution to the observational study of high
temperature in the reversing layes of the stars, é
considerada unha das máis influentes e citadas da
historia.
Aínda así, por ser muller non foi fácil para
ela dedicarse á ciencia. Durante case dez
anos, entre 1927 e 1938, non tivo un posto
oficial en Harvard e exerceu como
axudante cun soldo baixo. Nesa época,
nunha viaxe a Europa, coñeceu a un
astrónomo ruso, Sergei I. Gaposchkin, co
que casou.
Foi designada oficialmente “astrónoma”
por Harvard en 1938. Tardou case dúas
décadas en ser profesora asociada da
universidade (en 1956). Foi a primeira
muller profesora do centro e a primeira
xefa de departamento.
Retirouse da docencia en 1966 e
proseguiu aínda uns anos máis como
astrónoma no observatorio astrofísico
Smithsonian. Faleceu o 7 de decembro de
1979.
31 de decembro de 1929, escena de “Observatory Pinafore”

More Related Content

What's hot (18)

Vera Rubin
Vera RubinVera Rubin
Vera Rubin
 
Andrea Ghez e os buracos negros supermasivos
Andrea Ghez e os buracos negros supermasivosAndrea Ghez e os buracos negros supermasivos
Andrea Ghez e os buracos negros supermasivos
 
"Historia do tempo" de Stephen Hawking por Andrea Fernández Novoa
"Historia do tempo" de Stephen Hawking por Andrea Fernández Novoa"Historia do tempo" de Stephen Hawking por Andrea Fernández Novoa
"Historia do tempo" de Stephen Hawking por Andrea Fernández Novoa
 
Os movementos da Terra
Os movementos da TerraOs movementos da Terra
Os movementos da Terra
 
Astrónomos boa
Astrónomos boaAstrónomos boa
Astrónomos boa
 
Modelo dun sistema binario.
Modelo dun sistema binario.Modelo dun sistema binario.
Modelo dun sistema binario.
 
Preguntas cmc
Preguntas cmcPreguntas cmc
Preguntas cmc
 
Comprobación 2ª lei Kepler
Comprobación 2ª lei KeplerComprobación 2ª lei Kepler
Comprobación 2ª lei Kepler
 
Cinto de asteroides daniel romano gude
Cinto de asteroides daniel romano gudeCinto de asteroides daniel romano gude
Cinto de asteroides daniel romano gude
 
Trabajo cmc
Trabajo cmcTrabajo cmc
Trabajo cmc
 
Presentación
PresentaciónPresentación
Presentación
 
Astronomos.
Astronomos.Astronomos.
Astronomos.
 
Jocelyn bell
Jocelyn bellJocelyn bell
Jocelyn bell
 
Preguntas cmc 1 c
Preguntas cmc 1 cPreguntas cmc 1 c
Preguntas cmc 1 c
 
Cómo a logrado el hombre
Cómo a logrado el hombreCómo a logrado el hombre
Cómo a logrado el hombre
 
A terra no universo
A terra no universoA terra no universo
A terra no universo
 
Galaxias
GalaxiasGalaxias
Galaxias
 
Traballo de cmc.
Traballo de cmc.Traballo de cmc.
Traballo de cmc.
 

Similar to Cecilia Payne

Astrónomos
AstrónomosAstrónomos
Astrónomoschurchis
 
Máis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomasMáis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomasanoiteenecesaria
 
Mulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelasMulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelasangelciencia
 
22 mulleres matemáticas
22 mulleres matemáticas22 mulleres matemáticas
22 mulleres matemáticascarxibai
 
Carolina Herschel
Carolina HerschelCarolina Herschel
Carolina Herschelguestc31c94
 
Grandes científicas
Grandes científicasGrandes científicas
Grandes científicasiesasorey
 
Domingo Ruiz Pineda
Domingo Ruiz PinedaDomingo Ruiz Pineda
Domingo Ruiz Pinedaecursocig
 
Presentación1 Adri
Presentación1 AdriPresentación1 Adri
Presentación1 Adrimanolo garga
 
Mulleres matemáticas
Mulleres matemáticasMulleres matemáticas
Mulleres matemáticascarxibai
 
Mulleres matemáticas
Mulleres matemáticasMulleres matemáticas
Mulleres matemáticascarxibai
 
CIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OSCIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OSFiz
 
Unidade didáctica 2 o universo
Unidade didáctica 2 o universoUnidade didáctica 2 o universo
Unidade didáctica 2 o universojuanapardo
 
Historia Del Universo
Historia Del UniversoHistoria Del Universo
Historia Del Universoseoane11
 

Similar to Cecilia Payne (20)

Astrónomos
AstrónomosAstrónomos
Astrónomos
 
Presentación2 (2)
Presentación2 (2)Presentación2 (2)
Presentación2 (2)
 
Máis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomasMáis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomas
 
Grandes astronomos
Grandes astronomosGrandes astronomos
Grandes astronomos
 
Mulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelasMulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelas
 
22 mulleres matemáticas
22 mulleres matemáticas22 mulleres matemáticas
22 mulleres matemáticas
 
Astronom@s
Astronom@sAstronom@s
Astronom@s
 
Carolina Herschel
Carolina HerschelCarolina Herschel
Carolina Herschel
 
Grandes científicas
Grandes científicasGrandes científicas
Grandes científicas
 
Marie Curie por Lucía Bayón, María Pena e Lorena Torrano
Marie Curie por Lucía Bayón, María Pena e Lorena TorranoMarie Curie por Lucía Bayón, María Pena e Lorena Torrano
Marie Curie por Lucía Bayón, María Pena e Lorena Torrano
 
Domingo Ruiz Pineda
Domingo Ruiz PinedaDomingo Ruiz Pineda
Domingo Ruiz Pineda
 
Presentación1 Adri
Presentación1 AdriPresentación1 Adri
Presentación1 Adri
 
Mulleres matemáticas
Mulleres matemáticasMulleres matemáticas
Mulleres matemáticas
 
Mulleres matemáticas
Mulleres matemáticasMulleres matemáticas
Mulleres matemáticas
 
CIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OSCIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OS
 
Einstein e as maquinas do tempo
Einstein e as maquinas do tempoEinstein e as maquinas do tempo
Einstein e as maquinas do tempo
 
Unidade didáctica 2 o universo
Unidade didáctica 2 o universoUnidade didáctica 2 o universo
Unidade didáctica 2 o universo
 
Stephen Hawking
Stephen HawkingStephen Hawking
Stephen Hawking
 
Trabajo biólogos
Trabajo biólogosTrabajo biólogos
Trabajo biólogos
 
Historia Del Universo
Historia Del UniversoHistoria Del Universo
Historia Del Universo
 

More from anoiteenecesaria

CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solarCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solaranoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA EstrelasCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelasanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na CoruñaCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruñaanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noiteCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noiteanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelaciónsCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelaciónsanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceoCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceoanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universoCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universoanoiteenecesaria
 
As mulleres na carreira ao espazo
As mulleres na carreira ao espazoAs mulleres na carreira ao espazo
As mulleres na carreira ao espazoanoiteenecesaria
 
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións anoiteenecesaria
 
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solaranoiteenecesaria
 
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxicoanoiteenecesaria
 
3. O ceo nocturno é rico e dinámico
3. O ceo nocturno é rico e dinámico3. O ceo nocturno é rico e dinámico
3. O ceo nocturno é rico e dinámicoanoiteenecesaria
 
2. Os fenómenos astronómicos podemos experimentalos no noso día a día
2. Os fenómenos astronómicos podemos  experimentalos no noso día a día2. Os fenómenos astronómicos podemos  experimentalos no noso día a día
2. Os fenómenos astronómicos podemos experimentalos no noso día a díaanoiteenecesaria
 
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidadeanoiteenecesaria
 
Einstein e a(s) relatividade(s)
Einstein e a(s) relatividade(s)Einstein e a(s) relatividade(s)
Einstein e a(s) relatividade(s)anoiteenecesaria
 

More from anoiteenecesaria (20)

CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solarCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA EstrelasCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na CoruñaCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noiteCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelaciónsCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceoCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universoCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
 
As mulleres na carreira ao espazo
As mulleres na carreira ao espazoAs mulleres na carreira ao espazo
As mulleres na carreira ao espazo
 
Os límites da visión
Os límites da visiónOs límites da visión
Os límites da visión
 
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
 
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
 
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
 
3. O ceo nocturno é rico e dinámico
3. O ceo nocturno é rico e dinámico3. O ceo nocturno é rico e dinámico
3. O ceo nocturno é rico e dinámico
 
2. Os fenómenos astronómicos podemos experimentalos no noso día a día
2. Os fenómenos astronómicos podemos  experimentalos no noso día a día2. Os fenómenos astronómicos podemos  experimentalos no noso día a día
2. Os fenómenos astronómicos podemos experimentalos no noso día a día
 
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
 
Einstein e a(s) relatividade(s)
Einstein e a(s) relatividade(s)Einstein e a(s) relatividade(s)
Einstein e a(s) relatividade(s)
 
Isaac Newton
Isaac NewtonIsaac Newton
Isaac Newton
 
Galileo Galilei
Galileo GalileiGalileo Galilei
Galileo Galilei
 
As leis de Kepler
As leis de KeplerAs leis de Kepler
As leis de Kepler
 
O universo de Copérnico
O universo de CopérnicoO universo de Copérnico
O universo de Copérnico
 

Cecilia Payne

  • 1. As calculadoras de Harvard Cecilia Payne
  • 2. Outra muller de referencia do grupo de Harvard é Cecilia Helena Payne. Naceu en Wendover, Inglaterra, o 10 de maio de 1900. O seu pai, avogado e historiador, morreu sendo ela moi nena así que ficou ao coidado unicamente da nai. Estudou nunha escola para mozas de Londres, St Paul's Girls' School, e logo gañou unha bolsa para estudar no Newnham College, vinculado á Universidade de Cambridge, botánica, física e química, mais unha conferencia á que asistiu cambioulle a vida. Imaxe: Smithsonian Institution. Sen restricións para uso persoal e didáctico. Sitio web: https://www.si.edu/
  • 3. O conferenciante era Arthur Stanley Eddington e falou sobre a famosa expedición de 1919 á illa do Príncipe no Golfo de Guinea para fotografar as estrelas próximas ao Sol durante a eclipse do 29 de maio. O experimento serviu de proba experimental da Teoría da Relatividade Xeral de Einstein. Máis adiante Cecilia expresou o impacto que lle supuxo esa conferencia, que a levou a apaixonarse pola astronomía: “The result was a complete transformation of my world picture... My world had been so shaken that I experienced something very like a nervous breakdown” Imaxe: Martin Pawley. Dominio público.
  • 4. Arthur Stanley Eddington (1882-1944) Fotografía de Arthur Eddington: George Grantham Bain Collection, Library of Congress Prints e Photographs Division Washington, D.C. Dominio público. Imaxe da dereita: edición do 22 de novembro de 1919 do Illustrated London News.
  • 5. Acabou os estudos no College, aínda que sen obter recoñecemento ningún por ser muller: Cambridge non concedeu títulos de licenciatura a mulleres até 1948. Consciente de que no Reino Unido non tería opción de dedicarse á investigación, convenceuse de que debía emigrar aos EEUU e comezou a buscar programas de apoio e bolsas para cumprir o seu obxectivo. Imaxe: Smithsonian Institution. Sen restricións para uso persoal e didáctico. Sitio web: https://www.si.edu/
  • 6. Nesa altura o Observatorio de Harvard non tiña unha misión formativa: o seu obxectivo era a produción de novo coñecemento. Cando, á morte de Edward Pickering, foi nomeado director Harlow Shapley, este acordou iniciar un programa de posgrao para formar novos astrónomos. Shapley fora alumno en Princeton de Henry Noris Russell e sabía que o éxito deste programa pasaba por dispoñer de bolsas para os estudantes e nesa altura Harvard tiña só unha: a bolsa de astronomía Edward Pickering para mulleres creada en 1916 pola Asociación Maria Mitchell de Nantucket. Shapley centrou, pois, a súa atención nas mulleres formadas nas facultades de ciencias. Harlow Shapley (1885-1972) Imaxe: Smithsonian Institution. Sen restricións para uso persoal e didáctico. Sitio web: https://www.si.edu/
  • 7. A primeira elixida, en xaneiro de 1923, foi Adelaide Ames, formada no Vassar College e que logo de intentar, sen éxito, traballar como xornalista, optou pola astronomía como camiño de vida. Á axudante de Shapley tocoulle un asunto que era xa un clásico da casa: as distancias estelares, de moda dende o descubrimento da relación período e brillo por Henrietta Leavitt. Adelaide Ames faleceu en 1932 nun accidente de barco mentres estaba de vacacións. Adelaide Ames (1900-1932) Fonte da imaxe: descoñecida.
  • 8. A segunda estudante de posgrao en Harvard foi Cecilia Helena Payne. Adelaide e Cecilia faríanse amigas inseparábeis (chamábanas as “heavenly twins”) e compartían adoración polo estilo de Harlow Shapley, máis informal e “fresco”. Por suposto, a Cecilia tamén lle propuxeron proseguir o traballo de fotometría da señora Leavitt, mais ela manifestou ter outro interese: a análise dos espectros estelares á luz da nova ciencia da física atómica. En Cambridge Cecilia Payne aprendera con Niels Bohr e traballara no Laboratorio Cavendish, case o fogar de J. J. Thompson, así que estaba familiarizada cos novos modelos atómicos. Era, pois, a persoa mellor preparada do observatorio para un proxecto así. Shapley apoiouna e deulle pleno acceso á colección de placas fotográficas. “E que pasa se rompo algunha?”, preguntoule Cecilia. “Se iso acontece, poderás quedar cos anacos se queres”, respondeulle. Niels Bohr (1885-1962) Imaxe: Library of Congress. Dominio público.
  • 9. Nese tempo pensábase que a composición das capas exteriores das estrelas debería ser parecida á da Terra, isto é, que as estrelas estaban formadas polos mesmos materiais e quizais en proporcións semellantes. O estudo dos espectros das estrelas sinalara a presenza de moitos deles. Baseándose en investigacións previas do físico indio Meghnad Saha sobre a ionización dos átomos, Cecilia Payne comprendeu que as variacións nas liñas dos espectros non se debían só á presenza de distintos elementos químicos, senón tamén á existencia de diferentes estados de ionización a diferentes temperaturas, produto da excitación dos átomos ao estaren a temperaturas moi elevadas (haberá, pois, átomos en estado fundamental e átomos excitados e iso fai que a interpretación dos espectros sexa aínda menos sinxela). Meghnad Saha (1893-1956) Imaxe: Dominio público.
  • 10. Imaxe: obtida do sitio web http://light.physics.auth.gr/enc/wavelength_en.html
  • 11.
  • 12. Imaxe: creación propia. Dominio público. O espectro continuo ocorre cando se excitan gases densos (ou sólidos, líquidos) e as bandas de cores de emisión resultantes amplíanse pola colisión entre os átomos. Unha fonte de luz continua (por exemplo, unha lámpada incandescente) emite luz en todas as lonxitudes de onda, xa que as bandas ampliadas se solapan entre si de forma que xa non se poden identificar as liñas de emisión individuais. A radiación de corpo negro é un exemplo de espectro continuo.
  • 13. Imaxe: creación propia. Dominio público. O espectro de emisión prodúcese por gases quentes de baixa densidade onde a colisión dos átomos é limitada. As bandas de cores de emisión no espectro correspóndense con fotóns emitidos de enerxías discretas. Os fotóns emí­ tense cando os átomos dos gases se excitan e os electróns excitados volven ao seu estado fundamental. Dado que as posibles transicións de enerxí­ a nos átomos son fixas e varían para diferentes elementos, o espectro de emisión pódese utilizar para identificar a composición elemental.
  • 14. Imaxe: creación propia. Dominio público. O espectro de absorción resulta cando a luz continua atravesa unha nube de gas fría e diluída (transparente). Os átomos do gas absorben a luz en lonxitudes de onda características discretas e reemí­ tena en todas as direccións. Dado que é moi improbábel que o fotón reemitido teña a mesma dirección que o fotón absorbido, a intensidade da luz nas lonxitudes de onda características reducirase, mostraranse bandas máis escuras no espectro de absorción. Nos átomos as liñas de absorción e emisión ocorren exactamente nas mesmas lonxitudes de onda, así que se pode pensar que o espectro de absorción é o inverso exacto do espectro de emisión do mesmo elemento.
  • 15.
  • 16. Absorber fotóns = “absorber cores”
  • 17. A investigación metódica de Cecilia Payne confirmaba que a proporción nas estrelas de certos elementos, como o silicio, o carbono e outros metais, coincidía coa que se tomaba por certa nese tempo, mais o ratio de presenza do hidróxeno, porén, debería multiplicarse por un factor enorme. Descubriu que só un de cada 200 millóns de átomos de hidróxeno no Sol estaba excitado (ionizado) e por iso a cantidade de H estaba moi, moi infrarrepresentada nos espectros. Imaxe: pintura de Patricia Watwood da Harvard University Portrait Collection. Agasallo de Dudley e Georgene Herschbach. Fotografía: © President and Fellows of Harvard College
  • 18. A cantidade de hidróxeno nas estrelas era un millón de veces maior do que se cría e iso convertía ao hidróxeno no elemento principal das estrelas. Unha argumentación parecida valía para o helio e en suma deixaba o resto de elementos reducidos case a meras “trazas” na composición estelar. O resultado era tan insólito para o coñecemento daquel tempo -e tan oposto ás crenzas de Henry Russell- que Cecilia Payne aceptou suavizar as súas conclusións e dar esas cifras sorprendentemente altas como irreais. Hoxe en día acéptase que un 74% das estrelas é hidróxeno, un 24% helio e que o resto de elementos compoñen conxuntamente o 2% restante. Cecilia Payne foi a primeira muller en doutorarse en Harvard. A súa tese, Stellar Atmospheres: a contribution to the observational study of high temperature in the reversing layes of the stars, é considerada unha das máis influentes e citadas da historia.
  • 19. Aínda así, por ser muller non foi fácil para ela dedicarse á ciencia. Durante case dez anos, entre 1927 e 1938, non tivo un posto oficial en Harvard e exerceu como axudante cun soldo baixo. Nesa época, nunha viaxe a Europa, coñeceu a un astrónomo ruso, Sergei I. Gaposchkin, co que casou. Foi designada oficialmente “astrónoma” por Harvard en 1938. Tardou case dúas décadas en ser profesora asociada da universidade (en 1956). Foi a primeira muller profesora do centro e a primeira xefa de departamento. Retirouse da docencia en 1966 e proseguiu aínda uns anos máis como astrónoma no observatorio astrofísico Smithsonian. Faleceu o 7 de decembro de 1979.
  • 20. 31 de decembro de 1929, escena de “Observatory Pinafore”