SlideShare a Scribd company logo
1 of 12
Download to read offline
Máis mulleres
astrónomas
Maria Mitchell
N: 1 de agosto de 1818, Nantucket, Massachussets (EEUU)
M: 28 de xuño de 1889, Lynn, Massachussets (EEUU)
Afeccionada á astronomía desde nena,
descubriu un cometa en 1847 grazas ás
súas observacións con telescopio. Este
feito tróuxolle unha grande
notoriedade a quen nesa altura era
bibliotecaria en Nantucket. Desde 1865
foi profesora do Vassar College, escola
universitaria para mulleres en Nova
York. Foi ademais unha grande
activista dos dereitos das mulleres e
contra a discriminación racial.
Imaxe: Retrato de H. Dassell, 1851. Dominio público. Fonte: wikipedia.
LAS CALCULADORAS DE ESTRELLAS
Miguel A. Delgado
Estados Unidos, século XIX. A vida de Gabriella
Howard, unha nena orfa, cambiará radicalmente
cando coñeza a Maria Mitchell, antiga amiga do
seu pai que se fará cargo dela e lle abrirá as portas
do coñecemento e da astronomía no mítico Vassar
College. Unha novela que reivindica o papel da
muller na ciencia.
RECOMENDACIÓNS ASTRONÓMICAS
Antonia Maury
N: 21 de marzo de 1866, Cold Spring, NY (EEUU)
M: 8 de xaneiro de 1952, Dobbs Ferry, NY (EEUU)
Alumna no Vassar College de Maria Mitchell,
Antonia formou parte do grupo das
“calculadoras de Harvard” e traballou nun
sistema propio de clasificación estelar que non
foi do agrado de Pickering; as súas
discrepancias con el levárona a deixar o
observatorio para dar aulas nunha escola para
mozas. Regresou puntualmente a Harvard
para completar e publicar a súa investigación,
que acabou tendo grande recoñecemento.
Despois de dúas décadas máis como
ensinante, volveu definitivamente a Harvard
en 1918 e alí estivo até que se retirou en 1948.
Imaxe: Antonia na etapa do Vassar College. Dominio
público. Fonte: wikipedia.
EL UNIVERSO DE CRISTAL
Dava Sobel
Na segunda metade do XIX o observatorio da
Universidade de Harvard empezou a incorporar
mulleres coma “calculadoras” para interpretar os
resultados das observacións que facían os homes
pola noite. O “universo de cristal” do título alude ao
medio millón de placas fotográficas que o grupo
de mulleres de Harvard escrutou e analizou para
sentar as bases da astrofísica do século XX. Un libro
excelente, moi ameno e ben documentado.
RECOMENDACIÓNS ASTRONÓMICAS
Antonia Ferrín
N: 13 de maio de 1914, Ourense (Galicia, España)
M: 6 de agosto de 2009, Santiago (Galicia, España)
Estudou primeiro Química e despois Farmacia e
Ciencias Exactas. A Guerra Civil puxo freo á súa
carreira (foi inhabilitada por unha denuncia
anónima). Anos despois coñeceu a Ramón María
Aller, sacerdote e creador do observatorio
astronómico da USC, de quen sería colaboradora
ao longo de vinte anos. Foi a primeira profesora de
matemáticas da universidade e a primeira muller
en ler unha tese sobre astronomía en Galicia.
Desde 1963 foi profesora en Madrid; xubilouse en
1984 como profesora da Complutense. O seu
traballo astronómico tocou entre outros temas o
estudo das estrelas dobres e as ocultacións
estelares.
Imaxe: Antonia Ferrín. Consello da Cultura Galega.
Georgeanne (Jan) Caughlan
N: 25 de outubro de 1916, Montesano, Washington (EEUU)
M: 3 de xaneiro de 1994, Bozeman, Montana (EEUU)
Despois de acabar o grao de Física decidiu
dedicarse á crianza dos seus cinco fillos. Máis
tarde volveu a Física, obtivo o doutoramento aos
corenta e oito anos e converteuse en profesora á
idade de cincuenta e oito.
Como investigadora, traballou con William A.
Fowler sobre o problema da xeración de enerxía
nas estrelas. Un aspecto central da astrofísica son
as taxas ás cales se combinan os núcleos dentro
das estrelas para producir novos núcleos. O
esforzo de “Jan”, así era como a chamaban, para
proporcionar grandes compilacións de taxas de
reacción nuclear baseadas en información
experimental actual deron lugar a algúns dos
traballos máis famosos deste campo.
Retrato de Georgeanne Caughlan. Fonte: Montana
State University Library.
Información obtida do calendario
“Mulleres científicas en astrofísica nuclear”.
Edith Alice Müller
N: 5 de febreiro de 1918, Madrid (España)
M: 24 de xullo de 1995
Nacida en Madrid de pais suízos, rematou os
estudos na ETH de Zúric e obtivo o doutoramento
en física solar en 1943. Traballou tanto na
observación como na teoría da atmosfera solar.
En 1960, mentres estaba en Ann Arbor, publicou
cos seus colaboradores L. Goldberg e L. H. Aller un
artigo extremadamente influente sobre as
abundancias dos elementos na atmosfera solar.
Con máis de 430 citas, o artigo foi unha referencia
durante os seguintes 20 anos.
Edith dominaba o inglés, francés, alemán e
español e foi a primeira muller designada
secretaria xeral da Unión Astronómica
Internacional (IAU, polas siglas en inglés).
Fonte: calendario “Mulleres científicas en
astrofísica nuclear”.
Información obtida do calendario
“Mulleres científicas en astrofísica nuclear”.
Erika Böhm-Vitense
N: 3 de xuño de 1923, Kurau (Alemaña)
M: 21 de xaneiro de 2017, Seattle, Washington (EEUU)
Obtivo o título de doutora en 1951 en Kiel. Nas
décadas de 1960 e 1970 combinou a teoría e as
observacións en estudos ópticos dunha gran
variedade de obxectos, desde estrelas de helio ata
superxigantes e cúmulos abertos, entre outros.
Foi a primeira científica en describir con precisión a
mestura convectiva no interior das estrelas usando un
método que foi amplamente adoptado desde hai
medio século en todos os códigos evolutivos estelares.
Tamén escribiu un conxunto de libros de texto de tres
volumes titulado “Introdución á astrofísica estelar”.
Fonte das imaxes: calendario
“Mulleres científicas en
astrofísica nuclear”.
Información obtida do calendario
“Mulleres científicas en astrofísica nuclear”.
Dilhan Eryurt
N: 29 de novembro de 1926, Izmir (Turquía)
M: 13 de setembro de 2012, Ankara (Turquía)
Despois de graduarse no Departamento de
Matemáticas e Astronomía da Universidade de
Istambul, doutorouse na Universidade de Ankara en
1953. Máis tarde traballou na Universidade de Indiana,
no Goddard Space Flight Center da NASA e na
Universidade de California. Mentres estaba na NASA
era a única muller astrónoma que traballaba na
institución. O traballo de Dilhan revelou un feito
sorprendente sobre o Sol: que no pasado era moito
máis brillante e cálido do que é hoxe.
Organizou o primeiro Congreso Nacional de
Astronomía en Turquía. Fundou a rama de Astrofísica
dentro do Departamento de Física na Universidade
Técnica de Oriente Medio. É considerada a nai da
astronomía en Turquía.
Información obtida do calendario
“Mulleres científicas en astrofísica nuclear”.
Fonte das imaxes: calendario
“Mulleres científicas en
astrofísica nuclear”.
Beatrice Tinsley
N: 27 de xaneiro de 1941, Chester, Inglaterra (Reino Unido)
M: 23 de marzo de 1981, New Haven, Connecticut (Estados Unidos)
Coa súa tese de doutoramento obtida na
Universidade de Texas en 1967 iniciou a súa carreira
até acadar fama internacional como cosmóloga.
Beatrice foi a primeira en amosar que, ao contrario do
que se esperaba, o universo non colapsará nunca
senón que continuará sempre en expansión. Foi unha
verdadeira pioneira na evolución química das
galaxias. No seu artigo de revisión de 1980 sobre
"Evolución das estrelas e do gas nas galaxias"
elaborou unha brillante explicación do modelado de
galaxias e fermosas predicións que aínda hoxe se
discuten empregando datos de grandes telescopios e
veloces supercomputadores. A súa brillante carreira
rematou prematuramente por causa do cancro, que a
levou á morte aos 40 anos.
Información obtida do calendario
“Mulleres científicas en astrofísica nuclear”.
Fonte das imaxes: calendario
“Mulleres científicas en
astrofísica nuclear”.
Máis mulleres astrónomas

More Related Content

What's hot

4. A astronomía é a ciencia que estuda os obxectos celestes e os fenómenos no...
4. A astronomía é a ciencia que estuda os obxectos celestes e os fenómenos no...4. A astronomía é a ciencia que estuda os obxectos celestes e os fenómenos no...
4. A astronomía é a ciencia que estuda os obxectos celestes e os fenómenos no...anoiteenecesaria
 
Cecilia Elena Payne2003
Cecilia Elena Payne2003Cecilia Elena Payne2003
Cecilia Elena Payne2003guest2d4de8
 
Andrea Ghez e os buracos negros supermasivos
Andrea Ghez e os buracos negros supermasivosAndrea Ghez e os buracos negros supermasivos
Andrea Ghez e os buracos negros supermasivosanoiteenecesaria
 
Astrónomos boa
Astrónomos boaAstrónomos boa
Astrónomos boaMella95
 
Presentación
PresentaciónPresentación
Presentaciónmak-rc
 
Astronomos.
Astronomos.Astronomos.
Astronomos.mak-rc
 
Mulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelasMulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelasangelciencia
 
Modelo dun sistema binario.
Modelo dun sistema binario.Modelo dun sistema binario.
Modelo dun sistema binario.marelatarabela
 
Comprobación 2ª lei Kepler
Comprobación 2ª lei KeplerComprobación 2ª lei Kepler
Comprobación 2ª lei Keplermarelatarabela
 
Grandes astrónomos
Grandes astrónomosGrandes astrónomos
Grandes astrónomosaceipdarbo
 

What's hot (19)

4. A astronomía é a ciencia que estuda os obxectos celestes e os fenómenos no...
4. A astronomía é a ciencia que estuda os obxectos celestes e os fenómenos no...4. A astronomía é a ciencia que estuda os obxectos celestes e os fenómenos no...
4. A astronomía é a ciencia que estuda os obxectos celestes e os fenómenos no...
 
Cecilia Elena Payne2003
Cecilia Elena Payne2003Cecilia Elena Payne2003
Cecilia Elena Payne2003
 
Vera Rubin
Vera RubinVera Rubin
Vera Rubin
 
Andrea Ghez e os buracos negros supermasivos
Andrea Ghez e os buracos negros supermasivosAndrea Ghez e os buracos negros supermasivos
Andrea Ghez e os buracos negros supermasivos
 
Astrónomos boa
Astrónomos boaAstrónomos boa
Astrónomos boa
 
Presentación
PresentaciónPresentación
Presentación
 
Astronomos.
Astronomos.Astronomos.
Astronomos.
 
Os movementos da Terra
Os movementos da TerraOs movementos da Terra
Os movementos da Terra
 
Mulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelasMulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelas
 
Preguntas cmc 1 c
Preguntas cmc 1 cPreguntas cmc 1 c
Preguntas cmc 1 c
 
Modelo dun sistema binario.
Modelo dun sistema binario.Modelo dun sistema binario.
Modelo dun sistema binario.
 
"Historia do tempo" de Stephen Hawking por Andrea Fernández Novoa
"Historia do tempo" de Stephen Hawking por Andrea Fernández Novoa"Historia do tempo" de Stephen Hawking por Andrea Fernández Novoa
"Historia do tempo" de Stephen Hawking por Andrea Fernández Novoa
 
Preguntas cmc
Preguntas cmcPreguntas cmc
Preguntas cmc
 
Comprobación 2ª lei Kepler
Comprobación 2ª lei KeplerComprobación 2ª lei Kepler
Comprobación 2ª lei Kepler
 
Orixe do universo 2013 2014
Orixe do universo 2013 2014Orixe do universo 2013 2014
Orixe do universo 2013 2014
 
Galileo Galilei
Galileo GalileiGalileo Galilei
Galileo Galilei
 
Jocelyn bell
Jocelyn bellJocelyn bell
Jocelyn bell
 
Grandes astrónomos
Grandes astrónomosGrandes astrónomos
Grandes astrónomos
 
Traballo de cmc.
Traballo de cmc.Traballo de cmc.
Traballo de cmc.
 

Similar to Máis mulleres astrónomas

22 mulleres matemáticas
22 mulleres matemáticas22 mulleres matemáticas
22 mulleres matemáticascarxibai
 
Mulleres matemáticas
Mulleres matemáticasMulleres matemáticas
Mulleres matemáticascarxibai
 
Mulleres matemáticas
Mulleres matemáticasMulleres matemáticas
Mulleres matemáticascarxibai
 
Muller mat presentacion
Muller mat presentacionMuller mat presentacion
Muller mat presentacionmarivaz5
 
Domingo Ruiz Pineda
Domingo Ruiz PinedaDomingo Ruiz Pineda
Domingo Ruiz Pinedaecursocig
 
Astrónomos
AstrónomosAstrónomos
Astrónomoschurchis
 
CIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OSCIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OSFiz
 
Grandes científicas
Grandes científicasGrandes científicas
Grandes científicasiesasorey
 
Mulleres na historia da ciencia
Mulleres na historia da cienciaMulleres na historia da ciencia
Mulleres na historia da cienciaCelia Díaz
 
8 de marzo muller e ciencia
8 de marzo muller e ciencia8 de marzo muller e ciencia
8 de marzo muller e cienciaadigo72
 
Biografía Marie Curie
Biografía Marie CurieBiografía Marie Curie
Biografía Marie Curieiesasorey
 
Maria Mitchell
Maria MitchellMaria Mitchell
Maria MitchellCEIPLIM
 
Maria Mitchell
Maria MitchellMaria Mitchell
Maria MitchellCEIPLIM
 
Mulleres na Ciencia
Mulleres na CienciaMulleres na Ciencia
Mulleres na Cienciaanabarxa
 

Similar to Máis mulleres astrónomas (20)

22 mulleres matemáticas
22 mulleres matemáticas22 mulleres matemáticas
22 mulleres matemáticas
 
Mulleres matemáticas
Mulleres matemáticasMulleres matemáticas
Mulleres matemáticas
 
Mulleres matemáticas
Mulleres matemáticasMulleres matemáticas
Mulleres matemáticas
 
Muller mat presentacion
Muller mat presentacionMuller mat presentacion
Muller mat presentacion
 
Domingo Ruiz Pineda
Domingo Ruiz PinedaDomingo Ruiz Pineda
Domingo Ruiz Pineda
 
Astrónomos
AstrónomosAstrónomos
Astrónomos
 
Grandes astronomos
Grandes astronomosGrandes astronomos
Grandes astronomos
 
CIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OSCIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OS
 
Grandes científicas
Grandes científicasGrandes científicas
Grandes científicas
 
Astronom@s
Astronom@sAstronom@s
Astronom@s
 
Mulleres na historia da ciencia
Mulleres na historia da cienciaMulleres na historia da ciencia
Mulleres na historia da ciencia
 
8 de marzo muller e ciencia
8 de marzo muller e ciencia8 de marzo muller e ciencia
8 de marzo muller e ciencia
 
8 de marzo día da muller
8 de marzo día da muller8 de marzo día da muller
8 de marzo día da muller
 
Presentación2 (2)
Presentación2 (2)Presentación2 (2)
Presentación2 (2)
 
Biografía Marie Curie
Biografía Marie CurieBiografía Marie Curie
Biografía Marie Curie
 
Maria Mitchell
Maria MitchellMaria Mitchell
Maria Mitchell
 
Maria Mitchell
Maria MitchellMaria Mitchell
Maria Mitchell
 
Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano
Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum MetropolitanoRecomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano
Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano
 
Mulleres na Ciencia
Mulleres na CienciaMulleres na Ciencia
Mulleres na Ciencia
 
Marie Curie
Marie CurieMarie Curie
Marie Curie
 

More from anoiteenecesaria

CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solarCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solaranoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA EstrelasCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelasanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na CoruñaCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruñaanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noiteCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noiteanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelaciónsCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelaciónsanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceoCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceoanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universoCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universoanoiteenecesaria
 
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións anoiteenecesaria
 
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solaranoiteenecesaria
 
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxicoanoiteenecesaria
 
3. O ceo nocturno é rico e dinámico
3. O ceo nocturno é rico e dinámico3. O ceo nocturno é rico e dinámico
3. O ceo nocturno é rico e dinámicoanoiteenecesaria
 
2. Os fenómenos astronómicos podemos experimentalos no noso día a día
2. Os fenómenos astronómicos podemos  experimentalos no noso día a día2. Os fenómenos astronómicos podemos  experimentalos no noso día a día
2. Os fenómenos astronómicos podemos experimentalos no noso día a díaanoiteenecesaria
 
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidadeanoiteenecesaria
 
Einstein e a(s) relatividade(s)
Einstein e a(s) relatividade(s)Einstein e a(s) relatividade(s)
Einstein e a(s) relatividade(s)anoiteenecesaria
 

More from anoiteenecesaria (18)

CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solarCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA EstrelasCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na CoruñaCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noiteCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelaciónsCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceoCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universoCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
 
Os límites da visión
Os límites da visiónOs límites da visión
Os límites da visión
 
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
 
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
 
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
 
3. O ceo nocturno é rico e dinámico
3. O ceo nocturno é rico e dinámico3. O ceo nocturno é rico e dinámico
3. O ceo nocturno é rico e dinámico
 
2. Os fenómenos astronómicos podemos experimentalos no noso día a día
2. Os fenómenos astronómicos podemos  experimentalos no noso día a día2. Os fenómenos astronómicos podemos  experimentalos no noso día a día
2. Os fenómenos astronómicos podemos experimentalos no noso día a día
 
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
 
Einstein e a(s) relatividade(s)
Einstein e a(s) relatividade(s)Einstein e a(s) relatividade(s)
Einstein e a(s) relatividade(s)
 
Isaac Newton
Isaac NewtonIsaac Newton
Isaac Newton
 
As leis de Kepler
As leis de KeplerAs leis de Kepler
As leis de Kepler
 
O universo de Copérnico
O universo de CopérnicoO universo de Copérnico
O universo de Copérnico
 

Máis mulleres astrónomas

  • 2. Maria Mitchell N: 1 de agosto de 1818, Nantucket, Massachussets (EEUU) M: 28 de xuño de 1889, Lynn, Massachussets (EEUU) Afeccionada á astronomía desde nena, descubriu un cometa en 1847 grazas ás súas observacións con telescopio. Este feito tróuxolle unha grande notoriedade a quen nesa altura era bibliotecaria en Nantucket. Desde 1865 foi profesora do Vassar College, escola universitaria para mulleres en Nova York. Foi ademais unha grande activista dos dereitos das mulleres e contra a discriminación racial. Imaxe: Retrato de H. Dassell, 1851. Dominio público. Fonte: wikipedia.
  • 3. LAS CALCULADORAS DE ESTRELLAS Miguel A. Delgado Estados Unidos, século XIX. A vida de Gabriella Howard, unha nena orfa, cambiará radicalmente cando coñeza a Maria Mitchell, antiga amiga do seu pai que se fará cargo dela e lle abrirá as portas do coñecemento e da astronomía no mítico Vassar College. Unha novela que reivindica o papel da muller na ciencia. RECOMENDACIÓNS ASTRONÓMICAS
  • 4. Antonia Maury N: 21 de marzo de 1866, Cold Spring, NY (EEUU) M: 8 de xaneiro de 1952, Dobbs Ferry, NY (EEUU) Alumna no Vassar College de Maria Mitchell, Antonia formou parte do grupo das “calculadoras de Harvard” e traballou nun sistema propio de clasificación estelar que non foi do agrado de Pickering; as súas discrepancias con el levárona a deixar o observatorio para dar aulas nunha escola para mozas. Regresou puntualmente a Harvard para completar e publicar a súa investigación, que acabou tendo grande recoñecemento. Despois de dúas décadas máis como ensinante, volveu definitivamente a Harvard en 1918 e alí estivo até que se retirou en 1948. Imaxe: Antonia na etapa do Vassar College. Dominio público. Fonte: wikipedia.
  • 5. EL UNIVERSO DE CRISTAL Dava Sobel Na segunda metade do XIX o observatorio da Universidade de Harvard empezou a incorporar mulleres coma “calculadoras” para interpretar os resultados das observacións que facían os homes pola noite. O “universo de cristal” do título alude ao medio millón de placas fotográficas que o grupo de mulleres de Harvard escrutou e analizou para sentar as bases da astrofísica do século XX. Un libro excelente, moi ameno e ben documentado. RECOMENDACIÓNS ASTRONÓMICAS
  • 6. Antonia Ferrín N: 13 de maio de 1914, Ourense (Galicia, España) M: 6 de agosto de 2009, Santiago (Galicia, España) Estudou primeiro Química e despois Farmacia e Ciencias Exactas. A Guerra Civil puxo freo á súa carreira (foi inhabilitada por unha denuncia anónima). Anos despois coñeceu a Ramón María Aller, sacerdote e creador do observatorio astronómico da USC, de quen sería colaboradora ao longo de vinte anos. Foi a primeira profesora de matemáticas da universidade e a primeira muller en ler unha tese sobre astronomía en Galicia. Desde 1963 foi profesora en Madrid; xubilouse en 1984 como profesora da Complutense. O seu traballo astronómico tocou entre outros temas o estudo das estrelas dobres e as ocultacións estelares. Imaxe: Antonia Ferrín. Consello da Cultura Galega.
  • 7. Georgeanne (Jan) Caughlan N: 25 de outubro de 1916, Montesano, Washington (EEUU) M: 3 de xaneiro de 1994, Bozeman, Montana (EEUU) Despois de acabar o grao de Física decidiu dedicarse á crianza dos seus cinco fillos. Máis tarde volveu a Física, obtivo o doutoramento aos corenta e oito anos e converteuse en profesora á idade de cincuenta e oito. Como investigadora, traballou con William A. Fowler sobre o problema da xeración de enerxía nas estrelas. Un aspecto central da astrofísica son as taxas ás cales se combinan os núcleos dentro das estrelas para producir novos núcleos. O esforzo de “Jan”, así era como a chamaban, para proporcionar grandes compilacións de taxas de reacción nuclear baseadas en información experimental actual deron lugar a algúns dos traballos máis famosos deste campo. Retrato de Georgeanne Caughlan. Fonte: Montana State University Library. Información obtida do calendario “Mulleres científicas en astrofísica nuclear”.
  • 8. Edith Alice Müller N: 5 de febreiro de 1918, Madrid (España) M: 24 de xullo de 1995 Nacida en Madrid de pais suízos, rematou os estudos na ETH de Zúric e obtivo o doutoramento en física solar en 1943. Traballou tanto na observación como na teoría da atmosfera solar. En 1960, mentres estaba en Ann Arbor, publicou cos seus colaboradores L. Goldberg e L. H. Aller un artigo extremadamente influente sobre as abundancias dos elementos na atmosfera solar. Con máis de 430 citas, o artigo foi unha referencia durante os seguintes 20 anos. Edith dominaba o inglés, francés, alemán e español e foi a primeira muller designada secretaria xeral da Unión Astronómica Internacional (IAU, polas siglas en inglés). Fonte: calendario “Mulleres científicas en astrofísica nuclear”. Información obtida do calendario “Mulleres científicas en astrofísica nuclear”.
  • 9. Erika Böhm-Vitense N: 3 de xuño de 1923, Kurau (Alemaña) M: 21 de xaneiro de 2017, Seattle, Washington (EEUU) Obtivo o título de doutora en 1951 en Kiel. Nas décadas de 1960 e 1970 combinou a teoría e as observacións en estudos ópticos dunha gran variedade de obxectos, desde estrelas de helio ata superxigantes e cúmulos abertos, entre outros. Foi a primeira científica en describir con precisión a mestura convectiva no interior das estrelas usando un método que foi amplamente adoptado desde hai medio século en todos os códigos evolutivos estelares. Tamén escribiu un conxunto de libros de texto de tres volumes titulado “Introdución á astrofísica estelar”. Fonte das imaxes: calendario “Mulleres científicas en astrofísica nuclear”. Información obtida do calendario “Mulleres científicas en astrofísica nuclear”.
  • 10. Dilhan Eryurt N: 29 de novembro de 1926, Izmir (Turquía) M: 13 de setembro de 2012, Ankara (Turquía) Despois de graduarse no Departamento de Matemáticas e Astronomía da Universidade de Istambul, doutorouse na Universidade de Ankara en 1953. Máis tarde traballou na Universidade de Indiana, no Goddard Space Flight Center da NASA e na Universidade de California. Mentres estaba na NASA era a única muller astrónoma que traballaba na institución. O traballo de Dilhan revelou un feito sorprendente sobre o Sol: que no pasado era moito máis brillante e cálido do que é hoxe. Organizou o primeiro Congreso Nacional de Astronomía en Turquía. Fundou a rama de Astrofísica dentro do Departamento de Física na Universidade Técnica de Oriente Medio. É considerada a nai da astronomía en Turquía. Información obtida do calendario “Mulleres científicas en astrofísica nuclear”. Fonte das imaxes: calendario “Mulleres científicas en astrofísica nuclear”.
  • 11. Beatrice Tinsley N: 27 de xaneiro de 1941, Chester, Inglaterra (Reino Unido) M: 23 de marzo de 1981, New Haven, Connecticut (Estados Unidos) Coa súa tese de doutoramento obtida na Universidade de Texas en 1967 iniciou a súa carreira até acadar fama internacional como cosmóloga. Beatrice foi a primeira en amosar que, ao contrario do que se esperaba, o universo non colapsará nunca senón que continuará sempre en expansión. Foi unha verdadeira pioneira na evolución química das galaxias. No seu artigo de revisión de 1980 sobre "Evolución das estrelas e do gas nas galaxias" elaborou unha brillante explicación do modelado de galaxias e fermosas predicións que aínda hoxe se discuten empregando datos de grandes telescopios e veloces supercomputadores. A súa brillante carreira rematou prematuramente por causa do cancro, que a levou á morte aos 40 anos. Información obtida do calendario “Mulleres científicas en astrofísica nuclear”. Fonte das imaxes: calendario “Mulleres científicas en astrofísica nuclear”.