SlideShare a Scribd company logo
1 of 39
pinnípedes
Mamíferos acuáticos
3
focas e similares (33 especies)
AS LIDEIRAS DE ROQUE
COUSIÑAS FEITAS NA CASA
MonDaporta
Os pinnípedes (Pinnipedia). Son animais co corpo
fusiforme, patas curtas con extremidades palmeadas en
forma de aleta.
Poden moverse por terra, e teñen as crías fóra da auga.
Son carnívoros. Aliméntanse maiormente de peixes,
moluscos e crustáceos.
En cada parto teñen unha cría, que coida a nai entre 4 e
5 meses.
Distínguense tres familias:
Otariidae, con pavillón auditivo e extremidades
posteriores funcionais en terra, porque se poden poñer
cara adiante: leóns mariños, lobos mariños e osos
mariños.
Phocidae, sen pavillón auditivo e extremidades
posteriores postas cara atrás e non funcionais para
desplazárense por terra: focas.
Odobenidae, sin pavillón auditivo; con extremidades
posteriores funcionais en terra, e dentes cairos longos:
morsa.
Otaridae
leóns, lobos e osos mariños
Lobo mariño marrón (Arctocephalus pusillus).
É a única especie del xénero Arctocephalus.
Atópase no hemisferio sur en dúas
localizacións separadas, no sur de África e no
sur de Australia, que deron lugar a dúas
subespecies diferentes.
Aliméntase de peixes, luras e cangrexos.
A subespecie do sur de África é un pouco máis
grande que a subespecie australiana.
A. pusillus pusillus (lobo mariño sudafricano),
que se atopa ao longo da costa de Namibia e
da costa oeste e sur de Sudáfrica. Os machos
miden arredor de 2,3 m e pesan entre 200 e
300 kg, e as femias miden arredor de 1,8 m de
longo e pesan uns 120 kg.
A. pusillus doriferus (lobo mariño australiano),
que se atopa en varias illas do Estreito de Bass
entre Tasmania e Australia. Os machos miden
de 2,0 a 2,2 m e pesan de 190 a 280 kg, e as
femias miden entre 1,2 e 1,8 m de longo e
pesan entre 40 e 110 kg.
Lobo peleteiro das Galápagos ou
lobo fino de Galápagos
(Arctocephalus galapagoensis).
É endémico das costas das Illas Galápagos,
en augas tropicais do Pacífico oriental.
Os machos miden 1,5 m de longo e pesan
uns 65 kg, as femias chegan a 1,2 m de
longo e poden pesar entre 22 e 34 kg. Son
a especie de león marino máis pequena.
Aliméntase pola noite, en augas profundas,
de cefalópodos e peixes.
Os machos maduran aos 7 anos e as femias
a partir dos 3 anos.
Lobo mariño antártico
(Arctophoca gazella).
Vive nos mares do sur da Arxentina e de Chile.
Os machos poden medir ata 2 m e pesar entre
110 e 230 Kg. As femias ata 1,4 m e pesar de 30
a 50 kg.
Aliméntase de kril e de peixes.
León mariño subantártico, oso mariño
subantártico, ou lobo mariño
subantártico, (Arctophoca tropicalis).
Atópase en varios arquipélagos
subantárticos: Illas do Príncipe Eduardo,
Diego Alvares, Illas Crozet, Illa de
Ámsterdam, Illa de San Pablo e Illa
Macquarie
Lobo mariño de dous pelos, lobo fino ou oso
mariño (Arctophoca australis).
Vive nas costas de Sudamérica.
Os machos chegan aos 2 m de longo, e ata 200
kg de peso, e as femias só a 1,50 m e aos 60 kg
de peso.
O nome venlle de que ten dúas capas de pelo
unha, a de dentro, de pelo curto e fino e a de
fóra de pelo longo e duro.
Esta especie está integrada por dúas
subespecies:
Arctophoca australis australis (lobo mariño de
dous pelos). Habita na costa e nas illas desde o
sur de Chile, as illas Malvinas, e Arxentina, ata
Uruguai e o sur do Brasil.
Arctophoca australis ssp. (lobo fino peruano,
cochapuma, ou lobo mariño peruano). Habita
en illas e costas do norte de Chile e do Perú.
Lobo mariño de Nova Celandia
(Arctophoca fosteri).
Vive nas costas do sur de Australia, na
illa do Sur de Nova Celandia e en
outras illas pequenas. Mide 1,7 m e
pode pesar uns 55 kg.
Oso mariño de Guadalupe ou lobo
fino de Juan Fernández
(Arctophoca philippii).
Atópase en illas moi separadas do
Pacífico oriental.
Recoñécense 2 subespecies:
A. philippii townsendi (Oso mariño
de Guadalupe). Vive na illa de
Guadalupe, ao noroeste de México.
Mide ata 1,7 m e pode pesar uns
100 kg.
A. philippii philippii (Lobo fino de
Juan Fernández). Habita no
arquipélago Juan Fernández e nas
illas San Félix e San Ambrosio,
fronte á costa de Chile. O macho
mide case 2 m de longo, e pesa
arredor de 140 kg, mentras que a
femia mide 1,4 m de longo e pesa
uns 48 kg.
Oso mariño de Guadalupe
Lobo fino de Juan Fernández
Oso mariño ártico
(Callorhinus ursinus). Única
especie do xénero Callorhinus.
Habita en costas e illas de boa
parte de Alaska e Siberia (Illas
Pribilof), aínda que tamén cría
máis ao sur, ata as illas da Baixa
California
Os machos poden medir ata 2,1 m
e pesar 270 kg e as femias ata 1,5
m e pesar uns 50 ou 60 kg.
As crías nacen medindo de 60 a 65
cm e pesando de 5 a 6 kg.
Aliméntase de peixes e luras.
León mariño de Steller (Eumetopias jubatus).
Vive nas costas rochosas e augas costeiras do Pacífico norte,
tanto en Asia como en América. Desde as illas Kuriles, a
California incluidos os arquipélagos da zona.
Os machos poden medir ata 3,3 m de lonxitude e pesar
unha tonelada, e as femias uns 2,5 m e pesar uns 300 kg.
León mariño australiano
(Neophoca cinerea). É endémico de
Australia. Atópase no surleste entre
a illa Canguro e as illas Houtman.
Os machos poden medir ata 2,5 m e
pesar 300 kg. As femias ata 1,8 m e
pesar 105 kg.
As crías miden entre 60 e 70 cm e
pesan entre 6,5 e 8 kg ao nacer. As
femias fanse adultas aos 3 anos e os
machos aos 6.
Lobo mariño sudamericano, otario
da Patagonia, lobo mariño dun
pelo, león mariño do sur, león
mariño sudamericano,...
(Otaria flavescens).
Habita nas costas austrais de
Sudamérica. Nas costas de Perú e
Chile, no Pacífico; e desde o Uruguai
ata o sur da Arxentina e as illas
Sandwich e Illas Malvinas, no
Atlántico. ​
Os machos pesan uns 300 kg, e as
femias a metade.
Aliméntase de peixes, polbos, luras,
pingüinos e outras aves mariñas.
Comen entre 15 e 25 kg de alimento
por día.
Viven en grupos duns 15 individuos,
formados por un macho, o seu
grupo de femias e as súas crías.
Viven entre 25 e 50 anos.
León mariño de Nova
Celandia (Phocarctos hookeri).
Habita nas costas de Nova
Celandia, en pequenos grupos
na illa Sur e na illa Stewart, e
en grandes colonias nas illas
subantárticas neozelandesas,
Pode medir máis de 2 m e
pesar ata 200 kg.
Lobo mariño de California
(Zalophus californianus).
Vive nas costas do Pacífico
desde Canadá ata a península
de Baixa California en México.
Os machos miden uns 2,4 m de
longo e pesan entre 300 e 380
kg, e as femias miden de 1,8 a 2
m e pesan entre 80 e 120 kg.
Aliméntase de peixes e de
moluscos.
León mariño das Illas
Galápagos
(Zalophus wollebaeki).
Só se atopa nas Illas
Galápagos e noutras
pequenas illas preto do
Ecuador.
Os machos miden de 250 a
270 cm e pesan uns 250 kg
e as femias miden entre
150 e 170 cm e pesan de
60 a 100 kg.
Phocidae
Focas e elefantes mariños
Foca monxe
(Monachus monachus).
Habita en costas e areais do
mar Mediterráneo, en lugares
de difícil acceso.
Os machos poden acadar os
3,40 metros de lonxitude,
namentres as femias non pasan
dos 2,50 metros.
É unha especie diúrna,
sedentaria, que vive en
pequenas colonias.
Aliméntase de peixes, luras e
crustáceos
A comezos do século XXI só
sobreviven uns 500 exemplares.
Foca monxe de Hawai
(Neomonachus schauinslandi).
É endémica de Hawai. Atópase nas
costas das illas do noroeste do
arquipélago. Está en perigo de
extinción.
Mide entre 2,1 e 2,3 metros e
pesan de 170 a 200 kg. As femias
son máis grandes ca os machos.
Aliméntase de peixes, cefalópodos
e crustáceos.
Ao nacer os cachorros pesan 16 kg
e miden 1 metro. Poden vivir entre
25 e 30 anos
Elefante mariño do norte
(Mirounga angustirostris).
Vive no océano Pacífico oriental entre
Alaska, ao norte, e as costas de
California e a Baixa California, ao sur,
onde paren e mudan.
Os machos chegan aos 5 m de
lonxitude e aos 1.800 kg de peso, e as
femias aos 3 m e aos 650 kg.
Aliméntase de noite, no mar aberto,
de peixes, luras e polbos.
Elefante mariño do sur
(Mirounga leonina).
Os machos poden medir
máis de 5 m de longo e
pesar entre 2.200 e 4.000
kg, e as femias non pasan
dos 3,5 m nen dos 900 kg.
Foca de Ross
(Ommatophoca rossii).
Único representante do xénero
Ommatophoca. Atópase nas
costas da Antártida e nos mares
que a rodean.
Miden entre 2 e 3 m de longo e
pesan de 200 a 300 kg. As femias
adoitan ser máis grandes que os
machos.
Aliméntase de peixes, luras e kril.
Viven entre 8 e 16 anos.
Foca cangrexeira
(Lobodon carcinophagus).
Atópase na Antártida.
Mide entre 2,2 e 2,6 m e pesa
entre 200 e 300 kg.
Aliméntase exclusivamente de kril.
Vive en pequenos grupos
familiares
As crias ao nacer pesan uns 33 kg.
Pode vivir máis de 20 anos.
Foca leopardo ou leopardo mariño
(Hydrurga leptonyx) Vive nas augas frías
das costas de arredor da Antártida. Son
animais solitarios e agresivos.
As femias son máis grandes que os machos,
miden de 3,5 a 4 m de longo e pesan de
500 a 600 kg;os machos miden de 3 a 3,8 m
e poden pesar ata 320 kg.
Aliméntanse de canto poidan capturar:
peixes, luras, pingüíns, crías de foca,...
As crías miden 1,5 m de largo e pesan uns
25 kg ao nacer.
Foca de Weddell
(Leptonychotes weddellii).
Viven en grandes grupos na área
circumpolar do hemisferio sur, Antártida.
Nesta especie as femias son máis grandes,
poden medir ata 3,5 m e pesar entre 400 e
600 kg, mentres que os machos miden
entre 2,5 e 2,9 metros
Aliméntase de peixes e luras.
Fanse adultas aos 3 anos.
Foca barbuda (Erignathus barbatus).
Vive no Océano Ártico e nas súas
proximidades. Única integrante do xénero
Erignathus.
Pode medir de 2,25 m a 2,7 m e pesar
entre 275 kg e 340 kg.
Aliméntase de invertebrados e peixes
pequenos que recolle ou captura no fondo
do océano.
As crías, que nacen sobre bloques de xeo
ao garete, pesan ao nacer entre 30 e 40 kg.
Recoñécense 2 subespecies:
E. barbatus barbatus e
E. barbatus nautica
Foca de casco ou foca capuchina
(Cystophora cristata). É un animal peláxico que
vive no Atlántico norte e no Océano Ártico.
Atópase a lo longo dos bancos de xeo que
abioan arredor das illas do Oso (Noruega), en
Islandia e no noreste de Groenlandia.
É a única especie do xénero.
Os machos adultos miden ata 260 cm e pesan
300 kg de media, as femias non pasan de 200
cm e pesan arredor de 160 kg.
Os cachorros ao nacer miden 1 m e pesan 24 kg
de promedio.
O máis chamativo destas focas é unha
formación que teñen no nariz que os machos
poden inflar a vontade
Foca común (Phoca vitulina).
Habita ao longo das liñas costeiras dos mares
temperados e fríos do hemisferio norte, augas costeiras
do norte dos océanos Atlántico e Pacífico, no mar do
Norte e no mar Báltico. Poden medir ata 1,85 metros e
pesar uns 130 kg. As femias son máis pequenas que os
machos. Aliméntase de peixes
Existen catro ou cinco subespecies:
P. vitulina concolor, das costas de Norteamérica, do
Atlántico.
P. vitulina mellonae, de masas de auga doce do leste
do Canadá.
P. vitulina richardsi, das costas de Norteamérica, do
Pacífico.
P. vitulina stejnegeri, das costas do leste de Asia.
P. vitulina vitulina, das costas de Europa e Asia
Occidental.
Foca manchada
(Phoca largha).
Atópase na plataforma
continental dos mares do
norte do Pacífico.
Miden entre 1,5 e 2 m de
longo e poden pesar de 80 a
100 kg.
Aliméntase de peixes.
Foca ocelada ou foca anelada (Pusa hispida).
Habita nas costas do Ártico. Mide entre 85 e 160
cm e pesa entre 40 e 90 kg. Pode acadar os 35
anos.
As poboacións que viven en áreas diferentes
evolucionaron cara a diferentes subespecies:
Pusa hispida hispida. Atópase nas costas árticas
de Europa, Rusia, Canadá e Alaska, incluindo as
illas de Nova Zembla, Svalbard, Groenlandia e de
Baffin.
Pusa hispida ochotensis. Vive en Kamchatka, no
Mar de Ojotsk e ata 35° latitude norte, a lo longo
da costa do Pacífico do Xapón.
Pusa hispida botnica. Vive no Mar Báltico,
maiormente no Golfo de Botnia, pero tamén hai
pequenas poboacións, en perigo de extinción, no
Golfo de Finlandia e no Golfo de Riga.
Pusa hispida ladogensis. Atópase no Lago Ladoga.
Pusa hispida saimensis. Só se atopa no Lago
Saimaa, en Finlandia. É unha das focas máis
amenazadas, cunha poboación total duns 380
individuos.
Nerpa ou foca do lago Baikal (Pusa sibirica).
É endémica do lago Baikal.
Son as focas máis pequenas e das máis
lonxevas (ata 56 anos as femias). Miden entre
130 e 140 cm e pesan arredor dos 70 kg.
Aliméntanse de peixes e de invertebrados.
As crías nacen enriba do xeo do lago, miden
entre 60 e 70 cm e pesan preto de 5 kg. As
femias maduran entre os 3 e os 6 anos e os
machos entre os 4 e os 7.
foca do Caspio (Pusa caspica).​
Vive exclusivamente en augas pouco
profundas das costas e illas rochosas do
mar Caspio.
Os adultos miden ata 1,5 metros de
longo e pesan entre 50 y 86 kg, os
machos son máis grandes e robustos
que as femias. Son animais gregarios e
pasan moito tempo en grandes
colonias.
Aliméntanse de peixes.
Maduran entre os 5 (as femias) e os 7
anos (os machos). As crías nacen co
pelo branco e pesan uns 5 kg.
Foca pía ou foca de Groenlandia
(Pagophilus groenlandicus). É o único representante
do xénero Pagophilus. Vive no Océano Atlántico Norte
e no Océano Glacial Ártico.
Os machos poden medir de 1,70 a 2 m de longo e
pesar entre 140 e 190 kg, as femias un pouco menos.
Os cachorros pesan uns 10 kg ao nacer e chegan aos
30 kg en sólo doce días. Pode vivir máis de 35 anos.
Aliméntase de peixes e invertebrados
As crías nacen con pelo de cor amarelenta que uns días
despois pasa a ser branca. A os 12 días comeza a
mudar á cor definitiva. O intervalo dos 3 aos 12 días e
cando son cazadas para sacárllela pel.
Foca enfaixada ou foca listada
(Histriophoca fasciata). É o único integrante
do xénero Histriophoca. Atópase nas costas do
Océano Pacífico próximas ao Ártico, no mar
de Bering e no mar de Okhotsk.
Mide arredor de 1,6 m e pode pesar uns 90 kg.
Aliméntase de peixes e luras.
Foca gris (Halichoerus grypus).
É a única especie do xénero. Vive en augas
do Atlántico norte. Atópase pola fachada
atlántica de Europa, desde a Península
escandinava ao norte de Francia, e pola
costa leste de Canadá e o norte dos Estados
Unidos. Ademais das costas do Reino Unido,
Irlanda, o Mar Báltico e Islandia.
Os machos poden acadar os 3 m de longo e
pesan entre 170 e 310 kg, 400 kg os máis
grandes. As femias chegan aos 2 m e poden
pesar de 100 a 200 kg.
Recoñécense 2 subespecies: H. grypus
grypus e H. grypus macrorhynchus, do mar
Báltico
Odobenidae
a morsa
Morsa (Odobenus rosmarus). Vive nos mares árticos.
Os machos miden entre 2,7 e 3,6 m e pesan entre 800
e 1700 kg, as femias miden entre 2,3 e 3,1 m e pesan
entre 400 e 1200 kg. Os exemplares máis grandes son
os da subespecie do Pacífico.
Teñen unha pel grosa, de entre 2 e 4 cm de espesor,
cuberta de pelo a non ser nas aletas.
Tanto machos como femias teñen dentes cairos de ata
un metro de longo.
Aliméntase de moluscos, maiormente ameixas, e
outros invertebrados,
Acadan a madurez entre os 6 e os 9 anos.
As femias teñen unha cría que pode pesar entre 45 e
75 kg e mama ata case os dous anos.
Poden vivir ata 40 anos.
Recoñécense dúas subespecies:
A morsa atlántica (Odobenus rosmarus rosmarus) que
se atopa desde o Ártico canadiano ao mar de Kara.
A morsa do Pacífico (Odobenus rosmarus divergens)
que se atopa ao norte do océano Pacífico, desde o mar
oriental de Siberia ata o mar de Láptev.
As imaxes son collidas da “rede”.
Agradézolle aos autores poder dispoñer delas e agardo saiban desculpar o uso que lles din.
Remate da terceira parte

More Related Content

What's hot

Os seres vivos moises
Os seres vivos moisesOs seres vivos moises
Os seres vivos moises
sacaideas
 
Roque e raimundo coñecen bichos do mar
Roque e raimundo coñecen bichos do marRoque e raimundo coñecen bichos do mar
Roque e raimundo coñecen bichos do mar
iesasorey
 

What's hot (20)

Morcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteirasMorcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteiras
 
Morcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñasMorcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñas
 
Cocodrilos p
Cocodrilos pCocodrilos p
Cocodrilos p
 
Pelícanos
PelícanosPelícanos
Pelícanos
 
Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos I
 
Os picapeixes
Os picapeixesOs picapeixes
Os picapeixes
 
Os limícolas 2
Os limícolas 2Os limícolas 2
Os limícolas 2
 
Anátidas (2)
Anátidas (2)Anátidas (2)
Anátidas (2)
 
Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.
 
Peixes
PeixesPeixes
Peixes
 
Esquios II
Esquios IIEsquios II
Esquios II
 
Roque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos PolosRoque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos Polos
 
Os seres vivos moises
Os seres vivos moisesOs seres vivos moises
Os seres vivos moises
 
Roedores
RoedoresRoedores
Roedores
 
Roque no mar
Roque no marRoque no mar
Roque no mar
 
Iguana
IguanaIguana
Iguana
 
Especies invasoras animais
Especies invasoras animaisEspecies invasoras animais
Especies invasoras animais
 
Roque na Arxentina
Roque na ArxentinaRoque na Arxentina
Roque na Arxentina
 
Roque e raimundo coñecen bichos do mar
Roque e raimundo coñecen bichos do marRoque e raimundo coñecen bichos do mar
Roque e raimundo coñecen bichos do mar
 
Os sapoconchos II
Os sapoconchos IIOs sapoconchos II
Os sapoconchos II
 

Similar to Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)

Os osos polares
Os osos polaresOs osos polares
Os osos polares
iesasorey
 
Cabaliños de mar
Cabaliños de marCabaliños de mar
Cabaliños de mar
iesasorey
 
Os peixes
Os peixesOs peixes
Os peixes
cerredo
 
Os peixes
Os peixesOs peixes
Os peixes
cerredo
 
Curiosidades dos animais mariños
Curiosidades dos animais mariñosCuriosidades dos animais mariños
Curiosidades dos animais mariños
iesasorey
 
Os morcegos na sabana
Os morcegos na sabanaOs morcegos na sabana
Os morcegos na sabana
egsumay
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinción
musapias
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinción
musapias
 

Similar to Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque) (18)

Os osos polares
Os osos polaresOs osos polares
Os osos polares
 
Peixe vela
Peixe velaPeixe vela
Peixe vela
 
Animais dos polos
Animais dos polosAnimais dos polos
Animais dos polos
 
O lobo
O loboO lobo
O lobo
 
Coello
CoelloCoello
Coello
 
Gaivotas
GaivotasGaivotas
Gaivotas
 
Cabaliños de mar
Cabaliños de marCabaliños de mar
Cabaliños de mar
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentes
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
Os sapoconchos III
Os sapoconchos IIIOs sapoconchos III
Os sapoconchos III
 
Os peixes
Os peixesOs peixes
Os peixes
 
Os peixes
Os peixesOs peixes
Os peixes
 
Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.
 
Curiosidades dos animais mariños
Curiosidades dos animais mariñosCuriosidades dos animais mariños
Curiosidades dos animais mariños
 
Os que faltaban
Os que faltabanOs que faltaban
Os que faltaban
 
Os morcegos na sabana
Os morcegos na sabanaOs morcegos na sabana
Os morcegos na sabana
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinción
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinción
 

More from MonContos

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
 

Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)

  • 1. pinnípedes Mamíferos acuáticos 3 focas e similares (33 especies) AS LIDEIRAS DE ROQUE COUSIÑAS FEITAS NA CASA MonDaporta
  • 2. Os pinnípedes (Pinnipedia). Son animais co corpo fusiforme, patas curtas con extremidades palmeadas en forma de aleta. Poden moverse por terra, e teñen as crías fóra da auga. Son carnívoros. Aliméntanse maiormente de peixes, moluscos e crustáceos. En cada parto teñen unha cría, que coida a nai entre 4 e 5 meses. Distínguense tres familias: Otariidae, con pavillón auditivo e extremidades posteriores funcionais en terra, porque se poden poñer cara adiante: leóns mariños, lobos mariños e osos mariños. Phocidae, sen pavillón auditivo e extremidades posteriores postas cara atrás e non funcionais para desplazárense por terra: focas. Odobenidae, sin pavillón auditivo; con extremidades posteriores funcionais en terra, e dentes cairos longos: morsa.
  • 3. Otaridae leóns, lobos e osos mariños
  • 4. Lobo mariño marrón (Arctocephalus pusillus). É a única especie del xénero Arctocephalus. Atópase no hemisferio sur en dúas localizacións separadas, no sur de África e no sur de Australia, que deron lugar a dúas subespecies diferentes. Aliméntase de peixes, luras e cangrexos. A subespecie do sur de África é un pouco máis grande que a subespecie australiana. A. pusillus pusillus (lobo mariño sudafricano), que se atopa ao longo da costa de Namibia e da costa oeste e sur de Sudáfrica. Os machos miden arredor de 2,3 m e pesan entre 200 e 300 kg, e as femias miden arredor de 1,8 m de longo e pesan uns 120 kg. A. pusillus doriferus (lobo mariño australiano), que se atopa en varias illas do Estreito de Bass entre Tasmania e Australia. Os machos miden de 2,0 a 2,2 m e pesan de 190 a 280 kg, e as femias miden entre 1,2 e 1,8 m de longo e pesan entre 40 e 110 kg.
  • 5. Lobo peleteiro das Galápagos ou lobo fino de Galápagos (Arctocephalus galapagoensis). É endémico das costas das Illas Galápagos, en augas tropicais do Pacífico oriental. Os machos miden 1,5 m de longo e pesan uns 65 kg, as femias chegan a 1,2 m de longo e poden pesar entre 22 e 34 kg. Son a especie de león marino máis pequena. Aliméntase pola noite, en augas profundas, de cefalópodos e peixes. Os machos maduran aos 7 anos e as femias a partir dos 3 anos.
  • 6. Lobo mariño antártico (Arctophoca gazella). Vive nos mares do sur da Arxentina e de Chile. Os machos poden medir ata 2 m e pesar entre 110 e 230 Kg. As femias ata 1,4 m e pesar de 30 a 50 kg. Aliméntase de kril e de peixes.
  • 7. León mariño subantártico, oso mariño subantártico, ou lobo mariño subantártico, (Arctophoca tropicalis). Atópase en varios arquipélagos subantárticos: Illas do Príncipe Eduardo, Diego Alvares, Illas Crozet, Illa de Ámsterdam, Illa de San Pablo e Illa Macquarie
  • 8. Lobo mariño de dous pelos, lobo fino ou oso mariño (Arctophoca australis). Vive nas costas de Sudamérica. Os machos chegan aos 2 m de longo, e ata 200 kg de peso, e as femias só a 1,50 m e aos 60 kg de peso. O nome venlle de que ten dúas capas de pelo unha, a de dentro, de pelo curto e fino e a de fóra de pelo longo e duro. Esta especie está integrada por dúas subespecies: Arctophoca australis australis (lobo mariño de dous pelos). Habita na costa e nas illas desde o sur de Chile, as illas Malvinas, e Arxentina, ata Uruguai e o sur do Brasil. Arctophoca australis ssp. (lobo fino peruano, cochapuma, ou lobo mariño peruano). Habita en illas e costas do norte de Chile e do Perú.
  • 9. Lobo mariño de Nova Celandia (Arctophoca fosteri). Vive nas costas do sur de Australia, na illa do Sur de Nova Celandia e en outras illas pequenas. Mide 1,7 m e pode pesar uns 55 kg.
  • 10. Oso mariño de Guadalupe ou lobo fino de Juan Fernández (Arctophoca philippii). Atópase en illas moi separadas do Pacífico oriental. Recoñécense 2 subespecies: A. philippii townsendi (Oso mariño de Guadalupe). Vive na illa de Guadalupe, ao noroeste de México. Mide ata 1,7 m e pode pesar uns 100 kg. A. philippii philippii (Lobo fino de Juan Fernández). Habita no arquipélago Juan Fernández e nas illas San Félix e San Ambrosio, fronte á costa de Chile. O macho mide case 2 m de longo, e pesa arredor de 140 kg, mentras que a femia mide 1,4 m de longo e pesa uns 48 kg. Oso mariño de Guadalupe Lobo fino de Juan Fernández
  • 11. Oso mariño ártico (Callorhinus ursinus). Única especie do xénero Callorhinus. Habita en costas e illas de boa parte de Alaska e Siberia (Illas Pribilof), aínda que tamén cría máis ao sur, ata as illas da Baixa California Os machos poden medir ata 2,1 m e pesar 270 kg e as femias ata 1,5 m e pesar uns 50 ou 60 kg. As crías nacen medindo de 60 a 65 cm e pesando de 5 a 6 kg. Aliméntase de peixes e luras.
  • 12. León mariño de Steller (Eumetopias jubatus). Vive nas costas rochosas e augas costeiras do Pacífico norte, tanto en Asia como en América. Desde as illas Kuriles, a California incluidos os arquipélagos da zona. Os machos poden medir ata 3,3 m de lonxitude e pesar unha tonelada, e as femias uns 2,5 m e pesar uns 300 kg.
  • 13. León mariño australiano (Neophoca cinerea). É endémico de Australia. Atópase no surleste entre a illa Canguro e as illas Houtman. Os machos poden medir ata 2,5 m e pesar 300 kg. As femias ata 1,8 m e pesar 105 kg. As crías miden entre 60 e 70 cm e pesan entre 6,5 e 8 kg ao nacer. As femias fanse adultas aos 3 anos e os machos aos 6.
  • 14. Lobo mariño sudamericano, otario da Patagonia, lobo mariño dun pelo, león mariño do sur, león mariño sudamericano,... (Otaria flavescens). Habita nas costas austrais de Sudamérica. Nas costas de Perú e Chile, no Pacífico; e desde o Uruguai ata o sur da Arxentina e as illas Sandwich e Illas Malvinas, no Atlántico. ​ Os machos pesan uns 300 kg, e as femias a metade. Aliméntase de peixes, polbos, luras, pingüinos e outras aves mariñas. Comen entre 15 e 25 kg de alimento por día. Viven en grupos duns 15 individuos, formados por un macho, o seu grupo de femias e as súas crías. Viven entre 25 e 50 anos.
  • 15. León mariño de Nova Celandia (Phocarctos hookeri). Habita nas costas de Nova Celandia, en pequenos grupos na illa Sur e na illa Stewart, e en grandes colonias nas illas subantárticas neozelandesas, Pode medir máis de 2 m e pesar ata 200 kg.
  • 16. Lobo mariño de California (Zalophus californianus). Vive nas costas do Pacífico desde Canadá ata a península de Baixa California en México. Os machos miden uns 2,4 m de longo e pesan entre 300 e 380 kg, e as femias miden de 1,8 a 2 m e pesan entre 80 e 120 kg. Aliméntase de peixes e de moluscos.
  • 17. León mariño das Illas Galápagos (Zalophus wollebaeki). Só se atopa nas Illas Galápagos e noutras pequenas illas preto do Ecuador. Os machos miden de 250 a 270 cm e pesan uns 250 kg e as femias miden entre 150 e 170 cm e pesan de 60 a 100 kg.
  • 19. Foca monxe (Monachus monachus). Habita en costas e areais do mar Mediterráneo, en lugares de difícil acceso. Os machos poden acadar os 3,40 metros de lonxitude, namentres as femias non pasan dos 2,50 metros. É unha especie diúrna, sedentaria, que vive en pequenas colonias. Aliméntase de peixes, luras e crustáceos A comezos do século XXI só sobreviven uns 500 exemplares.
  • 20. Foca monxe de Hawai (Neomonachus schauinslandi). É endémica de Hawai. Atópase nas costas das illas do noroeste do arquipélago. Está en perigo de extinción. Mide entre 2,1 e 2,3 metros e pesan de 170 a 200 kg. As femias son máis grandes ca os machos. Aliméntase de peixes, cefalópodos e crustáceos. Ao nacer os cachorros pesan 16 kg e miden 1 metro. Poden vivir entre 25 e 30 anos
  • 21. Elefante mariño do norte (Mirounga angustirostris). Vive no océano Pacífico oriental entre Alaska, ao norte, e as costas de California e a Baixa California, ao sur, onde paren e mudan. Os machos chegan aos 5 m de lonxitude e aos 1.800 kg de peso, e as femias aos 3 m e aos 650 kg. Aliméntase de noite, no mar aberto, de peixes, luras e polbos.
  • 22. Elefante mariño do sur (Mirounga leonina). Os machos poden medir máis de 5 m de longo e pesar entre 2.200 e 4.000 kg, e as femias non pasan dos 3,5 m nen dos 900 kg.
  • 23. Foca de Ross (Ommatophoca rossii). Único representante do xénero Ommatophoca. Atópase nas costas da Antártida e nos mares que a rodean. Miden entre 2 e 3 m de longo e pesan de 200 a 300 kg. As femias adoitan ser máis grandes que os machos. Aliméntase de peixes, luras e kril. Viven entre 8 e 16 anos.
  • 24. Foca cangrexeira (Lobodon carcinophagus). Atópase na Antártida. Mide entre 2,2 e 2,6 m e pesa entre 200 e 300 kg. Aliméntase exclusivamente de kril. Vive en pequenos grupos familiares As crias ao nacer pesan uns 33 kg. Pode vivir máis de 20 anos.
  • 25. Foca leopardo ou leopardo mariño (Hydrurga leptonyx) Vive nas augas frías das costas de arredor da Antártida. Son animais solitarios e agresivos. As femias son máis grandes que os machos, miden de 3,5 a 4 m de longo e pesan de 500 a 600 kg;os machos miden de 3 a 3,8 m e poden pesar ata 320 kg. Aliméntanse de canto poidan capturar: peixes, luras, pingüíns, crías de foca,... As crías miden 1,5 m de largo e pesan uns 25 kg ao nacer.
  • 26. Foca de Weddell (Leptonychotes weddellii). Viven en grandes grupos na área circumpolar do hemisferio sur, Antártida. Nesta especie as femias son máis grandes, poden medir ata 3,5 m e pesar entre 400 e 600 kg, mentres que os machos miden entre 2,5 e 2,9 metros Aliméntase de peixes e luras. Fanse adultas aos 3 anos.
  • 27. Foca barbuda (Erignathus barbatus). Vive no Océano Ártico e nas súas proximidades. Única integrante do xénero Erignathus. Pode medir de 2,25 m a 2,7 m e pesar entre 275 kg e 340 kg. Aliméntase de invertebrados e peixes pequenos que recolle ou captura no fondo do océano. As crías, que nacen sobre bloques de xeo ao garete, pesan ao nacer entre 30 e 40 kg. Recoñécense 2 subespecies: E. barbatus barbatus e E. barbatus nautica
  • 28. Foca de casco ou foca capuchina (Cystophora cristata). É un animal peláxico que vive no Atlántico norte e no Océano Ártico. Atópase a lo longo dos bancos de xeo que abioan arredor das illas do Oso (Noruega), en Islandia e no noreste de Groenlandia. É a única especie do xénero. Os machos adultos miden ata 260 cm e pesan 300 kg de media, as femias non pasan de 200 cm e pesan arredor de 160 kg. Os cachorros ao nacer miden 1 m e pesan 24 kg de promedio. O máis chamativo destas focas é unha formación que teñen no nariz que os machos poden inflar a vontade
  • 29. Foca común (Phoca vitulina). Habita ao longo das liñas costeiras dos mares temperados e fríos do hemisferio norte, augas costeiras do norte dos océanos Atlántico e Pacífico, no mar do Norte e no mar Báltico. Poden medir ata 1,85 metros e pesar uns 130 kg. As femias son máis pequenas que os machos. Aliméntase de peixes Existen catro ou cinco subespecies: P. vitulina concolor, das costas de Norteamérica, do Atlántico. P. vitulina mellonae, de masas de auga doce do leste do Canadá. P. vitulina richardsi, das costas de Norteamérica, do Pacífico. P. vitulina stejnegeri, das costas do leste de Asia. P. vitulina vitulina, das costas de Europa e Asia Occidental.
  • 30. Foca manchada (Phoca largha). Atópase na plataforma continental dos mares do norte do Pacífico. Miden entre 1,5 e 2 m de longo e poden pesar de 80 a 100 kg. Aliméntase de peixes.
  • 31. Foca ocelada ou foca anelada (Pusa hispida). Habita nas costas do Ártico. Mide entre 85 e 160 cm e pesa entre 40 e 90 kg. Pode acadar os 35 anos. As poboacións que viven en áreas diferentes evolucionaron cara a diferentes subespecies: Pusa hispida hispida. Atópase nas costas árticas de Europa, Rusia, Canadá e Alaska, incluindo as illas de Nova Zembla, Svalbard, Groenlandia e de Baffin. Pusa hispida ochotensis. Vive en Kamchatka, no Mar de Ojotsk e ata 35° latitude norte, a lo longo da costa do Pacífico do Xapón. Pusa hispida botnica. Vive no Mar Báltico, maiormente no Golfo de Botnia, pero tamén hai pequenas poboacións, en perigo de extinción, no Golfo de Finlandia e no Golfo de Riga. Pusa hispida ladogensis. Atópase no Lago Ladoga. Pusa hispida saimensis. Só se atopa no Lago Saimaa, en Finlandia. É unha das focas máis amenazadas, cunha poboación total duns 380 individuos.
  • 32. Nerpa ou foca do lago Baikal (Pusa sibirica). É endémica do lago Baikal. Son as focas máis pequenas e das máis lonxevas (ata 56 anos as femias). Miden entre 130 e 140 cm e pesan arredor dos 70 kg. Aliméntanse de peixes e de invertebrados. As crías nacen enriba do xeo do lago, miden entre 60 e 70 cm e pesan preto de 5 kg. As femias maduran entre os 3 e os 6 anos e os machos entre os 4 e os 7.
  • 33. foca do Caspio (Pusa caspica).​ Vive exclusivamente en augas pouco profundas das costas e illas rochosas do mar Caspio. Os adultos miden ata 1,5 metros de longo e pesan entre 50 y 86 kg, os machos son máis grandes e robustos que as femias. Son animais gregarios e pasan moito tempo en grandes colonias. Aliméntanse de peixes. Maduran entre os 5 (as femias) e os 7 anos (os machos). As crías nacen co pelo branco e pesan uns 5 kg.
  • 34. Foca pía ou foca de Groenlandia (Pagophilus groenlandicus). É o único representante do xénero Pagophilus. Vive no Océano Atlántico Norte e no Océano Glacial Ártico. Os machos poden medir de 1,70 a 2 m de longo e pesar entre 140 e 190 kg, as femias un pouco menos. Os cachorros pesan uns 10 kg ao nacer e chegan aos 30 kg en sólo doce días. Pode vivir máis de 35 anos. Aliméntase de peixes e invertebrados As crías nacen con pelo de cor amarelenta que uns días despois pasa a ser branca. A os 12 días comeza a mudar á cor definitiva. O intervalo dos 3 aos 12 días e cando son cazadas para sacárllela pel.
  • 35. Foca enfaixada ou foca listada (Histriophoca fasciata). É o único integrante do xénero Histriophoca. Atópase nas costas do Océano Pacífico próximas ao Ártico, no mar de Bering e no mar de Okhotsk. Mide arredor de 1,6 m e pode pesar uns 90 kg. Aliméntase de peixes e luras.
  • 36. Foca gris (Halichoerus grypus). É a única especie do xénero. Vive en augas do Atlántico norte. Atópase pola fachada atlántica de Europa, desde a Península escandinava ao norte de Francia, e pola costa leste de Canadá e o norte dos Estados Unidos. Ademais das costas do Reino Unido, Irlanda, o Mar Báltico e Islandia. Os machos poden acadar os 3 m de longo e pesan entre 170 e 310 kg, 400 kg os máis grandes. As femias chegan aos 2 m e poden pesar de 100 a 200 kg. Recoñécense 2 subespecies: H. grypus grypus e H. grypus macrorhynchus, do mar Báltico
  • 38. Morsa (Odobenus rosmarus). Vive nos mares árticos. Os machos miden entre 2,7 e 3,6 m e pesan entre 800 e 1700 kg, as femias miden entre 2,3 e 3,1 m e pesan entre 400 e 1200 kg. Os exemplares máis grandes son os da subespecie do Pacífico. Teñen unha pel grosa, de entre 2 e 4 cm de espesor, cuberta de pelo a non ser nas aletas. Tanto machos como femias teñen dentes cairos de ata un metro de longo. Aliméntase de moluscos, maiormente ameixas, e outros invertebrados, Acadan a madurez entre os 6 e os 9 anos. As femias teñen unha cría que pode pesar entre 45 e 75 kg e mama ata case os dous anos. Poden vivir ata 40 anos. Recoñécense dúas subespecies: A morsa atlántica (Odobenus rosmarus rosmarus) que se atopa desde o Ártico canadiano ao mar de Kara. A morsa do Pacífico (Odobenus rosmarus divergens) que se atopa ao norte do océano Pacífico, desde o mar oriental de Siberia ata o mar de Láptev.
  • 39. As imaxes son collidas da “rede”. Agradézolle aos autores poder dispoñer delas e agardo saiban desculpar o uso que lles din. Remate da terceira parte