SlideShare a Scribd company logo
1 of 135
Sapoconchos III
MonDaporta AS LIDEIRAS DE ROQUE
COUSIÑAS FEITAS NA CASA
tartaruga boba papuana, tartaruga de Ramsay ou sapoconcho de nariz de porco
(Carettochelys insculpta). Vive, en ríos pouco fondos de curso lento, no sur de Nova Guiné e
no norte de Australia. Pode medir ata 60 cm e pesar 24 kg. É omnívora.
Sapoconcho alado de Nubia (Cyclanorbis elegans). Vive en ríos de curso lento e pantanos
ao sur do Sahara, entre Sudán e Ghana. Pode medir ata 60 cm.
Sapoconcho alado do Senegal (Cyclanorbis senegalensis). Vive en ríos, regatos e lagos dos
bosques do centro de África ao sur do Sahara, entre Sudán e Ghana. Pode medir ata 50 cm.
Tartaruga alada de Aubry (Cycloderma aubryi). Vive nos cursos de auga dos bosques
chuviosos do centro de África. Pode medir ata 55 cm. )
tartaruga alada do Zambeze (Cycloderma frenatum). Vive ríos, regatos e pantanos da
cunca dos ríos Rufiji (Tanzania) e Save (Mozambique e Zimbabwe suroriental).mide ata
56 cm. É carnívora. Pon ata 25 ovos que tardan case un ano en eclosionar.
tartaruga alada da Iindia (Lissemys punctata). Atópase polo sur de Asia en lagos, canles,
pantanos e pozas temporais de augas pouco fondas. Pode medir entre 24 e 37 cm de longo.
É omnívora. Pon, 2 ou 3 veces ao ano, entre 2 e 15 ovos. Fanse adultas entre os 2 e os 3
anos de vida. Recoñécense 3 subespecies: L. p. punctata, do sur da India (Kerala e Tamil
Nadu); L. p. andersoni, do norte da área de distribución (Bangladesh, norte da India,
Myanmar, Nepal e Pakistan; e L. p. vittata, do centro da India.
tartaruga alada de Myanmar (Lissemys scutata). Atópase nas cuncas dos ríos Irrawaddi e
Salween, en Myanmar, e no oeste Thailandia. Pode medir ata 37 cm. Aliméntase de animais
e de vexetais.
tartaruga de cuncha branda asiática (Amyda cartilaginea). Vive en rios e pantanos de
Indochina e nas illas máis grandes de Indonesia: Java, Borneo e Sumatra. Pode medir máis de
70 cm de lonxitude e pesar entre l 30 e 40 kg. É carnívora. Pon, 3 ou 4 veces ao ano, de 4 a
10 ovos que eclosionan pasados os catro meses
Amyda nakornsrithammarajensis. É endémica de Tailandia
Sapoconcho de cuncha branda de Cuatro Ciénegas (Apalone ater). Só se coñece na zona de
Cuatro Ciénegas, no estado mexicano de Coahuila. Atópase en perigo crítico de extinción.
Sapoconcho de cuncha branda de Florida (Apalone ferox ). Vive en lagos, estanques e
augas de corrente lenta ,con fondos lamacentos e vexetación abundante, de Florida e
algunhas localidades dos estados lindantes (EE. UU.). Pode acadar os 45 cm de longo.
Aliméntase de outros animais. Pon, dúas veces ao ano, de 5 a 25 ovos que eclosionan nuns
3 meses.
Sapoconcho de cuncha branda lisa (Apalone mutica). Natural de ríos e regatos de curso
lento, lagos, canles, pantanos e encoros do centro dos Estados Unidos, desde Ohio e
Minnesota ata u oeste de Florida e Texas. Poden medir ata 22 cm (as femias) e uns 17 (os
machos). É carnívoro. Pon de 3 30 ovos que eclosionan aos 3 meses.
Sapoconcho de cuncha branda espiñento (Apalone spinifera). Atópase en lagos, estanques
e augas de corrente lenta con fondos lamacentos e vexetación abundante de gran parte dos
EE.UU., Ontario e Quebec, no Canadá, e varios estados do norte de México. As femias poden
medir ata 50 cme os machos ata 25 cm. É carnívoro. Pon de 5 a 25 ovos que eclosionan aos
3 meses. Recoñécense varias subespecies: A. s. aspera, A. s. emoryi, A. s. guadalupensis, A.
s. hartwegi, A. s. pallida e A. s. spinifera
Exemplares da subespecie spinifera
Sapoconcho birmano de cuncha branda ou tartaruga pavo real birmana (Nilssonia formosa).
Só se atopa nos ríos Irrawaddy, Sittang e Salween, en Myanmar. Pode medir uns 65 cm.
Sapoconcho de cuncha branda da India (Nilssonia gangetica). Atópase en ríos, canles,
lagos e encoros de fondos lamacentos, nas cuncas dos ríos Ganxes, Indo e Mahanadi, en
Pakistan, o norte da India, Bangladesh e no sur do Nepal. Pode medir ata case 1 m de
lonxitude. Pon ata máis de 40 ovos que tardan uns 10 meses en eclosionar.
Sapoconcho de cuncha branda da India (Nilssonia hurum). Vive nas cuncas dos ríos Ganges,
Brahmaputra e Subarnareka, no norleste da India, o Nepal e Bangladesh. Pode medir ata 60
cm de lonxitude. Aliméntase de pequenos animais.
Sapoconcho de cuncha branda de Leith ou sapoconcho de cuncha branda de Nagpur
(Nilssonia leithii). Atópase en ríos e estanques de fondo lamacento do sur da India.
Pode medir máis de 60 cm.
Sapoconcho negro de cuncha branda ou tartaruga Bostami (Nilssonia nigricans). Vive
nunha pequena zona do curso baixo do río Brahmaputra entre a India e Bangladesh. Só
se coñecen dúas pequenas poboacións en libertade e un par de centos de exemplares
que viven nun estanque de propiedade privada.
sapoconcho asiático de cuncha branda e cabeza estreita ou chitra asiatica (Chitra chitra).
Vive nas cuncas dos grandes ríos de auga limpa e fondo de area do surleste asiático, sur de
Tailandia e oeste de Malasia continental e nas illas de Xava e Sumatra. Pode acadar 1 m de
longo. É carnívora. Pon de 60 a 170 ovos. recoñécense 2 subespecies: C. c. chitra, de Malasia
e Thailandia, e C. c. javanensis, das illas de Indonesia, Sumatra e Xava.
Xuvenil de Chitra chitra
Exemplar da subespecie javanensis de máis
de 1,5 m de lonxitude
Sapoconcho indio de cuncha branda e cabeza estreita ou chitra da India (Chitra indica) vive
nos principais ríos de Pakistán e da India.
Sapoconcho birmano de de cuncha branda e cabeza estreita ou chitra birmana (Chitra
vandijki). Atópase nas cuncas dos ríos Ayeyarwady e Chindwin, en Myanmar. Pode medir
máis de 1 m de longo e pesar ata 100 kg.
Sapoconcho malaio de cuncha blanda (Dogania subplana). Vive en Malasia, Myanmar e
nas grandes illas do surleste asiático de Indonesia e nas do sur de Filipinas. Pode medir máis
de 30 cm de longo. É carnívora. Pon 3 ou 4 niñadas de 3 a 7 ovos que eclosionan aos 3
meses.
Sapoconcho de cuncha branda de pescozo carunculado (Palea steindachneri). É orixinaria
do surleste da China, da illa de Hainan e do norte de Vietnam e foi introducida en illas de
Hawai (Kauai e Oahu) e en Mauricio. Pode pasar dos 80 cm de lonxitude e pesar máis de
40 kg.
Sapoconcho xigante de cuncha branda de Nova Guiné (Pelochelys bibroni). Atópase en ríos,
lagos, pantanos e ata en áreas salobres preto da costa do sur da illa de Nova Guiné. Pode
medir ata 1m de lonxitude.
Sapoconcho de cuncha branda de Cantor (Pelochelys cantorii). Atópase polo sur e o surleste
de Asia, incluídas as illas, da india ás Filipinas. Pode medir máis de 1 m e acadar os 50 kg.
Sapoconcho de cuncha branda de Nova Guiné septentrional (Pelochelys signifera). Só se
atopa nos ríos, lagos e pantanos da chaira do norte da illa de Nova Guiné, en Indonesia.
Sapoconcho de cuncha branda de Hunan (Pelodiscus axenaria). Só se atopa nas provincias
chinesas de Guangxi e Hunan.
Sapoconcho chinés de cuncha branda do norte ou sapoconcho de cuncha branda do Amur
(Pelodiscus maackii). Atópase no norleste da China, na cunca do río Amur, en Rusia, e en
Corea do Norte e do Sur.
Sapoconcho chinés de cuncha branda pequeno (Pelodiscus parviformis). Atópase en ríos
de augas limpas do surleste da China. Mide uns 15 cm.
Sapoconcho de cuncha branda chinés (Pelodiscus sinensis). Vive en lagos, estanques e
correntes lentas con abundante vexetación de Mongolia, China, Taiwan, Xapón e Hawai, e ata
aparece no río Amur en Rusia.
Sapoconcho de cuncha branda do Éufrates (Rafetus euphraticus). Habita en ríos e regatos
de fondo lamacento e pouca corrente da cunca dos ríos Tigris e Éufrates, desde o sulreste
de Turquía ata Irán. Pode medir máis de 60 cm de lonxitude.
Sapoconcho de cuncha branda de Shanghai ou tartaruga de Swinhoe (Rafetus swinhoei.
Orixinario de China e do norte do Vietnam. Só quedan tres exemplares, xa vellos, en
cautividade en China. Poden medir máis de 1 m de lonxitude e pesar ata 100 kg.
Sapoconcho de cunha branda do Nilo ou africano (Trionyx triunguis). Atópase en lagos,
lagoas, ríos de pouca correente de Oriente Medio, desde Turquía, e por gran parte de
África. Poden medir de 50 a 80 cm de lonxitude e pesar ata 40 kg (os machos son máis
pequenos e non adoitan pasar dos 25 kg). Aliméntase de animais.
sapoconcho cabezón do Pantanal ou tartaruga canaleta paraguaia (Acanthochelys
macrocephala). Vive en regatos lentos, pantanos e ata pozas temporais do centro de América
do Sur, no leste de Bolivia, o suroeste do Brasil, el oeste del Paraguai. Mide entre 15 e 20 cm e
pode pesar 1 kg. Aliméntase de invertebrados.
Sapoconcho chaqueño ou tartaruga chata de peito amarelo (Acanthochelys pallidipectoris).
Vive no norte da Arxentina, en Salta, Formosa, Chaco e Santa Fe. Mide uns 17 cm. aliméntase
de pequenos animais.
sapoconcho radiado ou tartaruga canaleta brasileira (Acanthochelys radiolata). Vive nas
terras baixas da mata atlántica do centroleste e do leste do Brasil.
Sapoconcho oriental ou tartaruga canaleta oriental (Acanthochelys spixii). Vive en lagoas
pequenas e pouco fondas rodeadas de vexetación, e pozas ás beiras dos camiños, do leste
de América do Sur, leste do Brasil, Uruguai e norleste da Arxentina. Pode medir uns 17 cm.
Sapoconcho de pescozo de serpe de Cann (Chelodina canni). Vive no norleste de Australia.
Sapoconcho de pescozo de serpe de Gunalen (Chelodina novaeguineae). Vive nos ríos e nas
pozas da selva con abundante vexetación do norleste de Australia, Indonesia e Papúa Nova
Guiné. Fai postas de 15 a 20 0vos que eclosionan pasados entre 3 e 5 meses.
Exemplar xuvenil
Sapoconcho de pescozo de serpe oriental (Chelodina longicollis). Atópase no surleste de
Australia. Pode medir ata 28 cm. Pon, 2 ou 3 veces ao ano, de 2 a 10 ovos que eclosionan aos
5 meses. Deféndese producindo un cheiro desagradable.
Sapoconcho de pescozo de serpe da illa ou sapoconcho de pescozo de serpe de McCord
(Chelodina mccordi). Vive en pantanos e arrozais. Pode medir entre 18 e 24 centímetros. Pon,
ata 3 veces ao ano, entre 8 e 14 ovos que eclosionan aos catro meses. Recoñécense 2
subespecies: C. m. timorensis, do Timor Oriental, e C. m. roteensis, da illa de Roti. As
poboacións que se coñecen viven nunha área de só 70 km².
Sapoconcho de pescozo de serpe de Reimann (Chelodina reimanni). Vive en Indonesia e,
posiblemente, en Papúa Nueva Guinea .
sapoconcho de pescozo de serpe de Pritchard (Chelodina pritchardi). É endémico de Papúa
Nova Guiné onde só se coñece unha localización. Pode medir ata 22 cm de longo.
Sapoconcho de Steindachners (Chelodina steindachneri). Vive no oeste de Australia. Pode
medir ata 38 cm e pesar case 1 kg.
Sapoconcho de pescozo longo de Arnhem (Chelodina ou Macrochelodina burrungandjii).
Vive en pozas das áreas rochosas das zona de Arnhem Land no norte de Australia. Pode medir
ata 30 cm.
Sapoconcho de pescozo de serpe xigante (Chelodina ou Macrochelodina expansa). Vive en
ríos e outras masas de auga permanente do surleste e do centroleste de Australia. Pode
medir máis de 40 cm. É carnívoro. Pon de 5 a 25 ovos que tardan máis de un ano en
eclosionar.
Sapoconcho de pescozo longo de Kuchling (Chelodina (Macrochelodina) kuchlingi). É
endémica de Australia
Sapoconcho de pescozo de serpe de Parker (Chelodina parkeri ). Atópase na illa de Papúa
Nova Guiné.
Sapoconcho de pescozo de serpe do norte de Australia (Chelodina oblonga). Vive en ríos de
pouca corrente, pantanos e pozas do norte de Australia. Pode medir ata 30 cm. É carnívoro.
Pon, dúas veces ao ano, de 4 a 20 ovos que eclosionan pasados uns 6 meses
Sapoconcho de pescozo de serpe de Kimberley (Chelodina ou Macrochelodina walloyarrina).
É endémico de Kimberley no oeste de Australia.
Sapoconcho de peito estreito e pescozo de serpe (Chelodina ou Macrochelodina colliei). Vive
en augas do norte de Australia. Pode medir ata 30 cm.
matamata (Chelus fimbriata). Vive en ríos lentos, lagoas e pantanos de augas pouco
profundas, dos bosques tropicais do leste de Perú, Bolivia, Ecuador e Colombia, do sur de
Venezuela e das Guayanas e do norte e do centro do Brasil. Pode medir ata 45 cm de longo. É
carnívora. Pon de 10 a 20 ovos que eclosionan pasados 6 ou 7 meses.
Sapoconcho chascador do sur (Elseya albagula). É orixinario do surleste de Australia. Pode
medir ata 45 cm. É herbívoro.
Sapoconcho chascador de Branderhorst (Elseya branderhorsti). Vive na illa de Nova Guiné,
entre os territorios de Indonesia e Papúa Nova Guiné.
Sapoconcho chascador de ventre amarelo (Elseya flaviventralis). Só se atopa en Arnhem
Land, no norte de Australia.
Sapoconcho de Irwin (Elseya irwini) . Só se atopa no sistema do río Broken-Bowen e no tramo
inferior do río Burdekin, en Queensland, Australia.
Sapoconcho chascador do Golfo ou tartaruga dos Lavarack (Elseya lavarackorum). Só se
atopa nos ríos que desaugan no Golfo de Carpentaria, no norte de Australia. Pode medir ata
35 cm. Aliméntase, maiormente de vexetais.
Sapoconcho de Nova Guiné occidental ou tartaruga mordedora de Nova Guiné (Elseya
novaeguineae ou Elseya dacelo). Só se atopa nos ríos da badia de Cenderawasih, no oeste da
illa de Nova Guiné, e na illa de Waigeo (Indonesia)
Sapoconcho do sur de Nova Guiné (Elseya rhodini). Atópase en regatos que desembocan nos
ríos do sur da cordilleira central de Nova Guiné.
Sapoconcho mordedor de Schultze (Elseya schultzei). É endémico do norte das serras
centrais de Nova Guiné, Papúa e Indonesia.
Sapoconcho do río Mary (Elusor macrurus). Só se atopa en regatos ben oxixenados da cunca
do río Mary, no surleste de Queensland , Australia. Pode acadar máis de 50 cm. Aliméntase
de animais e vexetais. Está en perigo de extinción.
Sapoconcho do río Murray (Emydura macquarii). Atópase nos ríos de case todo o leste de
Australia. Recoñécense varias subespecies: E m. macquarii, da cunca do río Murray, E. m.
krefftii, de Cabo Yiork a illa Fraser, E. m. nigra, da illa Fraser, e E. m. emmotti, do suroeste de
Queensland.
Sapoconcho de ventre vermello (Emydura subglobosa). vive en ríos, estanques, lagos e
charcas con vexetación en zonas próximas á costa de Papúa Nova Guiné e no norte de
Australia. Pode medir entre 24 e 28 cm. aliméntase de pequenos animais Habita. Pon de 5 a
10 ovos que eclosionan pasados entre 2 e 3 meses.
Sapoconcho de cara amarela (Emydura tanybaraga). Vive en ríos, regatos e masas de auga
de gran parte do norte de Australia.
Sapoconcho de cara vermella (Emydura victoriae). Vive en ríos, regatos e masas de auga
de gran parte do norte de Australia.
cagado da Serra ou sapoconcho brasileiro de pescozo de serpe (Hydromedusa maximiliani).
É endémico do surleste do Brasil onde vive nos regatos pouco fondos de augas limpas. Pode
medir entre 10 e 20 cm e pesar de 120 a 500 g.
sapoconcho de pescozo de serpe da Arxentina ou cagado pescoço de cobra (Hydromedusa
tectifera). Atópase no sur do Paraguai, no norleste da Arxentina, no sur do Brasil, e no
Uruguai. Pode medir ata 28 cm.
Sapoconcho de Geoffroy, sapoconcho de pescozo de serpe de Geoffroy ou sapoconcho
cabeza de sapo de Geoffroy (Phrynops geoffroanus). Habita en ambientes acuáticos
rodeados de selva do norte e do centro de América do Sur ao leste dos Andes desde Guiana
ao norte da Arxentina. Pode medir ata 35 cm. Aliméntase de animais. Pon niñadas de 10 a 20
ovos que eclosionan pasados uns 4 meses.
Sapoconcho sudamericano de regato, tartaruga de lagoa ou tartaruga campaíña
(Phrynops hilarii). Vive en lagos e lagoas de aguas tranquilas con abundante vexetación
acuática. Pode medir ata 40 cm. Pon ata 40 ovos que eclosionan entre os 2 e os 3 meses.
Sapoconcho cabeza de sapo do río Cotinga (Phrynops tuberosus). Atópase pola Amazonia de
Colombia, Venezuela, as Guaianas, Brasil, Perú, Ecuador, Bolivia e Paraguai.
Exemplar xuvenil
Sapoconcho de ferradura (Phrynops williamsi). Habita nos regatos de fondo rochoso,
rodeados de selva, das cuncas dos ríos Uruguai e Paraná no sur do Brasil, o leste do
Paraguai, o norleste da Arxentina e no Uruguai.
Sapoconcho torcecolo ou charapita de aguajal (Platemys platycephala). Vive en ríos,
augas estancadas e zonas pantanosas achegadas a cursos de agua da cunca do Amazonas
en Venezuela, Ecuador, Colombia, Perú, Bolivia, Guiana, Surinam, Guiana francesa e o
Brasil, pode medir ata 18 cm de longo. É carnívoro. Pon de 4 a 6 ovos que eclosionan entre
os 4 e os 6 meses despois da posta. Recoñécense 2 subespecies: P.p. melanonota, do Perú
e Ecuador, e P.p. platycephala, do resto da área.
Sapoconcho de pantano occidental (Pseudemydura umbrina). É endémica de Australia..
Pode medir ata 13 cm e pesar uns 150 gr (é o máis pequeno da súa familia). Aliméntase de
pequenos animais. É carnívoro. Pon de 3 a 5 ovos que eclosionan aos 5 ou 6 meses. Está
gravemente amenazado.
Sapoconcho do río Fitzroy (Rheodytes leukops). Só se atopa nas zonas de rápidos do río
Fitzroy no surleste de Queensland, Australia. Aliméntase de insectos acuáticos.
Sapoconcho carrancho, tartaruga carranchina, carrancha, nuca palmeira ou pescozo torto
(Mesoclemmys dahli). Vive en regos, humidais, pantanos e lagoas dos bosques secos
tropicais e sabanas das cuncas dos ríos colombianos que desembocan no Caribe. Pode
pasar dos 20 cm. É carnívoro. Produce un olor desagradable para defenderse.
Mesoclemmys gibba . Atópse en pantanos e lagoas con vexetación da selvas da metade
norte da cunca do Amazonas. Mide ata 23 cm. É carnívoro.
Mesoclemmys heliostemma. Vive en Venezuela, Ecuador, Perú e o Brasil.
Sapoconcho de Hoge (Mesoclemmys hogei ou Ranacephala hogei). É endémico das cuncas
dos ríos do surleste do Brasil.
(Mesoclemmys nasuta). É endémico das Guyanas.
Mesoclemmys perplexa. Só se atopa no norleste do Brasil.
Mesoclemmys raniceps. Atópase ao leste da Amazonía.
Mesoclemmys tuberculata. É endémica de pantanos, lagoas e correntes lentas da cunca do
río San Francisco do norleste do Brasil. Pode acadar os 30 cm de longo. É carnívoro.
Sapoconcho de cabeza de sapo (Mesoclemmys vanderhaegei ou Bufocephala
vanderhaegei). Habita en ambientes acuáticos do centro de Sudamérica, desde Bolivia, por
Brasil, ao nordeste da Arxentina e o norte do Uruguai .
Sapoconcho cabezón de Zulia (Mesoclemmys zuliae). É endémico do suroeste da cunca do
lago de Maracaibo, Venezuela onde só se atopa nas áreas pantanosas das "Ciénagas de
Juan Manuel". Poden medir entre 20 e 30 cm (as femias son máis grandes ca os machos)
Sapoconcho de Dahl ou Tartaruga carranchina (Batrachemys dahli). Endémico de Colombia.
Pode medir ata 21 cm.
Sapoconcho de patas vermellas (Rhinemys rufipes). Vive en Colombia e, posiblemente, en
áreas fronteiras do Perú e o Brasil.
Sapoconcho de cuncha de serra (Myuchelys latisternum). Atópase en ríos, regatos, pantanos
e lagoas do leste de Australia. Asfemias, moito máis grandes ca os machos, poden medir ata
28 cm de lonxitude. É carnívoro. Ten niñadas de 9 a 36 ovos que eclosionanen aos 2 meses
Sapoconcho do río Bellinger (Myuchelys georgesi). Só se atopa en pozas fondas de augas
claras co fondo rochoso ou de grava nas partes altas dos ríos da cunca do río Bellinger en
Nova Gales do Sur, Australia. Pode medir de 20 a 25 cm.
Sapoconcho mordedor do río Namoi (Myuchelys bellii). É endémico de Nova Gales do Sur,
Australia.
Pelomedusa barbata. É endémica do Iemen. Mide ata 21 cm.
Pelomedusa galeata. Só se atopa en Sudáfrica. Mide ata 26 cm.
Pelomedusa gehafie. Só se atopa en Eritrea. Mide ata 18 cm.
Pelomedusa kobe.É endémica de Tanzania. Pode medir ata 16 cm.
Pelomedusa neumanni. É endémica de Kenia. Pode medir ata 19 cm.
Pelomedusa olivacea. Atópase polo centrooeste de África, entre o Sahara e o Ecuador
(Burkina Fasso, Benin, Nixeria, Níxer e o Senegal). Mide ata 17 cm.
Pelomedusa schweinfurthi. Só se atopa na República Centroafricana. Mide ata 15 cm.
Pelomedusa somalica. Só se atopa en Somalia. Mide ata 16 cm.
Sapoconcho de pescozo doblado africano ou tartaruga con casco africana (Pelomedusa
subrufa). Atópase en masas de auga corrente e estancada de Angola , Botswana, Malawi,
Namibia, Rep. Dem. do Congo e Tanzania. Mide entre 14 e 20 cm. É omnívoro. Pon de 2 a 10
ovos que eclosionan entre os 2 e os 3 meses despois da posta. Co nome desta especie
nomeábanse todas as demais especies do xénero Pelomedusa.
Pelomedusa variabilis. É endémica de Ghana e Costa do Marfil. Mide ata 24 cm.
Sapoconcho da lama de Adanson (Pelusios adansonii). Atópase por toda África central, entre
o Sahara e o Ecuador. Pode medir ata 23 cm.
Sapoconcho da lama do Okavango (Pelusios bechuanicus). Vive en augas claras, profundas e
tranquilas, en correntes e pantanos con moita vexetaciónes da cunca do río Okawango en
Angola, el Namibia, Botswana, Zimbabwe e Zambia. É carnívoro.
Sapoconcho da lama do lago Turkana (Pelusios broadleyi). É endémico do sur do lago
Turkana, en Kenia.
Sapoconcho da lama aquillado (Pelusios carinatus). Só se atopa na cunca do río Congo e no
Gabón.
Sapoconcho de pantano de África Occidental (Pelusios castaneus). Atópase por toda
África occidental do Senegal a Angola, e nas illas de Cabo Verde e Príncipe.
Sapoconcho da lama de ventre amarelo (Pelusios castanoides). Atópase no surleste de
África, en Madagascar e nas Seychelles.
Sapoconcho da lama de África Central (Pelusios chapini). É endémico de África central,
República Centroafricana, República Democrática do Congo, República do Congo, Gabón e
Uganda.
Sapoconcho da lama de Costa de Marfil (Pelusios cupulatta). É endémico de Costa de Marfil,
Benin, Ghana, Liberia, Sierra Leona e Togo en África.
Sapoconcho de bosque africano (Pelusios gabonensis). Vive nas áreas de selva ecuatorial de
África, entre o Camerún, Angola e Uganda.
Pelusios marani. Atópase en Gabón e na República do Congo.
Sapoconcho da lama anano (Pelusios nanus). Atópase en Angola, a República Democrática
do Congo, Malawi e Zambia
Sapoconcho negro de África occidental (Pelusios niger). Habita en pozas permanentes das
sabanas, así como en lagos, lagoas e ríos de corrente lenta do oeste de África, de Serra Leona
a Angola. Os machos, máis grandes, poden medir ata 35 cm e pesar máis de 4 kg e as femias
non pasan dos 25 cm. É omnívoro con preferencia polo alimento animal. Pon arredor de 10
ovos que eclosionan aos 3 meses.
Sapoconcho da lama variable (Pelusios rhodesianus). Vive en masas de auga de toda África
ao sur do Ecuador
Sapoconcho das Seychelles (Pelusios seychellensis). É endémico das illas Seychelles. Mide uns
16 cm.
tortuga acuática con bisagras serrado (Pelusios sinuatus). Vive en lagos e ríos da área
tropical de África Oriental. Pode chegar aos 55 cm. É, maiormente, carnívoro. Pon entre 7 e
25 ovos que eclosionan aos 3 meses. Para defenderse ten a cuncha do ventre articulada e
desprende mal olor.
sapoconcho negro de África oriental (Pelusios subniger). Vive en zonas tranquilas e con
moita vexetación de lagos, estanques e ríos de corrente lenta do leste de África, Madagascar
e das Seychelles. Pode medir ata 40 cm. É maiormente carnívora. Pon de 5 a 40 ovos que
eclosionan aos 3 meses. Recoñécense 2 subespecies: P.s. parietalis, das illas Seychelles, e P.s.
subniger, do leste de África e de Madagascargar.
Sapoconcho da lama de Williams (Pelusios williamsi). Atópase na zona dos grandes lagos
do centro de África, na República Democrática do Congo, Kenia, Tanzania e Uganda.
Recoñécense 3 subespecies: P. w. williamsi, do Lago Victoria, P. w. laurenti, da Illa Ukerewe,
e P. w. lutescens ou sapoconcho de Albert Nile.
sapoconcho de cabeza grande de Madagascar (Erymnochelys madagascariensis). Vive en
ríos lentos e lagos das tierras baixas do oeste de Madagascar.
Sapoconcho cabezón amazónico (Peltocephalus dumerilianus). Habita en lagos, pantanos e
ríos da selva tropical dos ríos Amazonas e Orinoco. Pode medir ata 50 cm e pode pesar máis
de 8 kg. É omnívoro. Pon de 7 a 25 ovos que eclosionan pasados os 3 meses.
Sapoconcho de río de pintas vermellas ou Chimpire (Podocnemis erythrocephala). Vive nos
grandes ríos e lagos da Amazonia.
sapoconcho xigante sudamericano, charapa de Arrau (Podocnemis expansa). Vive na cunca
do Amazonas. Pode medir ata 1 m. Aliméntase de vexetais.
Sapoconcho do río Magdalena (Podocnemis lewyana). Vive nas cuncas dos ríos
Magdalena, Cauca, Sinú, e San Jorge, en Colombia. Pode medir ata 44 cm. É omnívoro.
sapoconcho amazónico ou cupiso (Podocnemis sextuberculata). Vive na cunca amazónica
do sur de Colombia, norleste do Perú e norte do Brasil. Pode chegar aos 30cm e pesar entre
1,5 e 3 kg. Pon entre 6 e 25 ovos que eclosionan entre 1,5 e 2 meses.
Sapoconcho terecai (Podocnemis unifilis). Vive en pozas,pantanos e regos das cuncas dos ríos
Orinoco e Amazonas y todos sus afluentes Venezuela, Colombia, Guyana, Surinam, Guyana
Francesa, Ecuador, algunas zonas de Perú, Bolivia y sobretodo en Brasil puede llegar a medir
entre 35 y 68 cm una especie omnívora.unos 10-35 huevospasados 60-80 días
sapoconcho sabaneiro, Tartaruga de río sabanera ou charapa (Podocnemys vogli). É
endémico da cunca do Orinoco, en Colombia e Venezuela. Pode chegar aos 36 cm.
tartarugas mariñas
tartaruga boba, tortuga caguama, cayume ou cabezona (Caretta caretta). Vive nos océanos
Atlántico, Pacífico e Índico, e no mar Mediterráneo. Miden ata 1 m de longo e pesan máis de
130 kg de promedio. É omnívora, alimentándose principalmente de invertebrados. Non se
reproducen todos os anos, e cando poñen fan varias postas por temporada. Fanse adultas
aos 15 ou 20 anos e poden vivir ata 60.
tartaruga bastarda ou tartaruga golfina (Lepidochelys kempii). Atópase no Océano
Atlántico, de Terranova a Venezuela, o Caribe e o Golfo de México. Pode medir de 60 a 90
cm e pesar uns 45 kg. Alikméntase de invertebrados. Fan ata tres postas, duns 100 ovos, por
temporada. Os ovos eclosionan pasados 1 mes e medio ou 2 meses. Fanse adultoas a partir
dos 7 anos.
tartaruga olivácea ou golfina (Lepidochelys olivacea). Atópase en case todos os mares
tropicais e subtropicais do mundo. Pode medir de 60 a 70 cm e pesar ata 100 kg. É omnívora.
Fai postas duns 80 ovos que eclosionan ao mes e medio.
tartaruga verde (Chelonia mydas). Vive nos mares tropicais e subtropicais de todo o
mundo, con dúas poboaciones distintas nos océanos Atlántico e Pacífico. Poden medir ata
1,60 m de lonxitude e pesar ata 200 kg. Os adultos son herbívoros, pero de novas comen
pequenos animais. Pon de 100 a 200 ovos que eclosionan entre o mes e medio e os dous
meses. Fanse adultas a partir dos 20 anos e poden vivir máis de 80 anos. Está recoñecida
como especie en perigo de extinción.
tartaruga preta (Chelonia agassizii). Vive en toda a costa do océano Pacífico de América,
desde Canadá ata Tierra del Fuego. Poden pesar máis de 120 kg. Aliméntase,
fundamentalmente, de algas. Non se reproduce todos os anos. Pon varias veces por
temporada uns 65 ovos que eclosionan aos 2 meses. Fanse adultas a partir dos 16 anos
tartaruga carei (Eretmochelys imbricata). Atópase, principalmente, en arrecifes de coral
tropicais dos océanos Índico, Pacífico e Atlántico. Poden medir de 60 a 90 cm de lonxitude e
pesar entre 50 e 80 kg. É omnívora, pero o principal alimento son as esponxas. Non crían
todos os anos. Poñen uns 150 ovos. fanse adultas a partir dos 20 anos e poden vivir máis de
50. Está en perigo crítico de extinción. Recoñécense 2 subespecies, Eretmochelys imbricata
imbricata, do océano Atlántico, e Eretmochelys imbricata bissa, dos océanos Índico e Pacífico.
tartaruga plana ou tartaruga mariña australiana (Natator depressus). Só se atopa nas
costas de arredor de Australia e as illas próximas. Pode medir ata algo máis de 1 m e pesar
de 100 a 150 kg. aliméntase de invertebrados e algunhas algas. Pon, non todos os anos, dúas
niñadas de 50 a 70 ovos que eclosionan ao mes e medio da posta. Son adultas a partir dos 10
anos.
tartaruga laúd, canal, cardón, baula ou tinglar (Dermochelys coriacea). Pódese atopar en
todos os océanos. Mide ata 2,3 metros e pode pesar máis de 600 kg, é a máis grande das
tartarugas actuais. Aliméntase de augamares. Non cría todos os anos, e cando o fai pon, dúas
veces, niñadas de ata 100 ovos, case a metade estériles. As crías saen aos 2 meses.
Rematei, por fin! Pensei que non daba acabado.
Xa case nin sei onde estou tanto ir de un a outro lado
As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias.
Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que
fixen delas.
Mon Daporta

More Related Content

What's hot

A galiña e os seus parentes II
A galiña e os seus parentes IIA galiña e os seus parentes II
A galiña e os seus parentes IIMonContos
 
Os limícolas 2
Os limícolas 2Os limícolas 2
Os limícolas 2MonContos
 
Anátidas (2)
Anátidas (2)Anátidas (2)
Anátidas (2)MonContos
 
Aves non voadoras
Aves non voadorasAves non voadoras
Aves non voadorasMonContos
 
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)MonContos
 
Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3) Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3) MonContos
 
O pardal.pps
O pardal.ppsO pardal.pps
O pardal.ppsMonContos
 
Especies invasoras animais
Especies invasoras animaisEspecies invasoras animais
Especies invasoras animaisMonContos
 
Morcego roque o chasco
Morcego roque o chascoMorcego roque o chasco
Morcego roque o chascoMonContos
 
Especies protexidas animais
Especies protexidas animaisEspecies protexidas animais
Especies protexidas animaisMonContos
 
Roque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. RulasRoque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. RulasMonContos
 
Os sapoconchos II
Os sapoconchos IIOs sapoconchos II
Os sapoconchos IIMonContos
 
Psitaciformes ii
Psitaciformes iiPsitaciformes ii
Psitaciformes iiMonContos
 
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesA protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesmonadela
 
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)MonContos
 
Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos IMonContos
 
Outros bechos voadores
Outros bechos voadoresOutros bechos voadores
Outros bechos voadoresMonContos
 

What's hot (20)

A galiña e os seus parentes II
A galiña e os seus parentes IIA galiña e os seus parentes II
A galiña e os seus parentes II
 
Os limícolas 2
Os limícolas 2Os limícolas 2
Os limícolas 2
 
Anátidas (2)
Anátidas (2)Anátidas (2)
Anátidas (2)
 
Aves non voadoras
Aves non voadorasAves non voadoras
Aves non voadoras
 
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
 
Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3) Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3)
 
O pardal.pps
O pardal.ppsO pardal.pps
O pardal.pps
 
Especies invasoras animais
Especies invasoras animaisEspecies invasoras animais
Especies invasoras animais
 
Morcego roque o chasco
Morcego roque o chascoMorcego roque o chasco
Morcego roque o chasco
 
Especies protexidas animais
Especies protexidas animaisEspecies protexidas animais
Especies protexidas animais
 
Roque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. RulasRoque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. Rulas
 
Gaivotas
GaivotasGaivotas
Gaivotas
 
Os sapoconchos II
Os sapoconchos IIOs sapoconchos II
Os sapoconchos II
 
Psitaciformes ii
Psitaciformes iiPsitaciformes ii
Psitaciformes ii
 
O merlo
O merloO merlo
O merlo
 
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesA protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
 
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
 
Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos I
 
Esquios II
Esquios IIEsquios II
Esquios II
 
Outros bechos voadores
Outros bechos voadoresOutros bechos voadores
Outros bechos voadores
 

Similar to Os sapoconchos III

Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)MonContos
 
Cocodrilos p
Cocodrilos pCocodrilos p
Cocodrilos pmonadela
 
Curuxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos ICuruxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos IMonContos
 
Gatos e demais parentes
Gatos e demais parentesGatos e demais parentes
Gatos e demais parentesMonContos
 
Morcego Roque, O Río
Morcego Roque, O RíoMorcego Roque, O Río
Morcego Roque, O RíoMonContos
 
Curuxas, mouchos e bufos II
Curuxas, mouchos e bufos IICuruxas, mouchos e bufos II
Curuxas, mouchos e bufos IIMonContos
 
Roque e raimundo coñecen bichos do mar
Roque e raimundo coñecen bichos do marRoque e raimundo coñecen bichos do mar
Roque e raimundo coñecen bichos do mariesasorey
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
O raposo (Morcego Roque)
O raposo (Morcego Roque)O raposo (Morcego Roque)
O raposo (Morcego Roque)MonContos
 
Especies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetaisEspecies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetaisMonContos
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesMonContos
 
Roque no mar
Roque no marRoque no mar
Roque no marMonContos
 

Similar to Os sapoconchos III (16)

Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
 
Crocodilos
Crocodilos Crocodilos
Crocodilos
 
Cocodrilos p
Cocodrilos pCocodrilos p
Cocodrilos p
 
Curuxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos ICuruxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos I
 
Gatos e demais parentes
Gatos e demais parentesGatos e demais parentes
Gatos e demais parentes
 
Morcego Roque, O Río
Morcego Roque, O RíoMorcego Roque, O Río
Morcego Roque, O Río
 
Peixes
PeixesPeixes
Peixes
 
Curuxas, mouchos e bufos II
Curuxas, mouchos e bufos IICuruxas, mouchos e bufos II
Curuxas, mouchos e bufos II
 
Roedores
RoedoresRoedores
Roedores
 
Roque e raimundo coñecen bichos do mar
Roque e raimundo coñecen bichos do marRoque e raimundo coñecen bichos do mar
Roque e raimundo coñecen bichos do mar
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
O raposo (Morcego Roque)
O raposo (Morcego Roque)O raposo (Morcego Roque)
O raposo (Morcego Roque)
 
O lobo
O loboO lobo
O lobo
 
Especies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetaisEspecies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetais
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentes
 
Roque no mar
Roque no marRoque no mar
Roque no mar
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
 

Os sapoconchos III

  • 1. Sapoconchos III MonDaporta AS LIDEIRAS DE ROQUE COUSIÑAS FEITAS NA CASA
  • 2. tartaruga boba papuana, tartaruga de Ramsay ou sapoconcho de nariz de porco (Carettochelys insculpta). Vive, en ríos pouco fondos de curso lento, no sur de Nova Guiné e no norte de Australia. Pode medir ata 60 cm e pesar 24 kg. É omnívora.
  • 3. Sapoconcho alado de Nubia (Cyclanorbis elegans). Vive en ríos de curso lento e pantanos ao sur do Sahara, entre Sudán e Ghana. Pode medir ata 60 cm.
  • 4. Sapoconcho alado do Senegal (Cyclanorbis senegalensis). Vive en ríos, regatos e lagos dos bosques do centro de África ao sur do Sahara, entre Sudán e Ghana. Pode medir ata 50 cm.
  • 5. Tartaruga alada de Aubry (Cycloderma aubryi). Vive nos cursos de auga dos bosques chuviosos do centro de África. Pode medir ata 55 cm. )
  • 6. tartaruga alada do Zambeze (Cycloderma frenatum). Vive ríos, regatos e pantanos da cunca dos ríos Rufiji (Tanzania) e Save (Mozambique e Zimbabwe suroriental).mide ata 56 cm. É carnívora. Pon ata 25 ovos que tardan case un ano en eclosionar.
  • 7. tartaruga alada da Iindia (Lissemys punctata). Atópase polo sur de Asia en lagos, canles, pantanos e pozas temporais de augas pouco fondas. Pode medir entre 24 e 37 cm de longo. É omnívora. Pon, 2 ou 3 veces ao ano, entre 2 e 15 ovos. Fanse adultas entre os 2 e os 3 anos de vida. Recoñécense 3 subespecies: L. p. punctata, do sur da India (Kerala e Tamil Nadu); L. p. andersoni, do norte da área de distribución (Bangladesh, norte da India, Myanmar, Nepal e Pakistan; e L. p. vittata, do centro da India.
  • 8. tartaruga alada de Myanmar (Lissemys scutata). Atópase nas cuncas dos ríos Irrawaddi e Salween, en Myanmar, e no oeste Thailandia. Pode medir ata 37 cm. Aliméntase de animais e de vexetais.
  • 9. tartaruga de cuncha branda asiática (Amyda cartilaginea). Vive en rios e pantanos de Indochina e nas illas máis grandes de Indonesia: Java, Borneo e Sumatra. Pode medir máis de 70 cm de lonxitude e pesar entre l 30 e 40 kg. É carnívora. Pon, 3 ou 4 veces ao ano, de 4 a 10 ovos que eclosionan pasados os catro meses
  • 10. Amyda nakornsrithammarajensis. É endémica de Tailandia
  • 11. Sapoconcho de cuncha branda de Cuatro Ciénegas (Apalone ater). Só se coñece na zona de Cuatro Ciénegas, no estado mexicano de Coahuila. Atópase en perigo crítico de extinción.
  • 12. Sapoconcho de cuncha branda de Florida (Apalone ferox ). Vive en lagos, estanques e augas de corrente lenta ,con fondos lamacentos e vexetación abundante, de Florida e algunhas localidades dos estados lindantes (EE. UU.). Pode acadar os 45 cm de longo. Aliméntase de outros animais. Pon, dúas veces ao ano, de 5 a 25 ovos que eclosionan nuns 3 meses.
  • 13. Sapoconcho de cuncha branda lisa (Apalone mutica). Natural de ríos e regatos de curso lento, lagos, canles, pantanos e encoros do centro dos Estados Unidos, desde Ohio e Minnesota ata u oeste de Florida e Texas. Poden medir ata 22 cm (as femias) e uns 17 (os machos). É carnívoro. Pon de 3 30 ovos que eclosionan aos 3 meses.
  • 14. Sapoconcho de cuncha branda espiñento (Apalone spinifera). Atópase en lagos, estanques e augas de corrente lenta con fondos lamacentos e vexetación abundante de gran parte dos EE.UU., Ontario e Quebec, no Canadá, e varios estados do norte de México. As femias poden medir ata 50 cme os machos ata 25 cm. É carnívoro. Pon de 5 a 25 ovos que eclosionan aos 3 meses. Recoñécense varias subespecies: A. s. aspera, A. s. emoryi, A. s. guadalupensis, A. s. hartwegi, A. s. pallida e A. s. spinifera Exemplares da subespecie spinifera
  • 15. Sapoconcho birmano de cuncha branda ou tartaruga pavo real birmana (Nilssonia formosa). Só se atopa nos ríos Irrawaddy, Sittang e Salween, en Myanmar. Pode medir uns 65 cm.
  • 16. Sapoconcho de cuncha branda da India (Nilssonia gangetica). Atópase en ríos, canles, lagos e encoros de fondos lamacentos, nas cuncas dos ríos Ganxes, Indo e Mahanadi, en Pakistan, o norte da India, Bangladesh e no sur do Nepal. Pode medir ata case 1 m de lonxitude. Pon ata máis de 40 ovos que tardan uns 10 meses en eclosionar.
  • 17. Sapoconcho de cuncha branda da India (Nilssonia hurum). Vive nas cuncas dos ríos Ganges, Brahmaputra e Subarnareka, no norleste da India, o Nepal e Bangladesh. Pode medir ata 60 cm de lonxitude. Aliméntase de pequenos animais.
  • 18. Sapoconcho de cuncha branda de Leith ou sapoconcho de cuncha branda de Nagpur (Nilssonia leithii). Atópase en ríos e estanques de fondo lamacento do sur da India. Pode medir máis de 60 cm.
  • 19. Sapoconcho negro de cuncha branda ou tartaruga Bostami (Nilssonia nigricans). Vive nunha pequena zona do curso baixo do río Brahmaputra entre a India e Bangladesh. Só se coñecen dúas pequenas poboacións en libertade e un par de centos de exemplares que viven nun estanque de propiedade privada.
  • 20. sapoconcho asiático de cuncha branda e cabeza estreita ou chitra asiatica (Chitra chitra). Vive nas cuncas dos grandes ríos de auga limpa e fondo de area do surleste asiático, sur de Tailandia e oeste de Malasia continental e nas illas de Xava e Sumatra. Pode acadar 1 m de longo. É carnívora. Pon de 60 a 170 ovos. recoñécense 2 subespecies: C. c. chitra, de Malasia e Thailandia, e C. c. javanensis, das illas de Indonesia, Sumatra e Xava. Xuvenil de Chitra chitra Exemplar da subespecie javanensis de máis de 1,5 m de lonxitude
  • 21. Sapoconcho indio de cuncha branda e cabeza estreita ou chitra da India (Chitra indica) vive nos principais ríos de Pakistán e da India.
  • 22. Sapoconcho birmano de de cuncha branda e cabeza estreita ou chitra birmana (Chitra vandijki). Atópase nas cuncas dos ríos Ayeyarwady e Chindwin, en Myanmar. Pode medir máis de 1 m de longo e pesar ata 100 kg.
  • 23. Sapoconcho malaio de cuncha blanda (Dogania subplana). Vive en Malasia, Myanmar e nas grandes illas do surleste asiático de Indonesia e nas do sur de Filipinas. Pode medir máis de 30 cm de longo. É carnívora. Pon 3 ou 4 niñadas de 3 a 7 ovos que eclosionan aos 3 meses.
  • 24. Sapoconcho de cuncha branda de pescozo carunculado (Palea steindachneri). É orixinaria do surleste da China, da illa de Hainan e do norte de Vietnam e foi introducida en illas de Hawai (Kauai e Oahu) e en Mauricio. Pode pasar dos 80 cm de lonxitude e pesar máis de 40 kg.
  • 25. Sapoconcho xigante de cuncha branda de Nova Guiné (Pelochelys bibroni). Atópase en ríos, lagos, pantanos e ata en áreas salobres preto da costa do sur da illa de Nova Guiné. Pode medir ata 1m de lonxitude.
  • 26. Sapoconcho de cuncha branda de Cantor (Pelochelys cantorii). Atópase polo sur e o surleste de Asia, incluídas as illas, da india ás Filipinas. Pode medir máis de 1 m e acadar os 50 kg.
  • 27. Sapoconcho de cuncha branda de Nova Guiné septentrional (Pelochelys signifera). Só se atopa nos ríos, lagos e pantanos da chaira do norte da illa de Nova Guiné, en Indonesia.
  • 28. Sapoconcho de cuncha branda de Hunan (Pelodiscus axenaria). Só se atopa nas provincias chinesas de Guangxi e Hunan.
  • 29. Sapoconcho chinés de cuncha branda do norte ou sapoconcho de cuncha branda do Amur (Pelodiscus maackii). Atópase no norleste da China, na cunca do río Amur, en Rusia, e en Corea do Norte e do Sur.
  • 30. Sapoconcho chinés de cuncha branda pequeno (Pelodiscus parviformis). Atópase en ríos de augas limpas do surleste da China. Mide uns 15 cm.
  • 31. Sapoconcho de cuncha branda chinés (Pelodiscus sinensis). Vive en lagos, estanques e correntes lentas con abundante vexetación de Mongolia, China, Taiwan, Xapón e Hawai, e ata aparece no río Amur en Rusia.
  • 32. Sapoconcho de cuncha branda do Éufrates (Rafetus euphraticus). Habita en ríos e regatos de fondo lamacento e pouca corrente da cunca dos ríos Tigris e Éufrates, desde o sulreste de Turquía ata Irán. Pode medir máis de 60 cm de lonxitude.
  • 33. Sapoconcho de cuncha branda de Shanghai ou tartaruga de Swinhoe (Rafetus swinhoei. Orixinario de China e do norte do Vietnam. Só quedan tres exemplares, xa vellos, en cautividade en China. Poden medir máis de 1 m de lonxitude e pesar ata 100 kg.
  • 34. Sapoconcho de cunha branda do Nilo ou africano (Trionyx triunguis). Atópase en lagos, lagoas, ríos de pouca correente de Oriente Medio, desde Turquía, e por gran parte de África. Poden medir de 50 a 80 cm de lonxitude e pesar ata 40 kg (os machos son máis pequenos e non adoitan pasar dos 25 kg). Aliméntase de animais.
  • 35. sapoconcho cabezón do Pantanal ou tartaruga canaleta paraguaia (Acanthochelys macrocephala). Vive en regatos lentos, pantanos e ata pozas temporais do centro de América do Sur, no leste de Bolivia, o suroeste do Brasil, el oeste del Paraguai. Mide entre 15 e 20 cm e pode pesar 1 kg. Aliméntase de invertebrados.
  • 36. Sapoconcho chaqueño ou tartaruga chata de peito amarelo (Acanthochelys pallidipectoris). Vive no norte da Arxentina, en Salta, Formosa, Chaco e Santa Fe. Mide uns 17 cm. aliméntase de pequenos animais.
  • 37. sapoconcho radiado ou tartaruga canaleta brasileira (Acanthochelys radiolata). Vive nas terras baixas da mata atlántica do centroleste e do leste do Brasil.
  • 38. Sapoconcho oriental ou tartaruga canaleta oriental (Acanthochelys spixii). Vive en lagoas pequenas e pouco fondas rodeadas de vexetación, e pozas ás beiras dos camiños, do leste de América do Sur, leste do Brasil, Uruguai e norleste da Arxentina. Pode medir uns 17 cm.
  • 39. Sapoconcho de pescozo de serpe de Cann (Chelodina canni). Vive no norleste de Australia.
  • 40. Sapoconcho de pescozo de serpe de Gunalen (Chelodina novaeguineae). Vive nos ríos e nas pozas da selva con abundante vexetación do norleste de Australia, Indonesia e Papúa Nova Guiné. Fai postas de 15 a 20 0vos que eclosionan pasados entre 3 e 5 meses. Exemplar xuvenil
  • 41. Sapoconcho de pescozo de serpe oriental (Chelodina longicollis). Atópase no surleste de Australia. Pode medir ata 28 cm. Pon, 2 ou 3 veces ao ano, de 2 a 10 ovos que eclosionan aos 5 meses. Deféndese producindo un cheiro desagradable.
  • 42. Sapoconcho de pescozo de serpe da illa ou sapoconcho de pescozo de serpe de McCord (Chelodina mccordi). Vive en pantanos e arrozais. Pode medir entre 18 e 24 centímetros. Pon, ata 3 veces ao ano, entre 8 e 14 ovos que eclosionan aos catro meses. Recoñécense 2 subespecies: C. m. timorensis, do Timor Oriental, e C. m. roteensis, da illa de Roti. As poboacións que se coñecen viven nunha área de só 70 km².
  • 43. Sapoconcho de pescozo de serpe de Reimann (Chelodina reimanni). Vive en Indonesia e, posiblemente, en Papúa Nueva Guinea .
  • 44. sapoconcho de pescozo de serpe de Pritchard (Chelodina pritchardi). É endémico de Papúa Nova Guiné onde só se coñece unha localización. Pode medir ata 22 cm de longo.
  • 45. Sapoconcho de Steindachners (Chelodina steindachneri). Vive no oeste de Australia. Pode medir ata 38 cm e pesar case 1 kg.
  • 46. Sapoconcho de pescozo longo de Arnhem (Chelodina ou Macrochelodina burrungandjii). Vive en pozas das áreas rochosas das zona de Arnhem Land no norte de Australia. Pode medir ata 30 cm.
  • 47. Sapoconcho de pescozo de serpe xigante (Chelodina ou Macrochelodina expansa). Vive en ríos e outras masas de auga permanente do surleste e do centroleste de Australia. Pode medir máis de 40 cm. É carnívoro. Pon de 5 a 25 ovos que tardan máis de un ano en eclosionar.
  • 48. Sapoconcho de pescozo longo de Kuchling (Chelodina (Macrochelodina) kuchlingi). É endémica de Australia
  • 49. Sapoconcho de pescozo de serpe de Parker (Chelodina parkeri ). Atópase na illa de Papúa Nova Guiné.
  • 50. Sapoconcho de pescozo de serpe do norte de Australia (Chelodina oblonga). Vive en ríos de pouca corrente, pantanos e pozas do norte de Australia. Pode medir ata 30 cm. É carnívoro. Pon, dúas veces ao ano, de 4 a 20 ovos que eclosionan pasados uns 6 meses
  • 51. Sapoconcho de pescozo de serpe de Kimberley (Chelodina ou Macrochelodina walloyarrina). É endémico de Kimberley no oeste de Australia.
  • 52. Sapoconcho de peito estreito e pescozo de serpe (Chelodina ou Macrochelodina colliei). Vive en augas do norte de Australia. Pode medir ata 30 cm.
  • 53. matamata (Chelus fimbriata). Vive en ríos lentos, lagoas e pantanos de augas pouco profundas, dos bosques tropicais do leste de Perú, Bolivia, Ecuador e Colombia, do sur de Venezuela e das Guayanas e do norte e do centro do Brasil. Pode medir ata 45 cm de longo. É carnívora. Pon de 10 a 20 ovos que eclosionan pasados 6 ou 7 meses.
  • 54. Sapoconcho chascador do sur (Elseya albagula). É orixinario do surleste de Australia. Pode medir ata 45 cm. É herbívoro.
  • 55. Sapoconcho chascador de Branderhorst (Elseya branderhorsti). Vive na illa de Nova Guiné, entre os territorios de Indonesia e Papúa Nova Guiné.
  • 56. Sapoconcho chascador de ventre amarelo (Elseya flaviventralis). Só se atopa en Arnhem Land, no norte de Australia.
  • 57. Sapoconcho de Irwin (Elseya irwini) . Só se atopa no sistema do río Broken-Bowen e no tramo inferior do río Burdekin, en Queensland, Australia.
  • 58. Sapoconcho chascador do Golfo ou tartaruga dos Lavarack (Elseya lavarackorum). Só se atopa nos ríos que desaugan no Golfo de Carpentaria, no norte de Australia. Pode medir ata 35 cm. Aliméntase, maiormente de vexetais.
  • 59. Sapoconcho de Nova Guiné occidental ou tartaruga mordedora de Nova Guiné (Elseya novaeguineae ou Elseya dacelo). Só se atopa nos ríos da badia de Cenderawasih, no oeste da illa de Nova Guiné, e na illa de Waigeo (Indonesia)
  • 60. Sapoconcho do sur de Nova Guiné (Elseya rhodini). Atópase en regatos que desembocan nos ríos do sur da cordilleira central de Nova Guiné.
  • 61. Sapoconcho mordedor de Schultze (Elseya schultzei). É endémico do norte das serras centrais de Nova Guiné, Papúa e Indonesia.
  • 62. Sapoconcho do río Mary (Elusor macrurus). Só se atopa en regatos ben oxixenados da cunca do río Mary, no surleste de Queensland , Australia. Pode acadar máis de 50 cm. Aliméntase de animais e vexetais. Está en perigo de extinción.
  • 63. Sapoconcho do río Murray (Emydura macquarii). Atópase nos ríos de case todo o leste de Australia. Recoñécense varias subespecies: E m. macquarii, da cunca do río Murray, E. m. krefftii, de Cabo Yiork a illa Fraser, E. m. nigra, da illa Fraser, e E. m. emmotti, do suroeste de Queensland.
  • 64. Sapoconcho de ventre vermello (Emydura subglobosa). vive en ríos, estanques, lagos e charcas con vexetación en zonas próximas á costa de Papúa Nova Guiné e no norte de Australia. Pode medir entre 24 e 28 cm. aliméntase de pequenos animais Habita. Pon de 5 a 10 ovos que eclosionan pasados entre 2 e 3 meses.
  • 65. Sapoconcho de cara amarela (Emydura tanybaraga). Vive en ríos, regatos e masas de auga de gran parte do norte de Australia.
  • 66. Sapoconcho de cara vermella (Emydura victoriae). Vive en ríos, regatos e masas de auga de gran parte do norte de Australia.
  • 67. cagado da Serra ou sapoconcho brasileiro de pescozo de serpe (Hydromedusa maximiliani). É endémico do surleste do Brasil onde vive nos regatos pouco fondos de augas limpas. Pode medir entre 10 e 20 cm e pesar de 120 a 500 g.
  • 68. sapoconcho de pescozo de serpe da Arxentina ou cagado pescoço de cobra (Hydromedusa tectifera). Atópase no sur do Paraguai, no norleste da Arxentina, no sur do Brasil, e no Uruguai. Pode medir ata 28 cm.
  • 69. Sapoconcho de Geoffroy, sapoconcho de pescozo de serpe de Geoffroy ou sapoconcho cabeza de sapo de Geoffroy (Phrynops geoffroanus). Habita en ambientes acuáticos rodeados de selva do norte e do centro de América do Sur ao leste dos Andes desde Guiana ao norte da Arxentina. Pode medir ata 35 cm. Aliméntase de animais. Pon niñadas de 10 a 20 ovos que eclosionan pasados uns 4 meses.
  • 70. Sapoconcho sudamericano de regato, tartaruga de lagoa ou tartaruga campaíña (Phrynops hilarii). Vive en lagos e lagoas de aguas tranquilas con abundante vexetación acuática. Pode medir ata 40 cm. Pon ata 40 ovos que eclosionan entre os 2 e os 3 meses.
  • 71. Sapoconcho cabeza de sapo do río Cotinga (Phrynops tuberosus). Atópase pola Amazonia de Colombia, Venezuela, as Guaianas, Brasil, Perú, Ecuador, Bolivia e Paraguai. Exemplar xuvenil
  • 72. Sapoconcho de ferradura (Phrynops williamsi). Habita nos regatos de fondo rochoso, rodeados de selva, das cuncas dos ríos Uruguai e Paraná no sur do Brasil, o leste do Paraguai, o norleste da Arxentina e no Uruguai.
  • 73. Sapoconcho torcecolo ou charapita de aguajal (Platemys platycephala). Vive en ríos, augas estancadas e zonas pantanosas achegadas a cursos de agua da cunca do Amazonas en Venezuela, Ecuador, Colombia, Perú, Bolivia, Guiana, Surinam, Guiana francesa e o Brasil, pode medir ata 18 cm de longo. É carnívoro. Pon de 4 a 6 ovos que eclosionan entre os 4 e os 6 meses despois da posta. Recoñécense 2 subespecies: P.p. melanonota, do Perú e Ecuador, e P.p. platycephala, do resto da área.
  • 74. Sapoconcho de pantano occidental (Pseudemydura umbrina). É endémica de Australia.. Pode medir ata 13 cm e pesar uns 150 gr (é o máis pequeno da súa familia). Aliméntase de pequenos animais. É carnívoro. Pon de 3 a 5 ovos que eclosionan aos 5 ou 6 meses. Está gravemente amenazado.
  • 75. Sapoconcho do río Fitzroy (Rheodytes leukops). Só se atopa nas zonas de rápidos do río Fitzroy no surleste de Queensland, Australia. Aliméntase de insectos acuáticos.
  • 76. Sapoconcho carrancho, tartaruga carranchina, carrancha, nuca palmeira ou pescozo torto (Mesoclemmys dahli). Vive en regos, humidais, pantanos e lagoas dos bosques secos tropicais e sabanas das cuncas dos ríos colombianos que desembocan no Caribe. Pode pasar dos 20 cm. É carnívoro. Produce un olor desagradable para defenderse.
  • 77. Mesoclemmys gibba . Atópse en pantanos e lagoas con vexetación da selvas da metade norte da cunca do Amazonas. Mide ata 23 cm. É carnívoro.
  • 78. Mesoclemmys heliostemma. Vive en Venezuela, Ecuador, Perú e o Brasil.
  • 79. Sapoconcho de Hoge (Mesoclemmys hogei ou Ranacephala hogei). É endémico das cuncas dos ríos do surleste do Brasil.
  • 80. (Mesoclemmys nasuta). É endémico das Guyanas.
  • 81. Mesoclemmys perplexa. Só se atopa no norleste do Brasil.
  • 82. Mesoclemmys raniceps. Atópase ao leste da Amazonía.
  • 83. Mesoclemmys tuberculata. É endémica de pantanos, lagoas e correntes lentas da cunca do río San Francisco do norleste do Brasil. Pode acadar os 30 cm de longo. É carnívoro.
  • 84. Sapoconcho de cabeza de sapo (Mesoclemmys vanderhaegei ou Bufocephala vanderhaegei). Habita en ambientes acuáticos do centro de Sudamérica, desde Bolivia, por Brasil, ao nordeste da Arxentina e o norte do Uruguai .
  • 85. Sapoconcho cabezón de Zulia (Mesoclemmys zuliae). É endémico do suroeste da cunca do lago de Maracaibo, Venezuela onde só se atopa nas áreas pantanosas das "Ciénagas de Juan Manuel". Poden medir entre 20 e 30 cm (as femias son máis grandes ca os machos)
  • 86. Sapoconcho de Dahl ou Tartaruga carranchina (Batrachemys dahli). Endémico de Colombia. Pode medir ata 21 cm.
  • 87. Sapoconcho de patas vermellas (Rhinemys rufipes). Vive en Colombia e, posiblemente, en áreas fronteiras do Perú e o Brasil.
  • 88. Sapoconcho de cuncha de serra (Myuchelys latisternum). Atópase en ríos, regatos, pantanos e lagoas do leste de Australia. Asfemias, moito máis grandes ca os machos, poden medir ata 28 cm de lonxitude. É carnívoro. Ten niñadas de 9 a 36 ovos que eclosionanen aos 2 meses
  • 89. Sapoconcho do río Bellinger (Myuchelys georgesi). Só se atopa en pozas fondas de augas claras co fondo rochoso ou de grava nas partes altas dos ríos da cunca do río Bellinger en Nova Gales do Sur, Australia. Pode medir de 20 a 25 cm.
  • 90. Sapoconcho mordedor do río Namoi (Myuchelys bellii). É endémico de Nova Gales do Sur, Australia.
  • 91. Pelomedusa barbata. É endémica do Iemen. Mide ata 21 cm.
  • 92. Pelomedusa galeata. Só se atopa en Sudáfrica. Mide ata 26 cm.
  • 93. Pelomedusa gehafie. Só se atopa en Eritrea. Mide ata 18 cm.
  • 94. Pelomedusa kobe.É endémica de Tanzania. Pode medir ata 16 cm.
  • 95. Pelomedusa neumanni. É endémica de Kenia. Pode medir ata 19 cm.
  • 96. Pelomedusa olivacea. Atópase polo centrooeste de África, entre o Sahara e o Ecuador (Burkina Fasso, Benin, Nixeria, Níxer e o Senegal). Mide ata 17 cm.
  • 97. Pelomedusa schweinfurthi. Só se atopa na República Centroafricana. Mide ata 15 cm.
  • 98. Pelomedusa somalica. Só se atopa en Somalia. Mide ata 16 cm.
  • 99. Sapoconcho de pescozo doblado africano ou tartaruga con casco africana (Pelomedusa subrufa). Atópase en masas de auga corrente e estancada de Angola , Botswana, Malawi, Namibia, Rep. Dem. do Congo e Tanzania. Mide entre 14 e 20 cm. É omnívoro. Pon de 2 a 10 ovos que eclosionan entre os 2 e os 3 meses despois da posta. Co nome desta especie nomeábanse todas as demais especies do xénero Pelomedusa.
  • 100. Pelomedusa variabilis. É endémica de Ghana e Costa do Marfil. Mide ata 24 cm.
  • 101. Sapoconcho da lama de Adanson (Pelusios adansonii). Atópase por toda África central, entre o Sahara e o Ecuador. Pode medir ata 23 cm.
  • 102. Sapoconcho da lama do Okavango (Pelusios bechuanicus). Vive en augas claras, profundas e tranquilas, en correntes e pantanos con moita vexetaciónes da cunca do río Okawango en Angola, el Namibia, Botswana, Zimbabwe e Zambia. É carnívoro.
  • 103. Sapoconcho da lama do lago Turkana (Pelusios broadleyi). É endémico do sur do lago Turkana, en Kenia.
  • 104. Sapoconcho da lama aquillado (Pelusios carinatus). Só se atopa na cunca do río Congo e no Gabón.
  • 105. Sapoconcho de pantano de África Occidental (Pelusios castaneus). Atópase por toda África occidental do Senegal a Angola, e nas illas de Cabo Verde e Príncipe.
  • 106. Sapoconcho da lama de ventre amarelo (Pelusios castanoides). Atópase no surleste de África, en Madagascar e nas Seychelles.
  • 107. Sapoconcho da lama de África Central (Pelusios chapini). É endémico de África central, República Centroafricana, República Democrática do Congo, República do Congo, Gabón e Uganda.
  • 108. Sapoconcho da lama de Costa de Marfil (Pelusios cupulatta). É endémico de Costa de Marfil, Benin, Ghana, Liberia, Sierra Leona e Togo en África.
  • 109. Sapoconcho de bosque africano (Pelusios gabonensis). Vive nas áreas de selva ecuatorial de África, entre o Camerún, Angola e Uganda.
  • 110. Pelusios marani. Atópase en Gabón e na República do Congo.
  • 111. Sapoconcho da lama anano (Pelusios nanus). Atópase en Angola, a República Democrática do Congo, Malawi e Zambia
  • 112. Sapoconcho negro de África occidental (Pelusios niger). Habita en pozas permanentes das sabanas, así como en lagos, lagoas e ríos de corrente lenta do oeste de África, de Serra Leona a Angola. Os machos, máis grandes, poden medir ata 35 cm e pesar máis de 4 kg e as femias non pasan dos 25 cm. É omnívoro con preferencia polo alimento animal. Pon arredor de 10 ovos que eclosionan aos 3 meses.
  • 113. Sapoconcho da lama variable (Pelusios rhodesianus). Vive en masas de auga de toda África ao sur do Ecuador
  • 114. Sapoconcho das Seychelles (Pelusios seychellensis). É endémico das illas Seychelles. Mide uns 16 cm.
  • 115. tortuga acuática con bisagras serrado (Pelusios sinuatus). Vive en lagos e ríos da área tropical de África Oriental. Pode chegar aos 55 cm. É, maiormente, carnívoro. Pon entre 7 e 25 ovos que eclosionan aos 3 meses. Para defenderse ten a cuncha do ventre articulada e desprende mal olor.
  • 116. sapoconcho negro de África oriental (Pelusios subniger). Vive en zonas tranquilas e con moita vexetación de lagos, estanques e ríos de corrente lenta do leste de África, Madagascar e das Seychelles. Pode medir ata 40 cm. É maiormente carnívora. Pon de 5 a 40 ovos que eclosionan aos 3 meses. Recoñécense 2 subespecies: P.s. parietalis, das illas Seychelles, e P.s. subniger, do leste de África e de Madagascargar.
  • 117. Sapoconcho da lama de Williams (Pelusios williamsi). Atópase na zona dos grandes lagos do centro de África, na República Democrática do Congo, Kenia, Tanzania e Uganda. Recoñécense 3 subespecies: P. w. williamsi, do Lago Victoria, P. w. laurenti, da Illa Ukerewe, e P. w. lutescens ou sapoconcho de Albert Nile.
  • 118. sapoconcho de cabeza grande de Madagascar (Erymnochelys madagascariensis). Vive en ríos lentos e lagos das tierras baixas do oeste de Madagascar.
  • 119. Sapoconcho cabezón amazónico (Peltocephalus dumerilianus). Habita en lagos, pantanos e ríos da selva tropical dos ríos Amazonas e Orinoco. Pode medir ata 50 cm e pode pesar máis de 8 kg. É omnívoro. Pon de 7 a 25 ovos que eclosionan pasados os 3 meses.
  • 120. Sapoconcho de río de pintas vermellas ou Chimpire (Podocnemis erythrocephala). Vive nos grandes ríos e lagos da Amazonia.
  • 121. sapoconcho xigante sudamericano, charapa de Arrau (Podocnemis expansa). Vive na cunca do Amazonas. Pode medir ata 1 m. Aliméntase de vexetais.
  • 122. Sapoconcho do río Magdalena (Podocnemis lewyana). Vive nas cuncas dos ríos Magdalena, Cauca, Sinú, e San Jorge, en Colombia. Pode medir ata 44 cm. É omnívoro.
  • 123. sapoconcho amazónico ou cupiso (Podocnemis sextuberculata). Vive na cunca amazónica do sur de Colombia, norleste do Perú e norte do Brasil. Pode chegar aos 30cm e pesar entre 1,5 e 3 kg. Pon entre 6 e 25 ovos que eclosionan entre 1,5 e 2 meses.
  • 124. Sapoconcho terecai (Podocnemis unifilis). Vive en pozas,pantanos e regos das cuncas dos ríos Orinoco e Amazonas y todos sus afluentes Venezuela, Colombia, Guyana, Surinam, Guyana Francesa, Ecuador, algunas zonas de Perú, Bolivia y sobretodo en Brasil puede llegar a medir entre 35 y 68 cm una especie omnívora.unos 10-35 huevospasados 60-80 días
  • 125. sapoconcho sabaneiro, Tartaruga de río sabanera ou charapa (Podocnemys vogli). É endémico da cunca do Orinoco, en Colombia e Venezuela. Pode chegar aos 36 cm.
  • 127. tartaruga boba, tortuga caguama, cayume ou cabezona (Caretta caretta). Vive nos océanos Atlántico, Pacífico e Índico, e no mar Mediterráneo. Miden ata 1 m de longo e pesan máis de 130 kg de promedio. É omnívora, alimentándose principalmente de invertebrados. Non se reproducen todos os anos, e cando poñen fan varias postas por temporada. Fanse adultas aos 15 ou 20 anos e poden vivir ata 60.
  • 128. tartaruga bastarda ou tartaruga golfina (Lepidochelys kempii). Atópase no Océano Atlántico, de Terranova a Venezuela, o Caribe e o Golfo de México. Pode medir de 60 a 90 cm e pesar uns 45 kg. Alikméntase de invertebrados. Fan ata tres postas, duns 100 ovos, por temporada. Os ovos eclosionan pasados 1 mes e medio ou 2 meses. Fanse adultoas a partir dos 7 anos.
  • 129. tartaruga olivácea ou golfina (Lepidochelys olivacea). Atópase en case todos os mares tropicais e subtropicais do mundo. Pode medir de 60 a 70 cm e pesar ata 100 kg. É omnívora. Fai postas duns 80 ovos que eclosionan ao mes e medio.
  • 130. tartaruga verde (Chelonia mydas). Vive nos mares tropicais e subtropicais de todo o mundo, con dúas poboaciones distintas nos océanos Atlántico e Pacífico. Poden medir ata 1,60 m de lonxitude e pesar ata 200 kg. Os adultos son herbívoros, pero de novas comen pequenos animais. Pon de 100 a 200 ovos que eclosionan entre o mes e medio e os dous meses. Fanse adultas a partir dos 20 anos e poden vivir máis de 80 anos. Está recoñecida como especie en perigo de extinción.
  • 131. tartaruga preta (Chelonia agassizii). Vive en toda a costa do océano Pacífico de América, desde Canadá ata Tierra del Fuego. Poden pesar máis de 120 kg. Aliméntase, fundamentalmente, de algas. Non se reproduce todos os anos. Pon varias veces por temporada uns 65 ovos que eclosionan aos 2 meses. Fanse adultas a partir dos 16 anos
  • 132. tartaruga carei (Eretmochelys imbricata). Atópase, principalmente, en arrecifes de coral tropicais dos océanos Índico, Pacífico e Atlántico. Poden medir de 60 a 90 cm de lonxitude e pesar entre 50 e 80 kg. É omnívora, pero o principal alimento son as esponxas. Non crían todos os anos. Poñen uns 150 ovos. fanse adultas a partir dos 20 anos e poden vivir máis de 50. Está en perigo crítico de extinción. Recoñécense 2 subespecies, Eretmochelys imbricata imbricata, do océano Atlántico, e Eretmochelys imbricata bissa, dos océanos Índico e Pacífico.
  • 133. tartaruga plana ou tartaruga mariña australiana (Natator depressus). Só se atopa nas costas de arredor de Australia e as illas próximas. Pode medir ata algo máis de 1 m e pesar de 100 a 150 kg. aliméntase de invertebrados e algunhas algas. Pon, non todos os anos, dúas niñadas de 50 a 70 ovos que eclosionan ao mes e medio da posta. Son adultas a partir dos 10 anos.
  • 134. tartaruga laúd, canal, cardón, baula ou tinglar (Dermochelys coriacea). Pódese atopar en todos os océanos. Mide ata 2,3 metros e pode pesar máis de 600 kg, é a máis grande das tartarugas actuais. Aliméntase de augamares. Non cría todos os anos, e cando o fai pon, dúas veces, niñadas de ata 100 ovos, case a metade estériles. As crías saen aos 2 meses.
  • 135. Rematei, por fin! Pensei que non daba acabado. Xa case nin sei onde estou tanto ir de un a outro lado As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta