SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
MUSEO ARQUEOLÓXICO PROVINCIAL DE OURENSE

PEZA DO MES
marzo

2014

prancha de gravado
Santo cristo de ourense
Católica. Por iso, será durante a Idade Moderna,
como produto das teses contrarreformistas, cando o
gravado de temática relixiosa acade unha extraordinaria
presenza, cun fin claramente didáctico e catequético.
Deste xeito, á abundante circulación de estampas
devotas populares durante o século XVII seguirá a
época do seu máximo desenvolvemento ao longo do
século XVIII, entrando no século XIX nun proceso de
decadencia progresiva.
O gravado devocional, como poderoso medio de
comunicación posto ao servizo da difusión de
determinadas imaxes sagradas e ao fomento da
“pietas”, acadará unha inmensa popularidade,
constituíndo durante séculos a principal vía da súa
difusión iconográfica, de tal modo que se pode dicir
que non existiría imaxe principal que non tivese a súa
correspondente estampa. Esta virá marcada por unha
serie de características que lle son propias como é a
súa difusión masiva, o seu interese por estimular unha
determinada veneración e a pretendida fidelidade á
obra de imaxinaría representada. Destaca, tamén, a súa
función como refuxio contra as penas do Purgatorio, pola
habitual concesión de indulxencias a quen era portador
ou rezaba diante dunha estampa. Terán, ademais, o
valor engadido dos poderes taumatúrxicos que se lle
apuñan contra todo tipo de infortunios e desgrazas, e
que se consideraban directamente transferidos dende a
figura orixinal á copia impresa.

Estampa do Santo Cristo de Ourense. Colección particular Ángel Domínguez

Prancha de gravado. Santo Cristo de Ourense

Dentro das múltiples e variadas manifestacións
da relixiosidade popular, as estampas constitúen
ao longo do tempo un dos elementos de devoción
máis importantes e característicos. Xa desde finais
do século XIV os monxes predicadores, a fin de
propagar e reforzar a fe, distribuíron estampas con
representacións de santos, da figura da Virxe nas
súas diferentes advocacións e con escenas da vida
de Cristo, singularmente da Paixón. Este tipo de
imaxes xilográficas proliferarán por Europa, e estarán
na orixe dos libros primeiro e da imprenta de tipos
móbiles despois. En calquera caso, o espallamento da
imprenta facilitará a reprodución múltiple de láminas
relixiosas, ben soltas, ben incluídas ou acompañando
libros piadosos, e, practicamente, todos os gravadores
do momento se dedicarán a esta tarefa que suporá a
súa principal fonte de ingresos.
Como consecuencia do Concilio de Trento (15451563), a imaxe vaise converter en eficaz instrumento
de propaganda e adoutrinamento da reformada Igrexa

Xeralmente son imaxes que se vinculan ao consumo
particular. Como símbolo de piedade e devoción,
colocábanse en capelas, celas de conventos e diferentes
cuartos das casas, especialmente nos dormitorios, que
se convertían, así, en oratorios privados que invitaban á
oración e á meditación introspectiva.
Polo que respecta ás técnicas utilizadas, a xilografía
ou gravado sobre madeira foi o método empregado
en exclusiva ata o século XVII en que a aparición do
gravado en metal ou calcográfico, coa súa progresiva
implantación e afianzamento, producirán un notable
desprazamento da estampa xilográfica que quedará, a
partir de entón, normalmente reservada para a temática
máis popular da estampación.
Porén, será soamente nas grandes cidades e de xeito
especial en Madrid onde se imporá a nova técnica, que
dá como resultado un trazo máis fino e detallado, moito
máis rico en matices e tonalidades.
No seu afán por fomentar e difundir as devocións
máis populares e, especialmente, as particulares ou
locais, os patrocinadores e institucións promotoras
das estampas serán as tradicionais institucións
eclesiásticas: conventos, mosteiros, santuarios,
parroquias e confrarías, para as que constituían,
ademais, un dos principais medios de recadación con
que contaban. Ao mesmo tempo, conseguían que a fe
nos seus titulares, nas súas devocións e iconografías
se estendesen de xeito insospeitado.
Existían tamén encargas realizadas por particulares,
que se identifican por recoller na súa lenda “Gravado a
devoción de ...”.
O museo ourensán conserva algunhas estampas
en papel, así como varias matrices metálicas ou
láminas orixinais ingresadas no tempo da Comisión
de Monumentos, entre as que se conta a que hoxe
presentamos como peza do mes.
Trátase dunha prancha de cobre, de 320 x 212 mm,
aberta coa técnica do buril, que reproduce a figura do
Santísimo Cristo de Ourense na súa capela.
Xa dende antigo testemúñase a gran veneración que
esta imaxe espertou entre os devotos, de clase humilde
ou xentes principais, que dende moitos lugares viñan
en busca da súa protección e consolo. A súa orixe e
historia aparece envolta na lenda e garda un grande
paralelismo coa doutros Cristos articulados medievais
que se teñen por achados no mar –singularmente cos
de Burgos e Fisterra– e que serían obra de Nicodemo.
A tradición conta que a talla ourensá apareceu aboiando
no mar de Fisterra, dende onde a fixo traer don Vasco
Pérez Mariño, bispo entre 1333 e 1343, quen mandou
ser enterrado ao seu carón.
No completo e documentado estudo La capilla y
santuario del santísimo Cristo de la catedral de Orense,
publicado inicialmente nas páxinas do Boletín del
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense en 1943
por Ferro Couselo e Lorenzo Fernández, e reproducido
en 1988 como Anexo 12 do Boletín Auriense, os
autores recollen diversas noticias referidas a láminas
e estampas coa imaxe do Cristo que transcriben do
Libro de Contas da Capela. A primeira referencia é de
1672, en que o racioneiro Jerónimo González, faise
cargo de cincocentas estampas. Entre outras novas,
en 1696 páganselle cincocentos reais “a don Agustin
de Bustamante por diferentes dibujos que saco para la
lamina del Santo Xpto” e na mesma data figuran “qta y
ocho Rs de Tresçientos Retratos de papel de Marquilla
que vinieron de Madrid”, “mas de abrir y componer la
lamina bieja del Sto Xpto sesa Rs y 315 Rs que costo
el abrir la lamina nueva con el tabernaculo”. En 1743
encárgase unha nova lámina que sería remitida polo
Doutoral dende Madrid, pola que se pagaron trescentos
reais, máis sesenta que custou o debuxo. Esta última
lámina é a que hoxe conserva o Museo.
O feito de que todas elas fosen realizadas en Madrid
resulta indicativo da importancia outorgada á imaxe e da
alta valoración que merecían os talleres madrileños. Alí
era onde estaban os mellores gravadores, moitas veces
artistas foráneos que abrían as láminas consideradas
de maior transcendencia e valor artístico. En Galicia,
pola súa banda, Santiago era daquela o único centro
con actividade na arte do gravado, pero a técnica e
refinamento dos seus gravadores, en moitos casos
prateiros de oficio, era en xeral de baixa calidade.

A lámina procura a reprodución do baldaquino orixinal
da Capela do Santo Cristo, ese grandioso e aparatoso
marco creado polo arquitecto e mestre de obras da
catedral de Santiago Domingo de Andrade, para
acobillo e exposición da sagrada imaxe. Enormes
anxos, apoiados sobre columnas salomónicas,
sosteñen o templete que aparece coroado por dous
pequenos anxos cos instrumentos da Paixón e a figura
do pelicano como remate. Aos pés do Cristo, sobre as
gradas, figuran personificacións das Virtudes Teologais
e debaixo, o Sagrario con Xesús Neno portando a bóla
do mundo; aos lados, as catro Virtudes Cardinais cos
seus respectivos atributos. A imaxe do crucificado
é unha interpretación persoal do autor, que se afasta
claramente do orixinal.
Ao pé do retablo figura a seguinte inscrición: Vo Rto DEL
SSmo CHRISTO DE ORENSE, a firma do gravador IOAN
PEREZ, apenas lexible, e a data 1743.
Coñecemos, en dúas coleccións particulares, unha
estampa xilográfica moi similar, aínda que menos rica
nos detalles e na que non consta data nin autor. Yolanda
Barriocanal, quen a deu a coñecer nos seus estudos
sobre gravado, identifícaa coa lámina encargada pola
catedral ourensá en 1696.
O singular fervor e devoción ao Santo Cristo de Ourense,
da que son firme expresión a lámina e a estampa
referidas, non quedaría tampouco restrinxida ao territorio
auriense. O seu culto é compartido coa parroquia de
Brazatortas (Ciudad Real), onde, desde 1778, teñen por
patrón ao Santo Cristo de Orense. A lenda local narra
que nesa data uns arrieiros ourensáns regresaban de
Córdoba cun cargamento de aceite e que transportaban,
canda eles, unha imaxe sagrada do crucificado (outras
versións falan dunha estampa), pero que, ao chegaren
alí, os mulos negáronse a continuar, o que foi interpretado
como o desexo da imaxe de quedar no lugar. Desde
entón Ourense e Brazatortas comparten advocación.
Quizais a imaxe reproducida nunha entalladura que se
conserva no Museo de Belas Artes de Valencia entre a
colección de tacos xilográficos procedentes da antiga
imprenta Villalba-Barceló –estudados por Santiago
Montoya Beleña– responda ao Cristo manchego e non
ao ourensán. Segundo reza o rótulo que acompaña esa
imaxe, trátase de EL SANTÍSIMO CHRISTO DE ORENSE.
Neste exemplar, a composición é máis sinxela, e mostra
ao Crucificado vestido con faldellín, no interior dun
camarín formado por un dosel con cortinaxes recollidas
e candelabros.
Ás veces, como vemos, as devocións populares
viaxan a lugares afastados, en tempos e formas que
resultan difíciles de explicar sen recorrer a lendas e
tradicións, tan vinculadas, por outra parte, sempre,
ás cuestións relixiosas.
MUSEO DE OURENSE
O edificio histórico que é a sede do Museo está pechado ao
público por obras de reforma. Aínda así, cando é posible,
facilítase a súa visita, libre e tamén con posibilidade de guía,
para coñecer os restos conservados e descubertos como
resultado da intervención arqueolóxica realizada. O soar
foi ocupado dende época romana –da que quedan algúns
testemuños fragmentarios, pero relevantes na historia da
cidade de Ourense–, e seguidamente por unha necrópole
altomedieval, para finalmente erguer nel o pazo do bispo
de Ourense, construción civil románica do século XII,
moi completa e que se definiu na súa totalidade espacial
e volumétrica, aínda que foi obxecto de engadidos e
modificacións ata configurar o actual conxunto, monumento
histórico-artístico declarado en 1931.
Claustro do patio do Museo arqueolóxico na súa sede da praza maior

ESCOLMA DE ESCULTURA
En canto se realizan as obras de remodelación ofrécese aos
visitantes unha visión das coleccións do Museo a través dunha
coidada selección de pezas de escultura, dende a protohistoria
ao barroco, na sala San Francisco. Esta é a antiga igrexa da
Venerable Orde Terceira (VOT) de San Francisco, que se sitúa
ao lado do cemiterio e do ex-convento do mesmo nome, onde
está o claustro gótico e a nave da igrexa cos seus monumentos
funerarios góticos e renacentistas.
Teléfono : 988 230 430

entrada á sala de escultura do museo arqueolóxico provincial situada ao
lado do claustro de san francisco

O horario de visita:
martes a sábado: 9.00 a 22.00 h ininterrompido
domingo: 9.00 a 15.00 h
luns pechado

Outros servizos do Museo
Os servizos de información xeral, biblioteca e consulta de
investigadores están dispoñibles na situación provisional do
Museo, na rúa Xílgaros s/n, (Centro Santa María de Europa, A
Carballeira), 32002 Ourense.
Teléfono: 988 223 884
Horario de atención ao público: de luns a venres, das 9.30 ás
14.30 h e das 16.00 ás 20.30 h

www.musarqourense.xunta.es
mapour@xunta.es
interior da sala de escultura do museo arqueolóxico provincial

PEZA DO MES:
Edita: Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Texto: Belén Lorenzo Rumbao
Fotografía: Fernando del Río
Maqueta: Araceli Gallego
ISSN: 1579-9956

More Related Content

What's hot

5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
Inmaculada concepción, na praza de españa en roma italia
Inmaculada concepción, na praza de españa en roma   italiaInmaculada concepción, na praza de españa en roma   italia
Inmaculada concepción, na praza de españa en roma italiaNuria M Núñez Elissetche
 
Arte renacentista
Arte renacentistaArte renacentista
Arte renacentistaChus Polo
 
Prologo Simboloxía Románico Chantada
Prologo Simboloxía Románico ChantadaPrologo Simboloxía Románico Chantada
Prologo Simboloxía Románico ChantadaPANOFSKYDORA
 
A escultura barroca: Bernini
A escultura barroca: BerniniA escultura barroca: Bernini
A escultura barroca: Berniniprofesor historia
 
Artes figurativas góticas
Artes figurativas góticasArtes figurativas góticas
Artes figurativas góticasAgrela Elvixeo
 
U N I D A D E 8 Pintura gótica: Giotto E Van Eyck1
U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1
U N I D A D E 8 Pintura gótica: Giotto E Van Eyck1camposseijo
 
A escultura barroca italian. Bernini - Javier Caride
A escultura barroca italian. Bernini - Javier CarideA escultura barroca italian. Bernini - Javier Caride
A escultura barroca italian. Bernini - Javier Caridemaikarequejoalvarez
 

What's hot (9)

5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
Inmaculada concepción, na praza de españa en roma italia
Inmaculada concepción, na praza de españa en roma   italiaInmaculada concepción, na praza de españa en roma   italia
Inmaculada concepción, na praza de españa en roma italia
 
Arte renacentista
Arte renacentistaArte renacentista
Arte renacentista
 
Prologo Simboloxía Románico Chantada
Prologo Simboloxía Románico ChantadaPrologo Simboloxía Románico Chantada
Prologo Simboloxía Románico Chantada
 
A escultura barroca: Bernini
A escultura barroca: BerniniA escultura barroca: Bernini
A escultura barroca: Bernini
 
Artes figurativas góticas
Artes figurativas góticasArtes figurativas góticas
Artes figurativas góticas
 
O barroco
O barrocoO barroco
O barroco
 
U N I D A D E 8 Pintura gótica: Giotto E Van Eyck1
U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1
U N I D A D E 8 Pintura gótica: Giotto E Van Eyck1
 
A escultura barroca italian. Bernini - Javier Caride
A escultura barroca italian. Bernini - Javier CarideA escultura barroca italian. Bernini - Javier Caride
A escultura barroca italian. Bernini - Javier Caride
 

Viewers also liked

Zaverecna uloha KPI
Zaverecna uloha KPIZaverecna uloha KPI
Zaverecna uloha KPIaaaaa16
 
Konsentrasi lembaga zakat untuk fakir dan miskin
Konsentrasi lembaga zakat untuk fakir dan miskinKonsentrasi lembaga zakat untuk fakir dan miskin
Konsentrasi lembaga zakat untuk fakir dan miskinMuhammad Ade Riza
 
Kepemimpinan sifat dan nabi muhammad saw
Kepemimpinan sifat dan nabi muhammad sawKepemimpinan sifat dan nabi muhammad saw
Kepemimpinan sifat dan nabi muhammad sawMuhammad Ade Riza
 
Modul tasmik khatam quran_jqaf 2
Modul tasmik khatam quran_jqaf 2Modul tasmik khatam quran_jqaf 2
Modul tasmik khatam quran_jqaf 2eimah34
 

Viewers also liked (8)

Zaverecna uloha KPI
Zaverecna uloha KPIZaverecna uloha KPI
Zaverecna uloha KPI
 
Konsentrasi lembaga zakat untuk fakir dan miskin
Konsentrasi lembaga zakat untuk fakir dan miskinKonsentrasi lembaga zakat untuk fakir dan miskin
Konsentrasi lembaga zakat untuk fakir dan miskin
 
เครื่องออกกำลังกายกลางแจ้งแบบมาตรฐาน
เครื่องออกกำลังกายกลางแจ้งแบบมาตรฐานเครื่องออกกำลังกายกลางแจ้งแบบมาตรฐาน
เครื่องออกกำลังกายกลางแจ้งแบบมาตรฐาน
 
Review iron man 3
Review iron man 3Review iron man 3
Review iron man 3
 
เครื่องออกกำลังกายกลางแจ้งสมุทรสาคร...080-111-4014...www.ebuyline.com...ราคาถูก
เครื่องออกกำลังกายกลางแจ้งสมุทรสาคร...080-111-4014...www.ebuyline.com...ราคาถูกเครื่องออกกำลังกายกลางแจ้งสมุทรสาคร...080-111-4014...www.ebuyline.com...ราคาถูก
เครื่องออกกำลังกายกลางแจ้งสมุทรสาคร...080-111-4014...www.ebuyline.com...ราคาถูก
 
Kepemimpinan sifat dan nabi muhammad saw
Kepemimpinan sifat dan nabi muhammad sawKepemimpinan sifat dan nabi muhammad saw
Kepemimpinan sifat dan nabi muhammad saw
 
Modul tasmik khatam quran_jqaf 2
Modul tasmik khatam quran_jqaf 2Modul tasmik khatam quran_jqaf 2
Modul tasmik khatam quran_jqaf 2
 
บล็อกยางปูพื้นคุณภาพสูงราคาไม่แพง 080 111-4014 โรงงานผลิตเครื่องออกกำลังกายกล...
บล็อกยางปูพื้นคุณภาพสูงราคาไม่แพง 080 111-4014 โรงงานผลิตเครื่องออกกำลังกายกล...บล็อกยางปูพื้นคุณภาพสูงราคาไม่แพง 080 111-4014 โรงงานผลิตเครื่องออกกำลังกายกล...
บล็อกยางปูพื้นคุณภาพสูงราคาไม่แพง 080 111-4014 โรงงานผลิตเครื่องออกกำลังกายกล...
 

Similar to Santo Cristo de Ourense (Prancha de Gravado)

Cultura e arte na Europa feudal
Cultura e arte na Europa feudalCultura e arte na Europa feudal
Cultura e arte na Europa feudalrubempaul
 
Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiroantiapev
 
Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiroantiapev
 
Arte paleocristiá, bizantina e musulmá
Arte paleocristiá, bizantina e musulmáArte paleocristiá, bizantina e musulmá
Arte paleocristiá, bizantina e musulmáAgrela Elvixeo
 
Arte renacentista español
Arte renacentista españolArte renacentista español
Arte renacentista españolicoico1
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
UNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCA
UNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCAUNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCA
UNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCAcamposseijo
 
trabajo plastica
trabajo plasticatrabajo plastica
trabajo plasticaerikaima
 
U N I D A D E 6 Arte Románica
U N I D A D E 6  Arte RománicaU N I D A D E 6  Arte Románica
U N I D A D E 6 Arte Románicacamposseijo
 
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantinoTema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantinoagreloroberto
 
Unidade 3 románico
Unidade 3 románicoUnidade 3 románico
Unidade 3 románicocamposseijo
 

Similar to Santo Cristo de Ourense (Prancha de Gravado) (20)

Cultura e arte na Europa feudal
Cultura e arte na Europa feudalCultura e arte na Europa feudal
Cultura e arte na Europa feudal
 
A arte paleocristiá
A arte paleocristiáA arte paleocristiá
A arte paleocristiá
 
Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiro
 
Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiro
 
Arte paleocristiá, bizantina e musulmá
Arte paleocristiá, bizantina e musulmáArte paleocristiá, bizantina e musulmá
Arte paleocristiá, bizantina e musulmá
 
Arte renacentista español
Arte renacentista españolArte renacentista español
Arte renacentista español
 
Arte románica
Arte románicaArte románica
Arte románica
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
UNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCA
UNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCAUNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCA
UNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCA
 
trabajo plastica
trabajo plasticatrabajo plastica
trabajo plastica
 
U N I D A D E 6 Arte Románica
U N I D A D E 6  Arte RománicaU N I D A D E 6  Arte Románica
U N I D A D E 6 Arte Románica
 
Arte RomáNica
Arte RomáNicaArte RomáNica
Arte RomáNica
 
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantinoTema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
 
Unidade 3 románico
Unidade 3 románicoUnidade 3 románico
Unidade 3 románico
 
Santiago De Compostela
Santiago De CompostelaSantiago De Compostela
Santiago De Compostela
 
Renacemento e barroco
Renacemento e barrocoRenacemento e barroco
Renacemento e barroco
 

Santo Cristo de Ourense (Prancha de Gravado)

  • 1. MUSEO ARQUEOLÓXICO PROVINCIAL DE OURENSE PEZA DO MES marzo 2014 prancha de gravado Santo cristo de ourense
  • 2. Católica. Por iso, será durante a Idade Moderna, como produto das teses contrarreformistas, cando o gravado de temática relixiosa acade unha extraordinaria presenza, cun fin claramente didáctico e catequético. Deste xeito, á abundante circulación de estampas devotas populares durante o século XVII seguirá a época do seu máximo desenvolvemento ao longo do século XVIII, entrando no século XIX nun proceso de decadencia progresiva. O gravado devocional, como poderoso medio de comunicación posto ao servizo da difusión de determinadas imaxes sagradas e ao fomento da “pietas”, acadará unha inmensa popularidade, constituíndo durante séculos a principal vía da súa difusión iconográfica, de tal modo que se pode dicir que non existiría imaxe principal que non tivese a súa correspondente estampa. Esta virá marcada por unha serie de características que lle son propias como é a súa difusión masiva, o seu interese por estimular unha determinada veneración e a pretendida fidelidade á obra de imaxinaría representada. Destaca, tamén, a súa función como refuxio contra as penas do Purgatorio, pola habitual concesión de indulxencias a quen era portador ou rezaba diante dunha estampa. Terán, ademais, o valor engadido dos poderes taumatúrxicos que se lle apuñan contra todo tipo de infortunios e desgrazas, e que se consideraban directamente transferidos dende a figura orixinal á copia impresa. Estampa do Santo Cristo de Ourense. Colección particular Ángel Domínguez Prancha de gravado. Santo Cristo de Ourense Dentro das múltiples e variadas manifestacións da relixiosidade popular, as estampas constitúen ao longo do tempo un dos elementos de devoción máis importantes e característicos. Xa desde finais do século XIV os monxes predicadores, a fin de propagar e reforzar a fe, distribuíron estampas con representacións de santos, da figura da Virxe nas súas diferentes advocacións e con escenas da vida de Cristo, singularmente da Paixón. Este tipo de imaxes xilográficas proliferarán por Europa, e estarán na orixe dos libros primeiro e da imprenta de tipos móbiles despois. En calquera caso, o espallamento da imprenta facilitará a reprodución múltiple de láminas relixiosas, ben soltas, ben incluídas ou acompañando libros piadosos, e, practicamente, todos os gravadores do momento se dedicarán a esta tarefa que suporá a súa principal fonte de ingresos. Como consecuencia do Concilio de Trento (15451563), a imaxe vaise converter en eficaz instrumento de propaganda e adoutrinamento da reformada Igrexa Xeralmente son imaxes que se vinculan ao consumo particular. Como símbolo de piedade e devoción, colocábanse en capelas, celas de conventos e diferentes cuartos das casas, especialmente nos dormitorios, que se convertían, así, en oratorios privados que invitaban á oración e á meditación introspectiva. Polo que respecta ás técnicas utilizadas, a xilografía ou gravado sobre madeira foi o método empregado en exclusiva ata o século XVII en que a aparición do gravado en metal ou calcográfico, coa súa progresiva implantación e afianzamento, producirán un notable desprazamento da estampa xilográfica que quedará, a partir de entón, normalmente reservada para a temática máis popular da estampación. Porén, será soamente nas grandes cidades e de xeito especial en Madrid onde se imporá a nova técnica, que dá como resultado un trazo máis fino e detallado, moito máis rico en matices e tonalidades. No seu afán por fomentar e difundir as devocións máis populares e, especialmente, as particulares ou locais, os patrocinadores e institucións promotoras das estampas serán as tradicionais institucións eclesiásticas: conventos, mosteiros, santuarios, parroquias e confrarías, para as que constituían, ademais, un dos principais medios de recadación con que contaban. Ao mesmo tempo, conseguían que a fe nos seus titulares, nas súas devocións e iconografías se estendesen de xeito insospeitado.
  • 3. Existían tamén encargas realizadas por particulares, que se identifican por recoller na súa lenda “Gravado a devoción de ...”. O museo ourensán conserva algunhas estampas en papel, así como varias matrices metálicas ou láminas orixinais ingresadas no tempo da Comisión de Monumentos, entre as que se conta a que hoxe presentamos como peza do mes. Trátase dunha prancha de cobre, de 320 x 212 mm, aberta coa técnica do buril, que reproduce a figura do Santísimo Cristo de Ourense na súa capela. Xa dende antigo testemúñase a gran veneración que esta imaxe espertou entre os devotos, de clase humilde ou xentes principais, que dende moitos lugares viñan en busca da súa protección e consolo. A súa orixe e historia aparece envolta na lenda e garda un grande paralelismo coa doutros Cristos articulados medievais que se teñen por achados no mar –singularmente cos de Burgos e Fisterra– e que serían obra de Nicodemo. A tradición conta que a talla ourensá apareceu aboiando no mar de Fisterra, dende onde a fixo traer don Vasco Pérez Mariño, bispo entre 1333 e 1343, quen mandou ser enterrado ao seu carón. No completo e documentado estudo La capilla y santuario del santísimo Cristo de la catedral de Orense, publicado inicialmente nas páxinas do Boletín del Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense en 1943 por Ferro Couselo e Lorenzo Fernández, e reproducido en 1988 como Anexo 12 do Boletín Auriense, os autores recollen diversas noticias referidas a láminas e estampas coa imaxe do Cristo que transcriben do Libro de Contas da Capela. A primeira referencia é de 1672, en que o racioneiro Jerónimo González, faise cargo de cincocentas estampas. Entre outras novas, en 1696 páganselle cincocentos reais “a don Agustin de Bustamante por diferentes dibujos que saco para la lamina del Santo Xpto” e na mesma data figuran “qta y ocho Rs de Tresçientos Retratos de papel de Marquilla que vinieron de Madrid”, “mas de abrir y componer la lamina bieja del Sto Xpto sesa Rs y 315 Rs que costo el abrir la lamina nueva con el tabernaculo”. En 1743 encárgase unha nova lámina que sería remitida polo Doutoral dende Madrid, pola que se pagaron trescentos reais, máis sesenta que custou o debuxo. Esta última lámina é a que hoxe conserva o Museo. O feito de que todas elas fosen realizadas en Madrid resulta indicativo da importancia outorgada á imaxe e da alta valoración que merecían os talleres madrileños. Alí era onde estaban os mellores gravadores, moitas veces artistas foráneos que abrían as láminas consideradas de maior transcendencia e valor artístico. En Galicia, pola súa banda, Santiago era daquela o único centro con actividade na arte do gravado, pero a técnica e refinamento dos seus gravadores, en moitos casos prateiros de oficio, era en xeral de baixa calidade. A lámina procura a reprodución do baldaquino orixinal da Capela do Santo Cristo, ese grandioso e aparatoso marco creado polo arquitecto e mestre de obras da catedral de Santiago Domingo de Andrade, para acobillo e exposición da sagrada imaxe. Enormes anxos, apoiados sobre columnas salomónicas, sosteñen o templete que aparece coroado por dous pequenos anxos cos instrumentos da Paixón e a figura do pelicano como remate. Aos pés do Cristo, sobre as gradas, figuran personificacións das Virtudes Teologais e debaixo, o Sagrario con Xesús Neno portando a bóla do mundo; aos lados, as catro Virtudes Cardinais cos seus respectivos atributos. A imaxe do crucificado é unha interpretación persoal do autor, que se afasta claramente do orixinal. Ao pé do retablo figura a seguinte inscrición: Vo Rto DEL SSmo CHRISTO DE ORENSE, a firma do gravador IOAN PEREZ, apenas lexible, e a data 1743. Coñecemos, en dúas coleccións particulares, unha estampa xilográfica moi similar, aínda que menos rica nos detalles e na que non consta data nin autor. Yolanda Barriocanal, quen a deu a coñecer nos seus estudos sobre gravado, identifícaa coa lámina encargada pola catedral ourensá en 1696. O singular fervor e devoción ao Santo Cristo de Ourense, da que son firme expresión a lámina e a estampa referidas, non quedaría tampouco restrinxida ao territorio auriense. O seu culto é compartido coa parroquia de Brazatortas (Ciudad Real), onde, desde 1778, teñen por patrón ao Santo Cristo de Orense. A lenda local narra que nesa data uns arrieiros ourensáns regresaban de Córdoba cun cargamento de aceite e que transportaban, canda eles, unha imaxe sagrada do crucificado (outras versións falan dunha estampa), pero que, ao chegaren alí, os mulos negáronse a continuar, o que foi interpretado como o desexo da imaxe de quedar no lugar. Desde entón Ourense e Brazatortas comparten advocación. Quizais a imaxe reproducida nunha entalladura que se conserva no Museo de Belas Artes de Valencia entre a colección de tacos xilográficos procedentes da antiga imprenta Villalba-Barceló –estudados por Santiago Montoya Beleña– responda ao Cristo manchego e non ao ourensán. Segundo reza o rótulo que acompaña esa imaxe, trátase de EL SANTÍSIMO CHRISTO DE ORENSE. Neste exemplar, a composición é máis sinxela, e mostra ao Crucificado vestido con faldellín, no interior dun camarín formado por un dosel con cortinaxes recollidas e candelabros. Ás veces, como vemos, as devocións populares viaxan a lugares afastados, en tempos e formas que resultan difíciles de explicar sen recorrer a lendas e tradicións, tan vinculadas, por outra parte, sempre, ás cuestións relixiosas.
  • 4. MUSEO DE OURENSE O edificio histórico que é a sede do Museo está pechado ao público por obras de reforma. Aínda así, cando é posible, facilítase a súa visita, libre e tamén con posibilidade de guía, para coñecer os restos conservados e descubertos como resultado da intervención arqueolóxica realizada. O soar foi ocupado dende época romana –da que quedan algúns testemuños fragmentarios, pero relevantes na historia da cidade de Ourense–, e seguidamente por unha necrópole altomedieval, para finalmente erguer nel o pazo do bispo de Ourense, construción civil románica do século XII, moi completa e que se definiu na súa totalidade espacial e volumétrica, aínda que foi obxecto de engadidos e modificacións ata configurar o actual conxunto, monumento histórico-artístico declarado en 1931. Claustro do patio do Museo arqueolóxico na súa sede da praza maior ESCOLMA DE ESCULTURA En canto se realizan as obras de remodelación ofrécese aos visitantes unha visión das coleccións do Museo a través dunha coidada selección de pezas de escultura, dende a protohistoria ao barroco, na sala San Francisco. Esta é a antiga igrexa da Venerable Orde Terceira (VOT) de San Francisco, que se sitúa ao lado do cemiterio e do ex-convento do mesmo nome, onde está o claustro gótico e a nave da igrexa cos seus monumentos funerarios góticos e renacentistas. Teléfono : 988 230 430 entrada á sala de escultura do museo arqueolóxico provincial situada ao lado do claustro de san francisco O horario de visita: martes a sábado: 9.00 a 22.00 h ininterrompido domingo: 9.00 a 15.00 h luns pechado Outros servizos do Museo Os servizos de información xeral, biblioteca e consulta de investigadores están dispoñibles na situación provisional do Museo, na rúa Xílgaros s/n, (Centro Santa María de Europa, A Carballeira), 32002 Ourense. Teléfono: 988 223 884 Horario de atención ao público: de luns a venres, das 9.30 ás 14.30 h e das 16.00 ás 20.30 h www.musarqourense.xunta.es mapour@xunta.es interior da sala de escultura do museo arqueolóxico provincial PEZA DO MES: Edita: Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense Texto: Belén Lorenzo Rumbao Fotografía: Fernando del Río Maqueta: Araceli Gallego ISSN: 1579-9956