SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
A ARTE ROMANA. I PARTE
REFERENTES HISTÓRICOS
A finais do século VIII a península itálica estaba habitada por diferentes Pobos: os ligures, os
umbros, os etruscos, os samitas, os sabinos e os latinos.
Este últimos fundaron, no ano 753 a. C., un poboado, Roma, que co tempo se converteu na
capota dun dos imperios máis poderosos.
As orixes fundacionais da cidade son confusas e nelas mestúrase a historia e a lenda, pois
algunhas fontes atribúen a fundación de Roma aos irmáns Rómulo e Remo.
A historia de Roma divídese entre tres grandes períodos:
● Monarquía (753-509 a. C.): estapa escura gobernada por reis, dos cales os tres últimos
eran de orixe etrusca, un pobo estranxeiro que entre os séculos VIII e IV habitou a zona da
actual Toscana e deixou unha pegada artística fundamental na evolución da arte romana.
● República (509-31 a. C.): etapa na que os romanos levaron a cabo a conquista e a
colonización doutros territorios e derrotaron, nas chamadas Guerras Púnicas, aos
exércitos cartaxineses.
● Imperio (31 a. C.-476 d. C.): etapa na que se establece un novo sistema político, liderado
por un emperador, e se divide o territorio en provincias. Pero a partir do século V, as
tribos bárbaras do norte de Europa iniciaron a reconquista dos seus dominios e asediaro o
Imperio, ata que o ano 476 Odoacro, rei dos hérulos, derrotou o emperador Rómulo
Augusto e puxo fin ao Imperio Romano de Occidente.
ANTECEDENTES
• A cultura e a arte da Antiga Roma é moi ecléctica (variada), xa que asimilaron as
influencias dos diferentes pobos que foron conquistando. As herdanzas máis destacadas
foron: a etrusca, a grega e a da escola helenística procedente do Próximo Oriente e de
Exipto.
• A diversidade de influencias apréciase sobre todo na arquitectura, na que os referentes
grego e etrusco fusiónanse na construcción dos edificios.
• Entre os antecendentes da arte romana debe sinalarse a arte etrusca, que alcanzou o seu
máximo esplendor entre os séculos VII e V a. C. e abrangueu gran parte do norte da
península itálica.
• Posteriormente, Roma, despois de dominar todos os territorios da península Itálica, e de
poner fin así á civilización etrusca, estendeu o seu dominio político e cultural por todas as
terras mediterráneas, unha parte da Europa continental, as illas Británicas, Siria e
Mesopotamia.
• Cronolóxicamente pódese falar de Roma desde o ano 509 a. C., cando os etruscos foros
expulsados, ata o 476 d. C. Non obstante, desde un punto de vista cultural e artístico, non
se pode falar dunha arte propiamente romana ata o século II a. C. Tradicionalmente, non
obstante, diferenciouse a arte romana en dous períodos:
• O Republicano (séculos III-I a. C.), durante o que se observa a influencia das formas
culturais gregas e etruscas.
• O Imperial (séculos I a. C.-V d. C.), no que se inclúe a arte tardorromana iniciada a
finais dos século III d. C.
Antecedentes Etruscos
• Os Etruscos foron un pobo ubicado na rexión da Toscana actual, procedente de Asia
Menor. Se coñecen datos sobre eles dende o século X a. C., pero durante o século VIII
xa comerciaban coas colonias helénicas da Magna Grecia, así como con otros pobos,
como os latinos ou os sabinos, que vivían no centro da Península Itálica.
• Características da arte etrusca que asimilou a arte romana:
• En arquitectura:
• Utilización do arco de medio punto e da bóveda de canón ou de
aresta; elemento arquitectónicos de orixe mesopotámica, chegaron ao
continente europeo a través da arquitecura etrusca e foron base
técnica da arquitectura romana.
• Introducción da Orde Toscana, unha orde arquitectónica arquitrabada
que adoptarán despois os arquitectos romanos. Destaca por:
• Unha columna lisa, con base e capitel xeométrico ao xeito
dórico, composto tamén de colariño, equino e ábaco.
• Fuste fino e sen éntase.
• Un entaboamento formado por unha arquitrabe lisa, un friso
sinxelo sen tríglifos nin metopas, e unha cornixa.
• Uso do ladrillo para a confección de muros e murallas.
• Interese no concepto de Arco de Triunfo.
• Forma e distribución do templo e os tipos de enterramento
(mausoleos).
• En escultura:
• O xénero do retrato, moi popular, cuxo elevado realismo tivo unha
grande incidencia na estatuaria romana. Igualmente importantes
foron as representacións escultóricas de animais míticos ou
fantásticos, como, por exemplo, a Quimera de Arezzo.
• En pintura:
• Destaca a representación de escenas da vida cotiá do pobo etrusco,
incluso na decoración mural das tumbas.
Antecedentes gregos
• Características da Arte Grega que asimilou a Arte Romana:
• En arquitectura:
• Utiliza ordes gregas tradicionais (dórica, xónica e corintia).
• En escultura:
• Gran realismo.
• Diferencias respecto a Arte Grega:
• A arquitectura romana ten un maior sentido ornamental na arquitectura:
aumentan as molduras e os elementos decorativos (guirnaldas, bucráneos,
etc.)
• Os romanos utilizan a columna como elemento máis ornamental que
tectónico, como consecuencia, aparecen os arcos de triunfo, con sentido
conmemorativo.
• Os romanos teñen unha valoración diferente dos espazos interiores; o edificio
romano enténdese tamén dentro, e é aquí onde se dan as maiores
innovacións.
CARACTERÍSTICAS XERÁIS DA ARQUITECTURA ROMANA
1. Debido ao concepto centralista de Roma, o seu arte é máis uniforme e non atopamos
escolas tan definidas como as do mundo grego (excepto na parte oriental).
2. A civilización romana é ante todo utilitaria e de cidades e, ao haber un grande
desenvolvemento do urbanismo, hai unha transformación na arquitectura.
3. Roma é, ante todo, un imperio militar e esa idea de dominio, pervivencia, etc., implica a
construcción de todos un sistema de estradas e calzadas, ademáis da construcción de
grandes murallas que conformar enormes fortalezas. A arte como propaganda do poder.
4. A convicción de inmortalidade do Imperio, fai que a súa arquitectura ríxase polo principio
de que o facer o esforzo inicial duradeiro é bo á larga porque aforra esforzo.
5. Problemas arquitectónicos que deben resolver:
• O uso da bóveda e o da cúpula: necesitan bos materiais. Utilizan o sistema da
cimbra (armazón de madeira que se utiliza para facer a montaxe da cúpula) e a
cerran no interior a través de casetóns.
• Teñen que crear un sistema para soportar o peso e o empuxe da bóveda, polo
tanto os romanos van utilizar un muro espeso e pilastras en lugar de columnas.
6. Diversifícase o material construtivo (ladrillo, pedra e formigón), combinado de diferente
maneira:
• Opus Incertum ou cachotaría (mampostería).
• Opus Reticulatum (sillares).
• Opus Cuadratum (sistema a soga e tizón).
• Opus Cementinium (unha especie de formigón actual: auga, arena, cal e
pedras pequenas).
• Opus Mixtum (mestura de pedra e ladrillo).
O emprego de formigón e ladrillo fai que Roma teña materiais baratos e doados de acadar,
pero sen unha gran estética, polo tanto, adóitanse cubrir (a pedra incluída), con placas de
alabastro ou mármore para mellorar a arquitectura esteticamente.
URBANISMO E ARQUITECTURA
• Urbanismo e arquitectura son as máximas representacións do carácter romano e son
considerados os instrumentos de romanización máis importantes, xa que homoxeneizan
todas as grandes ciudades das terras conquistadas.
• Os romanos aplican a toda cidade de nova construcción un sistema de ordenamento
xeométrico en cuadrícula, seguindo o trazado dos campamentos militares primitivos. Así, a
cidade dividíase en catro parcelas separadas por dúas rúas principais:
• O cardo (N-S).
• O decumano (L-O).
• No cruzamento resultante constrúese o foro, unha praza na que se levantan os edificios
públicos máis importantes, moi similar a antiga ágora grega. Os templos, basílicas, a curia
(aínda que o termo sufre variacións ao longo do tempo, refírese ao edificio administrativo
ou de goberno), o arquivo, os monumentos conmemorativos (arcos e columnas), fan do
foro romano un conglomerado incoherente de construcción. O máis complexo e grandioso
de todos é o Foro de Trajano en Roma.
• De grande importancia para o desenvolvemento do territorio e da cidade son as vías de
comunicación entre os distintos territorios. A principal vía no sistema de comunicacións
romano foi a Vía Augusta, que unía Roma con Cádiz, pasando por Tarragona.
• Tamén foron moi importantes as obras de enxeñaría, como por exemplo as pontes e os
acueductos, extraordinarios monumentos con arcadas, encargados de levar a auga aos
núcleos urbanos desde os pantanos ou ríos das montañas. En España existe un dos máis
importantes e mellor conservados: o acueducto de Segovia.
• Exemplos de ciudades recuperadas e conservadas son Pompeia e Herculano, en Nápoles e,
parcialmente, Mérida e Tarragona, en España.
Acueducto romano de Segovia
• Identificación:
• Trátase dunha obra de enxeñería romana que claramente manifesta a grande
importancia e desenvolvemento das vías de comunicación dentro do Imperio
Romano, fundamentais como instrumento romanizador que se expande e
homoxeneiza as grandes ciudades das terras conquistadas.
• A súa tipoloxía é a de acueducto e foi realizada en granito entre os anos 90 e
105 d. C. Está localizado en Segovia e é de estilo romano.
• Análise e comentario:
• A necesidade de dotar ás cidades de auga fixo que se crease unha rede de
acueductos que a trasladasen desde os pantanos ata os núcleos urbanos. Para
iso creáronse canalizacións que aproveitando unha pendente que debía
permanecer constante ao longo do percorrido transportaban a auga ata
cisternas desde onde se distribuía.
• O acueducto comeza a uns 16 k da cidade de Segovia, na serra de Guadarrama,
onde recolle a auga do caudal do río Frío. Dende aquí parte unha canle de 30
cm de diámetro que se dirixe ata unha torre –El Caserón- construída na cidade
de Segovia, onde se eliminaba a sucidade que arrastraba a auga.
• A partir de aquí comeza a parte visible e arquitectónica do acueduto, dividida
en dous grandes tramos:
• Un primeiro tramo con 78 arcos de medio punto.
• Un segundo tramo, con 44 arcadas dobres sobrepostas.
• En total son 778 m de lonxitude, cunha altura mínima de 7 metros e unha
máxima de case 29.
• A arquería superior mantense sempre invariable; non obstante, os piares da
arquería inferior varían de medida para adaptarse ao terreo.
• Todos os arcos están construídos con grandes perpiaños (sillar ou pedra que
atravesa ou alcanza todo un muro ou parede -atravésaa dun lado ao outro-)
graníticos unidos entre sí sen ningún tipo de argamasa que asegure a
adherencia, é dicir, “ao seco”, agás o opus caementicium, que pode
considerarse un equivalente ao formigón actual.
• Contexto histórico, función, contido e significado:
• Aludir á información estudiada anteriormente, relativa ao interese polas
distintas tipoloxías arquitectónicas, a expansión romana no Imperio, á
Romanización e ao estudio da enxeñería.
• O acueduto é a imaxe principal da paisaxe urbana segoviana, é a obra de
enxeñaría romana máis importante da Península Ibérica e unha das máis
destacadas de Europa, só comparable ao Pont du Gard que forma parte do
acueduto de Nimes.
• Este acueduto foi construído para abastecer de auga a parte alta da cidade de
Segovia, onde se instalou un enclave miliar romano de importancia
estratéxica. Tras unha pequena modificación, o acueduto continúa en
funcionamento.
• O acueducto de Segovía é un magnífico exemplo de enxeñería civil romana en
España e demóstranos a importancia que se deu a tales obras sendo onde
mellor móstrase o carácter práctico da arte romano e os grandes avances que
lograron en obras de enxeñería civil como pontes, calzadas e acueductos, tan
vitais para a administración dun imperio baseado en grandes cidades.
TIPOLOXÍAS ARQUITECTÓNICAS
• Os edificios romanos pódense diferenciar segundo sexan privados ou públicos.
• Privados: deben sinalarse as casas, que poden ser unifamiliares (domus) ou de veciños
(insulae). Tamén destacan as vilas, construídas polos emperadores para o seu propio
gozo e beneficio, adoitando ser grandes e fastosas, ao igual que os palacios, nas aforas
das cidades.
• Públicos: distínguense os edificios relixiosos e os edificios civís.
• Entre os edificios públicos relixiosos destacan os templos
• Foron erixidos para o culto aos deuses e seguen moitas das características do
templo etrusco:
• A súa elevación mediante un podio.
• A preeminencia dunha fachada principal, resaltada cun pórtico de
entrada alto, ao que se accedía por unha escalinata.
• Tamén é posible atopar elementos do templo grego, como por exemplo:
• A forma rectangular da planta.
• A división do interior en dous espazos diferenciados, o pronao ou
pórtico e a cela ou naos, en cuxo interior se gardaba a estatua do
deus.
• O feito de rodear todo o edificio de columnas, que no caso da cela
están pegadas.
• Un dos templos mellor conservados é a Maison Carrée en Nimes (ficha 15),
que se tomou como modelo na construcción da igrexa neoclásica da
Madeleine en París.
• Tamén hai que mencionar os templos de pranta circular que, partindo do
tholos grego, ás veces foron cubertos con grandes cúpulas, coma o Templo de
Vesta en Trípoli e, sobre todo, o Panteón de Agripa en Roma.
Panteón de Agripa
• Identificación:
• Trátase dun templo de estilo romano imperial, elaborado en formigón, granito,
ladrillo, mármore e madeira, entre os anos 118 e 125 d. C. Localízase no
Campo de Marte, em Roma.
• Análise e comentario:
• O Panteón de Agripa recibe o nome do primitivo templo construído por
mandato do xeral Marco Agripa (amigo do emperador Augusto) no primeiro
terzo do século I. Un incendio arrasouno, só quedou a inscrición que aparece
no arquitrabe. O actual construíuse en época de Adriano no século II.
• Para construír o templo utilizaron materiais diversos: opus caementecium nos
grosos muros; ladrillo e pedra volcánica na cúpula para alixeirar o peso e
mármore e granito nas columnas. O interior está decorado con mármores de
diferentes tonalidades.
• A planta consta de dúas partes:
• O pórtico de planta rectangular que lembra aos templos gregos,
• A cella de planta circular rematada por unha impresionante cúpula
sobre tambor,
• A intersección entre ámbalas zonas realízase a través dos propileos (vestíbulo
simple situado na fronte da entrada a un santuario) que morren no arranque
do tambor.
• O pórtico de clara influencia grega é períptero, octástilo e arquitrabado. Ten
tres rúas, a central máis ancha. Sobre as monumentais columnas de 18 m de
altura e de capitel corintio, repousa o entablamento coa inscrición de Agripa e
sobre el, un frontón actualmente sen decoración.
• Unha vez cruzado o pórtico e a través dunhas portas de bronce accédese á cella ou
naos. Aquí demóstrase que os romanos foron auténticos arquitectos. Crean espazos
internos. A sala é unha esfera perfecta de 43,30 metros de base por 43,30 metros de
altura. É un círculo dentro dun cadrado. A cella transmite grandiosidade, harmonía e
nitidez.
• Os romanos souberon construír atendendo a uns principios de simetría e a unha
concepción axial do espazo tanto en vertical como en horizontal. Se trazásemos un
eixo, o templo quedaría dividido en dous partes simétricas desde o óculo ao centro do
chan e desde a ábsida á porta.
• Os elementos sustentantes son, no exterior, un muro groso de 7m que esconde nos
seus interior pilares que suxeitan e distribúen o peso da cúpula. No interior utilizan
columnas, pilares e intercalando hornacinas e frontóns.
• A gran achega está na cuberta, unha enorme cúpula remata o templo, esta cuberta
semiesférica, construída con pedra volcánica e ladrillo para alixeirar o peso, susténtase
nun enorme tambor que vai trasladando o peso a semiesferas, columnas, pilares e ao
gran muro exterior. A cúpula remátase na parte central cun óculo por onde entra a luz
cenital, toda ela está decorada con casetones. Esta solución dá unha sensación de
amplitude, protección e de espazo diáfano.
• O ritmo compositivo interior márcao a alternancia de elementos arquitrabados
como frontóns con hornacinas de arco de medio punto. Destaca en fronte da porta
principal unha gran ábsida rematada cunha cúpula de cuarto de esfera que influirá nas
cabeceiras das igrexas cristiás. O ritmo decorativo interior está remarcado coa
alternancia de columnas corintias, frontóns arquitrabados e abovedados, todos eles
recubertos de ricos mármores. Os nichos contiñan estatuas dos deuses romanos.
• O Panteón de Agripa é quizá a obra cume da arquitectura romana. É o edificio mellor
conservado. Os romanos demostran que son auténticos arquitectos, crean e acoutan o
espazo interior. Os gregos, en cambio, dan prioridade ao exterior, os templos
constrúenos como esculturas para ser contempladas desde fóra.
• Este templo ten unha enorme simboloxía, foi construído no momento de maior
esplendor do Imperio Romano, dedicado a todos os deuses, a cúpula simboliza o ceo
e o resto do templo ao poder terreal centrado en Roma (as sete ábsidas estaban
consagradas ás sete divinidades celestes: o Sol, a Luna, Mercurio, Venus, Marte,
Júpiter e Saturno), as perfectas esferas representan a unión do ceo e o centro do
Imperio. A Unión de ceo e terra.
• O Panteón é un dos mellores exemplos do concepto que tiñan os romanos da
arquitectura e da arte, trátase dunha arquitectura ecléctica onde funden o grego e o
romano, son construcións pragmáticas, útiles, ao servizo do poder, deixan constancia
da grandeza de Roma. Tamén nos permite coñecer a relixión politeísta.
• A súa gran achega é saber fundir nun mesmo espazo elementos arquitrabados e
esféricos. Crean un espazo interno diáfano, nítido, simétrico e cunha luz envolvente
onde tradición e audacia únense.
• O Panteón de Agripa, as solucións técnicas e sobre todo a cúpula influirán nas obras
arquitectónicas de movementos artísticos posteriores do Renacemento, Barroco ou
Neoclasicismo. A cúpula do Duomo de Florencia de Brunelleschi ou a de San Pedro do
Vaticano do Miguel Ángel tiveron moi presente esta obra que acabamos de comentar.
Unha obra única, incrible con solucións arquitectónicas descoñecidas ata agora.
Tipoloxías Arquitectónicas: Arquitectura Civil
• Os romanos levantaron un gran número de edificios, que respondían perfectamente ás
necesidades dunha sociedade complexa e evolucionada como a súa:
• Monumentos destinados á diversión:
• Termas. Edificios públicos destinados, principalmente, aos baños en
piscinas de auga quente (caldarium), de auga morna (tepidarium) e de
auga fría (frigidarium). Cabe destacar as Termas de Caracalla en Roma.
• Teatros. Locais de estrutura semicircular parecida á dos teatros
gregos, pero construídos sen aproveitar o desnivel do terreo. En
España cabe sinalar os de Mérida, Sagunto e Tarragona.
• Anfiteatros. De planta elíptica, xorde da unión de dous teatros. Alí
celebrábanse loitas de gladiadores, naumaquias e venationes (loitas de
animais). O Coliseo de Roma é o exemplo máis importante, pero
tamén cabe destacar o anfiteatro de Nimes, Francia e os de Mérida e
Tarragona.
• Circo. Lugar onde se organizaban as carreiras de cuadrigas (cabalos e
carros) e se realizaban actividades atléticas. A pesar do seu mal estado
de conservación, destaca a magnificencia do circo Máximo en Roma.

More Related Content

What's hot

Vocabulario Historia del Arte
Vocabulario Historia del ArteVocabulario Historia del Arte
Vocabulario Historia del ArteDudas-Historia
 
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de OseiraArte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de OseiraAgrela Elvixeo
 
Arte paleocristiá, bizantina e musulmá
Arte paleocristiá, bizantina e musulmáArte paleocristiá, bizantina e musulmá
Arte paleocristiá, bizantina e musulmáAgrela Elvixeo
 
Arquitectura clásica grega
Arquitectura  clásica gregaArquitectura  clásica grega
Arquitectura clásica gregaAgrela Elvixeo
 
Neoclasicismo, romanticismo. Goya
Neoclasicismo, romanticismo. GoyaNeoclasicismo, romanticismo. Goya
Neoclasicismo, romanticismo. GoyaAgrela Elvixeo
 
Santa comba de bande ourense
Santa comba de bande ourenseSanta comba de bande ourense
Santa comba de bande ourenseYolandaseara
 
Comentario templo Atenea Nike
Comentario templo Atenea NikeComentario templo Atenea Nike
Comentario templo Atenea Nikelorenaamarelle
 
Unidade 3 Cidade Romana
Unidade 3 Cidade RomanaUnidade 3 Cidade Romana
Unidade 3 Cidade Romanacamposseijo
 
San miguel de celanova
San miguel de celanovaSan miguel de celanova
San miguel de celanovaYolandaseara
 
Unidade 1 Arquitectura Grega
Unidade 1 Arquitectura GregaUnidade 1 Arquitectura Grega
Unidade 1 Arquitectura Gregacamposseijo
 

What's hot (20)

Tema 3 arte romano
Tema 3 arte romanoTema 3 arte romano
Tema 3 arte romano
 
Vocabulario Historia del Arte
Vocabulario Historia del ArteVocabulario Historia del Arte
Vocabulario Historia del Arte
 
Propíleos
PropíleosPropíleos
Propíleos
 
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de OseiraArte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
 
Arquitectura grega II
Arquitectura grega IIArquitectura grega II
Arquitectura grega II
 
Arte paleocristiá, bizantina e musulmá
Arte paleocristiá, bizantina e musulmáArte paleocristiá, bizantina e musulmá
Arte paleocristiá, bizantina e musulmá
 
Tema 6. A arte romana
Tema 6. A arte romanaTema 6. A arte romana
Tema 6. A arte romana
 
Arquitectura clásica grega
Arquitectura  clásica gregaArquitectura  clásica grega
Arquitectura clásica grega
 
As viae romanas: camiños de latinidade
As viae romanas: camiños de latinidadeAs viae romanas: camiños de latinidade
As viae romanas: camiños de latinidade
 
Neoclasicismo, romanticismo. Goya
Neoclasicismo, romanticismo. GoyaNeoclasicismo, romanticismo. Goya
Neoclasicismo, romanticismo. Goya
 
Tema 3. A arte romana
Tema 3. A arte romanaTema 3. A arte romana
Tema 3. A arte romana
 
Santa comba de bande ourense
Santa comba de bande ourenseSanta comba de bande ourense
Santa comba de bande ourense
 
Comentario templo Atenea Nike
Comentario templo Atenea NikeComentario templo Atenea Nike
Comentario templo Atenea Nike
 
Tema 3 arte romano
Tema 3 arte romanoTema 3 arte romano
Tema 3 arte romano
 
Arte do Renacemento
Arte do RenacementoArte do Renacemento
Arte do Renacemento
 
Unidade 3 Cidade Romana
Unidade 3 Cidade RomanaUnidade 3 Cidade Romana
Unidade 3 Cidade Romana
 
Arquitectura barroca
Arquitectura barrocaArquitectura barroca
Arquitectura barroca
 
San miguel de celanova
San miguel de celanovaSan miguel de celanova
San miguel de celanova
 
Escultura Grega
Escultura GregaEscultura Grega
Escultura Grega
 
Unidade 1 Arquitectura Grega
Unidade 1 Arquitectura GregaUnidade 1 Arquitectura Grega
Unidade 1 Arquitectura Grega
 

Similar to A Arte Romana. Primeira Parte

Similar to A Arte Romana. Primeira Parte (20)

Tema 7. A arte romana
Tema 7. A arte romanaTema 7. A arte romana
Tema 7. A arte romana
 
Tema 3. A arte romana
Tema 3. A arte romanaTema 3. A arte romana
Tema 3. A arte romana
 
Tema 3 arte romano
Tema 3 arte romanoTema 3 arte romano
Tema 3 arte romano
 
Arte romana
Arte romanaArte romana
Arte romana
 
Vrbs Roma
Vrbs RomaVrbs Roma
Vrbs Roma
 
Hispania Romana
Hispania RomanaHispania Romana
Hispania Romana
 
Edificios de lecer
Edificios de lecerEdificios de lecer
Edificios de lecer
 
Roma
RomaRoma
Roma
 
Tema 14 A herdanza da cultura clásica
Tema 14 A herdanza da cultura clásicaTema 14 A herdanza da cultura clásica
Tema 14 A herdanza da cultura clásica
 
O Imperio Romano
O Imperio RomanoO Imperio Romano
O Imperio Romano
 
Tema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoTema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romano
 
Tema 6 románico
Tema 6 románicoTema 6 románico
Tema 6 románico
 
Gallaecia (Galicia) na Hispania romana
Gallaecia (Galicia) na Hispania romanaGallaecia (Galicia) na Hispania romana
Gallaecia (Galicia) na Hispania romana
 
Elementos da arquitectura
Elementos da arquitecturaElementos da arquitectura
Elementos da arquitectura
 
Arte barroca
Arte barrocaArte barroca
Arte barroca
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
Unidade 1. Hispania romana
Unidade 1. Hispania romanaUnidade 1. Hispania romana
Unidade 1. Hispania romana
 
Presentación rexións de italia
Presentación rexións de italiaPresentación rexións de italia
Presentación rexións de italia
 
14c historia dos romanos
14c historia dos romanos14c historia dos romanos
14c historia dos romanos
 
O imperio bizantino
O imperio bizantinoO imperio bizantino
O imperio bizantino
 

More from Dudas-Historia

Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021Dudas-Historia
 
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020Dudas-Historia
 
Tema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade ModernaTema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade ModernaDudas-Historia
 
Obras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidenciaObras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidenciaDudas-Historia
 
Impresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-PosimpresionismoImpresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-PosimpresionismoDudas-Historia
 
Legislation and Human Resources
Legislation and Human ResourcesLegislation and Human Resources
Legislation and Human ResourcesDudas-Historia
 
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade ModernaTema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade ModernaDudas-Historia
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoDudas-Historia
 
Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises Dudas-Historia
 
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975Dudas-Historia
 
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959Dudas-Historia
 

More from Dudas-Historia (20)

Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021
 
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
 
Tema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade ModernaTema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade Moderna
 
Obras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidenciaObras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidencia
 
Impresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-PosimpresionismoImpresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-Posimpresionismo
 
Pintura Barroca
Pintura BarrocaPintura Barroca
Pintura Barroca
 
Escultura Barroca
Escultura BarrocaEscultura Barroca
Escultura Barroca
 
Legislation and Human Resources
Legislation and Human ResourcesLegislation and Human Resources
Legislation and Human Resources
 
Directrices ABAU 2019
Directrices ABAU 2019Directrices ABAU 2019
Directrices ABAU 2019
 
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade ModernaTema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
 
Franquismo. 1959-1975
Franquismo. 1959-1975Franquismo. 1959-1975
Franquismo. 1959-1975
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
 
Pintura barroca
Pintura barrocaPintura barroca
Pintura barroca
 
Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises
 
Finance
Finance Finance
Finance
 
Finance
FinanceFinance
Finance
 
Bernini como modelo
Bernini como modeloBernini como modelo
Bernini como modelo
 
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
 
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
 
Definiciones
DefinicionesDefiniciones
Definiciones
 

A Arte Romana. Primeira Parte

  • 1. A ARTE ROMANA. I PARTE REFERENTES HISTÓRICOS A finais do século VIII a península itálica estaba habitada por diferentes Pobos: os ligures, os umbros, os etruscos, os samitas, os sabinos e os latinos. Este últimos fundaron, no ano 753 a. C., un poboado, Roma, que co tempo se converteu na capota dun dos imperios máis poderosos. As orixes fundacionais da cidade son confusas e nelas mestúrase a historia e a lenda, pois algunhas fontes atribúen a fundación de Roma aos irmáns Rómulo e Remo. A historia de Roma divídese entre tres grandes períodos: ● Monarquía (753-509 a. C.): estapa escura gobernada por reis, dos cales os tres últimos eran de orixe etrusca, un pobo estranxeiro que entre os séculos VIII e IV habitou a zona da actual Toscana e deixou unha pegada artística fundamental na evolución da arte romana. ● República (509-31 a. C.): etapa na que os romanos levaron a cabo a conquista e a colonización doutros territorios e derrotaron, nas chamadas Guerras Púnicas, aos exércitos cartaxineses. ● Imperio (31 a. C.-476 d. C.): etapa na que se establece un novo sistema político, liderado por un emperador, e se divide o territorio en provincias. Pero a partir do século V, as tribos bárbaras do norte de Europa iniciaron a reconquista dos seus dominios e asediaro o Imperio, ata que o ano 476 Odoacro, rei dos hérulos, derrotou o emperador Rómulo Augusto e puxo fin ao Imperio Romano de Occidente. ANTECEDENTES • A cultura e a arte da Antiga Roma é moi ecléctica (variada), xa que asimilaron as influencias dos diferentes pobos que foron conquistando. As herdanzas máis destacadas foron: a etrusca, a grega e a da escola helenística procedente do Próximo Oriente e de Exipto. • A diversidade de influencias apréciase sobre todo na arquitectura, na que os referentes grego e etrusco fusiónanse na construcción dos edificios. • Entre os antecendentes da arte romana debe sinalarse a arte etrusca, que alcanzou o seu máximo esplendor entre os séculos VII e V a. C. e abrangueu gran parte do norte da península itálica. • Posteriormente, Roma, despois de dominar todos os territorios da península Itálica, e de poner fin así á civilización etrusca, estendeu o seu dominio político e cultural por todas as terras mediterráneas, unha parte da Europa continental, as illas Británicas, Siria e Mesopotamia. • Cronolóxicamente pódese falar de Roma desde o ano 509 a. C., cando os etruscos foros expulsados, ata o 476 d. C. Non obstante, desde un punto de vista cultural e artístico, non se pode falar dunha arte propiamente romana ata o século II a. C. Tradicionalmente, non obstante, diferenciouse a arte romana en dous períodos: • O Republicano (séculos III-I a. C.), durante o que se observa a influencia das formas culturais gregas e etruscas.
  • 2. • O Imperial (séculos I a. C.-V d. C.), no que se inclúe a arte tardorromana iniciada a finais dos século III d. C. Antecedentes Etruscos • Os Etruscos foron un pobo ubicado na rexión da Toscana actual, procedente de Asia Menor. Se coñecen datos sobre eles dende o século X a. C., pero durante o século VIII xa comerciaban coas colonias helénicas da Magna Grecia, así como con otros pobos, como os latinos ou os sabinos, que vivían no centro da Península Itálica. • Características da arte etrusca que asimilou a arte romana: • En arquitectura: • Utilización do arco de medio punto e da bóveda de canón ou de aresta; elemento arquitectónicos de orixe mesopotámica, chegaron ao continente europeo a través da arquitecura etrusca e foron base técnica da arquitectura romana. • Introducción da Orde Toscana, unha orde arquitectónica arquitrabada que adoptarán despois os arquitectos romanos. Destaca por: • Unha columna lisa, con base e capitel xeométrico ao xeito dórico, composto tamén de colariño, equino e ábaco. • Fuste fino e sen éntase. • Un entaboamento formado por unha arquitrabe lisa, un friso sinxelo sen tríglifos nin metopas, e unha cornixa. • Uso do ladrillo para a confección de muros e murallas. • Interese no concepto de Arco de Triunfo. • Forma e distribución do templo e os tipos de enterramento (mausoleos). • En escultura: • O xénero do retrato, moi popular, cuxo elevado realismo tivo unha grande incidencia na estatuaria romana. Igualmente importantes foron as representacións escultóricas de animais míticos ou fantásticos, como, por exemplo, a Quimera de Arezzo. • En pintura: • Destaca a representación de escenas da vida cotiá do pobo etrusco, incluso na decoración mural das tumbas. Antecedentes gregos • Características da Arte Grega que asimilou a Arte Romana: • En arquitectura: • Utiliza ordes gregas tradicionais (dórica, xónica e corintia). • En escultura:
  • 3. • Gran realismo. • Diferencias respecto a Arte Grega: • A arquitectura romana ten un maior sentido ornamental na arquitectura: aumentan as molduras e os elementos decorativos (guirnaldas, bucráneos, etc.) • Os romanos utilizan a columna como elemento máis ornamental que tectónico, como consecuencia, aparecen os arcos de triunfo, con sentido conmemorativo. • Os romanos teñen unha valoración diferente dos espazos interiores; o edificio romano enténdese tamén dentro, e é aquí onde se dan as maiores innovacións. CARACTERÍSTICAS XERÁIS DA ARQUITECTURA ROMANA 1. Debido ao concepto centralista de Roma, o seu arte é máis uniforme e non atopamos escolas tan definidas como as do mundo grego (excepto na parte oriental). 2. A civilización romana é ante todo utilitaria e de cidades e, ao haber un grande desenvolvemento do urbanismo, hai unha transformación na arquitectura. 3. Roma é, ante todo, un imperio militar e esa idea de dominio, pervivencia, etc., implica a construcción de todos un sistema de estradas e calzadas, ademáis da construcción de grandes murallas que conformar enormes fortalezas. A arte como propaganda do poder. 4. A convicción de inmortalidade do Imperio, fai que a súa arquitectura ríxase polo principio de que o facer o esforzo inicial duradeiro é bo á larga porque aforra esforzo. 5. Problemas arquitectónicos que deben resolver: • O uso da bóveda e o da cúpula: necesitan bos materiais. Utilizan o sistema da cimbra (armazón de madeira que se utiliza para facer a montaxe da cúpula) e a cerran no interior a través de casetóns. • Teñen que crear un sistema para soportar o peso e o empuxe da bóveda, polo tanto os romanos van utilizar un muro espeso e pilastras en lugar de columnas. 6. Diversifícase o material construtivo (ladrillo, pedra e formigón), combinado de diferente maneira: • Opus Incertum ou cachotaría (mampostería). • Opus Reticulatum (sillares). • Opus Cuadratum (sistema a soga e tizón). • Opus Cementinium (unha especie de formigón actual: auga, arena, cal e pedras pequenas). • Opus Mixtum (mestura de pedra e ladrillo).
  • 4. O emprego de formigón e ladrillo fai que Roma teña materiais baratos e doados de acadar, pero sen unha gran estética, polo tanto, adóitanse cubrir (a pedra incluída), con placas de alabastro ou mármore para mellorar a arquitectura esteticamente. URBANISMO E ARQUITECTURA • Urbanismo e arquitectura son as máximas representacións do carácter romano e son considerados os instrumentos de romanización máis importantes, xa que homoxeneizan todas as grandes ciudades das terras conquistadas. • Os romanos aplican a toda cidade de nova construcción un sistema de ordenamento xeométrico en cuadrícula, seguindo o trazado dos campamentos militares primitivos. Así, a cidade dividíase en catro parcelas separadas por dúas rúas principais: • O cardo (N-S). • O decumano (L-O). • No cruzamento resultante constrúese o foro, unha praza na que se levantan os edificios públicos máis importantes, moi similar a antiga ágora grega. Os templos, basílicas, a curia (aínda que o termo sufre variacións ao longo do tempo, refírese ao edificio administrativo ou de goberno), o arquivo, os monumentos conmemorativos (arcos e columnas), fan do foro romano un conglomerado incoherente de construcción. O máis complexo e grandioso de todos é o Foro de Trajano en Roma. • De grande importancia para o desenvolvemento do territorio e da cidade son as vías de comunicación entre os distintos territorios. A principal vía no sistema de comunicacións romano foi a Vía Augusta, que unía Roma con Cádiz, pasando por Tarragona. • Tamén foron moi importantes as obras de enxeñaría, como por exemplo as pontes e os acueductos, extraordinarios monumentos con arcadas, encargados de levar a auga aos núcleos urbanos desde os pantanos ou ríos das montañas. En España existe un dos máis importantes e mellor conservados: o acueducto de Segovia. • Exemplos de ciudades recuperadas e conservadas son Pompeia e Herculano, en Nápoles e, parcialmente, Mérida e Tarragona, en España. Acueducto romano de Segovia • Identificación: • Trátase dunha obra de enxeñería romana que claramente manifesta a grande importancia e desenvolvemento das vías de comunicación dentro do Imperio Romano, fundamentais como instrumento romanizador que se expande e homoxeneiza as grandes ciudades das terras conquistadas. • A súa tipoloxía é a de acueducto e foi realizada en granito entre os anos 90 e 105 d. C. Está localizado en Segovia e é de estilo romano. • Análise e comentario: • A necesidade de dotar ás cidades de auga fixo que se crease unha rede de acueductos que a trasladasen desde os pantanos ata os núcleos urbanos. Para iso creáronse canalizacións que aproveitando unha pendente que debía
  • 5. permanecer constante ao longo do percorrido transportaban a auga ata cisternas desde onde se distribuía. • O acueducto comeza a uns 16 k da cidade de Segovia, na serra de Guadarrama, onde recolle a auga do caudal do río Frío. Dende aquí parte unha canle de 30 cm de diámetro que se dirixe ata unha torre –El Caserón- construída na cidade de Segovia, onde se eliminaba a sucidade que arrastraba a auga. • A partir de aquí comeza a parte visible e arquitectónica do acueduto, dividida en dous grandes tramos: • Un primeiro tramo con 78 arcos de medio punto. • Un segundo tramo, con 44 arcadas dobres sobrepostas. • En total son 778 m de lonxitude, cunha altura mínima de 7 metros e unha máxima de case 29. • A arquería superior mantense sempre invariable; non obstante, os piares da arquería inferior varían de medida para adaptarse ao terreo. • Todos os arcos están construídos con grandes perpiaños (sillar ou pedra que atravesa ou alcanza todo un muro ou parede -atravésaa dun lado ao outro-) graníticos unidos entre sí sen ningún tipo de argamasa que asegure a adherencia, é dicir, “ao seco”, agás o opus caementicium, que pode considerarse un equivalente ao formigón actual. • Contexto histórico, función, contido e significado: • Aludir á información estudiada anteriormente, relativa ao interese polas distintas tipoloxías arquitectónicas, a expansión romana no Imperio, á Romanización e ao estudio da enxeñería. • O acueduto é a imaxe principal da paisaxe urbana segoviana, é a obra de enxeñaría romana máis importante da Península Ibérica e unha das máis destacadas de Europa, só comparable ao Pont du Gard que forma parte do acueduto de Nimes. • Este acueduto foi construído para abastecer de auga a parte alta da cidade de Segovia, onde se instalou un enclave miliar romano de importancia estratéxica. Tras unha pequena modificación, o acueduto continúa en funcionamento. • O acueducto de Segovía é un magnífico exemplo de enxeñería civil romana en España e demóstranos a importancia que se deu a tales obras sendo onde mellor móstrase o carácter práctico da arte romano e os grandes avances que lograron en obras de enxeñería civil como pontes, calzadas e acueductos, tan vitais para a administración dun imperio baseado en grandes cidades. TIPOLOXÍAS ARQUITECTÓNICAS • Os edificios romanos pódense diferenciar segundo sexan privados ou públicos. • Privados: deben sinalarse as casas, que poden ser unifamiliares (domus) ou de veciños (insulae). Tamén destacan as vilas, construídas polos emperadores para o seu propio
  • 6. gozo e beneficio, adoitando ser grandes e fastosas, ao igual que os palacios, nas aforas das cidades. • Públicos: distínguense os edificios relixiosos e os edificios civís. • Entre os edificios públicos relixiosos destacan os templos • Foron erixidos para o culto aos deuses e seguen moitas das características do templo etrusco: • A súa elevación mediante un podio. • A preeminencia dunha fachada principal, resaltada cun pórtico de entrada alto, ao que se accedía por unha escalinata. • Tamén é posible atopar elementos do templo grego, como por exemplo: • A forma rectangular da planta. • A división do interior en dous espazos diferenciados, o pronao ou pórtico e a cela ou naos, en cuxo interior se gardaba a estatua do deus. • O feito de rodear todo o edificio de columnas, que no caso da cela están pegadas. • Un dos templos mellor conservados é a Maison Carrée en Nimes (ficha 15), que se tomou como modelo na construcción da igrexa neoclásica da Madeleine en París. • Tamén hai que mencionar os templos de pranta circular que, partindo do tholos grego, ás veces foron cubertos con grandes cúpulas, coma o Templo de Vesta en Trípoli e, sobre todo, o Panteón de Agripa en Roma. Panteón de Agripa • Identificación: • Trátase dun templo de estilo romano imperial, elaborado en formigón, granito, ladrillo, mármore e madeira, entre os anos 118 e 125 d. C. Localízase no Campo de Marte, em Roma. • Análise e comentario: • O Panteón de Agripa recibe o nome do primitivo templo construído por mandato do xeral Marco Agripa (amigo do emperador Augusto) no primeiro terzo do século I. Un incendio arrasouno, só quedou a inscrición que aparece no arquitrabe. O actual construíuse en época de Adriano no século II. • Para construír o templo utilizaron materiais diversos: opus caementecium nos grosos muros; ladrillo e pedra volcánica na cúpula para alixeirar o peso e mármore e granito nas columnas. O interior está decorado con mármores de diferentes tonalidades. • A planta consta de dúas partes: • O pórtico de planta rectangular que lembra aos templos gregos,
  • 7. • A cella de planta circular rematada por unha impresionante cúpula sobre tambor, • A intersección entre ámbalas zonas realízase a través dos propileos (vestíbulo simple situado na fronte da entrada a un santuario) que morren no arranque do tambor. • O pórtico de clara influencia grega é períptero, octástilo e arquitrabado. Ten tres rúas, a central máis ancha. Sobre as monumentais columnas de 18 m de altura e de capitel corintio, repousa o entablamento coa inscrición de Agripa e sobre el, un frontón actualmente sen decoración. • Unha vez cruzado o pórtico e a través dunhas portas de bronce accédese á cella ou naos. Aquí demóstrase que os romanos foron auténticos arquitectos. Crean espazos internos. A sala é unha esfera perfecta de 43,30 metros de base por 43,30 metros de altura. É un círculo dentro dun cadrado. A cella transmite grandiosidade, harmonía e nitidez. • Os romanos souberon construír atendendo a uns principios de simetría e a unha concepción axial do espazo tanto en vertical como en horizontal. Se trazásemos un eixo, o templo quedaría dividido en dous partes simétricas desde o óculo ao centro do chan e desde a ábsida á porta. • Os elementos sustentantes son, no exterior, un muro groso de 7m que esconde nos seus interior pilares que suxeitan e distribúen o peso da cúpula. No interior utilizan columnas, pilares e intercalando hornacinas e frontóns. • A gran achega está na cuberta, unha enorme cúpula remata o templo, esta cuberta semiesférica, construída con pedra volcánica e ladrillo para alixeirar o peso, susténtase nun enorme tambor que vai trasladando o peso a semiesferas, columnas, pilares e ao gran muro exterior. A cúpula remátase na parte central cun óculo por onde entra a luz cenital, toda ela está decorada con casetones. Esta solución dá unha sensación de amplitude, protección e de espazo diáfano. • O ritmo compositivo interior márcao a alternancia de elementos arquitrabados como frontóns con hornacinas de arco de medio punto. Destaca en fronte da porta principal unha gran ábsida rematada cunha cúpula de cuarto de esfera que influirá nas cabeceiras das igrexas cristiás. O ritmo decorativo interior está remarcado coa alternancia de columnas corintias, frontóns arquitrabados e abovedados, todos eles recubertos de ricos mármores. Os nichos contiñan estatuas dos deuses romanos. • O Panteón de Agripa é quizá a obra cume da arquitectura romana. É o edificio mellor conservado. Os romanos demostran que son auténticos arquitectos, crean e acoutan o espazo interior. Os gregos, en cambio, dan prioridade ao exterior, os templos constrúenos como esculturas para ser contempladas desde fóra. • Este templo ten unha enorme simboloxía, foi construído no momento de maior esplendor do Imperio Romano, dedicado a todos os deuses, a cúpula simboliza o ceo e o resto do templo ao poder terreal centrado en Roma (as sete ábsidas estaban consagradas ás sete divinidades celestes: o Sol, a Luna, Mercurio, Venus, Marte, Júpiter e Saturno), as perfectas esferas representan a unión do ceo e o centro do Imperio. A Unión de ceo e terra.
  • 8. • O Panteón é un dos mellores exemplos do concepto que tiñan os romanos da arquitectura e da arte, trátase dunha arquitectura ecléctica onde funden o grego e o romano, son construcións pragmáticas, útiles, ao servizo do poder, deixan constancia da grandeza de Roma. Tamén nos permite coñecer a relixión politeísta. • A súa gran achega é saber fundir nun mesmo espazo elementos arquitrabados e esféricos. Crean un espazo interno diáfano, nítido, simétrico e cunha luz envolvente onde tradición e audacia únense. • O Panteón de Agripa, as solucións técnicas e sobre todo a cúpula influirán nas obras arquitectónicas de movementos artísticos posteriores do Renacemento, Barroco ou Neoclasicismo. A cúpula do Duomo de Florencia de Brunelleschi ou a de San Pedro do Vaticano do Miguel Ángel tiveron moi presente esta obra que acabamos de comentar. Unha obra única, incrible con solucións arquitectónicas descoñecidas ata agora. Tipoloxías Arquitectónicas: Arquitectura Civil • Os romanos levantaron un gran número de edificios, que respondían perfectamente ás necesidades dunha sociedade complexa e evolucionada como a súa: • Monumentos destinados á diversión: • Termas. Edificios públicos destinados, principalmente, aos baños en piscinas de auga quente (caldarium), de auga morna (tepidarium) e de auga fría (frigidarium). Cabe destacar as Termas de Caracalla en Roma. • Teatros. Locais de estrutura semicircular parecida á dos teatros gregos, pero construídos sen aproveitar o desnivel do terreo. En España cabe sinalar os de Mérida, Sagunto e Tarragona. • Anfiteatros. De planta elíptica, xorde da unión de dous teatros. Alí celebrábanse loitas de gladiadores, naumaquias e venationes (loitas de animais). O Coliseo de Roma é o exemplo máis importante, pero tamén cabe destacar o anfiteatro de Nimes, Francia e os de Mérida e Tarragona. • Circo. Lugar onde se organizaban as carreiras de cuadrigas (cabalos e carros) e se realizaban actividades atléticas. A pesar do seu mal estado de conservación, destaca a magnificencia do circo Máximo en Roma.