SlideShare a Scribd company logo
1 of 16
Download to read offline
VII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS :
METEOVALADARES
Convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 12 de abril de 2021, no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas
Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), do VII CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS baixo a coordinación (ou
coa participación) da biblioteca escolar, en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educa-
ción e Universidade para o curso 2020/2021.
VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 1
Contido
A. Introdución (xustificación e planificación en referencia aos contidos curriculares, criterios
e estándares de aprendizaxe, competencias clave, calendario, alumnado e profesorado,
organización para a súa realización…)..................................................................................2
B. Obxecto ou temática de investigación proposta:.............................................................3
C. Breve descrición do proceso de deseño e elaboración da proposta:..............................3
D. Documentación elaborada para profesorado e alumnado. .............................................8
E. Relación das tarefas máis importantes realizadas polo alumnado. ................................9
F. Recursos utilizados así como unha enumeración detallada das principais fontes
consultadas para a investigación.........................................................................................10
G. Implicación da comunidade educativa. .........................................................................11
H. Difusión dos traballos entre a comunidade educativa...................................................11
I. Avaliación. Procedementos empregados......................................................................12
J. Implicación/Participación da biblioteca “O Sobreiral das Palabras” ..............................12
Anexo: DESEÑO CURRICULAR do proxecto “MeteoValadares”........................................13
VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 2
A. Introdución (xustificación e planificación en referencia aos contidos
curriculares, criterios e estándares de aprendizaxe, competencias
clave, calendario, alumnado e profesorado, organización para a súa
realización…)
No centro contamos cun grupo de alumnado (5) de necesidades educativas especiais graves
e permanentes con distintos niveis de competencias, comunicación e autonomía. Nalgún
caso con pouca implicación no seu proceso de aprendizaxe, por falta de autoestima e expe-
riencias escolares previas. O grupo está formado por estudantes, todos eles, cunha disca-
pacidade recoñecida así como cunha comorbilodade de diversas patoloxías e trastornos.
Dous alumnos TEA en 1º e 2ºESO, dous alumnos con TDA, un deles asociado con Dislexia
en 1ºe 2º, e por último, unha alumna con TDAH en 1º.
Todo o grupo presenta dificultades xeneralizadas de aprendizaxe, todos eles teñen ACI en
todas as materias implicadas: matemáticas, física (2º) ou bioloxía (1º) e tecnoloxía (2º).
Tomando o DUA como marco da actuación, consideramos a mellor opción para acadar a
motivación do alumnado a aplicación dunha metodoloxía didáctica activa e participativa
cunha organización pedagóxica en ámbitos de coñecemento, que favoreza o traballo indivi-
dual e o cooperativo do alumnado. Así que deseñamos un proxecto interdisciplinar e inter-
nivel que dote de significación ás aprendizaxes, contribuíndo ao funcionamento do centro e
transcendendo á comunidade.
A finalidade será a adquisición e uso de coñecementos en situacións reais, de xeito que as
aprendizaxes funcionais que se xeneren sexan o máis transferibles e duradeiras posible in-
tegrando as Tecnoloxías da Información e a Comunicación e utilizando a Biblioteca escolar
como recurso.
O traballo en equipo do profesorado co obxecto de proporcionar un enfoque multidisciplinar
mediante a creación de actividades de aprendizaxe integradas contribuirá a estos logros.
VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 3
Por elo precisa a colaboración total entre as profesoras das materias implicadas e as PT
mais o equipo da biblioteca e o equipo directivo.
Este proxecto implica a este alumnado no funcionamento xeral do centro cunha misión con-
creta de cara ao resto da comunidade educativa e mesmo con proxección fóra do centro.
Son os encargados da predición metereolóxica no IES Valadares e faise visible me-
diante partes radiofónicos semanais, ademais da publicidade nas redes sociais do centro.
Os partes envíanse tamén ás persoas usuarias de AFAGA (dentro do proxecto de centro do
Club de Letras: “Teño un amigo en AFAGA”).
B. Obxecto ou temática de investigación proposta:
− Creación e posta en funcionamento dunha estación meteorolóxica no IES Valada-
res: Deseño e construción da estación.
− Estudo, toma de datos, cálculo e interpretación dos mesmos para a elaboración dun
parte meteorolóxico para a fin de semana.
− Difusión do traballo a través de Onda Valadares, destinado ao resto do IES e ás per-
soas usuarias de AFAGA.
C.Breve descrición do proceso de deseño e elaboración da proposta:
A proposta baséase no método científico (ciencia) e no método de proxectos (tecnolo-
xía), de xeito que o alumnado comprenda a diferencia entre ciencia e tecnoloxía, pero tamén
a relación de interdependencia que se establece entre elas, xa que para solucionar un pro-
blema precisamos da estreita colaboración entre as dúas. Deseguido describimos o proxecto
seguindo as fases do método científico:
1. Observación
A comezos de curso temos por diante o estudo dos climas das catro estacións do ano. Po-
demos ir estudando as características de cada estación, parámetros a ter en conta, unidades
e magnitudes físicas, aparatos de medida…
VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 4
2. Formulación do problema e toma de datos científicos
Como podemos facer unha predición meteorolóxica de forma científica cos medios cos que
contamos no instituto? En novembro o alumnado empeza a toma diaria de datos meteoroló-
xicos, anotando nunha táboa os valores de temperatura, dirección e forza do vento. Nas
fotos podemos ver os instrumentos de medidas que se utilizaron. Para esta tarefa emprega-
mos un catavento de fabricación propia, un compás e máis un termómetro. Para medir a
forza do vento botamos man da escala Beaufort, con descritores dos efectos en terra se-
gundo a forza coa que sopre o vento.
Na táboa de toma de datos tamén anotan se hai precipitacións ou non, e nas observacións
indícase a descrición do tempo segundo sexa soleado, nubrado, chuvioso, temporal… En
cada trimestre elaboran a gráfica día a día (enlace) segundo as variacións que van anotando
na táboa de rexistro, tal e como consta nas imaxes.
ESCALA DE BEAUFORT
Número de
Beaufort
Velocidad do
viento (km/h)
Denominación Efectos na terra
0
0 a 1 Calma Calma, o fume ascende verticalmente.
1
2 a 5 Ventolina O fume indica a dirección do vento.
2
6 a 11
Frouxiño (Brisa moi
feble)
Caen as follas das árbores, empezan a moverse
os muíños nos campos.
3
12 a 19 Frouxo (Brisa lixeira) Axítanse as follas, ondean as bandeiras.
4
20 a 28
Bonancible (Brisa
moderada)
Móvense o po e os papeis, abaneanse as copas
das árbores.
5
29 a 38
Fresquiño (Brisa
fresca)
Pequenos movementos das árbores, superficie
dos lagos ondulada.
VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 5
ESCALA DE BEAUFORT
Número de
Beaufort
Velocidad do
viento (km/h)
Denominación Efectos na terra
6
39 a 49 Fresco (Brisa forte)
Abanéanse as pólas das árbores, dificultade para
manter aberto o paraugas.
7
50 a 61
Frescachón (Vento
forte)
Móvense as árbores grandes, dificultade para ca-
miñar contra o vento.
8
62 a 74
Temporal (Vento
duro)
Quebran as copas das árbores, dificultade ara cir-
cular as persoas, os vehículos móvense por sí
mesmos.
9
75 a 88
Temporal forte (Moi
duro)
Danos en árbores, imposible camiñar con normali-
dade. Empézanse a danar as construcións. Arras-
tre de vehículos.
10
89 a 102
Temporal duro (Tem-
poral)
Árbores arrincadas, danos na estrutura das cons-
trucións. Danos maiores en obxectos á intemperie.
11 103 a 117
Temporal moi duro
(Borrasca)
Destrución en todas as partes, chuvias moi inten-
sas, inundacións moi altas. Voadura de persoas e
de diversos obxectos.
12 + 118
Temporal furacanado
(Furacán)
Voadura de vehículos, árbores, casas, teitos e per-
soas. Pode xerar un furacán ou tifón.
Estación metereolóxica Toma de datos
3. Formulación da hipótese
A organización, rexistro e posterior análise dos datos obtidos a partir da observación do
tempo meteorolóxico permítenos relacionar os mesmos co paso das estacións, as variacións
da flora do instituto (caída das follas no outono, inverno de árbores espidas, aparición das
primeiras follas coa chegada da primavera, floración e primeiros froitos) e co quecemento
global. Tamén abordan o estudo das capas da atmosfera coa realización dun póster cos
diferentes niveis e os límites entre capas. Falamos da capa de ozono, do efecto invernadoiro
e do quecemento global, recalcando a incidencia das actividades humanas na atmosfera.
No caso do Alumno 1 é preciso facer un caderno adaptado para a toma diaria de datos
(enlace). Neste caderno realiza as súas anotacións con apoio visual (pictogramas e fotos
VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 6
dos instrumentos). Esta rutina diaria é adquirida rapidamente polo alumnado. Xa no terceiro
trimestre, unha vez finalizada a restauración da garita meteorolóxica, engádense as medidas
de presión atmosférica, humidade relativa do aire e cantidade de auga recollida no pluvió-
metro (cos seus cálculos correspondentes).
Folla de toma de datos Póster exposto na aula Póster capas da atmós-
fera
4. Conclusións:
Comparamos os nosos datos cos recollidos pola estación meteorolóxica situada no campus
da Universidade de Vigo, para ver as diferenzas e similitudes entre as nosas medidas e as
monitorizadas pola estación alí situada. Para a realización da predición úsanse os datos
tomados durante a semana, combinados coa predición do tempo de Meteogalicia para o
concello de Vigo. Isto axuda a axustar as predicións e serve para reformular a hipótese se
fose necesario.
5. Publicación e difusión dos resultados:
Despois do primeiro trimestre, xa familiarizados coa toma de datos, aparatos de medida,
magnitudes físicas e comparación con outras estacións empezamos a difundir os resultados
dende a radio do centro. En Xaneiro iniciamos a gravación semanal dun programa de radio,
no que se informa ao resto do alumnado na hora do recreo da predición do tempo para a fin
de semana. No seguinte enlace pódense consultar os diferentes programas gravados entre
finais de xaneiro e xuño de 2021: https://www.ivoox.com/podcast-meteovalada-
res_sq_f11160107_1.html
VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 7
Na primeira sesión de gravación, facemos
unha chuvia de ideas para poñerlle nome
ao programa. E nas seguintes sesións o
alumnado elixe a imaxe que forma parte do
logo do proxecto (podemos vela na portada
deste documento). Entre o alumnado e a
docente elaboramos a escaleta do pro-
grama, o reparto das frases entre as cinco persoas integrantes do grupo e realizamos os
ensaios durante a sesión do xoves antes de gravación o mesmo venres. Nos primeiros pro-
gramas o ensaio realízase en dous grupos separados. O alumno 1 (TEA), ensaia xunto coa
PT nas sesións seguintes. Pouco a pouco a relación entre todos os integrantes de grupo fai
posible que este alumno participe nese ensaio previo en conxunto con todos os seus com-
pañeiros. O mesmo sucede coa gravación do programa. Inicialmente este alumno entra pri-
meiro na sala de gravación, pero, a medida que avanzamos, conseguimos realizar o pro-
grama co grupo completo.
Meteovaladares inclúese á súa vez no proxecto “Teño un amigo en
AFAGA” (Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e ou-
tras demencias de Galicia) que forma parte do Club de Letras, que
este curso xirou en torno ao tema dos coidados en toda a súa ex-
tensión. Todas as semanas compártese a gravación do parte me-
teorolóxico para a fin de semana coas persoas usuarias de
Escaleta do programa
VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 8
AFAGA, que o escoitan ao inicio dos seus obradoiros dos venres. Como integrantes do pro-
xecto “Teño un amigo en Afaga”, o alumnado de Meteovaladares participa nas videoconfe-
rencias que dende a biblioteca se levan a cabo ao longo do curso cos usuarios da Asocia-
ción, elabora materiais como cadernos de pasatempos ou cadernos sensoriais que se lles
envían a Afaga para que traballen nos obradoiros. En todas as videoconferencias o alum-
nado participante loce unha camiseta que o identifica como membro do proxecto. No caso
dos cinco integrantes de Meteovaladares, a súa camiseta deixa constancia da irmandade
dos dous proxectos.
Por último, detallamos o proceso que se leva a cabo me-
diante o método de proxectos para resolver a necesidade
dunha garita nova que albergue os aparellos da estación
meteorolóxica. Nas imaxes pódese apreciar o deterioro
dos vellos aparellos. A partir de xaneiro, dende a materia
de Tecnoloxía o alumnado de 2ºESO deste grupo leva a
cabo a restauración da garita meteorolóxica do centro, que se atopa nun estado de grave
deterioro. Só podemos aproveitar o teito e o soporte metálico. O aproveitamento do teito
condiciona as medidas do resto da garita, pero buscamos axustarnos o máximo posible ás
recomendacións da OMM (Organización Metereolóxica Mundial, WMO en inglés).
Nova garita
D.Documentación elaborada para profesorado e alumnado.
- Formato de rexistro de datos meteorolóxicos.
Deterioro do cadro
VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 9
-Problemas de medidas, unidades e magnitudes.
-Gráficos en papel milimetrado.
-Escaleta do programa de radio e guión coas intervencións.
-Libretas para apuntes das observacións e libreta adaptada con pictogramas.
E. Relación das tarefas máis importantes realizadas polo alumnado.
ÁMBITO CIENTÍFICO MATEMÁTICO:
Toma de datos: Rexistro diario de valo-
res de temperatura, dirección e forza do
vento, presión atmosférica, humidade e
chuvia recollida no pluviómetro.
Observación: Anotación do estado diario
do ceo.
Cálculos: Transformación do volume de
auga recollido no pluviómetro por metro
cadrado e día.
Interpretación: Integración dos datos ob-
servados para facer a predición do tempo
para a fin de semana.
Produtos: Programa de radio semanal de
predición meteorolóxica para a fin de se-
mana.
TECNOLOXÍA:
Esbozos: Supeditados ás medidas co-
merciais dos listóns de abeto, máis fácil
de traballar.
Medicións: Para facer as paredes de per-
siana escollemos reixas de respiración de
lamas fixas de aluminio brancas de 30 x
30 cm porque a opción de lamas de ma-
deira complicaban moito o proxecto. Bus-
camos, atopamos e mercamos todos os
materiais (listóns, taboleiro, parafusos,
VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 10
cravos, reixas, pintura, etc...). Cortamos
os listóns e os taboleiros ás medidas de-
sexadas.
Construción: Unimos todas as partes
con parafusos e tapamos as xuntas con
selador para madeira. Dentro puxemos al-
caiatas para fixar os instrumentos e cerra-
mos con portas tamén de reixas de lamas
brancas. Do teito orixinal aproveitamos o
furado que conectamos a través dun funil
cunha probeta graduada para medir a
chuvia. Finalmente pintamos con pintura
acrílica branca e unímola ao soporte (tal e
como se observa na imaxe dos rapaces
levando a garita e colocándoa no so-
porte).
F. Recursos utilizados así como unha enumeración detallada das prin-
cipais fontes consultadas para a investigación.
Taller de Tecnoloxía cos seus bancos de traballo, ferramentas e materiais.
Laboratorio de Física-Química co uso de instrumental de medida de volume e temperatura.
Biblioteca: material de consulta, espazo de investigación e estudo de gravación da radio
“Onda Valadares” na biblio “O Sobreiral das Palabras”, espazo audiovisual para videoconfe-
rencias.
Financiamento que provén dos Contratos-Programa: Inclúe-T, Prevención do Abandono
Temperá e Absentismo e Mellora da Competencia Científico-Tecnolóxica e Matemática. Fi-
nanciamento dentro do Club de Letras.
Para a preparación e desenvolvemento deste proxecto consultáronse as seguintes fontes:
 Meteogali-
cia
 AEMET
 Meteoesco-
las
 ARASAAC
 Rede Espora
 Radio na biblio
 https://www.meteoclimatic.net
 https://public.wmo.int/es
 https://wwww.bricocentro.es
- Fundación Inte-
gra:ESO Adaptada:
2ºESO Física e Quí-
mica
1ºESO Bioloxía e
Xeoloxía
VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 11
G.Implicación da comunidade educativa.
Profesora de Ámbito Científico-Matemático: Anxela Carballo Alonso
Profesora de Tecnoloxía e titora do alumnado de 2ºESO: Miryam Fernández Suárez
Profesoras de Pedagoxía Terapéutica: Andrea Doural Sánchez e María Rodríguez Saíz
Titora do alumnado de 1ºESO: Aida Saá González
Coordinadora da Biblioteca e profesora de Lingua Castelá 1ºESO: Asun Carballo Rodríguez
Coordinadora de Radio Escolar: Carmen Somoza López
Coordinadora do Club de Letras: Eugenia Fernández Fernández
Directora e Xefa de Estudos: Eva López Tarrío e Carmen Boado Aguinaga
H.Difusión dos traballos entre a comunidade educativa
En Xaneiro iniciamos a gravación semanal dun programa de radio (os venres), no que se
informaba ao resto do alumnado na hora do recreo, da predición do tempo para a fin de
semana. Para a realización desta predición usábanse os datos tomados durante a semana,
combinados coa predición do tempo de Meteogalicia para o concello de Vigo. No seguinte
enlace se poden consultar os diferentes programas gravados entre finais de Xaneiro e Xuño
de 2021: https://www.ivoox.com/podcast-meteovaladares_sq_f11160107_1.html
Semanalmente tamén foi compartida cos usuarios de AFAGA a gravación do parte meteo-
rolóxico para a fin de semana, que escoitaban ao inicio dos seus obradoiros dos venres.
Pódese visitar o blog da biblioteca “O Sobreiral das Palabras” para coñecer o proxecto: Me-
teovaladares no Sobreiral ou directamente no site da radio: https://sites.google.com/view/on-
davaladares/onda-valadares-202021/meteovaladares?authuser=0
A participación do proxecto Meteovaladares dentro de “Teño un amigo en Afaga” está reco-
llida no site do Club de Letras.
VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 12
I. Avaliación. Procedementos empregados
A principal ferramenta de avaliación foi a guía de observación directa na aula e no taller e
rexistros anecdóticos porque cada alumno ten unhas características únicas e moi diferentes
e non poden ser avaliados a través dunha proba común (DUA). Nalgún caso puntual, como
a identificación das ferramentas e as súas funcións e usos, realizouse unha proba oral co-
mún. O proxecto final foi avaliado de xeito conxunto.
Máis en concreto, as táboas de rexistro, listas de cotexo, rúbricas, escalas de valoración,
guías de observación así como probas escritas e orais foron instrumentos de avaliación uti-
lizados que se relacionan cos distintos estándares de aprendizaxe nas táboas anexas.
J. Implicación/Participación da biblioteca “O Sobreiral das Palabras”
Utilizouse o propio espazo da biblioteca para investigación e documentación, ademais de
libros e ordenadores para visitar as páxinas antes mencionadas. Tamén se empregou o es-
tudo de gravación, a mesa de son e os restantes elementos da radio e o recuncho de audio-
visuais para as videoconferencias. Tanto a coordinadora da radio como a da biblioteca pre-
pararon os espazos e horarios dispoñibles cada día e buscaron os libros e documentos ne-
cesarios.
VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 13
Anexo: DESEÑO CURRICULAR do proxecto “MeteoValadares”
Materia: Física-Química Nivel: 2ºESO
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE
TEMPORALIZACIÓN
AVALIACIÓN
ADAPTACIÓN DO ESTÁN-
DAR
COMP
CLAVE
ACTIVIDADE
1ª A 2ª A 3ªA
FQB1.1.2. Rexistra observacións e datos de
maneira organizada e rigorosa, e comunícaos
oralmente e por escrito utilizando esquemas,
gráficos e táboas.
X X X Lista de cotexo Rexistra de forma guiada ob-
servacións e datos de ma-
neira organizada e rigorosa, e
comunícaos oralmente.
CCL, CMCT Rexistro de datos mete-
orolóxicos.
FQB1.1.1. Formula, de forma guiada, hipóte-
ses para explicar fenómenos cotiáns, utilizando
teorías e modelos científicos sinxelos
X X X Lista de cotexo Formula de forma guiada, hi-
póteses para explicar fenóme-
nos cotiáns.
CAA, CCL,
CMCT
Predición do tempo da
fin de semana.
FQB1.2.1. Relaciona a investigación científica
con algunha aplicación tecnolóxica sinxela na
vida cotiá.
X X Escala de valoración Uso da aplicación de AEMET
para realizar as predicións do
tempo.
CCEC,
CMCT
FQB1.3.1. Establece relacións entre magnitu-
des e unidades utilizando, preferentemente, o
Sistema Internacional de Unidades para expre-
sar os resultados
X X Proba escrita Estima lonxitudes, capacida-
des, masas, superficies e vo-
lumes de obxectos e espazos
coñecidos elixindo a unidade
máis adecuada.
CMCT Cálculos para interpre-
tar as medidas do plu-
viómetro
FQB1.3.2. Realiza medicións prácticas de
magnitudes físicas da vida cotiá empregando o
material e os instrumentos apropiados, e ex-
presa os resultados correctamente no Sistema
Internacional de Unidades.
X X X Lista de cotexo Mide con instrumentos, utili-
zando estratexias e unidades
convencionais e non conven-
cionais, elixindo a unidade
máis axeitada para a expre-
sión dunha unidade.
CSIEE,
CMCT
Toma diaria de datos
meteorolóxicos
FQB1.6.2. Participa, valora, xestiona e res-
pecta o traballo individual e en equipo.
X X X Escala de valoración CAA, CSC,
CSIEE
Toma diaria de datos
meteorolóxicos
FQB2.2.3. Describe os cambios de estado da
materia e aplícaos á interpretación de fenóme-
nos cotiáns.
X X Escala de valoración CMCT Toma diaria de datos
meteorolóxicos
FQB5.3.2. Recoñece a existencia dunha es-
cala absoluta de temperatura e relaciona as es-
calas celsius e kelvin
X X Lista de cotexo Recoñece as escalas de tem-
peratura Celsius e Kelvin
CMCT Toma diaria de datos
meteorolóxicos
VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 14
Materia: Matemáticas Nivel: 1º-2ºESO
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE
TEMPORALIZACIÓN
AVALIACIÓN
ADAPTACIÓN DO ESTÁN-
DAR
COMP
CLAVE
ACTIVIDADE
1ª A 2ª A 3ªA
MAB1.6.1. Identifica situacións problemáticas
da realidade susceptibles de conter problemas
de interese.
X X X Escala de valoración CMCT, CSC Toma diaria de datos
meteorolóxicos
MAB1.6.5. Realiza simulacións e predicións,
en contexto real, para valorar a adecuación e
as limitacións dos modelos, e propón melloras
que aumenten a súa eficacia,
X X Rúbrica Realiza predicións sobre os
resultados esperados, utili-
zando os patróns e leis en-
contrados, analizando a súa
idoneidade e os erros que se
producen
CMCT Elaboración parte mete-
orolóxico
MAB1.8.1. Desenvolve actitudes axeitadas
para o traballo en matemáticas (esforzo, perse-
veranza, flexibilidade e aceptación da crítica
razoada).
X X X Escala de valoración CMCT, CSC,
CSIEE
MAB1.8.2. Formúlase a resolución de retos e
problemas coa precisión, o esmero e o interese
adecuados ao nivel educativo e á dificultade da
situación.
X X X Lista de cotexo Formúlase, de forma guiada,
a resolución de retos e proble-
mas.
CMCT Cálculos para a inter-
pretación das medidas
do pluviómetro
MAB5.1.1. Organiza datos, obtidos dunha po-
boación de variables cualitativas ou cuantitati-
vas en táboas, calcula e interpreta as súas fre-
cuencias absolutas, relativas e acumuladas, e
represéntaos graficamente.
X X X Lista de cotexo Identifica datos cualitativos e
cuantitativos en situacións fa-
miliares.
CMCT Toma diaria de datos
meteorolóxicos
MAB5.1.2. Calcula a media aritmética, a me-
diana (intervalo mediano), a moda (intervalo
modal), o rango e os cuantís, elixe o máis axei-
tado, e emprégaos para interpretar un con-
xunto de datos e para resolver problemas.
X Escala de valoración Aplica de forma intuitiva a si-
tuacións familiares as medi-
das de centralización: a me-
dia, aritmética, a moda e o
rango
CMCT Toma diaria de datos
meteorolóxicos
Materia: Bioloxía Nivel: 1ºESO
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE
TEMPORALIZACIÓN
AVALIACIÓN
ADAPTACIÓN DO ESTÁN-
DAR
COMP
CLAVE
ACTIVIDADE
1ª A 2ª A 3ªA
BXB2.8.1. Recoñece a estrutura e a composi-
ción da atmosfera
X Proba oral
Lista de cotexo
CMCT Póster capas da atmos-
fera
BXB2.8.2. Recoñece a composición do aire e
identifica os contaminantes principais en rela-
ción coa súa orixe.
X Proba oral
Lista de cotexo
Explica algunhas característi-
cas e propiedades do aire
CMCT Experimentos co CO2
sólido
BXB2.8.3. Identifica e xustifica con argumenta-
cións sinxelas as causas que sustentan o papel
protector da atmosfera para os seres vivos.
X Proba oral
Lista de cotexo
Identifica actuacións necesa-
rias para evitar a contamina-
ción do aire
CMCT Experimentos co CO2
sólido
BXB1.1.1. Identifica os termos máis frecuentes
do vocabulario científico, e exprésase de xeito
correcto tanto oralmente como por escrito.
X X X Listas de cotexo Emprega de maneira axeitada
o vocabulario adquirido
CCL CMCT Todas as actividades
anteriores
VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 15
Materia: Tecnoloxía Nivel: 2ºESO
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE
TEMPORALIZACIÓN
AVALIACIÓN
ADAPTACIÓN DO ESTÁN-
DAR
COMP
CLAVE
ACTIVIDADE
1ª A 2ª A 3ªA
TEB1.1.1. Deseña un prototipo que dá solución
a un problema técnico sinxelo, mediante o pro-
ceso de resolución de problemas tecnolóxicos.
X X Guía de observación Identifica e describe as etapas
necesarias para a construción
da garita.
CCL CCL,
CMCT, CD,
CAA, CSC,
CSIEE,
CCEC
Búsqueda na internet
dos requisitos para
unha garita meteoroló-
xica.
Chuvia de ideas para a
adaptación da garita
aos elementos orixinais.
TEB1.2.1. Elabora a documentación necesaria
para a planificación da construción do prototipo
X X Guía de observación Planifica a construción aten-
dendo aos recursos necesa-
rios e materiais.
CCL, CMCT,
CD, CAA
Elaboración da lista de
materiais e ferramentas
necesarias.
TEB2.1.1. Representa mediante vistas e pers-
pectivas obxectos e sistemas técnicos, me-
diante esbozos e empregando criterios norma-
lizados de cotación e escala
X X Lista de cotexo Elabora esbozos coas medi-
das necesarias do soporte,
teito, paredes, etc.
CMCT, CAA Debuxo en vistas da ga-
rita planificada coas me-
didas necesarias de
cada elemento.
TEB3.2.2. Elabora un plan de traballo no taller
con especial atención ás normas de seguri-
dade e saúde.
X X X Guía de observación No taller, identifica riscos, dis-
posición das ferramentas, fun-
cionamento dos aparellos e
normas de seguridade e sa-
úde.
CMCT, CAA,
CSC, CSIEE
Ruta guiada polo taller
TEB 1.2.2. Constrúe un prototipo que dá solu-
ción a un problema técnico sinxelo, mediante o
proceso de resolución de problemas tecnolóxi-
cos.
X X Guía de avaliación de
proxecto
Corta as pezas e úneas me-
diante proceso supervisado e
guiado.
CMCT, CAA,
CSIEE
Corte e lixado dos lis-
tóns nas medidas acor-
dadas. Unión das pezas
con parafusos. Pintado
da garita. Colocación no
soporte.
TEB3.2.1. Identifica e manipula con seguridade
as ferramentas do taller en operacións básicas
de conformación dos materiais de uso
X X Proba oral Identifica e coñece o funcio-
namento e os riscos das ferra-
mentas e aparellos e as ope-
racións básicas.
CMCT, CAA,
CSC
Adestramento no uso
das ferramentas.
TEB 1.2.3. Traballa en equipo de xeito res-
ponsable e respectuoso.
X X Guía de observación Traballa na tarefa asignada
atendendo ás normas de se-
guridade e ás indicacións da
profesora.
CAA, CSC,
CSIEE
Reparto de tarefas aten-
dendo ás destrezas de
cada membro do
equipo.

More Related Content

Similar to Vii concurso traballoproxectos_ies valadares_xuño2021-1

Reunión pais nais 2014-15
Reunión pais   nais 2014-15Reunión pais   nais 2014-15
Reunión pais nais 2014-15carmenv pedrido
 
Proxectos ies valadares
Proxectos ies valadaresProxectos ies valadares
Proxectos ies valadaresIESVALADARES1
 
Tarefa integrada
Tarefa integrada Tarefa integrada
Tarefa integrada EvaPaula
 
Investigando cos alumnos
Investigando cos alumnosInvestigando cos alumnos
Investigando cos alumnosAgremon
 
1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14
1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 141 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14
1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14mackerel100
 
RESCATA O PLANETA DEIRO
RESCATA O PLANETA DEIRORESCATA O PLANETA DEIRO
RESCATA O PLANETA DEIROvinhapeques
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfCEIPN1TUI
 
Algunhas+aclaracións+sobre+o+curso
Algunhas+aclaracións+sobre+o+cursoAlgunhas+aclaracións+sobre+o+curso
Algunhas+aclaracións+sobre+o+cursobearey
 
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdfPresentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdfAntonio Gregorio Montes
 
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdffaiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdfartemalone
 
Información para 1º eso 15 16
Información  para  1º eso 15 16Información  para  1º eso 15 16
Información para 1º eso 15 16gelesmaral
 
As Coordinacións Territoriais dos ENDL
As Coordinacións Territoriais dos ENDLAs Coordinacións Territoriais dos ENDL
As Coordinacións Territoriais dos ENDLRomán Landín
 
Pizarra Dixital Interactiva
Pizarra Dixital InteractivaPizarra Dixital Interactiva
Pizarra Dixital InteractivaXosé Blanco
 
Memoria plan proxecta. final
Memoria plan proxecta. finalMemoria plan proxecta. final
Memoria plan proxecta. finalsenlleiro2
 

Similar to Vii concurso traballoproxectos_ies valadares_xuño2021-1 (20)

Detalles da tarefa escolar
Detalles da tarefa escolarDetalles da tarefa escolar
Detalles da tarefa escolar
 
Detalles da tarefa escolar
Detalles da tarefa escolarDetalles da tarefa escolar
Detalles da tarefa escolar
 
Reunión pais nais 2014-15
Reunión pais   nais 2014-15Reunión pais   nais 2014-15
Reunión pais nais 2014-15
 
Inspira ti cs
Inspira ti csInspira ti cs
Inspira ti cs
 
Proxectos ies valadares
Proxectos ies valadaresProxectos ies valadares
Proxectos ies valadares
 
Tarefa integrada
Tarefa integrada Tarefa integrada
Tarefa integrada
 
Investigando cos alumnos
Investigando cos alumnosInvestigando cos alumnos
Investigando cos alumnos
 
1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14
1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 141 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14
1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14
 
RESCATA O PLANETA DEIRO
RESCATA O PLANETA DEIRORESCATA O PLANETA DEIRO
RESCATA O PLANETA DEIRO
 
Conectamos con el mundo-2021.pdf
Conectamos con el mundo-2021.pdfConectamos con el mundo-2021.pdf
Conectamos con el mundo-2021.pdf
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdf
 
Algunhas+aclaracións+sobre+o+curso
Algunhas+aclaracións+sobre+o+cursoAlgunhas+aclaracións+sobre+o+curso
Algunhas+aclaracións+sobre+o+curso
 
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdfPresentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
 
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdffaiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
 
Pec pedrafita 2019
Pec pedrafita 2019 Pec pedrafita 2019
Pec pedrafita 2019
 
Información para 1º eso 15 16
Información  para  1º eso 15 16Información  para  1º eso 15 16
Información para 1º eso 15 16
 
As Coordinacións Territoriais dos ENDL
As Coordinacións Territoriais dos ENDLAs Coordinacións Territoriais dos ENDL
As Coordinacións Territoriais dos ENDL
 
As Coordinacións Territoriais dos ENDL
As Coordinacións Territoriais dos ENDLAs Coordinacións Territoriais dos ENDL
As Coordinacións Territoriais dos ENDL
 
Pizarra Dixital Interactiva
Pizarra Dixital InteractivaPizarra Dixital Interactiva
Pizarra Dixital Interactiva
 
Memoria plan proxecta. final
Memoria plan proxecta. finalMemoria plan proxecta. final
Memoria plan proxecta. final
 

More from CarmenBoadoAguinaga1

Valoración microteatro - Multinivelación 2.pdf
Valoración microteatro - Multinivelación 2.pdfValoración microteatro - Multinivelación 2.pdf
Valoración microteatro - Multinivelación 2.pdfCarmenBoadoAguinaga1
 
Valoración microteatro - Multinivelación 1.pdf
Valoración microteatro - Multinivelación 1.pdfValoración microteatro - Multinivelación 1.pdf
Valoración microteatro - Multinivelación 1.pdfCarmenBoadoAguinaga1
 
Multinivelación - Taller de escritura - Capítulo 1.pdf
Multinivelación - Taller de escritura - Capítulo 1.pdfMultinivelación - Taller de escritura - Capítulo 1.pdf
Multinivelación - Taller de escritura - Capítulo 1.pdfCarmenBoadoAguinaga1
 
Misterio en Valadares - 2021-1.pdf
Misterio en Valadares - 2021-1.pdfMisterio en Valadares - 2021-1.pdf
Misterio en Valadares - 2021-1.pdfCarmenBoadoAguinaga1
 
LCL_ITI_ estándares tarefas - 2021.pdf
LCL_ITI_ estándares tarefas - 2021.pdfLCL_ITI_ estándares tarefas - 2021.pdf
LCL_ITI_ estándares tarefas - 2021.pdfCarmenBoadoAguinaga1
 
Inauguración biblioteca - 2019.pdf
Inauguración biblioteca - 2019.pdfInauguración biblioteca - 2019.pdf
Inauguración biblioteca - 2019.pdfCarmenBoadoAguinaga1
 
Estándares LCL - Instrumentos y temporalización.pdf
Estándares LCL - Instrumentos y temporalización.pdfEstándares LCL - Instrumentos y temporalización.pdf
Estándares LCL - Instrumentos y temporalización.pdfCarmenBoadoAguinaga1
 
En la búsqueda del tiempo escondido - 2010.pdf
En la búsqueda del tiempo escondido - 2010.pdfEn la búsqueda del tiempo escondido - 2010.pdf
En la búsqueda del tiempo escondido - 2010.pdfCarmenBoadoAguinaga1
 
En la búsqueda del tiempo escondido - 2010.pdf
En la búsqueda del tiempo escondido - 2010.pdfEn la búsqueda del tiempo escondido - 2010.pdf
En la búsqueda del tiempo escondido - 2010.pdfCarmenBoadoAguinaga1
 
En la búsqueda del código perdido - 2019.pdf
En la búsqueda del código perdido - 2019.pdfEn la búsqueda del código perdido - 2019.pdf
En la búsqueda del código perdido - 2019.pdfCarmenBoadoAguinaga1
 
Copia de Onda gastronómica.docx.pdf
Copia de Onda gastronómica.docx.pdfCopia de Onda gastronómica.docx.pdf
Copia de Onda gastronómica.docx.pdfCarmenBoadoAguinaga1
 
Conectamos con el mundo - 2019-1.pdf
Conectamos con el mundo - 2019-1.pdfConectamos con el mundo - 2019-1.pdf
Conectamos con el mundo - 2019-1.pdfCarmenBoadoAguinaga1
 
Unidad 3 práctica calc sensor co2.docx
Unidad 3 práctica calc sensor co2.docxUnidad 3 práctica calc sensor co2.docx
Unidad 3 práctica calc sensor co2.docxCarmenBoadoAguinaga1
 

More from CarmenBoadoAguinaga1 (20)

Valoración microteatro - Multinivelación 2.pdf
Valoración microteatro - Multinivelación 2.pdfValoración microteatro - Multinivelación 2.pdf
Valoración microteatro - Multinivelación 2.pdf
 
Valoración microteatro - Multinivelación 1.pdf
Valoración microteatro - Multinivelación 1.pdfValoración microteatro - Multinivelación 1.pdf
Valoración microteatro - Multinivelación 1.pdf
 
Multinivelación - Taller de escritura - Capítulo 1.pdf
Multinivelación - Taller de escritura - Capítulo 1.pdfMultinivelación - Taller de escritura - Capítulo 1.pdf
Multinivelación - Taller de escritura - Capítulo 1.pdf
 
Misterio en Valadares - 2021-1.pdf
Misterio en Valadares - 2021-1.pdfMisterio en Valadares - 2021-1.pdf
Misterio en Valadares - 2021-1.pdf
 
Misterio en Valadares - 2021.pdf
Misterio en Valadares - 2021.pdfMisterio en Valadares - 2021.pdf
Misterio en Valadares - 2021.pdf
 
Lévame -2020.pdf
Lévame -2020.pdfLévame -2020.pdf
Lévame -2020.pdf
 
LCL_ITI_ estándares tarefas - 2021.pdf
LCL_ITI_ estándares tarefas - 2021.pdfLCL_ITI_ estándares tarefas - 2021.pdf
LCL_ITI_ estándares tarefas - 2021.pdf
 
Inauguración biblioteca - 2019.pdf
Inauguración biblioteca - 2019.pdfInauguración biblioteca - 2019.pdf
Inauguración biblioteca - 2019.pdf
 
Estándares LCL - Instrumentos y temporalización.pdf
Estándares LCL - Instrumentos y temporalización.pdfEstándares LCL - Instrumentos y temporalización.pdf
Estándares LCL - Instrumentos y temporalización.pdf
 
Espazos invisibles - 2019.pdf
Espazos invisibles - 2019.pdfEspazos invisibles - 2019.pdf
Espazos invisibles - 2019.pdf
 
En la búsqueda del tiempo escondido - 2010.pdf
En la búsqueda del tiempo escondido - 2010.pdfEn la búsqueda del tiempo escondido - 2010.pdf
En la búsqueda del tiempo escondido - 2010.pdf
 
En la búsqueda del tiempo escondido - 2010.pdf
En la búsqueda del tiempo escondido - 2010.pdfEn la búsqueda del tiempo escondido - 2010.pdf
En la búsqueda del tiempo escondido - 2010.pdf
 
En la búsqueda del código perdido - 2019.pdf
En la búsqueda del código perdido - 2019.pdfEn la búsqueda del código perdido - 2019.pdf
En la búsqueda del código perdido - 2019.pdf
 
Copia de Onda gastronómica.docx.pdf
Copia de Onda gastronómica.docx.pdfCopia de Onda gastronómica.docx.pdf
Copia de Onda gastronómica.docx.pdf
 
Conectamos con el mundo - 2019-1.pdf
Conectamos con el mundo - 2019-1.pdfConectamos con el mundo - 2019-1.pdf
Conectamos con el mundo - 2019-1.pdf
 
Lévame ies valadares
Lévame ies valadaresLévame ies valadares
Lévame ies valadares
 
Cuadrimestrais
CuadrimestraisCuadrimestrais
Cuadrimestrais
 
Vou de roda en roda pictos
Vou de roda en roda pictosVou de roda en roda pictos
Vou de roda en roda pictos
 
Unidad 3 práctica calc sensor co2.docx
Unidad 3 práctica calc sensor co2.docxUnidad 3 práctica calc sensor co2.docx
Unidad 3 práctica calc sensor co2.docx
 
Material proyecto co2.docx
Material proyecto co2.docxMaterial proyecto co2.docx
Material proyecto co2.docx
 

Vii concurso traballoproxectos_ies valadares_xuño2021-1

  • 1. VII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS : METEOVALADARES Convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 12 de abril de 2021, no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), do VII CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar, en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educa- ción e Universidade para o curso 2020/2021.
  • 2. VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 1 Contido A. Introdución (xustificación e planificación en referencia aos contidos curriculares, criterios e estándares de aprendizaxe, competencias clave, calendario, alumnado e profesorado, organización para a súa realización…)..................................................................................2 B. Obxecto ou temática de investigación proposta:.............................................................3 C. Breve descrición do proceso de deseño e elaboración da proposta:..............................3 D. Documentación elaborada para profesorado e alumnado. .............................................8 E. Relación das tarefas máis importantes realizadas polo alumnado. ................................9 F. Recursos utilizados así como unha enumeración detallada das principais fontes consultadas para a investigación.........................................................................................10 G. Implicación da comunidade educativa. .........................................................................11 H. Difusión dos traballos entre a comunidade educativa...................................................11 I. Avaliación. Procedementos empregados......................................................................12 J. Implicación/Participación da biblioteca “O Sobreiral das Palabras” ..............................12 Anexo: DESEÑO CURRICULAR do proxecto “MeteoValadares”........................................13
  • 3. VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 2 A. Introdución (xustificación e planificación en referencia aos contidos curriculares, criterios e estándares de aprendizaxe, competencias clave, calendario, alumnado e profesorado, organización para a súa realización…) No centro contamos cun grupo de alumnado (5) de necesidades educativas especiais graves e permanentes con distintos niveis de competencias, comunicación e autonomía. Nalgún caso con pouca implicación no seu proceso de aprendizaxe, por falta de autoestima e expe- riencias escolares previas. O grupo está formado por estudantes, todos eles, cunha disca- pacidade recoñecida así como cunha comorbilodade de diversas patoloxías e trastornos. Dous alumnos TEA en 1º e 2ºESO, dous alumnos con TDA, un deles asociado con Dislexia en 1ºe 2º, e por último, unha alumna con TDAH en 1º. Todo o grupo presenta dificultades xeneralizadas de aprendizaxe, todos eles teñen ACI en todas as materias implicadas: matemáticas, física (2º) ou bioloxía (1º) e tecnoloxía (2º). Tomando o DUA como marco da actuación, consideramos a mellor opción para acadar a motivación do alumnado a aplicación dunha metodoloxía didáctica activa e participativa cunha organización pedagóxica en ámbitos de coñecemento, que favoreza o traballo indivi- dual e o cooperativo do alumnado. Así que deseñamos un proxecto interdisciplinar e inter- nivel que dote de significación ás aprendizaxes, contribuíndo ao funcionamento do centro e transcendendo á comunidade. A finalidade será a adquisición e uso de coñecementos en situacións reais, de xeito que as aprendizaxes funcionais que se xeneren sexan o máis transferibles e duradeiras posible in- tegrando as Tecnoloxías da Información e a Comunicación e utilizando a Biblioteca escolar como recurso. O traballo en equipo do profesorado co obxecto de proporcionar un enfoque multidisciplinar mediante a creación de actividades de aprendizaxe integradas contribuirá a estos logros.
  • 4. VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 3 Por elo precisa a colaboración total entre as profesoras das materias implicadas e as PT mais o equipo da biblioteca e o equipo directivo. Este proxecto implica a este alumnado no funcionamento xeral do centro cunha misión con- creta de cara ao resto da comunidade educativa e mesmo con proxección fóra do centro. Son os encargados da predición metereolóxica no IES Valadares e faise visible me- diante partes radiofónicos semanais, ademais da publicidade nas redes sociais do centro. Os partes envíanse tamén ás persoas usuarias de AFAGA (dentro do proxecto de centro do Club de Letras: “Teño un amigo en AFAGA”). B. Obxecto ou temática de investigación proposta: − Creación e posta en funcionamento dunha estación meteorolóxica no IES Valada- res: Deseño e construción da estación. − Estudo, toma de datos, cálculo e interpretación dos mesmos para a elaboración dun parte meteorolóxico para a fin de semana. − Difusión do traballo a través de Onda Valadares, destinado ao resto do IES e ás per- soas usuarias de AFAGA. C.Breve descrición do proceso de deseño e elaboración da proposta: A proposta baséase no método científico (ciencia) e no método de proxectos (tecnolo- xía), de xeito que o alumnado comprenda a diferencia entre ciencia e tecnoloxía, pero tamén a relación de interdependencia que se establece entre elas, xa que para solucionar un pro- blema precisamos da estreita colaboración entre as dúas. Deseguido describimos o proxecto seguindo as fases do método científico: 1. Observación A comezos de curso temos por diante o estudo dos climas das catro estacións do ano. Po- demos ir estudando as características de cada estación, parámetros a ter en conta, unidades e magnitudes físicas, aparatos de medida…
  • 5. VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 4 2. Formulación do problema e toma de datos científicos Como podemos facer unha predición meteorolóxica de forma científica cos medios cos que contamos no instituto? En novembro o alumnado empeza a toma diaria de datos meteoroló- xicos, anotando nunha táboa os valores de temperatura, dirección e forza do vento. Nas fotos podemos ver os instrumentos de medidas que se utilizaron. Para esta tarefa emprega- mos un catavento de fabricación propia, un compás e máis un termómetro. Para medir a forza do vento botamos man da escala Beaufort, con descritores dos efectos en terra se- gundo a forza coa que sopre o vento. Na táboa de toma de datos tamén anotan se hai precipitacións ou non, e nas observacións indícase a descrición do tempo segundo sexa soleado, nubrado, chuvioso, temporal… En cada trimestre elaboran a gráfica día a día (enlace) segundo as variacións que van anotando na táboa de rexistro, tal e como consta nas imaxes. ESCALA DE BEAUFORT Número de Beaufort Velocidad do viento (km/h) Denominación Efectos na terra 0 0 a 1 Calma Calma, o fume ascende verticalmente. 1 2 a 5 Ventolina O fume indica a dirección do vento. 2 6 a 11 Frouxiño (Brisa moi feble) Caen as follas das árbores, empezan a moverse os muíños nos campos. 3 12 a 19 Frouxo (Brisa lixeira) Axítanse as follas, ondean as bandeiras. 4 20 a 28 Bonancible (Brisa moderada) Móvense o po e os papeis, abaneanse as copas das árbores. 5 29 a 38 Fresquiño (Brisa fresca) Pequenos movementos das árbores, superficie dos lagos ondulada.
  • 6. VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 5 ESCALA DE BEAUFORT Número de Beaufort Velocidad do viento (km/h) Denominación Efectos na terra 6 39 a 49 Fresco (Brisa forte) Abanéanse as pólas das árbores, dificultade para manter aberto o paraugas. 7 50 a 61 Frescachón (Vento forte) Móvense as árbores grandes, dificultade para ca- miñar contra o vento. 8 62 a 74 Temporal (Vento duro) Quebran as copas das árbores, dificultade ara cir- cular as persoas, os vehículos móvense por sí mesmos. 9 75 a 88 Temporal forte (Moi duro) Danos en árbores, imposible camiñar con normali- dade. Empézanse a danar as construcións. Arras- tre de vehículos. 10 89 a 102 Temporal duro (Tem- poral) Árbores arrincadas, danos na estrutura das cons- trucións. Danos maiores en obxectos á intemperie. 11 103 a 117 Temporal moi duro (Borrasca) Destrución en todas as partes, chuvias moi inten- sas, inundacións moi altas. Voadura de persoas e de diversos obxectos. 12 + 118 Temporal furacanado (Furacán) Voadura de vehículos, árbores, casas, teitos e per- soas. Pode xerar un furacán ou tifón. Estación metereolóxica Toma de datos 3. Formulación da hipótese A organización, rexistro e posterior análise dos datos obtidos a partir da observación do tempo meteorolóxico permítenos relacionar os mesmos co paso das estacións, as variacións da flora do instituto (caída das follas no outono, inverno de árbores espidas, aparición das primeiras follas coa chegada da primavera, floración e primeiros froitos) e co quecemento global. Tamén abordan o estudo das capas da atmosfera coa realización dun póster cos diferentes niveis e os límites entre capas. Falamos da capa de ozono, do efecto invernadoiro e do quecemento global, recalcando a incidencia das actividades humanas na atmosfera. No caso do Alumno 1 é preciso facer un caderno adaptado para a toma diaria de datos (enlace). Neste caderno realiza as súas anotacións con apoio visual (pictogramas e fotos
  • 7. VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 6 dos instrumentos). Esta rutina diaria é adquirida rapidamente polo alumnado. Xa no terceiro trimestre, unha vez finalizada a restauración da garita meteorolóxica, engádense as medidas de presión atmosférica, humidade relativa do aire e cantidade de auga recollida no pluvió- metro (cos seus cálculos correspondentes). Folla de toma de datos Póster exposto na aula Póster capas da atmós- fera 4. Conclusións: Comparamos os nosos datos cos recollidos pola estación meteorolóxica situada no campus da Universidade de Vigo, para ver as diferenzas e similitudes entre as nosas medidas e as monitorizadas pola estación alí situada. Para a realización da predición úsanse os datos tomados durante a semana, combinados coa predición do tempo de Meteogalicia para o concello de Vigo. Isto axuda a axustar as predicións e serve para reformular a hipótese se fose necesario. 5. Publicación e difusión dos resultados: Despois do primeiro trimestre, xa familiarizados coa toma de datos, aparatos de medida, magnitudes físicas e comparación con outras estacións empezamos a difundir os resultados dende a radio do centro. En Xaneiro iniciamos a gravación semanal dun programa de radio, no que se informa ao resto do alumnado na hora do recreo da predición do tempo para a fin de semana. No seguinte enlace pódense consultar os diferentes programas gravados entre finais de xaneiro e xuño de 2021: https://www.ivoox.com/podcast-meteovalada- res_sq_f11160107_1.html
  • 8. VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 7 Na primeira sesión de gravación, facemos unha chuvia de ideas para poñerlle nome ao programa. E nas seguintes sesións o alumnado elixe a imaxe que forma parte do logo do proxecto (podemos vela na portada deste documento). Entre o alumnado e a docente elaboramos a escaleta do pro- grama, o reparto das frases entre as cinco persoas integrantes do grupo e realizamos os ensaios durante a sesión do xoves antes de gravación o mesmo venres. Nos primeiros pro- gramas o ensaio realízase en dous grupos separados. O alumno 1 (TEA), ensaia xunto coa PT nas sesións seguintes. Pouco a pouco a relación entre todos os integrantes de grupo fai posible que este alumno participe nese ensaio previo en conxunto con todos os seus com- pañeiros. O mesmo sucede coa gravación do programa. Inicialmente este alumno entra pri- meiro na sala de gravación, pero, a medida que avanzamos, conseguimos realizar o pro- grama co grupo completo. Meteovaladares inclúese á súa vez no proxecto “Teño un amigo en AFAGA” (Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e ou- tras demencias de Galicia) que forma parte do Club de Letras, que este curso xirou en torno ao tema dos coidados en toda a súa ex- tensión. Todas as semanas compártese a gravación do parte me- teorolóxico para a fin de semana coas persoas usuarias de Escaleta do programa
  • 9. VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 8 AFAGA, que o escoitan ao inicio dos seus obradoiros dos venres. Como integrantes do pro- xecto “Teño un amigo en Afaga”, o alumnado de Meteovaladares participa nas videoconfe- rencias que dende a biblioteca se levan a cabo ao longo do curso cos usuarios da Asocia- ción, elabora materiais como cadernos de pasatempos ou cadernos sensoriais que se lles envían a Afaga para que traballen nos obradoiros. En todas as videoconferencias o alum- nado participante loce unha camiseta que o identifica como membro do proxecto. No caso dos cinco integrantes de Meteovaladares, a súa camiseta deixa constancia da irmandade dos dous proxectos. Por último, detallamos o proceso que se leva a cabo me- diante o método de proxectos para resolver a necesidade dunha garita nova que albergue os aparellos da estación meteorolóxica. Nas imaxes pódese apreciar o deterioro dos vellos aparellos. A partir de xaneiro, dende a materia de Tecnoloxía o alumnado de 2ºESO deste grupo leva a cabo a restauración da garita meteorolóxica do centro, que se atopa nun estado de grave deterioro. Só podemos aproveitar o teito e o soporte metálico. O aproveitamento do teito condiciona as medidas do resto da garita, pero buscamos axustarnos o máximo posible ás recomendacións da OMM (Organización Metereolóxica Mundial, WMO en inglés). Nova garita D.Documentación elaborada para profesorado e alumnado. - Formato de rexistro de datos meteorolóxicos. Deterioro do cadro
  • 10. VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 9 -Problemas de medidas, unidades e magnitudes. -Gráficos en papel milimetrado. -Escaleta do programa de radio e guión coas intervencións. -Libretas para apuntes das observacións e libreta adaptada con pictogramas. E. Relación das tarefas máis importantes realizadas polo alumnado. ÁMBITO CIENTÍFICO MATEMÁTICO: Toma de datos: Rexistro diario de valo- res de temperatura, dirección e forza do vento, presión atmosférica, humidade e chuvia recollida no pluviómetro. Observación: Anotación do estado diario do ceo. Cálculos: Transformación do volume de auga recollido no pluviómetro por metro cadrado e día. Interpretación: Integración dos datos ob- servados para facer a predición do tempo para a fin de semana. Produtos: Programa de radio semanal de predición meteorolóxica para a fin de se- mana. TECNOLOXÍA: Esbozos: Supeditados ás medidas co- merciais dos listóns de abeto, máis fácil de traballar. Medicións: Para facer as paredes de per- siana escollemos reixas de respiración de lamas fixas de aluminio brancas de 30 x 30 cm porque a opción de lamas de ma- deira complicaban moito o proxecto. Bus- camos, atopamos e mercamos todos os materiais (listóns, taboleiro, parafusos,
  • 11. VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 10 cravos, reixas, pintura, etc...). Cortamos os listóns e os taboleiros ás medidas de- sexadas. Construción: Unimos todas as partes con parafusos e tapamos as xuntas con selador para madeira. Dentro puxemos al- caiatas para fixar os instrumentos e cerra- mos con portas tamén de reixas de lamas brancas. Do teito orixinal aproveitamos o furado que conectamos a través dun funil cunha probeta graduada para medir a chuvia. Finalmente pintamos con pintura acrílica branca e unímola ao soporte (tal e como se observa na imaxe dos rapaces levando a garita e colocándoa no so- porte). F. Recursos utilizados así como unha enumeración detallada das prin- cipais fontes consultadas para a investigación. Taller de Tecnoloxía cos seus bancos de traballo, ferramentas e materiais. Laboratorio de Física-Química co uso de instrumental de medida de volume e temperatura. Biblioteca: material de consulta, espazo de investigación e estudo de gravación da radio “Onda Valadares” na biblio “O Sobreiral das Palabras”, espazo audiovisual para videoconfe- rencias. Financiamento que provén dos Contratos-Programa: Inclúe-T, Prevención do Abandono Temperá e Absentismo e Mellora da Competencia Científico-Tecnolóxica e Matemática. Fi- nanciamento dentro do Club de Letras. Para a preparación e desenvolvemento deste proxecto consultáronse as seguintes fontes:  Meteogali- cia  AEMET  Meteoesco- las  ARASAAC  Rede Espora  Radio na biblio  https://www.meteoclimatic.net  https://public.wmo.int/es  https://wwww.bricocentro.es - Fundación Inte- gra:ESO Adaptada: 2ºESO Física e Quí- mica 1ºESO Bioloxía e Xeoloxía
  • 12. VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 11 G.Implicación da comunidade educativa. Profesora de Ámbito Científico-Matemático: Anxela Carballo Alonso Profesora de Tecnoloxía e titora do alumnado de 2ºESO: Miryam Fernández Suárez Profesoras de Pedagoxía Terapéutica: Andrea Doural Sánchez e María Rodríguez Saíz Titora do alumnado de 1ºESO: Aida Saá González Coordinadora da Biblioteca e profesora de Lingua Castelá 1ºESO: Asun Carballo Rodríguez Coordinadora de Radio Escolar: Carmen Somoza López Coordinadora do Club de Letras: Eugenia Fernández Fernández Directora e Xefa de Estudos: Eva López Tarrío e Carmen Boado Aguinaga H.Difusión dos traballos entre a comunidade educativa En Xaneiro iniciamos a gravación semanal dun programa de radio (os venres), no que se informaba ao resto do alumnado na hora do recreo, da predición do tempo para a fin de semana. Para a realización desta predición usábanse os datos tomados durante a semana, combinados coa predición do tempo de Meteogalicia para o concello de Vigo. No seguinte enlace se poden consultar os diferentes programas gravados entre finais de Xaneiro e Xuño de 2021: https://www.ivoox.com/podcast-meteovaladares_sq_f11160107_1.html Semanalmente tamén foi compartida cos usuarios de AFAGA a gravación do parte meteo- rolóxico para a fin de semana, que escoitaban ao inicio dos seus obradoiros dos venres. Pódese visitar o blog da biblioteca “O Sobreiral das Palabras” para coñecer o proxecto: Me- teovaladares no Sobreiral ou directamente no site da radio: https://sites.google.com/view/on- davaladares/onda-valadares-202021/meteovaladares?authuser=0 A participación do proxecto Meteovaladares dentro de “Teño un amigo en Afaga” está reco- llida no site do Club de Letras.
  • 13. VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 12 I. Avaliación. Procedementos empregados A principal ferramenta de avaliación foi a guía de observación directa na aula e no taller e rexistros anecdóticos porque cada alumno ten unhas características únicas e moi diferentes e non poden ser avaliados a través dunha proba común (DUA). Nalgún caso puntual, como a identificación das ferramentas e as súas funcións e usos, realizouse unha proba oral co- mún. O proxecto final foi avaliado de xeito conxunto. Máis en concreto, as táboas de rexistro, listas de cotexo, rúbricas, escalas de valoración, guías de observación así como probas escritas e orais foron instrumentos de avaliación uti- lizados que se relacionan cos distintos estándares de aprendizaxe nas táboas anexas. J. Implicación/Participación da biblioteca “O Sobreiral das Palabras” Utilizouse o propio espazo da biblioteca para investigación e documentación, ademais de libros e ordenadores para visitar as páxinas antes mencionadas. Tamén se empregou o es- tudo de gravación, a mesa de son e os restantes elementos da radio e o recuncho de audio- visuais para as videoconferencias. Tanto a coordinadora da radio como a da biblioteca pre- pararon os espazos e horarios dispoñibles cada día e buscaron os libros e documentos ne- cesarios.
  • 14. VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 13 Anexo: DESEÑO CURRICULAR do proxecto “MeteoValadares” Materia: Física-Química Nivel: 2ºESO ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE TEMPORALIZACIÓN AVALIACIÓN ADAPTACIÓN DO ESTÁN- DAR COMP CLAVE ACTIVIDADE 1ª A 2ª A 3ªA FQB1.1.2. Rexistra observacións e datos de maneira organizada e rigorosa, e comunícaos oralmente e por escrito utilizando esquemas, gráficos e táboas. X X X Lista de cotexo Rexistra de forma guiada ob- servacións e datos de ma- neira organizada e rigorosa, e comunícaos oralmente. CCL, CMCT Rexistro de datos mete- orolóxicos. FQB1.1.1. Formula, de forma guiada, hipóte- ses para explicar fenómenos cotiáns, utilizando teorías e modelos científicos sinxelos X X X Lista de cotexo Formula de forma guiada, hi- póteses para explicar fenóme- nos cotiáns. CAA, CCL, CMCT Predición do tempo da fin de semana. FQB1.2.1. Relaciona a investigación científica con algunha aplicación tecnolóxica sinxela na vida cotiá. X X Escala de valoración Uso da aplicación de AEMET para realizar as predicións do tempo. CCEC, CMCT FQB1.3.1. Establece relacións entre magnitu- des e unidades utilizando, preferentemente, o Sistema Internacional de Unidades para expre- sar os resultados X X Proba escrita Estima lonxitudes, capacida- des, masas, superficies e vo- lumes de obxectos e espazos coñecidos elixindo a unidade máis adecuada. CMCT Cálculos para interpre- tar as medidas do plu- viómetro FQB1.3.2. Realiza medicións prácticas de magnitudes físicas da vida cotiá empregando o material e os instrumentos apropiados, e ex- presa os resultados correctamente no Sistema Internacional de Unidades. X X X Lista de cotexo Mide con instrumentos, utili- zando estratexias e unidades convencionais e non conven- cionais, elixindo a unidade máis axeitada para a expre- sión dunha unidade. CSIEE, CMCT Toma diaria de datos meteorolóxicos FQB1.6.2. Participa, valora, xestiona e res- pecta o traballo individual e en equipo. X X X Escala de valoración CAA, CSC, CSIEE Toma diaria de datos meteorolóxicos FQB2.2.3. Describe os cambios de estado da materia e aplícaos á interpretación de fenóme- nos cotiáns. X X Escala de valoración CMCT Toma diaria de datos meteorolóxicos FQB5.3.2. Recoñece a existencia dunha es- cala absoluta de temperatura e relaciona as es- calas celsius e kelvin X X Lista de cotexo Recoñece as escalas de tem- peratura Celsius e Kelvin CMCT Toma diaria de datos meteorolóxicos
  • 15. VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 14 Materia: Matemáticas Nivel: 1º-2ºESO ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE TEMPORALIZACIÓN AVALIACIÓN ADAPTACIÓN DO ESTÁN- DAR COMP CLAVE ACTIVIDADE 1ª A 2ª A 3ªA MAB1.6.1. Identifica situacións problemáticas da realidade susceptibles de conter problemas de interese. X X X Escala de valoración CMCT, CSC Toma diaria de datos meteorolóxicos MAB1.6.5. Realiza simulacións e predicións, en contexto real, para valorar a adecuación e as limitacións dos modelos, e propón melloras que aumenten a súa eficacia, X X Rúbrica Realiza predicións sobre os resultados esperados, utili- zando os patróns e leis en- contrados, analizando a súa idoneidade e os erros que se producen CMCT Elaboración parte mete- orolóxico MAB1.8.1. Desenvolve actitudes axeitadas para o traballo en matemáticas (esforzo, perse- veranza, flexibilidade e aceptación da crítica razoada). X X X Escala de valoración CMCT, CSC, CSIEE MAB1.8.2. Formúlase a resolución de retos e problemas coa precisión, o esmero e o interese adecuados ao nivel educativo e á dificultade da situación. X X X Lista de cotexo Formúlase, de forma guiada, a resolución de retos e proble- mas. CMCT Cálculos para a inter- pretación das medidas do pluviómetro MAB5.1.1. Organiza datos, obtidos dunha po- boación de variables cualitativas ou cuantitati- vas en táboas, calcula e interpreta as súas fre- cuencias absolutas, relativas e acumuladas, e represéntaos graficamente. X X X Lista de cotexo Identifica datos cualitativos e cuantitativos en situacións fa- miliares. CMCT Toma diaria de datos meteorolóxicos MAB5.1.2. Calcula a media aritmética, a me- diana (intervalo mediano), a moda (intervalo modal), o rango e os cuantís, elixe o máis axei- tado, e emprégaos para interpretar un con- xunto de datos e para resolver problemas. X Escala de valoración Aplica de forma intuitiva a si- tuacións familiares as medi- das de centralización: a me- dia, aritmética, a moda e o rango CMCT Toma diaria de datos meteorolóxicos Materia: Bioloxía Nivel: 1ºESO ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE TEMPORALIZACIÓN AVALIACIÓN ADAPTACIÓN DO ESTÁN- DAR COMP CLAVE ACTIVIDADE 1ª A 2ª A 3ªA BXB2.8.1. Recoñece a estrutura e a composi- ción da atmosfera X Proba oral Lista de cotexo CMCT Póster capas da atmos- fera BXB2.8.2. Recoñece a composición do aire e identifica os contaminantes principais en rela- ción coa súa orixe. X Proba oral Lista de cotexo Explica algunhas característi- cas e propiedades do aire CMCT Experimentos co CO2 sólido BXB2.8.3. Identifica e xustifica con argumenta- cións sinxelas as causas que sustentan o papel protector da atmosfera para os seres vivos. X Proba oral Lista de cotexo Identifica actuacións necesa- rias para evitar a contamina- ción do aire CMCT Experimentos co CO2 sólido BXB1.1.1. Identifica os termos máis frecuentes do vocabulario científico, e exprésase de xeito correcto tanto oralmente como por escrito. X X X Listas de cotexo Emprega de maneira axeitada o vocabulario adquirido CCL CMCT Todas as actividades anteriores
  • 16. VII Concurso De Traballo Por Proxectos. IES VALADARES. Xuño de 2021 15 Materia: Tecnoloxía Nivel: 2ºESO ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE TEMPORALIZACIÓN AVALIACIÓN ADAPTACIÓN DO ESTÁN- DAR COMP CLAVE ACTIVIDADE 1ª A 2ª A 3ªA TEB1.1.1. Deseña un prototipo que dá solución a un problema técnico sinxelo, mediante o pro- ceso de resolución de problemas tecnolóxicos. X X Guía de observación Identifica e describe as etapas necesarias para a construción da garita. CCL CCL, CMCT, CD, CAA, CSC, CSIEE, CCEC Búsqueda na internet dos requisitos para unha garita meteoroló- xica. Chuvia de ideas para a adaptación da garita aos elementos orixinais. TEB1.2.1. Elabora a documentación necesaria para a planificación da construción do prototipo X X Guía de observación Planifica a construción aten- dendo aos recursos necesa- rios e materiais. CCL, CMCT, CD, CAA Elaboración da lista de materiais e ferramentas necesarias. TEB2.1.1. Representa mediante vistas e pers- pectivas obxectos e sistemas técnicos, me- diante esbozos e empregando criterios norma- lizados de cotación e escala X X Lista de cotexo Elabora esbozos coas medi- das necesarias do soporte, teito, paredes, etc. CMCT, CAA Debuxo en vistas da ga- rita planificada coas me- didas necesarias de cada elemento. TEB3.2.2. Elabora un plan de traballo no taller con especial atención ás normas de seguri- dade e saúde. X X X Guía de observación No taller, identifica riscos, dis- posición das ferramentas, fun- cionamento dos aparellos e normas de seguridade e sa- úde. CMCT, CAA, CSC, CSIEE Ruta guiada polo taller TEB 1.2.2. Constrúe un prototipo que dá solu- ción a un problema técnico sinxelo, mediante o proceso de resolución de problemas tecnolóxi- cos. X X Guía de avaliación de proxecto Corta as pezas e úneas me- diante proceso supervisado e guiado. CMCT, CAA, CSIEE Corte e lixado dos lis- tóns nas medidas acor- dadas. Unión das pezas con parafusos. Pintado da garita. Colocación no soporte. TEB3.2.1. Identifica e manipula con seguridade as ferramentas do taller en operacións básicas de conformación dos materiais de uso X X Proba oral Identifica e coñece o funcio- namento e os riscos das ferra- mentas e aparellos e as ope- racións básicas. CMCT, CAA, CSC Adestramento no uso das ferramentas. TEB 1.2.3. Traballa en equipo de xeito res- ponsable e respectuoso. X X Guía de observación Traballa na tarefa asignada atendendo ás normas de se- guridade e ás indicacións da profesora. CAA, CSC, CSIEE Reparto de tarefas aten- dendo ás destrezas de cada membro do equipo.