SlideShare a Scribd company logo

Webs dinámicas

N
NoemiLage

Webs dinámicas

1 of 26
Download to read offline
ACTIVIDADE
Seleccionar experiencias desenvolvidas nos
centros educativos na Comunidade Autónoma de
Galicia no marco dos seguintes proxectos:
- Proxecto Abalar.
- Proxecto Webs dinámicas.
Noemí Lage Redondo
Casi Rois Quiñones
María Núñez Pacín
Noemí
Título da actividade: “Os detectives do clima”
Proxecto no que se integra: Proxecto Abalar
Centro: CEIP Manuel Masdías (Ferrol, Caranza)
Data de desenvolvemento:
Vixente Finalizada
Descrición (obxectivos, destinatarios/as, temática…) : No colexio mencionado levouse
a cabo un proxecto no que participaron todos os cursos. Foi un proxecto que durou
todo o curso escolar (2013-2014) e que estivo relacionado coa materia de
Coñecemento do medio natural, social e cultural, onde se traballou sobre todo o
bloque 4 de contidos (Medio físico: espazos e materiais). O obxectivo foi comprender a
experiencia de ser “o home do tempo” e coñecer a meteoroloxía máis de preto. Todos
os cursos de Primaria levaron a cabo experimentos, construíron paneis meteorolóxicos,
traballaron cos ordenadores, recadaron datos sobre o cambio climático...
Fortalezas: É un proxecto completo, no que teñen cabida todos os cursos. Cada ciclo
tiña unha función no proxecto, dependendo da idade. Todo está relacionado á
perfección e desenvólvese unha aprendizaxe funcional en todo momento por parte
dos nenos/-as. Todas as actividades que se levaron a cabo no centro durante o curso
escolar, estiveron relacionadas cos fenómenos meteorolóxicos.
Debilidades: En canto ao proxecto non atopo absolutamente ningunha debilidade
posto que todo esta relacionado e elaborado para lograr un obxectivo concreto. O
único que podo dicir é que este proxecto necesita de moitísimo traballo
“extraescolar” por parte dos docentes.
Observacións:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmanuelmasdias/?q=taxonomy/term/102
Título da actividade: “A prehistoria”
Proxecto no que se integra: Proxecto Abalar
Centro: CEIP Ramón de la Sagra (A Coruña)
Data de desenvolvemento:
Vixente Finalizada
Descrición (obxectivos, destinatarios/as, temática…) : Este proxecto foi levado a
cabo por todos os cursos do colexio (Educación infantil e Primaria). Durante o curso
escolar (2013-2014) este colexio retrocedeu no tempo achegándose ao estudo da
Prehistoria. Levaron a cavo a construción dunha gran cova na sala de xogos de
infantil, crearon novas pinturas rupestres, realizáronse vídeos e power-points das
características da etapa, murais, lecturas...
Fortalezas: Os nenos/-as coñecen profundamente e de xeito interactivo e
cooperativo a etapa da Prehistoria, a través de actividades motivadoras para eles.
Paréceme un aspecto moi positivo o feito de que participase no proxecto toda a
comunidade educativa, posto que considero que é moi enriquecedor para todos.
Debilidades: No que respecta á parte de infantil, primeiro ciclo e segundo ciclo o
proxecto está completo, porén no relativo ao traballo realizado polo terceiro ciclo
está baleiro, non hai absolutamente nada, penso que é porque desa parte non se
subiu nada á páxina, porque se especifica que todos os cursos participaron.
Por ese motivo penso que, o proxecto quédase coxo para a xente que queira coller
esta idea, ou servirse dalgún material deste proxecto.
Observacións:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipramonsagra/aulavirtual/course/view.php?id=8
Ad

Recommended

More Related Content

Similar to Webs dinámicas

Actividade Era Dixital
Actividade Era DixitalActividade Era Dixital
Actividade Era Dixitalpousada10
 
Xornada de portas abertas 2016
Xornada de portas abertas 2016Xornada de portas abertas 2016
Xornada de portas abertas 2016Ceip Saco E Arce
 
I xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadeI xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadesatelite1
 
Investigando cos alumnos
Investigando cos alumnosInvestigando cos alumnos
Investigando cos alumnosAgremon
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfCEIPN1TUI
 
Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15maruxinha64
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroLoudes Otero
 
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAPROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAbiblionova
 
Biblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centro
Biblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centroBiblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centro
Biblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centroMaria Lopez
 
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"biblionova
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarYolanda Castro
 
Traballo por Proxectos. Guía simple
Traballo por Proxectos. Guía simpleTraballo por Proxectos. Guía simple
Traballo por Proxectos. Guía simpleMANEIRO
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Iolidesarandon
 
Tache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendreTache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendreEmmaFigueira
 

Similar to Webs dinámicas (20)

Actividade Era Dixital
Actividade Era DixitalActividade Era Dixital
Actividade Era Dixital
 
Fer abalar (1)
Fer abalar (1)Fer abalar (1)
Fer abalar (1)
 
abalar/webs dinámicas
abalar/webs dinámicasabalar/webs dinámicas
abalar/webs dinámicas
 
Xornada de portas abertas 2016
Xornada de portas abertas 2016Xornada de portas abertas 2016
Xornada de portas abertas 2016
 
I xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadeI xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidade
 
Investigando cos alumnos
Investigando cos alumnosInvestigando cos alumnos
Investigando cos alumnos
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdf
 
Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
 
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAPROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
 
Descubrindo a Prehistoria
Descubrindo a PrehistoriaDescubrindo a Prehistoria
Descubrindo a Prehistoria
 
Biblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centro
Biblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centroBiblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centro
Biblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centro
 
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
Proxecto de traballo Eureka
Proxecto de traballo EurekaProxecto de traballo Eureka
Proxecto de traballo Eureka
 
Traballo por Proxectos. Guía simple
Traballo por Proxectos. Guía simpleTraballo por Proxectos. Guía simple
Traballo por Proxectos. Guía simple
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013
 
Tache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendreTache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendre
 
Memoria o entroido-en-galiza
Memoria  o entroido-en-galizaMemoria  o entroido-en-galiza
Memoria o entroido-en-galiza
 
Na casa
Na casaNa casa
Na casa
 

Webs dinámicas

  • 1. ACTIVIDADE Seleccionar experiencias desenvolvidas nos centros educativos na Comunidade Autónoma de Galicia no marco dos seguintes proxectos: - Proxecto Abalar. - Proxecto Webs dinámicas. Noemí Lage Redondo Casi Rois Quiñones María Núñez Pacín
  • 3. Título da actividade: “Os detectives do clima” Proxecto no que se integra: Proxecto Abalar Centro: CEIP Manuel Masdías (Ferrol, Caranza) Data de desenvolvemento: Vixente Finalizada Descrición (obxectivos, destinatarios/as, temática…) : No colexio mencionado levouse a cabo un proxecto no que participaron todos os cursos. Foi un proxecto que durou todo o curso escolar (2013-2014) e que estivo relacionado coa materia de Coñecemento do medio natural, social e cultural, onde se traballou sobre todo o bloque 4 de contidos (Medio físico: espazos e materiais). O obxectivo foi comprender a experiencia de ser “o home do tempo” e coñecer a meteoroloxía máis de preto. Todos os cursos de Primaria levaron a cabo experimentos, construíron paneis meteorolóxicos, traballaron cos ordenadores, recadaron datos sobre o cambio climático...
  • 4. Fortalezas: É un proxecto completo, no que teñen cabida todos os cursos. Cada ciclo tiña unha función no proxecto, dependendo da idade. Todo está relacionado á perfección e desenvólvese unha aprendizaxe funcional en todo momento por parte dos nenos/-as. Todas as actividades que se levaron a cabo no centro durante o curso escolar, estiveron relacionadas cos fenómenos meteorolóxicos. Debilidades: En canto ao proxecto non atopo absolutamente ningunha debilidade posto que todo esta relacionado e elaborado para lograr un obxectivo concreto. O único que podo dicir é que este proxecto necesita de moitísimo traballo “extraescolar” por parte dos docentes. Observacións: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmanuelmasdias/?q=taxonomy/term/102
  • 5. Título da actividade: “A prehistoria” Proxecto no que se integra: Proxecto Abalar Centro: CEIP Ramón de la Sagra (A Coruña) Data de desenvolvemento: Vixente Finalizada Descrición (obxectivos, destinatarios/as, temática…) : Este proxecto foi levado a cabo por todos os cursos do colexio (Educación infantil e Primaria). Durante o curso escolar (2013-2014) este colexio retrocedeu no tempo achegándose ao estudo da Prehistoria. Levaron a cavo a construción dunha gran cova na sala de xogos de infantil, crearon novas pinturas rupestres, realizáronse vídeos e power-points das características da etapa, murais, lecturas... Fortalezas: Os nenos/-as coñecen profundamente e de xeito interactivo e cooperativo a etapa da Prehistoria, a través de actividades motivadoras para eles. Paréceme un aspecto moi positivo o feito de que participase no proxecto toda a comunidade educativa, posto que considero que é moi enriquecedor para todos.
  • 6. Debilidades: No que respecta á parte de infantil, primeiro ciclo e segundo ciclo o proxecto está completo, porén no relativo ao traballo realizado polo terceiro ciclo está baleiro, non hai absolutamente nada, penso que é porque desa parte non se subiu nada á páxina, porque se especifica que todos os cursos participaron. Por ese motivo penso que, o proxecto quédase coxo para a xente que queira coller esta idea, ou servirse dalgún material deste proxecto. Observacións: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipramonsagra/aulavirtual/course/view.php?id=8
  • 7. Título da actividade: “Coñecendo a nosa terra” Proxecto no que se integra: Proxecto Abalar. Centro: CEIP Vilaxoán (Vilagarcía) Data de desenvolvemento: Vixente Finalizada Descrición (obxectivos, destinatarios/as, temática…) : Trátase dun proxecto de investigación que se realizou durante o curso escolar (2013-2014), no que o alumnado fixo unha enorme labor de busca de información a cerca dos recunchos de Galicia, as súas tradicións e festas. Trátase dun proxecto elaborado para os tres ciclos de Educación Primaria e consta de tres partes: “A nosa terra”, “As nosas festas” e “Festas tradicionais que se celebran no centro”. Este proxecto foi promovido polo equipo de Normalización lingüística, o da Biblioteca e o equipo das TIC Abalar do centro. Fortalezas: É o mellor proxecto que atopei na rede e de nota poñeríalle un dez. Traballan moito co programa Issuu, para amosar a información que recolleron sobre os recunchos de Galicia. Traballan moitísimos lugares da nosa Comunidade Autónoma, xeografía, habitantes, festas, o Camiño de Santiago, o Camiño Francés ao seu paso por Galicia, os Viquingos... E logo, contan cun montón de xogos de pregunta-resposta, elaborados por eles mesmos para cursos inferiores ou superiores, para que afiancen a información que se recolleu.
  • 8. Debilidades: Por dicir algo, dado que é un proxecto para realizar nun curso escolar completo, poderíase incluír unha pequena descrición de cómo se foron elaborando tantísimos materias, a organización das sesións... E dicir, un pequeno Cronograma para que os mestres que visiten páxina o poidan levar a cabo no seu colexio de maneira máis guiada. Observacións: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvilaxoan/?q=taxonomy/term/483 Na miña opinión: Un proxecto perfecto!
  • 9. Título da actividade: “Os planetas” Proxecto no que se integra: Webs dinámicas Centro: CEIP Manuel Murguía (A Coruña) Data de desenvolvemento: Vixente Finalizada Descrición (obxectivos, destinatarios/as, temática…) : Este proxecto está sendo levado actualmente por unha clase de Segundo de Primaria. Trabállase fundamentalmente o bloque 4 da materia Coñecemento do medio natural, social e cultural: Medio físico: Espazos e materiais. Os nenos/-as aprenden os planetas a través dunha canción, ven a obra de teatro do “Principito”, exploran o universo a través de actividades, adiviñas e animacións e cada alumno/-a estuda e compón un planeta do sistema solar.
  • 10. Fortalezas: Trátase dunha maneira moi eficaz para o aprendizaxe dos planetas. Transversalmente tamén se traballa cultura musical, xa que buscan información a cerca dos autores das composicións musicais que escoitan na clase. Para expoñer os diferentes planetas, cada neno/-a sérvese dunha pancarta na que pon a información máis importante e logo, con plastilina e papeis confeccionan o seu planeta en tres dimensións. Na clase, existe un alumno/-a con NEE (autismo) e, dado que a mestra grava a todos os nenos/-as expoñendo, véselle que a actividade lle gusta moito e é moi produtiva para el. Debilidades: Penso que estaría mellor que o traballo da busca de información e elaboración dos planetas fose en grupos ou, polo menos, en parellas, posto que as actividades son bastante individualistas. Observacións: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmanuelmurguia/ http://patriciasomoza.blogspot.com.es/search/label/Proxectos
  • 11. Título da actividade: “Coñecendo o noso barrio” Proxecto no que se integra: Webs dinámicas Centro: CEIP Vicente Risco (Vigo) Data de desenvolvemento: Non se especifica Descrición (obxectivos, destinatarios/as, temática…) : Actividade promovida dende o equipo de Normalización Lingüística para que os nenos/-as de primeiro de Primaria coñezan o seu barrio: Teis. Trátase de que comproben as diferenzas entre antes e agora. Fortalezas: É unha maneira moi eficaz de que os nenos/-as entendan a importancia do concepto do: Paso do tempo. Penso que é moi produtivo o feito de que estuden como cambiaron as cousas nas súas vivendas, as actividades económicas que se desempeñaban antes e agora, as formas de vestir... En definitiva considero que a actividade achega ao alumnado a realidade da nosa época no presente e no pasado.
  • 12. Debilidades: A páxina non especifica en ningún momento a duración da actividade e, ao mesmo tempo, todo canto podemos ver e a base de fotografías. Penso que sería moito mellor para os mestres que visiten a páxina e se interesen no proxecto, que se ofrecese algunha descrición do proceso que se segue. Observacións: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvicenterisco/node/505
  • 13. Casi
  • 14. Título da actividade: “REVOLUCIÓN EN LA COCINA” Proxecto no que se integra: Webs dinámicas. A WebQuest na que se atopa á actividade é a seguinte: “Pescudando pola rede” Centro: CEIP Isaac Peral – Ferrol, A Coruña. Páxina Web Data de desenvolvemento: Non se especifica. → Vixente Finalizada Descrición (obxectivos, destinatarios/as, temática…): A area para a que se deseñou a actividade é Coñecemento do Medio coa temática dos alimentos. Os destinatarios son alumnos do primeiro ciclo de Educación Primaria en concreto alumnos do segundo curso. Á actividade consiste no deseño dun menú equilibrado para unha comida do mediodía, composto por dous pratos e unha sobremesa. O mesmo, debe de ser entregado nunha cartolina que deberá conter o nome e unha imaxe de cada un dos pratos elixidos. Unha vez realizado todo o proceso que se require na webquest os obxectivos que se queren conseguir son os seguintes: Coñecer á orixe dos alimentos segundo sexa animal ou vexetal e saber se estes se poden comer frescos ou necesitan elaboración previa; Coñecer a pirámide alimenticia e a frecuencia na que debemos tomar cada un dos alimentos, así como ser capaces de clasificalos e colocalos nesta; Coñecer a importancia das froitas e dos vexetais na nosa dieta diaria; Deseñar un menú de tres pratos, equilibrados e saudables.
  • 15. Fortalezas: A presentación da actividade a partir dun conto, a aposta polo traballo cooperativo, a selección de actividades, os recursos e xogos proporcionados, a elección dos contidos e súa relación e continuidade durante as actividades que se propoñen son os seus puntos fortes máis destacables. Debilidades: A principal debilidade que lle atopamos a esta actividade resulta ser o deseño da propia Webquest así como o do libro que emprega para introducir o traballo de investigación. Cremos que o xeito de presentar as instrucións, os recursos e as actividades non é a mais axeitada nin práctica. Por outra banda, a elaboración do conto resultounos pouco lograda xa que resulta difícil de ler debido ás cores das letras empregadas na presentación e a colocación das mesmas. Observacións: En xeral valoramos positivamente esta proposta pero pensamos que se podería mellorar, simplemente propoñendo un deseño máis intuitivo e práctico da páxina, que permitise a diferenciación de todas as súas fases. Tamén o deseño e a elaboración do conto é mellorable para facelo máis atractivo a vez que se facilita a súa lectura e así mesmo, a súa comprensión.
  • 16. Título da actividade: “Estudio de figuras planas y cuerpos geométricos” Proxecto no que se integra: Webs dinámicas. O blog no que se atopa integrada a WebQuest escollida entre outros moitos recursos é o seguinte: “TIC56” Centro: CPI Aurelio Marcelino Rey García – Cuntís, Pontevedra. Páxina Web Data de desenvolvemento: Dende o 29 de Outubro de 2014. →Vixente Finalizada Descrición (obxectivos, destinatarios/as, temática…): A area curricular á que se destina a actividade é a de Matemáticas e os destinatarios son alumnos do terceiro ciclo de Educación Primaria. Por medio deste recurso coñeceranse as figuras planas e os corpos xeométricos así como as diferenzas existentes entre elas. Ademais, traballarase a medición e o cálculo de áreas e perímetros. Os obxectivos que se remarcan son os seguintes: • Asimilar as diferenzas entre circunferencia e círculo. • Identificar as diferenzas entre cadrado e cubo. • Identificar e distinguir os elementos xeométricos relacionados con cada concepto. • Familiarizarse coa medición e o cálculo de áreas e perímetros. • Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación como instrumento de traballo intelectual. • Editar imaxes e debuxar encima delas. • Elaborar mapas conceptuais. • Compartir documentos.
  • 17. Fortalezas: É preciso destacar o logrado deseño da páxina así como o carácter motivador que amosa. Cada actividade está perfectamente explicada e delimitada, dotase aos alumnos dos recursos e información que precisan de maneira sinxela e práctica. Tamén son informados das competencias que deberían ir adquirindo en cada unha das etapas e posibilítanlles a opción de irse auto-evaluando para comprobar o aprendido. Ademais, en cada unha das actividades existen apartados de axuda, con diferentes ligazóns por si se atopan con algún problema relacionado coa instalación ou manexo de algúns dos programas que se requiren para realizar a actividade. Debilidades: Dado que a actividade está moi ben adaptada ao nivel do alumnado, os recursos que se presentan tamén son adecuados, ademais de necesarios para o futuro dos alumnos, non atopamos ningunha debilidade. O único no que precisamos incidir, é en que se debe de ter en conta a duración da actividade completa; non o consideramos unha debilidade, xa que sería cuestión de progamala dentro dun contexto concreto, pero consideramos que é bastante larga e que serían precisas varias semanas para realizar a actividade completa e con todas as etapas presentadas na páxina. Observacións: Está actividade non só destaca polo traballo de forma colaborativa e participativa mediante o uso das TIC, senón tamén é importante a cantidade de ferramentas interdisciplinares que achega ó alumnado como o son por exemplo o uso de procesadores de textos, correo electrónico, presentacións, programas como GIMP, CmaspsTool, e para a aplicación á vida diaria, Google Earth. Pensamos que ó relacionar o tema principal con todas esas ferramentas e aplicacións, o proceso está dobremente aproveitado.
  • 18. Título da actividade: “Sílaba tónica y átona” trátase de unha actividade deseñada polo propio centro, que se atopa integrada na área de lingua castelá para o segundo ciclo de Educación Primaria. Proxecto no que se integra: Proxecto Abalar. Utilización dos ordenadores nas aulas. Centro: CEIP de Quiroga – Quiroga, Lugo. Páxina Web. Data de desenvolvemento: Non se especifica. →Vixente Finalizada Descrición (obxectivos, destinatarios/as, temática…): Na páxina web do centro atopámonos con infinidade de vínculos que nos levan a diversos portais e páxinas educativas dotadas de diferentes recursos. Tamén atopamos ligazóns a todos e cada un dos blogs dos que dispoñen os alumnos de todos os ciclos do centro así como os de algún dos mestres de Educación Infantil e das distintas áreas. Ademais, todos os libros utilizados nas súas aulas están nesta páxina en formato dixital e tamén, actividades de reforzo para as diferentes áreas. Centrándonos xa na actividade que escollemos para realizar está actividade, é preciso destacar que as actividades atópanse clasificadas por áreas e mais por ciclos, a que escollemos está destinada ó terceiro ciclo para a área de lingua castelá. A temática da actividade versa sobre cómo poden ser as sílabas que compoñen as palabras, átonas ou tónicas. A través da páxina web, os alumnos poden acceder as presentacións que os mestres poñen a súa disposición para aclarar calquera dúbida teórica que lles poida xurdir e despois, poden poñer en práctica os seus coñecementos a partir destas actividades. Polo tanto, a principal finalidade destes recursos e que lles sirvan ó alumnado como apoio, como reforzo e actividades de repaso.
  • 19. Fortalezas: A principal vantaxe que lle atopamos á está páxina resulta ser a cantidade de recursos que oferta para todas as etapas de Educación Primaria, así como a clasificación dos mesmos. Cremos que se atopan con rapidez e facilidade polo que as familias, os alumnos e os mestres, poden recorrer a ela case para todo o que precisen consultar ou practicar. A disposición e clasificación destes recursos, tamén permitirá acceder a eles e ás actividades que se requiran, de maneira fluída durante unha sesión na aula, o que axuda a aforrar tempo na súa búsqueda e permite que os alumnos se manexen con maior control e confianza a través da páxina Debilidades: A debilidade que atopamos nesta páxina non é mais que a súa finalidade e emprego cara a práctica activa. Isto é, que ao non tratarse de unha WebQuest, o alumnado non realiza ningunha actividade en base á investigación, senón que simplemente pode empregar todos os recursos que nela se reúnen para repasar e aplicar o aprendido na aula. As actividades presentadas non ofrecen retos nin proxectos de investigación, trátanse de pequenas actividades divididas e parceladas, xa que a gran maioría non gardan relación con outras áreas nin son interdisciplinares como o poden ser as actividades de investigación propostas nunha WebQuest. Observacións: Aínda que na súa maioría sexan actividades de carácter mecánico e reforzador, pensamos que son moi útiles para que os alumnos poidan xestionar a súa aprendizaxe; que sexan eles os que poidan escoller aquelas actividades que queiran ou que precisen realizar, cando queiran e ó seu propio ritmo é moi positivo e motivador para eles.
  • 20. Título da actividade: Existen varias actividades integradas no seguinte blog: “The Ugly Alien” Proxecto no que se integra: Proxecto Abalar. Utilización dos ordenadores nas aulas. Centro: Colexio A Inmaculada – Lugo. Páxina Web. Data de desenvolvemento: Dende Setembro de 2014. → Vixente Finalizada Descrición (obxectivos, destinatarios/as, temática…): Durante a miña estancia de prácticas no colexio A Inmaculada de Lugo este curso académico, tiven a oportunidade de presenciar o uso dos ordenadores do proxecto Abalar, nas aulas do 6º curso de Primaria nalgunhas das sesións de inglés. O blog creado pola mestra desta área, alberga diferentes tipoloxías de actividades destinadas ó consolidamento dos conceptos e do vocabulario adquiridos na aula durante as sesións explicativas. Tamén se atopan os libros en formato dixital coas súas actividades correspondentes. As actividades que presenta o blog, son variadas, seleccionadas de acordo ó nivel e necesidades do alumnado, moitas delas de carácter lúdico, nas que se poden practicar as habilidades de escoita, de escritura, de lectura e algunhas delas, ofrecen situacións para poñer en práctica a habilidade oral coa colaboración de un ou mais compañeiros.
  • 21. Fortalezas: A maneira na que a mestra colocaba as actividades, era progresiva, seguindo ó avance que se producía na aula; o que favorece ós alumnos xa que, no caso de verse con moita información de golpe que non coñecen ben, produciría que estivesen confusos ou poderían perder motivación. Deste xeito, sempre atoparán o que están buscando rapidamente. Outra das súas virtudes é que non está enfocado como algo obrigatorio senón que é mais ben un recurso de ampliación e apoio ó que poden recorrer individualmente nas súas casas cando o precisen. Na aula, empregaban os ordenadores do proxecto Abalar para acceder a el cando tiñan que facer algún traballo de investigación conxunta por medio das actividades ou vídeos que a mestra proporcionaba ou ben, para facer diferentes actividades por parellas uns días antes do exame a modo de repaso.
  • 22. Debilidades: Os ordenadores na aula ofrécennos moitas posibilidades pero, as veces, estas vense reducidas, ou incluso anuladas por algún que outro problema técnico con estes. En ocasións algúns dos ordenadores non funcionaba ou ían demasiado lento e os alumnos tiñan que gardalos e reagruparse cos seus compañeiros para poder traballar con eles; o problema da conexión á rede tamén estivo presente en mais de unha ocasión...son cousas que non sempre se poden prever e que nos dificultan o uso, ou incluso nos privan, da utilización e o aproveitamento completo dos ordenadores na aula. Observacións: Independentemente de que a nosa conexión á rede sexa mala ou boa, debemos de aproveitar estes recursos na medida do posible. Está claro que non se vai a perder mais dunha sesión intentando que os ordenadores funcionen por arte de maxia pero, é preciso buscar unha solución alternativa como o traslado dos alumnos a outra aula por exemplo. Tamén penso que se lle podería sacar un maior partido a estes ordenadores para calquera actividade de carácter mais produtivo e non soamente para facer actividades que poden realizar dende a casa.
  • 23. Título da actividade: Xa que me encontro cursando a mención de Inglés, busquei recursos e páxinas relacionadas con esta lingua e atopei esta que me pareceu interesante: “OUR TOWN” Proxecto no que se integra: Webs dinámicas. A actividade atopase a través do acceso que existe na páxina web do centro á Wiki creada para o 5º curso de Educación Primaria integrada nesta no espazo destinado á área de Inglés. Centro: CEIP de Andrade – Pontedeume, A Coruña. Páxina Web. Data de desenvolvemento: Non se específica o inicio pero o traballo na wiki escollida rematou no ano 2013. Vixente →Finalizada Descrición (obxectivos, destinatarios/as, temática…): A actividade consiste en realizar un sinxelo traballo por grupos de investigación sobre o seu concello, Pontedeume. Os alumnos de 5º curso de Primaria, foron divididos en 4 grupos para cubrir diferentes campos de investigación e realizar cada un deles unha presentación en algunha das plataformas que soubesen manexar, para poder realizar unha presentación na aula da mesma, a modo de resumirlle ó resto da clase cada un dos campos dos que se pescudou información. Estes grupos atópanse definidos na wiki así como as presentacións de cada un deles. Tras a posta en común de todo o traballo realizado, a información foi sintetizada por eles coa axuda do mestre e elaborouse un documento en issuu, que recollía as aportacións de todos os grupos e as unificaba nun único documento que posúe todo o que necesitas saber sobre Pontedeume explicado na lingua inglesa.
  • 24. Fortalezas: Penso que a estrutura da Wiki é sinxela e práctica. O plantexamento da actividade e os recursos están perfectamente dispostos para o alumnado así como a organización dos grupos e os enlaces para acceder ás aportacións e traballos realizados por cada un deles. Tamén está a súa disposición a rúbrica; polo tanto os alumnos poden saber a que se enfrontan, poden autoevaluarse ou decidir previamente os puntos nos que se queren centrar para o desenvolvemento do seu traballo. A partir desta actividade non só se tratan temas históricos e relacionados co entorno próximo do alumnado senón tamén infinidade de aspectos sobre o traballo cooperativo, nunha primeira instancia nos grupos formados para á investigación e exposición e nunha segunda á hora de crear un documento en conxunto co traballo de todos. Ademais, trabállanse as catro habilidades básicas da lingua inglesa e á vez, promovese o uso das ferramentas TIC para unha finalidade utilitaria.
  • 25. Debilidades: A principal debilidade que lle atopo dende o meu punto de vista, é que foi plantexada como unha actividade bastante delimitada. Non na parte de investigación, xa que nese caso é necesario pautar uns patróns de búsqueda para facilitar o proceso; refírome a que a actividade poderíase utilizar para moitas cousas mais e incluso, enfocala como un proxecto para sacarlle un maior partido. Observacións: Gustoume moito a actividade xa que é unha forma perfecta de integrar a investigación, a exposición oral, o traballo en grupo, o uso das ferramentas TIC e da Wiki ó mesmo tempo que os alumnos adquiren coñecementos e datos curiosos sobre o lugar onde viven e ademais, empregan a lingua inglesa, utilizando un novo vocabulario, poñendo en práctica os coñecementos do mesmo así como os de gramática e tamén, practican as 4 habilidades necesarias para levar a cabo unha comunicación satisfactoria sobre un tema de interese para eles, polo que lles ofrece maior seguridade e confianza.