SlideShare a Scribd company logo
1 of 36
Download to read offline
Asociados aos programas de éxito educativo que a Consellería promove
destacan os chamados Contratos-programa (CP) e as modalidades que dentro deles figuran.
Concretamente o centro confeccionou ata seis solicitudes que foron concedidas:
Dentro dos CPInnova concedéronnos tres modalidades:
1. EDUSaúde, coordinado por Miguel Fernández Obes.
2. EDUSostibilidade, coordinado por Belén Mellado Franco.
3. EDUCalidade, coordinado por César Sánchez Pampín.
Dentro do CPInclúe concedéronnos catro modalidades:
1. Iguála-T coordinado por Ana Conde Pérez.
2. Convíve-T, coordinado por Lucía Rúa López.
3. Inclúe-T, coordinado por Rebeca Ares Iglesias.
4. Emocióna-T, coordinado por Lucía Rúa López.
Grazas a estes programas puidemos facer unha chea de actividades das que se beneficiou
un número importante de alumnado e todas dentro dunha gran variedade: conferencias e
charlas, exposicións e conmemoracións, visitas e excursións subvencionadas, etc.
Nas seguintes páxinas amósanse algunhas delas.
faiscas | IES Taboada Chivite 2023
contratos
programa
edusaúde
No presente curso, o departamento de Educación física, xunto con moitos e moitas docentes
doutras áreas, desenvolvemos o contrato-programa EDUSAÚDE. O obxectivo fundamental foi
acercar aos alumnos e alumnas ao que veñen a ser os hábitos de vida saudables. Sabendo
que a adquisición de hábitos e comportamentos é moito máis sinxela en idades temperás, a
maioría de actividades leváronse a cabo cos rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO.
Así, os alumnos e alumnas destes cursos
desfrutaron de saídas como as que se fixeron
ás Illas Cíes, ao parque multiaventura do
Lago de Sanabria ou as andainas que se
realizaron pola contorna do IES.
Tamén participaron a nivel competitivo
dentro do programa XOGADE e das ligas
internas EduSaúde, e recibiron charlas
informativas sobre aspectos relacionados
coa nutrición e o que certas sustancias
poden provocar no noso organismo.
Saída ao parque multiaventura
Programa XOGADE Programa XOGADE
Saída ás illas Cíes
Ligas EduSaúde
faiscas | IES Taboada Chivite 2023
edusostibilidade
Por segundo ano no noso centro, continuamos traballando na Sostibilidade, despois de
comezarmos neste eido co programa de concienciación do rural: “Eu quedo aquí, e ti?”Hai
xa catro anos e de seguir co Proxecta “o Monte vivo” que durante dous cursos traballou
na concienciación ambiental, referida sobre todo ós incendios. Este curso tivemos moito
profesorado comprometido coa Sostibilidade :
Iria Alonso colaborou co Proxecto Ríos e orgnaizaou a
actividadede de Consumo consciente realizada por Adega o
24 de abril, amosándonos a realidade do consumo diario e a
grande produción de residuos, finalmente o alumnado trouxo
as súas camisetas para customizárenas.
Ciencias
Javier Díaz Blanco cun un labor de estampado de bolsas de
tea, así como Rebeca Gzl. Gzl quen sempre está implicada na
reutilización e reciclaxe, como se viu nos traxes do Entroido
(Dep. EP e V) cos traxes de Entroido con material reciclado e
biodegradable celebrando os cincuenta anos do Cabodano
de Picaso
Plástica
Nuria Trigueros analizou co alumnado as fontes de enerxía
primarias, renovables e non renovables, obrigándoos a
pensar en termos tales como o mix enerxético, a enerxía
versátil e accesible, etc.
A través de diferentes vídeos e retos o alumnado debeu
de alcanzar tivo que se informar para resolver os os retos
propostos e os que estean por vir. Cada alumno estivo
identificado cun rol (thinkers, techies, influencers, tecnies
e stragegos) o que permite agrupar ao alumnado en base
a estes roles dependendo dos retos que se abordarán.
Física
dendeTecnoloxía,conCésarSanchezsumáronseeelaboraron
uns podcast sobre a fauna e a flora de Verín.
Tecnoloxía
XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época
Román López Díaz de Freijo estivo a voltas co proxecto de
Contaminación acústica, concienciando ó alumnado dos
problemas que esta ocasiona, e dende Tecnoloxía, teñen
xa en marcha uns sonómetros para medirmos o nivel de
decibelios en distintas zonas do centro.
Música
María del Carmen Cuquejo Bello, traballaron tamén os
incendios e as súas consecuencias no medio, na flora e fauna
da nosa contorna con 3ºESO.
Historia
Paula Páramo Méndez e Verónica García Boo aplicaron os
contidos de estatística a través da búsqueda de información
dos incendios na comarca de Verín durante o verán de
2022. Con imaxes do Google Earth puideron comprobar
as superficies antes e despois dos incendios e obtiveron
porcentaxes de superficies arboladasqueimadase superficies
rasas.
Matemáticas
Dende galego e francés uníronse tamén varias mans ó
proxecto, con Lucía Díaz Nicolino, Yaiza Pichel e Matilde
Ral, organizando un roteiro por varios sitios de interese
paisaxístico en Verín, e facendo unha recollida de lixo por
todos eles.
Alén diso, co alumnado de 1ºBac, fixéronse varias reportaxes
sobre a situación do comercio de proximidade, analizando os
hábitos de consumo na xente nova
Galego e Francés
con Miguel Fdez. contribuíron á Sostibilidade fomentando hábitos de vida saudables, retos físicos como andainas, ou saídas
á natureza como a do Parque de aventura de Sanabria, ou a inclusión do roteiro do Manancial de Cabreiroá- Capela de Santo
Antón, e Fontenova, dentro da aplicación Relive
Educación Física
Neste
curso, como cada ano, o alumnado
do Chivite implicouse na defensa da
igualdade entre homes e mulleres,
así como na loita polos dereitos das
minorías sexuais. Ao longo do ano
abordamos varias obras de introdución
ao feminismo, a saber, Feminismo para
principiantes, de Nuria Varela, Un cuarto
PropiodeVirginiaWoolfouOsegundosexo
de Simone de Beauvoir. Así mesmo, dende
os distintos departamentos integrados no
programa Iguala-T realizáronse diversas
actividades: o departamento de Filosofía, con
motivo do día de dita disciplina aproveitou
para dar voz ás silenciadas e reivindicar a
obra de diversas filósofas; así mesmo dito
departamento realizou dúas charlas sobre a
deconstrucción da masculinidade tóxica e a
exploración daqueles aspectos negativos do
rol feminino -culturamente mediatizados e a
miudo ignorados-. Por outra banda, dende o
departamento de Física participouse no concurso
de creación artística que tivo lugar o Día da muller
e a nena na ciencia; o departamento de Música,
pola súa banda, procedeu á creación dunha canción
onde se recolle a voz enmudecida de distintas poetas,
escritoras e filósofas – algunhas delas pertencentes
ao colectivo LGTB-; o grupo de Tecnoloxía construiu
un podcast onde o alumnado departiu sobre a
devastadora lacra da Violencia de Xénero. Asemade,
dende o departamento de galego elaboráronse varias
tarefas para a concienciación do alumnado, entre elas,
o obradoiro de regueifas e improvisación oral -que
rescata do esqucemento un xénero artístico representado
principalmente por mulleres- e a creación dun Scape Room
queversabasobreaviolenciadexénero.Asímesmo,esempre
coa axuda do departamento de Orientación, os alumnos e
alumnas do Chivite asistiron a diversos actos en demanda dos
dereitos das mulleres, entre os que destacan a manifestación
con motivo das reivindicacións do 8M ou a representación
teatral da obra “Golpes”, sita no auditorio de Verín.
IGUALA-T NO CHIVI-T
faiscas | IES Taboada Chivite 2023
Excursión ás illas Cíes
convive-t
Ovenres, día 2 de xuño, fomos de
excursión ás Cíes acompañados por Vanesa
de Educación Física e César o director. Foi
un día marabilloso e moi “guai”.
Saímos do instituto ás 7:50 h. e chegamos
a Vigo ás 10, máis ou menos.
Na viaxe de ida en autobús fomos
cantando, facendo fotos, escoitando
música, rindo…
Cando chegamos a Vigo esperamos
media hora polo barco. Esa media hora
aproveitámola para comer algo, poñer
crema solar e tamén fixemos bailes de
TikTok.
Era a primeira vez que iamos nun barco.
Subimos á parte de arriba. Alí fixemos
fotos co director e cos compañeiros.
Deunos a sensación de que eramos
paxaros voando no medio do mar. Cando
nos iamos achegando, a imaxe que vimos
foi preciosa.
Baixamos do barco e fomos andando por
un camiño ata chegar ao faro. Menos
mal que César, o director, nos axudou a
levar as mochilas. Agradecémosllo moito.
Estabamos moi cansos, pero mereceu
a pena. Alí sacamos fotos e despois
baixamos á praia.
Metémonos na auga. Estaba moi fría, pero
non nos importou. Non queríamos saír!
Despois comemos e, mentres, comentamos
que levabamos cada un de comida.
Estabamos desexando acabar de comer
para volver entrar á auga.
Xogamos moito na auga e coa area
e chegou a hora de cambiarnos para
marchar.
Collemos o barco de novo. Iamos moi
contentas, pero, ao mesmo tempo, un
pouco tristes porque pasara todo moi
rápido.
Subimos ao autobús. No camiño paramos
nunha cafetería moi grande para tomar
algo.
Chegamos a Verín.
Estamos moi agradecidas aos profes por
esta excursión. Nunca a esqueceremos!
Yasmine Fathallah (1º ESO A)
Toutou Mohamed (1º ESO A) XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época
faiscas | IES Taboada Chivite 2023
INCLÚE-T
Dentrodesteprograma,quetratadeidentificar,eliminar
ou minimizar, de ser o caso, as barreiras que, derivadas
de condicións persoais ou sociais do alumnado, poden
limitar o seu proceso de participación e aprendizaxe na
aula ou no centro, realizamos varias actividades entre
as que destacamos:
DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO
Celebramos este día cunha
mesa redonda. Os alumnos/as de 1º e
2º de ESO viron o corto “partir de 0” no
que se fala dos prexuízos, das portas
pechadas e das miradas indiscretas aos
que se teñen que enfrontar as persoas
xitanas. Así, alumnado xitano voluntario
contou algunhas das súas experiencias nese
sentido aos seus compañeiros.
Durante o
primeiro trimestre
o equipo da Biblio
formouse en “Lectura
fácil” coa Asociación de
Lectura Fácil Madrid a cargo
de María Peralta.
Xa no segundo trimestre botou
a andar un “Club de lectura fácil” con
6 alumnos/as dirixidos pola profesora de
Lingua Castelá, Elena Refojo. O libro escollido
foi “Cores prohibidas” de María Peralta, e ao
redor del fixeron distintas actividades.
Club de “Lectura fácil”
OIES XESÚS TABOADA CHIVITE xa é un centro
graduado en Educación Responsable despois de rematar con
éxito os tres anos do programa.
Este programa da fundación Botín céntrase na educación
emocional, social e da creatividade para impulsar a
transformación educativa. Aposta polo crecemento saudable
dos menores, potenciando o seu talento e creatividade para
axudarlles a ser autónomos, competentes, solidarios e felices.
Unha educación, que contribúa ao progreso da sociedade e
non centrada unicamente no desenvolvemento dos contidos
curriculares.
Se pensamos na Educación Obrigatoria, debemos “educar”
para vivir e desenvolverse en sociedade, unha sociedade
dinámica onde se fan necesarios contidos como a creatividade,
capacidade de adaptación, espírito emprendedor, resiliencia,
empatía, resolución de problemas, … entre outros que non
se recollen de forma concreta no currículo pero que deben
ser traballados para favorecer o fin último da educación “o
desenvolvemento integral do alumnado”.
Despois de 3 anos no Programa ER puidemos aprender outros
enfoques que lle podemos dar ao currículo. Enfoques que
integran a educación emocional como eixo imprescindible
para que rode o proceso de ensino-aprendizaxe.
educación responsable
Logo do programa
A través dos tres anos no MÓDULO DE LITERATURA E
EMOCIÓNS comprendemos a importancia de que o alumnado
realice unha lectura comprensiva a través das emocións e
sentimentos que nacen baixo a lectura. A través de actividades
antes, durante e despois o alumnado puido sentir e empatizar
con personaxes e situacións das novelas.
Esta intención conleva un importante traballo por parte do
profesorado xa que debe preparar con ilusión actividades
creativas que xurdan da lectura. Destacamos a Scape Room
realizada na biblioteca en relación ao libro “Mentira” de Care
Santos, que ademais de demostrar a súa comprensión lectora
a través dos retos, tamén favoreceu o traballo en equipo entre
o alumnado.
Outro dos enfoques que aprendemos e que se traballa moi
pouco nos centros educativos son as exposicións de Arte.
A través dos 3 anos do MÓDULO DE REFLEXARTE puidemos
observar como unha exposición de arte pode desenvolver no
alumnado moitas emocións, ideas e goce. Incluso a través
de obras de arte abstracta, se dirixes a exposición a través de
actividades, o alumnado saca o mellor deles/as.
Tivemos momentos moi gratificantes: coñecer de forma virtual
o Centro Botín de Santander que creou unha perspectiva de
ilusión pola beleza arquitectónica, traballar os sentidos a
través das obras de arte de “Olfato artístico” e rematar coa
Visita a Exposición efémera de Xardíns de Allariz que este ano
centraba a súa temática na Saúde Mental, visita que derivou
en grandes momentos.
Tamén no MÓDULO DE CORO DE EMOCIÓNS, traballado
directamente polo profesor de Música, tratáronse as emocións
a través de cancións e do canto coral .
Céntrase no Canto coral como unha actividade enriquecedora
para todo o alumnado, con independencia das dotes vocais
de cada alumno/a. Este recurso non se centra en conquistar a
excelencia coral, céntrase na participación, na expresión das
emocións e en desenvolver un estado de benestar a través da
música. Este ano a través do Musical do centro: LA LALANND,
traballouse a Canción “Mil estrellas”.
En definitiva, o Programa Educación Responsable é un recurso
máis que pretende favorecer a educación emocional dentro
do eido educativo pero de forma inherente ás materias. Pouco
a pouco o profesorado vai tomando conciencia da necesidade
de enfocar a súa metodoloxía non só a través do DUA (deseño
universal de aprendizaxe) para atender a toda a diversidade,
senón que tamén debe enfocar a súa metodoloxía a través do
DEA (deseño emocional da aprendizaxe).
S
O
M
O
S
C
E
NTRO GRA
D
U
A
D
O
!
!
!
XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época
faiscas | IES Taboada Chivite 2023
Agrupación de centros
A comezos de curso o noso centro decidiu formar parte da
elaboración dun proxecto en común con outros catro centros que traballan
o TEI (Titoría Entre Iguais). A idea naceu no Congreso Nacional celebrado en
Sada (A Coruña) a finais do curso pasado.
Deste xeito xunto co IES Albarregas (Extremadura-Mérida), IES Tartessos
(Andalucía-Camas/Sevilla), IES Gustavo Adolfo Bécquer (Madrid-Algete)
e o INS Joan Salvat Papasseit (Cataluña-Barcelona) decidimos acollernos á
convocatoria de Agrupación de Centros que cada ano promove o Ministerio
de Educación e Formación Profesional e presentar o proxecto creado en
común denominado Proyecto emocional de convivencia y bienestar escolar.
Neste curso o Ministerio avaliou un total de 143 asociacións concedendo tan
só 50 en todo o país. Afortunadamente nós fomos unha das
seleccionadas.
Aos cinco centros debemos sumar a colaboración como
socio da Universidade Francisco Victoria de Madrid para
AGRUPA _TEI
a elaboración de informes en torno ao
desenvolvemento do proxecto cuxa duración
será de dous cursos académicos.
Neste primeiro ano traballamos a Mediación
Escolar recibindo primeiramente a alumnado
de Algete e logo viaxando a esta localidade
madrileña. No segundo ano viaxaremos tódolos
centros a Barcelona.
O proxecto comezou cunha primeira reunión
dos coordinadores de cada centro en Madrid
no mes de xaneiro, nas instalacións da
Universidade sinalada. Do noso centro fomos
Rebeca González, Lucía Rúa e César Sánchez. Alí
sentamos as bases do proxecto.
A partir de aí o primeiro que tivemos que
facer foi seleccionar ao alumnado interesado
en participar, tendo en conta que tiñan que
acoller a alumnado foráneo para logo seren
acollidos eles en Madrid. A selección implicaba
realizar unha serie de tarefas (cartel publicitario
sobre a Difusión do Equipo Mediador, unha
presentación sobre que é a Mediación entre
iguais, viñetas de cómic mostrando unha
escena de mediación) e responder a unha serie
de preguntas a unha enquisa. Froito desta
selección puidemos contar con 8 alumnas e 4
alumnos que participaron de forma máis directa
das mobilidades.
Dende o minuto cero houbo unha gran sintonía
entre o alumnado de Algete e o noso, sen
dúbida unha das cousas máis satisfactorias que
puidemos ver foi o alto grao de complicidade
entre elas e eles e o ben que se levaban. As
mobilidades, tanto a de Verín coma a de Algete,
tiveron moi boa acollida nos respectivos centros
esobreorestodoalumnado.Ademais,leváronse
a cabo actividades moi enriquecedoras.
Debemos dicir que nada sería posible sen a
gran implicación do alumnado. A súa actitude
foi exemplar en todo momento. Grazas rapazas
e rapaces!.
Taméndebemosagradecer atodooprofesorado
participante nas actividades deseñadas, en
particular a Rebeca González e Zaida López,
titoras de 3º ESO que nos acompañaron na
mobilidade a Madrid e que tanto axudaron á
hora de establecer as coordinacións.
Por último, a boa sintonía do alumnado
prolongouse ás familias, tanto ás nosas coma
ás madrileñas, polo que cabe unha mención
moi especial ás nais e pais que tamén decidiron
participar neste proxecto.
Agora seguiremos traballando dentro da
Asociación para poñer en marcha o aprendido.
César Sánchez Pampín
e Lucía López Rúa
(Coordinadores)
Entrevista en Radio Chivite
XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época
Con motivo das
actividades TEI fomos seleccionados
un grupo de estudantes de 3º ESO
para facer unha convivencia co I.E.S.
de Algete que tamén é un instituto
TEI.
Na primeira mobilidade, viñeron os
madrileños a Verín. Fixemos moitas
actividades de mediación e tamén
lle ensinamos un pouco a nosa
localidade, íamos ir ao castelo de
Monterreiperodesafortunadamente
choveu e non puidemos realizar esa
visita.
Fixemos moi boas migas entre
nós e á hora de despedirse foi moi
triste, aínda que sabiamos que nos
volveríamos a ver nun mes.
Na segunda mobilidade fomos
nos a Algete, alí realizamos
tamén actividades de mediación
e ensináronnos Madrid medieval,
tamén fomos a un centro comercial
a comprar.
Esta despedida xa foi máis triste, xa
que non nos volveremos a ver ata
dentro de un ano cando se realice a
mobilidade a Barcelona.
Gustaríanos agradecer a marabillosa
acollida por parte das familias.
Recomendo facer estas experiencias
para coñecer a xente nova e para
facer amigos novos.
Ana Gago Prieto
(3º ESO C)
faiscas | IES Taboada Chivite 2023
faiscas | IES Taboada Chivite 2023
O Chivite en Europa
Neste curso 2022/2023, o IES Xesús Taboada Chivite
foi seleccionado coma Centro Embaixador da Unión Europea
entre máis de 400 centros que optaban a este proceso. Tras
unhas xornadas de formación en Madrid, ás que acudiu a
coordinadora de programas europeos e internacionais, Jose
Rolán, foron seleccionados 39 embaixadores e embaixadoras
junior no centro. Ademais destes embaixadores e
embaixadoras junior temos tamén 5 embaixadores senior que
deron a coñecer diferentes aspectos da Unión Europea nas
súas materias: Rebeca González, profesora de plástica, Juan
Guerra de xeografía e historia, David Rodríguez de música,
Verónica Hermida de lingua castelá, Olalla Calo e Jose Rolán
de inglés.
Os estudantes seleccionados participaron nunha serie
de actividades como a creación dun InfoPoint con toda a
información sobre a UE coa axuda da profesora de plástica;
a recreación de cinco danzas europeas, dirixidos por David
Rodríguez para celebrar o día de Europa; concurso de
Euroscola coa grabación dun TikTok para animar á xente xoven
para votar nas Eleccións Europeas de 2024; celebración do Día
da Unesco, O Día da Paz, o día da Muller Traballadora e o Día
de Europa. Houbo tamén contacto con outras EPAS como o IES
Monte Castelo de Burela a través de videoconferencia.
Mención especial merece a inauguración do InfoPoint sobre a
Unión Europea da man do Teniente de Alcalde, Diego Lourenzo
e da eurodiputada Ana Miranda.
Dende aquí animávosvos a participar como embaixadores e
embaixadoras junior o vindeiro curso 2023-24.
Pablo Hernando Saborido. 3º ESO C
clube erasmus
Ola, son Mariña e vou falar do
clube Erasmus.
A min paréceme unha gran
oportunidade, xa que podes viaxar a
outro país gratuitamente e aprender
dos seus costumes e idioma. Polo que
vin, os nenos e nenas que foron outros
anos pasárono xenial e fixeron moitos
amigos, polo que teño ganas de vivir
por min mesma esa experiencia.
O único “problema” é que antes de ir
tes que esperar un bo tempo para ver
se te seleccionaron e ademais tes que
facer unhas actividades, das cales non
me queixo, porque foron moi divertidas
e paseino moi ben facéndoas.
Falemos dos xogos e actividades:
Tivemos que ir ao instituto pola tarde
e pornos por grupos (eu estaba coas
miñas amigas), despois tivemos que
asignarlle un país a unhas fotos. Ese xogo foi moi complicado
porque non tiñamos nin idea, o que a nós nos parecía Portugal
acababa sendo algo completamente diferente.
Aínda que quedamos os últimos, pasámolo moi ben.
Tamén había unha actividade parecida, só que era de acertar
uns obxectos. Esa foi moita máis fácil porque algúns tiñan
letras.
Mariña García 2º ESO A
E agora vén o mellor de todo: O Kahoot que fixemos! Foi xenial,
había preguntas un pouco máis complicadas que outras, pero
quedamos cuartos entón nin tan mal.
Despois cada un marchou á súa casa (evidentemente), e aínda
que só fixemos eso unha vez, eu espero que se repita porque
de verdade que o pasamos moi ben.
Sen máis que dicir, e con moitas ganas de ir de Erasmus,
despídome. Adeus!
Ola somos Martina, Ana, Sabela, Celia e Andrea,
somosalumnasde3ºdaESOdoChiviteeestamostraballando,
nun proxecto europeo impulsado por Youth Ambassadors que
quere dicir xóvenes embaixadadores, o obxectico é achegar a
UE ás persoas xóvenes.
Este proxecto consiste nunha
campaña electoral baseada nun
youth goal que representan
a visión dos xóvenes para
a política de xuventude na
Unión Europea. O nome do
noso equipo é anduriñas e o
youth goal que eleximos foi
, facer avanzar a xunventude
rural, posto que ao vivir nunha
vila vivimos esta realidade
en primeira persoa, podemos
comezar coas nosas propostas
sobre como mellorar o rural,
todas estas propostas están
centradas en con poder
mellorar a nosa aldea, Verín.
Ampliar e mellorar os servizos sanitarios e terapéuticos
que precisan por exemplo os nenos e nenas con
Necesidades educativas especiais . Psicólogo infantil,
logopeda , rehabilitador tan so contamos cos Especialistas
da Mancomunidade e son insuficientes, para acceder a
especialistas privados hai que desprazarse ata Ourense.
A comunicación con Ourense é cada vez peor , hai poucos
autobuses o que impide que a xuventude poida desprazarse
de forma autónoma, tanto para motivos de saúde , educativo
ou de lecer.
A xuventude en Verín ten pouca a oferta para continuar os
estudios de Formación profesional, hai pouca diversidade
tanto nos ciclos medios como
superiores e moitos escollen
continuar en Bacharelato por
falta de opcións. Sería positivo
que as ofertas de formación
se relacionase co potencial
da Comarca , a viticultura ,
turismo…
Ao igual que a Escola Oficial
de Idiomas que só imparte
inglés , tendo tan perto a
fronteira con Portugal sería
bo que impartisen portugués
, francés …para poder ter
máis oportunidades e seguir
formándonos.
Estas propostas pretenden
conseguir unha maior atracción cara o rural e diminuír
a centralización de servizos que hai nas cidades. Tamén
queremos destacar que fixemos un proxecto coa colaboración
do CRA de Monterrei entre os rapaces e rapazas que nos
amosaron o que era un colexio rural agrupado. Moitas grazas
ao CRA de Monterrei por participar con nós. Animádevos a
seguirnos nas nosas redes sociais @andurinhas.ue
Youth Ambassadors
FOTOENTROIDO
E a que non sabedes quen foi o gañador ou gañadora
da postal de Nadal? A decisión non foi doado co
nivel deste ano!
A gañadora foi Noelia Losada de 1º Bac C
Este ano o concurso Fotontroido tivo unha
novidade importante: Por primeira vez
realizouse conxuntamente cos Institutos Castro
de Baronceli e García Barbón.
O segundo premio dos tres centros foi para Jorge
González de 1º Bac C, pola súa foto co lema
“ O meu sentimento”
tarxeta de nadal
O equipo de Dinamización
da lingua:
XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época
Onoso equipo de normalización segue
traballando por dinamizar a lingua e estendela
a todos os ámbitos do noso día a día. Dende a
Sostibilidade, ata o musical La La Land, os concursos
de poesía e relato ou a celebración de varias
festas anuais: os Maios, o Entroido, (recuperando
o concurso de Fotoentroido que pararamos coa
pandemia), o Nadal, o Samaín... Este curso ademáis
tamén tivemos unha xornalista da CRTVG, Manuela
Iglesias, para nos falar dos medios en galego: os
medios públicos; e da importancia de que existan.
Así mesmo, repasamos a realidade do conflito
entre Israel e Palestina co escritor Moncho Iglesias
Míguez e creamos unha actividade de escrita
o Fiadeiro da lingua
co IES de Xove: o Circo ambulante. O noso alumnado de 1º e 2ºESO
converteuse en personaxes de circo e xa temos a xira medio preparada:
dende o fontaneiro ós futbolistas, os paiasos con maquillaxe do Entroido
de Verín, funambulistas...
Durante todo o curso fomos colaborando en prol da igualdade, dende
a concienciación contra a violencia de xénero cun Scape Room na
biblioteca:
E seguimos tamén taballando a Mitoloxía local e é por iso que realizamos
unha saída ó Manancial de Cabreiroá , a capela do Santo Antón e a
Fonte do sapo (que finalmente quedou no Manancial de Fontenova) con
xogos deseñados polo alumnado de Literatura Galega do Séc. XX, onde
actualizamos a deusa Coventina, o mito das Tres Marías e o Arangaño e
a Virxe do Leite.
O ano que vén seguímos programando actividades!
faiscas | IES Taboada Chivite 2023
PROMOC
CIÓN 2023
Fila 1: Juan José, Sergio, Miguel, Adrián, Hugo, Pablo, Cristian, Iván, Lucia, David
Nicolás, Jaime, Alejandro, Kristiyan.
Fila 2: Nerea, Paula, Sara, Alicia, Marta, Nuria, Claudia, Marta, Elena, Anabel,
Daniel, Miguel
Fila 3: Almudena, Sabela, Uxía Salgado, Alba, Uxía Rúa, María, Lucía, Marta, Marco
Fila 4: Unai, Miguel, Nerea
Fila 5: Manuel, Aaron, Ares, David, Paula, Andrea, Noa, Jorge, Carla, Yeray
Fila 6: Joaquín, Ánxela, Marta, Ahinoa, Carla, Gladys, Eliana, Esther, Iker, Susana
Fila 7: Adara, Antía, Iria, Raquel, Noelia
XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época
faiscas | IES Taboada Chivite 2023
Un ano mais a nosa biblioteca ofertou diferentes actividades para todo o alumnado.
CelebramosodíadaBiblioteca,odíadapoesía,odíaInternacionaldamuller… engalanamos
as nosas portas polo Nadal, tivemos encontros con autores, fixemos contacontos, talleres
nos recreos un torneo de xadrez e seguimos cos clubs de lectura que levan funcionando
varios cursos
Un café con poesía
Para celebrar o Dia Internacional
da poesía, entregamos versos polas
cafeterías de Verín, para que os
entregasen aos seus clientes cando
tomasen un café.
As nosas colaboradoras Tania, Mariña,
María R., María dos Santos e Valeria
amosaron polas clases inventos ideados por
mulleres, como o libro electrónico, a xiringa
ou o chuvasqueiro.
Taller de calceta
8 de Marzo
Nos recreos do primeiro trimestre
tivemos un taller de calceta, impartido
por Conchita, antiga profesora do
centro, no que os participantes
fixeron unha bufanda.
XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época
A nosa colaboradora Tania de 4º B realizou
dous contacontos: No CRA de Monterrei
“La gran fábrica de las palabras” e no CEIP
Princesa de España “De que color es un
beso”
Celebramos este día cun concurso. O
alumnado de 1º-3º de ESO recibiu a
sinopse do libro e tiveron que facer a
portada e o alumnado de 4º-1ºBach
fixeron a sinopse do libro a partir da
portada.
Debuxo realizado por Leire Salgado Prieto
(gañadora na categoría de 1º3º ESO)
Esta actividade resultou exitosa
participando nela moito alumnado.
O gañador foi Antón José Prieto de
1º ESO B
Día do libro
Contacontos nos coles de primaria
Torneo de Xadrez
faiscas | IES Taboada Chivite 2023
CHIVI -
ACTIVIDADES
Ao longo dos últimos cursos foron
diferentes as actividades propostas polo profesorado do
IES Xesús Taboada Chivite no ámbito STEAM, acrónimo
que provén das siglas en lingua inglesa de Ciencia,
Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas. Combinando
estas materias o alumnado adquire competencias para
a resolución de problemas, fomenta a capacidade de
análise, potencia o pensamento flexible e aumenta a
creatividade, elementos fundamentais cando tratamos
de innovar.
Con estas actividades tamén pretendemos fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas
entre as rapazas e os rapaces, de xeito que teñan referentes que permitan ampliar a mirada
á hora de escoller os seus estudos e a súa carreira profesional.
Nos últimos cursos e grazas ao grupo de traballo “eXXperimenta en feminino” do Campus de
Ourense, Universidade de Vigo, conseguimos traer diferentes exposicións itinerantes como
“As mulleres que nos axudaron a chegar á Lúa” e “Mulleres na Ciencia”. Tamén facilitáronnos
a posibilidade de participar no concurso anual “Día da Muller e a Nena na Ciencia”, no que
obtivemos diferentes premios ao longo das sete convocatorias que xa teñen celebradas.
Durante o curso 2020_2021 os profesores de matemáticas Juan Manuel Cid e Paula Páramo,
coordinados pola profesora de Física e Química Nuria Trigueros, participaron no proxecto
europeo Erasmus+ KA3 ATS STEM. Os tres profesores traballaron durante todo o ano nun
proxecto de análise enerxético con alumnos de 3º ESO recoñecido positivamente pola
Consellería de Educación.
Ás veces os inicios non son fáciles pero o bo traballo desenvolto en anos precedentes fixo
que neste curso 22_23 o número de actividades STEAM de calidade levadas a cabo co noso
alumnado fora altamente produtivo.
NURIA TRIGUEROS AÑÍBARRO - Coordinadora do Ámbito STEAM
Algunhas das actividades mais destacadas foron: conferencias Igaciencia, visita ao
Aula Newton para usar simuladores de vóo, exposición de intelixencia artificial “More
than human” en A Coruña, conferencia e obradoiro de escaneo 3D, visita á central
hidroeléctrica de Velle, visita ao Domus de A Coruña, concurso “Nena na ciencia”,
decoración artística de Nadal, elaboración de traxes para o desfile de Entroido
conmemorando o Ano Picassiano, visita a Galiciencia, participación no Canguro
Matemático, actividades do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)....
Todas estas actividades foron organizadas por José Ángel Rodríguez e Iria Alonso de
Bioloxía e Xeoloxía, Ana Doval e Iria Piñeiro de Tecnoloxía, Paula Páramo e Verónica
García de Matemáticas, Nuria Trigueros de Física e Química, Rebeca González de
Educación Plástica e Visual, todos eles pertencentes ao grupo CHIVI-INNOVA.
As actividades de divulgación científica e artística desenvoltas este ano servirán para
que o noso alumnado afronte o seu futuro académico e profesional cunha perspectiva
innovadora e esperamos que grazas a elas as vocacións STEAM medren na sociedade
verinesa nos vindeiros anos.
XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época
2022-23
NURIA TRIGUEROS AÑÍBARRO
Coordinadora de Polos Creativos 22-23
N
o verán do 2022 notificáronnos que o IES Xesús
Taboada Chivite ía ser un dos 220 centros de
Galicia elixidos para ter un “Polo Creativo”.
Para isto previamente tivemos que presentar
un proxecto e despois de pasar un proceso de
selección déronnos a boa nova.
Non foi ata o mes de outubro cando recibimos todo o material
adxudicado pola Consellería de Educación e, inda que xa
tiñamos preparada unha aula para ser utilizada como Polo
Creativo, tivemos que habilitar outra para poder dar cabida
non só o material se non tamén ter o espazo necesario para a
súa utilidade.
Foronintensosostraballosparacatalogar,clasificarerecolocar
o material recibido e, sen o apoio do equipo “INNOVA – POLOS
CREATIVOS” formado por Ana Doval (Tecnoloxía), Miguel
Fernández (Educación Física), Verónica García (Matemáticas),
Rebeca González (Educación Plástica e Visual), Paula Páramo
(Matemáticas) e Nuria Trigueros (Física e Química), como
coordinadora, nada disto tería saído adiante.
Ao longo do mes de xaneiro e febreiro o grupo de profesorado
“INNOVA – METODOLOXÍAS ACTIVAS”, formado polos docentes
citados anteriormente e mais Iria Alonso (Tecnoloxía),
Elena Álvarez (Pedagoxía Terapéutica), Juan Manuel Cid
(Matemáticas), Javier Díaz (Educación Plástica e Visual),
Iria Piñeiro (Tecnoloxía), Jose Angel Rodríguez (Bioloxía e
Xeoloxía), Marta Rodríguez (Audición e Lenguaxe) e César
Sánchez (Tecnoloxía), recibiu formación sobre o uso do Chroma
e xeración de audiovisuais e tamén sobre impresión 3D.
No segundo e terceiro trimestre foron moitos os docentes
que utilizaron as aulas de Polos Creativos co obxectivo de
incorporar diferentes ferramentas e metodoloxías activas na
práctica docente. Nesta liña graváronse podcast e vídeos para
autoeditar, utilizáronse técnicas grupais, creáronse diferentes
situacións de aprendizaxe,... todas elas en prol dunha
aprendizaxe motivadora e innovadora.
Os primeiros pasos xa están dados. Pero aínda queda un
camiño por diante moi longo e espero que sexa produtivo en
favor da comunidade educativa de Verín.
faiscas | IES Taboada Chivite 2023
PROXECTO
XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época
faiscas | IES Taboada Chivite 2023
Co apoio loxístico, organizativo e económico do equipo directivo, colaboran preto de 30
profesores do centro, e alumnado de todos os cursos (preto de 80 alumnos: 12 actores, 15
bailaríns, coro de 40, 3 solistas, 3 maquilladoras, 1 deseñador de carteis).
Dúas horas de espectáculo teatral e musical,
con solistas, Coreografías deseñadas por
Iria Otero e ensaiadas baixo a batuta da
profesora de baile Helena Pousada.
Corodeprofes(10),alumnos(10)ealumnado
de 2 Bach (29) coa materia de Historia da
música e a danza.
Escenografía de Javier Díaz (profe de
plástica), iluminación de Javier Rodríguez
(profe de bioloxía), letras traducidas do
inglés por Isabel Cota (profe de inglés) e
guión adaptado por David R. Rivada (profe
de música).
Sabela D. Souto, autora do documental
CHIVITITEIROS e de varios vídeos que forman
parte deste musical, gravará as funcións do
mércores.
Tivemos o privilexio de contar coas
colaboracións musicais de Álvaro Blanco
(profesor de piano no Conservatorio
profesional de música de Ourense), do
alumnado de Orquesta do Conservatorio
profesional de música de Ourense (dirixido
pola profesora Raquel Carrera) e da banda
do conservatorio
profesional de
música de Verín
(dirixidosporMiguel
Ángel Guerra).
Estes últimos
actuarán ao vivo
na representación
do venres 16 no
auditorio de Verín.
Musical La la land,
sétimo musical do Chivite
David Rodríguez Rivada
XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época
As
representacións
foron as
seguintes:
Mércores 14 de xuño,
dobre función no Chivite.
Unha ás 17:30 e outra ás
20:30h.
Venres 16 de xuño ás
20:30h no auditorio de
Verín (coa actuación ao
vivo da Banda do CMUS de
Verín).
Sábado 17 de xuño ás
20:30h no auditorio de
Verín.
faiscas | IES Taboada Chivite 2023
Durante todo o curso acompañounos a
pregunta de JR: Pode a arte cambiar o mundo?.
Ao rematar este ano aprendemos que nas Artes
están involucrados algúnhas das cualidades que
nos distinguen como seres humanos. En primeiro
lugar a creatividade, en canto que creamos
cousas que son completamente novas; sumada
a un coñecemento das técnicas artísticas (que o
alumnado aprende nas clases). Pero adecais tamén
entran en xogo a intención do artista e a mensaxe
que transmite. Todo iso vai provocar en nós unha
morea de emocións.
Parafraseando ao cantante Bono “a arte pode
cambiar o mundo porque pode cambiar as persoas”
Yayoi Kusama e a súa obsesión infinita polos puntos,
Chuck Close
e o seu lema “se tes un problema, rómpeo en anacos pequenos”
A desfragmentación do cubismo con Pablo Picasso
Barbara Kruger e o poder da imaxe,
A profesora Rebeca González propuxo un roteiro
moi persoal acompañando a grandes artistas:
Unha viaxe ao mundo de
E así unha infinidade de referencias que a creatividade dos
alumnos e alumnas de EPVA e Debuxo Artístico transformou o
Centro con magníficas obras:
fanzines sobre os seus propios mundos,
stop motion sobre a dor de Frida Kahlo,
autorretratos,
liña contínua de rostros e mans con manchas de tinta,
e moitas máis.
Canta creatividade e
talento teñen os alumnos
do Chivite!
Disfraces de Entroido en homenaxe ao ano Picasso.
Polaroids en acuarela sobre os seus lugares con significado Globos metálicos en carboncillo
Bodegóns contemporáneos a bolígrafo Pegotes de pintura con lapis a cor
epva e debuxo artistico
faiscas | IES Taboada Chivite 2023
PROGRAMA
Ao longo da nosa vida, todos nós
experimentamos a dificultade que supón
cambiar de colexio, non sabiamos moi ben
conquenosimosaenfrontar:novosamigos,
novos profesores, novas normas, non saber
se encaixaremos moi ben no novo centro...
Por iso durante todo o curso 2022 23
desenvolvemos unha serie de actividades
de acollida para o alumnado de 6º de
primaria que se incorporará o próximo
curso ao noso instituto.
Os nenos e as nenas e as súas familias
visitaron o noso instituto , vendo todas
as clases, percorrendo as instalacións, e
participando charlas de presentación.
Presentámosvos unha destas actividades
de acollida que realizaron nos seus colexios:
Amaro Refojo e Princesa de España. O
alumnado respondeu a varias preguntas
sobre este cambio, tan grande que lles
espera; recollemos todas esas respostas en
post-it e expuxéronse no seu cole.
Aquí temos unha mostra representativa de
todas as súas inquedanzas.
Que é o que máis che gusta do teu colexio?
- As actividades e os profes tan bos
que temos.
- As excursións.
- O patio, o comedor e a clase.
- Os amigos e amigas.
DE ACOLLIDA
Que dificultades pensas
que vas ter no instituto?
Estudar
Ser unha nena nova,
Non entender algo ó estudar
Pelexas, insultos
Os profesores serán distintos en cada clase,
Os estudos costaranme máis.
Estudar novas materias como francés,
historia, ciencias, inglés.
Que cualidades tes ti que
che poden axudar no cambio ó instituto?
-Que son unha persoa preocupada.
-Xa coñezo xente que pasou por el.
-Que teño facilidade para facer novos
amigos.
-Os profes poden axudarme.
-Que axudo á xente, son boa compañeira
e estudo moito.
-Que sempre teño un grande sorriso e
adáptome ben á clase.
-Que vivo cerca do cole e teño que camiñar
menos.
-Ser bo en matemáticas.
-Ser bo en sociais e naturais.
-Que cando quero fago ben as cousas.
Que cousas boas cres que vai ter o instituto?
A cafetería e os profes.
As actividades que se fan, viaxes, o profesorado, as
clases e moitas cousas máis.
A ensinanza, os xogos.
Que imos pasar a outra etapa nova na nosa vida.
Físca, Plástica e o recreo
As saídas do centro, coñecer máis amigos, pásalo ben
e sacar sempre un gran sorriso.
Que nos van axudar os profes.
A cafetería
XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época
faiscas | IES Taboada Chivite 2023
Hoxe chega o momento de despedirse dunha grande etapa que marcará o resto das nosas vidas: o noso paso polo
Chivite.
Como alumnos de 2º de bacharelato témonos enfrontado a grandes desafíos, tanto persoais como académicos,
agora toca dicir adeus e lembrar todo o vivido.
Cada un de nós deixou a súa propia pegada no instituto e aínda que nos afastemos, sempre formaremos parte da
súa historia e legado; ademais de todas as amizades que levamos connosco e que pervivirán no tempo.
Queremos agradecer a todos os profesores e persoal do instinto por todos estes anos de aprendizaxe, pero sobre
todo por ensinarnos a ser boas persoas. Grazas por crer en nós incluso cando nós mesmos dubidamos, fostes
fundamentais nestes anos de evolución.
Unha aperta, o alumnado de 2º Bacharelato
Queridos compañeiros, profesores e persoal do instituto:
Pues sí. Ha llegado el momento de decir adiós.
Después de 17 cursos siendo profe del Chivite ha llegado el momento de embarcarme en un nuevo proyecto, a nivel personal y
profesional. Un cambio de aires, un salto a tumba abierta.
Son muchos los recuerdos, buenos y malos, que dejo atrás. Son muchos los compañeros con los que he compartido docencia,
experiencias, alegrías y disgustos. Son muchos los alumnos y alumnas que han pasado por mis manos. Son muchos los amigos
que he encontrado en este proceso. Son muchos los proyectos en los que me he metido de cabeza, sin saber en muchas ocasiones
a dónde me iban a llevar.
Echando la vista atrás recuerdo mis participaciones en las Rutas Científicas, Artísticas y Literarias, las Secciones Bilingües, las
actividadesdedivulgacióncientíficaligadasalaUniversidaddeVigo,aladeSantiagoyaladeLugo,losproyectosinternacionales
Comenius y Erasmus+, los proyectos de innovación educativa como Proyecto Newton, Proyecto Descartes, Proyecto HEDA, Aula
del Futuro, Polos Creativos, XuvenCiencia, Galiciencia, etc. En todas estas actividades continué formándome como docente
y encontré nuevas formas de orientar mi práctica diaria con metodologías innovadoras que no siempre funcionaban al cien
por cien, pero que me aportaban nuevas posibilidades para ofrecer al alumnado e intentar atender así la gran diversidad que
encontramos en las aulas.
Recuerdo con gran satisfacción todas y cada una de las actividades extraescolares en las que he participado con el alumnado y
que he compartido siempre con compañeros que no dudaron en ceder su tiempo libre gratuitamente para que pudieran llevarse
a cabo.
He tenido la suerte de participar en la formación de alumnos que hoy en día son viticultores, policías, militares, panaderos,
reponedores de supermercado, médicos, investigadores, periodistas, ingenieros, profesores, etc. Y sigo teniendo la suerte de ser
reconocida por todos ellos cuando me los encuentro por el mundo adelante.
También me siento muy afortunada de haber formado parte de esta comunidad educativa, llena de grandes profesionales:
limpiadoras, conserjes, administrativos y docentes, y que fue duramente golpeada por el virus del COVID, provocando el
fallecimiento de familiares y generando efectos secundarios a largo plazo en muchos de nosotros.
Nunca he pretendido ser una piedra en el camino, aunque para algunos y en algunas ocasiones no lo haya conseguido. Mis
objetivos han sido siempre cumplir con mis obligaciones, acercar la ciencia a los rapaces y pelear por aquello que considero
que es justo. Difíciles objetivos en una sociedad en la que, como observamos día a día, se prioriza al individuo, el momento y la
conveniencia.
Sólo me queda agradecer a todos los que me habéis acompañado en este camino vuestro apoyo y vuestra confianza. Estoy
segura de que seguiremos encontrándonos en la vida. Confío en que la semilla de la Ciencia que he pretendido sembrar seguirá
siendo regada por profes, padres y los propios alumnos.
No me queda más que deciros “Hasta pronto, hasta siempre, mis queridos niños”.
HASTA PRONTO, HASTA SIEMPRE.
XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época
NURIA TRIGUEROS AÑÍBARRO
Catedrática de Física y Química
Docente del IES Xesús Taboada Chivite, 2006-2023
FAÍSCAS
˝CHISPAS PEQUENAS QUE
SALTAN DO LUME
COUSA MOI BRILLANTE˝
REVISTA DO IES XESÚS TABOADA CHIVITE . VERÍN. OURENSE
Deseño:
Javier
Díaz
Blanco
Maio 2016
Número 10 - Segunda Época
Sempre houbo algo que me chamou a atención na
publicación das diferentes Faíscas que é o acompañamento do
número de edición co valor dunha época. Por exemplo, o curso
pasado saíu a edición nº 16, segunda época, e a deste curso é
o nº 17, segunda época.
Eu, incrédulo de min, pensei se o da época tiña que ver cos
períodos de mandato das Direccións do centro. Menos mal
que, consultado Javier Díaz, un dos grandes culpables de
que ano tras ano a nosa revista saia á luz nos finais de curso,
aclaroume que Faíscas naceu hai máis de trinta anos. Logo
tivo un gran parón, rematando a súa primeira época e agora
imos pola segunda época; unha vez reiniciado o proceso de
edición. Na primeira época as edicións saían mediante edición
multicopista, isto é, fotocopias grampadas de todo o que
se ía facendo ao longo do curso. Na segunda época foron
incorporándose novas técnicas máis acordes con técnicas de
maquetación actuais.
Agora ben, Faíscas sempre tivo un sentido metafórico, fai
referencia ás chispas que podendo converterse en grandes
chamas iluminarán o camiño do noso alumnado para
conseguir un próspero futuro sempre que atopen a contorna
e momento axeitados.
Se cadra esta dúbida non era só miña, polo que así todas e
todos sabemos algo máis da nosa Faíscas e da súa historia.
Agardo que esta segunda época sexa moi lonxeva e que siga
amosando a gran cantidade de iniciativas, participacións,
actividades, etc que se desenvolven no IES Xesús Taboada
Chivite evidenciando que somos un centro moi activo, creativo,
implicado e comprometido; grazas ó traballo, esforzo e ilusión
dun grupo amplo, moi amplo de persoas, entre as que se
atopan: profesorado, alumnado e persoal non docente.
faiscas | IES Taboada Chivite 2023
Segunda época…
Pero falando de épocas, e xa enlazando co que eu pretendía
contar, resulta que o que si se inicia é a segunda época de
mandato deste equipo directivo. No mes de marzo presentaba
ante o Claustro e o Consello Escolar a memoria do mandato
2019-2023 para proceder coa renovación durante catro anos
máis.
Na exposición que se fixo conclúese que o grao de cumprimento
dos obxectivos marcados no proxecto de dirección, moi
ambicioso e redactado con gran coñecemento de todo o que
rodea a este centro, foi elevado. Concretamente podemos dicir
que o cumprimento está por riba do 80% xa que das 34 liñas de
actuación definidas chegaron a acadarse 28.
Non obstante, para min o que é realmente importante, máis
cós números, é poder sinalar que sendo catro anos moi duros,
no que atravesamos situacións xamais vividas por culpa
dunha pandemia que nin quero nomear, estou moi orgulloso
por estar rodeado de xente tremendamente traballadora e
comprometida. Aquí debo mencionar ao resto de membros do
equipo directivo: Jose na vicedirección, Eduardo na xefatura
de estudos e Juan na secretaría traballan de xeito incansable
para tentar que todo transcorra da maneira máis fluída.
Somos un grupo moi unido que remando na mesma dirección
temos a eficacia, exemplaridade, transparencia, o diálogo, etc
como sinais de identidade que nos acompañan en todas e cada
unha das decisións que se toman ou debemos tomar.
Pero ademais, contar cun Claustro implicado, comprometido,
colaborador e receptivo sen dúbida fai que todo sexa moito
máis sinxelo. Por iso tamén é de agradecer o traballo de todas
as compañeiras e compañeiros que durante estes últimos anos
estiveron ao noso carón. Tampouco me esquezo do persoal
non docente, o seu traballo fai que unha parte importante de
aspectos que nos rodean engrenen e funcionen correctamente.
Acollemos a nosa renovación con ilusión, ganas de seguir
mellorando e ganas de seguir traballando nun período de
profunda transformación do sistema educativo ao que non lle
tememos, as cicatrices pandémicas e a experiencia atesourada
deben darnos pulos para seguir adiante.
Nesta segunda época seguiremos tentando que o Chivite sexa
un referente non só a nivel local, senón tamén a nivel provincial
e autonómico. Loitaremos para que as nosas alumnas e
alumnosteñanasmesmasoportunidadesquecalqueraalumna
ou alumno doutra localidade ou da cidade. Impulsaremos
e fomentaremos unha educación de calidade, inclusiva, na
que teña cabida a diversidade de alumnado, igualitaria e de
equidade. Non debemos esquecer que o alumnado é o que dá
sentido á nosa profesión, todo o que facemos e en todo o que
nos formemos os docentes debe ter un impacto directo nelas e
neles, por riba dos intereses individuais.
XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época
O coidado.
”O coidado da parte emocional para que haxa
vida, esas flores, as mimosas, a auga como vida”
Rebeca González González
Este equipo directivo fomentará unha inercia de traballo que
procure unha atmosfera dinámica e activa envolvente do
noso claustro, de xeito que, sendo conscientes das grandes
renovacións, que sempre supoñen aires cargados de novos
folgos, polas que a cotío pasa o noso claustro e polas que
seguirá pasando (cambios xeracionais, localización da nosa
vila, etc,) seguiremos avanzando nos nosos obxectivos
trazando unha folla de ruta na que o traballo colaborativo e
a ilusión do claustro sexan piares fundamentais para que del
emanen as ideas que fan que todo isto sexa posible.
Xa rematando, nos vindeiros anos esta folla de ruta estará
centrada en:
1. Atender a demanda da transformación
dixital na que estamos inmersos.
2. Fomentar a innovación educativa mediante
o achegamento e formación en novas metodoloxías.
3. Seguir mellorando as nosas instalacións e
recursos en torno á sostibilidade do centro e da súa eficiencia.
Seguiremos creando novos espazos para a cooperación, novos
espazos de diálogo e de tempos para compartir.
4. Impulsaremos a educación emocional
seguindo formándonos neste aspecto.
5. Seguiremos apostando por unha educación
de calidade e no que se aposta por unha escola inclusiva e de
equidade na que toda a diversidade teña cabida e tamén pola
igualdade entre mulleres e homes.
6. Continuaremos co proceso de
internacionalización do centro aproveitando a acreditación
Erasmus pero tentando o mesmo dende un enfoque plurilingüe
na que o inglés non sexa o único protagonista, senón que
tamén o sexan o francés e o portugués.
Por último, volvo lembrar que as nosas alumnas e alumnos
deben ser os grandes beneficiados e que entre todas e todos,
o alumnado incluído, debemos avivar as faíscas que iluminen
os nosos camiños.
César Sánchez Pampín (Director).
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdf

More Related Content

Similar to faiscas 2023 POR PAGINAS.pdf

Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015
Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015
Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015satelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
informe.XHproxectolume1.pdf
informe.XHproxectolume1.pdfinforme.XHproxectolume1.pdf
informe.XHproxectolume1.pdfrobledoprimeiroA
 
Secundaria galego final
Secundaria galego finalSecundaria galego final
Secundaria galego finalsatelite1
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicasNoemiLage
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicasNoemiLage
 
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14cacharila
 
I xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadeI xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadesatelite1
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Yolanda Castro
 
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaCambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaEncarna Lago
 
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAPROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAbiblionova
 
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"biblionova
 
Presentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edPresentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edsatelite1
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroLoudes Otero
 

Similar to faiscas 2023 POR PAGINAS.pdf (20)

Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015
Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015
Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
informe.XHproxectolume1.pdf
informe.XHproxectolume1.pdfinforme.XHproxectolume1.pdf
informe.XHproxectolume1.pdf
 
Secundaria galego final
Secundaria galego finalSecundaria galego final
Secundaria galego final
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicas
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicas
 
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
 
I xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadeI xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidade
 
Preguntas radio con contestación
Preguntas radio con contestaciónPreguntas radio con contestación
Preguntas radio con contestación
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
CONECTA JOVEN
CONECTA JOVENCONECTA JOVEN
CONECTA JOVEN
 
CONECTA JOVEN
CONECTA JOVENCONECTA JOVEN
CONECTA JOVEN
 
Publicación páxina web seoane querote
Publicación páxina web seoane querotePublicación páxina web seoane querote
Publicación páxina web seoane querote
 
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaCambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
 
A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018
 
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAPROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
 
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
 
Ciconi@ 20 (galego)
Ciconi@ 20 (galego)Ciconi@ 20 (galego)
Ciconi@ 20 (galego)
 
Presentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edPresentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto ed
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
 

More from artemalone

examen lectura_FENRIS ELFO
examen lectura_FENRIS ELFOexamen lectura_FENRIS ELFO
examen lectura_FENRIS ELFOartemalone
 
Cuaderno actividades recuperación plástica 1º eso
Cuaderno actividades recuperación plástica 1º esoCuaderno actividades recuperación plástica 1º eso
Cuaderno actividades recuperación plástica 1º esoartemalone
 
Partes scholae
Partes scholaePartes scholae
Partes scholaeartemalone
 
Canariaa latin jun_13_reserva
Canariaa latin jun_13_reservaCanariaa latin jun_13_reserva
Canariaa latin jun_13_reservaartemalone
 
Frases de participios
Frases de participiosFrases de participios
Frases de participiosartemalone
 
Arte romano ies as telleiras
Arte romano  ies as telleirasArte romano  ies as telleiras
Arte romano ies as telleirasartemalone
 
Los constituyentes de la oración
Los constituyentes de la oraciónLos constituyentes de la oración
Los constituyentes de la oraciónartemalone
 
Ficha leccion 1
Ficha leccion 1Ficha leccion 1
Ficha leccion 1artemalone
 
Ejercicios con refranes
Ejercicios con refranesEjercicios con refranes
Ejercicios con refranesartemalone
 
Proceso elaboración de una fotonovelas
Proceso elaboración de una fotonovelasProceso elaboración de una fotonovelas
Proceso elaboración de una fotonovelasartemalone
 

More from artemalone (10)

examen lectura_FENRIS ELFO
examen lectura_FENRIS ELFOexamen lectura_FENRIS ELFO
examen lectura_FENRIS ELFO
 
Cuaderno actividades recuperación plástica 1º eso
Cuaderno actividades recuperación plástica 1º esoCuaderno actividades recuperación plástica 1º eso
Cuaderno actividades recuperación plástica 1º eso
 
Partes scholae
Partes scholaePartes scholae
Partes scholae
 
Canariaa latin jun_13_reserva
Canariaa latin jun_13_reservaCanariaa latin jun_13_reserva
Canariaa latin jun_13_reserva
 
Frases de participios
Frases de participiosFrases de participios
Frases de participios
 
Arte romano ies as telleiras
Arte romano  ies as telleirasArte romano  ies as telleiras
Arte romano ies as telleiras
 
Los constituyentes de la oración
Los constituyentes de la oraciónLos constituyentes de la oración
Los constituyentes de la oración
 
Ficha leccion 1
Ficha leccion 1Ficha leccion 1
Ficha leccion 1
 
Ejercicios con refranes
Ejercicios con refranesEjercicios con refranes
Ejercicios con refranes
 
Proceso elaboración de una fotonovelas
Proceso elaboración de una fotonovelasProceso elaboración de una fotonovelas
Proceso elaboración de una fotonovelas
 

faiscas 2023 POR PAGINAS.pdf

  • 1.
  • 2. Asociados aos programas de éxito educativo que a Consellería promove destacan os chamados Contratos-programa (CP) e as modalidades que dentro deles figuran. Concretamente o centro confeccionou ata seis solicitudes que foron concedidas: Dentro dos CPInnova concedéronnos tres modalidades: 1. EDUSaúde, coordinado por Miguel Fernández Obes. 2. EDUSostibilidade, coordinado por Belén Mellado Franco. 3. EDUCalidade, coordinado por César Sánchez Pampín. Dentro do CPInclúe concedéronnos catro modalidades: 1. Iguála-T coordinado por Ana Conde Pérez. 2. Convíve-T, coordinado por Lucía Rúa López. 3. Inclúe-T, coordinado por Rebeca Ares Iglesias. 4. Emocióna-T, coordinado por Lucía Rúa López. Grazas a estes programas puidemos facer unha chea de actividades das que se beneficiou un número importante de alumnado e todas dentro dunha gran variedade: conferencias e charlas, exposicións e conmemoracións, visitas e excursións subvencionadas, etc. Nas seguintes páxinas amósanse algunhas delas. faiscas | IES Taboada Chivite 2023 contratos programa
  • 3. edusaúde No presente curso, o departamento de Educación física, xunto con moitos e moitas docentes doutras áreas, desenvolvemos o contrato-programa EDUSAÚDE. O obxectivo fundamental foi acercar aos alumnos e alumnas ao que veñen a ser os hábitos de vida saudables. Sabendo que a adquisición de hábitos e comportamentos é moito máis sinxela en idades temperás, a maioría de actividades leváronse a cabo cos rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO. Así, os alumnos e alumnas destes cursos desfrutaron de saídas como as que se fixeron ás Illas Cíes, ao parque multiaventura do Lago de Sanabria ou as andainas que se realizaron pola contorna do IES. Tamén participaron a nivel competitivo dentro do programa XOGADE e das ligas internas EduSaúde, e recibiron charlas informativas sobre aspectos relacionados coa nutrición e o que certas sustancias poden provocar no noso organismo. Saída ao parque multiaventura Programa XOGADE Programa XOGADE Saída ás illas Cíes Ligas EduSaúde
  • 4. faiscas | IES Taboada Chivite 2023 edusostibilidade Por segundo ano no noso centro, continuamos traballando na Sostibilidade, despois de comezarmos neste eido co programa de concienciación do rural: “Eu quedo aquí, e ti?”Hai xa catro anos e de seguir co Proxecta “o Monte vivo” que durante dous cursos traballou na concienciación ambiental, referida sobre todo ós incendios. Este curso tivemos moito profesorado comprometido coa Sostibilidade : Iria Alonso colaborou co Proxecto Ríos e orgnaizaou a actividadede de Consumo consciente realizada por Adega o 24 de abril, amosándonos a realidade do consumo diario e a grande produción de residuos, finalmente o alumnado trouxo as súas camisetas para customizárenas. Ciencias Javier Díaz Blanco cun un labor de estampado de bolsas de tea, así como Rebeca Gzl. Gzl quen sempre está implicada na reutilización e reciclaxe, como se viu nos traxes do Entroido (Dep. EP e V) cos traxes de Entroido con material reciclado e biodegradable celebrando os cincuenta anos do Cabodano de Picaso Plástica Nuria Trigueros analizou co alumnado as fontes de enerxía primarias, renovables e non renovables, obrigándoos a pensar en termos tales como o mix enerxético, a enerxía versátil e accesible, etc. A través de diferentes vídeos e retos o alumnado debeu de alcanzar tivo que se informar para resolver os os retos propostos e os que estean por vir. Cada alumno estivo identificado cun rol (thinkers, techies, influencers, tecnies e stragegos) o que permite agrupar ao alumnado en base a estes roles dependendo dos retos que se abordarán. Física dendeTecnoloxía,conCésarSanchezsumáronseeelaboraron uns podcast sobre a fauna e a flora de Verín. Tecnoloxía
  • 5. XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época Román López Díaz de Freijo estivo a voltas co proxecto de Contaminación acústica, concienciando ó alumnado dos problemas que esta ocasiona, e dende Tecnoloxía, teñen xa en marcha uns sonómetros para medirmos o nivel de decibelios en distintas zonas do centro. Música María del Carmen Cuquejo Bello, traballaron tamén os incendios e as súas consecuencias no medio, na flora e fauna da nosa contorna con 3ºESO. Historia Paula Páramo Méndez e Verónica García Boo aplicaron os contidos de estatística a través da búsqueda de información dos incendios na comarca de Verín durante o verán de 2022. Con imaxes do Google Earth puideron comprobar as superficies antes e despois dos incendios e obtiveron porcentaxes de superficies arboladasqueimadase superficies rasas. Matemáticas Dende galego e francés uníronse tamén varias mans ó proxecto, con Lucía Díaz Nicolino, Yaiza Pichel e Matilde Ral, organizando un roteiro por varios sitios de interese paisaxístico en Verín, e facendo unha recollida de lixo por todos eles. Alén diso, co alumnado de 1ºBac, fixéronse varias reportaxes sobre a situación do comercio de proximidade, analizando os hábitos de consumo na xente nova Galego e Francés con Miguel Fdez. contribuíron á Sostibilidade fomentando hábitos de vida saudables, retos físicos como andainas, ou saídas á natureza como a do Parque de aventura de Sanabria, ou a inclusión do roteiro do Manancial de Cabreiroá- Capela de Santo Antón, e Fontenova, dentro da aplicación Relive Educación Física
  • 6. Neste curso, como cada ano, o alumnado do Chivite implicouse na defensa da igualdade entre homes e mulleres, así como na loita polos dereitos das minorías sexuais. Ao longo do ano abordamos varias obras de introdución ao feminismo, a saber, Feminismo para principiantes, de Nuria Varela, Un cuarto PropiodeVirginiaWoolfouOsegundosexo de Simone de Beauvoir. Así mesmo, dende os distintos departamentos integrados no programa Iguala-T realizáronse diversas actividades: o departamento de Filosofía, con motivo do día de dita disciplina aproveitou para dar voz ás silenciadas e reivindicar a obra de diversas filósofas; así mesmo dito departamento realizou dúas charlas sobre a deconstrucción da masculinidade tóxica e a exploración daqueles aspectos negativos do rol feminino -culturamente mediatizados e a miudo ignorados-. Por outra banda, dende o departamento de Física participouse no concurso de creación artística que tivo lugar o Día da muller e a nena na ciencia; o departamento de Música, pola súa banda, procedeu á creación dunha canción onde se recolle a voz enmudecida de distintas poetas, escritoras e filósofas – algunhas delas pertencentes ao colectivo LGTB-; o grupo de Tecnoloxía construiu un podcast onde o alumnado departiu sobre a devastadora lacra da Violencia de Xénero. Asemade, dende o departamento de galego elaboráronse varias tarefas para a concienciación do alumnado, entre elas, o obradoiro de regueifas e improvisación oral -que rescata do esqucemento un xénero artístico representado principalmente por mulleres- e a creación dun Scape Room queversabasobreaviolenciadexénero.Asímesmo,esempre coa axuda do departamento de Orientación, os alumnos e alumnas do Chivite asistiron a diversos actos en demanda dos dereitos das mulleres, entre os que destacan a manifestación con motivo das reivindicacións do 8M ou a representación teatral da obra “Golpes”, sita no auditorio de Verín. IGUALA-T NO CHIVI-T faiscas | IES Taboada Chivite 2023
  • 7. Excursión ás illas Cíes convive-t Ovenres, día 2 de xuño, fomos de excursión ás Cíes acompañados por Vanesa de Educación Física e César o director. Foi un día marabilloso e moi “guai”. Saímos do instituto ás 7:50 h. e chegamos a Vigo ás 10, máis ou menos. Na viaxe de ida en autobús fomos cantando, facendo fotos, escoitando música, rindo… Cando chegamos a Vigo esperamos media hora polo barco. Esa media hora aproveitámola para comer algo, poñer crema solar e tamén fixemos bailes de TikTok. Era a primeira vez que iamos nun barco. Subimos á parte de arriba. Alí fixemos fotos co director e cos compañeiros. Deunos a sensación de que eramos paxaros voando no medio do mar. Cando nos iamos achegando, a imaxe que vimos foi preciosa. Baixamos do barco e fomos andando por un camiño ata chegar ao faro. Menos mal que César, o director, nos axudou a levar as mochilas. Agradecémosllo moito. Estabamos moi cansos, pero mereceu a pena. Alí sacamos fotos e despois baixamos á praia. Metémonos na auga. Estaba moi fría, pero non nos importou. Non queríamos saír! Despois comemos e, mentres, comentamos que levabamos cada un de comida. Estabamos desexando acabar de comer para volver entrar á auga. Xogamos moito na auga e coa area e chegou a hora de cambiarnos para marchar. Collemos o barco de novo. Iamos moi contentas, pero, ao mesmo tempo, un pouco tristes porque pasara todo moi rápido. Subimos ao autobús. No camiño paramos nunha cafetería moi grande para tomar algo. Chegamos a Verín. Estamos moi agradecidas aos profes por esta excursión. Nunca a esqueceremos! Yasmine Fathallah (1º ESO A) Toutou Mohamed (1º ESO A) XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época
  • 8. faiscas | IES Taboada Chivite 2023 INCLÚE-T Dentrodesteprograma,quetratadeidentificar,eliminar ou minimizar, de ser o caso, as barreiras que, derivadas de condicións persoais ou sociais do alumnado, poden limitar o seu proceso de participación e aprendizaxe na aula ou no centro, realizamos varias actividades entre as que destacamos: DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO Celebramos este día cunha mesa redonda. Os alumnos/as de 1º e 2º de ESO viron o corto “partir de 0” no que se fala dos prexuízos, das portas pechadas e das miradas indiscretas aos que se teñen que enfrontar as persoas xitanas. Así, alumnado xitano voluntario contou algunhas das súas experiencias nese sentido aos seus compañeiros. Durante o primeiro trimestre o equipo da Biblio formouse en “Lectura fácil” coa Asociación de Lectura Fácil Madrid a cargo de María Peralta. Xa no segundo trimestre botou a andar un “Club de lectura fácil” con 6 alumnos/as dirixidos pola profesora de Lingua Castelá, Elena Refojo. O libro escollido foi “Cores prohibidas” de María Peralta, e ao redor del fixeron distintas actividades. Club de “Lectura fácil”
  • 9. OIES XESÚS TABOADA CHIVITE xa é un centro graduado en Educación Responsable despois de rematar con éxito os tres anos do programa. Este programa da fundación Botín céntrase na educación emocional, social e da creatividade para impulsar a transformación educativa. Aposta polo crecemento saudable dos menores, potenciando o seu talento e creatividade para axudarlles a ser autónomos, competentes, solidarios e felices. Unha educación, que contribúa ao progreso da sociedade e non centrada unicamente no desenvolvemento dos contidos curriculares. Se pensamos na Educación Obrigatoria, debemos “educar” para vivir e desenvolverse en sociedade, unha sociedade dinámica onde se fan necesarios contidos como a creatividade, capacidade de adaptación, espírito emprendedor, resiliencia, empatía, resolución de problemas, … entre outros que non se recollen de forma concreta no currículo pero que deben ser traballados para favorecer o fin último da educación “o desenvolvemento integral do alumnado”. Despois de 3 anos no Programa ER puidemos aprender outros enfoques que lle podemos dar ao currículo. Enfoques que integran a educación emocional como eixo imprescindible para que rode o proceso de ensino-aprendizaxe. educación responsable Logo do programa A través dos tres anos no MÓDULO DE LITERATURA E EMOCIÓNS comprendemos a importancia de que o alumnado realice unha lectura comprensiva a través das emocións e sentimentos que nacen baixo a lectura. A través de actividades antes, durante e despois o alumnado puido sentir e empatizar con personaxes e situacións das novelas. Esta intención conleva un importante traballo por parte do profesorado xa que debe preparar con ilusión actividades creativas que xurdan da lectura. Destacamos a Scape Room realizada na biblioteca en relación ao libro “Mentira” de Care Santos, que ademais de demostrar a súa comprensión lectora a través dos retos, tamén favoreceu o traballo en equipo entre o alumnado. Outro dos enfoques que aprendemos e que se traballa moi pouco nos centros educativos son as exposicións de Arte. A través dos 3 anos do MÓDULO DE REFLEXARTE puidemos observar como unha exposición de arte pode desenvolver no alumnado moitas emocións, ideas e goce. Incluso a través de obras de arte abstracta, se dirixes a exposición a través de actividades, o alumnado saca o mellor deles/as. Tivemos momentos moi gratificantes: coñecer de forma virtual o Centro Botín de Santander que creou unha perspectiva de ilusión pola beleza arquitectónica, traballar os sentidos a través das obras de arte de “Olfato artístico” e rematar coa Visita a Exposición efémera de Xardíns de Allariz que este ano centraba a súa temática na Saúde Mental, visita que derivou en grandes momentos. Tamén no MÓDULO DE CORO DE EMOCIÓNS, traballado directamente polo profesor de Música, tratáronse as emocións a través de cancións e do canto coral . Céntrase no Canto coral como unha actividade enriquecedora para todo o alumnado, con independencia das dotes vocais de cada alumno/a. Este recurso non se centra en conquistar a excelencia coral, céntrase na participación, na expresión das emocións e en desenvolver un estado de benestar a través da música. Este ano a través do Musical do centro: LA LALANND, traballouse a Canción “Mil estrellas”. En definitiva, o Programa Educación Responsable é un recurso máis que pretende favorecer a educación emocional dentro do eido educativo pero de forma inherente ás materias. Pouco a pouco o profesorado vai tomando conciencia da necesidade de enfocar a súa metodoloxía non só a través do DUA (deseño universal de aprendizaxe) para atender a toda a diversidade, senón que tamén debe enfocar a súa metodoloxía a través do DEA (deseño emocional da aprendizaxe). S O M O S C E NTRO GRA D U A D O ! ! ! XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época
  • 10. faiscas | IES Taboada Chivite 2023 Agrupación de centros A comezos de curso o noso centro decidiu formar parte da elaboración dun proxecto en común con outros catro centros que traballan o TEI (Titoría Entre Iguais). A idea naceu no Congreso Nacional celebrado en Sada (A Coruña) a finais do curso pasado. Deste xeito xunto co IES Albarregas (Extremadura-Mérida), IES Tartessos (Andalucía-Camas/Sevilla), IES Gustavo Adolfo Bécquer (Madrid-Algete) e o INS Joan Salvat Papasseit (Cataluña-Barcelona) decidimos acollernos á convocatoria de Agrupación de Centros que cada ano promove o Ministerio de Educación e Formación Profesional e presentar o proxecto creado en común denominado Proyecto emocional de convivencia y bienestar escolar. Neste curso o Ministerio avaliou un total de 143 asociacións concedendo tan só 50 en todo o país. Afortunadamente nós fomos unha das seleccionadas. Aos cinco centros debemos sumar a colaboración como socio da Universidade Francisco Victoria de Madrid para AGRUPA _TEI a elaboración de informes en torno ao desenvolvemento do proxecto cuxa duración será de dous cursos académicos. Neste primeiro ano traballamos a Mediación Escolar recibindo primeiramente a alumnado de Algete e logo viaxando a esta localidade madrileña. No segundo ano viaxaremos tódolos centros a Barcelona. O proxecto comezou cunha primeira reunión dos coordinadores de cada centro en Madrid no mes de xaneiro, nas instalacións da Universidade sinalada. Do noso centro fomos Rebeca González, Lucía Rúa e César Sánchez. Alí sentamos as bases do proxecto. A partir de aí o primeiro que tivemos que facer foi seleccionar ao alumnado interesado en participar, tendo en conta que tiñan que acoller a alumnado foráneo para logo seren acollidos eles en Madrid. A selección implicaba realizar unha serie de tarefas (cartel publicitario sobre a Difusión do Equipo Mediador, unha presentación sobre que é a Mediación entre iguais, viñetas de cómic mostrando unha escena de mediación) e responder a unha serie de preguntas a unha enquisa. Froito desta selección puidemos contar con 8 alumnas e 4 alumnos que participaron de forma máis directa das mobilidades. Dende o minuto cero houbo unha gran sintonía entre o alumnado de Algete e o noso, sen dúbida unha das cousas máis satisfactorias que puidemos ver foi o alto grao de complicidade entre elas e eles e o ben que se levaban. As mobilidades, tanto a de Verín coma a de Algete, tiveron moi boa acollida nos respectivos centros esobreorestodoalumnado.Ademais,leváronse a cabo actividades moi enriquecedoras. Debemos dicir que nada sería posible sen a gran implicación do alumnado. A súa actitude foi exemplar en todo momento. Grazas rapazas e rapaces!. Taméndebemosagradecer atodooprofesorado participante nas actividades deseñadas, en particular a Rebeca González e Zaida López, titoras de 3º ESO que nos acompañaron na mobilidade a Madrid e que tanto axudaron á hora de establecer as coordinacións. Por último, a boa sintonía do alumnado prolongouse ás familias, tanto ás nosas coma ás madrileñas, polo que cabe unha mención moi especial ás nais e pais que tamén decidiron participar neste proxecto. Agora seguiremos traballando dentro da Asociación para poñer en marcha o aprendido. César Sánchez Pampín e Lucía López Rúa (Coordinadores) Entrevista en Radio Chivite
  • 11. XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época Con motivo das actividades TEI fomos seleccionados un grupo de estudantes de 3º ESO para facer unha convivencia co I.E.S. de Algete que tamén é un instituto TEI. Na primeira mobilidade, viñeron os madrileños a Verín. Fixemos moitas actividades de mediación e tamén lle ensinamos un pouco a nosa localidade, íamos ir ao castelo de Monterreiperodesafortunadamente choveu e non puidemos realizar esa visita. Fixemos moi boas migas entre nós e á hora de despedirse foi moi triste, aínda que sabiamos que nos volveríamos a ver nun mes. Na segunda mobilidade fomos nos a Algete, alí realizamos tamén actividades de mediación e ensináronnos Madrid medieval, tamén fomos a un centro comercial a comprar. Esta despedida xa foi máis triste, xa que non nos volveremos a ver ata dentro de un ano cando se realice a mobilidade a Barcelona. Gustaríanos agradecer a marabillosa acollida por parte das familias. Recomendo facer estas experiencias para coñecer a xente nova e para facer amigos novos. Ana Gago Prieto (3º ESO C)
  • 12. faiscas | IES Taboada Chivite 2023
  • 13.
  • 14. faiscas | IES Taboada Chivite 2023 O Chivite en Europa Neste curso 2022/2023, o IES Xesús Taboada Chivite foi seleccionado coma Centro Embaixador da Unión Europea entre máis de 400 centros que optaban a este proceso. Tras unhas xornadas de formación en Madrid, ás que acudiu a coordinadora de programas europeos e internacionais, Jose Rolán, foron seleccionados 39 embaixadores e embaixadoras junior no centro. Ademais destes embaixadores e embaixadoras junior temos tamén 5 embaixadores senior que deron a coñecer diferentes aspectos da Unión Europea nas súas materias: Rebeca González, profesora de plástica, Juan Guerra de xeografía e historia, David Rodríguez de música, Verónica Hermida de lingua castelá, Olalla Calo e Jose Rolán de inglés. Os estudantes seleccionados participaron nunha serie de actividades como a creación dun InfoPoint con toda a información sobre a UE coa axuda da profesora de plástica; a recreación de cinco danzas europeas, dirixidos por David Rodríguez para celebrar o día de Europa; concurso de Euroscola coa grabación dun TikTok para animar á xente xoven para votar nas Eleccións Europeas de 2024; celebración do Día da Unesco, O Día da Paz, o día da Muller Traballadora e o Día de Europa. Houbo tamén contacto con outras EPAS como o IES Monte Castelo de Burela a través de videoconferencia. Mención especial merece a inauguración do InfoPoint sobre a Unión Europea da man do Teniente de Alcalde, Diego Lourenzo e da eurodiputada Ana Miranda. Dende aquí animávosvos a participar como embaixadores e embaixadoras junior o vindeiro curso 2023-24. Pablo Hernando Saborido. 3º ESO C
  • 15. clube erasmus Ola, son Mariña e vou falar do clube Erasmus. A min paréceme unha gran oportunidade, xa que podes viaxar a outro país gratuitamente e aprender dos seus costumes e idioma. Polo que vin, os nenos e nenas que foron outros anos pasárono xenial e fixeron moitos amigos, polo que teño ganas de vivir por min mesma esa experiencia. O único “problema” é que antes de ir tes que esperar un bo tempo para ver se te seleccionaron e ademais tes que facer unhas actividades, das cales non me queixo, porque foron moi divertidas e paseino moi ben facéndoas. Falemos dos xogos e actividades: Tivemos que ir ao instituto pola tarde e pornos por grupos (eu estaba coas miñas amigas), despois tivemos que asignarlle un país a unhas fotos. Ese xogo foi moi complicado porque non tiñamos nin idea, o que a nós nos parecía Portugal acababa sendo algo completamente diferente. Aínda que quedamos os últimos, pasámolo moi ben. Tamén había unha actividade parecida, só que era de acertar uns obxectos. Esa foi moita máis fácil porque algúns tiñan letras. Mariña García 2º ESO A E agora vén o mellor de todo: O Kahoot que fixemos! Foi xenial, había preguntas un pouco máis complicadas que outras, pero quedamos cuartos entón nin tan mal. Despois cada un marchou á súa casa (evidentemente), e aínda que só fixemos eso unha vez, eu espero que se repita porque de verdade que o pasamos moi ben. Sen máis que dicir, e con moitas ganas de ir de Erasmus, despídome. Adeus! Ola somos Martina, Ana, Sabela, Celia e Andrea, somosalumnasde3ºdaESOdoChiviteeestamostraballando, nun proxecto europeo impulsado por Youth Ambassadors que quere dicir xóvenes embaixadadores, o obxectico é achegar a UE ás persoas xóvenes. Este proxecto consiste nunha campaña electoral baseada nun youth goal que representan a visión dos xóvenes para a política de xuventude na Unión Europea. O nome do noso equipo é anduriñas e o youth goal que eleximos foi , facer avanzar a xunventude rural, posto que ao vivir nunha vila vivimos esta realidade en primeira persoa, podemos comezar coas nosas propostas sobre como mellorar o rural, todas estas propostas están centradas en con poder mellorar a nosa aldea, Verín. Ampliar e mellorar os servizos sanitarios e terapéuticos que precisan por exemplo os nenos e nenas con Necesidades educativas especiais . Psicólogo infantil, logopeda , rehabilitador tan so contamos cos Especialistas da Mancomunidade e son insuficientes, para acceder a especialistas privados hai que desprazarse ata Ourense. A comunicación con Ourense é cada vez peor , hai poucos autobuses o que impide que a xuventude poida desprazarse de forma autónoma, tanto para motivos de saúde , educativo ou de lecer. A xuventude en Verín ten pouca a oferta para continuar os estudios de Formación profesional, hai pouca diversidade tanto nos ciclos medios como superiores e moitos escollen continuar en Bacharelato por falta de opcións. Sería positivo que as ofertas de formación se relacionase co potencial da Comarca , a viticultura , turismo… Ao igual que a Escola Oficial de Idiomas que só imparte inglés , tendo tan perto a fronteira con Portugal sería bo que impartisen portugués , francés …para poder ter máis oportunidades e seguir formándonos. Estas propostas pretenden conseguir unha maior atracción cara o rural e diminuír a centralización de servizos que hai nas cidades. Tamén queremos destacar que fixemos un proxecto coa colaboración do CRA de Monterrei entre os rapaces e rapazas que nos amosaron o que era un colexio rural agrupado. Moitas grazas ao CRA de Monterrei por participar con nós. Animádevos a seguirnos nas nosas redes sociais @andurinhas.ue Youth Ambassadors
  • 16. FOTOENTROIDO E a que non sabedes quen foi o gañador ou gañadora da postal de Nadal? A decisión non foi doado co nivel deste ano! A gañadora foi Noelia Losada de 1º Bac C Este ano o concurso Fotontroido tivo unha novidade importante: Por primeira vez realizouse conxuntamente cos Institutos Castro de Baronceli e García Barbón. O segundo premio dos tres centros foi para Jorge González de 1º Bac C, pola súa foto co lema “ O meu sentimento” tarxeta de nadal
  • 17. O equipo de Dinamización da lingua: XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época Onoso equipo de normalización segue traballando por dinamizar a lingua e estendela a todos os ámbitos do noso día a día. Dende a Sostibilidade, ata o musical La La Land, os concursos de poesía e relato ou a celebración de varias festas anuais: os Maios, o Entroido, (recuperando o concurso de Fotoentroido que pararamos coa pandemia), o Nadal, o Samaín... Este curso ademáis tamén tivemos unha xornalista da CRTVG, Manuela Iglesias, para nos falar dos medios en galego: os medios públicos; e da importancia de que existan. Así mesmo, repasamos a realidade do conflito entre Israel e Palestina co escritor Moncho Iglesias Míguez e creamos unha actividade de escrita o Fiadeiro da lingua co IES de Xove: o Circo ambulante. O noso alumnado de 1º e 2ºESO converteuse en personaxes de circo e xa temos a xira medio preparada: dende o fontaneiro ós futbolistas, os paiasos con maquillaxe do Entroido de Verín, funambulistas... Durante todo o curso fomos colaborando en prol da igualdade, dende a concienciación contra a violencia de xénero cun Scape Room na biblioteca: E seguimos tamén taballando a Mitoloxía local e é por iso que realizamos unha saída ó Manancial de Cabreiroá , a capela do Santo Antón e a Fonte do sapo (que finalmente quedou no Manancial de Fontenova) con xogos deseñados polo alumnado de Literatura Galega do Séc. XX, onde actualizamos a deusa Coventina, o mito das Tres Marías e o Arangaño e a Virxe do Leite. O ano que vén seguímos programando actividades!
  • 18. faiscas | IES Taboada Chivite 2023 PROMOC
  • 19. CIÓN 2023 Fila 1: Juan José, Sergio, Miguel, Adrián, Hugo, Pablo, Cristian, Iván, Lucia, David Nicolás, Jaime, Alejandro, Kristiyan. Fila 2: Nerea, Paula, Sara, Alicia, Marta, Nuria, Claudia, Marta, Elena, Anabel, Daniel, Miguel Fila 3: Almudena, Sabela, Uxía Salgado, Alba, Uxía Rúa, María, Lucía, Marta, Marco Fila 4: Unai, Miguel, Nerea Fila 5: Manuel, Aaron, Ares, David, Paula, Andrea, Noa, Jorge, Carla, Yeray Fila 6: Joaquín, Ánxela, Marta, Ahinoa, Carla, Gladys, Eliana, Esther, Iker, Susana Fila 7: Adara, Antía, Iria, Raquel, Noelia XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época
  • 20. faiscas | IES Taboada Chivite 2023 Un ano mais a nosa biblioteca ofertou diferentes actividades para todo o alumnado. CelebramosodíadaBiblioteca,odíadapoesía,odíaInternacionaldamuller… engalanamos as nosas portas polo Nadal, tivemos encontros con autores, fixemos contacontos, talleres nos recreos un torneo de xadrez e seguimos cos clubs de lectura que levan funcionando varios cursos Un café con poesía Para celebrar o Dia Internacional da poesía, entregamos versos polas cafeterías de Verín, para que os entregasen aos seus clientes cando tomasen un café. As nosas colaboradoras Tania, Mariña, María R., María dos Santos e Valeria amosaron polas clases inventos ideados por mulleres, como o libro electrónico, a xiringa ou o chuvasqueiro. Taller de calceta 8 de Marzo Nos recreos do primeiro trimestre tivemos un taller de calceta, impartido por Conchita, antiga profesora do centro, no que os participantes fixeron unha bufanda.
  • 21. XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época A nosa colaboradora Tania de 4º B realizou dous contacontos: No CRA de Monterrei “La gran fábrica de las palabras” e no CEIP Princesa de España “De que color es un beso” Celebramos este día cun concurso. O alumnado de 1º-3º de ESO recibiu a sinopse do libro e tiveron que facer a portada e o alumnado de 4º-1ºBach fixeron a sinopse do libro a partir da portada. Debuxo realizado por Leire Salgado Prieto (gañadora na categoría de 1º3º ESO) Esta actividade resultou exitosa participando nela moito alumnado. O gañador foi Antón José Prieto de 1º ESO B Día do libro Contacontos nos coles de primaria Torneo de Xadrez
  • 22. faiscas | IES Taboada Chivite 2023 CHIVI - ACTIVIDADES Ao longo dos últimos cursos foron diferentes as actividades propostas polo profesorado do IES Xesús Taboada Chivite no ámbito STEAM, acrónimo que provén das siglas en lingua inglesa de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas. Combinando estas materias o alumnado adquire competencias para a resolución de problemas, fomenta a capacidade de análise, potencia o pensamento flexible e aumenta a creatividade, elementos fundamentais cando tratamos de innovar. Con estas actividades tamén pretendemos fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre as rapazas e os rapaces, de xeito que teñan referentes que permitan ampliar a mirada á hora de escoller os seus estudos e a súa carreira profesional. Nos últimos cursos e grazas ao grupo de traballo “eXXperimenta en feminino” do Campus de Ourense, Universidade de Vigo, conseguimos traer diferentes exposicións itinerantes como “As mulleres que nos axudaron a chegar á Lúa” e “Mulleres na Ciencia”. Tamén facilitáronnos a posibilidade de participar no concurso anual “Día da Muller e a Nena na Ciencia”, no que obtivemos diferentes premios ao longo das sete convocatorias que xa teñen celebradas. Durante o curso 2020_2021 os profesores de matemáticas Juan Manuel Cid e Paula Páramo, coordinados pola profesora de Física e Química Nuria Trigueros, participaron no proxecto europeo Erasmus+ KA3 ATS STEM. Os tres profesores traballaron durante todo o ano nun proxecto de análise enerxético con alumnos de 3º ESO recoñecido positivamente pola Consellería de Educación. Ás veces os inicios non son fáciles pero o bo traballo desenvolto en anos precedentes fixo que neste curso 22_23 o número de actividades STEAM de calidade levadas a cabo co noso alumnado fora altamente produtivo. NURIA TRIGUEROS AÑÍBARRO - Coordinadora do Ámbito STEAM
  • 23. Algunhas das actividades mais destacadas foron: conferencias Igaciencia, visita ao Aula Newton para usar simuladores de vóo, exposición de intelixencia artificial “More than human” en A Coruña, conferencia e obradoiro de escaneo 3D, visita á central hidroeléctrica de Velle, visita ao Domus de A Coruña, concurso “Nena na ciencia”, decoración artística de Nadal, elaboración de traxes para o desfile de Entroido conmemorando o Ano Picassiano, visita a Galiciencia, participación no Canguro Matemático, actividades do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE).... Todas estas actividades foron organizadas por José Ángel Rodríguez e Iria Alonso de Bioloxía e Xeoloxía, Ana Doval e Iria Piñeiro de Tecnoloxía, Paula Páramo e Verónica García de Matemáticas, Nuria Trigueros de Física e Química, Rebeca González de Educación Plástica e Visual, todos eles pertencentes ao grupo CHIVI-INNOVA. As actividades de divulgación científica e artística desenvoltas este ano servirán para que o noso alumnado afronte o seu futuro académico e profesional cunha perspectiva innovadora e esperamos que grazas a elas as vocacións STEAM medren na sociedade verinesa nos vindeiros anos. XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época 2022-23
  • 24. NURIA TRIGUEROS AÑÍBARRO Coordinadora de Polos Creativos 22-23 N o verán do 2022 notificáronnos que o IES Xesús Taboada Chivite ía ser un dos 220 centros de Galicia elixidos para ter un “Polo Creativo”. Para isto previamente tivemos que presentar un proxecto e despois de pasar un proceso de selección déronnos a boa nova. Non foi ata o mes de outubro cando recibimos todo o material adxudicado pola Consellería de Educación e, inda que xa tiñamos preparada unha aula para ser utilizada como Polo Creativo, tivemos que habilitar outra para poder dar cabida non só o material se non tamén ter o espazo necesario para a súa utilidade. Foronintensosostraballosparacatalogar,clasificarerecolocar o material recibido e, sen o apoio do equipo “INNOVA – POLOS CREATIVOS” formado por Ana Doval (Tecnoloxía), Miguel Fernández (Educación Física), Verónica García (Matemáticas), Rebeca González (Educación Plástica e Visual), Paula Páramo (Matemáticas) e Nuria Trigueros (Física e Química), como coordinadora, nada disto tería saído adiante. Ao longo do mes de xaneiro e febreiro o grupo de profesorado “INNOVA – METODOLOXÍAS ACTIVAS”, formado polos docentes citados anteriormente e mais Iria Alonso (Tecnoloxía), Elena Álvarez (Pedagoxía Terapéutica), Juan Manuel Cid (Matemáticas), Javier Díaz (Educación Plástica e Visual), Iria Piñeiro (Tecnoloxía), Jose Angel Rodríguez (Bioloxía e Xeoloxía), Marta Rodríguez (Audición e Lenguaxe) e César Sánchez (Tecnoloxía), recibiu formación sobre o uso do Chroma e xeración de audiovisuais e tamén sobre impresión 3D. No segundo e terceiro trimestre foron moitos os docentes que utilizaron as aulas de Polos Creativos co obxectivo de incorporar diferentes ferramentas e metodoloxías activas na práctica docente. Nesta liña graváronse podcast e vídeos para autoeditar, utilizáronse técnicas grupais, creáronse diferentes situacións de aprendizaxe,... todas elas en prol dunha aprendizaxe motivadora e innovadora. Os primeiros pasos xa están dados. Pero aínda queda un camiño por diante moi longo e espero que sexa produtivo en favor da comunidade educativa de Verín. faiscas | IES Taboada Chivite 2023 PROXECTO
  • 25. XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época
  • 26. faiscas | IES Taboada Chivite 2023 Co apoio loxístico, organizativo e económico do equipo directivo, colaboran preto de 30 profesores do centro, e alumnado de todos os cursos (preto de 80 alumnos: 12 actores, 15 bailaríns, coro de 40, 3 solistas, 3 maquilladoras, 1 deseñador de carteis). Dúas horas de espectáculo teatral e musical, con solistas, Coreografías deseñadas por Iria Otero e ensaiadas baixo a batuta da profesora de baile Helena Pousada. Corodeprofes(10),alumnos(10)ealumnado de 2 Bach (29) coa materia de Historia da música e a danza. Escenografía de Javier Díaz (profe de plástica), iluminación de Javier Rodríguez (profe de bioloxía), letras traducidas do inglés por Isabel Cota (profe de inglés) e guión adaptado por David R. Rivada (profe de música). Sabela D. Souto, autora do documental CHIVITITEIROS e de varios vídeos que forman parte deste musical, gravará as funcións do mércores. Tivemos o privilexio de contar coas colaboracións musicais de Álvaro Blanco (profesor de piano no Conservatorio profesional de música de Ourense), do alumnado de Orquesta do Conservatorio profesional de música de Ourense (dirixido pola profesora Raquel Carrera) e da banda do conservatorio profesional de música de Verín (dirixidosporMiguel Ángel Guerra). Estes últimos actuarán ao vivo na representación do venres 16 no auditorio de Verín. Musical La la land, sétimo musical do Chivite David Rodríguez Rivada
  • 27. XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época As representacións foron as seguintes: Mércores 14 de xuño, dobre función no Chivite. Unha ás 17:30 e outra ás 20:30h. Venres 16 de xuño ás 20:30h no auditorio de Verín (coa actuación ao vivo da Banda do CMUS de Verín). Sábado 17 de xuño ás 20:30h no auditorio de Verín.
  • 28. faiscas | IES Taboada Chivite 2023 Durante todo o curso acompañounos a pregunta de JR: Pode a arte cambiar o mundo?. Ao rematar este ano aprendemos que nas Artes están involucrados algúnhas das cualidades que nos distinguen como seres humanos. En primeiro lugar a creatividade, en canto que creamos cousas que son completamente novas; sumada a un coñecemento das técnicas artísticas (que o alumnado aprende nas clases). Pero adecais tamén entran en xogo a intención do artista e a mensaxe que transmite. Todo iso vai provocar en nós unha morea de emocións. Parafraseando ao cantante Bono “a arte pode cambiar o mundo porque pode cambiar as persoas” Yayoi Kusama e a súa obsesión infinita polos puntos, Chuck Close e o seu lema “se tes un problema, rómpeo en anacos pequenos” A desfragmentación do cubismo con Pablo Picasso Barbara Kruger e o poder da imaxe, A profesora Rebeca González propuxo un roteiro moi persoal acompañando a grandes artistas: Unha viaxe ao mundo de
  • 29. E así unha infinidade de referencias que a creatividade dos alumnos e alumnas de EPVA e Debuxo Artístico transformou o Centro con magníficas obras: fanzines sobre os seus propios mundos, stop motion sobre a dor de Frida Kahlo, autorretratos, liña contínua de rostros e mans con manchas de tinta, e moitas máis. Canta creatividade e talento teñen os alumnos do Chivite! Disfraces de Entroido en homenaxe ao ano Picasso. Polaroids en acuarela sobre os seus lugares con significado Globos metálicos en carboncillo Bodegóns contemporáneos a bolígrafo Pegotes de pintura con lapis a cor epva e debuxo artistico
  • 30. faiscas | IES Taboada Chivite 2023 PROGRAMA Ao longo da nosa vida, todos nós experimentamos a dificultade que supón cambiar de colexio, non sabiamos moi ben conquenosimosaenfrontar:novosamigos, novos profesores, novas normas, non saber se encaixaremos moi ben no novo centro... Por iso durante todo o curso 2022 23 desenvolvemos unha serie de actividades de acollida para o alumnado de 6º de primaria que se incorporará o próximo curso ao noso instituto. Os nenos e as nenas e as súas familias visitaron o noso instituto , vendo todas as clases, percorrendo as instalacións, e participando charlas de presentación. Presentámosvos unha destas actividades de acollida que realizaron nos seus colexios: Amaro Refojo e Princesa de España. O alumnado respondeu a varias preguntas sobre este cambio, tan grande que lles espera; recollemos todas esas respostas en post-it e expuxéronse no seu cole. Aquí temos unha mostra representativa de todas as súas inquedanzas. Que é o que máis che gusta do teu colexio? - As actividades e os profes tan bos que temos. - As excursións. - O patio, o comedor e a clase. - Os amigos e amigas.
  • 31. DE ACOLLIDA Que dificultades pensas que vas ter no instituto? Estudar Ser unha nena nova, Non entender algo ó estudar Pelexas, insultos Os profesores serán distintos en cada clase, Os estudos costaranme máis. Estudar novas materias como francés, historia, ciencias, inglés. Que cualidades tes ti que che poden axudar no cambio ó instituto? -Que son unha persoa preocupada. -Xa coñezo xente que pasou por el. -Que teño facilidade para facer novos amigos. -Os profes poden axudarme. -Que axudo á xente, son boa compañeira e estudo moito. -Que sempre teño un grande sorriso e adáptome ben á clase. -Que vivo cerca do cole e teño que camiñar menos. -Ser bo en matemáticas. -Ser bo en sociais e naturais. -Que cando quero fago ben as cousas. Que cousas boas cres que vai ter o instituto? A cafetería e os profes. As actividades que se fan, viaxes, o profesorado, as clases e moitas cousas máis. A ensinanza, os xogos. Que imos pasar a outra etapa nova na nosa vida. Físca, Plástica e o recreo As saídas do centro, coñecer máis amigos, pásalo ben e sacar sempre un gran sorriso. Que nos van axudar os profes. A cafetería XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época
  • 32. faiscas | IES Taboada Chivite 2023 Hoxe chega o momento de despedirse dunha grande etapa que marcará o resto das nosas vidas: o noso paso polo Chivite. Como alumnos de 2º de bacharelato témonos enfrontado a grandes desafíos, tanto persoais como académicos, agora toca dicir adeus e lembrar todo o vivido. Cada un de nós deixou a súa propia pegada no instituto e aínda que nos afastemos, sempre formaremos parte da súa historia e legado; ademais de todas as amizades que levamos connosco e que pervivirán no tempo. Queremos agradecer a todos os profesores e persoal do instinto por todos estes anos de aprendizaxe, pero sobre todo por ensinarnos a ser boas persoas. Grazas por crer en nós incluso cando nós mesmos dubidamos, fostes fundamentais nestes anos de evolución. Unha aperta, o alumnado de 2º Bacharelato Queridos compañeiros, profesores e persoal do instituto:
  • 33. Pues sí. Ha llegado el momento de decir adiós. Después de 17 cursos siendo profe del Chivite ha llegado el momento de embarcarme en un nuevo proyecto, a nivel personal y profesional. Un cambio de aires, un salto a tumba abierta. Son muchos los recuerdos, buenos y malos, que dejo atrás. Son muchos los compañeros con los que he compartido docencia, experiencias, alegrías y disgustos. Son muchos los alumnos y alumnas que han pasado por mis manos. Son muchos los amigos que he encontrado en este proceso. Son muchos los proyectos en los que me he metido de cabeza, sin saber en muchas ocasiones a dónde me iban a llevar. Echando la vista atrás recuerdo mis participaciones en las Rutas Científicas, Artísticas y Literarias, las Secciones Bilingües, las actividadesdedivulgacióncientíficaligadasalaUniversidaddeVigo,aladeSantiagoyaladeLugo,losproyectosinternacionales Comenius y Erasmus+, los proyectos de innovación educativa como Proyecto Newton, Proyecto Descartes, Proyecto HEDA, Aula del Futuro, Polos Creativos, XuvenCiencia, Galiciencia, etc. En todas estas actividades continué formándome como docente y encontré nuevas formas de orientar mi práctica diaria con metodologías innovadoras que no siempre funcionaban al cien por cien, pero que me aportaban nuevas posibilidades para ofrecer al alumnado e intentar atender así la gran diversidad que encontramos en las aulas. Recuerdo con gran satisfacción todas y cada una de las actividades extraescolares en las que he participado con el alumnado y que he compartido siempre con compañeros que no dudaron en ceder su tiempo libre gratuitamente para que pudieran llevarse a cabo. He tenido la suerte de participar en la formación de alumnos que hoy en día son viticultores, policías, militares, panaderos, reponedores de supermercado, médicos, investigadores, periodistas, ingenieros, profesores, etc. Y sigo teniendo la suerte de ser reconocida por todos ellos cuando me los encuentro por el mundo adelante. También me siento muy afortunada de haber formado parte de esta comunidad educativa, llena de grandes profesionales: limpiadoras, conserjes, administrativos y docentes, y que fue duramente golpeada por el virus del COVID, provocando el fallecimiento de familiares y generando efectos secundarios a largo plazo en muchos de nosotros. Nunca he pretendido ser una piedra en el camino, aunque para algunos y en algunas ocasiones no lo haya conseguido. Mis objetivos han sido siempre cumplir con mis obligaciones, acercar la ciencia a los rapaces y pelear por aquello que considero que es justo. Difíciles objetivos en una sociedad en la que, como observamos día a día, se prioriza al individuo, el momento y la conveniencia. Sólo me queda agradecer a todos los que me habéis acompañado en este camino vuestro apoyo y vuestra confianza. Estoy segura de que seguiremos encontrándonos en la vida. Confío en que la semilla de la Ciencia que he pretendido sembrar seguirá siendo regada por profes, padres y los propios alumnos. No me queda más que deciros “Hasta pronto, hasta siempre, mis queridos niños”. HASTA PRONTO, HASTA SIEMPRE. XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época NURIA TRIGUEROS AÑÍBARRO Catedrática de Física y Química Docente del IES Xesús Taboada Chivite, 2006-2023
  • 34. FAÍSCAS ˝CHISPAS PEQUENAS QUE SALTAN DO LUME COUSA MOI BRILLANTE˝ REVISTA DO IES XESÚS TABOADA CHIVITE . VERÍN. OURENSE Deseño: Javier Díaz Blanco Maio 2016 Número 10 - Segunda Época Sempre houbo algo que me chamou a atención na publicación das diferentes Faíscas que é o acompañamento do número de edición co valor dunha época. Por exemplo, o curso pasado saíu a edición nº 16, segunda época, e a deste curso é o nº 17, segunda época. Eu, incrédulo de min, pensei se o da época tiña que ver cos períodos de mandato das Direccións do centro. Menos mal que, consultado Javier Díaz, un dos grandes culpables de que ano tras ano a nosa revista saia á luz nos finais de curso, aclaroume que Faíscas naceu hai máis de trinta anos. Logo tivo un gran parón, rematando a súa primeira época e agora imos pola segunda época; unha vez reiniciado o proceso de edición. Na primeira época as edicións saían mediante edición multicopista, isto é, fotocopias grampadas de todo o que se ía facendo ao longo do curso. Na segunda época foron incorporándose novas técnicas máis acordes con técnicas de maquetación actuais. Agora ben, Faíscas sempre tivo un sentido metafórico, fai referencia ás chispas que podendo converterse en grandes chamas iluminarán o camiño do noso alumnado para conseguir un próspero futuro sempre que atopen a contorna e momento axeitados. Se cadra esta dúbida non era só miña, polo que así todas e todos sabemos algo máis da nosa Faíscas e da súa historia. Agardo que esta segunda época sexa moi lonxeva e que siga amosando a gran cantidade de iniciativas, participacións, actividades, etc que se desenvolven no IES Xesús Taboada Chivite evidenciando que somos un centro moi activo, creativo, implicado e comprometido; grazas ó traballo, esforzo e ilusión dun grupo amplo, moi amplo de persoas, entre as que se atopan: profesorado, alumnado e persoal non docente. faiscas | IES Taboada Chivite 2023 Segunda época… Pero falando de épocas, e xa enlazando co que eu pretendía contar, resulta que o que si se inicia é a segunda época de mandato deste equipo directivo. No mes de marzo presentaba ante o Claustro e o Consello Escolar a memoria do mandato 2019-2023 para proceder coa renovación durante catro anos máis. Na exposición que se fixo conclúese que o grao de cumprimento dos obxectivos marcados no proxecto de dirección, moi ambicioso e redactado con gran coñecemento de todo o que rodea a este centro, foi elevado. Concretamente podemos dicir que o cumprimento está por riba do 80% xa que das 34 liñas de actuación definidas chegaron a acadarse 28. Non obstante, para min o que é realmente importante, máis cós números, é poder sinalar que sendo catro anos moi duros, no que atravesamos situacións xamais vividas por culpa dunha pandemia que nin quero nomear, estou moi orgulloso por estar rodeado de xente tremendamente traballadora e comprometida. Aquí debo mencionar ao resto de membros do equipo directivo: Jose na vicedirección, Eduardo na xefatura de estudos e Juan na secretaría traballan de xeito incansable para tentar que todo transcorra da maneira máis fluída. Somos un grupo moi unido que remando na mesma dirección temos a eficacia, exemplaridade, transparencia, o diálogo, etc como sinais de identidade que nos acompañan en todas e cada unha das decisións que se toman ou debemos tomar. Pero ademais, contar cun Claustro implicado, comprometido, colaborador e receptivo sen dúbida fai que todo sexa moito máis sinxelo. Por iso tamén é de agradecer o traballo de todas as compañeiras e compañeiros que durante estes últimos anos estiveron ao noso carón. Tampouco me esquezo do persoal non docente, o seu traballo fai que unha parte importante de aspectos que nos rodean engrenen e funcionen correctamente. Acollemos a nosa renovación con ilusión, ganas de seguir mellorando e ganas de seguir traballando nun período de profunda transformación do sistema educativo ao que non lle tememos, as cicatrices pandémicas e a experiencia atesourada deben darnos pulos para seguir adiante. Nesta segunda época seguiremos tentando que o Chivite sexa un referente non só a nivel local, senón tamén a nivel provincial e autonómico. Loitaremos para que as nosas alumnas e alumnosteñanasmesmasoportunidadesquecalqueraalumna ou alumno doutra localidade ou da cidade. Impulsaremos e fomentaremos unha educación de calidade, inclusiva, na que teña cabida a diversidade de alumnado, igualitaria e de equidade. Non debemos esquecer que o alumnado é o que dá sentido á nosa profesión, todo o que facemos e en todo o que nos formemos os docentes debe ter un impacto directo nelas e neles, por riba dos intereses individuais.
  • 35. XUÑO 2023, Nº 17. Segunda Época O coidado. ”O coidado da parte emocional para que haxa vida, esas flores, as mimosas, a auga como vida” Rebeca González González Este equipo directivo fomentará unha inercia de traballo que procure unha atmosfera dinámica e activa envolvente do noso claustro, de xeito que, sendo conscientes das grandes renovacións, que sempre supoñen aires cargados de novos folgos, polas que a cotío pasa o noso claustro e polas que seguirá pasando (cambios xeracionais, localización da nosa vila, etc,) seguiremos avanzando nos nosos obxectivos trazando unha folla de ruta na que o traballo colaborativo e a ilusión do claustro sexan piares fundamentais para que del emanen as ideas que fan que todo isto sexa posible. Xa rematando, nos vindeiros anos esta folla de ruta estará centrada en: 1. Atender a demanda da transformación dixital na que estamos inmersos. 2. Fomentar a innovación educativa mediante o achegamento e formación en novas metodoloxías. 3. Seguir mellorando as nosas instalacións e recursos en torno á sostibilidade do centro e da súa eficiencia. Seguiremos creando novos espazos para a cooperación, novos espazos de diálogo e de tempos para compartir. 4. Impulsaremos a educación emocional seguindo formándonos neste aspecto. 5. Seguiremos apostando por unha educación de calidade e no que se aposta por unha escola inclusiva e de equidade na que toda a diversidade teña cabida e tamén pola igualdade entre mulleres e homes. 6. Continuaremos co proceso de internacionalización do centro aproveitando a acreditación Erasmus pero tentando o mesmo dende un enfoque plurilingüe na que o inglés non sexa o único protagonista, senón que tamén o sexan o francés e o portugués. Por último, volvo lembrar que as nosas alumnas e alumnos deben ser os grandes beneficiados e que entre todas e todos, o alumnado incluído, debemos avivar as faíscas que iluminen os nosos camiños. César Sánchez Pampín (Director).