SlideShare a Scribd company logo
1 of 7
PROGRAMA METEOESCOLAS – METEOGALICIA 
METEOMUXÍA, 
RECUNCHO PARA APRENDER 
METEOROLOXÍA 
PLAN PROXECTA IES RAMÓN CAAMAÑO CURSO 2014-15
PROGRAMA METEOESCOLAS – METEOGALICIA 
ÍNDICE 
1. Título. 
2. Introdución. 
3. Obxectivos. 
4. Organización, desenvolvemento e metodoloxía. 
5. Avaliación. 
6. Colaboradores. 
PLAN PROXECTA IES RAMÓN CAAMAÑO CURSO 2014-15
PROGRAMA METEOESCOLAS – METEOGALICIA 
1- TÍTULO 
METEOMUXÍA, RECUNCHO PARA APRENDER METEOROLOXÍA. 
2- INTRODUCIÓN 
No IES Ramón Caamaño un equipo formado por once profesores pertencentes a dez 
departamentos, propoñemos continuar coa nosa andaina meteorolóxica participando con todo o 
alumnado do centro no Programa MeteoEscolas. 
Intentamos mellorar a práctica educativa realizando investigación na escola, a través do traballo 
cooperativo do alumnado e do profesorado e desenvolvendo, de forma interdisciplinar, 
competencias e valores no ámbito medioambiental. 
O noso plan de traballo co alumnado, nas diferentes materias, será o seguinte: 
CIENCIAS DA NATUREZA / BIO-XEO 
- Farase diariamente traballo de campo coas medicións de parámetros meteorolóxicos, rexistro 
dos datos e introdución dos mesmos en MeteoGalicia. 
- Realizaranse lecturas e faladoiros científicos arredor dos relatos de "A treboada de C", da serie 
Contos Climánticos. 
- Participarase nunha visita guiada organizada polo concello de Muxía, aos secadoiros de congro, 
forma de conservación do peixe que tan directamente relacionada está cos ventos que sopran na 
contorna muxiá. 
ÁMBITO CIENTÍFICO (3º PDC) 
- Realizaranse estudos comparativos entre diferentes MeteoEscolas. 
- Investigarase no laboratorio realizando experimentos sobre correntes mariñas, ventos, 
movementos da Terra... 
- Compararanse os mapas construídos usando proxeccións isoareais e os construídos utilizando 
proxeccións conformes (tipo Mercator), analizando cales son máis adecuados para as 
representacións climatolóxicas. 
- Buscarase información e prepararanse presentacións con diferentes temáticas: A influencia do 
clima nos ecosistemas, quentamento global e incremento do efecto invernadoiro, 
Paleoclimatoloxía... 
ÁMBITO CIENTÍFICO (4º PDC) / F-Q 
- Realizaranse investigacións meteorolóxicas con formulacións e contrastacións de hipóteses 
utilizando os datos que se vaian recollendo. Comprobarase se unha hipótese é falsa ou se é unha 
explicación aceptable da realidade. Intentaranse encontrar relacións entre dous feitos e observar 
como evoluciona un proceso no tempo. 
TECNOLOXÍA 
- Construirase un colector térmico, un quentador de auga por enerxía solar, analizando a súa 
eficacia. Valorarase e argumentarase o aproveitamento e rendibilidade dunha fonte de enerxía 
renovable e respectuosa co medio ambiente. 
- Realizaranse prácticas de electrónica fabricando detectores-sensores caseiros de luz, 
temperatura..., relacionándoos co automatizado de procesos cotiás como alumeado público, 
espertadores solares... 
PLAN PROXECTA IES RAMÓN CAAMAÑO CURSO 2014-15
PROGRAMA METEOESCOLAS – METEOGALICIA 
PRI / EDUCACIÓN PLÁSTICA 
- Realizarase un pequeno estudo sobre o comportamento dos animais ante a chegada de chuvias, 
treboadas... 
- Identificaranse a vexetación e fauna características da zona climática de Galicia. Realizarase un 
gran mural bioclimático. 
CIENCIAS SOCIAIS XEOGRAFÍA E HISTORIA 
- Realizarase un achegamento ao mundo dos fenómenos meteorolóxicos adversos, cun 
seguimento semanal (prensa, MeteoGalicia, AEMET) de sucesos importantes relacionados co 
clima no mundo. Rexistraranse nunha páxina Web. 
- Recrearanse algúns fenómenos meteorolóxicos mediante experimentos. 
- Continuarase co concurso "O clima e a paisaxe", para dar a coñecer a realidade climática e 
paisaxística da contorna. 
INFORMÁTICA 
- Traballarase a realidade aumentada a través de códigos QR para coñecer a realidade 
meteorolóxica da contorna. 
ATENCIÓN EDUCATIVA 
- Filmaranse curtametraxes de animación utilizando a técnica do "Stop Motion", creando a ilusión 
de movemento a través da superposición de fotografías relacionadas co clima da nosa contorna. 
LINGUA INGLESA 
- Construirase un observatorio de nubes. 
- Realizaranse exposicións e programas de radio con temática meteorolóxica. 
LINGUA FRANCESA 
- Visita a MeteoGalicia co obxectivo de achegar a meteoroloxía ao alumnado. 
- Crearase un xogo: LE TEMPS DU JEU - LE JEU DU TEMPS, que consistirá na elaboración de 
tarxetas con textos, palabras ou deseños para que os xogadores atopen as parellas 
correspondentes. 
LINGUA CASTELÁ 
Estudarase a presenza dos fenómenos atmosféricos na literatura. 
PLAN PROXECTA IES RAMÓN CAAMAÑO CURSO 2014-15
PROGRAMA METEOESCOLAS – METEOGALICIA 
3- OBXECTIVOS 
Durante todo o curso, alumnos e profesores de diferentes áreas, traballaremos conxuntamente 
para chegar á consecución dos seguintes obxectivos: 
OBXECTIVOS XERAIS 
- Desenvolver o espírito de observación e análise da contorna. 
- Promover a integración da aprendizaxe colaborativa para desenvolver as competencias básicas. 
- Involucrar activamente o alumnado no proceso de construción do coñecemento para acadar 
maior motivación. 
- Conseguir que o alumnado aprenda facendo. 
- Desenvolver de forma interdisciplinar competencias en investigación medioambiental. 
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS 
- Achegar os adolescentes ao mundo da Meteoroloxía. 
- Desenvolver as habilidades investigadoras no alumnado, fomentando o uso de métodos de 
traballo rigorosos e científicos. 
- Utilizar ferramentas matemáticas para o tratamento e análise de datos. 
- Dotar ao alumnado de estratexias de busca, análise e comunicación da información. 
- Utilizar as TIC de maneira aplicada: realidade aumentada, animacións... 
- Potenciar a creatividade. 
- Adquirir capacidade para entender a Meteoroloxía en Lingua Inglesa e Francesa. 
- Investigar a presenza do tema meteorolóxico na literatura. 
4- ORGANIZACIÓN, DESENVOLVEMENTO E METODOLOXÍA 
ORGANIZACIÓN 
- A principios do mes de outubro recolléronse as diferentes ideas que os profesores participantes 
aportaron para o proxecto. 
- A experiencia meteorolóxica coa que nos queremos comprometer neste curso, necesitará de 
varios espazos: Estación meteorolóxica nunha parcela do instituto, aulas dos grupos, aula de 
Informática, aula de Música, aula de Plástica, Laboratorio, taller de Tecnoloxía, Biblioteca, Radio 
Buserana e o exterior do instituto, en diferentes parroquias de Muxía. 
- O proxecto será desenvolvido ao longo do curso, por tratarse dun plan anual. Iniciarase a posta 
en marcha no mes de novembro de 2014 e rematará a finais de maio de 2015. 
DESENVOLVEMENTO 
- Información ao alumnado e organización do traballo. Unha vez que sexa admitido o proxecto, 
cada profesor colaborador informará ao alumnado correspondente das diferentes actuacións que 
se desenvolverán na súa materia. Dependendo da tarefa, a organización do traballo será 
individual, en pequeno grupo ou en gran grupo. As propostas aportadas polo alumnado, que 
enriquecerán o proxecto, serán analizadas e incorporadas ao plan de traballo. 
- Durante sete meses, o alumnado desenvolverá as súas tarefas co apoio e supervisión do 
profesorado. Os traballos serán realizados na propia clase ou como actividade extraescolar, 
PLAN PROXECTA IES RAMÓN CAAMAÑO CURSO 2014-15
PROGRAMA METEOESCOLAS – METEOGALICIA 
segundo o carácter máis ou menos curricular dos temas traballados. 
- Crearase un blog onde se irán editando os traballos, fomentando a difusión do proxecto entre as 
familias e a comunidade educativa. 
- O día cinco de xuño, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, realizaremos a xornada de 
exposición dos produtos finais do proxecto. 
METODOLOXÍA 
- Aplicarase unha metodoloxía activa na que o alumnado sexa o protagonista da súa aprendizaxe, 
a través da busca e do tratamento de información procedente de diversas fontes e enfrontándose 
ao emprego de novas ferramentas informáticas. 
- A metodoloxía axustarase á seguinte secuencia: 
- Obter información curricular sobre o tema. 
- Desenvolver as diferentes tarefas. 
- Expoñer os resultados, conclusións, produtos finais... en diferentes soportes e utilizando 
unha linguaxe precisa. 
- Buscarase a implicación a través da motivación. 
- Fomentarase a construción de aprendizaxes significativas. 
- Promoverase o desenvolvemento da capacidade de aprender a aprender. 
- Contribuirase a crear un clima de cooperacioón . 
- Facilitarase a aprendizaxe, axudándoos a construír, adquirir e desenvolver as competencias 
básicas. 
5- AVALIACIÓN 
A avaliación non será unha fase independente do proxecto, formará parte del. Haberá que ir 
axustando a intervención educativa para ir reconducíndoo, cun mantemento aberto e flexible. 
Analizaranse os progresos e os retrocesos así como a eficacia do proxecto deseñado, coa 
finalidade de melloralo. 
A avaliación será formativa, estará integrada nas diferentes tarefas do proxecto e permitirá a 
retroalimentación. 
Como instrumentos de avaliación utilizaremos cuestionarios, documentos de síntese, escadas de 
valoración..., axeitados a cada unha das actividades que queiramos avaliar. 
Os profesores participantes asistiremos a xuntanzas para expoñer resultados parciais e posibles 
modificacións no establecido inicialmente. 
Ao remate do proxecto avaliaremos de maneira sistematizada o cumprimento dos obxectivos 
formulados. Utilizaremos cuestionarios para analizar se a práctica educativa foi a axeitada, ata 
que punto se acadaron as competencias e como se desenvolveu o proceso de aprendizaxe. 
PLAN PROXECTA IES RAMÓN CAAMAÑO CURSO 2014-15
PROGRAMA METEOESCOLAS – METEOGALICIA 
6 – COLABORADORES 
ALUMNADO 1º ESO (38) 2º ESO (18) 3º ESO (30) 4º ESO (31) 
PROFESORADO ESPECIALIDADE 
Calviño Louzao, Esteban Matemáticas 
Corujo Otero, Tatiana Inglés 
Fernández Sánchez, David Música 
Loriente Acebedo, Ana María Debuxo 
Mariño Abuín, Xoán Bautista Francés 
Mayo Mayo, Juan José Física e química 
Oróns García, Divina Matemáticas 
Quintela Caamaño, Leticia Xeografía e historia 
Sierra Figueroa, Raquel Tecnoloxía 
Tobío Recarey, Margarita Bioloxía e xeoloxía / Coordinadora 
Vega Madroñero, María de la Fe Lingua castelá e literatura 
PLAN PROXECTA IES RAMÓN CAAMAÑO CURSO 2014-15

More Related Content

Similar to Meteo muxía 14 15 (20)

Proxecto completo final sensor co2
Proxecto completo final sensor co2Proxecto completo final sensor co2
Proxecto completo final sensor co2
 
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A CoruñaSeminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
 
Plan obradoiro abalar-ares
Plan obradoiro abalar-aresPlan obradoiro abalar-ares
Plan obradoiro abalar-ares
 
Proposta 1617
Proposta 1617Proposta 1617
Proposta 1617
 
Plan tic 2010 2011
Plan tic 2010   2011Plan tic 2010   2011
Plan tic 2010 2011
 
Proxecto de traballo Eureka
Proxecto de traballo EurekaProxecto de traballo Eureka
Proxecto de traballo Eureka
 
Radioescolar
RadioescolarRadioescolar
Radioescolar
 
Memoria Pfac 2012
Memoria Pfac 2012Memoria Pfac 2012
Memoria Pfac 2012
 
Proxectapresentacion
ProxectapresentacionProxectapresentacion
Proxectapresentacion
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17 Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Proxecto abalar
Proxecto abalarProxecto abalar
Proxecto abalar
 
Proxectos ies valadares
Proxectos ies valadaresProxectos ies valadares
Proxectos ies valadares
 
Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10
 
TELGalicia 2a edición 2014-2015 Obxectivos e Propostas
TELGalicia 2a edición 2014-2015 Obxectivos e PropostasTELGalicia 2a edición 2014-2015 Obxectivos e Propostas
TELGalicia 2a edición 2014-2015 Obxectivos e Propostas
 
Vii concurso traballoproxectos_ies valadares_xuño2021-1
Vii concurso traballoproxectos_ies valadares_xuño2021-1Vii concurso traballoproxectos_ies valadares_xuño2021-1
Vii concurso traballoproxectos_ies valadares_xuño2021-1
 
PAT ESCRBCG
PAT ESCRBCGPAT ESCRBCG
PAT ESCRBCG
 
Tarefa modulo 4 ABALAR
Tarefa modulo 4 ABALARTarefa modulo 4 ABALAR
Tarefa modulo 4 ABALAR
 
XXII Congreso de Enciga
XXII Congreso de EncigaXXII Congreso de Enciga
XXII Congreso de Enciga
 
Pxa 2018 19
Pxa 2018 19Pxa 2018 19
Pxa 2018 19
 

More from Marga Bio

Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)Marga Bio
 
Meteocarlaeloy
MeteocarlaeloyMeteocarlaeloy
MeteocarlaeloyMarga Bio
 
Avaliación do proxecto meteomuxía alumnado
Avaliación do proxecto meteomuxía   alumnadoAvaliación do proxecto meteomuxía   alumnado
Avaliación do proxecto meteomuxía alumnadoMarga Bio
 
Avaliación do proxecto meteomuxía profesorado
Avaliación do proxecto meteomuxía   profesoradoAvaliación do proxecto meteomuxía   profesorado
Avaliación do proxecto meteomuxía profesoradoMarga Bio
 
Estudo estatístico
Estudo estatísticoEstudo estatístico
Estudo estatísticoMarga Bio
 
Os volcáns e a súa influencia no clima
Os volcáns e a súa influencia no climaOs volcáns e a súa influencia no clima
Os volcáns e a súa influencia no climaMarga Bio
 
Reglemeteojeucool
ReglemeteojeucoolReglemeteojeucool
ReglemeteojeucoolMarga Bio
 
Marcelino Claudia Mónica Biometeoroloxía
Marcelino Claudia Mónica BiometeoroloxíaMarcelino Claudia Mónica Biometeoroloxía
Marcelino Claudia Mónica BiometeoroloxíaMarga Bio
 
Biometeoroloxía sandra noelia jenifer loida
Biometeoroloxía sandra noelia jenifer loidaBiometeoroloxía sandra noelia jenifer loida
Biometeoroloxía sandra noelia jenifer loidaMarga Bio
 
O secadoiro de congro de muxía
O secadoiro de congro de muxíaO secadoiro de congro de muxía
O secadoiro de congro de muxíaMarga Bio
 
Presión atmosférica 1º eso
Presión atmosférica 1º esoPresión atmosférica 1º eso
Presión atmosférica 1º esoMarga Bio
 
Concurso de fotografía a3 (1)
Concurso de fotografía a3 (1)Concurso de fotografía a3 (1)
Concurso de fotografía a3 (1)Marga Bio
 
Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014Marga Bio
 
Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014Marga Bio
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Marga Bio
 

More from Marga Bio (20)

Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)
 
Meteocarlaeloy
MeteocarlaeloyMeteocarlaeloy
Meteocarlaeloy
 
Avaliación do proxecto meteomuxía alumnado
Avaliación do proxecto meteomuxía   alumnadoAvaliación do proxecto meteomuxía   alumnado
Avaliación do proxecto meteomuxía alumnado
 
Avaliación do proxecto meteomuxía profesorado
Avaliación do proxecto meteomuxía   profesoradoAvaliación do proxecto meteomuxía   profesorado
Avaliación do proxecto meteomuxía profesorado
 
Análise
AnáliseAnálise
Análise
 
Estudo estatístico
Estudo estatísticoEstudo estatístico
Estudo estatístico
 
Os volcáns e a súa influencia no clima
Os volcáns e a súa influencia no climaOs volcáns e a súa influencia no clima
Os volcáns e a súa influencia no clima
 
Reglemeteojeucool
ReglemeteojeucoolReglemeteojeucool
Reglemeteojeucool
 
Marcelino Claudia Mónica Biometeoroloxía
Marcelino Claudia Mónica BiometeoroloxíaMarcelino Claudia Mónica Biometeoroloxía
Marcelino Claudia Mónica Biometeoroloxía
 
Tornados
TornadosTornados
Tornados
 
Pre tem
Pre temPre tem
Pre tem
 
Pre humi
Pre humiPre humi
Pre humi
 
Biometeoroloxía sandra noelia jenifer loida
Biometeoroloxía sandra noelia jenifer loidaBiometeoroloxía sandra noelia jenifer loida
Biometeoroloxía sandra noelia jenifer loida
 
O secadoiro de congro de muxía
O secadoiro de congro de muxíaO secadoiro de congro de muxía
O secadoiro de congro de muxía
 
Presión atmosférica 1º eso
Presión atmosférica 1º esoPresión atmosférica 1º eso
Presión atmosférica 1º eso
 
Concurso de fotografía a3 (1)
Concurso de fotografía a3 (1)Concurso de fotografía a3 (1)
Concurso de fotografía a3 (1)
 
Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014
 
Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
 
Ficha meteo
Ficha meteoFicha meteo
Ficha meteo
 

Meteo muxía 14 15

  • 1. PROGRAMA METEOESCOLAS – METEOGALICIA METEOMUXÍA, RECUNCHO PARA APRENDER METEOROLOXÍA PLAN PROXECTA IES RAMÓN CAAMAÑO CURSO 2014-15
  • 2. PROGRAMA METEOESCOLAS – METEOGALICIA ÍNDICE 1. Título. 2. Introdución. 3. Obxectivos. 4. Organización, desenvolvemento e metodoloxía. 5. Avaliación. 6. Colaboradores. PLAN PROXECTA IES RAMÓN CAAMAÑO CURSO 2014-15
  • 3. PROGRAMA METEOESCOLAS – METEOGALICIA 1- TÍTULO METEOMUXÍA, RECUNCHO PARA APRENDER METEOROLOXÍA. 2- INTRODUCIÓN No IES Ramón Caamaño un equipo formado por once profesores pertencentes a dez departamentos, propoñemos continuar coa nosa andaina meteorolóxica participando con todo o alumnado do centro no Programa MeteoEscolas. Intentamos mellorar a práctica educativa realizando investigación na escola, a través do traballo cooperativo do alumnado e do profesorado e desenvolvendo, de forma interdisciplinar, competencias e valores no ámbito medioambiental. O noso plan de traballo co alumnado, nas diferentes materias, será o seguinte: CIENCIAS DA NATUREZA / BIO-XEO - Farase diariamente traballo de campo coas medicións de parámetros meteorolóxicos, rexistro dos datos e introdución dos mesmos en MeteoGalicia. - Realizaranse lecturas e faladoiros científicos arredor dos relatos de "A treboada de C", da serie Contos Climánticos. - Participarase nunha visita guiada organizada polo concello de Muxía, aos secadoiros de congro, forma de conservación do peixe que tan directamente relacionada está cos ventos que sopran na contorna muxiá. ÁMBITO CIENTÍFICO (3º PDC) - Realizaranse estudos comparativos entre diferentes MeteoEscolas. - Investigarase no laboratorio realizando experimentos sobre correntes mariñas, ventos, movementos da Terra... - Compararanse os mapas construídos usando proxeccións isoareais e os construídos utilizando proxeccións conformes (tipo Mercator), analizando cales son máis adecuados para as representacións climatolóxicas. - Buscarase información e prepararanse presentacións con diferentes temáticas: A influencia do clima nos ecosistemas, quentamento global e incremento do efecto invernadoiro, Paleoclimatoloxía... ÁMBITO CIENTÍFICO (4º PDC) / F-Q - Realizaranse investigacións meteorolóxicas con formulacións e contrastacións de hipóteses utilizando os datos que se vaian recollendo. Comprobarase se unha hipótese é falsa ou se é unha explicación aceptable da realidade. Intentaranse encontrar relacións entre dous feitos e observar como evoluciona un proceso no tempo. TECNOLOXÍA - Construirase un colector térmico, un quentador de auga por enerxía solar, analizando a súa eficacia. Valorarase e argumentarase o aproveitamento e rendibilidade dunha fonte de enerxía renovable e respectuosa co medio ambiente. - Realizaranse prácticas de electrónica fabricando detectores-sensores caseiros de luz, temperatura..., relacionándoos co automatizado de procesos cotiás como alumeado público, espertadores solares... PLAN PROXECTA IES RAMÓN CAAMAÑO CURSO 2014-15
  • 4. PROGRAMA METEOESCOLAS – METEOGALICIA PRI / EDUCACIÓN PLÁSTICA - Realizarase un pequeno estudo sobre o comportamento dos animais ante a chegada de chuvias, treboadas... - Identificaranse a vexetación e fauna características da zona climática de Galicia. Realizarase un gran mural bioclimático. CIENCIAS SOCIAIS XEOGRAFÍA E HISTORIA - Realizarase un achegamento ao mundo dos fenómenos meteorolóxicos adversos, cun seguimento semanal (prensa, MeteoGalicia, AEMET) de sucesos importantes relacionados co clima no mundo. Rexistraranse nunha páxina Web. - Recrearanse algúns fenómenos meteorolóxicos mediante experimentos. - Continuarase co concurso "O clima e a paisaxe", para dar a coñecer a realidade climática e paisaxística da contorna. INFORMÁTICA - Traballarase a realidade aumentada a través de códigos QR para coñecer a realidade meteorolóxica da contorna. ATENCIÓN EDUCATIVA - Filmaranse curtametraxes de animación utilizando a técnica do "Stop Motion", creando a ilusión de movemento a través da superposición de fotografías relacionadas co clima da nosa contorna. LINGUA INGLESA - Construirase un observatorio de nubes. - Realizaranse exposicións e programas de radio con temática meteorolóxica. LINGUA FRANCESA - Visita a MeteoGalicia co obxectivo de achegar a meteoroloxía ao alumnado. - Crearase un xogo: LE TEMPS DU JEU - LE JEU DU TEMPS, que consistirá na elaboración de tarxetas con textos, palabras ou deseños para que os xogadores atopen as parellas correspondentes. LINGUA CASTELÁ Estudarase a presenza dos fenómenos atmosféricos na literatura. PLAN PROXECTA IES RAMÓN CAAMAÑO CURSO 2014-15
  • 5. PROGRAMA METEOESCOLAS – METEOGALICIA 3- OBXECTIVOS Durante todo o curso, alumnos e profesores de diferentes áreas, traballaremos conxuntamente para chegar á consecución dos seguintes obxectivos: OBXECTIVOS XERAIS - Desenvolver o espírito de observación e análise da contorna. - Promover a integración da aprendizaxe colaborativa para desenvolver as competencias básicas. - Involucrar activamente o alumnado no proceso de construción do coñecemento para acadar maior motivación. - Conseguir que o alumnado aprenda facendo. - Desenvolver de forma interdisciplinar competencias en investigación medioambiental. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS - Achegar os adolescentes ao mundo da Meteoroloxía. - Desenvolver as habilidades investigadoras no alumnado, fomentando o uso de métodos de traballo rigorosos e científicos. - Utilizar ferramentas matemáticas para o tratamento e análise de datos. - Dotar ao alumnado de estratexias de busca, análise e comunicación da información. - Utilizar as TIC de maneira aplicada: realidade aumentada, animacións... - Potenciar a creatividade. - Adquirir capacidade para entender a Meteoroloxía en Lingua Inglesa e Francesa. - Investigar a presenza do tema meteorolóxico na literatura. 4- ORGANIZACIÓN, DESENVOLVEMENTO E METODOLOXÍA ORGANIZACIÓN - A principios do mes de outubro recolléronse as diferentes ideas que os profesores participantes aportaron para o proxecto. - A experiencia meteorolóxica coa que nos queremos comprometer neste curso, necesitará de varios espazos: Estación meteorolóxica nunha parcela do instituto, aulas dos grupos, aula de Informática, aula de Música, aula de Plástica, Laboratorio, taller de Tecnoloxía, Biblioteca, Radio Buserana e o exterior do instituto, en diferentes parroquias de Muxía. - O proxecto será desenvolvido ao longo do curso, por tratarse dun plan anual. Iniciarase a posta en marcha no mes de novembro de 2014 e rematará a finais de maio de 2015. DESENVOLVEMENTO - Información ao alumnado e organización do traballo. Unha vez que sexa admitido o proxecto, cada profesor colaborador informará ao alumnado correspondente das diferentes actuacións que se desenvolverán na súa materia. Dependendo da tarefa, a organización do traballo será individual, en pequeno grupo ou en gran grupo. As propostas aportadas polo alumnado, que enriquecerán o proxecto, serán analizadas e incorporadas ao plan de traballo. - Durante sete meses, o alumnado desenvolverá as súas tarefas co apoio e supervisión do profesorado. Os traballos serán realizados na propia clase ou como actividade extraescolar, PLAN PROXECTA IES RAMÓN CAAMAÑO CURSO 2014-15
  • 6. PROGRAMA METEOESCOLAS – METEOGALICIA segundo o carácter máis ou menos curricular dos temas traballados. - Crearase un blog onde se irán editando os traballos, fomentando a difusión do proxecto entre as familias e a comunidade educativa. - O día cinco de xuño, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, realizaremos a xornada de exposición dos produtos finais do proxecto. METODOLOXÍA - Aplicarase unha metodoloxía activa na que o alumnado sexa o protagonista da súa aprendizaxe, a través da busca e do tratamento de información procedente de diversas fontes e enfrontándose ao emprego de novas ferramentas informáticas. - A metodoloxía axustarase á seguinte secuencia: - Obter información curricular sobre o tema. - Desenvolver as diferentes tarefas. - Expoñer os resultados, conclusións, produtos finais... en diferentes soportes e utilizando unha linguaxe precisa. - Buscarase a implicación a través da motivación. - Fomentarase a construción de aprendizaxes significativas. - Promoverase o desenvolvemento da capacidade de aprender a aprender. - Contribuirase a crear un clima de cooperacioón . - Facilitarase a aprendizaxe, axudándoos a construír, adquirir e desenvolver as competencias básicas. 5- AVALIACIÓN A avaliación non será unha fase independente do proxecto, formará parte del. Haberá que ir axustando a intervención educativa para ir reconducíndoo, cun mantemento aberto e flexible. Analizaranse os progresos e os retrocesos así como a eficacia do proxecto deseñado, coa finalidade de melloralo. A avaliación será formativa, estará integrada nas diferentes tarefas do proxecto e permitirá a retroalimentación. Como instrumentos de avaliación utilizaremos cuestionarios, documentos de síntese, escadas de valoración..., axeitados a cada unha das actividades que queiramos avaliar. Os profesores participantes asistiremos a xuntanzas para expoñer resultados parciais e posibles modificacións no establecido inicialmente. Ao remate do proxecto avaliaremos de maneira sistematizada o cumprimento dos obxectivos formulados. Utilizaremos cuestionarios para analizar se a práctica educativa foi a axeitada, ata que punto se acadaron as competencias e como se desenvolveu o proceso de aprendizaxe. PLAN PROXECTA IES RAMÓN CAAMAÑO CURSO 2014-15
  • 7. PROGRAMA METEOESCOLAS – METEOGALICIA 6 – COLABORADORES ALUMNADO 1º ESO (38) 2º ESO (18) 3º ESO (30) 4º ESO (31) PROFESORADO ESPECIALIDADE Calviño Louzao, Esteban Matemáticas Corujo Otero, Tatiana Inglés Fernández Sánchez, David Música Loriente Acebedo, Ana María Debuxo Mariño Abuín, Xoán Bautista Francés Mayo Mayo, Juan José Física e química Oróns García, Divina Matemáticas Quintela Caamaño, Leticia Xeografía e historia Sierra Figueroa, Raquel Tecnoloxía Tobío Recarey, Margarita Bioloxía e xeoloxía / Coordinadora Vega Madroñero, María de la Fe Lingua castelá e literatura PLAN PROXECTA IES RAMÓN CAAMAÑO CURSO 2014-15