SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
1
TOCOUME TERCEIRO DE E.X.B.
Por Mercedes Cachaza Platas
Cando cheguei ó Xestal xa levaba sete anos co meu título universitario de
última xeración, para exerce-la miña profesión na Segunda Etapa da E.X.B., pero
polas razóns de “discriminación de xénero” das que falei no capítulo anterior; foron os
meus compañeiros varóns diante de min á hora de elixir e tocoume terceiro de E.X.B
xunto coa compañeira Dona Concha.
Naquel momento había 550 alumnos no colexio; dúas liñas por curso. En cada
clase había arredor de trinta criaturas. Daquel primeiro curso en Monfero lembro con
moito cariño un rapaz de Ambroa que cantaba moi ben e permitíalle que amenizara a
clase cada vez que me ensinaba os seus deberes ben feitos. Era todo un artista: sacaba
do peto o seu pano da man moi limpo pero todo engruñado nunha bóla; limpaba
educadamente os mocos e poñíase a cantar, cantaba como un anxo.
Aqueles nenos eran moi traballadores, non facía falta levanta-la voz. Eran moi
obedientes e ben mandados. Desta promoción non conservo fotos, pero recordo que
enseguida me integrei no Centro porque incluso fun coa excursión de fin de curso a
Madrid e Andalucía. Tamén ían: Dona Maruja e o seu marido, Don José e a súa
señora, Don Antonio Pampín, o director e a súa señora, Don Santos e máis eu. Paseino
moi ben. O único incidente foi que lle roubaron a carteira a unha nena no metro en
Madrid. Cando se decatou, levou un gran disgusto e desde entonces, trouxo o bolso ben
agarrado todo o camiño. O problema resolveuse con moita solidariedade, facendo unha
colecta e a nena tivo todos os cartos que lle fixeron falta e máis.
Lembro outra anécdota ó coller as entradas para entrar na Mezquita de
Córdoba. Colleunas o profesor Don Santos que era un home moi sabio, moi bo profesor,
de moito carácter pero baixiño de estatura física e a taquilleira confundiuno cun
alumno. Aquel profesor tamén era moi pulcro. Tiña sempre os zapatos impecables de
brilantes. Un día pregunteille como facía para telos tan lustrosos e respondeume que
estaba a punto de publicar un libro coas instrucións. Logo se foi trasladado e perdinlle
a pista.
Os nenos daqueles tempos, non daban unha torna. Eran moi dóciles. Sabían
comportarse moi ben cando saían fóra. Se ve que ían moi avisados das casas. Ademais
tíñanlle moitísimo respecto ó profesorado, especialmente á figura do Director, iso que
era unha persoa moi condescendente; incluso se duchaba con eles os días de ximnasia e
ensináballes a usa-la toalla, porque eles non debían estar habituados a usala moito nas
súas casas.
2
Algúns nenos cheiraban a silo. Era inevitable, sendo fillos de labregos. Outros
cheiraban a roupa posta ó clareo. Tamén a colonia, algún caso. Algúns tiñan piollos.
Debera pasar unha nube deles polo ceo de Monfero naquel momento.Era así a vida.
Lembro que cando o Director viña á miña clase dicía que cheiraba a humanidade.
Cheiraban así tódalas aulas, iso que naquel momento o colexio era bastante ventilado.
Non era nada estraño que faltara algún cristal e tampouco que caera unha folla da
ventá enteira ó patio. Grazas que nunca houbo ningún accidente. Cando as caravillas
das ventás xa non tiñan o burato onde suxeitarse, o remedio era chamar ó Sr Quintas.
O Señor Quintas era o conserxe que acudía cunha punta e un martelo e cravaba
a ventá por días de vida e xa non se volvía a abrir. Outra misión do Señor Quintas era
avisar para as entradas e as saídas. Tiña un chifro ó que todos obedecíamos
puntualmente, principalmente á hora de saír. O chifro do Señor Quintas, era o que máis
mandaba no colexio.
O patio do colexio era sumamente espazoso, pero arredor do edificio estaba cheo
de puntas que quedaran alí das obras desde cinco anos antes. Entre as puntas, os
cristais e outros obxectos non identificados, facían unha boa alfombra, pero ninguén se
queixaba. Afortunadamente, nunca pasou nada de importancia.
Para o seguinte curso volveume a tocar terceiro. Desta promoción, si que gardo
fotos, nomes e parroquias. Por primeira vez na miña vida profesional encontreime coa
diabete nun neno do oito aniños. Miña xoíña. Mimábao canto podía. Non sabía que
facerlle. Pero nunca tivo ningún problema. Comía no comedor, pero sabía moi ben o que
podía comer. Era moi consciente da súa situación e a súa mamá unha persoa
encantadora.
Era un curso con maioría absoluta de varóns; pero nunca houbo ningún
problema nin entre eles nin coas nenas. Foi un curso estupendo. Botei dous cursos
naquela aula de terceiro “B” á que lle tiña cariño porque pasaba por alí a chiminea da
calefacción e resultaba menos fría que outras.
Aqueles rapaciños agora xa pasan da corentena. Fai pouco que falei con tres
delas. Foilles ben na vida. Din que gardan bos recordos daquela época. Nótase que
aínda me levan no seu corazón.Eu tamén llelo agradezo. Cada vez que isto ocorre,
estíraseme a alma, éncheseme o corazón de gratitude.
Esta profesión é preciosa. A máis preciosa de todas!
Desde Vigo de PADERNE, a día 19 de marzo de 2016.
MERCEDES CACHAZA PLATAS

More Related Content

What's hot (20)

Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzález
 
9. amor á terra
9.  amor á terra9.  amor á terra
9. amor á terra
 
Todo mercedes
Todo mercedesTodo mercedes
Todo mercedes
 
12. os nenos son os mellores mestres
12.  os nenos son os mellores mestres12.  os nenos son os mellores mestres
12. os nenos son os mellores mestres
 
11. a importancia da escrita
11.  a importancia da escrita11.  a importancia da escrita
11. a importancia da escrita
 
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
 
Obradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTicaObradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTica
 
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
 
Empezar polo principio
Empezar polo principioEmpezar polo principio
Empezar polo principio
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avos
 
Un adianto do ceo
Un adianto do ceoUn adianto do ceo
Un adianto do ceo
 
Revista junta
Revista juntaRevista junta
Revista junta
 
Confianza
ConfianzaConfianza
Confianza
 
revista cumes 2016
revista cumes 2016revista cumes 2016
revista cumes 2016
 
Revista completa
Revista completaRevista completa
Revista completa
 
A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
 
Revista web
Revista webRevista web
Revista web
 
Argalladas 2014 2015
Argalladas 2014  2015Argalladas 2014  2015
Argalladas 2014 2015
 

Viewers also liked

3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)satelite1
 
Os inicios, por antonio gonzález lópez
Os inicios, por antonio gonzález lópezOs inicios, por antonio gonzález lópez
Os inicios, por antonio gonzález lópezsatelite1
 
Escolas viaxeiras 2000 2001
Escolas viaxeiras 2000 2001Escolas viaxeiras 2000 2001
Escolas viaxeiras 2000 2001satelite1
 
Escolas viaxeiras 95 96
Escolas viaxeiras 95 96Escolas viaxeiras 95 96
Escolas viaxeiras 95 96satelite1
 
6. ¡sorpresa, sorpresa!
6.  ¡sorpresa, sorpresa!6.  ¡sorpresa, sorpresa!
6. ¡sorpresa, sorpresa!satelite1
 
O desastre demográfico visto desde o xestal
O desastre demográfico visto desde o xestalO desastre demográfico visto desde o xestal
O desastre demográfico visto desde o xestalsatelite1
 
7. o pé de ouro
7.  o pé de ouro7.  o pé de ouro
7. o pé de ourosatelite1
 
María josé ramos 40º aniversario colegio
María josé ramos 40º aniversario colegioMaría josé ramos 40º aniversario colegio
María josé ramos 40º aniversario colegiosatelite1
 
Xogos populares infantil
Xogos populares infantilXogos populares infantil
Xogos populares infantilsatelite1
 
40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergiosatelite1
 
17. remate dunha etapa
17.  remate dunha etapa17.  remate dunha etapa
17. remate dunha etapasatelite1
 
Discurso 40 anos
Discurso 40 anosDiscurso 40 anos
Discurso 40 anossatelite1
 
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonioXeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antoniosatelite1
 
Crónica do acto
Crónica do actoCrónica do acto
Crónica do actosatelite1
 

Viewers also liked (15)

3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
 
Os inicios, por antonio gonzález lópez
Os inicios, por antonio gonzález lópezOs inicios, por antonio gonzález lópez
Os inicios, por antonio gonzález lópez
 
Escolas viaxeiras 2000 2001
Escolas viaxeiras 2000 2001Escolas viaxeiras 2000 2001
Escolas viaxeiras 2000 2001
 
Escolas viaxeiras 95 96
Escolas viaxeiras 95 96Escolas viaxeiras 95 96
Escolas viaxeiras 95 96
 
6. ¡sorpresa, sorpresa!
6.  ¡sorpresa, sorpresa!6.  ¡sorpresa, sorpresa!
6. ¡sorpresa, sorpresa!
 
O desastre demográfico visto desde o xestal
O desastre demográfico visto desde o xestalO desastre demográfico visto desde o xestal
O desastre demográfico visto desde o xestal
 
7. o pé de ouro
7.  o pé de ouro7.  o pé de ouro
7. o pé de ouro
 
María josé ramos 40º aniversario colegio
María josé ramos 40º aniversario colegioMaría josé ramos 40º aniversario colegio
María josé ramos 40º aniversario colegio
 
Xogos populares infantil
Xogos populares infantilXogos populares infantil
Xogos populares infantil
 
40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio
 
17. remate dunha etapa
17.  remate dunha etapa17.  remate dunha etapa
17. remate dunha etapa
 
Discurso 40 anos
Discurso 40 anosDiscurso 40 anos
Discurso 40 anos
 
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonioXeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
 
Crónica do acto
Crónica do actoCrónica do acto
Crónica do acto
 
Recursos samain
Recursos samainRecursos samain
Recursos samain
 

Similar to 5. tocoume terceiro de e.x.b.

O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos DaniO Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos Danivicente
 
Microtextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa luciaMicrotextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa luciapabloedlg
 
Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezsatelite1
 
Presentaciones 3º
Presentaciones 3ºPresentaciones 3º
Presentaciones 3ºA Solaina
 
Para xesteira de dopico
Para xesteira de dopicoPara xesteira de dopico
Para xesteira de dopicosatelite1
 
Adeus a dona celia
Adeus a dona celiaAdeus a dona celia
Adeus a dona celiasatelite1
 
Monicreques 4ºDe Primaria Curso 09 10
Monicreques 4ºDe Primaria Curso 09 10Monicreques 4ºDe Primaria Curso 09 10
Monicreques 4ºDe Primaria Curso 09 10satelite1
 
Crónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancosCrónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancossatelite1
 
Crónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancosCrónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancossatelite1
 
Crónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancosCrónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancosYolanda Castro
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017radiorasca
 
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.PSM
 
MULLERES NA REDE MUSEISTICA
MULLERES NA REDE MUSEISTICAMULLERES NA REDE MUSEISTICA
MULLERES NA REDE MUSEISTICAEncarna Lago
 
Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18vilabarreiro
 

Similar to 5. tocoume terceiro de e.x.b. (20)

O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos DaniO Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
 
Contos con clase 3
Contos con clase 3Contos con clase 3
Contos con clase 3
 
Microtextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa luciaMicrotextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa lucia
 
Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzález
 
Olimpio arca
Olimpio arcaOlimpio arca
Olimpio arca
 
Presentaciones 3º
Presentaciones 3ºPresentaciones 3º
Presentaciones 3º
 
Para xesteira de dopico
Para xesteira de dopicoPara xesteira de dopico
Para xesteira de dopico
 
Olimpio arca
Olimpio arcaOlimpio arca
Olimpio arca
 
Olimpio arca
Olimpio arcaOlimpio arca
Olimpio arca
 
Adeus a dona celia
Adeus a dona celiaAdeus a dona celia
Adeus a dona celia
 
Monicreques 4ºDe Primaria Curso 09 10
Monicreques 4ºDe Primaria Curso 09 10Monicreques 4ºDe Primaria Curso 09 10
Monicreques 4ºDe Primaria Curso 09 10
 
Crónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancosCrónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancos
 
Crónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancosCrónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancos
 
Crónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancosCrónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancos
 
Revista
RevistaRevista
Revista
 
Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
 
MULLERES NA REDE MUSEISTICA
MULLERES NA REDE MUSEISTICAMULLERES NA REDE MUSEISTICA
MULLERES NA REDE MUSEISTICA
 
Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

5. tocoume terceiro de e.x.b.

  • 1. 1 TOCOUME TERCEIRO DE E.X.B. Por Mercedes Cachaza Platas Cando cheguei ó Xestal xa levaba sete anos co meu título universitario de última xeración, para exerce-la miña profesión na Segunda Etapa da E.X.B., pero polas razóns de “discriminación de xénero” das que falei no capítulo anterior; foron os meus compañeiros varóns diante de min á hora de elixir e tocoume terceiro de E.X.B xunto coa compañeira Dona Concha. Naquel momento había 550 alumnos no colexio; dúas liñas por curso. En cada clase había arredor de trinta criaturas. Daquel primeiro curso en Monfero lembro con moito cariño un rapaz de Ambroa que cantaba moi ben e permitíalle que amenizara a clase cada vez que me ensinaba os seus deberes ben feitos. Era todo un artista: sacaba do peto o seu pano da man moi limpo pero todo engruñado nunha bóla; limpaba educadamente os mocos e poñíase a cantar, cantaba como un anxo. Aqueles nenos eran moi traballadores, non facía falta levanta-la voz. Eran moi obedientes e ben mandados. Desta promoción non conservo fotos, pero recordo que enseguida me integrei no Centro porque incluso fun coa excursión de fin de curso a Madrid e Andalucía. Tamén ían: Dona Maruja e o seu marido, Don José e a súa señora, Don Antonio Pampín, o director e a súa señora, Don Santos e máis eu. Paseino moi ben. O único incidente foi que lle roubaron a carteira a unha nena no metro en Madrid. Cando se decatou, levou un gran disgusto e desde entonces, trouxo o bolso ben agarrado todo o camiño. O problema resolveuse con moita solidariedade, facendo unha colecta e a nena tivo todos os cartos que lle fixeron falta e máis. Lembro outra anécdota ó coller as entradas para entrar na Mezquita de Córdoba. Colleunas o profesor Don Santos que era un home moi sabio, moi bo profesor, de moito carácter pero baixiño de estatura física e a taquilleira confundiuno cun alumno. Aquel profesor tamén era moi pulcro. Tiña sempre os zapatos impecables de brilantes. Un día pregunteille como facía para telos tan lustrosos e respondeume que estaba a punto de publicar un libro coas instrucións. Logo se foi trasladado e perdinlle a pista. Os nenos daqueles tempos, non daban unha torna. Eran moi dóciles. Sabían comportarse moi ben cando saían fóra. Se ve que ían moi avisados das casas. Ademais tíñanlle moitísimo respecto ó profesorado, especialmente á figura do Director, iso que era unha persoa moi condescendente; incluso se duchaba con eles os días de ximnasia e ensináballes a usa-la toalla, porque eles non debían estar habituados a usala moito nas súas casas.
  • 2. 2 Algúns nenos cheiraban a silo. Era inevitable, sendo fillos de labregos. Outros cheiraban a roupa posta ó clareo. Tamén a colonia, algún caso. Algúns tiñan piollos. Debera pasar unha nube deles polo ceo de Monfero naquel momento.Era así a vida. Lembro que cando o Director viña á miña clase dicía que cheiraba a humanidade. Cheiraban así tódalas aulas, iso que naquel momento o colexio era bastante ventilado. Non era nada estraño que faltara algún cristal e tampouco que caera unha folla da ventá enteira ó patio. Grazas que nunca houbo ningún accidente. Cando as caravillas das ventás xa non tiñan o burato onde suxeitarse, o remedio era chamar ó Sr Quintas. O Señor Quintas era o conserxe que acudía cunha punta e un martelo e cravaba a ventá por días de vida e xa non se volvía a abrir. Outra misión do Señor Quintas era avisar para as entradas e as saídas. Tiña un chifro ó que todos obedecíamos puntualmente, principalmente á hora de saír. O chifro do Señor Quintas, era o que máis mandaba no colexio. O patio do colexio era sumamente espazoso, pero arredor do edificio estaba cheo de puntas que quedaran alí das obras desde cinco anos antes. Entre as puntas, os cristais e outros obxectos non identificados, facían unha boa alfombra, pero ninguén se queixaba. Afortunadamente, nunca pasou nada de importancia. Para o seguinte curso volveume a tocar terceiro. Desta promoción, si que gardo fotos, nomes e parroquias. Por primeira vez na miña vida profesional encontreime coa diabete nun neno do oito aniños. Miña xoíña. Mimábao canto podía. Non sabía que facerlle. Pero nunca tivo ningún problema. Comía no comedor, pero sabía moi ben o que podía comer. Era moi consciente da súa situación e a súa mamá unha persoa encantadora. Era un curso con maioría absoluta de varóns; pero nunca houbo ningún problema nin entre eles nin coas nenas. Foi un curso estupendo. Botei dous cursos naquela aula de terceiro “B” á que lle tiña cariño porque pasaba por alí a chiminea da calefacción e resultaba menos fría que outras. Aqueles rapaciños agora xa pasan da corentena. Fai pouco que falei con tres delas. Foilles ben na vida. Din que gardan bos recordos daquela época. Nótase que aínda me levan no seu corazón.Eu tamén llelo agradezo. Cada vez que isto ocorre, estíraseme a alma, éncheseme o corazón de gratitude. Esta profesión é preciosa. A máis preciosa de todas! Desde Vigo de PADERNE, a día 19 de marzo de 2016. MERCEDES CACHAZA PLATAS