SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Download to read offline
1
COMPAÑEIROS A PROBA DE BOMBA
Mercedes Cachaza Platas
Paréceme que sempre intentei ser boa compañeira. Con uns compañeiros tiven máis
confianza que con outros, pero con todos ben. Con algúns aínda sigo en contacto. Cando se vai ó
traballo; vaise traballar todo o mellor que se sabe e se pode; pero se ademais se establecen boas
relacións de compañeirismo e se algúns casos chegan a crear lazos de amizade; xa é o máximo que se
pode pedir.
Ó longo dunha dilatada vida profesional, pasan moitas cousas: períodos de boa saúde e
períodos de mala saúde; períodos de boa situación familiar e períodos moi duros; períodos festivos e
períodos de dor. Algo de todo como a vida mesma. Cando se pasa por períodos de bonanza… vívense
case sen darse conta porque todo vai ben ou moi ben. Pero cando chegan momentos de loita co cancro
nalgúns membros próximos da familia ou na túa propia persoa, cando che falecen os seres máis
queridos… Aí te quero ver!
Na miña vida persoal e familiar houbo un período extremadamente negro durante a década
dos noventa. O cancro instalouse na miña casa en persoas xoves e nas máis próximas e máis
queridas:o meu curmán-irmán que se foi con trinta anos e un matrimonio recén estreado; o meu irmán,
que despois de loitar corenta e dous meses, tamén tivo que marchar ós cincuenta e dous; e o meu pai e
miña nai tamén se foron pouco despois con tan só dous meses de diferenza, e eu mesma estiven a
piques…
No caso do meu amado irmán, estaba eu soa para atendelo e nalgún momento pensei que
reventaba co sufrimento. Os meus compañeiros estaban o tanto de todo. Foron durante tres anos e
medio os meus anxos da garda. Oxalá nunca teña que agradecerlles o que deixan feito por min!
Tódolos días e a tódalas horas estaban pendentes de min porque a miña cabeza –naquela
etapa da miña vida profesional- estaba “ida”. Eu non podía evitalo. Pero aqueles compañeiros
estaban pendentes de min: dicían algo para distraerme ou para levar a miña atención a outra parte
aínda que tan só fora uns instantes. Se estaba no baño, chamaban á porta pensando se estaría
chorando…Viñeron á casa en varias ocasións; en dúas xantamos todos xuntos neste fogar
acompañando ó meu irmán. A miúdo ían a visitarnos ó oncolóxico. Estaban en todo.
2
Naquel momento estaba de director Don Gonzalo Tizón Sánchez. Era un día pola mañá
cando eu cheguei ó colexio máis disgustada que nunca porque aquela mañá vira como meu irmán
colocaba tiritas nas pálpebras para poder mante-los ollos abertos (o tumor, cada día máis grande,
presionaba ata deixalo cego e xordo). Era un día á primeira hora da mañá. Estábamos na sala de
Profesores. Eu contáballes:
-Agora xa non ve os números do teléfono! Xa non me pode chamar..!
Daquela a Sala de Profesores estaba onde está agora a Dirección e a Dirección estaba, onde
está agora a Secretaría. Don Gonzalo, que estaba na dirección, saltou como un lóstrego:
-Vaite! Colle un mes de baixa! E se fai falta máis..!
Non fixo falta que mo repetira. Funme ó médico -daquela estaba deprimida- e deume a
baixa por depresión. Desde aquel día, eu non ía ó colexio, ata despois do desenlace; pero os
compañeiros seguían ó pé do canón. Nunca llelo agradecerei abondo!
Estiveron ata o día, no que meu irmán estaba defunto, de corpo presente, na casa. Nunca
me explicaron como fixeron; pero presentáronse todos a facerme compañía aquela mañá do día 19 de
decembro de 1996. Deberon quedar no Colexio un par de profesores cos nenos no patio. Iso supoño,
porque non podía ser doutra maneira. Acompañáronme ata o momento da despedida final. Os máis
achegados ocuparon un posto no presbiterio e o compañeiro Alfonso estivo ó meu carón no primeiro
banco da igrexa. Catro meses antes, empezara a Secundaria; pero todos acudiron a acompañarme nun
dos momentos máis duros da miña vida.
3
Ó mesmo tempo apareceume a min un problema que apuntaba ser moi grave. De feito un
médico mandoume para a casa a morrer, porque non vía solución. Eu xa pensei que chegara a miña
hora… Pero non, afortunadamente, axudáronme moito no Oncolóxicpo e conseguín que un gran
experto lograra extirparme toda a parte afectada. Nesta ocasión os meus compañeiros e outras moitas
persoas –entre elas moitos alumnos e alumnas- seguiron ó meu carón ata que conseguín a
recuperación.
Acto seguido faleceu meu pai e dous meses despois, miña nai. Os compañeiros en todo
momento presentes. Isto non hai cartos no mundo que o paguen. Quero que saiban que sempre os
recordarei con moitísimo cariño. O seu comportamento foi exemplar. Foron: “compañeiros a proba de
bomba”.
Graciñas.
MERCEDES CACHAZA PLATAS
Desde Vigo (PADERNE), a día 8 de abril de 2016

More Related Content

What's hot

What's hot (20)

Comezar polo principio
Comezar polo principioComezar polo principio
Comezar polo principio
 
10. cambio de etapa
10.  cambio de etapa10.  cambio de etapa
10. cambio de etapa
 
9. amor á terra
9.  amor á terra9.  amor á terra
9. amor á terra
 
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
 
11. a importancia da escrita
11.  a importancia da escrita11.  a importancia da escrita
11. a importancia da escrita
 
12. os nenos son os mellores mestres
12.  os nenos son os mellores mestres12.  os nenos son os mellores mestres
12. os nenos son os mellores mestres
 
Obradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTicaObradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTica
 
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
 
17. remate dunha etapa
17.  remate dunha etapa17.  remate dunha etapa
17. remate dunha etapa
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Argalladas 2014 2015
Argalladas 2014  2015Argalladas 2014  2015
Argalladas 2014 2015
 
Crónica do acto
Crónica do actoCrónica do acto
Crónica do acto
 
Revista 2010 2011 en word
Revista 2010  2011 en wordRevista 2010  2011 en word
Revista 2010 2011 en word
 
Un adianto do ceo
Un adianto do ceoUn adianto do ceo
Un adianto do ceo
 
Revista junta
Revista juntaRevista junta
Revista junta
 
Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
 
Revista completa
Revista completaRevista completa
Revista completa
 
revista cumes 2016
revista cumes 2016revista cumes 2016
revista cumes 2016
 
O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avos
 

Viewers also liked

40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergiosatelite1
 
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonioXeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antoniosatelite1
 
Discurso 40 anos
Discurso 40 anosDiscurso 40 anos
Discurso 40 anossatelite1
 
Andrea varela imagen guerra
Andrea varela imagen guerraAndrea varela imagen guerra
Andrea varela imagen guerrasatelite1
 
Andrea varela holocausto
Andrea varela holocaustoAndrea varela holocausto
Andrea varela holocaustosatelite1
 
Alba homenaxe ás vítimas do holocausto
Alba homenaxe ás vítimas do holocaustoAlba homenaxe ás vítimas do holocausto
Alba homenaxe ás vítimas do holocaustosatelite1
 
Sergio víctimas holocausto
Sergio víctimas holocaustoSergio víctimas holocausto
Sergio víctimas holocaustosatelite1
 
María vázquez holocausto
María vázquez holocaustoMaría vázquez holocausto
María vázquez holocaustosatelite1
 
Iria holocausto
Iria holocaustoIria holocausto
Iria holocaustosatelite1
 
Nerea holocausto
Nerea holocaustoNerea holocausto
Nerea holocaustosatelite1
 
1. imágenes para reflexionar sobre la guerra act tutoria 2 (1)
1. imágenes para reflexionar sobre la guerra act tutoria 2 (1)1. imágenes para reflexionar sobre la guerra act tutoria 2 (1)
1. imágenes para reflexionar sobre la guerra act tutoria 2 (1)satelite1
 
Ana gonzález historia guerra
Ana gonzález historia guerraAna gonzález historia guerra
Ana gonzález historia guerrasatelite1
 
4. comic malala
4. comic malala4. comic malala
4. comic malalasatelite1
 
Crónica holocausto
Crónica holocaustoCrónica holocausto
Crónica holocaustosatelite1
 
Nina imágenes guerra
Nina imágenes guerraNina imágenes guerra
Nina imágenes guerrasatelite1
 
Diana reflexiones guerra
Diana reflexiones guerraDiana reflexiones guerra
Diana reflexiones guerrasatelite1
 
Diana homenaxe ás victimas do holocausto
Diana homenaxe ás victimas do holocaustoDiana homenaxe ás victimas do holocausto
Diana homenaxe ás victimas do holocaustosatelite1
 
Silvia roca reflexión sobre a guerra
Silvia roca reflexión sobre a guerraSilvia roca reflexión sobre a guerra
Silvia roca reflexión sobre a guerrasatelite1
 
María refugiados sirios camino de turquia
María refugiados sirios camino de turquiaMaría refugiados sirios camino de turquia
María refugiados sirios camino de turquiasatelite1
 
Adrián imaxes sobre a guerra
Adrián imaxes sobre a guerraAdrián imaxes sobre a guerra
Adrián imaxes sobre a guerrasatelite1
 

Viewers also liked (20)

40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio
 
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonioXeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
 
Discurso 40 anos
Discurso 40 anosDiscurso 40 anos
Discurso 40 anos
 
Andrea varela imagen guerra
Andrea varela imagen guerraAndrea varela imagen guerra
Andrea varela imagen guerra
 
Andrea varela holocausto
Andrea varela holocaustoAndrea varela holocausto
Andrea varela holocausto
 
Alba homenaxe ás vítimas do holocausto
Alba homenaxe ás vítimas do holocaustoAlba homenaxe ás vítimas do holocausto
Alba homenaxe ás vítimas do holocausto
 
Sergio víctimas holocausto
Sergio víctimas holocaustoSergio víctimas holocausto
Sergio víctimas holocausto
 
María vázquez holocausto
María vázquez holocaustoMaría vázquez holocausto
María vázquez holocausto
 
Iria holocausto
Iria holocaustoIria holocausto
Iria holocausto
 
Nerea holocausto
Nerea holocaustoNerea holocausto
Nerea holocausto
 
1. imágenes para reflexionar sobre la guerra act tutoria 2 (1)
1. imágenes para reflexionar sobre la guerra act tutoria 2 (1)1. imágenes para reflexionar sobre la guerra act tutoria 2 (1)
1. imágenes para reflexionar sobre la guerra act tutoria 2 (1)
 
Ana gonzález historia guerra
Ana gonzález historia guerraAna gonzález historia guerra
Ana gonzález historia guerra
 
4. comic malala
4. comic malala4. comic malala
4. comic malala
 
Crónica holocausto
Crónica holocaustoCrónica holocausto
Crónica holocausto
 
Nina imágenes guerra
Nina imágenes guerraNina imágenes guerra
Nina imágenes guerra
 
Diana reflexiones guerra
Diana reflexiones guerraDiana reflexiones guerra
Diana reflexiones guerra
 
Diana homenaxe ás victimas do holocausto
Diana homenaxe ás victimas do holocaustoDiana homenaxe ás victimas do holocausto
Diana homenaxe ás victimas do holocausto
 
Silvia roca reflexión sobre a guerra
Silvia roca reflexión sobre a guerraSilvia roca reflexión sobre a guerra
Silvia roca reflexión sobre a guerra
 
María refugiados sirios camino de turquia
María refugiados sirios camino de turquiaMaría refugiados sirios camino de turquia
María refugiados sirios camino de turquia
 
Adrián imaxes sobre a guerra
Adrián imaxes sobre a guerraAdrián imaxes sobre a guerra
Adrián imaxes sobre a guerra
 

Similar to 15. compañeiros a proba de bomba (1)

Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Un obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalUn obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalelvira9496
 
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
19 20 samain relatos premiados publicacion
19 20 samain relatos premiados publicacion19 20 samain relatos premiados publicacion
19 20 samain relatos premiados publicacionanillampl
 
Aulagalego3 fichas
Aulagalego3 fichasAulagalego3 fichas
Aulagalego3 fichasconsueloabad
 
Empezar polo principio
Empezar polo principioEmpezar polo principio
Empezar polo principiosatelite1
 

Similar to 15. compañeiros a proba de bomba (1) (11)

Bailar baixo a chuvia alzheimer
Bailar baixo a chuvia   alzheimerBailar baixo a chuvia   alzheimer
Bailar baixo a chuvia alzheimer
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Sinestesia
SinestesiaSinestesia
Sinestesia
 
Un obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalUn obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambiental
 
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
O máis imporante que fixen na miña vida
O máis imporante que fixen na miña vidaO máis imporante que fixen na miña vida
O máis imporante que fixen na miña vida
 
19 20 samain relatos premiados publicacion
19 20 samain relatos premiados publicacion19 20 samain relatos premiados publicacion
19 20 samain relatos premiados publicacion
 
Trico e anosmia
Trico e anosmiaTrico e anosmia
Trico e anosmia
 
Aulagalego3 fichas
Aulagalego3 fichasAulagalego3 fichas
Aulagalego3 fichas
 
Empezar polo principio
Empezar polo principioEmpezar polo principio
Empezar polo principio
 
Brecha lingua galega
Brecha lingua galegaBrecha lingua galega
Brecha lingua galega
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

15. compañeiros a proba de bomba (1)

  • 1. 1 COMPAÑEIROS A PROBA DE BOMBA Mercedes Cachaza Platas Paréceme que sempre intentei ser boa compañeira. Con uns compañeiros tiven máis confianza que con outros, pero con todos ben. Con algúns aínda sigo en contacto. Cando se vai ó traballo; vaise traballar todo o mellor que se sabe e se pode; pero se ademais se establecen boas relacións de compañeirismo e se algúns casos chegan a crear lazos de amizade; xa é o máximo que se pode pedir. Ó longo dunha dilatada vida profesional, pasan moitas cousas: períodos de boa saúde e períodos de mala saúde; períodos de boa situación familiar e períodos moi duros; períodos festivos e períodos de dor. Algo de todo como a vida mesma. Cando se pasa por períodos de bonanza… vívense case sen darse conta porque todo vai ben ou moi ben. Pero cando chegan momentos de loita co cancro nalgúns membros próximos da familia ou na túa propia persoa, cando che falecen os seres máis queridos… Aí te quero ver! Na miña vida persoal e familiar houbo un período extremadamente negro durante a década dos noventa. O cancro instalouse na miña casa en persoas xoves e nas máis próximas e máis queridas:o meu curmán-irmán que se foi con trinta anos e un matrimonio recén estreado; o meu irmán, que despois de loitar corenta e dous meses, tamén tivo que marchar ós cincuenta e dous; e o meu pai e miña nai tamén se foron pouco despois con tan só dous meses de diferenza, e eu mesma estiven a piques… No caso do meu amado irmán, estaba eu soa para atendelo e nalgún momento pensei que reventaba co sufrimento. Os meus compañeiros estaban o tanto de todo. Foron durante tres anos e medio os meus anxos da garda. Oxalá nunca teña que agradecerlles o que deixan feito por min! Tódolos días e a tódalas horas estaban pendentes de min porque a miña cabeza –naquela etapa da miña vida profesional- estaba “ida”. Eu non podía evitalo. Pero aqueles compañeiros estaban pendentes de min: dicían algo para distraerme ou para levar a miña atención a outra parte aínda que tan só fora uns instantes. Se estaba no baño, chamaban á porta pensando se estaría chorando…Viñeron á casa en varias ocasións; en dúas xantamos todos xuntos neste fogar acompañando ó meu irmán. A miúdo ían a visitarnos ó oncolóxico. Estaban en todo.
  • 2. 2 Naquel momento estaba de director Don Gonzalo Tizón Sánchez. Era un día pola mañá cando eu cheguei ó colexio máis disgustada que nunca porque aquela mañá vira como meu irmán colocaba tiritas nas pálpebras para poder mante-los ollos abertos (o tumor, cada día máis grande, presionaba ata deixalo cego e xordo). Era un día á primeira hora da mañá. Estábamos na sala de Profesores. Eu contáballes: -Agora xa non ve os números do teléfono! Xa non me pode chamar..! Daquela a Sala de Profesores estaba onde está agora a Dirección e a Dirección estaba, onde está agora a Secretaría. Don Gonzalo, que estaba na dirección, saltou como un lóstrego: -Vaite! Colle un mes de baixa! E se fai falta máis..! Non fixo falta que mo repetira. Funme ó médico -daquela estaba deprimida- e deume a baixa por depresión. Desde aquel día, eu non ía ó colexio, ata despois do desenlace; pero os compañeiros seguían ó pé do canón. Nunca llelo agradecerei abondo! Estiveron ata o día, no que meu irmán estaba defunto, de corpo presente, na casa. Nunca me explicaron como fixeron; pero presentáronse todos a facerme compañía aquela mañá do día 19 de decembro de 1996. Deberon quedar no Colexio un par de profesores cos nenos no patio. Iso supoño, porque non podía ser doutra maneira. Acompañáronme ata o momento da despedida final. Os máis achegados ocuparon un posto no presbiterio e o compañeiro Alfonso estivo ó meu carón no primeiro banco da igrexa. Catro meses antes, empezara a Secundaria; pero todos acudiron a acompañarme nun dos momentos máis duros da miña vida.
  • 3. 3 Ó mesmo tempo apareceume a min un problema que apuntaba ser moi grave. De feito un médico mandoume para a casa a morrer, porque non vía solución. Eu xa pensei que chegara a miña hora… Pero non, afortunadamente, axudáronme moito no Oncolóxicpo e conseguín que un gran experto lograra extirparme toda a parte afectada. Nesta ocasión os meus compañeiros e outras moitas persoas –entre elas moitos alumnos e alumnas- seguiron ó meu carón ata que conseguín a recuperación. Acto seguido faleceu meu pai e dous meses despois, miña nai. Os compañeiros en todo momento presentes. Isto non hai cartos no mundo que o paguen. Quero que saiban que sempre os recordarei con moitísimo cariño. O seu comportamento foi exemplar. Foron: “compañeiros a proba de bomba”. Graciñas. MERCEDES CACHAZA PLATAS Desde Vigo (PADERNE), a día 8 de abril de 2016