SlideShare a Scribd company logo
1 of 68
Download to read offline
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 3
EDICIÓN: Equipo de Dinamización da Lingua Galega
COORDINACIÓN: Diana Sánchez
COLABORACIÓN: Equipo docente e Alumn@s do CPI Ponte
Carreira
MAQUETADO: Fran López
DEBUXO PORTADA: Nerea, Lucía e Alba (1º ESO)
IMPRESIÓN: Artes Gráficas LUGAMI (Betanzos)
Caras novas
Resumo do curso
Taller literario
Actividades do outono
EDLG
Música
Desde a biblio
Nadal
Poemas de 1º EP
A cociñar!
O cole n@ rede
Estes somos nós (fotos de grupos)
Letras Galegas I
Os máis pequenos
Letras Galegas II
Entroido
Saídas culturais
Día do libro
Ata sempre, Don Antonio!
II Concurso “Troitas en verso”
ANPA “O Fopo”
Día da poesía
Arte na prehistoria (1º EP)
A natureza
Deportes
Curiosidades
Rematan Infantil e Primaria
Promoción ESO
EDITORIAL
4
5
8
19
23
24
26
28
30
31
32
34
36
37
44
46
47
49
50
54
59
60
61
62
63
64
65
66
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/20154
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 5
RESUMO DO CURSO
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/20156
RESUMO DO CURSO
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 7
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/20158
TALLER LITERARIO
Querida Marta:
Se estás mal volve para a miña casa, Marta; pero ti buscas amigos porque es moi boa cos amigos, ti non faltas nunca
á xente que queres. Pero ti pon algo da túa parte seguro que buscas moitos amigos porque es moi boa amiga. Ao
final fas moitos amigos e amigas que a xente non morde. Ti dálle moita confianza que a xente e moi boa e a confianza
dálla falando.
E a que praia fuches Marta? e que película viches no cine?
Ti es moi estudiosa e os profesores han estar moi contentos contigo.
Ti cando vexas que paso un tempo se eu non me acordo de mandarche a carta mándasma ti amiga Marta
Adios Marta que o pases moi ben no colexio.
	 Marcos Fernández López, 1º ESO
XA VOU VELLA
Ola, son a bata. Unha bata que xa vai vella, pero espero vivir moooito máis. Xa pasei por catro xeracións,
aínda que nunha usáronme as da anterior, porque non había quen me puxera.
Na primeira xeración usoume a bisavoa da próxima dona miña. Esa muller era moi traballadora. Eu seino
porque o vivín con ela. Traballaba facendo as camas, preparando a comida, coidando dos fillos... En fin,
unha muller que cumpría con creces os labores da casa. O certo era que eran mundos moi difíciles e
machistas.
Cando me puxen no corpo da avoa da dona que teño agora mesmo vivín practicamente o mesmo na súa
xuventude, pero un pouco menos acentuado. Agora, cando xa é máis vella e me pon, observo que todo
cambiou moito e hai moita modernidade. A auga que chega as casas sen o menor problema ou a luz, que
BENANCIO
Benancio era un neno de aldea, fillo do señor, e despreciaba a todos os nenos.
Era baixo e ben feo, cacheirudo, listo,… pero tiña moito medo. Un día, seus pais máis el foron de viaxe a
Madrid. Pasaron un días e Benancio coñeceu dous nenos bastante pobres xogando no parque. Presentáronse
e Benancio, con moita “chulería”, díxolles que ese xogo era de pobres e que xogaran ao seu. Así o fixeron
e decatáronse de que xa era noite, polo que quixeron marchar para a casa pero… estaban no medio do
bosque. Benancio alporizouse e empezou a dicirlles que fora culpa súa, que non lle pasaría nada disto se
non xogara con pobres,…
Tentaron buscar a saída pero o único que conseguiron foi adentrarse aínda máis no bosque. E pasaron os
día. O primeiro día andaron e andaron para buscar a civilización pero foi inútil. O segundo día tiñan todos
moita fame e sede e o único que comeron foi un bo apuro ao subirse a unha árbore para coller unha mazá.
O terceiro día foi máis bo, xa que atoparon un regato de auga no que beberon ata “fartarse”. Ao día seguinte
construíron un refuxio con ramas, croios e paus, no que se resgardaban da choiva e tornaron o frío.
Ao comezar outro día espertaron cun inmenso ruído procedente dun animal salvaxe e decatáronse de que
era un lobo que estaba a comer un can pequeno. Entón Benancio propuxo levantarse e correr ata non poder
máis, e así o fixeron. Tanto foi o que camiñaron que chegaron ao parque sen darse conta; unha vez alí
atoparon aos seus pais que, preocupados, lle dixeron a donde fora e quenes eran eses rapaces. Benancio,
que no quería que os seus pais lle “zoscasen” aos rapaces, díxolles que lle axudaran a saír do bosque; os
seus proxenitores agradecéronlles moito o que lles fixo.
O último día, antes de marchar, Benancio díxolles aos nenos que eran os seus mellores amigos e que nunca
se esquecería deles; e eles, abraiados polo que lles dixo, respondéronlle o mesmo.
Unha vez na aldea, Benancio era bo cos outros rapaces e así foi para sempre.
PABLO UZAL, 6º EP
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 9
TALLER LITERARIO
agora parecen cousas insignificantes, antes, a súa ausencia, provocaba moito traballo de máis. Pero cando
noto cambio, moito cambio,é cando me visto no corpo da rapaza á que pronto vou pertencer. Ela axuda na
casa, pero non está obrigada a traballar, e aínda que tivese que facelo non sería tan duro como antes.
Despois de tanto como vivín, agora quero descansar un pouco, e Lucía, a neta da miña dona,á que
proximamente pertencerei, venme de perlas. Para nada quero xubilarme, só ter “unhas pequenas vacacións”.
Vou festexar toda a sorte que tiven ca familia que tiven e que teño e penso,(e vouno facer), vivir moito máis.
Lucía Gómez Taboada, 1º ESO
A GOTIÑA
Saíu do mar e encontrouse nas nubes… despois da nube alonxouse co vento… e por fin, ao chover, a gotiña
de auga encontrouse na raíz dunha Nogueira… outras gotas de auga quedáronse nas polas e ao verse tan
arriba, ríronse da gotiña que na terra, tan lonxe e escura, parecía sen vida pero, ao final a gotiña estaba
viva.A gotiña transformouse no zume elaborado dunha Nogueira velliña.
NEREA GAREA, 1º ESO
A vida é escrava, escrava do tempo. Este é o xuíz insobornable que che dá ou que che quita a razón; o que
ten nas súas mans parte do destino. O tempo é o dono da vida... O mesmo que lle pon a cifra o número de
días que vives, o que define a idade que tes. Podemos relaxarnos e afrouxar as rendas da vida pero o que
non podemos facer é xogar co tempo.
O tempo pasa, algunha xente vaise, outra entra nas nosas vidas... pero os recordos sempre perdurarán en
nós.
Sí, os mesmos recordos cos que precisamos parar o tempo e volver atrás, volver a vivir eses momentos tan
especiais.
Ás veces o tempo é a nosa maior tortura, de feito neses momentos de dor, soidade... parece como se se
quixese burlar el de nós e tomase a decisión de afrouxar o paso.
Intentamos xogar co tempo e é el o que xoga con nós, nós a el non o cambiamos pero el a nós si.
Por iso hai que vivir cada instante sendo nós mesmos para así perdurar na memoria e no corazón dos nosos.
Andrea, 4º ESO
O tempo que é? Algo ficticio? Existe en realidade? Esas simples preguntas son as que moitos de vós non saberíades
responder, diríades “o tempo é o tempo, e punto”. E se imos máis alá? É o tempo, si, o tempo o que tomou o control
das nosas vidas sen sabelo. É o tempo, si, o tempo o que fai que te levantes para ir á escola aínda que queiras durmir.
Claro, quen non escoitou a súa nai dicirlle que chegas tarde ou non tes tempo, apura! Si, todos a escoitastes, é o tempo,
si, o tempo o que marca as cousas tan simples como a hora a que acaba o día da fin de curso ou tan complexas como
o fin da vida de alguén. Tamén se apoderou da túa man esquerda en forma de abrazadeira. É o tempo, si o tempo…
Jacobo Brea Souto, 4º ESO
O tempo só é unha maneira de sumar días, minutos, segundos… á vida ou de restarllos á morte. O tempo é moi
complexo de definir pois como dixo San Agustín “ Se ninguén me pregunta iso, seino, pero se trato de explicarllo a
quen mo pregunta, non o sei”
O tempo, unha forma de sermos esclavos pero sen darnos conta, pois el mándanos ir durmir, comer, levantarnos… se a
humanidade enteira se levantase cando lle apetecese, se comese só cando tivese fame, sería máis sinxelo, xa que, non
dependeríamos de nada nin de ninguén e faríamos o que quixésemos… Ese mundo aínda está por vir, pero habería que
confiar na persoa que se levante e levantármonos todos con ela, tirar o reloxo e aproveitar o tempo que tivemos de
escravitude, aproveitalo, pois volverá a gobernarnos máis axiña do que o conseguimos, ao liberarnos del.	
PABLO CALVO PÉREZ, 4º ESO
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201510
TALLER LITERARIO
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 11
TALLER LITERARIO
Nuria 6º EP
LARA, 1º EP
ELENA, 1º EP
MATÍAS, 1º EP
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201512
TALLER LITERARIO
CRISTIAN, 1º EP
SARA, 1º EP
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 13
TALLER LITERARIO
Querida Marta:
Tranquila , eu xa sei que ti non vas ter problemas cos teus novos compañeiros e ti tamén o sabes.
Cambiando de tema, non me podes ocultar que coa mudanza sénteste triste, pero ti tes que pensar que
todo vai saír ben. Sempre pensa en positivo; se a túa casa está apartada , mellor , así poderás durmir
tranquila e non terás que aguantar o pesado ruído dos coches. Ja , ja , ja.
A túa avoa díxome que te extrañaba moito e que a súa casa sen ti estaba soa e non había ninguén fixese
ruído. Segues berrando coma na aldea ?
Tes moita sorte, tes un parque ao lado , pero non che podo negar que eu teño un prado.
Tamén non che podo negar que as rapazas da túa cidade danme envexa , xa que te teñen tódolos días.
Pola túa forma de expresarte sinto que me ocultas algo pero non sei o que .
Acórdate de repasar matemáticas e vai contratando aos cazapantasmas , que che fan falta segundo ti
. Ja, ja .
Bicos e grazas por escoitarme
ALBA, 1º ESO
ESCENA COTIÁ
(Unha tarde calquera dunha casa nas terras do Tambre , dous irmáns , neno e nena de nove e dez anos,
discuten porque el non quere xogar.
- Lúa: Alén, queres xogar conmigo?
- Alén: Non, outro día.
- Lúa: Sempre dis eso,e nunca xogas conmigo
- Alén: Déixame de trouladas, que xa son demasiado maiorciño para xogar.
(Lúa segue discutindo co seu irmán)
-Lúa: Por favor xoga conmigo.
-Alén:Marcho déixote soa.
(Lúa queda soa e ocórreselle dar un paseo coa cadela)
-Lúa:Imos cadeliña dar un paseo.
(Vanse soas as dúas, ao fondo ponse o sol, véxoas afastarse pola espalda desde a fiestra, seí que rin)
-Nai:Alén, a túa irmá aínda precisa xogar, aquí non ha inenas, algunha vez deberías xogar con ela.
-Alén:Mamá, a nena é unha pesada, sempre quere xogar. Xa sei, eu tamén o era. Mira ao mellor saio de
paseo con ela e coa cadela,apetéceme achegarme ao río.
-Nai: Non te preocupes, es un bo rapaz.
(Alén na habitación, pon música achégase a fiestra, non sabe ben o que lle pasa, estrañáse a si mesmo.
Está a escoitar Mano Chau “Me gustás tú...”. Ve vir a Lúa , sae á escaleira e cantálle “Me gustas tú...”.
Os dous rin, cada un vaise a súa habitación.)
JUDITH, 1º ESO
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201514
TALLER LITERARIO
	
Vai un galego que se lle rompe o corazón
por despedirse dos que máis quería con amor.
Vai na mente unha semente de esperanza.
Vai no ceo un caldeiro de palabras,
que leva para ensinalas.
Leva palabras en galego de:
agradecemento, cortesía, intriga e esperanza.
					 Judith,
1º ESO
Crise
Muller, medo de noite pecha sen abrigo.
Éxodo da multitude silandeira
/ soidade de esquina
Nada na que navego e afundo.
Dor da doenza de saberme excluída.
Ira contida en ollos sen bágoas, enxoitos.
Galaxia que habito , poema visual da inxustiza.
Orfa de abrazos en terra baldía.
Alba, 1º ESO
TI E NINGUÉN MÁIS
Ti a flor que renace
nos cumios das altas montañas
Ti es como a envergadura
das aguias para poder
soltarte e ser libre.
Para sentir o roce do aire
no teu preciado e valioso rostro.
Ti a forza do vento
que en ocasións che abriga
o enoxarte co ser que nos separa.
Para min es o diccionario
máis caro do mercado,
porque sempre tes unha palabra
para sacarme un gran sorriso.
Marcial Casas Suárez
Temor a escoitar un non.
Entre as incertezas que esquivamos.
Retos que nos agobian en decembro, xuño e marzo.
Como trazos involuntarios que entreteñen a man.
En pés que apunta cara ao sol en desequilibrio.
Inercia de horarios, rutinas, espectativas.
Repetidas cara ao tempo non vivido.
Ostinación do medo en branco folio.
3º E.S.O
SÓ EXISTES TI
Ti es o reclamo que convoca
no exterior da miña presenza
ti es o espello sen fendas
no que me atrevo a espellear
óllasme e vesme
déixate ver
existo se existo sen ti.
Só ti es a maior existencia
a maior existencia deste mundo
para min ti es a maior deusa
a deusa no máis alto do olimpo
un olimpo no que só estás ti,
porque es perfecta e para min
SO EXISTES TI.
Diego Bodelo López
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 15
TALLER LITERARIO
Eu recordarei
Eu recordarei os colexios onde estiven, e os meus compañeiros Alba, Álex, Lucía, Nerea e Marcos. A Alba
recordareina polo seu riso, a Lucía porque unha vez fun á súa casa, a Nerea pola súa cara, a Álex polos xogos
que faciamos todos en grupo, e a Marcos polos contos das vacas.
Judith Casas Suárez, 1º ESO
A NOSA GALICIA
Galicia, Galicia, esa é a cuestión. Eu quero unha Galicia próspera, pero non eu soa , moita xente
máis. De momento non a conseguimos, e vou contar algúns dos problemas que nolo impiden e
posibles solucións que se me ocorren.
- Non podemos levar ningún plan a cabo se non hai xente que o realice. Necesitamos poboación e,
moita xente que o realice. Necesitamos poboación e, moita moitísima que se diga, non temos. Non
pode seguir marchando xente así e, menos se non aumentamos nós, os GALEGOS. As solucións
son múltiples, pero unha posible e a máis evidente é non parar de ter descendencia. Despois
de nós ten que quedar xente que sosteña Galicia. Non podemos ser uns incultos e decirlles aos
nosos fillos que non hai nada en Galicia, sendo MENTIRA. Necesitamos xente para Galicia, e
moita!!
- Deberíamos facer que a xente se enteirase de que temos talento recoñecido en tódolos
campos. A nosa cultura fixo aportacións en todolos ámbitos. Espinoza e Prisciliano foron filósofos
galegos, pezas fundamentais do pensamento europeo. Filosofía, artes plásticas, literatura,
música... Somos un pobo inquedo que mira ao Atlántico e colle as maletas, sen preguiza, con
dignidade, e fai patria alá onde vai.
Temos unha boa literatura, facemos honor á nosa condición de cultura de base lírica e as
xeracións poéticas sucédense vizosas, convivindo neste intre tres delas. Xa chegaron os da
nosa quinta, temos escritores de 20 anos, como Ismael Ramos, Xesús Castro, Olalla Tuñas ao
lado dunha Olga Novo, Emma Pedreira, Manolo Rivas, Suso de Toro...
A persoa que dirixa a sanidade ou sector do traballo terá que ser o mellor formado e estará
obrigado a traballar polo ben de todos.
Estes son algúns problemas e solucións que creo que hai, pero aínda quedan moitos, e o nos
propósito ten que ser solventalos, para unha Galicia mellor, unha Galicia universal, A NOSA
GALICIA!!
1º ESO
ANOS ATRÁS
Nas súas lembranzas, Sara aínda garda con moito agarimo os seus anos da infancia que pasou
na aldea dos avós. En especial, de todos os aloumiños que súa avoa Matilde lle daba cando era a
hora da sesta. De feito, no colexio, cando comían as larpeiradas que levaban para merendar, ela
presumía, orgullosa, da súa queridiña Matilde. E ese recendo, a xesta recén cortada que a facía
retroceder as tantas tardes que pasara no areeiro do xardín, co seu pucho recén estreado e a boneca
que os curmáns de Badaxoz lle agasallaran. Esas tardes que entre cóxegas e bicos pasábanse
voando, aínda hoxe as lembra cando, desde a xanela da lareira, Sara olla cara o solitario areeiro e
vagamente oe os sorrisos dunha meniña feliz e orgullosa da súa cercana infancia.
Mª Cristina Fariñas Lata. 4º E.S.O.
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201516
TALLER LITERARIO
AS 5 PALABRAS MÁIS IMPORTANTES PARA MIN
Para o meu modo de vida as 5 palabras máis importantes son as seguintes:
-Primavera: Porque é cando as flores rosean, cantan os páxaros e son os días moito máis alegres.
-Amigos: que sempre te axudan nos momentos máis difíciles da vida e axudanche en todo o posible.
-Sol tempraneiro: que pola mañá che peta na ventá e levantaste con azos para traballar e parece un día máis alegre que cando
chove.
-Rural cos teus amigos: cando tes a túa vida no rural cos animais, relacionaste ben cos veciños, coñecelos a todos máis axudanche
a hora de traballar,porque ti tamén lle axudas a eles no posible.
-Festas: para desconetar co traballo, desconectar a hora de traballar; porque se sempre estuberas pendiente do traballo poderías
acabar cun trastorno e fai falta traballo pero tamén tempo de ocio para relaxarte e saír a visitar mundo.
Escollín estas 5 palabras porque pareceme porque pareceme que para o meu modo de vida son as máis importantes e sería esto
o que escollese da miña vida.
MIGUEL GARCÍA, 4º ESO
DESDE OUTRA PEL
Estamos aquí, damos fe. O último ano foi o curso 2014-2015, eramos un grupo pero non soubemos exercer.Eramos
individualidades contrariadas e ensaiabamos cada día o fracaso da palabra. Saían das nosas bocas imaxes sonoras que
sofocaban o verro que nunca se puido ouvir. Era o curso 2014-2015, un curso cosmicamente acelerado, socialmente
aberto a tantas posibilidades contradictorias que era o futuro o que nos golpeaba e, no presente, non podíamos oir.
Nada sabíamos e menos queríamos saber. Ante nós só unha inestabilidade gretada que nos facía dar un paso atrás,
aferrarnos ao que se nos escapaba, a patria segura, a infancia.Falabamos por falar, creabamos ruído para disimular
a cercanía que tamén existía. Queríamos que nos desen a razón porque tiñamos moita falta dela pero, sobre todo, a
penas entendíamos que nos tomasen en serio. Queríamos que adiviñasen o que non sabiamos dicir, intentabamos
estañar malos entendidos con palabras e as feridas aínda se abrían máis.
Os profesores/as non sabían que na casa tiñamos garantía de perdón. Ignorabamos que os dereitos se perden, que
medrar escoce, que non sabiamos cara onde bracexar nin que praia nos agardaba. Queriamos saber que importaba a
nosa singradura, lanzabamos S.O.S.s e os faros non respondían. Estabamos varados nos desnorteamento e ninguén
acudía. Non entendiades. O balbordo só falaba de nós.
Eramos individualidades coas mans no peto; eramos ollos esquivos que non querían ver. Eramos palabras gastadas
agardando as que había que inventar.
Sabiamonos distintos/as , asustados nada máis.
Estabamos alí, esquina noreste mirándo cara o sur. Algúns eramos tan temerarios que eramos quen de vivir sen
horario, sen desexar nada, á intemperie. Eramos algúns e outros e todos eramos “eu”.
Eu era a luz que aproveita a fenda da greta para encarnar o inesperado, o milagre. Aproveitaba na sombra cada gota
nutricia que chovía cara min, sempre estaba a altura, seguía andando desde a fatiga e agradecía xenerosidade.
Eu era aquelo que calaba, só quería o imposible, cousas pequenas; alguén a quen amar, abandonar con elegancia
O TEMPO
O tempo corre moi rápido. Pasa un ano e case non é nada; o tempo é ouro, non para, corre sempre aínda que queiras
ou non. O tempo pasa para todos pero non é o mesmo un ano para un xove que para un ancián; a un neno pásalle un
ano rápidamente e aos anciáns o tempo foxe rapidamente. A xente pensa que si que se lle pasa o tempo que debería
botar porque ten noutro mundo outra vida.
Para min, no ambiente en que vivimos non e o mesmo tempo no verán que no inverno; pasa igual pero temos a
diferenza que no inverno cando chove é moi aburrido ter que estar encerrado sin poder saír da casa; mentres que
no verán o ambiente é máis alegre, son os días máis longos e hai outro ambiente no rural, podes saír de viaxe e
desconectar co traballo porque hai bo ambiente; en difinitiva; o tempo non parará de corres ainda que todos nós
vaiamos para a outra vida.
Miguel, 4º ESO
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 17
Despedida aos de Cuarto:
Parece mentira que xa vos vaiades, toda unha vida con vós, compartindo sentimentos, aventuras, sabidurias, consellos,
facendo grandes amigos, uns mais e outros menos, pero todos amigos. Dende infantil, primaria e ata a ESO xuntos,
cambiando de amizades, facendo cambios na vida, cada un colle o seu camiño, pero todos partimos do mesmo, e eso
é o que importa. Nunca olvidarei todo o que aprendin cos vós. Moitas Gracias por todo.
Andrea, Nicolás, Manuel, Raquel, Cristina, Pablo, Tania, Miguel e Jacobo, ata sempre e un saúdo.
Diego Bodelo López 3º ESO
Bon, non sei como comezar. Hai tantas cousas que quero dicir pero que neste momento non saen. Eu quería que vós
os que marchades,vos acordedes e o paso que tivestes neste colexio pequeno pero a vez inmenso. Sei que moitos
deseades marchar para comezar unha etapa nova noutro lugar iso é o lóxico pero o que non sabedes e o moito que vos
imos botar de menos. Andrea é a miña mellor amiga, cada día que pasa ten unha man no outro colexio e o tempo pasa
e cada vez véxoa lonxe. Non podo imaxinar unha mañá sen o seu sorriso,o seu aroma,os seus consellos e o directa
que é. Cando estou mal e só quero gardalo para min ela preocúpase e faino o mellor que sabe sácame un sorriso e
esquézome porque esta ao meu carón. Pero agora que non está, síntome desprotexida. Désexovos o mellor a todos e
botarei de menos as tonterías dos rapaces,as preguntas de Raquel e o curiosa e dulce que é Tania. Un saúdo e moita
sorte rapaces.
Andrea, 3º ESO
TALLER LITERARIO
os sitios que non lograba habitar, fuxir de transcendencias baleiras, non estorbar, non procurar sufrimentos, ser leve.
Cousas pequenas quería. Ser exquisito ou non ser. Ninguén entendía. Quería ser todo sin ter que escoller; quería e non
quería, miraba sen mirar, escoitaba sen escoitar. Andaba a buscar. Era inútil por estético. Ninguén o sabía.
Eu era auga que escoa pola beira fronte a valados imprevistos e non quería mirar atrás. Eu era prisma sin espello.
Espertaba de noite e florecía con luz lunar. Magoábanme os datos que non entendía nin me axudaban a entender.
Fuxía na lectura e alí sabía respirar.
Eu era na verba unha flecha segura cun corazón na man. Disparaba a campo aberto e non tiña armadura. Non decía
o que quería escoitar nin o que eu estaba a oir. Era díscolo, provocador e ninguén sabía da miña dor en retirada nin
percibía o tremor da emoción asfixiada na miña voz. Era o si e o non. Arrebuñaba a superficie dos outros para constatar
as texturas e levantaba o punzón se non había resistencia. Eu escoitaba outros ritmos, outros sons. Tampouco me
entendía, habitaba a contradición e doía. Desto non deixaba constancia.
Eu era alerta permanente, o latexo inquedo, a vontade presta, a necesidade fonda de harmonía imposible. Eu quería
ser eu e disfrutar de todos, rexeitaba a ameaza e agasallaba a liberdade. Doíame o desencontro como doenza evitable
que non quería comprender. Sabía agradecer e agradecía e, ás veces, eu choraba cara adentro.
Ser alguén sensible, fráxil á vista, non se levaba. Tocaba disimular. Medrárame o corpo e eu seguía no tempo do que
tocaba marchar. Sorprendianme as consecuencias de ter medrado e estaba desacougado. Os ollos ían para un lado e
o corpo para outro. Non era consciente de tal confusión. Todo era chan esbaradizo e costaba confiar.
Eu era ollos, formas, dedos que recortaban siluetas a man alzada, seiva de muller antiga que sabe sen ollar e cura coas
mans; beleza e forza risoña que sabe abrazar.
Eu aínda non sabía da lexitimidade de existir como escultura, por existir, e, movía os brazos por non ter que mover os
pés. Gustábame poder elixir e decidir que me era ou non útil aprender. Empezaba a falar e non coñecía os riscos de
non acertar. Cando non estaba baixo o foco volvía a ser eu e sabía da vertixe da incertidume, do medo a non saber ser
eficaz, a non saber ben por onde ir. Ninguén me daba o mapa. Ao mellor ninguén o tiña, ao mellor non existía.
Alguén tiña que ter máis “bien humor” e aí estaba eu. Apostara por un currículum cheo de méritos para ser exemplo de
discente túzaro, trasno risoño, traste popular. Acabara o curso coa popularidade en alza. Polo demáis era alegre, sabía
ben que cousas eran serias para min. Respectaba o traballo que vén da suor, o traballo que se fai coas mans. Ninguén
me igualaba na gracia de mover a gavillo. Era moi mediático e non me daba importancia. Con respecto a preocupación,
eu prefería estar despreocupado.
Tocaba que falasen os que calaran, que calasen os que falaran. Chegou o momento da despedida. Partimos cara
experiencias novas por corredoiras paralelas. Perseguiremos, quizáis, paraísos imposibles. Quen sabe se algún non
quedará, anque non o pareza, enterrado aquí. Grazas, sempre.
						 Desde a calima, en femenino.
DANNA, 4º ESO
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201518
TALLER LITERARIO
AS PEQUENAS COUSAS
Que me decides desa morriña que chega co recendo do caldo da avoa?
Desas tardes de outono nas que co son do vento facía bailar a buxaina.
Esas mesmas tardes , nas que ao pé da lareira me enfeitizaba cos agarimos de miña nai.
Aqueles tempos…tempos pasados…
Cando unha era cativa e só se preocupaba de que súa nai non se queimase coa tixola, ou que as burbullas que
desprende o xabrón non tocaran o chan.
Ese son que desprende o axóuxere de miña irmá pequeña que enche o fogar de tenrura.
Pequenas cousas que me fan camiñar entre recordos e trastoitar entre melancolías.
Andrea 4º ESO
O TEMPO
Que é o tempo? O tempo é ese verdugo que nos obriga a despertar ás 08:00 para ir ao traballo, o que
determina en que preciso momento tes que comer , saír, disfrutar da vida... Vida que está marcada polo
tempo, el dinos canto levamos percorrido e canto nos queda por percorrer. Pero non todo é negativo. Grazas
ao tempo vivimos cunha certa orde. Dános unhas pautas moi marcadas para que sexamos capaces de ter
constancia e habituarnos a el. Ponnos horario para todo; 8 horas de sono, 8 horas de traballo e 8 horas de
lecer. A partir diso temos as persoas liberdade de elixir o que preferimos facer. Entón, que é o tempo? Unha
unidade de medida que ao igual que nos pode chegar a gobernar, tamén nos organiza dunha maneira na
que a vida, ese instante de luz na infinidade, non se nos faga aínda máis efémera.
Mª Cristina fariñas Lata, 4º ESO
UNHA NAI TOLA
Chamábanlle branquiña e ela corría ao espello
Chamábanlle rubia e ela corría ao espello.
Chamábanlle pequena e ela corría ao espello.
Chamábanlle gordecha e ela corría ao espello.
E ela corría ao espello... e vía que era morena de pel.
E ela corría ao espello ... e vía que era loura.
E ela corría ao espello... e vía que era delgada.
Un día levárona para ese lugar onde levan os tolos... e non a chamou máis.
Foi entón cando botou de menos correr ao espello; e a tristeza invadiu as súas entrañas, foi entón cando coa man no
peito e a mirada fixada no ceo dixo: ”ela, só quería volverte a ver”.
Andrea García Cardama, 4º ESO
NATALIA, 1º EP
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 19
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201520
RESUMO DO CURSO
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 21
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201522
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 23
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201524
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 25
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201526
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 27
“As emocións e a lectura: un tándem perfecto”
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201528
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 29
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201530
POETAS DE 1º DE PRIMARIA
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 31
A COCIÑAR!
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201532
A páxina web do cole
Canles de Youtube
Blog da biblioteca
O EDLG en FacebookO blog do EDLG
O blog do programa
“Aliméntate ben”
O blog dos máis pequenos O blog do deporte
http://www.edu.xunta.es/centros/cpipontecarreira/
https://www.youtube.com/user/cpipontecarreira
https://www.youtube.com/user/normalizacionponte
http://natualingua.blogspot.com.es/
http://biblioponte.blogspot.com.es/ http://froitanaescola.blogspot.com.es/
http://vagalumesdaponte.blogspot.com.es/ http://deportenaponte.blogspot.com.es/
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 33
RESUMO DO CURSO
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201534
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 35
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201536
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 37
OS MÁIS PEQUENOS
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201538
OS MÁIS PEQUENOS
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 39
OS MÁIS PEQUENOS
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201540
OS MÁIS PEQUENOS
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 41
OS MÁIS PEQUENOS
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201542
OS MÁIS PEQUENOS
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 43
OS MÁIS PEQUENOS
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201544
LETRAS GALEGAS
RAP “SILVAS DO TAMBRE”
Eu son galega porque me deron así
E non penso marchar de aquí
en Frades estou e de aquí non me vou.
Santiago, Coruña, Lugo, Ferrol
mapa local que no día hei de cruzar
irei estudar pero alí non hei quedar.
Eu teño corpo e a terra hei pisar
a realidade virtual non penso habitar
dáme a túa man que te quero abrazar
e que veñas conmigo as estrelas mirar.
Collereiche uns grelos que poidas levar
dareiche o meu ritmo e saberás camiñar
heite levar á festa do San Juán
poremos adobe á carne natural
e despois, xa non poderás de aquí marchar.
Algunhas cousas has de aguantar
se o paraíso non queres refugar
o cheiro de purin toca degustar
o saúdo do galo todas as mañás
verros has escoitar porque
as veciñas precísanse liberar
tamén podes taconear
e os veciños non estorbar
na asociación ti has estar
e os veciños han de axudar.
A motoserra rompe o aire
cando ás árbores talan
as mochilas e os deberes fannos rebentar
os profesores mal nos deixan respirar
tanto deber, tanto saber, tanto non ser
total para que, xa nos chegará o
tempo de aprender.
O Tambre non é o que era,
haino que coidar menos contaminar
e máis depurar sobran desertos
e árbores hai que prantar temos
o antídoto do estrés.
Aquí haiche vacas e mil cempés
as panderetas facémolas falar
e ás mentiras con gaita habémolas espantar
has correcoiras, nas festas
os nosos pés queren bailar
as nosas pistas, de croios, pódense gastar
amortiguadores non podemos comprar
a maior desgraza é esbarar na leira de lama
e nela aterrar.
As poucas troitas que quedan
coas garzas habémolas pescar.
Os semáforos aquí non nos pitan
as farolas non nos cegan
non hai máis cás nosas
luces para nos orientar.
Gústanos saber
saber de verdade
é case o 2020
poder dicir
aquí habemos vivir.
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 45
LETRAS GALEGAS
Eu son galega porque me deron así
E non penso marchar de aquí
en Frades estou e de aquí non me vou.
Santiago, Coruña, Lugo, Ferrol
mapa local que no día hei de cruzar
irei estudar pero alí non hei quedar.
1º da ESO e F.M.
ESTE CURSO EN ALTERNATIVA E SOCIAL E CÍVICA TAMÉN NOS PUXEMOS MAN Á OBRA!!
O QUE MÁIS TRABALLO NOS DEU FORON ESTES CABEZUDOS PARA AS LETRAS GALEGAS
AQUÍ PODEDES VER COMO FOI O PREOCESO DA SÚA ELABORACIÓN. MOITO TRABALLAMOS!!
E ASÍ QUEDARON REMATADOS! ARRIBA PODEDES VER QUE BEN NOS QUEDABAN POSTOS!
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201546
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 47
SAÍDAS CULTURAIS
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201548
SAÍDAS CULTURAIS
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 49
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201550
ATA SEMPRE, DON ANTONIO!
Naciches aquí, en Frades. Aquí transcorreron os teus primeiros anos. Cres que túa infancia foi
diferente á dos nenos de hoxe en día? Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén.
E ademais, pobre.Este texto das Memorias dun neno labrego, de Neira Vilas, responde bastante ben á
nenez dos anos 50, á miña nenez. Había unha pobreza grande en todos os sentidos, económica e cultural.
Estamos a falar dun réxime ditatorial, o réxime franquista. A miña nenez reducíase á familia, á escola e ao
campo da feira. Foi unha nenez difícil: na miña casa non había moita fartura pero non se pasaba fame.
	 Daquela na escola dábannos un vaso de leite a media mañá e un cacho de queixo pola tarde. O
leite era en po e cociñabámolo nós mesmos na casa da señora Emilia de Castro ou nos cubertos do campo
da feira, e había pelexas por saír da escola para facelo leite. Eu tomábao moitas veces con chocolate en
po, que traía Luís de Ricardo para os amigos e así sabía moito mellor. O leite e o queixo seica o daban os
americanos, aínda que España quedara fóra do Plan Marshall de axuda aos países europeos que participaran
na Segunda Guerra Mundial. Podemos dicir que os da Ponte tiñamos certos privilexios porque a Ponte era
un núcleo semiurbano e eran poucas as casas nas que había vacas, así que botabamos moitas horas a
xogar no campo da feira. Na miña casa os traballos que había eran a colleita das patacas e das castañas, a
horta, atender os animais (galiñas e porcos) e pouco máis. A primeira TV na Ponte debeu ser a de Lino do
café (aí polo ano 62) e despois a de Ricardo.
Cres que actualmente os nen@s valoran menos a educación? Comparándoa coa miña infancia
probablemente sí. Daquela ías á escola cargado de misterio e curiosidade porque non coñecías o mundo
que había máis aló da túa casa, da túa aldea e ías moi centrado, escoitando todo o que che contaba o
mestre sobre o mundo; aquilo que conta tan ben Manuel Rivas na Lingua das bolboretas. Esa curiosidade
que existía antes, que agora non hai porque os nenos xa dende moi pequenos van cargados con mil historias
e céntranse menos, se cadra, no ensino, na aprendizaxe.
Parecíache máis fácil estudar antes ou agora? Home, eu creo que era máis difícil antes porque había
menos medios económicos. Da miña parroquia e do meu tempo -creo que eramos 12- debemos estudar,
aproximadamente a terceira parte. O que si se facía era estudar un oficio. En Santiago había a Escola de
Maestría Industrial e tamén había uns cursos intensivos, nas chamadas Escolas de Capacitación Acelerada,
das que saías capacitado -creo que nuns seis meses- para desempeñar un oficio. Foi unha solución moi boa
para xente da nosa zona que despois se colocou na industria estaleira de Ferrol ou en Aluminios da Coruña.
A que xogabas de pequeno? Daquela o deporte rei, imaxinádevos, era tamén o fútbol e había que canear
non só ao contrario, senón aos carballos, aos castaños, as raíces, as tarimas, do campo da feira da Ponte…
Deixando o fútbol a un lado, gustábanos moito a “chepa” (“un pandaba e había 13 pasos e tiñas que ir
saltando, o que fallaba tiña que pandar; a la primera como siguiera, a la segunda pumba, a la tercera rodilla
en tierra, e así ata 13”). Non sei se observades que todos estes xogos eran en castelán. A explicación está
clara: a escola era en castelán, o galego estaba penalizado; e o os libros e o mestre… todo en castelán. Por
suposto nós falabamos galego ao 100% na casa, xogando,… Aínda que recordo ao gran mestre D. Manuel
Cortiñas Pontón, que era exemplar, que se acomodaba ao medio no que el impartía o ensino. Había moitos
máis xogos: “Huevo, pico o araña” (nada recomendable para a saúde física), A espita. A espita era un cravo
grande (de 25 a 30 cm.) que amarraba o aro de ferro que protexía a roda dos carros. Os participantes ían
debuxando figuras xeométricas diferentes no chan (de terra e pedriñas) e había que ir cravando a espita...
non o recordo ben, o caso é que había que chegar primeiro a unha meta na que se tiña que cravar a
D. Antonio remata a súa vida profesional de docente
no meso sitio onde naceu, onde aprendeu a falar e a
ler. Saíu a estudar e regresou para ser o mestre-guía
impecable, inesquecible, exemplar,… dos seus e cos
seus.
Recollemos o seu legado inmaterial de saberes,
preguntas, silencios, apertura, amable disposición,
calidez, saber estar, saber facer,… e, ofrecémosllo
en homenaxe para que nos siga escribindo camiño
aos que quedamos aquí, compañeiros e alumnos
seus, hoxe e sempre.
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 51
ATA SEMPRE, DON ANTONIO!
espita sobre os lados ou sobre a circunferencia da figura. Tamén se xogaba ás “Pistolitas” (xogo de equipos
de matar os contrarios), ás caiadas (teño consultado este termo e nunca o atopei, supoño que sería un
localismo moi noso). Era un xogo de equilibrio, de un contra un, no que, de pé e abrazado ao contrario, había
que intentar derrubalo e deixalo por debaixo.
Dicías de pequeno “mecajo no demo”? Eso precisamente creo que non. Estamos nunha zona na que
a nosa cultura, ou incultura, foi sempre moi permisiva, e segue sendo, cos tacos. Cousa que debemos de
evitar a non ser que, ás veces, no contexto, por dicir un pequeno taco… tampouco pasa nada. Supoño que
algún diría, si.
Sabemos que aos 12 anos fuches estudar a Nanclares de la Oca cos monxes. Que imaxe levas deles?
Teño moi bos recordos daqueles catro anos que botei alí. O colexio pertencía á congregación dos Hermanos
Menesianos que fora fundada por Jean Marie de la Mennais, un francés da Bretaña que viviu na etapa da
Revolución francesa, a finais do século XVIII. O colexio creo que tiña moi bo nivel para aqueles tempos
(eu ingresei no 62). Lémbrome ben do Hermano Eugenio, co que aprendías un montón de Xeografía e de
Matemáticas; o H. Mauricio, que sempre ía en cabeza naquelas excursións aos pobos cercanos (Nanclares
está a 10 km. de Vitoria, na provincia de Álava) e que marcaba un ritmo de andaina de marcha atlética; o
H. Alfredo co que os ensaios do coro eran eternos porque había que repetir os fragmentos das cancións
ata que saíran á perfección (non me quero acordar do tempiño que botamos ensaiando a “Negra sombra”
de Rosalía); frai Sereno, este era un monxe francés que era o que levaba a horta e que nos mimaba cando
tocaba ir traballar a ela. Alí dábase de todo: froitas, produtos de horta,...tamén tiñan un galiñeiro grande.
Debían ser case autosuficientes. Eso si, rezar, rezábase moito moito (misa diaria, o mes de María,...). Nas
vacacións de Nadal e Semana Santa levábannos ao cine ao pobo de Nanclares. Non viñamos á casa nada
máis ca un mes no verán, no mes de xullo; antes do 5 de agosto había que estar alá para a celebración da
Virxe Branca, a patroa de Vitoria.
En maio do 68 houbo un movemento hippie. Unícheste a ese movemento? Volverías a esa época?Non,
con 18 anos que tiña daquela este movemento colleume a contrapé. O que si recordo ben, foron aqueles
primeiros actos e manifestacións do estudantado universitario que reivindicaba a apertura ao mundo
democrático e a consideración da nosa lingua e da nosa cultura como elementos que nos identifican como
un pobo diferente. Así que a partir dese ano 68 había en Santiago unha toma de conciencia importante en
torno a estas cuestións que representaba moi ben a Nova Cançó catalana (o cantante Raimon actuou, creo
que clandestinamente, no ano 67 e despois no 68). Despois tamén xurde o movemento musical galego
Voces Ceibes, con Benedito, Miro Casabella, Suso Vaamonde e outros, como Emilio Batallán.
Que outras posibilidades tiñas de estudar a parte do ensino? Como vos expliquei antes, pensade nunha
familia con poucos medios,como era a miña e a maioría delas, tiñas que optar por unha carreira curta ou por
un oficio. As posibilidades eran escasas. Finalmente fixen maxisterio de tres anos.
Cando eras un adolescente xa sabías o que querías estudar? Non, non me decidín ata última hora.
Rematei o bacharelato, que daquela duraba 6 anos (elemental e superior). Ao rematalo… ti que fas?-ti que
non fas?... Non había moitos asesores, nin orientadores como tedes vos agora (non tiñamos esa sorte) e
ías un pouco por azar ou imitación.
Suspendiches algunha vez? Como te sentiches? (risas) Si, algunha vez si, poucas. Recordo ter que
recuperar as matemáticas de 5º de bacharelato co profesor Pazos que era durísimo, en xuño aprobaba
aproximadamente o 20% da clase. Non me sentín moi ben porque había que dicilo na casa pero tampouco
tivo consecuencias traumáticas porque en setembro pasei a 6º con todo aprobado.
O primeiro ano neste centro duches director, que retos te propuxeche? O primeiro ano non, foi no
curso 1988-89. Fun nomeado a dedo. Tiñamos un equipo e tentamos cambiar algunhas cousas, sobre
todo no aspecto pedagóxico. Recordo que redactamos un documento importante, o Regulamento de
Réxime Interior, fixemos melloras no comedor (recordo que puxemos a funcionar a cámara frigorífica, a
peladora,…), mercamos unha máquina multicopista, empezamos a traballar en comisións de traballo entre o
profesorado,… Probablemente non sexa eu o máis indicado para avaliar ese traballo, pero bueno creo que
fixemos algunhas cousas positivas e seguro que algunhas negativas tamén.
Cal foi a mellor etapa da túa vida? Todas as etapas da vida son interesantes. Recordo con especial
cariño a infancia e, postos a elixir, a etapa de estudante en Santiago e quizais tamén os primeiros anos de
profesión, de mestre.
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201552
ATA SEMPRE, DON ANTONIO!
Que diferenzas atopaches neste centro en relación aos outros? Bueno,… nese sentido teño moi pouca
“experiencia”. Estiven de provisional no Eusebio da Garda un curso e medio, era un macro-centro pero con
pouca relación interpersoal; como anécdota dígovos que no ano que estiven alí estaba estudiando 6º de
EXB o voso profe, e meu compañeiro agora, Anxo Romar. Despois estiven nunha unitaria en San Simón de
Lira (Salvaterra do Miño) e… bueno na unitaria, xa sabedes, eramos dous e a relación que tiñamos non é
comparable á vida neste centro. E no curso 1977-1978 xa vin para este centro.
Que supón para ti marchar deste centro? (silencio) … pena, sinto pena e ás veces dígome “vou seguir”
pero, non, xa non, xa no hai volta atrás, xa tomei a decisión, unha decisión moi madurada e meditada. Por
suposto que me da pena e éntrame envexa cando oio aos compañeiros dicir “para o ano imos facer…” pero
teño a vantaxe de que, como son de aquí, vou vir con frecuencia; entón penso que non é un adeus definitivo
senón un adeus transitorio.
Seguirías dando clase? Claro que sí, seguiría encantado. Co contento que estou co meu traballo claro que
seguiría, pero marqueime a meta de xubilarme aos 65, cumprinos en febreiro e xa está a decisión tomada,
a pesar de que seguiría encantado.
Vas botar de menos a vida de mestre? Como non vou botar de menos a vida de mestre? (silencio)
Evidentemente, son moitos anos, son 40 anos. Nunha carreira de 40 anos son moitas cousas, moitas
vivencias. A día de hoxe penso que o vou votar de menos, e seguro que no futuro o botarei moito mais; e
supoño que cando me enfrente á realidade de que me falta a escola … aí é cando me vou dar conta do que
perdo deixando esta actividade a un lado.
Que equipo e que xogador che gusta máis? Equipo… dos actuais, o Barca quizás, que ten tres puntas
sensacionais. De todas maneiras, un coa idade vaise facendo máis esixente. Eu teño moi idealizados dous
equipos na historia do futbol: o Ajax de Amsterdam, na época de Cruyff e tamén o Milan, da época de Van
Basten. E xogador… pois está claro: Messi, está por enriba de todos os demais. A dúbida podería estar con
Ronaldo pero non… Ronaldo está por debaixo dun Messi que domina todas as facetas do fútbol, e ademais
é xeneroso – Cristiano é moito máis egoísta e iso non é bo-, é máis solidario, móvese no regate curto (cousa
que Ronaldo non sabe facer) Do que eu recordo, para min Messi é o mellor; fálase de Cruyff, Maradona,
Pelé, pero eu creo que esta por enriba de todos.
Entrenarías ao Deportivo ou ao Celta? Home… agora mesmo é máis apetecible o Celta porque ten
máis base deportiva e ten un equipo moi ben armado. Pero o Depor tamén, a calquera dos dous. Eu son
madridista pero o seguinte equipo meu é o Depor e despois o Celta, aínda que, ben entendido, cada vez
paso máis das cores. Aí coincido moito cun texto de Eduardo Galiano (El fútbol a sol y sombra) (“cada
vez me importan menos los colores de las camisetas de los jugadores que me brindan la alegría del juego
bien jugado…”). Quero dicir que cada vez, cos anos, pasas máis das cores e o que buscas é ver un bo
espectáculo e ver un fútbol bonito.
Cal foi o teu primeiro coche? (risas) un R5, tiña comprometido un SEAT 127 polo que xa adiantara 5000
pesetas pero a min o que máis me gustaba era o R5. Daquela o R5 tardaba medio ano, pero apareceu unha
persoa que mo conseguiu en 15 día e cambiei; botei uns 12 anos con el.
Que retos che quedan por cumprir e cales te propós agora? (pensa) Por cumprir?... Sempre quedan
retos por cumprir. O caso é que vivimos tan á presa e tan absorbidos polo día a día que xa un non se plantea
grandes retos. O que si me gustaría é ver a casa rematada algún día, e vivir en paz e harmonía co mundo.
Que nota te poñerías como profesor? (risas) Un 5. Nunca un está plenamente satisfeito do seu traballo, a
min polo menos pásame así, sempre fun moi autocrítico co meu traballo. Síntome un pouco como o rei Sísifo
da mitoloxía grega, que fora castigado polos deuses a subir un pedrolo enorme ata o cume da montaña e
cando estaba chegando ao cume caíalle inexorablemente cara abaixo e volta a empezar, e así eternamente.
A perfección é unha utopía.
Daste conta de que deixas atrás moitas xeracións polas que eres admirado? Bueno… non sei se
admirado. O que si me gustaría, máis que admirado, é ser querido; iso agradaríame moito máis. Que me
recorden… como unha boa persoa, iso é o mais importante.
Como foi a túa carreira como futbolista? (risas) Foi curta, como profesional pouco xoguei. A SD PONTE
CARREIRA fundouse na temporada 1980-1981, co cal xa eu tiña 30 anos. E antes diso si,aqueles partidos
ou torneos que se xogaban contra os de Abellá, os de Xanceda, Poula, Cumbraos, Curtis, Arzúa,… Eran
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 53
ATA SEMPRE, DON ANTONIO!
partidos que se xogaban no verán, polas festas e outras datas. Despois de federado, xoguei ese primeiro
ano na SD, no segundo ano, na temporada 81-82 xa collín un equipo, fun entrenador do equipo máis de
20 anos. Pero visto desde hoxe tenme pesado moito, porque a min daquela gustábame xogar ao fútbol,
disfrutaba moito mais xogando que entrenando.
Ligabas moito de mozo? (risas) Imos ver… (risas). Cando eu era mozo había dous grupos; había os
bailadores (aqueles que empezaba a verbena e non perdían comba,non perdían unha peza) e o grupo dos
que visitaban primeiro os chiringuitos todos e aló, despois do descanso ou así, animábaste un pouco e..
moitas veces xa era tarde, o que che interesaba xa estaba comprometida. Eu pertencía aos do segundo
grupo.
Que prato che gusta máis? Aí si que mo poñedes fácil, porque son de tan bo dente que… valme calquera
cousa; ben entendido, calquera cousa ben amañada. Dos peixes, encántame a merluza, o rape, o pulpo,…
Das carnes: un bo cocido, unha boa carne asada, un polo caseiro,…
Que farías por Galicia se foses presidente? Esa pregunta si que é complexa… (pensa). O primeiro que
penso que sería importante facer é un diagnóstico, é dicir: que necesita Galicia? Cousas importantes: o
ensino, o ensino público, potencialo, buscar un ensino de calidade, buscar (esto si que o sinto de verdade)
a utilización da nosa lingua, do galego, como primeira lingua de ensino (sen menoscabo das outras,
evidentemente), pero temos que primar a nosa lingua porque se a perdemos imos perder a nosa identidade
como pobo. Outra cousa moi importante: crear emprego. Ser moi severos con actuación fraudulentas e coa
corrupción. E por último, un aspecto moi importante: atender o mundo rural; ese mundo rural donde a xente
marcha das aldeas, había que buscar a maneira de fixar poboación no mundo rural, medidas para que non
se produza ese éxodo masivo do rural ao urbano.
Dinos algo que che moleste e algo que che agrade? Cousas que me molesten: o machisto, que sigue
perdurando en moita xente da sociedade, a intolerancia, a prepotencia de moita xente, a falta de humildade,
e a pasividade das institucións perante o devalo da nosa lingua. Cousas que me agradan… pois… ver a
xente feliz, eso sí que me agrada moito, ver a xente cando está contenta porque me apena moito ver a
xente triste, sobre todo un neno. E tamén me agrada moito o feito de que me falen en galego cando vou á
Coruña ou a Santiago. Quero deixar claro que non teño nada, absolutamente nada, en contra do castelán,
ao contrario.
Poderíasnos recomendar un libro? Un libro… (pensa). Eu creo que é mellor que vos guiedes pola
excelentes profes, e que están máis postas ao día. Pero… así libros que me gustaron… no seu día foron A
illa do tesouro, Robinson Crussoe, Memorias dun neno labrego,… Agora mesmo estou lendo Arturo Pérez
Reverte: Hombres buenos, e teño esperando un de Eduardo Galeano: Las venas abiertas de América Latina.
Nestes anos, cambiou a túa maneira de pensar? Claro que cambiou a maneira de pensar. A vida vaite
modelando, vaite golpeando tamén, entón vas cambiando as maneiras de pensar. Loxicamente hai cousas
que cambian menos, tes a túa maneira de ser, eu nese senso creo que cambiei pouco. O que si creo é
que quizais, te fas máis tolerante, menos intransixente, pero tamén máis esixente en moitas cousas (por
exemplo, o que vos dicía antes do futbol; cando era xoven se perdía o meu Madrid levaba un disgusto
tremento e agora busco ver un bo espectáculo sexa quen sexa o que xoga). Pois iso, faste máis esixente
en moitas cousas, pero tamén máis tolerante. Como dicía un poeta español xa morto Jaime Gil de Biedma “
que la vida iba en serio / uno lo empieza a comprender más tarde”; relacionado un pouco coa evolución da
persoa. É un proceso natural que vaias cambiando non só fisicamente senón tamén nas ideas (…)
Recoméndanos un lugar? Un lugar… a min gústame moito a montaña, pero encántame tamén o mar. O
que non me gusta son as aglomeracións de xente. Encántame ir a Santiago e Á Coruña, sobre todo cando
non levo deberes que facer, por aqueles sitios nos que experimentei vivencias da miña vida de estudante
ou nos primeiros anos de traballo, no caso da Coruña. Un lugar concreto…. Non me atrevería a dicirvos un
lugar concreto, un lugar no que esteades a gusto, xa volo direi cando eu o descubra.
Cando che gusta tomar un copa? Unha copa...eu son máis de viño ca de licores ou combinados. Eu
acostumo a tomalo como aperitivo ou durante as comidas. O importante é que o viño sexa bo, compartido e
falado, como seica din os portugueses.
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201554
II CONCURSO “TROITAS EN VERSO”
LAURA, 1º EP
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 55
II CONCURSO “TROITAS EN VERSO”
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201556
II CONCURSO “TROITAS EN VERSO”
ESTELA, 1º EP
HUGO, 1º EP BRAIS, 1º EP
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 57
II CONCURSO “TROITAS EN VERSO”
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201558
II CONCURSO “TROITAS EN VERSO”
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 59
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201560
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 61
ARTE NA PREHISTORIA - 1º EP
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201562
A NATUREZA
 MELLOREMOS O NOSO ENTORNO... contaminación NON 
Os alumnos de 1º de E.S.O., nas clases de proxecto interdisciplinar, descubrimos que os hábitats e animais de todo o mundo
están en perigo polos nosos caprichos ( exceso de calzado, roupa, móbiles…), e polas nosas accións (coche, calefaccións...).
Averiguámolo gracias aos documentais que vimos ( Home, Tierra e Una verdad incómoda) e que vos recomendamos. Todo
o mundo sabe que hai contaminación, pero non está concienciado para remediar este feito.
Entre nós surxiron novas ideas sobre a reciclaxe e a mellora da calidade do medio ambiente, tanto a nivel persoal como do
concello. Aquí volas deixamos. Intenta empregalas cada día e pensa ti nalgunha máis.
CAMBIOS NAS NOSAS CASAS:
1.- Comprométete a separar papel, vidro e resto do lixo.
2.- Reutiliza ou recicla no punto limpo os plásticos dos silos.
3.- Procura camiñar ou desplazarte en bicicleta.
4.- Utiliza bombillas led ou de baixo consumo.
5.-Non botes os residuos ao río (como o purín).
6.- Reduce e controla o consumo de electricidade en xeral, xa que realmente é
moi alto.
7.- Emprega máis o transporte público .
8.- Rega pola noite para que a auga non se evapore e así aforrala.
SUXESTIÓNS PARA O CONCELLO:
1.- Facer un plan enerxético do concello(por exemplo: farolas solares,
horario de encendido diferente no inverno e no verán...).
2.- Difundir e ter eventos divertidos sobre o aforro, a reciclaxe...información como “A reciclaxe”, “O consumo enerxético”...
3.- Mellorar o transporte público.
4.- Revisar os contenedores amarelos, xa que as bolsas non collen polo burato.
5.- Ter un servizo de taxi para a xente que non teña medios, (maiores ou discapacitados) para ir ao médico ou a calquera
outra actividade.
6º ED. PRIMARIA
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 63
Como en anos anteriores, seguimos a colaborar co Proxecto Deportivo de Centro desde varios
ámbitos:
Inscribindo e acompañando ao alumnado na actividade deportiva Campo a través que este ano
eliximos levar a cabo en Présaras. Debemos destacar que varios equipos quedaron clasificados
para a seguinte fase que se celebrou en Santiago de Compostela. A todos os que participaron os
nosos parabéns.
Incentivando a participación do noso alumnado en probas, competicións e campionatos como a II
CARREIRA POPULAR DE FRADES na que moitos dos nosos alumnos e alumnas tamén tiveron
uns resultados moi bos.
Promocionando e divulgando xogos populares, tradicionais e autóctonos, con actividades vincula-
das con este tipo de xogos nos tempos de lecer e ofrecendo materiais variados ao alumnado para
a súa práctica.
Organizando campionatos deportivos nos recreos en distintos deportes, como bádminton, fútbol,
baloncesto ou atletismo.
Participando na Carreira Solidaria e no Día do Peón.
Promovendo a participación do alumnado en actividades físicas e deportivas extraescolares, orga-
nizadas pola ANPA ou polos Concellos.
Informando ao alumnado de novas da actualidade relacionadas coa actividade física, co fin de dar
a coñecer os valores que se promoven coa práctica física e deportiva.
Parabéns pola vosa participación en todas estas actividades e seguide practicando moito
deporte!!!!!
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201564
6º EP
CURIOSIDADES
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 65
CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201566
xuxxxxcur

More Related Content

What's hot

Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezsatelite1
 
15. compañeiros a proba de bomba (1)
15. compañeiros a proba de bomba (1)15. compañeiros a proba de bomba (1)
15. compañeiros a proba de bomba (1)satelite1
 
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
2. a escola da galicia rural de 1950-60
2.  a escola da galicia rural de 1950-602.  a escola da galicia rural de 1950-60
2. a escola da galicia rural de 1950-60satelite1
 
Todo mercedes
Todo mercedesTodo mercedes
Todo mercedessatelite1
 
9. amor á terra
9.  amor á terra9.  amor á terra
9. amor á terrasatelite1
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
14. adolescente embarazada
14.  adolescente embarazada14.  adolescente embarazada
14. adolescente embarazadasatelite1
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Manuel Busto
 
16. experiencia escolar en fin de semana (1)
16.  experiencia escolar en fin de semana (1)16.  experiencia escolar en fin de semana (1)
16. experiencia escolar en fin de semana (1)satelite1
 
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
13. anécdotas curiosas
13.  anécdotas curiosas13.  anécdotas curiosas
13. anécdotas curiosassatelite1
 
10. cambio de etapa
10.  cambio de etapa10.  cambio de etapa
10. cambio de etapasatelite1
 
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 

What's hot (20)

Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzález
 
15. compañeiros a proba de bomba (1)
15. compañeiros a proba de bomba (1)15. compañeiros a proba de bomba (1)
15. compañeiros a proba de bomba (1)
 
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
2. a escola da galicia rural de 1950-60
2.  a escola da galicia rural de 1950-602.  a escola da galicia rural de 1950-60
2. a escola da galicia rural de 1950-60
 
Todo mercedes
Todo mercedesTodo mercedes
Todo mercedes
 
9. amor á terra
9.  amor á terra9.  amor á terra
9. amor á terra
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
14. adolescente embarazada
14.  adolescente embarazada14.  adolescente embarazada
14. adolescente embarazada
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
 
16. experiencia escolar en fin de semana (1)
16.  experiencia escolar en fin de semana (1)16.  experiencia escolar en fin de semana (1)
16. experiencia escolar en fin de semana (1)
 
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
13. anécdotas curiosas
13.  anécdotas curiosas13.  anécdotas curiosas
13. anécdotas curiosas
 
10. cambio de etapa
10.  cambio de etapa10.  cambio de etapa
10. cambio de etapa
 
Revista completa
Revista completaRevista completa
Revista completa
 
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista web
Revista webRevista web
Revista web
 

Similar to A voz da escola. Curso 2014-2015

MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptxMICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptxAtalaParedes1
 
Un obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalUn obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalelvira9496
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017radiorasca
 
Hoxe e onte
Hoxe e onteHoxe e onte
Hoxe e onteelvira3
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009A Solaina
 
Empezar polo principio
Empezar polo principioEmpezar polo principio
Empezar polo principiosatelite1
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelAsnosasletras
 
Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezsatelite1
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020anxovila
 
Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)satelite1
 
Eu crecín no lixo
Eu crecín no lixoEu crecín no lixo
Eu crecín no lixoGemasmh
 
Eu crecín no lixo
Eu crecín no lixoEu crecín no lixo
Eu crecín no lixoGemasmh
 
Eu crecín no lixo
Eu crecín no lixoEu crecín no lixo
Eu crecín no lixoGemasmh
 
Eu crecín no lixo
Eu crecín no lixoEu crecín no lixo
Eu crecín no lixoGemasmh
 

Similar to A voz da escola. Curso 2014-2015 (20)

MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptxMICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
 
Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Un obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalUn obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambiental
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
Un mundo posible, por agora
Un mundo posible, por agoraUn mundo posible, por agora
Un mundo posible, por agora
 
Hoxe e onte
Hoxe e onteHoxe e onte
Hoxe e onte
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
 
Empezar polo principio
Empezar polo principioEmpezar polo principio
Empezar polo principio
 
Sinestesia
SinestesiaSinestesia
Sinestesia
 
Contos con clase 3
Contos con clase 3Contos con clase 3
Contos con clase 3
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
 
Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzález
 
Entrevista a María Solar
Entrevista  a María SolarEntrevista  a María Solar
Entrevista a María Solar
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020
 
Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)
 
Eu crecín no lixo
Eu crecín no lixoEu crecín no lixo
Eu crecín no lixo
 
Eu crecín no lixo
Eu crecín no lixoEu crecín no lixo
Eu crecín no lixo
 
Eu crecín no lixo
Eu crecín no lixoEu crecín no lixo
Eu crecín no lixo
 
Eu crecín no lixo
Eu crecín no lixoEu crecín no lixo
Eu crecín no lixo
 

More from Diana Sánchez

Retallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdfRetallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdfDiana Sánchez
 
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfPROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfDiana Sánchez
 
BENVIDOS Á ESCOLA 22-23.pdf
BENVIDOS Á ESCOLA  22-23.pdfBENVIDOS Á ESCOLA  22-23.pdf
BENVIDOS Á ESCOLA 22-23.pdfDiana Sánchez
 
PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021
PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021
PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021Diana Sánchez
 
A voz da escola. Curso 2011 2012
A voz da escola. Curso  2011 2012A voz da escola. Curso  2011 2012
A voz da escola. Curso 2011 2012Diana Sánchez
 
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019Diana Sánchez
 
RECOMENDACIÓNS ACTIVIDADES
RECOMENDACIÓNS ACTIVIDADESRECOMENDACIÓNS ACTIVIDADES
RECOMENDACIÓNS ACTIVIDADESDiana Sánchez
 
CATARINA, PEDRO E O OSO
CATARINA, PEDRO E O OSOCATARINA, PEDRO E O OSO
CATARINA, PEDRO E O OSODiana Sánchez
 
SCAPE ROOM Letras Galegas 2019
SCAPE ROOM Letras Galegas 2019SCAPE ROOM Letras Galegas 2019
SCAPE ROOM Letras Galegas 2019Diana Sánchez
 
A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016Diana Sánchez
 
A voz da escola. Curso 2016 2017
A voz da escola. Curso 2016 2017A voz da escola. Curso 2016 2017
A voz da escola. Curso 2016 2017Diana Sánchez
 
A voz da escola. Curso 2017 2018
A voz da escola. Curso 2017 2018A voz da escola. Curso 2017 2018
A voz da escola. Curso 2017 2018Diana Sánchez
 
Proxecto o nome. 4 anos
Proxecto o nome. 4 anosProxecto o nome. 4 anos
Proxecto o nome. 4 anosDiana Sánchez
 
POR QUE ME CHAMO ASÍ?
POR QUE ME CHAMO ASÍ?POR QUE ME CHAMO ASÍ?
POR QUE ME CHAMO ASÍ?Diana Sánchez
 

More from Diana Sánchez (15)

Retallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdfRetallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdf
 
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfPROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
 
BENVIDOS Á ESCOLA 22-23.pdf
BENVIDOS Á ESCOLA  22-23.pdfBENVIDOS Á ESCOLA  22-23.pdf
BENVIDOS Á ESCOLA 22-23.pdf
 
Benvidos á escola.
Benvidos á escola.Benvidos á escola.
Benvidos á escola.
 
PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021
PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021
PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021
 
A voz da escola. Curso 2011 2012
A voz da escola. Curso  2011 2012A voz da escola. Curso  2011 2012
A voz da escola. Curso 2011 2012
 
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
 
RECOMENDACIÓNS ACTIVIDADES
RECOMENDACIÓNS ACTIVIDADESRECOMENDACIÓNS ACTIVIDADES
RECOMENDACIÓNS ACTIVIDADES
 
CATARINA, PEDRO E O OSO
CATARINA, PEDRO E O OSOCATARINA, PEDRO E O OSO
CATARINA, PEDRO E O OSO
 
SCAPE ROOM Letras Galegas 2019
SCAPE ROOM Letras Galegas 2019SCAPE ROOM Letras Galegas 2019
SCAPE ROOM Letras Galegas 2019
 
A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016
 
A voz da escola. Curso 2016 2017
A voz da escola. Curso 2016 2017A voz da escola. Curso 2016 2017
A voz da escola. Curso 2016 2017
 
A voz da escola. Curso 2017 2018
A voz da escola. Curso 2017 2018A voz da escola. Curso 2017 2018
A voz da escola. Curso 2017 2018
 
Proxecto o nome. 4 anos
Proxecto o nome. 4 anosProxecto o nome. 4 anos
Proxecto o nome. 4 anos
 
POR QUE ME CHAMO ASÍ?
POR QUE ME CHAMO ASÍ?POR QUE ME CHAMO ASÍ?
POR QUE ME CHAMO ASÍ?
 

A voz da escola. Curso 2014-2015

  • 1.
  • 2.
  • 3. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 3 EDICIÓN: Equipo de Dinamización da Lingua Galega COORDINACIÓN: Diana Sánchez COLABORACIÓN: Equipo docente e Alumn@s do CPI Ponte Carreira MAQUETADO: Fran López DEBUXO PORTADA: Nerea, Lucía e Alba (1º ESO) IMPRESIÓN: Artes Gráficas LUGAMI (Betanzos) Caras novas Resumo do curso Taller literario Actividades do outono EDLG Música Desde a biblio Nadal Poemas de 1º EP A cociñar! O cole n@ rede Estes somos nós (fotos de grupos) Letras Galegas I Os máis pequenos Letras Galegas II Entroido Saídas culturais Día do libro Ata sempre, Don Antonio! II Concurso “Troitas en verso” ANPA “O Fopo” Día da poesía Arte na prehistoria (1º EP) A natureza Deportes Curiosidades Rematan Infantil e Primaria Promoción ESO EDITORIAL 4 5 8 19 23 24 26 28 30 31 32 34 36 37 44 46 47 49 50 54 59 60 61 62 63 64 65 66
  • 4. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/20154
  • 5. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 5 RESUMO DO CURSO
  • 6. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/20156 RESUMO DO CURSO
  • 7. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 7
  • 8. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/20158 TALLER LITERARIO Querida Marta: Se estás mal volve para a miña casa, Marta; pero ti buscas amigos porque es moi boa cos amigos, ti non faltas nunca á xente que queres. Pero ti pon algo da túa parte seguro que buscas moitos amigos porque es moi boa amiga. Ao final fas moitos amigos e amigas que a xente non morde. Ti dálle moita confianza que a xente e moi boa e a confianza dálla falando. E a que praia fuches Marta? e que película viches no cine? Ti es moi estudiosa e os profesores han estar moi contentos contigo. Ti cando vexas que paso un tempo se eu non me acordo de mandarche a carta mándasma ti amiga Marta Adios Marta que o pases moi ben no colexio. Marcos Fernández López, 1º ESO XA VOU VELLA Ola, son a bata. Unha bata que xa vai vella, pero espero vivir moooito máis. Xa pasei por catro xeracións, aínda que nunha usáronme as da anterior, porque non había quen me puxera. Na primeira xeración usoume a bisavoa da próxima dona miña. Esa muller era moi traballadora. Eu seino porque o vivín con ela. Traballaba facendo as camas, preparando a comida, coidando dos fillos... En fin, unha muller que cumpría con creces os labores da casa. O certo era que eran mundos moi difíciles e machistas. Cando me puxen no corpo da avoa da dona que teño agora mesmo vivín practicamente o mesmo na súa xuventude, pero un pouco menos acentuado. Agora, cando xa é máis vella e me pon, observo que todo cambiou moito e hai moita modernidade. A auga que chega as casas sen o menor problema ou a luz, que BENANCIO Benancio era un neno de aldea, fillo do señor, e despreciaba a todos os nenos. Era baixo e ben feo, cacheirudo, listo,… pero tiña moito medo. Un día, seus pais máis el foron de viaxe a Madrid. Pasaron un días e Benancio coñeceu dous nenos bastante pobres xogando no parque. Presentáronse e Benancio, con moita “chulería”, díxolles que ese xogo era de pobres e que xogaran ao seu. Así o fixeron e decatáronse de que xa era noite, polo que quixeron marchar para a casa pero… estaban no medio do bosque. Benancio alporizouse e empezou a dicirlles que fora culpa súa, que non lle pasaría nada disto se non xogara con pobres,… Tentaron buscar a saída pero o único que conseguiron foi adentrarse aínda máis no bosque. E pasaron os día. O primeiro día andaron e andaron para buscar a civilización pero foi inútil. O segundo día tiñan todos moita fame e sede e o único que comeron foi un bo apuro ao subirse a unha árbore para coller unha mazá. O terceiro día foi máis bo, xa que atoparon un regato de auga no que beberon ata “fartarse”. Ao día seguinte construíron un refuxio con ramas, croios e paus, no que se resgardaban da choiva e tornaron o frío. Ao comezar outro día espertaron cun inmenso ruído procedente dun animal salvaxe e decatáronse de que era un lobo que estaba a comer un can pequeno. Entón Benancio propuxo levantarse e correr ata non poder máis, e así o fixeron. Tanto foi o que camiñaron que chegaron ao parque sen darse conta; unha vez alí atoparon aos seus pais que, preocupados, lle dixeron a donde fora e quenes eran eses rapaces. Benancio, que no quería que os seus pais lle “zoscasen” aos rapaces, díxolles que lle axudaran a saír do bosque; os seus proxenitores agradecéronlles moito o que lles fixo. O último día, antes de marchar, Benancio díxolles aos nenos que eran os seus mellores amigos e que nunca se esquecería deles; e eles, abraiados polo que lles dixo, respondéronlle o mesmo. Unha vez na aldea, Benancio era bo cos outros rapaces e así foi para sempre. PABLO UZAL, 6º EP
  • 9. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 9 TALLER LITERARIO agora parecen cousas insignificantes, antes, a súa ausencia, provocaba moito traballo de máis. Pero cando noto cambio, moito cambio,é cando me visto no corpo da rapaza á que pronto vou pertencer. Ela axuda na casa, pero non está obrigada a traballar, e aínda que tivese que facelo non sería tan duro como antes. Despois de tanto como vivín, agora quero descansar un pouco, e Lucía, a neta da miña dona,á que proximamente pertencerei, venme de perlas. Para nada quero xubilarme, só ter “unhas pequenas vacacións”. Vou festexar toda a sorte que tiven ca familia que tiven e que teño e penso,(e vouno facer), vivir moito máis. Lucía Gómez Taboada, 1º ESO A GOTIÑA Saíu do mar e encontrouse nas nubes… despois da nube alonxouse co vento… e por fin, ao chover, a gotiña de auga encontrouse na raíz dunha Nogueira… outras gotas de auga quedáronse nas polas e ao verse tan arriba, ríronse da gotiña que na terra, tan lonxe e escura, parecía sen vida pero, ao final a gotiña estaba viva.A gotiña transformouse no zume elaborado dunha Nogueira velliña. NEREA GAREA, 1º ESO A vida é escrava, escrava do tempo. Este é o xuíz insobornable que che dá ou que che quita a razón; o que ten nas súas mans parte do destino. O tempo é o dono da vida... O mesmo que lle pon a cifra o número de días que vives, o que define a idade que tes. Podemos relaxarnos e afrouxar as rendas da vida pero o que non podemos facer é xogar co tempo. O tempo pasa, algunha xente vaise, outra entra nas nosas vidas... pero os recordos sempre perdurarán en nós. Sí, os mesmos recordos cos que precisamos parar o tempo e volver atrás, volver a vivir eses momentos tan especiais. Ás veces o tempo é a nosa maior tortura, de feito neses momentos de dor, soidade... parece como se se quixese burlar el de nós e tomase a decisión de afrouxar o paso. Intentamos xogar co tempo e é el o que xoga con nós, nós a el non o cambiamos pero el a nós si. Por iso hai que vivir cada instante sendo nós mesmos para así perdurar na memoria e no corazón dos nosos. Andrea, 4º ESO O tempo que é? Algo ficticio? Existe en realidade? Esas simples preguntas son as que moitos de vós non saberíades responder, diríades “o tempo é o tempo, e punto”. E se imos máis alá? É o tempo, si, o tempo o que tomou o control das nosas vidas sen sabelo. É o tempo, si, o tempo o que fai que te levantes para ir á escola aínda que queiras durmir. Claro, quen non escoitou a súa nai dicirlle que chegas tarde ou non tes tempo, apura! Si, todos a escoitastes, é o tempo, si, o tempo o que marca as cousas tan simples como a hora a que acaba o día da fin de curso ou tan complexas como o fin da vida de alguén. Tamén se apoderou da túa man esquerda en forma de abrazadeira. É o tempo, si o tempo… Jacobo Brea Souto, 4º ESO O tempo só é unha maneira de sumar días, minutos, segundos… á vida ou de restarllos á morte. O tempo é moi complexo de definir pois como dixo San Agustín “ Se ninguén me pregunta iso, seino, pero se trato de explicarllo a quen mo pregunta, non o sei” O tempo, unha forma de sermos esclavos pero sen darnos conta, pois el mándanos ir durmir, comer, levantarnos… se a humanidade enteira se levantase cando lle apetecese, se comese só cando tivese fame, sería máis sinxelo, xa que, non dependeríamos de nada nin de ninguén e faríamos o que quixésemos… Ese mundo aínda está por vir, pero habería que confiar na persoa que se levante e levantármonos todos con ela, tirar o reloxo e aproveitar o tempo que tivemos de escravitude, aproveitalo, pois volverá a gobernarnos máis axiña do que o conseguimos, ao liberarnos del. PABLO CALVO PÉREZ, 4º ESO
  • 10. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201510 TALLER LITERARIO
  • 11. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 11 TALLER LITERARIO Nuria 6º EP LARA, 1º EP ELENA, 1º EP MATÍAS, 1º EP
  • 12. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201512 TALLER LITERARIO CRISTIAN, 1º EP SARA, 1º EP
  • 13. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 13 TALLER LITERARIO Querida Marta: Tranquila , eu xa sei que ti non vas ter problemas cos teus novos compañeiros e ti tamén o sabes. Cambiando de tema, non me podes ocultar que coa mudanza sénteste triste, pero ti tes que pensar que todo vai saír ben. Sempre pensa en positivo; se a túa casa está apartada , mellor , así poderás durmir tranquila e non terás que aguantar o pesado ruído dos coches. Ja , ja , ja. A túa avoa díxome que te extrañaba moito e que a súa casa sen ti estaba soa e non había ninguén fixese ruído. Segues berrando coma na aldea ? Tes moita sorte, tes un parque ao lado , pero non che podo negar que eu teño un prado. Tamén non che podo negar que as rapazas da túa cidade danme envexa , xa que te teñen tódolos días. Pola túa forma de expresarte sinto que me ocultas algo pero non sei o que . Acórdate de repasar matemáticas e vai contratando aos cazapantasmas , que che fan falta segundo ti . Ja, ja . Bicos e grazas por escoitarme ALBA, 1º ESO ESCENA COTIÁ (Unha tarde calquera dunha casa nas terras do Tambre , dous irmáns , neno e nena de nove e dez anos, discuten porque el non quere xogar. - Lúa: Alén, queres xogar conmigo? - Alén: Non, outro día. - Lúa: Sempre dis eso,e nunca xogas conmigo - Alén: Déixame de trouladas, que xa son demasiado maiorciño para xogar. (Lúa segue discutindo co seu irmán) -Lúa: Por favor xoga conmigo. -Alén:Marcho déixote soa. (Lúa queda soa e ocórreselle dar un paseo coa cadela) -Lúa:Imos cadeliña dar un paseo. (Vanse soas as dúas, ao fondo ponse o sol, véxoas afastarse pola espalda desde a fiestra, seí que rin) -Nai:Alén, a túa irmá aínda precisa xogar, aquí non ha inenas, algunha vez deberías xogar con ela. -Alén:Mamá, a nena é unha pesada, sempre quere xogar. Xa sei, eu tamén o era. Mira ao mellor saio de paseo con ela e coa cadela,apetéceme achegarme ao río. -Nai: Non te preocupes, es un bo rapaz. (Alén na habitación, pon música achégase a fiestra, non sabe ben o que lle pasa, estrañáse a si mesmo. Está a escoitar Mano Chau “Me gustás tú...”. Ve vir a Lúa , sae á escaleira e cantálle “Me gustas tú...”. Os dous rin, cada un vaise a súa habitación.) JUDITH, 1º ESO
  • 14. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201514 TALLER LITERARIO Vai un galego que se lle rompe o corazón por despedirse dos que máis quería con amor. Vai na mente unha semente de esperanza. Vai no ceo un caldeiro de palabras, que leva para ensinalas. Leva palabras en galego de: agradecemento, cortesía, intriga e esperanza. Judith, 1º ESO Crise Muller, medo de noite pecha sen abrigo. Éxodo da multitude silandeira / soidade de esquina Nada na que navego e afundo. Dor da doenza de saberme excluída. Ira contida en ollos sen bágoas, enxoitos. Galaxia que habito , poema visual da inxustiza. Orfa de abrazos en terra baldía. Alba, 1º ESO TI E NINGUÉN MÁIS Ti a flor que renace nos cumios das altas montañas Ti es como a envergadura das aguias para poder soltarte e ser libre. Para sentir o roce do aire no teu preciado e valioso rostro. Ti a forza do vento que en ocasións che abriga o enoxarte co ser que nos separa. Para min es o diccionario máis caro do mercado, porque sempre tes unha palabra para sacarme un gran sorriso. Marcial Casas Suárez Temor a escoitar un non. Entre as incertezas que esquivamos. Retos que nos agobian en decembro, xuño e marzo. Como trazos involuntarios que entreteñen a man. En pés que apunta cara ao sol en desequilibrio. Inercia de horarios, rutinas, espectativas. Repetidas cara ao tempo non vivido. Ostinación do medo en branco folio. 3º E.S.O SÓ EXISTES TI Ti es o reclamo que convoca no exterior da miña presenza ti es o espello sen fendas no que me atrevo a espellear óllasme e vesme déixate ver existo se existo sen ti. Só ti es a maior existencia a maior existencia deste mundo para min ti es a maior deusa a deusa no máis alto do olimpo un olimpo no que só estás ti, porque es perfecta e para min SO EXISTES TI. Diego Bodelo López
  • 15. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 15 TALLER LITERARIO Eu recordarei Eu recordarei os colexios onde estiven, e os meus compañeiros Alba, Álex, Lucía, Nerea e Marcos. A Alba recordareina polo seu riso, a Lucía porque unha vez fun á súa casa, a Nerea pola súa cara, a Álex polos xogos que faciamos todos en grupo, e a Marcos polos contos das vacas. Judith Casas Suárez, 1º ESO A NOSA GALICIA Galicia, Galicia, esa é a cuestión. Eu quero unha Galicia próspera, pero non eu soa , moita xente máis. De momento non a conseguimos, e vou contar algúns dos problemas que nolo impiden e posibles solucións que se me ocorren. - Non podemos levar ningún plan a cabo se non hai xente que o realice. Necesitamos poboación e, moita xente que o realice. Necesitamos poboación e, moita moitísima que se diga, non temos. Non pode seguir marchando xente así e, menos se non aumentamos nós, os GALEGOS. As solucións son múltiples, pero unha posible e a máis evidente é non parar de ter descendencia. Despois de nós ten que quedar xente que sosteña Galicia. Non podemos ser uns incultos e decirlles aos nosos fillos que non hai nada en Galicia, sendo MENTIRA. Necesitamos xente para Galicia, e moita!! - Deberíamos facer que a xente se enteirase de que temos talento recoñecido en tódolos campos. A nosa cultura fixo aportacións en todolos ámbitos. Espinoza e Prisciliano foron filósofos galegos, pezas fundamentais do pensamento europeo. Filosofía, artes plásticas, literatura, música... Somos un pobo inquedo que mira ao Atlántico e colle as maletas, sen preguiza, con dignidade, e fai patria alá onde vai. Temos unha boa literatura, facemos honor á nosa condición de cultura de base lírica e as xeracións poéticas sucédense vizosas, convivindo neste intre tres delas. Xa chegaron os da nosa quinta, temos escritores de 20 anos, como Ismael Ramos, Xesús Castro, Olalla Tuñas ao lado dunha Olga Novo, Emma Pedreira, Manolo Rivas, Suso de Toro... A persoa que dirixa a sanidade ou sector do traballo terá que ser o mellor formado e estará obrigado a traballar polo ben de todos. Estes son algúns problemas e solucións que creo que hai, pero aínda quedan moitos, e o nos propósito ten que ser solventalos, para unha Galicia mellor, unha Galicia universal, A NOSA GALICIA!! 1º ESO ANOS ATRÁS Nas súas lembranzas, Sara aínda garda con moito agarimo os seus anos da infancia que pasou na aldea dos avós. En especial, de todos os aloumiños que súa avoa Matilde lle daba cando era a hora da sesta. De feito, no colexio, cando comían as larpeiradas que levaban para merendar, ela presumía, orgullosa, da súa queridiña Matilde. E ese recendo, a xesta recén cortada que a facía retroceder as tantas tardes que pasara no areeiro do xardín, co seu pucho recén estreado e a boneca que os curmáns de Badaxoz lle agasallaran. Esas tardes que entre cóxegas e bicos pasábanse voando, aínda hoxe as lembra cando, desde a xanela da lareira, Sara olla cara o solitario areeiro e vagamente oe os sorrisos dunha meniña feliz e orgullosa da súa cercana infancia. Mª Cristina Fariñas Lata. 4º E.S.O.
  • 16. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201516 TALLER LITERARIO AS 5 PALABRAS MÁIS IMPORTANTES PARA MIN Para o meu modo de vida as 5 palabras máis importantes son as seguintes: -Primavera: Porque é cando as flores rosean, cantan os páxaros e son os días moito máis alegres. -Amigos: que sempre te axudan nos momentos máis difíciles da vida e axudanche en todo o posible. -Sol tempraneiro: que pola mañá che peta na ventá e levantaste con azos para traballar e parece un día máis alegre que cando chove. -Rural cos teus amigos: cando tes a túa vida no rural cos animais, relacionaste ben cos veciños, coñecelos a todos máis axudanche a hora de traballar,porque ti tamén lle axudas a eles no posible. -Festas: para desconetar co traballo, desconectar a hora de traballar; porque se sempre estuberas pendiente do traballo poderías acabar cun trastorno e fai falta traballo pero tamén tempo de ocio para relaxarte e saír a visitar mundo. Escollín estas 5 palabras porque pareceme porque pareceme que para o meu modo de vida son as máis importantes e sería esto o que escollese da miña vida. MIGUEL GARCÍA, 4º ESO DESDE OUTRA PEL Estamos aquí, damos fe. O último ano foi o curso 2014-2015, eramos un grupo pero non soubemos exercer.Eramos individualidades contrariadas e ensaiabamos cada día o fracaso da palabra. Saían das nosas bocas imaxes sonoras que sofocaban o verro que nunca se puido ouvir. Era o curso 2014-2015, un curso cosmicamente acelerado, socialmente aberto a tantas posibilidades contradictorias que era o futuro o que nos golpeaba e, no presente, non podíamos oir. Nada sabíamos e menos queríamos saber. Ante nós só unha inestabilidade gretada que nos facía dar un paso atrás, aferrarnos ao que se nos escapaba, a patria segura, a infancia.Falabamos por falar, creabamos ruído para disimular a cercanía que tamén existía. Queríamos que nos desen a razón porque tiñamos moita falta dela pero, sobre todo, a penas entendíamos que nos tomasen en serio. Queríamos que adiviñasen o que non sabiamos dicir, intentabamos estañar malos entendidos con palabras e as feridas aínda se abrían máis. Os profesores/as non sabían que na casa tiñamos garantía de perdón. Ignorabamos que os dereitos se perden, que medrar escoce, que non sabiamos cara onde bracexar nin que praia nos agardaba. Queriamos saber que importaba a nosa singradura, lanzabamos S.O.S.s e os faros non respondían. Estabamos varados nos desnorteamento e ninguén acudía. Non entendiades. O balbordo só falaba de nós. Eramos individualidades coas mans no peto; eramos ollos esquivos que non querían ver. Eramos palabras gastadas agardando as que había que inventar. Sabiamonos distintos/as , asustados nada máis. Estabamos alí, esquina noreste mirándo cara o sur. Algúns eramos tan temerarios que eramos quen de vivir sen horario, sen desexar nada, á intemperie. Eramos algúns e outros e todos eramos “eu”. Eu era a luz que aproveita a fenda da greta para encarnar o inesperado, o milagre. Aproveitaba na sombra cada gota nutricia que chovía cara min, sempre estaba a altura, seguía andando desde a fatiga e agradecía xenerosidade. Eu era aquelo que calaba, só quería o imposible, cousas pequenas; alguén a quen amar, abandonar con elegancia O TEMPO O tempo corre moi rápido. Pasa un ano e case non é nada; o tempo é ouro, non para, corre sempre aínda que queiras ou non. O tempo pasa para todos pero non é o mesmo un ano para un xove que para un ancián; a un neno pásalle un ano rápidamente e aos anciáns o tempo foxe rapidamente. A xente pensa que si que se lle pasa o tempo que debería botar porque ten noutro mundo outra vida. Para min, no ambiente en que vivimos non e o mesmo tempo no verán que no inverno; pasa igual pero temos a diferenza que no inverno cando chove é moi aburrido ter que estar encerrado sin poder saír da casa; mentres que no verán o ambiente é máis alegre, son os días máis longos e hai outro ambiente no rural, podes saír de viaxe e desconectar co traballo porque hai bo ambiente; en difinitiva; o tempo non parará de corres ainda que todos nós vaiamos para a outra vida. Miguel, 4º ESO
  • 17. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 17 Despedida aos de Cuarto: Parece mentira que xa vos vaiades, toda unha vida con vós, compartindo sentimentos, aventuras, sabidurias, consellos, facendo grandes amigos, uns mais e outros menos, pero todos amigos. Dende infantil, primaria e ata a ESO xuntos, cambiando de amizades, facendo cambios na vida, cada un colle o seu camiño, pero todos partimos do mesmo, e eso é o que importa. Nunca olvidarei todo o que aprendin cos vós. Moitas Gracias por todo. Andrea, Nicolás, Manuel, Raquel, Cristina, Pablo, Tania, Miguel e Jacobo, ata sempre e un saúdo. Diego Bodelo López 3º ESO Bon, non sei como comezar. Hai tantas cousas que quero dicir pero que neste momento non saen. Eu quería que vós os que marchades,vos acordedes e o paso que tivestes neste colexio pequeno pero a vez inmenso. Sei que moitos deseades marchar para comezar unha etapa nova noutro lugar iso é o lóxico pero o que non sabedes e o moito que vos imos botar de menos. Andrea é a miña mellor amiga, cada día que pasa ten unha man no outro colexio e o tempo pasa e cada vez véxoa lonxe. Non podo imaxinar unha mañá sen o seu sorriso,o seu aroma,os seus consellos e o directa que é. Cando estou mal e só quero gardalo para min ela preocúpase e faino o mellor que sabe sácame un sorriso e esquézome porque esta ao meu carón. Pero agora que non está, síntome desprotexida. Désexovos o mellor a todos e botarei de menos as tonterías dos rapaces,as preguntas de Raquel e o curiosa e dulce que é Tania. Un saúdo e moita sorte rapaces. Andrea, 3º ESO TALLER LITERARIO os sitios que non lograba habitar, fuxir de transcendencias baleiras, non estorbar, non procurar sufrimentos, ser leve. Cousas pequenas quería. Ser exquisito ou non ser. Ninguén entendía. Quería ser todo sin ter que escoller; quería e non quería, miraba sen mirar, escoitaba sen escoitar. Andaba a buscar. Era inútil por estético. Ninguén o sabía. Eu era auga que escoa pola beira fronte a valados imprevistos e non quería mirar atrás. Eu era prisma sin espello. Espertaba de noite e florecía con luz lunar. Magoábanme os datos que non entendía nin me axudaban a entender. Fuxía na lectura e alí sabía respirar. Eu era na verba unha flecha segura cun corazón na man. Disparaba a campo aberto e non tiña armadura. Non decía o que quería escoitar nin o que eu estaba a oir. Era díscolo, provocador e ninguén sabía da miña dor en retirada nin percibía o tremor da emoción asfixiada na miña voz. Era o si e o non. Arrebuñaba a superficie dos outros para constatar as texturas e levantaba o punzón se non había resistencia. Eu escoitaba outros ritmos, outros sons. Tampouco me entendía, habitaba a contradición e doía. Desto non deixaba constancia. Eu era alerta permanente, o latexo inquedo, a vontade presta, a necesidade fonda de harmonía imposible. Eu quería ser eu e disfrutar de todos, rexeitaba a ameaza e agasallaba a liberdade. Doíame o desencontro como doenza evitable que non quería comprender. Sabía agradecer e agradecía e, ás veces, eu choraba cara adentro. Ser alguén sensible, fráxil á vista, non se levaba. Tocaba disimular. Medrárame o corpo e eu seguía no tempo do que tocaba marchar. Sorprendianme as consecuencias de ter medrado e estaba desacougado. Os ollos ían para un lado e o corpo para outro. Non era consciente de tal confusión. Todo era chan esbaradizo e costaba confiar. Eu era ollos, formas, dedos que recortaban siluetas a man alzada, seiva de muller antiga que sabe sen ollar e cura coas mans; beleza e forza risoña que sabe abrazar. Eu aínda non sabía da lexitimidade de existir como escultura, por existir, e, movía os brazos por non ter que mover os pés. Gustábame poder elixir e decidir que me era ou non útil aprender. Empezaba a falar e non coñecía os riscos de non acertar. Cando non estaba baixo o foco volvía a ser eu e sabía da vertixe da incertidume, do medo a non saber ser eficaz, a non saber ben por onde ir. Ninguén me daba o mapa. Ao mellor ninguén o tiña, ao mellor non existía. Alguén tiña que ter máis “bien humor” e aí estaba eu. Apostara por un currículum cheo de méritos para ser exemplo de discente túzaro, trasno risoño, traste popular. Acabara o curso coa popularidade en alza. Polo demáis era alegre, sabía ben que cousas eran serias para min. Respectaba o traballo que vén da suor, o traballo que se fai coas mans. Ninguén me igualaba na gracia de mover a gavillo. Era moi mediático e non me daba importancia. Con respecto a preocupación, eu prefería estar despreocupado. Tocaba que falasen os que calaran, que calasen os que falaran. Chegou o momento da despedida. Partimos cara experiencias novas por corredoiras paralelas. Perseguiremos, quizáis, paraísos imposibles. Quen sabe se algún non quedará, anque non o pareza, enterrado aquí. Grazas, sempre. Desde a calima, en femenino. DANNA, 4º ESO
  • 18. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201518 TALLER LITERARIO AS PEQUENAS COUSAS Que me decides desa morriña que chega co recendo do caldo da avoa? Desas tardes de outono nas que co son do vento facía bailar a buxaina. Esas mesmas tardes , nas que ao pé da lareira me enfeitizaba cos agarimos de miña nai. Aqueles tempos…tempos pasados… Cando unha era cativa e só se preocupaba de que súa nai non se queimase coa tixola, ou que as burbullas que desprende o xabrón non tocaran o chan. Ese son que desprende o axóuxere de miña irmá pequeña que enche o fogar de tenrura. Pequenas cousas que me fan camiñar entre recordos e trastoitar entre melancolías. Andrea 4º ESO O TEMPO Que é o tempo? O tempo é ese verdugo que nos obriga a despertar ás 08:00 para ir ao traballo, o que determina en que preciso momento tes que comer , saír, disfrutar da vida... Vida que está marcada polo tempo, el dinos canto levamos percorrido e canto nos queda por percorrer. Pero non todo é negativo. Grazas ao tempo vivimos cunha certa orde. Dános unhas pautas moi marcadas para que sexamos capaces de ter constancia e habituarnos a el. Ponnos horario para todo; 8 horas de sono, 8 horas de traballo e 8 horas de lecer. A partir diso temos as persoas liberdade de elixir o que preferimos facer. Entón, que é o tempo? Unha unidade de medida que ao igual que nos pode chegar a gobernar, tamén nos organiza dunha maneira na que a vida, ese instante de luz na infinidade, non se nos faga aínda máis efémera. Mª Cristina fariñas Lata, 4º ESO UNHA NAI TOLA Chamábanlle branquiña e ela corría ao espello Chamábanlle rubia e ela corría ao espello. Chamábanlle pequena e ela corría ao espello. Chamábanlle gordecha e ela corría ao espello. E ela corría ao espello... e vía que era morena de pel. E ela corría ao espello ... e vía que era loura. E ela corría ao espello... e vía que era delgada. Un día levárona para ese lugar onde levan os tolos... e non a chamou máis. Foi entón cando botou de menos correr ao espello; e a tristeza invadiu as súas entrañas, foi entón cando coa man no peito e a mirada fixada no ceo dixo: ”ela, só quería volverte a ver”. Andrea García Cardama, 4º ESO NATALIA, 1º EP
  • 19. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 19
  • 20. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201520 RESUMO DO CURSO
  • 21. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 21
  • 22. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201522
  • 23. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 23
  • 24. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201524
  • 25. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 25
  • 26. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201526
  • 27. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 27 “As emocións e a lectura: un tándem perfecto”
  • 28. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201528
  • 29. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 29
  • 30. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201530 POETAS DE 1º DE PRIMARIA
  • 31. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 31 A COCIÑAR!
  • 32. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201532 A páxina web do cole Canles de Youtube Blog da biblioteca O EDLG en FacebookO blog do EDLG O blog do programa “Aliméntate ben” O blog dos máis pequenos O blog do deporte http://www.edu.xunta.es/centros/cpipontecarreira/ https://www.youtube.com/user/cpipontecarreira https://www.youtube.com/user/normalizacionponte http://natualingua.blogspot.com.es/ http://biblioponte.blogspot.com.es/ http://froitanaescola.blogspot.com.es/ http://vagalumesdaponte.blogspot.com.es/ http://deportenaponte.blogspot.com.es/
  • 33. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 33 RESUMO DO CURSO
  • 34. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201534
  • 35. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 35
  • 36. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201536
  • 37. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 37 OS MÁIS PEQUENOS
  • 38. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201538 OS MÁIS PEQUENOS
  • 39. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 39 OS MÁIS PEQUENOS
  • 40. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201540 OS MÁIS PEQUENOS
  • 41. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 41 OS MÁIS PEQUENOS
  • 42. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201542 OS MÁIS PEQUENOS
  • 43. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 43 OS MÁIS PEQUENOS
  • 44. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201544 LETRAS GALEGAS RAP “SILVAS DO TAMBRE” Eu son galega porque me deron así E non penso marchar de aquí en Frades estou e de aquí non me vou. Santiago, Coruña, Lugo, Ferrol mapa local que no día hei de cruzar irei estudar pero alí non hei quedar. Eu teño corpo e a terra hei pisar a realidade virtual non penso habitar dáme a túa man que te quero abrazar e que veñas conmigo as estrelas mirar. Collereiche uns grelos que poidas levar dareiche o meu ritmo e saberás camiñar heite levar á festa do San Juán poremos adobe á carne natural e despois, xa non poderás de aquí marchar. Algunhas cousas has de aguantar se o paraíso non queres refugar o cheiro de purin toca degustar o saúdo do galo todas as mañás verros has escoitar porque as veciñas precísanse liberar tamén podes taconear e os veciños non estorbar na asociación ti has estar e os veciños han de axudar. A motoserra rompe o aire cando ás árbores talan as mochilas e os deberes fannos rebentar os profesores mal nos deixan respirar tanto deber, tanto saber, tanto non ser total para que, xa nos chegará o tempo de aprender. O Tambre non é o que era, haino que coidar menos contaminar e máis depurar sobran desertos e árbores hai que prantar temos o antídoto do estrés. Aquí haiche vacas e mil cempés as panderetas facémolas falar e ás mentiras con gaita habémolas espantar has correcoiras, nas festas os nosos pés queren bailar as nosas pistas, de croios, pódense gastar amortiguadores non podemos comprar a maior desgraza é esbarar na leira de lama e nela aterrar. As poucas troitas que quedan coas garzas habémolas pescar. Os semáforos aquí non nos pitan as farolas non nos cegan non hai máis cás nosas luces para nos orientar. Gústanos saber saber de verdade é case o 2020 poder dicir aquí habemos vivir.
  • 45. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 45 LETRAS GALEGAS Eu son galega porque me deron así E non penso marchar de aquí en Frades estou e de aquí non me vou. Santiago, Coruña, Lugo, Ferrol mapa local que no día hei de cruzar irei estudar pero alí non hei quedar. 1º da ESO e F.M. ESTE CURSO EN ALTERNATIVA E SOCIAL E CÍVICA TAMÉN NOS PUXEMOS MAN Á OBRA!! O QUE MÁIS TRABALLO NOS DEU FORON ESTES CABEZUDOS PARA AS LETRAS GALEGAS AQUÍ PODEDES VER COMO FOI O PREOCESO DA SÚA ELABORACIÓN. MOITO TRABALLAMOS!! E ASÍ QUEDARON REMATADOS! ARRIBA PODEDES VER QUE BEN NOS QUEDABAN POSTOS!
  • 46. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201546
  • 47. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 47 SAÍDAS CULTURAIS
  • 48. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201548 SAÍDAS CULTURAIS
  • 49. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 49
  • 50. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201550 ATA SEMPRE, DON ANTONIO! Naciches aquí, en Frades. Aquí transcorreron os teus primeiros anos. Cres que túa infancia foi diferente á dos nenos de hoxe en día? Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre.Este texto das Memorias dun neno labrego, de Neira Vilas, responde bastante ben á nenez dos anos 50, á miña nenez. Había unha pobreza grande en todos os sentidos, económica e cultural. Estamos a falar dun réxime ditatorial, o réxime franquista. A miña nenez reducíase á familia, á escola e ao campo da feira. Foi unha nenez difícil: na miña casa non había moita fartura pero non se pasaba fame. Daquela na escola dábannos un vaso de leite a media mañá e un cacho de queixo pola tarde. O leite era en po e cociñabámolo nós mesmos na casa da señora Emilia de Castro ou nos cubertos do campo da feira, e había pelexas por saír da escola para facelo leite. Eu tomábao moitas veces con chocolate en po, que traía Luís de Ricardo para os amigos e así sabía moito mellor. O leite e o queixo seica o daban os americanos, aínda que España quedara fóra do Plan Marshall de axuda aos países europeos que participaran na Segunda Guerra Mundial. Podemos dicir que os da Ponte tiñamos certos privilexios porque a Ponte era un núcleo semiurbano e eran poucas as casas nas que había vacas, así que botabamos moitas horas a xogar no campo da feira. Na miña casa os traballos que había eran a colleita das patacas e das castañas, a horta, atender os animais (galiñas e porcos) e pouco máis. A primeira TV na Ponte debeu ser a de Lino do café (aí polo ano 62) e despois a de Ricardo. Cres que actualmente os nen@s valoran menos a educación? Comparándoa coa miña infancia probablemente sí. Daquela ías á escola cargado de misterio e curiosidade porque non coñecías o mundo que había máis aló da túa casa, da túa aldea e ías moi centrado, escoitando todo o que che contaba o mestre sobre o mundo; aquilo que conta tan ben Manuel Rivas na Lingua das bolboretas. Esa curiosidade que existía antes, que agora non hai porque os nenos xa dende moi pequenos van cargados con mil historias e céntranse menos, se cadra, no ensino, na aprendizaxe. Parecíache máis fácil estudar antes ou agora? Home, eu creo que era máis difícil antes porque había menos medios económicos. Da miña parroquia e do meu tempo -creo que eramos 12- debemos estudar, aproximadamente a terceira parte. O que si se facía era estudar un oficio. En Santiago había a Escola de Maestría Industrial e tamén había uns cursos intensivos, nas chamadas Escolas de Capacitación Acelerada, das que saías capacitado -creo que nuns seis meses- para desempeñar un oficio. Foi unha solución moi boa para xente da nosa zona que despois se colocou na industria estaleira de Ferrol ou en Aluminios da Coruña. A que xogabas de pequeno? Daquela o deporte rei, imaxinádevos, era tamén o fútbol e había que canear non só ao contrario, senón aos carballos, aos castaños, as raíces, as tarimas, do campo da feira da Ponte… Deixando o fútbol a un lado, gustábanos moito a “chepa” (“un pandaba e había 13 pasos e tiñas que ir saltando, o que fallaba tiña que pandar; a la primera como siguiera, a la segunda pumba, a la tercera rodilla en tierra, e así ata 13”). Non sei se observades que todos estes xogos eran en castelán. A explicación está clara: a escola era en castelán, o galego estaba penalizado; e o os libros e o mestre… todo en castelán. Por suposto nós falabamos galego ao 100% na casa, xogando,… Aínda que recordo ao gran mestre D. Manuel Cortiñas Pontón, que era exemplar, que se acomodaba ao medio no que el impartía o ensino. Había moitos máis xogos: “Huevo, pico o araña” (nada recomendable para a saúde física), A espita. A espita era un cravo grande (de 25 a 30 cm.) que amarraba o aro de ferro que protexía a roda dos carros. Os participantes ían debuxando figuras xeométricas diferentes no chan (de terra e pedriñas) e había que ir cravando a espita... non o recordo ben, o caso é que había que chegar primeiro a unha meta na que se tiña que cravar a D. Antonio remata a súa vida profesional de docente no meso sitio onde naceu, onde aprendeu a falar e a ler. Saíu a estudar e regresou para ser o mestre-guía impecable, inesquecible, exemplar,… dos seus e cos seus. Recollemos o seu legado inmaterial de saberes, preguntas, silencios, apertura, amable disposición, calidez, saber estar, saber facer,… e, ofrecémosllo en homenaxe para que nos siga escribindo camiño aos que quedamos aquí, compañeiros e alumnos seus, hoxe e sempre.
  • 51. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 51 ATA SEMPRE, DON ANTONIO! espita sobre os lados ou sobre a circunferencia da figura. Tamén se xogaba ás “Pistolitas” (xogo de equipos de matar os contrarios), ás caiadas (teño consultado este termo e nunca o atopei, supoño que sería un localismo moi noso). Era un xogo de equilibrio, de un contra un, no que, de pé e abrazado ao contrario, había que intentar derrubalo e deixalo por debaixo. Dicías de pequeno “mecajo no demo”? Eso precisamente creo que non. Estamos nunha zona na que a nosa cultura, ou incultura, foi sempre moi permisiva, e segue sendo, cos tacos. Cousa que debemos de evitar a non ser que, ás veces, no contexto, por dicir un pequeno taco… tampouco pasa nada. Supoño que algún diría, si. Sabemos que aos 12 anos fuches estudar a Nanclares de la Oca cos monxes. Que imaxe levas deles? Teño moi bos recordos daqueles catro anos que botei alí. O colexio pertencía á congregación dos Hermanos Menesianos que fora fundada por Jean Marie de la Mennais, un francés da Bretaña que viviu na etapa da Revolución francesa, a finais do século XVIII. O colexio creo que tiña moi bo nivel para aqueles tempos (eu ingresei no 62). Lémbrome ben do Hermano Eugenio, co que aprendías un montón de Xeografía e de Matemáticas; o H. Mauricio, que sempre ía en cabeza naquelas excursións aos pobos cercanos (Nanclares está a 10 km. de Vitoria, na provincia de Álava) e que marcaba un ritmo de andaina de marcha atlética; o H. Alfredo co que os ensaios do coro eran eternos porque había que repetir os fragmentos das cancións ata que saíran á perfección (non me quero acordar do tempiño que botamos ensaiando a “Negra sombra” de Rosalía); frai Sereno, este era un monxe francés que era o que levaba a horta e que nos mimaba cando tocaba ir traballar a ela. Alí dábase de todo: froitas, produtos de horta,...tamén tiñan un galiñeiro grande. Debían ser case autosuficientes. Eso si, rezar, rezábase moito moito (misa diaria, o mes de María,...). Nas vacacións de Nadal e Semana Santa levábannos ao cine ao pobo de Nanclares. Non viñamos á casa nada máis ca un mes no verán, no mes de xullo; antes do 5 de agosto había que estar alá para a celebración da Virxe Branca, a patroa de Vitoria. En maio do 68 houbo un movemento hippie. Unícheste a ese movemento? Volverías a esa época?Non, con 18 anos que tiña daquela este movemento colleume a contrapé. O que si recordo ben, foron aqueles primeiros actos e manifestacións do estudantado universitario que reivindicaba a apertura ao mundo democrático e a consideración da nosa lingua e da nosa cultura como elementos que nos identifican como un pobo diferente. Así que a partir dese ano 68 había en Santiago unha toma de conciencia importante en torno a estas cuestións que representaba moi ben a Nova Cançó catalana (o cantante Raimon actuou, creo que clandestinamente, no ano 67 e despois no 68). Despois tamén xurde o movemento musical galego Voces Ceibes, con Benedito, Miro Casabella, Suso Vaamonde e outros, como Emilio Batallán. Que outras posibilidades tiñas de estudar a parte do ensino? Como vos expliquei antes, pensade nunha familia con poucos medios,como era a miña e a maioría delas, tiñas que optar por unha carreira curta ou por un oficio. As posibilidades eran escasas. Finalmente fixen maxisterio de tres anos. Cando eras un adolescente xa sabías o que querías estudar? Non, non me decidín ata última hora. Rematei o bacharelato, que daquela duraba 6 anos (elemental e superior). Ao rematalo… ti que fas?-ti que non fas?... Non había moitos asesores, nin orientadores como tedes vos agora (non tiñamos esa sorte) e ías un pouco por azar ou imitación. Suspendiches algunha vez? Como te sentiches? (risas) Si, algunha vez si, poucas. Recordo ter que recuperar as matemáticas de 5º de bacharelato co profesor Pazos que era durísimo, en xuño aprobaba aproximadamente o 20% da clase. Non me sentín moi ben porque había que dicilo na casa pero tampouco tivo consecuencias traumáticas porque en setembro pasei a 6º con todo aprobado. O primeiro ano neste centro duches director, que retos te propuxeche? O primeiro ano non, foi no curso 1988-89. Fun nomeado a dedo. Tiñamos un equipo e tentamos cambiar algunhas cousas, sobre todo no aspecto pedagóxico. Recordo que redactamos un documento importante, o Regulamento de Réxime Interior, fixemos melloras no comedor (recordo que puxemos a funcionar a cámara frigorífica, a peladora,…), mercamos unha máquina multicopista, empezamos a traballar en comisións de traballo entre o profesorado,… Probablemente non sexa eu o máis indicado para avaliar ese traballo, pero bueno creo que fixemos algunhas cousas positivas e seguro que algunhas negativas tamén. Cal foi a mellor etapa da túa vida? Todas as etapas da vida son interesantes. Recordo con especial cariño a infancia e, postos a elixir, a etapa de estudante en Santiago e quizais tamén os primeiros anos de profesión, de mestre.
  • 52. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201552 ATA SEMPRE, DON ANTONIO! Que diferenzas atopaches neste centro en relación aos outros? Bueno,… nese sentido teño moi pouca “experiencia”. Estiven de provisional no Eusebio da Garda un curso e medio, era un macro-centro pero con pouca relación interpersoal; como anécdota dígovos que no ano que estiven alí estaba estudiando 6º de EXB o voso profe, e meu compañeiro agora, Anxo Romar. Despois estiven nunha unitaria en San Simón de Lira (Salvaterra do Miño) e… bueno na unitaria, xa sabedes, eramos dous e a relación que tiñamos non é comparable á vida neste centro. E no curso 1977-1978 xa vin para este centro. Que supón para ti marchar deste centro? (silencio) … pena, sinto pena e ás veces dígome “vou seguir” pero, non, xa non, xa no hai volta atrás, xa tomei a decisión, unha decisión moi madurada e meditada. Por suposto que me da pena e éntrame envexa cando oio aos compañeiros dicir “para o ano imos facer…” pero teño a vantaxe de que, como son de aquí, vou vir con frecuencia; entón penso que non é un adeus definitivo senón un adeus transitorio. Seguirías dando clase? Claro que sí, seguiría encantado. Co contento que estou co meu traballo claro que seguiría, pero marqueime a meta de xubilarme aos 65, cumprinos en febreiro e xa está a decisión tomada, a pesar de que seguiría encantado. Vas botar de menos a vida de mestre? Como non vou botar de menos a vida de mestre? (silencio) Evidentemente, son moitos anos, son 40 anos. Nunha carreira de 40 anos son moitas cousas, moitas vivencias. A día de hoxe penso que o vou votar de menos, e seguro que no futuro o botarei moito mais; e supoño que cando me enfrente á realidade de que me falta a escola … aí é cando me vou dar conta do que perdo deixando esta actividade a un lado. Que equipo e que xogador che gusta máis? Equipo… dos actuais, o Barca quizás, que ten tres puntas sensacionais. De todas maneiras, un coa idade vaise facendo máis esixente. Eu teño moi idealizados dous equipos na historia do futbol: o Ajax de Amsterdam, na época de Cruyff e tamén o Milan, da época de Van Basten. E xogador… pois está claro: Messi, está por enriba de todos os demais. A dúbida podería estar con Ronaldo pero non… Ronaldo está por debaixo dun Messi que domina todas as facetas do fútbol, e ademais é xeneroso – Cristiano é moito máis egoísta e iso non é bo-, é máis solidario, móvese no regate curto (cousa que Ronaldo non sabe facer) Do que eu recordo, para min Messi é o mellor; fálase de Cruyff, Maradona, Pelé, pero eu creo que esta por enriba de todos. Entrenarías ao Deportivo ou ao Celta? Home… agora mesmo é máis apetecible o Celta porque ten máis base deportiva e ten un equipo moi ben armado. Pero o Depor tamén, a calquera dos dous. Eu son madridista pero o seguinte equipo meu é o Depor e despois o Celta, aínda que, ben entendido, cada vez paso máis das cores. Aí coincido moito cun texto de Eduardo Galiano (El fútbol a sol y sombra) (“cada vez me importan menos los colores de las camisetas de los jugadores que me brindan la alegría del juego bien jugado…”). Quero dicir que cada vez, cos anos, pasas máis das cores e o que buscas é ver un bo espectáculo e ver un fútbol bonito. Cal foi o teu primeiro coche? (risas) un R5, tiña comprometido un SEAT 127 polo que xa adiantara 5000 pesetas pero a min o que máis me gustaba era o R5. Daquela o R5 tardaba medio ano, pero apareceu unha persoa que mo conseguiu en 15 día e cambiei; botei uns 12 anos con el. Que retos che quedan por cumprir e cales te propós agora? (pensa) Por cumprir?... Sempre quedan retos por cumprir. O caso é que vivimos tan á presa e tan absorbidos polo día a día que xa un non se plantea grandes retos. O que si me gustaría é ver a casa rematada algún día, e vivir en paz e harmonía co mundo. Que nota te poñerías como profesor? (risas) Un 5. Nunca un está plenamente satisfeito do seu traballo, a min polo menos pásame así, sempre fun moi autocrítico co meu traballo. Síntome un pouco como o rei Sísifo da mitoloxía grega, que fora castigado polos deuses a subir un pedrolo enorme ata o cume da montaña e cando estaba chegando ao cume caíalle inexorablemente cara abaixo e volta a empezar, e así eternamente. A perfección é unha utopía. Daste conta de que deixas atrás moitas xeracións polas que eres admirado? Bueno… non sei se admirado. O que si me gustaría, máis que admirado, é ser querido; iso agradaríame moito máis. Que me recorden… como unha boa persoa, iso é o mais importante. Como foi a túa carreira como futbolista? (risas) Foi curta, como profesional pouco xoguei. A SD PONTE CARREIRA fundouse na temporada 1980-1981, co cal xa eu tiña 30 anos. E antes diso si,aqueles partidos ou torneos que se xogaban contra os de Abellá, os de Xanceda, Poula, Cumbraos, Curtis, Arzúa,… Eran
  • 53. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 53 ATA SEMPRE, DON ANTONIO! partidos que se xogaban no verán, polas festas e outras datas. Despois de federado, xoguei ese primeiro ano na SD, no segundo ano, na temporada 81-82 xa collín un equipo, fun entrenador do equipo máis de 20 anos. Pero visto desde hoxe tenme pesado moito, porque a min daquela gustábame xogar ao fútbol, disfrutaba moito mais xogando que entrenando. Ligabas moito de mozo? (risas) Imos ver… (risas). Cando eu era mozo había dous grupos; había os bailadores (aqueles que empezaba a verbena e non perdían comba,non perdían unha peza) e o grupo dos que visitaban primeiro os chiringuitos todos e aló, despois do descanso ou así, animábaste un pouco e.. moitas veces xa era tarde, o que che interesaba xa estaba comprometida. Eu pertencía aos do segundo grupo. Que prato che gusta máis? Aí si que mo poñedes fácil, porque son de tan bo dente que… valme calquera cousa; ben entendido, calquera cousa ben amañada. Dos peixes, encántame a merluza, o rape, o pulpo,… Das carnes: un bo cocido, unha boa carne asada, un polo caseiro,… Que farías por Galicia se foses presidente? Esa pregunta si que é complexa… (pensa). O primeiro que penso que sería importante facer é un diagnóstico, é dicir: que necesita Galicia? Cousas importantes: o ensino, o ensino público, potencialo, buscar un ensino de calidade, buscar (esto si que o sinto de verdade) a utilización da nosa lingua, do galego, como primeira lingua de ensino (sen menoscabo das outras, evidentemente), pero temos que primar a nosa lingua porque se a perdemos imos perder a nosa identidade como pobo. Outra cousa moi importante: crear emprego. Ser moi severos con actuación fraudulentas e coa corrupción. E por último, un aspecto moi importante: atender o mundo rural; ese mundo rural donde a xente marcha das aldeas, había que buscar a maneira de fixar poboación no mundo rural, medidas para que non se produza ese éxodo masivo do rural ao urbano. Dinos algo que che moleste e algo que che agrade? Cousas que me molesten: o machisto, que sigue perdurando en moita xente da sociedade, a intolerancia, a prepotencia de moita xente, a falta de humildade, e a pasividade das institucións perante o devalo da nosa lingua. Cousas que me agradan… pois… ver a xente feliz, eso sí que me agrada moito, ver a xente cando está contenta porque me apena moito ver a xente triste, sobre todo un neno. E tamén me agrada moito o feito de que me falen en galego cando vou á Coruña ou a Santiago. Quero deixar claro que non teño nada, absolutamente nada, en contra do castelán, ao contrario. Poderíasnos recomendar un libro? Un libro… (pensa). Eu creo que é mellor que vos guiedes pola excelentes profes, e que están máis postas ao día. Pero… así libros que me gustaron… no seu día foron A illa do tesouro, Robinson Crussoe, Memorias dun neno labrego,… Agora mesmo estou lendo Arturo Pérez Reverte: Hombres buenos, e teño esperando un de Eduardo Galeano: Las venas abiertas de América Latina. Nestes anos, cambiou a túa maneira de pensar? Claro que cambiou a maneira de pensar. A vida vaite modelando, vaite golpeando tamén, entón vas cambiando as maneiras de pensar. Loxicamente hai cousas que cambian menos, tes a túa maneira de ser, eu nese senso creo que cambiei pouco. O que si creo é que quizais, te fas máis tolerante, menos intransixente, pero tamén máis esixente en moitas cousas (por exemplo, o que vos dicía antes do futbol; cando era xoven se perdía o meu Madrid levaba un disgusto tremento e agora busco ver un bo espectáculo sexa quen sexa o que xoga). Pois iso, faste máis esixente en moitas cousas, pero tamén máis tolerante. Como dicía un poeta español xa morto Jaime Gil de Biedma “ que la vida iba en serio / uno lo empieza a comprender más tarde”; relacionado un pouco coa evolución da persoa. É un proceso natural que vaias cambiando non só fisicamente senón tamén nas ideas (…) Recoméndanos un lugar? Un lugar… a min gústame moito a montaña, pero encántame tamén o mar. O que non me gusta son as aglomeracións de xente. Encántame ir a Santiago e Á Coruña, sobre todo cando non levo deberes que facer, por aqueles sitios nos que experimentei vivencias da miña vida de estudante ou nos primeiros anos de traballo, no caso da Coruña. Un lugar concreto…. Non me atrevería a dicirvos un lugar concreto, un lugar no que esteades a gusto, xa volo direi cando eu o descubra. Cando che gusta tomar un copa? Unha copa...eu son máis de viño ca de licores ou combinados. Eu acostumo a tomalo como aperitivo ou durante as comidas. O importante é que o viño sexa bo, compartido e falado, como seica din os portugueses.
  • 54. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201554 II CONCURSO “TROITAS EN VERSO” LAURA, 1º EP
  • 55. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 55 II CONCURSO “TROITAS EN VERSO”
  • 56. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201556 II CONCURSO “TROITAS EN VERSO” ESTELA, 1º EP HUGO, 1º EP BRAIS, 1º EP
  • 57. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 57 II CONCURSO “TROITAS EN VERSO”
  • 58. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201558 II CONCURSO “TROITAS EN VERSO”
  • 59. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 59
  • 60. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201560
  • 61. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 61 ARTE NA PREHISTORIA - 1º EP
  • 62. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201562 A NATUREZA  MELLOREMOS O NOSO ENTORNO... contaminación NON  Os alumnos de 1º de E.S.O., nas clases de proxecto interdisciplinar, descubrimos que os hábitats e animais de todo o mundo están en perigo polos nosos caprichos ( exceso de calzado, roupa, móbiles…), e polas nosas accións (coche, calefaccións...). Averiguámolo gracias aos documentais que vimos ( Home, Tierra e Una verdad incómoda) e que vos recomendamos. Todo o mundo sabe que hai contaminación, pero non está concienciado para remediar este feito. Entre nós surxiron novas ideas sobre a reciclaxe e a mellora da calidade do medio ambiente, tanto a nivel persoal como do concello. Aquí volas deixamos. Intenta empregalas cada día e pensa ti nalgunha máis. CAMBIOS NAS NOSAS CASAS: 1.- Comprométete a separar papel, vidro e resto do lixo. 2.- Reutiliza ou recicla no punto limpo os plásticos dos silos. 3.- Procura camiñar ou desplazarte en bicicleta. 4.- Utiliza bombillas led ou de baixo consumo. 5.-Non botes os residuos ao río (como o purín). 6.- Reduce e controla o consumo de electricidade en xeral, xa que realmente é moi alto. 7.- Emprega máis o transporte público . 8.- Rega pola noite para que a auga non se evapore e así aforrala. SUXESTIÓNS PARA O CONCELLO: 1.- Facer un plan enerxético do concello(por exemplo: farolas solares, horario de encendido diferente no inverno e no verán...). 2.- Difundir e ter eventos divertidos sobre o aforro, a reciclaxe...información como “A reciclaxe”, “O consumo enerxético”... 3.- Mellorar o transporte público. 4.- Revisar os contenedores amarelos, xa que as bolsas non collen polo burato. 5.- Ter un servizo de taxi para a xente que non teña medios, (maiores ou discapacitados) para ir ao médico ou a calquera outra actividade. 6º ED. PRIMARIA
  • 63. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 63 Como en anos anteriores, seguimos a colaborar co Proxecto Deportivo de Centro desde varios ámbitos: Inscribindo e acompañando ao alumnado na actividade deportiva Campo a través que este ano eliximos levar a cabo en Présaras. Debemos destacar que varios equipos quedaron clasificados para a seguinte fase que se celebrou en Santiago de Compostela. A todos os que participaron os nosos parabéns. Incentivando a participación do noso alumnado en probas, competicións e campionatos como a II CARREIRA POPULAR DE FRADES na que moitos dos nosos alumnos e alumnas tamén tiveron uns resultados moi bos. Promocionando e divulgando xogos populares, tradicionais e autóctonos, con actividades vincula- das con este tipo de xogos nos tempos de lecer e ofrecendo materiais variados ao alumnado para a súa práctica. Organizando campionatos deportivos nos recreos en distintos deportes, como bádminton, fútbol, baloncesto ou atletismo. Participando na Carreira Solidaria e no Día do Peón. Promovendo a participación do alumnado en actividades físicas e deportivas extraescolares, orga- nizadas pola ANPA ou polos Concellos. Informando ao alumnado de novas da actualidade relacionadas coa actividade física, co fin de dar a coñecer os valores que se promoven coa práctica física e deportiva. Parabéns pola vosa participación en todas estas actividades e seguide practicando moito deporte!!!!!
  • 64. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201564 6º EP CURIOSIDADES
  • 65. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/2015 65
  • 66. CPI Ponte Carreira - Curso 2014/201566
  • 67.