SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Download to read offline
1
EMPEZAR POLO PRINCIPIO. Por Mercedes Cachaza Platas
Cambiou a Dirección do Centro e eu tamén cambiei de curso. Pasei para a
outra ala do edificio, unha aula moi fría ó pé da porta que daba ó patio. Era o que
tocaba. Alí botei varios anos.
O Ensino Xeral Básico empezaba ós seis anos. Normalmente, o alumnado
empezaba aos seis anos sen saber nada de nada. Viña cos libros de primeiro na súa
carteira, pero era imposible empezar con eles, porque non sabían ler. Antes de empezar
con aqueles libros, había que ensinarlles outras moitas cousas: fichas e más fichas
feitas á man e fotocopiadas nunha multicopista sumamente primitiva que case sempre
estaba avariada.
Duraante moitísimos anos conservei aquelas fichas feitas á man con moito
amor e dedicación. Pasado moito tempo, un bo día pensei que aquilo pasara á historia e
non quero recordar o que fixen con elas. Tiñan o seu encanto e –seguramente- valor
histórico. Pero agora xa foi, Marica non chores!
Daquela había moitos métodos de lectura, pero ningún predeterminado.
Cadaquén amañábase como podía. A min sempre me gustou face-las cousas á miña
maneira. E naquel momento tamén as fixen. Expúxenme sen saber o resultado, pero
quería experimentar aproximándome o máis posible á sensibilidades do alumnado.
Experimentei e acertei.
Lembro que para ensinarlles a ler debuxaba un animal no encerado co nome
das grafías que quería que aprenderan e a partir diso, íamos construíndo unha historia.
Aquela historia era “sagrada”, non se borraba do encerado mentres non se tiña ben
aprendida, de pe a pa. Liámola repetidas veces cada día. Incluso convivían varias
historias xuntas, ata enche-lo encerado. Así con diferentes animais ata aprender a ler.
Aínda conservo a historia dun paxariño que se chamaba “GUL”, o “Osiño
Panda”, a patiña “ALEGRE”, o “canciño FRUS”, a gatiña “PITUSA, a balea
“RAL”, o coelliño “TRIN”, a mona de “TARZÄN”, o ratiño “PÉREZ”, o elefante
“TRONQUITO”, a galiña “GRIN, GRIN”, a vacina “TRANS” e outros…
Tiñamos o noso pequeno zoolóxico particular no encerado. Ós nenos
gustáballes e a min dábame resultado pedagóxico porque chegado xaneiro sabían ler.
2
Aquel método era totalmente de fabricación persoal, non estaba escrito en
ningún sitio. Ata penso que había profesores que poñían en dúbida o seu resultado. De
feito un bo día recibín a visita da inspección en ton un tanto inquisidor. Debía ser en
decembro, máis ou menos, porque ata xaneiro non empezaba cos libros. Pediulles ós
nenos os libros de primeiro. Contesteille que aínda non os empezara ata que souberan
ler.
-¿Pero como lo hace, entonces?
-Mediante fichas.
-¿Que fichas?¿Dónde están esas fichas? -Las tienen los niños.
Eu non as tiña, porque llelas daba ós nenos. Resulta que os nenos xa as
levaran para a casa porque dicían que llelas gardada a súa mamá; pero houbo unha
neniña moi coidadosa que as tiña alí todas xuntiñas e ensinoullas ó Inspector. Despois
de observalas detidamente, quedou tan prendado daquel labor tan artesanal, que me
dixo: SIGA ASÍ! E foise aprendendo unha cousa máis. Despois daquel día incluso me
encomendou un plan experimental para o curso seguinte porque me tiña moito aprecio.
Estas son anécdotas profesionais, pero o autenticamente bo é a comunicación
coa infancia. Son tan encantadores os nenos pequenos! Teñen tanta inxenuidade!
Contan tantas cousiñas! Contan tanto sen que ti lles preguntes nada..! Loxicamente eu
nunca lles preguntei nada de nada. Só faltaría! Sentía un profundo respecto coa súa
vida persoal, pero eles contaban… Contaban espontaneamente.
Naquel curso roubáronme o corazóns dúas criaturas. Unha neniña miudiña,
moi pequerrechiña, a máis pequerrecha de todos; que me contaba como encontrara á
súa mamá morta na cama cando ela tiña tres aniños. Contábame que lle tiraba dos
pelos pero non lle contestaba. Era sumamente entenrecedora aquela historia. Tamén
me contaba outras cousiña relativas á súa situación familiar. Canto ensina a
necesidade! Era unha criatura con moita historia e con moi boas capacidades. Eu
tíñalle un cariño moi especial a aquela neniña. Aínda llo teño hoxe. Collíaa moitas
veces no colo e dáballe canto mimo podía. Ela tamén me colleu moito cariño. Tódolos
compañeiros lle tiñan un aprecio especial. Facíase querer. Merecíao.
3
Tamén me roubou o corazón un neno que me contaba como era a súa
irmanciña que nacera con moitas discapacidades físicas e psíquicas. Como a quería!
Como me explicaba o marabillosa que era a súa irmanciña! Aquel neno tamén me colleu
moito cariño. Non fai moito que me mandou recordos a través duns parentes que ten na
miña aldea. É tan grato recibir recordos dos exalumnos!
Gardo na miña mente outros moitos recordos, porque cada neno ten a súa
historia e todas son moi bonitas, pero non podo poñelas aquí todas, porque a lista sería
interminable. Lembro tamén que cada curso plantara unha árbore no patio escolar e
coidabámolo con moito cariño. Era unha maneira de cultiva-lo amor á natureza e ó
mesmo tempo poñímos o patio máis bonito e asegurábamos algunha sombra para os
días de calor. Tamén foramos plantar algo ó monte, pero non sei se daría moito
resultado. O día que plantamos, comemos de campo. O compañeiro Dopico fixera unha
paella exquisita.
A relación coas familias tamén era moi boa. Incluso apareceran unhas becas
naquel momento e axudáballes a cubrilas. Eran pequenas axudas debido á zona onde
estaba ubicado o colexio. Eu sempre tiven moi claro que debía colaborar coa familia e
deixo feito moitísimas reunións ó longo da miña vida profesional. Daquela o trato era
totalmente persoal. Tampouco había outros medios para facelo. Era así aquela vidiña.
A verdade é que era “moi humana”
Desde Vigo (PADERNE) a día 23 de marzo de 2016-03-21
MERCEDES CACHAZA PLATAS

More Related Content

What's hot (20)

Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzález
 
Todo mercedes
Todo mercedesTodo mercedes
Todo mercedes
 
11. a importancia da escrita
11.  a importancia da escrita11.  a importancia da escrita
11. a importancia da escrita
 
15. compañeiros a proba de bomba (1)
15. compañeiros a proba de bomba (1)15. compañeiros a proba de bomba (1)
15. compañeiros a proba de bomba (1)
 
4. comezo dunha longa etapa
4.  comezo dunha longa etapa4.  comezo dunha longa etapa
4. comezo dunha longa etapa
 
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
 
Empezar polo principio
Empezar polo principioEmpezar polo principio
Empezar polo principio
 
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avos
 
Revista junta
Revista juntaRevista junta
Revista junta
 
revista cumes 2016
revista cumes 2016revista cumes 2016
revista cumes 2016
 
Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzález
 
Revista completa
Revista completaRevista completa
Revista completa
 
Revista web
Revista webRevista web
Revista web
 
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín ReyManuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
 
Historia de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e XuliaHistoria de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e Xulia
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
 
A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015
 
Obradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTicaObradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTica
 

Viewers also liked

Escolas viaxeiras 95 96
Escolas viaxeiras 95 96Escolas viaxeiras 95 96
Escolas viaxeiras 95 96satelite1
 
María josé ramos 40º aniversario colegio
María josé ramos 40º aniversario colegioMaría josé ramos 40º aniversario colegio
María josé ramos 40º aniversario colegiosatelite1
 
6. ¡sorpresa, sorpresa!
6.  ¡sorpresa, sorpresa!6.  ¡sorpresa, sorpresa!
6. ¡sorpresa, sorpresa!satelite1
 
O desastre demográfico visto desde o xestal
O desastre demográfico visto desde o xestalO desastre demográfico visto desde o xestal
O desastre demográfico visto desde o xestalsatelite1
 
Os inicios, por antonio gonzález lópez
Os inicios, por antonio gonzález lópezOs inicios, por antonio gonzález lópez
Os inicios, por antonio gonzález lópezsatelite1
 
Escolas viaxeiras 2000 2001
Escolas viaxeiras 2000 2001Escolas viaxeiras 2000 2001
Escolas viaxeiras 2000 2001satelite1
 
3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)satelite1
 
7. o pé de ouro
7.  o pé de ouro7.  o pé de ouro
7. o pé de ourosatelite1
 
Xogos populares infantil
Xogos populares infantilXogos populares infantil
Xogos populares infantilsatelite1
 
17. remate dunha etapa
17.  remate dunha etapa17.  remate dunha etapa
17. remate dunha etapasatelite1
 
Crónica do acto
Crónica do actoCrónica do acto
Crónica do actosatelite1
 
Discurso 40 anos
Discurso 40 anosDiscurso 40 anos
Discurso 40 anossatelite1
 
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonioXeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antoniosatelite1
 
40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergiosatelite1
 

Viewers also liked (15)

Escolas viaxeiras 95 96
Escolas viaxeiras 95 96Escolas viaxeiras 95 96
Escolas viaxeiras 95 96
 
María josé ramos 40º aniversario colegio
María josé ramos 40º aniversario colegioMaría josé ramos 40º aniversario colegio
María josé ramos 40º aniversario colegio
 
6. ¡sorpresa, sorpresa!
6.  ¡sorpresa, sorpresa!6.  ¡sorpresa, sorpresa!
6. ¡sorpresa, sorpresa!
 
O desastre demográfico visto desde o xestal
O desastre demográfico visto desde o xestalO desastre demográfico visto desde o xestal
O desastre demográfico visto desde o xestal
 
Os inicios, por antonio gonzález lópez
Os inicios, por antonio gonzález lópezOs inicios, por antonio gonzález lópez
Os inicios, por antonio gonzález lópez
 
Escolas viaxeiras 2000 2001
Escolas viaxeiras 2000 2001Escolas viaxeiras 2000 2001
Escolas viaxeiras 2000 2001
 
3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
 
7. o pé de ouro
7.  o pé de ouro7.  o pé de ouro
7. o pé de ouro
 
Xogos populares infantil
Xogos populares infantilXogos populares infantil
Xogos populares infantil
 
17. remate dunha etapa
17.  remate dunha etapa17.  remate dunha etapa
17. remate dunha etapa
 
Crónica do acto
Crónica do actoCrónica do acto
Crónica do acto
 
Discurso 40 anos
Discurso 40 anosDiscurso 40 anos
Discurso 40 anos
 
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonioXeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
 
40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio
 
Recursos samain
Recursos samainRecursos samain
Recursos samain
 

Similar to Comezar polo principio

Expresión escrita con ipads
Expresión escrita con ipadsExpresión escrita con ipads
Expresión escrita con ipadsREME BUDIÑO
 
Expresión escrita con ipads
Expresión escrita con ipadsExpresión escrita con ipads
Expresión escrita con ipadsREME BUDIÑO
 
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIAPatricia Pena Barbeito
 
Libro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamentoLibro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamentoMaría Fernandez García
 
Un obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalUn obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalelvira9496
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017radiorasca
 
Mamá, papá,cóntamo outra vez
Mamá, papá,cóntamo outra vezMamá, papá,cóntamo outra vez
Mamá, papá,cóntamo outra vezCPI Monte Caxado
 
Os mozos aprendendo dos maiores
Os mozos aprendendo dos maioresOs mozos aprendendo dos maiores
Os mozos aprendendo dos maioresradiorasca
 
Hoxe e onte
Hoxe e onteHoxe e onte
Hoxe e onteelvira3
 
19 20 samain relatos premiados publicacion
19 20 samain relatos premiados publicacion19 20 samain relatos premiados publicacion
19 20 samain relatos premiados publicacionanillampl
 
Boslectores
BoslectoresBoslectores
BoslectoresCCMC
 
Fina Casalderrey
Fina CasalderreyFina Casalderrey
Fina CasalderreyJose Ramos
 
O rato de papel
O rato de papelO rato de papel
O rato de papelMonContos
 

Similar to Comezar polo principio (20)

Contos con clase 3
Contos con clase 3Contos con clase 3
Contos con clase 3
 
Expresión escrita con ipads
Expresión escrita con ipadsExpresión escrita con ipads
Expresión escrita con ipads
 
Expresión escrita con ipads
Expresión escrita con ipadsExpresión escrita con ipads
Expresión escrita con ipads
 
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
 
Libro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamentoLibro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamento
 
Revista
RevistaRevista
Revista
 
Un obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalUn obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambiental
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
Biblioteca
BibliotecaBiblioteca
Biblioteca
 
Mamá, papá,cóntamo outra vez
Mamá, papá,cóntamo outra vezMamá, papá,cóntamo outra vez
Mamá, papá,cóntamo outra vez
 
O BOSQUE PERDIDO
O BOSQUE PERDIDOO BOSQUE PERDIDO
O BOSQUE PERDIDO
 
Os mozos aprendendo dos maiores
Os mozos aprendendo dos maioresOs mozos aprendendo dos maiores
Os mozos aprendendo dos maiores
 
Escape.zaira 6
Escape.zaira 6Escape.zaira 6
Escape.zaira 6
 
Faladurías
FaladuríasFaladurías
Faladurías
 
Hoxe e onte
Hoxe e onteHoxe e onte
Hoxe e onte
 
19 20 samain relatos premiados publicacion
19 20 samain relatos premiados publicacion19 20 samain relatos premiados publicacion
19 20 samain relatos premiados publicacion
 
Boslectores
BoslectoresBoslectores
Boslectores
 
Fina Casalderrey
Fina CasalderreyFina Casalderrey
Fina Casalderrey
 
Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
O rato de papel
O rato de papelO rato de papel
O rato de papel
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

Comezar polo principio

  • 1. 1 EMPEZAR POLO PRINCIPIO. Por Mercedes Cachaza Platas Cambiou a Dirección do Centro e eu tamén cambiei de curso. Pasei para a outra ala do edificio, unha aula moi fría ó pé da porta que daba ó patio. Era o que tocaba. Alí botei varios anos. O Ensino Xeral Básico empezaba ós seis anos. Normalmente, o alumnado empezaba aos seis anos sen saber nada de nada. Viña cos libros de primeiro na súa carteira, pero era imposible empezar con eles, porque non sabían ler. Antes de empezar con aqueles libros, había que ensinarlles outras moitas cousas: fichas e más fichas feitas á man e fotocopiadas nunha multicopista sumamente primitiva que case sempre estaba avariada. Duraante moitísimos anos conservei aquelas fichas feitas á man con moito amor e dedicación. Pasado moito tempo, un bo día pensei que aquilo pasara á historia e non quero recordar o que fixen con elas. Tiñan o seu encanto e –seguramente- valor histórico. Pero agora xa foi, Marica non chores! Daquela había moitos métodos de lectura, pero ningún predeterminado. Cadaquén amañábase como podía. A min sempre me gustou face-las cousas á miña maneira. E naquel momento tamén as fixen. Expúxenme sen saber o resultado, pero quería experimentar aproximándome o máis posible á sensibilidades do alumnado. Experimentei e acertei. Lembro que para ensinarlles a ler debuxaba un animal no encerado co nome das grafías que quería que aprenderan e a partir diso, íamos construíndo unha historia. Aquela historia era “sagrada”, non se borraba do encerado mentres non se tiña ben aprendida, de pe a pa. Liámola repetidas veces cada día. Incluso convivían varias historias xuntas, ata enche-lo encerado. Así con diferentes animais ata aprender a ler. Aínda conservo a historia dun paxariño que se chamaba “GUL”, o “Osiño Panda”, a patiña “ALEGRE”, o “canciño FRUS”, a gatiña “PITUSA, a balea “RAL”, o coelliño “TRIN”, a mona de “TARZÄN”, o ratiño “PÉREZ”, o elefante “TRONQUITO”, a galiña “GRIN, GRIN”, a vacina “TRANS” e outros… Tiñamos o noso pequeno zoolóxico particular no encerado. Ós nenos gustáballes e a min dábame resultado pedagóxico porque chegado xaneiro sabían ler.
  • 2. 2 Aquel método era totalmente de fabricación persoal, non estaba escrito en ningún sitio. Ata penso que había profesores que poñían en dúbida o seu resultado. De feito un bo día recibín a visita da inspección en ton un tanto inquisidor. Debía ser en decembro, máis ou menos, porque ata xaneiro non empezaba cos libros. Pediulles ós nenos os libros de primeiro. Contesteille que aínda non os empezara ata que souberan ler. -¿Pero como lo hace, entonces? -Mediante fichas. -¿Que fichas?¿Dónde están esas fichas? -Las tienen los niños. Eu non as tiña, porque llelas daba ós nenos. Resulta que os nenos xa as levaran para a casa porque dicían que llelas gardada a súa mamá; pero houbo unha neniña moi coidadosa que as tiña alí todas xuntiñas e ensinoullas ó Inspector. Despois de observalas detidamente, quedou tan prendado daquel labor tan artesanal, que me dixo: SIGA ASÍ! E foise aprendendo unha cousa máis. Despois daquel día incluso me encomendou un plan experimental para o curso seguinte porque me tiña moito aprecio. Estas son anécdotas profesionais, pero o autenticamente bo é a comunicación coa infancia. Son tan encantadores os nenos pequenos! Teñen tanta inxenuidade! Contan tantas cousiñas! Contan tanto sen que ti lles preguntes nada..! Loxicamente eu nunca lles preguntei nada de nada. Só faltaría! Sentía un profundo respecto coa súa vida persoal, pero eles contaban… Contaban espontaneamente. Naquel curso roubáronme o corazóns dúas criaturas. Unha neniña miudiña, moi pequerrechiña, a máis pequerrecha de todos; que me contaba como encontrara á súa mamá morta na cama cando ela tiña tres aniños. Contábame que lle tiraba dos pelos pero non lle contestaba. Era sumamente entenrecedora aquela historia. Tamén me contaba outras cousiña relativas á súa situación familiar. Canto ensina a necesidade! Era unha criatura con moita historia e con moi boas capacidades. Eu tíñalle un cariño moi especial a aquela neniña. Aínda llo teño hoxe. Collíaa moitas veces no colo e dáballe canto mimo podía. Ela tamén me colleu moito cariño. Tódolos compañeiros lle tiñan un aprecio especial. Facíase querer. Merecíao.
  • 3. 3 Tamén me roubou o corazón un neno que me contaba como era a súa irmanciña que nacera con moitas discapacidades físicas e psíquicas. Como a quería! Como me explicaba o marabillosa que era a súa irmanciña! Aquel neno tamén me colleu moito cariño. Non fai moito que me mandou recordos a través duns parentes que ten na miña aldea. É tan grato recibir recordos dos exalumnos! Gardo na miña mente outros moitos recordos, porque cada neno ten a súa historia e todas son moi bonitas, pero non podo poñelas aquí todas, porque a lista sería interminable. Lembro tamén que cada curso plantara unha árbore no patio escolar e coidabámolo con moito cariño. Era unha maneira de cultiva-lo amor á natureza e ó mesmo tempo poñímos o patio máis bonito e asegurábamos algunha sombra para os días de calor. Tamén foramos plantar algo ó monte, pero non sei se daría moito resultado. O día que plantamos, comemos de campo. O compañeiro Dopico fixera unha paella exquisita. A relación coas familias tamén era moi boa. Incluso apareceran unhas becas naquel momento e axudáballes a cubrilas. Eran pequenas axudas debido á zona onde estaba ubicado o colexio. Eu sempre tiven moi claro que debía colaborar coa familia e deixo feito moitísimas reunións ó longo da miña vida profesional. Daquela o trato era totalmente persoal. Tampouco había outros medios para facelo. Era así aquela vidiña. A verdade é que era “moi humana” Desde Vigo (PADERNE) a día 23 de marzo de 2016-03-21 MERCEDES CACHAZA PLATAS