SlideShare a Scribd company logo
1 of 1
Download to read offline
AGRADABLE XORNADA EN MONFERO: “A FEIRA DO GRELO”
Por Andrea Rivera Andrade
Hoxe é 16 de febreiro de 2020 e viñen cos meus pais e compañeiros de clase á
Feira do Grelo de Xestoso. Non é primeira vez que veño, xa que son veciña desta parroquia
de Monfero. Mais nesta ocasión viñemos a facer unhas entrevistas ás persoas que andan
por aquí, e, xa que estamos aquí, comer uns cantos grelos.
A primeira persoa que entrevistamos é Pacucha Couto, nai dun exalumno do meu
colexio, xerente da ​Sociedade Cooperativa Valxestoso e unha das encargadas de poñer a
feira en funcionamento nesta e nas cinco edicións anteriores. Preguntámoslle se o ano que
vén teñen pensado seguir coa feira, ao que nos contestou que por suposto tiñan pensado
seguir facendo máis edicións, matizando que “​é como todo o que leva tempo, porque desde
organizar os postos, facer a comida, os presupostos… é un conxunto de cousas que levan
moito tempo pero que ten unha moi boa recompensa ao final​”.
Tamén entrevistamos a vendedores de grelos que nos contan que se soen vender
sobre uns 60 ou 80 quilos de grelos e que o quilo costa 2 euros e que este prezo está posto
para todos os vendedores. A parte de grelos tamén hai requeixo, mel, artesanía e, como
non, maquinaria agrícola (tractores, desbrozadoras, etc…) Unha vendedora de mel
coméntanos que soe vender sobre uns 50 quilos de mel e que o bote grande custa 10 euros
e o de medio quilo a 6 euros. A vendedora de requeixo tamén calcula que vende sobre uns
50 botes e que o prezo de medio quilo é de 3 euros e 50 céntimos.
E, por suposto, unha parte fundamental da feira tamén son os visitantes, que
tampouco se libraron das nosas entrevistas. Neste caso entrevistamos a Teresa Rico,
unha muller que nos conta que xa viñera mais veces e tiña ganas de volver e
recoméndanlle vir á xente que nunca viñera, xa que a ela lle gustan moito a calidade dos
productos que se ofrecen: “​na exposición agraria hai de todo, desde un cartacéspedes ata
un coche sen carnet​”.
E con todas estas entrevistas invitamos a todo o mundo a que veña visitar a vindeira
edición da ​Feira do Grelo de Xestoso, ​non vos ides arrepentir, porque aínda que chova,
neve ou granice tedes a diversión asegurada.

More Related Content

More from satelite1

O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao colesatelite1
 
Perfect ed sheeran, xiana mosquera
Perfect ed sheeran, xiana mosqueraPerfect ed sheeran, xiana mosquera
Perfect ed sheeran, xiana mosquerasatelite1
 
Volta ao cole marcos areosa
Volta ao cole marcos areosaVolta ao cole marcos areosa
Volta ao cole marcos areosasatelite1
 
Covid refugiados dpb
Covid refugiados dpbCovid refugiados dpb
Covid refugiados dpbsatelite1
 
Manuiel freire platas (1)
Manuiel freire platas (1)Manuiel freire platas (1)
Manuiel freire platas (1)satelite1
 
Cando poidamos-volver-ao-cole...
Cando poidamos-volver-ao-cole...Cando poidamos-volver-ao-cole...
Cando poidamos-volver-ao-cole...satelite1
 
O meu-paso-polo-quirofano
O meu-paso-polo-quirofanoO meu-paso-polo-quirofano
O meu-paso-polo-quirofanosatelite1
 
Bases enregueifate 2020
Bases enregueifate 2020Bases enregueifate 2020
Bases enregueifate 2020satelite1
 

More from satelite1 (20)

O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 
Perfect ed sheeran, xiana mosquera
Perfect ed sheeran, xiana mosqueraPerfect ed sheeran, xiana mosquera
Perfect ed sheeran, xiana mosquera
 
Volta ao cole marcos areosa
Volta ao cole marcos areosaVolta ao cole marcos areosa
Volta ao cole marcos areosa
 
Covid refugiados dpb
Covid refugiados dpbCovid refugiados dpb
Covid refugiados dpb
 
Manuiel freire platas (1)
Manuiel freire platas (1)Manuiel freire platas (1)
Manuiel freire platas (1)
 
Cando poidamos-volver-ao-cole...
Cando poidamos-volver-ao-cole...Cando poidamos-volver-ao-cole...
Cando poidamos-volver-ao-cole...
 
O meu-paso-polo-quirofano
O meu-paso-polo-quirofanoO meu-paso-polo-quirofano
O meu-paso-polo-quirofano
 
Bases enregueifate 2020
Bases enregueifate 2020Bases enregueifate 2020
Bases enregueifate 2020
 
Escornabots
EscornabotsEscornabots
Escornabots
 

Feira do grelo 2020 andrea rivera.

  • 1. AGRADABLE XORNADA EN MONFERO: “A FEIRA DO GRELO” Por Andrea Rivera Andrade Hoxe é 16 de febreiro de 2020 e viñen cos meus pais e compañeiros de clase á Feira do Grelo de Xestoso. Non é primeira vez que veño, xa que son veciña desta parroquia de Monfero. Mais nesta ocasión viñemos a facer unhas entrevistas ás persoas que andan por aquí, e, xa que estamos aquí, comer uns cantos grelos. A primeira persoa que entrevistamos é Pacucha Couto, nai dun exalumno do meu colexio, xerente da ​Sociedade Cooperativa Valxestoso e unha das encargadas de poñer a feira en funcionamento nesta e nas cinco edicións anteriores. Preguntámoslle se o ano que vén teñen pensado seguir coa feira, ao que nos contestou que por suposto tiñan pensado seguir facendo máis edicións, matizando que “​é como todo o que leva tempo, porque desde organizar os postos, facer a comida, os presupostos… é un conxunto de cousas que levan moito tempo pero que ten unha moi boa recompensa ao final​”. Tamén entrevistamos a vendedores de grelos que nos contan que se soen vender sobre uns 60 ou 80 quilos de grelos e que o quilo costa 2 euros e que este prezo está posto para todos os vendedores. A parte de grelos tamén hai requeixo, mel, artesanía e, como non, maquinaria agrícola (tractores, desbrozadoras, etc…) Unha vendedora de mel coméntanos que soe vender sobre uns 50 quilos de mel e que o bote grande custa 10 euros e o de medio quilo a 6 euros. A vendedora de requeixo tamén calcula que vende sobre uns 50 botes e que o prezo de medio quilo é de 3 euros e 50 céntimos. E, por suposto, unha parte fundamental da feira tamén son os visitantes, que tampouco se libraron das nosas entrevistas. Neste caso entrevistamos a Teresa Rico, unha muller que nos conta que xa viñera mais veces e tiña ganas de volver e recoméndanlle vir á xente que nunca viñera, xa que a ela lle gustan moito a calidade dos productos que se ofrecen: “​na exposición agraria hai de todo, desde un cartacéspedes ata un coche sen carnet​”. E con todas estas entrevistas invitamos a todo o mundo a que veña visitar a vindeira edición da ​Feira do Grelo de Xestoso, ​non vos ides arrepentir, porque aínda que chova, neve ou granice tedes a diversión asegurada.