Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

of

Revista escolar amencer 2017 18 Slide 1 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 2 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 3 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 4 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 5 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 6 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 7 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 8 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 9 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 10 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 11 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 12 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 13 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 14 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 15 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 16 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 17 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 18 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 19 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 20 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 21 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 22 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 23 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 24 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 25 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 26 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 27 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 28 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 29 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 30 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 31 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 32 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 33 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 34 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 35 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 36 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 37 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 38 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 39 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 40 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 41 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 42 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 43 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 44 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 45 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 46 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 47 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 48 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 49 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 50 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 51 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 52 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 53 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 54 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 55 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 56 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 57 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 58 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 59 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 60 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 61 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 62 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 63 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 64 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 65 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 66 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 67 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 68 Revista escolar amencer 2017 18 Slide 69
Upcoming SlideShare
What to Upload to SlideShare
Next
Download to read offline and view in fullscreen.

0 Likes

Share

Download to read offline

Revista escolar amencer 2017 18

Download to read offline

Revista escolar do CEIP Plurilingüe Os Casais de Maniños. Curso 2017-18.

Related Audiobooks

Free with a 30 day trial from Scribd

See all
  • Be the first to like this

Revista escolar amencer 2017 18

  1. 1. 1 ÍNDICE Limiar 2 Educación Infantil: O noso proxecto 3 1º e 2º Primaria: Unha exposición colorida 7 3º Primaria: O que nos fai diferentes 8 4º Primaria: 13 O Festival de Inverno 13 O Entroido 15 5º e 6º Primaria: 18 Entrega do XXX Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé 18 Luces de Futuro 21 Visita de Carme Romero 26 Arte: Haikus e Cómics 30 Presentación do Programa TEI (Titoría Entre Iguais) 56 A Robótica nos Casais 58 Consultorio da Señorita Pepis 60 Sports Crossword 62 Saúdo de Micabigotes 63 O muro d@s artistas 65 Despedida de 6º 66 Os cachorros de María Victoria Moreno 67
  2. 2. 2
  3. 3. 3 DURANTE CASE TODO O CURSO TRABALLAMOS
  4. 4. 4
  5. 5. 5
  6. 6. 6
  7. 7. 7 1º e 2º EP: UNHA EXPOSICIÓN COLORIDA Os alumnos de primaria do CEIP Plurilingüe Os Casais foron visitar unha exposición de pinturas, de Beatriz Seijo Lamas, á Casa da Cultura de Fene. O venres 4 de maio, todos os alumnos de primaria do CEIP Os Casais fomos visitar unha exposición na Casa da Cultura de Fene, da pintora fenesa, Beatriz Seijo Lamas. Alí, na exposición, estaba a pintora que nos explicou como fixo algúns dos seus cadros e en que se inspirou para facelos. Contounos tamén que utilizaba moitas técnicas distintas entre elas o puntillismo. Entre os seus cadros había dous autorretratos moi bonitos e realistas. En xeral, os seus cadros eran moi coloridos e moi imaxinativos. Beatriz contounos que moitas veces se inspiraba na forma das nubes. Despois de explicarnos cada un dos seus cadros da exposición lle fixemos unhas preguntas que tiñamos preparadas previamente. Algunhas delas foron as seguintes: En que te inspiraches para facer os teus cadros? Como utilizas as cores? Cando empezaches a pintar cadros? Quen te ensinou a pintar? Cantos cadros tes? Cal foi o teu primer cadro? Utilizas a técnica do “puntillismo”? A exposición foi moi interesante e colorida. Gustounos moitíiiisimo!. E quedamos moi contentos coa pintora xa que foi moi amable con nós e tivo moita paciencia. Grazas Beatriz e que sigas pintando así de ben!!!!!!!!!! ALUMN@S DE 1º e 2º
  8. 8. 8 O QUE NOS FAI DIFERENTES Limpeza do Río Baa O xoves 28 de setembro fomos camiñando ó río Baa, o río que está preto do colexio todos os nenos de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º, e 6º de primaria cos profesores. Antes viñeron a explicarnos o que íamos facer. Dividímonos en dous grupos, un foi por un lado do río e cando volveron fomos para o outro. Regaláronnos uns guantes e unha camiseta e encontramos moito lixo. O que máis me gustou foi mollarnos no río, porque nos metemos nel para limpalo. Adrián Dopazo Castro Teatro “Lúa” Ola, vouvos falar da obra que fomos ver en autobús ó Padroado da Cultura de Narón. A data cadrou nun xoves 9 de novembro e fomos 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. A obra chamábase “Lúa”, comezaba cunha barreira no chan que dividía dous lados. Nun lado atopábase un home cunha tablet de cartón imaxinaria e no outro lado un segundo home con outra tablet. Esta é a maneira que tiñan de comunicarse en vez de falarse cara a cara. Despois dun longo tempo comunicándose desta maneira chegou unha gran muller chamada Lúa e o que fixo foi falar cara a cara para resolver todos os problemas da xente. O que máis me gustou da obra foi o papel de Lúa, a forma que tiña de resolver os problemas gustoume moito. Lucía Abeal Maroño
  9. 9. 9 Salvamento Marítimo O día 21 de novembro fomos todo o cole de excursión á Base Estratéxica de Salvamento marítimo situada no polígono de Vilar do Colo. Cando chegamos dividímonos en tres grupos, cada grupo viu cousas diferentes. No meu grupo ensináronnos un robot que se movía por ordenadores, a pegar parches, unha piscina moi sucia e uns equipos de mergullo. Cando saímos déronnos un bolígrafo, un adhesivo e un libro. O que máis me gustou foi o robot. Ainhoa Negreira Castro Anxo Moure O luns 29 de xaneiro veu Anxo Moure ó noso colexio polo Día Escolar da non Violencia e da Paz. Tivemos que subir á biblioteca dende infantil ata 6º de primaria. Anxo Moure escolleu a algunhas persoas para facer unha mestura coa que nos ensinou a facer corazóns e cadrados con follas de periódico. E mentres que uns facían a mestura ía contándonos un conto. Antes de irse pediunos que cando secaran as figuras lles sacáramos unha foto para enviarlla por correo. A min o que máis me gustou foi que nos pediu que leváramos unha folla de periódico cunha mala noticia. E sabedes para que era? Para romper e así facer a mestura para facer as formas, así as malas noticias xa non eran malas, eran boas! Antía Riveiro Primoy
  10. 10. 10 Martin Hutchinson e Starsky A vida de Martin Hutchinson, un nativo de Manchester (Reino Unido) de 56 anos, ten ó menos tres grandes apartados. O primeiro da súa vida normal de bombeiro en Gran Bretaña ata o ano 2006. E os outros dous despois: o viaxeiro incansable por todo o mundo, primeiro a pé e despois nunha bicicleta especial e a súa loita polo medio ambiente. Estas dúas van xuntas, pero non é habitual encontrar quen recorra o planeta nun traballo tan incansable a prol da información e concienciación. Nas súas mil paradas por decenas de países veu ó CEIP Plurilingüe Os Casais, o noso cole, o 31 de xaneiro onde nos explicou o que fai, mostrando fotos e vídeos e sobre todo os bastóns de algodón que se encontran nas miles de praias. Helena Mandaradoni Yáñez Museo Etnográfico e CEIP Mosteiro de Caaveiro O mércores 21 de febreiro fomos a un museo etnográfico da Capela e despois fomos ao CEIP Mosteiro de Caaveiro. No museo etnográfico vimos fotos de moitas cousas antigas, como uns muíños. Explicáronnos moitas cousas, foi moi divertido porque aprendemos cousas novas. Despois fomos ao colexio, alí fixemos moitos xogos que nos explicaron os nenos e nenas, como por exemplo os zancos, as chapas, a corda, etc. O cole tiña por dentro como un museo sobre xogos tradicionais como o peón, o patinete, a mariola, as bólas, etc. Paula Bellón Montero
  11. 11. 11 Atletismo divertido O xoves 22 de marzo fomos a “Atletismo divertido” todos os nenos e nenas de primaria. Con nos viñeron o CPI A Xunqueira e o CEIP Centieiras. “Atletismo divertido” é unha actividade que se organiza no pavillón de San Valentín en Fene. Fixemos moitos xogos como a xavelina, esquivar obstáculos e ao final fixemos unha carreira de relevos,... Paramos un ratiño para merendar froita e despois volvemos a xogar aos xogos que nos faltaban. Paramos para coller as cousas e fomos no autobús para o colexio. O que máis me gustou foi a carreira de relevos. Alejandra González Rivera Os xogos populares en Fene O xoves 26 de abril todos os nenos e nenas de primaria fomos a unha actividade con outros coles do concello de Fene. Cando chegamos dividíronnos en grupos por cursos e xogamos a moitos xogos como a saltar a corda, o xogo dunha cana de pescar cunha corda e un aro que hai que encaixar nunha botella, as carreiras, a tirar da corda cun pano no medio que sinalaba o equipo que gañaba ou o brilé. No brilé hai dous equipos e hai diferentes formas de xogar, unha é lanzando o balón ó outro equipo e se lle das a alguén o eliminas á zona dos brilados e se dende esa zona brila volve ó seu sitio e outra forma é sen volver. Hugo Marín Budiño
  12. 12. 12 EduCANdo con Malibú, a cadela. O día 2 de maio de 2018 veu á escola unha señora coa cadela Malibú. Fomos á biblioteca a coñecela e a que nos ensinara como educar un can, que non temos que comprar cans senón rescatalos ou adoptalos. Puxeron vídeos e fixemos xogos para aprender a tratalos ben, a atalos, deixarlles auga,... Aprendemos todo iso para poder ser adultos responsables. Despois acariciamos a Malibú e despedímonos. Logo, na clase, recibimos uns diplomas de expertos en educar ós cans. Gustoume moito porque veu unha cadela moi bonita. Mario Martínez Lago Piscina Dende o día 9 de abril ata o 4 de xuño imos á piscina municipal de Centieiras. Todos os luns no recreo os nenos e nenas de educación primaria collemos un autobús que nos leva á piscina. Alí entramos, imos ós vestiarios e poñemos o gorro, o traxe de baño e as lentes. Na piscina están todos os monitores, vixíannos e mándannos facer diferentes xogos. Ó rematar cambiámonos, esperamos na entrada, collemos o autobús que nos leva ao cole. O que máis me gustou foi xogar coas pelotas e meter gol na portería. Daniel Casdelo Galán
  13. 13. 13 O Festival de Inverno O Festival de Inverno do curso 2017 – 2018 celebrouse o día 22 de decembro do 2017. Uns días antes, fixemos un montón de decoracións: como un photocall de bonecos de neve e guirnaldas con cousas de Nadal, como bólas e calcetíns... Tamén puxemos dúas árbores: unha árbore no salón de actos e outra na entrada (a dos desexos). O día do festival de inverno a primeira hora fomos ao ximnasio coa nosa profesora e almorzamos, con Papá Noel e os elfos, leite con cacao e un montón de delicias. O ximnasio estaba decorado con copos de neve. A colchoneta estaba adornada coma un regalo de nadal. Enfronte de ela, estaba Papa Noel. Ao lado da colchoneta había unha cheminea. É ao lado da cheminea había o saco vermello de Papa Noel. No teito había colgadas bólas de nadal vermellas e verdes, había unha mesa con forma de U, e no centro había unha mesa en círculo onde estaban os nenos de infantil, e Papa Noel sentado nun sofá tamén vermello. Ao lado de Papa Noel había unha caixa chea de regalos. Despois nos chamaron para darnos os regalos, que foron os seguintes : - Infantil: zancos de monstros e a mochila da escola. - 1°e 2° : dominó e mochila do colexio. - 3°: xogo maxia e mochila do colexio. - 4°: catapulta e a mochila do colexio. - 5°e 6°: vaso con luces e mochila do colexio.
  14. 14. 14 Despois fomos á nosa clase e nos preparamos para as actuacións, que foron as seguintes: - ”O monstro de cores” (Infantil, 1°e 2°) - ” Rudolph the red nosed reinder” (1° e 2°) - Poema dos olores (1° e 2°) - Rianskeira (4°) - Teatro “A pastora mentireira” (3°) -”Glee Jinglee Bell rock” (3°e 4°) - “Despacito” con PAD ( instrumentos de percusión de altura determinada) -Baile : “Mi gente” ( 5° y 6°) -Tempestades de sal (todos os alumnos do colexio) Despois das actuacións fomos ao ximnasio a merendar. De seguido saímos ao recreo, que foi máis longo do normal . E finalmente fomos para clase a recibir as notas . Este día foi xenial ! Autores: Icía, Emma, Antón e Álex
  15. 15. 15 O ENTROIDO ★ SEMANA DO ENTROIDO: O Entroido comezou o luns día 5 e rematou o venres 9 de febreiro, coa festa final Dentro das actividades, nas clases, fixemos decoración variada do Entroido, actividades relacionadas con el e na nosa clase, un pallaso con moitas cores . O Meco deste ano foi o Pinocheiro Mentireiro e mais un amigo seu, Pepito Grilo. Xuntos fixeron uns mandadiños: Luns de pixama: Pinocheiro Mentireiro terá o luns un día soñeiro quere vestir un pixama para meterse na cama. Martes de vello: Ao Pinocheiro Mentireiro o tempo vaille pasando converteuse nun velliño ide vos tamén copiando. Mércores un oficio: Pinocheiro Mentireiro maña ten que traballar busca roupa apropiada para non desentonar. Xoves de gala: Pinocheiro Mentireiro ten que vir moi elegante ponte algo de gala para estar súper radiante. Venres de personaxe de conto: Un pais de fantasía no patio imos crear de personaxe de conto teraste que disfrazar. Durante toda a semana o pasamos xenial facendo os mandadiños e cousas relacionadas co Entroido, xa que nos parece moi divertido vir disfrazados e ver tamén aos profes divertíndose con nós.
  16. 16. 16 ★ DÍA DA FESTA: Ao chegar a clase fixemos fotos disfrazados de personaxes de contos. Despois tivemos concerto con un grupo de música chamado “Chuchesmil”, co que cantamos e bailamos un montón. Cando rematou o concerto fomos merendar doces típicos do Entroido: filloas, orellas, rosquillas.... A continuación todo o colexio saíu ao patio exterior e actuamos coa música de “Contame un Conto” de Celtas Cortos e coa letra adaptada ao noso Entroido: CÓNTAME UN CONTO violíns Cóntame un conto e bailarás no Entroido Voume pra cama E teño lindos soños. bis Pois resulta q o Entroido Era o mais pillaban Q cambiaba os contiños Cara adiante, cara atrás A cincenta tiña botas, Q as levaba moi ben postas E os tres porquiños tiñan Un bo dúplex con piscina. Baile Cóntame un conto…bis TURUTA Baile Cóntame un conto…bis As princesas daban guerra o lobo vexetariano Rapunzel ía rapada Porque así estaba moi guapa. Brancaneves viaxou E os ananos a seguiron E chegaron a Xamaica A bailar reggae na praia.
  17. 17. 17 Baile Cóntame un conto… TURUTA Cóntame un conto O de Hansel e Gretel Que o chocolate deixan Por poñerse os dous a dieta. TURUTA Cóntame un conto Q xa creo q estou soñando Cóntame un conto Con musica vou bailando TURUTA Que o Entroido esta que arde!!!! Baile Despois de esta canción-baile, iamos queimar o meco e mais Pepito Grilo, pero finalmente indultamos a este último, e só queimamos a Pinocheiro Mentireiro, aínda que con moita pena porque nos gustaba moito para a nosa biblioteca. Este día foi bastante especial e divertido. Todos os alumnos/as cantamos e bailamos ao ritmo da música. Esperemos que o ano que vén sexa polo menos igual. Alba, Rocío, Sergio. 4º curso
  18. 18. 18 Entrega do XXX Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé O sábado 18 de novembro de 2017, entregouse no Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene o XXX Premio de Poesía Pérez Parallé. Este ano, o premio foi para Carlos Lixó Gómez, un poeta de Ribeira, pola súa obra “Murallas de pedra sen cemento que duran para sempre”, seleccionada entre 61 obras. Para dedicarlle unha homenaxe ao Segrel do Penedo, por ser esta a trixésima edición deste premio, a directiva do Círculo solicitounos colaboración. Fixémolo nenas e nenos de 5º e 6º. Fomos Jennis, Breixo, Jaime e Miriam. Coa axuda da profe preparamos unha pequena biografía con anécdotas que contara o seu fillo Francisco Porto nunha entrevista no noso cole dous cursos atrás. Tamén preparamos a lectura dunha poesía cada unha de nós: Jaime recitou unha poesía que Pérez Parallé lle dedicou á súa dona, “Dona garimosa”.
  19. 19. 19 Miriam recitou “A roda”, que Parallé escribíu para o seu fillo Francisco. Jennis recitou “Soedade”. E Breixo, “Microbiografía”.
  20. 20. 20 Escoitamos unha canción dun dos discos de Os Segreis, de cando aínda non existían os Cds, e actuou a rondalla Estrelecer. Estabamos tod@s moi nervios@s, pero felicitáronnos porque dixeron que o fixeramos moi ben. Había moita xente, tamén en representación do Concello, que colabora no premio. Entregoullo o alcalde Juventino Trigo. Como agradecemento, déronnos un agasallo e quedamos encantad@s e moi sorprendid@s, porque aínda que a profe xa o sabía, non nos dixera nada. Foi unha experiencia inolvidable!!!!! Auto@sJennis Maloles Espiño, Jaime Otero Rodríguez, Miriam Pérez Vizoso, e Breixo Riveiro Primoy.
  21. 21. 21 LUCES DO FUTURO, CON SABELA REYERO SERANTES En Ciencias da Natureza, en 5º e 6º, hai uns temas de materia, enerxía e tecnoloxía. Démolo no 3º trimestre e, para empezalo con ganas, o 3 de abril, Mica Bigotes tróuxonos á Biblioteca a Sabela Reyero Serantes, una filósofa-física que pertence á OSAL Student Chapter, una asociación da Universidade de Salamanca e da OSA (The Optical Society, de América) para a divulgación científica nos temas de óptica. @s de 6º xa a coñecíamos, porque o curso pasado tamén veu facer con nós un obradoiro sobre electricidade e imáns. Sabela explicounos algunhas cousas sobre a luz, a refracción, a reflexión, e logo experimentamos con ela. Para poder ver ben as cores da luz, estivemos case a escuras na Biblioteca e foi moi emocionante.
  22. 22. 22 Bolas “invisíbeis”;
  23. 23. 23 Bolis que ”se dobran”;
  24. 24. 24 debuxos que cambian de sentido,
  25. 25. 25 pompóns que cambian de cor dependendo da luz que uses, “camiños” de luz a través de prismas porque a luz ía cambiando de dirección… Sabiades que as cores primarias que nós coñecemos, as das pinturas, non son as mesmas que as cores primarias da luz? Divertímonos moito. Parecía maxia, pero era… ciencia!!! Autoras: Miriam Pérez Vizoso, Noa Rañales Allegue
  26. 26. 26 Visita de CARME ROMERO Este curso, o noso proxecto de 5º e 6º, tratou sobre as pintoras galegas. E tivemos a sorte de estar con dúas delas. Con Beatriz Seijo na Casa da Cultura de Fene, na súa exposición. E con Carme Romero, pintora e ceramista, na nosa propia clase. Grazas a Noe, a mamá de Miriam, veunos visitar o xoves 10 de maio para explicarnos o proceso da pintura na cerámica. Dende o deseño inicial, cun debuxo a lapis que hai que calcar e logo colorear, ata o resultado final, na placa de cerámica. Ensinounos o proceso dende o comezo e foino explicando con fotos que fixo paso a paso: o debuxo, como coloreaba coas acuarelas, pásalo ás placas de cerámica co papel cebola, perfilar coa corda seca, colorear de novo nas placas cos esmaltes, quentar o forno a una temperatura altísima, meter a placa dentro eeeee….todo listo!!!
  27. 27. 27 Explicounos un pouco sobre as placas de cerámica, a que temperatura ten que estar etc... Tróuxonos o cadro inicial e a placa rematada. Xusto despois fíxonos unha demostración de como pintaba unha peza de cerámica coa corda seca e os esmaltes, e falounos sobre os materias. É moi complicado!
  28. 28. 28
  29. 29. 29 Para finalizar, antes de marchar, cantounos unha cantiga, acompañada da guitarra, que tiña que ver cunha das súas obras. Deixounos una copia do debuxo a lapis para colorear nós. É precioso! Autor@s: Yago Laguillo López, Clara Mandaradoni Yáñez, Noa Rañales Allegue
  30. 30. 30 ARTE: HAIKUS E CÓMICS  No outono caen…haikus! Este outono co magosto, o Samaín, as castañas, as follas, tamén caeron haikus. Escribimos varios na clase; algúns empezando cun verso dado, outros libremente. E logo ensinámoslle a escribilos ás nosas familias. Con todos eles fixemos un novo libro para a nosa biblioteca! Quedou precioso. Deixámosvos unha mostra.
  31. 31. 31 Andrea Rivera Cuenca Vanesa Yáñez Villar Jaime Otero Rodríguez
  32. 32. 32  Cómics:
  33. 33. 33
  34. 34. 34
  35. 35. 35
  36. 36. 36
  37. 37. 37
  38. 38. 38
  39. 39. 39
  40. 40. 40
  41. 41. 41
  42. 42. 42
  43. 43. 43
  44. 44. 44
  45. 45. 45
  46. 46. 46
  47. 47. 47
  48. 48. 48
  49. 49. 49
  50. 50. 50
  51. 51. 51
  52. 52. 52
  53. 53. 53
  54. 54. 54
  55. 55. 55
  56. 56. 56 PRESENTACIÓN DO PROGRAMA TEI (TITORIA ENTRE IGUAIS): Neste presente curso, iniciamos o Programa TEI (Titoria Entre Iguais), basado na mellora da convivencia nos centros educativos evitando calquera tipo de violencia. Para a instauración do mesmo, todo o profesorado recibiu a formación necesaria, por parte do coordinador do Programa TEI, D. Andrés González Bellido. Os protagonistas, son os propios nen@s, onde cada alumn@ de 5º e 6º de EP titorizará a un alumn@ de 3º de EP.
  57. 57. 57 Os alumn@s (titores e titorizados) realizaron diferentes actividades de formación, cohexión, cooperación, integración… que permitiron levar a cabo o proxecto. O programa ten unha dobre finalidade: - conseguir a formación TEI de todo o alumnado do centro nos vindeiros cursos (incluído ED. Infantil). - a continuación do Programa nos diferentes institutos da comarca, que tamén forman parte do proxecto. O acto de presentación do Programa TEI realizámolo o pasado mes de agosto na biblioteca do centro, convidamos a toda a comunidade educativa, representantes da Garda Civil e a do IES de Fene. Presentamos: o programa, os alumn@ titores e titorizados, asinaron o seu compromiso co programa e recibiron os seus correspondentes carnes e diplomas. O propio Programa TEI, tamén contará con un acto de clausura, que se realizou a finais de curso.
  58. 58. 58 A R08ÓT1CA N05 CA5A15 Para continuar coa introdución e aplicación das novas tecnoloxías no centro, outro aspecto que quixemos destacar neste curso, foi o noso interese pola introdución da robótica nas aulas, a través de diferentes tipos de robots, entre os que destacamos: Escornabot, DOC, Beebot, Mbot, LEGO WEDO… que empregaremos para traballar contidos das diferentes materias. O mesmo tempo que os tiñamos en conta para diferentes celebracións, como por exemplo para o Dia das Letras Galegas. Tamén aproveitamos a ocasión para realizar coas familias, unhas xornadas de formación, onde coñecían, interactuaban e se iniciaban con este tipo de tecnoloxía.
  59. 59. 59 A súa vez, e coa colaboración do ANPA, creamos un “Espazo “Maker” onde levaremos a cabo as diferentes actividades. Todo isto foi posible grazas a dotación de diferentes kits de montaxe de Mbot por parte da Consellería da Educación, xunto coa adquisición por parte do centro, de diferentes materiais tecnolóxicos (tablets, escornabots, Lego Wedo…).
  60. 60. 60 Consultorio da Señorita Pepis Querida Sr. Pepis, Como podemos saber se lle gustamos a un chico? Anónimo. Queridísimo anónimo, Esa pregunta véñenma facendo dende as miñas primeirísimas cartas, aquí tes un pequeno e simple esquema que de seguro che axuda a coñecer o que pensa ese mozo ou moza de ti.
  61. 61. 61 Hola, soy Girlfast, me gusta un chico de otro cole, pero para él no existo, qué hago? En este caso, querida Girlfast, aconsélloche que empregues o método científico, xa que se el con sabe da rúa existencia, terás que amosar con probas que si existes, coma a materia escura do universo, a noite e o día ou a tortilla de patacas con chourizo. Anota e sigue coidadosamente os seguintes pasos: 1. Achégate, amodo pero con decisión, ata a súa casa. 2. Chama ao timbre ou, no seu defecto, peta na porta. 3. Unha vez abra a porta, colócate diante del e di: “Ola, chámome Girlfast” Con estes sinxelos pasos, queda amplamente demostrada a túa existencia. De nada. Querida Señorita Pepis: A mis amigas les gusta mi primo y no sé que hacer. Podrías ayudarme? Anónimo. Querido Anónimo, Como que non sabes que facer? Está clarísimo, o teu curmán necesita un "communications manager", vamos, unha persoa que o axude a xestionar ese club de fans que ten. E aí, queridísimo anónimo, entras ti: Twitter, Facebook, youtube e instagram, que estea presente en tódolos medios para que o número de “followers” non deixe de medrar...E que che de unha cuantiosa bonificación a cambio, claro! Así, cos petos cheos de chuches, querido anónimo, esa pequena envexa, que percibo que lle tes ao teu curmán por ter tantas seguidoras, será moito más levadeira... Ola Sr. Pepis, Gústame un neno e non teño o seu número e me da vergoña falar con el, que fago? Benqueridísima, entendo que nos tempos ultratecnolóxicos nos que nos atopamos teñas dúbidas acerca de como relacionarte coas demais persoas: teléfono, correo electrónico, videochamada, youtube…?? Vouche dar unha idea ultra-super-mega-novidosa, igual paréceche unha loucura e un atraso, pero aí vai: en vez de falar por teléfono… podes falar cara a cara!! Alucinante, non si!!?? En fin, resolto o tema do número de teléfono, enfrontámonos ao problema da vergoña, iso é facilísimo!! Verás, so tes que imaxinar que estás a falar con alguén con quen teñas moita confianza, por exemplo teu pai ou túa nai. Dito isto…pensa ben o que lle vas dicir, porque se lle pides a paga ou a cea, non creo que queira saber nada de ti… 
  62. 62. 62 SPORTS CROSSWORD
  63. 63. 63 Ola, queridas familias! Eu son Micabigotes (Mica a secas, para a maioría), a gata bibliotecaria deste noso querido cole. Penso que non son necesarias moitas presentacións, porque xa todos me coñecedes. O que igual vos sorprende e que eu escriba na revista escolar, pero é que estou tan contenta que non podo deixar de contarlle a todo o mundo que neste curso "ampliamos" a biblioteca. Como? Que di esta tola?", preguntaranse algúns. "Pero se non fixemos obra ningunha", dirán outros. Mais esas persoas serán aquelas que non caeron aínda na conta do que conseguimos. Por iso quero contalo. A biblioteca Paula Carballeira foi sempre (ata onde eu lembro) unha biblioteca como ten que ser. Isto é: unha biblioteca convertida no recurso e no espazo fundamental do centro, cun papel imprescindible na implementación de plans ou proxectos dirixidos a adquisición de hábitos de lectura e de competencias clave. Todo o CEIP Plurilingüe Os Casais síntese moi orgulloso dela e eu, Mica, non podo, senón dar as grazas a todas aquelas persoas que, co seu esforzo e traballo, curso tras curso, axudáronme a conseguir que isto fose así. Pero igual pensabades que biblioteca é só a sala de arriba, onde temos os libros, o programa de rexistro e de préstamo, a sala de lectura... E moi normal pensar iso. Pero se ata lle teño posto un rótulo na porta que di: BIBLIOTECA! Mais non é así. Biblioteca é todo o centro. Si, si. Todo o centro é biblioteca. O que intentamos este ano foi que se notara. Así que…
  64. 64. 64 Micabigotes.
  65. 65. 65 o MURO D@s ARTISTAS Coñece máis do noso Proxecto na web Enlace: sites.google.com/site/unmurodeartistas/
  66. 66. 66 DESPEDIDA DE 6º As nenas e nenos de sexto xa nos temos que ir do cole. A maioría coñecémonos dende infantil e vivimos moitas experiencias divertidas coa nosa profe de infantil. Cando eramos pequen@s viamos aos maiores facer cosas chulas e queríamos ser como el@s, pero agora que o somos nós, non é tan divertido como parecía, porque sempre somos nós @s que temos que facer as cousas. Pero aínda así pasámolo moi ben e disfrutamos moito xunt@s deste tempo das nosas vidas. Tamén tivemos moita sorte coas nosas profes. Cando eramos pequerrech@s @s maiores metíannos medo sobre Maribel, a profe de quinto e sexto; pero en verdade, cando chegamos a aquí, descubrimos que é moi boa, apóianos nos bos e nos malos momentos. Todas as clases con ela son divertidas!!!! Ata as Matemáticas!!!! Cando estabamos en terceiro chegaron nenos novos, dos que só un esta agora; e o curso pasado marchou unha compañeira nosa para outro cole porque cambiou de casa. Así que queremos despedirnos de todos vos por todos os bos momentos que nos fixéschedes pasar xuntos. Ata a próxima, que esperamos que sexa pronto! Autor@s: Jennis Maloles Espiño - Clara Mandaradoni Yáñez - Breixo Riveiro Primoy Andrea Rivera Cuenca - Vanesa Yáñez Villar
  67. 67. 67 OS CACHORROS DE MARÍA VICTORIA MORENO Sería moi difícil entender a obra de María Victoria Moreno sen termos en conta o seu amor polos animais. Nuns tempos nos que había ben menos conciencia, a autora era xa unha abandeirada do benestar animal. É doado rastrexar ese compromiso nos seus libros, en E haberá tirón de orellas? (1997), conta a historia de Alma, unha cadeliña “bonita e pequena” que un día decide marchar da casa. Camiña cara a ningures Alma, a travesa cadela, e vai coa calma do sol, que nin para nin ten présa. -Que buscas?- pregunta un moucho que nese momento esperta. -Volve á casa- di a voz rouca dunha curuxa moi vella. (...) Por iso cala e matina, pon en orde as súas ideas, bota en falta a súa familia e cara ao lar corre á présa, aínda que o camiño é moi longo e haberá tirón de orellas.

Revista escolar do CEIP Plurilingüe Os Casais de Maniños. Curso 2017-18.

Views

Total views

2,588

On Slideshare

0

From embeds

0

Number of embeds

2,475

Actions

Downloads

0

Shares

0

Comments

0

Likes

0

×