SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
1
COMEZO DUNHA LONGA ETAPA
Por Mercedes Cachaza Platas
Era o día 1 se setembro do anos 1980 cando cheguei por primeira vez ó
Colexio do Xestal. Para empezar, a presentación ó Sr Director: D. Antonio Pampín
Suárez e a continuación ó Claustro de profesores daquel momento.
O Claustro estaba formado principalmente por profesorado procedente das
Escolas Unitarias da zona. Era maioritariamente feminino: Dona Rosario, Dona
Gloria, Dona Pilar, Dona Rufina, Dona Amelia e a súa irma xemelga: Dona Rosario,
Dona Concha, Dona Maruja, Dona Celia… entre outras das que xa non me lembro
neste momento.Entre os varóns estaban: Don Santos, Don Antonio, Don Ramón
(Mon), Don José, Don Gonzalo… ¿…? O grupo femenino, curioso por saber quen
viña de novo, empezou a interrogarme en lingua castelá:
-¿De que done vienes?
-Estuve siete años en Cataluña, uno en Fene y ahora vengo del Bierzo (León).
-¿Y ahora donde vives?
-Vivo en Vigo.
-¿Y vas a venir desde Vigo todos los días?
-¡Claro que si!
(Ignoraban que había un Vigo en Paderne)
Despois de aclararlles que vivía en Vigo de Paderne, xa me sentían máis
próxima; e cando lles dixen que fora á Escola Nacional de Churío (Irixoa), xa
empezaron a despexarse máis incógnitas. A nai de Dona Rufina tamén nacera en
Churío e tivera moitas veces á miña nai no seu regazo, porque a súa nai e maila miña
eran veciñas. Dona Rufina nacera e vivía en Santa Xiá de Monfero e eu nacera e
empezaba a vivir en San Xián de Vigo (Paderne). ¡Que coincidencia! Aí empezou unha
amistade que aínda dura a día de hoxe.
Dona Rufina foi un bo punto de apoio para introducirme pola vía rápida no
grupo das “MADRES FUNDAORAS” como deu en chamárselles a aquelas mestras
coas que naceu o que co tempo pasou a ser o que hoxe chamamos: C.P.I. “Virxe da
Cela”. Aclarar tamén que naquel intre había prazas para homes e prazas para mulleres.
Por esa razón eu cheguei un ano máis tarde que Don José e Don Gonzalo aínda que
eles tiñan o número de rexistro de persoal máis alto que o meu, pero chegaron ó Xestal
un ano antes por esa razón que hoxe chamaríamos de “discriminación por razón de
xénero”. Esa “discriminación” permitiume ir forzosa, un ano para un preciosísimo
pobo berciano onde pasei o ano máis feliz da miña vida profesional: foi para min un
regalo do ceo.
2
O feito de ter que ir ó Bierzo no primeiro destino forzoso, foi unha auténtica
gozada desde o aspecto profesional e o persoal. A nivel profesional foi unha experiencia
gratísima. Aínda é hoxe o día que sigo tendo exalumnos-amigos alí. E a nivel persoal
foi un cambio radical para a miña delicada saúde: os aires bercianos prestáronme tan
ben que a miña saúde corporal mellorou o cen por cen. De ser unha persoa enfermiza,
pasei a ser unha persoa sa. A partir daquel momento puiden comer de todo sen que
nada me sentara mal.
Pero para trasladarme alí tódolos fins de semana, tiña que cruzar o PORTO
DE PEDRAFITA DO CEBREIRO por unha estrada tan sinuosa e tan peliaguda
que máis ben parecía un camiño de carro. Estaba nun estado pésimo. Era no ao 1979,
cando andaban facendo as obras da autovía A-6 e máis o parque eólico de Sotavento e
cando te encontrabas cun camión cargado, tiñas que facer números para poder pasar.
Había tantas curvas que non se podían superar os corenta quilómetros por hora.
Moitas veces estiven a piques de quedarme durmida co cansanzo, pero –grazas a Deus-
aquí estou contando estas peripecias ós nenos de hoxe en día.
Esta experiencia vivida no Bierzo pasoume factura para inicia-la miña vida
profesional no Xestal, porque sempre me tocaba de elixir curso destrás de D. Gonzalo e
máis de D. José; pero iso non me quitou de ser moi feliz. No capítulo seguinte, falarei
do ben que me integrei como Profesora de Ensino Xeral Básico con alumnado do país.
Desde Vigo (Paderne) 18 de marzo de 2016.
MERCEDES CACHAZA PLATAS

More Related Content

What's hot (20)

16. experiencia escolar en fin de semana (1)
16.  experiencia escolar en fin de semana (1)16.  experiencia escolar en fin de semana (1)
16. experiencia escolar en fin de semana (1)
 
10. cambio de etapa
10.  cambio de etapa10.  cambio de etapa
10. cambio de etapa
 
9. amor á terra
9.  amor á terra9.  amor á terra
9. amor á terra
 
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
 
11. a importancia da escrita
11.  a importancia da escrita11.  a importancia da escrita
11. a importancia da escrita
 
Obradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTicaObradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTica
 
12. os nenos son os mellores mestres
12.  os nenos son os mellores mestres12.  os nenos son os mellores mestres
12. os nenos son os mellores mestres
 
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
 
17. remate dunha etapa
17.  remate dunha etapa17.  remate dunha etapa
17. remate dunha etapa
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Argalladas 2014 2015
Argalladas 2014  2015Argalladas 2014  2015
Argalladas 2014 2015
 
Revista 2010 2011 en word
Revista 2010  2011 en wordRevista 2010  2011 en word
Revista 2010 2011 en word
 
Revista completa
Revista completaRevista completa
Revista completa
 
Revista junta
Revista juntaRevista junta
Revista junta
 
revista cumes 2016
revista cumes 2016revista cumes 2016
revista cumes 2016
 
Crónica do acto
Crónica do actoCrónica do acto
Crónica do acto
 
Revista web
Revista webRevista web
Revista web
 
REVISTA CUMES
REVISTA CUMESREVISTA CUMES
REVISTA CUMES
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
 
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 

Viewers also liked

7. o pé de ouro
7.  o pé de ouro7.  o pé de ouro
7. o pé de ourosatelite1
 
María josé ramos 40º aniversario colegio
María josé ramos 40º aniversario colegioMaría josé ramos 40º aniversario colegio
María josé ramos 40º aniversario colegiosatelite1
 
O desastre demográfico visto desde o xestal
O desastre demográfico visto desde o xestalO desastre demográfico visto desde o xestal
O desastre demográfico visto desde o xestalsatelite1
 
Escolas viaxeiras 95 96
Escolas viaxeiras 95 96Escolas viaxeiras 95 96
Escolas viaxeiras 95 96satelite1
 
Escolas viaxeiras 2000 2001
Escolas viaxeiras 2000 2001Escolas viaxeiras 2000 2001
Escolas viaxeiras 2000 2001satelite1
 
Os inicios, por antonio gonzález lópez
Os inicios, por antonio gonzález lópezOs inicios, por antonio gonzález lópez
Os inicios, por antonio gonzález lópezsatelite1
 
3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)satelite1
 
6. ¡sorpresa, sorpresa!
6.  ¡sorpresa, sorpresa!6.  ¡sorpresa, sorpresa!
6. ¡sorpresa, sorpresa!satelite1
 
Xogos populares infantil
Xogos populares infantilXogos populares infantil
Xogos populares infantilsatelite1
 
Discurso 40 anos
Discurso 40 anosDiscurso 40 anos
Discurso 40 anossatelite1
 
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonioXeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antoniosatelite1
 
40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergiosatelite1
 

Viewers also liked (13)

7. o pé de ouro
7.  o pé de ouro7.  o pé de ouro
7. o pé de ouro
 
María josé ramos 40º aniversario colegio
María josé ramos 40º aniversario colegioMaría josé ramos 40º aniversario colegio
María josé ramos 40º aniversario colegio
 
O desastre demográfico visto desde o xestal
O desastre demográfico visto desde o xestalO desastre demográfico visto desde o xestal
O desastre demográfico visto desde o xestal
 
Escolas viaxeiras 95 96
Escolas viaxeiras 95 96Escolas viaxeiras 95 96
Escolas viaxeiras 95 96
 
Escolas viaxeiras 2000 2001
Escolas viaxeiras 2000 2001Escolas viaxeiras 2000 2001
Escolas viaxeiras 2000 2001
 
Os inicios, por antonio gonzález lópez
Os inicios, por antonio gonzález lópezOs inicios, por antonio gonzález lópez
Os inicios, por antonio gonzález lópez
 
3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
 
6. ¡sorpresa, sorpresa!
6.  ¡sorpresa, sorpresa!6.  ¡sorpresa, sorpresa!
6. ¡sorpresa, sorpresa!
 
Xogos populares infantil
Xogos populares infantilXogos populares infantil
Xogos populares infantil
 
Discurso 40 anos
Discurso 40 anosDiscurso 40 anos
Discurso 40 anos
 
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonioXeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
 
40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio
 
Recursos samain
Recursos samainRecursos samain
Recursos samain
 

Similar to 4. comezo dunha longa etapa

Presentación mulleres
Presentación mulleresPresentación mulleres
Presentación mulleresquendadeira
 
Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)satelite1
 
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.soUnidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.soMarlou
 
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos DaniO Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos Danivicente
 
O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avososnososavos
 
Diaz castro
Diaz castroDiaz castro
Diaz castromteribg
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigocenlf
 
Revista galegando 2014
Revista galegando 2014Revista galegando 2014
Revista galegando 2014TeacherBelen
 
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida CorrixidoO Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixidoosnososavos
 

Similar to 4. comezo dunha longa etapa (15)

Carreiros 6 (2007)
Carreiros 6 (2007)Carreiros 6 (2007)
Carreiros 6 (2007)
 
Manuel correa
Manuel correaManuel correa
Manuel correa
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Presentación mulleres
Presentación mulleresPresentación mulleres
Presentación mulleres
 
Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)
 
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.soUnidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.so
 
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos DaniO Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
 
O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avos
 
Diaz castro
Diaz castroDiaz castro
Diaz castro
 
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro FernándezMarina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
 
Revista toda juntga
Revista toda juntgaRevista toda juntga
Revista toda juntga
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
 
Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Revista galegando 2014
Revista galegando 2014Revista galegando 2014
Revista galegando 2014
 
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida CorrixidoO Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

4. comezo dunha longa etapa

  • 1. 1 COMEZO DUNHA LONGA ETAPA Por Mercedes Cachaza Platas Era o día 1 se setembro do anos 1980 cando cheguei por primeira vez ó Colexio do Xestal. Para empezar, a presentación ó Sr Director: D. Antonio Pampín Suárez e a continuación ó Claustro de profesores daquel momento. O Claustro estaba formado principalmente por profesorado procedente das Escolas Unitarias da zona. Era maioritariamente feminino: Dona Rosario, Dona Gloria, Dona Pilar, Dona Rufina, Dona Amelia e a súa irma xemelga: Dona Rosario, Dona Concha, Dona Maruja, Dona Celia… entre outras das que xa non me lembro neste momento.Entre os varóns estaban: Don Santos, Don Antonio, Don Ramón (Mon), Don José, Don Gonzalo… ¿…? O grupo femenino, curioso por saber quen viña de novo, empezou a interrogarme en lingua castelá: -¿De que done vienes? -Estuve siete años en Cataluña, uno en Fene y ahora vengo del Bierzo (León). -¿Y ahora donde vives? -Vivo en Vigo. -¿Y vas a venir desde Vigo todos los días? -¡Claro que si! (Ignoraban que había un Vigo en Paderne) Despois de aclararlles que vivía en Vigo de Paderne, xa me sentían máis próxima; e cando lles dixen que fora á Escola Nacional de Churío (Irixoa), xa empezaron a despexarse máis incógnitas. A nai de Dona Rufina tamén nacera en Churío e tivera moitas veces á miña nai no seu regazo, porque a súa nai e maila miña eran veciñas. Dona Rufina nacera e vivía en Santa Xiá de Monfero e eu nacera e empezaba a vivir en San Xián de Vigo (Paderne). ¡Que coincidencia! Aí empezou unha amistade que aínda dura a día de hoxe. Dona Rufina foi un bo punto de apoio para introducirme pola vía rápida no grupo das “MADRES FUNDAORAS” como deu en chamárselles a aquelas mestras coas que naceu o que co tempo pasou a ser o que hoxe chamamos: C.P.I. “Virxe da Cela”. Aclarar tamén que naquel intre había prazas para homes e prazas para mulleres. Por esa razón eu cheguei un ano máis tarde que Don José e Don Gonzalo aínda que eles tiñan o número de rexistro de persoal máis alto que o meu, pero chegaron ó Xestal un ano antes por esa razón que hoxe chamaríamos de “discriminación por razón de xénero”. Esa “discriminación” permitiume ir forzosa, un ano para un preciosísimo pobo berciano onde pasei o ano máis feliz da miña vida profesional: foi para min un regalo do ceo.
  • 2. 2 O feito de ter que ir ó Bierzo no primeiro destino forzoso, foi unha auténtica gozada desde o aspecto profesional e o persoal. A nivel profesional foi unha experiencia gratísima. Aínda é hoxe o día que sigo tendo exalumnos-amigos alí. E a nivel persoal foi un cambio radical para a miña delicada saúde: os aires bercianos prestáronme tan ben que a miña saúde corporal mellorou o cen por cen. De ser unha persoa enfermiza, pasei a ser unha persoa sa. A partir daquel momento puiden comer de todo sen que nada me sentara mal. Pero para trasladarme alí tódolos fins de semana, tiña que cruzar o PORTO DE PEDRAFITA DO CEBREIRO por unha estrada tan sinuosa e tan peliaguda que máis ben parecía un camiño de carro. Estaba nun estado pésimo. Era no ao 1979, cando andaban facendo as obras da autovía A-6 e máis o parque eólico de Sotavento e cando te encontrabas cun camión cargado, tiñas que facer números para poder pasar. Había tantas curvas que non se podían superar os corenta quilómetros por hora. Moitas veces estiven a piques de quedarme durmida co cansanzo, pero –grazas a Deus- aquí estou contando estas peripecias ós nenos de hoxe en día. Esta experiencia vivida no Bierzo pasoume factura para inicia-la miña vida profesional no Xestal, porque sempre me tocaba de elixir curso destrás de D. Gonzalo e máis de D. José; pero iso non me quitou de ser moi feliz. No capítulo seguinte, falarei do ben que me integrei como Profesora de Ensino Xeral Básico con alumnado do país. Desde Vigo (Paderne) 18 de marzo de 2016. MERCEDES CACHAZA PLATAS