SlideShare a Scribd company logo
1 of 9
Download to read offline
Literatura Galega
                                 do Século XX e da Actualidade

                                  Olimpio Arca



                                          Entrevista
                                   IES Manuel García Barros
                                          A Estrada
                                                                  Texto: © Cc-by-sa-3.0
                                                          Fotos: © Todos os dereitos reservados
martes 18 de diciembre de 2012
Olimpio Arca

               1.    Supoñemos que as súas lembranzas da República sexan case nulas pero como lembra Vostede a Guerra Civil e as súas
                     consecuencias posteriores? Houbo circunstancias devengadas destas vivencias persoais que o marcasen a nivel individual?
                O primeiro recordo corresponde aos carteis de “Votad al Estatuto de Galicia”. Había un cartel no portalón da casa dunha dona
                chamada Alicia e todos os nenos deveciamos por borrarlle o G.
                Sen embargo dous feitos magoaron fondamente o meu espíritu de neno: presenciar a brutal paliza que un mestre lle propinou a
                un compañeiro de once anos por negarse a cantar o “Cara al sol”. O mestre ben sabía que era fillo dun coñecido afiliado ao
                Frente Popular.
                Así mesmo, os domingos do 1937 e 38, unha panda de mozos dunha localidade veciña chegaban nunha furgoneta vestidos con
                uniforme e bandeiras fascistas e co grito “Arriba España”, brazo en alto, obrigaban aos veciños a corresponder co saúdo . Un
                deses domingos, a un mozo que ía á herba coa cesta e o fouciño, ocorréuselle, malpocado, erguer o fouciño. Se súpeto o coche
                dos fascistas freou e, como feras, colléreno e metérono na furgoneta. Apareceu días despois todo mazado.

               2.    Vostede naceu na mesma vila en que dous insignes galeguistas “paseados” no 36 (Roberto Blanco Torres e Xoán Xesús
                     González). Puideron influír estes dous viciños no seu compromiso posterior con Galiza, aínda que Vostede puider ter
                     coñecemento deles máis tarde cós acontecementos?

                Souben de Xoán Xesús González por miña nai, que mo puña de exemplo polo seu ascenso social (de canteiro a avogado), por mor
                dos estudos. De Blanco Torres tiven novas aos vinte anos. Penso que non influíron no meu pensamento.

               3.    Sempre foi coñecido Vostede polo seu labor de MESTRE (en maiúsculas), mais podería decirnos se había grandes diferenzas
                     entre o labor docente dos anos cincuenta e sesenta e o ensino durante a democracia?

                O ensino foi para min unha fonda vocación. Dende os dezaoito anos, sempre puxen escola: no verán, na casa, aos rapaces da
                contorna; no inverno, clases nocturnas a mozos. Fun cofundador en Cuntis da Academia Lumen (1949); cofundador da Academia
                San Pelayo na Estrada (1961), con clases de bacharelato e maxisterio e impartín clases particulares fóra do horario oficial da
                escola pública.
                Ata 1970, o material didáctico, os libros, eran moi escasos e moitas veces antipedagóxicos e as condicións dos locais onde se
                impartía escola non eran os máis axeitados (ausencia de aseos). O ensino memorístico era característico do nacionalcatolicismo
                do Réxime. O mestre desfrutaba de consideración social, malia o soldo de miseria co que era retribuído.
                No ano 1975 comeza o desenvolvemento económico, orfo do necesario desenvolvemento intelectual. Melloran as escolas, os libros
                e o material didáctico resultan máis aceptables pero nas familias mingua a autoridade dos pais. Os alumnos, axudados por leis
                permisivas no rendemento escolar baixaron no proveito do estudo e o mestre, progresivamente, vai perdendo autoridade social.
                En resume, o labor docente atopa máis facilidades pero a receptividade do alumno é menor.




martes 18 de diciembre de 2012
Olimpio Arca

               4.    Hai varios datos que nos indican o seu compromiso coa docencia e as inxustizas que nela había. Foi dura a súa loita por
                     acadar unha escola unitaria de nenas e nenos a fins dos anos sesenta?

                O nacionalcatolicismo tiña o concepto do sexo coma un tabú e ordeou a separación de xéneros.
                Cando en Couso se nos entregan as dúas aulas nun mesmo edificio, pensei no absurdo da
                educación dos mesmos coñecementos en aulas distintas. Expoño a idea da integración á
                mestra, que o entende ben, pero teme á Administración. Entrevisteime co Inspector quen, coa
                lei na man, intenta disuadirme de tal idea. Pero como tiña eu certa ascendencia sobre aquel
                inspector (dúas fillas súas asistían ás miñas clases particulares), insistín pero, malia que el
                tamén compartía a miña idea, non estaba disposto a “quebrantar a lei”. Na terceira ou cuarta
                entrevista claudicou: “Alá ti, eu non sei nada”. Fixemos a unificación e o inspector non volveu
                facer visitas.

               5.    Outro do seu compromiso co ensino foi o de enfócalo cara a unha vertente máis práctica
                     ca teórica como demostra a súa tendencia de sempre a fomentar as actividades. Supuña
                     iso unha innovación na docencia da época ou máis ben unha corrente xa máis extendida?

               Recordaba que de neno, na escola, sacáballe máis proveito ás excursións que ás ensinanzas na
               aula.
               No ano 1946, nas clases particulares substituía, ás veces, a clase por unha excursión na mesma
               aldea: os hórreos, os cabazos, as palleiras,… servían para a historia alimenticia da humanidade.
               A carballeira era un libro aberto de ciencias, etc.                                                Obra de Olimpio Arca,
               Comprobei os bos resultados e non me pareceu innovación senón unha forma leda do ensino.                 “O Tren”
               Non estaba extendida esta modalidade, de feito había compañeiros que me criticaban.

               6.    Nos seus primeiros tempos como docente este labor estaba bastante prestixiado socialmente. Que pensa Vostede na
                     actualidade cando vemos que este labor carece abondo dese prestixio tan necesario?

               Dixen antes que o desenvolvemento económico non veu parello co desenvolvemento cultural. Nunha sociedade onde impera o
               espíritu de que “vale quen ten”, o mestre perdeu o prestixio. Como mostra, un diálogo sostido alá no ano 93, na etapa final da
               miña docencia, cun alumno ao que eu trataba de inculcarlle a importancia do estudo na súa vida futura:
               “-Mestre, de que vale tanto estudo: ti cantos pisos tes?
               –Un- respondinlle.
               -Bo, meu pai non é mestre e ten tres…”




martes 18 de diciembre de 2012
Olimpio Arca


               7.    Desas actividades prácticas posibelmente a máis empregada por Vostede foi o
                     teatro. Por que se decidiu por ese xénero dinamizador? Foi este aspecto o que máis
                     satisfaccións lle supuxo? Foi este o xénero literario no que primeiro puxo a súa
                     pluma?


                Tres horas seguidas de clase poden levar ao alumno ao desinterés pola materia ou ao
                cansanzo. Resulta necesario un descanso ledo: cantar, debuxar, imitar… como eu non
                sabía entoar e o debuxo dábaseme moi mal, pensei na lectura escenificada dun conto
                breve. Recordo que na lectura do diálogo do pastor co lobo para que non lle comera a
                ovelliña, moitos nenos de sete anos tiñan bágoas nos ollos. Así comecei: primeiro,
                lectura expresiva, segundo, diálogos entre alumnos, terceiro, escenificación.
                                                                                                         Olimpio Arca co alumnado de Literatura
                                                                                                         Galega do século XX e da actualidade no
                                                                                                                IES Manuel García Barros.
               8.    E seguindo co teatro, sabemos que moitas das súas pezas ao final saíron do baúl para seren publicadas e daquela
                     transmitidas a outras xeracións. Aínda quedan algunhas no baúl ou xa volveron todas a cobrar vida?

                Só quedan no baúl uns cantos “esqueches” da conmemoración de distintas datas: a festa da árbore, o Día das Letras Galegas, o
                día do libro, o día da paz….


               9.    Que lle supuxo maiores satisfaccións, os múltiples premios acadados polo seu labor docente e polas actividades
                     desenvolvidas ou ver as súas obras teatrais postas en escena polo seu alumnado?

                A maior satisfacción como docente foi xestionar e acadar para os nenos da zona de Vea a implantación da Segunda Etapa, oito
                anos antes da construción do edificio do colexio. Logo, no teatro a gran satisfacción foi saber que dúas obriñas de teatro escolar
                miñas estiveran nos andeis da Feira do Libro de Frankfurt.




martes 18 de diciembre de 2012
Olimpio Arca
               10.    Supoñemos que de todos os premios acadados gardará gratos recordos pero con cal ou cales se quedaría e por que? Que sente
                      unha persoa cando pasea, parrafea ou simplemente pasa por unha rúa que leva o seu nome?

                O premio máis importante foi a concesión da Cruz da Orden de Alfonso X El Sabio, no ano 1977,
                por iniciativa do Ministerio de Educación e Ciencia. Mérito que me foi outorgado con tan só 49
                anos, cando o normal é a súa concesión logo de toda unha vida adicada á educación, á docencia.
                Ao respecto da segunda pregunta, direivos que polo antigo camiño parello á rúa que leva o meu
                nome en Cuntis, ía ao muíño, ás troitas, ás clases de bacharelato,… así que, cando agora paso por
                aquel lugar, voltan os recordos infantís e vivencias inesquecibles.


                11.   Outro dos xéneros que máis cultivou foi o ensaio. Que pretendeu vostede coa maior parte
                      dos seus ensaios? Era vostede consciente ao escribir os ensaios que estaba a sacar á luz
                      moita memoria histórica de personaxes e oficios abondo esquecidos dos seus pobos de                 Inauguración dunha rúa ao
                      nacemento e “adopción”?
                                                                                                                             seu nome en Cuntis.
                Coa edición dos ensaios buscaba en exclusiva, elevar a autoestima dos lectores galegos.                    Fonte: La Voz de Galicia.

               12.    Supoñemos que non se quererá mollar e ser “políticamente correcto” pero con todo imos preguntarllo: é Vostede de onde
                      naceu ou de onde paceu?


                Nunca fun politicamente correcto, pois teño no meu currículo o feito de desertar de concelleiro de educación do Concello da
                Estrada antes de mediar a lexislatura.
                Dixo Rilke que a patria do home era a súa infancia. Non sei eu cantos anos tería Rilke cando fixo esta afirmación. Na longa costa da
                vida, canto máis arriba estás, máis afloran as lembranzas da infancia, pero vas quedando só pola ausencia daqueles íntimos amigos.
                Agora, tes outros compañeiros que comparten unha existencia común. O corazón ten catro cavidades: dúas para a infancia, dúas
                para a vellez.

               13.    Que está a escribir ou que lle queda por escribir? Hai algo que, ou sobre que, lle gustaría investigar e escribir?

                Na actualidade comparto investigación co secretario da Fundación Terratermarum de Castrolandín, Cuntis, Mario Touceda para
                compoñer unha obra de teatro sobre unha voda celta. O noso desexo é representala unha noite de plenilunio na cima do castro.




martes 18 de diciembre de 2012
Olimpio Arca

               14.    Foi quen de transmitir a afección por escribir, investigar… a achegados, alumnado?...

                Sei de alumnos que fixeron os seus “pinitos” na literatura, e abofé que a máis dun lle picou algunha vez o verme da investigación.



               15.    Vostede foi dos precursores do castro de Castro Landín. Agardaba daquela que este proxecto de recuperación acadase o
                      recoñecemento actual?

                Era socio de “Amigos dos castros de Cuntis”. Cando empezamos as xestións para a posta en valor do castro de Castrolandín houbo
                que asinar documentos coa Universidade, coa Xunta de Galicia, coa Comunidade Europea e, como eu era o máis vello do grupo,
                nomeáronme para comezar as xestións. Agora ben, todo o traballo para acadar o resultado actual débese ao labor do secretario da
                Fundación, Mario Touceda. Eu fun só un testaferro. Estou plenamente satisfeito dos riscos que houbo que afrontar e da resposta
                favorable dos donos dos terreos e do concello de Cuntis.


                16.   E para rematarmos, desde a voz da súa experiencia, como albisca o futuro da nosa cultura e do noso idioma? E o da xuventude
                      actual nestes eidos?

                Penso, espero, que a cultura galega seguirá unha liña ascendente. A lingua precisa dun cambio forte no pensamento dos galegos.




                                                                      Olimpio Arca co alumnado de Literatura
                                                                      Galega do s. XX no IES Manuel Garcia
                                                                                     Barros.




martes 18 de diciembre de 2012
A R IO
                                       IO N
                                   ES T
                                 CU



martes 18 de diciembre de 2012
Un personaxe galego e
                                                          un estranxeiro?
                                                                                           Un p
                               obra
                                                           Ramón Verea               ficci ersonax
                             a                                                              ón c
                         unh                             García e Alexander       Om             o qu e de cien
                    /-a e gos?                                                          estre          e se i        c
                                                                                                              dent ia-
                utor gale                                     Fleming                          de S
              a
         /ha raria              súa                                               alum
                                                                                          no d      hun            ifiqu
                          sea
     U n                                                                                                  ko. S          e?
              ite                                                                  And          unh
            l         iva                                                                es ar       a esc       hun
               lo R a                                                             nove         xent        ola r      ko er
           ano                                                                         la S         inos         ural       a
         M         obr                                                                       hun
                                                                                                  ko é
                                                                                                          .Oa
                                                                                                                utor
                                                                                                                       nos
                                                                                                        Jorge         da
                                                     Un/ha autor/-a e   unha obra                              Ábal
                                                                                                                     os
                                                        literaria estranxeiros?
                      o
                 ment                               Jorge Luis Borges. Hamlet, de
              nu bel?                                         Shakespeare
           mo tá
         Un lien
           sa
                     de
                    al                                                                        Unha película de cine
                edr go
             cat tia
            A an
                                                                                                 Los chicos del coro
                                                           l?                 Cal é
              S                                    te atra                        a súa
                                            obra                teiro           insp      fonte
                                     Unha
                                                   ca rpin                           iraci
                                                                                           ón?
                                                                                                de
                                        is do                                  A  vida
                                 O   láp                                                 cotiá


martes 18 de diciembre de 2012
Un feito histórico?            Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?
             O voo do Plus Ultra, de               A illa de Madeira e Cuntis
                 Ramón Franco

                                                      a?                      Un l
                                               u topí                               ugar
              Un tipo                   Unha                                             axeit
                      de músi                   l egos os                             lectu ado para
               Unha ca        ca?
                                          O s ga se tod                   Om               ra?       a
                        nción?
                                               ndo gua                          ostei
          Melódica                        resá lin
                                       exp súa
                                                                                        ro de
       noite na
                   , Unha
                                          na                                         de S Ribas
                eira do t
                          rigo
                                                                                          il
                                                            Outro entretemento
                                                           ademais da literatura?

                           ?                                  A numismática
                       ano              Un/h
                 l /urb ?                   a
                                       quen autor/-
          o rura taña                                  a con                                              ?
    M und /mon                             se id
                                                 entif                                              l izar
       Pr aia          taña                            ique                                   r rea
                  mon                   No  n ch            ?                          eio po            da
            ral e dia
        Ru me                                    ego a                        Un
                                                                                 anc            r afía
                                                                                                      s
                                          tant                                           f otog
                                               o….                                   r as a vida
                                                                               O rdea miñ



martes 18 de diciembre de 2012

More Related Content

What's hot

Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeAsnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández pazAsnosasletras
 
Fraguas en 25 diapositivas
Fraguas en 25 diapositivasFraguas en 25 diapositivas
Fraguas en 25 diapositivastudense
 
Carvalho Calero (por Laura Rubio)
Carvalho Calero (por Laura Rubio)Carvalho Calero (por Laura Rubio)
Carvalho Calero (por Laura Rubio)Marlou
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoAsnosasletras
 
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Lecturas 25 n 2015. CPI As Revoltas
Lecturas 25 n 2015. CPI As RevoltasLecturas 25 n 2015. CPI As Revoltas
Lecturas 25 n 2015. CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
Memoria Follas Novas (1)
Memoria Follas Novas (1)Memoria Follas Novas (1)
Memoria Follas Novas (1)Encarna Lago
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeAsnosasletras
 
Fina Casalderrey
Fina CasalderreyFina Casalderrey
Fina CasalderreyJose Ramos
 

What's hot (20)

Fernán vello
Fernán velloFernán vello
Fernán vello
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio FerreiroCelso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreiro
 
Fraguas en 25 diapositivas
Fraguas en 25 diapositivasFraguas en 25 diapositivas
Fraguas en 25 diapositivas
 
Carvalho Calero (por Laura Rubio)
Carvalho Calero (por Laura Rubio)Carvalho Calero (por Laura Rubio)
Carvalho Calero (por Laura Rubio)
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Suso de toro
Suso de toroSuso de toro
Suso de toro
 
Lecturas 25 n 2015. CPI As Revoltas
Lecturas 25 n 2015. CPI As RevoltasLecturas 25 n 2015. CPI As Revoltas
Lecturas 25 n 2015. CPI As Revoltas
 
Memoria Follas Novas (1)
Memoria Follas Novas (1)Memoria Follas Novas (1)
Memoria Follas Novas (1)
 
Bernardiño graña
Bernardiño grañaBernardiño graña
Bernardiño graña
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Fiadeiro 2017
Fiadeiro 2017Fiadeiro 2017
Fiadeiro 2017
 
Marilar aleixandre
Marilar aleixandreMarilar aleixandre
Marilar aleixandre
 
Fina Casalderrey
Fina CasalderreyFina Casalderrey
Fina Casalderrey
 

Similar to Olimpio arca

María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé QueizánAsnosasletras
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández pazAsnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Manuel Busto
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaAsnosasletras
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideAsnosasletras
 
Folletos informativos
Folletos informativosFolletos informativos
Folletos informativospazlorenzo
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasAsnosasletras
 
Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010
Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010
Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010cenlf
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoAsnosasletras
 

Similar to Olimpio arca (20)

María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
Euloxio r
Euloxio rEuloxio r
Euloxio r
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Euloxio r. ruibal
Euloxio r. ruibalEuloxio r. ruibal
Euloxio r. ruibal
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
As mestras e a literatura
As mestras e  a  literaturaAs mestras e  a  literatura
As mestras e a literatura
 
Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
 
Xosé ignacio taibo
Xosé ignacio taiboXosé ignacio taibo
Xosé ignacio taibo
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
Folletos informativos
Folletos informativosFolletos informativos
Folletos informativos
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010
Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010
Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 

More from Asnosasletras

More from Asnosasletras (20)

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 

Olimpio arca

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Olimpio Arca Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados martes 18 de diciembre de 2012
  • 2. Olimpio Arca 1. Supoñemos que as súas lembranzas da República sexan case nulas pero como lembra Vostede a Guerra Civil e as súas consecuencias posteriores? Houbo circunstancias devengadas destas vivencias persoais que o marcasen a nivel individual? O primeiro recordo corresponde aos carteis de “Votad al Estatuto de Galicia”. Había un cartel no portalón da casa dunha dona chamada Alicia e todos os nenos deveciamos por borrarlle o G. Sen embargo dous feitos magoaron fondamente o meu espíritu de neno: presenciar a brutal paliza que un mestre lle propinou a un compañeiro de once anos por negarse a cantar o “Cara al sol”. O mestre ben sabía que era fillo dun coñecido afiliado ao Frente Popular. Así mesmo, os domingos do 1937 e 38, unha panda de mozos dunha localidade veciña chegaban nunha furgoneta vestidos con uniforme e bandeiras fascistas e co grito “Arriba España”, brazo en alto, obrigaban aos veciños a corresponder co saúdo . Un deses domingos, a un mozo que ía á herba coa cesta e o fouciño, ocorréuselle, malpocado, erguer o fouciño. Se súpeto o coche dos fascistas freou e, como feras, colléreno e metérono na furgoneta. Apareceu días despois todo mazado. 2. Vostede naceu na mesma vila en que dous insignes galeguistas “paseados” no 36 (Roberto Blanco Torres e Xoán Xesús González). Puideron influír estes dous viciños no seu compromiso posterior con Galiza, aínda que Vostede puider ter coñecemento deles máis tarde cós acontecementos? Souben de Xoán Xesús González por miña nai, que mo puña de exemplo polo seu ascenso social (de canteiro a avogado), por mor dos estudos. De Blanco Torres tiven novas aos vinte anos. Penso que non influíron no meu pensamento. 3. Sempre foi coñecido Vostede polo seu labor de MESTRE (en maiúsculas), mais podería decirnos se había grandes diferenzas entre o labor docente dos anos cincuenta e sesenta e o ensino durante a democracia? O ensino foi para min unha fonda vocación. Dende os dezaoito anos, sempre puxen escola: no verán, na casa, aos rapaces da contorna; no inverno, clases nocturnas a mozos. Fun cofundador en Cuntis da Academia Lumen (1949); cofundador da Academia San Pelayo na Estrada (1961), con clases de bacharelato e maxisterio e impartín clases particulares fóra do horario oficial da escola pública. Ata 1970, o material didáctico, os libros, eran moi escasos e moitas veces antipedagóxicos e as condicións dos locais onde se impartía escola non eran os máis axeitados (ausencia de aseos). O ensino memorístico era característico do nacionalcatolicismo do Réxime. O mestre desfrutaba de consideración social, malia o soldo de miseria co que era retribuído. No ano 1975 comeza o desenvolvemento económico, orfo do necesario desenvolvemento intelectual. Melloran as escolas, os libros e o material didáctico resultan máis aceptables pero nas familias mingua a autoridade dos pais. Os alumnos, axudados por leis permisivas no rendemento escolar baixaron no proveito do estudo e o mestre, progresivamente, vai perdendo autoridade social. En resume, o labor docente atopa máis facilidades pero a receptividade do alumno é menor. martes 18 de diciembre de 2012
  • 3. Olimpio Arca 4. Hai varios datos que nos indican o seu compromiso coa docencia e as inxustizas que nela había. Foi dura a súa loita por acadar unha escola unitaria de nenas e nenos a fins dos anos sesenta? O nacionalcatolicismo tiña o concepto do sexo coma un tabú e ordeou a separación de xéneros. Cando en Couso se nos entregan as dúas aulas nun mesmo edificio, pensei no absurdo da educación dos mesmos coñecementos en aulas distintas. Expoño a idea da integración á mestra, que o entende ben, pero teme á Administración. Entrevisteime co Inspector quen, coa lei na man, intenta disuadirme de tal idea. Pero como tiña eu certa ascendencia sobre aquel inspector (dúas fillas súas asistían ás miñas clases particulares), insistín pero, malia que el tamén compartía a miña idea, non estaba disposto a “quebrantar a lei”. Na terceira ou cuarta entrevista claudicou: “Alá ti, eu non sei nada”. Fixemos a unificación e o inspector non volveu facer visitas. 5. Outro do seu compromiso co ensino foi o de enfócalo cara a unha vertente máis práctica ca teórica como demostra a súa tendencia de sempre a fomentar as actividades. Supuña iso unha innovación na docencia da época ou máis ben unha corrente xa máis extendida? Recordaba que de neno, na escola, sacáballe máis proveito ás excursións que ás ensinanzas na aula. No ano 1946, nas clases particulares substituía, ás veces, a clase por unha excursión na mesma aldea: os hórreos, os cabazos, as palleiras,… servían para a historia alimenticia da humanidade. A carballeira era un libro aberto de ciencias, etc. Obra de Olimpio Arca, Comprobei os bos resultados e non me pareceu innovación senón unha forma leda do ensino. “O Tren” Non estaba extendida esta modalidade, de feito había compañeiros que me criticaban. 6. Nos seus primeiros tempos como docente este labor estaba bastante prestixiado socialmente. Que pensa Vostede na actualidade cando vemos que este labor carece abondo dese prestixio tan necesario? Dixen antes que o desenvolvemento económico non veu parello co desenvolvemento cultural. Nunha sociedade onde impera o espíritu de que “vale quen ten”, o mestre perdeu o prestixio. Como mostra, un diálogo sostido alá no ano 93, na etapa final da miña docencia, cun alumno ao que eu trataba de inculcarlle a importancia do estudo na súa vida futura: “-Mestre, de que vale tanto estudo: ti cantos pisos tes? –Un- respondinlle. -Bo, meu pai non é mestre e ten tres…” martes 18 de diciembre de 2012
  • 4. Olimpio Arca 7. Desas actividades prácticas posibelmente a máis empregada por Vostede foi o teatro. Por que se decidiu por ese xénero dinamizador? Foi este aspecto o que máis satisfaccións lle supuxo? Foi este o xénero literario no que primeiro puxo a súa pluma? Tres horas seguidas de clase poden levar ao alumno ao desinterés pola materia ou ao cansanzo. Resulta necesario un descanso ledo: cantar, debuxar, imitar… como eu non sabía entoar e o debuxo dábaseme moi mal, pensei na lectura escenificada dun conto breve. Recordo que na lectura do diálogo do pastor co lobo para que non lle comera a ovelliña, moitos nenos de sete anos tiñan bágoas nos ollos. Así comecei: primeiro, lectura expresiva, segundo, diálogos entre alumnos, terceiro, escenificación. Olimpio Arca co alumnado de Literatura Galega do século XX e da actualidade no IES Manuel García Barros. 8. E seguindo co teatro, sabemos que moitas das súas pezas ao final saíron do baúl para seren publicadas e daquela transmitidas a outras xeracións. Aínda quedan algunhas no baúl ou xa volveron todas a cobrar vida? Só quedan no baúl uns cantos “esqueches” da conmemoración de distintas datas: a festa da árbore, o Día das Letras Galegas, o día do libro, o día da paz…. 9. Que lle supuxo maiores satisfaccións, os múltiples premios acadados polo seu labor docente e polas actividades desenvolvidas ou ver as súas obras teatrais postas en escena polo seu alumnado? A maior satisfacción como docente foi xestionar e acadar para os nenos da zona de Vea a implantación da Segunda Etapa, oito anos antes da construción do edificio do colexio. Logo, no teatro a gran satisfacción foi saber que dúas obriñas de teatro escolar miñas estiveran nos andeis da Feira do Libro de Frankfurt. martes 18 de diciembre de 2012
  • 5. Olimpio Arca 10. Supoñemos que de todos os premios acadados gardará gratos recordos pero con cal ou cales se quedaría e por que? Que sente unha persoa cando pasea, parrafea ou simplemente pasa por unha rúa que leva o seu nome? O premio máis importante foi a concesión da Cruz da Orden de Alfonso X El Sabio, no ano 1977, por iniciativa do Ministerio de Educación e Ciencia. Mérito que me foi outorgado con tan só 49 anos, cando o normal é a súa concesión logo de toda unha vida adicada á educación, á docencia. Ao respecto da segunda pregunta, direivos que polo antigo camiño parello á rúa que leva o meu nome en Cuntis, ía ao muíño, ás troitas, ás clases de bacharelato,… así que, cando agora paso por aquel lugar, voltan os recordos infantís e vivencias inesquecibles. 11. Outro dos xéneros que máis cultivou foi o ensaio. Que pretendeu vostede coa maior parte dos seus ensaios? Era vostede consciente ao escribir os ensaios que estaba a sacar á luz moita memoria histórica de personaxes e oficios abondo esquecidos dos seus pobos de Inauguración dunha rúa ao nacemento e “adopción”? seu nome en Cuntis. Coa edición dos ensaios buscaba en exclusiva, elevar a autoestima dos lectores galegos. Fonte: La Voz de Galicia. 12. Supoñemos que non se quererá mollar e ser “políticamente correcto” pero con todo imos preguntarllo: é Vostede de onde naceu ou de onde paceu? Nunca fun politicamente correcto, pois teño no meu currículo o feito de desertar de concelleiro de educación do Concello da Estrada antes de mediar a lexislatura. Dixo Rilke que a patria do home era a súa infancia. Non sei eu cantos anos tería Rilke cando fixo esta afirmación. Na longa costa da vida, canto máis arriba estás, máis afloran as lembranzas da infancia, pero vas quedando só pola ausencia daqueles íntimos amigos. Agora, tes outros compañeiros que comparten unha existencia común. O corazón ten catro cavidades: dúas para a infancia, dúas para a vellez. 13. Que está a escribir ou que lle queda por escribir? Hai algo que, ou sobre que, lle gustaría investigar e escribir? Na actualidade comparto investigación co secretario da Fundación Terratermarum de Castrolandín, Cuntis, Mario Touceda para compoñer unha obra de teatro sobre unha voda celta. O noso desexo é representala unha noite de plenilunio na cima do castro. martes 18 de diciembre de 2012
  • 6. Olimpio Arca 14. Foi quen de transmitir a afección por escribir, investigar… a achegados, alumnado?... Sei de alumnos que fixeron os seus “pinitos” na literatura, e abofé que a máis dun lle picou algunha vez o verme da investigación. 15. Vostede foi dos precursores do castro de Castro Landín. Agardaba daquela que este proxecto de recuperación acadase o recoñecemento actual? Era socio de “Amigos dos castros de Cuntis”. Cando empezamos as xestións para a posta en valor do castro de Castrolandín houbo que asinar documentos coa Universidade, coa Xunta de Galicia, coa Comunidade Europea e, como eu era o máis vello do grupo, nomeáronme para comezar as xestións. Agora ben, todo o traballo para acadar o resultado actual débese ao labor do secretario da Fundación, Mario Touceda. Eu fun só un testaferro. Estou plenamente satisfeito dos riscos que houbo que afrontar e da resposta favorable dos donos dos terreos e do concello de Cuntis. 16. E para rematarmos, desde a voz da súa experiencia, como albisca o futuro da nosa cultura e do noso idioma? E o da xuventude actual nestes eidos? Penso, espero, que a cultura galega seguirá unha liña ascendente. A lingua precisa dun cambio forte no pensamento dos galegos. Olimpio Arca co alumnado de Literatura Galega do s. XX no IES Manuel Garcia Barros. martes 18 de diciembre de 2012
  • 7. A R IO IO N ES T CU martes 18 de diciembre de 2012
  • 8. Un personaxe galego e un estranxeiro? Un p obra Ramón Verea ficci ersonax a ón c unh García e Alexander Om o qu e de cien /-a e gos? estre e se i c dent ia- utor gale Fleming de S a /ha raria súa alum no d hun ifiqu sea U n ko. S e? ite And unh l iva es ar a esc hun lo R a nove xent ola r ko er ano la S inos ural a M obr hun ko é .Oa utor nos Jorge da Un/ha autor/-a e unha obra Ábal os literaria estranxeiros? o ment Jorge Luis Borges. Hamlet, de nu bel? Shakespeare mo tá Un lien sa de al Unha película de cine edr go cat tia A an Los chicos del coro l? Cal é S te atra a súa obra teiro insp fonte Unha ca rpin iraci ón? de is do A vida O láp cotiá martes 18 de diciembre de 2012
  • 9. Un feito histórico? Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? O voo do Plus Ultra, de A illa de Madeira e Cuntis Ramón Franco a? Un l u topí ugar Un tipo Unha axeit de músi l egos os lectu ado para Unha ca ca? O s ga se tod Om ra? a nción? ndo gua ostei Melódica resá lin exp súa ro de noite na , Unha na de S Ribas eira do t rigo il Outro entretemento ademais da literatura? ? A numismática ano Un/h l /urb ? a quen autor/- o rura taña a con ? M und /mon se id entif l izar Pr aia taña ique r rea mon No n ch ? eio po da ral e dia Ru me ego a Un anc r afía s tant f otog o…. r as a vida O rdea miñ martes 18 de diciembre de 2012