SlideShare a Scribd company logo
1 of 7
Download to read offline
I EDICIÓN DO PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN
PARA O DESENVOLVEMENTO E CIDADANÍA GLOBAL
Convocado pola Coordinadora Galega de ONG de Desenvolvemento co
apoio e financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa
Unión Europea da Xunta de Galicia
APARTADO 1. OBXECTO DO PREMIO
Premiar experiencias educativas, proxectos ou propostas pedagóxicas
realizadas durante o curso escolar 2019-2020 ou 2018-2019, destinadas a
sensibilizar, formar, concienciar, desenvolver un espírito crítico e fomentar a
participación activa da comunidade educativa na consecución dunha cidadanía
global, solidaria e comprometida coa erradicación da pobreza e das desigual-
dades sociais, as súas causas e consecuencias e en prol da xustiza global (social,
económica, política, ambiental) e do desenvolvemento humano e sostible1
.
APARTADO 2. FINALIDADE DO PREMIO
O premio ten unha tripla finalidade:
•	Recoñecer o labor e o esforzo realizado pola comunidade educativa
dos centros de ensino galegos para poñer en práctica a Educación para o
Desenvolvemento e Cidadanía Global nas aulas.
•	 Promover e fomentar a integración da Educación para o Desenvolve-
mento e Cidadanía Global na educación regrada galega.
•	 Crear sinerxías e redes galegas entre as comunidades educativas (funda-
mentalmente profesorado) interesadas nas cuestións abordadas dende a
Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global.
1	 EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E CIDADANÍA GLOBAL: A Educación para a Cidadanía
Global (ECG) forma parte das pedagoxías que pretenden afrontar os grandes retos do século XXI. Os seus
contidos identifícanse co tratamento global das desigualdades e a posta en valor da diversidade e están orien-
tados a diferentes públicos e a persoas de todas as idades, sexos e culturas. Lévase a cabo en todos os ámbitos
da educación (formal, informal, non formal), tanto en centros educativos regrados (escolas, institutos e univer-
sidades) como en espazos de lecer e tempo libre, lugares de traballo, o ámbito familiar, en tecidos asociativos e
mesmo nos medios de comunicación. Trátase dun concepto vivo e dinámico, suxeito ao cambio, tanto na teoría
como na práctica, xa que ao longo da súa historia foi evolucionando vencellado ás perspectivas ou enfoques
da mesma. Dende a Coordinadora Galega de ONGD, entendemos a ECG como un proceso socio-educa-
tivo enca¬miñado a xerar conciencias críticas. Isto implica facer a cada persoa responsable e activa co fin de
construír unha nova sociedade civil comprometida coa solidariedade, entendida esta como corres¬ponsabi-
lidade, e coa construción dun mundo onde a equidade e a igualdade de oportunidades estean aseguradas,
onde prevaleza a cultura da paz e as relacións estean baseadas na ética dos coidados e no principio de non
discriminación, solidariedade e cooperación. A ECG ten por obxectivo, pois, crear unha cidadanía que participe
activamente na transformación da sociedade dende o ámbito persoal, comunitario e político. Temáticas que
aborda a ECG: Interdependencia, Globalización, Corresponsabilidade, Xustiza social, Pobreza, Comercio Xusto,
Consumo Responsable, Economía Social, Estilos de vida sostibles, Cambio Climático, Medioambiente, Obxec-
tivos de Desenvolvemento Sostible, Decrecemento, Interculturalidade, Resiliencia comunitaria, Cultura de Paz,
Resolución de conflitos, Dereitos Humanos, Xénero, Coeducación, Democracia, Participación, Valores solidarios,
Medios de comunicación, Cidadanía dixital, Movementos Sociais, Minorías e Colectivos vulnerables, Diversi-
dades, Desigualdade social, Discriminación, Exclusión social, Alteridad…
Bases 2020
máis información en:
galiciasolidaria.org
premiogalegoed@
galiciasolidaria.org
981 585 189
618 626 627
APARTADO 3. A QUEN SE DIRIXE
Poderanse presentar docentes ou equipos de docentes de centros de ensino
galegos de titularidade pública, concertada ou privada oficialmente recoñe-
cidos pola Consellería de Educación, dos niveis de Educación Infantil, Educación
Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profe-
sional, Centros de Ensinanza de Réxime Especial e Ensinanzas Artísticas.
APARTADO 4. CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN
O premio constará de dúas categorías:
•	 Categoría A: Educación Infantil e Primaria.
•	 Categoría B: E.S.O, Bacharelato, Formación Profesional, Centros de Ensi-
nanza de Réxime Especial e Ensinanzas Artísticas.
Cada unha das categorías comprende aquelas experiencias desenvolvidas
en centros que integren as ensinanzas indicadas: colexios rurais agrupados, centros
de educación especial, colexios de educación infantil e primaria, colexios de educa-
ción primaria, centros públicos integrados, institutos de educación secundaria,
centros integrados de formación profesional e centros privados de infantil, primaria,
secundaria e formación profesional, réxime especial e ensinanzas artísticas.
Cada centro poderá presentar tantas experiencias como desexe (experiencias
a nivel centro, a nivel aula, inter-aulas, inter-centro, etc.).
APARTADO 5. CONTIDO E DOTACIÓN DO PREMIO
Premiaranse 2 experiencias educativas, unha de cada categoría, que recibirán:
1.		 Elemento distintivo para o centro.
2.		 Diploma para o profesorado e alumnado implicado.
3.		 Publicación da experiencia premiada.
4.		 Asistencia para o profesorado participante ao Acto de Entrega
de Premios, que consistirá nunha xornada lúdico-pedagóxica, en formato
encontro e que servirá para coñecer e compartir as experiencias
gañadoras e finalistas2
.
Excepcionalmente, os premios (dunha ou das dúas categorías) poderán ser
declarados desertos no caso de que o xurado non atope a calidade suficiente
para outorgalos.
Este premio é compatible coa concesión de calquera outro premio do que
sexa beneficiario o centro ou o profesorado.
2	 Por mor da COVID-19 o formato do encontro poderá ser de carácter presencial en aforo reducido ou
virtual segundo a situación social e sanitaria do momento no que se celebre.
Bases 2020
máis información en:
galiciasolidaria.org
premiogalegoed@
galiciasolidaria.org
981 585 189
618 626 627
APARTADO 6. PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes e documentación comezará o mesmo
día da publicación das bases na páxina web da Coordinadora Galega de ONGD
(https://galiciasolidaria.org/) e rematará o 30 de novembro de 2020 ás 23:59h.
A solicitude e documentación deberá presentarse por correo electrónico
antes do remate do prazo no seguinte enderezo:
premiogalegoed@galiciasolidaria.org indicando en Asunto “Categoría A“
ou “Categoría B”, segundo corresponda.
APARTADO 7. DOCUMENTACIÓN
Será necesaria a presentación dos Anexos I e II, que se describen a continuación:
I.	 Certificación (segundo o modelo Anexo I destas bases) asinada pola
persoa responsable da dirección do centro no que se desenvolveu a expe-
riencia, na que figuren:
•	 Os datos do Centro Educativo no que se inxire a experiencia.
•	 Os datos (nome, apelidos e DNI) do profesorado que se presenta ao premio
(unha soa certificación tanto sexan un ou varios docentes implicados). Entre
estes docentes designarase unha persoa coordinadora, que se responsabilizará
da documentación e a organización da información que se incorpore á memoria
que se presente.
•	 Certificación de que o centro conta con autorización para o uso das imaxes
dos/as menores participantes no traballo, se as houber.
II.	Memoria descritiva da Experiencia (segundo o modelo Anexo II destas
bases) que se aportará en formato pdf.
Aclaracións sobre a memoria descritiva.
A memoria estará elaborada polo/a docente ou equipo de docentes que se
presenten ao premio. Deberá estar redactada en lingua galega, tipografía
Arial 11, entreliñado 1,5. Poderanse incluír fotografías, gráficos e ligazóns.
A memoria axustarase á seguinte estrutura:
-	Datos da experiencia/proxecto
-	Índice (paxinado)
-	Xustificación (descrición dos méritos que fan a experiencia candidata ao
premio e vínculo coa Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global)
-	Descrición da experiencia (ocupará unha extensión máxima de 20 páxinas
numeradas) que se considere máis salientable (incluíndo):
1.	Obxectivo/s. Descrición do obxectivo ou obxectivos xerais e/ou especí-
ficos que se pretende acadar coa mesma.
Bases 2020
máis información en:
galiciasolidaria.org
premiogalegoed@
galiciasolidaria.org
981 585 189
618 626 627
2.	Finalidade/s. Explicar si a finalidade da experiencia ten que ver coa sensi-
bilización e concienciación; coa investigación; coa formación; coa mobilización
social e a incidencia política. Sendo posible traballar varias ou todas as finali-
dades.
3.	Contexto. Expresarase a necesidade ou dificultade que motivou a posta
en práctica da experiencia e o seu vínculo co contexto socioeducativo
do alumnado ou centro educativo.
4.	 Profesorado implicado. Descrición do número de profesorado parti-
cipante, a súa especialidade e breve especificación das funcións/tarefas
realizadas por cada un/unha.
5.	 Alumnado implicado. Descrición do número de alumando, especificando
curso/s e aula/s e o seu rol no marco da experiencia.
6.	 Aprendizaxe activa. Descrición das estratexias e metodoloxías empre-
gadas para favorecer a participación activa do alumnado. Se é o caso,
incluiranse as medidas adoptadas co alumnado con necesidades específicas de
apoio educativo.
7.		 Transcendencia. Descrición da implicación na experiencia do resto
da comunidade educativa: familias, Concello, AMPAS, ONG, asociacións, etc.;
Sinerxías ou traballo en rede con outros centros; Logros que transcenderon
as aulas si os houbera.
8.	 Produto final. Se os houbera, descrición e visibilización dos elementos/
traballos/materiais propios elaborados no proceso de ensinanza-aprendizaxe
(débense achegar como anexos ou inxeridos na propia memoria para poder
valorar).
9.		 Avaliación. Valoración do logro acadado polo alumnado, profesorado e
resto da comunidade educativa no desenvolvemento da experiencia. Farase
fincapé nas repercusións organizativas, pedagóxicas e programáticas da meto-
doloxía do traballo. Indicaranse tamén as perspectivas de mellora do proxecto
de cara ao futuro.
10.	Impacto. Visibilidade do proxecto, presenza pública a través dos medios
de comunicación, nas redes sociais e publicacións, exposicións etc.
11.	Conclusións ou outras achegas relevantes non incluídas nos apartados
anteriores.
APARTADO 8. CRITERIOS DE SELECCIÓN
A valoración realizarase unicamente a través da memoria presentada a esta
convocatoria, polo que calquera outro dato de interese que non conste ou
non se cite non será tido en conta.
Valoraranse todos aqueles aspectos que describan accións concretas, meto-
doloxías aplicadas e logros acadados. Non se valorarán aspectos retóricos,
descricións baleiras e teorías pedagóxicas sen visibilidade da súa aplicación na
aula. Os criterio de valoración das experiencias estableceranse en dúas fases:
Bases 2020
máis información en:
galiciasolidaria.org
premiogalegoed@
galiciasolidaria.org
981 585 189
618 626 627
Fase 1: Aplicaranse criterios eliminatorios para filtrar que as experiencias
candidatas:
a)	 Respondan á temática de Educación para o Desenvolvemento a Cidadanía
Global garantindo que non pasen a finalistas experiencias doutros temas ou que
contemplen valores opostos á EPDCG.
b)	 Que se cumpran os aspectos formais indicados nas bases (documentación
a achegar, idioma, formatos, etc.)
A fase 1 nos dará dúas categorías de experiencias, Apta ou Non apta.
As experiencias “APTAS” pasarán á segunda e última fase de valoración.
Fase 2: Valoración das experiencias “Aptas”:
As experiencias poderán obter unha valoración máxima de 100 puntos,
segundo os seguintes criterios:
A) Centros educativos de titularidade pública
2
PUNTOS
B) En canto a obxectivos
ATA 10
PUNTOS
C)
En canto a finalidades (sensibilización, educación, investigación,
mobilización social e incidencia política)
ATA 10
PUNTOS
D)
En canto a metodoloxías (carácter innovador, orixinalidade,
coherencia, etc.)
ATA 10
PUNTOS
E) En canto a competencias, contidos e temáticas traballadas
ATA 10
PUNTOS
F)
En canto ao nivel de implicación da comunidade educativa:
profesorado, alumnado e outros colectivos
ATA 10
PUNTOS
G)
En canto ao grao de colaboración/coordinación interdisciplinar
e vínculos con outros proxectos/iniciativas do propio centro
ATA 10
PUNTOS
H)
En canto a sinerxías e traballo en rede con outras experien-
cias e/ou centros educativos
ATA 10
PUNTOS
I) En canto ao Impacto (efectos e aprendizaxes xerados)
ATA 10
PUNTOS
J)
En canto ás posibilidades de replica (aplicación da a expe-
riencia noutros contextos e/ou noutras etapas educativas)
ATA 8
PUNTOS
K)
En canto a materiais creados ou xerados na experiencia
(teñen que ser anexados ou inxeridos na memoria para
poder valorar)
ATA 10
PUNTOS
Bases 2020
máis información en:
galiciasolidaria.org
premiogalegoed@
galiciasolidaria.org
981 585 189
618 626 627
APARTADO 9. XURADO
O xurado será diverso e plural. Para garantir unha representatividade o máis
semellante á realidade, o xurado estará composto como mínimo por un 60%
de mulleres, xa que tanto o sector da cooperación galega como o eido educa-
tivo son dous sectores moi feminizados. Estará formado por 6 persoas, das
cales:
•	 1 membro da equipa directiva da Coordinadora Galega de ONGD.
•	 1 persoal técnico da Coordinadora Galega de ONGD.
•	 1 representante da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión
Europea ou da Cooperación Galega.
•	 2 persoas galegas expertas en Educación para o Desenvolvemento e
Cidadanía Global.
•	 1 docente con experiencia en desenvolver proxectos de EPDCG que non
presente candidatura nesta convocatoria.
APARTADO 10. RESOLUCIÓN
A comisión de selección composta polo xurado designado, unha vez avaliadas
as solicitudes presentadas, emitirá unha resolución provisional dos premios
concedidos no prazo máximo dun mes (31 decembro 2020). Esta resolución
provisional poderá consultarse na web da Coordinadora Galega de ONGD así
como será notificada por correo electrónico a todas as candidaturas que fosen
presentadas en tempo e forma.
A partir do día seguinte ao da publicación da resolución provisional dos
premios, abrirase un prazo para presentar as alegacións ou reclamacións que
se consideren oportunas. Este prazo estará aberto entre o 1 e o 15 de xaneiro
(ambos incluídos). Unha vez revisadas as alegacións ou reclamacións, a comi-
sión de selección elevará a proposta definitiva de resolución dos premios
concedidos ao Presidente da Coordinadora Galega de ONGD, quen ditará
resolución.
A resolución definitiva de concesión de premios se publicará a 31 de xaneiro
de 2021. Na mesma se indicarán as experiencias gañadoras en cada categoría,
publicarase na páxina web da Coordinadora Galega de ONGD, e do mesmo
xeito, se fará chegar unha notificación por correo electrónico a todas as expe-
riencias que presentaran a súa candidatura nos tempos e formas indicados
nesta convocatoria3
.
3	 Por mor da COVID-19, esta comisión, gárdase a opción de posibles variacións dos prazos para as distintas
fases do proceso do Premio, sendo estas publicadas como *AVISOS á convocatoria do mesmo, de ser o caso.
Bases 2020
máis información en:
galiciasolidaria.org
premiogalegoed@
galiciasolidaria.org
981 585 189
618 626 627
APARTADO 11. DIFUSIÓN DAS EXPERIENCIAS
A presentación a esta convocatoria implicará, no caso dos traballos premiados,
o compromiso de participación nas accións de difusión que se organicen, así
como a cesión a favor da Coordinadora Galega de ONGD dos dereitos de
edición e publicación das experiencias
No caso de que os/as autores/as decidisen publicar os traballos premiados por
outras vías, poderán facelo unha vez se realice o acto de entrega de premios
e deberán facer constar na publicación o nome e o logo do premio concedido.
Os/as autores/as quedarán comprometidos a realizar as modificacións precisas
nos documentos finais e/ou subministrar os ficheiros de código fonte necesarios
para que poidan ser publicados total ou parcialmente no formato máis axeitado.
APARTADO 12. PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados, na súa
condición de responsable, pola Coordinadora Galega de ONGD coa finalidade
de levar a cabo o proceso de concesión deste premio.
Así mesmo, as experiencias presentadas serán incorporadas ao Mapa Galego de
Experiencias de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global no marco
do proxecto “Investigando no territorio para coñecer e recoñecer os centros
educativos que traballan educación para o desenvolvemento e a cidadanía global
en Galicia”, financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia con fins divul-
gativos e de investigación, que se poderá consultar na ligazón https://emapic.es/
custom/epd-experiencias.O tratamento dos datos baséase no cumprimento da Lei
Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía
dos dereitos dixitais e no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e
do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que
respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo
que se derroga a Directiva 95/46CE (Regulamento xeral de protección de datos).
As/os autoras/es poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación,
supresión, limitación do tratamento e oposición dos seus datos, poñéndose
en contacto coa Coordinadora Galega de ONGD no enderezo electrónico:
premiogalegoed@galiciasolidaria.org indicando en Asunto: LOPD.
Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020.
FinanciaConvoca
Bases 2020
máis información en:
galiciasolidaria.org
premiogalegoed@
galiciasolidaria.org
981 585 189
618 626 627

More Related Content

Similar to Bases premio-galego-ep cg

PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22CEIPN1TUI
 
As competencias basicas no voluntariado
As competencias basicas no voluntariadoAs competencias basicas no voluntariado
As competencias basicas no voluntariadosatelite1
 
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdfconvocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdfssuser42eafa
 
Plan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdf
Plan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdfPlan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdf
Plan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdfCEIPN1TUI
 
Crónica educar para a cidadanía global
Crónica educar para a cidadanía globalCrónica educar para a cidadanía global
Crónica educar para a cidadanía globalsatelite1
 
Cooperativismo no ies valadares.. proyecto economía
Cooperativismo no ies valadares.. proyecto economíaCooperativismo no ies valadares.. proyecto economía
Cooperativismo no ies valadares.. proyecto economíaCarmenBoadoAguinaga1
 
Concursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copiaConcursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copiasatelite1
 
Memoria completa co2perativa compressed
Memoria completa co2perativa compressedMemoria completa co2perativa compressed
Memoria completa co2perativa compressedCarmenBoadoAguinaga1
 
Programa H2040 compromisos estudantado
Programa H2040 compromisos estudantadoPrograma H2040 compromisos estudantado
Programa H2040 compromisos estudantadoH2040
 
Convocatoria letrasgalegas2020
Convocatoria letrasgalegas2020Convocatoria letrasgalegas2020
Convocatoria letrasgalegas2020satelite1
 
Apertura cetros 09
Apertura cetros 09Apertura cetros 09
Apertura cetros 09contidos
 
Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educaci...
Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educaci...Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educaci...
Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educaci...Grupo PREMIR
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfCEIPN1TUI
 
Certame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensinoCertame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensinosatelite1
 
Bases viii premio ok
Bases viii premio okBases viii premio ok
Bases viii premio oksatelite1
 

Similar to Bases premio-galego-ep cg (20)

PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22
 
As competencias basicas no voluntariado
As competencias basicas no voluntariadoAs competencias basicas no voluntariado
As competencias basicas no voluntariado
 
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdfconvocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
 
I+D MEDIA
I+D MEDIAI+D MEDIA
I+D MEDIA
 
Plan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdf
Plan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdfPlan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdf
Plan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdf
 
Crónica educar para a cidadanía global
Crónica educar para a cidadanía globalCrónica educar para a cidadanía global
Crónica educar para a cidadanía global
 
2018 convocatoria pcr
2018 convocatoria pcr2018 convocatoria pcr
2018 convocatoria pcr
 
Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017
Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017
Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017
 
Cooperativismo no ies valadares.. proyecto economía
Cooperativismo no ies valadares.. proyecto economíaCooperativismo no ies valadares.. proyecto economía
Cooperativismo no ies valadares.. proyecto economía
 
Inspira ti cs
Inspira ti csInspira ti cs
Inspira ti cs
 
Convocatoria pcr 2016
Convocatoria pcr 2016Convocatoria pcr 2016
Convocatoria pcr 2016
 
Concursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copiaConcursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copia
 
Memoria completa co2perativa compressed
Memoria completa co2perativa compressedMemoria completa co2perativa compressed
Memoria completa co2perativa compressed
 
Programa H2040 compromisos estudantado
Programa H2040 compromisos estudantadoPrograma H2040 compromisos estudantado
Programa H2040 compromisos estudantado
 
Convocatoria letrasgalegas2020
Convocatoria letrasgalegas2020Convocatoria letrasgalegas2020
Convocatoria letrasgalegas2020
 
Apertura cetros 09
Apertura cetros 09Apertura cetros 09
Apertura cetros 09
 
Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educaci...
Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educaci...Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educaci...
Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educaci...
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdf
 
Certame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensinoCertame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensino
 
Bases viii premio ok
Bases viii premio okBases viii premio ok
Bases viii premio ok
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao colesatelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

Bases premio-galego-ep cg

  • 1. I EDICIÓN DO PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E CIDADANÍA GLOBAL Convocado pola Coordinadora Galega de ONG de Desenvolvemento co apoio e financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia APARTADO 1. OBXECTO DO PREMIO Premiar experiencias educativas, proxectos ou propostas pedagóxicas realizadas durante o curso escolar 2019-2020 ou 2018-2019, destinadas a sensibilizar, formar, concienciar, desenvolver un espírito crítico e fomentar a participación activa da comunidade educativa na consecución dunha cidadanía global, solidaria e comprometida coa erradicación da pobreza e das desigual- dades sociais, as súas causas e consecuencias e en prol da xustiza global (social, económica, política, ambiental) e do desenvolvemento humano e sostible1 . APARTADO 2. FINALIDADE DO PREMIO O premio ten unha tripla finalidade: • Recoñecer o labor e o esforzo realizado pola comunidade educativa dos centros de ensino galegos para poñer en práctica a Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global nas aulas. • Promover e fomentar a integración da Educación para o Desenvolve- mento e Cidadanía Global na educación regrada galega. • Crear sinerxías e redes galegas entre as comunidades educativas (funda- mentalmente profesorado) interesadas nas cuestións abordadas dende a Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global. 1 EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E CIDADANÍA GLOBAL: A Educación para a Cidadanía Global (ECG) forma parte das pedagoxías que pretenden afrontar os grandes retos do século XXI. Os seus contidos identifícanse co tratamento global das desigualdades e a posta en valor da diversidade e están orien- tados a diferentes públicos e a persoas de todas as idades, sexos e culturas. Lévase a cabo en todos os ámbitos da educación (formal, informal, non formal), tanto en centros educativos regrados (escolas, institutos e univer- sidades) como en espazos de lecer e tempo libre, lugares de traballo, o ámbito familiar, en tecidos asociativos e mesmo nos medios de comunicación. Trátase dun concepto vivo e dinámico, suxeito ao cambio, tanto na teoría como na práctica, xa que ao longo da súa historia foi evolucionando vencellado ás perspectivas ou enfoques da mesma. Dende a Coordinadora Galega de ONGD, entendemos a ECG como un proceso socio-educa- tivo enca¬miñado a xerar conciencias críticas. Isto implica facer a cada persoa responsable e activa co fin de construír unha nova sociedade civil comprometida coa solidariedade, entendida esta como corres¬ponsabi- lidade, e coa construción dun mundo onde a equidade e a igualdade de oportunidades estean aseguradas, onde prevaleza a cultura da paz e as relacións estean baseadas na ética dos coidados e no principio de non discriminación, solidariedade e cooperación. A ECG ten por obxectivo, pois, crear unha cidadanía que participe activamente na transformación da sociedade dende o ámbito persoal, comunitario e político. Temáticas que aborda a ECG: Interdependencia, Globalización, Corresponsabilidade, Xustiza social, Pobreza, Comercio Xusto, Consumo Responsable, Economía Social, Estilos de vida sostibles, Cambio Climático, Medioambiente, Obxec- tivos de Desenvolvemento Sostible, Decrecemento, Interculturalidade, Resiliencia comunitaria, Cultura de Paz, Resolución de conflitos, Dereitos Humanos, Xénero, Coeducación, Democracia, Participación, Valores solidarios, Medios de comunicación, Cidadanía dixital, Movementos Sociais, Minorías e Colectivos vulnerables, Diversi- dades, Desigualdade social, Discriminación, Exclusión social, Alteridad… Bases 2020 máis información en: galiciasolidaria.org premiogalegoed@ galiciasolidaria.org 981 585 189 618 626 627
  • 2. APARTADO 3. A QUEN SE DIRIXE Poderanse presentar docentes ou equipos de docentes de centros de ensino galegos de titularidade pública, concertada ou privada oficialmente recoñe- cidos pola Consellería de Educación, dos niveis de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profe- sional, Centros de Ensinanza de Réxime Especial e Ensinanzas Artísticas. APARTADO 4. CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN O premio constará de dúas categorías: • Categoría A: Educación Infantil e Primaria. • Categoría B: E.S.O, Bacharelato, Formación Profesional, Centros de Ensi- nanza de Réxime Especial e Ensinanzas Artísticas. Cada unha das categorías comprende aquelas experiencias desenvolvidas en centros que integren as ensinanzas indicadas: colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria, colexios de educa- ción primaria, centros públicos integrados, institutos de educación secundaria, centros integrados de formación profesional e centros privados de infantil, primaria, secundaria e formación profesional, réxime especial e ensinanzas artísticas. Cada centro poderá presentar tantas experiencias como desexe (experiencias a nivel centro, a nivel aula, inter-aulas, inter-centro, etc.). APARTADO 5. CONTIDO E DOTACIÓN DO PREMIO Premiaranse 2 experiencias educativas, unha de cada categoría, que recibirán: 1. Elemento distintivo para o centro. 2. Diploma para o profesorado e alumnado implicado. 3. Publicación da experiencia premiada. 4. Asistencia para o profesorado participante ao Acto de Entrega de Premios, que consistirá nunha xornada lúdico-pedagóxica, en formato encontro e que servirá para coñecer e compartir as experiencias gañadoras e finalistas2 . Excepcionalmente, os premios (dunha ou das dúas categorías) poderán ser declarados desertos no caso de que o xurado non atope a calidade suficiente para outorgalos. Este premio é compatible coa concesión de calquera outro premio do que sexa beneficiario o centro ou o profesorado. 2 Por mor da COVID-19 o formato do encontro poderá ser de carácter presencial en aforo reducido ou virtual segundo a situación social e sanitaria do momento no que se celebre. Bases 2020 máis información en: galiciasolidaria.org premiogalegoed@ galiciasolidaria.org 981 585 189 618 626 627
  • 3. APARTADO 6. PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES O prazo de presentación de solicitudes e documentación comezará o mesmo día da publicación das bases na páxina web da Coordinadora Galega de ONGD (https://galiciasolidaria.org/) e rematará o 30 de novembro de 2020 ás 23:59h. A solicitude e documentación deberá presentarse por correo electrónico antes do remate do prazo no seguinte enderezo: premiogalegoed@galiciasolidaria.org indicando en Asunto “Categoría A“ ou “Categoría B”, segundo corresponda. APARTADO 7. DOCUMENTACIÓN Será necesaria a presentación dos Anexos I e II, que se describen a continuación: I. Certificación (segundo o modelo Anexo I destas bases) asinada pola persoa responsable da dirección do centro no que se desenvolveu a expe- riencia, na que figuren: • Os datos do Centro Educativo no que se inxire a experiencia. • Os datos (nome, apelidos e DNI) do profesorado que se presenta ao premio (unha soa certificación tanto sexan un ou varios docentes implicados). Entre estes docentes designarase unha persoa coordinadora, que se responsabilizará da documentación e a organización da información que se incorpore á memoria que se presente. • Certificación de que o centro conta con autorización para o uso das imaxes dos/as menores participantes no traballo, se as houber. II. Memoria descritiva da Experiencia (segundo o modelo Anexo II destas bases) que se aportará en formato pdf. Aclaracións sobre a memoria descritiva. A memoria estará elaborada polo/a docente ou equipo de docentes que se presenten ao premio. Deberá estar redactada en lingua galega, tipografía Arial 11, entreliñado 1,5. Poderanse incluír fotografías, gráficos e ligazóns. A memoria axustarase á seguinte estrutura: - Datos da experiencia/proxecto - Índice (paxinado) - Xustificación (descrición dos méritos que fan a experiencia candidata ao premio e vínculo coa Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global) - Descrición da experiencia (ocupará unha extensión máxima de 20 páxinas numeradas) que se considere máis salientable (incluíndo): 1. Obxectivo/s. Descrición do obxectivo ou obxectivos xerais e/ou especí- ficos que se pretende acadar coa mesma. Bases 2020 máis información en: galiciasolidaria.org premiogalegoed@ galiciasolidaria.org 981 585 189 618 626 627
  • 4. 2. Finalidade/s. Explicar si a finalidade da experiencia ten que ver coa sensi- bilización e concienciación; coa investigación; coa formación; coa mobilización social e a incidencia política. Sendo posible traballar varias ou todas as finali- dades. 3. Contexto. Expresarase a necesidade ou dificultade que motivou a posta en práctica da experiencia e o seu vínculo co contexto socioeducativo do alumnado ou centro educativo. 4. Profesorado implicado. Descrición do número de profesorado parti- cipante, a súa especialidade e breve especificación das funcións/tarefas realizadas por cada un/unha. 5. Alumnado implicado. Descrición do número de alumando, especificando curso/s e aula/s e o seu rol no marco da experiencia. 6. Aprendizaxe activa. Descrición das estratexias e metodoloxías empre- gadas para favorecer a participación activa do alumnado. Se é o caso, incluiranse as medidas adoptadas co alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. 7. Transcendencia. Descrición da implicación na experiencia do resto da comunidade educativa: familias, Concello, AMPAS, ONG, asociacións, etc.; Sinerxías ou traballo en rede con outros centros; Logros que transcenderon as aulas si os houbera. 8. Produto final. Se os houbera, descrición e visibilización dos elementos/ traballos/materiais propios elaborados no proceso de ensinanza-aprendizaxe (débense achegar como anexos ou inxeridos na propia memoria para poder valorar). 9. Avaliación. Valoración do logro acadado polo alumnado, profesorado e resto da comunidade educativa no desenvolvemento da experiencia. Farase fincapé nas repercusións organizativas, pedagóxicas e programáticas da meto- doloxía do traballo. Indicaranse tamén as perspectivas de mellora do proxecto de cara ao futuro. 10. Impacto. Visibilidade do proxecto, presenza pública a través dos medios de comunicación, nas redes sociais e publicacións, exposicións etc. 11. Conclusións ou outras achegas relevantes non incluídas nos apartados anteriores. APARTADO 8. CRITERIOS DE SELECCIÓN A valoración realizarase unicamente a través da memoria presentada a esta convocatoria, polo que calquera outro dato de interese que non conste ou non se cite non será tido en conta. Valoraranse todos aqueles aspectos que describan accións concretas, meto- doloxías aplicadas e logros acadados. Non se valorarán aspectos retóricos, descricións baleiras e teorías pedagóxicas sen visibilidade da súa aplicación na aula. Os criterio de valoración das experiencias estableceranse en dúas fases: Bases 2020 máis información en: galiciasolidaria.org premiogalegoed@ galiciasolidaria.org 981 585 189 618 626 627
  • 5. Fase 1: Aplicaranse criterios eliminatorios para filtrar que as experiencias candidatas: a) Respondan á temática de Educación para o Desenvolvemento a Cidadanía Global garantindo que non pasen a finalistas experiencias doutros temas ou que contemplen valores opostos á EPDCG. b) Que se cumpran os aspectos formais indicados nas bases (documentación a achegar, idioma, formatos, etc.) A fase 1 nos dará dúas categorías de experiencias, Apta ou Non apta. As experiencias “APTAS” pasarán á segunda e última fase de valoración. Fase 2: Valoración das experiencias “Aptas”: As experiencias poderán obter unha valoración máxima de 100 puntos, segundo os seguintes criterios: A) Centros educativos de titularidade pública 2 PUNTOS B) En canto a obxectivos ATA 10 PUNTOS C) En canto a finalidades (sensibilización, educación, investigación, mobilización social e incidencia política) ATA 10 PUNTOS D) En canto a metodoloxías (carácter innovador, orixinalidade, coherencia, etc.) ATA 10 PUNTOS E) En canto a competencias, contidos e temáticas traballadas ATA 10 PUNTOS F) En canto ao nivel de implicación da comunidade educativa: profesorado, alumnado e outros colectivos ATA 10 PUNTOS G) En canto ao grao de colaboración/coordinación interdisciplinar e vínculos con outros proxectos/iniciativas do propio centro ATA 10 PUNTOS H) En canto a sinerxías e traballo en rede con outras experien- cias e/ou centros educativos ATA 10 PUNTOS I) En canto ao Impacto (efectos e aprendizaxes xerados) ATA 10 PUNTOS J) En canto ás posibilidades de replica (aplicación da a expe- riencia noutros contextos e/ou noutras etapas educativas) ATA 8 PUNTOS K) En canto a materiais creados ou xerados na experiencia (teñen que ser anexados ou inxeridos na memoria para poder valorar) ATA 10 PUNTOS Bases 2020 máis información en: galiciasolidaria.org premiogalegoed@ galiciasolidaria.org 981 585 189 618 626 627
  • 6. APARTADO 9. XURADO O xurado será diverso e plural. Para garantir unha representatividade o máis semellante á realidade, o xurado estará composto como mínimo por un 60% de mulleres, xa que tanto o sector da cooperación galega como o eido educa- tivo son dous sectores moi feminizados. Estará formado por 6 persoas, das cales: • 1 membro da equipa directiva da Coordinadora Galega de ONGD. • 1 persoal técnico da Coordinadora Galega de ONGD. • 1 representante da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ou da Cooperación Galega. • 2 persoas galegas expertas en Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global. • 1 docente con experiencia en desenvolver proxectos de EPDCG que non presente candidatura nesta convocatoria. APARTADO 10. RESOLUCIÓN A comisión de selección composta polo xurado designado, unha vez avaliadas as solicitudes presentadas, emitirá unha resolución provisional dos premios concedidos no prazo máximo dun mes (31 decembro 2020). Esta resolución provisional poderá consultarse na web da Coordinadora Galega de ONGD así como será notificada por correo electrónico a todas as candidaturas que fosen presentadas en tempo e forma. A partir do día seguinte ao da publicación da resolución provisional dos premios, abrirase un prazo para presentar as alegacións ou reclamacións que se consideren oportunas. Este prazo estará aberto entre o 1 e o 15 de xaneiro (ambos incluídos). Unha vez revisadas as alegacións ou reclamacións, a comi- sión de selección elevará a proposta definitiva de resolución dos premios concedidos ao Presidente da Coordinadora Galega de ONGD, quen ditará resolución. A resolución definitiva de concesión de premios se publicará a 31 de xaneiro de 2021. Na mesma se indicarán as experiencias gañadoras en cada categoría, publicarase na páxina web da Coordinadora Galega de ONGD, e do mesmo xeito, se fará chegar unha notificación por correo electrónico a todas as expe- riencias que presentaran a súa candidatura nos tempos e formas indicados nesta convocatoria3 . 3 Por mor da COVID-19, esta comisión, gárdase a opción de posibles variacións dos prazos para as distintas fases do proceso do Premio, sendo estas publicadas como *AVISOS á convocatoria do mesmo, de ser o caso. Bases 2020 máis información en: galiciasolidaria.org premiogalegoed@ galiciasolidaria.org 981 585 189 618 626 627
  • 7. APARTADO 11. DIFUSIÓN DAS EXPERIENCIAS A presentación a esta convocatoria implicará, no caso dos traballos premiados, o compromiso de participación nas accións de difusión que se organicen, así como a cesión a favor da Coordinadora Galega de ONGD dos dereitos de edición e publicación das experiencias No caso de que os/as autores/as decidisen publicar os traballos premiados por outras vías, poderán facelo unha vez se realice o acto de entrega de premios e deberán facer constar na publicación o nome e o logo do premio concedido. Os/as autores/as quedarán comprometidos a realizar as modificacións precisas nos documentos finais e/ou subministrar os ficheiros de código fonte necesarios para que poidan ser publicados total ou parcialmente no formato máis axeitado. APARTADO 12. PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados, na súa condición de responsable, pola Coordinadora Galega de ONGD coa finalidade de levar a cabo o proceso de concesión deste premio. Así mesmo, as experiencias presentadas serán incorporadas ao Mapa Galego de Experiencias de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global no marco do proxecto “Investigando no territorio para coñecer e recoñecer os centros educativos que traballan educación para o desenvolvemento e a cidadanía global en Galicia”, financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia con fins divul- gativos e de investigación, que se poderá consultar na ligazón https://emapic.es/ custom/epd-experiencias.O tratamento dos datos baséase no cumprimento da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais e no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46CE (Regulamento xeral de protección de datos). As/os autoras/es poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento e oposición dos seus datos, poñéndose en contacto coa Coordinadora Galega de ONGD no enderezo electrónico: premiogalegoed@galiciasolidaria.org indicando en Asunto: LOPD. Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020. FinanciaConvoca Bases 2020 máis información en: galiciasolidaria.org premiogalegoed@ galiciasolidaria.org 981 585 189 618 626 627