Monte Vello, vilada montaña lucense na que os seus veciños
levaban unha vida tranquila. Sara, unha nena de 12 anos, vivía coa súa
nai nunha casa vella, que xa fora dos seus bisavós; estaba no medio
dun monte que tiña moitas árbores caídas despois do último temporal.
Eran moi pobres.
Para ir ao instituto tiña que cruzar o monte por unha corredoira
estreita e escura, ata chegar á vila onde se encontraba o instituto; cerca
estaban as súas mellores amigas da clase, que sempre a esperaban.
Todos os días, á saída do instituto, ían xuntas de volta á casa. Polo
camiño ían parando a deixar a cada amiga na súa casa. Sara sempre ía
un anaco do camiño soa porque era a que vivía fóra da vila.
Tiñan unha clase bastante grande na que pasaban cousas
estrañas como, por exemplo, cando saían ao recreo deixaban as
cadeiras arrimadas ás mesas, e cando volvían estaban todas botadas
para atrás.
Os nenos da clase non lle daban moita importancia porque dicían
que era a limpadora a que o facía. A profesora dicía que non sabía nada
diso.
3.
CAPÍTULO I
Un dianormal e corrente, Sara subiu ao instituto coa súas amigas
e viron un home que vagaba ao redor do centro cun paso lento e unha
mirada arrepiante; non fixeron caso.
Levaban unhos días intrigadas porque a profesora non lles
mandaba para a casa ningunha tarefa e iso era moi raro.
Ademais estaba especialmente atenta con Sara e moi pendente
do que facía.
O último día da semana a profesora mandoulles facer un traballo
sobre os animais e ofreceulle a Sara ir á súa casa, pois ía axudarlle a
facelo con libros que lle prestaría.
Sara, á saída, díxolle ás súas amigas que aquel día non podería
baixar con elas que tiña que facer un recado, o cal era mentira pero non
lle quería dicir ás súas amigas que ía á casa da mestra.
Cando estaba na porta timbroulle e abriu. Xa estaba na casa.
Unha vez alí a profesora comezou a charlar con ela e Sara
preguntoulle sobre o traballo, e nese momento entrou un home pola
porta.
Era o home que vira no instituto! Quedou abraiada.
Entón a profesora díxolle: - Meu amo, aquí tes a túa presa.
Sara non entendía nada,” Que presa?, que estaba pasando? “
O home colleuna con forza e levouna no colo ao soto, onde lle
atou as mans e os pés a unha columna. Apagoulle a luz e foise para a
sala a cear coa súa muller. Esta díxolle que cando matara esta nena
conseguiríalle outra, pero terían que esperar a cambiar de vila para que
non os descubrisen.
Sara seguía chorando e gritando. De súpeto entrou a profesora
dicíndolle, cunha voz chea de orgullo:
- Ola Sara, podes berrar o que queiras, ninguén te escoita. Mañá
é o teu día.
Sara non entendía por qué a profesora na que tanto confiaba lle
facía iso.
4.
CAPÍTULO II
Chegou anoite, a nai de Sara comezouse a preocupar porque a
súa filla sempre chegaba puntual. Decidiu ir á casa das amigas, a ver se
sabían algo.
Todas as nais dixéronlle que a súa filla, segundo ela, ía facer un
recado e non podía baixar coas amigas.
A nai non lle encargara nada, e foi en busca dela por toda a vila e
o monte e Sara non aparecía; íalle preguntar á profesora a ver se a vira
por algún sitio.
Esa noite as dúas pasárono moi mal; Sara, porque ao día
seguinte a ían matar, e a nai, porque non encontraba á filla.
Pola mañá cedo foi ao instituto a falar coa profesora e coa
directora; non sabían nada. A profesora díxolle que o día anterior a vira
saír do instituto coas amigas e non a volvera ver
A nai agradeceullo.
Chamou á policía e explicoulle que a súa filla desaparecera o día
anterior e que non a encontraba por ningures. Eles poñeríanse en
contacto coa nai cando souberan algo.
Era pola tarde; a profesora e o seu home ían matar a nena. Sara
comezou a gritar cando viu entrar no soto a aquel home terrible cun
puñal na man.
El díxolle: -Chegou o teu momento, levo todo o día esperándoo.
Dille adeus ao mundo e ola á tumba!.
Sara berrou con todas as súas forzas, pero de nada serviu.
O último que dixo foi: -mamá!
5.
CAPÍTULO III
Carballo Novo,vila da montaña ourensá na que os seus veciños
levaban unha vida tranquila.
Dende a chegada da nova profesora pasaban cousas moi
estrañas; cando regresaban do recreo, todas as cadeiras que deixaran
ben colacadas estaban botadas para atrás...
Non te fíes dos descoñecidos, nin dos coñecidos...
ALEJANDRA PORRAS GUTIÉRREZ
ESO 1º A