SlideShare a Scribd company logo
1 of 40
Download to read offline
MAGOSTO, 2020 1
maquetación:equipo«atodofilispín»
UNIDADES DIDÁCTICAS
MANUALIDADES
UNIDADES DIDÁCTICAS
MANUALIDADES
ED. INFANTIL E PRIMARIAED. INFANTIL E PRIMARIA
CEIP PLURILINGÜE MANUEL MURGUÍA, FEÁNS (A CORUÑA)
CEIP SALGADO TORRES, A CORUÑA
CEIP RAMÓN DE LA SAGRA, A CORUÑA
CEIP PLURILINGÜE DE CARNOTA (A CORUÑA)
CEIP RAMÓN OTERO PEDRAYO, A LARACHA (A CORUÑA)
CPR CID, A CORUÑA
CEIP JUAN FERNÁNDEZ LATORRE, A CORUÑA
EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
MAGOSTO
2020
MAGOSTO
2020
MAGOSTO, 2020 2
ÍNDICE
LECTURAS
O MAGOSTO .......................................................................... 3
O PRIMEIRO MAGOSTO ....................................................... 6
COMO MEDRA O CASTIÑEIRO? ........................................ 14
UN GATIÑO ........................................................................... 16
O XEITO DAS FROITAS ....................................................... 17
FACEMOS UN MAGOSTO ................................................... 20
MANUALIDADES
A CASTAÑA E OS OURIZOS ............................................... 25
O COGOMELO....................................................................... 26
ACAIXIÑADACASTAÑA ..................................................... 27
O OURIZO CACHO................................................................ 28
ACASTAÑA........................................................................... 29
O MÓBIL DACASTAÑA ....................................................... 30
ACASTAÑAFACHENDOSA ................................................ 31
O DADO DO MAGOSTO ...................................................... 32
OUTRO COGOMELO (1)....................................................... 33
OUTRO COGOMELO (e 2) ............................................. ..... 34
AS FOLLAS DO OUTONO ................................................... 35
ACASTAÑEIRA .................................................................... 36
QUE CORES POÑEMOS? ................................................... 37
ONDE VAI CADAPALABRA?............................................... 38
O ENCRUCILLADO .............................................................. 39
ACAIXAPARAAS CASTAÑAS ........................................... 40
MAGOSTO, 2020 3
Observa o debuxo do ilustrador Jacobo Fernández e contesta.
1. Que festa están a celebrar?
2. Que está asando a castañeira?
3. Cantas persoas teñen un cornete na man? Arrodea.
4. Onde bota o rapaz o lixo? Arrodea.
NA PAPELEIRANA ÁRBORE NO CHAN NO SOMBREIRO
O MAGOSTO
JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO
EDITORIAL GALAXIA
CATROSETEOITO DÚAS
MAGOSTO, 2020 4
5. Agora que sabes que están a celebrar, serías quen de inventar un conto
mirando a ilustración e empregando cinco palabras do recadro?
castaña papeleira bigote ourizo cornete
magosto fotografía xogo paxaro lume tona
Título
MAGOSTO, 2020 5
O CREBACABEZAS DO MAGOSTO
Recorta as pezas do crebacabezas e móntao seguindo o modelo da
esquerda.
MAGOSTO, 2020 6
O PRIMEIRO MAGOSTO
CARLOS GARCÍA CASÁS
I
Isto que che vou contar é parte da historia dos primeiros habitantes do
lugar onde me criei, onde me criei eu e os meus antepasados desde hai
moitos, moitos, moitos anos.
Todo empezou nun lugar da Europa do Leste, máis ou menos onde hoxe
é Ucraína, moitísimos anos antes de que chegaran os
romanos á nosa terra, moitos anos antes de que
chegaran os celtas... aínda había moi pouquiña xente
na Galiza.
Nese lugar do que che falo, onde hoxe é Ucraína
vivían os Souto, unha pequena tribo formada por algo
menos dun cento de persoas, entre adultos e nenos, e
dúas ducias de cans. Os Souto eran unha tribo nómade,
movíanse dun lado para outro, alimentándose dos animais
que cazaban e das plantas que recollían.
Na tribo había dúas persoas moi importantes, que
eran as que a guiaban: a xefa, Oura, e o home sabio,
non che digo o nome, xa descubrirás como se chama ao final da historia.
O home sabio coñecía remedios para curar a dor e baixar a febre, e
podía curar feridas e reparar ósos que se rompían. Na tribo chamábanlle o
mago porque tamén soñaba, tiña soños de futuro, toda a tribo se movía
seguindo os soños do home sabio. Tiñan unha confianza plena nos seus
soños, sempre lles fora ben así.
ILUSTRACIÓNS: ALUMNADO 4º. CEIP PLUR. MANUEL MURGUÍA.
A CORUÑA
INDIRA.4º.PRIMARIA
MAGOSTO, 2020 7
Últimamente levaba varias noites soñando cun lugar que
estaba cheo dunhas árbores que daban uns froitos que se
podían comer cando nacían pero que tamén se podían secar
e gardar e servir de alimento durante moitos meses, cando
o inverno era máis duro, escaseaba a caza e non había
moitas plantas que recoller.
O lugar quedaba moi lonxe, onde remataba o mundo
pero, se conseguían chegar alí, poderían quedar para
sempre, sen ter que andar movéndose dun lado para outro.
Inmediatamente prepararon todo e puxéronse en camiño.
II
A viaxe foi moi longa e moi difícil, tiveron que atravesar montañas e ríos,
andar por camiños cheos de pedras e de lama, pasaron frío e calor, tiveron
quefacermoitasparadasparaconseguiralimentoeprotexersedomaltempo,
algúns membros da tribo morreron porque se fixeran vellos e outros novos
naceron pero, despois duns cantos anos, un día, ao principio do outono,
chegaron ao lugar que soñara o mago.
Mira o tempo que tardaron que, cando saíran, a xefa Oura e o mago eran
mozos e aínda non tiñan fillos e, cando chegaron, xa tiñan netos.
Alí o mago faloulle á tribo e díxolles:
-Este é o lugar e estas son as árbores e
os froitos cos que soñei e que van ser
unha boa parte do noso alimento de
agora en diante.
Os Souto todos puxéronse a mirar moi sorprendidos cara os froitos e un
neno preguntoulle o que se estaban preguntando todos:
-Pero,comoimoscomeresesfroitos,seestáncheosdeespiñas?Ímonos
picar todos e non os poderemos tragar.
ANA.4º.PRIMARIA
DAVID.4º.PRIMARIA
MAGOSTO, 2020 8
-Tede confianza en min -díxolles o mago- nunca vos fallei. Os tesouros
moitas veces están agochados. Agardade uns días.
Comoeleraunhomesabio,sabíaqueosfroitosaíndaestabansenlograr.
Montaron o seu campamento nun claro da fraga, cazaron algúns animais
e recolleron algunhas plantas para ter comida e prepararon algunhas peles
para abrigarse, que xa estaba chegando o frío.
III
Pasaron uns días e...aquelas cousiñas, que eles pensaran
que eran os froitos, abríronse como unha boca que abre os
seus beizos e deixaron caer o que tiñan dentro, que eran os
froitos de verdade. Ao envoltorio de espiñas chamáronlle
ourizo, na honra da súa xefa Oura, porque os dous tiñan
un tesouro dentro: o ourizo tiña os froitos e Oura, aínda
que era moi seria e pequena de estatura, tiña dentro un
tesouro de bondade, valentía e intelixencia.
Omagoaprendeulleáxentedatribo
quehabíaquesacarllesaosfroitos
dosourizosasdúaspeles,acasca
e a tona, para poder comelos.
Aprendeulles tamén a usar
pauciñosparaabrirosourizosque
non abrían sós. Nós, agora, abrímolos usando as botas ou os zapatos pero
os que tiñan eles non eran tan consistentes.
Recolleron unha gran cantidade de froitos e, os que non comeron no
momento,puxéronosasecardentrodastendasnunscanizosfeitosconvaras
que colocaron a unha certa altura. Déronlles para todo o ano e aínda lles
sobraron.
Que sorte tiñan de contar cun mago que puidera soñar todo o que tiñan
que facer!
ANA.4º.PRIMARIA
MAGOSTO, 2020 9
Unha tarde, o home sabio colleu unha presa de froitos e, como xa facía
frío, púxoos a carón das brasas para que se lle quentaran un pouco, coa idea
desacalosnunmomentopero,comoxaíavelliño,quedoudurmido.Espertou
sobresaltado cuns estoupidos, os froitos quentaran de máis e, como a calor
non tiña por onde saír, estouparan.
Despois de que se lle pasara o susto, caeu na conta do que pasara e
probou algúns anaquiños que quedaran ciscados polo chan. Estaban máis
brandos e saborosos que cando estaban crus! Se estouparan porque o calor
non tiña por onde escapar, a solución era fácil.
Colleu outra presa de froitos, fíxolle un corte pequeno a cada un e púxoos
acaróndasbrasas,removéndooscunpauacadapouco.Destavezaemoción
non o deixou durmir.
Os froitos non só estaban máis brandos e máis saborosos senón que,
ademais, as cascas e as tonas non daban traballo ningún, case saían soas.
IV
Xuntou a toda a tribo para contarllo e decidiron facer unha festa para
celebralo. Fixeron un lume moi grande e, cando houbo brasas, con moito
coidado, pola parte de fóra foron poñendo os froitos dos ourizos, cada un co
seu corte para que non estouparan. Toda a tribo quedou encantada co sabor
dos froitos asados, comeron, beberon, cantaron, bailaron e, os nenos e as
nenas pintaron a cara con tizóns apagados.
LAIA.4º.PRIMARIA
MAGOSTO, 2020 10
Desdeentón,todososanos,despoisdarecollida dos froitos dos ourizos,
celebraron festas coma aquela e, na honra do
mago,áfestachamáronlle«magosto».Aque
xa sabes como se chamaba o mago?
Hoxe en día séguense a celebrar
magostos en moitos lugares da Galiza e
de fóra da Galiza.
Copasodotempo,aofroitodosourizos
chamáronlle castaña, non sei ben o motivo, se cadra
fose pola cor, ou á cor pola castaña, quen o sabe?
E á árbore chamáronlle castiñeiro.
En lembranza daquela tribo, na Galiza, os
terreos nos que hai moitos castiñeiros chámanse
«soutos» e tamén chámanlle «O Souto» ao lugar no que me criei.
Despois dos magostos virían as castañas cocidas, o caldo de castañas,
os doces de castañas, o «marrón glacé»...e outras moitas preparacións con
castañas pero... iso xa é doutros contos.
LAIA4º.PRIMARIA
INDIRA4º.PRIMARIA
MAGOSTO, 2020 11
A HISTORIA DOS SOUTO
ACTIVIDADES
1. Como se chama o lugar de Europa do Leste onde comezou a historia
dos Souto ?
2. Cantas persoas formaban a tribo dos Souto? E cantos cans?
3. Que dúas persoas eran as máis importantes da tribo?
4. Ao principio de que época do ano chegaron ao seu destino? Arrodea.
5. De que estaban cheos os ourizos? Colorea.
6. Onde montaron o seu campamento os da tribo?
VERÁN OUTONO INVERNOPRIMAVERA
sementes espiñas vermes pelos
N F N A H A G U A R
MAGOSTO, 2020 12
7. Completa o encrucillado con palabras que aparecen no texto.
HORIZONTAIS
1. Pobo que non ten morada nin establecemento fixo. Que vai dun sitio
para outro.
2. Estrutura de paus ou táboas con varas, vimbios ou paus entrecruzados
que se coloca a certa altura sobre a lareira para curar e afumar alimentos.
3.- Extensión de monte, polo xeral illado e de difícil acceso, poboado de
distintas especies caducifolias, de herbas, mofos e liques e na que convive
así mesmo unha gran diversidade de fauna.
4. Casca exterior con espiñas que contén as castañas do castiñeiro.
5.-Cubertaexteriormáisoumenosgrosa,dalgúnsfroitoscomoacastaña
ou a noz.
6. Terreo poboado de castiñeiros.
7. Pel interior fina do ovo e da castaña, por baixo da casca.
1.NÓMADE2.CANIZO3.FRAGA4.OURIZO5.CASCA6.SOUTO7.TONA
1
2
3
4
6
7
M
A
G
O
S
T
O
5
MAGOSTO, 2020 13
8. Une cunha liña de cor a palabra e o seu significado. Colorea os dous
recadros da mesma cor.
UCRAÍNA
TONA
MAGOSTO
ESPIÑAS
CASTAÑA
CASCA
OURIZO
FRAGA
CANIZO
TRIBO
País de Europa do Leste.
Accióndeasarcastañas,queenmoitasocasións
se converte nun acontecemento festivo.
Puga dura e aguda que nace nalgunhas plantas.
Pelinteriorfinadacastaña,
por debaixo da casca.
Cuberta exterior
da castaña.
Froito comestible do castiñeiro.
Casca exterior con espiñas que contén as castañas
Terreo poboado de castiñeiros.
Extensión de monte po-
boado de distintas espe-
cies de folla caduca.
Estrutura de paus ou tá-
boasconvaras,vimbiosou
pausentrecruzadosquese
coloca sobre a lareira para
curar e afumar alimentos.
Familias con antepasa-
dos comúns e que teñen
un mesmo xefe.
SOUTO
MAGOSTO, 2020 14
COMO MEDRA O CASTIÑEIRO?
LUÍS CERNADAS ORTIZ DE ZÁRATE e ROCANDIO
Xa todos sabemos que a árbore que dá as castañas é o castiñeiro.
Nalgúns lugares tamén se lle chama castiro ou castañeiro.
Pero, como medra o castiñeiro?
Pois como case todas as árbores. Na primavera as
candeas, que son as flores que teñen os castiñeiros,
vanse convertendo en ourizos con pugas moi
afiadas que teñen dentro dúas ou tres castañas.
Ao chegar o outono estes ourizos abren e deixan
caer as castañas.
Algunhas destas castañas collémolas para facer
os magostos ou para comer nas nosas casas, pero
outras quedan no chan, debaixo das follas.
Destas castañas saen as pequenas plantas que, co paso do tempo, se
van converter en novos castiñeiros e que nos van seguir dando castañas
para celebrar moitos máis magostos.
ILUSTRACIÓNS: MANUEL e ROI. 5º. CEIP PLUR. CARNOTA
ACTIVIDADES
1. Como se chaman as flores dos castiñeiros?
2. En que se converten estas candeas?
3. En que época do ano abren os ourizos?
MAGOSTO, 2020 15
5
4. Lembra o relato do ciclo da castaña, recorta os debuxos e colócaos
ordenados nos seus recadros.
3
4
2
1
6
1 2 3
4 5 6
ILUSTRACIÓNS:CEIPJ.FERNÁNDEZLATORRE.ACORUÑA
MAGOSTO, 2020 16
UN GATIÑO
CANTIGA POPULAR
UN GATIÑO AS CASTAÑAS
REMEXÍAS COA MAN,
ESTOUPOULLE UNHA NA CARA
COITADIÑO MARRAMIAU.
PICA QUE SI,
PICA QUE NON,
PICA E REPICA
PICA, PICÓN.
ILUSTRACIÓNS: AARÓN e MARÍA. 5º . CEIP PLUR. CARNOTA
MAGOSTO, 2020 17
CASTAÑA
Ela sempre quixera chamarse «Castaña». gustáballe
ese nome e repetíao unha e outra vez cando se aburría.
Contaba castañas para durmir e, por suposto, agardaba
con impaciencia a época máis marabillosa do ano: a das
castañas. A súa avoa tiña na aldea dous castiñeiros ben
grandes pero na cidade rara vez era quen de atopar un, moito
menos de atopar castañas estradas polo chan. Un día
comentárallo ao seu pai. O de que quería chamarse Casta-
ña. Ao primeiro el, que tiña a cabeza metida no forno,
preguntáralle:
-Que viches unha araña? -e entón sacou a cabeza do forno e tamén
os brazos, pois andaba dándolle á graxa encarecidamente.
-Que me quero chamar Castaña.
-Castaña?
-Si. Castaña. Das que caen dos castiñeiros -mira que ter que darlle
tanta explicación. Estaba clarísimo a que se refería.
-A-ha -dixo o seu pai, serio. Ela a estas alturas xa sa-
bía que o «a-ha» non significaba nada, así que insistiu.
-Castaña. Quérome chamar Castaña.
-E logo? -preguntou o seu pai.
-Gústame -non se lle ocorría nada mellor naquel mo-
mento, a verdade é que non agardaba tal pregunta.
-Iso está ben... -O seu pai comezou a sacar as luvas. Oh,
non, conversa demorada! Co sinxelo que era o que lle pedía!
Quería chamarse Castaña, raio!
O XEITO DAS FROITAS
MARÍA REIMÓNDEZ
ED. SANTILLANA OBRADOIRO
ILUSTRACIÓNS: ADRIANA e MANUEL. 5º CEIP PLUR. CARNOTA
MAGOSTO, 2020 18
-Daquela, a partir de hoxe xa me chama todo o mundo Castaña? -
tentou cortar a que se aveciñaba.
-Mira, Iris...
-Castaña!
-...Castaña, non é tan sinxelo...
- E logo?
-Porque os nomes... os nomes... Primeiro, as persoas
non poden chamarse de calquera maneira.
-Por que non?
-O pai sentou por fin nunha cadeira da cociña.
-Porque hai unha serie de palabras que se usan para
denominar persoas e outras que non.
-Pero o can de Andrea chámase Bruno e na clase hai
un rapaz que se chama Bruno. Un can non é unha persoa
pero teñen o mesmo nome.
-Gana de marear que ten a xente, poñerlle a un can un nome de persoa...
-rosmou seu pai.
-Quero chamarme Castaña -teimou ela.
-Mira, é que Castaña non é nin nome de can.
Iria sentiuse insultadísima.
-Vaia, ho! É un nome dun froito, iso xa o sei. Pero eu quero chamarme
Castaña. Porque as castañas son gordechas e... ben, castañas, e ricas! E
ademais teñen un ourizo por fóra e o outro día dixéchesme que as persoas
hainas que teñen espiñas e... -agora ía a fume de carozo.
-Entendo os teus argumentos -contestou o seu pai-, mais non pode ser.
Porque ti xa tes nome.
-Tamén tiña uns calcetíns a semana pasada e houbo que cambialos.
-Non é o mesmo. Os nomes téñense para que os
demais nos recoñezan, para poder inscribirte
no colexio, para todo.
MAGOSTO, 2020 19
saborosas e docesgordechas e ricas
verdes e grandes
maduras e quentes rápidas e esmirriadas
ÍA AMODO
ÍA RAPIDO
ÍA LEDA
ÍA TRISTE
ÍA CANSA
ÍA DURMIDA
ÍA CANTANDO
ÍA CALADA
ÍA COMENDO
ÍA RINDO
1. Como se quería chamar a rapaza?
2. Cal era o seu verdadeiro nome?
3. Onde tiña metida a cabeza o pai cando falaba coa súa filla?
4. Onde se sentou o pai para seguir falando coa rapaza?
5. Quen era Bruno?
6.- Como decía a rapaza que eran as castañas? Colorea.
7. Que quere dicir que a rapaza ía «a fume de carozo»? Arrodea
O XEITO DAS FROITAS
ACTIVIDADES
MAGOSTO, 2020 20
FACEMOS UN MAGOSTO
Adaptación
Colectivo «Ollo de Sapo»
Os rapaces e rapazas da aldea de Varcia decidiron facer un magosto.
Un sábado, despois de xantar, colleron tres latas baleiras e fixéronlles uns
buratos no cu.
-O mellor sitio para facer o ma-
gosto é o souto de Verducido.- dixo
Ana, metendo as latas nun saco-:
Hai moitísimos castiñeiros e tere-
mos castañas dabondo.
-Boa falta han facer, que somos
moitos -dixo Antón-. Olaia e Afonso
xa están preparando as bebidas, así
que é mellor ir marchando cara alá.
Cando chegaron ao souto buscaron castañas, abrindo cos pés os ouri-
zos que había no chan, mentres que Ana e Marco ían acendendo a foguei-
ra e poñendo unhas pedras arredor para que non plantase lume por fóra.
De alí a pouco xa tiñan moitas castañas, que xuntaron enriba dunhas follas
secas. Puxéronse todos a picalas para que non estoupasen.
-Quen é o parvo que colleu as
mirradas tamén? -dixo Sabela toda
enfuciñada- Moitas non serven e hai
que tirar con elas.
-Deixade algunhas castañas
sen picar, para que salten.
-Iso, a ver se lle dan nun ollo a
un -dixo Inés sorrindo. Aquí veñen
coa bebida.
ILUSTRACIÓNS: ALUMNADO 4ºA. CEIP J. FERNÁNDEZ LATORRE. A CORUÑA
OLIVERIRENEA.
ALMA,4ºA
MAGOSTO, 2020 21
Polo camiño arriba viñan Olaia e Afonso falando e rindo. Artur pregun-
tou:
-E logo Antón non ven?
-Agora ven que foi á casa da tía cun recado da nai.
De seguido puxeron as latas cheas de castañas enriba das brasas.
Mentres non asaban, os rapaces e rapazas pasaban o tempo tirándose
ourizos baleiros e facendo falcatruadas. Axiña chegou Antón traendo al-
gúns chourizos para asar tamén.
Despois todos se sentaron para comer as castañas e os chourizos.
Algunhas castañas saltaron das latas e unha deulle a Sabela no nariz.
Marco colleu unha que estaba chamuscada e pintoulle a Uxía un redondel
na cara. Ela foi correndo tras del, tirándolle ourizos do chan. Pero a cousa
non foi a máis.
Puxéronse a cantar cantigas, levando o ritmo coas latas e con paus.
Como xa empezaba a anoitecer, botaron terra nas brasas e recolleron as
latas e as botellas. Despois baixaron para casa contando chistes. Artur
díxolle polo baixo a Inés:
-Paseino moi ben. Deberíamos facer cousas destas todas as sema-
nas.
-Non tanta présa -repondeu Inés-. Xa chegará o Nadal e o Entroido.
LUCÍA
MAGOSTO, 2020 22
1. De que aldea eran os rapaces protagonistas do conto? Completa.
2. Cal era o nome do souto onde ían facer o magosto?
3. Que rapaz e que rapaza acendían a fogueira?
4. En que parte do seu corpo lle deu a Sabela a castaña que saltou?
5. Que lle pintou marco a Uxía? Con que?
6. Con que dúas couas levaban o ritmo das cantigas?
7. Que fixeron coas latas e as botellas ao rematar o magosto?
FACEMOS UN MAGOSTO
ACTIVIDADES
A I
VA C R
MAGOSTO, 2020 23
8. Que fixo cada un? Une e colorea da mesma cor.
PREGUNTOU POR QUE NON
VIÑA ANTÓN.
DEULLE UNHA CASTAÑA
NO NARIZ.
PINTOULLE A UXÍA UN
REDONDEL NA CARA.
CORREU DETRÁS DE MARCOS E
TIROULLE OURIZOS DO CHAN.
PREPARARON AS BEBIDAS.
ACENDERON AS FOGUEIRAS
PARA O MAGOSTO.
FOI A CASA DA SÚA TÍA CUN RE-
CADO DA NAI.
TROUXO OS CHOURIZOS.
Sabela
Artur
Antón
Marco
Uxía
Olaia e
Afonso
Ana e
Marco
Ana
INDICOU QUE VERDUCIDO
ERA O MELLOR SITIO PARA
O MAGOSTO.
MAGOSTO, 2020 24
MANUALIDADESMANUALIDADES
MAGOSTO, 2020 25
A CASTAÑA E OS OURIZOS
Colorea con rotuladores este par de ourizos e a castaña. Recórtaos e de-
cora con eles a aula.
MAGOSTO, 2020 26
O COGOMELO
Repasa polas liñas discontínuas este cogomelo, coloréao, recórtao e de-
cora a aula con el.
MAGOSTO, 2020 27
A CAIXIÑA DA CASTAÑA
Colorea, recorta e monta esta caixiña. Nela podes gardar un par de casta-
ñas para levarlle aos teus pais, aos avós...
MAGOSTO, 2020 28
O OURIZO CACHO
A casca con espiñas que contén as castañas do castiñeiro, chámase ouri-
zo, pero tamén hai un animaliño, con espiñas e que se alimenta de insec-
tos tamén ten ese nome, aínda que tamén se lle chama porco espiño,
ourizo cacho, ourizo cacheiro, cachourizo...
MAGOSTO, 2020 29
A CASTAÑA
Repasa o debuxo e colorea. Cantas castañas hai? Escribe o número.
Hai castañas
MAGOSTO, 2020 30
O MÓBIL DA CASTAÑA
Colorea, recorta e monta a castaña, usando encadernadores. Xa tes o teu
móbil para o magosto!
MAGOSTO, 2020 31
A CASTAÑA FACHENDOSA
Colorea, recorta e monta esta castaña fachendosa, pegándolle as pernas
e os brazos pola parte posterior.
MAGOSTO, 2020 32
O DADO DO MAGOSTO
Queres saber cantas castañas ides comer no magosto? Colorea, recorta e
monta o dado e... a xogar!
MAGOSTO, 2020 33
OUTRO COGOMELO (1)
Recorta cada unha das pezas do cogomelo: sombreiro, pé e escamas.
Monta o cogomelo na ficha 2 e colorea.
pé
sombreiro
escamas
MAGOSTO, 2020 34
OUTRO COGOMELO (e 2)
Monta as partes do cogomelo e colorea.
MAGOSTO, 2020 35
AS FOLLAS DO OUTONO
Serás quen de completar cada unha destas follas? Lembra que son simé-
tricas: os dous lados teñen que ser idénticos. Cando estean completadas,
coloréaas de cores de outono: vermello, castaño, amarelo...
MAGOSTO, 2020 36
A CASTAÑEIRA
Repara ben no debuxo da castañeira da parte superior e cópiao no reca-
dro da parte inferior. Despois colorea os dous debuxos igual.
MAGOSTO, 2020 37
QUE CORES POÑEMOS?
Sigue as indicación do recadro e colorea o debuxo.
maceira
maceira
maceira
maceira
maceira
pereira
vide
vide
castiñeiro
figueira
VERDE
maceira
CASTAÑO
pereira
AMARELO
vide
ROSA
castiñeiro
LARANXA
figueira
MAGOSTO, 2020 38
ONDE VAI CADA PALABRA?
Conta as letras das palabra do recadro e colócaas onde lle corresponda.
LEO PRADO, 4ºA
CEIP FDEZ. LATORRE. A CORUÑA
ASAR FESTA SOUTO ADENTAR
CANDEA MAGOSTO
CASTAÑA CORNETE CASTIÑEIRO
CASCA ESPELICAR
MAGOSTO, 2020 39
O ENCRUCILLADO
Completa o encrucillado con algunha das palabras do recadro.
C1
2
10
9
8
7
6
5
4
3
A
S
T
1
Ñ
E
1
R
O
1. Recipiente cónico feito de papel usado para gardar castañas.
2. Facerlle unha marca ás castañas para que non estoupen.
3. Festa do outono na que se asan castañas.
4. Pel interior fina da castaña.
5. Puga moi aguda que teñen os ourizos.
6. Froito do castiñeiro.
7. Celebración festiva.
8. Quitar a pelica. Pelar.
9. Casca exterior con espiñas que contén as castañas do castiñeiro.
10. Terreo poboado de castiñeiros.
HORIZONTAIS
1.CORNETE2.ADENTAR3.MAGOSTO4.TONA5.ESPIÑA6.CASTAÑA7.FESTA8.ESPELICAR9.OURIZO10.SOUTO
ILUSTRACIÓN:MARÍA.5ºCEIPPLUR.CARNOTA
MAGOSTO, 2020 40
1. Corta un cartón de leite pola
metade.
2. Pega cada metade e fai un
burato pequeno en cada lateral.
3. Engancha un cordel longo
nos furados que fixeches.
Un lado serve para as casta-
ñas e outro para as tonas.
4. Adorna e decora a caixa. Po-
des empregar técnicas diferentes:
coloreala con témperas, forrala
con papeis de cores, poñerlle pe-
gatinas...
Xa tes a caixa lista para en-
cher de castañas asadas!
LEITE
LEITE
LEITE
A CAIXA PARA AS CASTAÑAS
Contamos coa vosa colaboración
para manter limpo o cole!

More Related Content

Similar to Magosto 2020

Similar to Magosto 2020 (20)

O apalpador ud
O apalpador udO apalpador ud
O apalpador ud
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
 
Revista galegando 2014
Revista galegando 2014Revista galegando 2014
Revista galegando 2014
 
O apalpador ud
O apalpador udO apalpador ud
O apalpador ud
 
O libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosO libro dos Reis Magos
O libro dos Reis Magos
 
O libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosO libro dos Reis Magos
O libro dos Reis Magos
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
Fábrica da luz
Fábrica da luzFábrica da luz
Fábrica da luz
 
MAGOSTO 2011
MAGOSTO 2011MAGOSTO 2011
MAGOSTO 2011
 
MAGOSTO
MAGOSTOMAGOSTO
MAGOSTO
 
Retallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdfRetallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdf
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
 
Eusonhenrique
EusonhenriqueEusonhenrique
Eusonhenrique
 
O samaín (a rata Luisa)
O samaín (a rata Luisa)O samaín (a rata Luisa)
O samaín (a rata Luisa)
 
Revista junta
Revista juntaRevista junta
Revista junta
 
A Rata Luisa en Cambados
A Rata Luisa en CambadosA Rata Luisa en Cambados
A Rata Luisa en Cambados
 
Revista
RevistaRevista
Revista
 
Retallos 2013
Retallos 2013Retallos 2013
Retallos 2013
 
Revista cep-campolongo-2017
Revista cep-campolongo-2017Revista cep-campolongo-2017
Revista cep-campolongo-2017
 
As árbores na cultura popular
As árbores na cultura popularAs árbores na cultura popular
As árbores na cultura popular
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao colesatelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

Magosto 2020

  • 1. MAGOSTO, 2020 1 maquetación:equipo«atodofilispín» UNIDADES DIDÁCTICAS MANUALIDADES UNIDADES DIDÁCTICAS MANUALIDADES ED. INFANTIL E PRIMARIAED. INFANTIL E PRIMARIA CEIP PLURILINGÜE MANUEL MURGUÍA, FEÁNS (A CORUÑA) CEIP SALGADO TORRES, A CORUÑA CEIP RAMÓN DE LA SAGRA, A CORUÑA CEIP PLURILINGÜE DE CARNOTA (A CORUÑA) CEIP RAMÓN OTERO PEDRAYO, A LARACHA (A CORUÑA) CPR CID, A CORUÑA CEIP JUAN FERNÁNDEZ LATORRE, A CORUÑA EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA MAGOSTO 2020 MAGOSTO 2020
  • 2. MAGOSTO, 2020 2 ÍNDICE LECTURAS O MAGOSTO .......................................................................... 3 O PRIMEIRO MAGOSTO ....................................................... 6 COMO MEDRA O CASTIÑEIRO? ........................................ 14 UN GATIÑO ........................................................................... 16 O XEITO DAS FROITAS ....................................................... 17 FACEMOS UN MAGOSTO ................................................... 20 MANUALIDADES A CASTAÑA E OS OURIZOS ............................................... 25 O COGOMELO....................................................................... 26 ACAIXIÑADACASTAÑA ..................................................... 27 O OURIZO CACHO................................................................ 28 ACASTAÑA........................................................................... 29 O MÓBIL DACASTAÑA ....................................................... 30 ACASTAÑAFACHENDOSA ................................................ 31 O DADO DO MAGOSTO ...................................................... 32 OUTRO COGOMELO (1)....................................................... 33 OUTRO COGOMELO (e 2) ............................................. ..... 34 AS FOLLAS DO OUTONO ................................................... 35 ACASTAÑEIRA .................................................................... 36 QUE CORES POÑEMOS? ................................................... 37 ONDE VAI CADAPALABRA?............................................... 38 O ENCRUCILLADO .............................................................. 39 ACAIXAPARAAS CASTAÑAS ........................................... 40
  • 3. MAGOSTO, 2020 3 Observa o debuxo do ilustrador Jacobo Fernández e contesta. 1. Que festa están a celebrar? 2. Que está asando a castañeira? 3. Cantas persoas teñen un cornete na man? Arrodea. 4. Onde bota o rapaz o lixo? Arrodea. NA PAPELEIRANA ÁRBORE NO CHAN NO SOMBREIRO O MAGOSTO JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO EDITORIAL GALAXIA CATROSETEOITO DÚAS
  • 4. MAGOSTO, 2020 4 5. Agora que sabes que están a celebrar, serías quen de inventar un conto mirando a ilustración e empregando cinco palabras do recadro? castaña papeleira bigote ourizo cornete magosto fotografía xogo paxaro lume tona Título
  • 5. MAGOSTO, 2020 5 O CREBACABEZAS DO MAGOSTO Recorta as pezas do crebacabezas e móntao seguindo o modelo da esquerda.
  • 6. MAGOSTO, 2020 6 O PRIMEIRO MAGOSTO CARLOS GARCÍA CASÁS I Isto que che vou contar é parte da historia dos primeiros habitantes do lugar onde me criei, onde me criei eu e os meus antepasados desde hai moitos, moitos, moitos anos. Todo empezou nun lugar da Europa do Leste, máis ou menos onde hoxe é Ucraína, moitísimos anos antes de que chegaran os romanos á nosa terra, moitos anos antes de que chegaran os celtas... aínda había moi pouquiña xente na Galiza. Nese lugar do que che falo, onde hoxe é Ucraína vivían os Souto, unha pequena tribo formada por algo menos dun cento de persoas, entre adultos e nenos, e dúas ducias de cans. Os Souto eran unha tribo nómade, movíanse dun lado para outro, alimentándose dos animais que cazaban e das plantas que recollían. Na tribo había dúas persoas moi importantes, que eran as que a guiaban: a xefa, Oura, e o home sabio, non che digo o nome, xa descubrirás como se chama ao final da historia. O home sabio coñecía remedios para curar a dor e baixar a febre, e podía curar feridas e reparar ósos que se rompían. Na tribo chamábanlle o mago porque tamén soñaba, tiña soños de futuro, toda a tribo se movía seguindo os soños do home sabio. Tiñan unha confianza plena nos seus soños, sempre lles fora ben así. ILUSTRACIÓNS: ALUMNADO 4º. CEIP PLUR. MANUEL MURGUÍA. A CORUÑA INDIRA.4º.PRIMARIA
  • 7. MAGOSTO, 2020 7 Últimamente levaba varias noites soñando cun lugar que estaba cheo dunhas árbores que daban uns froitos que se podían comer cando nacían pero que tamén se podían secar e gardar e servir de alimento durante moitos meses, cando o inverno era máis duro, escaseaba a caza e non había moitas plantas que recoller. O lugar quedaba moi lonxe, onde remataba o mundo pero, se conseguían chegar alí, poderían quedar para sempre, sen ter que andar movéndose dun lado para outro. Inmediatamente prepararon todo e puxéronse en camiño. II A viaxe foi moi longa e moi difícil, tiveron que atravesar montañas e ríos, andar por camiños cheos de pedras e de lama, pasaron frío e calor, tiveron quefacermoitasparadasparaconseguiralimentoeprotexersedomaltempo, algúns membros da tribo morreron porque se fixeran vellos e outros novos naceron pero, despois duns cantos anos, un día, ao principio do outono, chegaron ao lugar que soñara o mago. Mira o tempo que tardaron que, cando saíran, a xefa Oura e o mago eran mozos e aínda non tiñan fillos e, cando chegaron, xa tiñan netos. Alí o mago faloulle á tribo e díxolles: -Este é o lugar e estas son as árbores e os froitos cos que soñei e que van ser unha boa parte do noso alimento de agora en diante. Os Souto todos puxéronse a mirar moi sorprendidos cara os froitos e un neno preguntoulle o que se estaban preguntando todos: -Pero,comoimoscomeresesfroitos,seestáncheosdeespiñas?Ímonos picar todos e non os poderemos tragar. ANA.4º.PRIMARIA DAVID.4º.PRIMARIA
  • 8. MAGOSTO, 2020 8 -Tede confianza en min -díxolles o mago- nunca vos fallei. Os tesouros moitas veces están agochados. Agardade uns días. Comoeleraunhomesabio,sabíaqueosfroitosaíndaestabansenlograr. Montaron o seu campamento nun claro da fraga, cazaron algúns animais e recolleron algunhas plantas para ter comida e prepararon algunhas peles para abrigarse, que xa estaba chegando o frío. III Pasaron uns días e...aquelas cousiñas, que eles pensaran que eran os froitos, abríronse como unha boca que abre os seus beizos e deixaron caer o que tiñan dentro, que eran os froitos de verdade. Ao envoltorio de espiñas chamáronlle ourizo, na honra da súa xefa Oura, porque os dous tiñan un tesouro dentro: o ourizo tiña os froitos e Oura, aínda que era moi seria e pequena de estatura, tiña dentro un tesouro de bondade, valentía e intelixencia. Omagoaprendeulleáxentedatribo quehabíaquesacarllesaosfroitos dosourizosasdúaspeles,acasca e a tona, para poder comelos. Aprendeulles tamén a usar pauciñosparaabrirosourizosque non abrían sós. Nós, agora, abrímolos usando as botas ou os zapatos pero os que tiñan eles non eran tan consistentes. Recolleron unha gran cantidade de froitos e, os que non comeron no momento,puxéronosasecardentrodastendasnunscanizosfeitosconvaras que colocaron a unha certa altura. Déronlles para todo o ano e aínda lles sobraron. Que sorte tiñan de contar cun mago que puidera soñar todo o que tiñan que facer! ANA.4º.PRIMARIA
  • 9. MAGOSTO, 2020 9 Unha tarde, o home sabio colleu unha presa de froitos e, como xa facía frío, púxoos a carón das brasas para que se lle quentaran un pouco, coa idea desacalosnunmomentopero,comoxaíavelliño,quedoudurmido.Espertou sobresaltado cuns estoupidos, os froitos quentaran de máis e, como a calor non tiña por onde saír, estouparan. Despois de que se lle pasara o susto, caeu na conta do que pasara e probou algúns anaquiños que quedaran ciscados polo chan. Estaban máis brandos e saborosos que cando estaban crus! Se estouparan porque o calor non tiña por onde escapar, a solución era fácil. Colleu outra presa de froitos, fíxolle un corte pequeno a cada un e púxoos acaróndasbrasas,removéndooscunpauacadapouco.Destavezaemoción non o deixou durmir. Os froitos non só estaban máis brandos e máis saborosos senón que, ademais, as cascas e as tonas non daban traballo ningún, case saían soas. IV Xuntou a toda a tribo para contarllo e decidiron facer unha festa para celebralo. Fixeron un lume moi grande e, cando houbo brasas, con moito coidado, pola parte de fóra foron poñendo os froitos dos ourizos, cada un co seu corte para que non estouparan. Toda a tribo quedou encantada co sabor dos froitos asados, comeron, beberon, cantaron, bailaron e, os nenos e as nenas pintaron a cara con tizóns apagados. LAIA.4º.PRIMARIA
  • 10. MAGOSTO, 2020 10 Desdeentón,todososanos,despoisdarecollida dos froitos dos ourizos, celebraron festas coma aquela e, na honra do mago,áfestachamáronlle«magosto».Aque xa sabes como se chamaba o mago? Hoxe en día séguense a celebrar magostos en moitos lugares da Galiza e de fóra da Galiza. Copasodotempo,aofroitodosourizos chamáronlle castaña, non sei ben o motivo, se cadra fose pola cor, ou á cor pola castaña, quen o sabe? E á árbore chamáronlle castiñeiro. En lembranza daquela tribo, na Galiza, os terreos nos que hai moitos castiñeiros chámanse «soutos» e tamén chámanlle «O Souto» ao lugar no que me criei. Despois dos magostos virían as castañas cocidas, o caldo de castañas, os doces de castañas, o «marrón glacé»...e outras moitas preparacións con castañas pero... iso xa é doutros contos. LAIA4º.PRIMARIA INDIRA4º.PRIMARIA
  • 11. MAGOSTO, 2020 11 A HISTORIA DOS SOUTO ACTIVIDADES 1. Como se chama o lugar de Europa do Leste onde comezou a historia dos Souto ? 2. Cantas persoas formaban a tribo dos Souto? E cantos cans? 3. Que dúas persoas eran as máis importantes da tribo? 4. Ao principio de que época do ano chegaron ao seu destino? Arrodea. 5. De que estaban cheos os ourizos? Colorea. 6. Onde montaron o seu campamento os da tribo? VERÁN OUTONO INVERNOPRIMAVERA sementes espiñas vermes pelos N F N A H A G U A R
  • 12. MAGOSTO, 2020 12 7. Completa o encrucillado con palabras que aparecen no texto. HORIZONTAIS 1. Pobo que non ten morada nin establecemento fixo. Que vai dun sitio para outro. 2. Estrutura de paus ou táboas con varas, vimbios ou paus entrecruzados que se coloca a certa altura sobre a lareira para curar e afumar alimentos. 3.- Extensión de monte, polo xeral illado e de difícil acceso, poboado de distintas especies caducifolias, de herbas, mofos e liques e na que convive así mesmo unha gran diversidade de fauna. 4. Casca exterior con espiñas que contén as castañas do castiñeiro. 5.-Cubertaexteriormáisoumenosgrosa,dalgúnsfroitoscomoacastaña ou a noz. 6. Terreo poboado de castiñeiros. 7. Pel interior fina do ovo e da castaña, por baixo da casca. 1.NÓMADE2.CANIZO3.FRAGA4.OURIZO5.CASCA6.SOUTO7.TONA 1 2 3 4 6 7 M A G O S T O 5
  • 13. MAGOSTO, 2020 13 8. Une cunha liña de cor a palabra e o seu significado. Colorea os dous recadros da mesma cor. UCRAÍNA TONA MAGOSTO ESPIÑAS CASTAÑA CASCA OURIZO FRAGA CANIZO TRIBO País de Europa do Leste. Accióndeasarcastañas,queenmoitasocasións se converte nun acontecemento festivo. Puga dura e aguda que nace nalgunhas plantas. Pelinteriorfinadacastaña, por debaixo da casca. Cuberta exterior da castaña. Froito comestible do castiñeiro. Casca exterior con espiñas que contén as castañas Terreo poboado de castiñeiros. Extensión de monte po- boado de distintas espe- cies de folla caduca. Estrutura de paus ou tá- boasconvaras,vimbiosou pausentrecruzadosquese coloca sobre a lareira para curar e afumar alimentos. Familias con antepasa- dos comúns e que teñen un mesmo xefe. SOUTO
  • 14. MAGOSTO, 2020 14 COMO MEDRA O CASTIÑEIRO? LUÍS CERNADAS ORTIZ DE ZÁRATE e ROCANDIO Xa todos sabemos que a árbore que dá as castañas é o castiñeiro. Nalgúns lugares tamén se lle chama castiro ou castañeiro. Pero, como medra o castiñeiro? Pois como case todas as árbores. Na primavera as candeas, que son as flores que teñen os castiñeiros, vanse convertendo en ourizos con pugas moi afiadas que teñen dentro dúas ou tres castañas. Ao chegar o outono estes ourizos abren e deixan caer as castañas. Algunhas destas castañas collémolas para facer os magostos ou para comer nas nosas casas, pero outras quedan no chan, debaixo das follas. Destas castañas saen as pequenas plantas que, co paso do tempo, se van converter en novos castiñeiros e que nos van seguir dando castañas para celebrar moitos máis magostos. ILUSTRACIÓNS: MANUEL e ROI. 5º. CEIP PLUR. CARNOTA ACTIVIDADES 1. Como se chaman as flores dos castiñeiros? 2. En que se converten estas candeas? 3. En que época do ano abren os ourizos?
  • 15. MAGOSTO, 2020 15 5 4. Lembra o relato do ciclo da castaña, recorta os debuxos e colócaos ordenados nos seus recadros. 3 4 2 1 6 1 2 3 4 5 6 ILUSTRACIÓNS:CEIPJ.FERNÁNDEZLATORRE.ACORUÑA
  • 16. MAGOSTO, 2020 16 UN GATIÑO CANTIGA POPULAR UN GATIÑO AS CASTAÑAS REMEXÍAS COA MAN, ESTOUPOULLE UNHA NA CARA COITADIÑO MARRAMIAU. PICA QUE SI, PICA QUE NON, PICA E REPICA PICA, PICÓN. ILUSTRACIÓNS: AARÓN e MARÍA. 5º . CEIP PLUR. CARNOTA
  • 17. MAGOSTO, 2020 17 CASTAÑA Ela sempre quixera chamarse «Castaña». gustáballe ese nome e repetíao unha e outra vez cando se aburría. Contaba castañas para durmir e, por suposto, agardaba con impaciencia a época máis marabillosa do ano: a das castañas. A súa avoa tiña na aldea dous castiñeiros ben grandes pero na cidade rara vez era quen de atopar un, moito menos de atopar castañas estradas polo chan. Un día comentárallo ao seu pai. O de que quería chamarse Casta- ña. Ao primeiro el, que tiña a cabeza metida no forno, preguntáralle: -Que viches unha araña? -e entón sacou a cabeza do forno e tamén os brazos, pois andaba dándolle á graxa encarecidamente. -Que me quero chamar Castaña. -Castaña? -Si. Castaña. Das que caen dos castiñeiros -mira que ter que darlle tanta explicación. Estaba clarísimo a que se refería. -A-ha -dixo o seu pai, serio. Ela a estas alturas xa sa- bía que o «a-ha» non significaba nada, así que insistiu. -Castaña. Quérome chamar Castaña. -E logo? -preguntou o seu pai. -Gústame -non se lle ocorría nada mellor naquel mo- mento, a verdade é que non agardaba tal pregunta. -Iso está ben... -O seu pai comezou a sacar as luvas. Oh, non, conversa demorada! Co sinxelo que era o que lle pedía! Quería chamarse Castaña, raio! O XEITO DAS FROITAS MARÍA REIMÓNDEZ ED. SANTILLANA OBRADOIRO ILUSTRACIÓNS: ADRIANA e MANUEL. 5º CEIP PLUR. CARNOTA
  • 18. MAGOSTO, 2020 18 -Daquela, a partir de hoxe xa me chama todo o mundo Castaña? - tentou cortar a que se aveciñaba. -Mira, Iris... -Castaña! -...Castaña, non é tan sinxelo... - E logo? -Porque os nomes... os nomes... Primeiro, as persoas non poden chamarse de calquera maneira. -Por que non? -O pai sentou por fin nunha cadeira da cociña. -Porque hai unha serie de palabras que se usan para denominar persoas e outras que non. -Pero o can de Andrea chámase Bruno e na clase hai un rapaz que se chama Bruno. Un can non é unha persoa pero teñen o mesmo nome. -Gana de marear que ten a xente, poñerlle a un can un nome de persoa... -rosmou seu pai. -Quero chamarme Castaña -teimou ela. -Mira, é que Castaña non é nin nome de can. Iria sentiuse insultadísima. -Vaia, ho! É un nome dun froito, iso xa o sei. Pero eu quero chamarme Castaña. Porque as castañas son gordechas e... ben, castañas, e ricas! E ademais teñen un ourizo por fóra e o outro día dixéchesme que as persoas hainas que teñen espiñas e... -agora ía a fume de carozo. -Entendo os teus argumentos -contestou o seu pai-, mais non pode ser. Porque ti xa tes nome. -Tamén tiña uns calcetíns a semana pasada e houbo que cambialos. -Non é o mesmo. Os nomes téñense para que os demais nos recoñezan, para poder inscribirte no colexio, para todo.
  • 19. MAGOSTO, 2020 19 saborosas e docesgordechas e ricas verdes e grandes maduras e quentes rápidas e esmirriadas ÍA AMODO ÍA RAPIDO ÍA LEDA ÍA TRISTE ÍA CANSA ÍA DURMIDA ÍA CANTANDO ÍA CALADA ÍA COMENDO ÍA RINDO 1. Como se quería chamar a rapaza? 2. Cal era o seu verdadeiro nome? 3. Onde tiña metida a cabeza o pai cando falaba coa súa filla? 4. Onde se sentou o pai para seguir falando coa rapaza? 5. Quen era Bruno? 6.- Como decía a rapaza que eran as castañas? Colorea. 7. Que quere dicir que a rapaza ía «a fume de carozo»? Arrodea O XEITO DAS FROITAS ACTIVIDADES
  • 20. MAGOSTO, 2020 20 FACEMOS UN MAGOSTO Adaptación Colectivo «Ollo de Sapo» Os rapaces e rapazas da aldea de Varcia decidiron facer un magosto. Un sábado, despois de xantar, colleron tres latas baleiras e fixéronlles uns buratos no cu. -O mellor sitio para facer o ma- gosto é o souto de Verducido.- dixo Ana, metendo as latas nun saco-: Hai moitísimos castiñeiros e tere- mos castañas dabondo. -Boa falta han facer, que somos moitos -dixo Antón-. Olaia e Afonso xa están preparando as bebidas, así que é mellor ir marchando cara alá. Cando chegaron ao souto buscaron castañas, abrindo cos pés os ouri- zos que había no chan, mentres que Ana e Marco ían acendendo a foguei- ra e poñendo unhas pedras arredor para que non plantase lume por fóra. De alí a pouco xa tiñan moitas castañas, que xuntaron enriba dunhas follas secas. Puxéronse todos a picalas para que non estoupasen. -Quen é o parvo que colleu as mirradas tamén? -dixo Sabela toda enfuciñada- Moitas non serven e hai que tirar con elas. -Deixade algunhas castañas sen picar, para que salten. -Iso, a ver se lle dan nun ollo a un -dixo Inés sorrindo. Aquí veñen coa bebida. ILUSTRACIÓNS: ALUMNADO 4ºA. CEIP J. FERNÁNDEZ LATORRE. A CORUÑA OLIVERIRENEA. ALMA,4ºA
  • 21. MAGOSTO, 2020 21 Polo camiño arriba viñan Olaia e Afonso falando e rindo. Artur pregun- tou: -E logo Antón non ven? -Agora ven que foi á casa da tía cun recado da nai. De seguido puxeron as latas cheas de castañas enriba das brasas. Mentres non asaban, os rapaces e rapazas pasaban o tempo tirándose ourizos baleiros e facendo falcatruadas. Axiña chegou Antón traendo al- gúns chourizos para asar tamén. Despois todos se sentaron para comer as castañas e os chourizos. Algunhas castañas saltaron das latas e unha deulle a Sabela no nariz. Marco colleu unha que estaba chamuscada e pintoulle a Uxía un redondel na cara. Ela foi correndo tras del, tirándolle ourizos do chan. Pero a cousa non foi a máis. Puxéronse a cantar cantigas, levando o ritmo coas latas e con paus. Como xa empezaba a anoitecer, botaron terra nas brasas e recolleron as latas e as botellas. Despois baixaron para casa contando chistes. Artur díxolle polo baixo a Inés: -Paseino moi ben. Deberíamos facer cousas destas todas as sema- nas. -Non tanta présa -repondeu Inés-. Xa chegará o Nadal e o Entroido. LUCÍA
  • 22. MAGOSTO, 2020 22 1. De que aldea eran os rapaces protagonistas do conto? Completa. 2. Cal era o nome do souto onde ían facer o magosto? 3. Que rapaz e que rapaza acendían a fogueira? 4. En que parte do seu corpo lle deu a Sabela a castaña que saltou? 5. Que lle pintou marco a Uxía? Con que? 6. Con que dúas couas levaban o ritmo das cantigas? 7. Que fixeron coas latas e as botellas ao rematar o magosto? FACEMOS UN MAGOSTO ACTIVIDADES A I VA C R
  • 23. MAGOSTO, 2020 23 8. Que fixo cada un? Une e colorea da mesma cor. PREGUNTOU POR QUE NON VIÑA ANTÓN. DEULLE UNHA CASTAÑA NO NARIZ. PINTOULLE A UXÍA UN REDONDEL NA CARA. CORREU DETRÁS DE MARCOS E TIROULLE OURIZOS DO CHAN. PREPARARON AS BEBIDAS. ACENDERON AS FOGUEIRAS PARA O MAGOSTO. FOI A CASA DA SÚA TÍA CUN RE- CADO DA NAI. TROUXO OS CHOURIZOS. Sabela Artur Antón Marco Uxía Olaia e Afonso Ana e Marco Ana INDICOU QUE VERDUCIDO ERA O MELLOR SITIO PARA O MAGOSTO.
  • 25. MAGOSTO, 2020 25 A CASTAÑA E OS OURIZOS Colorea con rotuladores este par de ourizos e a castaña. Recórtaos e de- cora con eles a aula.
  • 26. MAGOSTO, 2020 26 O COGOMELO Repasa polas liñas discontínuas este cogomelo, coloréao, recórtao e de- cora a aula con el.
  • 27. MAGOSTO, 2020 27 A CAIXIÑA DA CASTAÑA Colorea, recorta e monta esta caixiña. Nela podes gardar un par de casta- ñas para levarlle aos teus pais, aos avós...
  • 28. MAGOSTO, 2020 28 O OURIZO CACHO A casca con espiñas que contén as castañas do castiñeiro, chámase ouri- zo, pero tamén hai un animaliño, con espiñas e que se alimenta de insec- tos tamén ten ese nome, aínda que tamén se lle chama porco espiño, ourizo cacho, ourizo cacheiro, cachourizo...
  • 29. MAGOSTO, 2020 29 A CASTAÑA Repasa o debuxo e colorea. Cantas castañas hai? Escribe o número. Hai castañas
  • 30. MAGOSTO, 2020 30 O MÓBIL DA CASTAÑA Colorea, recorta e monta a castaña, usando encadernadores. Xa tes o teu móbil para o magosto!
  • 31. MAGOSTO, 2020 31 A CASTAÑA FACHENDOSA Colorea, recorta e monta esta castaña fachendosa, pegándolle as pernas e os brazos pola parte posterior.
  • 32. MAGOSTO, 2020 32 O DADO DO MAGOSTO Queres saber cantas castañas ides comer no magosto? Colorea, recorta e monta o dado e... a xogar!
  • 33. MAGOSTO, 2020 33 OUTRO COGOMELO (1) Recorta cada unha das pezas do cogomelo: sombreiro, pé e escamas. Monta o cogomelo na ficha 2 e colorea. pé sombreiro escamas
  • 34. MAGOSTO, 2020 34 OUTRO COGOMELO (e 2) Monta as partes do cogomelo e colorea.
  • 35. MAGOSTO, 2020 35 AS FOLLAS DO OUTONO Serás quen de completar cada unha destas follas? Lembra que son simé- tricas: os dous lados teñen que ser idénticos. Cando estean completadas, coloréaas de cores de outono: vermello, castaño, amarelo...
  • 36. MAGOSTO, 2020 36 A CASTAÑEIRA Repara ben no debuxo da castañeira da parte superior e cópiao no reca- dro da parte inferior. Despois colorea os dous debuxos igual.
  • 37. MAGOSTO, 2020 37 QUE CORES POÑEMOS? Sigue as indicación do recadro e colorea o debuxo. maceira maceira maceira maceira maceira pereira vide vide castiñeiro figueira VERDE maceira CASTAÑO pereira AMARELO vide ROSA castiñeiro LARANXA figueira
  • 38. MAGOSTO, 2020 38 ONDE VAI CADA PALABRA? Conta as letras das palabra do recadro e colócaas onde lle corresponda. LEO PRADO, 4ºA CEIP FDEZ. LATORRE. A CORUÑA ASAR FESTA SOUTO ADENTAR CANDEA MAGOSTO CASTAÑA CORNETE CASTIÑEIRO CASCA ESPELICAR
  • 39. MAGOSTO, 2020 39 O ENCRUCILLADO Completa o encrucillado con algunha das palabras do recadro. C1 2 10 9 8 7 6 5 4 3 A S T 1 Ñ E 1 R O 1. Recipiente cónico feito de papel usado para gardar castañas. 2. Facerlle unha marca ás castañas para que non estoupen. 3. Festa do outono na que se asan castañas. 4. Pel interior fina da castaña. 5. Puga moi aguda que teñen os ourizos. 6. Froito do castiñeiro. 7. Celebración festiva. 8. Quitar a pelica. Pelar. 9. Casca exterior con espiñas que contén as castañas do castiñeiro. 10. Terreo poboado de castiñeiros. HORIZONTAIS 1.CORNETE2.ADENTAR3.MAGOSTO4.TONA5.ESPIÑA6.CASTAÑA7.FESTA8.ESPELICAR9.OURIZO10.SOUTO ILUSTRACIÓN:MARÍA.5ºCEIPPLUR.CARNOTA
  • 40. MAGOSTO, 2020 40 1. Corta un cartón de leite pola metade. 2. Pega cada metade e fai un burato pequeno en cada lateral. 3. Engancha un cordel longo nos furados que fixeches. Un lado serve para as casta- ñas e outro para as tonas. 4. Adorna e decora a caixa. Po- des empregar técnicas diferentes: coloreala con témperas, forrala con papeis de cores, poñerlle pe- gatinas... Xa tes a caixa lista para en- cher de castañas asadas! LEITE LEITE LEITE A CAIXA PARA AS CASTAÑAS Contamos coa vosa colaboración para manter limpo o cole!