SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
Download to read offline
1
ANÉCDOTAS CURIOSAS. MERCEDES CACHAZA PLATAS
Ó longo dunha vida profesional bastante dilatada, teñen lugar moitas
anécdotas curiosas. Vou mirar de recordar algunhas:
“O MOZO DO UNIFORME”.
Esta primeira, eu non a presenciei porque foi co gallo da INAUGURACIÓN
DO COLEXIO no ano 1975, e cando eu cheguei o Centro xa tiña cinco anos.
Tratábase da inauguración oficial do Centro. Seica veu o Sr Bispo do momento, entre
outras moitas autoridades. Daquela o comedor do Profesorado non estaba no local do
comedor. Os profesores comían a parte. Naquel momento o Comedor dos Profesores
estaba onde hoxe é unha aula de infantil ó pé do despacho da Administración.
Chegou o Sr Bispo en coche co seu chofer ben uniformado cando o profesorado
aínda estaba na clase. A profesora en cuestión non os viu chegar, pero o que si viu foi o
elegante chofer: un rapaz novo, elegante, guapo e moi ben uniformado. Bo mozo
porque si! A profesora- solteira e xove, ela- vendo a beleza do rapaz pensou que era
unha das autoridades que viñan ó acto –posiblemente un militar de certa graduación-
e fóronselle os ollos a el. Pasou toda a comida mirándoo de esguello. Na súa mente xa
facía plans. Pero… “as contas da casa non dan coas contas da feira”.
Total, cando soubo que era o chofer, caéuselle a alma ó chan. E nada de nada.
De aparencias non se vive. Contóunolo varios anos despois.
“HAMBURGUESAS CON PELA”
Esta segunda anécdota ocorreu o mesmo día no mesmo lugar. No menú
entraban HAMBURGUESAS entre outros deliciosos manxares. Ata aí, todo normal.
Pero… ¡Pásmate! A cociñeira preparou as hamburguesas con plástico e todo.
Seguramente sería a primeira vez que as preparaba.
Estouna vendo…Ai, Virxe da Cela! E a cousa non para aí: O Sr Bispo púxose
a cortalas e …dalle que dálle..! ¡dálle que dálle! E nada… Os coitelos eran os propios
dun comedor escolar: de punta roma, que non cortan nada e o plástico menos. O Sr
Bispo se ve que tamén era a primeira vez que se encontraba naquela situación.
2
As risas dos comensais eran abundantes aínda que contidas. Só faltaría que se
puxeran a rir da situación na que se atopou o pobre do Bispo! Conste que cousas como
esta e peores, pasan nas mellores familias.
O CAFÉ AÍNDA ESTÁ DURO COMO UN PELOURO
Esta tamén ma contaron pero quen ma contou, presenciou o caso. Era cando
nas festas do patrón se traía una orquestra e os músicos comían e pernoctaban nas
casas dos vicarios. Nunha aldea deste contorno do noso amado Monfero, xa levaban
varios anos coa mesma orquestra e os músicos xa tiñan certa confianza coa familia que
os acollía. A ama da casa, moi educada ela, sempre lle preguntaba ó músico:
-Qué tal, comeu ben, gustoulle a comida?
-Si, si; a comida estaba boísima, pero se quere mellorar para o ano que vén,
voulle dicir como pode facelo.
-Ah, si…
-¿Cómo non?
-Vostede dira:
-Mire, pois daquela… para o ano que ven pon café para tomar despois da
comida e queda vostede como unha raíña.
-Moi ben, si señor. Para o ano que ven teremos café, se Deus quere.
Chegou a festa do ano seguinte: o primeiro prato boísimo, o segundo tamén, o
postre inmellorable e… faltaba o café. O músico –que sabía o conto- agardaba polo
cafeíño, pero non daba chegado. Espera… espera… e nada. A señora ama non traía o
café. Nunha ocasión que o músico viu á señora merodeando arredor da mesa… Como
había confianza, retirouse una miaxa e díxolle o músico en voz baixiña:
-¿Non se lembrou de café do que lle faleu o ano pasado?
-Ai, lembrei si señor; pero téñoo a cocer desde pola mañá e aínda está duro como
un pelouro.
Ja! Ja! A señora non sabía que había que moelo e botou os graos a cocer á
primeira hora da mañá porque xa os vía moi duros. Isto tamén pasa nas mellores
familias.
3
“DURMINDO CON CASTAÑAS TODO O CURSO”.
Isto tamén mo contou unha compañeira en Monfero que viviu esta experiencia.
Estaba exercendo de mestra nunha aldea da zona que lle quedaba lonxe da súa casa
para ir e vir andando cada día. Daquela moi poucas mestras tiñan coche. Neste caso o
que facía a Sra Mestra era quedarse nunha casa que tiña por costume albergar ás
mestras de turno. Ela faría como as súas antecesoras. Ata aquí, todo normal…
Pero a sorpresa foi cando a puxeron a durmir nun cuarto que estaba totalmente
cheo de castañas polo piso. Só había un carreiriño para ir para cama cun pé diante
doutro. E alí botou todo o curso sen varre-lo piso porque había castañas para todo o
curso escolar.
Así era a vida dalgunhas mestras ás que logo chamamos “MADRES
FUNDADORAS! do que en 2016 coñecemos como “C.P.I. Plurilingüe VIRXE
DA CELA”.
“O ABELLÓN DA GAITA”
Isto vírono os meus ollos: Era un día moi soleado de primavera, xa debía ser
polo mes de maio. Facía bastante calor. Era a hora de mediodía. A profesora en
cuestión xa estaba chegando á xubilación forzosa, é dicir, ós setenta anos, aínda que
estaba de moi bo ver: moi guapa, moi elegante, moi boa profesional e una
excelentísima persoa. Estaba viúva. Tiña fillos e netos xa maiores, pero ela vivía soa.
Aquel día, xa comera e atopábase na aula, agardando que fora a hora de entrar
ás clases da tarde, cando… chaman á porta: ¡Pum, pum!
Sorprendida porque era hora do recreo de mediodía e á aquela hora non contaba
con ninguén… Abre a porta e atópase cun cabaleiro de avanzada idade vestido cunha
gabardina de inverno (cunha gabardina de inverno, un día de verán):
-“Boas Dona……, son O ABELLÓN DA GAITA”. Non te lembras de min?
Ela non se lembraba de nada e despediuno. El foise co rabo entre as pernas e as
orellas baixas, totalmente decepcionado. Tanta ilusión que traía...! E foi despedido sen
máis.
4
Quen viña sendo o tal “ABELLÓN DA GAITA”? Un pretendiente que ela
tivera nos seus tempos mozos. De ilusións non se vive, aínda que polo que se ve, hai
quen si.
Ja! ¡Ja! Cando nolo contou a risa foi boa. Por qué levaba una gabardina de
inverno un día de calor? Despois de moito indagar supuxemos que sería porque viñera
nunha moto e se ve que a puxo para que non o collera o frío coa velocidade.
Unha boa proba do duradeiros que son os amores primeiros.
UNHA VELLA COMA TI!
Dona Gloria e D. Antonio Pampín, trinta anos despois
Era una mestra castelán-parlante, de menos de corenta anos que estaba en
terceiro de Ensino Xeral Básico con nenos e nenas de oito anos aló polos anos oitenta
do século pasado. Faltou un neno á clase dous ou tres días.
-Falta fulanito. ¿Sabe alguno que le ha pasado? –pregunta a Profesora.
-Si, Profe: morreulle a súa avoa –contestou un desde o fondo da clase.
-¡Ah, vale, gracias!-respostoulle a Profesora.
Ó día seguinte chega o neno á clase e a mestra para consolalo, dille:
-Así que faltaste a clase porque falleció tu abuelita… ¡Pobrecita! ¿Estaba
enfermita?
O neno con cara moi triste: “Si”
-¿Era muy mayor?
-¡Si! ¡Era una vella coma ti!
5
E aquí acabouse a conversación. Conclusión: O nenos vennos moi maiores.
Hoxe a profesora pasa dos oitenta e aínda anda por aí. O neno hoxe en día seguro que:
“É un vello como era súa Profe ós corenta anos”.
UN XOGO
Isto foi UN XOGO. Un xogo ó rematar de xantar no comedor escolar cando
xa faltaba pouco para volver ás aulas. Un xogo entre Profesores de Secundaria. Parece
que os estou vendo. Aquel día eramos bastantes, estabamos na mesa que dá o sur, ó pé
do ventanal.
O alumnado comía e falaba como de costume. O balbordo era notable. Xa se
sabe, onde hai nenos… Calquera diría que non se enteraban de nada do que facíamos
os profesores…
O xogo ten as súas normas e consta de tres partes.
1ª.- Cada xogador/a, neste caso profesor ou profesora elixía ser un personaxe
famoso: un santo, un político, un artista…
2ª.- Cada xogador/a tiña que dicir que parte do porco lle gustaba máis: a
cachola, as orellas, o rabo, o lacón, o touiciño….
3ª.- Nese momento cada xogador/a xa non era el/a mesmo/a. Transformábase
no personaxe que elixira.
4ª.- Cada xogador/a tiña que darlle un bico ó que tiña á súa dereita naquela
parte do corpo que elixira do porco.
6
Estas eran as normas que eu ía dicindo.
Ocorreu que unha profesora que elixira o personaxe da Santa Teresa tiña que
darlle un bico no “rabo” ó que tiña ó seu carón, que neste caso era un profesor que
representaba a un personaxe que non recordo, pero que santidade non tiña ningunha.
A reacción de repugnacia da profesora non se fixo esperar. Resultou un
disparate tan gracioso aquel xogo que os profesores botámonos a rir todos a unha.
Resultara espectacular. Imposible resistirse. Todo o Profesorado a gargalladas.
-¿Qué pasou co alumnado? Que se fixo o silencio. O alumnado estaba ben ó
tanto do que facíamos e dicíamos os profesores, aínda que nós non nos decatáramos.
Acto seguido pitou a sirena. Tocaba ir para as clases. A profesora que lle tocara
darlle un bico no rabo ó compañeiro atopoume polo andar e se a mirada puidera matar;
matábame porque fora eu a ordenante do xogo. Aquela tarde duroulle a “rabieta”, por
todo quedou aí porque se trataba dun xogo. Xa na clase, o alumnado preguntoume:
-Qué lles pasou ós profesores no comedor? Por qué se rían tanto?
Eu aínda estoupaba coa risa, pero… loxicamente non lles dixen nada. Se algún
le isto, é probable que recorde aquel día. O que si é ben certo é que os nenos están moito
máis atentos do que nós pensamos. Así que… COIDADIÑO CO QUE SE DI E SE
FAI DIANTE DOS NENOS! Non vos vaia pasar como me pasou a min aquel día.
Menos mal que era un xogo; pero se fora outra cousa…
Desde Vigo (PADERNE) a día 29 de marzo de 2016
MERCEDES CACHAZA PLATAS

More Related Content

What's hot

O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avos
osnososavos
 
Obradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTicaObradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTica
Román Landín
 
Microtextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa luciaMicrotextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa lucia
pabloedlg
 

What's hot (20)

Todo mercedes
Todo mercedesTodo mercedes
Todo mercedes
 
15. compañeiros a proba de bomba (1)
15. compañeiros a proba de bomba (1)15. compañeiros a proba de bomba (1)
15. compañeiros a proba de bomba (1)
 
4. comezo dunha longa etapa
4.  comezo dunha longa etapa4.  comezo dunha longa etapa
4. comezo dunha longa etapa
 
11. a importancia da escrita
11.  a importancia da escrita11.  a importancia da escrita
11. a importancia da escrita
 
12. os nenos son os mellores mestres
12.  os nenos son os mellores mestres12.  os nenos son os mellores mestres
12. os nenos son os mellores mestres
 
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
 
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
 
17. remate dunha etapa
17.  remate dunha etapa17.  remate dunha etapa
17. remate dunha etapa
 
O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avos
 
Revista junta
Revista juntaRevista junta
Revista junta
 
revista cumes 2016
revista cumes 2016revista cumes 2016
revista cumes 2016
 
Obradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTicaObradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTica
 
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín ReyManuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
 
Historia de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e XuliaHistoria de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e Xulia
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Revista completa
Revista completaRevista completa
Revista completa
 
Dinora Campos
Dinora CamposDinora Campos
Dinora Campos
 
Revista web
Revista webRevista web
Revista web
 
Confianza
ConfianzaConfianza
Confianza
 
Microtextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa luciaMicrotextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa lucia
 

Viewers also liked

Viewers also liked (14)

3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
 
Escolas viaxeiras 95 96
Escolas viaxeiras 95 96Escolas viaxeiras 95 96
Escolas viaxeiras 95 96
 
6. ¡sorpresa, sorpresa!
6.  ¡sorpresa, sorpresa!6.  ¡sorpresa, sorpresa!
6. ¡sorpresa, sorpresa!
 
Escolas viaxeiras 2000 2001
Escolas viaxeiras 2000 2001Escolas viaxeiras 2000 2001
Escolas viaxeiras 2000 2001
 
Os inicios, por antonio gonzález lópez
Os inicios, por antonio gonzález lópezOs inicios, por antonio gonzález lópez
Os inicios, por antonio gonzález lópez
 
O desastre demográfico visto desde o xestal
O desastre demográfico visto desde o xestalO desastre demográfico visto desde o xestal
O desastre demográfico visto desde o xestal
 
7. o pé de ouro
7.  o pé de ouro7.  o pé de ouro
7. o pé de ouro
 
María josé ramos 40º aniversario colegio
María josé ramos 40º aniversario colegioMaría josé ramos 40º aniversario colegio
María josé ramos 40º aniversario colegio
 
Xogos populares infantil
Xogos populares infantilXogos populares infantil
Xogos populares infantil
 
40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio
 
Crónica do acto
Crónica do actoCrónica do acto
Crónica do acto
 
Discurso 40 anos
Discurso 40 anosDiscurso 40 anos
Discurso 40 anos
 
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonioXeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
 
Recursos samain
Recursos samainRecursos samain
Recursos samain
 

Similar to 13. anécdotas curiosas

Adeus a dona celia
Adeus a dona celiaAdeus a dona celia
Adeus a dona celia
satelite1
 
Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzález
satelite1
 
Expresión escrita con ipads
Expresión escrita con ipadsExpresión escrita con ipads
Expresión escrita con ipads
REME BUDIÑO
 
Expresión escrita con ipads
Expresión escrita con ipadsExpresión escrita con ipads
Expresión escrita con ipads
REME BUDIÑO
 
ExcursióN Mate
ExcursióN MateExcursióN Mate
ExcursióN Mate
ana rod
 
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos DaniO Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
vicente
 

Similar to 13. anécdotas curiosas (20)

O BOSQUE PERDIDO
O BOSQUE PERDIDOO BOSQUE PERDIDO
O BOSQUE PERDIDO
 
Adeus a dona celia
Adeus a dona celiaAdeus a dona celia
Adeus a dona celia
 
Empezar polo principio
Empezar polo principioEmpezar polo principio
Empezar polo principio
 
A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015
 
O reloxo maldito
O reloxo malditoO reloxo maldito
O reloxo maldito
 
Contos con clase 3
Contos con clase 3Contos con clase 3
Contos con clase 3
 
Fernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da PicotaFernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da Picota
 
Nuevo documento de microsoft word (2)
Nuevo documento de microsoft word (2)Nuevo documento de microsoft word (2)
Nuevo documento de microsoft word (2)
 
Manuel correa
Manuel correaManuel correa
Manuel correa
 
Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzález
 
Libro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamentoLibro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamento
 
Expresión escrita con ipads
Expresión escrita con ipadsExpresión escrita con ipads
Expresión escrita con ipads
 
Expresión escrita con ipads
Expresión escrita con ipadsExpresión escrita con ipads
Expresión escrita con ipads
 
ExcursióN Mate
ExcursióN MateExcursióN Mate
ExcursióN Mate
 
Escape.zaira 6
Escape.zaira 6Escape.zaira 6
Escape.zaira 6
 
Revista 2010 2011 en word
Revista 2010  2011 en wordRevista 2010  2011 en word
Revista 2010 2011 en word
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
 
Carreiros 6 (2007)
Carreiros 6 (2007)Carreiros 6 (2007)
Carreiros 6 (2007)
 
Ninguén te quere máis que deus e túa nai
Ninguén te quere máis que deus e túa naiNinguén te quere máis que deus e túa nai
Ninguén te quere máis que deus e túa nai
 
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos DaniO Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
 

More from satelite1

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

Recently uploaded (7)

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 

13. anécdotas curiosas

  • 1. 1 ANÉCDOTAS CURIOSAS. MERCEDES CACHAZA PLATAS Ó longo dunha vida profesional bastante dilatada, teñen lugar moitas anécdotas curiosas. Vou mirar de recordar algunhas: “O MOZO DO UNIFORME”. Esta primeira, eu non a presenciei porque foi co gallo da INAUGURACIÓN DO COLEXIO no ano 1975, e cando eu cheguei o Centro xa tiña cinco anos. Tratábase da inauguración oficial do Centro. Seica veu o Sr Bispo do momento, entre outras moitas autoridades. Daquela o comedor do Profesorado non estaba no local do comedor. Os profesores comían a parte. Naquel momento o Comedor dos Profesores estaba onde hoxe é unha aula de infantil ó pé do despacho da Administración. Chegou o Sr Bispo en coche co seu chofer ben uniformado cando o profesorado aínda estaba na clase. A profesora en cuestión non os viu chegar, pero o que si viu foi o elegante chofer: un rapaz novo, elegante, guapo e moi ben uniformado. Bo mozo porque si! A profesora- solteira e xove, ela- vendo a beleza do rapaz pensou que era unha das autoridades que viñan ó acto –posiblemente un militar de certa graduación- e fóronselle os ollos a el. Pasou toda a comida mirándoo de esguello. Na súa mente xa facía plans. Pero… “as contas da casa non dan coas contas da feira”. Total, cando soubo que era o chofer, caéuselle a alma ó chan. E nada de nada. De aparencias non se vive. Contóunolo varios anos despois. “HAMBURGUESAS CON PELA” Esta segunda anécdota ocorreu o mesmo día no mesmo lugar. No menú entraban HAMBURGUESAS entre outros deliciosos manxares. Ata aí, todo normal. Pero… ¡Pásmate! A cociñeira preparou as hamburguesas con plástico e todo. Seguramente sería a primeira vez que as preparaba. Estouna vendo…Ai, Virxe da Cela! E a cousa non para aí: O Sr Bispo púxose a cortalas e …dalle que dálle..! ¡dálle que dálle! E nada… Os coitelos eran os propios dun comedor escolar: de punta roma, que non cortan nada e o plástico menos. O Sr Bispo se ve que tamén era a primeira vez que se encontraba naquela situación.
  • 2. 2 As risas dos comensais eran abundantes aínda que contidas. Só faltaría que se puxeran a rir da situación na que se atopou o pobre do Bispo! Conste que cousas como esta e peores, pasan nas mellores familias. O CAFÉ AÍNDA ESTÁ DURO COMO UN PELOURO Esta tamén ma contaron pero quen ma contou, presenciou o caso. Era cando nas festas do patrón se traía una orquestra e os músicos comían e pernoctaban nas casas dos vicarios. Nunha aldea deste contorno do noso amado Monfero, xa levaban varios anos coa mesma orquestra e os músicos xa tiñan certa confianza coa familia que os acollía. A ama da casa, moi educada ela, sempre lle preguntaba ó músico: -Qué tal, comeu ben, gustoulle a comida? -Si, si; a comida estaba boísima, pero se quere mellorar para o ano que vén, voulle dicir como pode facelo. -Ah, si… -¿Cómo non? -Vostede dira: -Mire, pois daquela… para o ano que ven pon café para tomar despois da comida e queda vostede como unha raíña. -Moi ben, si señor. Para o ano que ven teremos café, se Deus quere. Chegou a festa do ano seguinte: o primeiro prato boísimo, o segundo tamén, o postre inmellorable e… faltaba o café. O músico –que sabía o conto- agardaba polo cafeíño, pero non daba chegado. Espera… espera… e nada. A señora ama non traía o café. Nunha ocasión que o músico viu á señora merodeando arredor da mesa… Como había confianza, retirouse una miaxa e díxolle o músico en voz baixiña: -¿Non se lembrou de café do que lle faleu o ano pasado? -Ai, lembrei si señor; pero téñoo a cocer desde pola mañá e aínda está duro como un pelouro. Ja! Ja! A señora non sabía que había que moelo e botou os graos a cocer á primeira hora da mañá porque xa os vía moi duros. Isto tamén pasa nas mellores familias.
  • 3. 3 “DURMINDO CON CASTAÑAS TODO O CURSO”. Isto tamén mo contou unha compañeira en Monfero que viviu esta experiencia. Estaba exercendo de mestra nunha aldea da zona que lle quedaba lonxe da súa casa para ir e vir andando cada día. Daquela moi poucas mestras tiñan coche. Neste caso o que facía a Sra Mestra era quedarse nunha casa que tiña por costume albergar ás mestras de turno. Ela faría como as súas antecesoras. Ata aquí, todo normal… Pero a sorpresa foi cando a puxeron a durmir nun cuarto que estaba totalmente cheo de castañas polo piso. Só había un carreiriño para ir para cama cun pé diante doutro. E alí botou todo o curso sen varre-lo piso porque había castañas para todo o curso escolar. Así era a vida dalgunhas mestras ás que logo chamamos “MADRES FUNDADORAS! do que en 2016 coñecemos como “C.P.I. Plurilingüe VIRXE DA CELA”. “O ABELLÓN DA GAITA” Isto vírono os meus ollos: Era un día moi soleado de primavera, xa debía ser polo mes de maio. Facía bastante calor. Era a hora de mediodía. A profesora en cuestión xa estaba chegando á xubilación forzosa, é dicir, ós setenta anos, aínda que estaba de moi bo ver: moi guapa, moi elegante, moi boa profesional e una excelentísima persoa. Estaba viúva. Tiña fillos e netos xa maiores, pero ela vivía soa. Aquel día, xa comera e atopábase na aula, agardando que fora a hora de entrar ás clases da tarde, cando… chaman á porta: ¡Pum, pum! Sorprendida porque era hora do recreo de mediodía e á aquela hora non contaba con ninguén… Abre a porta e atópase cun cabaleiro de avanzada idade vestido cunha gabardina de inverno (cunha gabardina de inverno, un día de verán): -“Boas Dona……, son O ABELLÓN DA GAITA”. Non te lembras de min? Ela non se lembraba de nada e despediuno. El foise co rabo entre as pernas e as orellas baixas, totalmente decepcionado. Tanta ilusión que traía...! E foi despedido sen máis.
  • 4. 4 Quen viña sendo o tal “ABELLÓN DA GAITA”? Un pretendiente que ela tivera nos seus tempos mozos. De ilusións non se vive, aínda que polo que se ve, hai quen si. Ja! ¡Ja! Cando nolo contou a risa foi boa. Por qué levaba una gabardina de inverno un día de calor? Despois de moito indagar supuxemos que sería porque viñera nunha moto e se ve que a puxo para que non o collera o frío coa velocidade. Unha boa proba do duradeiros que son os amores primeiros. UNHA VELLA COMA TI! Dona Gloria e D. Antonio Pampín, trinta anos despois Era una mestra castelán-parlante, de menos de corenta anos que estaba en terceiro de Ensino Xeral Básico con nenos e nenas de oito anos aló polos anos oitenta do século pasado. Faltou un neno á clase dous ou tres días. -Falta fulanito. ¿Sabe alguno que le ha pasado? –pregunta a Profesora. -Si, Profe: morreulle a súa avoa –contestou un desde o fondo da clase. -¡Ah, vale, gracias!-respostoulle a Profesora. Ó día seguinte chega o neno á clase e a mestra para consolalo, dille: -Así que faltaste a clase porque falleció tu abuelita… ¡Pobrecita! ¿Estaba enfermita? O neno con cara moi triste: “Si” -¿Era muy mayor? -¡Si! ¡Era una vella coma ti!
  • 5. 5 E aquí acabouse a conversación. Conclusión: O nenos vennos moi maiores. Hoxe a profesora pasa dos oitenta e aínda anda por aí. O neno hoxe en día seguro que: “É un vello como era súa Profe ós corenta anos”. UN XOGO Isto foi UN XOGO. Un xogo ó rematar de xantar no comedor escolar cando xa faltaba pouco para volver ás aulas. Un xogo entre Profesores de Secundaria. Parece que os estou vendo. Aquel día eramos bastantes, estabamos na mesa que dá o sur, ó pé do ventanal. O alumnado comía e falaba como de costume. O balbordo era notable. Xa se sabe, onde hai nenos… Calquera diría que non se enteraban de nada do que facíamos os profesores… O xogo ten as súas normas e consta de tres partes. 1ª.- Cada xogador/a, neste caso profesor ou profesora elixía ser un personaxe famoso: un santo, un político, un artista… 2ª.- Cada xogador/a tiña que dicir que parte do porco lle gustaba máis: a cachola, as orellas, o rabo, o lacón, o touiciño…. 3ª.- Nese momento cada xogador/a xa non era el/a mesmo/a. Transformábase no personaxe que elixira. 4ª.- Cada xogador/a tiña que darlle un bico ó que tiña á súa dereita naquela parte do corpo que elixira do porco.
  • 6. 6 Estas eran as normas que eu ía dicindo. Ocorreu que unha profesora que elixira o personaxe da Santa Teresa tiña que darlle un bico no “rabo” ó que tiña ó seu carón, que neste caso era un profesor que representaba a un personaxe que non recordo, pero que santidade non tiña ningunha. A reacción de repugnacia da profesora non se fixo esperar. Resultou un disparate tan gracioso aquel xogo que os profesores botámonos a rir todos a unha. Resultara espectacular. Imposible resistirse. Todo o Profesorado a gargalladas. -¿Qué pasou co alumnado? Que se fixo o silencio. O alumnado estaba ben ó tanto do que facíamos e dicíamos os profesores, aínda que nós non nos decatáramos. Acto seguido pitou a sirena. Tocaba ir para as clases. A profesora que lle tocara darlle un bico no rabo ó compañeiro atopoume polo andar e se a mirada puidera matar; matábame porque fora eu a ordenante do xogo. Aquela tarde duroulle a “rabieta”, por todo quedou aí porque se trataba dun xogo. Xa na clase, o alumnado preguntoume: -Qué lles pasou ós profesores no comedor? Por qué se rían tanto? Eu aínda estoupaba coa risa, pero… loxicamente non lles dixen nada. Se algún le isto, é probable que recorde aquel día. O que si é ben certo é que os nenos están moito máis atentos do que nós pensamos. Así que… COIDADIÑO CO QUE SE DI E SE FAI DIANTE DOS NENOS! Non vos vaia pasar como me pasou a min aquel día. Menos mal que era un xogo; pero se fora outra cousa… Desde Vigo (PADERNE) a día 29 de marzo de 2016 MERCEDES CACHAZA PLATAS