1. Hai moito tempo, nunha aldea moi pequena, vivía un rapaz chamado Brais cos seus pais e coa súa
irmá pequena, Xulia. A casa estaba situada ao lado dun cemiterio que era vello, estaba pouco
iluminado e case sempre estaba recuberto dunha néboa espesa. Tamén tiña una igrexa pequena
coas portas e os cristais rotos. Pasando o cemiterio, atopábase un pequeno monte que ardera o
verán pasado nun incendio provocado. Ao final do monte, estaba a vía do tren. Brais estudaba
todos os días en Santiago e, para ir, collía o autobús a un quilómetro da casa, polo que todos os días
atravesaba o cemiterio e o monte.
Un día de inverno, alá polo un de novembro, Brais tiña un exame moi importante, que levaba
preparando toda a semana. Por iso, ese día deitouse cedo. Aquel día, o rapaz espertou angustiado
e mirou para o reloxo da mesa de noite. Eran xa as oito menos vinte! Non podía ser, quedarase a
durmir. Levantouse dun salto, vestiuse e saíu pitando. Xa empezaba a chover cando saíu pola porta
da casa. Cando pasaba polo cemiterio, decatouse que estaba máis escuro do normal, pero como era
tarde seguiu correndo. O monte tamén estaba raro, pois ía moito vento e os esqueletos das árbores
movíanse de forma exaxerada.
Que raro estaba todo! O veciño que marchaba para traballar desa hora, tampouco aparecía… Por fin,
cando xa estaba chegando á parada do autobús, viu que non había ninguén esperando na
marquesiña escangallada …. Despois de estar esperando un bo anaco de tempo, xa se estaba
poñendo un pouco nervioso pois, ou perdera o autobús ou algo pasaba.
Brais decidiu remexer a mochila, pois no fondo dela tiña o reloxo coa correa rota, que non tivera
tempo de arranxar. Así que atopou o reloxo, non o podía crer, pero como podía ser? Só eran as tres
da mañá! Por iso non había ninguén pola estrada… Despois de todo, tiña que volver para a casa
inmediatamente. Cada vez a choiva era máis forte. De novo empezou a correr cara á casa… Que
mala sorte!
Agora si que viña o peor. A Brais non lle gustaba nada cruzar só de noite polo monte, pois seu avó
contáralle unha historia terrorífica que acontecera nos tempos da guerra. Naquel lugar, fusilaban
os desertores e, cada vez que pasaba por alí, acordábase diso, así que cruzou a vía do tren a toda
velocidade. Quedouse parado na entrada do monte. Tiña a roupa empapada e un calafrío
percorreulle todo o corpo… O moucho non facía máis que berrar, que son máis arrepiante!!! As
pólas das árbores parecían esqueletos xigantes e o cheiro a queimado non axudaba nada. Pechou os
ollos e outra vez botou a correr.
Xa coa lingua fóra, chegou ao cemiterio. Alí minguou a marcha, pois xa non podía máis, pero de
repente oíu una voz potente, que parecía lamentarse. A néboa era máis espesa que nunca e, como
2. estaba preto da casa, volveu a apurar o paso, con tan mala sorte que non veu o burato da lápida e
caeu dentro del…. Caeu de cu no burato. Co susto que levou, entráronlle as ganas de mexar e ata se
estaba mareando. Era o que lle faltaba!!!
Seguía chovendo moi forte, xa estaba desesperado, pois non sabía como saír de alí. Non sei canto
tempo levaba no burato cando o Sr. Edelmiro, o coidador do cemiterio, apareceu, botoulle una
corda que atou ao cinto e, escalando, logrou saír do burato.
-Pero rapaz, non escoitabas cando che berrei que tiveses coidado co burato?
-Que fas destas horas fóra da casa??
Cando por fin estaba arriba, notou como perdía o coñecemento do susto tan grande que levara.
Estaba branco coma una saba. Vaia saída nocturna tan arrepiante!! Edelmiro levouno ata a súa
caseta. Alí sentouno e deixou que se tranquilizase, pois case non podía falar… Deulle un pouco de
auga e, despois dun tempo, puido contarlle a historia. Aínda quedaba o tramo final e, tal como se
atopaba, o señor Edelmiro decidiu acompañalo ata a porta da casa. Deixouno alí e marchou.
Eran as tres e media da noite, tocou dúas veces o picaporte, pero ninguén aparecía, que raro…
Despois de tocar varias veces o pai saíu coa arma a ventá, pois xa non era a primeira vez que
atracaban as casas pola noite. Brais tivo que berrar moi forte:
-Papá, papá, que son eu, non dispares, por favor…
O pai non daba crédito ao que estaba vendo.
- Brais, pero como é que estas fóra destas horas? Estás enchoupado..
E unha longa historia, papá, mellor cóntocha mañá… despois do exame…
Despois de abrirlle a porta, o pai tivo que acompañalo á ducha, preparoulle un pouco leite quente e
deullo. Por fin empezaba a recuperar a cor das meixelas, Sen dúbida aquela noite sería para
recordar.
Aquela mesma tarde o pai mercoulle un espertador novo, que non levaba pilas, así, tardaría tempo
en fallar… pois non creo que superase outra parecida….
BRAIS SOBRINO
1º ESO B
Curso 2016/2017