SlideShare a Scribd company logo
1 of 60
A prosa do primeiro terzo do século XX
As Irmandades e o Grupo Nós: narrativa, ensaio e xornalismo.
A obra dos homes da
xeración das Irmandades
da Fala (1916)
O Grupo Nós:
Risco, Otero e Cuevillas
Alfonso Daniel
Rodríguez Castelao
A actividade editorial
Os novecentistas:
Rafael Dieste González
Prosa didáctica ou propagandística:
discursos, conferencias, ensaios, tratados
de política…, como medio de expresión
da ideoloxía nacionalista.
Son os representantes dunha xeración de
“inadaptados” que descubrirían e se
achegarían a Galicia despois dun
período intelectual por culturas estrañas.
É, en moitos aspectos, a figura máis
relevante da historia da cultura galega
do século XX.
Adquiriu un pulo sen precedentes.
O máis destacado narrador é Rafael
Dieste, rianxeiro como Castelao.
CONTEXTO POLÍTICO-SOCIAL (1900-1936)
MANUEL LUGRÍS FREIRE.
Betanzos, 1907. 1º discurso en galego
AGRARISMO
CONTEXTO POLÍTICO-SOCIAL (1900-1936)
I GRAN GUERRA
CONTEXTO POLÍTICO-SOCIAL (1900-1936)
GUERRA DE MARROCOS
CONTEXTO POLÍTICO-SOCIAL (1900-1936)
REVOLUCIÓN RUSA
CONTEXTO POLÍTICO-SOCIAL (1900-1936)
CRAC DO 29
CONTEXTO POLÍTICO-SOCIAL (1900-1936)
ASCENSO DOS FASCISMOS
CONTEXTO POLÍTICO-SOCIAL (1900-1936)
VANGARDAS
CONTEXTO POLÍTICO-SOCIAL (1900-1936)
REPÚBLICA ESPAÑOLA
CONTEXTO POLÍTICO-SOCIAL (1900-1936)
GUERRA CIVIL
As Irmandades da Fala creáronse para a defensa, dignificación
e cultivo do idioma; a primeira das Irmandades fúndase na Coruña en 1916.
Séguena outras repartidas polas principais cidades e vilas de Galicia.
Para difundiren o seu ideario editaron
unha publicación periódica totalmente en
galego: A Nosa Terra.
Os seus membros máis salientables foron
os irmáns Vilar Ponte, Losada Diéguez,
Vicente Risco, Ramón Cabanillas, etc.
A figura de Antón Vilar Ponte (fundador no 1916 das
Irmandades da Fala) cobra especial relevancia polo seu labor
periodístico e por iniciar o ensaísmo político.
Foi autor de numerosas prosas de propaganda nacionalista baixo a
forma de discursos, conferencias e artigos, recollidos na escolma
Pensamento e sementeira, 1971.
Nesta liña debemos situar tamén a Lois Porteiro Garea, do
que quedan sobre todo pezas oratorias sobre o galeguismo.
Xoán Vicente Viqueira, catedrático de filosofía e autor de
numerosas prosas de carácter galeguista, ensaios, artigos e conferencias,
como outro dos autores destacados deste tempo das Irmandades.
Chamado así polo título da revista que publicaron, está formado por
Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Florentino López
Cuevillas. É o grupo ourensán da xeración do tempo das Irmandades.
O GRUPO NÓS. O CENÁCULO OURENSÁN
Da súa man nace o ensaísmo nas nosas letras e con eles a
narrativa vence o costumismo e acada horizontes novos, máis
universais e paralelamente máis enraizados na nosa cultura.
Con Nós, os inadaptados, Arredor de si e Dos nosos tempos, Risco,
Otero e Cuevillas sintetizan a descuberta de Galicia e a súa xente
como a máis apaixonante aventura intelectual destes individualistas
que inician un traballo sistemático e colectivo de estudo,
desenvolvemento e dignificación da realidade de Galicia, conectándoa
directamente con Europa nun afán de modernización e de superación
do illamento rural da cultura galega.
Conxugan enxebrismo e europeización a través dun
atlantismo celtista, como o amosa o interese prestado pola
revista Nós á literatura irlandesa e á cultura bretoa.
En 1920 saía en Ourense o primeiro número da revista Nós, co
subtítulo de “Revista mensual da cultura galega”. Interveñen nesta
empresa cultural Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas, Castelao , Cabanillas e
moitos máis.
Na declaración preliminar da revista indicábase: “Os colaboradores de Nós
poden ser o que lles pete, con tal que poñan por riba de todo o
sentimento da Terra, o desexo colectivo de superación, a
orgullosa satisfacción de seren galegos”.
Os integrantes da Xeración Nós participarán na formación do
Partido Galeguista (1931) e defenderán a Galicia nas
Cortes Republicanas a través dos deputados Otero Pedrayo e
Castelao. Tamén axudarán na elaboración do
Estatuto de Autonomía.
VICENTE MARTÍNEZ RISCO E AGÜERO (Ourense, 1884-1963).
•Amigo dende a infancia de Otero Pedrayo.
•Profesor de Historia da Escola de Maxisterio de Ourense.
• Fundador da revista La Centuria (1917).
• Ingresa no galeguismo e publica en 1920 “Teoría do nacionalismo galego”.
• Director literario da revista Nós (1920).
• Abandona o Partido Galeguista e funda a “Dereita Galeguista”.
• Despois da guerra reside en Ourense ata a súa morte.
NARRATIVA
Continuación do seu pensamento filosófico:
esoterismo, atlantismo, visión cíclica da historia…
• Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919)
• O lobro da xente (1925)
• A trabe de ouro e a trabe de alcatrán (1925)
• A Coutada (1926)
• Os europeos en Abrantes (1927)
• O porco de pé (1928)
ENSAIO
Risco é un ideólogo con
propensión ao didactismo
• Nós, os inadaptados (1933)
• Teoría do Nacionalismo galego (1920)
• Mitteleuropa (1934)
• Leria (1961)
Vicente Risco fai unha definición do Nacionalismo Galego, no
ensaio "Teoría do nacionalismo galego", no que exalta o ser de
Galicia como nación a través da lingua, da terra e da raza.
Ramón Otero Pedrayo, don Ramón, o Patriarca das Letras Galegas
(Ourense, 1888 - 1976) converteuse nun modelo ético e nun símbolo
do galeguismo para as xeracións máis novas.
As claves do seu pensamento: cristianismo –entendido como
esencia da nosa identidade- e tradición –observada como
sabedoría acumulada por sucesivas xeracións-, son
fundamentais para entender a súa ampla obra literaria.
A súa narrativa céntrase nos distintos aspectos da historia e da
realidade de Galicia. Os camiños da vida (1928) amósanos a sociedade
galega rural no tránsito da súa transformación durante o século XIX,
dende os tempos da desamortización ata a revolución de 1868 que nos
conduciría á I República.
Arredor de si publicouse en 1930. Nesta obra Otero Pedrayo retrata a
súa xeración e retrátase a si mesmo na figura do seu protagonista, o
intelectual Adrián Solovio. Este, despois de debullar as súas
inquedanzas pola cultura europea, escéptico e desacougado, vive unha
crise que o leva ao encontro de Galicia e de si mesmo.
Tamén, unha serie de narracións realistas (Pantelas, home libre, Contos
do camiño e da rúa, O mesón dos ermos) que relatan a vida rural galega do
século XIX e outras narracións culturalistas, nas que os personaxes
perden relevancia en prol da exposición de ideas e referencias culturais
(Escrito na néboa, Fra Vernero, A romaría de Xelmírez, Devalar).
De entre a súa fecunda produción ensaística na que hai dende estudos
xeográficos a biografías, guías, libros de viaxes, ensaios sobre a paisaxe,
a aldea, a literatura, a arte…, destaca especialmente o seu Ensaio
histórico sobre a cultura galega (1939), síntese do desenvolvemento
histórico e cultural de Galicia dende os tempos prehistóricos ata os
comezos do século XX.
Durante a Guerra Civil, e ata o final da súa vida, Otero Pedrayo
seguirá fiel ao Galeguismo Culturalista, fronte ao Franquismo,
converténdose nun símbolo para moitos homes de Galicia.
Florentino López Alonso-Cuevillas naceu en Ourense, o 14 de
novembro de 1886 e finou na mesma cidade, o 30 de xullo de 1958.
En 1921 publicou o seu primeiro traballo
de arqueoloxía en Nós, "A mansión Aquis Querquennis". O
artigo "Dos nosos tempos" (núm. 1 da revista Nós) deu pé ao
manifesto xeracional do cenáculo ourensán.
SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS, 1923
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é, en moitos aspectos, a figura máis
relevante da historia da cultura galega do século XX.
(Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950)
A súa biografía está intimamente vinculada aos acontecementos
históricos que lle tocou vivir no plano político e cultural.
A súa obra plural soubo conectar coa esencia máis profunda da forma de ser da
poboación galega. Traza a realidade daquel tempo amosando as diferentes facetas
das clases populares, que son os protagonistas fundamentais das súas obras.
A técnica narrativa de Castelao maniféstase mediante uns trazos
narrativos esenciais que denotan o fundamental da historia, deixando
o resto da información suxerida dun xeito connotativo. Consegue
deste xeito uns textos breves e sintéticos.
De súpeto naceume unha gran idea. Rachei o
traballo, ensumín o meu ollar nun novo papel branco
e debuxei un neno imaxinario. Inventei un neno moi
bonito, moi bonito: un anxo de retablo barroco, a
sorrir.
Entreguei o debuxo e saín fuxindo, e no intre de
poñer o de pé na rúa sentín que choraban dentro da
casa. A morte viñera.
Agora Melchor consólase ollando a miña obra, que
está pendurada enriba da cómoda, e sempre di coa
mellor fe do mundo:
–Tiven moitos fillos, pero o máis bonito de todos foi o
que me morreu. Velaí está o retrato que non mente.
A primeira obra narrativa de Castelao é Un ollo de vidro, publicada en
1922 na colección Céltiga co subtítulo de “Memorias dun esqueleto O
seu humor non é alleo á sátira social de carácter anticaciquil.
Cousas é a fórmula literaria máis orixinal de Castelao. En 1926
apareceu o primeiro libro de Cousas: un conxunto de prosas con
ilustracións publicadas con anterioridade na prensa.
A editorial Nós, en 1929, publicou unha segunda colección, e en 1934
unha edición que recolle o contido dos libros precedentes.
O libro Retrincos, publicado en 1934, é unha colección de cinco
contos que se nos presentan como autobiográficos e ordenados
cronoloxicamente.
Os dous de sempre é a única novela de Castelao e consiste nunha
sucesión de relatos que gardan unidade entre eles pola referencia
a dous protagonistas constantes: Pedriño e Rañolas.
O labor ensaístico de Castelao vén representado principalmente polo
seu libro Sempre en Galiza. Nesta obra sintetiza o seu pensamento
político, ademais de ofrecernos unhas memorias da actividade política
durante os anos da República.
Destacan tamén os seus traballos sobre a arte popular: As
cruces de pedra na Bretaña e As cruces de pedra na Galiza.
A actividade editorial adquiriu un pulo sen precedentes.
Na súa segunda etapa, o
primeiro número saíu o 14
de decembro de 1916,
converteuse no voceiro das
Irmandades da Fala e
posteriormente do partido
galeguista.
A Nosa Terra, fundado no
ano 1904, foi o voceiro do
sindicato labrego
Solidaridade Gallega.
Revista Nós “Revista
mensual da cultura
galega” (publicouse o seu
primeiro número en 1920,
en Ourense. O último, o
144, en 1936 en Santiago;
non se chegou a
distribuír por causa da
guerra
A máis importante, a sección
“¡Terra a nosa!”
do xornal coruñés
El Noroeste
A revista Céltiga , creada
por Xaime Quintanilla en
Ferrol, resultou tamén
decisiva para a
consolidación da prosa.
A capa da colección estaba deseñada
por Camilo Díaz Baliño.
Lar foi unha revista quincenal con
carácter editorial publicada na
Coruña entre 1924 e 1926. Estaba
dirixida por Leandro Carré
Alvarellos e administrada por
Ánxel Casal.
Outro dos grupos xeracionais importantes anteriores á guerra Civil creouse
arredor do Seminario de Estudos Galegos, fundado en 1923
por profesores e estudantes da Universidade de Santiago co obxecto de
promover o estudo científico da realidade galega.
Próximos a este grupo, aínda que sen constituír un grupo homoxéneo,
están varios escritores nados en torno ao 1900 que son coñecidos cos
nomes de Novecentistas ou Xeración de 1925.
O máis destacado narrador é Rafael Dieste, rianxeiro como Castelao.
Dos arquivos do trasno, libro
publicado en 1926, contiña inicialmente oito
relatos; dende a segunda edición, en 1962,
Dieste ampliou o número a vinte.
O libro ábrese cunha introdución que condensa unha
moderna teoría do conto exposta en forma de proverbios.
Dous son os principios que gobernan a súa narrativa:
unidade emotiva e remate esencial.
O eixo temático da narrativa de Dieste xira arredor da
psicoloxía e das experiencias extraordinarias da xente galega.
A sublevación militar do 1936 acabou coa República e deu
inicio á morte, ao exilio e á longa noite de pedra.
A derradeira lección do mestre. (Galicia mártir, 1937)

More Related Content

What's hot

Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010xenevra
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillasxenevra
 
castelao
castelaocastelao
castelaoxenevra
 
Esquemas. a poesía das Irmandades da Fala
Esquemas. a poesía das Irmandades da FalaEsquemas. a poesía das Irmandades da Fala
Esquemas. a poesía das Irmandades da FalaMarlou
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976Lourenço Alvarez Ruiz
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduratrafegandoronseis
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaxenevra
 
A fiestra baldeira. Rafael Dieste (por María Domínguez Picón)
A fiestra baldeira. Rafael Dieste (por María Domínguez Picón)A fiestra baldeira. Rafael Dieste (por María Domínguez Picón)
A fiestra baldeira. Rafael Dieste (por María Domínguez Picón)Marlou
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegasnoagaliza
 
A situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditaduraA situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditaduraMarlou
 
O galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXO galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXxenevra
 
Narrativa De Postguerra
Narrativa De PostguerraNarrativa De Postguerra
Narrativa De Postguerradorneiro
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Román Landín
 

What's hot (20)

Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillas
 
castelao
castelaocastelao
castelao
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
A xeración nós
A xeración nósA xeración nós
A xeración nós
 
Irmandades da fala
Irmandades da falaIrmandades da fala
Irmandades da fala
 
Esquemas. a poesía das Irmandades da Fala
Esquemas. a poesía das Irmandades da FalaEsquemas. a poesía das Irmandades da Fala
Esquemas. a poesía das Irmandades da Fala
 
A Literatura No Tempo Das Irmandades Da Fala
A Literatura No Tempo Das Irmandades Da FalaA Literatura No Tempo Das Irmandades Da Fala
A Literatura No Tempo Das Irmandades Da Fala
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditadura
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
 
A fiestra baldeira. Rafael Dieste (por María Domínguez Picón)
A fiestra baldeira. Rafael Dieste (por María Domínguez Picón)A fiestra baldeira. Rafael Dieste (por María Domínguez Picón)
A fiestra baldeira. Rafael Dieste (por María Domínguez Picón)
 
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
 
A situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditaduraA situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditadura
 
O galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXO galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XX
 
Narrativa De Postguerra
Narrativa De PostguerraNarrativa De Postguerra
Narrativa De Postguerra
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
 
As Vangardas
As VangardasAs Vangardas
As Vangardas
 

Viewers also liked

A Lingua na Idade Media
A Lingua na Idade MediaA Lingua na Idade Media
A Lingua na Idade MediaRomán Landín
 
Literatura Galego-Portuguesa Medieval
Literatura Galego-Portuguesa MedievalLiteratura Galego-Portuguesa Medieval
Literatura Galego-Portuguesa MedievalRomán Landín
 
Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito.
Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito. Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito.
Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito. Román Landín
 
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...Román Landín
 
Lírica medieval galego-portuguesa
Lírica medieval galego-portuguesaLírica medieval galego-portuguesa
Lírica medieval galego-portuguesatominho
 
Unha Realidade PlurilingüE
Unha Realidade PlurilingüEUnha Realidade PlurilingüE
Unha Realidade PlurilingüERomán Landín
 
Lírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaLírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaVinseiro
 
Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)
Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)
Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)Román Landín
 

Viewers also liked (8)

A Lingua na Idade Media
A Lingua na Idade MediaA Lingua na Idade Media
A Lingua na Idade Media
 
Literatura Galego-Portuguesa Medieval
Literatura Galego-Portuguesa MedievalLiteratura Galego-Portuguesa Medieval
Literatura Galego-Portuguesa Medieval
 
Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito.
Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito. Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito.
Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito.
 
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...
 
Lírica medieval galego-portuguesa
Lírica medieval galego-portuguesaLírica medieval galego-portuguesa
Lírica medieval galego-portuguesa
 
Unha Realidade PlurilingüE
Unha Realidade PlurilingüEUnha Realidade PlurilingüE
Unha Realidade PlurilingüE
 
Lírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaLírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesa
 
Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)
Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)
Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)
 

Similar to A prosa do 1º terzo

Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXMarlou
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21xenevra
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósMaraFont
 
Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936Marlou
 
tema9_2010
tema9_2010tema9_2010
tema9_2010xenevra
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismosebastian1983
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismosebastian1983
 
PROSA 1ºTERZO SXX.pptx
PROSA 1ºTERZO SXX.pptxPROSA 1ºTERZO SXX.pptx
PROSA 1ºTERZO SXX.pptxSaloEu
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nósxenevra
 
Esquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporáneaEsquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporáneaRomán Landín
 
Historia literatura
Historia literaturaHistoria literatura
Historia literaturamelixanro
 
Castelao
CastelaoCastelao
CastelaoMarlou
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010xenevra
 

Similar to A prosa do 1º terzo (20)

A prosa das Irmandades
A prosa das IrmandadesA prosa das Irmandades
A prosa das Irmandades
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
 
pedrayo
pedrayopedrayo
pedrayo
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nós
 
Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936
 
tema9_2010
tema9_2010tema9_2010
tema9_2010
 
Vivente risco
Vivente riscoVivente risco
Vivente risco
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
 
Grupo Nós
Grupo NósGrupo Nós
Grupo Nós
 
PROSA 1ºTERZO SXX.pptx
PROSA 1ºTERZO SXX.pptxPROSA 1ºTERZO SXX.pptx
PROSA 1ºTERZO SXX.pptx
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
 
Vangardas noelia, rosalía
Vangardas noelia, rosalíaVangardas noelia, rosalía
Vangardas noelia, rosalía
 
Esquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporáneaEsquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporánea
 
Historia literatura
Historia literaturaHistoria literatura
Historia literatura
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010
 

A prosa do 1º terzo

  • 1. A prosa do primeiro terzo do século XX As Irmandades e o Grupo Nós: narrativa, ensaio e xornalismo. A obra dos homes da xeración das Irmandades da Fala (1916) O Grupo Nós: Risco, Otero e Cuevillas Alfonso Daniel Rodríguez Castelao A actividade editorial Os novecentistas: Rafael Dieste González Prosa didáctica ou propagandística: discursos, conferencias, ensaios, tratados de política…, como medio de expresión da ideoloxía nacionalista. Son os representantes dunha xeración de “inadaptados” que descubrirían e se achegarían a Galicia despois dun período intelectual por culturas estrañas. É, en moitos aspectos, a figura máis relevante da historia da cultura galega do século XX. Adquiriu un pulo sen precedentes. O máis destacado narrador é Rafael Dieste, rianxeiro como Castelao.
  • 2. CONTEXTO POLÍTICO-SOCIAL (1900-1936) MANUEL LUGRÍS FREIRE. Betanzos, 1907. 1º discurso en galego AGRARISMO
  • 11. As Irmandades da Fala creáronse para a defensa, dignificación e cultivo do idioma; a primeira das Irmandades fúndase na Coruña en 1916. Séguena outras repartidas polas principais cidades e vilas de Galicia.
  • 12. Para difundiren o seu ideario editaron unha publicación periódica totalmente en galego: A Nosa Terra.
  • 13. Os seus membros máis salientables foron os irmáns Vilar Ponte, Losada Diéguez, Vicente Risco, Ramón Cabanillas, etc.
  • 14. A figura de Antón Vilar Ponte (fundador no 1916 das Irmandades da Fala) cobra especial relevancia polo seu labor periodístico e por iniciar o ensaísmo político. Foi autor de numerosas prosas de propaganda nacionalista baixo a forma de discursos, conferencias e artigos, recollidos na escolma Pensamento e sementeira, 1971.
  • 15. Nesta liña debemos situar tamén a Lois Porteiro Garea, do que quedan sobre todo pezas oratorias sobre o galeguismo. Xoán Vicente Viqueira, catedrático de filosofía e autor de numerosas prosas de carácter galeguista, ensaios, artigos e conferencias, como outro dos autores destacados deste tempo das Irmandades.
  • 16. Chamado así polo título da revista que publicaron, está formado por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas. É o grupo ourensán da xeración do tempo das Irmandades. O GRUPO NÓS. O CENÁCULO OURENSÁN
  • 17. Da súa man nace o ensaísmo nas nosas letras e con eles a narrativa vence o costumismo e acada horizontes novos, máis universais e paralelamente máis enraizados na nosa cultura.
  • 18. Con Nós, os inadaptados, Arredor de si e Dos nosos tempos, Risco, Otero e Cuevillas sintetizan a descuberta de Galicia e a súa xente como a máis apaixonante aventura intelectual destes individualistas que inician un traballo sistemático e colectivo de estudo, desenvolvemento e dignificación da realidade de Galicia, conectándoa directamente con Europa nun afán de modernización e de superación do illamento rural da cultura galega.
  • 19. Conxugan enxebrismo e europeización a través dun atlantismo celtista, como o amosa o interese prestado pola revista Nós á literatura irlandesa e á cultura bretoa.
  • 20. En 1920 saía en Ourense o primeiro número da revista Nós, co subtítulo de “Revista mensual da cultura galega”. Interveñen nesta empresa cultural Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas, Castelao , Cabanillas e moitos máis.
  • 21. Na declaración preliminar da revista indicábase: “Os colaboradores de Nós poden ser o que lles pete, con tal que poñan por riba de todo o sentimento da Terra, o desexo colectivo de superación, a orgullosa satisfacción de seren galegos”.
  • 22. Os integrantes da Xeración Nós participarán na formación do Partido Galeguista (1931) e defenderán a Galicia nas Cortes Republicanas a través dos deputados Otero Pedrayo e Castelao. Tamén axudarán na elaboración do Estatuto de Autonomía.
  • 23. VICENTE MARTÍNEZ RISCO E AGÜERO (Ourense, 1884-1963). •Amigo dende a infancia de Otero Pedrayo. •Profesor de Historia da Escola de Maxisterio de Ourense. • Fundador da revista La Centuria (1917). • Ingresa no galeguismo e publica en 1920 “Teoría do nacionalismo galego”. • Director literario da revista Nós (1920). • Abandona o Partido Galeguista e funda a “Dereita Galeguista”. • Despois da guerra reside en Ourense ata a súa morte.
  • 24. NARRATIVA Continuación do seu pensamento filosófico: esoterismo, atlantismo, visión cíclica da historia… • Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919) • O lobro da xente (1925) • A trabe de ouro e a trabe de alcatrán (1925) • A Coutada (1926) • Os europeos en Abrantes (1927) • O porco de pé (1928)
  • 25. ENSAIO Risco é un ideólogo con propensión ao didactismo • Nós, os inadaptados (1933) • Teoría do Nacionalismo galego (1920) • Mitteleuropa (1934) • Leria (1961)
  • 26. Vicente Risco fai unha definición do Nacionalismo Galego, no ensaio "Teoría do nacionalismo galego", no que exalta o ser de Galicia como nación a través da lingua, da terra e da raza.
  • 27. Ramón Otero Pedrayo, don Ramón, o Patriarca das Letras Galegas (Ourense, 1888 - 1976) converteuse nun modelo ético e nun símbolo do galeguismo para as xeracións máis novas.
  • 28. As claves do seu pensamento: cristianismo –entendido como esencia da nosa identidade- e tradición –observada como sabedoría acumulada por sucesivas xeracións-, son fundamentais para entender a súa ampla obra literaria.
  • 29. A súa narrativa céntrase nos distintos aspectos da historia e da realidade de Galicia. Os camiños da vida (1928) amósanos a sociedade galega rural no tránsito da súa transformación durante o século XIX, dende os tempos da desamortización ata a revolución de 1868 que nos conduciría á I República.
  • 30. Arredor de si publicouse en 1930. Nesta obra Otero Pedrayo retrata a súa xeración e retrátase a si mesmo na figura do seu protagonista, o intelectual Adrián Solovio. Este, despois de debullar as súas inquedanzas pola cultura europea, escéptico e desacougado, vive unha crise que o leva ao encontro de Galicia e de si mesmo.
  • 31. Tamén, unha serie de narracións realistas (Pantelas, home libre, Contos do camiño e da rúa, O mesón dos ermos) que relatan a vida rural galega do século XIX e outras narracións culturalistas, nas que os personaxes perden relevancia en prol da exposición de ideas e referencias culturais (Escrito na néboa, Fra Vernero, A romaría de Xelmírez, Devalar).
  • 32. De entre a súa fecunda produción ensaística na que hai dende estudos xeográficos a biografías, guías, libros de viaxes, ensaios sobre a paisaxe, a aldea, a literatura, a arte…, destaca especialmente o seu Ensaio histórico sobre a cultura galega (1939), síntese do desenvolvemento histórico e cultural de Galicia dende os tempos prehistóricos ata os comezos do século XX.
  • 33. Durante a Guerra Civil, e ata o final da súa vida, Otero Pedrayo seguirá fiel ao Galeguismo Culturalista, fronte ao Franquismo, converténdose nun símbolo para moitos homes de Galicia.
  • 34. Florentino López Alonso-Cuevillas naceu en Ourense, o 14 de novembro de 1886 e finou na mesma cidade, o 30 de xullo de 1958.
  • 35. En 1921 publicou o seu primeiro traballo de arqueoloxía en Nós, "A mansión Aquis Querquennis". O artigo "Dos nosos tempos" (núm. 1 da revista Nós) deu pé ao manifesto xeracional do cenáculo ourensán. SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS, 1923
  • 36. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é, en moitos aspectos, a figura máis relevante da historia da cultura galega do século XX.
  • 37. (Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950)
  • 38. A súa biografía está intimamente vinculada aos acontecementos históricos que lle tocou vivir no plano político e cultural.
  • 39. A súa obra plural soubo conectar coa esencia máis profunda da forma de ser da poboación galega. Traza a realidade daquel tempo amosando as diferentes facetas das clases populares, que son os protagonistas fundamentais das súas obras.
  • 40. A técnica narrativa de Castelao maniféstase mediante uns trazos narrativos esenciais que denotan o fundamental da historia, deixando o resto da información suxerida dun xeito connotativo. Consegue deste xeito uns textos breves e sintéticos. De súpeto naceume unha gran idea. Rachei o traballo, ensumín o meu ollar nun novo papel branco e debuxei un neno imaxinario. Inventei un neno moi bonito, moi bonito: un anxo de retablo barroco, a sorrir. Entreguei o debuxo e saín fuxindo, e no intre de poñer o de pé na rúa sentín que choraban dentro da casa. A morte viñera. Agora Melchor consólase ollando a miña obra, que está pendurada enriba da cómoda, e sempre di coa mellor fe do mundo: –Tiven moitos fillos, pero o máis bonito de todos foi o que me morreu. Velaí está o retrato que non mente.
  • 41. A primeira obra narrativa de Castelao é Un ollo de vidro, publicada en 1922 na colección Céltiga co subtítulo de “Memorias dun esqueleto O seu humor non é alleo á sátira social de carácter anticaciquil.
  • 42. Cousas é a fórmula literaria máis orixinal de Castelao. En 1926 apareceu o primeiro libro de Cousas: un conxunto de prosas con ilustracións publicadas con anterioridade na prensa.
  • 43. A editorial Nós, en 1929, publicou unha segunda colección, e en 1934 unha edición que recolle o contido dos libros precedentes.
  • 44. O libro Retrincos, publicado en 1934, é unha colección de cinco contos que se nos presentan como autobiográficos e ordenados cronoloxicamente.
  • 45. Os dous de sempre é a única novela de Castelao e consiste nunha sucesión de relatos que gardan unidade entre eles pola referencia a dous protagonistas constantes: Pedriño e Rañolas.
  • 46. O labor ensaístico de Castelao vén representado principalmente polo seu libro Sempre en Galiza. Nesta obra sintetiza o seu pensamento político, ademais de ofrecernos unhas memorias da actividade política durante os anos da República.
  • 47. Destacan tamén os seus traballos sobre a arte popular: As cruces de pedra na Bretaña e As cruces de pedra na Galiza.
  • 48. A actividade editorial adquiriu un pulo sen precedentes.
  • 49. Na súa segunda etapa, o primeiro número saíu o 14 de decembro de 1916, converteuse no voceiro das Irmandades da Fala e posteriormente do partido galeguista. A Nosa Terra, fundado no ano 1904, foi o voceiro do sindicato labrego Solidaridade Gallega.
  • 50. Revista Nós “Revista mensual da cultura galega” (publicouse o seu primeiro número en 1920, en Ourense. O último, o 144, en 1936 en Santiago; non se chegou a distribuír por causa da guerra
  • 51. A máis importante, a sección “¡Terra a nosa!” do xornal coruñés El Noroeste
  • 52. A revista Céltiga , creada por Xaime Quintanilla en Ferrol, resultou tamén decisiva para a consolidación da prosa.
  • 53. A capa da colección estaba deseñada por Camilo Díaz Baliño. Lar foi unha revista quincenal con carácter editorial publicada na Coruña entre 1924 e 1926. Estaba dirixida por Leandro Carré Alvarellos e administrada por Ánxel Casal.
  • 54.
  • 55. Outro dos grupos xeracionais importantes anteriores á guerra Civil creouse arredor do Seminario de Estudos Galegos, fundado en 1923 por profesores e estudantes da Universidade de Santiago co obxecto de promover o estudo científico da realidade galega.
  • 56. Próximos a este grupo, aínda que sen constituír un grupo homoxéneo, están varios escritores nados en torno ao 1900 que son coñecidos cos nomes de Novecentistas ou Xeración de 1925. O máis destacado narrador é Rafael Dieste, rianxeiro como Castelao.
  • 57. Dos arquivos do trasno, libro publicado en 1926, contiña inicialmente oito relatos; dende a segunda edición, en 1962, Dieste ampliou o número a vinte.
  • 58. O libro ábrese cunha introdución que condensa unha moderna teoría do conto exposta en forma de proverbios. Dous son os principios que gobernan a súa narrativa: unidade emotiva e remate esencial.
  • 59. O eixo temático da narrativa de Dieste xira arredor da psicoloxía e das experiencias extraordinarias da xente galega.
  • 60. A sublevación militar do 1936 acabou coa República e deu inicio á morte, ao exilio e á longa noite de pedra. A derradeira lección do mestre. (Galicia mártir, 1937)