CONCELLOS: Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira
A comarca de Ortegal atópase na costa nordeste da provincia da Coruña entre o Océano Atántico e o Mar Cantábrico. O territorio sitúase arredor da ría de Ortigueira, incluíndo as puntas de Estaca de Bares e Ortegal, cunha costa na que se combinan impresionantes cantís con rías, enseadas, esteiros e praias. No interior as terras baixas, formadas polos vales dos ríos Mera, Baleo e Maior e dous sistemas de serras: no oeste o Macizo da Capelada e no leste unha aliñación formada polas serras da Coriscada e Faladoira.
É unha comarca con grandes valores naturais nas serras, na costa e nos ríos.
CONCELLOS: Castro Caldelas, Montederramo, Parada do Sil e A Teixeira
A comarca de Terra de Caldelas está situada no centro-norte da provincia de Ourense, separada de Lugo polo profundo canón do río Sil.
É un territorio de grandes contrastes no relevo e no clima marcado polas grandes diferenzas de altitude entre o fondo do Val do Sil (300 m) e os cumes das serras (a máxima altura está no San Mamede, con 1.619 m), e pola diferente orientación á solaina ou avesía, o que da lugar a numerosos ambientes.
Nas áreas máis asolladas domina o cultivo da vide acollido, desde 1995 á D.O. Ribeira Sacra, dentro da subzona Ribas de Sil.
Está situada ao surleste de Pontevedra, lindando con Ourense e Portugal dos que a separa o río Miño. O relevo, irregular, está condicionado pola serra do Suído, ao norte, a do Faro de Avión ao norleste, a Paradanta no centro, cruzando a comarca do norleste ao suroeste, entre as que se atopa o val e o curso alto do río Tea; e o río Miño ao leste e ao sur cara ao que se dirixen as pendentes e os afluentes Ribadil, Deva e Cea.
É unha comarca que acolle importantes valores naturais, ligados sobre todo aos rios e as serras.
CONCELLOS: Arbo, A Cañiza, Crecente e Covelo.
CONCELLOS: A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.
A comarca de Pontevedra esténdese desde a costa, no fondo das rías de Pontevedra e Vigo, aos cumes da Dorsal Galega nas serra do Cando e o Suído. É unha comarca cun medio físico moi variado onde se poden atopar paisaxes costeiras, vales fluviais e unha grande parte de terreo montañoso que, partindo das serras orientais vai perdendo altura pouco a pouco ata a Depresión Meridiana, unha foxa tectónica que ocupa o centro dos concellos de Barro e Pontevedra con direción N-s e na que se concentra a maior parte da poboación e das infraestruturas. A rede fluvial estrutúrase na maior parte arredor do Lérez e, en menor medida, do Verdugo.
CONCELLOS: Melide, Santiso, Sobrado e Toques.
A comarca de Melide está situada no surleste da provincia da Coruña, separada de Lugo polas serras da Dorsal e de Pontevedra polo río Ulla. O territorio é moi variado en formas de relevo e na composición das rochas o que da lugar a unha gran diversidade paisaxística e biolóxica. Sitúase entre unha superficie achairada, as serras da Dorsal Galega que fan de linde polo leste e o profundo val do Ulla. Outros ríos que recollen as augas da comarca son o Mandeo e o Tambre, nos seus cursos altos.
Acolle importantes valores naturais asociados ás serras e aos ríos.
Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso
A comarca de Bergantiños está situada no oeste da provincia de A Coruña e forma parte do amplo espazo coñecido como Costa da Morte. É un territorio de relevo moi accidentado cunha grande diversidade morfolóxica e litolóxica atravesado de SE a NO polo río Anllóns, a arteria principal que drena a comarca. Ten unha costa moi recortada na que alternan cantís, enseadas, rías e areais que son a base de actividades pesqueiras e turísticas.

CONCELLOS: Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra
A comarca de Santiago está situada no centro-sur da provincia de A Coruña. É unha área que inclúe outras comarcas con entidade propia como A Ulla, parte de Amaía ou o Val do Dubra.
O territorio preséntase cunha gran diversidade de formas debido á confluencia de factores téctónicos, como a gran falla que o rompe de norte a sur, e da erosión dos numerosos ríos que a atravesan que forman parte das concas do Tambre, ao norte, e do Ulla, ao sur.
Os espazos naturais están asociados aos ríos. Conta ademais cunha grande riqueza botánica en parques e xardíns, tanto públicos como privados.
A comarca de Quiroga, coñecida en grande parte tamén co nome do Courel, está situada ao sur de Lugo, lindando polo leste con León e O Barco (Ourense) e inclúe os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil. O territorio é, na súa maior parte, de alta montaña, agás o val do Sil, que a atravesa polo sur. Está percorrida por numerosos ríos, pertencentes á cunca do Sil, que escavan profundos vales.
É unha comarca dun grande interese natural que acolle pegadas glaciarias, monumentos xeolóxicos, paisaxes impresionantes en calquera época do ano, e unha grande biodiversidade.
Concellos: A Rúa, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.
Está situada no surleste de Galiza, ocupando o norleste da provincia de Ourense, nos lindes con Zamora e León das que a separan os montes do Macizo de Trevinca e Enciña da Lastra.
O territorio presenta grandes contrastes entre o valdo Sil, de fondo aplanado, onde se asenta a maior parte da poboación e dos recursos, e as serras do norte (Cereixido, Cabalos, Lastra) e do centro e sur (Mouzón, Macizo de Trevinca), onde se atopan as maiores alturas de Galiza.
A comarca Terra de Celanova atópase ao oeste da provincia de Ourense, lindando con Portugal polo suroeste. O territorio é moi irregular e está formado polas serras Serras (Laboreiro, Outeiro de Augas, Montes de Bande, Monte Calvo e San Cibrao) e os vales dos ríos Arnoia e Deva e os seus afluentes. É unha área dun grande interesse natural e cultural.
Concellos: A Bola, A Merca, Cartelle, Celanova, Gomesende, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.
Concellos: A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso
O territorio é, na súa maior parte, de alta montaña, situado entre dous importantes macizos, Pena Trevinca e Macizo Central Ourensan, e varias serras de menor altitude. É unha sucesión de cumes e vales profundos e encaixados polos que circulan ríos das cuncas do Sil (Bibei, Camba e Conso) e do Douro (Rabaçal, con numerosas cabeceiras). O sur da Gudiña e os concellos de A Mezquita e Riós, coñécese como Terra de Frieiras.
É unha comarca con importantes valores ambientais e culturais.
A comarca coñecida como O Arenteiro ou O Carballiño está situada ao noroeste da provincia de Ourense, lindando coas de Pontevedra e Lugo. O territorio é moi irregular e está intensamente fracturado. Sitúase entre as serras da dorsal (Candán, Testeiro e Faro) coas súas estribacións cara ao sur e leste (Martiñá, Montes do Paraño) e os vales do Miño e os seus afluentes; Avia, do que colle a metade norte da cunca cos ríos Doade, Viñao e Arenteiro, e Barbantiño, do que colle a metade oeste. É unha comarca dunha grande riqueza natural, asociada aos vales dos ríos e á montaña.
CONCELLOS: Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea.
CONCELLOS: Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira.
A comarca do Barbanza ou Arousa Norte atópase no suroeste da provincia da Coruña, ocupando a parte sur na península do mesmo nome. O territorio está ocupado na súa maior parte pola serra do Barbanza e a costa da banda norte da ría de Arousa e un tramo de mar aberto ata pasado o cabo Corrubedo. O último tramo do esteiro do Ulla ocupa parte das costas de Rianxo, e numerosos cursos fluviais de pequeno percorrido baixan da serra directamente ao mar.
As principais actividades son os servizos (destaca o turismo), a pesca, a industria (sobre todo relacionada coa pesca) e a construción. Ten un rico patrimonio natural centrado especialmente na costa exterior e no esteiro do Ulla.
CONCELLOS: A Estrada e Forcarei
A comarca de Tabeirós-Terra de Montes está situada ao norte da provincia de Pontevedra, separada da Coruña polo río Ulla e de Ourense e a comarca do Deza polas serras da Dorsal que a limitan polo leste. É unha comarca cun relevo moi variado na que se diferencian tres áreas con características específicas. Ao norte as terras máis, baixas, no Val do Ulla, no centro terras de media altura e no sur e leste serras que acadan ata máis de 1.000 m de altitude.
A rede fluvial é tamén diversa e está estruturada arredor do Ulla, o Umia e o Lérez que, xunto cos seus afluentes forman multitude de vales.
A riqueza paisaxística e de espazos naturais é un dos importantes atractivos desta comarca na que se atopan varios espazos protexidos.
Tradicionalmente Cerdedo e Forcarei formaron a comarca coñecida como Terra de Montes.
A comarca do Condado constitue unha unidade xeográfica ben definida asentada no val do río Tea, que inclúe case toda a súa cunca, agás un pequeno tramo do seu curso alto, desde as estribacións cara ao suroeste do Suído, ao norte; ao río Miño, ao que vai o Tea, ao sur; flanqueada polo leste polos montes da Paradanta, e polo oeste pola serra do Galleiro e os montes de Budiño. Os principais valores naturais da zona ofrecennos os ríos e as amplas e ricas paisaxes que se poden gozar desde os seus montes coroados, nalgúns casos, por formidables penedos.
CONCELLOS: Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra.
CONCELLOS: Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro.
A comarca de Arzúa está situada no sur da provincia da Coruña entre os ríos Tambre e Ulla.
O relevo está formado por unha sucesión de formas suaves que separan os vales do Tambre e Ulla e van gañando altura cara ao leste onde se atopan as estribacións dos montes do Bocelo.
Está atravesada por numerosos cursos de auga que fragmentan o territorio e circulan cara aos dous ríos principais.
Os espazos naturais de maior valor atópanse nos ríos Ulla e Tambre e nos seus afluentes.
Concellos: Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia.
O territorio da comarca sitúase ao abrigo das últimas serras da Dorsal Galega (O Suído e o Faro de Avión) e ocupa unha parte do val do Miño, o val do Avia e o curso baixo de Arnoia. As variacións de altitude e no releve determinan a existencia de áreas diferenciadas: os vales dos ríos e zonas próximas e as áreas de montaña, que chegan ata alturas superiores aos 1.000 m. Os principais valores naturais sitúanse nos cumes das serras e nos ríos, onde se conserva unha rica flora e fauna.
CONCELLOS: Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño
A comarca de Ferrol ten unha gran diversidade morfolóxica, litolóxica e paisaxística: unha grande área costeira con rías, praias e cantís; zonas de montaña, e amplos vales fluviais que se articular arredor do principal curso, o río Grande de Xuvia e os seus afluentes.
É unha comarca moi poboada, en especial na faixa costeira e na contorna da ría de Ferrol, onde se concentran ademais a maior parte dos servizos e das industrias.
Acolle importantes espazos naturais moi diversos.
Unha comarca do sur de Ourense, no linde con Portugal, formada polos concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños. De grande interese natural e cultural.
CONCELLOS: Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.
A comarca do Deza está situada no centro de Galiza, ao nordeste da provincia de Pontevedra.
O territorio é moi diverso en canto ao relevo e á paisaxe, desde as terras baixas nos arredores do Ulla ata os cumes do Faro. Está rodeada polo leste e sur polas serras da Dorsal Galega e forma parte por completo da cunca do Ulla e os seus dous afluentes principais na comarca, o Arnego e o Deza.
Ten áreas dun grande valor natural incluídas en diferentes espazos protexidos.
O BAIXO MIÑO ocupa o extremo SO da provincia de Pontevedra, entre o río Miño e o mar. O territorio ten inclinación N-S, entre as estribacións cara ao leste da serra da Groba e as estribacións cara ao oeste da serra do Galiñeiro, e o río Miño. Está formado polos vales polos que baixan os últimos afluentes do Miño, todos eles de curto percorrido.
Pódense distinguir, a nivel paisaxístico, tres zonas: a costa, rectilinea, rochosa, sen apenas abrigos e batida constantemente polo mar; a montaña, unha sucesión de cumes achairados que ocupan o norte e o oeste; e os vales nos que se desenvolve unha intensa actividade agrícola.
É unha comarca con importantes valores históricos, etnográficos, paisaxísticos e ecolóxicos.
CONCELLOS: A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.
A serra do Laboreiro forma un arco con orientación NO-S ao longo da fronteira (coñecida como Raia Seca) entre Galiza e Portugal; desde o val do río Barxas ou Troncoso (onde cae cara ao Miño), ata o río Castro Laboreiro (Limia). Ocupa terreos dos concellos de Padrenda, Quintela de Leirado, Verea, Bande, Lobeira Lobios e Entrimo (Ourense); e Melgaço (Portugal).
É unha serra que acolle importantes valores ecolóxicos, etnográficos e arqueolóxicos.

What happens when the digital tools and platforms we make and use for communication and entertainment are hijacked for terrorism, violence against the vulnerable and nefarious transactions? What role do designers and developers play? Are we complicit as creators of these technologies and products? Should we police them or fight back? As Portfolio Lead for Northern Lab, Northern Trust's internal innovation startup focused on client and partner experience, Antonio will share a mix of provocative scenarios torn from today's headlines and compelling stories where activism and technology facilitated peace—and war.
As a call-to-action for designers and developers to engage in projects capable of transformational change, he'll explore the question: How might technology foster new experiences to better accelerate social activism and make the world a smarter, safer place?
O concello de Noia está situado no fondo da ría de Muros e Noia, entre a desembocadura do Tambre e a Punta do Cabalo Baixo. Ten unha costa baixa e protexida, onde alternan rochedos con areais e esteiros dunha grande riqueza biolóxica que da lugar a importantes bancos marisqueiros.
O concello de Catoira está situado na banda sur da Ría de Arousa, nun terreo de transición co esteiro do Ulla (espazo protexido).Ten unha costa baixa, con alternancia de zonas rochosas e areosas, con alguns seos e numerosos bancos de area e lameiros producidos polos sedimentos que achega o río. Está moi ocupada por recheos e construcións.
CONCELLOS: Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga
A comarca de Caldas, coñecida tamén co nome de Ulla-Umia ou simplemente Umia, está situada ao noroeste da provincia de Pontevedra, no linde coa de A Coruña, da que a separa o río Ulla. O territorio é unha transición entre as chairas costeiras da ría de Arousa e as pequenas elevacións que seguen o trazado das numerosas fallas que atravesan a comarca. As concas fluvias pertencen, na súa maior parte, ao Ulla (ao norte) e ao Umia, que atravesa a comarca polo sur, de leste a oeste.
É unha comarca moi diversa con ecosistemas e paraxes naturais moi ricos e variados: costa do fondo da Ría de Arousa e esteiro do Ulla, vales fluviais amplos, ríos encaixados e montañas de pouca altura.
A ría de Foz está situada na Rasa Cantábrica, unha chaira litoral inclinada que se estende por parte da costa entre Galiza e Cantabria,
ábrese entre as puntas dos Castelos (oeste), en Foz, e dos Prados (leste), en Barreiros. Nela desembocan o río Masma e o Centiño.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
CONCELLOS: Carnota e Muros
A comarca de Muros sitúase na marxe norte da ría de Muros e Noia e na costa de mar aberto ata a desembocadura do Xallas.
É unha comarca eminentemente costeira cun releve moi en pendente que pasa en moi pouca distancia dos 0 a máis de 500 m de altura nos que sobresaen o macizo do Pindo a Serra das Forcadas e o Pedregal.
É unha comarca cun grande patrimonio natural na que se atopan dous espazos protexidos e dun gran interese paisaxístico e etnográfico.
1. TOURO Touro , municipio español pertencente a provincia de A Coruña, en Galicia, na comarca Terra de Santiago, limitado o sur polo río Ulla. Na súa economía destaca a agricultura (millo, patacas y viñedo), o ganado vacún e a manufactura da madeira. Poboación (2001), 4.776 habitantes e o seu municipio é Arzúa.
2. Non se coñecen demasiadas referencias sobre a historia do Concello de Touro. Que se saiba, non foi escenario de batallas históricas nin que houbera palacios importantes onde viviran reis ou persoeiros ilustres nin conventos ou castelos feudais nin outros acontecementos importantes que fagan de Touro un nome histórico; aínda que se pode asegurar, pola toponimia e polos restos romanos e castrexos , que estivo habitada dende tempos moi pretéritos. A historia de Touro está intimamente ligada á historia de Galicia ; mais co seu carácter local. Camiños de Touro foron e son parte do Camiño de Santiago , igrexas en tódalas parroquias, algunha de nova planta, denotan o alto grao de paganismo existente en Touro, como en Galicia, convertido hoxe en ritos relixiosos. Por exemplo, nun dos lugares máis elevados do concello, en Bañobre, na parroquia de Beleño, celébrase unha festa nunha carballeira nunha capela e no nome de Santa Sabela, acompañada de ritos populares. Cóntase que as mulleres preñadas deben coller unha tella dunha capela que se garda baixo os carballos, a capela. Isto é por motivos, suponse, páganos.
3. En Brandelos, Prevediños , unha fonte cicha augas medicinais, onde xente ía tomar baños. Alí fíxose unha capela, arruinada e agora restaurada por un particular, e tamén alí se facía unha festa nunha carballeira , onde tamén había feiras. Agora a romaría faise nunha capela, que en tempos pasados puido pertencer ao Conde de Altamira , en Noaio, na mesma parroquia; cun trazo católico que non tiña na súa orixe. No monte de Caroceiros, en Novefontes existen restos dun antigo templo ou monumento que habería que investigar para saber algo do seu pasado. Din os paisanos da parroquia que incluso viñan os da outra bando do río Ulla facer aquí enterramentos . No Códice Calixtino , que fora promovido polo arcebispo Diego Xelmírez no século XII , aparecen nomeadas as terras que actualmente constitúen o concello de Touro. É dicir, que existen moitas poboacións milenarias, onde moita da súa historia será cada vez máis lonxana ao coñecemento, mais tendo en conta que aí están as raíces dos galegos. A súa historia foi transcorrendo entre aldeas, entre labregos, coa economía de subsistencia e coas fames da xente galega, coa emigración, co atraso tecnolóxico (había "electricidade" nos cincuenta polas aldeas de Arzúa a Touro chegaría posteriormente), con pobres infraestruturas (hoxe en día moitos campos entre montes non poboados quedan abandonados pois o seu acceso tense que facer con maquinaria especializada, e nas ribeiras do río Ulla a súa propia orografía xa requiría máquinas especiais que se empregan) e tamén a emigración ao estranxeiro, aínda hoxe moi acusada. Emigraron tanto pobres coma ricos, e escasos retornos houbo e hai, polo que, aínda que haxa outras bisbarras que lideren con máis dereito a negra lista dos emigrados, estamos a falar que de Touro saíron miles( miles ) de homes e mulleres para vivir noutros puntos do globo.
4. A realización de certas actividades sobre o medio do concello poden provocar desequilibrios ecolóxicos que teñen efectos negativos denominados como problemas medio ambientais . Estas actividades tamén poden afectar a comunidades animais e vexetais podendo chegar incluso ao ser humano . Actualmente para a realización de calquera actividade no medio é necesario realizar un estudo de impacto ambiental desa actividade na zona, para poder tratar e paliar os efectos ambientais e os danos que poidan producir. Dentro do concello de Touro débense destacar os impactos que producen: Problemas derivados dos procesos extractivos da Mina de cobre de Río Tinto , que permaneceu aberta case unha década. Tivo repercusións na fertilidade do solo e na calidade das augas, mais dado a ausencia de contaminación de industria densa no concello, esta contaminación séguese consentindo hoxe en día. Que eu saiba, despois de rematar co cobre da mina non se fixo absolutamente nada con esta e deixouse a man de deus, incluso facendo de camposanto para a maquinaria enferruxada que alí traballaba. A súa contaminación foi remitindo cos lavados das augas dos tempos e non se sabe quen ten a responsabilidade. A totalidade da mina abrangue un pequeno cacho de Bama , Loxo e tamén chega ao concello do Pino ; polo que a situación incerta da mina axudou ao seu abandono. Mais, hai que dicir, e este respecto, que se pode esquecer de todo isto, dos cheiros de Loxo, do dano ao río Lañas e ao Brandelos, e ao Ulla, pois o novo fin do territorio vai constar dunha urbanización de 1.2OO vivendas; e segundo o proxecto aprobado, construíndo previamente un campo de golf .
5. Problemas derivados da actividade agraria e gandeira. O emprego de fertilizantes e pesticidas sen control poden causar contaminación nas augas e no solo, e chegar os elementos tóxicos ao organismo humano. Tamén pode causar problemas os xurros e os procesos de ensilado, tanto polos elementos prexudiciais destes e do cheiro que producen. Recórdese tamén que o leite é moi contaminante. Problemas derivados dos vertidos incontrolados: bastante abundantes no concello, aínda tendo servicio de recollida, dirixindo o lixo a SOGAMA . Son aproveitados os ocos das vellas canteiras para meter, por exemplo electrodomésticos, e nalgún tempo, camposanto de vacas. O concello define este problema como inexistente, cando non é imposíbel ollar un frigorífico ao pé da sinalización. Problemas derivados da deforestación. Os incendios da zona poderíanse definir como relativamente baixos, mais son un problema nacional como no resto de Galiza. Outra preocupación a este respecto é o da contaminación de especies arboreas como o eucalipto , que diminúe a calidade do solo e a súa posterior repoboación. Tamén dicir que problemas de deforestacións tenos a , non Touro, que posúe tamén as súas zonas arbóreas de calidade.
6. Entre os pazos , o máis comercial actualmente é o Pazo de Andeade, de gran importancia, tanto na mesma parroquia de Andeade , como en parte da bisbarra. Este pazo foi fundado a comezos do século XVIII por D. Pedro Antonio Verea e Pacheco que estaba casado con Dona María Antonia Varela Lodeiro e Figueroa. Foron varias as familias de renome que tiveron relación con este pazo, tal e como se pode apreciar nas armas que forman parte do seu escudo: Pacheco, Verea, Aguiar, Figueroa e Montenegro. O pazo, tamén chamado a Casa Grande de Andeade, ten tódolos elementos de pazo: escudo, capela... Un dos pazos máis antigos é o de Mince, situado en Prevediños , rodeado de casas veciñais, pero que conserva tódolos elementos arquitectónicos dun pazo. En Calvos está o Pazo de Rosende. Preto do pazo aínda se observan as vellas casas dos caseiros que traballaban para o dono do pazo. O pazo, recentemente restaurado, parece ser que ten a súa procedencia nunha edificación anterior ó século XVIII . Estivo ocupado durante longas décadas polos Hermida, familia da que proceden os actuais propietarios. Pero no escudo de armas que se atopa na [[fachada, ó lado do balcón, pódense distingui-las armas dos Porras, Lemaire, Du Croc, Wander-Roer e por suposto, os Hermida. Conta con hórreo restaurado, capela en bo estado, cruceiro de pedra enfronte a capela. Desde a solaina que ten a casa pola parte sur vése máis alá do Ulla , e son dunha beleza mística. O Pazo de Dioño, en Santiso , é unha casona cadrada rodeada de varias dependencias: hórreo, cortes, fornos, bodega, etc e tamén unha ampla extensión de terreo cerrada por un alto balo de pedra. Na entrada da casa está o escudo coas armas dos Aguiar e os Torre. Os elementos que aínda se observan dannos unha ideas da riqueza do pazo en tempos pasados, pero entrou en decadencia a mediados deste pasado século , da que dificilmente se foi sobrepoñendo, se temos tamén en conta que o sector agrícola e gandeiro deixou de ser rendible, as ganancias foron indo a menos, tanto neste coma noutros pazos.
7. En Lobaqueiras, na parroquia de Bendaña , xa no límite do concello de Touro co de Boqueixón hai unha casa ou pazo que algúns non a catalogan como pazo, aínda que ten case tódolos elementos dun pazo. Ten a entrada principal por un camiño estreito, bordeado de eucaliptos centenarios a ámbolos dous lados. Antes de entrar polo portal, á esquerda está a casa dos caseiros e a dereita está a capela , que o único que conserva é a pía de pedra onde se botaba a auga bendita . Detrás da capela está o cruceiro de pedra aínda ben conservado. Enmarcando o portal hai longas pedras cunha cruz na pedra superior. Na fachada da casona está o escudo coas armas dos antigos donos, entre eles están os López del Nodal que eran mariñeiros almirantes procedentes de Caldas de Reis de onde tamén procede o escudo. Na actualidade pertence os herdeiros de Juan Fenollera Velón. Na parte de abaixo da casa hai unha longa mesa de pedra con asentos tamén de pedra ó seu arredor. Un dos elementos que existen en case tódolos pazos é o pombal , cousa que non se ve en Lobagueiras. Conta cun hórreo de pequenas dimensións o que nos indica que, ou ben puido existir outro hórreo maior, ou que o cultivo principal das terras que rodean o pazo, que son uns oitenta ferrados da zona e chegan ata o mesmo río Ulla, non fora o millo. Din os paisanos que antigamente as terras cultivadas de Bendaña pertencían a un só propietario. Hai que recordar que dúas das antigas xurisdicións da provincia de Santiago levaban o nome de Bendaña e Bendaña do Marqués.
8. Tradicionalmente o sector agrícola e gandeiro foi o sustento principal da economía tourense, ao igual que nos veciños terreos, mais na actualidade son poucos os mozos que se incorporan directamente nestes labores; existen parroquias de escasa densidade de explotacións gandeiras. Caben destacar a persistencia das hortas , como provedoras de alimentos dos fogares galegos, sendo poucas empregadas para xerar riqueza directamente; ou a matanza do porco , tan peculiar na cultura galega ; ou por conseguinte tamén crianza de galiñas, ovellas, coellos. Unha actividade notable actualmente é a elaboración dos queixos de Arzúa , nas queixarías de Murgás, en Turces, e en Bama. Ademais, a queixaría de Murgás ten incorporada unha queixaría-escola. Outro sector importante foi o da minaría, as explotacións mineiras de Río Tinto , xa fechadas, ofreceron emprego a moita xente deste concello e doutros. No concello non hai grandes empresas nin fábricas que dean emprego, a xente desprázase a outros lugares para buscar traballo. No núcleo urbano de Fonte Días é onde se desenvolve a maior actividade, xa que é aquí onde se concentran a maior parte dos servizos tanto públicos como privados. Hai algo de pesca no río Ulla o nos seus diversos afluentes que regan distintas parroquias. Tamén existe algo de caza.
9. O centro principal de educación é o ( CPI ) de Fonte Díaz , que se acha na rúa de Sabela II, ao lado da casa do concello; impártese nel o 2º ciclo de Educación Infantil (3 – 6 anos), Primaria e Secundaria Obrigatoria (6 - 16 anos). Antes existían escolas unitarias en case tódalas parroquias, mais na actualidade só seguen funcionando as escolas de EEI das Goritas ( Loxo ), que ten o 2º ciclo de Educación Infantil e o CEIP de Turces no que se dá o 2º ciclo de Infantil e o 1º ciclo de Primaria (de 3 a 8 anos).
10. En 1835 , Sabela II crea o Ayuntamiento de Touro , nunha reestruturación administrativa do Estado español , nunha das crises do modelo de españa, por ese motivo o escudo tourense leva un i grego e un dous en números romanos . Antes desta data, as dezanove parroquias do concello estaban repartidas en cinco xurisdicións : Bendaña, Bendaña do Marqués, Budiño, Cira e Xiro da Rocha; e había dous municipios : o de Touro e o de San Miguel de Vilar, pertencentes ó partido xudicial de Sar , desaparecido.
11. Un camiño real , de orixe prerromana , usado e mellorado polo imperio romano foi a vía de comunicación máis importante das terras do actual concello. Esta vía unía, supostamente, Santiago con Lugo , mais este camiño sufría moitas ramificacións e intercomunicaba moitas zonas. Na parroquia de Vilar atópase un pequeno cruceiro que pode ser bastante antigo polas figuras que aparecen na súa base.
12. No inventario Histórico-Artístico do concello, figura a igrexa parroquial de Quión , ao igual que a igrexa de Loxo , que pertencía antes aos dominicos de Santiago. Outras igrexas destacadas, aínda que en todas se realiza o mesmo, son á de Fao , co seu campanario inclinado; e a de Foxás , que tiña unha campá facendo soar as horas. Fálase en antigas escrituras do século XII dun mosteiro chamado Argentario que parece ser que estaba na que é hoxe a aldea de Arenteiro, Loxo .
13. Os restos arqueolóxicos son abundantes, como na maioría do pobo galego , moitos sen catalogar, como poderían ser restos castrexos . Na toponimia atopamos por exemplo coa aldea de Castelo, en Touro , o nome etimoloxicamente podería deberse a que alí se erguera algo semellante a un castelo , e na zona dos Torreis, en Loxo poderían imaxinarse unhas fortificacións . En Foxás hai varios lugares co nome de Castro . O concello está cheo de muíños , moitos deles abandonados. Un exemplo de muíño restaurado é o muíño de Rozas, en Quión .