SlideShare a Scribd company logo
TEMA 9 SOCIEDADE E MOVEMENTOS
SOCIAIS DO SEC.XIX
• A implantación do liberalismo supuxo a
desaparición da sociedade estamental e o
xurdimento da nova sociedade de clases.
• O criterio diferenciador será agora o económico
• Dous novos grupos sociais xorden e se
enfrontan: a burguesía industrial e o
proletariado.
• A precaria situación laboral dos obreiros fai
xurdir novas ideoloxías como o socialismoe o
anarquismo e o movemento obreiro.
A Configuración da nova sociedade de
clases
• Co Estado liberal poñíase fin aos privilexios outorgados
polo nacemento e se impón a igualdade xurídica de todos
nunha mesma categoría, a dos cidadans.
• As diferencias sociais danse en función da riqueza.
• Agora, os negocios, a valía persoal, a formación
académica, etc. permitían a posibilidade de ascenso dos
individuos nunha sociedade que valoraba máis o esforzo,
a capacidade de traballo, o servizo público, etc. que o
nacemento ou a pertenza ás vellas linaxes nobiliarias.
• Na nova sociedade de clases distínguense :
• Clases dirixentes formadas pola antiga aristocracia, o alto
clero , altos cargos da administración e o exército e a alta
burguesía industrial e urbana.
• Clases populares integradas por obreiros industriais,
artesáns,campesiños e xornaleiros.
• Entre ambos grupos estaban unha escasa clase media
formada por pequenos e medianos comerciantes,
profesionais liberais, postos intermedios da
administración...
• As diferencias de riqueza e as duras condicións da clase
obreira e campesiños orixinaron novos movementos
sociais. Eran conflictos de clase nos que se contrapoñían
as novas ideoloxías e as novas organizacións obreiras
OS GRUPOS SOCIAIS TRADICIONAIS
• A NOBREZA
• A nobreza perde gran parte dos seus privilexios.
• A pequena nobreza,os fidalgos, perde importancia social e poder
económico. Perde o seu principal privilexio, o dereito á exención de
impostos, e as súas terras lles proporcionaban rendas escasas Asi
que a maioría pasou a formar parte da clase media de propietarios
agrícolas.
• En Galicia, a fidalguía, mantivo un importante poder social e
político A alta e media nobreza mantiveron a súa importancia
social,económica e política. Conservaron gran parte do seu
patrimonio, e mesmo se fixo con novas propiedades provenientes
da desamortización. Unha parte emprendeu negocios ou
emparentou con burgueses adiñeirados.
• En xeral, os nobres seguiron formando parte da cúspide da nova
sociedade
• O CLERO
• A igrexa diminuiu os seus poder económico coa desamortización
e a supresión do décimo, pero manteñen a súa influencia nunha
sociedade profundamente relixiosa.
• En liñas xerais, os gobernos progresistas limitaron o poder do
clero mentres que os moderados e conservadores apoiaron e
favoreceron á Igrexa.
• existiu unha forte corrente anticlerical entre os sectores
populares que deu lugar a accións violentas que se saldaron con
incendios de igrexas e conventos.
• O CAMPESIÑADO
• Seguiu a ser o grupo máis numeroso da poboación e, a diferencia
dos países fortemente industrializados europeos.
• Os campesiños pobres sufriron as consecuencias negativas da
transformación do réxime da propiedade realizada polos liberais.A
desamortización non contribuíu a mellorar a súa situación, foron
moi poucos os que puideron facerse con terras que saíron á venta, e
a desamortización dos bens de propios e comúns resultoulles
especialmente negativa pois se viron privados dunha importante
fonte de recursos e convertidos en simples xornaleiros.
• No Norte, hai un predominio da
pequena propiedade,
e no Sur, un dominio das
grandes propiedades .
• En GALICIA, o campesiñado, aínda que non posuía a propiedade da
terra, mantiña certos dereitos sobre ela derivados do réxime foral.
OS NOVOS GRUPOS SOCIAIS
• A BURGUESÍA
• Constituíu o grupo ascendente desta nova sociedade.
Tanto a revolución política liberal como a industrialización
contribuíron, a que se fixera co control do poder político e
económico.
• No entanto en España, o escaso desenvolvemento
económico e industrial fixo que os seus efectivos fosen
relativamente escasos e que mantivese unha mentalidade
pouco emprendedora e favorable ao ennobrecemento.
• A burguesía xunto coa antiga aristocrácia conformaron
unha élite privilexiada que controlabao poder económico
e político conformandose así como o grupo oligárquico
ALTA BURGUESÍA, formada por
financeiros, industriais, propietarios
de terras e comerciantes, manexan
grandes fortunas e controlan o
poder político.
Moitos acrecentaron as súas
fortunas con concesións estatais e
investimentos en bolsa
A burguesía industrial conseguiu do
Estado a necesária política
proteccionista para a súa incipiente
indústria.
Porén moitos sentironse atraídos
mais polo investimento en terras que
polas aventuras industriais.
Reside e ten o seu centro de negocios
nos focos económicos: Madrid
Barcelona ou Bilbao
• CLASES MEDIAS.
• O seu número era escaso e súa composición social era moi
variada: propietarios de terras, comerciantes, pequenos
fabricantes, profesionais liberais (avogados, notarios, arquitectos,
construtores, médicos, boticarios) e empregados públicos
(mestres, profesores, oficinistas, etc.).
• Compartían cos grupos
poderosos o estilo de vida, as
formas de lecer e o nivel de
instrución. Aínda que a súa
menor capacidade económica as
levou a unha forma de vida máis
privada e doméstica.
Unha gran parte era ideolóxicamente conservadora, defendíaa orde,
o valor do traballo e a propiedade temerosas das clases populares.
Outros, intelectuaise profesionais liberais defendian a democracia e
o republicanismo
• OS GRUPOS POPULARES
• PROLETARIADO INDUSTRIAL
• Desenvolveuse parello á industrialización e aos novos sistemas de
produción a ela vinculados. Procedian do campo e dos talleres
artesáns arruinados pola competencia das máquinas.
• O proletariado non posuía
mais que a sua forza de traballo
que lle vendia ao patrón a
cambio dun salario.
• O incremento do proletariado non se aprecia ata o século XX.
• ARTESANS E TRABALLADORES DE SERVIZOS
• A mediados do século XIX ainda existía un elevado
número de empregados nos oficios clásicos de
tradición gremial e artesanal(carpinteiros, ferreiros..)
• Nas cidades ademais concentrábanse um número
elevado de traballadores de servizos (limpeza,
iluminación) mozos de comercio,vendedores
autónomos e traballadores domésticos, sobre todo
mulleres.
• No último estrato os mendigos.
• Transformacións sociais ate minuto 23
• https://youtu.be/3v6uz409gh0?t=1189
CONFLITIVIDADE SOCIAL E MOVEMENTO OBREIRO
• CONDICIÓNS DE VIDA DA CLASE TRABALLADORA
• Os principios liberais de liberdade de contratación e
salarios, o interese da burguesía en obter os máximos
beneficios e a falta de regulamento levan aos traballadores
industriais a unha vida miserable: malas condicións de
traballo, baixos salarios, falta de dereitos, emprego de man
de obra infantil e feminina (reciben salario menor)
UN BARRIO OBREIRO
Este barrio [o de Esteiro, en Ferrol] acolle no seu seo a clase máis desventurada
da sociedade, como é a prostitución desvergonzada e rueira; barrio antigo e non
reformadas as súas primitivas edificacións, as casas son vellas, húmidas, con
escasa luz e nula ventilación; das fiestras penduran farrapos de toda clase, ou
prendas de vestir lavadas que se enxugan ao aire estendidas sobre unha corda;
sen retretes na súa maioría e con pozos negros, que de tales non teñen máis que
o nome, ou sen eles, almacenando os seus moradores os desperdicios e as
dexeccións en recéptaculos que conducen, a todas horas, a hortos próximos que
xeralmente se cultivan, despedindo un olor capaz de producir vómito ao
transeúnte que teña a desgraza de pasar ao seu lado; barrio o máis populoso,
como xa dixemos, e o máis pobre, como dicimos agora, e por esta causa o máis
descoidado en cultura social, educación, instrucción e moralidade; barrio no que,
por razón do seu modo de ser, viven en repugnante consorcio e como en familia,
os pais, os fillos, os porcos, as cabras (...). Barrio que ten todas as rúas, a
excepción dunha, sen empedrado, facéndose imposible o tránsito en épocas de
choiva, por converterse en fochancas e charcas. (...) Un barrio así ten que ser
forzosamente antihixiénico, e polo tanto insalubre; ten que ser, por esta triste
condición, o que maior tributo paga á mortalidade, o do que as xentes
medianamente acomodadas foxen como da peste.
P. NIETO RODRÍGUEZ. Memoria acerca das condicións hixiénicas e o estado
sanitario de Ferrol. 1895.
TRABALLO INFANTIL E FEMININO
A idade de seis anos para comezar a traballar é a xeral, non
só en Cataluña, senón nos restantes centros fabrís de España
(...). Traballan de 12 a 13 horas, gañan moi pouco e se lles
trata moi mal (...). Estas infelices criaturas de seis anos
deben percorrer longas distancias para ir ao traballo e
quedan durmidos a cada instantes nas fábricas da alta
montaña de Cataluña, instaladas nas marxes dos ríos e nas
que se traballa día e noite, alternando por grupos.
L. ANER. Informe sobre o traballo infantil [presentado ante a Comisión de
Reformas Sociais]. 1883.
AS ORIXES DO MOVEMENTO OBREIRO
A REACCIÓN CONTRA AS MÁQUINAS: O LUDISMO
• Primeiras protestas obreiras 1820-30 xunto cos inicios da
industrialización e a introdución das máquinas. Os obreiros
reaccionan ante a perda do seu traballo coa destrución
dasmáquinas, ás que consideran culpables da perda de
postos de traballo.
• Estas acccións, Ludistas
(Ned Ludd, primeiro destrutor de
máquinas).
• Comezan en Alcoi(1821) e
Cataluña co 1835 incendio
da fábrica El Vapor de Bonaplata.
Tratábase de movementos
esporádicos e pouco planificados,
actos violentos reprimidos duramente polas autoridades.
• En Galicia, as traballadoras da fábrica de tabacos da
coruña tiraban as máquinas ao mar.
• Pero os traballadores comprenderon que o
verdadeiro problema non eran as máquinas, senón as
condicións de explotación ás que estaban sometidos,
e comezaron a desenvolver novas formas de loita
como a folga e a unidade de acción mediante
asociacións obreiras.
• SOCIEDADES DE RESISTENCIA E PROTECCIÓN MUTUA.
• Asociacións para defenderse e coordinarse na loita, con
socorro mutuo e sindicatos sectoriais.
• Inicialmente, prohibidos pola lexislación liberal por iso as
primeiras asociacións obreiras presentábanse como
mutualistas e benéficas.
• A lei de 1839 autoriza os socorros mutuos de obreiros,
que loitaban polas melloras salariais,
redución da xornada laboral e regulamento
do traballo.
Forman caixas de resistencia, onde os
traballadores pagaban unha cota
para facer fronte a enfermidades, morte,
folga ou despedimentos.
• O primeiro sindicato fundouse en Barcelona no 1840, a
Asociación de Protección Mutua dos Teceláns do algodón
de Barcelona.
• En Madrid a Asociación de Impresores.
• Pero durante a Década Moderada, as asociacións obreiras
foron disoltas e ilegalizadas, co que pasaron á
clandestinidade. A pesar diso o asociacionismo obreiro
espallouse por moitos lugares de España (Granada, Madrid,
Valencia).
• En 1854 co Bienio Progresista expándese o obreirismo.
• Agora as reivindicacións xa non serán só laborais senón que
tamén incluiranse peticións políticas semellantes ás dos
Cartistas en Inglaterra.
• A volta ao poder dos moderados trouxo consigo a represión
do asociacionismo obreiro.
• O movemento obreiro desenvolveuse plenamente a partir
da aprobación da Lei de Asociacións de 1887 con Sagasta.
A PROTESTA ORGANIZADA: AS FOLGAS
Cando as negociacións fracasan, os obreiros empregan a folga
como instrumento de presión e de loita para conseguir
melloras nas condicións laborais. As folgas proliferaron entre
1840 e 1850. Destacan as da fábrica de Bejar e a dos
traballadores de Alcoi en 1857.
A primeira folga xeral
produciuse
no ano 1855 durante o
Bienio progresista.
Xurdiu en Barcelona como
reacción á introdución das
novas máquinas de fiar,
as selfactinas
A carga. Ramón Casas 1899
• AS REVOLTAS AGRARIAS
• As insurreccións agrarias convertéronse nunha constante a
partir do Bienio Progresista, as desamortizacións non fixeron
máis que acentuar os desequilibrios , e alonxaron a
esperanza dun reparto da propiedade da terra beneficiosa
para os xornaleiros, a de Madoz os privara do uso das terras
comunais dos concellos.
• Os levantamentos remataban a miudo coa ocupación de
terras e a súa repartición entre os xornaleiros.
• Os movementos de ocupación producíronse en Andalucía,
Aragón, Cataluña e Andalucía. Salientaron os de Utrera e El
Arahal (Sevilla, 1857) e a sublevación de Loja (Granada,
1861).
• O movemento fracasou, pero se reavivará posteriormente.
AS NOVAS IDEOLOXÍAS OBREIRAS
Desde comezos do século XIX, varios pensadores denunciaron as
inxustizas que sufrían os obreiros. Estes foron chamados socialistas
utópicos, como os franceses Saint-Simon,Owen, Fourier ou Cabet.
Pretendian mellorar as condicións de vida dos obreiros mediante
proxectos ideais, pero que dificilmente poderían ser levados á
relidade.
Propoñían sociedades igualitarias,
a propiedade colectiva e o reparto da riqueza.
Fourier
Owen
• En España o socialista utópico mais notable foi
Joaquin Abreu, fourierista gaditano que defendía a
creación de falansterios (cooperativas de produción
que producían todo o necesario para os seus
habitantes). Desde Andalucía se estendeu a Madrid e
Barcelona.
A AIT: MARXISMO E ANARQUISMO
• A nova situación de tolerancia política creada durante o
Sexenio Democrático (1868-1874) permitiu que as forzas
obreiras puidesen saír da clandestinidade e actuar
publicamente,feito que favoreceu a expansión do
movemento obreiro organizado.
• Chegan a España as ideas socialistas e anarquistas.
• En 1864 fundouse en Londres a Asociación Internacional de
Traballadores, tamén coñecida como I Internacional, co
obxectivo de potenciar a unión e a loita dos traballadores
pola súa emancipación en todo o mundo.
• En 1870, celébrase o primeiro congreso da Federación
Rexional Española (FRE)en Barcelona , integrada na AIT.
• O SOCIALISMO MARXISTA
• Paul Lafargue, xenro de Marx, difunde
a ideoloxía por España en 1871.
• Principios básicos:
- o medio máis eficaz para modificar
a sociedade é a loita de clases
- os cambios os debe facer o proletariado, organizado en
sindicatos e partidos políticos obreiros
- os traballadores deben conquistar o poder mediante a
revolución
- unha vez conquistado o poder estableceríase a ditadura do
proletariado coa expropiación da propiedade privada e a súa
estatalización.
- lograda a colectivización dos medios de produción, todos
terían iguais condicións de vida nunha a nova sociedade sen
clases.
• SOCIALISTAS MARXISTAS
• Pablo Iglesias Posse funda o PSOE en 1879 na
clandestinidade. Tras a aprobación da Lei de Asociacións
de 1887 celébrase
o primeiro congreso en 1888,
onde sae a UXT.
Unión Xeral de Traballadores
• Tras a revolución rusa de 1917 e a
fundación da Terceira Internacional Socialista por Lenin
en 1919, escíndense os defensores
do modelo soviético e aparece o
Partido Comunista de España en 1921
Dolores Ibárruri, A Pasionaria
Unha das fundadoras do PCE
ANARQUISMO
Introducido en España en 1868 por Giuseppe Fanelli, amigo e
discípulo de Bakunin. Grande influencia no movemento obreiro
español, sobre todo en Cataluña, Levante e Andalucía.
• O obxectivo é transformación revolucionaria da sociedade
capitalista:
- destrución do Estado
- eliminación de calquera tipo de autoridade ou poder
- supresión da propiedade privada
- eliminación de todo tipo de diferenza socioeconómica
- nova organización social en comunas autónomas, con
goberno de autoxestión mediante acordos libres e pactos solidarios.
Copropietarios dos medios de produción
- transformación social feita polos propios traballadores
• Desconfían da vía política para transformar a sociedade.
Abstención electoral.
• Emprego da violencia, propaganda, organizacións clandestinas.
Giuseppe Fanelli Mijaíl Bakunin
Fanelli difundiu as ideas anarquistas como si fosen da
AIT. Isto axudou á expansión das ideas anarquistas entre
o proletariado catalán eo campesiñado andaluz
• ORGANIZACIÓNS ANARQUISTAS
• Caracterízase pola división ideolóxica e práctica.Intento de
integrarse: Solidariedade Obreira
- CNT Confederación nacional do Traballo.
Fundase en 1910, tras a Semana Tráxica de Barcelona.
Defende a folga social revolucionaria como táctica esencial
para a emancipación da clase traballadora.Principal
asociación nos inicios do século XX.
- FAI: Federación Anarquista Ibérica. Fundada polos máis
radicais da CNT en 1927. Os máis extremistas defenden a
propaganda pola acción, con atentados contra industriais,
políticos, bispos, terratenentes...
- A Man Negra ,secreta, (1882-83)
• As discrepancias entre as duas correntes
internacionalistas,marxistas e anarquistas culminaron en
1872 coa expulsión do grupo madrileño da FRE e fundouse
a Nova Federación Madrileña, de carácter marxista, este
grupo era minoritario. En 1879 transformouse na
Agrupación Socialista Madrileña, xermen do PSOE.
• Durante a I República diversos grupos de anarquistas
aspiraban ao derrubamento do Estado. Tras o fracaso a
Internacional comezou a perder forza.
• En 1874 o novo réxime da Restauración a declarou ilegal.
• En 1881 a ilegalizada FRE cambiou o nome polo de
Federación de Traballadores da Rexión Española(FTRE) para
adaptarse á lexislación que prohibía as asociacións de
carácter internacional.
• SOCIEDADES OBREIRAS CATÓLICAS
• Ante o avance das ideoloxías radicais,A Igrexa
trata de contrarrestar a influencia de socialistas
e anarquistas creando sindicatos católicos para
fomentar a cooperación entre clases e lograr a
concordia social desde unha óptica cristiá.
A RESPOSTA DE PATRONAL E ESTADO
• Crean organismos para defender os seus intereses:
Cámaras de Comercio,Comisión de fábricas, Xuntas de
Comercio.
• A actitude do Estado varía a resposta segundo quen
goberne. Postura inicial de negativa a toda negociación e
postura tolerante xa no século XX, co recoñecemento de
dereitos para os traballadores.
• Forte vixilancia e emprego
da forza recorrendo á
Garda Civil ou ao exército.
• O movemento obreiro foi conseguindo leis de
caracter laboral que regulasen os salarios, a
xornada laboral..
• En 1883 créase o Instituto de Reformas Sociais
para impulsar as leis que farán mellorar á clase
obreira.
• 1908 crease o Instituto Nacional de Previsión
para a xestión do réxime xeral dunha incipiente
seguridade social.
• 1919 redución de xornada a 8 horas
https://youtu.be/3v6uz409gh0?t=1542

More Related Content

What's hot

Economía e transformacións sociais
Economía e transformacións sociaisEconomía e transformacións sociais
Economía e transformacións sociaisSantiago Dans
 
5. A Sociedade Industrial E O Movemento Obreiro.
5. A Sociedade Industrial E O Movemento Obreiro.5. A Sociedade Industrial E O Movemento Obreiro.
5. A Sociedade Industrial E O Movemento Obreiro.
Ismael Vide González
 
Esquema Unidade 1 Antigo RéXime
Esquema Unidade 1 Antigo RéXimeEsquema Unidade 1 Antigo RéXime
Esquema Unidade 1 Antigo RéXimeDavid
 
UNIDADE 5
UNIDADE 5UNIDADE 5
UNIDADE 5
Santiago Dans
 
Tema 10 historia
Tema 10 historiaTema 10 historia
Tema 10 historiapablopotel
 
Tema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisTema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
katrinacosta
 
Tema 10 sociais
Tema 10 sociaisTema 10 sociais
Tema 10 sociaisAliiciiaa
 
Tema 10, historia
Tema 10, historiaTema 10, historia
Tema 10, historiaeva gerpe
 
Marcos. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN.
Marcos. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN.Marcos. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN.
Marcos. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN.
EVAVIDALFERRO
 

What's hot (17)

Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
Tema 15
Tema 15Tema 15
Tema 15
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10
 
Economía e transformacións sociais
Economía e transformacións sociaisEconomía e transformacións sociais
Economía e transformacións sociais
 
DSI
DSIDSI
DSI
 
Unidade 16
Unidade 16Unidade 16
Unidade 16
 
5. A Sociedade Industrial E O Movemento Obreiro.
5. A Sociedade Industrial E O Movemento Obreiro.5. A Sociedade Industrial E O Movemento Obreiro.
5. A Sociedade Industrial E O Movemento Obreiro.
 
TEMA 5- HISTORIA
TEMA 5- HISTORIATEMA 5- HISTORIA
TEMA 5- HISTORIA
 
Esquema Unidade 1 Antigo RéXime
Esquema Unidade 1 Antigo RéXimeEsquema Unidade 1 Antigo RéXime
Esquema Unidade 1 Antigo RéXime
 
UNIDADE 5
UNIDADE 5UNIDADE 5
UNIDADE 5
 
Tema 10 historia
Tema 10 historiaTema 10 historia
Tema 10 historia
 
Tema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisTema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociais
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
Tema 10 sociais
Tema 10 sociaisTema 10 sociais
Tema 10 sociais
 
Tema 10, historia
Tema 10, historiaTema 10, historia
Tema 10, historia
 
Marcos. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN.
Marcos. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN.Marcos. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN.
Marcos. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN.
 

Similar to Tema 9 sociedade e movementos sociais do sec

A MULLER NA ESPAÑA DO SÉCULO XX E XXI
A MULLER NA ESPAÑA DO SÉCULO XX E XXIA MULLER NA ESPAÑA DO SÉCULO XX E XXI
A MULLER NA ESPAÑA DO SÉCULO XX E XXI
Agrela Elvixeo
 
Tema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razónTema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razónrubempaul
 
Tema 8. sociedade e movementos sociais no século xix
Tema 8. sociedade e movementos sociais no século xixTema 8. sociedade e movementos sociais no século xix
Tema 8. sociedade e movementos sociais no século xixdanielvereavazquez
 
T. 4. mov. obreiro
T. 4. mov. obreiroT. 4. mov. obreiro
T. 4. mov. obreiro
Tere Nécega Rodriguez
 
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismoTema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismorubempaul
 
Tema 1.
Tema 1.Tema 1.
Tema 1.
katrinacosta
 
Apuntes
ApuntesApuntes
4º historia tema 1. o antigo réxime
4º historia tema 1. o antigo réxime4º historia tema 1. o antigo réxime
4º historia tema 1. o antigo réxime
Fernanda Suárez Méndez
 
T E M A 1 Antigo RéXime
T E M A 1  Antigo  RéXimeT E M A 1  Antigo  RéXime
T E M A 1 Antigo RéXime
camposseijo
 
Revol. industrial
Revol. industrialRevol. industrial
Revol. industrial
Luisa Paz
 
Tema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisTema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Tema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisTema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
O sexenio democrático
O sexenio democráticoO sexenio democrático
O sexenio democrático
velazquezturnesnieves
 
O século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografiaO século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografiapablokatt
 
A sociedade de clases e o movemento obreiro
A sociedade de clases e o movemento obreiro A sociedade de clases e o movemento obreiro
A sociedade de clases e o movemento obreiro leti95
 

Similar to Tema 9 sociedade e movementos sociais do sec (20)

A MULLER NA ESPAÑA DO SÉCULO XX E XXI
A MULLER NA ESPAÑA DO SÉCULO XX E XXIA MULLER NA ESPAÑA DO SÉCULO XX E XXI
A MULLER NA ESPAÑA DO SÉCULO XX E XXI
 
Tema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razónTema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razón
 
Tema 8. sociedade e movementos sociais no século xix
Tema 8. sociedade e movementos sociais no século xixTema 8. sociedade e movementos sociais no século xix
Tema 8. sociedade e movementos sociais no século xix
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
T. 4. mov. obreiro
T. 4. mov. obreiroT. 4. mov. obreiro
T. 4. mov. obreiro
 
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismoTema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
 
Tema 1.
Tema 1.Tema 1.
Tema 1.
 
Apuntes
ApuntesApuntes
Apuntes
 
4º historia tema 1. o antigo réxime
4º historia tema 1. o antigo réxime4º historia tema 1. o antigo réxime
4º historia tema 1. o antigo réxime
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
T E M A 1 Antigo RéXime
T E M A 1  Antigo  RéXimeT E M A 1  Antigo  RéXime
T E M A 1 Antigo RéXime
 
Revol. industrial
Revol. industrialRevol. industrial
Revol. industrial
 
Tema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisTema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociais
 
Tema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisTema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociais
 
Sociedade clases
Sociedade clasesSociedade clases
Sociedade clases
 
O sexenio democrático
O sexenio democráticoO sexenio democrático
O sexenio democrático
 
O século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografiaO século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografia
 
A sociedade de clases e o movemento obreiro
A sociedade de clases e o movemento obreiro A sociedade de clases e o movemento obreiro
A sociedade de clases e o movemento obreiro
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
Xeografia
XeografiaXeografia
Xeografia
 

More from velazquezturnes

A implantación do liberalismo en españa (1)
A implantación do liberalismo en españa (1)A implantación do liberalismo en españa (1)
A implantación do liberalismo en españa (1)
velazquezturnes
 
A implantación do liberalismo en españa
A implantación do liberalismo en españaA implantación do liberalismo en españa
A implantación do liberalismo en españavelazquezturnes
 
La globalización.pptcompleta
La globalización.pptcompletaLa globalización.pptcompleta
La globalización.pptcompleta
velazquezturnes
 
La globalización.pptcompleta
La globalización.pptcompletaLa globalización.pptcompleta
La globalización.pptcompletavelazquezturnes
 
La guerra civil española 1936 1939
La guerra civil española 1936 1939La guerra civil española 1936 1939
La guerra civil española 1936 1939
velazquezturnes
 
Edad contemporánea
Edad contemporáneaEdad contemporánea
Edad contemporánea
velazquezturnes
 

More from velazquezturnes (7)

A implantación do liberalismo en españa (1)
A implantación do liberalismo en españa (1)A implantación do liberalismo en españa (1)
A implantación do liberalismo en españa (1)
 
A implantación do liberalismo en españa
A implantación do liberalismo en españaA implantación do liberalismo en españa
A implantación do liberalismo en españa
 
Os inicios da arte
Os inicios da arteOs inicios da arte
Os inicios da arte
 
La globalización.pptcompleta
La globalización.pptcompletaLa globalización.pptcompleta
La globalización.pptcompleta
 
La globalización.pptcompleta
La globalización.pptcompletaLa globalización.pptcompleta
La globalización.pptcompleta
 
La guerra civil española 1936 1939
La guerra civil española 1936 1939La guerra civil española 1936 1939
La guerra civil española 1936 1939
 
Edad contemporánea
Edad contemporáneaEdad contemporánea
Edad contemporánea
 

Tema 9 sociedade e movementos sociais do sec

  • 1. TEMA 9 SOCIEDADE E MOVEMENTOS SOCIAIS DO SEC.XIX
  • 2. • A implantación do liberalismo supuxo a desaparición da sociedade estamental e o xurdimento da nova sociedade de clases. • O criterio diferenciador será agora o económico • Dous novos grupos sociais xorden e se enfrontan: a burguesía industrial e o proletariado. • A precaria situación laboral dos obreiros fai xurdir novas ideoloxías como o socialismoe o anarquismo e o movemento obreiro.
  • 3. A Configuración da nova sociedade de clases • Co Estado liberal poñíase fin aos privilexios outorgados polo nacemento e se impón a igualdade xurídica de todos nunha mesma categoría, a dos cidadans. • As diferencias sociais danse en función da riqueza. • Agora, os negocios, a valía persoal, a formación académica, etc. permitían a posibilidade de ascenso dos individuos nunha sociedade que valoraba máis o esforzo, a capacidade de traballo, o servizo público, etc. que o nacemento ou a pertenza ás vellas linaxes nobiliarias.
  • 4. • Na nova sociedade de clases distínguense : • Clases dirixentes formadas pola antiga aristocracia, o alto clero , altos cargos da administración e o exército e a alta burguesía industrial e urbana. • Clases populares integradas por obreiros industriais, artesáns,campesiños e xornaleiros. • Entre ambos grupos estaban unha escasa clase media formada por pequenos e medianos comerciantes, profesionais liberais, postos intermedios da administración... • As diferencias de riqueza e as duras condicións da clase obreira e campesiños orixinaron novos movementos sociais. Eran conflictos de clase nos que se contrapoñían as novas ideoloxías e as novas organizacións obreiras
  • 5. OS GRUPOS SOCIAIS TRADICIONAIS • A NOBREZA • A nobreza perde gran parte dos seus privilexios. • A pequena nobreza,os fidalgos, perde importancia social e poder económico. Perde o seu principal privilexio, o dereito á exención de impostos, e as súas terras lles proporcionaban rendas escasas Asi que a maioría pasou a formar parte da clase media de propietarios agrícolas. • En Galicia, a fidalguía, mantivo un importante poder social e político A alta e media nobreza mantiveron a súa importancia social,económica e política. Conservaron gran parte do seu patrimonio, e mesmo se fixo con novas propiedades provenientes da desamortización. Unha parte emprendeu negocios ou emparentou con burgueses adiñeirados. • En xeral, os nobres seguiron formando parte da cúspide da nova sociedade
  • 6. • O CLERO • A igrexa diminuiu os seus poder económico coa desamortización e a supresión do décimo, pero manteñen a súa influencia nunha sociedade profundamente relixiosa. • En liñas xerais, os gobernos progresistas limitaron o poder do clero mentres que os moderados e conservadores apoiaron e favoreceron á Igrexa. • existiu unha forte corrente anticlerical entre os sectores populares que deu lugar a accións violentas que se saldaron con incendios de igrexas e conventos.
  • 7. • O CAMPESIÑADO • Seguiu a ser o grupo máis numeroso da poboación e, a diferencia dos países fortemente industrializados europeos. • Os campesiños pobres sufriron as consecuencias negativas da transformación do réxime da propiedade realizada polos liberais.A desamortización non contribuíu a mellorar a súa situación, foron moi poucos os que puideron facerse con terras que saíron á venta, e a desamortización dos bens de propios e comúns resultoulles especialmente negativa pois se viron privados dunha importante fonte de recursos e convertidos en simples xornaleiros. • No Norte, hai un predominio da pequena propiedade, e no Sur, un dominio das grandes propiedades . • En GALICIA, o campesiñado, aínda que non posuía a propiedade da terra, mantiña certos dereitos sobre ela derivados do réxime foral.
  • 8. OS NOVOS GRUPOS SOCIAIS • A BURGUESÍA • Constituíu o grupo ascendente desta nova sociedade. Tanto a revolución política liberal como a industrialización contribuíron, a que se fixera co control do poder político e económico. • No entanto en España, o escaso desenvolvemento económico e industrial fixo que os seus efectivos fosen relativamente escasos e que mantivese unha mentalidade pouco emprendedora e favorable ao ennobrecemento. • A burguesía xunto coa antiga aristocrácia conformaron unha élite privilexiada que controlabao poder económico e político conformandose así como o grupo oligárquico
  • 9. ALTA BURGUESÍA, formada por financeiros, industriais, propietarios de terras e comerciantes, manexan grandes fortunas e controlan o poder político. Moitos acrecentaron as súas fortunas con concesións estatais e investimentos en bolsa A burguesía industrial conseguiu do Estado a necesária política proteccionista para a súa incipiente indústria. Porén moitos sentironse atraídos mais polo investimento en terras que polas aventuras industriais. Reside e ten o seu centro de negocios nos focos económicos: Madrid Barcelona ou Bilbao
  • 10. • CLASES MEDIAS. • O seu número era escaso e súa composición social era moi variada: propietarios de terras, comerciantes, pequenos fabricantes, profesionais liberais (avogados, notarios, arquitectos, construtores, médicos, boticarios) e empregados públicos (mestres, profesores, oficinistas, etc.). • Compartían cos grupos poderosos o estilo de vida, as formas de lecer e o nivel de instrución. Aínda que a súa menor capacidade económica as levou a unha forma de vida máis privada e doméstica. Unha gran parte era ideolóxicamente conservadora, defendíaa orde, o valor do traballo e a propiedade temerosas das clases populares. Outros, intelectuaise profesionais liberais defendian a democracia e o republicanismo
  • 11. • OS GRUPOS POPULARES • PROLETARIADO INDUSTRIAL • Desenvolveuse parello á industrialización e aos novos sistemas de produción a ela vinculados. Procedian do campo e dos talleres artesáns arruinados pola competencia das máquinas. • O proletariado non posuía mais que a sua forza de traballo que lle vendia ao patrón a cambio dun salario. • O incremento do proletariado non se aprecia ata o século XX.
  • 12. • ARTESANS E TRABALLADORES DE SERVIZOS • A mediados do século XIX ainda existía un elevado número de empregados nos oficios clásicos de tradición gremial e artesanal(carpinteiros, ferreiros..) • Nas cidades ademais concentrábanse um número elevado de traballadores de servizos (limpeza, iluminación) mozos de comercio,vendedores autónomos e traballadores domésticos, sobre todo mulleres. • No último estrato os mendigos.
  • 13.
  • 14. • Transformacións sociais ate minuto 23 • https://youtu.be/3v6uz409gh0?t=1189
  • 15. CONFLITIVIDADE SOCIAL E MOVEMENTO OBREIRO • CONDICIÓNS DE VIDA DA CLASE TRABALLADORA • Os principios liberais de liberdade de contratación e salarios, o interese da burguesía en obter os máximos beneficios e a falta de regulamento levan aos traballadores industriais a unha vida miserable: malas condicións de traballo, baixos salarios, falta de dereitos, emprego de man de obra infantil e feminina (reciben salario menor)
  • 16. UN BARRIO OBREIRO Este barrio [o de Esteiro, en Ferrol] acolle no seu seo a clase máis desventurada da sociedade, como é a prostitución desvergonzada e rueira; barrio antigo e non reformadas as súas primitivas edificacións, as casas son vellas, húmidas, con escasa luz e nula ventilación; das fiestras penduran farrapos de toda clase, ou prendas de vestir lavadas que se enxugan ao aire estendidas sobre unha corda; sen retretes na súa maioría e con pozos negros, que de tales non teñen máis que o nome, ou sen eles, almacenando os seus moradores os desperdicios e as dexeccións en recéptaculos que conducen, a todas horas, a hortos próximos que xeralmente se cultivan, despedindo un olor capaz de producir vómito ao transeúnte que teña a desgraza de pasar ao seu lado; barrio o máis populoso, como xa dixemos, e o máis pobre, como dicimos agora, e por esta causa o máis descoidado en cultura social, educación, instrucción e moralidade; barrio no que, por razón do seu modo de ser, viven en repugnante consorcio e como en familia, os pais, os fillos, os porcos, as cabras (...). Barrio que ten todas as rúas, a excepción dunha, sen empedrado, facéndose imposible o tránsito en épocas de choiva, por converterse en fochancas e charcas. (...) Un barrio así ten que ser forzosamente antihixiénico, e polo tanto insalubre; ten que ser, por esta triste condición, o que maior tributo paga á mortalidade, o do que as xentes medianamente acomodadas foxen como da peste. P. NIETO RODRÍGUEZ. Memoria acerca das condicións hixiénicas e o estado sanitario de Ferrol. 1895.
  • 17. TRABALLO INFANTIL E FEMININO A idade de seis anos para comezar a traballar é a xeral, non só en Cataluña, senón nos restantes centros fabrís de España (...). Traballan de 12 a 13 horas, gañan moi pouco e se lles trata moi mal (...). Estas infelices criaturas de seis anos deben percorrer longas distancias para ir ao traballo e quedan durmidos a cada instantes nas fábricas da alta montaña de Cataluña, instaladas nas marxes dos ríos e nas que se traballa día e noite, alternando por grupos. L. ANER. Informe sobre o traballo infantil [presentado ante a Comisión de Reformas Sociais]. 1883.
  • 18. AS ORIXES DO MOVEMENTO OBREIRO A REACCIÓN CONTRA AS MÁQUINAS: O LUDISMO • Primeiras protestas obreiras 1820-30 xunto cos inicios da industrialización e a introdución das máquinas. Os obreiros reaccionan ante a perda do seu traballo coa destrución dasmáquinas, ás que consideran culpables da perda de postos de traballo. • Estas acccións, Ludistas (Ned Ludd, primeiro destrutor de máquinas). • Comezan en Alcoi(1821) e Cataluña co 1835 incendio da fábrica El Vapor de Bonaplata. Tratábase de movementos esporádicos e pouco planificados, actos violentos reprimidos duramente polas autoridades.
  • 19. • En Galicia, as traballadoras da fábrica de tabacos da coruña tiraban as máquinas ao mar. • Pero os traballadores comprenderon que o verdadeiro problema non eran as máquinas, senón as condicións de explotación ás que estaban sometidos, e comezaron a desenvolver novas formas de loita como a folga e a unidade de acción mediante asociacións obreiras.
  • 20. • SOCIEDADES DE RESISTENCIA E PROTECCIÓN MUTUA. • Asociacións para defenderse e coordinarse na loita, con socorro mutuo e sindicatos sectoriais. • Inicialmente, prohibidos pola lexislación liberal por iso as primeiras asociacións obreiras presentábanse como mutualistas e benéficas. • A lei de 1839 autoriza os socorros mutuos de obreiros, que loitaban polas melloras salariais, redución da xornada laboral e regulamento do traballo. Forman caixas de resistencia, onde os traballadores pagaban unha cota para facer fronte a enfermidades, morte, folga ou despedimentos.
  • 21. • O primeiro sindicato fundouse en Barcelona no 1840, a Asociación de Protección Mutua dos Teceláns do algodón de Barcelona. • En Madrid a Asociación de Impresores. • Pero durante a Década Moderada, as asociacións obreiras foron disoltas e ilegalizadas, co que pasaron á clandestinidade. A pesar diso o asociacionismo obreiro espallouse por moitos lugares de España (Granada, Madrid, Valencia). • En 1854 co Bienio Progresista expándese o obreirismo. • Agora as reivindicacións xa non serán só laborais senón que tamén incluiranse peticións políticas semellantes ás dos Cartistas en Inglaterra. • A volta ao poder dos moderados trouxo consigo a represión do asociacionismo obreiro. • O movemento obreiro desenvolveuse plenamente a partir da aprobación da Lei de Asociacións de 1887 con Sagasta.
  • 22. A PROTESTA ORGANIZADA: AS FOLGAS Cando as negociacións fracasan, os obreiros empregan a folga como instrumento de presión e de loita para conseguir melloras nas condicións laborais. As folgas proliferaron entre 1840 e 1850. Destacan as da fábrica de Bejar e a dos traballadores de Alcoi en 1857. A primeira folga xeral produciuse no ano 1855 durante o Bienio progresista. Xurdiu en Barcelona como reacción á introdución das novas máquinas de fiar, as selfactinas
  • 23. A carga. Ramón Casas 1899
  • 24. • AS REVOLTAS AGRARIAS • As insurreccións agrarias convertéronse nunha constante a partir do Bienio Progresista, as desamortizacións non fixeron máis que acentuar os desequilibrios , e alonxaron a esperanza dun reparto da propiedade da terra beneficiosa para os xornaleiros, a de Madoz os privara do uso das terras comunais dos concellos. • Os levantamentos remataban a miudo coa ocupación de terras e a súa repartición entre os xornaleiros. • Os movementos de ocupación producíronse en Andalucía, Aragón, Cataluña e Andalucía. Salientaron os de Utrera e El Arahal (Sevilla, 1857) e a sublevación de Loja (Granada, 1861). • O movemento fracasou, pero se reavivará posteriormente.
  • 25. AS NOVAS IDEOLOXÍAS OBREIRAS Desde comezos do século XIX, varios pensadores denunciaron as inxustizas que sufrían os obreiros. Estes foron chamados socialistas utópicos, como os franceses Saint-Simon,Owen, Fourier ou Cabet. Pretendian mellorar as condicións de vida dos obreiros mediante proxectos ideais, pero que dificilmente poderían ser levados á relidade. Propoñían sociedades igualitarias, a propiedade colectiva e o reparto da riqueza. Fourier Owen
  • 26. • En España o socialista utópico mais notable foi Joaquin Abreu, fourierista gaditano que defendía a creación de falansterios (cooperativas de produción que producían todo o necesario para os seus habitantes). Desde Andalucía se estendeu a Madrid e Barcelona.
  • 27. A AIT: MARXISMO E ANARQUISMO • A nova situación de tolerancia política creada durante o Sexenio Democrático (1868-1874) permitiu que as forzas obreiras puidesen saír da clandestinidade e actuar publicamente,feito que favoreceu a expansión do movemento obreiro organizado. • Chegan a España as ideas socialistas e anarquistas. • En 1864 fundouse en Londres a Asociación Internacional de Traballadores, tamén coñecida como I Internacional, co obxectivo de potenciar a unión e a loita dos traballadores pola súa emancipación en todo o mundo. • En 1870, celébrase o primeiro congreso da Federación Rexional Española (FRE)en Barcelona , integrada na AIT.
  • 28. • O SOCIALISMO MARXISTA • Paul Lafargue, xenro de Marx, difunde a ideoloxía por España en 1871. • Principios básicos: - o medio máis eficaz para modificar a sociedade é a loita de clases - os cambios os debe facer o proletariado, organizado en sindicatos e partidos políticos obreiros - os traballadores deben conquistar o poder mediante a revolución - unha vez conquistado o poder estableceríase a ditadura do proletariado coa expropiación da propiedade privada e a súa estatalización. - lograda a colectivización dos medios de produción, todos terían iguais condicións de vida nunha a nova sociedade sen clases.
  • 29. • SOCIALISTAS MARXISTAS • Pablo Iglesias Posse funda o PSOE en 1879 na clandestinidade. Tras a aprobación da Lei de Asociacións de 1887 celébrase o primeiro congreso en 1888, onde sae a UXT. Unión Xeral de Traballadores • Tras a revolución rusa de 1917 e a fundación da Terceira Internacional Socialista por Lenin en 1919, escíndense os defensores do modelo soviético e aparece o Partido Comunista de España en 1921 Dolores Ibárruri, A Pasionaria Unha das fundadoras do PCE
  • 30. ANARQUISMO Introducido en España en 1868 por Giuseppe Fanelli, amigo e discípulo de Bakunin. Grande influencia no movemento obreiro español, sobre todo en Cataluña, Levante e Andalucía. • O obxectivo é transformación revolucionaria da sociedade capitalista: - destrución do Estado - eliminación de calquera tipo de autoridade ou poder - supresión da propiedade privada - eliminación de todo tipo de diferenza socioeconómica - nova organización social en comunas autónomas, con goberno de autoxestión mediante acordos libres e pactos solidarios. Copropietarios dos medios de produción - transformación social feita polos propios traballadores • Desconfían da vía política para transformar a sociedade. Abstención electoral. • Emprego da violencia, propaganda, organizacións clandestinas.
  • 31. Giuseppe Fanelli Mijaíl Bakunin Fanelli difundiu as ideas anarquistas como si fosen da AIT. Isto axudou á expansión das ideas anarquistas entre o proletariado catalán eo campesiñado andaluz
  • 32. • ORGANIZACIÓNS ANARQUISTAS • Caracterízase pola división ideolóxica e práctica.Intento de integrarse: Solidariedade Obreira - CNT Confederación nacional do Traballo. Fundase en 1910, tras a Semana Tráxica de Barcelona. Defende a folga social revolucionaria como táctica esencial para a emancipación da clase traballadora.Principal asociación nos inicios do século XX. - FAI: Federación Anarquista Ibérica. Fundada polos máis radicais da CNT en 1927. Os máis extremistas defenden a propaganda pola acción, con atentados contra industriais, políticos, bispos, terratenentes... - A Man Negra ,secreta, (1882-83)
  • 33. • As discrepancias entre as duas correntes internacionalistas,marxistas e anarquistas culminaron en 1872 coa expulsión do grupo madrileño da FRE e fundouse a Nova Federación Madrileña, de carácter marxista, este grupo era minoritario. En 1879 transformouse na Agrupación Socialista Madrileña, xermen do PSOE. • Durante a I República diversos grupos de anarquistas aspiraban ao derrubamento do Estado. Tras o fracaso a Internacional comezou a perder forza. • En 1874 o novo réxime da Restauración a declarou ilegal. • En 1881 a ilegalizada FRE cambiou o nome polo de Federación de Traballadores da Rexión Española(FTRE) para adaptarse á lexislación que prohibía as asociacións de carácter internacional.
  • 34. • SOCIEDADES OBREIRAS CATÓLICAS • Ante o avance das ideoloxías radicais,A Igrexa trata de contrarrestar a influencia de socialistas e anarquistas creando sindicatos católicos para fomentar a cooperación entre clases e lograr a concordia social desde unha óptica cristiá.
  • 35. A RESPOSTA DE PATRONAL E ESTADO • Crean organismos para defender os seus intereses: Cámaras de Comercio,Comisión de fábricas, Xuntas de Comercio. • A actitude do Estado varía a resposta segundo quen goberne. Postura inicial de negativa a toda negociación e postura tolerante xa no século XX, co recoñecemento de dereitos para os traballadores. • Forte vixilancia e emprego da forza recorrendo á Garda Civil ou ao exército.
  • 36. • O movemento obreiro foi conseguindo leis de caracter laboral que regulasen os salarios, a xornada laboral.. • En 1883 créase o Instituto de Reformas Sociais para impulsar as leis que farán mellorar á clase obreira. • 1908 crease o Instituto Nacional de Previsión para a xestión do réxime xeral dunha incipiente seguridade social. • 1919 redución de xornada a 8 horas https://youtu.be/3v6uz409gh0?t=1542