TEMA 1
O SÉCULODA RAZÓN
CIENCIAS SOCIAIS 4º ESO
Rubén Pol Valiño
2.
O ANTIGO RÉXIME
-Antigo réxime:Conxunto de elementos que caracterízan á sociedade, a economía e a
política dos reinos europeos nos séculos XVI, XVII e XVIII.
PREDOMINIO DO MUNDO RURAL
A maioría da pobación (80-90%) vivía e traballaba no campo.
As cidades eran escasas e pequenas.
Poucas superaban os 100.000 habitantes: Londres, París, Sevilla...
Nelas concentrábanse as actividades administrativas, militares, relixiosas,
comerciais...
A terra era propiedade dun número reducido de persoas ou institucións: nobreza,
clero.
Arrendaban pequenas parcelas ao campesiñado a cambio do pago dunha renda:
traballo, especie, diñeiro.
Había terra comunais que eran aproveitadas por todos.
Galicia: foros: contratos de arrendamento de longa duración.
A produción agrícola e gandeira era de subsistencia.
4.
PRODUCIR PARA SUBSISTIR
Produción destinada ao
autoconsumo e pago de rendas.
Rendementos escasos (escasos
excedentes)
Sistemas de cultivo: rotación
bianual ou trianual con barbeito.
Ferramentas rudimentarias.
Períodos de fame cíclicos: crises
de subsistencias.
Novidades:
Zonas de Europa como
Galicia introducíronse novos
cultivos: millo e pataca.
Inglaterra: substitución do
barbeito polo cultivo de
plantas forraxeiras que
alternaban cos cereais.
5.
DESENVOLVEMENTO ARTESANAL ECOMERCIAL (I)
Produción artesanal:
Pequenos talleres.
Produto feito a man.
Escasas ferramentas.
Traballadores agrupados en
oficios:
Gremios: asociación de
traballadores do mesmo oficio.
Controlaban toda a actividade.
Situábanse en determinadas
rúas dunha cidade.
Gran importancia do sector téxtil.
Grandes talleres en Londres,
Flandres ou no Norte de Italia.
Sistema de produción a
domicilio en lugares como
Galicia
6.
DESENVOLVEMENTO ARTESANAL ECOMERCIAL (II)
No século XVIII produciuse un
incremento do comercio local e a
longa distancia (principalmente
con América). Favorece:
Artesanía.
Comercio.
Finanzas.
Novas teorías económicas como
o mercantilismo: o Estado debe
favorecer a produción artesanal
propia e a exportación comercial,
prohibindo a importación de
produtos extranxeiros e a saída
de ouro e prata.
Nova mentalidade empresarial:
búsqueda de máximos
beneficios: acumulación de
grandes fortunas.
7.
MANTEMENTO DA SOCIEDADEESTAMENTAL (I)
● Mantén trazos herdados da I. Media.
● Sociedade dividida en estamentos:
grupos sociais organizados segundo o
nacemento e a función desempeñada
polos individuos que a formaban:
● Nobreza.
● Clero.
● Terceiro estado.
● Fortes diferenzas dentro de cada
estamento.
● Dereitos, honores e leis diferentes.
● Crecente protagonismo da
burguesía:adicábase ao comercio,
artesanía e á administración.
8.
MANTEMENTO DA SOCIEDADEESTAMENTAL (II)
Pervivencia do réxime demográfico
antigo.
Familias extensas.
Elevadas taxas de natalidade.
Falta de métodos de control
dos embarazos.
Elevadas taxas de mortalidade.
Carencias alimenticias.
Enfermidades infecciosas.
Falta de hixiene e salubridade.
Fame.
Epidemias.
Guerras
Esperanza de vida moi baixa.
9.
MANTEMENTO DA SOCIEDADEESTAMENTAL (III)
A sociedade era profundamente
relixiosa, intolerante e analfabeta.
A doutrina cristiá rexía a vida da
poboación.
Cada reino europeo tiña unha
relixión: católica, protestante
(anglicanos, luteranos, calvinistas),
ortodoxos.
En España existía o Tribunal da
Inquisición que vixiaba as ideas e
o comportamento da poboación,
impoñendo castigos aos herexes.
No século XVIII xurden novas ideas
filosóficas e científicas que
modificarán o xeito de ver o mundo
e a relixión.
10.
MONARQUÍA ABSOLUTA ERÉXIME SEÑORIAL (I)
● Sistema de Goberno predominante en
Europa: Monarquía absoluta.
● O poder concentrábase no
monarca.
● Poder de orixe divino.
● Monarquía hereditaria.
● En Inglaterra e Holanda había un
Parlamento que controlaba o
goberno do rei.
11.
MONARQUÍA ABSOLUTA ERÉXIME SEÑORIAL (II)
Mantemento do réxime señorial.
Señorío: Territorios sometidos á
autoridade e administración dun
señor (reis, nobres, eclesiásticos).
Os señores:
Nomean as autoridades.
Exercen a xustiza.
Impoñen penas e castigos.
Cobran taxas e corveas.
Gozaban de privilexios e
monopolios.
12.
A ILUSTRACIÓN
ILUSTRACIÓN: Movemento ideolóxico e cultural que se desenvolveu durante o
século XVIII en Europa e América.
PENSAMENTO ILUSTRADO:
Confianza na razón para resolver os problemas: A razón era a única fonte de
coñecemento (acabar coa ignorancia, superstición,...)
Búsqueda da felicidade persoal debe ser a aspiración de todo home.
Crenza no progreso da humanidade mediante a ciencia e a técnica: coñecer a
natureza, mellorar a educación.
Crítica á sociedade da época:
Crítica do absolutismo.
Crítica dos privilexios da nobreza e do clero.
Crítica da situación económica: atraso técnico, sistemas de explotación,...
Crítica da relixión.
Século XVIII: século da Razón, das Luces ou da Ilustración.
13.
MEDIOS DE DIFUSIÓNDA ILUSTRACIÓN
● Enciclopedia francesa: obra na que se
recolle o pensamento ilustrado e os
coñecementos da época.
● Salóns: lugares de reunión nos que se
discutían as novas ideas.
● Sociedades e academias: dedicadas
ao fomento da ciencia e divulgar as
reformas ilustradas. España:
Sociedades de Amigos do País;
Francia: Academia das Ciencias de
París.
● Personaxes: Diderot, Voltaire,
Montesquieu,...
14.
DESPOTISMO ILUSTRADO
Concepto:O despotismo ilustrado foi o sistema político que combinaba o
absolutismo con algunhas das ideas reformistas da Ilustración. Estivo vixente en
varios reinos europeos no século XVIII.
Monarcas ilustrados:Moitos reis europeos desenvolveron programas de goberno que
incluían ideas e medidas inspiradas na Ilustración e compatibles co mantemento do
absolutismo. Foron os déspotas ilustradoss
Exerceron un poder absoluto e considerábanse representantes da vontade
divina.
Non cuestionan nin o absolutismo nin a sociedade estamental.
Impulsaron reformas para aumentar a riqueza dos seus reinos e lograr a
felicidade do pobo, pero sen contar con el: “Todo para o pobo, pero sen o pobo”
Destacaron os déspotas ilustrados que gobernaron e reinos de economía
atrasada e con escasa burguesía: Europa central, do leste e do sur.
15.
DÉSPOTAS ILUSTRADOS (séculoXVIII)
Carlos III de España
Federico II de Prusia
Xosé I de Portugal
Catarina II de Rusia Xosé II de Austria
16.
Reformas do despotismoilustrado:
Reformas na administración e na xustiza:
Reforzaron o centralismo: Exemplo: en España os distintos reinos que formaban
a monarquía dos Borbóns perderon autonomía (fueros).
Simplificaron as institucións.
Potenciaron a formación de funcionarios técnicos.
Reformas na educación:
Ampliaron o acceso á educación das clases populares.
Potenciaron o estudo e a investigación mediante a fundación de academias e
sociedades científicas
Reformas relixiosas:
Buscaron controlar a Igrexa (reinos católicos)
Estableceron a tolerancia relixiosa (Prusia, Imperio alemán, Austria)
Impulsaron o desenvolvemento económico.
Potenciaron a liberdade de comercio.
Melloraron as comunicacións.
Colonizaron novas terras desertas.
Crearon numerosas manufacturas (exemplo as Reales fábricas en España)
17.
OS PRIMEIROS BORBÓNSEN ESPAÑA
FILIPE V (1701-1746)
Primeiro rei da nova dinastía dos Borbón.
Orixe francés.
Chegou ao poder pola falta de descendencia
de Carlos II de Austria.
A súa política baseouse no Centralismo.
Impulsou o absolutismo monárquico.
18.
FILIPE V (1701-1746)
Guerrade sucesión (1701-1714)
O trono espanol quedou vacante: Carlos II deixara como herdeiro a Felipe de
Anjou.
Filipe V (Neto de Luís XIV) é recoñecido rei polas Cortes de Castela e por
Francia.
Non foi aceptado por gran parte das potencias europeas nin polos reinos da
Coroa de Aragón que proclamaron rei ao arquiduque Carlos de Habsburgo
(austríaco)
Tratados de paz:
Tratados de Utrech (1713)
Tratado de Rastadt.
Filipe de Anjou é recoñecido como rei de España pero debe renunciar aos
dereitos á Coroa de Francia.
Grandes perdas territoriais para a monarquía española:
Flandes, Milán, Nápoles e Sardeña (cedidos a Austria).
Sicilia (Savoia).
Menorca e Xibraltar (Inglaterra).
Inglaterra logra o permiso para poder comerciar con escravos coas colonias
españolas de América (asiento de negros)
FILIPE V (1701-1746)
● Centralismo reformista:
● Abolición dos privilexios forais dos reinos da Coroa de Aragón (Aragón, Valencia,
Mallorca, Cataluña) : como castigo á súa rebelión eliminou os privilexios e as
institucións políticas propias (Generalitat, Deputacións), impoñendo as leis e
institucións de Castela. Decretos de Nueva Planta.
● Imposición da lei sálica que prohibe reinar ás mulleres.
● Reorganización e centralización administrativa.
– Diminúe as funcións das Cortes.
– Crea o cargo de Intendente.
– Os secretarios de despacho axudábanlle a gobernar.
– Leis únicas para todo o territorio (excepto País Vasco e Navarra).
– División do territorio en provincias.
● Intenta recuperar os territorios perdidos en Italia:
– Con operacións militares, só ou aliado con Francia (pactos de familia).
– Consigue colocar a os seus fillos como herdeiros dos territorios italianos.
21.
FERNANDO VI (1746-1759)
Buscou a paz e a neutralidade na
política exterior (política pacifista.
Reorganizou a facenda real: o
Secretario de Facenda, Marqués de la
Ensenada propuxo crear un imposto
único: a única contribución. Por iso se
fixo o Catastro que leva o seu nome.
Mellorou a Armada real (marina):
estaleiros de Ferrol,Cádiz ou
Cartaxena.
Control sobre a Igrexa católica.
22.
CARLOS III (1759-1788):reformismo ilustrado
REFORMAS:
Formación de gobernos ilustrados:
Intento de mellorar a agricultura:
Persoas de formación ilustrada: Esquilache,
Froridablanca, Campomanes, Jovellanos. Colonización de novas terras.
Reformas que pretendían incrementar a Novas técnicas de cultivo, regadíos,...
riqueza e o poder da monarquía e o Fomento das activades artesanais:
progreso e benestar dos seus habitantes.
Medidas proteccionistas.
Apoio de sociedades ilustradas:
Sociedades de Amigos do País. Manufacturas reais.
Dificultades na súa aplicación: Apoio á industria popular desenvolvida
polo campesiñado.
Motín de Esquilache (1766) pola carestía do Recoñecemento da honorabilidade dos
pan e a nova normativa de vestir. traballos artesanais: borrar o desprezo polos
Oposición de sectores da Igrexa: Expulsión traballos manuais.
dos xesuítas (1767). Apoio ao comercio:
A Inquisición perseguía aos ilustrados máis Mellora da rede viaria.
radicais.
Creación de compañías comerciais.
Eliminación do monopolio de Sevilla e
Cádiz do comercio con América.
Fomento da educación: fundación de
escolas populares de institucións científicas.
Renovación urbanística de Madrid.
23.
CARLOS III: POLÍTICAEXTERIOR
● As guerras contra Inglaterra
● Causas:
Causas
– Rivalidades coloniais e
comercias en América.
– Ocupación inglesa de Xibraltar
e Menorca.
● Resultado:
Resultado
– Pérdida de Florida na Guerra
dos Sete Anos (1756-1763).
– Recuperación de Florida e
Menorca trala Guerra de
Independencia norteamericana
(1775-1783).
24.
A GALICIA BORBÓNICA(SÉC. XVIII)
PRINCIPAIS REALIZACIÓNS
Creación da Intendencia do Reino de Galicia
(Filipe V)
Reforzáronse as defensas costeiras.
Construción do estaleiro e arsenal de Ferrol.
(Fernando VI)
Potenciación do comercio con América (Carlos
III):
1764: Servizo de correos marítimos con
América: levaban correos, persoas e
mercadorías á Habana e Bos Aires.
1765: O porto da Coruña foi autorizado a
comerciar directamente con América.
25.
A GALICIA BORBÓNICA(SÉC. XVIII)
● ATAQUES INGLESES ÁS COSTAS
GALEGAS
● Ataque anglo-holandés a Vigo
(1702) durante a Guerra de
Sucesión: Afundimento do galeóns
en Rande.
● Invasión inglesa (1719): a frota
inglesa atacou numerosos portos,
algúns ocupáronos, pero víronse
obrigados a retirarse.
● Ataques e bloqueos a Ferrol:
fracasaron polas fortes defensas
da ría (castelos de San Filipe e A
Palma)
26.
A GALICIA BORBÓNICA(SÉC. XVIII)
● Sociedade: Comerciantes:
Labregos: son a maioría da Aumentan o seu peso na
poboación. Case todos son sociedade grazas aos beneficios
arrendatarios con contratos de foro. do comercio con América.
Fidalgos: Chegada de emprededores de
fóra:
Pequena nobreza.
Marqués de Sargadelos: Real
Obteñen ingresos procedentes de: Fábrica de siderurxia e louza.
Rendas do patrimonio propio. Comerciantes cataláns:
Rendas que obteñen de novas técnicas de pesca e de
exercer de intermediarios salgadura da sardiña.
entre os propietarios das
terras (mosteiros, obispados,
alta nobreza) e o
campesiñado.
O pazo é o símbolo do seu
poder.
Ocupan cargos importantes nos
concellos.
27.
A GALICIA BORBÓNICA(SÉC. XVIII)
● A ILUSTRACIÓN EN GALICIA
● Eclesiásticos como Feixoo ou Sarmiento e fidalgos como Cornide ou Pedro
Antonio Sánchez, espallárona por Galicia.
● Propostas: Criticaron os privilexios sociais e económicos de nobres e
eclesiásticos e os obstáculos que impedían o desenvolvemento da sociedade:
miseria dos campesiños, excesivos impostos, atraso,...
● Preocupacións: Mellora das actividades agropecuarias, defensa dos intereses
pesqueiros galegos, potenciación da produción artesanal e o fomento da
educación e da renovación científica para superar o atraso existente.
● Creáronse institucións ilustradas:
– Real Consulado da Coruña (1785): favorecer ao desenvolvemento
económico e técnico.
– Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1784) e Lugo
(1785).
28.
A AMÉRICA COLONIALHISPANA
ADMINISTRACIÓN E GOBERNO DAS COLONIAS AMERICANAS. INNOVACIÓNS:
Creación de novas institucións de goberno:
Vicerreinados de Nova Granada e Río da Prata.
Intendencias.
Ampliación territorial (novas conquistas):
América do Norte: California e Novo México.
América do Sur: Cuncas do Orinoco e Paraguai.
Mantemento das comunidades indíxenas:
Creación das reducións xesuíticas: comunidades administradas polos xesuítas
que explotaban de xeito comunitario os seus recursos. Importantes na zona de
Paraguai.
Guerras contra Inglaterra e Portugal:
Inglaterra: Portos e cidades costeiras atacadas polos ingleses: A Habana,
Panamá,..
Portugal: conflitos na fronteira con Brasil polas incursións dos bandeirantes.
A AMÉRICA COLONIALHISPANA
AGRICULTURA:
● Difusión de cultivos europeos: vide,
oliva, cebada.
● Crecen os cultivos exportados a
España (metrópoli): Caña de azúcar,
cacao, café, tabaco.
● Formación de grandes latifundios
(haciendas).
● Propiedade de blancos españois.
● Empregaban man de obra
indíxena e mestiza.
MINERÍA
● Explotación de prata en Potosí (Perú) e
Zacatecas (México).
31.
A AMÉRICA COLONIALHISPANA
COMERCIO
● Monopolio proteccionista: as colonias americanas só podían comerciar con España.
● Inicialmente o único porto que podía comerciar coas Indias (América) era Cádiz,
onde estaba a Casa de Contratación (trasladada dende Sevilla en 1717).
● Carlos III concede licenzas a diversos portos españois e americanos para que
puidesen comerciar libre e directamente entre eles (por exemplo A Coruña): fin do
monopolio de Cádiz.
● O transporte de produtos levábase a cabo a través do sistema de frotas e galeóns:
dúas frotas ao ano protexidas por galeóns para evitar os ataques de piratas e
corsarios. Foi substituído polo sistema de navíos soltos.
● O intercambio de produtos baseábase en:
● España: envío de produtos alimenticios e primarios (viño, aceite,...) españois e
artesanais (téxtiles, papel, obxectos de ferro) comprados a comerciantes
europeos.
● América: envío de tabaco, cacao, azucre, coiros, tinturas, ouro e prata.
● Era frecuente o contrabando.
● O desenvolvemento económico favoreceu a formación de grupo burgueses crioulos
(brancos, descendentes de españois, nacidos en América)
PROPOSTAS DE CAMBIO
NOVAS PROPOSTAS POLÍTICAS E ECONÓMICAS
LOCKE (fins sec. XVII)
● O poder político debía basearse na existencia dun pacto entre
gobernantes e gobernados. Locke
● O pobo delega o poder nos gobernantes (na monarquía absoluta
o poder procede de Deus).
● Os gobernantes deben someterse ás leis que aproban os
Parlamentos que representan ao pobo (nas monarquías
absolutas as leis fanas os monarcas sen participación do pobo).
● Os gobernantes deben defender os dereitos dos seus
gobernados (vidas e propiedades) (nas monarquías absolutas
os dereitos dos súbditos dependen da vontade do monarca).
MONTESQUIEU (séc. XVIII)
O poder debía estar repartido e ser limitado. Distinguía tres
Montesquieu
●
poderes:
– Lexislativo: elabora as leis: Parlamento, Cortes.
– Executivo: fai que se cumpran as leis: Goberno.
– Xudicial: Sanciona o incumprimento das leis: xuíces e
tribunais.
(nas monarquías absolutas os tres poderes están
concentrados no monarca)
34.
PROPOSTAS DE CAMBIO
ROUSSEAU (séc. XVIII)
● A orixe do poder político reside nun pacto ou contrato social
realizado entre os individuos dunha comunidade. Estes individuos
ceden parte dos seus dereitos á comunidade co obxectivo de que
esta os protexa.
● Os cidadáns teñen dereito participar nos asunto públicos (nas
monarquías absolutas non hai participación):
– Directamente.
– Por medio de representantes elixidos por eles.
● As leis deben ser a expresión da vontade xeral (teñen que ter o
consentimento dos gobernados/pobo) que é onde reside a
soberanía (soberanía popular).
● O goberno debe ser controlado e debe responder ante a
comunidade.
● As súas ideas sentaron as bases da democracia actual.
ADAM SMITH (séc. XVIII)
● O mercado debe estar baseado no libre xogo da oferta e da
demanda.
● O Estado non debe intervir nos asuntos económicos.
● Estableceu as bases do capitalismo actual.
35.
ASPIRACIÓNS DA BURGUESÍA
As actividades comerciais e administrativas favorecen o fortalecemento da burguesía.
Escasa influencia social e política: altos cargos e honores públicos reservados para os
privilexiados.
A burguesía apoia as novas ideas dos pensadores críticos co antigo réxime:
Acollen ben a idea de igualdade ante a lei
Acollen ben a idea de participacón, de elección de representantes para facer as leis
Acollen ben a idea de división de poderes que resta poder aos monarcas.
Acollen ben a ideas de Adam Smith de que o Estado non interveña nos asuntos
económicos.
En Francia e nas colonias americanas, tanto inglesas como españolas, pronto se darán
conflitos revolucionarios como consecuencia deste descontento burgués.