A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O espazo inclúe a serra de Monte Maior e as cabeceiras de varios pequenos ríos afluentes do Landro ou que van directamente ao Cantábrico, en terreos de Viveiro e Xove (Lugo)
Os ecosistemas máis interesantes son as turbeiras que acollen unha rica flora e fauna específicas,.
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A costa da Pobra do Caramiñal atópase na banda norte da Ría de Arousa, con orientación ao sur e ao abrigo da serra do Barbanza. Alternan amplos areais con pequenas e acolledoras praias e tramos rochosos de pouca altura onde. É un litoral de enorme interese económico, paisaxístico e cultural.

O concello de Nigrán está situado no extremo sur da ría de Vigo. O litoral é un espazo formado por dous amplos seos, que acollen no seu fondo extensos areais, os promontorios que os limitan, e a beira norte do esteiro do río Miñor; en conxunto unha zona case chan a non ser nos perímetros de Monteferro, onde hai cantís de máis de 50 m, do monte Lourido e as beiras rochosas das illas Estelas.
As principais actividades son a industria, os servizos, o marisqueo e pesca.
O concello de Cambados atópase á beira da ría de Arousa, no centro da comarca do Salnés. Ten 17 km de litoral (sen contar as illas) e a súa maior parte está no esteiro do Umia (espazo con varias figuras de protección). É unha costa abrigada e recortada que alterna areais, rochedos, pequenas praias e esteiros; de augas calmas e de pouca profundidade e grandes áreas que quedan en seco coa marea baixa, que acollen ricos bancos marisqueiros.
Un litoral dun enorme interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico, protexido nos LICs/ZECs "Río Ouro" e "Ría de Foz-Masma", e como Lugar de Interese Xeolóxico Internacional
Vilagarcía da Arousa está situada ao norte da comarca do Salnés, no fondo da ría de Arousa, en parte no esteiro do Ulla. Ten unha costa típica de fondo de ría, baixa e recortada, na que se suceden puntas, areais e lameiros nos pequenos esteiros dos regos que baixan dos montes que a rodean (Xiabre e Lobeira). Destaca a presenza das illas de Cortegada e as Malveiras e os lombos da desembocadura do Ulla, que son importantes bancos marisqueiros. Unha parte importante do litoral está ocupada polas áreas portuarias.
O concello de Paderne está situado na marxe dereita da ría de Betanzos. A liña costeira vai desde o esteiro do Mandeo ata o do Lambre e alterna pequenas áreas de rochas e cantís de pouca altura con extensos areais protexidos.
Unha costa dun enorme interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Protexida no LIC/ZEC “Costa Ártabra”, nas ZEPAs “Lagoa da Frouxeira” e “Costa Ferrolterra-Valdoviño”, no -Humidal Protexido e Humidal Ramsar “Lagoa e areal de Valdoviño” e no inventario de SEO/BirdLife.
Bergondo está situado na marxe esquerda da ría de Betanzos, e na beira do río Mandeo que forma un extenso esteiro de grande valor medioambiental. A costa ocupa o fondo da ría e está formada por extensos areais (praias de Gandarío, O Regueiro, A Cabana e O Pedrido) e cantís de escasa altura.
O concello do Grove ocupa a península que pecha a ría de Arousa polo sur, unido a terra polo istmo areoso da Lanzada. Nos seus 41,5 km de costa ao interior e o exterior da ría, hai unha sucesión de praias e areais con cantís e rochedos e numerosos illotes e illas (a maior é a da Toxa).
As principais actividades son a pesca, o marisqueo, a acuicultura e o turismo. Hai algunhas industrias relacionadas co mar. É un concello de grandes valores naturais e culturais, cunha grande parte da súa costa protexida.

A comarca do Morrazo está situada na costa leste de Pontevedra, entre as rías de Pontevedra e Vigo. O territorio presenta un releve moi irregular, aínda que non acada grandes alturas e unha costa moi recortada e diversa con zonas abrigadas en rías e enseadas, areaias e cantís de gran altura. Está moi fracturado e percorrido por numerosos ríos de curso curto e escaso caudal.
Acolle unha gran diversidade de ecosistemas e espazos naturais protexidos.
CONCELLOS: Bueu, Cangas, Marín e Moaña
O concello de Moaña está situado na banda norte da ría de Vigo. O territorio é de releve moi abrupto; cae dos cumes do Morrazo ao mar en poucos quilómetros. O litoral de Moaña ten interese paisaxístico e xeolóxico, cunha grande diversidade de rochas e formas de releve costeiro no que alternan pequenos cantís con seos e areais. Ten unha intensa ocupación.
CONCELLOS: Camariñas, Vimianzo e Zas
A Terra de Soneira ten unha gran diversidade paisaxística: costa exposta e recortada (costa da Morte) costa protexida (Ría de Camariñas) vales fluviais (Val de Soneira -cunca do río Grande-, curso alto do río Castro e encoro da Fervenza no Xallas) e pequenas serras( Serra da Pena Forcada, serra de Santiago, Faro da Fontefría, estribacións de Buxantes e montes de Santa Bárbara ) que sen chegar aos cincocentos m de altura ondulan a paisaxe, enriquécenna e súrtena, segundo a súa estrutura e composición, de atractivas formas.
O concello da Guarda está situado no extremo SO de Galiza, cunha parte na costa do Arco Miniano-Duriense, cara ao mar aberto e outra no esteiro do río Miño, con Portugal na outra banda.
A costa atlántica da Guarda é rectilínea, rochosa, exposta, con dous seos na parte central que acollen a localidade e os únicos areais costeiros da contorna. A ribeira do Miño, entre a desembocadura e a Pasaxe, é unha costa baixa e areosa na que os areais perden extensión e amplitude canto máis se adentran no esteiro.
Toda a zona é unha importante área de pesca e marisqueo . Ademais dos valores naturais A Guarda conta cun importante patrimonio histórico e etnográfico.
O concello de Poio está situado na marxe dereita da ría de Pontevedra, desde Raxó ata o esteiro do Lérez, onde está conectado con Pontevedra pola ponte da Barca.
O relevo é moi accidentado, as abas dos montes caen bruscamente cara ao mar e só hai algúns territorios chans na pequena faixa costeira, con numerosos ríos que baixan do Castrove, de curto percorrido e pendentes pronunciadas.
Na área costeira alternan os esteiros e marismas formados polos numerosos ríos que achegan os seus sedimentos, algunhas praias e pequenas zonas rochosas de pouca altura. Hai importantes zonas de marisqueo a pé e parques de cultivo. As principais poboacións costeiras son Raxó, Combarro e Campelo.
A ría de Camariñas está situada no centro da costa da morte, nos concellos de Camariñas, Vimianzo e Muxía. Ábrese entre o Cabo Vilán, ao norte, e a Punta da Barca, ao sur. O principal río é o Grande que desemboca na Ponte do Porto e serve de linde entre as comarcas Terra de Soneira e Fisterra. No seu interior ábrese o seo da Basa, na desembocadura do rego de Trasteiro. Acolle un importante patrimonio natural e cultural. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC “Costa da Morte”.
CONCELLOS: A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.
A comarca de Pontevedra esténdese desde a costa, no fondo das rías de Pontevedra e Vigo, aos cumes da Dorsal Galega nas serra do Cando e o Suído. É unha comarca cun medio físico moi variado onde se poden atopar paisaxes costeiras, vales fluviais e unha grande parte de terreo montañoso que, partindo das serras orientais vai perdendo altura pouco a pouco ata a Depresión Meridiana, unha foxa tectónica que ocupa o centro dos concellos de Barro e Pontevedra con direción N-s e na que se concentra a maior parte da poboación e das infraestruturas. A rede fluvial estrutúrase na maior parte arredor do Lérez e, en menor medida, do Verdugo.
O concello de Redondela está situado na banda sur da ría de Vigo. A costa, pola proximidade dos montes, é escarpada agás no esteiro do río Alvedosa e na praia de Cesantes. Alterna cantís de media altura, praias e seos que quedan amplamente ao descuberto co debalo da marea. É unha costa rica en bancos marisqueiros.
As principais actividades son a pesca e o marisqueo, os servizos e a industria.
CONCELLOS: Melide, Santiso, Sobrado e Toques.
A comarca de Melide está situada no surleste da provincia da Coruña, separada de Lugo polas serras da Dorsal e de Pontevedra polo río Ulla. O territorio é moi variado en formas de relevo e na composición das rochas o que da lugar a unha gran diversidade paisaxística e biolóxica. Sitúase entre unha superficie achairada, as serras da Dorsal Galega que fan de linde polo leste e o profundo val do Ulla. Outros ríos que recollen as augas da comarca son o Mandeo e o Tambre, nos seus cursos altos.
Acolle importantes valores naturais asociados ás serras e aos ríos.
A RÍA DE VIGO ábrese entre o Cabo Home, ao norte e o Cabo Silleiro, ao sur. É a ría máis longa de Galiza, con 33 km, unha superficie de 176 km e unha profundidade máxima de 44 km. O río principal que a alimenta é o Verdugo. O estreito de Rande separa a parte interior chamada Seo de San Simón, unha zona abrigada con augas pouco profundas, da exterior, máis aberta e de augas máis fondas. Na ría altérnanse os tramos rochosos, de pouca altura, os areais e as marismas. É unha ría intensamente poboada e cunha grande actividade pesqueira, marisqueira, comercial e industrial.
CONCELLOS: Cangas, Moaña, Viaboa, Pontevedra, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona.
Comprende os concellos de Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadañedo. Desde o punto de vista natural ten varias zonas claramente diferenciadas: as depresións de Maceda e unha pequena parte da Limia, o val do Arnoia e as serras que a limitan polo leste (Meda, San Mamede), onde se atopan as maiores alturas, en terreos dos concellos de Xunqueira de Espadañedo e Maceda. É unha comarca dunha gran riqueza natural, en especial na contorna dos ríos e serras; histórica, artística e etnográfica.
O concello de Oia está situado na costa atlántica do suroeste de Galiza. O litoral inclúese no chamado Arco Miniano-duriense, que abrangue desde o Cabo Silleiro ata a desembocadura do Miño. É unha costa rectilínea, con dirección norte-sur, rochosa, baixa e exposta, sen apenas abrigos, na que se aprecia unha ampla rasa de abrasión antigamente mergullada no mar.
Toda a zona é unha importante área de pesca e marisqueo.
Dumbría, un concello maiormente de interior que estende o seu territorio polas alturas que separan os ríos Xallas e Castro e polos montes de Buxantes, ten un pequeno tramo de costa na contorna do Ézaro, na desembocadura do río Xallas. Non son máis que 2 km, pero acolle uns fermosos areais e un lugar espectacular, dos máis coñecidos de Galiza, a fervenza, de máis de 40 m de altura, pola que o río Xallas cae ao mar.
Inclúe o curso medio e baixo do río Masma, os seus afluentes Valiñadares, Fraga Vella ou Figueiras e Batán, a ría de Foz, e a costa ata a desembocadura do rego da Laguela, nos concellos de Foz, Barreiros, Lourenzá e Mondoñedo.
No espazo atópanse varios ecosistemas ben definidos: cantís, areais, marismas, río e bosques de ribeira.
1. Juan Carlos Rioboo Vázquez
Juan carlos Rioboo Vazquez
Presentación para o curso de Presentacións de Powerpoint
21/112012
26/11/12
2. Bañado pola ría, o municipio de Mugardos posúe un profundo sabor a mar.
O relevo é ondulado e bastante baixo, típico de costa, formando paixases ,
preciosas e pintorescas. A súa ría conforma un espacio ideal para o marisqueo
polo seu fondo de areas e limo.
6. I. Mugardos. (San Xulian).
II. Franza. (Santiago).
III. Piñeiro. (San Xoan).
IV. Meá. (San Vicente).
7. Concello de Mugardos está ben comunicado tanto por estrada, ferrocaril, vía
aérea ou maritima
1. Estradas.
• Autovía Ares Mugardos.
• Estrada da palma.
• Estrada de Cabanas.
• Estrada Cervás Ares.
• Estrada AC-130
• Estrada AC-132.
2. Aeroporto.
• O mais próximo é Alvedro situado 40 km de Mugardos.
3. Ferrocarril.
• Ferrol-Betanzos a estación mais próxima é a de Ferrol a uns 12 km.
4. Maritima.
8. Industria:naval, Forestal del as empresas do grupo tojeiro.
Atlantico,Reganosa, talleres... A industria Comercio-hostalería. Está a adquirir unha
naval representou case en exclusiva ao gran importancia na economía local.
sector pero hoxe en día teñen mais peso Marisqueo e pesca.
9. Sitios de Mugardos Sitios de Franza Sitios de Piñeiro
A gallada
As lagoas Seselle
O Lodairo
O Camiño grande
O Peteiro O Seixo
San Xoan
10. Concello Parroquias Lugares
Roibeiras
Mugardos
A Redonda
Franza O Seixo
Mugardos
Meá A Pedreira
Piñeiro A Gallada