Os muíños
Grupo 1:
•XanaRodríguez
•Pablo Otero
•Iván López
•David Fernández
•Carmen Pavón
•Ana García
•Iria Rivas
2.
Que é unmuíño?
Un muíño é un artefacto ou máquina que serve para moer usando a
forza do vento ou da auga. É unha das mostras de arquitectura popular
que máis abunda na paisaxe galega. Forma parte do conxunto de
construcións adicadas á fabricación dun elemento básico da alimentación: o
pan. Deste xeito o muíño posúe un evidente valor no plano económico; pero,
ademais, xoga un importante papel nas relacións sociais da Galicia rural.
3.
Muíños de río
Nestesmuíños, que podían estar en funcionamento case continuamente,
aprovéitase con moita facilidade a auga que transcorre polo río, xa que é
abundante. Nun lugar apropiado realízase unha presa e ao saír a auga dela,
move cun sinxelo mecanismo as pedras do muíño.
4.
Muíños de mareaou de ría
Os muíños de marea eran inxenios destinados á molturación dos cereais
(fariña de trigo) e moenda de sal que aproveitan as subidas da marea para
encher a presa e despois esta sóltase para mover o sistema do muíño.
Durante séculos foron construidos ao longo da costa atlántica europea
(Holanda, Gran Bretaña, Francia, Portugal e España), localizados
principalmente nos caños, canles e ríos, onde a enerxía potencial das
mareas era máxima, o que lles permitía funcionar durante unhas seis horas
por cada ciclo preamar-baixamar.
5.
Muíños de caldeiro
Asúa principal dificultade está en envasar a auga, xa que ao dispoñer de
pouca por tratarse de vales con regatos ou pequenos ríos, utilízase un
caldeiro ou pozo, xunto á casa ou na mesma casa, cunha profundidade de
10 a 11 metros. Unha vez cheo o caldeiro e o cauce que o acompaña
(tarda unhas tres horas), podíase moer durante unha hora.
6.
Outros muíños
• Muíñosde aceite: en Galicia este tipo de
muíños construíronse en lugares onde as
características climatolóxicas permitiron a
introdución dunha especie mediterránea como é
a oliveira.
• Muíños da casca: neles moíase a cortiza de
certas árbores que logo se utilizaba no curtido
de peles ou para encasca-las redes.
7.
Partes dun muíño
•Presa, guiar ou ceña: é unha parede
construída con pedras grandes que se
emprega cando o muíño non se atopa no
álveo natural do río e serve para leva-la
auga ata el.
• Gavada, gavia ou loada: rego feito na
terra para conduci-la auga dende a presa
ata o muíño.
8.
Partes dun muíño
•Canle: é un depósito vertical onde se almacena
a auga que vén da gavada e serve para
aumenta-la presión desta cando o caudal é
pequeno.
• Edificio do muíño: serve para acubilla-los
mecanismos de trituración do gran e sitúase
un pouco por riba do nivel do río. É unha
construcción normalmente de forma cadrada
ou rectangular con muros de cachotería de
granito ou xisto e cuberta construída sobre
unha armazón de madeira.
9.
Partes dun muíño
Noseu interior, e de abaixo arriba, podemos
diferencia-los seguintes elementos mecánicos:
• INFERNO: cavidade que acubilla o rodicio.
Está formado por dúas paredes laterais, unha
delas cun pequeno oco para o billote e a parte
frontal, chamada sartén. Nesta hai outro oco
(ou ocos) que serve para dar saída á auga
despois de move-lo rodicio.
10.
Partes dun muíño
•TREMIÑADO: situado enriba do inferno, é o
espacio onde se leva a cabo a moenda. A súa
planta divídese en dúas partes: unha co piso
de madeira, de pedra ou terreo, e outra que
leva unhas grosas pedras de gran que salvan a
distancia que hai entre os muros laterais do
inferno e soportan o peso do pé e da moa.
11.
Partes dun muíño
•RODA: é o elemento que pon en movemento a
peza de moer. Pode ser horizontal ou vertical;
no primeiro caso chámase rodicio e, no
segundo, bruia.
• O rodicio: polo xeral é de madeira ou de
ferro, cunha serie de aspas en forma de culler
e dispostas radialmente chamadas penas.
Estas ó recibi-la presión da auga póñeno en
movemento. Un eixe transmite este
movemento á peza de moer.
12.
Partes dun muíño
•A bruia é de maiores dimensións que a
anterior e está fixada a un eixe
horizontal que fai chega-lo seu
movemento á peza de moer a través
dunha engrenaxe que transforma a
rotación vertical da roda nunha rotación
horizontal.
13.
Partes dun muíño
•PEZA DE MOER: situada no interior do
edificio, componse de varias partes:
A moega: é unha caixa de madeira en
forma de pirámide invertida. Está
aberta pola parte superior, para poder
bota-lo gran, e pola inferior, para que os
cereais caian nunha canle, tamén de
madeira, chamada quenlla ou adella.
14.
Partes dun muíño
•PÉ: é unha peza de pedra de forma circular,
fixa, moi sólida, sobre a que se coloca a moa,
tamén de pedra, pero de menor tamaño e
móbil. Ó xirar desfai o gran contra o pé. Das
xuntas da moa e do pé sae a fariña que vai
caer nun lugar chamado farneiro.
• A quenlla regula a caída dos cereais e diríxeo
cara ó ollo da moa, situado no seu centro. Por
el o cereal métese entre a moa e o pé.
O noso muíño
•Este muíño foi construído no ano 1870 e,
segundo o noso muiñeiro, xa pasou por varias
mans.
17.
O muiñeiro
• ChámaseEdelmiro e contounos que levaba
corenta e catro anos no muíño e que lle gusta
moito o seu traballo.
18.
Muíño de trigo
Explicounoscomo funcionaba e as súas partes.
Ten dúas pedras, a de abaixo chámase pé e é
fixa; a de enriba chámase capa e é móvil.
19.
Muíño de trigo
•Tamén vimos a muxega, que é onde se vai
botando o trigo para despois moer. Esta leva
un pau que se chama trate.
20.
Muíño de trigo
•A peneira, outra parte do muíño, está en
movemento e serve para separar a fariña, o
máis fino, do salvado, que é máis gordo e serve
de alimento para os animais.
21.
Muíño de trigo
•Ensinounos como a auga facía que funcionase o
muíño e tamén nos mostrou o rodicio.
22.
Muíño de maíz
•Á parte do muíño de trigo, tamén nos
ensinaron un muíño de maíz.
23.
Muíño de maíz
•É moi similar ao muíño de trigo, só que este
moía maíz e non producía salvado, xa saía a
fariña directamente.
24.
• E aproveitamosa nosa visita ao muíño para
desfrutar e sacar unhas fotiños co noso gran
muiñeiro, Edelmiro.