A enerxía producidapolas correntes de marea foi aproveitada
desde tempos antigos para mover muíños de cereais. Hai
referencias do seu uso en Basora, no Golfo Pérsico, no
século X, e en Europa desde o século XI. En Galicia usouse
desde o século XVI.
4.
Muíños de mareaen Galicia
En Galicia danse condicións
naturais para o
aproveitamento enerxético
das mareas xa que teñen un
desnivel medio de 3 m e a
costa recortada ofrece
abundantes esteiros e
enseadas.
Situación dos muíños de marea en Galicia, a partir
dos datos de Begoña Bas.
Coñecense un total de 14 muíños e considérase
probable a existencia de dous máis.
-“Muíños de Marés e de vento en Galicia”, Begoña Bas (Ed
F. Barrié de la Maza)
5.
Os muíños demarea son semellantes aos dos ríos na súa estrutura.
Están instalados na costa en lugares con forte oscilación entre mareas, e espazos
onde sexa posible construír unha presa para almacenar a auga da chea e
aproveitala durante a marea baixa para mover os rodicios.
entrada da
auga ao muíño
auga encorada
comportas das canles
presa
cubos e
rodicios
comportas
entrada da auga á presa
coa subida da marea
saída da auga
6.
O muíño demarea da Seca está situado en Corvillón
(Cambados), na desembocadura do río da Ucha.
O estanque mide 600 m de lonxitude cunha presa de 50 m na
que hai cinco comportas para o paso da auga.
Estanque e presa
A auga pasapola planta baixa do muíño durante a marea baixa. Unha canle
condúcea ao cubo (xeralmente de forma cilíndrica) para que colla máis presión e
mova os rodicios que accionan o mecanismo de moer.
moega
tempero
moa
pechadoiro
pé
auga encorada
eixo ou veo
rodicio
viga ou mesa
Un manuscrito asinadopor Amaro
Alonso con data do 4 de maio de
1622 indica que foi construído sobre
unha vella saíña por encargo de
Gonzalo de Valladares y Sarmiento,
señor do Pazo de Fefiñáns.
No século XIX cambiou de
propietario (familia Prego) e deixou
de traballar arredor de 1970.
O último muiñeiro foi Manuel
Piñeiro Señoráns.
Rehabilitouse en 2002, sobre un
proxecto de César Portela e desde
aquela funciona como museo.
Actualmente é propiedade do
concello.
Muíño e presacoa marea chea
A auga, almacenada na presa, entra no muíño por catro comportas que se
accionan desde o piso superior. Están situadas no comezo dunhas canles (as
canelas) que se van estreitando para facer que a auga colla máis presión para
mover os catro rodicios. A auga sae pola outra banda do edificio por dous
grandes arcos protexidos cun muro.