O UNIVERSO E A TERRA
Profesor: Adán Gonçalves
INTRODUCIÓN
O divulgador científico da NASA Robert Jastrow propoñíanos unha
divertida comparación para facernos idea dos tamaños no noso Sistema
Solar:
Se o Sol fose unha laranxa, a Terra sería un gran de area situado a 9
metros de distancia. Xúpiter estaría a unha mazá (urbana, é dicir un
bloque de edificios) máis aló e tería o tamaño dun óso de cereixa e outra
mazá máis aló outro óso que representaría a Saturno. Por último a 3000
Km! outra laranxa, a estrela máis preto do noso Sol que é Próxima
Centauri.
E todo isto a pesares de que o Sol é unha estrela mediana tirando a
pequena.
OS TAMAÑOS NO UNIVERSO
INTRODUCIÓN
ÍMOS A DARLLE AO MIOLO:
1. Que conclusións sacas do que acabamos de ler e
de ver?
2. Pensas que o metro ou o quilómetro son útiles
neste caso?
3. Sabes que unidades empregamos?
1. O UNIVERSO
 Formado por galaxias moi separadas entre sí.
 O espazo entre elas está baleiro.
As Galaxias
 Son agrupacións de estrelas (cúmulos estelares) e nubes de
gas e po (nebulosas).
Nebulosa do Caranguexo Pléiades (Cúmulo estelar)
Galaxias
• As galaxias asócianse formando os
cúmulos e supercúmulos de
galaxias.
• A Vía Láctea é a nosa galaxia, e
forma parte do cúmulo do Grupo
local no supercúmulo de Virgo.
• No seu interior hai moitos sistemas
planetarios, formados por planetas
e satélites. O noso é o Sistema
Solar.
Grupo Local (cúmulo de galaxias)
Supercúmulo de galaxias de Virgo
Vía Láctea (galaxia)
Estrelas
• Son esferas de gases e po a altas temperaturas que irradian luz
e calor.
• As estrelas non son eternas senón que nacen, evolucionan e
morren.
• Clasifícanse segundo a temperatura na súa superficie.
A evolución das estrelas
AS DISTANCIAS NO UNIVERSO
No Universo, as distancias son tan grandes que as nosas
unidades habituais non son suficientes para expresalas. Por iso
nos referimos a estas distancias co ano luz e a unidade
astronómica.
Un ano luz é a distancia que percorre a luz nun ano (equivalente
a 9,5 billóns de km, aproximadamente).
Unha unidade astronómica é a distancia entre a Terra e o Sol
(150 millóns de km, aproximadamente).
A ORIXE DO UNIVERSO
 Explicámola mediante a teoría do Big-Bang ou Gran
explosión.
 Segundo esta teoría hai 13700 millóns de anos o Universo
orixinóuse a partir dunha gran explosión.
 Dende entón, o Universo está en expansión, é dicir, cada
momento que pasa as galaxias afástanse unhas doutras
cada vez máis.
Se as galaxias se afastan unhas doutras cabe pensar que,
ao principio, todas estiveron xuntas.
2. O SISTEMA SOLAR
O noso coñecemento sobre o Universo e o Sistema Solar foi variando ao
longo da nosa historia.
Modelo xeocéntrico: (Ptolomeo, s II)
1.- A Terra é esférica e atópase inmóbil
no centro do universo.
2.- As estrelas están fixas nunha
inmensa esfera moi afastada que vira ao
redor da Terra.
3.- O Sol, a Lúa e os planetas viran ao
redor da Terra seguindo traxectorias
circulares.
Modelo heliocéntrico: Nicolás
Copérnico (S XVI)
1.- O Sol está inmóbil no centro do
sistema.
2.- A Lúa vira ao redor da Terra
que vira sobre si mesma e ao redor
do Sol, do mesmo xeito que os
demais planetas a diferentes
distancias e velocidades.
 O Sistema Solar orixinóuse hai 4600 millóns de anos a partir dunha
nebulosa cuxos compoñentes se comprimiron debido, probablemente,
ao estourido dunha supernova próxima.
 É o sistema planetario formado
polo Sol e os astros que xiran ao
seu arredor.
 Os astros son : planetas,
planetas ananos, satélites,
asteroides e cometas.
O Sistema Solar
Nube de Oort
3. O SOL
 O Sol é unha estrela de tamaño medio
que xira sobre o seu propio eixe e arredor
do centro da galaxia.
 Atópase a uns 150 millóns de Km da
Terra e ten un tamaño unhas 300.000
veces maior.
 É unha bola de gases incandescentes ,
hidróxeno e helio fundamentalmente, que
na súa superficie atópase a uns 6000ºC.
 Irradia luz e calor grazas as reaccións
nucleares que suceden no seu interior.
4. OS PLANETAS
Características dos planetas
 Os planetas non teñen luz propia.
 Viran arredor das estrelas.
 Son corpos celestes que conseguiron limpar a súa órbita
No Sistema Solar diferenzamos dous grupos con características distintas:
 Os planetas interiores: os próximos ao Sol, atópanse entre a nosa
estrela e o cinto de asteroides. Teñen natureza rochosa e núcleo
metálico. Son: Mercurio, Venus, A Terra e Marte.
 Os planetas exteriores: atópanse máis aló do cinto de asteroides. Son
os xigantes gasosos: grande tamaño e de natureza gasosa (sobre todo
hidróxeno e helio), pero posúen un núcleo sólido. Son: Xúpiter,
Saturno, Urano e Neptuno.
O Sistema Solar
Nube de Oort
Planetas interiores:
 Mercurio: o máis pequeno. Sen atmosfera. Sen satélites.
 Venus: 82% do volume da Terra. Atmosfera densa cunha porcentaxe
elevada de CO2 (forte efecto invernadoiro). Sentido retrógrado. Sen
satélites
 A Terra: o planeta da vida. Con auga líquida. Atmosfera de nitróxeno e
osíxeno. Con actividade xeolóxica. Temperatura: 15ºC en superficie
grazas ao efecto invernadoiro natural. Un satélite: a Lúa.
 Marte: Dous satélites. Atmosfera escasa. Moi frío. Cor vermello por
depósitos de ferro oxidado.
Planetas exteriores:
 Xúpiter: o maior planeta do Sistema Solar. Moitos satélites, entre eles
Europa que é considerado un dos mellores candidatos para albergar vida
pola posible existencia de auga debaixo da súa superficie conxelada.
 Saturno: o segundo en tamaño do Sistema Solar, posúe aneis formados
por xeo, po e fragmentos rochosos. Moitos satélites, entre eles Titán,
outro candidato a albergar vida pola presenza de corpos líquidos en
superficie.
 Urano: ten un eixe de rotación case horizontal. Atmosfera que contén
metano. Ten 27 satélites.
 Neptuno: 14 satélites. Atmosfera cunha proporción importante de metano
que lle da cor azulada.
5. OS PLANETAS ANANOS
 Son corpos celestes que xiran arredor do Sol, que son de pequeno
tamaño e que non foron quen de limpar a súa órbita.
 No Sistema Solar hai cinco.
6. CORPOS MENORES
Hai varios tipos e todos orbitan arredor do sol: asteroides, cometas, estrelas
fugaces e meteoritos.
 Asteroides: son fragmentos rochosos que orbiran arredor do Sol e
localízanse no cinto de asteroides e no cinto de Kuiper.
 Cometas: fragmentos de xeo e po procedentes do cinto de Kuiper e da
nube de Oort. Cando se aproximan ao Sol os gases expándense e
adquiren cola.
 Estrelas fugaces: fragmentos de cometas ou asteroides de pequeno
tamaño que se desistegran ao entrar en contacto coa atmosfera dun
planeta.
 Meteoritos: fragmentos de cometas ou asteroides que teñen suficiente
tamaño para impactar coa superficie do planeta.
7. SATÉLITES
 Son corpos rochosos que xiran arredor do Sol e dun planeta ou dun
planeta anano.
 Son exemplos: a Lúa (arredor da Terra), Fobos e Deimos (arredor de
Marte), Europa, Ganímedes ou Ío (arredor de Xúpiter) e Titán (arredor
de Saturno).
EuropaLúa
©Luc Viatour
Titán
8. CARACTERÍSTICAS QUE FAN DA TERRA UN PLANETA
HABITABLE
 A distancia ao Sol e o efecto invernadoiro natural (non confundir co
artificial) que permiten unha temperatura media en superficie duns
15ºC.
 É o planeta máis grande dos interiores permitíndolle reter unha
atmosfera que ten múltiples funcións (efecto invernadoiro natural, capa
de ozono, osíxeno ...)
 Unha intensa actividade volcánica que inflúe e influíu na evolución do
planeta e da vida.
 Un satélite relativamente grande que equilibra o eixe de rotación
(cambios no clima) e inflúe nas mareas.
 Un campo magnético protector fronte as radiacións solares.
Os volcáns estimulan a vida?
9. A TERRA, O NOSO PLANETA
A Terra está formada por catro capas ou compoñentes que interactúan
entre sí:
 A Xeosfera: a parte rochosa e metálica do planeta.
 A Hidrosfera: formada por toda a auga do planeta, tanto continental
como oceánica.
 A Atmosfera: a capa gasosa que envolve a Terra.
 A Biosfera: o conxunto de seres vivos que habitan no planeta.
CAPAS DA TERRA
A Terra
Xeosfera Atmosfera Hidrosfera Biosfera
Capas fluidas
• Eixe de rotación: liña imaxinaria
que pasa polos polos xeográficos.
• Plano ecuatorial: plano
imaxinario perpendicular ao eixe
de rotación que corta á Terra en
dúas metades iguais (hemisferio
N e S). O ecuador é a liña
imaxinaria que separa os dous
hemisferios.
• Plano da eclíptica: plano que
corta ao Sol pola metade e que
contén o movemento da Terra
arredor del.
Eixe de
rotación
Sentido da
rotación
Plano da
eclíptica
10. OS MOVEMENTOS DA TERRA
Rotación
• A Terra xira cara ao leste.
Por iso a Lúa e o Sol saen
polo leste.
• O xiro tarda 24 h (un día
terrestre).
• O seu eixe está inclinado
23,5°.
• A duración do día e da
noite durante o ano varía
debido á inclinación do eixe
de rotación.
Translación
• É o desprazamento da Terra
arredor do Sol seguindo unha
órbita lixeiramente elíptica
(case circular).
• Esta órbita está contida no
plano da eclíptica.
• Describe unha órbita cada
365 días (1 ano terrestre) e 6
horas (por iso temos anos
bisiestos cada 4 anos)
Rotación e Translación
Rotacion Translación II
As estacións
O movemento de translación xunto coa inclinación do eixo de
rotación da Terra ten dúas consecuencias: a sucesión das estacións
e a variación das horas de luz diarias ao longo do ano.
EQUINOCCIOS
 O día do paso do verán ao
outono e do inverno a
primavera coñécense como
equinoccio de outono e de
primavera respectivamente.
 Nesa data o día e a noite
teñen a mesma duración.
 Outono: Paso de verán a
outono cara o 22 de
setembro.
 Primavera: Paso de inverno a
primavera cara o 20 de
marzo.
As estacións
SOLSTICIOS
 O día do paso do outono ao
inverno e da primavera ao
verán denomínase solsticio
de inverno e de verán
respectivamente.
 Nesta data a diferenza na
duración do día e da noite é
máxima.
 Inverno: paso de outono a
inverno cara o 22 de
decembro.
 Verán: paso de primavera a
verán cara o 21 de xuño.
As estacións
Distribución dos raios solares
• No verán
– Os raios do sol chegan
máis perpendiculares.
– A zona asollada quéntase
máis.
– Hai máis horas de
insolación.
Distribución dos raios solares
• No inverno
– Os raios do sol inciden
oblicuos.
– A zona asollada
quéntase menos.
– Hai menos horas de
insolación.
Estaciones
Estaciones II
Movemento aparente do Sol
O Sol en latitudes medias, como España, describe no ceo un percorrido
que varía coas estacións e dura máis tempo no verán que no inverno.
 Na primavera, o Sol, cada día
despraza o seu percorrido un pouco
máis cara o norte respecto a liña
EW. Vai alcanzando máis altitude
ao mediodía.
 No outono o despraza cara o sur.
Vai tendo menor altitude ao
medidodía.
 En verán posúe a posición máis
elevada e no inverno a máis baixa.
©Luc Viatour
11. A LÚA
 É o satélite da Terra.
 Ten un movemento de rotación que
completa en 28 días.
 Ten un movemento de translación
arredor da Terra que tamén completa
en 28 días (por iso sempre vemos a súa
mesma cara) contario ás agullas dun
reloxio.
 Acompaña a Terra no movemento
arredor do Sol.
 Non ten atmosfera (temperaturas
extremas)
 Equilibra o eixe de rotación terrestre e
provoca as mareas. Movemento sincrónico
Fases da Lúa
A secuencia das distintas fases da Lúa son: Lúa chea, cuarto minguante,
Lúa nova e cuarto crecente. Débense ao seu movemento e en
consecuencia a como vemos a súa iluminación por parte do Sol.
Eclipses
 Un eclipse é a ocultación total ou parcial dun astro por outro.
 Desde a Terra hai dous tipos: eclipse de Sol e eclipse de Lúa.
Eclipse de Sol
A Lúa interponse entre a Terra e o
Sol
Eclipse de Lúa
A Terra interponse entre o Sol e a
Lúa
GRAZAS POR ATENDERME
WEBGRAFÍA
 https://asatrueliberdade.com/calendariolunar/
 https://www.guioteca.com/exploracion-espacial/que-es-un-eclipse-solar-
fenomeno-que-impresiona-cada-vez-que-ocurre/
 https://www.slideshare.net/irenetraba/o-universo-e-o-noso-
planeta?qid=6d46c411-08b0-46e4-b3df-feaf4405cdbf&v=&b=&from_search=1

O universo e a terra

  • 1.
    O UNIVERSO EA TERRA Profesor: Adán Gonçalves
  • 2.
    INTRODUCIÓN O divulgador científicoda NASA Robert Jastrow propoñíanos unha divertida comparación para facernos idea dos tamaños no noso Sistema Solar: Se o Sol fose unha laranxa, a Terra sería un gran de area situado a 9 metros de distancia. Xúpiter estaría a unha mazá (urbana, é dicir un bloque de edificios) máis aló e tería o tamaño dun óso de cereixa e outra mazá máis aló outro óso que representaría a Saturno. Por último a 3000 Km! outra laranxa, a estrela máis preto do noso Sol que é Próxima Centauri. E todo isto a pesares de que o Sol é unha estrela mediana tirando a pequena. OS TAMAÑOS NO UNIVERSO
  • 3.
    INTRODUCIÓN ÍMOS A DARLLEAO MIOLO: 1. Que conclusións sacas do que acabamos de ler e de ver? 2. Pensas que o metro ou o quilómetro son útiles neste caso? 3. Sabes que unidades empregamos?
  • 4.
    1. O UNIVERSO Formado por galaxias moi separadas entre sí.  O espazo entre elas está baleiro.
  • 5.
    As Galaxias  Sonagrupacións de estrelas (cúmulos estelares) e nubes de gas e po (nebulosas). Nebulosa do Caranguexo Pléiades (Cúmulo estelar)
  • 6.
    Galaxias • As galaxiasasócianse formando os cúmulos e supercúmulos de galaxias. • A Vía Láctea é a nosa galaxia, e forma parte do cúmulo do Grupo local no supercúmulo de Virgo. • No seu interior hai moitos sistemas planetarios, formados por planetas e satélites. O noso é o Sistema Solar.
  • 8.
    Grupo Local (cúmulode galaxias) Supercúmulo de galaxias de Virgo Vía Láctea (galaxia)
  • 9.
    Estrelas • Son esferasde gases e po a altas temperaturas que irradian luz e calor. • As estrelas non son eternas senón que nacen, evolucionan e morren. • Clasifícanse segundo a temperatura na súa superficie.
  • 10.
  • 11.
    AS DISTANCIAS NOUNIVERSO No Universo, as distancias son tan grandes que as nosas unidades habituais non son suficientes para expresalas. Por iso nos referimos a estas distancias co ano luz e a unidade astronómica. Un ano luz é a distancia que percorre a luz nun ano (equivalente a 9,5 billóns de km, aproximadamente). Unha unidade astronómica é a distancia entre a Terra e o Sol (150 millóns de km, aproximadamente).
  • 12.
    A ORIXE DOUNIVERSO  Explicámola mediante a teoría do Big-Bang ou Gran explosión.  Segundo esta teoría hai 13700 millóns de anos o Universo orixinóuse a partir dunha gran explosión.  Dende entón, o Universo está en expansión, é dicir, cada momento que pasa as galaxias afástanse unhas doutras cada vez máis.
  • 13.
    Se as galaxiasse afastan unhas doutras cabe pensar que, ao principio, todas estiveron xuntas.
  • 15.
    2. O SISTEMASOLAR O noso coñecemento sobre o Universo e o Sistema Solar foi variando ao longo da nosa historia. Modelo xeocéntrico: (Ptolomeo, s II) 1.- A Terra é esférica e atópase inmóbil no centro do universo. 2.- As estrelas están fixas nunha inmensa esfera moi afastada que vira ao redor da Terra. 3.- O Sol, a Lúa e os planetas viran ao redor da Terra seguindo traxectorias circulares.
  • 16.
    Modelo heliocéntrico: Nicolás Copérnico(S XVI) 1.- O Sol está inmóbil no centro do sistema. 2.- A Lúa vira ao redor da Terra que vira sobre si mesma e ao redor do Sol, do mesmo xeito que os demais planetas a diferentes distancias e velocidades.
  • 17.
     O SistemaSolar orixinóuse hai 4600 millóns de anos a partir dunha nebulosa cuxos compoñentes se comprimiron debido, probablemente, ao estourido dunha supernova próxima.  É o sistema planetario formado polo Sol e os astros que xiran ao seu arredor.  Os astros son : planetas, planetas ananos, satélites, asteroides e cometas.
  • 18.
  • 19.
    3. O SOL O Sol é unha estrela de tamaño medio que xira sobre o seu propio eixe e arredor do centro da galaxia.  Atópase a uns 150 millóns de Km da Terra e ten un tamaño unhas 300.000 veces maior.  É unha bola de gases incandescentes , hidróxeno e helio fundamentalmente, que na súa superficie atópase a uns 6000ºC.  Irradia luz e calor grazas as reaccións nucleares que suceden no seu interior.
  • 20.
    4. OS PLANETAS Característicasdos planetas  Os planetas non teñen luz propia.  Viran arredor das estrelas.  Son corpos celestes que conseguiron limpar a súa órbita No Sistema Solar diferenzamos dous grupos con características distintas:  Os planetas interiores: os próximos ao Sol, atópanse entre a nosa estrela e o cinto de asteroides. Teñen natureza rochosa e núcleo metálico. Son: Mercurio, Venus, A Terra e Marte.  Os planetas exteriores: atópanse máis aló do cinto de asteroides. Son os xigantes gasosos: grande tamaño e de natureza gasosa (sobre todo hidróxeno e helio), pero posúen un núcleo sólido. Son: Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.
  • 21.
  • 22.
    Planetas interiores:  Mercurio:o máis pequeno. Sen atmosfera. Sen satélites.  Venus: 82% do volume da Terra. Atmosfera densa cunha porcentaxe elevada de CO2 (forte efecto invernadoiro). Sentido retrógrado. Sen satélites  A Terra: o planeta da vida. Con auga líquida. Atmosfera de nitróxeno e osíxeno. Con actividade xeolóxica. Temperatura: 15ºC en superficie grazas ao efecto invernadoiro natural. Un satélite: a Lúa.  Marte: Dous satélites. Atmosfera escasa. Moi frío. Cor vermello por depósitos de ferro oxidado.
  • 23.
    Planetas exteriores:  Xúpiter:o maior planeta do Sistema Solar. Moitos satélites, entre eles Europa que é considerado un dos mellores candidatos para albergar vida pola posible existencia de auga debaixo da súa superficie conxelada.  Saturno: o segundo en tamaño do Sistema Solar, posúe aneis formados por xeo, po e fragmentos rochosos. Moitos satélites, entre eles Titán, outro candidato a albergar vida pola presenza de corpos líquidos en superficie.  Urano: ten un eixe de rotación case horizontal. Atmosfera que contén metano. Ten 27 satélites.  Neptuno: 14 satélites. Atmosfera cunha proporción importante de metano que lle da cor azulada.
  • 24.
    5. OS PLANETASANANOS  Son corpos celestes que xiran arredor do Sol, que son de pequeno tamaño e que non foron quen de limpar a súa órbita.  No Sistema Solar hai cinco.
  • 25.
    6. CORPOS MENORES Haivarios tipos e todos orbitan arredor do sol: asteroides, cometas, estrelas fugaces e meteoritos.  Asteroides: son fragmentos rochosos que orbiran arredor do Sol e localízanse no cinto de asteroides e no cinto de Kuiper.  Cometas: fragmentos de xeo e po procedentes do cinto de Kuiper e da nube de Oort. Cando se aproximan ao Sol os gases expándense e adquiren cola.  Estrelas fugaces: fragmentos de cometas ou asteroides de pequeno tamaño que se desistegran ao entrar en contacto coa atmosfera dun planeta.  Meteoritos: fragmentos de cometas ou asteroides que teñen suficiente tamaño para impactar coa superficie do planeta.
  • 26.
    7. SATÉLITES  Soncorpos rochosos que xiran arredor do Sol e dun planeta ou dun planeta anano.  Son exemplos: a Lúa (arredor da Terra), Fobos e Deimos (arredor de Marte), Europa, Ganímedes ou Ío (arredor de Xúpiter) e Titán (arredor de Saturno). EuropaLúa ©Luc Viatour Titán
  • 27.
    8. CARACTERÍSTICAS QUEFAN DA TERRA UN PLANETA HABITABLE  A distancia ao Sol e o efecto invernadoiro natural (non confundir co artificial) que permiten unha temperatura media en superficie duns 15ºC.  É o planeta máis grande dos interiores permitíndolle reter unha atmosfera que ten múltiples funcións (efecto invernadoiro natural, capa de ozono, osíxeno ...)  Unha intensa actividade volcánica que inflúe e influíu na evolución do planeta e da vida.  Un satélite relativamente grande que equilibra o eixe de rotación (cambios no clima) e inflúe nas mareas.  Un campo magnético protector fronte as radiacións solares. Os volcáns estimulan a vida?
  • 28.
    9. A TERRA,O NOSO PLANETA A Terra está formada por catro capas ou compoñentes que interactúan entre sí:  A Xeosfera: a parte rochosa e metálica do planeta.  A Hidrosfera: formada por toda a auga do planeta, tanto continental como oceánica.  A Atmosfera: a capa gasosa que envolve a Terra.  A Biosfera: o conxunto de seres vivos que habitan no planeta.
  • 29.
    CAPAS DA TERRA ATerra Xeosfera Atmosfera Hidrosfera Biosfera Capas fluidas
  • 30.
    • Eixe derotación: liña imaxinaria que pasa polos polos xeográficos. • Plano ecuatorial: plano imaxinario perpendicular ao eixe de rotación que corta á Terra en dúas metades iguais (hemisferio N e S). O ecuador é a liña imaxinaria que separa os dous hemisferios. • Plano da eclíptica: plano que corta ao Sol pola metade e que contén o movemento da Terra arredor del. Eixe de rotación Sentido da rotación Plano da eclíptica 10. OS MOVEMENTOS DA TERRA
  • 31.
    Rotación • A Terraxira cara ao leste. Por iso a Lúa e o Sol saen polo leste. • O xiro tarda 24 h (un día terrestre). • O seu eixe está inclinado 23,5°. • A duración do día e da noite durante o ano varía debido á inclinación do eixe de rotación.
  • 32.
    Translación • É odesprazamento da Terra arredor do Sol seguindo unha órbita lixeiramente elíptica (case circular). • Esta órbita está contida no plano da eclíptica. • Describe unha órbita cada 365 días (1 ano terrestre) e 6 horas (por iso temos anos bisiestos cada 4 anos) Rotación e Translación Rotacion Translación II
  • 33.
    As estacións O movementode translación xunto coa inclinación do eixo de rotación da Terra ten dúas consecuencias: a sucesión das estacións e a variación das horas de luz diarias ao longo do ano.
  • 34.
    EQUINOCCIOS  O díado paso do verán ao outono e do inverno a primavera coñécense como equinoccio de outono e de primavera respectivamente.  Nesa data o día e a noite teñen a mesma duración.  Outono: Paso de verán a outono cara o 22 de setembro.  Primavera: Paso de inverno a primavera cara o 20 de marzo. As estacións
  • 35.
    SOLSTICIOS  O díado paso do outono ao inverno e da primavera ao verán denomínase solsticio de inverno e de verán respectivamente.  Nesta data a diferenza na duración do día e da noite é máxima.  Inverno: paso de outono a inverno cara o 22 de decembro.  Verán: paso de primavera a verán cara o 21 de xuño. As estacións
  • 36.
    Distribución dos raiossolares • No verán – Os raios do sol chegan máis perpendiculares. – A zona asollada quéntase máis. – Hai máis horas de insolación.
  • 37.
    Distribución dos raiossolares • No inverno – Os raios do sol inciden oblicuos. – A zona asollada quéntase menos. – Hai menos horas de insolación. Estaciones Estaciones II
  • 38.
    Movemento aparente doSol O Sol en latitudes medias, como España, describe no ceo un percorrido que varía coas estacións e dura máis tempo no verán que no inverno.  Na primavera, o Sol, cada día despraza o seu percorrido un pouco máis cara o norte respecto a liña EW. Vai alcanzando máis altitude ao mediodía.  No outono o despraza cara o sur. Vai tendo menor altitude ao medidodía.  En verán posúe a posición máis elevada e no inverno a máis baixa.
  • 39.
    ©Luc Viatour 11. ALÚA  É o satélite da Terra.  Ten un movemento de rotación que completa en 28 días.  Ten un movemento de translación arredor da Terra que tamén completa en 28 días (por iso sempre vemos a súa mesma cara) contario ás agullas dun reloxio.  Acompaña a Terra no movemento arredor do Sol.  Non ten atmosfera (temperaturas extremas)  Equilibra o eixe de rotación terrestre e provoca as mareas. Movemento sincrónico
  • 40.
    Fases da Lúa Asecuencia das distintas fases da Lúa son: Lúa chea, cuarto minguante, Lúa nova e cuarto crecente. Débense ao seu movemento e en consecuencia a como vemos a súa iluminación por parte do Sol.
  • 41.
    Eclipses  Un eclipseé a ocultación total ou parcial dun astro por outro.  Desde a Terra hai dous tipos: eclipse de Sol e eclipse de Lúa. Eclipse de Sol A Lúa interponse entre a Terra e o Sol Eclipse de Lúa A Terra interponse entre o Sol e a Lúa
  • 42.
  • 43.
    WEBGRAFÍA  https://asatrueliberdade.com/calendariolunar/  https://www.guioteca.com/exploracion-espacial/que-es-un-eclipse-solar- fenomeno-que-impresiona-cada-vez-que-ocurre/ https://www.slideshare.net/irenetraba/o-universo-e-o-noso- planeta?qid=6d46c411-08b0-46e4-b3df-feaf4405cdbf&v=&b=&from_search=1