ENERXÍA DAS MAREAS
(mareomotriz)
Aenerxía da auga encorada
durante a marea chea
aprovéitase para mover
mecanismos na baixamar.
Acea da Illa de Arousa
3.
OS MUÍÑOS DEMAREA
A enerxía producida polas correntes de marea foi
aproveitada desde tempos antigos para mover muíños de
cereais. Hai referencias do seu uso en Basora, no Golfo
Pérsico, no século X, e en Europa desde o século XI. En
Galicia usouse desde o século XVI.
Muíño en
Bréhat
(Bretaña)
Os muíños demarea son semellantes aos dos ríos na súa estrutura.
Están instalados na costa en lugares con forte oscilación entre mareas, e espazos
onde sexa posible construír unha presa para almacenar a auga da chea e
aproveitala durante a marea baixa para mover os rodicios.
entrada da
auga ao muíño
auga encorada
comportas das canles
presa
cubos e
rodicios
comportas
entrada da auga á presa
coa subida da marea
saída da auga
8.
A auga pasapola planta baixa do muíño durante a marea baixa. Unha canle
condúcea ao cubo (xeralmente de forma cilíndrica) para que colla máis presión e
mova os rodicios que accionan o mecanismo de moer.
moega
moa
pé
pechadoiro
tempero
eixo ou veo
auga encorada
rodicio
viga ou mesa
Muíños de mareaen Galicia
En Galicia danse condicións
naturais para o
aproveitamento enerxético
das mareas xa que teñen un
desnivel medio de 3 m e a
costa recortada ofrece
abundantes esteiros e
enseadas.
Situación dos muíños de marea en Galicia, a
partir dos datos de Begoña Bas.
Coñecense un total de 14 muíños e considérase
probable a existencia de dous máis.
15.
As Aceñas. Ove(Ribadeo)
Na desembocadura do rego de Ramos.
Só se conservan anacos da presa e do muíño.
16.
Aceas dos Verxeis(Viveiro)
Na desembocadura do río Xunqueiras.
Construído a finais do século XVIII, traballou ata 1960 aprox.
Tiña catro moas e vivenda. Está transformado en dúas vivendas.
17.
O muíño doMar, As Aceas (Ortigueira).
Situado no esteiro do río Maior. Construído en 1905, deixou de traballar en 1970.
Ten dúas moas.
Acea de Ama(Santiago do Burgo-Culleredo).
Construído no século XII e reconstruído no XVI.
Situado na desembocadura do rego da Trabe.
Ten catro moas. Actualmente está restaurado como museo.
Muíño das Torres.Muíño da Arcea
(Santiago de Cereixo-Vimianzo).
Na desembocadura do río do Cereixo ou Tufión.
Construído en 1647, deixou de funcionar a mediados do século XX.
Muíño das
Mareas.
Serres
(Muros).
Na desembocadurado río
Valdexería no lugar de
Agro das Mareas ou Ponte
dos Muíños.
Construído arredor de
1815, deixou de traballar
entre 1915 e 1930.
A finais do s. XIX
construíselle unha casa
de baños anexa.
Ten seis moas.
Está restaurado como
Centro de Interpretación
dos muíños da Costa da
Morte.
Muíño do Cura(Catoira)
As primeiras referencias son do século XIX. Deixou de funcionar a comezos do
século XX.
Ten dúas moas. Tiña vivenda na parte superior.
As Aceñas. Illade Arousa.
As primeiras referencias aparecen en documentos de 1681. Deixou de funcionar
arredor de 1980 (foi o último muíño de marea de Galicia en facelo).
Ten catro moas.
Muíño de mareada Seca (Cambados)
Situado na desembocadura do rego da Ucha. Construído sobre unha vella saíña
en 1622; deixou de traballar arredor de 1975.
Ten catro moas e unha vivenda no 1º andar. Na actualidade é un museo.
As Bancas deCasó. Vilaboa
Só se conserva o muro da presa. Hai referencias á posible existencia dun muíño
de marea. Non seguridade de que chegase a funcionar.
A presa foi empregada polas saíñas do Ulló.
MONTAXE : AdelaLeiro, Mon Daporta
IMAXES: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet, Sixpac, Google Earth.
BIBLIOGRAFÍA: -“Muíños de Marés e de vento en Galicia”, de Begoña Bas (Ed F. Barrié de la Maza)