SlideShare a Scribd company logo
1 of 15
Download to read offline
Patrocina:
Idea
e realización
A AUGAHabitualmente decimos que a auga é un
líquido sen olor, sen cor e sen sabor.
COMPOSICIÓN DA AUGA
EN VOLUME EN MASA
OSíXENO 33,3 % 88,81 %
HIDROXENO 66,6 % 11,19 %
O H
H
Nunha pinga de auga
hai trillóns de moléculas
A auga non se atopa case nunca en estado puro,
sempre leva disoltas, ou en suspensión, substancias
que lle conceden características diferentes.
Auga salgada
Auga doce
A auga é unha substancia moi curiosa:
acada a súa máxima densidade ós 3.98 ºC.
Cando está sólida é menos densa que cando
é líquida, por eso o xeo aboia nela.
A auga é un composto
formado por partículas
de dous elementos
químicos unidos entre sí:
o osíxeno que se
representa co símbolo O,
e o hidróxeno que se representa
co símbolo H.
Por iso se representa a auga
coa fórmula H O2
a
auga
é
vida1
A auga é vida
A auga é a forza que conduce á erradicación
da pobreza e a fame, indispensable para a
saúde e o benestar da humanidade.
Declaración do FORO MUNDIAL DA AUGA, Xapón 2003
Patrocina:
A auga pode aparecer como sólido, líquido ou gas dependendo da temperatura.
A calor fai que as partículas que forman a auga se manteñan xuntas ou se separen.
A auga: sólido, líquido ou gas
a
auga
é
vida 2
A auga é SÓLIDA cando a
temperatura baixa dos cero
graos. As partículas de auga
únense entre sí formando
estructuras ríxidas, por eso
mantén a forma.
A auga é LíQUIDA cando
as partículas están pouco
unidas e esbaran unhas
sobre outras. Por eso a auga
líquida non ten forma definida
e toma a forma do recipiente
no que está metida.
A auga é un GAS cando as
partículas ó absorberen
calor fanse lixeiras, perden
a conexión entre elas e
móvense libremente.
A facilidade que ten a auga para cambiar de estado con lixeiras variacións de temperatura
fai posible que circule na natureza nun ciclo pechado que permite manter constante a cantidade
de auga que hai no planeta e a súa distribución polos distintos medios.
CICLO DA AUGA NA NATUREZA
EVAPORACIÓN
ESCORRENTÍA
PRECIPITACIÓN
Cada día o sol evapora 1 billón de tn de auga.
Patrocina:
¿Onde hai auga?
Océanos 97,4 %
Glaciares 2,02 %
Augas Subterráneas 0,57 %
Lagos e Ríos 0,01 %
Atmosfera 0,001 %
Seres vivos 0,00004 %
DISTRIBUCIÓN DA AUGA NA TERRA
A Terra é o único planeta
cunha temperatura que
permite a existencia de
auga nos seus tres estados:
sólida (xeo e neve) líquida e
gas (vapor de auga).
Outros planetas do Sistema
Solar teñen auga en estado
gasoso (Venus) ou en
estado sólido (Mercurio,
Marte...).
Na Terra
Na Terra a auga atópase
nos continentes, nos
océanos e na atmosfera
circulando constantemente
entre eles impulsada pola
enerxía calorífica do sol.
Hai aproximadamente
3
1400 millóns de km de
auga distribuídos de
forma moi irregular. A
maior cantidade está
nos océanos.
No Universo
Na atmosfera No solo
Nos seres vivos
Fungos
80%
Ser humano
63%
Algas
95%
Augamar
97%
a
auga
é
vida
Nos océanos
3
Patrocina:
A auga da atmosfera
a
auga
é
vida
A atmosfera so contén a cenmilésima parte da auga da Terra,
pero esa pequena cantidade é a que, ó distribuírse pola
superficie, alimenta os ríos e os acuíferos e fai posible a vida.
4
CIRROS
Nubes moi altas,
pequenas, estreitas
e finas. A súa aparición
no ceo acompaña
os cambios de tempo.
NIMBOS
Nubes avultadas, moi
altas e planas por arriba.
Son as nubes típicas de
tormenta. Producen fortes
chubascos, descargas
eléctricas e saraiba.
CÚMULOS
Nubes con formas
redondeadas, avultadas,
de cor gris pola parte de
abaixo e brancas e
brillantes por arriba.
Cando se fan e se
desfán son sinal de
bo tempo.
Se se espesan indican
cambio de tempo.
ESTRATOS
Son as nubes máis baixas,
sen forma fixa, grises e
desfiañadas.
Indican mal tempo.
A NUBES son masas de vapor de auga condensado
que se forman cando se enfría o aire húmido ó ser
elevado polas correntes verticais.
A auga pódese atopar na
atmosfera en calquera dos
tres estados: sólido (xeo),
líquido ou gasoso (vapor).
O vapor de auga que hai no aire
xeralmente non se ve. Cando
enfría condénsase e faise visible
en forma de NUBES, nas capas altas,
e NÉBOA, a nivel do chan. Se a
temperatura segue baixando
deposítase en forma de ORBALLO,
e se se conxela forma a XEADA.
Néboa
Orballo
Xeada
As PRECIPITACIÓNS prodúcense cando
o peso das pingas que se forman nas nubes
é tan grande que non se poden soster no aire
e caen en forma de CHUVIA, NEVE ou SARAIBA
As TORMENTAS
fórmanse a
consecuencia
da gran diferencia
de temperatura
entre dous puntos
da atmosfera.
As partículas de
vapor que soben
e as de xeo que
baixan chocan
entre sí, dentro da
nube, cárganse
electricamente.
A electricidade
que acumulan
descárgase entre
distintas partes
da nube ou cara
á terra.
+
++ ++
-
- -- -
++++
A chuvia cando cae en grandes cantidade pode
producir inundacións.
Cando a luz
atravesa a
pingas
de auga
reflíctese
no seu interior
e descomponse
nas cores do
ARCO DA VELLA
O PEDRISCO fórmase pola conxelación
das pingas da chuvia cando pasan a
través de capas de aire frío.
Nas nubes de tormenta pode acadar
grandes tamaños que o fan perigoso.
Patrocina:
A auga dos océanos
O mar constitúe a maior parte da hidrosfera (o 97,4 %).
Forma grandes masas de auga salgada (océanos), que cobren
o 70% da litosfera, entre as que emerxen os continentes.
Os océanos teñen unha profundidade media de 4.000 metros.
O cloruro sódico (sal común)
é o sal máis abundante no mar.
Cada litro de auga de mar ten:
-35 gramos de sales minerais
(cloruro sódico, fosfatos, nitratos...)
-De 0 a 8,5 mililitros de osíxeno
-Pequenas cantidades de dióxido
de carbono e ata cen elementos
químicos diferentes.
a
auga
é
vida 5
A auga do mar está sempre en
movemento impulsada pola forza
da gravedade, polo vento e polas
diferencias de temperatura e
salinidade.
As ONDAS son movementos
ondulatorios producidos polo vento.
As MAREAS son
movementos de
subida e baixada
do nivel do mar
producidas pola
forza de atracción
da Lúa e do Sol.
Marea baixa Marea alta
As CORRENTES son desprazamentos
verticais ou horizontais da auga do
mar producidos polas diferencias de
temperatura, salinidade, presión...
O mar actúa sobre o medio producindo cambios químicos
e acción mecánica que rompe, desgasta e traslada os materiais.
O movemento do mar facilita o intercambio de gases coa atmosfera
e a osixenación da auga.
As correntes oceánicas distribúen
a calor que almacena o mar e
inflúen no clima das zonas costeiras.
Patrocina:
A auga da Terra
Os RÍOS
Os LAGOS e LAGOAS
Os HUMIDAIS
Os GLACIARES
A auga do SOLO
Son correntes de
auga dóce que
circulan por un
álveo, cun caudal
máis ou menos
permanente.
O Amazonas (América
do Sur) é o río máis
caudaloso do mundo.
O Nilo (África) é o río
máis longo do mundo
con 6.689 km.
Or ríos levan ó mar uns
37.000 billóns de litros
de auga ó ano.
Río Sil, o máis caudaloso de Galicia.
O río máis longo de Galicia
é o Miño, con 307, 5 km.
Arbo
Son masas permanentes de auga
que se acumulan nas depresións
do terreo.
En Galicia hai numerosas lagoas situadas no
litoral en depresións interiores ou nas montañas.
a
auga
é
vida 6
Lagoa de Cospeito
(A Terra Cha)
Lagoa de Ocelo,
de orixe glaciar
(Pena Trevinca)
Son masas de xeo permanentes
que se desprazan polas pendentes.
As masas de xeo cobren arredor
dun 10% da superficie da Terra.
Os casquetes glaciares constitúen a maior
reserva de auga dóce do planeta (máis de
3
30 millóns de km ).
As masas de xeo e neve das montañas
son reservas de auga para os ríos. Líbérana
de forma gradual, no desxeo, ó subir as
temperaturas.
Son terreos que están asolagados de forma
temporal ou permanente.
As GÁNDARAS son terreos húmidos que
conservan espazos con pequenas lagoas.
As BRAÑAS ou LAMEIROS son terreos
asolagados temporalmente.
As TURBEIRAS son terreos onde a vexetación
(esfagnos, brións, breixos...) acumula auga
e forma turba, un tipo de carbón.
Os humidais son
ecosistemas moi
fráxiles cunha
gran diversidade
de flora e fauna.
Gándaras de Budiño
Veigas de Ponteliñares (A Limia) Turbeiras do Xistral
A auga é un importante compoñente
do solo. Circula por entre os materiais
en todos os sentidos e evapórase pola
acción do sol.
Os movementos da auga do solo fan
posible o desenvolvemento das plantas.
As augas subterráneas son as reservas de auga
do subsolo e a orixe de moitas correntes superficiais.
Cando as augas subterráneas
entran en contacto cun foco
de calor do interior da terra
quéntanse e poden xurdir
de novo a altas temperaturas
formando os mananciais termais.
Xéiser
A cuberta
vexetal protexe
o solo e facilita
a absorción
de auga.
Derrube producido pola auga.
A auga e os seres vivos ADAPTACIÓNS Á VIDA ACUÁTICA
A auga é unha substancia imprescindible para a vida: forma parte
dos tecidos de todos os seres, é o medio de transporte para os
materiais da nutrición e o elemento máis determinante da
distribución dos seres vivos nos distintos ecosistemas
a
auga
é
vida 7 Patrocina:
A auga forma parte das
células de todos os seres vivos.
É o medio no que se distribúen
as substancias que entran e
saen das células (nutrintes,
resíduos...)
Os VEXETAIS utilizan a auga para
formar materia orgánica durante a
fotosíntese. A materia orgánica
que elaboran os vexetais é a base
sobre a que se sustenta toda a vida.
Auga
Estomas
(transpircción)
Xilema
(subida
da auga)
Floema
(baixada
da auga)
Auga
Auga
O sangue é unha mestura de auga, sales,
azucres... no que viaxan en suspensión
distintos tipos de células (hematies, leucocitos,
trombocitos...) e substancias (graxas...).
Sangue humano.
O líquido que protexe
o feto durante o embarazo
está composto esencialmente
por auga.
A presencia de auga nunha zona é un dos principais
determinates para o asentamento das comunidades
vexetais que á súa vez dan lugar a diferentes hábitats.
SELVA TROPICAL. Ecosistema con abundante humidade durante todo o ano.
LAGOA de auga dóce.
DESERTO.
Ecosistema
con grave
escaseza
de auga.
Fondo mariño
Existen multitude de seres que viven na auga de xeito
permanente ou temporal. Para desenvolverse con éxito
neste medio precisan dunhas adaptacións específicas
que afectan á forma de respirar, de desprazarse, de
reproducirse, de alimentarse...
Os animais desprázanse na auga
axudados polas súas formas
hidrodinámicas e de órganos
de propulsións (aletas, patas
palmeadas...)
Para poderen respirar dentro
da auga teñen órganos especializados
que capturan o osíxeno disolto (galadas
ou bránquias). Algúns saen a coller aire fóra
(mamíferos, réptis, anfibios, insectos...)
Algúns animais, sobre todo
anfibios e insectos, utilizan
a auga para reproducirse
e desenvolver as súas crías.
Algunhas plantas
viven mergulladas,
total ou parcialmente
e teñen órganos
que aseguran
a súa flotabilidade.
Bacallaos
Somorgullos
Patinador
Limpafontes
Ambroíño
Xacinto de auga
Utricularia, unha planta
carnívora que vive dentro da auga.
Patrocina:
Usos da auga
CONSUMO HUMANO SAÚDE e LECER
a
auga
é
vida
8
LIMPEZA e HIXIENE
AUGA QUE ENTRA NO CORPO
Bebida: 1 a 1,5 litro.
Incluída noutros alimentos: 1 litro.
Metabólica (producida pola reacción
interna do metabolismo): 0,3 a 0,5 litros.
AUGA QUE SAE DO CORPO
Ouriños: 1 a 1,5 litro.
Excrementos: 0,1 litro.
Vías respiratorias: 0,8 itros.
Pel: 0,5 litros
O noso corpo procesa, en condicións normais, arredor de 2,5 litros de auga
diarios. Estas cantidades pódense duplicar ou triplicar se se realiza un
esforzo intenso, en condicións climáticas calurosas ou en caso de enfermidade.
A auga é unha bebida mecesaria. Unha persoa
adulta necesita de 2 a 4 litros diarios para
manter o corpo en condicións axeitadas de
funcionamento.
Podemos estar case dous
meses sen comer pero
so se sobreviven uns
poucos días sen beber.
A auga é un importante recurso. Ademais de ser imprescindible
para a vida, é unha materia prima esencial para o desenvolvemento
das actividades humanas: agricultura, medio de transporte, industria...
A auga para bebida procede mananciais
naturais, de conduccións públicas
sometidas a depuración ou de plantas
embotelladoras de augas minerais.
Un dos maiores usos que se fai da auga
nas sociedades desenvolvidas é para hixiene
corporal e limpeza.
Desde sempre o ser humano utilizou a auga
como fonte de placer (baños, decoración...).
Na actualidade son moitos os xogos e deportes
que se practican na auga: no mar, nos ríos, en
lagos e encoros, en piscinas, parques recreativos...
Galicia é rica en mananciais de
augas termais e medicinais
que foron utilizados xa polos
romanos. Na actualidade hai
numerosos balnearios onde poder
disfrutar dun baño relaxante
e recibir as acción beneficiosas
para a pel, aparato dixestivo, osos...
dos diferentes tipos de auga.
Fonte termal de Caldas.
A auga sae a a 48 ºC..
A HIDROTERAPIA é na utilización da auga
(bebida, en baños, chorros...) para producir benestar
ou tratar distintos tipos de doenzas.
A auga utilízase por ser capaz de trasmitir frío, calor
ou presión e polo valor da súa composición
Patrocina:
AGRICULTURA
Usos da auga ACUICULTURA
ALGAS
a
auga
é
vida
PESCA E MARISQUEO
Moitas especies que viven
no mar, nos ríos e nos lagos
son capturadas sobre todo
para consumo humano
e elaboración de alimentos
para animais.
Nos portos galegos descárganse
arredor de 500.000 tn de peixes
e mariscos ó ano.
9
A algas recóllense para utilizar como
alimento, como materia prima para a
industria ou como fertilizante para as
terras.
A acuicultura é o cultivo de especies
acuáticas que se fai no mar, en ríos
e lagos ou en instalacións especiais.
Granxa de engorde de rodaballo
Cultivo de algas en Asia.
Xaulas para o engorde de peixes
na Ría de Vigo.
Piscifactoría de troitas en Lugo.
Bateas na Ría de Arousa.
Galicia é o principal cultivador de mexillon do mundo.
Instalacións
para a cría
de ameixa.
O cultivo de especies vexetais precisa de auga en
cantidades variables segundo o tipo de planta, o clima,
o solo ou o sistema de cultivo.
O arroz é unha planta
que se cultiva en terreos
asolagados.
Os regadíos son básicos
na expansión da
agricultura porque
permiten poñer en
explotación novas
áreas alonxadas
das fontes de auga.
A agricultura supón a maior demanda
mundial de auga dóce (arredor dun 80%).
Cultivo de cereais en secano.
As masas de auga son ricos ecosistemas nos que viven especies
animais e vexetais de grande interese, polo que son amplamente
explotados e cultivados.
Patrocina:
Usos da auga
a
auga
é
vida10
FONTE DE ENERXÍA
INDUSTRIA
A auga dos ríos e do mar utilízase para producir
enerxía aproveitando os seus movementos
(correntes, ondas) ou encorándoa.
A forma máis común de aproveitar a enerxía da auga
é utilizando diferentes tipos de RODAS HIDRÁULICAS
As rodas hidráulicas son a base do funcionamento dos
muíños, batáns, mazos, serradeiros, noras e centrais
hidroeléctricas de río ou de marea.
DISTINTOS TIPOS DE RODAS HIDRÁULICAS
Central
mareomotriz
en La Rance
(Francia)
detalle da turbina
Muíño de marea. A Seca, Cambados
Muíños no río Barosa. Barro
Roda na Ferrería de Bogo.
CENTRAL HIDROELÉCTRICA
Presa no río Miño. Os Peares.
A enerxía das ondas
mariñas utilízase
para mover diferentes
mecanismos que
impulsan un xerador
eléctrico.
Central de ondas antes de ser mergullada. Portugal
Esquema dunha central de ondas situada nun cantil.
O peso da auga pódese
utilizar para mover mecanismos
sinxelos.
Petacán, para
espantar paxaros.
As máquinas de
vapor funcionan
polo empuxe que
exerce a auga
ó aumentar de
volume cando
se converte en vapor.
Mazo de azucre.
Os mares, ríos e lagos serviron
sempre de medios para o
desprazamento de diferentes
tipos de embarcacións que
transportan persoas e
mercadorías, ou como actividade
de lecer e deportiva.
MEDIO DE TRANSPORTE
Trasatlántico
Barco de pesca
Embarcacións tradicionais a vela
Barcos-vivenda en Amsterdam.
A auga pode ser utilizada
como materia prima, como
disolvente, como refrixerante,
para transportar materiais
ou para limpeza.
Uso da auga como diluénte nunha fábrica de papel
Uso da auga como refrixerante nunha central térmica
Uso da auga como disolvente e refrixerante
nunha fábrica de pasta de celulosa.
Canoa de totora no lago Titicaca.
Patrocina:
Problemas da auga
A auga pode ser alterada facilmente cando se introduce nela
calquera forma de materia, enerxía ou microorganismos que
a converten en auga de mala calidade para usos posteriores
ou para cumplir a súa función ecolóxica.
VERTEDEIROS
DEPÓSITOS
INDUSTRIAIS
VERTIDOS
INDUSTRIAIS VERTIDOS
URBÁNS
VERTIDOS
GANDEIROS
VERTIDOS AGRÍCOLAS
(fertilizantes)
INTRUSIÓN SALINA
ACUÍFERO
A contaminación
da auga pode ter
a súa orixe en múltiples
actividade urbanas,
industriais,
agro-gandeiras,
accidentes...
a
auga
é
vida11
Máis de 2.000 millóns de persoas
padecen enfermidades por non
ter acceso á auga de calidade.
Cada ano morren cinco millóns
de persoas a causa de enfermidades
relacionadas coa auga.
A CHUVIA ÁCIDA prodúcese cando
os óxidos de xofre e nitróxeno
orixinados nas combustións
se mesturan coa auga da chuvia
e convértense en ácidos.
A auga da chuvia ácida contamina todo
o ambiente e causa danos nas plantas,
nos animais e nos edificios.
A EUTROFIZACIÓN é un proceso que afecta a lagos
e ríos de pouca corrente. Prodúcese cando se
achegan á auga unha cantidade excesiva de nutrintes
que provocan o seu desequilibrio.
PROCESO DE EUTROFIZACIÓN:
1- A auga recibe achegas procedentes
de fertilizantes agrícolas, industrias
agropecuarias, resíduos domésticos
(fósforo, nitróxeno...).
2- Desenvólvese gran cantidade de
fitoplanto, o que lle da au auga unha
cor verdosa e impimpide o paso da luz,
ó tempo que gran cantidade de bacterias
consumen o osíxeno.
3- Coa falta de osíxeno prodúcense
fermentacións que lle dan á auga
olor a podre.
1 2
3
Lago eutrofizado
O PALUDISMO ou malaria é a enfermidade
asociada á auga máis extendida do mundo.
Está causada por un protozoo que se
transmite pola picadura do mosquito
Anopheles. Hai máis de 200 millóns de
afectados e produce dous millóns de mortes
ó ano.
PRINCIPAIS EFECTOS DA CONTAMINACIÓN DA AUGA:
-Modificacións das súas características
físicas e químicas.
-Diminución do osíxeno disolto.
-Desaxustes nos ciclos vitais nos organismos.
-Alteracións nos ecosistemas.
-Enfermidades (tifo, cólera, gastroenterite,
disentería...)
Protozoo da malaria
atacando ós glóbulos vermellos.
Escherichia coli, bacteria causante da diarrea
que se atopa nas augas contaminadas.
O 30% dos tramos fluviais de todo
o mundo están contaminados.
Patrocina:
A saúde da auga, sistemas de tratamento
TRATAMENTO
PRELIMINAR
CÁMARA
DE SÓLIDOS
TRATAMENTO
PRIMARIO
TRATAMENTO
SECUNDARIO
TRATAMENTO
TERCIARIO
DESINFECCIÓN...
SEPARACIÓN DO
FANGO ACTIVADO
ELIMINACIÓN
DE LODOS
retorno
de fango
activado
aire
a presión
a recheos
criba
TRATAMENTO
QUÍMICO
ENTRADA
DE AUGA
DECANTACIÓN
FILTRO
DE AREA
SAÍDA DE AUGA
Á DISTRIBUCIÓN
TRATAMENTO DE AUGAS RESIDUAISTRATAMENTO DA AUGA PARA CONSUMO HUMANO
Cando a auga perde as súas boas cualidade ten que ser tratada para, no posible, restituirllas.
Os tratamentos de potabilización ou depuración poden ser físicos (sedimentación, filtración, cribado...) químicos (floculación, coagulación...)
o de desinfección (con cloro, ozono, raios UVA, cloraminas...).
Xeralmente a auga que
abastece as cidades procede
de ríos ou acuíferos e
para o seu consumo nos
fogares sométese a un
proceso de potabilización
en depuradoras.
A rede de abastecemento de auga das cidades é un sistema de
vasos comunicantes que funciona por gravidade.
a
auga
é
vida
Para que as augas residuais poidan ser vertidas sen perigo ó medio ambiente ou reutilizadas
sométense a distintos sistemas de depuración para devolverlles a súa calidade.
Algúns destes sistemas reproducen mecanismos da natureza.
ESTACIÓNS DEPURADORAS DE AUGAS RESIDUAIS (EDAR)
Realizan o proceso en varias fases:
PRE-TRATAMENTO: retirada de materiais máis grosos por filtración (sólidos
en suspensión), decantación (areas, grava...) ou flotación (graxas, escumas).
TRATAMENTO PRIMARIO: neutralízase o pH e engádenselle axentes floculantes
ou espesantes para provocar o agregado das partículas de menor tamaño
e poder retiralas por decantación.
TRATAMENTO SECUNDARIO: procesos de dixestión biolóxica para eliminar a
materia orgánica. Úsanse fangos activos con microorgansmos dixestores que
logo se eliminan da auga. Neste proceso pódese obter biogás.
TRATAMENTO TERCIARIO: procedementos físico-químicos para eliminar compostos
que non se puideron eliminar nas fases anteriores.
Os resíduos retirados
da auga espésanse,
estabilízanse (para
facelos inocuos) e
deposítanse en
vertedeiros controlados.
Se non conteñen
substancias perigosas
poden usarse como
fertilizantes no campo.
Tratamentos secundario
Saída de auga depurada.
12
Sistema de esterilización
con ozono.
Elementos dun
sistema de
esterillización
con con raios
UV especial
para acuicultura.
Estación de potabilizadora dunha pequena localidade.
SISTEMA DE LAGOAS: as augas residuais
déixanse repousar para que os microor-
ganismos vaian descompoñendo a
materia orgánica
Úsase para pequenas cantidades de auga poco contaminada.
FILTROS DE AREA: reteñen as
partículas contaminantes da auga
que pasa a través deles.
FOXAS SÉPTICAS: son recipientes
pechados onde a auga se deixa
repousar para que os elementos
que contén vaian ó fondo.
foxa séptica
campo de desaugue
FILTROS VERDES: as augas
residuais úsanse para regar
plantacións de árbores que
reteñen os contaminantes.
Depuradora para barcos.
ENCORO
DEPURADORA
ACUÍFERO
ESTACIÓN DE
BOMBEO
DEPÓSITO
DE ALMACENAMENTO
REDE DE DISTRIBUCIÓN
Patrocina:
A auga no mundo
ALTERNATIVAS
A auga é un recurso limitado e irregularmente repartido.
A auga dos acuíferos considérase
un recurso renovable sempre que
o volume extraído non sexa maior
que a súa taxa de rexeración.
Como a renovación adoita ser moi lenta
en moitos lugares os acuíferos
están esgotados ou sobreexplotados.
Na distribución da auga inflúen condicións naturais
(clima, relevo ...) e condicións econonómicas
(tecnoloxía, capacidade para deseñar sistemas de
extracción, distrubución e saneamento...).
Desde os primeiros tempos a auga condicionou os
asentamentos humáns e a economía.
A súa presenza determinou o éxito de moitas
civilizacións e a súa desaparición o fracaso e
abandono de amplos territorios.
Na actualidade a seca é causa de grandes
catástrofes ecolóxicas e humanas e impulsa
a moitas persoas a emigrar.
O lugar máis seco
do planeta é o norte
de Chile onde so se
recolle 0,1 mm de
chuvia ó ano.
Os países desenvolvidos consumen auga por
enriba das súas necesidades mentras un tercio
da poboación sofre restriccións e máis de
1.400 millóns de persoas carecen de auga potable.
CONSUMO MEDIO DE AUGA POR PERSOA
E DÍA NUN PAÍS DESENVOLVIDO.
colada: 30
cuarto de baño: 110
WC: 96
limpeza
da casa: 8
xardín:8
bebidas
e cociña: 8
vaixela:30
TOTAL: uns 300 litros por persoa/día
a
auga
é
vida
Nas plantas desalinizadoras
a auga sométese a diferentes
procesos para extraerlle
o sal. Este sistema estase
a utilizar nos países con
forte escaseza de auga
dóce que está á beira
do mar.
quentador
vapor
condensador
vapor
AUGA DÓCE
salmoira
AUGA
DO
MAR
Proceso de evaporación multietapa
nunha desalinizadora de auga,
O mar é unha gran
reserva de auga, pero
para poder utilizala
para o consumo humano
ou para a agricultura
debe ser desalgada.
CONSUMO
DOMÉSTICO
DE AUGA
E DISTINTOS
PAÍSES.
En Galicia dispoñemos de 3,18
billóns de litros de auga. O 40%
consúmese nas vivendas e nas
industrias e o 60% na agricultura.
Sistema
de rego
a pinga
nun
invernadeiro.
Para mellorar a distribución da auga e facer fronte ós
graves problemas de escaseza é preciso mellorar a
eficiencia no seu uso (sistemas de conducción e rego,
cultivos axeitados ó clima, aforro doméstico, reutiliza-
ción....) e deseñar tecnoloxías que o fagan posible.
Os países desenvolvidos teñen a obriga de colaborar
cos máis necesitados para acadar unha máis xusta
distribución dos recursos hídricos.
13
O 40% da auga en
condicións de ser
utilizada pérdese
por mala xestión.
120 millóns de europeos non teñen
auga potable ou carecen dun
sistema de saneamento axeitado.
Patrocina:
A auga na tradición popular
a
auga
é
vida14
RECITADO
Auga, que forte eres,
que apagas o lume
que queima o pau
que malla o gato
que corre o rato
que fura o muro
que torna o aire
que corre a nube
que cubre a lúa
que turba o sol
que derrete a neve
que no meu pé prende.
CANTIGAS
Maruxiña vai na fonte
moito tarda que non ven,
ou rompeu o cantariño
ou moitos amores ten.
Unha nena nunha fonte,
por unha verza bebía,
a verza estáballe rota,
toda a auga lle vertía.
A auguiña desta fonte
moita sediña calmou,
e nos cen anos que leva
moita cariña lavou.
Fun á fonte a beber auga
debaixo dunha pereira,
solo por ver os teus ollos
que a sede moita non era.
Eu fun á fonte por auga
nunca tal auga nacera,
tiven que tomar amores
antes de pousar a sella.
Canta meniña,
na beira da fonte;
canta, dareiche
boliños do pote.
REFRÁNS
-En abril, cada pingueira vale por mil.
-A chuvia de San Xoan tolle o viño e non da pan..
-En agosto chove mel e mosto.
-En abril augas mil, en maio as que queiran vir.
-Cando Nadal nada, sinal de boa anada.
-Xeada enriba de lodo, auga deica o codo.
-O mes de xaneiro xeadeiro, o de febreiro mulideiro,o de marzo
esqueiroso e o de abril chuvioso sacan a maio frorido e fermoso.
-Polo agosto arden os montes, polo setembro secan as fontes.
-Auga corrente non mata á xente, auga parada, tenna matada.
AS FONTES
Tan abundantes en Galicia, son bens
comunais, ata hai poucos anos
imprescidibles.
Pola súa importancia convértéronse,
nalgúns casos en obras artísticas que
se situaban en lugares destacados.
Moitas veces están asociadas ós
lavadoiros e pías para beber o gando.
Na actualidade constrúense como
elementos decorativos.
Moitas historias, contos e lendas teñen relación coa auga. Quizáis o fundamento deste feito radique
na importancia vital que ten a auga para nós.
Mares, lagos e lagoas, ríos, regos, fontes, pozos ... son lugares cos que moita xente ten unha relación “máxica”.
Nas costas fálase de mar embravecida, de cidades asolagadas por temporais, afundimentos e meigallos; réndese homenaxe ó mar,
fonte de riqueza e desgracia ó mesmo tempo. Nas zonas de interior destaca a existencia de fontes milagreiras e lagoas encantadas
(onde hai máis de un tesouro ou cidade afundida).
LENDAS E CRENZAS
Abondan as fontes chamadas das “mouras” ou
dos “mouros” relacionadas con lendas de
gardadoras de tesouros. Tamén existen numerosas
fontes milagreiras asociadas a santuarios (Santo
André de Teixido, Escravitude, Santa Mariña de
Augas Santas, As Ermidas, A Lama, Amil...).
Cando un forasteiro bebe auga, ou lava as mans
en determinadas fontes (Verín, Ourense...) casa
no lugar.
AUGA DE SAN XOAN
Ten propiedades máxicas e
curativas. Prepárease na
véspera do santo antes de
que se poña o sol collendo
auga, de unha ou de varias
fontes, na que se botan herbas
aromáticas e flores, déixase
toda a noite ó sereo e úsase
o día de San Xoan para lavarse.
RECIPIENTES TRADICIONAIS
PARA A AUGA
ola botixo caldeiro
sella
Documento asinado o 6 de Maio de 1968 polo Comité
de Ministros do Consello de Europa.
1.- Non hai vida sen auga. Ela é un estimado ben,
indispensable para todas as actividades humanas.
2.- Os recursos en auga doce non son inesgotábles. É
indispensablel preservalos, controlalos e, se é
posible, incrementalos.
3.- Alterar a calidade da auga é prexudicar a vida do
ser humano e dos outros seres viventes que
dependen dela.
4.- A calidade da auga debe ser preservada a uns
niveis que estean adaptados ós seus usos previstos e
debe satisfacer, fundamentalmente, as esixencias da
saúde pública.
5.- Cando a auga, despois do seu uso, se devolve ó
medio natural, non debe comprometer as utilizacións
posteriores, tanto públicas como privadas, que se
poden tirar dela.
6.- O mantemento dunha cuberta vexetal axeitada,
preferentemente forestal, é esencial para a
conservación dos recursos en auga.
7.- Os recursos en auga deben ser obxecto dun
inventario.
8 - A boa xestión da auga debe ser obxecto dun plan
elaborado polas autoridades competentes.
9 - A salvagarda da auga significa un esforzo crecente
de investigación científica, de formación de
especialistas e de información publica.
10.- A auga é un patrimonio común, cun valor que
debe ser recoñecido por todos. Cada un ten a obriga
de economizala e de utilizala con siso.
11.- A xestión dos recursos en auga debería
inscribirse no cadro dunha conca natural antes que en
fronteiras administrativas e políticas.
12.- A auga non ten fronteiras. É un recurso común
que ten necesidade dunha cooperación internacional.
Patrocina:
Idea
e realización
CARTA EUROPEA
DA AUGAXOGA LIMPO COA AUGA
Na lavadora: clasifica a roupa
antes de lavala, evita os prelavados,
lava con auga fría, enche
a lavadora a tope.
No baño: non deixes pingar as billas
e pechaas mentres non uses a auga.
Nun lavado de dentes ou nun afeitado
pódense aforrar 10 litros de auga.
Ducharse na vez de bañarse permite
aforrar entre 70 e 90 litros de auga.
Tira o menos posíbel da cisterna ou colócalle
dentro unha botella chea de auga para reducir
a súa capacidade. Comproba o seu bo funcionamento.
.Unha cisterna que pinga pode perder máis de 150 litros cada día
Unha billa que pinga estraga 30 litros de auga
cada día, se ten un furado de 1 mm de diámetro
perde 150 l., se o furado é de 2 mm. perde 325 l.
E se a abertura é de 5 mm. deixa fuxir 3.500 l. de auga.
Cada persoa gasta diariamente máis de 200 litros de auga,
150 úsanse no baño, máis da metade sen ningunha finalidade.
Na cociña: usa o lavavaixelas
so cando estéa cheo.
Enche a cubeta do fregadeiro
para lavar a louza.
Evita o verquido de todo tipo de
produtos contaminantes:
medicamentos, pinturas,
varnices, aceites, disolventes,
pesticidas, lixivias...
a
auga
é
vida15
A auga é un ben escaso e sensible que hai que usar con
moderación e manexar con moita precaución.
Aproveita as augas
de cocer verduras
para regar as plantas.
Date unha ducha en vez dun baño
Utiliza sistemas de rego
que aforren auga.
Marzo
22Día Mundial da Auga
Esta data serve para recordarlle á humanidade
a necesidade de tratar a auga como un patrimonio
colectivo que non se debe estragar.

More Related Content

What's hot

What's hot (10)

Aire e auga
Aire e augaAire e auga
Aire e auga
 
As augas
As augasAs augas
As augas
 
Traballo sociais
Traballo sociaisTraballo sociais
Traballo sociais
 
A Ría de Pontevedra
A Ría de PontevedraA Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
 
Tema 3. a atmosfera
Tema 3. a atmosferaTema 3. a atmosfera
Tema 3. a atmosfera
 
U. 3. as formas da terra
U. 3. as formas da terraU. 3. as formas da terra
U. 3. as formas da terra
 
Lagos lagoas
Lagos lagoasLagos lagoas
Lagos lagoas
 
03c as augas
03c as augas03c as augas
03c as augas
 
04c o tempo e o clima
04c o tempo e o clima04c o tempo e o clima
04c o tempo e o clima
 
Dinamica da auga
Dinamica da augaDinamica da auga
Dinamica da auga
 

Viewers also liked

Ramón Cabanillas Enríquez, Homenaxe dos centros do Salnés (4)
Ramón Cabanillas Enríquez, Homenaxe dos centros do Salnés (4)Ramón Cabanillas Enríquez, Homenaxe dos centros do Salnés (4)
Ramón Cabanillas Enríquez, Homenaxe dos centros do Salnés (4)candeadosalnes
 
Exposición Espazos Naturais 9-17
Exposición Espazos Naturais 9-17 Exposición Espazos Naturais 9-17
Exposición Espazos Naturais 9-17 candeadosalnes
 
Star Hero Media designed Kagiso Trust's InBrief December 2014
Star Hero Media designed Kagiso Trust's InBrief December 2014Star Hero Media designed Kagiso Trust's InBrief December 2014
Star Hero Media designed Kagiso Trust's InBrief December 2014Nonhlanhla Nxumalo
 
RRR Educación Secundaria
RRR Educación SecundariaRRR Educación Secundaria
RRR Educación Secundariacandeadosalnes
 
RRR Educación Primaria (1)
RRR Educación Primaria (1)RRR Educación Primaria (1)
RRR Educación Primaria (1)candeadosalnes
 
Ano Cabanillas Candea (memoria)
Ano Cabanillas Candea (memoria)Ano Cabanillas Candea (memoria)
Ano Cabanillas Candea (memoria)candeadosalnes
 
Aves da Enseada do Umia-O Grove
Aves da Enseada do Umia-O GroveAves da Enseada do Umia-O Grove
Aves da Enseada do Umia-O Grovecandeadosalnes
 
Exposición Cabanillas centros do Salnés (3)
Exposición Cabanillas centros do Salnés (3)Exposición Cabanillas centros do Salnés (3)
Exposición Cabanillas centros do Salnés (3)candeadosalnes
 
A Rata Luísa en Cambados
A Rata Luísa en CambadosA Rata Luísa en Cambados
A Rata Luísa en Cambadoscandeadosalnes
 
SME'S Competitiveness Analysis
SME'S Competitiveness AnalysisSME'S Competitiveness Analysis
SME'S Competitiveness AnalysisTri Cahyono
 
Sustainable livelihood approach Pada Nelayan di Jawa Timur
Sustainable livelihood approach Pada Nelayan di Jawa TimurSustainable livelihood approach Pada Nelayan di Jawa Timur
Sustainable livelihood approach Pada Nelayan di Jawa TimurTri Cahyono
 
Свткування Масляної в Нерубайському НВК
Свткування Масляної в Нерубайському НВКСвткування Масляної в Нерубайському НВК
Свткування Масляної в Нерубайському НВКYana1992bukhtij
 
Representación interna de datos
Representación interna de datos Representación interna de datos
Representación interna de datos Blogopi
 
Strategi pengembangan bumdes
Strategi pengembangan bumdesStrategi pengembangan bumdes
Strategi pengembangan bumdesTri Cahyono
 

Viewers also liked (15)

Ramón Cabanillas Enríquez, Homenaxe dos centros do Salnés (4)
Ramón Cabanillas Enríquez, Homenaxe dos centros do Salnés (4)Ramón Cabanillas Enríquez, Homenaxe dos centros do Salnés (4)
Ramón Cabanillas Enríquez, Homenaxe dos centros do Salnés (4)
 
Exposición Espazos Naturais 9-17
Exposición Espazos Naturais 9-17 Exposición Espazos Naturais 9-17
Exposición Espazos Naturais 9-17
 
Star Hero Media designed Kagiso Trust's InBrief December 2014
Star Hero Media designed Kagiso Trust's InBrief December 2014Star Hero Media designed Kagiso Trust's InBrief December 2014
Star Hero Media designed Kagiso Trust's InBrief December 2014
 
RRR Educación Secundaria
RRR Educación SecundariaRRR Educación Secundaria
RRR Educación Secundaria
 
RRR Educación Primaria (1)
RRR Educación Primaria (1)RRR Educación Primaria (1)
RRR Educación Primaria (1)
 
Ano Cabanillas Candea (memoria)
Ano Cabanillas Candea (memoria)Ano Cabanillas Candea (memoria)
Ano Cabanillas Candea (memoria)
 
Aves da Enseada do Umia-O Grove
Aves da Enseada do Umia-O GroveAves da Enseada do Umia-O Grove
Aves da Enseada do Umia-O Grove
 
James Leffew
James LeffewJames Leffew
James Leffew
 
Exposición Cabanillas centros do Salnés (3)
Exposición Cabanillas centros do Salnés (3)Exposición Cabanillas centros do Salnés (3)
Exposición Cabanillas centros do Salnés (3)
 
A Rata Luísa en Cambados
A Rata Luísa en CambadosA Rata Luísa en Cambados
A Rata Luísa en Cambados
 
SME'S Competitiveness Analysis
SME'S Competitiveness AnalysisSME'S Competitiveness Analysis
SME'S Competitiveness Analysis
 
Sustainable livelihood approach Pada Nelayan di Jawa Timur
Sustainable livelihood approach Pada Nelayan di Jawa TimurSustainable livelihood approach Pada Nelayan di Jawa Timur
Sustainable livelihood approach Pada Nelayan di Jawa Timur
 
Свткування Масляної в Нерубайському НВК
Свткування Масляної в Нерубайському НВКСвткування Масляної в Нерубайському НВК
Свткування Масляної в Нерубайському НВК
 
Representación interna de datos
Representación interna de datos Representación interna de datos
Representación interna de datos
 
Strategi pengembangan bumdes
Strategi pengembangan bumdesStrategi pengembangan bumdes
Strategi pengembangan bumdes
 

Similar to Exposición A auga (Candea) (20)

Ciclo da auga
Ciclo da augaCiclo da auga
Ciclo da auga
 
Hidrosfera
HidrosferaHidrosfera
Hidrosfera
 
Hidrosfera
HidrosferaHidrosfera
Hidrosfera
 
A auga
A augaA auga
A auga
 
Hidrosfera
HidrosferaHidrosfera
Hidrosfera
 
As augas.odp [reparado]
As augas.odp [reparado]As augas.odp [reparado]
As augas.odp [reparado]
 
T 4 lg
T 4 lgT 4 lg
T 4 lg
 
Tema a auga
Tema a augaTema a auga
Tema a auga
 
As augas
As augasAs augas
As augas
 
Auga
AugaAuga
Auga
 
1ºa a auga ruben, andrea e alba maria
1ºa a auga ruben, andrea  e alba maria1ºa a auga ruben, andrea  e alba maria
1ºa a auga ruben, andrea e alba maria
 
A AUGA
A AUGAA AUGA
A AUGA
 
Ciclo da auga
Ciclo da augaCiclo da auga
Ciclo da auga
 
Tema 4. Ríos e Mares
Tema 4. Ríos e MaresTema 4. Ríos e Mares
Tema 4. Ríos e Mares
 
Tema 4. ríos e mares 1
Tema 4. ríos e mares 1Tema 4. ríos e mares 1
Tema 4. ríos e mares 1
 
A AUGA
A AUGAA AUGA
A AUGA
 
Tema 4. Ríos e Mares
Tema 4. Ríos e MaresTema 4. Ríos e Mares
Tema 4. Ríos e Mares
 
Unidade 3 auga na terra
Unidade 3 auga na terraUnidade 3 auga na terra
Unidade 3 auga na terra
 
Tema4 141028161045-conversion-gate01 (1) (1)
Tema4 141028161045-conversion-gate01 (1) (1)Tema4 141028161045-conversion-gate01 (1) (1)
Tema4 141028161045-conversion-gate01 (1) (1)
 
Unidade 3 conceptos e réximes fluviais
Unidade 3 conceptos e réximes fluviaisUnidade 3 conceptos e réximes fluviais
Unidade 3 conceptos e réximes fluviais
 

More from candeadosalnes

O medio mariño animais varios (Candea 1994)
O medio mariño animais varios (Candea 1994)O medio mariño animais varios (Candea 1994)
O medio mariño animais varios (Candea 1994)candeadosalnes
 
O medio mariño os peixes (Candea 1994)
O medio mariño os peixes (Candea 1994)O medio mariño os peixes (Candea 1994)
O medio mariño os peixes (Candea 1994)candeadosalnes
 
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)candeadosalnes
 
O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)
O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)
O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)candeadosalnes
 
O medio mariño o home (Candea 1994)
O medio mariño o home (Candea 1994) O medio mariño o home (Candea 1994)
O medio mariño o home (Candea 1994) candeadosalnes
 
O medio mariño fichas (Candea 1994)
O medio mariño fichas (Candea 1994)O medio mariño fichas (Candea 1994)
O medio mariño fichas (Candea 1994)candeadosalnes
 
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)candeadosalnes
 
O medio mariño as aves (Candea 1994)
O medio mariño as aves (Candea 1994)O medio mariño as aves (Candea 1994)
O medio mariño as aves (Candea 1994)candeadosalnes
 
O medio mariño (Candea 1994)
O medio mariño (Candea 1994)O medio mariño (Candea 1994)
O medio mariño (Candea 1994)candeadosalnes
 
O medio mariño (Candea 1998)
O medio mariño (Candea 1998)O medio mariño (Candea 1998)
O medio mariño (Candea 1998)candeadosalnes
 
O medio mariño cadernos Candea 2002
O medio mariño cadernos Candea 2002O medio mariño cadernos Candea 2002
O medio mariño cadernos Candea 2002candeadosalnes
 
Os peixes, candea 2000
Os peixes, candea 2000Os peixes, candea 2000
Os peixes, candea 2000candeadosalnes
 
O millo candea 1998 (fichas)
O millo candea 1998 (fichas)O millo candea 1998 (fichas)
O millo candea 1998 (fichas)candeadosalnes
 
A Bodeira Candea 1992
A Bodeira Candea 1992 A Bodeira Candea 1992
A Bodeira Candea 1992 candeadosalnes
 
O lixo vale, Candea 2000
O lixo vale, Candea 2000O lixo vale, Candea 2000
O lixo vale, Candea 2000candeadosalnes
 
RRR Educación Primaria (2)
RRR Educación Primaria (2)RRR Educación Primaria (2)
RRR Educación Primaria (2)candeadosalnes
 
Capitán Farturas (Candea)
Capitán Farturas (Candea)Capitán Farturas (Candea)
Capitán Farturas (Candea)candeadosalnes
 

More from candeadosalnes (20)

O medio mariño animais varios (Candea 1994)
O medio mariño animais varios (Candea 1994)O medio mariño animais varios (Candea 1994)
O medio mariño animais varios (Candea 1994)
 
O medio mariño os peixes (Candea 1994)
O medio mariño os peixes (Candea 1994)O medio mariño os peixes (Candea 1994)
O medio mariño os peixes (Candea 1994)
 
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
 
O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)
O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)
O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)
 
O medio mariño o home (Candea 1994)
O medio mariño o home (Candea 1994) O medio mariño o home (Candea 1994)
O medio mariño o home (Candea 1994)
 
O medio mariño fichas (Candea 1994)
O medio mariño fichas (Candea 1994)O medio mariño fichas (Candea 1994)
O medio mariño fichas (Candea 1994)
 
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
 
O medio mariño as aves (Candea 1994)
O medio mariño as aves (Candea 1994)O medio mariño as aves (Candea 1994)
O medio mariño as aves (Candea 1994)
 
O medio mariño (Candea 1994)
O medio mariño (Candea 1994)O medio mariño (Candea 1994)
O medio mariño (Candea 1994)
 
O medio mariño (Candea 1998)
O medio mariño (Candea 1998)O medio mariño (Candea 1998)
O medio mariño (Candea 1998)
 
O medio mariño cadernos Candea 2002
O medio mariño cadernos Candea 2002O medio mariño cadernos Candea 2002
O medio mariño cadernos Candea 2002
 
Os peixes, candea 2000
Os peixes, candea 2000Os peixes, candea 2000
Os peixes, candea 2000
 
O millo candea 1998 (fichas)
O millo candea 1998 (fichas)O millo candea 1998 (fichas)
O millo candea 1998 (fichas)
 
A vide e o viño
A vide e o viñoA vide e o viño
A vide e o viño
 
O millo Candea 2000
O millo Candea 2000O millo Candea 2000
O millo Candea 2000
 
A Bodeira Candea 1992
A Bodeira Candea 1992 A Bodeira Candea 1992
A Bodeira Candea 1992
 
O lixo vale, Candea 2000
O lixo vale, Candea 2000O lixo vale, Candea 2000
O lixo vale, Candea 2000
 
RRR Educación Primaria (2)
RRR Educación Primaria (2)RRR Educación Primaria (2)
RRR Educación Primaria (2)
 
Capitán Farturas (Candea)
Capitán Farturas (Candea)Capitán Farturas (Candea)
Capitán Farturas (Candea)
 
A vaca Maruxiña
A vaca MaruxiñaA vaca Maruxiña
A vaca Maruxiña
 

Exposición A auga (Candea)

  • 1. Patrocina: Idea e realización A AUGAHabitualmente decimos que a auga é un líquido sen olor, sen cor e sen sabor. COMPOSICIÓN DA AUGA EN VOLUME EN MASA OSíXENO 33,3 % 88,81 % HIDROXENO 66,6 % 11,19 % O H H Nunha pinga de auga hai trillóns de moléculas A auga non se atopa case nunca en estado puro, sempre leva disoltas, ou en suspensión, substancias que lle conceden características diferentes. Auga salgada Auga doce A auga é unha substancia moi curiosa: acada a súa máxima densidade ós 3.98 ºC. Cando está sólida é menos densa que cando é líquida, por eso o xeo aboia nela. A auga é un composto formado por partículas de dous elementos químicos unidos entre sí: o osíxeno que se representa co símbolo O, e o hidróxeno que se representa co símbolo H. Por iso se representa a auga coa fórmula H O2 a auga é vida1 A auga é vida A auga é a forza que conduce á erradicación da pobreza e a fame, indispensable para a saúde e o benestar da humanidade. Declaración do FORO MUNDIAL DA AUGA, Xapón 2003
  • 2. Patrocina: A auga pode aparecer como sólido, líquido ou gas dependendo da temperatura. A calor fai que as partículas que forman a auga se manteñan xuntas ou se separen. A auga: sólido, líquido ou gas a auga é vida 2 A auga é SÓLIDA cando a temperatura baixa dos cero graos. As partículas de auga únense entre sí formando estructuras ríxidas, por eso mantén a forma. A auga é LíQUIDA cando as partículas están pouco unidas e esbaran unhas sobre outras. Por eso a auga líquida non ten forma definida e toma a forma do recipiente no que está metida. A auga é un GAS cando as partículas ó absorberen calor fanse lixeiras, perden a conexión entre elas e móvense libremente. A facilidade que ten a auga para cambiar de estado con lixeiras variacións de temperatura fai posible que circule na natureza nun ciclo pechado que permite manter constante a cantidade de auga que hai no planeta e a súa distribución polos distintos medios. CICLO DA AUGA NA NATUREZA EVAPORACIÓN ESCORRENTÍA PRECIPITACIÓN Cada día o sol evapora 1 billón de tn de auga.
  • 3. Patrocina: ¿Onde hai auga? Océanos 97,4 % Glaciares 2,02 % Augas Subterráneas 0,57 % Lagos e Ríos 0,01 % Atmosfera 0,001 % Seres vivos 0,00004 % DISTRIBUCIÓN DA AUGA NA TERRA A Terra é o único planeta cunha temperatura que permite a existencia de auga nos seus tres estados: sólida (xeo e neve) líquida e gas (vapor de auga). Outros planetas do Sistema Solar teñen auga en estado gasoso (Venus) ou en estado sólido (Mercurio, Marte...). Na Terra Na Terra a auga atópase nos continentes, nos océanos e na atmosfera circulando constantemente entre eles impulsada pola enerxía calorífica do sol. Hai aproximadamente 3 1400 millóns de km de auga distribuídos de forma moi irregular. A maior cantidade está nos océanos. No Universo Na atmosfera No solo Nos seres vivos Fungos 80% Ser humano 63% Algas 95% Augamar 97% a auga é vida Nos océanos 3
  • 4. Patrocina: A auga da atmosfera a auga é vida A atmosfera so contén a cenmilésima parte da auga da Terra, pero esa pequena cantidade é a que, ó distribuírse pola superficie, alimenta os ríos e os acuíferos e fai posible a vida. 4 CIRROS Nubes moi altas, pequenas, estreitas e finas. A súa aparición no ceo acompaña os cambios de tempo. NIMBOS Nubes avultadas, moi altas e planas por arriba. Son as nubes típicas de tormenta. Producen fortes chubascos, descargas eléctricas e saraiba. CÚMULOS Nubes con formas redondeadas, avultadas, de cor gris pola parte de abaixo e brancas e brillantes por arriba. Cando se fan e se desfán son sinal de bo tempo. Se se espesan indican cambio de tempo. ESTRATOS Son as nubes máis baixas, sen forma fixa, grises e desfiañadas. Indican mal tempo. A NUBES son masas de vapor de auga condensado que se forman cando se enfría o aire húmido ó ser elevado polas correntes verticais. A auga pódese atopar na atmosfera en calquera dos tres estados: sólido (xeo), líquido ou gasoso (vapor). O vapor de auga que hai no aire xeralmente non se ve. Cando enfría condénsase e faise visible en forma de NUBES, nas capas altas, e NÉBOA, a nivel do chan. Se a temperatura segue baixando deposítase en forma de ORBALLO, e se se conxela forma a XEADA. Néboa Orballo Xeada As PRECIPITACIÓNS prodúcense cando o peso das pingas que se forman nas nubes é tan grande que non se poden soster no aire e caen en forma de CHUVIA, NEVE ou SARAIBA As TORMENTAS fórmanse a consecuencia da gran diferencia de temperatura entre dous puntos da atmosfera. As partículas de vapor que soben e as de xeo que baixan chocan entre sí, dentro da nube, cárganse electricamente. A electricidade que acumulan descárgase entre distintas partes da nube ou cara á terra. + ++ ++ - - -- - ++++ A chuvia cando cae en grandes cantidade pode producir inundacións. Cando a luz atravesa a pingas de auga reflíctese no seu interior e descomponse nas cores do ARCO DA VELLA O PEDRISCO fórmase pola conxelación das pingas da chuvia cando pasan a través de capas de aire frío. Nas nubes de tormenta pode acadar grandes tamaños que o fan perigoso.
  • 5. Patrocina: A auga dos océanos O mar constitúe a maior parte da hidrosfera (o 97,4 %). Forma grandes masas de auga salgada (océanos), que cobren o 70% da litosfera, entre as que emerxen os continentes. Os océanos teñen unha profundidade media de 4.000 metros. O cloruro sódico (sal común) é o sal máis abundante no mar. Cada litro de auga de mar ten: -35 gramos de sales minerais (cloruro sódico, fosfatos, nitratos...) -De 0 a 8,5 mililitros de osíxeno -Pequenas cantidades de dióxido de carbono e ata cen elementos químicos diferentes. a auga é vida 5 A auga do mar está sempre en movemento impulsada pola forza da gravedade, polo vento e polas diferencias de temperatura e salinidade. As ONDAS son movementos ondulatorios producidos polo vento. As MAREAS son movementos de subida e baixada do nivel do mar producidas pola forza de atracción da Lúa e do Sol. Marea baixa Marea alta As CORRENTES son desprazamentos verticais ou horizontais da auga do mar producidos polas diferencias de temperatura, salinidade, presión... O mar actúa sobre o medio producindo cambios químicos e acción mecánica que rompe, desgasta e traslada os materiais. O movemento do mar facilita o intercambio de gases coa atmosfera e a osixenación da auga. As correntes oceánicas distribúen a calor que almacena o mar e inflúen no clima das zonas costeiras.
  • 6. Patrocina: A auga da Terra Os RÍOS Os LAGOS e LAGOAS Os HUMIDAIS Os GLACIARES A auga do SOLO Son correntes de auga dóce que circulan por un álveo, cun caudal máis ou menos permanente. O Amazonas (América do Sur) é o río máis caudaloso do mundo. O Nilo (África) é o río máis longo do mundo con 6.689 km. Or ríos levan ó mar uns 37.000 billóns de litros de auga ó ano. Río Sil, o máis caudaloso de Galicia. O río máis longo de Galicia é o Miño, con 307, 5 km. Arbo Son masas permanentes de auga que se acumulan nas depresións do terreo. En Galicia hai numerosas lagoas situadas no litoral en depresións interiores ou nas montañas. a auga é vida 6 Lagoa de Cospeito (A Terra Cha) Lagoa de Ocelo, de orixe glaciar (Pena Trevinca) Son masas de xeo permanentes que se desprazan polas pendentes. As masas de xeo cobren arredor dun 10% da superficie da Terra. Os casquetes glaciares constitúen a maior reserva de auga dóce do planeta (máis de 3 30 millóns de km ). As masas de xeo e neve das montañas son reservas de auga para os ríos. Líbérana de forma gradual, no desxeo, ó subir as temperaturas. Son terreos que están asolagados de forma temporal ou permanente. As GÁNDARAS son terreos húmidos que conservan espazos con pequenas lagoas. As BRAÑAS ou LAMEIROS son terreos asolagados temporalmente. As TURBEIRAS son terreos onde a vexetación (esfagnos, brións, breixos...) acumula auga e forma turba, un tipo de carbón. Os humidais son ecosistemas moi fráxiles cunha gran diversidade de flora e fauna. Gándaras de Budiño Veigas de Ponteliñares (A Limia) Turbeiras do Xistral A auga é un importante compoñente do solo. Circula por entre os materiais en todos os sentidos e evapórase pola acción do sol. Os movementos da auga do solo fan posible o desenvolvemento das plantas. As augas subterráneas son as reservas de auga do subsolo e a orixe de moitas correntes superficiais. Cando as augas subterráneas entran en contacto cun foco de calor do interior da terra quéntanse e poden xurdir de novo a altas temperaturas formando os mananciais termais. Xéiser A cuberta vexetal protexe o solo e facilita a absorción de auga. Derrube producido pola auga.
  • 7. A auga e os seres vivos ADAPTACIÓNS Á VIDA ACUÁTICA A auga é unha substancia imprescindible para a vida: forma parte dos tecidos de todos os seres, é o medio de transporte para os materiais da nutrición e o elemento máis determinante da distribución dos seres vivos nos distintos ecosistemas a auga é vida 7 Patrocina: A auga forma parte das células de todos os seres vivos. É o medio no que se distribúen as substancias que entran e saen das células (nutrintes, resíduos...) Os VEXETAIS utilizan a auga para formar materia orgánica durante a fotosíntese. A materia orgánica que elaboran os vexetais é a base sobre a que se sustenta toda a vida. Auga Estomas (transpircción) Xilema (subida da auga) Floema (baixada da auga) Auga Auga O sangue é unha mestura de auga, sales, azucres... no que viaxan en suspensión distintos tipos de células (hematies, leucocitos, trombocitos...) e substancias (graxas...). Sangue humano. O líquido que protexe o feto durante o embarazo está composto esencialmente por auga. A presencia de auga nunha zona é un dos principais determinates para o asentamento das comunidades vexetais que á súa vez dan lugar a diferentes hábitats. SELVA TROPICAL. Ecosistema con abundante humidade durante todo o ano. LAGOA de auga dóce. DESERTO. Ecosistema con grave escaseza de auga. Fondo mariño Existen multitude de seres que viven na auga de xeito permanente ou temporal. Para desenvolverse con éxito neste medio precisan dunhas adaptacións específicas que afectan á forma de respirar, de desprazarse, de reproducirse, de alimentarse... Os animais desprázanse na auga axudados polas súas formas hidrodinámicas e de órganos de propulsións (aletas, patas palmeadas...) Para poderen respirar dentro da auga teñen órganos especializados que capturan o osíxeno disolto (galadas ou bránquias). Algúns saen a coller aire fóra (mamíferos, réptis, anfibios, insectos...) Algúns animais, sobre todo anfibios e insectos, utilizan a auga para reproducirse e desenvolver as súas crías. Algunhas plantas viven mergulladas, total ou parcialmente e teñen órganos que aseguran a súa flotabilidade. Bacallaos Somorgullos Patinador Limpafontes Ambroíño Xacinto de auga Utricularia, unha planta carnívora que vive dentro da auga.
  • 8. Patrocina: Usos da auga CONSUMO HUMANO SAÚDE e LECER a auga é vida 8 LIMPEZA e HIXIENE AUGA QUE ENTRA NO CORPO Bebida: 1 a 1,5 litro. Incluída noutros alimentos: 1 litro. Metabólica (producida pola reacción interna do metabolismo): 0,3 a 0,5 litros. AUGA QUE SAE DO CORPO Ouriños: 1 a 1,5 litro. Excrementos: 0,1 litro. Vías respiratorias: 0,8 itros. Pel: 0,5 litros O noso corpo procesa, en condicións normais, arredor de 2,5 litros de auga diarios. Estas cantidades pódense duplicar ou triplicar se se realiza un esforzo intenso, en condicións climáticas calurosas ou en caso de enfermidade. A auga é unha bebida mecesaria. Unha persoa adulta necesita de 2 a 4 litros diarios para manter o corpo en condicións axeitadas de funcionamento. Podemos estar case dous meses sen comer pero so se sobreviven uns poucos días sen beber. A auga é un importante recurso. Ademais de ser imprescindible para a vida, é unha materia prima esencial para o desenvolvemento das actividades humanas: agricultura, medio de transporte, industria... A auga para bebida procede mananciais naturais, de conduccións públicas sometidas a depuración ou de plantas embotelladoras de augas minerais. Un dos maiores usos que se fai da auga nas sociedades desenvolvidas é para hixiene corporal e limpeza. Desde sempre o ser humano utilizou a auga como fonte de placer (baños, decoración...). Na actualidade son moitos os xogos e deportes que se practican na auga: no mar, nos ríos, en lagos e encoros, en piscinas, parques recreativos... Galicia é rica en mananciais de augas termais e medicinais que foron utilizados xa polos romanos. Na actualidade hai numerosos balnearios onde poder disfrutar dun baño relaxante e recibir as acción beneficiosas para a pel, aparato dixestivo, osos... dos diferentes tipos de auga. Fonte termal de Caldas. A auga sae a a 48 ºC.. A HIDROTERAPIA é na utilización da auga (bebida, en baños, chorros...) para producir benestar ou tratar distintos tipos de doenzas. A auga utilízase por ser capaz de trasmitir frío, calor ou presión e polo valor da súa composición
  • 9. Patrocina: AGRICULTURA Usos da auga ACUICULTURA ALGAS a auga é vida PESCA E MARISQUEO Moitas especies que viven no mar, nos ríos e nos lagos son capturadas sobre todo para consumo humano e elaboración de alimentos para animais. Nos portos galegos descárganse arredor de 500.000 tn de peixes e mariscos ó ano. 9 A algas recóllense para utilizar como alimento, como materia prima para a industria ou como fertilizante para as terras. A acuicultura é o cultivo de especies acuáticas que se fai no mar, en ríos e lagos ou en instalacións especiais. Granxa de engorde de rodaballo Cultivo de algas en Asia. Xaulas para o engorde de peixes na Ría de Vigo. Piscifactoría de troitas en Lugo. Bateas na Ría de Arousa. Galicia é o principal cultivador de mexillon do mundo. Instalacións para a cría de ameixa. O cultivo de especies vexetais precisa de auga en cantidades variables segundo o tipo de planta, o clima, o solo ou o sistema de cultivo. O arroz é unha planta que se cultiva en terreos asolagados. Os regadíos son básicos na expansión da agricultura porque permiten poñer en explotación novas áreas alonxadas das fontes de auga. A agricultura supón a maior demanda mundial de auga dóce (arredor dun 80%). Cultivo de cereais en secano. As masas de auga son ricos ecosistemas nos que viven especies animais e vexetais de grande interese, polo que son amplamente explotados e cultivados.
  • 10. Patrocina: Usos da auga a auga é vida10 FONTE DE ENERXÍA INDUSTRIA A auga dos ríos e do mar utilízase para producir enerxía aproveitando os seus movementos (correntes, ondas) ou encorándoa. A forma máis común de aproveitar a enerxía da auga é utilizando diferentes tipos de RODAS HIDRÁULICAS As rodas hidráulicas son a base do funcionamento dos muíños, batáns, mazos, serradeiros, noras e centrais hidroeléctricas de río ou de marea. DISTINTOS TIPOS DE RODAS HIDRÁULICAS Central mareomotriz en La Rance (Francia) detalle da turbina Muíño de marea. A Seca, Cambados Muíños no río Barosa. Barro Roda na Ferrería de Bogo. CENTRAL HIDROELÉCTRICA Presa no río Miño. Os Peares. A enerxía das ondas mariñas utilízase para mover diferentes mecanismos que impulsan un xerador eléctrico. Central de ondas antes de ser mergullada. Portugal Esquema dunha central de ondas situada nun cantil. O peso da auga pódese utilizar para mover mecanismos sinxelos. Petacán, para espantar paxaros. As máquinas de vapor funcionan polo empuxe que exerce a auga ó aumentar de volume cando se converte en vapor. Mazo de azucre. Os mares, ríos e lagos serviron sempre de medios para o desprazamento de diferentes tipos de embarcacións que transportan persoas e mercadorías, ou como actividade de lecer e deportiva. MEDIO DE TRANSPORTE Trasatlántico Barco de pesca Embarcacións tradicionais a vela Barcos-vivenda en Amsterdam. A auga pode ser utilizada como materia prima, como disolvente, como refrixerante, para transportar materiais ou para limpeza. Uso da auga como diluénte nunha fábrica de papel Uso da auga como refrixerante nunha central térmica Uso da auga como disolvente e refrixerante nunha fábrica de pasta de celulosa. Canoa de totora no lago Titicaca.
  • 11. Patrocina: Problemas da auga A auga pode ser alterada facilmente cando se introduce nela calquera forma de materia, enerxía ou microorganismos que a converten en auga de mala calidade para usos posteriores ou para cumplir a súa función ecolóxica. VERTEDEIROS DEPÓSITOS INDUSTRIAIS VERTIDOS INDUSTRIAIS VERTIDOS URBÁNS VERTIDOS GANDEIROS VERTIDOS AGRÍCOLAS (fertilizantes) INTRUSIÓN SALINA ACUÍFERO A contaminación da auga pode ter a súa orixe en múltiples actividade urbanas, industriais, agro-gandeiras, accidentes... a auga é vida11 Máis de 2.000 millóns de persoas padecen enfermidades por non ter acceso á auga de calidade. Cada ano morren cinco millóns de persoas a causa de enfermidades relacionadas coa auga. A CHUVIA ÁCIDA prodúcese cando os óxidos de xofre e nitróxeno orixinados nas combustións se mesturan coa auga da chuvia e convértense en ácidos. A auga da chuvia ácida contamina todo o ambiente e causa danos nas plantas, nos animais e nos edificios. A EUTROFIZACIÓN é un proceso que afecta a lagos e ríos de pouca corrente. Prodúcese cando se achegan á auga unha cantidade excesiva de nutrintes que provocan o seu desequilibrio. PROCESO DE EUTROFIZACIÓN: 1- A auga recibe achegas procedentes de fertilizantes agrícolas, industrias agropecuarias, resíduos domésticos (fósforo, nitróxeno...). 2- Desenvólvese gran cantidade de fitoplanto, o que lle da au auga unha cor verdosa e impimpide o paso da luz, ó tempo que gran cantidade de bacterias consumen o osíxeno. 3- Coa falta de osíxeno prodúcense fermentacións que lle dan á auga olor a podre. 1 2 3 Lago eutrofizado O PALUDISMO ou malaria é a enfermidade asociada á auga máis extendida do mundo. Está causada por un protozoo que se transmite pola picadura do mosquito Anopheles. Hai máis de 200 millóns de afectados e produce dous millóns de mortes ó ano. PRINCIPAIS EFECTOS DA CONTAMINACIÓN DA AUGA: -Modificacións das súas características físicas e químicas. -Diminución do osíxeno disolto. -Desaxustes nos ciclos vitais nos organismos. -Alteracións nos ecosistemas. -Enfermidades (tifo, cólera, gastroenterite, disentería...) Protozoo da malaria atacando ós glóbulos vermellos. Escherichia coli, bacteria causante da diarrea que se atopa nas augas contaminadas. O 30% dos tramos fluviais de todo o mundo están contaminados.
  • 12. Patrocina: A saúde da auga, sistemas de tratamento TRATAMENTO PRELIMINAR CÁMARA DE SÓLIDOS TRATAMENTO PRIMARIO TRATAMENTO SECUNDARIO TRATAMENTO TERCIARIO DESINFECCIÓN... SEPARACIÓN DO FANGO ACTIVADO ELIMINACIÓN DE LODOS retorno de fango activado aire a presión a recheos criba TRATAMENTO QUÍMICO ENTRADA DE AUGA DECANTACIÓN FILTRO DE AREA SAÍDA DE AUGA Á DISTRIBUCIÓN TRATAMENTO DE AUGAS RESIDUAISTRATAMENTO DA AUGA PARA CONSUMO HUMANO Cando a auga perde as súas boas cualidade ten que ser tratada para, no posible, restituirllas. Os tratamentos de potabilización ou depuración poden ser físicos (sedimentación, filtración, cribado...) químicos (floculación, coagulación...) o de desinfección (con cloro, ozono, raios UVA, cloraminas...). Xeralmente a auga que abastece as cidades procede de ríos ou acuíferos e para o seu consumo nos fogares sométese a un proceso de potabilización en depuradoras. A rede de abastecemento de auga das cidades é un sistema de vasos comunicantes que funciona por gravidade. a auga é vida Para que as augas residuais poidan ser vertidas sen perigo ó medio ambiente ou reutilizadas sométense a distintos sistemas de depuración para devolverlles a súa calidade. Algúns destes sistemas reproducen mecanismos da natureza. ESTACIÓNS DEPURADORAS DE AUGAS RESIDUAIS (EDAR) Realizan o proceso en varias fases: PRE-TRATAMENTO: retirada de materiais máis grosos por filtración (sólidos en suspensión), decantación (areas, grava...) ou flotación (graxas, escumas). TRATAMENTO PRIMARIO: neutralízase o pH e engádenselle axentes floculantes ou espesantes para provocar o agregado das partículas de menor tamaño e poder retiralas por decantación. TRATAMENTO SECUNDARIO: procesos de dixestión biolóxica para eliminar a materia orgánica. Úsanse fangos activos con microorgansmos dixestores que logo se eliminan da auga. Neste proceso pódese obter biogás. TRATAMENTO TERCIARIO: procedementos físico-químicos para eliminar compostos que non se puideron eliminar nas fases anteriores. Os resíduos retirados da auga espésanse, estabilízanse (para facelos inocuos) e deposítanse en vertedeiros controlados. Se non conteñen substancias perigosas poden usarse como fertilizantes no campo. Tratamentos secundario Saída de auga depurada. 12 Sistema de esterilización con ozono. Elementos dun sistema de esterillización con con raios UV especial para acuicultura. Estación de potabilizadora dunha pequena localidade. SISTEMA DE LAGOAS: as augas residuais déixanse repousar para que os microor- ganismos vaian descompoñendo a materia orgánica Úsase para pequenas cantidades de auga poco contaminada. FILTROS DE AREA: reteñen as partículas contaminantes da auga que pasa a través deles. FOXAS SÉPTICAS: son recipientes pechados onde a auga se deixa repousar para que os elementos que contén vaian ó fondo. foxa séptica campo de desaugue FILTROS VERDES: as augas residuais úsanse para regar plantacións de árbores que reteñen os contaminantes. Depuradora para barcos. ENCORO DEPURADORA ACUÍFERO ESTACIÓN DE BOMBEO DEPÓSITO DE ALMACENAMENTO REDE DE DISTRIBUCIÓN
  • 13. Patrocina: A auga no mundo ALTERNATIVAS A auga é un recurso limitado e irregularmente repartido. A auga dos acuíferos considérase un recurso renovable sempre que o volume extraído non sexa maior que a súa taxa de rexeración. Como a renovación adoita ser moi lenta en moitos lugares os acuíferos están esgotados ou sobreexplotados. Na distribución da auga inflúen condicións naturais (clima, relevo ...) e condicións econonómicas (tecnoloxía, capacidade para deseñar sistemas de extracción, distrubución e saneamento...). Desde os primeiros tempos a auga condicionou os asentamentos humáns e a economía. A súa presenza determinou o éxito de moitas civilizacións e a súa desaparición o fracaso e abandono de amplos territorios. Na actualidade a seca é causa de grandes catástrofes ecolóxicas e humanas e impulsa a moitas persoas a emigrar. O lugar máis seco do planeta é o norte de Chile onde so se recolle 0,1 mm de chuvia ó ano. Os países desenvolvidos consumen auga por enriba das súas necesidades mentras un tercio da poboación sofre restriccións e máis de 1.400 millóns de persoas carecen de auga potable. CONSUMO MEDIO DE AUGA POR PERSOA E DÍA NUN PAÍS DESENVOLVIDO. colada: 30 cuarto de baño: 110 WC: 96 limpeza da casa: 8 xardín:8 bebidas e cociña: 8 vaixela:30 TOTAL: uns 300 litros por persoa/día a auga é vida Nas plantas desalinizadoras a auga sométese a diferentes procesos para extraerlle o sal. Este sistema estase a utilizar nos países con forte escaseza de auga dóce que está á beira do mar. quentador vapor condensador vapor AUGA DÓCE salmoira AUGA DO MAR Proceso de evaporación multietapa nunha desalinizadora de auga, O mar é unha gran reserva de auga, pero para poder utilizala para o consumo humano ou para a agricultura debe ser desalgada. CONSUMO DOMÉSTICO DE AUGA E DISTINTOS PAÍSES. En Galicia dispoñemos de 3,18 billóns de litros de auga. O 40% consúmese nas vivendas e nas industrias e o 60% na agricultura. Sistema de rego a pinga nun invernadeiro. Para mellorar a distribución da auga e facer fronte ós graves problemas de escaseza é preciso mellorar a eficiencia no seu uso (sistemas de conducción e rego, cultivos axeitados ó clima, aforro doméstico, reutiliza- ción....) e deseñar tecnoloxías que o fagan posible. Os países desenvolvidos teñen a obriga de colaborar cos máis necesitados para acadar unha máis xusta distribución dos recursos hídricos. 13 O 40% da auga en condicións de ser utilizada pérdese por mala xestión. 120 millóns de europeos non teñen auga potable ou carecen dun sistema de saneamento axeitado.
  • 14. Patrocina: A auga na tradición popular a auga é vida14 RECITADO Auga, que forte eres, que apagas o lume que queima o pau que malla o gato que corre o rato que fura o muro que torna o aire que corre a nube que cubre a lúa que turba o sol que derrete a neve que no meu pé prende. CANTIGAS Maruxiña vai na fonte moito tarda que non ven, ou rompeu o cantariño ou moitos amores ten. Unha nena nunha fonte, por unha verza bebía, a verza estáballe rota, toda a auga lle vertía. A auguiña desta fonte moita sediña calmou, e nos cen anos que leva moita cariña lavou. Fun á fonte a beber auga debaixo dunha pereira, solo por ver os teus ollos que a sede moita non era. Eu fun á fonte por auga nunca tal auga nacera, tiven que tomar amores antes de pousar a sella. Canta meniña, na beira da fonte; canta, dareiche boliños do pote. REFRÁNS -En abril, cada pingueira vale por mil. -A chuvia de San Xoan tolle o viño e non da pan.. -En agosto chove mel e mosto. -En abril augas mil, en maio as que queiran vir. -Cando Nadal nada, sinal de boa anada. -Xeada enriba de lodo, auga deica o codo. -O mes de xaneiro xeadeiro, o de febreiro mulideiro,o de marzo esqueiroso e o de abril chuvioso sacan a maio frorido e fermoso. -Polo agosto arden os montes, polo setembro secan as fontes. -Auga corrente non mata á xente, auga parada, tenna matada. AS FONTES Tan abundantes en Galicia, son bens comunais, ata hai poucos anos imprescidibles. Pola súa importancia convértéronse, nalgúns casos en obras artísticas que se situaban en lugares destacados. Moitas veces están asociadas ós lavadoiros e pías para beber o gando. Na actualidade constrúense como elementos decorativos. Moitas historias, contos e lendas teñen relación coa auga. Quizáis o fundamento deste feito radique na importancia vital que ten a auga para nós. Mares, lagos e lagoas, ríos, regos, fontes, pozos ... son lugares cos que moita xente ten unha relación “máxica”. Nas costas fálase de mar embravecida, de cidades asolagadas por temporais, afundimentos e meigallos; réndese homenaxe ó mar, fonte de riqueza e desgracia ó mesmo tempo. Nas zonas de interior destaca a existencia de fontes milagreiras e lagoas encantadas (onde hai máis de un tesouro ou cidade afundida). LENDAS E CRENZAS Abondan as fontes chamadas das “mouras” ou dos “mouros” relacionadas con lendas de gardadoras de tesouros. Tamén existen numerosas fontes milagreiras asociadas a santuarios (Santo André de Teixido, Escravitude, Santa Mariña de Augas Santas, As Ermidas, A Lama, Amil...). Cando un forasteiro bebe auga, ou lava as mans en determinadas fontes (Verín, Ourense...) casa no lugar. AUGA DE SAN XOAN Ten propiedades máxicas e curativas. Prepárease na véspera do santo antes de que se poña o sol collendo auga, de unha ou de varias fontes, na que se botan herbas aromáticas e flores, déixase toda a noite ó sereo e úsase o día de San Xoan para lavarse. RECIPIENTES TRADICIONAIS PARA A AUGA ola botixo caldeiro sella
  • 15. Documento asinado o 6 de Maio de 1968 polo Comité de Ministros do Consello de Europa. 1.- Non hai vida sen auga. Ela é un estimado ben, indispensable para todas as actividades humanas. 2.- Os recursos en auga doce non son inesgotábles. É indispensablel preservalos, controlalos e, se é posible, incrementalos. 3.- Alterar a calidade da auga é prexudicar a vida do ser humano e dos outros seres viventes que dependen dela. 4.- A calidade da auga debe ser preservada a uns niveis que estean adaptados ós seus usos previstos e debe satisfacer, fundamentalmente, as esixencias da saúde pública. 5.- Cando a auga, despois do seu uso, se devolve ó medio natural, non debe comprometer as utilizacións posteriores, tanto públicas como privadas, que se poden tirar dela. 6.- O mantemento dunha cuberta vexetal axeitada, preferentemente forestal, é esencial para a conservación dos recursos en auga. 7.- Os recursos en auga deben ser obxecto dun inventario. 8 - A boa xestión da auga debe ser obxecto dun plan elaborado polas autoridades competentes. 9 - A salvagarda da auga significa un esforzo crecente de investigación científica, de formación de especialistas e de información publica. 10.- A auga é un patrimonio común, cun valor que debe ser recoñecido por todos. Cada un ten a obriga de economizala e de utilizala con siso. 11.- A xestión dos recursos en auga debería inscribirse no cadro dunha conca natural antes que en fronteiras administrativas e políticas. 12.- A auga non ten fronteiras. É un recurso común que ten necesidade dunha cooperación internacional. Patrocina: Idea e realización CARTA EUROPEA DA AUGAXOGA LIMPO COA AUGA Na lavadora: clasifica a roupa antes de lavala, evita os prelavados, lava con auga fría, enche a lavadora a tope. No baño: non deixes pingar as billas e pechaas mentres non uses a auga. Nun lavado de dentes ou nun afeitado pódense aforrar 10 litros de auga. Ducharse na vez de bañarse permite aforrar entre 70 e 90 litros de auga. Tira o menos posíbel da cisterna ou colócalle dentro unha botella chea de auga para reducir a súa capacidade. Comproba o seu bo funcionamento. .Unha cisterna que pinga pode perder máis de 150 litros cada día Unha billa que pinga estraga 30 litros de auga cada día, se ten un furado de 1 mm de diámetro perde 150 l., se o furado é de 2 mm. perde 325 l. E se a abertura é de 5 mm. deixa fuxir 3.500 l. de auga. Cada persoa gasta diariamente máis de 200 litros de auga, 150 úsanse no baño, máis da metade sen ningunha finalidade. Na cociña: usa o lavavaixelas so cando estéa cheo. Enche a cubeta do fregadeiro para lavar a louza. Evita o verquido de todo tipo de produtos contaminantes: medicamentos, pinturas, varnices, aceites, disolventes, pesticidas, lixivias... a auga é vida15 A auga é un ben escaso e sensible que hai que usar con moderación e manexar con moita precaución. Aproveita as augas de cocer verduras para regar as plantas. Date unha ducha en vez dun baño Utiliza sistemas de rego que aforren auga. Marzo 22Día Mundial da Auga Esta data serve para recordarlle á humanidade a necesidade de tratar a auga como un patrimonio colectivo que non se debe estragar.