1. A AUGA A auga é unha substancia imprescindible para a vida. A auga é a única substancia que na natureza se presenta nos tres estados: Sólido : é o xeo dos polos e nos cumes dos montes altos. Líquido: é a auga dos ríos, mares, lagos, océanos e augas subterráneas. Gasoso: é o vapor de auga que forma as nubes.
2. USOS DA AUGA As persoas usamos a auga para beber, lavarnos, para divertirnos e facer deporte. As plantas para alimentárense toman as substancias disoltas en auga polas raíces. Algúns animais viven dentro da auga e outros coma nós necesítana para vivir.
3. A AUGA CAMBIOS DE ESTADO A auga pode cambiar dun estado a outro. Os cambios de estado son: fusión, solidificación, evaporación , ebulición e condensación.
4. CAMBIOS DE ESTADO Fusión: é cambio estado de xeo a auga líquida; é dicir, cambio de estado sólido a líquido. (Tª = 0º C) Solidificación: é o cambio de auga líquida a xeo; é dicir, o cambio de líquido a sólido. Ebulición: é o cambio de auga líquida a vapor de auga; é dicir, o cambio de estado líquido a gasoso. Este cambio prodúcese o ferver a auga a 100 ºC. Evaporación: tamén é o cambio de auga líquida a gas, pero a temperatura ambiente sen chegar a ferver a auga. Por exemplo cando desaparece a auga dun charco. Condensación: é cambio de gas a líquido; é dicir, cambio de estado gasoso a estado líquido.
9. 1.- A auga dos ríos, mares, lagos … evapórase. 2.- A auga evaporada condénsase. 3.- As nubes móvense empuxadas polo vento. 4.- Ao chegaren a unha zona máis fría a auga cae en forma de chuvia, sarabia ou neve. 5.- A auga caída forma os ríos, regatos e levan a auga ata os lagos ou ata o mar. Parte dela fíltrase na terra e forma as augas subterráneas, que sairá orixinando fontes e mananciais. E o CICLO volve a comezar.