SlideShare a Scribd company logo
1 of 99
A auga
CARACTERÍSTICAS E PROPIEDADES

Habitualmente dicimos que a auga é un
líquido sen olor, sen cor e sen sabor
A auga é un composto formado por partículas (átomos) de dous
elementos unidos entre sí: o osíxeno (O) e o hidróxeno (H).

Nunha pinga de
auga hai trillóns de
moléculas.

COMPOSICIÓN DA AUGA
EN VOLUME EN MASA
OSíXENO
33,3 %
88,81 %
HIDROXENO 66,6 %
11,19 %

MOLÉCULA DE AUGA

H2O
A auga non se atopa case
nunca en estado puro,
sempre leva disoltas, ou en
suspensión, substancias que
lle conceden características
diferentes.
A forza de atracción entre as moléculas superficiais
da auga (tensión superficial) crea unha película
invisible que mantén a forma das pingas.
A auga ten un gran poder disolvente.
Penetra no interior dos materiais, altera as súas
estruturas ou disólveos.
O xeo é menos denso (ten máis
volume) que a auga líquida e
por iso aboia nela.

Cando a auga se conxela
aumenta de volume
A densidade da auga é 1
1 litro= 1 quilo

aceite

O aceite é
menos denso
que a auga

auga

O ovo afúndese en auga dóce a aboia en auga con sal.
A auga pode
aparecer como
sólido, líquido
ou gas,
dependendo da
temperatura.
A calor fai que as
partículas que
forman a auga se
manteñan xuntas
ou se separen.

A a u g a é u n GAS ca n do a s
p a rtícula s a o a b sorb e ren
ca lor fa n se lixe ira s, p e rd e n
a co n exión e ntre e la s e
mó ve n se libre me n te .
A Terra é o único planeta que
permite a existencia da auga nos
seus tres estados: sólida (nevexeo), líquida, e gas (vapor de auga).

Outros planetas do sistema solar teñen
auga en estado gasoso (Venus) ou en
estado sólido (Marte)…
CICLO DA AUGA NA NATUREZA

PRECIPITACIÓN

EVAPOR
ACIÓN

ESCORRENTÍA
A facilidade que ten a auga para cambiar de estado con lixeiras variacións de temperatura fai
posible que circule na natureza nun ciclo pechado, que permite manter constantemente a
cantidade de auga que hai no planeta e a súa distribución polos distintos medios.

Cada día o sol evapora 1 billón de litros de auga.
ORIXE DA AUGA
•Impacto de
meteoritos e
cometas
•Enfriamento do
magma inicial
•Erupcións
volcánicas
ONDE HAI AUGA?
Na Terra hai aproximadamente 1.400
millóns de km3 de auga distribuídos
de forma irregular.

DISTRIBUCIÓN DA AUGA NA TERRA
Océa nos

97,4 %

Gla ciares

2,02 %

Auga s Subterráneas

0,57 %

Lagos e Ríos

0,01 %

Atmosfera

0,001 %

Seres vivos

0,0 0004 %
SERES VIVOS

Alga s
95%
Auga ma r
97%

Fu ng os
80 %
Se r hum a n o
63%
A AUGA DA ATMOSFERA
A atmosfera só contén a cenmilésima parte da auga do planeta,
pero esa pequena cantidade é a que, ao distribuírse pola
superficie, alimenta os ríos e os acuíferos e fai posible a vida.
O vapor de auga que hai no aire xeralmente
non se ve. Cando enfría condénsase e faise
visible en forma de NUBES, nas capas altas, e
NÉBOA, a nivel do chan. Se a temperatura
segue baixando deposítase en forma de
ORBALLO, e se se conxela forma a XEADA
As PRECIPITACIÓNS prodúcense
cando o peso das pingas que se
forman nas nubes é tan grande que
non se pode soster no aire e caen en
forma de CHUVIA, NEVE ou SARAIBA
A AUGA DOS OCÉANOS
O mar constitúe a maior parte da hidrosfera. Forma
grandes masas de auga salgada (océanos) que cobren o
70% da litosfera, entre as que emerxen os continentes.
Os océanos teñen unha profundidade media de 4.000 m.

Cada litro de auga de mar ten:
-35 gramos de sales minerais (cloruro sódico,
fosfatos, nitratos…)
-De 0 a 8,5 ml de osíxeno
-Pequenas cantidades de dióxido de carbono
-Ata cen elementos químicos diferentes.
IMPORTANCIA ECOLÓXICA DOS OCÉANOS
•Regulan o clima: transportan a calor e amortecen as
rigurosidades do clima
•Absorben o CO2 atmosférico.
•Son fonte de recursos (alimentos, minerais, enerxía)
•Utilízanse como vía de transporte
•Os movementos do mar favorecen o intercambio de
gases coa atmosfera.
•Os océanos son tamén o sumidoiro a onde van parar
unha gran cantidade de residuos procedentes dos
verquidos costeiros urbáns e industriais, das achegas
dos ríos, dos accidentes dos barcos...
A AUGA DA TERRA

OS RÍOS
Son correntes de auga que circulan por un álveo, cun caudal
máis ou menos permanente.
Os ríos devolven ao mar uns 37.000 billóns de litros de auga ao ano.
Os ríos son, porcentualmente, a parte menos importante da hidrosfera
(0,00015%), pero son elementos fundamentais desde o punto de vista
ecolóxico e social xa que a súa auga doce é un elemento imprecindible para
o desenvolvementos dos ecosistemas e das actividades humanas
(asentamentos, agricultura, industrias, enerxía...).
Cada ano chegan ao mar 20 millóns de tn de substancias diversas procedentes do
ríos.
AUGAS TORRENCIAIS
Son correntes de auga temporais,
sen alveo definido, que se
producen como consecuencia das
precipitacións.
Son axentes erosivos moi intensos
que poden danar gravemente os
terreos, especialmente se non teñen
vexetación.
OS LAGOS E LAGOAS
Son masas permanentes de auga que
se acumulan nas depresións do terreo.
OS GLACIARES
Son masas de xeo permanentes
que se desprazan polas pendentes.
As masas de xeo cobren arredor dun 10% da superficie da Terra.

Os casquetes glaciares constitúen a maior reserva
de auga doce do Planeta (30 millóns de km3).
As masas de xeo e neve das montañas son
reservas de auga para os ríos. Libérana de forma
gradual no desxeo ao subir as temperaturas.
Neve esponxosa

Neve compacta

Xeo
Cristais de neve
OS HUMIDAIS
Son terreos que están asolagados de forma temporal ou permanente.
As zonas húmidas son importantes para manter a biodiversidade. Son
ecosistemas moi fráxiles cunha gran diversidade de flora e fauna.

As GÁNDARAS son
terreos húmidos que
conservan espazos con
pequenas lagoas.

As BRAÑAS ou
LAMEIROS son terreos
asolagados
temporalmente.

As TURBEIRAS son terreos
onde a vexetación (esfagnos,
brións, breixos...) acumula auga
e forma turba, un tipo de
carbón.
A AUGA DO SOLO
A auga é un importante compoñente
do solo. Circula por entre os materiais
en todos os sentidos e evapórase pola
acción do sol. Estes movementos son
os que fan posible o desenvolvemnto
dos vexetais.
IMPORTANCIA DAS AUGAS SUBTERRÁNEAS:
Son as reservas de auga do subsolo e orixe de moitas correntes superficiais.
Manteñen o subministro de auga para os vexetais que están na superficie.
As augas subterráneas contamínanse facilmente con substancias que se
infiltran a través do solo.
A existencia de augas termais
prodúcese por unha infiltración de
augas superficiais que chega a
focos térmicos internos onde se
quenta para xurdir logo chegando
á superficie cunha temperatura
superior á do ambiente.
ACCIÓN XEOLÓXICA DA AUGA

RÍOS: vales, canóns, pozas, fervenzas…
Canón do Eume
Cárcavas e barrancos
AUGAS SUBTERRÁNEAS:
covas, galerías, dolinas…
estalactitas

estalagmitas
Pirámides de terra
MAR: praias, cantís, furnas, arcos…
A AUGA E OS SERES VIVOS
A auga é unha substancia imprescindible para a vida:
-forma parte dos tecidos de todos os seres,
-é o medio de transporte para os materiais da nutrición
-é o elemento máis determinante da distribución da vida nos
distintos ecosistemas.
Os vexetais por medio fa fotosíntese
incorporan unha parte da molécula da
auga para formar materia orgánica.
Esa materia orgánica é a base sobre a
que se a maior parte da vida na Terra.
O sangue é unha mestura de
auga, sales, azucres... na que
viaxan en suspensión distintos
tipos de células (hematíes,
leucocitos, trombocitos),
microorganismos, graxas...

ouriños

O líquido que protexe ao
feto durante o embarazo
está composto
esencialmente por auga.

sangue
Existen multitude de seres que viven na auga de xeito permanente ou temporal.
Para desenvolverse con éxito neste medio precisan dunhas adaptacións
específicas que afectan ás súas formas, as súas estruturas e á maneira de
realizar as súas funcións vitais.

Bránquias dun peixe

Para poder aproveitar o osixeno
disolto na auga teñen grandes
superficies en contacto con ela e
órganos especializados (as
galadas ou bránquias).
Algúns saen a coller o aire fora.
Moitos organismos acuáticos teñen estruturas
especializadas que aseguran a súa flotabilidade:
órganos de flotación, baixa densidade corporal…
Para desprazárense teñen formas hidrodinámicas e
están dotados de órganos de propulsión (aletas,
patas palmeadas...)
Algúns animais, sobre todo
anfibios e insectos, utilizan a
auga para reproducírense e
desenvolver ás súas crías.
USOS DA AUGA

A auga é un importante recurso. Ademais de ser imprescindible
para a vida, é unha fonte de enerxía e unha materia prima esencial
para o desenvolvemento das actividades humanas (transporte,
agricultura, industria…).
A falta de auga condiciona grandemente a evolución social e o
desenvolvemento económico dos países máis desfavorecidos
CONSUMO HUMANO
A auga é unha bebida necesaria.
Unha persoa adulta precisa de 2 a 4 litros
diarios para manter o corpo en condicións
axeitadas de funcionamento.

Podemos estar case dous
meses sen comer, pero só
se sobrevive uns poucos
días sen beber
O noso corpo procesa arredor de 2,5 a 3 litros diarios de auga
en condicións normais. Estas cantidades pódense duplicar ou
triplicar no caso de esforzo intenso, en condicións climáticas
calurosas ou no caso de enfermidades.

AUGA QUE ENTRA
NO CORPO:
Bebida: 1 a 1,5
litros
Incluída noutros
alimentos: 1 l
Metabólica: 0,3 a
0,5 l

AUGA QUE SAE DO
CORPO:
Ouriños: 1 a 1,5
litros
Excrementos: 0,1 l
Vías respiratorias:
0,8 l
Pel: 0,5 l
A auga para bebida procede de mananciais
naturais, de conducións públicas
sometidas a depuración ou de plantas
embotelladoras de augas minerais.
LIMPEZA E HIXIENE
Un dos maiores usos que se fai da
auga nas sociadades desenvolvidas é
para hixiene corporal e limpeza.
Saúde e lecer
Augas termais

Ourense

Caldas

Lugo
decoración
deportes
AUGA E TRADICIÓN
Recipientes tradicionais
AGRICULTURA
O cultivo de especies vexetais
precisa de auga en cantidades
variables, segundo o tipo de
planta, o clima, o solo ou o
sistema de cultivo.
PESCA - MARISQUEO - ACUICULTURA
As masas de auga son ricos ecosistemas
nos que viven especies animais e vexetais
de grande interese, polo que son
amplamente explotados e cultivados.
MEDIO PARA O
TRANSPORTE
Os mares, ríos e lagos serviron
sempre de medios para o
desprazamentos de diferentes
tipos de embarcacións que
transportan persoas e
mercadorías ou como actividade
de lecer ou deportiva
FONTE DE ENERXÍA
A auga dos ríos e do mar emprégase para producir
enerxía aproveitando os seus movementos (correntes,
ondas), a calor almacenada ou facendo encoros.
serrería
batán

muíño

mazo

Roda de afiar
Muíño de mareas

Central eléctrica de mareas

Central eléctrica de ondas
Máquinas de vapor
INDUSTRIA
A auga pode ser
utilizada como materia
prima, como disolvente,
como refrixerante, para
transportar materiais ou
para limpeza
A auga é un
recurso
limitado e
irregularmente
repartido
DISPONIBILIDADE DE AUGA NA TERRA

O lugar máis seco do
Planeta é o norte de
Chile, onde só se
recollen 0,1 mm de
chuvia ao ano.
Os países desenvolvidos consumen
auga por enriba das súas
necesidades, mentras, un tercio da
poboación mundial sofre
restriccións e máis de 1.400 millóns
de persoas carecen de auga potable.

120 millóns de europeos
non teñen auga potable
ou carecen dun sistema
de saneamento axeitado.
CONSUMO DOMÉSTICO DE
AUGA EN DISTINTOS PAÍSES

CONSUMO DE AUGA NAS
PRINCIPAIS CIDADES GALEGAS
(LITROS POR HABITANTE E DÍA)
CONSUMO MEDIO DE AUGA POR PERSOA
E DÍA NUN PAÍS DESENVOLVIDO.
P OB
R LEMAS DA AUGA
A auga pode ser alterada facilmente cando se introduce nela
calquera forma de materia, enerxía ou microorganismos que a
converten an auga de mala calidade para usos posteriores ou
para cumplir a súa función ecolóxica.
Protozoo da
malaria atacando
a un glóbulo
vermello

A auga, se está estancada ou contaminada,
pode ser trasmisora de enfermidades
Paludismo ou malaria máis de 200
millons de afectados e 2 millóns de mortos
anuais.
Cólera uns 800.000 casos ao ano.
Filariase: 250 millóns de persoas
afectadas.
Esquistosomiase 200 millóns de casos.
Tripanosomiase (enfermidade do sono),

Esc he ri ch ia co li, ba ct e ria ca usa nt e da dia r re a
que se a t opa na s a uga s cont a mina da s.
Usos urbanos
PROBLEMAS

ALTERNATIVAS

•Abastecemento insuficiente.

•Instalar mecanismos de baixo
consumo en billas e cisternas.

•Perdas por defectos nas
instalacións e derroche no
consumo.
•Contaminación por verquidos
fecais, residuos alimenticios,
deterxentes, produtos químicos...

•Axeitar os xardíns urbanos á
climatoloxía da zona para diminuír
os regos.
•Reutilizar as augas residuais
depuradas para limpeza de rúas e
rego de xardíns,.
•Facer unha recollida e
canalización independente das
augas de choiva e das residuais
que van polos sumidoiros.
Agricultura
PROBLEMAS

ALTERNATIVAS

•En xeral, a eficiencia dos
sistemas de rego é moi mala
(menor do 40%) xa que existen
moitas perdas por evaporación,
malas canalizacións, formas de
rego non axeitadas, horas de rego
a pleno sol...

•Cambio nos sistemas de rego
utilizando aqueles que consumen
menos auga coma o rego por
impulsos ou por goteo.

•Contaminan da auga con restos
de plaguicidas, pesticidas,
fertilizantes e abonos.

•Adaptar os cultivos a cada zona
segundo as condicións climáticas
e do solo.
•Reducir a utilización de
productos químicos perigosos
para o medio ambiente.
•Almacenar a auga da chuvia para
usala logo para regar
Industria
PROBLEMAS

ALTERNATIVAS

•Contaminación térmica.

•Instalar sistemas de
recirculación e baixo consumo.

•Contaminación química por
materia orgánica, metais
pesados, graxas, aceites,
residuos radioactivos...
As
máis contaminantes son as
petroquímicas, as papeleiras, as
siderúrxicas, as alimentarias, as
téxtiles e as mineiras.

•Instalar depuradoras específicas
para cada caso.
•Propoñer incentivos
económicos e fiscais polo aforro
de auga.
Enerxía

PROBLEMAS

ALTERNATIVAS

•Os encoros destrúen os vales
fluviais co conseguinte impacto
no medio natural (migración de
peixes, cambios na composición
química da auga, problemas de
eutrofización...)

•Utilizar fontes de enerxía menos
agresivas co medio
Navegación
PROBLEMAS

ALTERNATIVAS

•Verquidos de hidrocarburos e
outras substancias químicas
procedentes da limpeza dos
barcos e de accidentes.

•Maior seguridade nos barcos.
•Separación da costa do tráfico
marítimo con substancias
perigosas.
•Instalación de contedores para
resíduos nos portos.
A CONTAMINACIÓN DA AUGA
CONTAMINANTES

ORIXE

EFECTOS

•Aumento ou diminución da
temperatura

•Actividades industriais

•Desaxustes nos ciclos vitais dos organismos
•Diminución da concentración de osíxeno na
auga

•Partículas radioactivas

•Circuítos de refrixeración
das centrais nucleares,
residuos radioactivos

•Acumúlanse nos sedimentos e afectan as
comunidades dos medios onde se depositan

•Sólidos en suspensión (lodos,
areas, gravas, restos de
animais ou vexetais).

•Escorrentía (pola erosión do
solo) e augas residuais.

•Diminución da transparencia (que dificulta o
paso da luz), Modifican as características
organolépticas das augas (cor, olor e sabor) e
dificultan a mobilidade e a respiración dos
organismos acuáticos.

•Substancias químicas
biodegradables (nitratos,
fosfatos, carbohidratos,
metano, osíxeno, sulfhídrico...)

•Descomposición da materia
orgánica, vertidos de orixe
agrícola (fertilizantes),
gandeiro (xurros) e augas
residuais

•Acidifican moito o medio
•Favorecen o proceso de eutrofización.

•Substancias químicas non
biodegradables (metais
pesados, pesticidas, PCBs...)

•Augas residuais de orixe
industrial
•Vertidos da minería

•Provocan variacións no pH
•Algúns son tóxicos directamente (coma o
mercurio) ou por bioacumulación (coma o
chumbo). Tamén alteran o sabor, olor e cor
naturais da auga.

•Materia orgánica

•Descomposición de restos
de animais e vexetais

•Diminución na concentración de osíxeno
disolto que afecta ás especies aerobias

•Organismos patóxenos
(bacterias, protozoos,
vermes...)

•Augas residuais domésticas

•Produción de enfermidades: tifo, cólera,
gastroenterite, disentería, esquistosomiase
PRINCIPAIS CAUSAS DA
CONTAMINACIÓN DA AUGA
CHUVIA ÁCIDA
EUTROFIZACIÓN
Prodúcese nos lagos, nas augas estancadas e en algúns ríos
cando se introduce no seu ciclo natural unha cantidade
excesiva de nutrintes que provocan o seu desequilibrio.
2. O fitoplancto consume
o nitróxeno e produce un
incremento do osíxeno
superficial, que impide o
paso da luz e provoca a
morte do propio
fitoplancto e outros seres
acuáticos.

1. A auga recibe achegas dos
elementos químicos (fósforo e
nitróxeno procedentes de
fertilizantes agrícolas e augas
residuais domésticas,
industriais, agropecuarias...)
que provocan un gran
incremento do fitoplancto.

3. Coa falta de osíxeno
teñen lugar os procesos
de fermentación con
desprendemento de
metano (CH4), amoníaco
(NH3) e ácido sulfhídrico
(H2S), gases responsabeis
do mal olor característico
dunha auga podre.
Contaminación por cianobacterias
SISTEMAS DE
TRATAMENTO
DA AUGA

REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGAS
POTABILIZADORA
DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS
Outros sistemas de depuración da auga

FILTROS DE AREA
FOSA SÉPTICA

RADIACIÓN UV
FILTROS VERDES

SISTEMA DE LAGOAS
RISCOS ASOCIADOS Á AUGA

Derrubes
Inundacións
Erosión…
Unha billa que pinga estraga
30 litros de auga cada día, se
ten un furado de 1 mm de
diámetro perde 150 l, se o
furado é de 2 mm perde 325 l
e se a abertura é de 5 mm
deixa fuxir 3.500 l de auga.

Cada persoa gasta
diariamente máis de
200 litros de auga,
150 úsanse no baño,
máis da metade sen
ningunha finalidade.
XOGA LIMPO
COA AUGA

Na lavadora: clasifica a roupa antes

de lavala, evita os prelavados, lava con
auga fría, enche a lavadora a tope.
No baño: non deixes pingar as billas e
pechaas mentres non uses a auga. Nun
lavado de dentes ou nun afeitado
pódense aforrar 10 litros de auga.
Ducharse na vez de bañarse permite
aforrar entre 70 e 90 litros de auga.
Tira o menos posible da cisterna ou
emprega un sistema para reducir a súa
capacidade. Comproba o seu bo
funcionamento. Unha cisterna que pinga
pode perder máis de 150 litros cada día.
Na cociña: usa o lavavaixelas so
cando estéa cheo. Aproveita as augas de
cocer verduras para regar as plantas.
Enche a cubeta do fregadeiro para lavar
a louza.
Evita o verquido de todo tipo de
produtos contaminantes: medicamentos,
pinturas, varnices, aceites, disolventes,
pesticidas, lixivias, ácidos fortes...
A a u g a é vid a
A a u g a é a fo rza q u e co n d u ce á e rra d ica ció n
d a p o b re za e a fa m e , in d isp e n sa b le p a ra a
sa ú d e e o b e n e sta r d a h u m a n id a d e .
De cla r a ció n d o FORO MU NDIAL DA AU GA, Xa p ón 20 0 3
A auga non é un ben comercial coma
os demais, senón un patrimonio a
protexer, defender e tratar como tal.
Directiva marco da Auga, considerando 1º
MONTAXE: Adela Leiro
Cobaboran: Xulio C. Iglesias
e Valeria Martínez
FOTOS: Adela Leiro, Internet,
arquivo Corel.
DEBUXOS: Mon Daporta

More Related Content

What's hot (19)

A Ría de Pontevedra
A Ría de PontevedraA Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
 
Proxecto ríos valiñadares grupo 1
Proxecto ríos valiñadares grupo 1Proxecto ríos valiñadares grupo 1
Proxecto ríos valiñadares grupo 1
 
Atmosfera
AtmosferaAtmosfera
Atmosfera
 
A auga
A augaA auga
A auga
 
A auga
A augaA auga
A auga
 
Aire e auga
Aire e augaAire e auga
Aire e auga
 
Tema VIII: Medio Ambiente e Sociedade
Tema VIII: Medio Ambiente e SociedadeTema VIII: Medio Ambiente e Sociedade
Tema VIII: Medio Ambiente e Sociedade
 
U. 3. as formas da terra
U. 3. as formas da terraU. 3. as formas da terra
U. 3. as formas da terra
 
Dinamica da auga
Dinamica da augaDinamica da auga
Dinamica da auga
 
44 2 natureza
44 2 natureza44 2 natureza
44 2 natureza
 
Pasa Palabra Da Auga
Pasa Palabra Da AugaPasa Palabra Da Auga
Pasa Palabra Da Auga
 
Paisaxes. Proxecto interdisciplinar 1º eso
Paisaxes. Proxecto interdisciplinar 1º esoPaisaxes. Proxecto interdisciplinar 1º eso
Paisaxes. Proxecto interdisciplinar 1º eso
 
A AUGA
A AUGAA AUGA
A AUGA
 
Tema4 Os ecosistemas
Tema4 Os ecosistemasTema4 Os ecosistemas
Tema4 Os ecosistemas
 
O ecosistema
O ecosistemaO ecosistema
O ecosistema
 
O ecosistema 3
O ecosistema 3O ecosistema 3
O ecosistema 3
 
Problemas medioambientais en España
Problemas medioambientais en EspañaProblemas medioambientais en España
Problemas medioambientais en España
 
Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costa
 
Unidade 4 Medio Ambiente Mac
Unidade 4 Medio Ambiente MacUnidade 4 Medio Ambiente Mac
Unidade 4 Medio Ambiente Mac
 

Viewers also liked

O mar en Cambados
O mar en CambadosO mar en Cambados
O mar en Cambadosmonadela
 
Espazo natural Veigas do Río Salas
Espazo natural Veigas do Río SalasEspazo natural Veigas do Río Salas
Espazo natural Veigas do Río Salasmonadela
 
Os cereais-o pan (primaria)
Os cereais-o pan (primaria)Os cereais-o pan (primaria)
Os cereais-o pan (primaria)monadela
 
Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón
Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de BurónReserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón
Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burónmonadela
 
Espazo natural Río Grande
Espazo natural Río GrandeEspazo natural Río Grande
Espazo natural Río Grandemonadela
 
As árbores: morfoloxía, especies...
As árbores: morfoloxía, especies...As árbores: morfoloxía, especies...
As árbores: morfoloxía, especies...monadela
 
Manuel María: a natureza, o tempo
Manuel María: a natureza, o tempoManuel María: a natureza, o tempo
Manuel María: a natureza, o tempomonadela
 
Manuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxeManuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxemonadela
 
Río Neira
Río NeiraRío Neira
Río Neiramonadela
 
Escornacabras (Pistacia terebinthus)
Escornacabras (Pistacia terebinthus)Escornacabras (Pistacia terebinthus)
Escornacabras (Pistacia terebinthus)monadela
 
Celentéreos
CelentéreosCelentéreos
Celentéreosmonadela
 
Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais monadela
 
Fervenzas A Coruña
Fervenzas A CoruñaFervenzas A Coruña
Fervenzas A Coruñamonadela
 
Río Landro
Río LandroRío Landro
Río Landromonadela
 
Lh erregistro orria
Lh erregistro orriaLh erregistro orria
Lh erregistro orriaGabitxurakel
 

Viewers also liked (19)

School
SchoolSchool
School
 
Makiyazh bez-problem
Makiyazh bez-problemMakiyazh bez-problem
Makiyazh bez-problem
 
ทิคุสมาส
ทิคุสมาสทิคุสมาส
ทิคุสมาส
 
O mar en Cambados
O mar en CambadosO mar en Cambados
O mar en Cambados
 
Espazo natural Veigas do Río Salas
Espazo natural Veigas do Río SalasEspazo natural Veigas do Río Salas
Espazo natural Veigas do Río Salas
 
Cabra
CabraCabra
Cabra
 
Os cereais-o pan (primaria)
Os cereais-o pan (primaria)Os cereais-o pan (primaria)
Os cereais-o pan (primaria)
 
Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón
Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de BurónReserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón
Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón
 
Espazo natural Río Grande
Espazo natural Río GrandeEspazo natural Río Grande
Espazo natural Río Grande
 
As árbores: morfoloxía, especies...
As árbores: morfoloxía, especies...As árbores: morfoloxía, especies...
As árbores: morfoloxía, especies...
 
Manuel María: a natureza, o tempo
Manuel María: a natureza, o tempoManuel María: a natureza, o tempo
Manuel María: a natureza, o tempo
 
Manuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxeManuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxe
 
Río Neira
Río NeiraRío Neira
Río Neira
 
Escornacabras (Pistacia terebinthus)
Escornacabras (Pistacia terebinthus)Escornacabras (Pistacia terebinthus)
Escornacabras (Pistacia terebinthus)
 
Celentéreos
CelentéreosCelentéreos
Celentéreos
 
Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais
 
Fervenzas A Coruña
Fervenzas A CoruñaFervenzas A Coruña
Fervenzas A Coruña
 
Río Landro
Río LandroRío Landro
Río Landro
 
Lh erregistro orria
Lh erregistro orriaLh erregistro orria
Lh erregistro orria
 

Similar to A auga (20)

Ciclo da auga
Ciclo da augaCiclo da auga
Ciclo da auga
 
Auga
AugaAuga
Auga
 
03c as augas
03c as augas03c as augas
03c as augas
 
O Problema Da Auga
O Problema Da AugaO Problema Da Auga
O Problema Da Auga
 
A auga.
A auga.A auga.
A auga.
 
As augas
As augasAs augas
As augas
 
IMPORTANCIA DA AUGA
IMPORTANCIA DA AUGAIMPORTANCIA DA AUGA
IMPORTANCIA DA AUGA
 
A AUGA. SOSTIBILIDADE..pptx.pdf
A AUGA. SOSTIBILIDADE..pptx.pdfA AUGA. SOSTIBILIDADE..pptx.pdf
A AUGA. SOSTIBILIDADE..pptx.pdf
 
Lagos lagoas
Lagos lagoasLagos lagoas
Lagos lagoas
 
Tema 7 a auga
Tema 7 a augaTema 7 a auga
Tema 7 a auga
 
Tema a auga
Tema a augaTema a auga
Tema a auga
 
1ºa a auga ruben, andrea e alba maria
1ºa a auga ruben, andrea  e alba maria1ºa a auga ruben, andrea  e alba maria
1ºa a auga ruben, andrea e alba maria
 
T 4 lg
T 4 lgT 4 lg
T 4 lg
 
Unidade 3 auga na terra
Unidade 3 auga na terraUnidade 3 auga na terra
Unidade 3 auga na terra
 
Presentacion auga
Presentacion augaPresentacion auga
Presentacion auga
 
1º a hidrosfera alberto david arias david teij
1º a  hidrosfera  alberto david arias david teij1º a  hidrosfera  alberto david arias david teij
1º a hidrosfera alberto david arias david teij
 
Os ríos
Os ríosOs ríos
Os ríos
 
Os ríos
Os ríosOs ríos
Os ríos
 
un rio.Xeneralidades
un rio.Xeneralidadesun rio.Xeneralidades
un rio.Xeneralidades
 
Tema 4. Ríos e Mares
Tema 4. Ríos e MaresTema 4. Ríos e Mares
Tema 4. Ríos e Mares
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

A auga

  • 2. CARACTERÍSTICAS E PROPIEDADES Habitualmente dicimos que a auga é un líquido sen olor, sen cor e sen sabor
  • 3. A auga é un composto formado por partículas (átomos) de dous elementos unidos entre sí: o osíxeno (O) e o hidróxeno (H). Nunha pinga de auga hai trillóns de moléculas. COMPOSICIÓN DA AUGA EN VOLUME EN MASA OSíXENO 33,3 % 88,81 % HIDROXENO 66,6 % 11,19 % MOLÉCULA DE AUGA H2O
  • 4. A auga non se atopa case nunca en estado puro, sempre leva disoltas, ou en suspensión, substancias que lle conceden características diferentes.
  • 5. A forza de atracción entre as moléculas superficiais da auga (tensión superficial) crea unha película invisible que mantén a forma das pingas.
  • 6. A auga ten un gran poder disolvente. Penetra no interior dos materiais, altera as súas estruturas ou disólveos.
  • 7. O xeo é menos denso (ten máis volume) que a auga líquida e por iso aboia nela. Cando a auga se conxela aumenta de volume
  • 8. A densidade da auga é 1 1 litro= 1 quilo aceite O aceite é menos denso que a auga auga O ovo afúndese en auga dóce a aboia en auga con sal.
  • 9. A auga pode aparecer como sólido, líquido ou gas, dependendo da temperatura. A calor fai que as partículas que forman a auga se manteñan xuntas ou se separen. A a u g a é u n GAS ca n do a s p a rtícula s a o a b sorb e ren ca lor fa n se lixe ira s, p e rd e n a co n exión e ntre e la s e mó ve n se libre me n te .
  • 10. A Terra é o único planeta que permite a existencia da auga nos seus tres estados: sólida (nevexeo), líquida, e gas (vapor de auga). Outros planetas do sistema solar teñen auga en estado gasoso (Venus) ou en estado sólido (Marte)…
  • 11. CICLO DA AUGA NA NATUREZA PRECIPITACIÓN EVAPOR ACIÓN ESCORRENTÍA A facilidade que ten a auga para cambiar de estado con lixeiras variacións de temperatura fai posible que circule na natureza nun ciclo pechado, que permite manter constantemente a cantidade de auga que hai no planeta e a súa distribución polos distintos medios. Cada día o sol evapora 1 billón de litros de auga.
  • 12. ORIXE DA AUGA •Impacto de meteoritos e cometas •Enfriamento do magma inicial •Erupcións volcánicas
  • 13. ONDE HAI AUGA? Na Terra hai aproximadamente 1.400 millóns de km3 de auga distribuídos de forma irregular. DISTRIBUCIÓN DA AUGA NA TERRA Océa nos 97,4 % Gla ciares 2,02 % Auga s Subterráneas 0,57 % Lagos e Ríos 0,01 % Atmosfera 0,001 % Seres vivos 0,0 0004 %
  • 14. SERES VIVOS Alga s 95% Auga ma r 97% Fu ng os 80 % Se r hum a n o 63%
  • 15. A AUGA DA ATMOSFERA A atmosfera só contén a cenmilésima parte da auga do planeta, pero esa pequena cantidade é a que, ao distribuírse pola superficie, alimenta os ríos e os acuíferos e fai posible a vida.
  • 16. O vapor de auga que hai no aire xeralmente non se ve. Cando enfría condénsase e faise visible en forma de NUBES, nas capas altas, e NÉBOA, a nivel do chan. Se a temperatura segue baixando deposítase en forma de ORBALLO, e se se conxela forma a XEADA
  • 17. As PRECIPITACIÓNS prodúcense cando o peso das pingas que se forman nas nubes é tan grande que non se pode soster no aire e caen en forma de CHUVIA, NEVE ou SARAIBA
  • 18. A AUGA DOS OCÉANOS O mar constitúe a maior parte da hidrosfera. Forma grandes masas de auga salgada (océanos) que cobren o 70% da litosfera, entre as que emerxen os continentes. Os océanos teñen unha profundidade media de 4.000 m. Cada litro de auga de mar ten: -35 gramos de sales minerais (cloruro sódico, fosfatos, nitratos…) -De 0 a 8,5 ml de osíxeno -Pequenas cantidades de dióxido de carbono -Ata cen elementos químicos diferentes.
  • 19. IMPORTANCIA ECOLÓXICA DOS OCÉANOS •Regulan o clima: transportan a calor e amortecen as rigurosidades do clima •Absorben o CO2 atmosférico. •Son fonte de recursos (alimentos, minerais, enerxía) •Utilízanse como vía de transporte •Os movementos do mar favorecen o intercambio de gases coa atmosfera. •Os océanos son tamén o sumidoiro a onde van parar unha gran cantidade de residuos procedentes dos verquidos costeiros urbáns e industriais, das achegas dos ríos, dos accidentes dos barcos...
  • 20. A AUGA DA TERRA OS RÍOS Son correntes de auga que circulan por un álveo, cun caudal máis ou menos permanente. Os ríos devolven ao mar uns 37.000 billóns de litros de auga ao ano.
  • 21. Os ríos son, porcentualmente, a parte menos importante da hidrosfera (0,00015%), pero son elementos fundamentais desde o punto de vista ecolóxico e social xa que a súa auga doce é un elemento imprecindible para o desenvolvementos dos ecosistemas e das actividades humanas (asentamentos, agricultura, industrias, enerxía...). Cada ano chegan ao mar 20 millóns de tn de substancias diversas procedentes do ríos.
  • 22. AUGAS TORRENCIAIS Son correntes de auga temporais, sen alveo definido, que se producen como consecuencia das precipitacións. Son axentes erosivos moi intensos que poden danar gravemente os terreos, especialmente se non teñen vexetación.
  • 23. OS LAGOS E LAGOAS Son masas permanentes de auga que se acumulan nas depresións do terreo.
  • 24. OS GLACIARES Son masas de xeo permanentes que se desprazan polas pendentes.
  • 25. As masas de xeo cobren arredor dun 10% da superficie da Terra. Os casquetes glaciares constitúen a maior reserva de auga doce do Planeta (30 millóns de km3).
  • 26. As masas de xeo e neve das montañas son reservas de auga para os ríos. Libérana de forma gradual no desxeo ao subir as temperaturas.
  • 28. OS HUMIDAIS Son terreos que están asolagados de forma temporal ou permanente. As zonas húmidas son importantes para manter a biodiversidade. Son ecosistemas moi fráxiles cunha gran diversidade de flora e fauna. As GÁNDARAS son terreos húmidos que conservan espazos con pequenas lagoas. As BRAÑAS ou LAMEIROS son terreos asolagados temporalmente. As TURBEIRAS son terreos onde a vexetación (esfagnos, brións, breixos...) acumula auga e forma turba, un tipo de carbón.
  • 29. A AUGA DO SOLO A auga é un importante compoñente do solo. Circula por entre os materiais en todos os sentidos e evapórase pola acción do sol. Estes movementos son os que fan posible o desenvolvemnto dos vexetais.
  • 30. IMPORTANCIA DAS AUGAS SUBTERRÁNEAS: Son as reservas de auga do subsolo e orixe de moitas correntes superficiais. Manteñen o subministro de auga para os vexetais que están na superficie. As augas subterráneas contamínanse facilmente con substancias que se infiltran a través do solo.
  • 31. A existencia de augas termais prodúcese por unha infiltración de augas superficiais que chega a focos térmicos internos onde se quenta para xurdir logo chegando á superficie cunha temperatura superior á do ambiente.
  • 32. ACCIÓN XEOLÓXICA DA AUGA RÍOS: vales, canóns, pozas, fervenzas…
  • 37.
  • 39. MAR: praias, cantís, furnas, arcos…
  • 40. A AUGA E OS SERES VIVOS A auga é unha substancia imprescindible para a vida: -forma parte dos tecidos de todos os seres, -é o medio de transporte para os materiais da nutrición -é o elemento máis determinante da distribución da vida nos distintos ecosistemas.
  • 41. Os vexetais por medio fa fotosíntese incorporan unha parte da molécula da auga para formar materia orgánica. Esa materia orgánica é a base sobre a que se a maior parte da vida na Terra.
  • 42.
  • 43. O sangue é unha mestura de auga, sales, azucres... na que viaxan en suspensión distintos tipos de células (hematíes, leucocitos, trombocitos), microorganismos, graxas... ouriños O líquido que protexe ao feto durante o embarazo está composto esencialmente por auga. sangue
  • 44. Existen multitude de seres que viven na auga de xeito permanente ou temporal. Para desenvolverse con éxito neste medio precisan dunhas adaptacións específicas que afectan ás súas formas, as súas estruturas e á maneira de realizar as súas funcións vitais. Bránquias dun peixe Para poder aproveitar o osixeno disolto na auga teñen grandes superficies en contacto con ela e órganos especializados (as galadas ou bránquias). Algúns saen a coller o aire fora.
  • 45. Moitos organismos acuáticos teñen estruturas especializadas que aseguran a súa flotabilidade: órganos de flotación, baixa densidade corporal… Para desprazárense teñen formas hidrodinámicas e están dotados de órganos de propulsión (aletas, patas palmeadas...)
  • 46. Algúns animais, sobre todo anfibios e insectos, utilizan a auga para reproducírense e desenvolver ás súas crías.
  • 47. USOS DA AUGA A auga é un importante recurso. Ademais de ser imprescindible para a vida, é unha fonte de enerxía e unha materia prima esencial para o desenvolvemento das actividades humanas (transporte, agricultura, industria…). A falta de auga condiciona grandemente a evolución social e o desenvolvemento económico dos países máis desfavorecidos
  • 48. CONSUMO HUMANO A auga é unha bebida necesaria. Unha persoa adulta precisa de 2 a 4 litros diarios para manter o corpo en condicións axeitadas de funcionamento. Podemos estar case dous meses sen comer, pero só se sobrevive uns poucos días sen beber
  • 49. O noso corpo procesa arredor de 2,5 a 3 litros diarios de auga en condicións normais. Estas cantidades pódense duplicar ou triplicar no caso de esforzo intenso, en condicións climáticas calurosas ou no caso de enfermidades. AUGA QUE ENTRA NO CORPO: Bebida: 1 a 1,5 litros Incluída noutros alimentos: 1 l Metabólica: 0,3 a 0,5 l AUGA QUE SAE DO CORPO: Ouriños: 1 a 1,5 litros Excrementos: 0,1 l Vías respiratorias: 0,8 l Pel: 0,5 l
  • 50. A auga para bebida procede de mananciais naturais, de conducións públicas sometidas a depuración ou de plantas embotelladoras de augas minerais.
  • 51. LIMPEZA E HIXIENE Un dos maiores usos que se fai da auga nas sociadades desenvolvidas é para hixiene corporal e limpeza.
  • 52.
  • 54.
  • 60. AGRICULTURA O cultivo de especies vexetais precisa de auga en cantidades variables, segundo o tipo de planta, o clima, o solo ou o sistema de cultivo.
  • 61. PESCA - MARISQUEO - ACUICULTURA As masas de auga son ricos ecosistemas nos que viven especies animais e vexetais de grande interese, polo que son amplamente explotados e cultivados.
  • 62. MEDIO PARA O TRANSPORTE Os mares, ríos e lagos serviron sempre de medios para o desprazamentos de diferentes tipos de embarcacións que transportan persoas e mercadorías ou como actividade de lecer ou deportiva
  • 63. FONTE DE ENERXÍA A auga dos ríos e do mar emprégase para producir enerxía aproveitando os seus movementos (correntes, ondas), a calor almacenada ou facendo encoros.
  • 65. Muíño de mareas Central eléctrica de mareas Central eléctrica de ondas
  • 67. INDUSTRIA A auga pode ser utilizada como materia prima, como disolvente, como refrixerante, para transportar materiais ou para limpeza
  • 68. A auga é un recurso limitado e irregularmente repartido
  • 69. DISPONIBILIDADE DE AUGA NA TERRA O lugar máis seco do Planeta é o norte de Chile, onde só se recollen 0,1 mm de chuvia ao ano.
  • 70. Os países desenvolvidos consumen auga por enriba das súas necesidades, mentras, un tercio da poboación mundial sofre restriccións e máis de 1.400 millóns de persoas carecen de auga potable. 120 millóns de europeos non teñen auga potable ou carecen dun sistema de saneamento axeitado.
  • 71. CONSUMO DOMÉSTICO DE AUGA EN DISTINTOS PAÍSES CONSUMO DE AUGA NAS PRINCIPAIS CIDADES GALEGAS (LITROS POR HABITANTE E DÍA)
  • 72. CONSUMO MEDIO DE AUGA POR PERSOA E DÍA NUN PAÍS DESENVOLVIDO.
  • 73. P OB R LEMAS DA AUGA A auga pode ser alterada facilmente cando se introduce nela calquera forma de materia, enerxía ou microorganismos que a converten an auga de mala calidade para usos posteriores ou para cumplir a súa función ecolóxica.
  • 74.
  • 75. Protozoo da malaria atacando a un glóbulo vermello A auga, se está estancada ou contaminada, pode ser trasmisora de enfermidades Paludismo ou malaria máis de 200 millons de afectados e 2 millóns de mortos anuais. Cólera uns 800.000 casos ao ano. Filariase: 250 millóns de persoas afectadas. Esquistosomiase 200 millóns de casos. Tripanosomiase (enfermidade do sono), Esc he ri ch ia co li, ba ct e ria ca usa nt e da dia r re a que se a t opa na s a uga s cont a mina da s.
  • 76. Usos urbanos PROBLEMAS ALTERNATIVAS •Abastecemento insuficiente. •Instalar mecanismos de baixo consumo en billas e cisternas. •Perdas por defectos nas instalacións e derroche no consumo. •Contaminación por verquidos fecais, residuos alimenticios, deterxentes, produtos químicos... •Axeitar os xardíns urbanos á climatoloxía da zona para diminuír os regos. •Reutilizar as augas residuais depuradas para limpeza de rúas e rego de xardíns,. •Facer unha recollida e canalización independente das augas de choiva e das residuais que van polos sumidoiros.
  • 77. Agricultura PROBLEMAS ALTERNATIVAS •En xeral, a eficiencia dos sistemas de rego é moi mala (menor do 40%) xa que existen moitas perdas por evaporación, malas canalizacións, formas de rego non axeitadas, horas de rego a pleno sol... •Cambio nos sistemas de rego utilizando aqueles que consumen menos auga coma o rego por impulsos ou por goteo. •Contaminan da auga con restos de plaguicidas, pesticidas, fertilizantes e abonos. •Adaptar os cultivos a cada zona segundo as condicións climáticas e do solo. •Reducir a utilización de productos químicos perigosos para o medio ambiente. •Almacenar a auga da chuvia para usala logo para regar
  • 78. Industria PROBLEMAS ALTERNATIVAS •Contaminación térmica. •Instalar sistemas de recirculación e baixo consumo. •Contaminación química por materia orgánica, metais pesados, graxas, aceites, residuos radioactivos... As máis contaminantes son as petroquímicas, as papeleiras, as siderúrxicas, as alimentarias, as téxtiles e as mineiras. •Instalar depuradoras específicas para cada caso. •Propoñer incentivos económicos e fiscais polo aforro de auga.
  • 79. Enerxía PROBLEMAS ALTERNATIVAS •Os encoros destrúen os vales fluviais co conseguinte impacto no medio natural (migración de peixes, cambios na composición química da auga, problemas de eutrofización...) •Utilizar fontes de enerxía menos agresivas co medio
  • 80. Navegación PROBLEMAS ALTERNATIVAS •Verquidos de hidrocarburos e outras substancias químicas procedentes da limpeza dos barcos e de accidentes. •Maior seguridade nos barcos. •Separación da costa do tráfico marítimo con substancias perigosas. •Instalación de contedores para resíduos nos portos.
  • 81. A CONTAMINACIÓN DA AUGA CONTAMINANTES ORIXE EFECTOS •Aumento ou diminución da temperatura •Actividades industriais •Desaxustes nos ciclos vitais dos organismos •Diminución da concentración de osíxeno na auga •Partículas radioactivas •Circuítos de refrixeración das centrais nucleares, residuos radioactivos •Acumúlanse nos sedimentos e afectan as comunidades dos medios onde se depositan •Sólidos en suspensión (lodos, areas, gravas, restos de animais ou vexetais). •Escorrentía (pola erosión do solo) e augas residuais. •Diminución da transparencia (que dificulta o paso da luz), Modifican as características organolépticas das augas (cor, olor e sabor) e dificultan a mobilidade e a respiración dos organismos acuáticos. •Substancias químicas biodegradables (nitratos, fosfatos, carbohidratos, metano, osíxeno, sulfhídrico...) •Descomposición da materia orgánica, vertidos de orixe agrícola (fertilizantes), gandeiro (xurros) e augas residuais •Acidifican moito o medio •Favorecen o proceso de eutrofización. •Substancias químicas non biodegradables (metais pesados, pesticidas, PCBs...) •Augas residuais de orixe industrial •Vertidos da minería •Provocan variacións no pH •Algúns son tóxicos directamente (coma o mercurio) ou por bioacumulación (coma o chumbo). Tamén alteran o sabor, olor e cor naturais da auga. •Materia orgánica •Descomposición de restos de animais e vexetais •Diminución na concentración de osíxeno disolto que afecta ás especies aerobias •Organismos patóxenos (bacterias, protozoos, vermes...) •Augas residuais domésticas •Produción de enfermidades: tifo, cólera, gastroenterite, disentería, esquistosomiase
  • 84. EUTROFIZACIÓN Prodúcese nos lagos, nas augas estancadas e en algúns ríos cando se introduce no seu ciclo natural unha cantidade excesiva de nutrintes que provocan o seu desequilibrio. 2. O fitoplancto consume o nitróxeno e produce un incremento do osíxeno superficial, que impide o paso da luz e provoca a morte do propio fitoplancto e outros seres acuáticos. 1. A auga recibe achegas dos elementos químicos (fósforo e nitróxeno procedentes de fertilizantes agrícolas e augas residuais domésticas, industriais, agropecuarias...) que provocan un gran incremento do fitoplancto. 3. Coa falta de osíxeno teñen lugar os procesos de fermentación con desprendemento de metano (CH4), amoníaco (NH3) e ácido sulfhídrico (H2S), gases responsabeis do mal olor característico dunha auga podre.
  • 86.
  • 87.
  • 88. SISTEMAS DE TRATAMENTO DA AUGA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGAS
  • 90.
  • 91. DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS
  • 92.
  • 93. Outros sistemas de depuración da auga FILTROS DE AREA FOSA SÉPTICA RADIACIÓN UV FILTROS VERDES SISTEMA DE LAGOAS
  • 94. RISCOS ASOCIADOS Á AUGA Derrubes Inundacións Erosión…
  • 95. Unha billa que pinga estraga 30 litros de auga cada día, se ten un furado de 1 mm de diámetro perde 150 l, se o furado é de 2 mm perde 325 l e se a abertura é de 5 mm deixa fuxir 3.500 l de auga. Cada persoa gasta diariamente máis de 200 litros de auga, 150 úsanse no baño, máis da metade sen ningunha finalidade.
  • 96. XOGA LIMPO COA AUGA Na lavadora: clasifica a roupa antes de lavala, evita os prelavados, lava con auga fría, enche a lavadora a tope. No baño: non deixes pingar as billas e pechaas mentres non uses a auga. Nun lavado de dentes ou nun afeitado pódense aforrar 10 litros de auga. Ducharse na vez de bañarse permite aforrar entre 70 e 90 litros de auga. Tira o menos posible da cisterna ou emprega un sistema para reducir a súa capacidade. Comproba o seu bo funcionamento. Unha cisterna que pinga pode perder máis de 150 litros cada día. Na cociña: usa o lavavaixelas so cando estéa cheo. Aproveita as augas de cocer verduras para regar as plantas. Enche a cubeta do fregadeiro para lavar a louza. Evita o verquido de todo tipo de produtos contaminantes: medicamentos, pinturas, varnices, aceites, disolventes, pesticidas, lixivias, ácidos fortes...
  • 97. A a u g a é vid a A a u g a é a fo rza q u e co n d u ce á e rra d ica ció n d a p o b re za e a fa m e , in d isp e n sa b le p a ra a sa ú d e e o b e n e sta r d a h u m a n id a d e . De cla r a ció n d o FORO MU NDIAL DA AU GA, Xa p ón 20 0 3
  • 98. A auga non é un ben comercial coma os demais, senón un patrimonio a protexer, defender e tratar como tal. Directiva marco da Auga, considerando 1º
  • 99. MONTAXE: Adela Leiro Cobaboran: Xulio C. Iglesias e Valeria Martínez FOTOS: Adela Leiro, Internet, arquivo Corel. DEBUXOS: Mon Daporta