SlideShare a Scribd company logo
TEMA 4. ESPAÑA NO SÉCULO XIX (1808-1874)
CRONOLOXÍA XERAL
1808-1814 Guerra da Independencia
1814-1833 Reinado de Fernando VII:
1814-1820 Sexenio absolutista
1820-1823 Trienio liberal
1823-1833 Década ominosa
1833-1840 Rexencia de Mª Cristina de Borbón
1840-1843 Rexencia do xeneral Espartero
1843-1868 Reinado de Isabel II
1844-1854 Década moderada
1854-1856 Bienio progresista
1856-1868 Gobernos unionistas e moderados
1868-1874 Sexenio democrático
1868-1870 Revolución Gloriosa e Goberno provisional
1871-1873 Reinado de Amadeo I de Savoia
1873 Primeira República
1874 Goberno Provisional de Serrano
1874-1902 Restauración
1.2 O REINADO DE CARLOS IV (1788-1808)
Carlos IV accedeu ao trono en 1788, deixando o poder en mans do seu valido, Manuel Godoy. Ademais
paralizou o programa reformista ilustrado do seu pai, Carlos III, ante o estalido da Revolución Francesa, e o
perigo de que esta se propagase por España.
Trala execución do rei Luís XVI, España declarou a guerra a Francia, con resultados negativos para España
(invasión de Navarra e as provincias vascas). O valido do rei, Godoy, consegue a firma da Paz de Basilea
(1795). Como consecuencia, durante os primeiros compases das Guerras Napoleónicas España é aliada de
Francia:
• Na Batalla de Trafalgar (1805) vs. Reino Unido, en loita pola supremacía no mar.
• O Tratado de Fontainebleau (1807) autorizaba ao exército francés a atravesar España para atacar
Portugal (que sería repartido entre ambas), e completar o bloqueo continental contra o Reino
Unido.
O control dos puntos estratéxicos deixou clara a intención do exército francés de dominas España. O
descontento pola presenza dos franceses provocou o Motín de Aranjuez (17 de marzo de 1808), sublevación
popular instigada polo príncipe Fernando (o herdeiro do trono) contra o valido Godoy, e que obrigou a
Carlos IV a abdicar no seu fillo (Fernando VII).
A rivalidade entre pai e fillo foi aproveitada por Napoleón, convocándoos en Baiona, onde os fixo firmar as
abdicacións de Baiona, polas que ambos renunciaban ao trono de España, que pasaría a Xosé I Bonaparte, o
irmán de Napoleón.
1.3 A FORMACIÓN DE GRUPOS IDEOLÓXICOS
Xosé I (1808-1813) tentou impoñer os principios da Revolución Francesa en España, e así queda plasmado
no Estatuto de Baiona, carta outorgada promulgada por Xosé I inspirada no modelo de Estado constitucional
bonapartista e, aínda que concedía ao rei o poder executivo e a iniciativa lexislativa, tamén abolía os
privilexios da nobreza.
As Abdicacións de Baiona e o ascenso ao trono de Xosé I dividiron aos españois en dous grupos ideolóxicos:
1. “Afrancesados”.- O reducido número que aceptaron ao novo monarca e as súas reformas.
2. Patriotas.- Negáronse a recoñecer a Xosé I como rei, defendendo os dereitos de Fernando VII, ben para
restaurar o Antigo Réxime, ben para construír unha monarquía constitucional de carácter liberal.
2.1 A GUERRA DE INDEPENDENCIA (1808 - 1814)
Debido á ocupación francesa o 2 de maio de 1808 prodúcese o levantamento popular en Madrid
(duramente reprimido), pero o seu exemplo foi seguido noutros lugares.
Mentres nas cidades producíanse levantamentos contra os destacamentos franceses, no rural grupos de
guerrilleiros, atacaban continuamente ao exército francés en emboscadas e ataques por sorpresa.
Xa que logo, na primeira fase da guerra, logrouse frear o avance francés, grazas á vitoria na batalla de Bailén
(1808) e a resistencia de numerosas cidades. Ambas situacións fixeron que Napoleón interviñera
persoalmente, e as cidades que non se rendían foron sometidas a longos asedios (Zaragoza, Xirona). Só
Cádiz resistiu a ocupación francesa.
O inicio da Campaña de Rusia en 1812 obrigou a Napoleón a desprazar parte dos seus exércitos, o que
permitiu importantes vitorias españolas (Arapiles, Vitoria, San Marcial), coa axuda de tropas británicas
desembarcadas en Portugal.
Finalmente, no Tratado de Valençay (1813) Napoleón recoñece a Fernando VII como rei de España e retira
as súas tropas da península.
2.2 AS CORTES DE CÁDIZ E A CONSTITUCIÓN DE 1812
En paralelo á guerra de independencia contra a invasión napoleónica, produciuse un proceso revolucionario
liberal, protagonizado polas Cortes de Cádiz.
Aínda que Xosé I ocupou o trono de España tralas Abdicacións de Baiona, contou con escaso apoio entre os
españois. E ante este baleiro de poder, creáronse Xuntas de Defensa locais e provinciais, encargadas de
organizar a resistencia cunha Xunta Suprema Central que asumiu a lexítima soberanía, co obxectivo de
coordinar a guerra e realizar as reformas sociopolíticas precisas.
Debido ao avance do exército napoleónico, a Xunta Suprema tivo que trasladarse a Cádiz, a única cidade
non ocupada e en 1810 convocou unha reunión a Cortes, elixidas por sufraxio universal masculino. A
maioría de deputados eran liberais, aínda que tamén había unha minoría de absolutistas (defensores do
mantemento do Antigo Réxime).
Na súa primeira sesión as Cortes proclamáronse representantes lexítimas da soberanía nacional.
O 19 de marzo de 1812 aprobouse a primeira Constitución española, que recollía as bases do sistema
liberal:
• Soberanía nacional conversión en novos cidadáns aos antigos súbditos
• División de poderes
• Sufraxio universal masculino
• Igualdade ante a lei dos españois de ambos hemisferios
• Ampla declaración de dereitos individuais.
A maiores, a labor das Cortes completouse con unhas leis destinadas a abolir o Antigo Réxime: liberdade de
imprenta, supresión dos señoríos, dos gremios e da Inquisición...
A ocupación francesa impediu a aplicación no territorio español das leis aprobadas en Cádiz.
3.1 O REINADO DE FERNANDO VII (1814-1833)
Sexenio absolutista 1814-1820.- Fernando VII regresa do exilio. Aínda que os liberais agardan que xure a
Constitución de 1812, os absolutistas (tras entregarlle o Manifesto dos persas) logran que se restaure o
Absolutismo e o Antigo Réxime, e que se suspenda a Constitución e toda a obra lexislativa das Cortes.
Ademais, iniciouse unha represión dos liberais, que tiveron que exiliarse ou refuxiarse na clandestinidade e,
cos sectores liberais do exército, organizaron pronunciamentos (alzamentos militares para trocar o rumbo
político, ex. Porlier, 1815) para tentar restablecer a Constitución, sendo duramente reprimidos.
Trienio liberal 1820-1823.- Triunfo do Pronunciamento de Riego (1820), tralo que Fernando VII tivo que
xurar a Constitución, conceder unha amnistía e convocar unhas novas Cortes, que restauraron toda a obra
lexislativa das Cortes de Cádiz.
Porén, Fernando VII solicita axuda ás forzas absolutistas europeas da Santa Alianza, que no Congreso de
Verona decide intervir cos Cen Mil Fillos de San Luís mandados polo duque de Angulema. Tras derrotar aos
liberais, repoñen a Fernando VII como rei absoluto.
Década Ominosa 1823-1833.- Severa represión do Liberalismo (execucións) e nova suspensión da
Constitución. Ademais, o reino padecía unha grave crise económica (coa bancarrota da Facenda), agravada
pola falta de ingresos procedentes de América, polo proceso de emancipación das colonias americanas,
iniciado durante a guerra de Independencia.
O problema sucesorio: Fernando VII tivera só fillas e a Lei Sálica impedía que as mulleres reinasen. Para
asegurar o trono á súa filla Isabel, aínda cativa, o rei anulou a Lei mediante a Pragmática Sanción. Os
absolutistas non aceptaron esta medida e sostiñan que o herdeiro lexítimo era o irmán do Rei, o infante
Carlos Mª Isidro, firme absolutista. A guerra civil entre ambos bandos foi inevitable trala morte do rei en
1833.
4.1 O REINADO DE ISABEL II. A Rexencia de Mª Cristina de Borbón (1833-1840)
Primeira Guerra Carlista
Tras a morte de Fernando VII (1833), a súa filla Isabel II tiña 3 anos, polo que a rexencia foi asumida pola súa
nai, Mª Cristina de Borbón.
Os sectores absolutistas non aceptaron a Isabel como raíña, senón que apoiaron ao irmán do rei, Carlos Mª
Isidro (polo que foron denominados carlistas) iniciándose unha cruenta guerra civil: a Primeira Guerra
Carlista (1833-1839). Dado que os absolutistas apoiaron as reivindicacións ao trono de D. Carlos, a rexente
Mª Cristina de Borbón tivo que apoiarse nos liberais, polo que o que estaba en xogo non era se debía
gobernar un home ou unha muller, senón que foi un enfrontamento entre absolutistas e liberais.
A guerra rematou con vitoria do bando isabelino trala Aperta de Vergara (1839) entre Espartero e Maroto.
A cuestión carlista produciría máis tarde outras dúas guerras civís en 1846 e 1872.
4.1 O REINADO DE ISABEL II. A Rexencia de Mª Cristina de Borbón (1833-1840)
A implantación do liberalismo: Estatuto Real e Constitución de 1837
A rexente Mª Cristina tivo que apoiarse nos liberais:
• Primeiro se apoiou nos liberais moderados:
◦ Mostra deste goberno moderado é o Estatuto Real de 1834, unha carta outorgada, moi
moderada: A Coroa conserva a súa soberanía e o control do poder executivo e lexislativo e ao
parlamento se lle atribúe carácter consultivo.
• Tras un pronunciamento militar (1836) os liberais progresistas conseguen o control e implantaron
importantes medidas políticas e económicas de carácter liberal:
◦ A aprobación dunha nova Constitución en 1837, de consenso entre progresistas e
moderados pois defendía:
▪ A soberanía nacional
▪ A división de poderes
▪ A supresión de vestixios feudais
▪ Cortes bicamerais
▪ Sufraxio censatario
A Lei de desamortización eclesiástica de Mendizábal, pola que o Estado nacionalizou as propiedades
vinculadas da Igrexa (bens en mans mortas), e púxoas á venda en puxa pública, liberalizando, así a
propiedade agraria e aliviando a asfixia das finanzas públicas, crónica dende varias décadas, e que se
incrementaba por causa da Guerra Carlista.
4.1 O REINADO DE ISABEL II. A Rexencia de Espartero (1840-1843)
No último período da menoridade de Isabel II, o xeneral Espartero, con gran prestixio trala Guerra Carlista,
asumiu a rexencia, en lugar da nai da Raíña.
A súa política librecambista (que prexudicaba á industria) e autoritaria provocou unha forte oposición que o
obrigou a dimitir.
Xa que logo, as Cortes decidiron proclamar a maioría de idade de Isabel II, en canto cumprise os 13 anos,
iniciándose así o seu reinado efectivo.
4.1 O REINADO DE ISABEL II (1843- 1868)
En 1843 Isabel II foi declarada maior de idade, iniciándose o seu reinado efectivo.
O Reinado de Isabel II caracterizouse por:
• Grande inestabilidade política: cun continuo enfrontamento entre os dous principais partidos
liberais: os moderados e os progresistas.
• O papel do Exército na vida política: os grandes militares (espadóns) se puxeron á fronte dos
partidos políticos e usaron frecuentemente os pronunciamentos militares para tomar o poder pola
forza, debilitando así o parlamentarismo.
• A falta de neutralidade da Raíña (a favor dos moderados) fixo desprestixiar a monarquía.
A ÉPOCA ISABELINA (1843-1868): ETAPAS
Década moderada (1844-1854): Quenda de goberno dos liberais moderados (apoiados pola alta burguesía e
clases medias), liderados polo xeneral Narváez. Promulgaron unha nova Constitución de 1845, que
configura un réxime con:
• Soberanía compartida entre a Coroa e as Cortes
• Limitación dos dereitos cidadáns
• Sufraxio moi restrinxido
Bienio progresista (1854-1856): Tras un pronunciamento do xeneral O’Donnell (a Vicalvarada), o novo
goberno, encabezado polo líder progresista Espartero, e apoiado pola pequena burguesía e as clases
populares:
• Restableceu a Constitución de 1837 (e iniciaron a redacción dunha nova, non nata)
• Continuou o proceso de reforma agraria, coa Desamortización civil de Madoz, desvinculado os bens
comunais dos Concellos.
Segundo período moderado (1856-1868). Será o propio O’Donnell quen poña fin ao Bienio progresista,
iniciando unha alternancia de gobernos moderados e unionistas (da Unión Liberal, partido do xeneral
O’Donnell, que une aos menos radicais dos progresistas e os máis reformistas dos moderados) e restáurase
a Constitución de 1845.
Prodúcense intervencións en ultramar por razóns de prestixio internacional e para distraer aos grandes
xenerais (vid. a expedicións a Indochina e a México ou a Campaña de Marrocos).
Aparecen outros partidos novos, como o demócrata (partidario do sufraxio universal masculino) e o
republicano (partidario de abolir a monarquía), que xunto cos progresistas, son marxinados polo mecanismo
electoral, polo que acordan derrocar a Isabel II no Pacto de Ostende (1866). Dous anos máis tarde un
pronunciamento máis: A Revolución, denominada Gloriosa, triunfará en setembro de 1868.
4.2 O SEXENIO DEMOCRÁTICO (1868-1874)
A Revolución de 1868
Dous anos despois do Pacto de Ostende un pronunciamento máis (a chamada Revolución Gloriosa de
setembro de 1868), dirixido polos xenerais Prim, Serrano e Topete acabou coa monarquía de Isabel II, que
se exiliou na Francia, inicándose así unha etapa coñecida como Sexenio revolucionario ou democrático
(1868-1874).
Entre 1868-1870 formouse un Goberno provisional, presidido por Serrano como Rexente do Reino, e con
Prim como Presidente do Consello de Ministros.
Apróbase a Constitución de 1869, que establece:
• A soberanía nacional
• A división de poderes
• Sufraxio universal masculino (por vez primeira)
• Define a España como un Reino.
Sendo un reino sen rei, o xeneral Prim iniciou a busca dun rei. Haberá distintos candidatos a ocupar o trono
español, sendo finalmente o elixido o italiano Amadeo de Savoia.
1871-1873 O Reinado de Amadeo I de Savoia non tivo un inicio fácil, xa que tivo que enfrontarse co
asasinato do seu principal valedor: o Xeneral Prim. Tivo moitas frontes de oposición aberta:
Por unha banda, existía un sector pro-borbónico que ansiaba a volta de Isabel II ou do seu fillo Alfonso.
Os carlistas inician unha nova sublevación, a Terceira Guerra Carlista en 1872.
Hai sectores republicanos que buscan acabar coa monarquía e instaurar unha República.
Prodúcese un levantamento independentista en Cuba.
Con todas estas dificultades e ante a falta de apoios, Amadeo abdicou en febreiro de 1973, proclamándose
unha República.
A Primeira República (1873)
Tras a abdicación de Amadeo I, as Cortes proclamaron a Primeira República (1873), aínda que tiña escaso
apoio social e os republicanos estaban enfrontados. Foi un período de grande inestabilidade, como mostra
que nun ano sucederanse catro Presidentes: Figueras, Pi i Margall, Salmerón e Castelar.
As divisións entre os Republicanos baseábanse na concepción do Estado. Mentres os unitarios querían un
Estado centralizado, os federalistas avogaban por unha estrutura federal (descentralizada) para o Estado.
Xa que logo, pódense diferenciar dous períodos:
A República federal, durante as presidencias de Figueras e Pi i Margall.
• Elaborouse a Constitución de 1873, que estableceu a soberanía popular e unha estrutura federal
para España.
• Tivo que enfrontarse, non só á Guerra Carlista, senón á Guerra de Cuba, a inestabilidade social (con
motíns obreiros) e á insurrección cantonalista (como en Cartaxena), que se proclamaron cantóns
independentes.
A República unitaria, baixo as presidencias de Salmerón e Castelar, orientada cara a posturas máis
conservadoras, dada a inestabilidade política do momento.
En xaneiro de 1874 o Golpe de Estado do xeneral Pavía, disolveu as Cortes republicanas e formouse un
Goberno Provisional presidido novamente polo Xeneral Serrano a modo dunha República autoritaria, nun
intento de estabilizar o réxime republicano, mais esta situación favoreceu a Restauración da Monarquía
borbónica.
A MODERNIZACIÓN ECONÓMICO DE ESPAÑA. AS DESAMORTIZACIÓNS
Dentro da política de Reforma Agraria levada a cabo polos liberais, hai que destacar o proceso de
desamortización, isto é, a expropiación e nacionalización das propiedades vinculadas a certas institucións
(nobreza, clero, municipios..., que non se podían vender –bens en mans mortas–), para a súa posterior
venda en puxa pública, obtendo o Estado, desta forma, recursos económicos.
As primeiras medidas desamortizadoras iniciáronse con Godoy, e continuaron coa obra lexislativa das Cortes
de Cádiz e durante o Trienio Liberal, pero os procesos máis importantes son os levados a cabo por
Mendizábal e por Madoz.
A Lei de desamortización eclesiástica de Mendizábal (1836) pola que o Estado nacionalizou as propiedades
vinculadas do clero regular e secular, e dos señoríos e morgados, e púxoas á venda en puxa pública,
liberalizando, así a propiedade agraria e obtendo recursos para as finanzas públicas, tan necesarios para
afrontar a Guerra Carlista.
A Desamortización civil de Madoz (1855), desvinculou principalmente os bens comunais dos Concellos e
outros bens en mans mortas, co obxectivo prioritario de financiar as infraestruturas (principalmente o
ferrocarril).
CONSECUENCIAS
Ao desvincular as terras dos seus antigos propietarios, estas podían ser vendidas. Iniciábase así unha nova
etapa para a agricultura española na que a terra introducíase na liberdade de mercado e na propiedade
privada.
Aínda que o Estado conseguiu diminuír a Débeda pública, non se realizou Reforma Agraria ningunha; antes
ben, consolidouse a estrutura da propiedade existente, aumentando o latifundismo: Aínda que o obxectivo
era que o campesiñado tivese acceso á propiedade da terra que cultivaba, a meirande parte dos bens
desamortizados foron adquiridos pola burguesía, única con capital suficiente para afrontar as puxas
públicas, mentres que os campesiños non puideron adquirir posesión algunha, sendo prexudicados tanto os
arrendatarios dos antigos donos coma os veciños máis pobres, privados do aproveitamento libre das terras
comunais.
6. A RESTAURACIÓN BORBÓNICA E A CRISE DO 98
No pronunciamento de Sagunto, en decembro de 1874, o xeneral Martínez Campos proclamou como rei de
España ao fillo de Isabel II, Alfonso XII, restaurando aos Borbóns no trono de España.
O reinado de Alfonso XII consolidouse grazas á acción política de Cánovas del Castillo, o artífice da
Restauración Borbónica, quen deseñou o novo réxime político para España cun sistema parlamentario
moderado capaz de protexer a monarquía e garantir a estabilidade e a paz.
Os partidarios desta Restauración, empezando por Cánovas del Castillo, preferían que o cambio se dera de
forma pacífica, como o mesmo Afonso XII expresara no Manifesto de Sandhurst poucos días antes, no que
se mostraba a favor dunha monarquía constitucional, e non mediante un pronunciamento militar.
O Reinado de Afonso XII (1875-1885)
6.1. O Sistema político da Restauración: a Alternancia
O sistema político da Restauración, promovido por Cánovas del Castillo, pretendía garantir a estabilidade,
despois dos anos caóticos do Sexenio. Para iso era necesaria unha nova Constitución, a de 1876, inspirada
no modelo británico, que establecía a soberanía compartida entre as Cortes e o Rei, con dúas Cámaras
lexislativas (Congreso e Senado) elixidas por sufraxio, desde 1890 universal masculino.
Como en Gran Bretaña, asentouse a alternancia política, isto é, unha quenda de dous partidos, o
Conservador (liderado por Cánovas) e o Liberal (liderado por Sagasta), que se alternaban no Goberno
pacificamente.
O turnismo trouxo como resultado a estabilidade política, pero a costa da corrupción e a adulteración da
democracia, pois a alternancia no Goberno facíase mediante a manipulación das eleccións, con prácticas
como o caciquismo (o influxo de persoeiros, os caciques, capaces de controlar os votos dos seus distritos) e
a alteración fraudulenta do voto (pucheirazo).
Dado o carácter centralista do Estado, xurdiron forzas políticas rexionalistas/nacionalistas periféricas,
vinculadas con movementos culturais:
En Cataluña, a Renaixença puxo en valor a cultura e a lingua catalá, e o movemento cultural deu paso a un
movemento político, exemplificado na Unió Catalanista (1892) ou a Lliga Regionalista (1901).
No País Vasco, a abolición dos foros trala derrota carlista motivou a creación do Partido Nacionalista Vasco
(1894) .
En Galicia, o Rexurdimento foi un movemento cultural fundamental, mais con escaso reflexo político nestas
datas.
6.3. O desastre do 98
Alfonso XII, viúvo e sen fillos tras a morte de Mª Mercedes de Orleáns, casou con Mª Cristina de Habsburgo-
Lorena, da que tivo dúas fillas e un fillo póstumo, pois Alfonso XII morre de tuberculose en 1885, antes do
nacemento do seu fillo, Alfonso XIII.
Aínda que proclamado rei nada mais nacer, ata a maioría de idade de Alfonso XIII, asumiu a rexencia a súa
nai, a raíña Mª Cristina ata 1902. Para evitar a descomposición do réxime asinouse o Pacto de El Pardo entre
Cánovas e Sagasta, co compromiso de apoiar a continuidade do sistema de quenda de partidos.
O momento máis delicado foi a Guerra de Cuba, e a consecuente perda das colonias de Cuba, Puerto Rico e
Filipinas en 1898.
As aspiracións independentistas de Cuba fixeran estalar outra guerra en 1895 na que os cubanos eran
apoiados polos Estados Unidos, que entrarán formalmente na guerra, tomando como pretexto a voadura
accidental e afundimento do acoirazado estadounidense Maine.

More Related Content

What's hot

Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Dudas-Historia
 
Tema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade ModernaTema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade Moderna
Dudas-Historia
 
4. As RevolucióNs Liberais.
4. As RevolucióNs Liberais.4. As RevolucióNs Liberais.
4. As RevolucióNs Liberais.
Ismael Vide González
 
A Revolución Rusa
A Revolución RusaA Revolución Rusa
A Revolución Rusa
Dudas-Historia
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
aialo1
 
Tema 3. O século XVII en Europa, España e Galiciao século xvii en europa, esp...
Tema 3. O século XVII en Europa, España e Galiciao século xvii en europa, esp...Tema 3. O século XVII en Europa, España e Galiciao século xvii en europa, esp...
Tema 3. O século XVII en Europa, España e Galiciao século xvii en europa, esp...
Dudas-Historia
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismoTema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismorubempaul
 
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaUnidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Agrela Elvixeo
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
rubempaul
 
Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018
Agrela Elvixeo
 
Unidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaUnidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democracia
Agrela Elvixeo
 
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalUnidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Agrela Elvixeo
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
rubempaul
 
Unidade 8. II República
Unidade 8. II RepúblicaUnidade 8. II República
Unidade 8. II República
Agrela Elvixeo
 
O Ascenso dos Totalitarismos
O Ascenso dos TotalitarismosO Ascenso dos Totalitarismos
O Ascenso dos Totalitarismos
Dudas-Historia
 
Unidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismoUnidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismo
Agrela Elvixeo
 
Franquismo parte1 Composición
Franquismo parte1 ComposiciónFranquismo parte1 Composición
Franquismo parte1 Composición
aialo1
 
Tema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasTema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasrubempaul
 

What's hot (20)

Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
 
Tema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade ModernaTema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade Moderna
 
4. As RevolucióNs Liberais.
4. As RevolucióNs Liberais.4. As RevolucióNs Liberais.
4. As RevolucióNs Liberais.
 
A Revolución Rusa
A Revolución RusaA Revolución Rusa
A Revolución Rusa
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Tema 3. O século XVII en Europa, España e Galiciao século xvii en europa, esp...
Tema 3. O século XVII en Europa, España e Galiciao século xvii en europa, esp...Tema 3. O século XVII en Europa, España e Galiciao século xvii en europa, esp...
Tema 3. O século XVII en Europa, España e Galiciao século xvii en europa, esp...
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismoTema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
 
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaUnidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018
 
Unidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaUnidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democracia
 
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalUnidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Unidade 8. II República
Unidade 8. II RepúblicaUnidade 8. II República
Unidade 8. II República
 
O Ascenso dos Totalitarismos
O Ascenso dos TotalitarismosO Ascenso dos Totalitarismos
O Ascenso dos Totalitarismos
 
Unidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismoUnidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismo
 
Franquismo parte1 Composición
Franquismo parte1 ComposiciónFranquismo parte1 Composición
Franquismo parte1 Composición
 
Tema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasTema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesas
 

Viewers also liked

Descolonización e Guerra Fría
Descolonización e Guerra FríaDescolonización e Guerra Fría
Descolonización e Guerra Fría
Dudas-Historia
 
Independencia Americana
Independencia AmericanaIndependencia Americana
Independencia Americana
Dudas-Historia
 
Transición hacia la Democracia
Transición hacia la DemocraciaTransición hacia la Democracia
Transición hacia la Democracia
Dudas-Historia
 
Entrepreneurship
EntrepreneurshipEntrepreneurship
Entrepreneurship
Dudas-Historia
 
A brief history of entrepreneurship
A brief history of entrepreneurshipA brief history of entrepreneurship
A brief history of entrepreneurship
Dudas-Historia
 
Transición hacia la Democracia
Transición hacia la DemocraciaTransición hacia la Democracia
Transición hacia la Democracia
Dudas-Historia
 
Vocabulary Lesson 1
Vocabulary Lesson 1Vocabulary Lesson 1
Vocabulary Lesson 1
Dudas-Historia
 
A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra Mundial
Dudas-Historia
 
Evolución económica durante el franquismo
Evolución económica durante el franquismoEvolución económica durante el franquismo
Evolución económica durante el franquismo
Dudas-Historia
 

Viewers also liked (11)

Descolonización e Guerra Fría
Descolonización e Guerra FríaDescolonización e Guerra Fría
Descolonización e Guerra Fría
 
Units 9 & 10
Units 9 & 10Units 9 & 10
Units 9 & 10
 
Independencia Americana
Independencia AmericanaIndependencia Americana
Independencia Americana
 
Transición hacia la Democracia
Transición hacia la DemocraciaTransición hacia la Democracia
Transición hacia la Democracia
 
Entrepreneurship
EntrepreneurshipEntrepreneurship
Entrepreneurship
 
A brief history of entrepreneurship
A brief history of entrepreneurshipA brief history of entrepreneurship
A brief history of entrepreneurship
 
Castro de Viladonga
Castro de ViladongaCastro de Viladonga
Castro de Viladonga
 
Transición hacia la Democracia
Transición hacia la DemocraciaTransición hacia la Democracia
Transición hacia la Democracia
 
Vocabulary Lesson 1
Vocabulary Lesson 1Vocabulary Lesson 1
Vocabulary Lesson 1
 
A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra Mundial
 
Evolución económica durante el franquismo
Evolución económica durante el franquismoEvolución económica durante el franquismo
Evolución económica durante el franquismo
 

Similar to ESPAÑA NO SÉCULO XIX

Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º EsoTema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Esodudashistoria
 
Tema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIXTema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIX
velazquezturnesnieves
 
ISABEL II DE ESPAÑA.Iván
ISABEL II DE ESPAÑA.IvánISABEL II DE ESPAÑA.Iván
ISABEL II DE ESPAÑA.Iván
EVAVIDALFERRO
 
Tema4 av
Tema4 avTema4 av
Tema4 av
aialo1
 
Tema 4 traballo xeografía
Tema 4 traballo xeografíaTema 4 traballo xeografía
Tema 4 traballo xeografíapablokatt
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Fernanda Suárez Méndez
 
Tema4 Crise do Antigo Réxime España
Tema4 Crise do Antigo Réxime EspañaTema4 Crise do Antigo Réxime España
Tema4 Crise do Antigo Réxime España
aialo1
 
O reinado de Isabel II. Sofía Vázquez
O reinado de Isabel II. Sofía VázquezO reinado de Isabel II. Sofía Vázquez
O reinado de Isabel II. Sofía Vázquez
EVAVIDALFERRO
 
Tema 4
Tema 4Tema 4
Tema 4
katrinacosta
 
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónResumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Fernanda Suárez Méndez
 
Historia de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel IIHistoria de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel II
David Barrán Ferreiro
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
rubempaul
 
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
Fernanda Suárez Méndez
 
Cadiz 1812
Cadiz 1812Cadiz 1812
Cadiz 1812
mariasorey
 
Tema 4. LeccióN 3. 4º Eso. Isabel Ii
Tema 4. LeccióN 3.  4º Eso. Isabel IiTema 4. LeccióN 3.  4º Eso. Isabel Ii
Tema 4. LeccióN 3. 4º Eso. Isabel Iidudashistoria
 

Similar to ESPAÑA NO SÉCULO XIX (20)

Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º EsoTema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
 
Tema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIXTema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIX
 
Tema 4
Tema 4 Tema 4
Tema 4
 
Tema 4
Tema 4Tema 4
Tema 4
 
ISABEL II DE ESPAÑA.Iván
ISABEL II DE ESPAÑA.IvánISABEL II DE ESPAÑA.Iván
ISABEL II DE ESPAÑA.Iván
 
Xeografia4
Xeografia4Xeografia4
Xeografia4
 
Tema4 av
Tema4 avTema4 av
Tema4 av
 
Tema 4 traballo xeografía
Tema 4 traballo xeografíaTema 4 traballo xeografía
Tema 4 traballo xeografía
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
 
Tema4 Crise do Antigo Réxime España
Tema4 Crise do Antigo Réxime EspañaTema4 Crise do Antigo Réxime España
Tema4 Crise do Antigo Réxime España
 
O reinado de Isabel II. Sofía Vázquez
O reinado de Isabel II. Sofía VázquezO reinado de Isabel II. Sofía Vázquez
O reinado de Isabel II. Sofía Vázquez
 
Tema 4
Tema 4Tema 4
Tema 4
 
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónResumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
 
Tema 4
Tema 4 Tema 4
Tema 4
 
Historia de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel IIHistoria de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel II
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
 
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
 
Cadiz 1812
Cadiz 1812Cadiz 1812
Cadiz 1812
 
Tema 4 sociais
Tema 4 sociaisTema 4 sociais
Tema 4 sociais
 
Tema 4. LeccióN 3. 4º Eso. Isabel Ii
Tema 4. LeccióN 3.  4º Eso. Isabel IiTema 4. LeccióN 3.  4º Eso. Isabel Ii
Tema 4. LeccióN 3. 4º Eso. Isabel Ii
 

More from Dudas-Historia

Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021
Dudas-Historia
 
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Dudas-Historia
 
Obras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidenciaObras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidencia
Dudas-Historia
 
Impresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-PosimpresionismoImpresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-Posimpresionismo
Dudas-Historia
 
Pintura Barroca
Pintura BarrocaPintura Barroca
Pintura Barroca
Dudas-Historia
 
Escultura Barroca
Escultura BarrocaEscultura Barroca
Escultura Barroca
Dudas-Historia
 
Legislation and Human Resources
Legislation and Human ResourcesLegislation and Human Resources
Legislation and Human Resources
Dudas-Historia
 
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade ModernaTema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
Dudas-Historia
 
Franquismo. 1959-1975
Franquismo. 1959-1975Franquismo. 1959-1975
Franquismo. 1959-1975
Dudas-Historia
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Dudas-Historia
 
Pintura barroca
Pintura barrocaPintura barroca
Pintura barroca
Dudas-Historia
 
Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises
Dudas-Historia
 
Finance
Finance Finance
Finance
Dudas-Historia
 
Finance
FinanceFinance
Bernini como modelo
Bernini como modeloBernini como modelo
Bernini como modelo
Dudas-Historia
 
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Dudas-Historia
 
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Dudas-Historia
 
Rafael, Tiziano y otros
Rafael, Tiziano y otrosRafael, Tiziano y otros
Rafael, Tiziano y otros
Dudas-Historia
 
Activities in the Company
Activities in the CompanyActivities in the Company
Activities in the Company
Dudas-Historia
 
Activities in the Company
Activities in the CompanyActivities in the Company
Activities in the Company
Dudas-Historia
 

More from Dudas-Historia (20)

Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021
 
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
 
Obras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidenciaObras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidencia
 
Impresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-PosimpresionismoImpresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-Posimpresionismo
 
Pintura Barroca
Pintura BarrocaPintura Barroca
Pintura Barroca
 
Escultura Barroca
Escultura BarrocaEscultura Barroca
Escultura Barroca
 
Legislation and Human Resources
Legislation and Human ResourcesLegislation and Human Resources
Legislation and Human Resources
 
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade ModernaTema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
 
Franquismo. 1959-1975
Franquismo. 1959-1975Franquismo. 1959-1975
Franquismo. 1959-1975
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
 
Pintura barroca
Pintura barrocaPintura barroca
Pintura barroca
 
Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises
 
Finance
Finance Finance
Finance
 
Finance
FinanceFinance
Finance
 
Bernini como modelo
Bernini como modeloBernini como modelo
Bernini como modelo
 
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
 
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
 
Rafael, Tiziano y otros
Rafael, Tiziano y otrosRafael, Tiziano y otros
Rafael, Tiziano y otros
 
Activities in the Company
Activities in the CompanyActivities in the Company
Activities in the Company
 
Activities in the Company
Activities in the CompanyActivities in the Company
Activities in the Company
 

ESPAÑA NO SÉCULO XIX

  • 1. TEMA 4. ESPAÑA NO SÉCULO XIX (1808-1874) CRONOLOXÍA XERAL 1808-1814 Guerra da Independencia 1814-1833 Reinado de Fernando VII: 1814-1820 Sexenio absolutista 1820-1823 Trienio liberal 1823-1833 Década ominosa 1833-1840 Rexencia de Mª Cristina de Borbón 1840-1843 Rexencia do xeneral Espartero 1843-1868 Reinado de Isabel II 1844-1854 Década moderada 1854-1856 Bienio progresista 1856-1868 Gobernos unionistas e moderados 1868-1874 Sexenio democrático 1868-1870 Revolución Gloriosa e Goberno provisional 1871-1873 Reinado de Amadeo I de Savoia 1873 Primeira República 1874 Goberno Provisional de Serrano 1874-1902 Restauración 1.2 O REINADO DE CARLOS IV (1788-1808) Carlos IV accedeu ao trono en 1788, deixando o poder en mans do seu valido, Manuel Godoy. Ademais paralizou o programa reformista ilustrado do seu pai, Carlos III, ante o estalido da Revolución Francesa, e o perigo de que esta se propagase por España. Trala execución do rei Luís XVI, España declarou a guerra a Francia, con resultados negativos para España (invasión de Navarra e as provincias vascas). O valido do rei, Godoy, consegue a firma da Paz de Basilea (1795). Como consecuencia, durante os primeiros compases das Guerras Napoleónicas España é aliada de Francia: • Na Batalla de Trafalgar (1805) vs. Reino Unido, en loita pola supremacía no mar. • O Tratado de Fontainebleau (1807) autorizaba ao exército francés a atravesar España para atacar Portugal (que sería repartido entre ambas), e completar o bloqueo continental contra o Reino Unido. O control dos puntos estratéxicos deixou clara a intención do exército francés de dominas España. O descontento pola presenza dos franceses provocou o Motín de Aranjuez (17 de marzo de 1808), sublevación popular instigada polo príncipe Fernando (o herdeiro do trono) contra o valido Godoy, e que obrigou a Carlos IV a abdicar no seu fillo (Fernando VII). A rivalidade entre pai e fillo foi aproveitada por Napoleón, convocándoos en Baiona, onde os fixo firmar as abdicacións de Baiona, polas que ambos renunciaban ao trono de España, que pasaría a Xosé I Bonaparte, o irmán de Napoleón. 1.3 A FORMACIÓN DE GRUPOS IDEOLÓXICOS Xosé I (1808-1813) tentou impoñer os principios da Revolución Francesa en España, e así queda plasmado no Estatuto de Baiona, carta outorgada promulgada por Xosé I inspirada no modelo de Estado constitucional bonapartista e, aínda que concedía ao rei o poder executivo e a iniciativa lexislativa, tamén abolía os privilexios da nobreza. As Abdicacións de Baiona e o ascenso ao trono de Xosé I dividiron aos españois en dous grupos ideolóxicos:
  • 2. 1. “Afrancesados”.- O reducido número que aceptaron ao novo monarca e as súas reformas. 2. Patriotas.- Negáronse a recoñecer a Xosé I como rei, defendendo os dereitos de Fernando VII, ben para restaurar o Antigo Réxime, ben para construír unha monarquía constitucional de carácter liberal. 2.1 A GUERRA DE INDEPENDENCIA (1808 - 1814) Debido á ocupación francesa o 2 de maio de 1808 prodúcese o levantamento popular en Madrid (duramente reprimido), pero o seu exemplo foi seguido noutros lugares. Mentres nas cidades producíanse levantamentos contra os destacamentos franceses, no rural grupos de guerrilleiros, atacaban continuamente ao exército francés en emboscadas e ataques por sorpresa. Xa que logo, na primeira fase da guerra, logrouse frear o avance francés, grazas á vitoria na batalla de Bailén (1808) e a resistencia de numerosas cidades. Ambas situacións fixeron que Napoleón interviñera persoalmente, e as cidades que non se rendían foron sometidas a longos asedios (Zaragoza, Xirona). Só Cádiz resistiu a ocupación francesa. O inicio da Campaña de Rusia en 1812 obrigou a Napoleón a desprazar parte dos seus exércitos, o que permitiu importantes vitorias españolas (Arapiles, Vitoria, San Marcial), coa axuda de tropas británicas desembarcadas en Portugal. Finalmente, no Tratado de Valençay (1813) Napoleón recoñece a Fernando VII como rei de España e retira as súas tropas da península. 2.2 AS CORTES DE CÁDIZ E A CONSTITUCIÓN DE 1812 En paralelo á guerra de independencia contra a invasión napoleónica, produciuse un proceso revolucionario liberal, protagonizado polas Cortes de Cádiz. Aínda que Xosé I ocupou o trono de España tralas Abdicacións de Baiona, contou con escaso apoio entre os españois. E ante este baleiro de poder, creáronse Xuntas de Defensa locais e provinciais, encargadas de organizar a resistencia cunha Xunta Suprema Central que asumiu a lexítima soberanía, co obxectivo de coordinar a guerra e realizar as reformas sociopolíticas precisas. Debido ao avance do exército napoleónico, a Xunta Suprema tivo que trasladarse a Cádiz, a única cidade non ocupada e en 1810 convocou unha reunión a Cortes, elixidas por sufraxio universal masculino. A maioría de deputados eran liberais, aínda que tamén había unha minoría de absolutistas (defensores do mantemento do Antigo Réxime). Na súa primeira sesión as Cortes proclamáronse representantes lexítimas da soberanía nacional. O 19 de marzo de 1812 aprobouse a primeira Constitución española, que recollía as bases do sistema liberal: • Soberanía nacional conversión en novos cidadáns aos antigos súbditos • División de poderes • Sufraxio universal masculino • Igualdade ante a lei dos españois de ambos hemisferios • Ampla declaración de dereitos individuais. A maiores, a labor das Cortes completouse con unhas leis destinadas a abolir o Antigo Réxime: liberdade de imprenta, supresión dos señoríos, dos gremios e da Inquisición... A ocupación francesa impediu a aplicación no territorio español das leis aprobadas en Cádiz. 3.1 O REINADO DE FERNANDO VII (1814-1833) Sexenio absolutista 1814-1820.- Fernando VII regresa do exilio. Aínda que os liberais agardan que xure a Constitución de 1812, os absolutistas (tras entregarlle o Manifesto dos persas) logran que se restaure o Absolutismo e o Antigo Réxime, e que se suspenda a Constitución e toda a obra lexislativa das Cortes.
  • 3. Ademais, iniciouse unha represión dos liberais, que tiveron que exiliarse ou refuxiarse na clandestinidade e, cos sectores liberais do exército, organizaron pronunciamentos (alzamentos militares para trocar o rumbo político, ex. Porlier, 1815) para tentar restablecer a Constitución, sendo duramente reprimidos. Trienio liberal 1820-1823.- Triunfo do Pronunciamento de Riego (1820), tralo que Fernando VII tivo que xurar a Constitución, conceder unha amnistía e convocar unhas novas Cortes, que restauraron toda a obra lexislativa das Cortes de Cádiz. Porén, Fernando VII solicita axuda ás forzas absolutistas europeas da Santa Alianza, que no Congreso de Verona decide intervir cos Cen Mil Fillos de San Luís mandados polo duque de Angulema. Tras derrotar aos liberais, repoñen a Fernando VII como rei absoluto. Década Ominosa 1823-1833.- Severa represión do Liberalismo (execucións) e nova suspensión da Constitución. Ademais, o reino padecía unha grave crise económica (coa bancarrota da Facenda), agravada pola falta de ingresos procedentes de América, polo proceso de emancipación das colonias americanas, iniciado durante a guerra de Independencia. O problema sucesorio: Fernando VII tivera só fillas e a Lei Sálica impedía que as mulleres reinasen. Para asegurar o trono á súa filla Isabel, aínda cativa, o rei anulou a Lei mediante a Pragmática Sanción. Os absolutistas non aceptaron esta medida e sostiñan que o herdeiro lexítimo era o irmán do Rei, o infante Carlos Mª Isidro, firme absolutista. A guerra civil entre ambos bandos foi inevitable trala morte do rei en 1833. 4.1 O REINADO DE ISABEL II. A Rexencia de Mª Cristina de Borbón (1833-1840) Primeira Guerra Carlista Tras a morte de Fernando VII (1833), a súa filla Isabel II tiña 3 anos, polo que a rexencia foi asumida pola súa nai, Mª Cristina de Borbón. Os sectores absolutistas non aceptaron a Isabel como raíña, senón que apoiaron ao irmán do rei, Carlos Mª Isidro (polo que foron denominados carlistas) iniciándose unha cruenta guerra civil: a Primeira Guerra Carlista (1833-1839). Dado que os absolutistas apoiaron as reivindicacións ao trono de D. Carlos, a rexente Mª Cristina de Borbón tivo que apoiarse nos liberais, polo que o que estaba en xogo non era se debía gobernar un home ou unha muller, senón que foi un enfrontamento entre absolutistas e liberais. A guerra rematou con vitoria do bando isabelino trala Aperta de Vergara (1839) entre Espartero e Maroto. A cuestión carlista produciría máis tarde outras dúas guerras civís en 1846 e 1872. 4.1 O REINADO DE ISABEL II. A Rexencia de Mª Cristina de Borbón (1833-1840) A implantación do liberalismo: Estatuto Real e Constitución de 1837 A rexente Mª Cristina tivo que apoiarse nos liberais: • Primeiro se apoiou nos liberais moderados: ◦ Mostra deste goberno moderado é o Estatuto Real de 1834, unha carta outorgada, moi moderada: A Coroa conserva a súa soberanía e o control do poder executivo e lexislativo e ao parlamento se lle atribúe carácter consultivo. • Tras un pronunciamento militar (1836) os liberais progresistas conseguen o control e implantaron importantes medidas políticas e económicas de carácter liberal: ◦ A aprobación dunha nova Constitución en 1837, de consenso entre progresistas e moderados pois defendía: ▪ A soberanía nacional ▪ A división de poderes ▪ A supresión de vestixios feudais ▪ Cortes bicamerais
  • 4. ▪ Sufraxio censatario A Lei de desamortización eclesiástica de Mendizábal, pola que o Estado nacionalizou as propiedades vinculadas da Igrexa (bens en mans mortas), e púxoas á venda en puxa pública, liberalizando, así a propiedade agraria e aliviando a asfixia das finanzas públicas, crónica dende varias décadas, e que se incrementaba por causa da Guerra Carlista. 4.1 O REINADO DE ISABEL II. A Rexencia de Espartero (1840-1843) No último período da menoridade de Isabel II, o xeneral Espartero, con gran prestixio trala Guerra Carlista, asumiu a rexencia, en lugar da nai da Raíña. A súa política librecambista (que prexudicaba á industria) e autoritaria provocou unha forte oposición que o obrigou a dimitir. Xa que logo, as Cortes decidiron proclamar a maioría de idade de Isabel II, en canto cumprise os 13 anos, iniciándose así o seu reinado efectivo. 4.1 O REINADO DE ISABEL II (1843- 1868) En 1843 Isabel II foi declarada maior de idade, iniciándose o seu reinado efectivo. O Reinado de Isabel II caracterizouse por: • Grande inestabilidade política: cun continuo enfrontamento entre os dous principais partidos liberais: os moderados e os progresistas. • O papel do Exército na vida política: os grandes militares (espadóns) se puxeron á fronte dos partidos políticos e usaron frecuentemente os pronunciamentos militares para tomar o poder pola forza, debilitando así o parlamentarismo. • A falta de neutralidade da Raíña (a favor dos moderados) fixo desprestixiar a monarquía. A ÉPOCA ISABELINA (1843-1868): ETAPAS Década moderada (1844-1854): Quenda de goberno dos liberais moderados (apoiados pola alta burguesía e clases medias), liderados polo xeneral Narváez. Promulgaron unha nova Constitución de 1845, que configura un réxime con: • Soberanía compartida entre a Coroa e as Cortes • Limitación dos dereitos cidadáns • Sufraxio moi restrinxido Bienio progresista (1854-1856): Tras un pronunciamento do xeneral O’Donnell (a Vicalvarada), o novo goberno, encabezado polo líder progresista Espartero, e apoiado pola pequena burguesía e as clases populares: • Restableceu a Constitución de 1837 (e iniciaron a redacción dunha nova, non nata) • Continuou o proceso de reforma agraria, coa Desamortización civil de Madoz, desvinculado os bens comunais dos Concellos. Segundo período moderado (1856-1868). Será o propio O’Donnell quen poña fin ao Bienio progresista, iniciando unha alternancia de gobernos moderados e unionistas (da Unión Liberal, partido do xeneral O’Donnell, que une aos menos radicais dos progresistas e os máis reformistas dos moderados) e restáurase a Constitución de 1845. Prodúcense intervencións en ultramar por razóns de prestixio internacional e para distraer aos grandes xenerais (vid. a expedicións a Indochina e a México ou a Campaña de Marrocos). Aparecen outros partidos novos, como o demócrata (partidario do sufraxio universal masculino) e o republicano (partidario de abolir a monarquía), que xunto cos progresistas, son marxinados polo mecanismo
  • 5. electoral, polo que acordan derrocar a Isabel II no Pacto de Ostende (1866). Dous anos máis tarde un pronunciamento máis: A Revolución, denominada Gloriosa, triunfará en setembro de 1868. 4.2 O SEXENIO DEMOCRÁTICO (1868-1874) A Revolución de 1868 Dous anos despois do Pacto de Ostende un pronunciamento máis (a chamada Revolución Gloriosa de setembro de 1868), dirixido polos xenerais Prim, Serrano e Topete acabou coa monarquía de Isabel II, que se exiliou na Francia, inicándose así unha etapa coñecida como Sexenio revolucionario ou democrático (1868-1874). Entre 1868-1870 formouse un Goberno provisional, presidido por Serrano como Rexente do Reino, e con Prim como Presidente do Consello de Ministros. Apróbase a Constitución de 1869, que establece: • A soberanía nacional • A división de poderes • Sufraxio universal masculino (por vez primeira) • Define a España como un Reino. Sendo un reino sen rei, o xeneral Prim iniciou a busca dun rei. Haberá distintos candidatos a ocupar o trono español, sendo finalmente o elixido o italiano Amadeo de Savoia. 1871-1873 O Reinado de Amadeo I de Savoia non tivo un inicio fácil, xa que tivo que enfrontarse co asasinato do seu principal valedor: o Xeneral Prim. Tivo moitas frontes de oposición aberta: Por unha banda, existía un sector pro-borbónico que ansiaba a volta de Isabel II ou do seu fillo Alfonso. Os carlistas inician unha nova sublevación, a Terceira Guerra Carlista en 1872. Hai sectores republicanos que buscan acabar coa monarquía e instaurar unha República. Prodúcese un levantamento independentista en Cuba. Con todas estas dificultades e ante a falta de apoios, Amadeo abdicou en febreiro de 1973, proclamándose unha República. A Primeira República (1873) Tras a abdicación de Amadeo I, as Cortes proclamaron a Primeira República (1873), aínda que tiña escaso apoio social e os republicanos estaban enfrontados. Foi un período de grande inestabilidade, como mostra que nun ano sucederanse catro Presidentes: Figueras, Pi i Margall, Salmerón e Castelar. As divisións entre os Republicanos baseábanse na concepción do Estado. Mentres os unitarios querían un Estado centralizado, os federalistas avogaban por unha estrutura federal (descentralizada) para o Estado. Xa que logo, pódense diferenciar dous períodos: A República federal, durante as presidencias de Figueras e Pi i Margall. • Elaborouse a Constitución de 1873, que estableceu a soberanía popular e unha estrutura federal para España. • Tivo que enfrontarse, non só á Guerra Carlista, senón á Guerra de Cuba, a inestabilidade social (con motíns obreiros) e á insurrección cantonalista (como en Cartaxena), que se proclamaron cantóns independentes. A República unitaria, baixo as presidencias de Salmerón e Castelar, orientada cara a posturas máis conservadoras, dada a inestabilidade política do momento. En xaneiro de 1874 o Golpe de Estado do xeneral Pavía, disolveu as Cortes republicanas e formouse un Goberno Provisional presidido novamente polo Xeneral Serrano a modo dunha República autoritaria, nun
  • 6. intento de estabilizar o réxime republicano, mais esta situación favoreceu a Restauración da Monarquía borbónica.
  • 7. A MODERNIZACIÓN ECONÓMICO DE ESPAÑA. AS DESAMORTIZACIÓNS Dentro da política de Reforma Agraria levada a cabo polos liberais, hai que destacar o proceso de desamortización, isto é, a expropiación e nacionalización das propiedades vinculadas a certas institucións (nobreza, clero, municipios..., que non se podían vender –bens en mans mortas–), para a súa posterior venda en puxa pública, obtendo o Estado, desta forma, recursos económicos. As primeiras medidas desamortizadoras iniciáronse con Godoy, e continuaron coa obra lexislativa das Cortes de Cádiz e durante o Trienio Liberal, pero os procesos máis importantes son os levados a cabo por Mendizábal e por Madoz. A Lei de desamortización eclesiástica de Mendizábal (1836) pola que o Estado nacionalizou as propiedades vinculadas do clero regular e secular, e dos señoríos e morgados, e púxoas á venda en puxa pública, liberalizando, así a propiedade agraria e obtendo recursos para as finanzas públicas, tan necesarios para afrontar a Guerra Carlista. A Desamortización civil de Madoz (1855), desvinculou principalmente os bens comunais dos Concellos e outros bens en mans mortas, co obxectivo prioritario de financiar as infraestruturas (principalmente o ferrocarril). CONSECUENCIAS Ao desvincular as terras dos seus antigos propietarios, estas podían ser vendidas. Iniciábase así unha nova etapa para a agricultura española na que a terra introducíase na liberdade de mercado e na propiedade privada. Aínda que o Estado conseguiu diminuír a Débeda pública, non se realizou Reforma Agraria ningunha; antes ben, consolidouse a estrutura da propiedade existente, aumentando o latifundismo: Aínda que o obxectivo era que o campesiñado tivese acceso á propiedade da terra que cultivaba, a meirande parte dos bens desamortizados foron adquiridos pola burguesía, única con capital suficiente para afrontar as puxas públicas, mentres que os campesiños non puideron adquirir posesión algunha, sendo prexudicados tanto os arrendatarios dos antigos donos coma os veciños máis pobres, privados do aproveitamento libre das terras comunais. 6. A RESTAURACIÓN BORBÓNICA E A CRISE DO 98 No pronunciamento de Sagunto, en decembro de 1874, o xeneral Martínez Campos proclamou como rei de España ao fillo de Isabel II, Alfonso XII, restaurando aos Borbóns no trono de España. O reinado de Alfonso XII consolidouse grazas á acción política de Cánovas del Castillo, o artífice da Restauración Borbónica, quen deseñou o novo réxime político para España cun sistema parlamentario moderado capaz de protexer a monarquía e garantir a estabilidade e a paz. Os partidarios desta Restauración, empezando por Cánovas del Castillo, preferían que o cambio se dera de forma pacífica, como o mesmo Afonso XII expresara no Manifesto de Sandhurst poucos días antes, no que se mostraba a favor dunha monarquía constitucional, e non mediante un pronunciamento militar. O Reinado de Afonso XII (1875-1885) 6.1. O Sistema político da Restauración: a Alternancia O sistema político da Restauración, promovido por Cánovas del Castillo, pretendía garantir a estabilidade, despois dos anos caóticos do Sexenio. Para iso era necesaria unha nova Constitución, a de 1876, inspirada no modelo británico, que establecía a soberanía compartida entre as Cortes e o Rei, con dúas Cámaras lexislativas (Congreso e Senado) elixidas por sufraxio, desde 1890 universal masculino. Como en Gran Bretaña, asentouse a alternancia política, isto é, unha quenda de dous partidos, o Conservador (liderado por Cánovas) e o Liberal (liderado por Sagasta), que se alternaban no Goberno pacificamente. O turnismo trouxo como resultado a estabilidade política, pero a costa da corrupción e a adulteración da democracia, pois a alternancia no Goberno facíase mediante a manipulación das eleccións, con prácticas como o caciquismo (o influxo de persoeiros, os caciques, capaces de controlar os votos dos seus distritos) e a alteración fraudulenta do voto (pucheirazo).
  • 8. Dado o carácter centralista do Estado, xurdiron forzas políticas rexionalistas/nacionalistas periféricas, vinculadas con movementos culturais: En Cataluña, a Renaixença puxo en valor a cultura e a lingua catalá, e o movemento cultural deu paso a un movemento político, exemplificado na Unió Catalanista (1892) ou a Lliga Regionalista (1901). No País Vasco, a abolición dos foros trala derrota carlista motivou a creación do Partido Nacionalista Vasco (1894) . En Galicia, o Rexurdimento foi un movemento cultural fundamental, mais con escaso reflexo político nestas datas. 6.3. O desastre do 98 Alfonso XII, viúvo e sen fillos tras a morte de Mª Mercedes de Orleáns, casou con Mª Cristina de Habsburgo- Lorena, da que tivo dúas fillas e un fillo póstumo, pois Alfonso XII morre de tuberculose en 1885, antes do nacemento do seu fillo, Alfonso XIII. Aínda que proclamado rei nada mais nacer, ata a maioría de idade de Alfonso XIII, asumiu a rexencia a súa nai, a raíña Mª Cristina ata 1902. Para evitar a descomposición do réxime asinouse o Pacto de El Pardo entre Cánovas e Sagasta, co compromiso de apoiar a continuidade do sistema de quenda de partidos. O momento máis delicado foi a Guerra de Cuba, e a consecuente perda das colonias de Cuba, Puerto Rico e Filipinas en 1898. As aspiracións independentistas de Cuba fixeran estalar outra guerra en 1895 na que os cubanos eran apoiados polos Estados Unidos, que entrarán formalmente na guerra, tomando como pretexto a voadura accidental e afundimento do acoirazado estadounidense Maine.