Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa

Resumo do tema sobre a entrada do liberalismo en España para o alumnado que ten problemas para entender ou memorizar o tema común.

  • Login to see the comments

  • Be the first to like this

2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa

  1. 1. “Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa” Como chegou o liberalismo a España? Xa sabemos que o liberalismo é o que nos permitiu pasar do absolutismo á democracia1 actual e que por iso o estudamos. Agora veremos cómo chegou o liberalismo a España. Non chegou de repente e para sempre, senón que foi un camiño dun pasiño para adiante e outro para atrás. Resumo do que imos ver:  Empezamososéculocon absolutismo(Carlos IV) pero coa chegada de Bonaparte e da guerra, que trouxeron aires liberais.  Despois veu o reinado de Fernando VII que seguiu sendo absolutista, aínda que tivo que aceptar a constitución tres anos (ou sexa que houbo 3 anos de liberalismo) porque non tivo máis remedio.  Cando morreu Fernando VII chegou definitivamente o liberalismo a España, co reinado da súa filla Isabel II. Isabel era liberal, aínda que cun liberalismo moderadoe tivoque aceptar dousanosde liberalismoprogresista. Oabsolutismo seguía loitando por volver ao poder da man dos carlistas.  Una revolución acabou co seu reinado traendo por fin a democracia a España. A democracia durou 6 anos e foi bastante accidentada.  Ao final restaurouse o reinado dos Borbóns no fillo de Isabel II, Afonso XII. Restaurouse unhamonarquíaconstitucional,aoestilodade Isabel II, é dicir, unha monarquía que é liberal (a raíña ou o rei están limitados por unha constitución) pero que non é totalmente democrática, porque a soberanía non a ten o pobo, senón que o poder o comparten o pobo e o rei. É dicir que acabamos o século XIX sen que chegara de verdade a democracia a España, peroco liberalismomoi afianzado,e habendoexperimentadoxauncurtoperíododemocrático que foi o sexenio democrático. Comezo de século absolutista: Reinado de Carlos IV Iníciase o séculocoreinadode CarlosIV,un rei absolutistaque comezouo seu reinado un ano antesda RevoluciónFrancesa.Este rei viracondesesperación como a revolución francesa derrocaba e guillotinaba ao rei absoluto francés. España, como outras potencias europeas, declarou a guerra á Francia revolucionaria, pero perdeu e tivo que pactar cos franceses. Os francesesacordaronopaso das súastropas por Españapara atacar Portugal,pero polo camiño ían comportándose como invasores. Nese momento Fernando VII, fillo de Carlos IV, aproveitouodescontentopopularparaconseguirque oseupai lle cedera o trono tras o Motín de Aranxuez. 1 Democracia:o que temos hoxe en día en España en que o pobo é o que manda (ou sexa que temos nos a soberanía, o poder). Mandamos a través dos nosos votos, nas eleccións. Aínda que non eliximos aorei, o rei, en realidade reinaperonongoberna, así que nono contamos).
  2. 2. Reinado de Xosé I e guerra contra os franceses (1808 – 1814) Napoleón aproveitou os enfrontamentos entre o pai e o fillo para obrigalos a cederlle o trono ao seuirmánXosé Bonaparte.Moitaxente interpretouque os reis en realidade estaban secuestrados por Napoleón e se sublevaron o 2 de maio dando comezo á Guerra da Independencia. Os españois e españolas dividíronse entre: - A xente que defendía a Xosé I, e que recibían o nome de afrancesada. - A xente que loitaba contra os franceses: o Algunha era liberal. o Outra xente era absolutista. A loita foi longa e dura. As guerrillas españolas atacaban continuamente ás tropas francesas.Asguerrillaseran pequenosgruposde civís2 armados que atacaban continuamente aos franceses co fin de baixarlles a moral e debilitalos. Durante a guerra redactouse aprimeiraconstituciónespañola:aConstituciónde Cádiz de 1812, chamadapopularmente “aPepa”por aprobarse odía de San Xosé.Istode redactar unha constitución é propio do liberalismo, pero ademais era unha constitución moi progresista porque pormor da guerra moitosdeputadosnonpuideronchegaraCádiz e foron substituídos por xente de alí, sendo Cádiz unha cidade moi aberta e liberal. O máis importante da constitución era: - A soberanía nacional. - División de poderes. - Recoñecemento de dereitos liberais como a igualdade ante a lei. Como estaban en guerra a Constitución practicamente non se aplicou, pero foi un feito moi importante que marca a entrada do liberalismo en España. O reinado de Fernando VII: predominio do absolutismo. Xa sabemosque Napoleónfoi vencidopolaspotenciaseuropease entónvolveu Fernando VIIa España. Poderíachegar e xurar a Constitucióngobernandocomo o primeiro rei liberal de España, pero non fixo tal. Cando chegou viu que tiña moitos apoios entre os absolutistas e decidiu abolir3 aConstitucióne todasasleisque fixeranascortesde Cádiz,e empezou a reinar como un rei absoluto. A xente partidaria do liberalismo foi perseguida. Todo o reinadode FernandoVIIfoi absolutista agás tres anos, o chamado Trienio Liberal. Porque en 1820 un pronunciamento4 militar liberal obrigou ao rei a xurar a Constitución de 1812 e restaurar toda a lexislación das cortes. 2 Eran homes e algunhas mulleres quenon pertencían ao exército. Escondíanseentre a poboación. 3 Eliminar unha lei. 4 Pronunciamento: rebelión militar moi frecuente no século XIX consistenteen manifestar a súa oposición ao goberno para provocar un cambio.
  3. 3. Pero xa sabemos5 que as potencias Europeas, unha vez que venceron a Napoleón, acordaron non deixar que o liberalismo volvera a chegar ao poder en ningún país europeo. Sabemos que fixeron alianzas para intervir no país no que ocorrera tal cousa. Así que en España interveu un exército da Santa Alianza, os chamados Cen Mil Fillos de San Luis, que repuxo a Fernando VII como rei absoluto. A perda das colonias americanas: Durante o reinado de Fernando VII independizáronse as colonias que España tiña en América do Sur. Os movementos independentistas comezaron durante a guerra da independencia contra os franceses. Nese momento en que os españois e españolas loitaban contra o invasor,nascoloniasorganizáronse taméncontraXosé I, pero acabaron proclamando a independencia. Á volta de Fernando VII recuperáronse moitos destes territorios, pero fóronse perdendo en sucesivos levantamentos, liderados por homes como San Martín ou Simón Bolívar. A chegada do liberalismo: o reinado de Isabel II O liberalismo chegou a España definitivamente da man de Isabel II. O problema da herdanza: Os Borbónsimpuxeranunha lei que impedía que as mulleres gobernaran6 . Esa lei seguía sendoválidadurante oreinado de Fernando VII, que tardou moito en ter descendencia, polo que seu irmán Carlos de Borbón, xa contaba herdar o trono. Pero cando a súa muller quedou embarazadaFernandoVII promulgouunhalei7 que eliminabaaanteriore permitíaás mulleres gobernar. CandomorreuFernandoVII, a súa viúva fíxose cargo do goberno no nome da súa filla, xa que Isabel era unha nena. Pero ao mesmo tempo os absolutistas consideraron que o verdadeiro rei era Carlos de Borbón, declarándose así a primeira guerra carlista. A xente partidariadoabsolutismo apoiaba a don Carlos, así que a Isabel II so lle quedaría a opciónliberal se quería atopar apoios. Desta maneira entrou o liberalismo definitivamente en España. As rexencias: Houbo varias rexencias, ata que a raíña herdou o trono con trece anos. Durante esas rexencias elaborouse unha constitución progresista, pero non tan avanzada como a de 1812. Tamén se levou a cabo unha importante desamortización8 . A burguesía liberal que mercou esasterras erapartidariade que gañara Isabel IIa guerra carlista, porque se perdía e gañaba o carlismo, quizás o novo rei lles quitase as terras que mercaran e llela devolvera aos propietarios e propietarias. 5 O que vimos da Restauración,Metternich e as distintasalianzas. 6 Lei Sálica. 7 A Pragmática Sanción. 8 Desamortizar é poñer en venda as terras de mans mortas.
  4. 4. O reinado de Isabel II. A meirande parte do goberno de Isabel II estiveron no poder os liberais moderados. Incluso se fixo unha nova constitución máis conservadora que a da rexencia. Só houbo dous anos nos que estiveron no poder os liberais progresistas, pero conseguírono por un pronunciamento e axiña se volveu á situación anterior. A raíña era liberal peromoi conservadora,poloque osprogresistasforonradicalizándose. Algúns progresistas formaron novos grupos como os demócratas, que defendían o sufraxio universal masculinoe osrepublicanosque desexabancambiaramonarquíapor unharepública sen rei nin raíña. A chegada da democracia: o sexenio democrático A Gloriosa: Ao final doreinadode Isabel II,progresistas,demócratase republicanos xuntaron as súas forzas para quitar do poder á raíña. En 1868 un pronunciamento militar comezou unha revolución á que chamaron “a Gloriosa” xa que Isabel II abandonou España. Convocáronse elecciónsacortese fixeronunhanovaConstitución,aprimeiraconstitución democráticada historiade España.Porfin a constitución declaraba que a soberanía estaba no pobo e que o sufraxio era universal (sufraxio universal masculino). Tiña tamén unha ampla declaración de dereitos da cidadanía. De todas formas España seguía a ser unha monarquía, non unha república, e puxéronse a buscar un rei ou raíña. Amadeo I: FinalmenteascorteselixironaAmadeode Saboiacomorei de España.PeroAmadeoI non tiña moitos apoios: - Os absolutistas volveron a levantarse en armas cunha nova guerra carlista, segundo elese elasnontiñasentidoirbuscar unrei fora tendoun lexítimoherdeiroenEspaña. - Os republicanos non querían un rei. - Gran parte da poboación non o quería polo feito de ser estranxeiro. Por se isto fora pouco, a última colonia de España en América, Cuba, tamén iniciou unha guerra pola súa independencia. Amadeo abdicou9 . A Primeira República: Xa era moito poñerse a buscar outro rei, xa se vía que non funcionaba poñer un rei de fora, e os liberaisnonqueríanunrei absolutista, asíque se declaroua república.Eraa primeira vezque había unha repúblicaen España. Pero por se foran poucos os problemas que xa había (guerras carlista e cubana), os republicanos non tiñan todos a mesma idea de república. Os 9 Abdicar é como dimitir cando és rei ou raíña.
  5. 5. había que querían unha república unitaria10 e outros que querían unha república federal11 . Estalou o movemento cantonalista. Declararon a súa independencia Cataluña, Málaga, Cartaxena... O movemento foi duramente reprimido polo goberno. A Restauración: Volveron a poñer de rei a un Borbón: o fillo de Isabel II, Afonso XII. Fixeron unha nova constitución. España volvía a ser unha monarquía constitucional, na que a soberanía estaba compartida entre o rei e as cortes, así que de democracia xa nada. Volvían ao liberalismo do reinado de Isabel II. Para contentar aos progresistas a constitución incluía unha ampla declaración de dereitos. Os liberaisorganizaronopoderaoseuantollo.Deixaron fora a todos os partidos que non foran monárquicos e constitucionais (anarquistas12 , republicanos13 , socialistas14 e nacionalistas15 ). O poder o alternaban os liberais progresistas (os “liberais”) e os liberais moderados ( os “conservadores”) a través do fraude electoral. Corrupción electoral: caciquismo e pucheirazo. O rei decidía primeiro quen ía formar goberno, e logo facían como de quen que había eleccións limpas e que era o pobo o que decidía: - No campoos caciques,forzabaná xente avotar a quenelesdicíanmediante ameazas. Eran persoas moi influentes e poderosas, se o cacique te poñía na lista negra facíanche a vida imposible. - Na cidade, onde os caciques tiñan menos poder, manipulábanse os resultados: o pucheirazo. Así que acabamos o século con liberalismo, despois dun breve período democrático. 10 República unitariaéunha España sen rei pero toda unida nun só Estado. 11 República federal é unha España sen rei e dividida en estados ( o Estado galego, o Estado Catalán,etc.) que se unen nunha España Federal. 12 Anarquistas os daremos máis adiante:non queren poder ningún. Queren que a xente se organice pacíficamente entre si. 13 Non queren rei. 14 Os socialistaseran demócratas deesquerdas,liderados por Pablo Iglesias.Tamén o daremos. 15 Que querían que España fora unha federación de Estados ou ben a independencia dos diferentes territorios de España.

×