Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

LIC Pena Veidosa

141 views

Published on

Espazo de media montaña na serra da Martiñá, unha das estribacións da Dorsal Galega a continuación da serra do Faro, con altitudes que van dos 600 m en Oseira aos 1.038 dos cumes.
Concellos: San Cristovo de Cea (Ourense) e Carballedo (Lugo).

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

LIC Pena Veidosa

  1. 1. ESPAZOS NATURAIS LIC Pena Veidosa
  2. 2. Espazo de media montaña na serra da Martiñá, unha das estribacións da Dorsal Galega a continuación da serra do Faro, con altitudes que van dos 600 m en Oseira aos 1.038 dos cumes.
  3. 3. SITUACIÓN: Na zona centro- meridional galega, compartido entre as comarcas de O Carballiño (Ourense) e Chantada (Lugo). Localidades de referencia: Castro, Aguada e Buciños (Carballedo); Oseira, Confurco e Vales (San Cristovo de Cea). SUPERFICIE: 2.321 ha CONCELLOS: San Cristovo de Cea (Ourense) e Carballedo (Lugo). VALORES NATURAIS: pseudoestepas de gramíneas e bosques aluviais.
  4. 4. Carballedo
  5. 5. Ricovelo PROTECCIÓN •Lugar de importancia comunitaria (LIC) 29/12/2004 •Zona especial de conservación (ZEC) 31/03/2014
  6. 6. CLIMA Atlántico (temperado e húmido, con seca no verán)
  7. 7. XEOLOXÍA/RELEVO SERRA DA MARTIÑÁ É unha serra con dirección N-SO, de alturas medias que rondan os 1.000 m, situada ao sur, e moi preto, da Serra do Faro, entre as provincias de Lugo e Ourense, formada maiormente por granitos. O monte máis alto é o Castro ou Martiñá, con 1.038 m. Monte do Castro, cume máis alto da Martiñá
  8. 8. Pena Ventosa. A erosión deixou ao descuberto gran cantidade de penedos e bolos graníticos que coroan os montes en formas acasteladas.
  9. 9. O Castelo (1041 m) desde a serra do Faro
  10. 10. Penedos graníticos nos cumes da Martiñá
  11. 11. Río Búbal REDE FLUVIAL Forma parte da conca do Miño: na vertente leste nacen o Bubal e o Barbantiño, na Oeste o Oseira e o Mirela (Arenteiro-Avia) e na norte cabeceiras do Asma.
  12. 12. Muíño e pontella no curso alto do Bubal en Vales. RÍO BÚBAL Nace na serra da Martiñá e ten un curto percorrido neste espazo pola parroquia de Vales (Cea).
  13. 13. O Bubal en Vales.
  14. 14. Río Oseira Un afluente do Arenteiro (tributario do Avia) que nace entre as serras do Faro e Martiñá. Fai de linde no espazo protexido en parte do seu percorrido. Val do curso alto do Oseira
  15. 15. O río Oseira en Oseira
  16. 16. TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE -Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion -Queirogais secos europeos -Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero- Brachypodietea -Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae) -Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino -Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis) -Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos -Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica -Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo- Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii -Covas non explotadas polo turismo -Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno- Padion, Alnion incanae, Salicion albae) -Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica
  17. 17. FLORA As diferencias de altitude do espazo favorecen a presenza de diferentes ecosistemas: bosques caduciflolios nas abas dos montes e turbeiras nos cumes erosionados e mal drenados, con presenza de esfagno (Sphagnum pylaisii), Littorella uniflora, breixo das turbeiras, rorelas... Unha grande parte da área está repoboada con piñeiro e eucalito. A zona está moi castigada polos incendios forestais que se suceden a miúdo.
  18. 18. Castiñeiros e carballos
  19. 19. Esfagnos e Littorella uniflora nunha turbeira dos cumes
  20. 20. Estas gramíneas de aspecto nebuloso colonizan os solos areosos pobres como os que quedan nas zonas queimadas despois do lavado da chuvia.
  21. 21. Caravel (Petrorhagia nanteuilii). Florece no verán en lugares secos. Xensá (Gentiana pneumonanthe). Florece en prados e bosques abertos.
  22. 22. Toxo, unha das plantas máis comúns no mato dos montes
  23. 23. Carqueixa (Chamaespartium tridentatum). Arbusto sen follas que pode acadar ata 70 cm de altura. A función dasfollas realízana unhas prolongacións laminares dos talos.
  24. 24. Abrodia (Asphodelus albus) Breixo (Erica cinerea)
  25. 25. Cladonia ESPECIES DA DC 92/43/CEE E DC 2009/409/CE Cladonia subgenus Cladina Narcissus bulbocodium Narcissus triandrus Ruscus aculeatus Sphagnum spp.
  26. 26. Fungos sobre a terra queimada
  27. 27. O máis destacado da fauna son as aves de espazos abertos e os insectos. Crían: gatafornela (Circus cyaneus), tartaraña cincenta (Circus pygargus), azor (Accipiter gentilis), gabián (Accipiter nisus), falcón pequeno (Falco subbuteo), cuco (Cuculus canorus), avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus), cotovía das árbores (Lullula arborea), pica campestre (Anthus campestris), pica das árbores (Anthus trivialis), tordo común (Turdus philomelos), papuxa do mato (Sylvia undata) e picanzo real meridional (Lanius meridonalis). Tordo (Turdus philomelos) FAUNA
  28. 28. Morcego grande de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum) MAMÍFEROS Morcegos (Barbastella barbastellus, Eptesicus serotinus, Myotis myotis, Pipistrellus pipistrellus, Pipistrellus pygmaeus, Rhinolophus ferrumequinum, Rhinolophus hipposideros) Lobo (Canis lupus) Algaria (Genetta genetta) Tourón (Mustela putorius)
  29. 29. AVES Accipiter gentilis Accipiter nisus Aegithalos caudatus Alauda arvensis Alectoris rufa Anthus spinoletta Anthus trivialis Apus apus Athene noctua Buteo buteo Caprimulgus europaeus Certhia brachydactyla Circaetus gallicus Circus cyaneus Circus pygargus Columba livia Columba palumbus Corvus corone Coturnix coturnix Cuculus canorus Delichon urbica Dendrocopos major Emberiza cia Emberiza cirlus... Corvo (Corvus corone)
  30. 30. ... Erithacus rubecula Falco subbuteo Falco tinnunculus Garrulus glandarius Hippolais polyglotta Hirundo rustica Jynx torquilla Lanius meridionalis Lullula arborea Milvus migrans Monticola saxatilis Motacilla alba Motacilla cinerea Oriolus oriolus Otus scops Parus ater Parus caeruleus Parus cristatus Parus major Pernis apivorus Phoenicurus ochruros Phylloscopus bonelli Phylloscopus ibericus Pica pica ... Lagarteiro (Falco tinnunculus)
  31. 31. ... Picus viridis Prunella modularis Ptyonoprogne rupestris Pyrrhula pyrrhula Regulus ignicapilla Saxicola torquata Sitta europaea Streptopelia turtur Strix aluco Sylvia atricapilla Sylvia borin Sylvia communis Sylvia melanocephala Sylvia undata Sylvia undata Troglodytes troglodytes Turdus merula Turdus philomelos Turdus viscivorus Tyto alba Upupa epops Chasco (Saxicola torquata)
  32. 32. RÉPTILES Anguis fragilis Chalcides striatus Lacerta schreiberi Natrix maura Natrix natrix Podarcis hispanica Psammodromus algirus Rhinechis scalaris Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi)
  33. 33. ANFIBIOS Alytes obstetricans Bufo calamita Chioglossa lusitanica Discoglossus galganoi Lissotriton boscai Rana iberica Pelophylax perezi Rana temporaria Triturus marmoratus Sapiño pinto (Discoglossus galganoi)
  34. 34. PEIXES Chondrostoma polylepis INVERTEBRADOS Geomalacus maculosus Lucanus cervus Vacaloura (Lucanus cervus) Saltón, un insecto común nas áreas abertas con pouca vexetación.
  35. 35. CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADAS INVERTEBRADOS Geomalacus maculosus ANFIBIOS Chioglossa lusitanica Rana iberica Rana temporaria subsp. parvipalmata AVES Circus cyaneus Circus pygargus MAMÍFEROS Myotis myotis Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros Tarataraña cincenta (Circus cyaneus)
  36. 36. ACTIVIDADES Agrogandaría e forestal. O Picouto e Ricovelo
  37. 37. Cumes da Martiñá despois dun incendio PROBLEMAS Incendios, plantacións con especies foráneas.
  38. 38. PUNTOS DE INTERESE -Monte do Castro da Martiñá. -Río Búbal: muíño e ponte en Vales. -Val de Oseira: o río Oseira, afluente do Arenteiro discorre encaixado polo fondo dunha falla con dirección NE-SW. Hai algúns bosques caducifolios de carballo e rebolo. -Nas proximidades (fora do espazo protexido): Oseira (mosteiro, área de lecer). Mosteiro de Oseira. Fundado en 117 e con sucesivas ampliacións
  39. 39. Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta Debuxos: Mon Daporta Xaneiro 2017

×