Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Humidais

  • Login to see the comments

  • Be the first to like this

Humidais

  1. 1. HUMIDAIS
  2. 2. Os humidais son terreos, xeralmente chans, nos que a superficie seanega de forma permanente ou temporal: gándaras, esteiros,marismas, pantanos, turbeiras, zonas costeiras de anegaciónperiódica…Nos humidais o solo satúrase de auga quedande desprovisto de osíxeno.
  3. 3. O Convenio RAMSAR protexehumidais de máis de 1 ha desuperficie:NATURAIS: pastizais húmidos,turbeiras, pantanos,marismas, lagos, ríos,esteiros, deltas, zonasmariñas costeiras, manglares,arrecifes de coral, oasis…ARTIFICIAIS: estanquespiscícolas, arrozais, encoros,saíñas…
  4. 4. Definición de humidal segundo o convenio RAMSAR:-Zona da superficie terrestre que está temporal oupermanentemente anegada, regulada por factores climáticos een constante interrelación cos seres vivos que a habitan.-Considéranse humidais: as extensións de marismas, pantanos eturbeiras, ou superficies cubertas de augas, sexan de réximenatural ou artificial, permanentes ou temporais, estancadas oucorrentes, dóces, salobres ou salgadas, incluídas as extensiónsde auga mariña que non excedan os 6 m de profundidade enmarea baixa. Poderán comprender tamén as zonas costeirasachegadas, illas e extensións de auga mariña con máis de 6 m deprofundidade (en marea baixa), sempre que se atopen dentrodentro do humidal.
  5. 5. Importancia dos humidais:-Ecosistemas cunha gran biodiversidade-Hábitat de seres vivos específicos-Reserva de auga-Actúan como filtradores naturais de auga
  6. 6. En 1989 fíxose unha clasificación con máis de trinta clases dehumidais naturais e nove artificiais.De forma sintética clasifícanse en cinco grandes tiposmorfolóxicos: mariños, ribeiregos, esteiros, lacustres epalustres.
  7. 7. -HUMIDAIS MARIÑOS: non son afectados por caudais fluviais:arrecifes de coral e litorais.
  8. 8. -HUMIDAIS RIBEIREGOS: terras anegables frecuentemente polasenchentes dos ríos: bosques anegados, lagos de meandro,chairas fluviais, rañas…
  9. 9. -ESTEIROS: zonas de desembocadura dos ríos no mar cunhasalinidade da auga intermedia entre a auga do mar e a dóce:deltas, marismas, esteiros, bancos fangosos…
  10. 10. -HUMIDAIS LACUSTRES: zonas cubertas de augapermanentemente con baixa circulación: lagoas, lagos glaciaresde volcáns…
  11. 11. -HUMIDAIS PALUSTRES: ecosistemas que conteñen láminas deauga de pouca fondura e permanentes: marismas, pantanos depapiro, gándaras, brañas…
  12. 12. HUMIDAIS ARTIFICIAIS: excavacións mineiras, estanques…
  13. 13. CHARCAS, POZAS: espazos con auga (menores de 1 ha) quepoden ser temporais ou permanentes.
  14. 14. PÍOS, POZOS: construcións que almacenan auga nas que sedesenvolven comunidades de seres vivos.
  15. 15. Os seres que habitan nos humedais precisan adaptaciónsespecíficas.As plantas teñen que soportar períodos de asolagamento,ter órganos de flotación, sistemas de aireación...Os animais teñen adaptacións á vida acuática: respiraciónpor bránquias, fases larvarias acuáticas, extremidadesadaptadas, sistemas de flotación...
  16. 16. O salgueiro (Salix cinerea) é a árbore máis común das zonas húmidas.Enea ou palla real (Typha latifolia).
  17. 17. Lentella de auga (Lemna minor), a máis pequena das plantas con flor. Ambroíño (Nymphaea alba).Xunco (Eleocaris palustris).
  18. 18. Algas producindo osíxeno
  19. 19. Os narcisos (Narcisus...) florecen nos lugares húmidos.Pinguicula... planta carnívoradas brañas de monte. A rorela (Drosera...) é unha planta carnívora común nas brañas.
  20. 20. Os esfagnos son os brións máis comúns das brañas e a materia prima das turbeiras.Breixo de turbeira (Erica tetralis) Xunca de algodón.
  21. 21. Lavanco real (Anas plathyrrynchos),macho e femia. A galiñola negra (Fulica atra) é común en todos os lugares onde exista unha pequena lagoa rodeada de vexetación.
  22. 22. PapuxaRa verde (Rana perezi) Pica dos prados
  23. 23. Aeshna. O máis grande dos cabalos do demo.Gaiteiros (Pyrrhosoma ninphula)
  24. 24. Os humedais teñen unha gran importancia ecolóxica porque reteñen a augacando sobra e cédena cando falta. Manteñen a biodiversidade servindo comopuntos de descanso e lugares de desenvolvemento de especies únicas. Sonecosistemas moi sensibles que se contaminan facilmente e destrúense casesempre por desecación ou recheo.

×