SlideShare a Scribd company logo
1
ACTO CONMEMORATIVO DO CUADRAXÉSIMO ANIVERSARIO DO
COLEXIO «VIRXE DA CELA» DO XESTAL, MONFERO
XOVES, 16 DE XUÑO DE 2016
Quixo a sorte que dende comezos de ano, alá entre xaneiro e febreiro de 2016, a
dirección e un grupo de profesoras —por maioría, con perdón de don Alfonso e don
Manuel— do CPI, agora plurilingüe, «Virxe da Cela», fosen conformando unha
comisión para organizar as actividades e o acto cos que conmemorar o cuadraxésimo
aniversario deste Colexio. Para tal fin, movidos polo ánimo sempre característico delas
de facer máis, de dedicarse ao traballo con tesón, tiveron a ben pedir as colaboracións
de cantos pasaron polo Colexio do Xestal, lugar onde tiveron a ocasión de vivir
experiencias inesquecibles, moitas veces, as primeiras da vida, e noutras ocasións, as da
plena realización profesional. Entre a diversa xente que colaborou, destaca dona
Mercedes Cachaza Platas, profesora deste Colexio entre os cursos 1980-1981 e 2008-
2009, momento da súa xubilación —cousa que non fixo que perdese contacto con
compañeiros e alumnos—, quen nos agasallou co relato das súas vivencias e lembranzas
da escola, dende que era alumna ata que chegou a exercer o gratificante labor da
docencia.
E dicimos que quixo a sorte, ou a deusa Fortuna dos antigos romanos, que con
tanto entusiasmo se acollese esta conmemoración entre os implicados, e que tanto
traballo se lle dedicase ao longo dos últimos meses, para rematar culminando no acto
que no comedor escolar do centro —que xa serviu de salón de actos en máis ocasións—
se celebrou gozosamente o pasado xoves, día dezaseis de xuño de 2016.
Estando todo disposto —megafonía, audiovisuais, decorado— para dar lugar ao
nomeado acto, tras a petición do debido silencio —un ben moi prezado— por parte de
dona Pilar Castro, inauguraron este as palabras de dona Camino Pereiro González,
directora, que presentou os aspectos xerais do proxecto educativo que se desenvolve
actualmente no CPI Plurilingüe «Virxe da Cela» e que remarcou a traxectoria que
seguiu este Colexio ao longo dos anos sempre cara á mellora da calidade da educación.
Acompañaron á directora na mesa da primeira rolda de intervencións: don Manuel
Couce García, primeiro director do centro, que ademais era alcalde de Monfero
naqueles anos, e que demostrou aos asistentes gozar dunha memoria excepcional e de
ser un gran relator de lembranzas; don Alberto Cortizas Rejo, tenente alcalde do
Concello de Monfero, ex alumno do Colexio, que ademais das palabras que pronunciou
2
en nome da institución que representaba, falou tamén das súas vivencias como alumno e
dos bos recordos que do Colexio puido levar.
Interveu xunto a eles tamén don Indalecio Cabana Leira, xefe territorial da
delegación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na Coruña,
e que destacou no seu discurso o gran traballo da dirección do centro e do profesorado
no desenvolvemento de diversos e interesantes proxectos educativos, nos que ademais
están implicados membros das tres universidades galegas —A Coruña, Vigo e
Santiago—, e entre os cales figuran iniciativas orixinais que presentan experiencias
educativas moi enriquecedoras como, no eido da comunicación lingüística, o
Laboratorio de Radio que coordinan Sergio Pascual e Lucía Abarrategui. Foron as
palabras de don Indalecio Cabana moi gratificantes para o profesorado, posto que el
mesmo sinalou que estaba garantida a continuidade desta empresa educativa integral
que é o CPI «Virxe da Cela», e asegurou o apoio da Consellería para poder seguir
adiante coas diferentes actividades que nel se desenvolven, logrando excelentes
resultados na formación do alumnado.
A última intervención da primeira rolda foi a de don Jorge Pena Barbeito,
presidente da Asociación de Nais e Pais de Alumnos —ANPA—, que incidiu nos
sentimentos de comunidade e de pertenza ao Colexio como aspectos intimamente
ligados á vida social de Monfero, Irixoa e arredores, é dicir, incidiu na función do
Colexio como centro de socialización, idóneo para coñecerse e compartir experiencias
enriquecedoras, aprender uns dos outros, facer amizades e, co paso do tempo, afianzar
esas relacións mediante o recordo común do que era a vida nas aulas do Xestal.
Tras esta intervención, produciuse o cambio dos integrantes da mesa, que
pasaron a ser dona Mercedes Cachaza Platas, profesora xubilada, o alumno presentador
Sergio García Coira, e os ex alumnos dona Catuxa Lage Gómez, avogada, e don
Antonio González López, estudante de Historia en Santiago. Trala debida presentación
de Sergio, procedeu dona Mercedes Cachaza a ler o discurso onde fixo un resumo —
invitada a resumir por dona Pilar Castro Arias, a profesora secretaria do centro, que
nesta ocasión miraba por optimizar o tempo— do que foi a vida escolar durante tantos
anos no Xestal, dende os claustros e consellos escolares ata as aulas, e tamén fóra, en
diversas excursións que se foron facendo. Despois de dona Mercedes, foi a ex alumna
Catuxa Lage Gómez quen pronunciou unhas palabras sobre a súa experiencia no Xestal,
e quen se viu embargada pola emoción do recordo, cousa que fixo que lle faltasen as
palabras, pois as palabras moitas veces non nos asisten cando se trata de expresar
sentimentos fondos e verdadeiros. Seguidamente, Antonio González López presentou
unhas breves notas sobre cultura e educación, pretendendo invitar á reflexión, e sobre a
concentración escolar de Monfero no Colexio do Xestal, así como algunhas palabras de
encomio ó labor educativo como fermosa dedicación e unha apelación ás autoridades
para coidar o bo funcionamento do sistema e para garantir a continuidade de empresas
educativas de recoñecido éxito como a do «Virxe da Cela» de Monfero.
3
Finalizadas as intervencións, pasouse a proxectar o vídeo elaborado polas
profesoras Verónica Dopico e Yolanda Castro coas fotos de corenta anos de escola,
imaxes capaces de refrescar a memoria e de espertar a emoción de quen revive os
tempos gozosos da infancia e da vida escolar. Axudaron a que afloraran os sentimentos
as cancións que como banda sonora acompañaron a sucesión de fotografías ben
seleccionadas para a ocasión.
Rematou con ese vídeo o acto conmemorativo propiamente dito, dándose paso
ao tempo dos aperitivos e da conversación, que puideron manter entre si os asistentes,
antes de facer a fotografía conxunta final diante do edificio de Secundaria.
Asistiron ao acto conmemorativo do cuadraxésimo aniversario o alumnado de
Primaria e Secundaria, o profesorado actual, varios ex alumnos e antigos profesores do
centro: o citado don Manuel Couce, dona María José Otero, don José Manuel Lagares,
don José Dopico, don José García, don Gonzalo Tizón, dona Mercedes Cachaza, dona
Elvira Castro, dona Carolina Herranz, don Pedro García, dona Teresa López e don
Carlos —profesor de inglés de Primaria hai algúns anos—. Asistiron entre as
autoridades, os citados don Indalecio Cabana e don Alberto Cortizas, don Antonio
Deibe, alcalde de Irixoa, e os concelleiros don José Otero e don José Roca. Asistiron
entre o histórico persoal laboral do Colexio dona Marisa Cachaza, dona Purificación
Sanjuán e don Álvaro Calvo acompañado pola súa dona, ademais do persoal que estaba
neses momentos traballando, como dona Elvira Carpente. Asistiron tamén pais e nais de
alumnos, como dona María José Ramos, que presidiu a ANPA moitos anos. Contáronse
entre os asistentes cinco dos once directores que tivo o Colexio, estando presente o
primeiro, don Manuel Couce García; o sexto, don Gonzalo Tizón Sánchez; a sétima,
dona Elvira Castro Otero; a décima, dona Míriam Seoane Míguez, e a undécima, dona
Camino Pereiro González.
Houbo que lamentar, así mesmo, a ausencia de quen non puido vir por verse
suxeito a responsabilidades —varios ex profesores do Colexio que actualmente dirixen
outros centros—, a imprevistos e sobre todo, a aqueles que non puideron asistir por
enfermidade, a quen lle transmitimos desexos de recuperación, e á vez, o noso pesar por
non nos poder acompañar neste día.
Para rematar co acto, fixéronse fotografías do conxunto dos asistentes —excepto
os profesores Pepe Dopico, Pepe García e José Manuel Lagares, que tiveron que
marchar antes— diante do edificio de Secundaria, e o alumnado da ESO realizou unha
coreografía que foi gravada en vídeo para facer o que se chama lipdub. Entre tanto, a
prensa escrita —o Diario de Ferrol e La Voz de Galicia— fixéronse eco do
acontecemento, que saíu publicado o día seguinte nas páxinas destes diarios. Houbo
unha boa reportaxe fotográfica do acto, que recaeu nas profesoras Yolanda e Verónica,
coma sempre, por seren elas as mellores no tema, e despois un grupo de profesoras e un
ex alumno —don Alfonso tivo que marchar— foron tomar uns refrixerios ao bar de
dona Cristina García Caínzos no Xestal, deixando o centro ao bo recado de dona Pilar
Castro, dona Marta Novo e demais profesorado.
4
Foron convidados a xantar no comedor escolar dona Mercedes Cachaza e
Antonio González, modestos conferenciantes no acto, que foron os últimos en visitar a
exposición temporal da escola histórica concedida polo Museo Pedagóxico de Galicia
—MUPEGA— ao centro co gallo da devandita conmemoración, exposición que antes
puideron visitar os asistentes ao acto. Durante o transcurso do acto solemne de
conmemoración, o alumnado de Infantil gozou dunha xornada amenizada por uns
contacontos que actuaron na Biblioteca.
***
Resultou este acto un acontecemento de celebración da vida convivida, dos anos
compartidos de traballo docente e de aprendizaxe, un acto da lembranza, antídoto contra
o esquecemento, ocasión para o reencontro, do que se pode tirar un sentimento de
alegría por ter noticia das persoas coas que se viviu parte da vida, ás que se lles puido
dar o mellor dun —no caso dos mestres— ou das que se recibiu un ben prezado —no
caso do alumnado— como a boa educación, nutritivos xantares, sorrisos e traballos ben
feitos como a pulcritude das instalacións, o arranxo de avarías e a administración de
material, méritos debidos ao persoal de cociña, ao de limpeza e ao conserxe —Purita,
Marisa, Carmen, Marcelino, Iago, Elvira, etc.; Loli e Victoria, e Álvaro—.
En definitiva, un reconfortante e fermoso acto de absoluta humanidade, que
agranda o orgullo e o sentimento de privilexio de quen se ve indisolublemente ligado ao
Colexio «Virxe da Cela» do Xestal, Monfero, dende tenra idade e xa para sempre no
tempo que quede por vivir. A todos, o máis sincero agradecemento.
Atentamente, a 20 de xuño de 2016:
Antonio González López
P. S.: Véxanse os vídeos, as fotografías e os recortes da prensa, así como os demais
traballos realizados ex profeso, no blog elaborado e actualizado pola profesora Verónica
Dopico <https://40anosvivindoaescola.blogspot.com.es>.

More Related Content

What's hot

17. remate dunha etapa
17.  remate dunha etapa17.  remate dunha etapa
17. remate dunha etapa
satelite1
 
3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
satelite1
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
Chelo Alvarez Veira
 
Publicación paxina web quérote (1)
Publicación paxina web quérote (1)Publicación paxina web quérote (1)
Publicación paxina web quérote (1)
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
Yolanda Castro
 
Argalladas 2012 2013
Argalladas 2012  2013Argalladas 2012  2013
Argalladas 2012 2013
radiorasca
 
Revista completa
Revista completaRevista completa
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Coordinadora Galega ENDL
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
vilabarreiro
 
Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18
vilabarreiro
 
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 8
Ollos de aula. Nº 8Ollos de aula. Nº 8
Ollos de aula. Nº 8
Coordinadora Galega ENDL
 
Proxecto lingúistico pedrafita 2015
Proxecto lingúistico pedrafita 2015Proxecto lingúistico pedrafita 2015
Proxecto lingúistico pedrafita 2015
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
What's hot (20)

17. remate dunha etapa
17.  remate dunha etapa17.  remate dunha etapa
17. remate dunha etapa
 
3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
 
REVISTA CUMES
REVISTA CUMESREVISTA CUMES
REVISTA CUMES
 
Guia Ed
Guia EdGuia Ed
Guia Ed
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Revista web
Revista webRevista web
Revista web
 
Publicación paxina web quérote (1)
Publicación paxina web quérote (1)Publicación paxina web quérote (1)
Publicación paxina web quérote (1)
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 
Argalladas 2012 2013
Argalladas 2012  2013Argalladas 2012  2013
Argalladas 2012 2013
 
Revista completa
Revista completaRevista completa
Revista completa
 
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18
 
Guia curso inf e primaria curso 16-17
Guia curso inf e primaria  curso 16-17Guia curso inf e primaria  curso 16-17
Guia curso inf e primaria curso 16-17
 
revista cumes 2016
revista cumes 2016revista cumes 2016
revista cumes 2016
 
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Revista junta
Revista juntaRevista junta
Revista junta
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 8
Ollos de aula. Nº 8Ollos de aula. Nº 8
Ollos de aula. Nº 8
 
Proxecto lingúistico pedrafita 2015
Proxecto lingúistico pedrafita 2015Proxecto lingúistico pedrafita 2015
Proxecto lingúistico pedrafita 2015
 
Viewers also liked

16. experiencia escolar en fin de semana (1)
16.  experiencia escolar en fin de semana (1)16.  experiencia escolar en fin de semana (1)
16. experiencia escolar en fin de semana (1)
satelite1
 
15. compañeiros a proba de bomba (1)
15. compañeiros a proba de bomba (1)15. compañeiros a proba de bomba (1)
15. compañeiros a proba de bomba (1)
satelite1
 
Iria holocausto
Iria holocaustoIria holocausto
Iria holocausto
satelite1
 
4. comic malala
4. comic malala4. comic malala
4. comic malala
satelite1
 
Nina imágenes guerra
Nina imágenes guerraNina imágenes guerra
Nina imágenes guerra
satelite1
 
Sergio víctimas holocausto
Sergio víctimas holocaustoSergio víctimas holocausto
Sergio víctimas holocausto
satelite1
 
Andrea varela imagen guerra
Andrea varela imagen guerraAndrea varela imagen guerra
Andrea varela imagen guerra
satelite1
 
Andrea varela holocausto
Andrea varela holocaustoAndrea varela holocausto
Andrea varela holocausto
satelite1
 
María vázquez holocausto
María vázquez holocaustoMaría vázquez holocausto
María vázquez holocausto
satelite1
 
Alba homenaxe ás vítimas do holocausto
Alba homenaxe ás vítimas do holocaustoAlba homenaxe ás vítimas do holocausto
Alba homenaxe ás vítimas do holocausto
satelite1
 
Ana gonzález historia guerra
Ana gonzález historia guerraAna gonzález historia guerra
Ana gonzález historia guerra
satelite1
 
1. imágenes para reflexionar sobre la guerra act tutoria 2 (1)
1. imágenes para reflexionar sobre la guerra act tutoria 2 (1)1. imágenes para reflexionar sobre la guerra act tutoria 2 (1)
1. imágenes para reflexionar sobre la guerra act tutoria 2 (1)
satelite1
 
Nerea holocausto
Nerea holocaustoNerea holocausto
Nerea holocausto
satelite1
 
Crónica holocausto
Crónica holocaustoCrónica holocausto
Crónica holocausto
satelite1
 
María refugiados sirios camino de turquia
María refugiados sirios camino de turquiaMaría refugiados sirios camino de turquia
María refugiados sirios camino de turquia
satelite1
 
Diana reflexiones guerra
Diana reflexiones guerraDiana reflexiones guerra
Diana reflexiones guerra
satelite1
 
Diana homenaxe ás victimas do holocausto
Diana homenaxe ás victimas do holocaustoDiana homenaxe ás victimas do holocausto
Diana homenaxe ás victimas do holocausto
satelite1
 
Silvia roca reflexión sobre a guerra
Silvia roca reflexión sobre a guerraSilvia roca reflexión sobre a guerra
Silvia roca reflexión sobre a guerra
satelite1
 
Adrián imaxes sobre a guerra
Adrián imaxes sobre a guerraAdrián imaxes sobre a guerra
Adrián imaxes sobre a guerra
satelite1
 
Postal monfero nadal 2015
Postal monfero nadal 2015Postal monfero nadal 2015
Postal monfero nadal 2015
satelite1
 
Viewers also liked (20)

Similar to Crónica do acto

Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Yolanda Castro
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilsatelite1
 
Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falarsatelite1
 
informe.XHproxectolume1.pdf
informe.XHproxectolume1.pdfinforme.XHproxectolume1.pdf
informe.XHproxectolume1.pdf
robledoprimeiroA
 
Carta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDE
Carta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDECarta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDE
Carta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDE
Marta Pérez Lage
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
satelite1
 
Crónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancosCrónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancossatelite1
 
Crónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancosCrónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancossatelite1
 
Crónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancosCrónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancosYolanda Castro
 
Revista falares 2016
Revista falares 2016Revista falares 2016
Revista falares 2016
lolaiglesias
 
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdffaiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
artemalone
 
Unha experiencia coa filatelia
Unha experiencia coa filateliaUnha experiencia coa filatelia
Unha experiencia coa filateliamilarofer
 
Amcl 2016 - Discurso vicepresidente
Amcl 2016 - Discurso vicepresidenteAmcl 2016 - Discurso vicepresidente
Amcl 2016 - Discurso vicepresidente
cenlf
 
Muiños proxecto ríos
Muiños proxecto ríosMuiños proxecto ríos
Muiños proxecto ríossatelite1
 
Adeus a dona celia
Adeus a dona celiaAdeus a dona celia
Adeus a dona celiasatelite1
 
I xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadeI xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidade
satelite1
 
Recursos Letras Galegas 2016_EDLG e Biblioteca do CPI As Revoltas
Recursos Letras Galegas 2016_EDLG e Biblioteca do CPI As RevoltasRecursos Letras Galegas 2016_EDLG e Biblioteca do CPI As Revoltas
Recursos Letras Galegas 2016_EDLG e Biblioteca do CPI As Revoltas
BibliotecaRevoltas
 
Crónica xornada xanela aberta
Crónica xornada xanela abertaCrónica xornada xanela aberta
Crónica xornada xanela abertasatelite1
 
Crónica zanmitay
Crónica zanmitayCrónica zanmitay
Crónica zanmitaysatelite1
 
Similar to Crónica do acto (20)

Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
 
Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falar
 
informe.XHproxectolume1.pdf
informe.XHproxectolume1.pdfinforme.XHproxectolume1.pdf
informe.XHproxectolume1.pdf
 
Carta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDE
Carta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDECarta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDE
Carta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDE
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Crónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancosCrónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancos
 
Crónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancosCrónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancos
 
Crónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancosCrónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancos
 
Revista falares 2016
Revista falares 2016Revista falares 2016
Revista falares 2016
 
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdffaiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
 
Unha experiencia coa filatelia
Unha experiencia coa filateliaUnha experiencia coa filatelia
Unha experiencia coa filatelia
 
Amcl 2016 - Discurso vicepresidente
Amcl 2016 - Discurso vicepresidenteAmcl 2016 - Discurso vicepresidente
Amcl 2016 - Discurso vicepresidente
 
Muiños proxecto ríos
Muiños proxecto ríosMuiños proxecto ríos
Muiños proxecto ríos
 
Adeus a dona celia
Adeus a dona celiaAdeus a dona celia
Adeus a dona celia
 
I xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadeI xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidade
 
Recursos Letras Galegas 2016_EDLG e Biblioteca do CPI As Revoltas
Recursos Letras Galegas 2016_EDLG e Biblioteca do CPI As RevoltasRecursos Letras Galegas 2016_EDLG e Biblioteca do CPI As Revoltas
Recursos Letras Galegas 2016_EDLG e Biblioteca do CPI As Revoltas
 
3. mª xosé e fran
3. mª xosé e fran3. mª xosé e fran
3. mª xosé e fran
 
Crónica xornada xanela aberta
Crónica xornada xanela abertaCrónica xornada xanela aberta
Crónica xornada xanela aberta
 
Crónica zanmitay
Crónica zanmitayCrónica zanmitay
Crónica zanmitay
 
More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
satelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
satelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
satelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
satelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
satelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
satelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
satelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
satelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
satelite1
 
More from satelite1 (20)

Crónica do acto

  • 1. 1 ACTO CONMEMORATIVO DO CUADRAXÉSIMO ANIVERSARIO DO COLEXIO «VIRXE DA CELA» DO XESTAL, MONFERO XOVES, 16 DE XUÑO DE 2016 Quixo a sorte que dende comezos de ano, alá entre xaneiro e febreiro de 2016, a dirección e un grupo de profesoras —por maioría, con perdón de don Alfonso e don Manuel— do CPI, agora plurilingüe, «Virxe da Cela», fosen conformando unha comisión para organizar as actividades e o acto cos que conmemorar o cuadraxésimo aniversario deste Colexio. Para tal fin, movidos polo ánimo sempre característico delas de facer máis, de dedicarse ao traballo con tesón, tiveron a ben pedir as colaboracións de cantos pasaron polo Colexio do Xestal, lugar onde tiveron a ocasión de vivir experiencias inesquecibles, moitas veces, as primeiras da vida, e noutras ocasións, as da plena realización profesional. Entre a diversa xente que colaborou, destaca dona Mercedes Cachaza Platas, profesora deste Colexio entre os cursos 1980-1981 e 2008- 2009, momento da súa xubilación —cousa que non fixo que perdese contacto con compañeiros e alumnos—, quen nos agasallou co relato das súas vivencias e lembranzas da escola, dende que era alumna ata que chegou a exercer o gratificante labor da docencia. E dicimos que quixo a sorte, ou a deusa Fortuna dos antigos romanos, que con tanto entusiasmo se acollese esta conmemoración entre os implicados, e que tanto traballo se lle dedicase ao longo dos últimos meses, para rematar culminando no acto que no comedor escolar do centro —que xa serviu de salón de actos en máis ocasións— se celebrou gozosamente o pasado xoves, día dezaseis de xuño de 2016. Estando todo disposto —megafonía, audiovisuais, decorado— para dar lugar ao nomeado acto, tras a petición do debido silencio —un ben moi prezado— por parte de dona Pilar Castro, inauguraron este as palabras de dona Camino Pereiro González, directora, que presentou os aspectos xerais do proxecto educativo que se desenvolve actualmente no CPI Plurilingüe «Virxe da Cela» e que remarcou a traxectoria que seguiu este Colexio ao longo dos anos sempre cara á mellora da calidade da educación. Acompañaron á directora na mesa da primeira rolda de intervencións: don Manuel Couce García, primeiro director do centro, que ademais era alcalde de Monfero naqueles anos, e que demostrou aos asistentes gozar dunha memoria excepcional e de ser un gran relator de lembranzas; don Alberto Cortizas Rejo, tenente alcalde do Concello de Monfero, ex alumno do Colexio, que ademais das palabras que pronunciou
  • 2. 2 en nome da institución que representaba, falou tamén das súas vivencias como alumno e dos bos recordos que do Colexio puido levar. Interveu xunto a eles tamén don Indalecio Cabana Leira, xefe territorial da delegación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na Coruña, e que destacou no seu discurso o gran traballo da dirección do centro e do profesorado no desenvolvemento de diversos e interesantes proxectos educativos, nos que ademais están implicados membros das tres universidades galegas —A Coruña, Vigo e Santiago—, e entre os cales figuran iniciativas orixinais que presentan experiencias educativas moi enriquecedoras como, no eido da comunicación lingüística, o Laboratorio de Radio que coordinan Sergio Pascual e Lucía Abarrategui. Foron as palabras de don Indalecio Cabana moi gratificantes para o profesorado, posto que el mesmo sinalou que estaba garantida a continuidade desta empresa educativa integral que é o CPI «Virxe da Cela», e asegurou o apoio da Consellería para poder seguir adiante coas diferentes actividades que nel se desenvolven, logrando excelentes resultados na formación do alumnado. A última intervención da primeira rolda foi a de don Jorge Pena Barbeito, presidente da Asociación de Nais e Pais de Alumnos —ANPA—, que incidiu nos sentimentos de comunidade e de pertenza ao Colexio como aspectos intimamente ligados á vida social de Monfero, Irixoa e arredores, é dicir, incidiu na función do Colexio como centro de socialización, idóneo para coñecerse e compartir experiencias enriquecedoras, aprender uns dos outros, facer amizades e, co paso do tempo, afianzar esas relacións mediante o recordo común do que era a vida nas aulas do Xestal. Tras esta intervención, produciuse o cambio dos integrantes da mesa, que pasaron a ser dona Mercedes Cachaza Platas, profesora xubilada, o alumno presentador Sergio García Coira, e os ex alumnos dona Catuxa Lage Gómez, avogada, e don Antonio González López, estudante de Historia en Santiago. Trala debida presentación de Sergio, procedeu dona Mercedes Cachaza a ler o discurso onde fixo un resumo — invitada a resumir por dona Pilar Castro Arias, a profesora secretaria do centro, que nesta ocasión miraba por optimizar o tempo— do que foi a vida escolar durante tantos anos no Xestal, dende os claustros e consellos escolares ata as aulas, e tamén fóra, en diversas excursións que se foron facendo. Despois de dona Mercedes, foi a ex alumna Catuxa Lage Gómez quen pronunciou unhas palabras sobre a súa experiencia no Xestal, e quen se viu embargada pola emoción do recordo, cousa que fixo que lle faltasen as palabras, pois as palabras moitas veces non nos asisten cando se trata de expresar sentimentos fondos e verdadeiros. Seguidamente, Antonio González López presentou unhas breves notas sobre cultura e educación, pretendendo invitar á reflexión, e sobre a concentración escolar de Monfero no Colexio do Xestal, así como algunhas palabras de encomio ó labor educativo como fermosa dedicación e unha apelación ás autoridades para coidar o bo funcionamento do sistema e para garantir a continuidade de empresas educativas de recoñecido éxito como a do «Virxe da Cela» de Monfero.
  • 3. 3 Finalizadas as intervencións, pasouse a proxectar o vídeo elaborado polas profesoras Verónica Dopico e Yolanda Castro coas fotos de corenta anos de escola, imaxes capaces de refrescar a memoria e de espertar a emoción de quen revive os tempos gozosos da infancia e da vida escolar. Axudaron a que afloraran os sentimentos as cancións que como banda sonora acompañaron a sucesión de fotografías ben seleccionadas para a ocasión. Rematou con ese vídeo o acto conmemorativo propiamente dito, dándose paso ao tempo dos aperitivos e da conversación, que puideron manter entre si os asistentes, antes de facer a fotografía conxunta final diante do edificio de Secundaria. Asistiron ao acto conmemorativo do cuadraxésimo aniversario o alumnado de Primaria e Secundaria, o profesorado actual, varios ex alumnos e antigos profesores do centro: o citado don Manuel Couce, dona María José Otero, don José Manuel Lagares, don José Dopico, don José García, don Gonzalo Tizón, dona Mercedes Cachaza, dona Elvira Castro, dona Carolina Herranz, don Pedro García, dona Teresa López e don Carlos —profesor de inglés de Primaria hai algúns anos—. Asistiron entre as autoridades, os citados don Indalecio Cabana e don Alberto Cortizas, don Antonio Deibe, alcalde de Irixoa, e os concelleiros don José Otero e don José Roca. Asistiron entre o histórico persoal laboral do Colexio dona Marisa Cachaza, dona Purificación Sanjuán e don Álvaro Calvo acompañado pola súa dona, ademais do persoal que estaba neses momentos traballando, como dona Elvira Carpente. Asistiron tamén pais e nais de alumnos, como dona María José Ramos, que presidiu a ANPA moitos anos. Contáronse entre os asistentes cinco dos once directores que tivo o Colexio, estando presente o primeiro, don Manuel Couce García; o sexto, don Gonzalo Tizón Sánchez; a sétima, dona Elvira Castro Otero; a décima, dona Míriam Seoane Míguez, e a undécima, dona Camino Pereiro González. Houbo que lamentar, así mesmo, a ausencia de quen non puido vir por verse suxeito a responsabilidades —varios ex profesores do Colexio que actualmente dirixen outros centros—, a imprevistos e sobre todo, a aqueles que non puideron asistir por enfermidade, a quen lle transmitimos desexos de recuperación, e á vez, o noso pesar por non nos poder acompañar neste día. Para rematar co acto, fixéronse fotografías do conxunto dos asistentes —excepto os profesores Pepe Dopico, Pepe García e José Manuel Lagares, que tiveron que marchar antes— diante do edificio de Secundaria, e o alumnado da ESO realizou unha coreografía que foi gravada en vídeo para facer o que se chama lipdub. Entre tanto, a prensa escrita —o Diario de Ferrol e La Voz de Galicia— fixéronse eco do acontecemento, que saíu publicado o día seguinte nas páxinas destes diarios. Houbo unha boa reportaxe fotográfica do acto, que recaeu nas profesoras Yolanda e Verónica, coma sempre, por seren elas as mellores no tema, e despois un grupo de profesoras e un ex alumno —don Alfonso tivo que marchar— foron tomar uns refrixerios ao bar de dona Cristina García Caínzos no Xestal, deixando o centro ao bo recado de dona Pilar Castro, dona Marta Novo e demais profesorado.
  • 4. 4 Foron convidados a xantar no comedor escolar dona Mercedes Cachaza e Antonio González, modestos conferenciantes no acto, que foron os últimos en visitar a exposición temporal da escola histórica concedida polo Museo Pedagóxico de Galicia —MUPEGA— ao centro co gallo da devandita conmemoración, exposición que antes puideron visitar os asistentes ao acto. Durante o transcurso do acto solemne de conmemoración, o alumnado de Infantil gozou dunha xornada amenizada por uns contacontos que actuaron na Biblioteca. *** Resultou este acto un acontecemento de celebración da vida convivida, dos anos compartidos de traballo docente e de aprendizaxe, un acto da lembranza, antídoto contra o esquecemento, ocasión para o reencontro, do que se pode tirar un sentimento de alegría por ter noticia das persoas coas que se viviu parte da vida, ás que se lles puido dar o mellor dun —no caso dos mestres— ou das que se recibiu un ben prezado —no caso do alumnado— como a boa educación, nutritivos xantares, sorrisos e traballos ben feitos como a pulcritude das instalacións, o arranxo de avarías e a administración de material, méritos debidos ao persoal de cociña, ao de limpeza e ao conserxe —Purita, Marisa, Carmen, Marcelino, Iago, Elvira, etc.; Loli e Victoria, e Álvaro—. En definitiva, un reconfortante e fermoso acto de absoluta humanidade, que agranda o orgullo e o sentimento de privilexio de quen se ve indisolublemente ligado ao Colexio «Virxe da Cela» do Xestal, Monfero, dende tenra idade e xa para sempre no tempo que quede por vivir. A todos, o máis sincero agradecemento. Atentamente, a 20 de xuño de 2016: Antonio González López P. S.: Véxanse os vídeos, as fotografías e os recortes da prensa, así como os demais traballos realizados ex profeso, no blog elaborado e actualizado pola profesora Verónica Dopico <https://40anosvivindoaescola.blogspot.com.es>.