XANELA ABERTA DESDEO CPI VIRXE DA CELA
O CPI Virxe da Cela ten sempre as portas e as xanelas abertas a todas aquelas persoas e
colectivos que se acheguen na procura do intercambio de experiencias. Tal e o caso de Amarante Setem
(organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento que ten por obxectivo favorecer
relacións máis xustas e equitativas que promovan a solidariedade, o consumo responsable e a
cooperación) que visitou o noso centro o pasado sábado 6 de xuño de 2015. Esta visita constituía o
punto de partida da IV Xornada Xanela Aberta que esta organización levará a cabo durante esta fin de
semana nas terras de Monfero, achegándose á nosa escola para coñecer o traballo que desde ela se fai
en relación ao territorio onde se inxire, con miras ao respecto, valoración, conservación e transmisión
do noso patrimonio natural e inmaterial.
Tras uns minutos de saúdos e presentacións un grupiño de alumnos/as (que voluntariamente
acudiron á convocatoria) deron inicio ao acto de apertura oficial efectuando unha interesante e
simpática visita guiada a través do fantástico percorrido “Un muro cargado de valores”, ese lenzo
pintado polo propio alumnado do centro que decora as pareces da nosa escola e que reflicte o noso
interese por conservar a natureza e o patrimonio. Circunvalamos o edificio amosando as nosas
instalacións externas: parque infantil, pequena fraga, campo de fútbol e polideportivo, retornando ao
noso punto de encontro, o porche de entrada ao edificio de secundaria, transformado nesta ocasión
nunha sala de reunións.
Os/as seis alumnos/as asistentes repartíronse a memoria de actividades desenvolvidas a través
de Monferosolidario no presente curso académico e foron presentando unha a unha cada unha desas
accións centradas na educación en valores e para o desenvolvemento. Resta dicir que o fixeron como
auténticos profesionais… estes rapaces/zas teñen moitas táboas! A charla foi moi interesante e amena,
enriquecéndose coas intervencións dos membros/as de Amarante Setem, e os comentarios das dúas
profesoras e as dúas nais que tamén quixeron deixar constancia do seus puntos de vista.
Agradecer a participación destas 18 persoas que compartimos unha peculiar mañá de sábado
nesta especie de “picnic-conferencia”… Todos/as e cada un de nós sabemos que valeu a pena!