SlideShare a Scribd company logo
PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA: “Non só é lume”
Informe das actividades desenvolvidas dende o Departamento de Xeografía e Historia
Neste informe, comentarei as actividades organizadas dende o noso departamento, en relación co
proxecto “Non só é lume”, consistentes, basicamente, no traballo nas aulas e na realización dunha
saída escolar cos alumnos de 3º da ESO.
Traballo na aula
En primeiro lugar, tratamos diferentes cuestións relacionadas coa temática do proxecto dende as
propias sesións de clase, aproveitando as unidades didácticas dedicadas ás actividades agrarias e ó
sector primario, así como as de demografía, para traballar contidos relacionados co despoboamento
rural e outros problemas nas zonas rurais.
Estas actividades desenvolvéronse logo dunha previa exposición oral polo docente, empregando,
como material de apoio, imaxes, vídeos e presentacións, para que os alumnos adquirisen unha base
sobre a que traballar, e poder, deste xeito, asimilar mellor os conceptos clave.
Entre as actividades realizadas polos alumnos, podemos destacar a realización de mapas
demográficos, empregando aplicacións como Mapchart, sobre cuestións como a densidade de
poboación por provincias, por comunidades autónomas e por concellos, incluíndo as áreas máis
poboadas e as máis despoboadas de España e Galicia.
Dous exemplos dos mapas demográficos realizados polo alumnado coa aplicación Mapchart
Saída escolar
En segundo lugar, realizamos unha actividade complementaria de gran interese como foi unha saída
ó entorno de Noia, onde visitamos unha aldea abandonada, a antiga aldea de Xei. Deste xeito,
tratamos cuestións xa vistas como o despoboamento e o abandono do rural; as actividades agrarias
tradicionais e a súa crise e, nalgúns casos, desaparición; a vexetación invasiva, moitas veces
composta por especies pirófitas; e a relación destas cuestións coa proliferación de incendios nas
últimas décadas.
Con carácter previo á saída, aproveitamos a falarlles, como recordatorio e engadindo algunhas
cuestións puntuais que viñan ó caso, do despoboamento tanto en Galicia como en España,
recordando algúns aspectos como as súas preocupantes magnitudes, conceptos presentes nos medios
como o da España baleirada ou despoboada, ou as súas graves consecuencias. Tamén comentamos,
aproveitando a situación particular na costa, da aldea abandonada que iamos visitar, algunhas
dinámicas propias das zonas da costa.
O roteiro subímolo a Wikiloc quedando, deste xeito, dispoñible para outros usuarios
A saída desenvolveuse do seguinte xeito:
Ás 10:15 comezamos o reconto de alumnos e a subida ó autobús
Ás 10:30 saímos cara Noia no autobús, chegando sobre as 10:50. Unha vez alí, reunímonos no
punto inicial do roteiro, ubicado na Ponte de Traba. Antes de comezar a marcha, comentamos
algúns aspectos históricos relacionados con esta ponte medieval do século XIV, situada sobre outra
anterior, no que foi un posible paso da calzada romana chamada vía XX, “per Loca Marítima” que
unía Brácara Augusta con Astúrica Augusta pasando pola costa.
A continuación, fixemos unha segunda parada, nunha zona onde destacan algunhas construcións
antigas dedicadas a actividades tradicionais relacionadas co aproveitamento da auga. En concreto
unha antiga curtidoría un lavadoiro e un muíño.
Logo desta parada, proseguimos o roteiro ata a aldea abandonada.
Polo camiño tiñan que ir identificando a vexetación a través dunha aplicación chamada Plantnet.
Antes de chegar á aldea, fixemos unha posta en común das especies identificadas e aproveitamos a
explicarlles algunhas cuestións sobre a vexetación de ribeira e sobre algunhas especies invasoras
presentes, como a acacia e o eucalipto. Neste punto, tamén lles falamos das especies pirófitas como
favorecedoras da propagación dos incendios.
Sobre as 12:00, chegamos a antiga aldea muiñeira de Xei.
Unha vez chegamos a Xei, fixemos reflexionar ó alumnado sobre como sería a vida nesa aldea
muiñeira a principios do século XX, momento no que tería o seu máximo poboacional, e
comentámoslles a importancia económica dos muíños pero tamén o seu papel na cultura popular
como lugar de reunión, de contos e de moitas historias que xurdiron ó redor deles e que forman
parte da tradición popular.
Tamén, como iría decaendo dende os anos 60, unha vez que proliferan as fábricas de fariñas, o que
incidiría na progresiva decadencia da aldea, que sería abandonada nos anos 70 do século XX.
Igualmente, intentamos que recrearan e contrastaran esas dúas imaxes, a dunha aldea chea de vida,
con outra posterior, na que, tras o progresivo avellentamento da aldea, foi quedando só poboación
anciá ata o seu abandono definitivo.
A partir de aí, fixemos unha analoxía coa situación de tantos núcleos de poboación que foron
quedando abandonados tanto en Galicia como na España despoboada, charlando de maneira
interactiva co alumnado sobre as causas e as consecuencias derivadas desta situación e ligándoa coa
problemática dos incendios.
Sobre as 12:00 da mañá volvimos para Noia aínda que polo camiño fixemos unha pequena parada
de 10 minutos para comer e repoñer forzas.
Despois de continuar o camiño e entrar no casco antigo de Noia, fixemos unha nova parada no
barrio de Pedrachán, onde o alumnado puido observar unha zona cun importante valor patrimonial
relacionado tamén co aproveitamento da auga.
Puideron ver antigos muíños rehabilitados coas súas canles e un gran lavadoiro, construcións que
conforman un conxunto patrimonial de grande interese etnográfico. Neste punto, aproveitamos a
falarlles sobre a industria tradicional situada antigamente nesa parte da vila.
Tras esta parada, dirixímonos cara a alameda de Noia para esperar o bus de volta, pasando antes por
diante da igrexa de Santa María a Nova, exemplo do chamado gótico mariñeiro, moi coñecida pola
colección de laudas gremiais que se expoñen no seu interior.
Finalmente, chegamos de novo ó centro, sobre as 14:00 dando remate á actividade.
Nunha clase posterior fixemos unha posta en común e os alumnos responderon unhas preguntas tipo
test sobre o aprendido, a través da aplicación Quizziz.
Como conclusión, dicir que a experiencia dos participantes no desenvolvemento destas actividades,
organizadas polo Departamento de Xeografía e Historia ó aveiro do proxecto “Non só e lume”, foi
moi positiva e consideramos que repercutiron dunha maneira proveitosa no alumnado.

More Related Content

Similar to informe.XHproxectolume1.pdf

Riamonte
RiamonteRiamonte
Riamonte
2TERE
 
Muiños proxecto ríos
Muiños proxecto ríosMuiños proxecto ríos
Muiños proxecto ríossatelite1
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
Manuel Busto
 
Suminagashi no mar de lugo e na ribeira sacra.
Suminagashi no mar de lugo e na ribeira sacra.Suminagashi no mar de lugo e na ribeira sacra.
Suminagashi no mar de lugo e na ribeira sacra.Encarna Lago
 
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Encarna Lago
 
Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15maruxinha64
 
Museo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E Programa
Museo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E ProgramaMuseo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E Programa
Museo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E Programa
Encarna Lago
 
Entrevista a Demetrio Espinosa
Entrevista a Demetrio EspinosaEntrevista a Demetrio Espinosa
Entrevista a Demetrio Espinosa
Filosofía Luis IES Otero Pedrayo Ourense
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
satelite1
 
Boletín Turonia 2015
Boletín Turonia 2015Boletín Turonia 2015
Boletín Turonia 2015
Cep Pedro Caselles
 
Museo Pazo De Tor Nadal
Museo Pazo De Tor NadalMuseo Pazo De Tor Nadal
Museo Pazo De Tor Nadal
Encarna Lago
 
O ciclo de maio
O ciclo de maioO ciclo de maio
O ciclo de maio
Equipo de ENDL
 
Gandarela parte 2
Gandarela parte 2 Gandarela parte 2
Gandarela parte 2
Gandarela2018
 
O ciclo de maio2
O ciclo de maio2O ciclo de maio2
O ciclo de maio2
Equipo de ENDL
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
redemuseisticalugo
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
redemuseisticalugo
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013
Iolidesarandon
 

Similar to informe.XHproxectolume1.pdf (20)

Riamonte
RiamonteRiamonte
Riamonte
 
Muiños proxecto ríos
Muiños proxecto ríosMuiños proxecto ríos
Muiños proxecto ríos
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
 
Museo Do Mar
Museo Do MarMuseo Do Mar
Museo Do Mar
 
Suminagashi no mar de lugo e na ribeira sacra.
Suminagashi no mar de lugo e na ribeira sacra.Suminagashi no mar de lugo e na ribeira sacra.
Suminagashi no mar de lugo e na ribeira sacra.
 
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
 
Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15
 
Museo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E Programa
Museo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E ProgramaMuseo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E Programa
Museo Fortaleza De San Paio De Narla Cartel E Programa
 
Entrevista a Demetrio Espinosa
Entrevista a Demetrio EspinosaEntrevista a Demetrio Espinosa
Entrevista a Demetrio Espinosa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Boletín Turonia 2015
Boletín Turonia 2015Boletín Turonia 2015
Boletín Turonia 2015
 
Museo Pazo De Tor Nadal
Museo Pazo De Tor NadalMuseo Pazo De Tor Nadal
Museo Pazo De Tor Nadal
 
Apiramide2007
Apiramide2007Apiramide2007
Apiramide2007
 
O ciclo de maio
O ciclo de maioO ciclo de maio
O ciclo de maio
 
Piramide0708b
Piramide0708bPiramide0708b
Piramide0708b
 
Gandarela parte 2
Gandarela parte 2 Gandarela parte 2
Gandarela parte 2
 
O ciclo de maio2
O ciclo de maio2O ciclo de maio2
O ciclo de maio2
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013
 

informe.XHproxectolume1.pdf

  • 1. PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA: “Non só é lume” Informe das actividades desenvolvidas dende o Departamento de Xeografía e Historia Neste informe, comentarei as actividades organizadas dende o noso departamento, en relación co proxecto “Non só é lume”, consistentes, basicamente, no traballo nas aulas e na realización dunha saída escolar cos alumnos de 3º da ESO. Traballo na aula En primeiro lugar, tratamos diferentes cuestións relacionadas coa temática do proxecto dende as propias sesións de clase, aproveitando as unidades didácticas dedicadas ás actividades agrarias e ó sector primario, así como as de demografía, para traballar contidos relacionados co despoboamento rural e outros problemas nas zonas rurais. Estas actividades desenvolvéronse logo dunha previa exposición oral polo docente, empregando, como material de apoio, imaxes, vídeos e presentacións, para que os alumnos adquirisen unha base sobre a que traballar, e poder, deste xeito, asimilar mellor os conceptos clave. Entre as actividades realizadas polos alumnos, podemos destacar a realización de mapas demográficos, empregando aplicacións como Mapchart, sobre cuestións como a densidade de poboación por provincias, por comunidades autónomas e por concellos, incluíndo as áreas máis poboadas e as máis despoboadas de España e Galicia. Dous exemplos dos mapas demográficos realizados polo alumnado coa aplicación Mapchart
  • 2. Saída escolar En segundo lugar, realizamos unha actividade complementaria de gran interese como foi unha saída ó entorno de Noia, onde visitamos unha aldea abandonada, a antiga aldea de Xei. Deste xeito, tratamos cuestións xa vistas como o despoboamento e o abandono do rural; as actividades agrarias tradicionais e a súa crise e, nalgúns casos, desaparición; a vexetación invasiva, moitas veces composta por especies pirófitas; e a relación destas cuestións coa proliferación de incendios nas últimas décadas. Con carácter previo á saída, aproveitamos a falarlles, como recordatorio e engadindo algunhas cuestións puntuais que viñan ó caso, do despoboamento tanto en Galicia como en España, recordando algúns aspectos como as súas preocupantes magnitudes, conceptos presentes nos medios como o da España baleirada ou despoboada, ou as súas graves consecuencias. Tamén comentamos, aproveitando a situación particular na costa, da aldea abandonada que iamos visitar, algunhas dinámicas propias das zonas da costa. O roteiro subímolo a Wikiloc quedando, deste xeito, dispoñible para outros usuarios A saída desenvolveuse do seguinte xeito: Ás 10:15 comezamos o reconto de alumnos e a subida ó autobús Ás 10:30 saímos cara Noia no autobús, chegando sobre as 10:50. Unha vez alí, reunímonos no punto inicial do roteiro, ubicado na Ponte de Traba. Antes de comezar a marcha, comentamos algúns aspectos históricos relacionados con esta ponte medieval do século XIV, situada sobre outra anterior, no que foi un posible paso da calzada romana chamada vía XX, “per Loca Marítima” que unía Brácara Augusta con Astúrica Augusta pasando pola costa. A continuación, fixemos unha segunda parada, nunha zona onde destacan algunhas construcións antigas dedicadas a actividades tradicionais relacionadas co aproveitamento da auga. En concreto unha antiga curtidoría un lavadoiro e un muíño.
  • 3. Logo desta parada, proseguimos o roteiro ata a aldea abandonada. Polo camiño tiñan que ir identificando a vexetación a través dunha aplicación chamada Plantnet. Antes de chegar á aldea, fixemos unha posta en común das especies identificadas e aproveitamos a explicarlles algunhas cuestións sobre a vexetación de ribeira e sobre algunhas especies invasoras presentes, como a acacia e o eucalipto. Neste punto, tamén lles falamos das especies pirófitas como favorecedoras da propagación dos incendios. Sobre as 12:00, chegamos a antiga aldea muiñeira de Xei.
  • 4. Unha vez chegamos a Xei, fixemos reflexionar ó alumnado sobre como sería a vida nesa aldea muiñeira a principios do século XX, momento no que tería o seu máximo poboacional, e comentámoslles a importancia económica dos muíños pero tamén o seu papel na cultura popular como lugar de reunión, de contos e de moitas historias que xurdiron ó redor deles e que forman parte da tradición popular. Tamén, como iría decaendo dende os anos 60, unha vez que proliferan as fábricas de fariñas, o que incidiría na progresiva decadencia da aldea, que sería abandonada nos anos 70 do século XX. Igualmente, intentamos que recrearan e contrastaran esas dúas imaxes, a dunha aldea chea de vida, con outra posterior, na que, tras o progresivo avellentamento da aldea, foi quedando só poboación anciá ata o seu abandono definitivo. A partir de aí, fixemos unha analoxía coa situación de tantos núcleos de poboación que foron quedando abandonados tanto en Galicia como na España despoboada, charlando de maneira interactiva co alumnado sobre as causas e as consecuencias derivadas desta situación e ligándoa coa problemática dos incendios.
  • 5. Sobre as 12:00 da mañá volvimos para Noia aínda que polo camiño fixemos unha pequena parada de 10 minutos para comer e repoñer forzas. Despois de continuar o camiño e entrar no casco antigo de Noia, fixemos unha nova parada no barrio de Pedrachán, onde o alumnado puido observar unha zona cun importante valor patrimonial relacionado tamén co aproveitamento da auga. Puideron ver antigos muíños rehabilitados coas súas canles e un gran lavadoiro, construcións que conforman un conxunto patrimonial de grande interese etnográfico. Neste punto, aproveitamos a falarlles sobre a industria tradicional situada antigamente nesa parte da vila.
  • 6. Tras esta parada, dirixímonos cara a alameda de Noia para esperar o bus de volta, pasando antes por diante da igrexa de Santa María a Nova, exemplo do chamado gótico mariñeiro, moi coñecida pola colección de laudas gremiais que se expoñen no seu interior. Finalmente, chegamos de novo ó centro, sobre as 14:00 dando remate á actividade. Nunha clase posterior fixemos unha posta en común e os alumnos responderon unhas preguntas tipo test sobre o aprendido, a través da aplicación Quizziz. Como conclusión, dicir que a experiencia dos participantes no desenvolvemento destas actividades, organizadas polo Departamento de Xeografía e Historia ó aveiro do proxecto “Non só e lume”, foi moi positiva e consideramos que repercutiron dunha maneira proveitosa no alumnado.