SlideShare a Scribd company logo
1
EDITORIAL
REVISTA ESCOLAR
XUÑO 2017 Nº 6
ALBARES
Por que é preciso a ampliación do CPI As Mirandas?
Dende o ano 2006 en que tivo lugar un incremento de
alumnado no centro e tras ter pasado de ser un CEIP
(Centro de Infantil e Primaria) a CPI (Centro Público In-
tegrado, con alumnado de EI, EP e ESO) establecéronse
diferentes contactos entre a Dirección do centro, Concello
e Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Univer-
sitaria para dar resposta á falta de espazo no CPI Conde
de Fenosa de Ares (actualmente CPI As Mirandas).
O 29 de xuño de 2010 o Consello Escolar decide mandar un escrito á Consellería de Educación re-
clamando a urxencia do tema da ampliación posto que o centro carece de instalacións suficientes para
levar a termo un ensino de calidade. Este centro demanda:
 Unha Biblioteca Escolar en condicións para tanto alumnado.
 Aula de Idiomas.
 Dúas aulas de Infantil
 Unha aula de psicomotricidade.
 Un ximnasio.
 Aulas de titorías.
Tras unha serie de intervencións no Parlamento de Galicia, reunións Consellería-Concello, estableceuse
no 2012 un convenio que consistía en:
 Dotar ao centro escolar dun novo aulario que se situaría na pista cuberta e contaría con 6 aulas
de educación infantil, 1 aula de psicomotricidade, 6 aseos de alumnos, 1 aseo de profesores e 1
sala de profesores.
 A Consellería encargaríase tanto da execución dos traballos como da redacción e aprobación do
proxecto básico construtivo e a demolición da pista cuberta. Mentres tanto, colocaron as aulas
modulares no patio de infantil.
O 9 de outubro de 2012 nun Consello Escolar Extraordinario e urxente sobre a “Ampliación do CPI
Conde de Fenosa”, aprobouse por unanimidade esperar á aprobación do Plan Xeral e construír un novo
aulario de infantil nos terreos anexos.
En diferentes reunións mantidas co Alcalde sempre manifestou que se esperabamos pola modifi-
cación do Plan de Urbanismo poderiamos esperar dous anos máximo. O C.E. decide esperar ese tempo
para acadar unha construción que axude a solventar os problemas de espazo dos que dispoñemos.
A Xefatura Territorial mantén a súa disposición de construír o aulario cando lle entreguen os terreos.
Toda a comunidade educativa do centro considera a urxencia das obras de ampliación para
garantir un servizo educativo de calidade e acorde coa demanda existente; mantén a indignación diante
dos retrasos dunhas obras tan necesarias e reclama o traballo colaborativo, cooperativo entre as dife-
rentes institucións para acadar unha solución o máis pronto posible.
Blanca Cortizas Gómez . Directora
Edita: Equipo de Dinamización Lingüística do CPI As Mirandas
2
3
Os alumnos de Segundo de ESO saímos de excursión o luns 29 para
visitar Compostela. O programa incluía unha visita ás cubertas da
Catedral, percorrido polo exterior e interior do magnífico edificio e
despois tiñamos unha actividade sorpresa.
A visita ás cubertas foi moi espectacular polas fantásticas vistas da
cidade e moi didáctica polas explicacións da nosa guía que o sabía
todo sobre historias de arcebispos e construtores de catedrais. As
130 escaleiras non nos pareceron tantas e, despois dunha hora de percorrido, por fin rematou a misa
e puidemos visitar o interior. Os rapaces querían visitar as reliquias que uns pensaban de Santiago e
outros de Prisciliano. Percorremos o interior, sobre todo vendo as capelas da ábsida e a Capela da
Corticela. Con isto e a visita polas fachadas exteriores, rematamos a parte da Catedral e comeza a
actividade sorpresa.
Os rapaces, divididos en grupos aleatorios, tiñan que buscar diferentes lugares no casco antigo de
Compostela. Axudados pola tecnoloxía e pola nosa compañeira Vanesa, que lles preparou unha aplica-
ción de móbil onde, nun plano da cidade, se marcaban diferentes puntos que tiñan que atopar e den-
tro de cada punto información e pistas sobre o que buscaban, os rapaces partiron cara a aventura.
Equipo consultando a imaxe interactiva no móbil.
4
Tiñan que localizar once puntos da cidade e, en cada un, facer un selfi onde saíran todos os integrantes
do grupo. Namentres as profesoras fomos indo dun punto a outro vendo como os diferentes grupos se
apañaban entre o móbil, o plano e as preguntas que lles ían facendo aos turistas e composteláns.
Fixérono de marabilla e todos
eles puxeron moito empeño
na tarefa, de maneira que
nos pareceu un xeito diverti-
do de aprender un montón
sobre Compostela e de coope-
rar en grupo, porque todos os
grupos traballaron moi ben
xuntos, e tamén un bo exer-
cicio de orientación sobre o
plano.
Rematamos cansos e chegou a hora de xantar, aínda que case todos comeran xa algo durante a
busca. Tiñan diferentes opcións, algúns levaron a comida e xantaron na Alameda onde tiñan un
lugar estupendo e o día nos acompañou; outros optaron polo equilibrado menú do Burguer King ou
unha Pizza. Todos comemos a presa porque o tempo fíxose pouco e xa tocaba volver a casa .
Ás profesoras o resultado pareceunos moi positivo, os rapaces tiveron un estupendo comportamen-
to, aprenderon un montón de cousas sobre Compostela e ademais pasaron un día moi divertido
todos xuntos.
Conversando cun peregrino irlandés O primeiro equipo que completou o percorrido
Facendo un selfie
5
Este curso, dentro do plan de formación do profesorado no centro, realizamos un curso sobre a realización de
Booktrailers como estratexia de animación á lectura. Un booktrailer no contexto escolar consiste na
elaboración de publicidade en formato audiovisual a partir da lectura previa dun libro para promover a
lectura do mesmo. O vídeo elaborado polos alumn@s terá a finalidade de convencer aos iguais de que vale a
pena ler o libro en cuestión.
Aquí tedes algúns dos booktrailers que realizamos no curso. Esperamos que vos motiven cara a lectura e
animámosvos a que fagades os vosos booktrailers.
HOMENAXE AS MULLERES
DESDE O CPI AS MIRANDAS
Todos os días semellan iguais máis este 8 de marzo quixémolo celebrar dun xeito especial, lembrándolle á
sociedade que todos e todas temos que asegurarnos de que as mulleres participen plenamente e gocen da
igualdade en todos os ámbitos da vida. Para iso, o Equipo de Dinamización Lingüística do cole xunto ao
alumnado de 1º ESO realizou un vídeo como recoñecemento a todas as mulleres: avoas, nais, fillas,
irmáns, amigas e mulleres todas, que souberon e saben escribir a historia con tinta indeleble e que
deixan a súa pegada nas nosas vidas.
Premede no código QR para poder velo. Non vos deixará indiferentes.
6
Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polo pobo galego como a escritora máis
representativa da lingua e da literatura galegas, pois asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou
permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta comunicación e entendemento permanente
coa xente, ao se dirixir a ela no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos,
chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos
os tempos. No noso centro, asumindo a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua
Galega (AELG, ) alumnos/as e profes quixemos conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de
Castro realizando diferentes actividades.
O alumnando e profesorado de ESO así como o persoal non docente realizaron un magnífico
Mannequin Challenge baixo o lema #RosalíaTe, no que se vai mostrando a vida de Rosalía desde a
súa nenez, madurez ata a súa morte.
En primaria os nenos e nenas de 3º e 4º recitaron o poema “Eu ben vir estar o moucho” e os de
infantil o poema “Vente rapaza”.
Que fermosura de traballos!!!. Podedes velos premendo nos códigos QR.
7
No presente curso 2016/2017 dentro do Plan de Formación Permanente
do Profesorado e dando continuidade á formación do curso pasado sobre o
traballo por proxectos, decidimos pór en práctica a elaboración dun proxecto
de centro partindo da biblioteca escolar e ao que denominamos:
“Dende Ares cara ao mundo”.
O obxectivo principal foi elaborar un proxecto conxunto e integralo no currículo. Para levar a termo
isto recibimos formación sobre o traballo por proxectos e a súa avaliación.
Como punto de partida, o primeiro paso para o proxecto foi repartir dende a biblioteca, unhas cai-
xas informativas sobre cada país; país elixido por cada curso/nivel
educativo, ben por ter alumnado dese lugar ou por afinidade.
No segundo paso tratamos de aplicar a formación recibida o curso
pasado, reflectir por escrito os elementos do currículo que se van tra-
ballar(estándares, competencias, contidos,…) e elaborar e aplicar mé-
todos de avaliación.
Os países elixidos foron: Brasil, Marrocos, China, Reino Unido, Aus-
tralia, Portugal, Ucraína, Xapón, Antártida, aínda que despois engadíronse algún máis como Italia e
Holanda (época renacentista), Perú, Suecia e EEUU (representación musical da ESO), que se traba-
llaron ao longo do curso integrándoos no proxecto final.
8
Todos os cursos traballaron de forma interdisciplinar e realizaron infinidade de actividades: presenta-
cións, exposicións, vídeos informativos, realización de mapas, collages, paneis informativos, guías de
flora e fauna dos países, confección de traxes típicos, elaboración de receitas típicas, representacións de
bailes e danzas dos países expostos, obradoiros de xogos, e unha morea máis delas que, polo reducido
espazo desta revista, non podemos poñer.
Ao final de curso, e como produto final, o luns 15 de maio de 2017, levamos a termo unha feira:
I Feira Dende Ares cara ao mundo, na que mostramos ao toda a comunidade educativa e ao resto da
xente que se achegou ata o pavillón da feira, todo o elaborado no noso proxecto.
Un total de 15 stands conformaron o recinto ferial: un por cada país estudado máis un da oficina de
turismo do Concello, outro do proxecto LÓVA, da Biblioteca Carabela, de Músicas do Mundo e por úl-
timo un solidario de #unhacuraparaAdri.
Neste código QR podedes ver un
resumo da feira.
9
Despois do evento, podemos dicir que estamos tre-
mendamente satisfeitos da xornada, na que se re-
flectiu o traballo colaborativo realizado no noso cole
durante o curso e que deu como resultado esta
I Feira “Dende Ares cara ao mundo”.
Parabéns a toda a comunidade educativa: a todos os
profes de infantil, primaria e secundaria, a todo o
alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata
os máis maiores, que traballaron e colaboraron dunha maneira impecable, realizando unha gran la-
bor en cada un dos stands representados; ás profes de música e as titoras polas actuacións musicais;
aos que organizaron o stand de Unha cura para Adri que, dito sea de paso, foi un acerto co apadri-
ñamento de pingüíns e o photocall dos países; ao noso paisano Javier Cristobo que sempre está aí
cando precisamos del e que pasou a xornada con nós dando dúas estupendas charlas sobre a Antár-
tida e inaugurando a Feira xunto cos representantes do CEFORE e autoridades do concello e asocia-
cións de Ares; ao Concello e a ANPA pola súa inestimable axuda; á dirección do centro por promover
e apoiar todas as iniciativas que se están a levar a termo no noso centro e a todas as familias que
nos acompañaron na xornada.
Grazas a todos por facer que a xornada resultase todo un éxito.
10
O dia 7 de Abril tivemos uns visitantes de excepción no
CPI As Mirandas. Armados con espadas e protexidos con
escudos e armaduras, entraron no cole como se chega-
ran os vikingos a invadirnos no século X, pero non... non
tiñan intención de facernos dano. Todo o contrario .
Non eran vikingos, visigodos nin romanos, pero íannos
ensinar moito destes pobos da antigüedade e da súa
maneira de defenderse e loitar. Eran algúns dos
integrantes da ANEA (Asociación Naronesa de Esgrima Antiga), clube no que se practica o vello arte
marcial de loitar con espada en moitas das súas variedades.
A charla foi dirixida por un dos mestres e monitores do
clube, Daniel López Varela, apoiado por Ana aos mandos
do ordenador, no que se proxectaron imaxes para mellor
entender o que se ía falando.
Ademais de poder ver un peto de placas de coraza
auténtico e os brazais e hombreiras que o acompañaban, a
cota de malla, as chaquetillas ou gambesóns (e podelos
probar), puidemos ver un escudo redondo (chamado Tarja)
e ir seguindo a evolución das armas de defensa no tempo
(especialmente as espadas), dende as máis curtas e antigas (a Gladius hispaniae e a Falcata Ibérica),
pasando pola espada de punta e corte (típica espada medieval utilizada a unha man) ou a
Zweihander ou Montante (espada moi grande utilizada a dúas mans), ata chegar a armas
Tardomedieváis (como a Espada de man e media ou Espada Bastarda)
e as renacentistas, onde as espadas deixaron de facerse máis longas e
pesadas e comezaron a ser máis lixeiras e rápidas, como as Espadas
Ropeiras, Espadíns e Estoques .
O clube dedícase principalmente a
ensinar e practicar o tipo de arte
marcial coñecido como “Verdadera
Destreza Española”, segundo o manual homónimo do século XVII escrito
por Jerónimo Sánchez de Carranza e Luis Pacheco de Narváez.
Ademais deste estilo, que se centra máis nas tres variedades de Espada
ropeira (Ropeira a unha man, Ropeira e Daga de Vela ou Ropeira e
Broquel, un escudo pequeniño de man), o clube practica tamén coa espada de man e media.
Entre explicación e explicación, dous dos integrantes do clube (Jacobo e Zeke) amosaron a utilización
práctica de cada un dos estilos nunha tirada libre para amosar a velocidade e dificultade que implica
a realización destas artes marciais.
Ao final algúns dos nosos compañeiros puideron tirar contra Dani e probar a súa verdadeira destreza
contra o campión de España e Portugal de Esgrima Histórica!!
Para aqueles que queremos participar de esta actividade tan guai e tan saudable, teremos que esperar
ate os 14 anos de idade, que é a mínima na que se aceptan as novas solicitudes neste clube, situado
en Narón.
11
Os rapaces e rapazas de 2º ESO do noso centro, en colabora-
ción co EDL e a Biblioteca Escolar, realizaron unha homenaxe
a un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da
literatura infantil e xuvenil en Galicia e no resto do Estado,
que faleceu en xullo do ano pasado. Foi autor de máis de cin-
cuenta títulos e os seu libros están traducidos a varias lin-
guas: castelán, catalán, éuscaro, portugués, coreano, búlgaro,
inglés, chinés, árabe, francés e italiano. Os seus libros obtive-
ron numerosos premios e gozan do aprecio de milleiros de lectores. Cartas de inverno, superaba xa no
ano 2016 os cen mil exemplares vendidos.
E para render a nosa homenaxe, tivemos a colaboración do ilustrador aresán Antonio Seijas ao que os
alumnos de 2º ESO entrevistaron. Seijas tivo o pracer de traballar co autor, posto que o noso ilustra-
dor, baseándose na novela Cartas de inverno, publicou a exitosa novela gráfica do mesmo nome; e dici-
mos exitosa porque Antonio Seijas recibiu, entre outros premios, o Isaac Díaz Pardo ao mellor libro
ilustrado no ano 2012.
Tamén os alumnos e alumnas realizaron unha gravación de anacos da obra de Agustín Fernández Paz.
Todo este traballo culminou nun acto no Auditorio de Ferrol no que os colexios de toda a bisbarra ho-
menaxearon ao autor expoñendo os traballos que fixeron previamente.
Aquí podedes ver o resultado.
12
Este ano a Real Academia Galega adícalle a Carlos
Casares o Día das Letras Galegas polo seu compro-
miso coa nosa lingua e literatura. Carlos Casares está
considerado como unha das figuras máis singulares e
renovadoras da nosa literatura.
Naceu o 24 de agosto de 1941 en Ourense e, du-
rante a súa vida, nunca deixou de estar implicado na
vida cultural, social e institucional do noso país, sen-
do un firme defensor da lingua galega e un dos impulsores da Lei de Normalización e da creación do Consello
da Cultura Galega.
A súa creación literaria é moi ampla, cunha gran cantidade de obras de literatura infantil, ademais de
novelas, ensaios, artigos periodísticos... Faleceu en Vigo o 9 de marzo de 2002, pouco despois de rematar a que
sería a súa obra póstuma “O sol do verán”.
E para conmemorar este día, que mellor que a voz de mil escolares de ferrolterra e a Coruña metidos nunha
nave do estaleiro Navantia cantando a coro o tema "Chea de Vida", de Guadi Galego. Esta actividade,
enmarcada dentro dos actos previstos polo centro de formación e recursos de Ferrol (CFR) para festexar o Día
das Letras Galegas, ten por obxectivo promover os coros escolares como actividade integradora e o canto
coral como ferramenta educativa fomentándoos nos colexios e institutos utilizando como base o repertorio de
grupos e cantantes galegos actuais.
A canción, que foi tamén interpretada en lingua de signos polos rapaces e rapazas do noso cole, conseguiu
abraiarnos a todos. E vendo o resultado, podemos dicir que cando se utiliza a voz, a música e a lingua de
signos como ferramenta de comunicación, é imposible non emocionarse.
13
VISITA AO MUNCYT
A comezos de maio os nenos e nenas de 3º e 4º de
Primaria visitamos o MUNCYT na cidade da Coru-
ña. É un museo relacionado coa ciencia e a tecno-
loxía. Ademais conta con diversas salas moi intere-
santes para visitar. A sala que máis nos chamou a
atención foi a sala Iberia, xa que entramos na ca-
bina do Jumbo “Lope de Vega” e por un intre
fixémonos pasar por viaxeiros do avión. Tamén es-
tivemos moi entretidos co xogo de pistas que nos fixeron os guías do museo na sala do século
XX para adiviñar diferentes inventos desa época.
Animamos a todos a visitar o MUNCYT!
UN PREMIO BEN MERECIDO
Este curso o noso cole recibiu de mans do conselleiro de Educación Román Rodríguez o premio do
Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP). Esta convocatoria recoñece o traballo de
formación e implementación do mesmo nos centros de ensino. A renovación e a temática dos iti-
nerarios “á carta” deseñados polos docentes de colexios e institutos, e que van servir de referencia
para o conxunto da comunidade educativa, son un dos piares deste recoñecemento.
Ao acto de entrega no Gaiás, asistiron as nosas compañeiras Carmen Regueira e Conchi Cambeiro
que forman parte do equipo de formación do noso centro.
Dende a Dirección agradecemos este recoñecemento ben merecido polo excelente traballo que
realizou e segue realizando o profesorado deste centro, agradecendo tamén o inestimable traballo
do alumnado e a colaboración das familias.
14
HAI UN ARTISTA EN TI: maiLÓVArt
E xa estamos coa 4ª convocatoria de Arte Correo. Novamente dedicada ás artes, pero este ano
facendo referencia ás artes escénicas e por tanto a todas as profesións visibles e invisibles que a
conforman. O motivo é que na aula de 2ºA púxose en práctica o proxecto LÓVA (a Ópera como
Vehículo de Aprendizaxe). Por iso o lema é Hai un artista en ti: maiLÓVArt”.
Xa estamos a recibir moitos mailarts, coma sempre. Esperemos que sexa moi concorrido. En
novembro será a inauguración da exposición. Animádevos todos!!
OS NENOS E NENAS DE 2º EP. APRENDEN A IDADE MEDIA
Este ano nas aulas de 2º A e B están a traballar a Idade Media e, como fixeron o ano anterior
para o Samaín, pediron ás familias que trouxeran cabazas con temas típicos da idade media. Os
corredoiros do cole quedaron cheos de castelos, bufóns, leprosos, peste negra, cabaleiros e meigas.
Tamén aproveitaron a temática do noso proxecto para que no magosto as coroas que levaban,
tiveran motivos de guerreiros, cabaleiros, monxes, bruxas, princesas…
Ademais fixeron unhas faltriqueiras que así de molonas quedaron.
15
ACTIVIDADES CON OUTROS CENTROS DA NOSA CONTORNA
Os alumnos e alumnas de
5º fixemos unha saída a
Monfero para realizar unha
ruta de sendeirismo xunto
con outros coles ( Unión
Mugardesa, Loyola,Franza
e Virxe da Cela de
Monfero ). Pasámolo moi
ben, menos a ida no
autobús, xa que moitos
compañeiros mareáronse.
Parécenos moi interesante
compartir xornadas con
outros rapaces e rapazas..
Os nosos alumnos de 1º e 2º
ESO gozaron, xunto cos
alumnos e alumnas dos coles
de Mugardos e Monfero,
dunhas xornadas de activi-
dades físicas e deportes
acuáticos no areal da praia
de Ares, onde puideron
practicar windsurf, volei
praia, canoa, paddle surf,
vela... Que ben o pasamos!!!
16
No mes de maio os alumnos e alumas de 5º e 6º de primaria fixemos unha visita ao Museo Naval e
tamén fixemos o noso bautismo de mar.
Realizamos un percorrido pola ría de Ferrol a bordo do remolcador Y-122. Unha aventura ines-
quecible. Grazas a todos os que o fixeron posible !!
SOPA DE LETRAS
Imos ver os vosos coñecementos
sobre o mar e os barcos.
Seredes quen de atopar as 15
palabras relacionadas co tema?
17
O PROXECTO DENDE ARES CARA AO MUNDO ENCHE O ENTROIDO DE COR
Colorido, desfiles, bailes e moita
alegría é o que viviu o noso cole
na celebración do Entroido
2017 neste fantástico venres no
que o sol e o bo tempo, nos
acompañou. Tomando como
eixo o proxecto “Dende Ares
cara ao mundo” os nenos e
nenas desfilaron con traxes que
nos recordaron a Australia,
Portugal, China, Inglaterra,
Marrocos, Brasil, Italia,
Ucraína….
A verdade é que hai que dar as
grazas a todo o profesorado e,
por suposto ao alumnado, por
todo o traballo e implicación
nesta xornada. Non somente se
apreciaba toda unha labor de
semanas na elaboración dos
disfraces, senón tamén nas
coreografías e representacións
que os alumnos/as dos diferentes
cursos da ESO levaron a termo .
18
TRABALLOS DESENVOLVIDOS NO OBRADOIRO DE ARTES ESCÉNICAS
Os rapaces e rapazas de 1º ESO realizaron durante o primeiro trimestre un traballo sobre o nadal en Sue-
cia e en Perú enmarcados tamén no proxecto de centro “Dende Ares cara ao mundo”. Prepararon uns
excelentes decorados para as nosas recreacións, así como as presentacións das costumes e tradicións de ca-
da país. Os de 2º ESO recrearon e interpretaron a canción do día de Santa Lucía en Suecia e a canción
tradicional peruana Festejo de Navidad.
O traballo foi desenvolvido no obradoiro de artes escénicas e comunicación oral, que como sabedes é unha
colaboración dos departamentos de plástica e música.
QUERIDAS TRADICIÓNS: UN PASEO POLA NOSA MÚSICA.
Os nenos e nenas de 3º continuamos coa nosa tradición musical e, este curso, decidimos facelo ao
grande. Para iso escollemos dúas xotas: Xota de Sabaxáns e A rabieira. Ademais das voces,
acompañamos as cancións coas pandereteiras, que tocaron de marabilla.
Os nosos titores e a mestra de música axudáronnos a preparar estas cantigas.
Non deixedes de cantar e que A MÚSICA VOS ACOMPAÑE!!!
19
A ÁRBORE DAS PALABRAS
Coa chegada da pri-
mavera, nas aulas de
infantil medran un-
has árbores moi es-
peciais. Comezan a
brotar e énchense de
palabras: auga,
paxaro, avoa,
bolboreta,…
O CIRCO
As nenas e nenos de 4 anos, estiveron a aprender cousas sobre o
circo, e fixeron o seu propio espectáculo. Hai paiasos, domadores,
equilibristas, magos…
UCRAíNA: O NOSO PROXECTO PARA A FEIRA DENDE ARES CARA O MUNDO
20
Neste curso, os nenos e nenas de terceiro traballamos nun
proxecto sobre China. Descubrimos moitas cousas deste país,
algunhas sorprendentes: a vestimenta, a escritura, o Maneki-
Neko ou gato da sorte, o Yin e o Yang, a gran muralla que mide
máis de 20.000 km e o dragón. Sabiades que ten partes de 9
animais diferentes?. Tamén fixemos un libro de receitas e outro
do horóscopo, aprendemos a facer farois e algúns xogos de orixe
oriental. Todas estas cousas amosámolas na 1ª Feira: “Dende
Ares cara ao mundo”. Foi unha experiencia moi divertida!
Escornabot é un proxecto de código/hardware aberto, cuxo obxectivo é acercar a robótica e a pro-
gramación aos nenos e nenas.
O Escornabot pode programarse con botóns para executar secuencias de movemento, a partir de
aquí a imaxinación é o único límite nas posibilidades.
21
22
23
Durante o curso 2016/17 na clase de 2º A levamos á
práctica un novo proxecto de aprendizaxe, o Proxecto
LÓVA ( A ópera como vehículo de aprendizaxe). Con nós
colaboran os 7 alumnos da clase de Música de 4º da
ESO e a súa profe Teresa así como Lara, mestra de mú-
sica en primaria. Tamén temos a colaboración de per-
soas externas que xenerosamente nos axudaron, como
Alma, a concelleira de Cultura e Deportes do Concello
de Ares, e outras persoas que viñeron a ensinarnos moitas cousas da súa profesión. E por suposto os colabo-
radores máis especiais, os nosos país e nais que sempre estiveron aí axudando e animándonos.
A principios de curso lles propuxemos aos nenos crear unha ópera
orixinal completa, cos seus personaxes e características psicolóxicas, o
seu libreto, escenografía, iluminación, tema, tese, maquillaxe, música
e letra orixinais para, finalmente en xuño, facer o estreo mundial da
mesma. Para levalo a termo os nenos creamos un equipo, fixemos
unha compañía, comprendemos o sentido das metáforas e aprende-
mos a falar con elas; buscamos un nome para a mesma, un logo que
nos representase. Isto supuxo superar retos que nos puxeron a proba
como equipo e compañía. Aprendemos a escoitar e falar mirándonos
os uns aos outros. Aprendemos a respectarnos e aceptar opinións di-
ferentes ás nosas. Escribimos moito, moitísimo!!. Reflexionamos cada
día. Viñeron profesionais a ensinarnos as súas profesións: Clara Gayo,
José Manuel, Cristóbal, Susana, Ana, Naty e outras persoas que nos
facilitaron moito as cousas e tamén nos acompañaron nesta aventu-
ra coma Fany, Naty, Nuria, Pilar ... Canto aprendemos!!!.
Elixindo o nome da compañía
Reflexionando Creando personaxes
Logo da compañía
As familias
24
Eliximos ás nosas profesións e chegou o día especial en que nos entregaron o diploma coa nosa profesión,
na que deberiamos traballar a partires dese intre para crear a nosa ópera. Aprendemos a crecer e
convertémonos en profesionais especialistas para poder facer o noso gran reto: a representación da nosa
Ópera.
Entrega de profesións
Diploma profesións
Pero o máis importante de todo
este proxecto non é a represen-
tación da Ópera creada por nós,
senón todo o traxecto que nos
levou a ela.
Moitas grazas ao cole, aos profes que colaboraron con nós, aos país tan entusiastas que dende o principio
confiaron en nós, e sobre todo aos nosos nenos e nenas que son o mellor que temos, coa súa ilusión, coas
súas emocións, coa súa xenerosidade e gañas de traballar sempre.
25
Este curso escolar a rapazada do cole tivemos a inmensa
sorte de participar nun feixe de acontecementos musicais
dentro e fora do centro escolar. Imos facer unha pequena
escolma relacionada con todos eles.
Coma todos os anos, o primeiro trimestre dedicámolo en
gran medida a preparar o noso Festival de Nadal no Ca-
sino de Ares. Primeiro os pequerrechos de Infantil agasa-
lláronnos cunhas panxoliñas moi divertidas e a continua-
ción varios alumnos de 6º de EP convertéronse en presentadores dun curioso telexornal:
“TELEARES, onde nunca a ficción supera á realidade”. A través das súas novas convidáronnos
a unha viaxe musical ao longo do tempo. Participou toda a rapazada en diversas cancións, bailes,
e ata voltamos a idade media cun canto de cego con zanfona incluída grazas a Emilio Mesías.
Á volta de vacacións, e coincidindo coa chegada do día da
Paz, participamos nunha iniciativa moi interesante pro-
movida por un cole de Valladolid e que tivo repercusión en
toda España e nalgúns países no estranxeiro.“Como te
atreves a volver” foi o título escollido pola plataforma
#cylcantaporSiria. No noso cole, a profe Lucía fixo a adap-
tación ao galego “Siria non ten a paz, témola que atopar”.
O día da Paz ás 12.00 da mañá todos os nenos e nenas do
cole: infantil, primaria e secundaria mais os miles de nenos
e nenas de toda España, xuntamos as nosas voces e saímos
ao patio para berrar coa nosa música contra o conflito
que están a vivir neste país.
Este ano tamén escollemos unha canción ben fermosa
para agasallar as nosas nais na celebración especial,
que non única, do día da Muller Traballadora. Para o
8 de marzo cantamos, interpretamos e fixemos un
agasallo musical inspirado na canción “Matriarcas” de
Guadi Galego.
26
Non sabiamos que este tema de Guadi non sería o derradei-
ro a cantar este ano, xa que o día 11 de maio varios grupos
do cole, nunha iniciativa promovida polo CFR de Ferrol,
tivemos a inmensa sorte de participar nun coro formado
por 1000 rapaces dos coles de Ferrolterra que baixo a di-
rección de Ramón Bermejo e coa mesma Guadi Galego e
Guille Fernández á guitarra, cantamos o tema “Chea de vi-
da” no astaleiro de Navantia. Emoción en estado puro!
Xa no terceiro trimestre, varios grupos do cole traballamos na procura de ter
máis coñecementos acerca da música dos países que estiveron representados na
Feira que fixemos. Despois de varios traballos colaborativos na aula, os rapaces e
rapazas de 5º e 6º de EP elaboraron unhas presentacións relacionadas coa músi-
ca en Marrocos e que foron expostas no seu stand, máis uns instrumentos musi-
cais con material reciclado inspirados no propio instrumentario marroquí.
Por outra banda, o alumnado de 1º de primaria que traballou Australia dentro do seu proxec-
to de clase, elaborou unha serie de xestos e dramatizacións propias dos maorís para represen-
tar un dos feitos musicais máis impactantes destas tribos: os hakas.
E o noso proxecto LÓVA (a ópera vehículo de aprendizaxe) que tantas
alegrías nos está dando coa compañía de ópera de 2ºA de EP “Vidriera”
e que estrea a súa composición feita por todos eles na súa integridade
(texto, vestiario, escenografía, distribución, composición musical…) o día 2
de xuño no Casino de Franza, función para nais/pais e público en xeral e
os días 8 e 9 de Xuño no casino de Ares para a rapazada do centro.
Non podemos esquecer a nosa Convocatoria de Arte Postal que este
ano está dedicada ás artes escénicas e leva por lema: maiLÓVArt
Por último, temos que lembrar a chea de Concertos Didácticos e
actividades teatrais que tivemos ocasión de gozar tanto na Coruña
coma en Ferrol. Unha pequena mostra foron: “Historias do mar”,
“Dúas”, “Todo es percusión”...
Grazas ao Departamento de Actividades Extraescolares e ás insti-
tucións que fan posible estas interesantes saídas musicais e culturais.
VIVA Á MÚSICA E VIVA AS ARTES ESCÉNICAS!!
27
Por Nuria Fernández Iglesias, Isabel Terradillos Molina e María Veiga Garrote. 1ESO
Ímosvos falar do coltán, un mineral que se volveu imprescindible para a nosa vida
cotiá, pero que debemos pensar nos problemas que iso causa:
O coltán é un mineral negro e opaco, composto por columbita e tantalita.
Utilízase para fabricar compoñentes claves dos móbiles e dispositivos electrónicos
portátiles. En España existe o proxecto de explotar unha mina en Ourense, pero as
principais minas a nivel mundial atópanse en Brasil, Tailandia, Australia e, sobre
todo en África (Congo, Etiopía e Ruanda).
En realidade, sabedes o sufrimento que supón extraelo?
Alternativas
Estase a investigar con outros materiais que poidan ser alternativas ao coltán, como por
exemplo o grafeno. Non deberiamos tolerar que a explotación dos recursos supoña o
sufrimento dos máis desfavorecidos, e no primeiro mundo teriamos que asumir as nosas
responsabilidades como consumidores.
Guerras
Falamos de sufrimento porque o contrabando
deste mineral provoca guerras como a do
Congo, financiando aos grupos rebeldes e
facilitando a compra de armas.
Traballo infantil
Ademais das guerras, cada día morren moitos
nenos, xa que os rebeldes os capturan para que
traballen nas minas porque os nenos poden meterse
mellor polos recunchos.
Destrución medioambiental
O coltán non só afecta negativamente aos nenos, senón
tamén ao medio ambiente. Ao extraer coltán, destrúense os
ecosistemas, pois os principais xacementos coinciden cos
hábitats dos gorilas de montaña e outra fauna en perigo de
extinción, ao ser zonas de selva declarados parques naturais.
28
Cada ano morren en España unhas 30000 persoas por
parada cardiorrespiratoria. O 80% tiñan ao redor
familiares ou amigos que non lles prestaron axuda por
descoñecer as técnicas básicas de reanimación. Cada
minuto que pasa sen axuda, diminúen as posibilidades
de sobrevivir, xa que só despois de 6-8 minutos, as
células do cerebro, as neuronas, comezan a morrer. Se
a persoa sobrevive, terá secuelas: parálise, deterioro
cognitivo...
En países onde a sociedade recibe formación nas
técnicas de soporte vital básico as taxas de supervivencia soben ata o 50%.
En adultos, as causas máis frecuentes de parada cardiorrespiratoria son as de orixe cardíaco,
por problemas circulatorios.
Na infancia, as causas son sobre todo por fallo respiratorio, por exemplo, por meter na boca
obxectos ou atorarse con alimentos.
Oxalá nunca as teñas que pór en práctica, pero, polo ben de todos, debes coñecer estas técnicas,
e estes son os pasos a seguir:
Seguridade
A persoa afectada debe ser levada a un sitio seguro (beirarrúa se foi no medio da calzada, por
exemplo) e colocala boca arriba nunha superficie dura
Comprobar a inconsciencia
Intentar que a persoa responda a estímulos externos: berrar, abaneala, darlle pequenas
labazadas, beliscos...
Abrir vía aérea, coa manobra fronte-mentón
Consiste en levantar o mentón e baixarlle a fronte
Comprobar a respiración
Mirando se sobe e baixa o torax ou se notamos ou oímos se respira
Chamar aos servizos de emerxencia: 112 ou 061
Mellor se o fai outra persoa. Se estamos sos, colocar o móbil en mans libres para recibir
instrucións dos servizos sanitarios
Compresións torácicas: 30
Poñerse de xeonllos ao carón da persoa, e cos brazos estirados e as mans entrelazadas, facer
forza na parte baixa do esternón (entre as dúas mamilas). O ritmo será de 100-120
compresións /minuto, ata que cheguen os servizos de emerxencia.
Insuflacións: 2
O máis importante son as compresións torácicas, pero poderiamos facer tamén o boca a boca.
29
O Magosto deste ano estivo xenial! Primeiro preparamos cucuruchos, caixas, cestiños, etc.
para recoller as castañas que logo comemos asadas. Estaban tan ricas!!!. E para axudar á
dixestión, xogos populares a mogollón: letras corporais para formar a palabra Magosto, baile
da castaña, carreiras con castañas en culleres e volta coa castaña entre as pernas, baile da
vasoira, encesta a castaña... QUE BEN O PASAMOS!!
30
This year we did an activity in English and then we used AUGMENTED REALITY.
It´s a new technology.
We did lots of different activities: We celebrated Hallowe´en, Christmas, Valentine´s Day, Easter...
We saw a play called `Fricky' performed by The Blue Mango. We prepared some activities pre-
viously and all the songs. We participated and enjoyed it.
We also participated in the First Fair: From Ares for the World with a stand: The UK (United
Kingdom) with a display, a sport, a double decker bus, a power point and an activity using
Augmented Reality.
31
CHEGOU A VI SEMANA PROBLEMÁTICA!!!
Hai que ver como pasa o tempo. Parece que foi onte pero así, sen darnos de conta,
levamos seis edicións da Semana Problemática cunha participación récord por parte dos
nosos alumnos (entre as cinco xornadas de concurso houbo 200 papeletas de resposta). Co-
mo sabedes, consiste en resolver un problema matemático cada día depositando a resposta
nunha furna. Houbo un premio por día que se sorteou entre os gañadores de cada xornada, facendo en-
trega de todos eles aproveitando a festa do entroido. Moitas grazas a todo o alumnado que participou e xa
sabedes...vos agardamos na VII edición!!
III EDICIÓN DE MATEMÁTICAS NA RAIA
AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e
a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convoca-
ron a terceira edición de “Matemáticas na Raia”, un concurso de resolu-
ción de problemas dirixido ao alumnado de 3º da ESO (9º ano en Portu-
gal) no que o noso alumnado de Matemáticas Académicas de 3ºB partici-
pou o 20 de abril. Trátase dun concurso que fomenta o traballo colabora-
tivo, pois os equipos son grupos-clase completos.
Os rapaces fixérono xenial, e claro, o esforzo trouxo a súa recompensa porque foron os gañadores dos equi-
pos galegos que participaron. E alá nos fomos o 27 de maio a gozar do premio: "Unha fin de semana en
Tui" con todos os gastos pagos, onde tiveron (e tivemos, xa que grazas a eles as profes tamén os acompa-
ñamos) un “Encontro Matemático” xunto ao equipo gañador de Portugal: xogos entre o alumnado de Gali-
cia e Portugal, actividades para “romper o xeo” (coñecer o máximo número de compañeiros do equipo
portugués), formación de equipos mixtos para as probas da fin de semana (equipos con nomes moi familia-
res: Euclides, Pitágoras, Sofía Kovalevskaya…), roteiro matemático con probas por equipos, visita turística a
Valença, actuación dun mago, descenso do Miño en kayak, máis xogos matemáticos de estratexia por equi-
pos... Non paramos nin un minuto e pasámolo moi ben (si rapaces, as mates tamén son divertidas...que volo
diga 3ºB) e para mostra aquí tedes un pequeno documento gráfico. A ver se nos vemos o ano que ven en
Portugal...oxalá.
32
XIX OLIMPÍADA MATEMÁTICA
GALEGA DE 2º DA ESO
Co fin de promover a ensinanza e a
aprendizaxe das Matemáticas a través
da resolución de problemas, AGAPEMA
(Asociación Galega do Profesorado de
Educación Matemática) organiza unha
nova edición da Olimpíada Matemática
Galega para o alumnado de 2º da ESO.
Un ano máis o noso centro tomou parte
nesta actividade coa participación de
catro alumnos:
Pablo Cartelle Filgueiras, de 2ºA
Lucía Couceiro Polo, de 2º A
Raúl Nogueras Anca, de 2ºA
Martín Rodríguez Sanjuán, de 2ºB
A fase local tivo lugar o día 27 de abril no IES Canido (Ferrol) e desta fase sairon os 40 seleccio-
nados de toda Galicia para participar na Fase Final Galega, que se celebrou o día 18 de maio na cidade
de Lugo. Este ano formou parte de isos 40 seleccionados Lucía Couceiro Polo, e ata Lugo nos fomos a
pasar unha xornada de probas matemáticas individuais e grupais, e onde AGAPEMA nos obsequiou
tamén con unha comida para os clasificados e acompañantes.
Moitas grazas ós alumnos e as súas familias por animarse a formar parte desta actividade, e
tamén grazas ao IES Canido por tratarnos tan ben e por facerse cargo da organización da fase local.
Non queremos esquecernos de felicitar e agradecer a AGAPEMA toda a labor que fai pola divulgación das
matemáticas. Grazas e mil grazas!!!
E PARA QUE VAIADES
PRACTICANDO CARA O
CURSO QUE VEN, AQUÍ
TEDES UN SUDOKU.
SEREDES CAPACES
DE RESOLVELO?
33
CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE
E xa van 6 anos nos que o noso
centro organiza a Carreira
Quilómetros de Solidariedade.
Enmarcada dentro das activi-
dades solidarias do noso cole-
xio, é unha actividade con do-
bre finalidade: por unha ban-
da, espertar nos nosos alumnos
e alumnas un espírito crítico e
solidario cara as inxustizas que
afectan a millóns de nenos e
nenas de todo o mundo e, por
outra, recadar fondos en cola-
boración coa ONG “Save the
Children” para axudar á in-
fancia mais desfavorecida e
facer que se respecten os seus
dereitos
Un ano mais, a atleta are-
sán Paula Mayobre colabo-
rou con nós durante a xor-
nada participando con todos
os rapaces e rapazas do no-
so centro. Na carreira reca-
damos 976,45 € que foron
enviados á ONGD Save The
Children. Nunca me cansarei
de sorprender ante tanta
xenerosidade. Grazas a toda
a comunidade educativa
pola vosa colaboración e es-
forzo.
OPERACIÓN QUILO
NO NADAL
Un ano máis resultou
todo un éxito a
campaña de recollida
de alimentos para
Cáritas de Ares e a
Cociña Económica de
Ferrol, na que reco-
llemos preto de 350
quilos de alimentos.
Dende aquí queremos
expresar, de novo, o
noso agradecemento
a todas as familias
pola solidariedade mostrada.
EMERXENCIA REFUXIADOS
RECOLLIDA DE ROUPA
Desde o colexio, realizamos unha campaña de
recollida de roupa para os refuxiados sirios que
estaban nos campos de Tesalónica e Lesbos, tras
sufrir a ola de frío polar que azoutou Europa,
cousa que agravou máis o problema migratorio.
Enchéronse dous camións!!!!
34
#UnhacuraparaAdri
“A síndrome de Hunter é unha enfermidade que se denomina cien-
tificamente Mucopolosacaridosis, que pode ser incapacitante, mul-
tisistémica e dexenerativa. É fundamental un diagnóstico prematu-
ro para paliar os síntomas e que non teña un final devastador.”
Así o define Teresa Muíños Rodríguez a través dun xogo que había
no “Stand de Unha cura para Adri”, na FEIRA DENDE ARES CA-
RA O MUNDO. Marcos Pérez de 5º B explicouno deste xeito: “A sín-
drome de Hunter é unha enfermidade xenética devastadora que incapacita totalmente á persoa que o
padece. Non ten cura e ten que ver co cromosoma X porque da nai ” . O obxectivo era dar a coñecer
esta enfermidade e ser capaces de redactar un texto definindo a Síndrome de Hunter, a través dunha
serie de palabras clave que estaban colgadas na decoración do stand.
Pero non só era iso o que se podía descubrir neste recuncho, tamén podiamos viaxar a un país de xeito
seguro, económico e rápido a través do noso photocall. Foron tantos os que quixeron viaxar aos países
dos stands, que tardaremos un chisquiño en acabar as montaxes, pero nos vos preocupedes...antes de
rematar o curso teredes cada un a vosa foto, grazas a labor da nosa incansable compañeira Yolanda.
Xa no stand, atopabámonos cunhas marabillosas colaboradoras que todo o día estiveron a informar
sobre todas as actividades do noso stand; dende colaborar levando un marcapáxinas personalizado polo
alumnado, ou apadriñar un pingüín na Antártida, ou mercar area volcánica que nos trouxo Cristobo
da mísmísima Illa Decepción -moitas grazas, Cristobo!!- ata comprar camisetas, pegatinas e calendarios
de #UnhacuraparaAdri.
E con todas estas actividades, e poñendo moita ilusión e ganas, o noso centro recadou 601,97 € na
I Feira Dende Ares Cara o Mundo para colaborar con #UnhacuraparaAdri.
Grazas a todos e todas pola vosa solidariedade!!!
Stand de #UnhacuraparaAdri
Photocall
35
O 25 de maio o alumnado de 1º ESO recibiu ao de 6º EP na sala de usos múltiples co fin de acercarlle a súa
experiencia no primeiro curso.
Como colofón da visita, a actividade planificada consistiu na entrega de cartas de benvida que reflicten as súas
vivencias nesta nova etapa. Na carta que tedes a continuación podedes ler os consellos que Miguel Martínez
García lles da aos futuros compañeiros.
Esperámolos o próximo curso con entusiasmo!
Departamento de L. Castelá e literatura
Futuro compañero/a:
Pronto comenzarás la ESO y, seguramente, te sientas un poco nervioso/a. Yo, hace un año,
también lo estaba. Pero no pasa nada. Para quitarte esos nervios estoy yo aquí escribiéndote esto.
Te daré unos consejos sobre cómo debes afrontar este cambio de centro. Espero que te sirvan de
ayuda.
Soy consciente de que hay dos cosas principalmente que te preocupan. A ti y a todos cuando
llegamos aquí. La primera es eso tan temido de “LA FALTA DE ORDEN” y la segunda, cómo es
cada profesor/a y cada asignatura. Así que, vamos por partes. En primer lugar, la falta de orden.
Lo primero que debes saber sobre ello es que no te la ponen por entretenimiento; si te la ponen
es porque algo hiciste. Esto suena muy típico, pero es así. Te la ponen si hiciste algo malo, a veces
no muy grave que digamos, pero bueno... Tranquilo/a, en 1º no suelen poner muchas (alguna que
otra cae, eso sí). Como te decía, en 1º no suelen poner muchas. Yo creo que es porque aún piensan
que somos ángeles caídos del cielo. Así que mis consejos para que no te caiga ninguna son los si-
guientes: no la líes en clase, no vaciles ni te pases de listo con ningún profesor, no insultes a tus
compañeros y no imites el sonido de ningún animal en medio del silencio (por esta última me la
pusieron a mí).
Las asignaturas y profesores…
María, la de matemáticas, es una profesora muy dinámica, hace las cuentas rapidísimo
y manda muchísimos ejercicios, muchísimos. A veces, vemos vídeos de cosas y trucos de
matemáticas o de acertijos.
Maru, la de castellano, os va a caer bastante bien, sus clases son muy divertidas y a veces nos po-
nemos a hablar de cosas graciosas que, a lo mejor, no vienen a cuento. Nos suele contar muchas
anécdotas que le pasaban cuando ella era pequeña; como cuando le entró un moscardón en el oído
o cuando vio a una vieja sin dientes comiendo turrón y desde ese día no lo volvió a probar. Es la
jefa de estudios y por tanto, por ella pasan las faltas de orden y habla con tu tutor sobre tu com-
portamiento, así que, intenta caerle bien.
Luisa, la de gallego, es una profesora muy familiar, se preocupa por nosotros si nos encontramos
mal y se sienta, incansablemente, a enseñarnos los pronombres y su colocación. No le gustan las
salidas de tono en clase ni las interrupciones indebidas.
Chus, la de biología, es una profesora muy exigente, de todos espera lo máximo y sueña con que,
algún día, lleguemos a ser científicos… Le gusta que seamos serios y efectivos en clase. Terminaréis
enamorados de su cronómetro y de su “Pensamento Científico”.
Rocío, la de historia, es muy permisiva, me refiero a que tiene paciencia con nosotros, aunque eso
no significa que puedas hacer de todo en sus clases. Su asignatura es muy divertida porque siempre
trabajamos en la pantalla grande. Ella es “LA REINA DE LAS PESTAÑAS”, un día llegó a abrir
45 pestañas. A cada una que abría le gritábamos “OPA”, al final, se le acabó bloqueando el orde-
nador y lo tuvo que reiniciar.
36
Pilar, la de inglés, es tranquila y muy inteligente. No suele gritar ni llamar mucho la atención. La
verdad, nosotros hacemos méritos para ello. No le gusta escribir en la pizarra y siempre mira si
tienes deberes, así que… Hazlos!!!. Pero tranquilo, Inglés es muy fácil en primero y es una de las
asignaturas en las que mejor notas sacamos todos.
Carmen, la de francés, es bastante buena, te dice lo que te va a caer en el examen y le gusta que
seas bueno en la pronunciación.
Víctor, el de plástica y artes escénicas (OINARES), se preocupa mucho por nuestro futuro y dice
cosas muy raras e interesantes al mismo tiempo. A mí me tocó de tutor y digamos que mi clase no
es sencilla en cuanto a conflictos se refiere, pero él nos intentó explicar e intentar hacer compren-
der que, en un futuro, tendremos que trabajar con gente y deberemos ser buenos compañeros y
ahora, lo mismo. Manda 4 láminas por trimestre y en Artes Escénicas hacemos manualidades o
trabajos.
Amalia, la de gimnasia, le gusta que entreguemos todos los trabajos en el día y bien hechos, que
nos hablemos con “cariño” y que no dejemos de correr en las vueltas que nos manda hacer al prin-
cipio de todas las clases . Es muy graciosa y a lo mejor, un día te suelta: “Oye, ¿tu sales con Fulani-
ta verdad?” y esto te lo dice delante de todos tus amigos y luego ellos te vacilan…
Yoli, la de religión, es la profesora más buena de todas, es muy, muy, muy buena. En clase siempre
hacemos cosas divertidas o trabajos en grupos. Para mi, es la mejor clase de todas, junto a gimna-
sia, por supuesto.
Bueno...., creo que ya te he dado suficiente la brasa, ¿no?. Pero lo hago con la intención de que te
sirva de ayuda para afrontar la nueva vida que te espera. Por último, para fulminar mi espectacu-
lar testamento, te voy a dar unos consejos para que apruebes.
Yo te aconsejo que seas transparente con los profesores, es decir, no te hagas una persona que no
eres con ellos; estudia dos horas mínimo por las tardes, fines de semana incluidos, atiende en clase,
pregunta a los profesores las dudas que tengas; haz buenos esquemas, lee los libros que mandan en
cada trimestre, haz los deberes y no te portes mal en clase.
Si sigues todos estos requisitos, te garantizo que tienes una nota de 7 para arriba. Y nada más, que
disfrutes y estudies mucho. Feliz curso 2017-2018 .
Un saludo .
Miguel Martínez García
P.D: Si necesitas algo, estoy en 2ºA.
Alumnado de
1º ESO
37
LECTURAS E PELÍCULAS RECOMENDADAS
ADULTOS:
As rapazas de Xan, Manuel Iglesias Turnes. Xerais.
Sipnose: De malla a malla desenvólvese a historia de amor, protagonizada por
Carmela e Manuel durante os difíciles anos da posguerra en Cabanelas. Mais
tamén é esta unha emocionante novela coral na que se describe o complexo teci-
do de relacións que compoñen a vida dunha aldea, marcada pola pobreza e a
miseria, pola forte presenza da Igrexa que exerce unha notable influencia na vida
cotiá, e pola ausencia de futuro na propia terra, cando a saída máis favorable
para os seus habitantes máis novos é a emigración a Montevideo.
Os nenos da variola, María Solar. Galaxia. Tamén hai película “22 Anxos”
Sipnose: No hospicio da cidade da Coruña , en 1803, os nenos sobreviven a du-
ras penas. Nin eles, nin a súa reitora Isabel Zendal, poden imaxinar de que ma-
neira lles cambiará a vida a chegada do doutor Balmis e a súa expedición médica.
Só o ilustrado doutor Antonio Posse Roybanes coñece a envergadura do propósito
destes homes que pretenden levar a recentemente descuberta vacina da varíola
ata o Novo Mundo. Vinte e dous orfos procedentes de Madrid, A Coruña e San-
tiago conformarán unha cadea humana “brazo a brazo” para levar a vacina aos
territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas realizadas na historia
da humanidade.
3º e 4º ESO
A praia dos afogados. Domingo Villar. Galaxia. Tamén
hai película
Sipnose: A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadá-
ver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón,
na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico,
Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as
ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado,
o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar
de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sos-
peitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis.
Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gra-
vidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis ina-
turable.
Corredora. María Reimóndez. Xerais
Sipnose: Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Den-
de noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña.
Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a
pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Alí, vendendo pa-
nos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e voluntario da fede-
ración de atletismo que, sorprendido coa súa resistencia e velocidade, lle propón
adestrar en Meskel Square. Dende entón, a súa vida mudará, como a doutras
nenas, mozas e mulleres etíopes que corren contra si mesmas sen fin.Corredora
é unha historia colectiva de superación deportiva. Recolle a tradición atlética de
Etiopía na busca activa de talentos entre as crianzas do rural ou empobrecidas
nas cidades.
38
Este curso 2016-17 foi especialmente prolífico no noso centro,
e se non o credes, lede, lede….
CONCURSO RELATO CURTO MÚSICA, LINGUA E VALORES
A Asociación Nacional de Directores de Banda, a través da
Banda Sinfónica Infantil e Xuvenil de Galicia, organizou o 1º
Concurso de Relato Curto Música, lingua e Valores e nel foi pre-
miada a nosa alumna Verónica Rodríguez (3º ESO). O xurado
decidiu, por unanimidade, outorgar o premio ao relato "ELA",
pola transmisión de valores, musicalidade do texto, reivindica-
ción da liberdade e a amalgama de sentimentos que reflicte.
O premio do concurso, consiste na musicalización e edición do relato en versión Narrador + Banda
Sinfónica; que estreará este verán a Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia.
Concurso Relato Curto Coca-Cola
IX edición en galego e 57 en castelán
Nesta novena edición, para non rachar coa nosa tradi-
ción, asistiron ao concurso de relato curto de Coca-Cola
dúas alumnas: Lucía Couceiro e Lucía Seijo. E tamén,
para non rachar coa nosa tradición, ambas as alumnas
gañaron uns fantásticos premios que lles foron entrega-
dos nun acto celebrado o 19 de maio nun marco in-
comparable, A Illa de San Simón.
Ao peche da revista aínda non se fallaron os premios en castelán, axiña o saberemos.
Moita sorte ás dúas!
IV CONCURSO RELATO CURTO CONCELLO DE ARES
Ademais dos anteriores concursos algunhas e algúns dos vosos compañeiros participaron neste con-
curso celebrado no voso concello, Ares. Os relatos gañadores no IV concurso de relato curto Concello
de Ares foron os mencionados a seguir, segundo a categoría en que participaron.
Na categoría 3º e 4º da ESO, a gañadora foi Verónica Rodríguez co relato: Ben sabe Rosa que con
felicidade non se escribe.
Na categoría 1º e 2º da ESO, a gañadora foi Blanca Gago Suárez, co relato: Unha panda na procu-
ra; nesta mesma categoría o segundo premio foi para Bruno Suárez Cuervo, co relato: Unha viaxe
en globo.
E a mención especial, tamén nesta categoría, recibiuna o alumno de 1ºESO B: Iker Beceiro Torres
que participou co relato: En contra do mundo.
Parabéns a todos e todas!!!
39
Por Marta Fdez. Alcantud, Martín Castro, Daniel García-Alonso, Saúl Leyva, Jaime Roade e Pablo Vascós.
O luns 22 de maio, o
alumnado de 4º da ESO e
as nosas profesoras de bio-
loxía e xeoloxía fixemos un-
ha ruta xeolóxica pola costa
de Cedeira co xeólogo Fran
Canosa. Nesta ruta, visita-
mos puntos de interese
xeolóxico a nivel interna-
cional.
A partir da formación do
noso planeta, hai 4600
millóns de anos, a súa su-
perficie foi cambiando de
aspecto. Hai 500 millóns
de anos existían dous in-
mensos continentes, e os
materiais que logo confor-
marían Galiza, por exem-
plo, atoparíanse preto do
polo sur.
Hai 300 millóns de anos
chocan os dous superconti-
nentes, polo movemento
das placas tectónicas, e
fórmase aquí unha gran
cordilleira, o oróxeno Va-
risco, dando lugar a un
cabalgamento de materiais
da codia oceánica e do
manto sobre a codia conti-
nental. Esta colisión fixo
que estes materiais subisen,
non quedando na superficie
da enorme cordilleira pero
si moito máis elevados do
normal. Como resultado de
milleiros de anos de ero-
sión, actualmente pódense
ver con claridade.
San Andrés de Teixido
As rochas que hoxe en día atopamos neste territorio polo xeral
atópanse a 30 km baixo a superficie da codia. Son granulitas
(metamórficas procedentes de magmáticas) formadas polos minerais:
granates, piroxeno, anfíbol, plaxioclasa e seixo.
Porén, tan só uns metros máis afastado podemos ver rochas propias
do manto terrestre que en condicións normais deberían atoparse a
máis de 70 km de profundidade. Estas, na súa maioría, son peridoti-
tas, rochas magmáticas que arrefrían no interior formadas por olivino
(xa que é ultramáfica) e piroxeno.
Hai 20.000 anos, nunha época máis fría, unha lingua de xeo confor-
mou aquí un val glaciar, e cos cambios de temperatura sufridos pro-
vocou unha depresión con materiais arxilosos que, aínda a día de hoxe,
segue deslizando o terreo cara ao mar polo seu material inestable.
Cruce de Teixedelo
Nesta zona abondan
os pregues formados
hai uns 350 millóns
de anos compostos
por peridotita pero,
en maior cantidade,
por granulita; aínda
que esta, debido á
presión,sufriu unha
realiñación nos seus
minerais formando
láminas.
A praia de area
negra non volcáni-
ca: única no mun-
do
A area é olivino, re-
sultante da erosión
da peridotita. Ao
estar a praia entre
cantís evitouse que o
mar levara a area ou
que a mesturara con
area doutras zonas.
40
Subindo á Garita de Herbeira
Esta parada é unha gran falla cun dique de seixo
(cuarzo), material que se introduciu debido a
unha corrente de auga quente que aproveitou a
zona débil e logo se depositou o material disolto.
Existe unha canteira de serpentinitas, antiguas
peridotitas que foron modificadas pola auga
quente alterando o seu mineral olivino, dando
lugar a serpentina, de cor verde e semellante ao talco.
Cara ao mar identifícase un val glaciar en forma de “U” . A presenza do cromo e de elementos do
grupo do platino promoveron unha campaña de exploración coa idea de explotar os minerais, pero
non tivo éxito pola pouca cantidade existente.
Cabo Ortegal
Existen moitos criterios polos que establecer o límite
entre o Océano Atlántico e o Mar Cantábrico, pero
dende o punto de vista xeolóxico, o Cabo Ortegal é o
máis factible.
Está formado por un dique de ecloxitas, rochas meta-
mórficas moi duras formadas por granate e piroxeno,
aínda que este último, debido ao cambio de presión ao
chegar á superficie desde máis de 100 km de profun-
didade, transformouse en anfíbol . Ás veces estas rochas poden ser portadoras de diamantes, xa que
estes tamén se forman a gran profundidade.É unha zona moi afectada pola erosión do mar a pesar
de ter material moi duro.O cabo non está aliñado cos Aguillóns por existir fallas polo medio. Tamén
atopamos gneis, rocha máis branda (metamórfica de procedencia sedimentaria oceánica).
Praia de Fornos: area vermella
Esta praia é unha zona de confluencia fluvial e marítima. Contén numerosas fallas que aproveitan os
ríos para discorrer ao mesmo tempo que transportan sedimentos ata as desembocaduras. A súa area
ten unha característica moi diferenciada: está formada por seixo, cunchas, anfíbol e piroxeno na súa
superficie provocando unha cor visualmente marrón ou area, pero ao cavar un pouco podemos ver
que contén tamén granate e magnetita, sendo a praia coa area con máis granates da Península.
Foi unha experiencia distinta e moi didáctica. As paisaxes foron impresionantes e as explicacións, moi
interesantes.
41
Este curso 2016/2017 foi moi importante para nós, por fin a nosa biblioteca medrou. Durante o
verán fixeron obras de ampliación e actualizouse o mobiliario, mercáronse máis ordenadores..., por este
motivo estivemos pechados durante o primeiro trimestre.
ACTIVIDADES
Contacontos.-
O escritor e contacontos
Iago López fíxonos un
agasallo moi especial,
veunos contar o seu
conto “ O cociñeiro
Martiño “, un pracer
escoitalo!!!. Os nosos
alumnos case non o
deixan ir de tantas
preguntas que lle fixeron.
Torneo de Xadrez.-
Durante o segundo trimestre a mestra de
E.F. ( Bárbara ) en colaboración coa
biblioteca escolar levou a termo un torneo
de xadrez que se celebrou todos os venres na
hora do recreo. O éxito foi tal que
habilitamos un par de mesas para que os
nenos e nenas puidesen practicar calquera
día.
Conto da Galiña Azul.-
Con motivo da semana das
Letras Galegas, decidimos
preparar un conto de Carlos
Casares, “A Galiña Azul”, para
achegar aos nosos nenos e nenas
as letras do noso ilustre escritor.
Unha das compoñentes do
equipo de biblioteca ( Pacucha )
preparou a conciencia unha
montaxe que nos deixou a todos
coa boca aberta.
42
Robótica.-
Inauguramos un recuncho de robótica cos escornabots como protagonistas. Foron construídos polo
alumnado de 4º da ESO na materia de tecnoloxía e viñeron a parar a nosa biblioteca para deleite
dos nosos alumnos.
Como gozaron!!!
Exposicións.-
Este curso fixemos dúas exposicións, unha de Carlos Casares e outra da bibliografía do proxecto
“ Dende Ares cara ó Mundo “
Pizarra dinámica.-
Ao longo do mes de Maio (mes do libro ), decidimos facer recomendacións dun libro cada día nunha
pizarra que colocamos na entrada de primaria.
43
Durante o mes de abril e boa parte do mes de maio, o alumnado de 1ºA e 1ºB traballou varias actividades
relacionadas coa Antártida.. Preguntarédesvos por que a Antártida? A resposta coñecémola todos os membros
da nosa comunidade educativa: A Antártida foi o continente elixido en secundaria para asistir á feira celebra-
da o 15 de maio, “Dende Ares cara ao mundo”.
Na materia de lingua, os luns con 1º B e os xoves con 1º A, propuxémonos elaborar “pasapalabras”, neles os
contidos debían estar relacionados, por suposto, coa Antártida e ademais debían ter un nivel adecuado para
que todo o alumnado do centro puidese participar e gozar realizándoos.
A creación de Raps foi outra das actividades da materia de lingua, neles participaron varios alumnos e alum-
nas de ambas aulas. Pero a creación non se centrou só na escrita, tamén se converteron en cantantes!
Achegámosvos a letra dun dos raps e un exemplo dos pasapalabras (A ver se sodes quen a facelo!)
Comeza polo A:
Instrumento para medir a velocidade do vento.
Comeza polo B:
Calzado imprescindible na Antártida.
Comeza polo C:
Instrumento de navegación.
Comeza polo D:
Moeda antártica sen valor legal.
Comeza polo E:
Volcán activo na Antártida.
Comeza polo F:
Cámara imprescindible na Antárdida para realizar instantáneas.
Comeza polo G:
Gaivota: Ave da familia dos láridos presente nas nosas costas e mesmo na Antártida.
Comeza polo H:
Cada unha das metades da esfera terrestre limitada polo ecuador ou por un meridiano.
Comeza polo I:
Do inverno ou propio del.
Comeza polo K:
Pequeno crustáceo parecido ao camarón que habita nas augas da Antártida.
Comeza polo L:
Molusco da clase dos cefalópodos. O que prefire como hábitat as augas da Antártida, é xigante.
Comeza polo M:
Ciencia que estuda os fenómenos que teñen lugar na atmosfera.
Comeza polo N:
Comida característica da Antártida.
Contén o Ñ
Relativo ou pertencente ao mar.
Comeza polo O:
Capa da atmosfera terrestre que diminúe de xeito alarmante e constatable desde a Antártida, debido á contami-
ción do ser humano.
Comeza polo P:
Ave mariña palmípeda que non voa e ten como hábitat natural as zonas de clima polar.
Contén o Q:
Organismo vivo composto pola asociación dunha alga e dun fungo moi resistente ao clima da Antártida.
Comeza polo R:
Nome do inglés que en 1912 acada o Polo sur coa súa expedición.
Comeza polo S:
Meterse por completo dentro dun líquido.
Comeza polo T:
Terreo propio da zona norte da Antártida, próxima ao mar, composto basicamente de mofos e liques.
Comeza polo V:
Ter vida, estar vivo.
Comeza polo X:
Base española na Antártida, xestionana polo CSIC.
Comeza polo Z:
Embarcación de caucho, inchable e de estrutura ríxida, con motor fóra borda
44
RAP DA ANTÁRTIDA
Falamos dun contineente,
que non está nada queente
En realidade é un deseerto
formado por moito xeeo.
Hai moitos iglús,
e esta situado no, hemisferio sur.
Tamén hai moitas orcas
que sempre comen focas
cando xa estan todas cheas
vanse coas baleas.
Hai pingüíns valeentes
que polas noites facilmente
cando teñen moito frííío
danlle moitos calafríos.
O clima non é nada queente
por iso vive pouca xeente,
que moi rapidamente
fan iglús de neve
O meu primo dixoo
que un iceberg el fiixo.
Cando o rematou
quixo facer un montón.
45
Na Prehistoria hai termos confusos:
A Venus Paleolítica parece ser un planeta da Prehistoria,
Os Homínidos foron os primeiros humanos e os primates os máis evolucionados.
Unha momia é un corpo envolto en papel e enterrado
Ás momias metíanlles na boca Pedras Rosetas
Pero como os exipcios eran tan supersticiosos acostumaban levar sempre un
Obelisco para protexerse dos males (como Obelix ou Menhir)
Para liala máis temos as Mámoas, que son obxectos para moer cereais,
ou tamén é como chamamos ós que están dentro dos sarcófagos.
Pero o termo máis discutido da Prehistoria é Silo, que pode ser:
 Palla putrefacta que se lles da aos animais.
 Tipo de mineral
 Instrumento do campo
 Lugar onde unha persoa está interna
 Material para confeccionar roupa e mantas
Andando o tempo seguimos confusos ás veces cos personaxes:
Miguel Servet, un gran home, pode ser: Matemático, Rei de Inglaterra ou Astrónomo
Leovigildo convértese en pai de Carlomagno, e a súa capital, Aquisgran, nun pobo xermánico.
Galileo troca as estrelas polos pinceis e convértese en pintor.
Tamén o mundo musulmán nos confunde:
A Sunna pode ser: un patio onde se lavaban antes de rezar ou tamén un sistema de refrixeración.
Zoco eran os zapatos musulmáns.
En xeografía tamén nos confundimos:
Chaira é unha gran depresión
Acuífero un entrante de mar na terra
ONG: Organización de Naciones Gobernalizadas
E por último na arte atopamos Bodegón, que pode ser segundo algúns:
 O que tiñan os edificios polos bordes
 Lugar onde expoñían cadros
 Ou lugar onde gardaban a vaixela
Que confundidos andamos as veces!!!
46
SOLUCIONARIO PASAPALABRA
Anemómetro, Bota, Compás, Dólar, Erebus, Fotográfica, Gaivota, Hemisferio, Invernal, Krill, Lura,
Meteoroloxía, Ningunha, Mariño, Ozono, Pingüín, Lique, Robert, Somerxerse, Tundra, Vivir, Xoán
Carlos I, Zódiac.
- E que lle parece o meu rapaz?
- É un xogador moi prometedor.
- É bo?
- Non, pero desde fai cinco anos que me está prometendo xogar mellor.
-María, dime a verdade, cantos anos tes?
- 25.
- Pero se me dixeches 25 o ano pasado!
- A ver se te pensas que son desas que primeiro di unha cousa e despois outra!
- Cariño, que me vas regalar polo meu aniversario?
- Ves ese coche de alí?
- Síiii!!!
- Pois unha licuadora da mesma cor.
- Canto custa esta estufa?
- 5.000 euros.
- Pero, oía, isto é unha estafa!
- Non, señor, isto é unha estufa
- E di que sabe de historia da arte?
- Si, son un experto.
- E que opina do Renacemento?
- Que é imposible! Se morres, morres.
FELICES VACACIÓNS!!!
Albares 2017. Revista Escolar

More Related Content

What's hot

Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10
Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Coordinadora Galega ENDL
 
40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio
satelite1
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14
Coordinadora Galega ENDL
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
vilabarreiro
 
Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9
Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18. Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18.
Coordinadora Galega ENDL
 
Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18
vilabarreiro
 
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Coordinadora Galega ENDL
 
Novas fichaxes monferosolidario
Novas fichaxes monferosolidarioNovas fichaxes monferosolidario
Novas fichaxes monferosolidariosatelite1
 
O TANGARAÑO
O TANGARAÑOO TANGARAÑO
O TANGARAÑO
ME PP
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilsatelite1
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
cacharila
 
Crónica do acto
Crónica do actoCrónica do acto
Crónica do acto
satelite1
 

What's hot (20)

Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Lajartiño13
Lajartiño13Lajartiño13
Lajartiño13
 
Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10
 
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9
 
Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18. Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18.
 
Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18
 
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Novas fichaxes monferosolidario
Novas fichaxes monferosolidarioNovas fichaxes monferosolidario
Novas fichaxes monferosolidario
 
O TANGARAÑO
O TANGARAÑOO TANGARAÑO
O TANGARAÑO
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
 
Crónica do acto
Crónica do actoCrónica do acto
Crónica do acto
 

Similar to Albares 2017. Revista Escolar

Monferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapurMonferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapursatelite1
 
Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15maruxinha64
 
Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falarsatelite1
 
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68satelite1
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013
Iolidesarandon
 
Leilía nº24 2017
Leilía nº24 2017Leilía nº24 2017
Leilía nº24 2017
Cep Pedro Caselles
 
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdffaiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
artemalone
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Maria Lemos Cerqueira
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Loudes Otero
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)
Loudes Otero
 
A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018
Chelo Alvarez Veira
 
I xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadeI xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidade
satelite1
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicas
NoemiLage
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicas
NoemiLage
 
Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23
Aquis Fala
 
Unha guía de cambados plurilingüe (2)
Unha guía de cambados plurilingüe (2)Unha guía de cambados plurilingüe (2)
Unha guía de cambados plurilingüe (2)
mariasorey
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Coordinadora Galega ENDL
 
Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015
Encarna Lago
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
satelite1
 

Similar to Albares 2017. Revista Escolar (20)

Monferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapurMonferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapur
 
Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15
 
Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falar
 
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013
 
Leilía nº24 2017
Leilía nº24 2017Leilía nº24 2017
Leilía nº24 2017
 
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdffaiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)
 
A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018
 
I xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadeI xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidade
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicas
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicas
 
Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23
 
Unha guía de cambados plurilingüe (2)
Unha guía de cambados plurilingüe (2)Unha guía de cambados plurilingüe (2)
Unha guía de cambados plurilingüe (2)
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Apiramide2007
Apiramide2007Apiramide2007
Apiramide2007
 

More from Yolanda Castro

CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUALCHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
Yolanda Castro
 
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURABOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
Yolanda Castro
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundariaCarballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Yolanda Castro
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Yolanda Castro
 
Bases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatosBases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatos
Yolanda Castro
 
través del podes desatar a túa imaxinación
 través del podes desatar a túa imaxinación través del podes desatar a túa imaxinación
través del podes desatar a túa imaxinación
Yolanda Castro
 
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Yolanda Castro
 
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da celaManifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Yolanda Castro
 
La silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustradoLa silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustrado
Yolanda Castro
 
The red chair
The red chairThe red chair
The red chair
Yolanda Castro
 
A cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoA cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustrado
Yolanda Castro
 
Plantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoPlantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiago
Yolanda Castro
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroido
Yolanda Castro
 
Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019
Yolanda Castro
 
Ecoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaEcoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y Marta
Yolanda Castro
 
My reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaMy reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatia
Yolanda Castro
 
My experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaMy experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatia
Yolanda Castro
 
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoPrograma xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Yolanda Castro
 
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroManifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Yolanda Castro
 
Bases concurso Fotografía Concello de Ares
Bases concurso Fotografía Concello de AresBases concurso Fotografía Concello de Ares
Bases concurso Fotografía Concello de Ares
Yolanda Castro
 

More from Yolanda Castro (20)

CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUALCHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
 
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURABOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundariaCarballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
 
Bases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatosBases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatos
 
través del podes desatar a túa imaxinación
 través del podes desatar a túa imaxinación través del podes desatar a túa imaxinación
través del podes desatar a túa imaxinación
 
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
 
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da celaManifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
 
La silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustradoLa silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustrado
 
The red chair
The red chairThe red chair
The red chair
 
A cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoA cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustrado
 
Plantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoPlantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiago
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroido
 
Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019
 
Ecoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaEcoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y Marta
 
My reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaMy reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatia
 
My experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaMy experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatia
 
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoPrograma xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
 
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroManifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
 
Bases concurso Fotografía Concello de Ares
Bases concurso Fotografía Concello de AresBases concurso Fotografía Concello de Ares
Bases concurso Fotografía Concello de Ares
 

Albares 2017. Revista Escolar

  • 1.
  • 2. 1 EDITORIAL REVISTA ESCOLAR XUÑO 2017 Nº 6 ALBARES Por que é preciso a ampliación do CPI As Mirandas? Dende o ano 2006 en que tivo lugar un incremento de alumnado no centro e tras ter pasado de ser un CEIP (Centro de Infantil e Primaria) a CPI (Centro Público In- tegrado, con alumnado de EI, EP e ESO) establecéronse diferentes contactos entre a Dirección do centro, Concello e Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Univer- sitaria para dar resposta á falta de espazo no CPI Conde de Fenosa de Ares (actualmente CPI As Mirandas). O 29 de xuño de 2010 o Consello Escolar decide mandar un escrito á Consellería de Educación re- clamando a urxencia do tema da ampliación posto que o centro carece de instalacións suficientes para levar a termo un ensino de calidade. Este centro demanda:  Unha Biblioteca Escolar en condicións para tanto alumnado.  Aula de Idiomas.  Dúas aulas de Infantil  Unha aula de psicomotricidade.  Un ximnasio.  Aulas de titorías. Tras unha serie de intervencións no Parlamento de Galicia, reunións Consellería-Concello, estableceuse no 2012 un convenio que consistía en:  Dotar ao centro escolar dun novo aulario que se situaría na pista cuberta e contaría con 6 aulas de educación infantil, 1 aula de psicomotricidade, 6 aseos de alumnos, 1 aseo de profesores e 1 sala de profesores.  A Consellería encargaríase tanto da execución dos traballos como da redacción e aprobación do proxecto básico construtivo e a demolición da pista cuberta. Mentres tanto, colocaron as aulas modulares no patio de infantil. O 9 de outubro de 2012 nun Consello Escolar Extraordinario e urxente sobre a “Ampliación do CPI Conde de Fenosa”, aprobouse por unanimidade esperar á aprobación do Plan Xeral e construír un novo aulario de infantil nos terreos anexos. En diferentes reunións mantidas co Alcalde sempre manifestou que se esperabamos pola modifi- cación do Plan de Urbanismo poderiamos esperar dous anos máximo. O C.E. decide esperar ese tempo para acadar unha construción que axude a solventar os problemas de espazo dos que dispoñemos. A Xefatura Territorial mantén a súa disposición de construír o aulario cando lle entreguen os terreos. Toda a comunidade educativa do centro considera a urxencia das obras de ampliación para garantir un servizo educativo de calidade e acorde coa demanda existente; mantén a indignación diante dos retrasos dunhas obras tan necesarias e reclama o traballo colaborativo, cooperativo entre as dife- rentes institucións para acadar unha solución o máis pronto posible. Blanca Cortizas Gómez . Directora Edita: Equipo de Dinamización Lingüística do CPI As Mirandas
  • 3. 2
  • 4. 3 Os alumnos de Segundo de ESO saímos de excursión o luns 29 para visitar Compostela. O programa incluía unha visita ás cubertas da Catedral, percorrido polo exterior e interior do magnífico edificio e despois tiñamos unha actividade sorpresa. A visita ás cubertas foi moi espectacular polas fantásticas vistas da cidade e moi didáctica polas explicacións da nosa guía que o sabía todo sobre historias de arcebispos e construtores de catedrais. As 130 escaleiras non nos pareceron tantas e, despois dunha hora de percorrido, por fin rematou a misa e puidemos visitar o interior. Os rapaces querían visitar as reliquias que uns pensaban de Santiago e outros de Prisciliano. Percorremos o interior, sobre todo vendo as capelas da ábsida e a Capela da Corticela. Con isto e a visita polas fachadas exteriores, rematamos a parte da Catedral e comeza a actividade sorpresa. Os rapaces, divididos en grupos aleatorios, tiñan que buscar diferentes lugares no casco antigo de Compostela. Axudados pola tecnoloxía e pola nosa compañeira Vanesa, que lles preparou unha aplica- ción de móbil onde, nun plano da cidade, se marcaban diferentes puntos que tiñan que atopar e den- tro de cada punto información e pistas sobre o que buscaban, os rapaces partiron cara a aventura. Equipo consultando a imaxe interactiva no móbil.
  • 5. 4 Tiñan que localizar once puntos da cidade e, en cada un, facer un selfi onde saíran todos os integrantes do grupo. Namentres as profesoras fomos indo dun punto a outro vendo como os diferentes grupos se apañaban entre o móbil, o plano e as preguntas que lles ían facendo aos turistas e composteláns. Fixérono de marabilla e todos eles puxeron moito empeño na tarefa, de maneira que nos pareceu un xeito diverti- do de aprender un montón sobre Compostela e de coope- rar en grupo, porque todos os grupos traballaron moi ben xuntos, e tamén un bo exer- cicio de orientación sobre o plano. Rematamos cansos e chegou a hora de xantar, aínda que case todos comeran xa algo durante a busca. Tiñan diferentes opcións, algúns levaron a comida e xantaron na Alameda onde tiñan un lugar estupendo e o día nos acompañou; outros optaron polo equilibrado menú do Burguer King ou unha Pizza. Todos comemos a presa porque o tempo fíxose pouco e xa tocaba volver a casa . Ás profesoras o resultado pareceunos moi positivo, os rapaces tiveron un estupendo comportamen- to, aprenderon un montón de cousas sobre Compostela e ademais pasaron un día moi divertido todos xuntos. Conversando cun peregrino irlandés O primeiro equipo que completou o percorrido Facendo un selfie
  • 6. 5 Este curso, dentro do plan de formación do profesorado no centro, realizamos un curso sobre a realización de Booktrailers como estratexia de animación á lectura. Un booktrailer no contexto escolar consiste na elaboración de publicidade en formato audiovisual a partir da lectura previa dun libro para promover a lectura do mesmo. O vídeo elaborado polos alumn@s terá a finalidade de convencer aos iguais de que vale a pena ler o libro en cuestión. Aquí tedes algúns dos booktrailers que realizamos no curso. Esperamos que vos motiven cara a lectura e animámosvos a que fagades os vosos booktrailers. HOMENAXE AS MULLERES DESDE O CPI AS MIRANDAS Todos os días semellan iguais máis este 8 de marzo quixémolo celebrar dun xeito especial, lembrándolle á sociedade que todos e todas temos que asegurarnos de que as mulleres participen plenamente e gocen da igualdade en todos os ámbitos da vida. Para iso, o Equipo de Dinamización Lingüística do cole xunto ao alumnado de 1º ESO realizou un vídeo como recoñecemento a todas as mulleres: avoas, nais, fillas, irmáns, amigas e mulleres todas, que souberon e saben escribir a historia con tinta indeleble e que deixan a súa pegada nas nosas vidas. Premede no código QR para poder velo. Non vos deixará indiferentes.
  • 7. 6 Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polo pobo galego como a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas, pois asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta comunicación e entendemento permanente coa xente, ao se dirixir a ela no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos. No noso centro, asumindo a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG, ) alumnos/as e profes quixemos conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro realizando diferentes actividades. O alumnando e profesorado de ESO así como o persoal non docente realizaron un magnífico Mannequin Challenge baixo o lema #RosalíaTe, no que se vai mostrando a vida de Rosalía desde a súa nenez, madurez ata a súa morte. En primaria os nenos e nenas de 3º e 4º recitaron o poema “Eu ben vir estar o moucho” e os de infantil o poema “Vente rapaza”. Que fermosura de traballos!!!. Podedes velos premendo nos códigos QR.
  • 8. 7 No presente curso 2016/2017 dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado e dando continuidade á formación do curso pasado sobre o traballo por proxectos, decidimos pór en práctica a elaboración dun proxecto de centro partindo da biblioteca escolar e ao que denominamos: “Dende Ares cara ao mundo”. O obxectivo principal foi elaborar un proxecto conxunto e integralo no currículo. Para levar a termo isto recibimos formación sobre o traballo por proxectos e a súa avaliación. Como punto de partida, o primeiro paso para o proxecto foi repartir dende a biblioteca, unhas cai- xas informativas sobre cada país; país elixido por cada curso/nivel educativo, ben por ter alumnado dese lugar ou por afinidade. No segundo paso tratamos de aplicar a formación recibida o curso pasado, reflectir por escrito os elementos do currículo que se van tra- ballar(estándares, competencias, contidos,…) e elaborar e aplicar mé- todos de avaliación. Os países elixidos foron: Brasil, Marrocos, China, Reino Unido, Aus- tralia, Portugal, Ucraína, Xapón, Antártida, aínda que despois engadíronse algún máis como Italia e Holanda (época renacentista), Perú, Suecia e EEUU (representación musical da ESO), que se traba- llaron ao longo do curso integrándoos no proxecto final.
  • 9. 8 Todos os cursos traballaron de forma interdisciplinar e realizaron infinidade de actividades: presenta- cións, exposicións, vídeos informativos, realización de mapas, collages, paneis informativos, guías de flora e fauna dos países, confección de traxes típicos, elaboración de receitas típicas, representacións de bailes e danzas dos países expostos, obradoiros de xogos, e unha morea máis delas que, polo reducido espazo desta revista, non podemos poñer. Ao final de curso, e como produto final, o luns 15 de maio de 2017, levamos a termo unha feira: I Feira Dende Ares cara ao mundo, na que mostramos ao toda a comunidade educativa e ao resto da xente que se achegou ata o pavillón da feira, todo o elaborado no noso proxecto. Un total de 15 stands conformaron o recinto ferial: un por cada país estudado máis un da oficina de turismo do Concello, outro do proxecto LÓVA, da Biblioteca Carabela, de Músicas do Mundo e por úl- timo un solidario de #unhacuraparaAdri. Neste código QR podedes ver un resumo da feira.
  • 10. 9 Despois do evento, podemos dicir que estamos tre- mendamente satisfeitos da xornada, na que se re- flectiu o traballo colaborativo realizado no noso cole durante o curso e que deu como resultado esta I Feira “Dende Ares cara ao mundo”. Parabéns a toda a comunidade educativa: a todos os profes de infantil, primaria e secundaria, a todo o alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata os máis maiores, que traballaron e colaboraron dunha maneira impecable, realizando unha gran la- bor en cada un dos stands representados; ás profes de música e as titoras polas actuacións musicais; aos que organizaron o stand de Unha cura para Adri que, dito sea de paso, foi un acerto co apadri- ñamento de pingüíns e o photocall dos países; ao noso paisano Javier Cristobo que sempre está aí cando precisamos del e que pasou a xornada con nós dando dúas estupendas charlas sobre a Antár- tida e inaugurando a Feira xunto cos representantes do CEFORE e autoridades do concello e asocia- cións de Ares; ao Concello e a ANPA pola súa inestimable axuda; á dirección do centro por promover e apoiar todas as iniciativas que se están a levar a termo no noso centro e a todas as familias que nos acompañaron na xornada. Grazas a todos por facer que a xornada resultase todo un éxito.
  • 11. 10 O dia 7 de Abril tivemos uns visitantes de excepción no CPI As Mirandas. Armados con espadas e protexidos con escudos e armaduras, entraron no cole como se chega- ran os vikingos a invadirnos no século X, pero non... non tiñan intención de facernos dano. Todo o contrario . Non eran vikingos, visigodos nin romanos, pero íannos ensinar moito destes pobos da antigüedade e da súa maneira de defenderse e loitar. Eran algúns dos integrantes da ANEA (Asociación Naronesa de Esgrima Antiga), clube no que se practica o vello arte marcial de loitar con espada en moitas das súas variedades. A charla foi dirixida por un dos mestres e monitores do clube, Daniel López Varela, apoiado por Ana aos mandos do ordenador, no que se proxectaron imaxes para mellor entender o que se ía falando. Ademais de poder ver un peto de placas de coraza auténtico e os brazais e hombreiras que o acompañaban, a cota de malla, as chaquetillas ou gambesóns (e podelos probar), puidemos ver un escudo redondo (chamado Tarja) e ir seguindo a evolución das armas de defensa no tempo (especialmente as espadas), dende as máis curtas e antigas (a Gladius hispaniae e a Falcata Ibérica), pasando pola espada de punta e corte (típica espada medieval utilizada a unha man) ou a Zweihander ou Montante (espada moi grande utilizada a dúas mans), ata chegar a armas Tardomedieváis (como a Espada de man e media ou Espada Bastarda) e as renacentistas, onde as espadas deixaron de facerse máis longas e pesadas e comezaron a ser máis lixeiras e rápidas, como as Espadas Ropeiras, Espadíns e Estoques . O clube dedícase principalmente a ensinar e practicar o tipo de arte marcial coñecido como “Verdadera Destreza Española”, segundo o manual homónimo do século XVII escrito por Jerónimo Sánchez de Carranza e Luis Pacheco de Narváez. Ademais deste estilo, que se centra máis nas tres variedades de Espada ropeira (Ropeira a unha man, Ropeira e Daga de Vela ou Ropeira e Broquel, un escudo pequeniño de man), o clube practica tamén coa espada de man e media. Entre explicación e explicación, dous dos integrantes do clube (Jacobo e Zeke) amosaron a utilización práctica de cada un dos estilos nunha tirada libre para amosar a velocidade e dificultade que implica a realización destas artes marciais. Ao final algúns dos nosos compañeiros puideron tirar contra Dani e probar a súa verdadeira destreza contra o campión de España e Portugal de Esgrima Histórica!! Para aqueles que queremos participar de esta actividade tan guai e tan saudable, teremos que esperar ate os 14 anos de idade, que é a mínima na que se aceptan as novas solicitudes neste clube, situado en Narón.
  • 12. 11 Os rapaces e rapazas de 2º ESO do noso centro, en colabora- ción co EDL e a Biblioteca Escolar, realizaron unha homenaxe a un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil en Galicia e no resto do Estado, que faleceu en xullo do ano pasado. Foi autor de máis de cin- cuenta títulos e os seu libros están traducidos a varias lin- guas: castelán, catalán, éuscaro, portugués, coreano, búlgaro, inglés, chinés, árabe, francés e italiano. Os seus libros obtive- ron numerosos premios e gozan do aprecio de milleiros de lectores. Cartas de inverno, superaba xa no ano 2016 os cen mil exemplares vendidos. E para render a nosa homenaxe, tivemos a colaboración do ilustrador aresán Antonio Seijas ao que os alumnos de 2º ESO entrevistaron. Seijas tivo o pracer de traballar co autor, posto que o noso ilustra- dor, baseándose na novela Cartas de inverno, publicou a exitosa novela gráfica do mesmo nome; e dici- mos exitosa porque Antonio Seijas recibiu, entre outros premios, o Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado no ano 2012. Tamén os alumnos e alumnas realizaron unha gravación de anacos da obra de Agustín Fernández Paz. Todo este traballo culminou nun acto no Auditorio de Ferrol no que os colexios de toda a bisbarra ho- menaxearon ao autor expoñendo os traballos que fixeron previamente. Aquí podedes ver o resultado.
  • 13. 12 Este ano a Real Academia Galega adícalle a Carlos Casares o Día das Letras Galegas polo seu compro- miso coa nosa lingua e literatura. Carlos Casares está considerado como unha das figuras máis singulares e renovadoras da nosa literatura. Naceu o 24 de agosto de 1941 en Ourense e, du- rante a súa vida, nunca deixou de estar implicado na vida cultural, social e institucional do noso país, sen- do un firme defensor da lingua galega e un dos impulsores da Lei de Normalización e da creación do Consello da Cultura Galega. A súa creación literaria é moi ampla, cunha gran cantidade de obras de literatura infantil, ademais de novelas, ensaios, artigos periodísticos... Faleceu en Vigo o 9 de marzo de 2002, pouco despois de rematar a que sería a súa obra póstuma “O sol do verán”. E para conmemorar este día, que mellor que a voz de mil escolares de ferrolterra e a Coruña metidos nunha nave do estaleiro Navantia cantando a coro o tema "Chea de Vida", de Guadi Galego. Esta actividade, enmarcada dentro dos actos previstos polo centro de formación e recursos de Ferrol (CFR) para festexar o Día das Letras Galegas, ten por obxectivo promover os coros escolares como actividade integradora e o canto coral como ferramenta educativa fomentándoos nos colexios e institutos utilizando como base o repertorio de grupos e cantantes galegos actuais. A canción, que foi tamén interpretada en lingua de signos polos rapaces e rapazas do noso cole, conseguiu abraiarnos a todos. E vendo o resultado, podemos dicir que cando se utiliza a voz, a música e a lingua de signos como ferramenta de comunicación, é imposible non emocionarse.
  • 14. 13 VISITA AO MUNCYT A comezos de maio os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria visitamos o MUNCYT na cidade da Coru- ña. É un museo relacionado coa ciencia e a tecno- loxía. Ademais conta con diversas salas moi intere- santes para visitar. A sala que máis nos chamou a atención foi a sala Iberia, xa que entramos na ca- bina do Jumbo “Lope de Vega” e por un intre fixémonos pasar por viaxeiros do avión. Tamén es- tivemos moi entretidos co xogo de pistas que nos fixeron os guías do museo na sala do século XX para adiviñar diferentes inventos desa época. Animamos a todos a visitar o MUNCYT! UN PREMIO BEN MERECIDO Este curso o noso cole recibiu de mans do conselleiro de Educación Román Rodríguez o premio do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP). Esta convocatoria recoñece o traballo de formación e implementación do mesmo nos centros de ensino. A renovación e a temática dos iti- nerarios “á carta” deseñados polos docentes de colexios e institutos, e que van servir de referencia para o conxunto da comunidade educativa, son un dos piares deste recoñecemento. Ao acto de entrega no Gaiás, asistiron as nosas compañeiras Carmen Regueira e Conchi Cambeiro que forman parte do equipo de formación do noso centro. Dende a Dirección agradecemos este recoñecemento ben merecido polo excelente traballo que realizou e segue realizando o profesorado deste centro, agradecendo tamén o inestimable traballo do alumnado e a colaboración das familias.
  • 15. 14 HAI UN ARTISTA EN TI: maiLÓVArt E xa estamos coa 4ª convocatoria de Arte Correo. Novamente dedicada ás artes, pero este ano facendo referencia ás artes escénicas e por tanto a todas as profesións visibles e invisibles que a conforman. O motivo é que na aula de 2ºA púxose en práctica o proxecto LÓVA (a Ópera como Vehículo de Aprendizaxe). Por iso o lema é Hai un artista en ti: maiLÓVArt”. Xa estamos a recibir moitos mailarts, coma sempre. Esperemos que sexa moi concorrido. En novembro será a inauguración da exposición. Animádevos todos!! OS NENOS E NENAS DE 2º EP. APRENDEN A IDADE MEDIA Este ano nas aulas de 2º A e B están a traballar a Idade Media e, como fixeron o ano anterior para o Samaín, pediron ás familias que trouxeran cabazas con temas típicos da idade media. Os corredoiros do cole quedaron cheos de castelos, bufóns, leprosos, peste negra, cabaleiros e meigas. Tamén aproveitaron a temática do noso proxecto para que no magosto as coroas que levaban, tiveran motivos de guerreiros, cabaleiros, monxes, bruxas, princesas… Ademais fixeron unhas faltriqueiras que así de molonas quedaron.
  • 16. 15 ACTIVIDADES CON OUTROS CENTROS DA NOSA CONTORNA Os alumnos e alumnas de 5º fixemos unha saída a Monfero para realizar unha ruta de sendeirismo xunto con outros coles ( Unión Mugardesa, Loyola,Franza e Virxe da Cela de Monfero ). Pasámolo moi ben, menos a ida no autobús, xa que moitos compañeiros mareáronse. Parécenos moi interesante compartir xornadas con outros rapaces e rapazas.. Os nosos alumnos de 1º e 2º ESO gozaron, xunto cos alumnos e alumnas dos coles de Mugardos e Monfero, dunhas xornadas de activi- dades físicas e deportes acuáticos no areal da praia de Ares, onde puideron practicar windsurf, volei praia, canoa, paddle surf, vela... Que ben o pasamos!!!
  • 17. 16 No mes de maio os alumnos e alumas de 5º e 6º de primaria fixemos unha visita ao Museo Naval e tamén fixemos o noso bautismo de mar. Realizamos un percorrido pola ría de Ferrol a bordo do remolcador Y-122. Unha aventura ines- quecible. Grazas a todos os que o fixeron posible !! SOPA DE LETRAS Imos ver os vosos coñecementos sobre o mar e os barcos. Seredes quen de atopar as 15 palabras relacionadas co tema?
  • 18. 17 O PROXECTO DENDE ARES CARA AO MUNDO ENCHE O ENTROIDO DE COR Colorido, desfiles, bailes e moita alegría é o que viviu o noso cole na celebración do Entroido 2017 neste fantástico venres no que o sol e o bo tempo, nos acompañou. Tomando como eixo o proxecto “Dende Ares cara ao mundo” os nenos e nenas desfilaron con traxes que nos recordaron a Australia, Portugal, China, Inglaterra, Marrocos, Brasil, Italia, Ucraína…. A verdade é que hai que dar as grazas a todo o profesorado e, por suposto ao alumnado, por todo o traballo e implicación nesta xornada. Non somente se apreciaba toda unha labor de semanas na elaboración dos disfraces, senón tamén nas coreografías e representacións que os alumnos/as dos diferentes cursos da ESO levaron a termo .
  • 19. 18 TRABALLOS DESENVOLVIDOS NO OBRADOIRO DE ARTES ESCÉNICAS Os rapaces e rapazas de 1º ESO realizaron durante o primeiro trimestre un traballo sobre o nadal en Sue- cia e en Perú enmarcados tamén no proxecto de centro “Dende Ares cara ao mundo”. Prepararon uns excelentes decorados para as nosas recreacións, así como as presentacións das costumes e tradicións de ca- da país. Os de 2º ESO recrearon e interpretaron a canción do día de Santa Lucía en Suecia e a canción tradicional peruana Festejo de Navidad. O traballo foi desenvolvido no obradoiro de artes escénicas e comunicación oral, que como sabedes é unha colaboración dos departamentos de plástica e música. QUERIDAS TRADICIÓNS: UN PASEO POLA NOSA MÚSICA. Os nenos e nenas de 3º continuamos coa nosa tradición musical e, este curso, decidimos facelo ao grande. Para iso escollemos dúas xotas: Xota de Sabaxáns e A rabieira. Ademais das voces, acompañamos as cancións coas pandereteiras, que tocaron de marabilla. Os nosos titores e a mestra de música axudáronnos a preparar estas cantigas. Non deixedes de cantar e que A MÚSICA VOS ACOMPAÑE!!!
  • 20. 19 A ÁRBORE DAS PALABRAS Coa chegada da pri- mavera, nas aulas de infantil medran un- has árbores moi es- peciais. Comezan a brotar e énchense de palabras: auga, paxaro, avoa, bolboreta,… O CIRCO As nenas e nenos de 4 anos, estiveron a aprender cousas sobre o circo, e fixeron o seu propio espectáculo. Hai paiasos, domadores, equilibristas, magos… UCRAíNA: O NOSO PROXECTO PARA A FEIRA DENDE ARES CARA O MUNDO
  • 21. 20 Neste curso, os nenos e nenas de terceiro traballamos nun proxecto sobre China. Descubrimos moitas cousas deste país, algunhas sorprendentes: a vestimenta, a escritura, o Maneki- Neko ou gato da sorte, o Yin e o Yang, a gran muralla que mide máis de 20.000 km e o dragón. Sabiades que ten partes de 9 animais diferentes?. Tamén fixemos un libro de receitas e outro do horóscopo, aprendemos a facer farois e algúns xogos de orixe oriental. Todas estas cousas amosámolas na 1ª Feira: “Dende Ares cara ao mundo”. Foi unha experiencia moi divertida! Escornabot é un proxecto de código/hardware aberto, cuxo obxectivo é acercar a robótica e a pro- gramación aos nenos e nenas. O Escornabot pode programarse con botóns para executar secuencias de movemento, a partir de aquí a imaxinación é o único límite nas posibilidades.
  • 22. 21
  • 23. 22
  • 24. 23 Durante o curso 2016/17 na clase de 2º A levamos á práctica un novo proxecto de aprendizaxe, o Proxecto LÓVA ( A ópera como vehículo de aprendizaxe). Con nós colaboran os 7 alumnos da clase de Música de 4º da ESO e a súa profe Teresa así como Lara, mestra de mú- sica en primaria. Tamén temos a colaboración de per- soas externas que xenerosamente nos axudaron, como Alma, a concelleira de Cultura e Deportes do Concello de Ares, e outras persoas que viñeron a ensinarnos moitas cousas da súa profesión. E por suposto os colabo- radores máis especiais, os nosos país e nais que sempre estiveron aí axudando e animándonos. A principios de curso lles propuxemos aos nenos crear unha ópera orixinal completa, cos seus personaxes e características psicolóxicas, o seu libreto, escenografía, iluminación, tema, tese, maquillaxe, música e letra orixinais para, finalmente en xuño, facer o estreo mundial da mesma. Para levalo a termo os nenos creamos un equipo, fixemos unha compañía, comprendemos o sentido das metáforas e aprende- mos a falar con elas; buscamos un nome para a mesma, un logo que nos representase. Isto supuxo superar retos que nos puxeron a proba como equipo e compañía. Aprendemos a escoitar e falar mirándonos os uns aos outros. Aprendemos a respectarnos e aceptar opinións di- ferentes ás nosas. Escribimos moito, moitísimo!!. Reflexionamos cada día. Viñeron profesionais a ensinarnos as súas profesións: Clara Gayo, José Manuel, Cristóbal, Susana, Ana, Naty e outras persoas que nos facilitaron moito as cousas e tamén nos acompañaron nesta aventu- ra coma Fany, Naty, Nuria, Pilar ... Canto aprendemos!!!. Elixindo o nome da compañía Reflexionando Creando personaxes Logo da compañía As familias
  • 25. 24 Eliximos ás nosas profesións e chegou o día especial en que nos entregaron o diploma coa nosa profesión, na que deberiamos traballar a partires dese intre para crear a nosa ópera. Aprendemos a crecer e convertémonos en profesionais especialistas para poder facer o noso gran reto: a representación da nosa Ópera. Entrega de profesións Diploma profesións Pero o máis importante de todo este proxecto non é a represen- tación da Ópera creada por nós, senón todo o traxecto que nos levou a ela. Moitas grazas ao cole, aos profes que colaboraron con nós, aos país tan entusiastas que dende o principio confiaron en nós, e sobre todo aos nosos nenos e nenas que son o mellor que temos, coa súa ilusión, coas súas emocións, coa súa xenerosidade e gañas de traballar sempre.
  • 26. 25 Este curso escolar a rapazada do cole tivemos a inmensa sorte de participar nun feixe de acontecementos musicais dentro e fora do centro escolar. Imos facer unha pequena escolma relacionada con todos eles. Coma todos os anos, o primeiro trimestre dedicámolo en gran medida a preparar o noso Festival de Nadal no Ca- sino de Ares. Primeiro os pequerrechos de Infantil agasa- lláronnos cunhas panxoliñas moi divertidas e a continua- ción varios alumnos de 6º de EP convertéronse en presentadores dun curioso telexornal: “TELEARES, onde nunca a ficción supera á realidade”. A través das súas novas convidáronnos a unha viaxe musical ao longo do tempo. Participou toda a rapazada en diversas cancións, bailes, e ata voltamos a idade media cun canto de cego con zanfona incluída grazas a Emilio Mesías. Á volta de vacacións, e coincidindo coa chegada do día da Paz, participamos nunha iniciativa moi interesante pro- movida por un cole de Valladolid e que tivo repercusión en toda España e nalgúns países no estranxeiro.“Como te atreves a volver” foi o título escollido pola plataforma #cylcantaporSiria. No noso cole, a profe Lucía fixo a adap- tación ao galego “Siria non ten a paz, témola que atopar”. O día da Paz ás 12.00 da mañá todos os nenos e nenas do cole: infantil, primaria e secundaria mais os miles de nenos e nenas de toda España, xuntamos as nosas voces e saímos ao patio para berrar coa nosa música contra o conflito que están a vivir neste país. Este ano tamén escollemos unha canción ben fermosa para agasallar as nosas nais na celebración especial, que non única, do día da Muller Traballadora. Para o 8 de marzo cantamos, interpretamos e fixemos un agasallo musical inspirado na canción “Matriarcas” de Guadi Galego.
  • 27. 26 Non sabiamos que este tema de Guadi non sería o derradei- ro a cantar este ano, xa que o día 11 de maio varios grupos do cole, nunha iniciativa promovida polo CFR de Ferrol, tivemos a inmensa sorte de participar nun coro formado por 1000 rapaces dos coles de Ferrolterra que baixo a di- rección de Ramón Bermejo e coa mesma Guadi Galego e Guille Fernández á guitarra, cantamos o tema “Chea de vi- da” no astaleiro de Navantia. Emoción en estado puro! Xa no terceiro trimestre, varios grupos do cole traballamos na procura de ter máis coñecementos acerca da música dos países que estiveron representados na Feira que fixemos. Despois de varios traballos colaborativos na aula, os rapaces e rapazas de 5º e 6º de EP elaboraron unhas presentacións relacionadas coa músi- ca en Marrocos e que foron expostas no seu stand, máis uns instrumentos musi- cais con material reciclado inspirados no propio instrumentario marroquí. Por outra banda, o alumnado de 1º de primaria que traballou Australia dentro do seu proxec- to de clase, elaborou unha serie de xestos e dramatizacións propias dos maorís para represen- tar un dos feitos musicais máis impactantes destas tribos: os hakas. E o noso proxecto LÓVA (a ópera vehículo de aprendizaxe) que tantas alegrías nos está dando coa compañía de ópera de 2ºA de EP “Vidriera” e que estrea a súa composición feita por todos eles na súa integridade (texto, vestiario, escenografía, distribución, composición musical…) o día 2 de xuño no Casino de Franza, función para nais/pais e público en xeral e os días 8 e 9 de Xuño no casino de Ares para a rapazada do centro. Non podemos esquecer a nosa Convocatoria de Arte Postal que este ano está dedicada ás artes escénicas e leva por lema: maiLÓVArt Por último, temos que lembrar a chea de Concertos Didácticos e actividades teatrais que tivemos ocasión de gozar tanto na Coruña coma en Ferrol. Unha pequena mostra foron: “Historias do mar”, “Dúas”, “Todo es percusión”... Grazas ao Departamento de Actividades Extraescolares e ás insti- tucións que fan posible estas interesantes saídas musicais e culturais. VIVA Á MÚSICA E VIVA AS ARTES ESCÉNICAS!!
  • 28. 27 Por Nuria Fernández Iglesias, Isabel Terradillos Molina e María Veiga Garrote. 1ESO Ímosvos falar do coltán, un mineral que se volveu imprescindible para a nosa vida cotiá, pero que debemos pensar nos problemas que iso causa: O coltán é un mineral negro e opaco, composto por columbita e tantalita. Utilízase para fabricar compoñentes claves dos móbiles e dispositivos electrónicos portátiles. En España existe o proxecto de explotar unha mina en Ourense, pero as principais minas a nivel mundial atópanse en Brasil, Tailandia, Australia e, sobre todo en África (Congo, Etiopía e Ruanda). En realidade, sabedes o sufrimento que supón extraelo? Alternativas Estase a investigar con outros materiais que poidan ser alternativas ao coltán, como por exemplo o grafeno. Non deberiamos tolerar que a explotación dos recursos supoña o sufrimento dos máis desfavorecidos, e no primeiro mundo teriamos que asumir as nosas responsabilidades como consumidores. Guerras Falamos de sufrimento porque o contrabando deste mineral provoca guerras como a do Congo, financiando aos grupos rebeldes e facilitando a compra de armas. Traballo infantil Ademais das guerras, cada día morren moitos nenos, xa que os rebeldes os capturan para que traballen nas minas porque os nenos poden meterse mellor polos recunchos. Destrución medioambiental O coltán non só afecta negativamente aos nenos, senón tamén ao medio ambiente. Ao extraer coltán, destrúense os ecosistemas, pois os principais xacementos coinciden cos hábitats dos gorilas de montaña e outra fauna en perigo de extinción, ao ser zonas de selva declarados parques naturais.
  • 29. 28 Cada ano morren en España unhas 30000 persoas por parada cardiorrespiratoria. O 80% tiñan ao redor familiares ou amigos que non lles prestaron axuda por descoñecer as técnicas básicas de reanimación. Cada minuto que pasa sen axuda, diminúen as posibilidades de sobrevivir, xa que só despois de 6-8 minutos, as células do cerebro, as neuronas, comezan a morrer. Se a persoa sobrevive, terá secuelas: parálise, deterioro cognitivo... En países onde a sociedade recibe formación nas técnicas de soporte vital básico as taxas de supervivencia soben ata o 50%. En adultos, as causas máis frecuentes de parada cardiorrespiratoria son as de orixe cardíaco, por problemas circulatorios. Na infancia, as causas son sobre todo por fallo respiratorio, por exemplo, por meter na boca obxectos ou atorarse con alimentos. Oxalá nunca as teñas que pór en práctica, pero, polo ben de todos, debes coñecer estas técnicas, e estes son os pasos a seguir: Seguridade A persoa afectada debe ser levada a un sitio seguro (beirarrúa se foi no medio da calzada, por exemplo) e colocala boca arriba nunha superficie dura Comprobar a inconsciencia Intentar que a persoa responda a estímulos externos: berrar, abaneala, darlle pequenas labazadas, beliscos... Abrir vía aérea, coa manobra fronte-mentón Consiste en levantar o mentón e baixarlle a fronte Comprobar a respiración Mirando se sobe e baixa o torax ou se notamos ou oímos se respira Chamar aos servizos de emerxencia: 112 ou 061 Mellor se o fai outra persoa. Se estamos sos, colocar o móbil en mans libres para recibir instrucións dos servizos sanitarios Compresións torácicas: 30 Poñerse de xeonllos ao carón da persoa, e cos brazos estirados e as mans entrelazadas, facer forza na parte baixa do esternón (entre as dúas mamilas). O ritmo será de 100-120 compresións /minuto, ata que cheguen os servizos de emerxencia. Insuflacións: 2 O máis importante son as compresións torácicas, pero poderiamos facer tamén o boca a boca.
  • 30. 29 O Magosto deste ano estivo xenial! Primeiro preparamos cucuruchos, caixas, cestiños, etc. para recoller as castañas que logo comemos asadas. Estaban tan ricas!!!. E para axudar á dixestión, xogos populares a mogollón: letras corporais para formar a palabra Magosto, baile da castaña, carreiras con castañas en culleres e volta coa castaña entre as pernas, baile da vasoira, encesta a castaña... QUE BEN O PASAMOS!!
  • 31. 30 This year we did an activity in English and then we used AUGMENTED REALITY. It´s a new technology. We did lots of different activities: We celebrated Hallowe´en, Christmas, Valentine´s Day, Easter... We saw a play called `Fricky' performed by The Blue Mango. We prepared some activities pre- viously and all the songs. We participated and enjoyed it. We also participated in the First Fair: From Ares for the World with a stand: The UK (United Kingdom) with a display, a sport, a double decker bus, a power point and an activity using Augmented Reality.
  • 32. 31 CHEGOU A VI SEMANA PROBLEMÁTICA!!! Hai que ver como pasa o tempo. Parece que foi onte pero así, sen darnos de conta, levamos seis edicións da Semana Problemática cunha participación récord por parte dos nosos alumnos (entre as cinco xornadas de concurso houbo 200 papeletas de resposta). Co- mo sabedes, consiste en resolver un problema matemático cada día depositando a resposta nunha furna. Houbo un premio por día que se sorteou entre os gañadores de cada xornada, facendo en- trega de todos eles aproveitando a festa do entroido. Moitas grazas a todo o alumnado que participou e xa sabedes...vos agardamos na VII edición!! III EDICIÓN DE MATEMÁTICAS NA RAIA AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convoca- ron a terceira edición de “Matemáticas na Raia”, un concurso de resolu- ción de problemas dirixido ao alumnado de 3º da ESO (9º ano en Portu- gal) no que o noso alumnado de Matemáticas Académicas de 3ºB partici- pou o 20 de abril. Trátase dun concurso que fomenta o traballo colabora- tivo, pois os equipos son grupos-clase completos. Os rapaces fixérono xenial, e claro, o esforzo trouxo a súa recompensa porque foron os gañadores dos equi- pos galegos que participaron. E alá nos fomos o 27 de maio a gozar do premio: "Unha fin de semana en Tui" con todos os gastos pagos, onde tiveron (e tivemos, xa que grazas a eles as profes tamén os acompa- ñamos) un “Encontro Matemático” xunto ao equipo gañador de Portugal: xogos entre o alumnado de Gali- cia e Portugal, actividades para “romper o xeo” (coñecer o máximo número de compañeiros do equipo portugués), formación de equipos mixtos para as probas da fin de semana (equipos con nomes moi familia- res: Euclides, Pitágoras, Sofía Kovalevskaya…), roteiro matemático con probas por equipos, visita turística a Valença, actuación dun mago, descenso do Miño en kayak, máis xogos matemáticos de estratexia por equi- pos... Non paramos nin un minuto e pasámolo moi ben (si rapaces, as mates tamén son divertidas...que volo diga 3ºB) e para mostra aquí tedes un pequeno documento gráfico. A ver se nos vemos o ano que ven en Portugal...oxalá.
  • 33. 32 XIX OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA DE 2º DA ESO Co fin de promover a ensinanza e a aprendizaxe das Matemáticas a través da resolución de problemas, AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) organiza unha nova edición da Olimpíada Matemática Galega para o alumnado de 2º da ESO. Un ano máis o noso centro tomou parte nesta actividade coa participación de catro alumnos: Pablo Cartelle Filgueiras, de 2ºA Lucía Couceiro Polo, de 2º A Raúl Nogueras Anca, de 2ºA Martín Rodríguez Sanjuán, de 2ºB A fase local tivo lugar o día 27 de abril no IES Canido (Ferrol) e desta fase sairon os 40 seleccio- nados de toda Galicia para participar na Fase Final Galega, que se celebrou o día 18 de maio na cidade de Lugo. Este ano formou parte de isos 40 seleccionados Lucía Couceiro Polo, e ata Lugo nos fomos a pasar unha xornada de probas matemáticas individuais e grupais, e onde AGAPEMA nos obsequiou tamén con unha comida para os clasificados e acompañantes. Moitas grazas ós alumnos e as súas familias por animarse a formar parte desta actividade, e tamén grazas ao IES Canido por tratarnos tan ben e por facerse cargo da organización da fase local. Non queremos esquecernos de felicitar e agradecer a AGAPEMA toda a labor que fai pola divulgación das matemáticas. Grazas e mil grazas!!! E PARA QUE VAIADES PRACTICANDO CARA O CURSO QUE VEN, AQUÍ TEDES UN SUDOKU. SEREDES CAPACES DE RESOLVELO?
  • 34. 33 CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE E xa van 6 anos nos que o noso centro organiza a Carreira Quilómetros de Solidariedade. Enmarcada dentro das activi- dades solidarias do noso cole- xio, é unha actividade con do- bre finalidade: por unha ban- da, espertar nos nosos alumnos e alumnas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra, recadar fondos en cola- boración coa ONG “Save the Children” para axudar á in- fancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos Un ano mais, a atleta are- sán Paula Mayobre colabo- rou con nós durante a xor- nada participando con todos os rapaces e rapazas do no- so centro. Na carreira reca- damos 976,45 € que foron enviados á ONGD Save The Children. Nunca me cansarei de sorprender ante tanta xenerosidade. Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa colaboración e es- forzo. OPERACIÓN QUILO NO NADAL Un ano máis resultou todo un éxito a campaña de recollida de alimentos para Cáritas de Ares e a Cociña Económica de Ferrol, na que reco- llemos preto de 350 quilos de alimentos. Dende aquí queremos expresar, de novo, o noso agradecemento a todas as familias pola solidariedade mostrada. EMERXENCIA REFUXIADOS RECOLLIDA DE ROUPA Desde o colexio, realizamos unha campaña de recollida de roupa para os refuxiados sirios que estaban nos campos de Tesalónica e Lesbos, tras sufrir a ola de frío polar que azoutou Europa, cousa que agravou máis o problema migratorio. Enchéronse dous camións!!!!
  • 35. 34 #UnhacuraparaAdri “A síndrome de Hunter é unha enfermidade que se denomina cien- tificamente Mucopolosacaridosis, que pode ser incapacitante, mul- tisistémica e dexenerativa. É fundamental un diagnóstico prematu- ro para paliar os síntomas e que non teña un final devastador.” Así o define Teresa Muíños Rodríguez a través dun xogo que había no “Stand de Unha cura para Adri”, na FEIRA DENDE ARES CA- RA O MUNDO. Marcos Pérez de 5º B explicouno deste xeito: “A sín- drome de Hunter é unha enfermidade xenética devastadora que incapacita totalmente á persoa que o padece. Non ten cura e ten que ver co cromosoma X porque da nai ” . O obxectivo era dar a coñecer esta enfermidade e ser capaces de redactar un texto definindo a Síndrome de Hunter, a través dunha serie de palabras clave que estaban colgadas na decoración do stand. Pero non só era iso o que se podía descubrir neste recuncho, tamén podiamos viaxar a un país de xeito seguro, económico e rápido a través do noso photocall. Foron tantos os que quixeron viaxar aos países dos stands, que tardaremos un chisquiño en acabar as montaxes, pero nos vos preocupedes...antes de rematar o curso teredes cada un a vosa foto, grazas a labor da nosa incansable compañeira Yolanda. Xa no stand, atopabámonos cunhas marabillosas colaboradoras que todo o día estiveron a informar sobre todas as actividades do noso stand; dende colaborar levando un marcapáxinas personalizado polo alumnado, ou apadriñar un pingüín na Antártida, ou mercar area volcánica que nos trouxo Cristobo da mísmísima Illa Decepción -moitas grazas, Cristobo!!- ata comprar camisetas, pegatinas e calendarios de #UnhacuraparaAdri. E con todas estas actividades, e poñendo moita ilusión e ganas, o noso centro recadou 601,97 € na I Feira Dende Ares Cara o Mundo para colaborar con #UnhacuraparaAdri. Grazas a todos e todas pola vosa solidariedade!!! Stand de #UnhacuraparaAdri Photocall
  • 36. 35 O 25 de maio o alumnado de 1º ESO recibiu ao de 6º EP na sala de usos múltiples co fin de acercarlle a súa experiencia no primeiro curso. Como colofón da visita, a actividade planificada consistiu na entrega de cartas de benvida que reflicten as súas vivencias nesta nova etapa. Na carta que tedes a continuación podedes ler os consellos que Miguel Martínez García lles da aos futuros compañeiros. Esperámolos o próximo curso con entusiasmo! Departamento de L. Castelá e literatura Futuro compañero/a: Pronto comenzarás la ESO y, seguramente, te sientas un poco nervioso/a. Yo, hace un año, también lo estaba. Pero no pasa nada. Para quitarte esos nervios estoy yo aquí escribiéndote esto. Te daré unos consejos sobre cómo debes afrontar este cambio de centro. Espero que te sirvan de ayuda. Soy consciente de que hay dos cosas principalmente que te preocupan. A ti y a todos cuando llegamos aquí. La primera es eso tan temido de “LA FALTA DE ORDEN” y la segunda, cómo es cada profesor/a y cada asignatura. Así que, vamos por partes. En primer lugar, la falta de orden. Lo primero que debes saber sobre ello es que no te la ponen por entretenimiento; si te la ponen es porque algo hiciste. Esto suena muy típico, pero es así. Te la ponen si hiciste algo malo, a veces no muy grave que digamos, pero bueno... Tranquilo/a, en 1º no suelen poner muchas (alguna que otra cae, eso sí). Como te decía, en 1º no suelen poner muchas. Yo creo que es porque aún piensan que somos ángeles caídos del cielo. Así que mis consejos para que no te caiga ninguna son los si- guientes: no la líes en clase, no vaciles ni te pases de listo con ningún profesor, no insultes a tus compañeros y no imites el sonido de ningún animal en medio del silencio (por esta última me la pusieron a mí). Las asignaturas y profesores… María, la de matemáticas, es una profesora muy dinámica, hace las cuentas rapidísimo y manda muchísimos ejercicios, muchísimos. A veces, vemos vídeos de cosas y trucos de matemáticas o de acertijos. Maru, la de castellano, os va a caer bastante bien, sus clases son muy divertidas y a veces nos po- nemos a hablar de cosas graciosas que, a lo mejor, no vienen a cuento. Nos suele contar muchas anécdotas que le pasaban cuando ella era pequeña; como cuando le entró un moscardón en el oído o cuando vio a una vieja sin dientes comiendo turrón y desde ese día no lo volvió a probar. Es la jefa de estudios y por tanto, por ella pasan las faltas de orden y habla con tu tutor sobre tu com- portamiento, así que, intenta caerle bien. Luisa, la de gallego, es una profesora muy familiar, se preocupa por nosotros si nos encontramos mal y se sienta, incansablemente, a enseñarnos los pronombres y su colocación. No le gustan las salidas de tono en clase ni las interrupciones indebidas. Chus, la de biología, es una profesora muy exigente, de todos espera lo máximo y sueña con que, algún día, lleguemos a ser científicos… Le gusta que seamos serios y efectivos en clase. Terminaréis enamorados de su cronómetro y de su “Pensamento Científico”. Rocío, la de historia, es muy permisiva, me refiero a que tiene paciencia con nosotros, aunque eso no significa que puedas hacer de todo en sus clases. Su asignatura es muy divertida porque siempre trabajamos en la pantalla grande. Ella es “LA REINA DE LAS PESTAÑAS”, un día llegó a abrir 45 pestañas. A cada una que abría le gritábamos “OPA”, al final, se le acabó bloqueando el orde- nador y lo tuvo que reiniciar.
  • 37. 36 Pilar, la de inglés, es tranquila y muy inteligente. No suele gritar ni llamar mucho la atención. La verdad, nosotros hacemos méritos para ello. No le gusta escribir en la pizarra y siempre mira si tienes deberes, así que… Hazlos!!!. Pero tranquilo, Inglés es muy fácil en primero y es una de las asignaturas en las que mejor notas sacamos todos. Carmen, la de francés, es bastante buena, te dice lo que te va a caer en el examen y le gusta que seas bueno en la pronunciación. Víctor, el de plástica y artes escénicas (OINARES), se preocupa mucho por nuestro futuro y dice cosas muy raras e interesantes al mismo tiempo. A mí me tocó de tutor y digamos que mi clase no es sencilla en cuanto a conflictos se refiere, pero él nos intentó explicar e intentar hacer compren- der que, en un futuro, tendremos que trabajar con gente y deberemos ser buenos compañeros y ahora, lo mismo. Manda 4 láminas por trimestre y en Artes Escénicas hacemos manualidades o trabajos. Amalia, la de gimnasia, le gusta que entreguemos todos los trabajos en el día y bien hechos, que nos hablemos con “cariño” y que no dejemos de correr en las vueltas que nos manda hacer al prin- cipio de todas las clases . Es muy graciosa y a lo mejor, un día te suelta: “Oye, ¿tu sales con Fulani- ta verdad?” y esto te lo dice delante de todos tus amigos y luego ellos te vacilan… Yoli, la de religión, es la profesora más buena de todas, es muy, muy, muy buena. En clase siempre hacemos cosas divertidas o trabajos en grupos. Para mi, es la mejor clase de todas, junto a gimna- sia, por supuesto. Bueno...., creo que ya te he dado suficiente la brasa, ¿no?. Pero lo hago con la intención de que te sirva de ayuda para afrontar la nueva vida que te espera. Por último, para fulminar mi espectacu- lar testamento, te voy a dar unos consejos para que apruebes. Yo te aconsejo que seas transparente con los profesores, es decir, no te hagas una persona que no eres con ellos; estudia dos horas mínimo por las tardes, fines de semana incluidos, atiende en clase, pregunta a los profesores las dudas que tengas; haz buenos esquemas, lee los libros que mandan en cada trimestre, haz los deberes y no te portes mal en clase. Si sigues todos estos requisitos, te garantizo que tienes una nota de 7 para arriba. Y nada más, que disfrutes y estudies mucho. Feliz curso 2017-2018 . Un saludo . Miguel Martínez García P.D: Si necesitas algo, estoy en 2ºA. Alumnado de 1º ESO
  • 38. 37 LECTURAS E PELÍCULAS RECOMENDADAS ADULTOS: As rapazas de Xan, Manuel Iglesias Turnes. Xerais. Sipnose: De malla a malla desenvólvese a historia de amor, protagonizada por Carmela e Manuel durante os difíciles anos da posguerra en Cabanelas. Mais tamén é esta unha emocionante novela coral na que se describe o complexo teci- do de relacións que compoñen a vida dunha aldea, marcada pola pobreza e a miseria, pola forte presenza da Igrexa que exerce unha notable influencia na vida cotiá, e pola ausencia de futuro na propia terra, cando a saída máis favorable para os seus habitantes máis novos é a emigración a Montevideo. Os nenos da variola, María Solar. Galaxia. Tamén hai película “22 Anxos” Sipnose: No hospicio da cidade da Coruña , en 1803, os nenos sobreviven a du- ras penas. Nin eles, nin a súa reitora Isabel Zendal, poden imaxinar de que ma- neira lles cambiará a vida a chegada do doutor Balmis e a súa expedición médica. Só o ilustrado doutor Antonio Posse Roybanes coñece a envergadura do propósito destes homes que pretenden levar a recentemente descuberta vacina da varíola ata o Novo Mundo. Vinte e dous orfos procedentes de Madrid, A Coruña e San- tiago conformarán unha cadea humana “brazo a brazo” para levar a vacina aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas realizadas na historia da humanidade. 3º e 4º ESO A praia dos afogados. Domingo Villar. Galaxia. Tamén hai película Sipnose: A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadá- ver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sos- peitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gra- vidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis ina- turable. Corredora. María Reimóndez. Xerais Sipnose: Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Den- de noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Alí, vendendo pa- nos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e voluntario da fede- ración de atletismo que, sorprendido coa súa resistencia e velocidade, lle propón adestrar en Meskel Square. Dende entón, a súa vida mudará, como a doutras nenas, mozas e mulleres etíopes que corren contra si mesmas sen fin.Corredora é unha historia colectiva de superación deportiva. Recolle a tradición atlética de Etiopía na busca activa de talentos entre as crianzas do rural ou empobrecidas nas cidades.
  • 39. 38 Este curso 2016-17 foi especialmente prolífico no noso centro, e se non o credes, lede, lede…. CONCURSO RELATO CURTO MÚSICA, LINGUA E VALORES A Asociación Nacional de Directores de Banda, a través da Banda Sinfónica Infantil e Xuvenil de Galicia, organizou o 1º Concurso de Relato Curto Música, lingua e Valores e nel foi pre- miada a nosa alumna Verónica Rodríguez (3º ESO). O xurado decidiu, por unanimidade, outorgar o premio ao relato "ELA", pola transmisión de valores, musicalidade do texto, reivindica- ción da liberdade e a amalgama de sentimentos que reflicte. O premio do concurso, consiste na musicalización e edición do relato en versión Narrador + Banda Sinfónica; que estreará este verán a Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia. Concurso Relato Curto Coca-Cola IX edición en galego e 57 en castelán Nesta novena edición, para non rachar coa nosa tradi- ción, asistiron ao concurso de relato curto de Coca-Cola dúas alumnas: Lucía Couceiro e Lucía Seijo. E tamén, para non rachar coa nosa tradición, ambas as alumnas gañaron uns fantásticos premios que lles foron entrega- dos nun acto celebrado o 19 de maio nun marco in- comparable, A Illa de San Simón. Ao peche da revista aínda non se fallaron os premios en castelán, axiña o saberemos. Moita sorte ás dúas! IV CONCURSO RELATO CURTO CONCELLO DE ARES Ademais dos anteriores concursos algunhas e algúns dos vosos compañeiros participaron neste con- curso celebrado no voso concello, Ares. Os relatos gañadores no IV concurso de relato curto Concello de Ares foron os mencionados a seguir, segundo a categoría en que participaron. Na categoría 3º e 4º da ESO, a gañadora foi Verónica Rodríguez co relato: Ben sabe Rosa que con felicidade non se escribe. Na categoría 1º e 2º da ESO, a gañadora foi Blanca Gago Suárez, co relato: Unha panda na procu- ra; nesta mesma categoría o segundo premio foi para Bruno Suárez Cuervo, co relato: Unha viaxe en globo. E a mención especial, tamén nesta categoría, recibiuna o alumno de 1ºESO B: Iker Beceiro Torres que participou co relato: En contra do mundo. Parabéns a todos e todas!!!
  • 40. 39 Por Marta Fdez. Alcantud, Martín Castro, Daniel García-Alonso, Saúl Leyva, Jaime Roade e Pablo Vascós. O luns 22 de maio, o alumnado de 4º da ESO e as nosas profesoras de bio- loxía e xeoloxía fixemos un- ha ruta xeolóxica pola costa de Cedeira co xeólogo Fran Canosa. Nesta ruta, visita- mos puntos de interese xeolóxico a nivel interna- cional. A partir da formación do noso planeta, hai 4600 millóns de anos, a súa su- perficie foi cambiando de aspecto. Hai 500 millóns de anos existían dous in- mensos continentes, e os materiais que logo confor- marían Galiza, por exem- plo, atoparíanse preto do polo sur. Hai 300 millóns de anos chocan os dous superconti- nentes, polo movemento das placas tectónicas, e fórmase aquí unha gran cordilleira, o oróxeno Va- risco, dando lugar a un cabalgamento de materiais da codia oceánica e do manto sobre a codia conti- nental. Esta colisión fixo que estes materiais subisen, non quedando na superficie da enorme cordilleira pero si moito máis elevados do normal. Como resultado de milleiros de anos de ero- sión, actualmente pódense ver con claridade. San Andrés de Teixido As rochas que hoxe en día atopamos neste territorio polo xeral atópanse a 30 km baixo a superficie da codia. Son granulitas (metamórficas procedentes de magmáticas) formadas polos minerais: granates, piroxeno, anfíbol, plaxioclasa e seixo. Porén, tan só uns metros máis afastado podemos ver rochas propias do manto terrestre que en condicións normais deberían atoparse a máis de 70 km de profundidade. Estas, na súa maioría, son peridoti- tas, rochas magmáticas que arrefrían no interior formadas por olivino (xa que é ultramáfica) e piroxeno. Hai 20.000 anos, nunha época máis fría, unha lingua de xeo confor- mou aquí un val glaciar, e cos cambios de temperatura sufridos pro- vocou unha depresión con materiais arxilosos que, aínda a día de hoxe, segue deslizando o terreo cara ao mar polo seu material inestable. Cruce de Teixedelo Nesta zona abondan os pregues formados hai uns 350 millóns de anos compostos por peridotita pero, en maior cantidade, por granulita; aínda que esta, debido á presión,sufriu unha realiñación nos seus minerais formando láminas. A praia de area negra non volcáni- ca: única no mun- do A area é olivino, re- sultante da erosión da peridotita. Ao estar a praia entre cantís evitouse que o mar levara a area ou que a mesturara con area doutras zonas.
  • 41. 40 Subindo á Garita de Herbeira Esta parada é unha gran falla cun dique de seixo (cuarzo), material que se introduciu debido a unha corrente de auga quente que aproveitou a zona débil e logo se depositou o material disolto. Existe unha canteira de serpentinitas, antiguas peridotitas que foron modificadas pola auga quente alterando o seu mineral olivino, dando lugar a serpentina, de cor verde e semellante ao talco. Cara ao mar identifícase un val glaciar en forma de “U” . A presenza do cromo e de elementos do grupo do platino promoveron unha campaña de exploración coa idea de explotar os minerais, pero non tivo éxito pola pouca cantidade existente. Cabo Ortegal Existen moitos criterios polos que establecer o límite entre o Océano Atlántico e o Mar Cantábrico, pero dende o punto de vista xeolóxico, o Cabo Ortegal é o máis factible. Está formado por un dique de ecloxitas, rochas meta- mórficas moi duras formadas por granate e piroxeno, aínda que este último, debido ao cambio de presión ao chegar á superficie desde máis de 100 km de profun- didade, transformouse en anfíbol . Ás veces estas rochas poden ser portadoras de diamantes, xa que estes tamén se forman a gran profundidade.É unha zona moi afectada pola erosión do mar a pesar de ter material moi duro.O cabo non está aliñado cos Aguillóns por existir fallas polo medio. Tamén atopamos gneis, rocha máis branda (metamórfica de procedencia sedimentaria oceánica). Praia de Fornos: area vermella Esta praia é unha zona de confluencia fluvial e marítima. Contén numerosas fallas que aproveitan os ríos para discorrer ao mesmo tempo que transportan sedimentos ata as desembocaduras. A súa area ten unha característica moi diferenciada: está formada por seixo, cunchas, anfíbol e piroxeno na súa superficie provocando unha cor visualmente marrón ou area, pero ao cavar un pouco podemos ver que contén tamén granate e magnetita, sendo a praia coa area con máis granates da Península. Foi unha experiencia distinta e moi didáctica. As paisaxes foron impresionantes e as explicacións, moi interesantes.
  • 42. 41 Este curso 2016/2017 foi moi importante para nós, por fin a nosa biblioteca medrou. Durante o verán fixeron obras de ampliación e actualizouse o mobiliario, mercáronse máis ordenadores..., por este motivo estivemos pechados durante o primeiro trimestre. ACTIVIDADES Contacontos.- O escritor e contacontos Iago López fíxonos un agasallo moi especial, veunos contar o seu conto “ O cociñeiro Martiño “, un pracer escoitalo!!!. Os nosos alumnos case non o deixan ir de tantas preguntas que lle fixeron. Torneo de Xadrez.- Durante o segundo trimestre a mestra de E.F. ( Bárbara ) en colaboración coa biblioteca escolar levou a termo un torneo de xadrez que se celebrou todos os venres na hora do recreo. O éxito foi tal que habilitamos un par de mesas para que os nenos e nenas puidesen practicar calquera día. Conto da Galiña Azul.- Con motivo da semana das Letras Galegas, decidimos preparar un conto de Carlos Casares, “A Galiña Azul”, para achegar aos nosos nenos e nenas as letras do noso ilustre escritor. Unha das compoñentes do equipo de biblioteca ( Pacucha ) preparou a conciencia unha montaxe que nos deixou a todos coa boca aberta.
  • 43. 42 Robótica.- Inauguramos un recuncho de robótica cos escornabots como protagonistas. Foron construídos polo alumnado de 4º da ESO na materia de tecnoloxía e viñeron a parar a nosa biblioteca para deleite dos nosos alumnos. Como gozaron!!! Exposicións.- Este curso fixemos dúas exposicións, unha de Carlos Casares e outra da bibliografía do proxecto “ Dende Ares cara ó Mundo “ Pizarra dinámica.- Ao longo do mes de Maio (mes do libro ), decidimos facer recomendacións dun libro cada día nunha pizarra que colocamos na entrada de primaria.
  • 44. 43 Durante o mes de abril e boa parte do mes de maio, o alumnado de 1ºA e 1ºB traballou varias actividades relacionadas coa Antártida.. Preguntarédesvos por que a Antártida? A resposta coñecémola todos os membros da nosa comunidade educativa: A Antártida foi o continente elixido en secundaria para asistir á feira celebra- da o 15 de maio, “Dende Ares cara ao mundo”. Na materia de lingua, os luns con 1º B e os xoves con 1º A, propuxémonos elaborar “pasapalabras”, neles os contidos debían estar relacionados, por suposto, coa Antártida e ademais debían ter un nivel adecuado para que todo o alumnado do centro puidese participar e gozar realizándoos. A creación de Raps foi outra das actividades da materia de lingua, neles participaron varios alumnos e alum- nas de ambas aulas. Pero a creación non se centrou só na escrita, tamén se converteron en cantantes! Achegámosvos a letra dun dos raps e un exemplo dos pasapalabras (A ver se sodes quen a facelo!) Comeza polo A: Instrumento para medir a velocidade do vento. Comeza polo B: Calzado imprescindible na Antártida. Comeza polo C: Instrumento de navegación. Comeza polo D: Moeda antártica sen valor legal. Comeza polo E: Volcán activo na Antártida. Comeza polo F: Cámara imprescindible na Antárdida para realizar instantáneas. Comeza polo G: Gaivota: Ave da familia dos láridos presente nas nosas costas e mesmo na Antártida. Comeza polo H: Cada unha das metades da esfera terrestre limitada polo ecuador ou por un meridiano. Comeza polo I: Do inverno ou propio del. Comeza polo K: Pequeno crustáceo parecido ao camarón que habita nas augas da Antártida. Comeza polo L: Molusco da clase dos cefalópodos. O que prefire como hábitat as augas da Antártida, é xigante. Comeza polo M: Ciencia que estuda os fenómenos que teñen lugar na atmosfera. Comeza polo N: Comida característica da Antártida. Contén o Ñ Relativo ou pertencente ao mar. Comeza polo O: Capa da atmosfera terrestre que diminúe de xeito alarmante e constatable desde a Antártida, debido á contami- ción do ser humano. Comeza polo P: Ave mariña palmípeda que non voa e ten como hábitat natural as zonas de clima polar. Contén o Q: Organismo vivo composto pola asociación dunha alga e dun fungo moi resistente ao clima da Antártida. Comeza polo R: Nome do inglés que en 1912 acada o Polo sur coa súa expedición. Comeza polo S: Meterse por completo dentro dun líquido. Comeza polo T: Terreo propio da zona norte da Antártida, próxima ao mar, composto basicamente de mofos e liques. Comeza polo V: Ter vida, estar vivo. Comeza polo X: Base española na Antártida, xestionana polo CSIC. Comeza polo Z: Embarcación de caucho, inchable e de estrutura ríxida, con motor fóra borda
  • 45. 44 RAP DA ANTÁRTIDA Falamos dun contineente, que non está nada queente En realidade é un deseerto formado por moito xeeo. Hai moitos iglús, e esta situado no, hemisferio sur. Tamén hai moitas orcas que sempre comen focas cando xa estan todas cheas vanse coas baleas. Hai pingüíns valeentes que polas noites facilmente cando teñen moito frííío danlle moitos calafríos. O clima non é nada queente por iso vive pouca xeente, que moi rapidamente fan iglús de neve O meu primo dixoo que un iceberg el fiixo. Cando o rematou quixo facer un montón.
  • 46. 45 Na Prehistoria hai termos confusos: A Venus Paleolítica parece ser un planeta da Prehistoria, Os Homínidos foron os primeiros humanos e os primates os máis evolucionados. Unha momia é un corpo envolto en papel e enterrado Ás momias metíanlles na boca Pedras Rosetas Pero como os exipcios eran tan supersticiosos acostumaban levar sempre un Obelisco para protexerse dos males (como Obelix ou Menhir) Para liala máis temos as Mámoas, que son obxectos para moer cereais, ou tamén é como chamamos ós que están dentro dos sarcófagos. Pero o termo máis discutido da Prehistoria é Silo, que pode ser:  Palla putrefacta que se lles da aos animais.  Tipo de mineral  Instrumento do campo  Lugar onde unha persoa está interna  Material para confeccionar roupa e mantas Andando o tempo seguimos confusos ás veces cos personaxes: Miguel Servet, un gran home, pode ser: Matemático, Rei de Inglaterra ou Astrónomo Leovigildo convértese en pai de Carlomagno, e a súa capital, Aquisgran, nun pobo xermánico. Galileo troca as estrelas polos pinceis e convértese en pintor. Tamén o mundo musulmán nos confunde: A Sunna pode ser: un patio onde se lavaban antes de rezar ou tamén un sistema de refrixeración. Zoco eran os zapatos musulmáns. En xeografía tamén nos confundimos: Chaira é unha gran depresión Acuífero un entrante de mar na terra ONG: Organización de Naciones Gobernalizadas E por último na arte atopamos Bodegón, que pode ser segundo algúns:  O que tiñan os edificios polos bordes  Lugar onde expoñían cadros  Ou lugar onde gardaban a vaixela Que confundidos andamos as veces!!!
  • 47. 46 SOLUCIONARIO PASAPALABRA Anemómetro, Bota, Compás, Dólar, Erebus, Fotográfica, Gaivota, Hemisferio, Invernal, Krill, Lura, Meteoroloxía, Ningunha, Mariño, Ozono, Pingüín, Lique, Robert, Somerxerse, Tundra, Vivir, Xoán Carlos I, Zódiac. - E que lle parece o meu rapaz? - É un xogador moi prometedor. - É bo? - Non, pero desde fai cinco anos que me está prometendo xogar mellor. -María, dime a verdade, cantos anos tes? - 25. - Pero se me dixeches 25 o ano pasado! - A ver se te pensas que son desas que primeiro di unha cousa e despois outra! - Cariño, que me vas regalar polo meu aniversario? - Ves ese coche de alí? - Síiii!!! - Pois unha licuadora da mesma cor. - Canto custa esta estufa? - 5.000 euros. - Pero, oía, isto é unha estafa! - Non, señor, isto é unha estufa - E di que sabe de historia da arte? - Si, son un experto. - E que opina do Renacemento? - Que é imposible! Se morres, morres. FELICES VACACIÓNS!!!